PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

85
paisaxe Un programa medioambiental da Obra Social “la Caixa”

description

 

Transcript of PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Page 1: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

paisaxeUn programa medioambientalda Obra Social “la Caixa”

Requisitos mínimos recomendados:Procesador Pentium III a 500 MHz ou equivalenteResolución mínima de pantalla 800x600128 MB de RAMMacromedia Flash Player 7

PAISAXE

Page 2: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia
Page 3: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

paisaxe

Page 4: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Edición Fundación ”la Caixa”

Órganos de Goberno da Obra Social ”la Caixa”

COMISIÓN DE OBRAS SOCIAIS

Presidente Isidro Fainé Casas

Vicepresidentes Salvador Gabarró SerraJorge Mercader MiróManuel Raventós Negra

Vogais Marta Domènech Sardà Justo B. Novella MartínezJavier Godó Muntañola Magín Pallarés MorgadesInmaculada Juan Franch

Secretario (non conselleiro) Alejandro García-Bragado Dalmau

Vicesecretario (non conselleiro) Óscar Calderón de Oya

Director xeral Juan María Nin Génova

Director executivo da Obra Social Jaime Lanaspa Gatnau

PADROADO DA FUNDACIÓN ”LA CAIXA”

Presidente Isidro Fainé Casas

Vicepresidente 1o Ricardo Fornesa Ribó

Vicepresidentes Salvador Gabarró SerraJorge Mercader MiróJuan María Nin Génova

Patróns Ramón Balagueró Gañet Justo B. Novella MartínezMa Amparo Camarasa Carrasco Vicente Oller CompañJosé F. de Conrado y Villalonga Magín Pallarés MorgadesMarta Domènech Sardà Manuel Raventós NegraManuel García Biel Leopoldo Rodés CastañéJavier Godó Muntañola Luis Rojas MarcosInmaculada Juan Franch Lucas Tomás MunarJaime Lanaspa Gatnau Francisco Tutzó BennasarJuan José López Burniol José Vilarasau SalatMontserrat López Ferreres Nuria Esther Villalba FernándezAmparo Moraleda Martínez Josep Francesc Zaragozà AlbaMiguel Noguer Planas

Director xeral Jaime Lanaspa Gatnau

Secretario (non patrón) Alejandro García-Bragado Dalmau

Vicesecretario (non patrón) Óscar Calderón de Oya

Área de Integración Social

Director Marc SimónSubdirectora Joana PratsCoordinación da publicación Elisabet Yanovsky

Anna Mauri

PublicaciónCoordinación do Proxectoterra Xosé Manuel RosalesAutora M. del Tura BovetDeseño Estudio MariscalDesenvolvemento tecnolóxico Òmada interactivaDesenvolvemento de contidos CIMAE S.Coop.C.L.

Rosalina Pena Vila

Corrección e tradución de textos Henrique Rabuñal Corgo

Impresión da Guía Axencia Gráfica XANIÑO

© dos textos, os autores© das imaxes, os autores© da edición, Fundación ”la Caixa”, 2008Av. Diagonal, 621 – 08028 BarcelonaDepósito Legal: C 4003-2008

Page 5: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

paisaxeUn programa medioambientalda Obra Social “la Caixa”

05

Page 6: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

06 Na procura e conquista dunhas mellores condicións de vida para a cidadanía, no ano 2000, o ColexioOficial de Arquitectos de Galicia puxo en marcha o Proxectoterra, un proxecto de intervencióneducativa dirixido aos distintos niveis do ensino obrigatorio co obxectivo de contribuír a mellorar ocoñecemento que os escolares de Galicia deben ter dos nosos espazos vitais. O noso obxectivo écontribuír a crear cidadáns conscientes e responsables que asuman as actuacións sobre o territoriocomo un compromiso colectivo guiado pola súa xestión responsable e que saiban captar os riscosderivados da súa utilización segundo exclusivos intereses sectoriais, partidarios ou localistas.

Desde os inicios dos traballos, fomos atopándonos con institucións e organismos que se uniron anós na procura deste obxectivo común. Nesta ocasión é a Fundación “la Caixa” a que nos brinda aoportunidade de achegar ao mundo do ensino en galego o valiosísimo recurso educativo “Paisaxe”.Este programa, integrado no portal educativo Educalia, é unha proposta innovadora encamiñada áadquisición por parte da sociedade dunha nova sensibilidade ambiental a través da educación.

Como Decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, quero agradecer á Fundación “la Caixa”a súa colaboración para a edición en galego de “Paisaxe”. Coa súa incorporación ao Proxectoterrae a súa difusión na nosa comunidade educativa pretendemos colaborar a acadar unha maiorsensibilización ambiental da sociedade en temas como a protección da biodiversidade, a conservación

PRESENTACIÓN

Page 7: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

07dos espazos naturais, a preservación da calidade ambiental e o uso sostible dos recursos naturais.Neste sentido, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia reforza o seu compromiso na defensa epreservación do medio ambiente e na defensa do noso patrimonio natural.

Celestino García Braña

Decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Page 8: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

A Fundación “la Caixa” lanzou, na década dos noventa, unha nova estratexia educativa, no ámbitoda educación ambiental, co obxectivo fundamental de dar a coñecer a paisaxe e co propósito de queos alumnos aprendesen a previr as consecuencias derivadas de calquera acción emprendida sobreo medio.

Froito desa estratexia foi a creación das mochilas ambientais, deseñadas para estudar a paisaxedesde unha perspectiva biótica, abiótica, antrópica e desde o recurso da auga como elementodominante.

O certo é que a progresiva utilización das mochilas por parte dos centros educativos das comunidadesautónomas e por parte de numerosas entidades e institucións, como centros de profesores, concellos,aulas de natureza, asociacións de medio ambiente, departamentos de medio ambiente ou educacióndos gobernos autónomos, fixo posíbel a implantación destes recursos educativos no transcurso dosúltimos anos.

Logo da experiencia positiva das mochilas, a Fundación decidiu dar un paso máis nesta liña epromover o estudo da paisaxe, entendida como percepción humana do territorio, entre os membrosda comunidade escolar así como nos ámbitos da educación formal e informal. Así naceu o proxecto

INTRODUCIÓN

08

Page 9: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

09Paisaxe que mediante o uso dos sentidos, a observación directa, o traballo de campo e o uso dasnovas tecnoloxías da información, nos aproxima á complexa realidade do medio no cal vivimos. Apreparación dos itinerarios e a confección da propia mochila, así como o recoñecemento dos residuosque se xeraron ao longo das diferentes épocas históricas, centran a atención de boa parte do proxecto.

Así pois, o proxecto Paisaxe significa un paso máis na contribución que a Fundación ”la Caixa” fixoe fai no campo da prevención do medio ambiente a través da educación. É un recurso educativo quenon aparece como un feito illado senón que é o resultado de toda unha xa longa traxectoria no campoda educación ambiental.

Paisaxe, neste sentido, é un proxecto que vai alén dos intereses da comunidade educativa, xa queas súas aprendizaxes e actuacións supoñen unha nova sensibilidade ambiental que implica, en últimainstancia, unha mellora da calidade de vida para todos os membros da sociedade.

Page 10: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

10

Page 11: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

A paisaxe pode entenderse como a percepción humana do territorio e interpretarse como o resultadodas interaccións entre o medio natural e as culturas. Pero o concepto de “medio” sen precisión aescala xeográfica pode resultar ambiguo.

O desenvolvemento acelerado dos medios de comunicación cambiou os clásicos conceptos detempo e distancia, de forma que paisaxes afastadas no espazo poden parecer próximas e familiarese outras a máis curta distancia, pero de difícil accesibilidade (física e virtual), poden resultarnosestrañas. A globalidade e a realidade virtual están conducíndonos a reformular as relacións co espazoe, polo tanto, co “medio”.

O concepto de relación co espazo foi variando segundo as necesidade dos diferentes grupos daespecie e das súas culturas. En Occidente, baixo un concepto claramente antropocéntrico, considerouseo espazo onde viven o home como “contorna”, é dicir, aquilo que está ao seu redor. A contornaidentifícase cos elementos naturais abióticos e bióticos, e considérase unha realidade separada dacal a especie debe protexerse e ao mesmo tempo ten que dominar para obter dela os recursos.

O concepto de paisaxe ligado a esta relación ser humano/espazo é relativamente moderno. Nonaparece ata o século XVI, cando os pintores holandeses fan referencia a unha porción de territorioou país (pagus en latín, de onde deriva ‘paisaxe’). Nestas representacións pictóricas, o territoriocontemplábase en perspectiva desde unha xanela e aparecía sempre nun segundo ou terceiro planoenmarcado. Co tempo, a paisaxe foi adquirindo máis protagonismo chegando a ocupar todo o cadro.

11

A PAISAXE: UNHA NECESIDADE SOCIALO CD de Paisaxe como recurso educativo

Page 12: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

12

A paisaxe como sistema

A comezos do século XX, a ciencia recupera a idea aristotélica de que “o todo é máis do que a sumadas partes”, a cal define o concepto de sistema pasando do paradigma determinista ao sistémico,o que implica definir estruturas e dinámicas, e aceptar principios de incerteza, sistemas caóticos,indeterminación e complexidade.

Trátase, neste novo concepto científico, de comprender as interpretacións entre elementos e enerxíase aprender a prognosticar a posible evolución deste “medio” que non é estático, senón dinámico.Agora xa non se fala de contorna, senón de medio, xa que o home forma parte del como un elementomáis e por iso non só se contemplan os elementos naturais, senón tamén os socioeconómicos eculturais.

Os avances tecnolóxicos, que permiten tamén unha rápida transformación do medio, provocan que,por primeira vez na historia da humanidade, se teña conciencia da capacidade da transformacióne ao mesmo tempo tamén da transformación. Actualmente, máis que dominar para explotar, inténtaserelacionar, comprender e preservar.

Seguindo esta corrente revitalizadora da ciencia, o concepto de paisaxe tamén se ve afectado edefínese cientificamente como unha porción da superficie terrestre, estruturada pola interconexióndos seus elementos “abióticos, bióticos e antrópicos” que evolucionan en bloque, e dinamizadapolas enerxías naturais e antrópicas. A paisaxe, entendida como sistema, presenta unha metodoloxíade estudo que comprende as fases de análise, diagnóstico, prognóstico e sindérese ou prevención.

Paisaxe e desenvolvemento sostible

Paralelamente nestes cambios no concepto de relación co espazo, a finais do século XX agroma unnovo modelo de desenvolvemento que procura garantir o crecemento económico e social, así comoa conservación do medio ambiente. É o concepto de desenvolvemento sostible.

Aplicar as estratexias de sustentabilidade supón realizar transformación políticas, económicas eculturais. Unha destas estratexias é facer que as xestións dos problemas colectivos sexan compartidasentre os diferentes axentes sociais e fálase de democracia participativa, o que quere dicir que ospoderes públicos estimulen a participación cidadá.

Page 13: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

O desenvolvemento sostible formula un grande reto, que é intentar harmonizar obxectivos económicose socias coa xestión prudente dos recursos, o que xera contradicións e dilemas.

O potencial educativo do estudo da paisaxe refórzase se contempla tamén a solución de problemasque se poden formular nunha paisaxe. Isto suporá ter en conta as diversas fases de estudo, desdea análise ao prognóstico e á prevención, o que permite a interpretación global da realidade a partirda integración e a síntese. Deste modo, propícianse os coñecementos e habilidades básicas necesariaspara unha experiencia de participación satisfactoria.

Recuperar a visión global, holística, do funcionamento do planeta, resituando ao home, non comocentro do universo senón como un elemento máis que interactúa co resto, axudaranos a controlare previr os problemas ambientais, e tamén a preservar a paisaxe como patrimonio natural e cultural,porque a paisaxe nos integra no territorio e nos dá identidade.

A paisaxe pódese considerar como signo da calidade de vida da poboación, porque contribúe aobenestar individual e social e ao desenvolvemento dos seres humanos.

Paisaxe e sociedade

Nestas últimas décadas, a importancia da paisaxe púxose de manifesto. Unha mostra evidente destasensibilidade crecente en relación coa paisaxe é a crecente esixencia que se detecta na sociedadeno referido ás actuacións no territorio e á explotación de recursos naturais.

O resultado desta demanda social, un aspecto clave no proceso de recoñecemento da necesidadedas políticas de protección, xestión e planificación da paisaxe, foi a presentación para a sinatura,promovida polo Consello de Europa, do Convenio Europeo da paisaxe, que tivo lugar en Florenciaen outubro do 2000.

O obxectivo da Convención é promover a protección, xestión e ordenación das paisaxes europeas.Unha das medidas particulares do convenio é potenciar a sensibilización da sociedade no referidoao valor da paisaxe, no seu papel social e na súa transformación.

13

Page 14: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Actualmente detéctanse movementos na sociedade encamiñados a aumentar a participación dediferentes axentes e sectores sociais preocupados pola acelerada transformación da paisaxe por mordas actuación antrópicas. Asociacións de defensa da paisaxe, políticos, empresarios, técnicos,educadores e diversos profesionais vinculados á paisaxe participan e impulsan documentos comoas Cartas de Paisaxe para conseguir planificacións racionais do territorio.

A paisaxe vólvese obxecto de protección, planificación e xestión, e evidénciase a necesidade desensibilizar e formar á poboación nesta cuestión para que poida participar con coñecemento decausa nos debates e consultas que xurdan a raíz das frecuentes e impactantes actuacións no territorio.

O CD de Paisaxe

Na liña destas directrices actuais, a Fundación “La Caixa” presenta o CD Paisaxe, proposta educativainnovadora a pesar de ser consecuencia dunha longa tradición en recursos educativos sobre paisaxe,como as mochilas ambientais.

O CD aplica a metodoloxía propia dos estudos de paisaxe, que parten do concepto de entender oterritorio desde o punto de vista sistémico e que pretenden sensibilizar no referido ás intervenciónsantrópicas. No CD preséntanse unha serie de actividades que en conxunto supoñen unha aproximacióná análise, o diagnóstico, o prognóstico e a prevención.

Hai cinco bloques diferenciados, catro deles, Observa, Clasifica, Investiga e Actúa, permiten coñecera paisaxe virtualmente, mentres que un quinto bloque, Explora, é unha guía detallada que axuda adescubrir a paisaxe real a partir dos conceptos desenvolvidos nos anteriores.

Neste sentido, o CD é unha autovía entre o mundo real e o virtual, onde o tráfico de información ecomunicación é fluído e natural, como xa o é a existencia dos dous espazos nos que nos movemoshabitualmente os cidadáns.

O uso das TIC no estudo da paisaxe evidencia a ilimitada capacidade dos novos medios para facilitaro coñecemento do espazo real a partir da virtualidade e, nesta liña, o CD de Paisaxe convértese, en

14

Page 15: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

15

mans de educadores e usuarios en xeral, nun recurso cunha ampla gama de posibilidades paracoñecer, valorar a paisaxe e adquirir actitudes que a consideren como un ben necesario para a nosacalidade de vida colectiva.

O papel do profesorado

Se a paisaxe é un valor patrimonial da sociedade ten que estar presente na consideración social e,polo tanto, debe contemplarse en todo proceso educativo.

Coñecer a paisaxe e formular a súa axeitada planificación ven potenciado polo uso das TIC. Perotense que ensinar a coñecer, separando e unindo, é dicir, analizando e sintetizando, e así facilítasecoñecer a realidade e as súas causas. A realidade é a paisaxe, e investigar as causas da súa naturezaproporciónanos coñecemento para saber previr a súa futura evolución.

Nesta nova era planetaria, anegada pola cultura mediática, o papel do profesorado, máis ca nunca,resulta imprescindible para axudar a formar mentes ordenadas con amplitude para formular problemase encontrar solucións. Tamén terá que proporcionar metodoloxías que permitan organizar oscoñecementos.

O CD é un recurso educativo que se verá altamente potenciado coa guía dos educadores, que podendecidir, orientar e planificar o seu uso para que se reforce a metodoloxía científica que a impregnae aplicala no momento axeitado do proceso de aprendizaxe.

Observar, clasificar, investigar, descubrir, explorar e relatar as experiencias realizadas son etapas dametodoloxía científica. O CD propón aplicala á paisaxe. Pero son os educadores os que podenconducir este proceso lúdico, informativo, experimental e creativo, e transformalo en coñecemento,e este, en saber.

Page 16: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

16

APRENDER CO CDUnha ferramenta pedagóxica

O CD de Paisaxe é unha ferramenta ampla e suxestiva que facilita o coñecemento da realidade globale complexa, e permite realizar actividades orientadas á solución de problemas, considerando oprognóstico e a prevención. O CD pon as novas tecnoloxías ao servizo dunhas finalidades pedagóxicasconcretas, como:

- A localización, a distribución e o papel dos elementos da paisaxe na organización espacial.- A especial consideración dos aspectos socioculturais e económicos.- A visión integradora ante a interacción de todos os elementos que conforman a paisaxe.- A análise dinámica dos fenómenos na explicación dos procesos que se producen na paisaxe.

A proposta que contén o CD Paisaxe baséase no despregamento dunha serie de actividades queforon deseñadas seguindo unha orde lóxica, de acordo coa metodoloxía xeral dos estudos de paisaxe.

Os diferentes bloques de actividades, en conxunto, formulan unha aproximación á análise, odiagnóstico, o prognóstico e a prevención.

En conxunto, as actividades do CD Paisaxe comportan o logro de contidos específicos das diversasáreas de aprendizaxe, aplicables a diferentes niveis, desde unha perspectiva plenamente interdisciplinaria.

De acordo cos contidos do currículo, inicialmente preveuse a idoneidade das actividades para o ciclosuperior de primaria e para a ESO.

Page 17: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

17

Nalgúns aspectos, hai actividades que se poden adecuar a ciclos anteriores, mentres que a maioríadas actividades son tamén axeitadas para etapas superiores.

Todas as actividades ultrapasan o ámbito estritamente escolar, xa que poden satisfacer os interesesdoutros colectivos e da educación non formal.

O CD promove o estudo da paisaxe como aprendizaxe innovadora, porque dirixe a construción dopensamento global por medio da integración e da síntese, porque capacita para a acción achegandocoñecementos e competencias básicas e porque estimula as aprendizaxes mediante a proxecciónindividual e social na propia contorna.

Os sentidos permítennos a información da contorna. Cómpre ter presente en que procedementose en que técnicas se basean as actividades de cada un dos cinco bloques que conten o CD: Observa,Clasifica, Investiga, Actúa e Explora.

Os castro primeiros permiten coñecer virtualmente a paisaxe, mentres que as actividades de Explorason a guía detalla que facilita o contacto real coa paisaxe.

M. del Tura Bovet Pla

Servizo de Paisaxe da Universidade de Barcelona

Page 18: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

18

EXPLORAACTÚAINVESTIGACLASIFICAOBSERVA

Page 19: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

A paisaxe é un todo real e dinámico, con elementos interconectados e enerxíasque permiten o seu funcionamento.

A paisaxe é un sistema onde o todo é máis do que a suma das partes.

A paisaxe ten un valor social que presenta aspectos económicos, patrimoniais,de identidade, estéticos...

A paisaxe é índice de calidade de vida.

Os avances tecnolóxicos cambiaron os conceptos de tempo e distancia, e faiseevidente a necesidade de aplicar a sustentabilidade para o mantemento do planeta.

O concepto de sustentabilidade é aplicable á realidade da paisaxe local e global.

As TIC son un recurso atractivo, un novo sistema de representación, efectivo eactualmente ao alcance para coñecer a paisaxe.

As TIC son actualmente un recurso educativo cun grande potencial.

O CD de Paisaxe propón acercarnos á realidade aplicando a metodoloxía científicae facilitando o enlace entre o mundo virtual e o real a través do uso das TIC.

O CD fai de ponte entre a paisaxe virtual e a real.

Non hai límite de idade para utilizar o CD de Paisaxe, pero si niveis de dificultade.Todo o mundo pode participar.

O educador é quen pode orientar sobre quen, cando, como e para que se podeutilizar o CD como recurso educativo.

O profesorado xoga un papel imprescindible para o uso efectivo deste recursoeducativo.

Page 20: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia
Page 21: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia
Page 22: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

22

Observa é a porta de entrada para comprender as primeiras impresións estéticas eemocionais sobre a paisaxe e descubrir, deste xeito, que existen paisaxes distintase parecidas en cores e formas, que varían durante o día e a noite e tamén segundoa súa natureza.O uso dos sentidos, neste caso a vista, permítenos intuír que hai paisaxes conestruturas e dinámicas diferentes e motívanos a descubrir máis cousas.

OBSERVA

Page 23: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

23

A primeira aproximación a unha paisaxe dáse por medio dos sentidos. Podemos captar cores, formas,olores, sensacións de humidade, frío ou calor, sons... Todas estas impresións proporciónannosinformación sobre a contorna. A partir dunha primeira percepción da paisaxe podémola explorar,investigar e obter datos que nos permitirán clasificala e estudala cientificamente.

Dos cinco sentidos, a vista precisa pouca enerxía para funcionar e faino á velocidade da luz. Nunhafracción de segundo envía ao noso cerebro un número infinito de unidades de información.

Observar unha paisaxe é mirar con atención. Mirar é aplicar a vista a un obxecto. Ver é percibir osobxectos mediante a acción da luz, de maneira que se obtén unha información que mediante osentido da vista e do sistema nervioso pasa ao cerebro.

Percibir é a sensación que temos como resultado dunha impresión material captada polos nosossentidos. Pero percibir non só é ver, senón que é mirar. Segundo os nosos recordos, a asociaciónde ideas e os coñecementos, podemos ter percepcións diferentes dunha mesma paisaxe.

Que é?

Este apartado é unha selección de fotografías de paisaxes naturais, rurais e urbanas con brevescomentarios para orientar a observación. Hai grupos de imaxes segundo predominio de cores,tipoloxía de formas e variacións dunha mesma paisaxe ao longo do día e da noite, e segundo asemocións que poden desvelar.

Observa favorece o desenvolvemento dunha capacidade intelectual básica para o coñecementocientífico da paisaxe.

Percibir e observar formas, cores e movementos da paisaxe, así como as emoción que esperta, é unexercicio motivador que dá pautas para a análise, a partir da selección e a comparación.

Page 24: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

24

Como interactuar?

A selección de imaxes de contornas rurais, urbanas e naturais móstrase mediante unha interfacedinámica que permite crear un efecto “moviola” na visión das fotos.

Cada imaxe aparece en pequeno e, ao pasar o rato sobre ela, agrándase. Deste xeito, o usuario podever, de forma rápida, diferentes paisaxes e os seus contrastes e obter unha visión global.

Buscouse a interface axeitada para o obxectivo de cada un dos apartados (cores, formas, paso dotempo e emocións), pensando en dirixir o alumno cara o efecto de observación desexado.

As cores ordenáronse en tres gradacións, que permiten descubrir o predominio da cor na paisaxe,dependendo dos elementos que a forman.

Page 25: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

25

As formas combinan fotografías de formas naturais e artificiais mostrando que aínda que nas paisaxesnaturais as formas redondeadas son as máis habituais e nas paisaxes rurais e urbanas dominan asformas xeométricas, ás veces danse similitudes abraiantes.

O paso do tempo ofrece fotografías dos tres tipos de paisaxe (natural, rural e urbana) tomadas aolongo das 24 horas que dura o día. Ao pasar o rato sobre elas, prodúcese unha secuencia “a cámararápida” das transformacións que se producen nesa paisaxe ao longo dun día.

Na paisaxe rural e urbana, os cambios ao longo do día son máis rápidos e máis evidentes ca napaisaxe natural.

Quíxose pechar o apartado cunha invitación a reflexionar sobre as emocións que a observación dapaisaxe suscita en nós. Para iso, seleccionáronse imaxes que poidan evocar nostalxia, rabia, vertixe,paz, melancolía... que son un punto de partida para que cada usuario busque as súas propias imaxes.

As fotografías van acompañadas de textos que permiten afondar en certos aspectos da imaxe, agásno caso das emocións, onde non se quixo condicionar a experiencia do alumnado.

Estes textos so aparecen cando o usuario deixa o rato quieto sobre a imaxe durante uns segundos.Programouse deste xeito para permitir dous niveis diferentes de interacción: unha máis plástica einmediata e despois outra máis repousada e reflexiva.

Page 26: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

26

Materias

- Educación visual e plástica.- Coñecemento do medio natural. Ciencias experimentais.- Coñecemento do medio social e cultural. Ciencias sociais.- Lingua e literatura.- Música.- Matemáticas.

Aplicación

Pódese traballar autonomamente ou en grupo, durante o tempo que se quixer, xa que non cómpreseguir ningunha orde preestablecida. Inicialmente, o traballo de observación pode oscilar entre mediahora e unha hora, se non se vincula a ningunha outra actividade.

Contidos

- Uso dos estímulos visuais como preferentes nunha primeira aproximación ao coñecementoda paisaxe: a percepción inicial do conxunto.

- Observación selectiva de aspectos significativos: características, proporcións e distribuciónsdos elementos da paisaxe.

- Iniciación sensorial á composición, dinamismo e complexidade da paisaxe: apreciación visualde cores, formas e cambios.

- Recoñecemento de combinacións e tipoloxías de paisaxe: natural, rural e urbana.- Valoración estética da paisaxe con relación ás actitudes de conservación e protección.- Entender a paisaxe como patrimonio e establecer o vínculo co concepto de calidade paisaxística.- Análise da resposta emotiva que cada paisaxe provoca e da súa incidencia na construción

de actitudes individuais e colectivas.

Page 27: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

27

Obxectivos

- Fomentar o hábito da observación.- Sensibilizar cara a beleza, a harmonía e a funcionalidade da paisaxe.- Estimular a retentiva visual de formas, cores e estrutura da composición paisaxística.- Pautar a observación de formas e cores da paisaxe baixo condicións diferentes.- Detectar o cúmulo de información que achegan as imaxes da paisaxe.- Discernir entre os efectos visuais que cada grupo de elementos achega á paisaxe fisionómica.- Sentir e definir emocións e sentimentos fronte á paisaxe.

Page 28: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

28

Orientacións didácticas

A observación das fotografías acaba sendo un recurso por si mesmo, no sentido de que o simple“paseo” visual das paisaxes escollidas pode ser un exercicio inicial que supón percibir e observar.O material permite, ao mesmo tempo, aplicar diversas estratexias didácticas para potenciar amobilización intelectual que comporta a observación.

Pódese reforzar a captación de cores e formas da paisaxe propondo traballos individuais ou colectivos,como por exemplo:

- Definir matematicamente e reproducir as figuras xeométricas que se recoñecen no medionatural e no medio humanizado.

- Recrear creativamente o cromatismo dunha paisaxe ou ben descompor a paisaxe nunhaabstracción de formas e cores.

- Analizar obras artísticas do paisaxismo.- Fotografar paisaxes a diferente escala co lema dunha forma ou dunha cor.

Pódese vincular a observación de cambios visuais dunha paisaxe ao longo de 24 horas traballandoo sistema solar, o día e a noite, o movemento da Terra e a Lúa, as propiedades da luz... A experimentaciónpode basearse en empregar a paisaxe como sistema de referencia no estudo do movemento e dotempo.Pódense relacionar as diferentes emocións e sensacións que provoca cada paisaxe con outros tiposde manifestacións artísticas, como son a música e a literatura. A imaxe dunha paisaxe como fontede inspiración dá lugar á lectura comprensiva de descricións e poemas, como tamén á audición depezas musicais.

Page 29: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

29

Page 30: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

comproba abióticos bióticos antrópicos

Page 31: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

N>2

Page 32: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

32

Clasifica sistematiza a observación e permite, de forma lúdica, ordenar as paisaxesde acordo coa súa estrutura, segundo as interconexións dos elementos e as enerxíasque permiten que funcione e evolucione no tempo.A análise da paisaxe, é dicir, que elementos e enerxías a forman e a manteñen, permitea súa clasificación.

CLASIFICA

Page 33: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Unha paisaxe é un xeosistema localizado no espazo e no tempo. A paisaxe é a realidade e o xeosistema,o modelo. O xeosistema é un sistema na superficie da terra. Un sistema é un conxunto de elementosinterconectados que evolucionan no tempo. Un elemento é a parte integrante dunha cousa.

Os elementos integrantes da paisaxe podémolos clasificar en abióticos (non vivos), bióticos (vivos)e antrópicos (feitos polo home).

As enerxías (naturais e antrópicas) fan que a paisaxe sexa dinámica, é dicir, que evolucione no tempo.

Clasificar é ordenar, dispoñer por clases. Clase é a orde segundo determinadas condicións ou calidadesdo que se quere clasificar.

Na nosa contorna podemos distinguir paisaxes distintas.

As paisaxes poden clasificarse baixo moitos criterios. Un modo de clasificalas é considerar os seuselementos e a súa dinámica.

Clasificación de paisaxe segundo Bovet/Ribas (1999)

Que é?

É un xogo que propón, a partir dunha serie de fotografías, aprender a clasificar paisaxes, segundoos elementos que as forman: abióticos (auga, solo e rochas), bióticos (vexetación e fauna) e antrópicos(feitos polo ser humano). Tamén se teñen en conta as enerxías que as fan funcionar. Cada paisaxeclasifícase pola preeminencia de elementos e represéntase combinando uns símbolos asignados.Acertada a clasificación dunha paisaxe pásase ao seguinte nivel, que ten un maior grao de dificultade.

Clasifica comporta unha lectura visual previa da localización e distribución dos elementos da paisaxe,que permite interpretala e facer un diagnóstico previo.

A clasificación de diferentes paisaxes segundo unha simboloxía establecida é un exercicio amenoque desenvolve as capacidades para a análise e o diagnóstico.

33

Page 34: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Como interactuar

O xogo baséase na capacidade de asimilar coñecemento mediante a repetición. O alumno aprenderáa diferenciar os elementos que aparecen nunha paisaxe, facendo as súas propias clasificacións erecibindo unha resposta inmediata sobre os resultados.

A dinámica de xogo é moi rápida e tratouse de non penalizar “o erro” para que o alumno faganumerosos intentos ata asimilar os coñecementos precisos. A clasificación da paisaxe faise máisdifícil só a partir do acerto.

abióticos bióticos antrópicos

O xogo consta de tres niveis, nos que se van mostrando fotografías de distintas paisaxes. A partirdestas fotografías, o usuario indica, facendo clic sobre a icona que identifica cada tipo de paisaxe,os elementos e enerxías predominantes nesa paisaxe.

No primeiro nivel, as imaxes mostran un único tipo de elemento dominante. Se o usuario acerta nasúa resposta, pasa ao seguinte nivel. Se se equivoca, recibe unha explicación de cal sería a respostacorrecta e preséntaselle unha nova fotografía do mesmo nivel para que o volva intentar.

34

N>1> Comprobaabióticos antrópicos

> Continúa

Non é correcto

Claro dominio dos elementosabióticos (rochas, area) nestapaisaxe desértica que funcionacon enerxía natural.

Page 35: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

As imaxes aparecen de forma aleatoria; desta forma, un mesmo usuario pode xogar varias veces epresentaránselle diferentes imaxes.

No nivel 2, son dous os tipos de elementos e enerxías que se poden apreciar na paisaxe. O primeiroelemento seleccionado ten que ser o predominante (obsérvase que a primeira icona seleccionadaengloba á segunda).

No nivel 3 a paisaxe aumenta en complexidade e presenta imaxes nas que hai tres tipos diferentesde elementos e enerxías.

Esta dinámica de xogo foi formulada para que resulte moi intuitiva. Nin sequera será necesario quese recorra á axuda para entender o seu funcionamento, é suficiente cun par de intentos paracomprender como xogar.

A partir de aí, o importante é a selección que se realizou das imaxes (buscando exemplos claros erepresentativos de cada unha das variantes) e as explicacións que aparecen cando o usuario seequivoca (que achegan os fundamentos teóricos ao xogo).

N>2> Comprobaabióticos bióticos antrópicos

35

Page 36: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

36

Materias

- Coñecemento do medio natural. Ciencias experimentais.- Coñecemento do medio social e cultura. Ciencias sociais.- Matemáticas.

Aplicación

Cómpre iniciar o xogo asegurando que o alumnado ten clasificados e asimilados os conceptos deelemento abiótico, biótico e antrópico, e o de enerxías. Despois pódese traballar individualmente ouen grupo, pero sempre é recomendable contrastar e argumentar colectivamente os resultados. Aduración do xogo pódese situar entre os 20 e os 45 minutos.

Contidos

- Uso da observación indirecta na lectura e a análise da paisaxe: presenza e distribución doselementos que a conforman.

- Distinción entre compoñentes do medio físico e da tipoloxía das intervencións humanas napaisaxe.

- Elaboración de sínteses interpretativas sobre a estrutura e a dinámica das paisaxes naturaise humanizadas.

- Valoración da heteroxeneidade e a diversidade das paisaxes naturais e das formas de ocupacióndo territorio rural e urbano.

- Uso de secuencias ordenadas e lóxicas na observación da paisaxe e aplicación de criteriosde clasificación.

- Manexo de simboloxías para expresar os resultados da clasificación: proporcionalidade ecombinatoria de representacións xeométricas planas.

Page 37: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

37

Obxectivos

- Identificar os elementos que conforman unha paisaxe e as súas interconexións.- Definir a localización e a extensión dos elementos nunha paisaxe delimitada.- Exercitar a estimación de proporcións e combinacións nun espazo representado.- Entender o valor da escala nas representacións espaciais.- Utilizar criterios recoñecidos para a ordenación e clasificación de paisaxes.- Describir a estrutura e o funcionamento das paisaxes, comparando similitudes e diferenzas.- Valorar a diversidade paisaxística do planeta e a incidencia da acción humana no medio

natural.

Page 38: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

38

Orientacións didácticas

Xogar a clasificar paisaxes segundo dominancia de elementos está claro que potencia unha observaciónpautada das imaxes, pois “fai fixarse” ao xogador nuns determinados aspectos, aqueles que acheganinformación significativa.

Así pois, os alumnos poden xogar SOS ou en pequenos grupos, pero para aproveitar todo o potencialpedagóxico do xogo recoméndase organizar traballos complementarios ao redor da proposta e dosseus resultados. Por exemplo:

- Buscar ou facer fotografías de paisaxes a partir dunha dominancia preestablecida.- Ordenar imaxes de paisaxes de maior a menor grao de antropización.- Contrastar cambios na clasificación dunha mesma paisaxe ao longo do tempo.- Comprobar como pode cambiar a clasificación segundo a escala.

Cómpre destacar que o xogo se inspira nunha metodoloxía do estudo científico da paisaxe e que,polo tanto, se pode conectar directamente coa investigación.

É unha actividade que pide relacionar información e coñecementos a distintos niveis de dificultade.

A complexidade intrínseca de toda paisaxe faise máis ou menos evidente segundo a súa fisionomía,e por iso hai imaxes máis “fáciles” e imaxes máis “difíciles”. En todo caso, a posta en común dosresultados será enriquecedora.

Page 39: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

39

Page 40: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia
Page 41: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia
Page 42: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

42 INVESTIGA

Investiga propón unha busca ao longo da historia dunha paisaxe virtual concreta.Encontrar, identificar, analizar as características dos residuos e das súas consecuenciasna paisaxe é unha proposta de traballo de investigación. Analizar e coñecer asinterconexións dos elementos nunha paisaxe é a base dun traballo científico quepermite despois prognosticar.

Page 43: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

43

As paisaxes son distintas segundos os elementos que as integran e a súa dinámica. Uns dos elementosque podemos encontrar nas paisaxes son os residuos.

A especie humana ten unha grande capacidade para alterar a contorna grazas ao seu enxeño, o quelle permitiu desenvolver a tecnoloxía.

Un residuo é aquilo inservible que queda despois dunha acción biolóxica, física ou tecnolóxica.

Algúns residuos son biodegradables, é dicir, que poden ser aproveitados polo resto dos elementosnaturais. Outros residuos non son biodegradables e estes aínda non teñen un lugar na cadea naturalde reutilización porque son resultado das novos tecnoloxías.

Investigar residuos na paisaxe comporta actuar para descubrir. Descubrir é encontrar, chegar ver,coñecer aquilo que se ignora.

Neste xogo proponse investigar os residuos nunha paisaxe que foi evolucionando ao longo do tempo.

Que é?

É un xogo para investigar o papel dos residuos na paisaxe e comprobar graficamente o seu aumentoao longo do tempo. Propón detectar os residuos visibles e invisibles en diferentes escenarios dunhamesma paisaxe, desde o Paleolítico ata o século XXI. Descubrindo o residuo obtense informaciónsobre a súa orixe, biodegradabilidade, efectos da súa contaminación ambiental, recuperación, reciclaxe,posibles usos posteriores, toxicidade e efectos para a saúde.

Investiga introduce estratexias de investigación científica para demostrar a evolución do impactohumano na paisaxe, centrándose na problemática dos residuos. Cómpre buscar a informaciónsignificativa para poder confirmar formulacións previas e deste xeito avanzar na investigación.

Page 44: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

44

Como interactuar

Neste xogo preséntanse seis ilustracións dunha mesma paisaxe en seis épocas históricas distintas.O alumno debe analizar cada paisaxe e buscar os residuos que hai nela.

Para iso, conta con dúas ferramentas:

Lupa, para aproximarse a detalles da ilustración.Ferramenta de captura de residuos.

A lupa aumenta determinadas partes das ilustracións e permite ver con maior definición os detallesda paisaxe.

Cando o usuario cre ter encontrado algo, acerca o detector para ver se realmente se trata dun residuo.Se o é, o residuo amplíase na pantalla.

Unha vez localizado o residuo, captúrase facendo clic sobre el e daquela aparece unha ficha queofrece información detallada sobre ese residuo.

Page 45: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

45

Cada residuo encontrado márcase na liña inferior do xogo, coa cor correspondente ao grupo ao quepertence o residuo. Con isto, ademais, o xogador sabe cantos residuos lle quedan por encontrar.

Na ilustración, os residuos encontrados fican marcados en negro.

Incorporouse a funcionalidade de “pista”, que fai pestanexar un residuo pendente de descubrir.Con isto quérese facilitar que se encontren todos os residuos. Sen embargo, o xogo estáformulado de forma que os alumnos poidan encontrar por si mesmos os residuos sennecesidade de recorrer ás pistas.

Cando o usuario localiza todos os residuos dunha época, a ilustración anímase para premiar aousuario e ofrecerlle un incentivo que o estimule a querer encontrar todos os elementos en cada etapa.

Page 46: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

46

A formulación deste xogo facilita varias aproximacións ao tema dos residuos.

Un primeiro acercamento consistirá en localizar residuos, aprendendo a diferenciar que é residuoe que non.

Despois, o alumno poderá aprender a clasificar os distintos tipos de residuos (orgánicos, plásticos,etc.). Para iso, terá que fixarse na liña inferior do xogo, onde cada residuo encontrado se vai clasificandocoa cor asignada ao seu grupo.

A barra de estado de residuos por época permite tamén que se poidan establecer comparaciónsentre épocas, dunha maneira visual e sinxela: observando como se vai completando a barra e que

cor predomina en cada época.

INVE

STIG

AIN

VEST

IGA

Estado: SólidoBiodegradación: NonContaminación: Visible econcentrada nas cidadesReciclaxe: DoadaUsos posteriores: EnvasesToxicidade no medio: Baixa

Botella de vidro rota

Grupo: Metais, vidros ecerámica

REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (século XIX)

> Pecha

Materia orgánica Novas tecnoloxías Metais, vidros e cerámica Plásticos Combustibles fósiles Produtos químicos Materiais radioactivos

Page 47: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

47

Por outra parte, as fichas de información facilitan unha análise máis profunda dos residuos ou dundos grupos que poida interesar de maneira particular.

Na ficha proporciónase a seguinte información: estado, biodegradación, contaminación, reciclaxe,usos posteriores, toxicidade no medio. Isto permite ao profesor traballar cos alumnos unha épocaconcreta e afondar nela ou nalgún dos aspectos da información proporcionada sobre os residuos.

Por último, a estrutura cronolóxica do xogo e o feito de que se trate da mesma paisaxe en todas asépocas facilita unha aproximación á paisaxe desde unha perspectiva evolutiva e histórica. A partirda investigación de certos elementos, neste caso os residuos, pódense establecer ligazóns que nosexplican a estrutura e a dinámica da paisaxe.

INVE

STIG

A SÉCULO XXI

Materia orgánica Novas tecnoloxías Metais, vidros e cerámica Plásticos Combustibles fósiles Produtos químicos Materiais radioactivos

Page 48: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

48

Materias

- Coñecemento do medio natural. Ciencias experimentais.- Coñecemento do medio social e cultural. Ciencias sociais.- Historia.- Química.- Tecnoloxía.- Educación para a saúde.

Aplicación

A actividade é indicada para realizala individualmente ou en pequenos grupos, xa que, nun primeiromomento, se basea na agudeza visual e na dedución rápida na busca.

Sen embargo, cómpre ter presente que asimilar toda a información obtida sobre residuos econtaminación forma parte dun proceso de aprendizaxe máis amplo. Por iso o xogo é especialmenteútil para complementar programacións de aula.

Contidos

- As intervencións humanas na paisaxe e os cambios ambientais.- Os residuos urbanos, industriais e agropecuarios.- Natureza e efectos dos axentes contaminantes.- Relación entre contaminación ambiental e saúde.- A evolución científico-tecnolóxica e a conservación do medio.- Redución, recuperación e reciclaxe de residuos.

Page 49: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Obxectivos

- Concienciarse da progresiva capacidade do ser humano para modificar e transformar apaisaxe.

- Recoñecer e clasificar diferentes axentes contaminantes, a súa orixe e a súa incidencia noambiente.

- Analizar o grao de toxicidade e biodegradabilidade dos residuos.- Coñecer os efectos nocivos dos distintos residuos sobre a saúde das persoas.- Relacionar o progreso científico e tecnolóxico coa conservación do medio.- Sensibilizar sobre o consumo responsable e a reciclaxe.

49

Page 50: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

50

Orientacións didácticas

O xogo é un recurso ameno para conectar con moitas outras actividades, especialmente de educaciónambiental, e relacionar con proxectos de centro, co desenvolvemento da Axenda 21 escolar, o programaEscolas Verdes, etc.

Pode aplicarse como motivación inicial e como reforzos de contidos, se se formularon actividadesde aspecto localista, por exemplo:

- Investigar sobre cales e cantos residuos se xeran no propio centro, no fogar (nivel doméstico),no barrio ou na vila.

- Confrontar datos cos que poidan obter das administración locais.- Investigar que tipos de recollidas están en funcionamento e onde van parar os residuos.- Suxerir actuacións factibles nos ámbito escolar, familiar ou veciñal sobre a redución e reciclaxe

de residuos.- Visitar vertedoiros, granxas, plantas de reciclaxe, etc.- Realizar obradoiros sobre a reutilización de residuos e usos posteriores, por exemplo facer

compostaxe para o horto escolar.

É importante que, paralelamente, o alumnado tome conciencia da problemática dos residuos a unhamaior escala, promovendo actividades como:

- Achegar información da situación noutros lugares do mundo e noutras culturas para contrastaro volume e o tratamento dos residuos nos distintos modelos de sociedade.

- Recoller e analizar noticias de desastres ecolóxicos a diferente escala xeográfica.

Desde unha perspectiva máis disciplinaria, o xogo achega información relacionada co coñecementode materiais novos, de tecnoloxías limpas, e pode servir para promover as prácticas de químicaambiental no laboratorio.

Indirectamente, tamén é un recurso para a análise da evolución da paisaxe ao longo do tempo. Nosescenarios do xogo pódense recoñecer modificacións que se explican polas diferentes formas devida e modelos de ocupación territorial. Neste sentido, pódese propor ao alumnado que elaboreunha secuencia cronolóxica representando as distintas fisionomías dunha paisaxe real e próxima.

Page 51: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

51

Page 52: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia
Page 53: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia
Page 54: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

54 ACTÚA

Actúa é o xogo por excelencia, onde se sintetizan os coñecementos para conseguirplanificar unha paisaxe sostible. Comparar as múltiples posibilidades de creación depaisaxes sobre un mesmo territorio tendo en conta a súa dinámica permite formularsepreguntas e prever a evolución da paisaxe e as súas consecuencias.Planificar un territorio é un labor complexo e o prognóstico evidencia que cómpreter presentes as ligazóns de elementos e enerxías.

Page 55: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

55

As actuacións da especie humana modifican as paisaxes. É importante planificar axeitadamente asactividades antrópicas.

A poboación mundial aumenta progresivamente e os recursos naturais e o espazo planetario é omesmo. Temos que aprender a vivir dunha forma sostible.

Cómpre conseguir paisaxes sostibles, é dicir, paisaxes que se manteñan no tempo dunha formaestable, que non desperdicien recursos naturais nin antrópicos, que aforren enerxías e crezan conmoderación desde un equilibrio dinámico, para asegurar a calidade de vida ás futuras xeracións.

Actúa permite xogar a ser planificador sostible. En función da paisaxe que se vai creando modifícansecatro indicadores que orientan para conseguir unha paisaxe sostible.

Calidade de vida: expresa os servizos necesarios(sanitarios, educativos...) en función da cantidadede poboación.

Contaminación: está en función dos residuos xerados pola poboación, o tipo de industria e o tipode enerxía utilizada.

Biomasa: expresa a cantidade de materia viva. Necesítase unha cantidade determinada en funciónda poboación.

Recursos: expresa o balance económico das actividades antrópicas. A actividade económica proporcionaganancias e o resto (vivendas e servizos) ocasionan gastos.

Que é?

É un xogo de simulación para acercar ao alumnado ao campo da xestión e a planificación territorial.Sobre a maqueta virtual dunha paisaxe é posible ensaiar e valorar diferentes opcións. As actuaciónsdébense facer baixo criterios de sustentabilidade e calidade de vida. Uns indicadores van informandoda sustentabilidade da paisaxe que se vai creando e aparecen avisos de situacións críticas. Como apaisaxe é dinámica e evoluciona co tempo, cómpre prever futuras problemáticas e a súa solución.

Page 56: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Actúa promove a acción razoada baseada no coñecemento da realidade ambiental e nos valores dasustentabilidade.

Por medio da simulación faise patente a importancia do prognóstico e a prevención na xestión eplanificación da paisaxe.

O atractivo do xogo reside en tomar decisións, avaliar as consecuencias e, se for necesario, reconsideraras actuacións no territorio.

Os xogos de simulación como instrumento educativo

Xogos de simulación como Actúa ofrecen numerosas vantaxes como ferramenta educativa:- Permiten ao alumnado extraer principios xerais a partir das súas experiencias coa contorna.- Ofrecen ao alumnado a posibilidade de ser o protagonista da historia, de adoptar unha

actitude activa perante o que aprende e de involucrarse niso (está “creando” a súa propiapaisaxe). Esta actitude facilita enormemente a súa capacidade de retención.

- Reducen a tensión na aprendizaxe, xa que o alumnado pode equivocarse sen medo a que oseu erro teña consecuencias, nin a que sexa visto e xulgado por outros.

- Adáptanse á velocidade de aprendizaxe de cada alumno.- Permiten aos alumnos obter un feedback inmediato respecto ás súas accións e practicar

reiteradamente unha habilidade ata adquirila.- Teñen un elevado compoñente lúdico que “engancha” ao alumnado, de forma que está moito

máis receptivo e motivado.- Diríxense aos alumnos na linguaxe que mellor coñecen: a dos videoxogos.- Facilitan a comprensión de contornas complexas nos que se manexan moitas variables e

existe un compoñente evolutivo.

Para entender os simuladores, hai que estar familiarizado cos xogos de ordenador. Os videoxogos,aínda que non teñan unha finalidade didáctica, comparten técnicas e maneiras de actuar. Por isopara o alumnado son contornas familiares.

56

Page 57: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

57

A función do profesor neste terreo non é explicar ao alumnado a dinámica de xogo, senón guiar asúa experiencia interactiva para garantir que tire conclusións alén das súas actuacións no xogo.

Os mozos están afeitos a procesar información de forma non lineal, así como á linguaxe audiovisuale á interacción que lles proporcionan os videoxogos. Non teñen temor á hora de se enfrontaren aunha contorna tecnolóxica. Saben onde achar os elementos de axuda e só acudirán a eles se aexperiencia falla.

Trátase dunha xeración constantemente exposta a estímulos audiovisuais e, polo tanto, moito máisreceptiva ao contido audiovisual que ao textual.

Pero precisamente esta facilidade con que se aproximan a un xogo pode facer que reaccionenintuitivamente e saiban o que funciona e o que non sen ter que entenderen as regras que sustentano comportamento da simulación. Por iso, o xogo necesita que os profesores acheguen as basesteóricas previas e as reflexións posteriores que transformen o xogo nunha experiencia pedagóxica.

Os simuladores e xogos educativos ofrecen ao alumnado interactividade, complexidade e diversión.Pero, para que sexan efectivos como elemento educativo, teñen que combinarse co resto de recursos(textos, explicacións do profesor, traballos en grupo...).

O importante é que o profesor poida guiar a experiencia do alumno ofrecéndolle as bases teóricasque o xogo non proporciona, explicando o fundamento último das cousas e valorando o resultadodo xogo de cada alumno.

O mapa resultante das accións do xogador pode imprimirse. Así permítese que, nunha aula, oprofesor poida comparar os resultados de varios alumnos e comentar aspectos que poidan ter pasadoinadvertidos.

Page 58: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Como interactuar

É o apartado tecnoloxicamente máis complexo deste programa. Nel ofrécese ao usuario unhaferramenta de simulación da paisaxe, coa que se vai converter nun planificador e poderá ir vendo oresultado que as súas accións teñen sobre o territorio.

Un simulador trata de representar a realidade por medio de modelos matemáticos. Con isoconseguimos unha “realidade” na que as variables de interacción poden controlarse.

Actúa reacciona a todas as decisións do usuario e permítelle observar os efectos das súas intervencións,polo que cada decisión implica adquirir coñecemento sobre a sustentabilidade dunha paisaxe.

Os simuladores estanse incorporando ás contornas de formación cada vez con máis forza. Hai anosque se usan naqueles ámbitos nos que a experiencia real resulta perigosa ou extremadamente cara,pero actualmente crece a súa implantación noutros ámbitos.

Territorio (vista xeral) Territorio (área de traballo)

58

Page 59: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Dinámica de xogo

O xogo parte dun territorio fixo e dun catálogo de elementos(naturais e antrópicos), entre os que oxogador seleccionará os que considere adecuados para colocar sobre o territorio e crear a súa propiapaisaxe.

O obxectivo do xogo é conseguir que os índices de contaminación, calidade de vida, biomasa erecursos económicos sexan sostibles. Para iso, cómpre observar os diferentes indicadores quepresentan os elementos e prestar atención aos avisos que o propio xogo irá dando.

A dinámica do xogo parte do concepto de “ciclo” que representa o paso do tempo sobre o territorioe o momento en que os indicadores se axustan. Cada ciclo consta de dúas fases:

Construción: O momento no que o xogador coloca os elementos sobre o territorio. Nesta fase nonse producen cambios nos indicadores, de forma que o xogador poderá eliminar un elemento se searrepinte de telo colocado e non terá consecuencias sobre o xogo.

Resolución: É o usuario quen pasa á fase de resolución cando remata de colocar os elementos sobreo territorio. Ao pasar a esta fase, o simulador pon en marcha os seus algoritmos de cálculo, a partirdos indicadores de cada dun dos elementos que hai sobre o territorio e, en función diso, axusta osindicadores de calidade de vida, contaminación, biomasa e recursos e ademais dispara as alertassobre o territorio (avisa de que cómpre incorporar máis habitantes ou un determinado tipo deservizo).

Logo da fase de resolución, nalgúns casos (e só no terceiro nivel de dificultade) aparece unha fasede mantemento na que se mostra ao xogador a lista de elementos que necesitan ser reparados eofréceselle a posibilidade de facelo(co seu correspondente custe económico) ou deixalo para outromomento do xogo.

59

Page 60: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Elementos e indicadores

Os elementos da paisaxe están clasificados en diferentes grupos: actividade económica primaria,secundaria e terciaria, comunicacións, vivenda, parques e xardíns, servizos comunitarios, tratamentode residuos e vexetación natural.

Cada elemento ten uns valores que afectan aos resultados do xogo. Os valores móstranse na fichaque aparece ao pasar o rato sobre o elemento.

Cando facemos clic sobre un grupo de elementos (por exemplo, actividade económica primaria)desprégase a lista de elementos do grupo. Cando pasamos o rato por riba de cada elemento,desprégase, á esquerda, unha ficha con todos os seus valores.60

0 1 100 30

0 0 0 0

Viña

Cultivo de secaño da plantaarbustiva que dá uva.

menú de elementos

Actividade económica primaria

Actividade económica secundaria

Actividade económica terciaria

Comunicacións

Vivenda

Parques e xardíns

Servizos comunitarios

Tratamento de residuos

Vexetación natural

menú de elementos

Actividade económica primariaCampo de secaño

Oliveiras

Limoeiros

Rabaño de ovellas nun curral

Campo de regadío

Prado de pasto

Viña

Horta

Almacén rural

Page 61: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Número de habitantes sobre o territorio: os habitantes incorpóranse ao territorio ao colocar vivendas.Cada vivenda ten unha cantidade distinta de habitantes en función do seu tamaño. É fundamentalmanter a proporción entre a cantidade de habitantes e os elementos que xeran actividade económica.Sen embargo, será o propio xogo o que xere alertas cando a cantidade de habitantes sexa insuficiente.

O xogo está formulado para crear poboacións duns 15.000 habitantes. Como se traballa conrepresentacións iconográficas da realidade e o territorio é limitado, multiplícase por 10 o númerode habitantes de cada vivenda; así, por exemplo, cando se incorpora unha casa de 10 habitantes, enrealidade incorpórase unha poboación de 100.

Unidades de enerxía: algúns elementos requiren enerxía para funcionar, como a actividade económicaterciaria e os elementos de tratamento de residuos. Iso obriga a que cada vez que se instalen esteselementos, se incorporen tamén elementos xeradores de enerxía.

Cómpre termos en conta que se o indicador de enerxía está en negativo, significa que algún elementodos que se colocaron non ten enerxía suficiente para funcionar. Por exemplo, unha industria senenerxía non xera recursos económicos e unha planta de reciclaxe sen enerxía non reduce acontaminación.

61

Número de habitantes Unidades de enerxía Mantemento Custe de construción

Page 62: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Custe de construción: indica a cantidade de recursos que se restarán cando se incorpore o elementoao territorio. Este indicador non é o mesmo que aparece no recadro laranxa (cantidade de recursosque xera o elemento). Os custes de construción prodúcense unha soa vez (colocar unha industriametalúrxica resta 7.500 recursos) mentres que os recursos que xera o elemento prodúcense en cadaciclo de xogo(cada vez que cambiemos de ciclo, a industria metalúrxica xerará 2.500 recursos).

Mantemento: indica cada cantos ciclos de xogo aparecerá unha factura de mantemento, para queos elementos sigan a funcionar de forma óptima. O xogador decide se quer facer o mantemento dasinstalacións ou ben se prefire deixar que se degraden.

Se se realiza o mantemento, rescataranse recursos económicos pero se se deixa que as instalaciónsse degraden, producirán menos (se son industrias ou comercios) ou gastarán máis (se son servizos,comunicacións ou parques).

Tamén se dan os valores dos indicadores de sustentabilidade.

62

Indicadores de calidade de vida, contaminación,

biomasa e recursos, nun momento da partida.

Calidade de vida

Contaminación

Biomasa

41995Recursos

Page 63: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Calidade de vida: esta cifra é o indicador máis complexo. Obtense a partir da suma da calidade devida que dan os elementos colocados sobre o territorio e os resultados da contaminación e a biomasa.Os elementos que achegan calidade de vida son os parques e xardíns, a vivenda, as comunicacións,a actividade económica terciaria, algúns elementos de tratamento de residuos e moi especialmenteos servizos.

O único tipo de vivenda que resta calidade de vida é o bloque de vivendas. É así pola grande cantidadede habitantes que incorpora de golpe ao territorio e que desequilibra a proporción entre habitantese servizos.

Para manter unha boa calidade de vida, é importante ter unha baixa contaminación, unha boaproporción de biomasa por habitante e os servizos e comunicacións necesarios para a cantidade depoboación do territorio.

Contaminación: o principal elemento contaminante é a actividade económica secundaria, pero taménproducen contaminación algunhas comunicacións, algunhas vivendas e algúns servizos.

Ata que se desenvolva a industria, a contaminación pode manterse baixa cunha boa cantidade debiomasa; pero unha vez que se incorporen industrias, é esencial recorrer a elementos de tratamentode residuos para descontaminar o ambiente.

63

Page 64: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

É importante saber que no xogo, como na vida real, a contaminación é progresiva e acumulativa.Non é o resultado do que contaminan os elementos que hai sobre o territorio nun momentodado(como no caso da calidade de vida ou a biomasa), senón que se vai acumulando ao longo dosciclos. Isto quer dicir que, se se descoida o medio, cando se queira pór remedio tardarase variosciclos en recuperalo.

Biomasa: informa da cantidade de elementos de vexetación natural, parques e xardíns, fauna eactividade económica primaria que hai no territorio. Os cálculos de biomasa fanse de formaproporcional ao número de habitantes. A máis habitantes, máis biomasa será necesaria para queo territorio sexa sostible.

Recursos: cada elemento achega ou resta recursos ao territorio. As actividades económicas primaria,secundaria e terciaria son as que xeran os recursos para o territorio. O resto de elementos consúmenos(especialmente os servizos). Se non se xeran os suficientes recursos, o territorio non será sostible.

Lograr que o territorio sexa sostible economicamente e ademais teña uns bos indicadores de calidadede vida e contaminación é a dificultade do xogo. Hai que ter en conta que os elementos que xeranmáis recursos son os que pertencen ao grupo de actividade económica secundaria. Pero esteselementos necesitan enerxía para funcionar e elementos de tratamento de residuos para non

contaminar. Polo tanto, para colocalos hai que ter presentes todos os gastos asociados.

64

Page 65: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

65

Da mesma forma, os servizos achegan moita calidade de vida, pero tamén consumen moitos recursos.E as vivendas que contaminan menos e achegan máis calidade de vida soen ser as que consumenmáis recursos.

Tendo en conta todo isto, é importante que o xogador faga evolucionar o territorio pouco a pouco,partindo dunha contorna máis rural e incorporando poboación, industrias e servizos progresivamentee controlando os indicadores.

Ata aquí presentamos todos os factores que inflúen nos resultados do xogo. Listados sobre o papelson moitos e con numerosas formas de interactuar e pode parecer complexo lograr uns bos resultados.Pero non hai que esquecer que a interface está deseñada para guiar ao usuario en todo momentoe facilitarlle a comprensión de todos estes elementos ao longo dunha partida.

Page 66: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Niveis de dificultade

Este xogo de simulación deseñouse para que poidan xogar tanto alumnos de primaria como desecundaria, así como calquera usuario interesado na planificación dunha paisaxe. Por iso programáronsetres niveis de dificultade moi diferenciados.

Hai un primeiro nivel que podemos cualificar de “demo” que serve como introdución ao xogo. Nestenivel simplifícase o xogo eliminando os seguintes elementos:

- Enerxía.- Mantemento.

Ademais, non se ten en conta o consumo de recursos á hora de colocar os elementos sobre oterritorio.

Para rematar de facilitar o xogo, o nivel 1 non contempla os ciclos. Todo se produce nunha únicaxogada na que o usuario planifica o seu territorio completo.

Con iso, pretendemos tamén ofrecer unha versión rápida do xogo, que permita aos profesoresformular a actividade nunha clase de 50 minutos.

No nivel 1, o alumnado pode crear a súa propia paisaxe nuns 20 minutos (non é necesario que enchatodo o territorio). Para iso, conta cunha versión reducida do catálogo de elementos e poderá incorporartodos os elementos que considere necesario, sen se preocupar polo seu custe económico.

Unha vez planificado o territorio, pode premer o botón de resolución e obterá un informe detalladocos resultados da súa paisaxe. Este informe foi programado para que sirva de guía orientativa sobrecomo xogar nos seguintes niveis.

Con este informe e coa función de imprimir territorio que incorpora o xogo, o profesor poderácomentar en clase os resultados dos alumnos e orientalos sobre como lograr unha paisaxe sostible.

66

Page 67: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Cómpre ter en conta que o xogo non entra nalgúns aspectos como a contaminación visual ou adistribución dos elementos sobre o plano (por exemplo, se se colocan vivendas ao lado dun vertedoiroou os bloques de vivendas en primeira liña de praia) e o profesor pode comentalos a partir daimpresión de paisaxes que mostren os alumnos.

No nivel 2, incorpórase o concepto de ciclo e os elementos consumen recursos económicos. Peronon contemplamos o consumo de enerxía e o mantemento, para facer máis sinxelo o xogo.

O nivel 3 é o máis complicado porque é o que posúe todos os elementos que describimos antes e,polo tanto, implica maior dificultade para manter sostibles os valores de todos os elementos.

Neste nivel tamén se pode gardar partida e está formulado para que un mesmo territorio poidaproporcionar moitas horas de xogo. Hai que ter en conta que, aínda que o mapa é ilimitado, haielementos que polo seu custe non se poden colocar ata ter unha cifra elevada de recursos. Nestepunto, o xogador pode derrubar elementos colocados anteriormente e colocar outros máis eficientes.

Por exemplo, para dar enerxía ao territorio, o xogador irá colocando elementos como o muíño devento ou o distribuidor de enerxía. Conforme evolucione a paisaxe, terá que colocar máis ata unpunto no que, se ten suficientes recursos, poderá colocar unha central fotovoltaica e eliminar osdemais elementos de enerxía, gañando espazo para o seu territorio. Desta forma, a duración do xogoé case ilimitada e permitirá ao usuario ir perfeccionado a súa paisaxe.

67

Page 68: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Materias

- Coñecemento do medio natural. Ciencias experimentais.- Coñecemento do medio social e cultural. Ciencias sociais.- Tecnoloxía.- Educación visual e plástica.

Aplicación

Pódese xogar individualmente pero é recomendable organizar equipos de planificadores e avanzarsen precipitación. Non é un xogo no que “gaña” o equipo máis rápido senón o máis reflexivo e oque puido achegar máis información antes de tomar a decisión. Ten tres graos de dificultade.

Como non hai un único resultado positivo é moi importante contrastar as diferentes planificaciónsrealizadas e valoralas conxuntamente. A duración, se é necesario, pódese fragmentar en diferentessesións de traballo.

Contidos

- Apreciación e valoración como recursos naturais dos elementos que conforman a estruturaxeoecolóxica da paisaxe (relevo, litoloxía, clima, vexetación...).

- Categorización dos elementos que conforman a estrutura socioeconómica da paisaxe(actividades económicas, servizos comunitarios, infraestruturas, vivendas...).

- Incidencia das ligazóns entre estrutura xeoecolóxica e socioeconómica, con relación ás formasde ocupación do territorio.

- Valoración da dimensión espacial e temporal das actividades humanas na transformaciónda paisaxe.

- Recoñecemento e valoración de impactos antrópicos na paisaxe (contaminación visual,contaminación atmosférica, esgotamento de recursos naturais...).

- Consideración do progreso tecnolóxico para a mellora da calidade de vida nas sociedadeshumanas e na protección do medio natural.

68

Page 69: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

69

Obxectivos

- Entender a importancia e complexidade da xestión e planificación da paisaxe.- Distinguir as interconexións que interveñen nos procesos de ocupación do territorio.- Prognosticar e detectar a evolución das paisaxes humanizadas a diferentes escalas temporais

e espaciais.- Fomentar a formulación de preguntas, problemas e suposicións sobre distintos tipos de

intervencións na paisaxe.- Utilizar diferentes tipos de representacións espaciais para a lectura, a interpretación e a

localización de actividades humanas e de condicións ambientais.- Potenciar as respostas persoais realistas e creativas fronte a problemáticas da planificación

territorial.

Page 70: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Orientacións didácticas

É importante formular esta actividade de aprendizaxe cando o alumno teña coñecementos básicossobre elementos, interrelacións, enerxías e dinámica da paisaxe.

Cómpre considerar o nivel do alumnado no referido á integración de conceptos e valores relacionadoscoa sustentabilidade, como tamén a capacidade de entender a lexitimidade e os límites da acciónhumana na ocupación territorial.

O alumnado ten que entender que a virtualidade do xogo é un recurso para acercarnos á complexidadeda planificación e que na paisaxe non é tan fácil “ facer” e “desfacer”.

Por iso recoméndase traballar tamén o tema da xestión e da planificación da paisaxe, a partir desituacións reais. Por exemplo:

- Buscar imaxes antigas de paisaxes coñecidas e analizar os cambios que se observan naactualidade.

- Describir intervencións recentes en paisaxes próximas e posteriormente valorar os resultadosno ámbito estético e no funcional.

- Recoller e comentar noticias de actualidade sobre intervencións na paisaxe que xerencontroversia e conflitos.

- Coñecer, mediante enquisas e entrevistas, a opinión da poboación sobre a propia contorna(valoración paisaxística e da calidade de vida).

- Elaborar propostas de mellora da paisaxe local, considerando a súa viabilidade e a súarendibilidade social, cultural e económica.

- A proposta pódese completar cun traballo de plástica e tecnoloxía elaborando unha maquetaa escala dun territorio ficticio ou real, na que se poidan tocar e manipular os distintoselementos da paisaxe.

70

Page 71: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

71

Page 72: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia
Page 73: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia
Page 74: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

74 EXPLORA

Explora é a guía para descubrir e investigar a paisaxe real aplicando as técnicas deanálise, diagnóstico, prognóstico e prevención que se practicaron nas propostasvirtuais do CD.Descubrir realmente, con todos os sentidos, as paisaxes próximas e distantes é oobxectivo final da proposta.

Page 75: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

75

Un explorador é quen recoñece, examina e rexistra datos dun lugar para coñecer ben a súa natureza.

Coñecer a paisaxe require o contacto directo coa realidade, que é a propia paisaxe, ben sexa natural,rural ou urbana. Explorala permitirá analizar os elementos que a configuran e descubrir as enerxíasque a manteñen e que a fan funcionar.

Se queremos estudar a paisaxe cientificamente, deberemos aplicar o método científico, o que supónsempre formular o problema, formular as hipóteses, comprobalas e tirar conclusións. Para comprobaras hipóteses cómpre facer traballo de campo e de laboratorio. Nesta fase hai que planificar a análiseexperimental, deseñar as probas, obter datos e clasificalos, analizalos e avalialos para, finalmente,interpretalos e tirar as conclusións.

Explora axuda a planificar o itinerario, preparar o material necesario, deseñar o traballo de campo etomar datos. A información sempre vai presentada desde unha óptica global da paisaxe como sistema,e faise unha especial énfase nas ligazóns ente elementos e enerxías, aínda que se dan opcións paraorientar a saída a intereses concretos.

Textos actividades de Explora, extraídos do caderno de campo das mochilas ambientais. Cristina Ortiz Castillo

Que é?

É unha guía virtual para a organización de saídas reais de chaira, media montaña e alta montaña.Proporciona información do tipo de paisaxe, instrucións para preparar diferentes itinerarios e omaterial que é necesario segundo cando, como, con quen e para que se quere facer a saída. Explicacomo facer os propios instrumentos e como elaborar un caderno de campo mediante modelos defichas e actividades.

Explora fomenta o contacto directo coa contorna. Facilita as aprendizaxes na paisaxe real e a aplicaciónde todas as fases metodolóxicas mencionadas.

O uso dos sentidos, a observación directa e o traballo de campo fan posible a lectura e interpretaciónda realidade global e complexa da paisaxe.

Adquirir máis coñecementos aumenta as posibilidades de gozar da paisaxe e valorala.

Page 76: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

76

Como interactuar

No caso de Explora enfrontámonos a un volume de coñecemento moi amplo e ramificado ao quese pode acceder con distintos obxectivos. Hai que abordalo, pois, desde unha perspectiva non linealpara obter o maior partido da súa riqueza. Así, para poder sistematizar o coñecemento dos expertose ofrecelo ao usuario dunha forma amigable e flexible, recorreuse á programación dun sistemaexperto.

Este tipo de sistemas organiza o coñecemento e sistematízao nunha base de datos que permiterecuperar a información de distintas formas de xeito que partindo dunha grande cantidade deinformación, cada usuario reciba só a que lle resulta pertinente.

Alén de ofrecer unha guía personalizada para cada exploración da paisaxe, a aplicación ofrece unhagrande cantidade de información que pode ter interese pedagóxico independentemente de que serealice unha saída ou non. Preséntanse actividades de observación de fauna e flora, táboas einformación adicional para comprender a contorna (cartas de nubes, de cores do chan, escala deMohs, etc..) e guías para construír instrumentos de observación, medición, recollida de mostras ourexistro de datos.

Page 77: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

ww

w.e

duca

lia.o

rg EX

PLOR

A EL

PAI

SAJE

• Decidir quin recorregut es vol fer i determinar el punt de sortida i el d’arribada.

• Aconseguir un plànol o mapa de la zona el més detallat i actualitza

t possible. Per

això adreçar-se al cartogràfic d

e la comunitat o al ING (In

stituto Nacional de

Cartografía) o a llibreries especialitza

des en viatges i excursio

nisme.

• Marcar el recorregut sobre el mapa i m

illor ampliar-lo mantenint l’escala gràfica

per poder calcular les distà

ncies sobre el mapa.

• Calcular la distància que es pot recòrrer tenint en compte la dificultat del terreny

(bàsicament el grau de desnivell). P

rocurar anar sempre per ca

mins senyalitza

ts

(hi ha guíes de camins (GR) per re

còrrer a peu).

• Organitzar l’it

inerari alternant els ascensos i descensos se

mpre i quan sigui

possible i se

gons la mitjana de marxa calcular quina

distància es pot re

còrrer.

• Tenir en compte les hores de llum al dia de que es disposa i deixar sempre un

parell d’hores de marge per no arribar a les fosques al punt d’arribada i no tenir

que forçar la marxa.

• És convenient procurar arribar als punts q

ue són miradors del paisatge al migdia

quan hi ha bona llum i així a més l’ascens es fa

al matí.

Características generales del paisaje de alta montaña en

primavera

EXPL

ORA

A PA

ISAX

E

• Decidir quin recorregut es vol fer i determinar el punt de sortida i el d’arribada.

• Aconseguir un plànol o mapa de la zona el més detallat i actualitza

t possible. Per

això adreçar-se al cartogràfic d

e la comunitat o al ING (In

stituto Nacional de

Cartografía) o a llibreries especialitza

des en viatges i excursio

nisme.

• Marcar el recorregut sobre el mapa i m

illor ampliar-lo mantenint l’escala gràfica

per poder calcular les distà

ncies sobre el mapa.

• Calcular la distància que es pot recòrrer tenint en compte la dificultat del terreny

(bàsicament el grau de desnivell). P

rocurar anar sempre per ca

mins senyalitza

ts

(hi ha guíes de camins (GR) per re

còrrer a peu).

• Organitzar l’it

inerari alternant els ascensos i descensos se

mpre i quan sigui

possible i se

gons la mitjana de marxa calcular quina

distància es pot re

còrrer.

• Tenir en compte les hores de llum al dia de que es disposa i deixar sempre un

parell d’hores de marge per no arribar a les fosques al punt d’arribada i no tenir

que forçar la marxa.

• És convenient procurar arribar als punts q

ue són miradors del paisatge al migdia

quan hi ha bona llum i així a més l’ascens es fa

al matí.

Características generales del paisaje de alta montaña en

primavera

77

Dispondo de toda esta información, o usuario pode seleccionar que aspectos lle interesan máis exerar un arquivo PDF* absolutamente personalizado para gardalo no seu ordenador ou imprimilo.

En todo o CD coidáronse os aspectos de impresión, pero especialmente nesta parte, porque presentaun volume importante de contido e porque este contido debe estar dispoñible para o usuario nacontorna real. A elección do formato PDF fíxose porque é un estándar de impresión que nos permitecontrolar a presentación da impresión de forma moito máis certeira ca o HTML.

EXPL

ORA

A PA

ISAX

E

• Decidir quin recorregut es vol fer i determinar el punt de sortida i el d’arribada.

• Aconseguir un plànol o mapa de la zona el més detallat i actualitzat possible. Per

això adreçar-se al cartogràfic de la comunitat o al ING (Instituto Nacional de

Cartografía) o a llibreries especialitzades en viatges i excursionisme.

• Marcar el recorregut sobre el mapa i millor ampliar-lo mantenint l’escala gràfica

per poder calcular les distàncies sobre el mapa.

• Calcular la distància que es pot recòrrer tenint en compte la dificultat del terreny

(bàsicament el grau de desnivell). Procurar anar sempre per camins senyalitzats

(hi ha guíes de camins (GR) per recòrrer a peu).

• Organitzar l’itinerari alternant els ascensos i descensos sempre i quan sigui

possible i segons la mitjana de marxa calcular quina

distància es pot recòrrer.

• Tenir en compte les hores de llum al dia de que es disposa i deixar sempre un

parell d’hores de marge per no arribar a les fosques al punt d’arribada i no tenir

que forçar la marxa.

• És convenient procurar arribar als punts que són miradors del paisatge al migdia

quan hi ha bona llum i així a més l’ascens es fa al matí.

Características generales del paisaje de alta montaña en

primavera

*PDF son as siglas do inglés Portable Document Format(Formato de Documento Portátil). É unha forma degardar documentos (tanto texto coma imaxes)desenvolvida pola empresa Adobe Systems e que seconverteu nun estándar mundial para a distribución eintercambio seguros e fiables de documentos electrónicos.Unha das súas principais vantaxes é que se trata dunformato multiplataforma: pódese ver desde os principaissistemas operativos (Windows. Linux ou Mac) sen quese modifique o seu aspecto ou estrutura orixinal. Paraler un documento PDF é necesario ter instalado osoftware Adobe Reader® que distribúe a empresaAdobe Systems de forma gratuíta.

Explora a alta montaña en primaveira, unhamañá ou unha tarde, a pé, cun grupo deamigos, para observar a paisaxe

Page 78: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Materias

- Coñecemento do medio natural. Ciencias experimentais.- Coñecemento do medio social e cultural. Ciencias sociais.- Educación física.- Tecnoloxía.- Lingua.- Educación visual e plástica.

Aplicación

As posibilidades de aplicación son tan amplas como queira propor o profesorado xa que se podenaplicar en saídas curtas a lugares próximos ou ser o eixo vertebrador de actividades nunhas colonias,viaxes de estudos ou intercambios escolares. Para facer máis viable e rendibilizar pedagoxicamentea proposta recoméndase, especialmente en secundaria, a implicación de diferentes especialistas.Tamén é importante valorar e equilibrar a planificación de tarefas a nivel individual, en equipo oude toda a clase.

Contidos

- Vivencia, experiencia e percepción do medio: lectura e interpretación de paisaxes naturais epaisaxes humanizadas.

- Observación directa das características e da diversidade de elementos, materiais, fenómenose procesos na paisaxe real.

- Manexo de planos, mapas e ferramentas para a orientación no espazo e o uso da súarepresentación gráfica.

- Obtención e sistematización de datos. Utilización de instrumentos específicos e uso deunidades de medida e magnitude.

- A expresión escrita e gráfico-plástica como medios de comunicación.- Elaboración de textos de tipoloxía diversa relacionados con imaxes de diferentes estilos.- Actividade física: control tensión-relaxación, aplicación do ritmo e a maneira de respirar,

adecuación postural en repouso e en movemento, sincronización de movementos.

78

Page 79: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Obxectivos

- Explorar e descubrir a paisaxe, activando o uso dos sentidos no contacto directo coa contorna.- Potenciar a observación directa e a necesidade de establecer secuencias ordenadas e lóxicas

na lectura e interpretación da paisaxe.- Valorar a utilidade do instrumental científico no traballo de campo, favorecendo a correcta

manipulación e facilitando a construción de instrumentos sinxelos.- Promover a obtención e o tratamento de datos significativos sobre a análise e o diagnóstico

da paisaxe.- Estimular a transmisión coherente de vivencias e aprendizaxes, facendo uso de diversas

estratexias comunicativas.- Promover a práctica de actividades físicas ao aire libre e o desenvolvemento de hábitos

saudables.- Gozar e respectar a contorna, identificando os valores que determinan a calidade de cada

paisaxe.

79

Page 80: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Orientacións didácticas

O contacto directo coa contorna é determinante para integrar coherentemente o coñecemento dapaisaxe. A guía contén unha proposta consecuente co resto de bloques do CD situando a acción napaisaxe real.

As actividades de aprendizaxe, vinculadas á análise, diagnóstico e prognóstico da paisaxe, baséanseespecialmente na observación directa e o traballo de campo.

Como as opcións son múltiples, recoméndase escoller unha secuencia lóxica de actividades paraplanificar o estudo in situ da paisaxe , prevendo o tempo de preparación na aula, os lugares e aduración das actividades durante a saída, e sobre todo, a organización do traballo posterior: tratamentode datos e comunicación de resultados.

Se a saída se prepara coordinadamente entre diferentes especialistas, faise máis factible e completaa proposta, xa que moitas das actividades se poden ampliar en paralelo dentro das diferentesprogramacións. Por exemplo, pódese formular:

- Lectura de libros de viaxes de distintas épocas.- Busca de reportaxes sobre outras paisaxes e localización xeográfica.- Práctica e recoñecemento do valor artístico e científico do debuxo naturalista.- Recreación artística de ambientes percibidos: texturas, sons, olores, cores....- Reprodución gráfica e a escala de rotas e itinerarios (proporcións e simboloxías).- Coñecer a evolución histórica, o mecanismo e as aplicacións de instrumentos científicos.- Práctica de diferentes deportes e actividades de lecer na natureza.

80

Page 81: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

81

Page 82: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

82 Tes dúas opcións para acceder ao programa Paisaxe:

1. Desde o CD Paisaxe (Opción indicada para traballar nun só computador) Introduza o CDno seu computador. O programa Paisaxe executarase automaticamente. Se non fose así accedaá unidade CD e faga dobre clic sobre o arquivo Paisaxe.html. Ao iniciarse o programa é posíbelque o seu navegador envíe a seguinte pregunta: “Está seguro de que desexa permitir que os CDexecuten contido activo no equipo?”. Neste caso conteste “Si”.

2. Desde o computador (Opción indicada para traballar con varios computadores). Se desexatraballar co programa desde o seu disco duro, en primeiro lugar cree unha carpeta no discoduro do computador co nome do programa Paisaxe. A continuación, acceda á unidade CD,copie todo o contido do CD e pégueo no seu disco duro. Tardará uns minutos. Cando terminede gardarse, pode retirar o CD. Para iniciar o programa, acceda ó arquivo Paisaxe.html, inseridona carpeta creada co nome do programa. Pode xerar un acceso directo no escritorio do arquivoPaisaxe.html para facilitar o acceso ao programa.

Gardar as partidas do xogo ActúaO xogo Actúa permite gardar as partidas iniciadas e recuperalas en calquera momento no mesmopunto onde as deixaches na última sesión. As partidas de Actúa gárdanse no disco duro do computadorque use.

RECOMENDACIÓNS DE USO

Page 83: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

83

• A primeira vez que gardas a partida, o xogo solicítache introducir un nome de partida. Utilizanomes sinxelos de lembrar, só letras ou números. O programa distingue entre minúsculas emaiúsculas e non acepta caracteres especiais.Atención: No mesmo computador non se poderán gardar diferentes partidas co mesmo nome.

• Para recuperar unha partida sempre debes acceder ao programa desde o mesmo computadoronde a gardaches.

Versión Demo de ActúaCando accede á Versión Demo de Actúa, o seu navegador tamén podería avisalo de que a aplicaciónintentou conectarse a Internet. Escolla “Configuración” e seleccione na pantalla que se abre a opción“Permitir sempre”. A continuación peche o xogo e volva abrilo.

Requisitos mínimosComputador dotado de lector de CD-ROMSistema operativo Windows ou LinuxNavegadores permitidos: Internet Explorer 7 ou Firefox 1.5 (e versións superiores)Plug-in de Macromedia Flash 8 instaladoAcrobat Reader instalado (só para o apartado Explora)

Page 84: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia
Page 85: PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

paisaxeUn programa medioambientalda Obra Social “la Caixa”

Requisitos mínimos recomendados:Procesador Pentium III a 500 MHz ou equivalenteResolución mínima de pantalla 800x600128 MB de RAMMacromedia Flash Player 7

PAISAXE