Proxecto ONG´S

37

description

Traballo feito polo alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela sobre as distintas ONG´S

Transcript of Proxecto ONG´S

Page 1: Proxecto ONG´S
Page 2: Proxecto ONG´S

PROXECTO ONG,s

• Como sabedes, unha ONG (Organización Non

Gubernamental) é unha entidade de carácter civil ou

social, creada de forma independente aos gobernos; cuxo

obxectivo é o benestar público.

• Nas seguintes diapositivas preténdense dar a coñecer as

diversas ONG´s do noso país e doutros, que traballan a

nivel nacional e internacional, e os diferentes proxectos

que levan a cabo para acadar o benestar público e o

progreso dos países menos desenvolvidos, ou naqueles

onde é preciso mellorar certos aspectos.

Page 3: Proxecto ONG´S

NOME: Entreculturas CAMPO DE ACCIÓN: Defende o acceso á educación de tod@s como medio de cambio social, xustiza e diálogo entre culturas. Promoven a educación nas poboacións máis desfavorecidas. SÉ PRINCIPAL: Madrid. TEMPO DE FUNCIONAMENTO: Esta organización foi creada en 1985. Traballa en proxectos de desenvolvemento en canto á educación nos países menos desenvolvidos. ONDE TRABALLAN: En América Latina, Norte de África e Asia. CARACTERISTICAS: Apoia iniciativas que promoven a educación dos máis desfavorecidos que, van dende a construcións de aulas e formación de docentes, pasando por apoio a programas educativos por radio e centros de educación profesional ou a posta en marcha de apoio alimenticio. CURIOSIDADES: Traballa tamén na involucrando e concienciando aos máis xóvenes no mundo da axuda humanitaria a través de campañas de sensibilización. Crearon unha rede solidaria de xóvenes. É una ONGD promovida polos xesuitas.

Page 4: Proxecto ONG´S

NOME: FUNDACIÓN VICENTE FERRER

CAMPO DE ACCIÓN: A Fundación Vicente Ferrer é unha ONG de desenvolvemento comprometida coa mellora das condicións de vida das comunidades mais desfavorecidas de Andhra Pradesh.

SÉ PRINCIPAL: Está na India, pero a súa primeira sé en España sitúase en Barcelona.

TEMPO DE FUNCIONAMENTO: A Fundación Vicente Ferrer creouse na India en 1969.

ONDE TRABALLAN: Na India.

CARACTERÍSTICAS:Foi iniciativa dun home Vicente Ferrer, que é o que lle da o nome á

fundación. Deixou a súa vida en Barcelona para marchar á India a dedicarse a axudar aos

demais. A súa muller uniuse a el e, coa axuda de moitos traballadores e voluntarios,

fixeron da fundación unha gran organización de axuda humanitaria. Actualmente tamén

o fillo de Vicente se involucrou na Fundación para poder seguir os pasos do pai.

CURIOSIDADES: Ten un programa chamado School to School no que nós, desde o noso cole estamos inmersos. Trátase de facer un intercambio de tradicións e cultura entre a nosa escola en Galicia é unha escola de Anantapur (India).

Page 5: Proxecto ONG´S

MÉDICOS SIN FRONTERAS

• Campo de acción: Saúde e axuda humanitaria.

• Sede principal: París. A sección española de MSF ten a súa sede en

Barcelona.

• Onde traballan: Países en conflito ou con problemas de

desenvolvemento.

• Características: Seu compromiso coas poboacións ás que asisten é a

forza vital de MSF. Súa formación e desenvolvemento dentro da

organización é unha das súas prioridades.

• Curiosidades: “Médicos sin fronteras” iniciou unha campaña para

recadar fondos para a xente que morre, moitas veces, por causas que

serian evitables si tiveran acceso a medicamentos. Coa campaña

“Pastillas contra a dor allea”, que consiste en vender pequenas caixiñas

con caramelos en lugar de menciñas, por un prezo simbólico,

recadaron fondos destinados aos pacientes de VIH/Sida en Zimbabue e

polo Chagas en Bolivia.

• Foi galardoada co Premio Nóbel da Paz en 1999, por ser pioneira no traballo humanitario.

Page 6: Proxecto ONG´S

NOME: Payasos sin fronteras.(Paiasos sen fronteiras)

CAMPO DE ACCIÓN: A misión de PsF é mellorar a situación emocional da infancia que sufre conflictos bélicos ou catástrofes naturais mediante espectáculos cómicos realizados por paiasos e paiasas.

SÉ PRINCIPAL: Barcelona

TEMPO DE FUNCIONAMENTO: Dende 1993

ONDE TRABALLAN:Teñen proxectos en Costa de Marfil,Sahara,Congo,Kenya,Mozambique, Líbano,Palestina e Haití.

CARACTERÍSTICAS: A súa misión incide preferentemente na infancia refuxiada e faino implicando ás comunidades cas que viven os nenos e nenas afectados.

CURIOSIDADES: A marca de deterxente Micolor colabora coa fundación.

Page 7: Proxecto ONG´S

Fundada en 1919 por Eglantyne Jebb , levan traballando desde fai 93 años .

Ten a sé Reino Unido .

As súas características son:

É unha O.N.G. que loita polos dereitos dos nen@s, a defensa activa dos seus intereses, especialmente dos máis desfavorecidos do mundo. A súa misión é impulsar avances significativos na forma na que o mundo trata aos nen@s, co fin de xerar cambios inmediatos e duradeiros nas súas vidas.

Ten algunhas curiosidades como: que gañou o Premio Príncipe de Asturias da Concordia pola súa labor a favor da INFANCIA.

Page 8: Proxecto ONG´S

• NOME: FARMACÉUTICOS MUNDI – FARMAMUNDI • CAMPO DE ACCIÓN: O campo de acción desta ONGD é o sanitariomou farmacéutico. •SEDE PRINCIPAL: Ten a súa sede en Valencia, cidade onde foi fundada en 1991. • TEMPO DE ACCIÓN: A súa labor comeza no 1991, e perdura no presente, polo que leva máis de 20 anos traballando. • LUGARES DE TRABALLO: O carácter desta ONGD é mundial, segundo os seu baseamento, mais céntrase en países do Terceiro Mundo, en concreto no continente africano, polo simple feito de que as necesidades da poboación de África no ámbito sanitario son bastante superiores ás do resto do mundo,Corno de África (Somalia, Etiopía, …) e outros do mesmo continente. • CARACTERÍSTICAS: A ONGD Farmamundi dedícase a proporcionar servizos sanitarios e administración de alimentos co fin do desenvolvemento e avance dos pobos con condicións sociais sanitarias precarias. • CURIOSIDADES: Farmamundi creou en 1997 a ALH (área loxística humanitaria), o primeiro distribuidor farmacéutico internacional non lucrativo, que proporciona servizos sanitarios de Cooperación ao Desenvolvemento, Acción Humanitaria e emerxencia en España.

Page 9: Proxecto ONG´S

AYUDA EN ACCIÓN

• Campo de acción: Traballan para promover modificacións substanciais

sobre as condicións de vida dos máis desfavorecidos. O seu espazo de

intervención son todas as relacións de desigualdade e exclusión que existen.

• Sede principal: Madrid, Barcelona.

• Tempo de funcionamento: Dende 1981

• Onde traballan: Traballan en 21 países do mundo para mellorar as

condicións de vida das comunidades mais desfavorecidas.

• Características: Vertebran a súa actividade desde os seguintes eixos:

Proxectos de desenvolvemento, campañas de sensibilización, obtención de

recursos, campañas de publicidade.

• Curiosidades: Cadea Dial e Axuda en Acción puxeron en marcha unha

campaña para crear unha cadea virtual de aplausos a todos os homes e

mulleres comprometidos con promover os dereitos das mulleres no mundo.

A través de Facebook, Twitter ou gravando un vídeo e enviándoo á web da

campaña , calquera pode contar a historia dunha persoa que loitara pola

igualdade e aplaudila.

Page 10: Proxecto ONG´S

NOME:COCIÑA ECONÓMICA DE FERROL

CAMPO DE ACCIÓN:Dalle comida á xente que non ten recursos.

SÉ PRINCIPAL: Ferrol

TEMPO DE FUNCIONAMENTO : Dende 1891

ONDE TRABALLA : En Ferrol. Tamén coopera en estreita relación cos Servizos Sociais dos Concellos de Ferrol e Narón, así como con outras asociacións de carácter social, fomentando a integración da rede social da comarca de Ferrolterra.

CARACTERÍSTICAS : A Cociña Económica proporciona a diario un xantar completo, merenda e cea aos seus usuarios. Isto faise, tanto no seu comedor, como tamén, a aqueles usuarios que, autorizados polos Servizos Sociais, lévano para consumo nos seus domicilios. A estes usuarios, tamén se lles proporcionan víveres para os almorzos e ceas.

CURIOSIDADES: A Armada de Noruega donou 100.000 euros á Cociña Económica de Ferrol. A Armada do país nórdico está vinculada a Ferrol desde xuño de 2000 a través do programa naval para a construcción de cinco buques (F-310) nos estaleiros públicos de Navantia na ría de Ferrol.

Page 11: Proxecto ONG´S

Amnistía Internacional (A.I.)

• CAMPO DE ACCIÓN: Xudicial, civil, ético, defensor dos Dereitos Humanos e da integridade dos seres humanos como seres libres que gocen dos dereitos recoñecidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos. • SEDE PRINCIPAL: Londres (Reino Unido). • TEMPO DE ACCIÓN: Desde 1961 • LUGARES DE TRABALLO:En todo o mundo CARACTERÍSTICAS: 1. Está sustentada coas doazóns voluntarias de particulares, e non acepta doazóns de

gobernos nin de partidos políticos. 2. Basea a súa labor en conseguir o obxectivo de facer cumprir e respectar os Dereitos

Humanos e outras normas internacionais desta índole. 3. Presenta oposición ás inxustizas cometidas no mundo que violan os Dereitos

Humanos e esixe responsabilidades a gobernos, empresas, outros grupos e institucións.

4. Traballa cuns obxectivos moi claros: a abolición da pena de morte, a defensa e o auxilio de persoas que buscan asilo e axuda e impedir abusos varios.

• CURIOSIDADES: Xurdiu como un movemento eventual para combater a inxustiza cometida co apresamento duns rapaces estudantes de Portugal durante a ditadura de Oliveira Salazar. Non obstante, anos despois a súa labor ampliouse ata asentarse como unha ONG que recibiría o recoñecemento á súa labor co Premio Nobel da Paz en 1977.

Page 12: Proxecto ONG´S

NOME: UNICEF

CAMPO DE ACCIÓN: Mellorar as condicións de vida dos nenos e nenas e garantir os seus dereitos á supervivencia, á educación de calidade e á protección fronte aos abusos.

SÉ PRINCIPAL: New York, Estados Unidos.

TEMPO DE FUNCIONAMIENTO: Dende el 11 de decembro de 1946.

ONDE TRABALLAN: En todo o mundo.

CARACTERÍSTICAS: Por máis de medio século, Unicef proporcionou alimento, roupa e atención médica aos nenos e nenas de todo o mundo, e intentou satisfacer as súas necesidades.

CURIOSIDADES: Recibiron o Premio Nóbel da Paz en 1965 e o Premio Príncipe de Asturias da Concordia no 2006.

Page 13: Proxecto ONG´S

NOME: INTERVIDA

CAMPO DE ACCIÓN: Actúa localmente coas comunidades para promover o cambio social sostible a través da mellora das condicións de vida das poboacións vulnerables, en especial da infancia, e incidindo nas causas da pobreza e as desigualdades.

SÉ PRINCIPAL: Barcelona

TEMPO DE FUNCIONAMENTO: Desde 1994

ONDEN TRABALLAN: En Europa, América, África e Asia.

CARACTERÍSTICAS: A actuación de Intervida baséase en proxectos a longo prazo, accións de sensibilización e educación para o desenvolvemento para conseguir, de xeito sostible, unha mellora nas condicións de vida das poboacións máis vulnerables.

CURIOSIDADES: Conta cun equipo de voluntarios e voluntarias dende 2010. Participan na maioría dos eventos da ONG e tamén nos talleres escolares.

Page 14: Proxecto ONG´S

NOME : ALDEAS INFANTILES SOS

CAMPO DE ACCIÓN : Desenvolvemento dos nenos desde a infancia ata a adolescencia. Traballan para

que as familias poidan atender aos seus fillos, e tratalos ben .

SÉ PRINCIPAL : Austria

TEMPO DE FUNCIONAMENTO : 63 ANOS

ONDE TRABALLAN : Traballa actualmente en 133 países do mundo, con polo menos 60.000 nenos

distribuídos nas diferentes aldeas, e máis de 500.000 que reciben soporte a través de escolas, centros

sociais, médicos e as máis recentes axudas a nenos con HIV/SIDA en zonas de África.

CARACTERÍSTICAS: Aldeas Infantís SOS é membro da UNESCO e asesor do Consello Económico e Social da ONU.

CURIOSIDADES: As localidades de maior altitude de Aldeas Infantís SOS son El Alto con 4.100 m e

Potosí con 4.000 m (ambas as dúas en Bolivia) e Lhasa con 3.650 (China).

Page 15: Proxecto ONG´S

NOME: Intermón Oxfam

CAMPO DE ACCIÓN: Lolitan con, e para as persoas desfavorecidas e como parte dun amplo movemento global, co obxetivo de erradicar a xustiza e a pobreza, e lograr que tod@s poidan exercer plenamente os seus dereitos e disfrutar dunha vida digna.

SÉ PRINCIPAL: Madrid.

TEMPO DE FUNCIONAMENTO: Desde o 11 de agosto de 1956

ONDE TRABALLA: En 48 países do mundo en América, Asia e África

CARACTERÍSTICAS: Proxectos de cooperación para o desenvolvemento, acción humanitaria, incidencia política e movilización social e comercio xusto.

CURIOSIDADES: Teñen 8 departamentos, fan encontros cos nenos, teñen diferentes salas e fan publicacións.

Page 16: Proxecto ONG´S

NOME: GLOBAL HUMANITARIA

CAMPO DE ACCIÓN: Traballan para favorecer procesos de desenvolvemento que garantan a igualdade

de oportunidades das persoas e os pobos. Prestan especial atención á infancia, traballando para

garantir os dereitos dos nenos e para que éstos coñezan e aprendan a defender os seus dereitos.

SÉ PRINCIPAL: Barcelona.

TIEMPO DE FUNCIONAMIENTO: Levan traballando dende 1999.

ONDE TRABALLAN: América Latina, África e Asia.

CARACTERÍSTICAS: Moitas das accións que levan a cabo realízanse principalmente grazas á

contribución das persoas que colaboran con Global Humanitaria mediante o apadriñamento dos

nenos e nenas destas zonas.

CURIOSIDADES: Na súa páxina web teñen unha tenda online na que os beneficios recadados dos seus

produtos os mandan para axudar aos nenos e nenas cos que colaboran.

Page 17: Proxecto ONG´S

Nome : Educacion sin froteiras .

Campo de acción: Promover o dereito a unha educación de calidade para todas as persoas. Centra o seu traballo na coperación internacional , educación para o desenvolvemento e campañas de concienciación e denuncia.

Se principal: España .

Tempo de funcionamento : dende 1988.

Onde traballan: En América Latina.

Características : Nos máis de 80 proxectos activos en América Latina, facilitan formación a profesores, formación profesional e curricular a xóvenes, educación primaria á infancia, alfabetización a adultos e crean centros educativos.

Curiosidades: EDUEMPRESA é a linea de colaboración de Educación Sin Fronteras con empresas comprometidas socialmente a impulsar a Educación. Unha alternativa de cambio na empresa que permite transferir valores solidarios aos seus empregados/as, clientes e provedores.

Page 18: Proxecto ONG´S

NOME: ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO

CAMPO DE ACCIÓN: Traballan unidos para previr, sensibilizar, acompañar

ás personas, e financiar proxectos de investigación oncolóxica que

permitirán un mellor diagnóstico e tratamiento do cancro.

SÉ PRINCIPAL: Madrid

TEMPO DE FUNCIONAMENTO: Formouse o 5 de marzo de 1953

ONDE TRABALLAN: En toda España

CARACTERÍSTICAS: A AECC integra no seu seo a pacientes, familiares,

persoas voluntarias e profesionais. Traslada a voz da sociedade aos

poderes públicos, para desenvolver políticas adecuadas para a

prevención e control do cancro.

CURIOSIDADES: A palabra cancro é un termo moi amplo que abarca máis de 200 tipos de enfermidades

Page 19: Proxecto ONG´S

Nome: Manos Unidas.

Campo de acción: Axuda, promoción e desenvolvemento do Terceiro Mundo.Traballa na sensibilización da poboación española e apoio e financiamento de proxectos humanitarios nos países do Sur.

Sé principal : Madrid.España

Tempo de funcionamento : Dende 1971.

Onde traballa : África, América, Asia y Oceanía

Características : Involucra as familias para que colaboren coa causa. Ten tenda online, ten un sistema para apadriñar nenos.

Curiosidades: Manos Unidas é unha Asociación de voluntarios, católica e seglar. No ano 2010 recibiu o premio Príncipe de Asturias da Concordia.

Page 20: Proxecto ONG´S

Nome : Cruz roja

Campo de acción: Movemento humanitario mundial, colaborador de estados e pobos na súa labor humanitaria.

Sé principal: Ginebra ( Suiza).

Tempo de funcionamento: Desde o 7 de febreiro de 1863

Onde traballan: Todos os continentes.

Características: Adícase únicamente aos individuos en proporción cos sufrimentos, remediando as súas necesidades e dando prioridade ao másis urxente. Entre as suúas funciones está a promoción aos principios fundamentais e valores humanitarios, intervención en casos de desastre, mellora dos servizos de saúde na comunidade, etc

Curiosidades: O signo distintivo da Cruz Roja é unha cruz grega de cor vermello sobre fondo branco. Todos os países adoptaron este símbolo agás Persia que creou a entidade chamada “LEÓN E SOL PERSA” cun emblema da súa antiga insignia nacional e Turquía e otros países árabes que crearon a organización denominada “MEDIA LUNA ROJA” integrada desde 1877 no “Comité Internacional de la Cruz Roja”.

Page 21: Proxecto ONG´S

NOME: Solidarios para el Desarrollo

CAMPO DE ACCIÓN: Formación e voluntariado, acción social e sensibilización.

SÉ PRINCIPAL: Madrid

TEMPO DE FUNCIONAMENTO: Nace na universidade Complutense de Madrid en 1987

ONDE TRABALLAN: España

CARACTERÍSTICAS: Voluntariado social, cooperación, sensibilización da sociedade en temas de xustiza social e solidariedade.

CURIOSIDADES: Fan varios encontros para xuntar aos xóvenes e enseñarlles o que é a solidariedade.

Page 22: Proxecto ONG´S

Nome: Tierra de hombres .

Sé principal: París.

Campo de acción: Infancia e mulleres dos más humildes nivéis para que teñan a oportunidade dunha vida digna.

Tempo de funcionamento: Desde 1960.

Onde traballan: En América latina e África.

Características: Traballan na educación para o desenvolvemento, atencións médicas persoalizadas…A través de diferentes proxectos e campañas fan actividades de sensibilización e formación para dar a coñecer á comunidade escolar, comunidade universitaria e sociedade civil os dereitos da infancia co fin de promover unha conciencia crítica e unha sociedade comprometida coa la infancia máis desfavorecida tanto no Norte como no Sur.

Page 23: Proxecto ONG´S

NOME: Médicos del mundo. CAMPO DE ACCIóN: Saude, persoas desprotexidas e en caso de catástrofes naturais. SÉ PRINCIPAL: París. TEMPO DE FUNCIONAMENTO: Desde 1979 ONDE TRABALLAN: En todos os continentes, incluido Europa onde se fundou. CARACTERíSTICAS: En 1990 chegou a España. CURIOSIDADES: Os seus fundadores traballaron na Cruz Roja e tamen fundaron Médicos sin Fronteras.

Page 24: Proxecto ONG´S

NOME: ABAY

CAMPO DE ACCION: Promover a realización de accións, procesos e programas de

Cooperación para o Desenvolvemento Humano, Axuda Humanitaria e en xeral accións

de axuda solidaria co pobo etíope.

SÉ: España

TEMPO DE FUNCIONAMENTO: Traballan dende o 2008

ONDE TRABALLAN: Etiopia

CARACTERISTICAS: É importante a realización de actividades, programas de

sensibilización, asesoramiento nos procesos de adopción, promoción do

desenvolvemento e os dereitos humanos, formación en xeral, incremento de

capacidades e fomento da expansión das Liberdades.

CURIOSIDADES: Teñen un programa de hermanamento entre colexios españois e etíopes.

Page 25: Proxecto ONG´S

NOME: CÁRITAS

CAMPO DE ACCIÓN: Loita contra a pobreza, exclusión, intolerancia, e discriminación.

SÉ PRINCIPAL: Alemania.

TEMPO DE FUNCIONAMENTO: Dende 1867

ONDE TRABALLAN: Europa, Asia, África ,América e Oceanía.(internacional)

CARACTERÍSTICAS: A organización local de Cáritas naceu na ciudade alemana de Friburgo, o ano 1897. Foi creada polo prelado Lorenz Werthmann (1858–1921)

CURIOSIDADES: É unha ONG vinculada a igrexa. Os voluntarios que traballan con Cáritas poden realizar a súa labor de maneira simple acudindo aos centros locais de Cáritas ou acudindo a parroquia máis cercana.

Page 26: Proxecto ONG´S

NOME: HORIZONTES ABIERTOS

CAMPO DE ACCIÓN: Integración social das persoas máis necesitadas, as máis marxinadas da sociedade, a través do desenvolvemento de diferentes proxectos dirixidos a facilitar o acceso destas persoas a unha vida normalizada.

SÉ PRINCIPAL: Están dispersos en grupos por toda España.

TEMPO DE FUNCIONAMENTO: Levan 30 anos sen parar de traballar en centros penintenciaros.

ONDE TRABALLAN: Por toda España. En Centros terapéuticos para drogodependentes e a súa reinserción.

CARACTERÍSTICAS:

CURIOSIDADES: O pai xesuita Jaime Garralda é o fundador da ONG Fundación Padre Garralda - Horizontes Abiertos. Teñen un programa (Kostka) que está dirixido aos menores de 3 años que viven nas cárceres porque as súas nais están cumprindo condena.

Page 27: Proxecto ONG´S

NOME: ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO

CAMPO DE ACCIÓN: Traballan unidos para previr, sensibilizar, acompañar

ás personas, e financiar proxectos de investigación oncolóxica que

permitirán un mellor diagnóstico e tratamiento do cancro.

SÉ PRINCIPAL: Madrid

TEMPO DE FUNCIONAMENTO: Formouse o 5 de marzo de 1953

ONDE TRABALLAN: En toda España

CARACTERÍSTICAS: A AECC integra no seu seo a pacientes, familiares,

persoas voluntarias e profesionais. Traslada a voz da sociedade aos

poderes públicos, para desenvolver políticas adecuadas para a

prevención e control do cancro.

CURIOSIDADES: A palabra cancro é un termo moi amplo que abarca máis de 200 tipos de enfermidades

Page 28: Proxecto ONG´S

NOME: MENIÑOS

CAMPO DE ACCIÓN: Traballa no ámbito da infancia e a adolescencia, cun traballo orientado a garantir o dereito a vivir en familia.

SÉ PRINCIPAL: A Coruña

TEMPO DE FUNCIONAMENTO: Foi fundada en 1996.

ONDE TRABALLA : En España

CARACTERÍSTICAS:Teñen diferentes programas de intervención directa: Reunificación familiar ,Preservación familiar,Acollementos e adopcións de nenos e nenas con necesidades especiais, Acollementos temporais, Implicación familiar, Apoio ao acollemento en familia extensa, Atención familiar, Sensibilización, educación e prevención, Cooperación técnica.

CURIOSIDADES: O equipo humano e voluntario de Meniños desenvolve programas de

prevención e intervención nas sedes de Galicia, Asturias e Madrid.

Page 29: Proxecto ONG´S

• Nome: Ecologistas en acción

• Campo de acción: Tratan os problemas medioambientais

• Sé principal: España, Madrid

• Tempo de funcionamento: Desde o 9 de diciembre 1998

• Onde traballan: Diversas provincias de España.

• Características: Máis de un millar de firmas contra Segontia Golf

• Curiosidades: Senderismo nocturno,cosmética natural …

Page 30: Proxecto ONG´S

NOME: World Vision

CAMPO DE ACCIÓN: Axuda a nen@s que quedaron órfos , durante a guerra de Corea.

SÉ PRINCIPAL: España

TEMPO DE FUNCIONAMENTO: Fundada en 1950, polo Dr. Bob Pierce .

ONDE TRABALLAN: Corea

CARACTERÍSTICAS: Comezou coa asistencia aos nenos. Foi medrando ata chegar a facilitar a transformación de comunidades enteiras con programas de auga , atención médica, desenvolvemento agrícola e económico, e actividades para axudar aos líderes a promover valores cristiáns.

CURIOSIDADES: World Vision é unha organización cristiá de asistencia e desenvolvemento, traballando cos pobres é oprimidos para promover a transformación dos seres human e a xustiza .

Page 31: Proxecto ONG´S

NOME: CRAM

CAMPO DE ACCIÓN: Fundación para a conservación e recuperación de animais mariños.

SEDE PRINCIPAL: Cataluña .

TEMPO DE FUNCIONAMENTO: O 12 de Xuño de 1994 inaugurouse oficialmente o “ Centro de Recuperación de Animais Mariños de Catalunya (CRAMC)”, converténdose no primeiro centro destas características no Mediterráneo.

ONDE TRABALLAN: España

CARACTERÍSTICAS: A súa misión principal é a protección da biodiversidade mariña fronte a ameazas globais, a través de accións locais”

CURIOSIDADES: A colaboración ca “Facultade de Veterinaria” permitiu, e permite, estudar e analizar todos os delfíns que aparecen mortos nas praias e, desta maneira, descubrir novas enfermidades que axudan no coñecemento destas especies.

Page 32: Proxecto ONG´S

NOME: ADAMA

CAMPO DE ACCIÓN: Traballa con persoas sin teito, enfermos terminais, mulleres víctimas da violencia de xénero e con persoas da terceira idade abandoadas.

SÉ PRINCIPAL: BARCELONA

TEMPO DE FUNCIONAMENTO: Dende marzo de 1969 ata o día de hoxe.

ONDE TRABALLAN: Barcelona, Girona e Madrid

CARACTERISTICAS: Ten proxectos como mellorar a calidade de vida das persoas que teñen VIH/SIDA, mellorar calidade de vida das persoas da terceira idade sin recursos, proxecto de soporte alternativo as mulleres victimas da violencia de xénero…

CURIOSIDADES: O número de voluntarios é en total 85: 35 en xestión e 50 en terapia.

Page 33: Proxecto ONG´S

NOME: WWF ADENA

CAMPO DE ACCIÓN: Traballan por un planeta vivo e a súa misión é a conservación da natureza e deter a degradación ambiental da Terra.

SÉ PRINCIPAL: España,Madrid,Gran Vía de San Francisco.

TEMPO DE FUNCIONAMENTO: Desde 1968(44anos).

ONDE TRABALLAN: En todo o mundo.

CARACTERÍSTICAS: Se centran en seis áreas globales prioritarias: Bosques, Augas continentais, mares e costas, especies en perigo e cambio climático.

CURIOSIDADES:Desatouse unha grande polémica en 2012 debido a que o rei Juan Carlos I ,presidente de honra de esta ONG, foi a cazar elefantes. A organización decidiu quitarlle o cargo de honra. Ten un gran vínculo co Parque Nacional e Natural de Doñana. Crearon a primeira campaña para a conservación de anfibios en España.

Page 34: Proxecto ONG´S

NOME: Acción Social la Cambra.

CAMPO DE ACCIÓN: INTERVENCIÓN SOCIOEDUCATIVA, PRIORITARIAMENTE, CON MENORES, XÓVENES E

COLECTIVOS EN RISCO SOCIAL.

SÉ PRINCIPAL: Valencia.

TEMPO DE FUNCIONAMENTO : Desde xuño de 2003.

ONDE TRABALLAN: Sobre todo na comunidade valenciana

CARACTERÍSTICAS: Traballan con xóvenes do municipio, axudándolles a encontrar traballo e a reinsertarse na sociedade.

Page 35: Proxecto ONG´S

Campo de acción: Ecoloxismo. Sede principal: Vancouver, Canadá. Tempo de funcionamiento: Dende 1971. Onde traballan: Na maior parte do mundo. Características: -Actúan de 3 maneiras distintas: 1.Concienciación na rúa 2.Demostracións que expoñen a realidade. 3.Accións: Buscan chamar a atención dun problema en concreto. -Calquera pode ser soci@. Curiosidades: A pesar de que son pacifistas, ás veces son considerados como ecoterroristas por ser un pouco violentos nas súas accións.

Page 36: Proxecto ONG´S

FUNDACIÓN VICENTE FERRER

• NOME: Fundación Vicente Ferrer.

• CAMPO DE ACCIÓN: Educación, sanidade, alimentación, discriminación, traballo, explotación infantil, etc.

• SEDE PRINCIPAL: Barcelona.

• TEMPO E FUNCIONAMENTO: Esta fundación está activa dende o ano 1969. Leva traballando desde este ano en diferentes proxectos para erradicar a seca, mellorar os cultivos, mellorar a saúde, valorar o papel da muller… todo isto lévano a cabo a través de talleres e proxectos, coa creación de instalacións para a realización de ditas tarefas e aportan persoal para poder levalas a cabo. A través dos proxectos intentan mellorar as condicións de vida do poboado onde actúan.

• ONDE TRABALLAN: India, concretamente Anantapur.

• CURIOSIDADES: Foi iniciativa dun home Vicente Ferrer, que é o que lle da o nome á fundación. Deixou a súa vida en Barcelona para marchar á India a dedicarse a axudar aos demais. A súa muller uniuse a el e, coa axuda de moitos traballadores e voluntarios, fixeron da fundación unha gran organización de axuda humanitaria. Actualmente tamén o fillo de Vicente se involucrou na Fundación para poder seguir os pasos do pai.

Page 37: Proxecto ONG´S

TRABALLO ELABORADO POLOS

ALUMNOS E ALUMNAS DA ESO

DO CPI “VIRXE DA CELA”

MONFERO

CURSO 2012-2013