REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Versión libre da novela de Merimée, ... tres concertos,...

16
AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 XOVES 09 NOVEMBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Timothy Brock director CONCERTOS DE ABONO Sala Mozart 19.45 h Convers@ndo con LUCAS REI RAMOS compositor CINEUROPA

Transcript of REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Versión libre da novela de Merimée, ... tres concertos,...

AUDITORIO DE GALICIA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA2017 → 2018

XOVES 09 NOVEMBRO 201720.30 hAuditorio de Galicia

Timothy Brock director

CONCERTOSDE ABONO

Sala Mozart 19.45 hConvers@ndo con LUCAS REI RAMOS compositor

CINEUROPA

2

PROGRAMA

ICarmen

REPARTOCarmen Geraldine Farrar Don José Wallace ReidEscamillo Pedro de CordobaPastia Horace B. CarpenterMorales William ElmerXitanas Jeanie Macpherson, Anita KingGarcía Milton Brown

FICHA TÉCNICA Guión e dirección Cecil B. DeMille(baseado na novela Carmen, de Prosper Mérimée) Dirección artística Wilfried Buckland Montaxe Anne Bauchens, Cecil B. DeMille Fotografía Alvin Wyckoff Produción Jesse L. Lasky, Cecil B. DeMille Música (a partir de Carmen de George Bizet) Hugo Riesenfeld, Samuel L. Rothafel

Ano 1915 Nacionalidade Estados Unidos Distribución Paramount Pictures Duración aproximada 57 minutos

Versión libre da novela de Merimée, con toques da ópera de Bizet. Neste caso, os contrabandistas recorren a Carmen para que seduza a Don José, dado que este négase a ser subornado para deixar pasar o contrabando. Carmen préstase ao xogo e, para comezalo, acada traballo na fábrica de tabacos, que está fronte ao posto de D. José. Non obstante, a xitana prefire ao toureiro Escamillo, que está tamén namorado dela e que non ve con bos ollos que a xitana se achegue a Don José.

3

Duración aproximada do concerto: 1 hora e 45 minutos

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos etc.

IIA Burlesque on “Carmen”

REPARTO Darn Hosiery Charles Chaplin Carmen Edna Purviance Don Remendado Ben Turpin Lilas Pastia Jack Henderson Oficial da garda Leo White Escamillo, o toureiro John Rand Frasquita May White Soldado da garda Bud Jamison Vagabundo Wesley Ruggles Xitanos Lawrence A. Bowes, Fred Goodwins

FICHA TÉCNICA Dirección Charles Chaplin, Leo WhiteGuión Charles Chaplin (baseado na película Carmen, de Cecil B. DeMille) Fotografía Harry Ensign, Roland H. TotherohProdución Jessie T. RobbinsDecorados T. MazyMúsica Timothy Brock

Ano 1915 Nacionalidade Estados Unidos Distribución General Film Company Duración aproximada 31 minutos

Chaplin realiza unha versión disparatada da película anterior na que el mesmo interpreta ao oficial Darn Hosiery (Don José). Á trama orixinal dos amores de Don José e Carmen, estorbados pola presenza do toureiro Escamillo, engádense máis tarde os amores entre Don Remendado e Frasquita, desde un punto de vista cómico.

4

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Director artístico titularPaul Daniel

Principal director invitadoJonathan Webb

Director asociadoMaximino Zumalave

Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecerlle ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

Violíns I Teimuraz Janikashvili (Concertino)Anca Smeu (Axuda de Concertino)Ildikó Oltai **Victoria JurovClaudio GuridiYulia PetrushevskayaMichal RyczelIlya Fisher

Violíns IINikolay Velikov *Kiyoko Ohashi **Samira AjkicElina ViksneIrina GruiaGyula Vadaszi

ViolasNatalia Madison *Oxana Bakulina **Anne SchlossmacherIriana Fernández

VioloncellosPlamen Velev *Millán Abeledo **Carlos García

ContrabaixosCarlos Méndez *Alfonso Morán **

FrautaLaurent Blaiteau *

ClarinetesBeatriz López *Vicente López **

Trompetas Javier Simó *Ramón Llátser **

TrombónArturo Centelles (R)

TubaMiguel Franqueiro (R)

SaxofónsPaulo Coello (R)Adrián Pais (R)Moisés Barreiro (R)

BanjoRubén Barros (R)

Timbal / PercusiónJosé Vicente Faus *

PercusiónGermán Agulló (R)Darío González (R)

Piano / CelestaSimona Kantcheva (R)

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

5

TIMOTHy BROCk Director

É un activo director e compositor especializado en obras de principios do século XX e actuacións en vivo de cine mudo, considerado como un dos máis relevantes expertos neste eido. Destacan as súas restauracións e edicións publicadas de A nova Babilonia (1929) de Dmitri Shostakovich; o filme épico italiano Cabiria (1913) de Manilo Mazza; a partitura de Erik Satie Entreacto (1924); e a famosa partitura de George Antheil para o Ballet mecánico (1924). Outras restauracións de bandas sonoras inclúen Opus I (1920) de Max Butting, O asasinato do duque de Guisa (1908) de Saint-Saëns e Sinfonía do lume (1914) de Ildebrando Pizzetti.

O seu traballo coas partituras de Charles Chaplin comezou en 1998 cando lle encomendan a restauración da música de Tempos modernos e, dende entón, restaurou diversas bandas sonoras de Chaplin, labor que rematou en 2012. Este traballo inclúe Luces da cidade (1931), A quimera d’ ouro (1924) e O circo (1928). En 2004 tamén transcribiu con minuciosidade unhas trece horas de composicións inéditas de Chaplin. Disto xurdiu unha nova partitura para o drama Unha muller de París (1923), unha obra que Brock ten dirixido en concerto en diversas ocasións, ademais dunha gravación coa orquestra Città Aperta, coa que tamén realizou a gravación completa de A quimera d’ ouro.

Ademais, é unha figura pioneira do que se coñece popularmente como música “dexenerada”, música de compositores prohibidos polo III Reich. Entre 1989-2000 ofreceu as estreas norteamericanas da Sinfonía núm. 2 de Erwin Schulhoff; Pequena sinfonía, Niemandslied e Kuhle Wampe de Hanns Eisler; así como unha das primeiras interpretacións da conmovedora ópera de Viktor Ullmann O emperador da Atlántida, escrita dentro do gueto de Terezin en 1944. Destacan así mesmo obras de Erwin Schulhoff, Franz Schreker, Alexander von Zemlinsky, Hans Krása, Gideon Klein e Pavel Haas.

6

Como compositor ten escrito unhas 60 obras para concerto e cine mudo. As súas obras de concerto inclúen tres sinfonías, tres concertos, unha cantata, dúas óperas e unha serie de pezas individuais orquestrais. En 1995 recibiu unha bolsa da Comisión de Artes do Estado de Washington, durante a cal compuxo a súa primeira ópera, Billy (1995); o Divertimento: Cinco tarxetas postais para orquestra; xunto á súa segunda ópera, Mudhoney (1998). En 1999 encargáronlle a composición dun ciclo de cancións orquestrais para a recoñecida soprano Cyndia Sieden, e tamén compuxo un novo concerto de violín para Stephen Bryant (Orquestra Sinfónica da BBC).

Para cine mudo escribiu 27 partituras orixinais ao longo dos últimos trinta anos, incluídas Prix de beauté (Orquestra Nacional de Lyon), Steamboat Bill, Jr. (Orquestra Sinfónica de Berna), Amencer (20th Century Fox), O camarógrafo (Orquestra de Cámara de Los Ángeles), Parodia de Carmen (Teatro de la Zarzuela) e O gabinete do doutor Caligari (Filharmónica de Bruxelas). A súa longa relación coa institución líder mundial dedicada á preservación de películas, a Filmoteca de Boloña, deu lugar a sete partituras, entre elas Nosferatu (1922), O abanico de Lady Windermere (1925), O defunto Matías Pascal (1926) e Tres homes malos (1926). Esta temporada dirixirá a estrea mundial da súa adaptación para o filme de Fritz Lang A muller na lúa (1929), un encargo da Konzerthaus de Viena para a Orquestra Sinfónica da Radio de Viena.

Como director, colabora con regularidade coa Filharmónica de Nova York, Sinfónica da BBC, Sinfónica de Chicago, Orquestra Nacional de Lyon, Sinfónica da BBC de Escocia, NDR Radiophilharmonie, Academia de Santa Cecilia, Orquestra Sinfónica Nacional da RAI e a Orquestra Sinfónica da Radio de Viena.

7

A coñecida historia de Carmen, contada por dous dos mellores realizadores de todos os tempos, Cecil B. DeMille e Charles Chaplin, cada un coa súa propia versión única da historia clásica; unha historia de amor, celos e morte, na que o poderoso personaxe de Carmen é unha muller libre, independente economicamente dun home, de amores públicos, que reivindica os dereitos da muller no traballo e lidera algunhas conquistas nas liberdades propias e alleas. Convértese nunha referencia, a muller loitadora, unha gran protagonista tráxica, que defende os seus principios coa súa vida pero que Mérimée basea nas orixes da tradición literaria e cultural da muller fatal, perigosa, atrevida, ambiciosa, sedutora, insensible e incluso, cruel.

Cando Prosper Mérimée morreu en Cannes en 1870 non podía imaxinar que a súa novela Carmen –inicialmente publicada en tres capítulos na Revue des Deux Mondes en 1845- fose ter tanta transcendencia e repercusión. Foi a ópera de Bizet, escrita en 1875 e baseada nesta novela, a que proporcionou a gran sona á historia e a que desenvolveu o mito universal de Carmen. E é por iso que parezan razoables as reticencias de Cecil B. DeMille para abordar a película que, a pesar delas, roda en 1915 protagonizada pola gran diva da ópera, a soprano Geraldine Farrar, quen a pesar da súa inexperiencia cinematográfica acadou un grande éxito da man do director. Ao mesmo tempo, Raoul Walsh era o encargado de filmar unha versión co mito erótico do momento Theda Bara para a Fox. Ambos enredáronse nunha carreira contrarreloxo e estrearon simultaneamente con mellor recadación de billeteira para Walsh aínda que os críticos considerárona frouxa e gabaron a adaptación de DeMille, que contaba cun guión do seu irmán William e condensaba a historia en case unha hora de metraxe.

Charles Chaplin, impresionado pola citada Carmen de Cecil B. DeMille, dirixiu unha fiel parodia que titulou A Burlesque on Carmen. Nesta versión, Don José convértese en Darn Hosiery interpretado por Chaplin, con Edna Purviance como a sedutora Carmen e nela, copia vestiario, planos completos que levan a situacións cómicas como o asasinato de Carmen cun coitelo de utilería coas risas de ambos

8

diante da cámara ou a escena da varanda da escaleira que remata cun divertido xogo de palmas. A película, mestura de traxedia e comedia -como adoita acontecer no cinema de Chaplin- é dobremente interesante porque Chaplin recorre a unha idea non orixinal para a súa película e porque non interpreta o seu famoso personaxe de vagabundo antisocial e romántico, todo o contrario, é un Chaplin sobrio, novo, coa cabeza descuberta e o cabelo ondulado e unha atípica Carmen, rubia de ollos claros, dunha sensualidade, frescura e comicidade inusitada na pantalla.

En canto á música, o empresario Samuel 'Roxy' Rothapfel encargou ao austríaco Hugo Riesenfeld, director da Orquestra do Teatro Roxy, unha banda sonora adaptada fielmente á de Bizet que se escoitara por igual en todos os teatros dos Estados Unidos onde fora proxectarse adecuándose ao espazo físico e aos diferentes cadros orquestrais de cada un deles. Riesenfeld, quen tocara nun cuarteto con Arnold Schönberg e traballara na compañía de ópera de Oscar Hammerstein en Manhattan, escribíu unha partitura para ser interpretada tanto por unha gran formación coma por unha de dimensións mínimas sen perder unha soa liña. Así o describe Timothy Brock, restaurador da partitura “Mediante este método un podía escoitar a mesma partitura en Nova York tocada por unha orquestra, como o público de Omaha por un conxunto de piano, trompeta e triángulo”. Todas as copias do filme foron distribuídas coa partitura adxunta e quedou patente a diferencia entre proxectar unha película cun acompañamento ao azar ou pezas de música clásica que nada tiñan que ver con ela, e unha música harmonizada coas imaxes que reforzara o discurso transformándoo en puramente audiovisual. Riesenfeld adxudicou temas a personaxes e situacións, como a marcha dos contrabandistas, que abre a película porque precisamente se presenta a estes desembarcando e tentando corromper ao aínda honrado Don José. Igualmente, para quen coñeza ben a música de Bizet resulta especialmente gozoso escoitar a seguidilla ou a habanera na escena que lles corresponde na ópera. En 1995, Timothy Brock restaurou a obra orixinal de Riesenfeld e incorporou técnicas

9

interpretativas dos años 10 e 20, a maioría desaparecidas cos intérpretes orixinais. Técnicas como o deslizamento de cordas e o vibrato, sordina para os metais etc, que axudan a medir a forza emocional da música.

Tras a citada restauración da obra de Hugo Riesenfeld en 1995, Timothy Brock acepta o encargo que lle fai o Teatro de la Zarzuela de Madrid en 2012 para compoñer unha nova partitura tal e como fixera Chaplin con DeMille en 1915. Nas súas propias palabras: “… quería peneirar Bizet a través de Chaplin e ver que sucedía”. Ademais el mesmo relata que debía evitar adaptarse á música coñecida porque corría o perigo de chegar ao efecto cómico, algo que ía absolutamente en contra da filosofía musical de Chaplin. Dese xeito, Brock tentou que a música fose tratada en serio, sen indignación, pero permitindo que a cor orquestral fixera o traballo cómico. Timothy Brock explícao así “… non quería escribir un foxtrot de Carmen, senón máis ben algo tipo Luces da cidade que puidese soar como se Chaplin tivese utilizado a habanera de Bizet, en lugar de La Violetera de Padilla. O seu modelo de orquestración foi, de feito, Luces da cidade centrando os seus esforzos cara á audiencia de Bizet dos anos 20, algo así como un arranxo para una orquestra de hotel. Por suposto, hai algo inquietante na modernización de Carmen e os instrumentos que utilizan, como o banxo ou a tuba, pero a música de Bizet pode vivir e sobrevivir. Brock considera a Chaplin “o mellor compositor do mundo para os seus filmes. Algo que parece obvio, pero non o é. Ao encargarse de todo o proceso –dirección, produción, guión–, resultaba sinxelo perder a obxectividade. No entanto era moi perfeccionista e, ao igual que facía moitas tomas dun simple xesto, reformaba a música continuamente”.

10

CARMEN

TABERNA DE PASTIA

Conclave de contrabandistas

Os contrabandistas

Un oficial novo vixía o paso entre o muro. Chegarei a un acordo con el para que nos deixe pasar.

Don José, o novo oficial

Estou vixiando os contrabandistas

Eles pagarían moi ben a súa cegueira, señor

Non tenten pasar contrabando por aquí

Don José no se deixa subornar. De momento debemos levar as mercadorías ás montañas

CAMPAMENTO DOS CONTRABANDISTAS

Por que trouxeches aquí a mercadoría?

Ese Don José non se deixa subornar

Todo home ten un prezo

Xa que vós non sodes capaces, eu ocupareime de Don José

Traerei ese incorruptible oficial atado de pés e mans cos lazos do meu amor

TABERNA DE PASTIA

Carmen engaiolará Don José

Don José non vén por aquí. Traeránolo

COMEZA O XOGO

Para poder pasar o contrabando, Carmen debe estar cerca de Don José. Para conseguilo, busca traballo na fábrica

Sunset e Carmen rin

11

Esta noite bailo na de Pastia

BAIXO AS LUCES DA TABERNA

Onde está Carmen?

Por fin, chegou a miña oportunidade. Espéranme fama e fortuna na praza de Sevilla

Que espere o toureiro. Esta noite os teus encantos son para Don José

Non me pide que baile?, señor

Os meus bicos non son tan fáciles de conseguir

Debemos aproveitar esta noite, mentres continúa pensando en min

Cando axite a miña mantilla no paso do muro, estade atentos

Traede a mercadoría. Carmen conseguirao

Ven comigo a Sevilla

Porei España aos meus pés e aos teus

Dareiche resposta aquí, mañá Que se vaian

Estaría aquí só, se non te amase?

Eles son a miña xente. Deixádeos pasar -faino por min-

O DÍA SEGUINTE

De volta na fábrica, Don José non pode sospeitar que o enganaches

A túa lingua é afiada, pero isto corta máis fondo

Os oficiais no me pagan os meus vestidos

Sigue intentándoo. Aínda podes encontrar a un cego

Déixame falar co meu tío

Lévanme a prisión

E ti gardarás a chave da súa cela

12

Moitas grazas, señor e adeus

Lévao ao noso campamento

Cando os nosos homes cheguen da de Pastia, dille que nos sigan

Debes marchar a Sevilla. Alí estarás a salvo

Vai á de Pastia e tráeme aquí Escamillo, o toureiro

O xefe necesita homes. Vai con el

Paguei un prezo moi alto, para terte comigo

Carmen non pertence a ningún home. É libre

Lembra: perténcesme

A PREDICIÓN DAS CARTAS

As cartas din que vou morrer!

Outra vez a morte!

-Marcho a Sevilla con Escamillo

DURANTE A NOITE

Sigo a Carmen ata Sevilla

Encontra a Carmen e advírtea!

NO CAMIÑO A SEVILLA

EN SEVILLA

José está esperando Escamillo fóra, na porta

Non temo ninguén

Estou esperando o teu amante

Matei por ti e convertinme en traidor e... ti entregácheste a ese!

O meu amor é meu — eu decido a quen darllo

Nunca serás súa — miña fermosa Carmen

Matáchesme, José — pero son libre!

13

A BURLESQUE ON “CARMEN”

OS CONTRABANDISTAS

Un oficial novo vixía o burato do muro. Chegarei a un acordo con el para que nos deixe pasar

DON JOSÉ, O NOVO OFICIAL

Non intenten pasar contrabando por aquí

TABERNA DE PASTIA.

CONCLAVE DOS CONTRABANDISTAS

Os contrabandistas pagarían ben pola súa cegueira, señor

Non tenten traer contrabando aquí.

CARMEN - A XÍTANA

Este Don José non se deixa subornar

Traereiche ese incorruptible oficial atado de pés e mans cos lazos do meu amor

Sunset e Carmen rin

Cabo Morales

COMENZA O XOGO

Esta noite irei á de Pastia

BAIXO AS LUCES DA TABERNA

Para o contrabando de mercadorías, debe permanecer preto de Don José. Darémoslle traballo na fábrica

ESCAMILLO, O TOUREIRO

Que espere o toureiro

Veremos

Esta noite os teus encantos son para Don José

14

Os meus bicos non se gañan tan facilmente

Os contrabandistas están no burato do muro

Mándaos a outro sitio

Debemos aproveitar esta noite, mentres pensa só en min

A CONTRASINAL

Viría, se non te amase? Eles son a miña xente. Déixalles pasar -faino por min-

O DÍA SEGUINTE NA FÁBRICA DE TABACO

As túa palabras son moi duras, pero eu golpeo máis forte

Déixame falar co meu tío

Lévanme a prisión

E ti gardarás a chave da súa cela

Moitas grazas, señor — e adeus

Lévao ao noso campamento

Cando os nosos homes cheguen da de Pastia, dilles que nos sigan

Debes marchar a Sevilla. Alí estarás a salvo

Vai á de Pastia e tráeme aquí Escamillo, o toureiro

O xefe necesita homes. Vai con el

Paguei un prezo moi alto, para terte comigo

Carmen non pertence a ningún home. Carmen é libre

Lembra — perténcesme

A PREDICIÓN DAS CARTAS

As cartas din que debo morrer!

Outra vez a morte

15

Marcho a Sevilla con Escamillo

DURANTE A NOITE

Sigo a Carmen ata Sevilla

Encontra a Carmen e advírtea!

NO CAMIÑO A SEVILLA

EN SEVILLA

José está esperando a Escamillo fóra, na porta

Non temo ninguén

Estou esperando o teu amante

Matei por ti e convertinme nun traidor e… ti entregácheste a ese!

O meu amor é meu — eu decido a quen darllo

Nunca serás súa — miña fermosa Carmen -

Matáchesme, José — pero son libre!

Xoves 16 novembro20.30 h19.45 h Sala MozartConvers@ndo con … Víctor Pablo

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAVíctor Pablo, directorCoro da OSGJoan Company, director do Coro

R. Schumann, Sinfonía núm. 4 en re menor, op. 120 (1851)L. Cherubini, Réquiem en do menor

Xoves 23 novembro20.30 h19.45 h Sala MozartConvers@ndo con … Paul Daniel e Steven Osborne

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPaul Daniel, directorSteven Osborne, piano

B. Smetana, A miña patria: o MoldavaM. Tippet, Concerto para piano B. Smetana, A miña patria: SárkaB. Britten, Variacións e fuga sobre un tema de Purcell (Guía para orquestra para mozos, op. 34)

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETEST 981 571 026 | T 981 573 979 (Auditorio)T 981 542 349 (Teatro Principal)

OFICINAST 981 552 290 | T 981 574 152

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura