QdudcdrHBHÓmcdoddmBH@ ApS en perspectiva filosófica · O Grupo de Mozos Solidarios do Instituto,...

7
Contexto do centro, nivel educativo e perfil do alumnado: Data de realización: Persoa de contacto: Datos de contacto: Novembro de 2017 a maio de 2018. Amparo Muñoz. Centro educativo e lugar: IES Vicent Andrés Estellés de Burjassot, Valencia. Experiencias profesorado O Instituto de Educación Secundaria Vicent Andrés Estellés é un centro educativo público, localizado na cidade de Burjassot, situado xunto a un barrio de acción preferente, coñecido como «as 613 vivendas». Ao Instituto acode alumnado de distintos barrios e pobos próximos, nos que o perfil económico das familias é maioritariamente de clase media e media-baixa. A experiencia realizouse con alumnado voluntario de 1 o de Bacharelato, con 25 alumnos/as dun total de 61, aínda que todo o alumnado partici- pou na reflexión xeral arredor da educación transformadora. O perfil do alumnado de 1 o de Bacharelato é academicamente diverso, sen diferen- zas significativas cos centros da cidade. A acción de Aprendizaxe-Servizo (ApS) desenvolveuse no colexio público Fernando de los Ríos de Burjassot, situado no corazón do barrio das 613 vi- vendas. O alumnado de primaria do colexio Fernando de los Ríos procede de familias do barrio de acción preferente, de clase social baixa, con diversidade social e cultural (presenza significativa de poboación xitana e inmigrante). [email protected] ApS en perspectiva filosófica outra educación é posible? Por unha educación transformadora

Transcript of QdudcdrHBHÓmcdoddmBH@ ApS en perspectiva filosófica · O Grupo de Mozos Solidarios do Instituto,...

Page 1: QdudcdrHBHÓmcdoddmBH@ ApS en perspectiva filosófica · O Grupo de Mozos Solidarios do Instituto, que pertence á Rede solidaria de Entreculturas e que desde o curso 2013-2014 colabora

Experiencias profesorado

ApS en perspectiva filosófica: ¿Outra educación é posible? Por unha educación transformadora

B r e v e d e s c r i c i ó n d a e x p e r i e n c i a

Contexto do centro, nivel educativo e perfil do alumnado:

Data de realización:

Persoa de contacto:

Datos de contacto:

Novembro de 2017 a maio de 2018.

Amparo Muñoz.

Centro educativo e lugar:

IES Vicent Andrés Estellés de Burjassot, Valencia.

Experiencias profesorado

O Instituto de Educación Secundaria Vicent Andrés Estellés é un centro educativo público, localizado na cidade de Burjassot, situado xunto a un barrio de acción preferente, coñecido como «as 613 vivendas».

Ao Instituto acode alumnado de distintos barrios e pobos próximos, nos que o perfil económico das familias é maioritariamente de clase media e media-baixa.

A experiencia realizouse con alumnado voluntario de 1o de Bacharelato, con 25 alumnos/as dun total de 61, aínda que todo o alumnado partici-pou na reflexión xeral arredor da educación transformadora. O perfil do alumnado de 1o de Bacharelato é academicamente diverso, sen diferen-zas significativas cos centros da cidade.

A acción de Aprendizaxe-Servizo (ApS) desenvolveuse no colexio público Fernando de los Ríos de Burjassot, situado no corazón do barrio das 613 vi-vendas. O alumnado de primaria do colexio Fernando de los Ríos procede de familias do barrio de acción preferente, de clase social baixa, con diversidade social e cultural (presenza significativa de poboación xitana e inmigrante).

[email protected]

ApS en perspectiva filosófica outra educación é posible? Por unha educación transformadora

Page 2: QdudcdrHBHÓmcdoddmBH@ ApS en perspectiva filosófica · O Grupo de Mozos Solidarios do Instituto, que pertence á Rede solidaria de Entreculturas e que desde o curso 2013-2014 colabora

Experiencias profesorado

ApS en perspectiva filosófica: ¿Outra educación é posible? Por unha educación transformadora

B r e v e d e s c r i c i ó n d a e x p e r i e n c i a

A orixe da iniciativa xurde do colexio Fernando de los Ríos, situado no corazón do barrio das 613 vivendas, que buscaba mozos voluntarios para poder levar a cabo unhas actividades do seu proxecto Comunidades de Aprendizaxe.

O Instituto Vicent Andrés Estellés, próximo ao devandito centro, asumiu o reto de que mozos de 1º de Bacharelato do Instituto participasen neste proxecto, que se acabou concretando en: obradoiros de inglés, obradoiros de biblioteca titorizada para matemáticas, valenciano e castelán, e outro obradoiro de técnicas de estudo, para alumnado de primaria.

Este proxecto de Aprendizaxe-Servizo tivo os seguintes obxectivos:

1. Analizar o noso modelo educativo e pensar se outra educación é posible.

2. Debater sobre o modelo de educación transformadora.3. Coñecer que é a ApS e que é o proxecto Comunidades de

Aprendizaxe.4. Mostrar que ApS pode ser útil para a filosofía, para fomentar a

capacidade de pensar, reflexionando sobre a experiencia vivida.5. Coñecer como o proxecto Comunidades de Aprendizaxe pretende

mellorar o nivel académico do alumnado e transformar o contexto social.

6. Transferir e utilizar os coñecementos do alumnado de 1o de Bacharelato para mellorar o nivel académico do alumnado de Primaria do colexio Fernando de los Ríos en inglés, matemáticas, valenciano, castelán e técnicas de estudo.

7. Mellorar diversas competencias e habilidades do alumnado de Bacharelato e de Primaria: matemáticas, lingüísticas, sociais e cidadás etc.

8. Educar o sentido da xustiza e da gratuidade do alumnado participante a través dunha experiencia que require un compromiso.

En que consistiu?

Que me propuña?

Page 3: QdudcdrHBHÓmcdoddmBH@ ApS en perspectiva filosófica · O Grupo de Mozos Solidarios do Instituto, que pertence á Rede solidaria de Entreculturas e que desde o curso 2013-2014 colabora

Experiencias profesorado

ApS en perspectiva filosófica: ¿Outra educación é posible? Por unha educación transformadora

B r e v e d e s c r i c i ó n d a e x p e r i e n c i a

9. Lograr os 7 motivos que animan a utilizar a ApS:– Produce humanidade.– Forma cidadáns.– Educa en valores.– Dá sentido ao coñecemento.– Sensibiliza sobre temas relevantes (DD.HH.).– Impulsa o desenvolvemento persoal.– Mellora os centros educativos, as entidades e a comunidade.

As actividades levadas a cabo desenvolvéronse consonte á seguinte secuencia:

Primeiro, motivouse o alumnado co obxectivo de que detectasen unha necesidade e respondesen a ela. A necesidade, como xa mencionamos, era que o colexio Fernando de los Ríos buscaba mozos voluntarios para poder levar a cabo unhas actividades do seu proxecto Comunidades de Aprendizaxe.

Despois organizouse unha palestra impartida pola directora e a xefa de estudos do colexio Fernando de los Ríos; nela contaron ao alumnado do instituto como estaban a desenvolver no seu centro o proxecto Comunidades de Aprendizaxe e que axuda necesitaban.

Acto seguido comezou a investigación. Pediuse aos 25 estudantes voluntarios que investigasen de forma cooperativa e que, ao longo do curso, fosen profundando nas características dun proxecto de ApS. A todo o alumnado de 1º de Bacharelato se lle pediu que pensase se a educación que recibira era transformadora ou non, e que características cría que debería ter unha educación transformadora.

Posteriormente, organizouse un debate sobre educación transformadora no que participaron todos os estudantes e, a continuación, pediuse ao alumnado unha disertación sobre este tema.

Que fixen e como o fixen?

Page 4: QdudcdrHBHÓmcdoddmBH@ ApS en perspectiva filosófica · O Grupo de Mozos Solidarios do Instituto, que pertence á Rede solidaria de Entreculturas e que desde o curso 2013-2014 colabora

Experiencias profesorado

ApS en perspectiva filosófica: ¿Outra educación é posible? Por unha educación transformadora

B r e v e d e s c r i c i ó n d a e x p e r i e n c i a

Despois comezou a acción ou servizo: os 25 estudantes voluntarios dividíronse en dous grupos. O primeiro desenvolveu a súa acción de novembro a xaneiro e o segundo de febreiro a mediados de maio. Contamos coa colaboración de dous profesores xubilados do Instituto, que apoiaron aos mozos e controlaron a súa asistencia á acción.

A acción consistiu en axudar a realizar un obradoiro de inglés, os luns de 16.00 a 17.00 horas e os obradoiros da Biblioteca titorizada: un de matemáticas, outro de valenciano, outro de castelán e, por último, un de técnicas de estudo, todos eles simultaneamente os mércores, de 16 a 17 horas.

En paralelo, o profesorado do colexio Fernando de los Ríos preparaba as actividades e os mozos voluntarios do Instituto animaban a realizalas empregando a metodoloxía dos grupos interactivos. Na acción utilizáronse e creáronse xogos para que o alumnado de primaria estivese a gusto e, o último día, preparouse unha xincana.

Por último, realizouse un labor de difusión interna e externa da acción. Internamente, cada grupo fixo unha presentación da acción para dala a coñecer ao resto de compañeiros/as; externamente, o alumnado difundiu a experiencia nun simposio de filosofía e en Radio Burjassot.

Os principais logros atinxidos resúmense nos seguintes (ordenados por tipo de destinatario):

O alumnado do IES Vicent Andrés Estellés conseguiu eliminar prexuízos a respecto do barrio e do alumnado do colexio Fernando de los Ríos. Os mozos decatáronse de que eran nenos e nenas coma todos, algúns moi cariñosos, outros vergonzosos, outros activos, algúns disruptivos. Chamábanlles mestra ou mestre e, se algún día non ían, estrañaban e pedían que fosen sempre.

Entre o profesorado, establecemos máis vínculos e xeramos máis confianza.

Nos centros, os nosos proxectos de ApS e de voluntariado serviron para mellorar a relación e facela máis fluída. Ademais, este curso, algúns nenos

Que logros conseguín/

conseguimos?

Page 5: QdudcdrHBHÓmcdoddmBH@ ApS en perspectiva filosófica · O Grupo de Mozos Solidarios do Instituto, que pertence á Rede solidaria de Entreculturas e que desde o curso 2013-2014 colabora

Experiencias profesorado

ApS en perspectiva filosófica: ¿Outra educación é posible? Por unha educación transformadora

B r e v e d e s c r i c i ó n d a e x p e r i e n c i a

do colexio que participaron nos obradoiros elixiron vir ao Instituto dos seus «mestres» novos.

Na contorna, os habitantes do barrio e as familias tanto do colexio como do instituto ven con bos ollos o proxecto e pensamos que iso favorece o encontro entre as persoas que viven en distintos barrios e elimina prexuízos entre elas.

A estrutura escolar do Instituto non favorece especialmente a realización dos proxectos de Aprendizaxe-Servizo que implican accións fóra do horario lectivo. A parte de investigación común a todo o alumnado de 1º de Bacharelato si se puido desenvolver en horario escolar, mais a de profundar no tema por cada grupo ao longo do curso non foi posible. Polo tanto, os alumnos e alumnas tiveron que organizarse fóra do horario escolar. A difusión interna da acción realizouse nas aulas en horario lectivo, mais a acción de difusión externa se fixo necesariamente fóra do horario.

A estrutura escolar do Instituto é bastante ríxida e hai que adaptarse a ela solicitando autorizacións para que o alumnado poida facer a ApS fóra do horario escolar e do Instituto. Pola contra, a estrutura escolar do colexio é máis flexible; ademais, o feito de ser un centro que incorporou de forma especial o proxecto Comunidades de Aprendizaxe permítelle abrir máis as súas portas a un bo número de voluntarios, entre eles o noso alumnado, os nosos profesores xubilados e estudantes de prácticas.

Por outra banda, hai que destacar que un apoio fundamental para a realización do proxecto foi contar con dous estudantes de prácticas: un estudante do Mestrado de Profesorado de Secundaria en Filosofía e unha estudante do Grao de Educación Social.

Que elementos da estrutura escolar

e do contexto penso que foron un

apoio ou un freo para conseguir

os logros?

Page 6: QdudcdrHBHÓmcdoddmBH@ ApS en perspectiva filosófica · O Grupo de Mozos Solidarios do Instituto, que pertence á Rede solidaria de Entreculturas e que desde o curso 2013-2014 colabora

Experiencias profesorado

ApS en perspectiva filosófica: ¿Outra educación é posible? Por unha educación transformadora

B r e v e d e s c r i c i ó n d a e x p e r i e n c i a

Estas son algunhas das aprendizaxes obtidas grazas a esta experiencia:

• O alumnado aprende máis se ten a oportunidade de vivir experiencias sobre o que está a aprender.

• É posible desmontar algúns prexuízos cando se poñen condicións para que as persoas nos relacionemos e coñezamos.

• O alumnado de 1º de Bacharelato é capaz de comprometerse.• Hai alumnado que ten dificultades académicas nos exames pero

que en proxectos deste tipo é excelente e demostra que ten outras capacidades e competencias moi desenvolvidas.

• Os proxectos de ApS poden axudar a encontrar sentido ao esforzo que deben facer os estudantes nos seus procesos de aprendizaxe e mesmo a descubrir a súa orientación vocacional.

Na experiencia de ApS participaron as seguintes persoas e organizacións:

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Vicent Andrés Estellés e o alumnado de Primaria do colexio Fernando de los Ríos.

Profesorado do IES Vicent Andrés Estellés, que organizou a ApS desde a materia de Filosofía.

Profesorado do colexio Fernando de los Ríos: o equipo directivo, que animou ao alumnado do Instituto a participar como voluntarios no seu proxecto Comunidades de Aprendizaxe, e o profesorado que organizou a biblioteca titorizada e diferentes obradoiros.

Profesorado xubilado do IES Vicent Andrés Estellés, que apoiou ao alumnado voluntario do Instituto.

Participou como voluntario alumnado que está no Grupo da Rede de mozos solidarios de Entreculturas no Instituto.

Que aprendizaxes e retos extraio?

Persoas ou organizacións

que participaron na preparación e execución da

experiencia:

Page 7: QdudcdrHBHÓmcdoddmBH@ ApS en perspectiva filosófica · O Grupo de Mozos Solidarios do Instituto, que pertence á Rede solidaria de Entreculturas e que desde o curso 2013-2014 colabora

Experiencias profesorado

ApS en perspectiva filosófica: ¿Outra educación é posible? Por unha educación transformadora

B r e v e d e s c r i c i ó n d a e x p e r i e n c i a

Cómpre destacar a participación especial de estudantes de prácticas do Mestrado de Profesores de Secundaria e de 4º do Grao de Educación Social.

O Grupo de Mozos Solidarios do Instituto, que pertence á Rede solidaria de Entreculturas e que desde o curso 2013-2014 colabora co colexio Fernando de los Ríos. Desde entón reunímonos todos os cursos para organizar a experiencia. A profesora coordina este grupo e, desde hai tres anos, decidiu facer unha sinerxía e organizar esta ApS tanto para alumnado de 1º de Bacharelato na materia de Filosofía como de 2º de Bacharelato na materia de Psicoloxía.

• Materiais facilitados polo profesorado do colexio Fernando de los Ríos.

• Xogos escollidos ou creados polos mozos do Instituto.• Páxinas web consultadas para coñecer teoricamente que son a

ApS e os proxectos Comunidades de Aprendizaxe.• Artigos sobre diversas formas de entender a educación.

Recursos ou materiais de

apoio/referencia:

Esta publicación forma parte dun convenio financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenrolo (AECID), 14-C01-642, «Movemento pola Educación Transforma-dora Global e a Cidadanía Global no eido da educación formal». O contido desta publicación é responsabilidade exclusiva das entidades que forman parte do movemento pola Educación Transformadora e a Cidadanía Global e non reflicte necesariamente a opinión da AECID.

Co apoio financeiro da: