ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL€¦ · RIO SIL RI O CA BE A. S A N M A T E O DESCRICIÓN A rede...
Transcript of ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL€¦ · RIO SIL RI O CA BE A. S A N M A T E O DESCRICIÓN A rede...
ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO. Aprobación Definitiva -9-
ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL
VEXETACIÓN AUTÓCTONA
Localización
GUNDIVOS
A SOBREIRA
A AIREXA
CANCELAS
FONDON
SAS
VILANOVA
SANTA MARIÑA
DESCRICIÓN
Destaca a superficie arborada localizada nas inmediacións do núcleo da Sobreira. Trátase dunha ampla
extensión de especies autóctonas situadas entre núcleos rurais e prados. As especies predominantes
pertencen ao xénero Quercus que se mesturan con numerosas especies de ribeira como ameneiros e
bidueiros. É difícil atopar unha zona con vexetación autóctona de gran calidade xa que o normal é que estean
deterioradas pola presenza de especies alóctonas ou normalmente limítanse ás marxes dos cursos de auga.
Neste caso a presenza de especies de coníferas é case anecdótica.
FRAXILIDADES
A principal fraxilidade é a debida a actuacións antrópicas que supoñan a degradación e eliminación da cuberta
vexetal e a perda de valores ambientais, paisaxísticos e ecolóxicos. Tamén alteracións no réxime hídrico do río
ou na calidade das augas afectarían a devanditos valores.
PROTECIÓN
A protección dos espazos forestais circunscríbese ao perímetro delimitado no Plano Nº III.1. Non entanto
algunhas zonas forestais e os seus contornos inmediatos conforman tamén ámbitos de valor paisaxístico polo
que ambas proteccións quedan superpostas e ampliadas. Tamén, de conformidade co establecido na Lei de
Augas e na Lei de Ordenación Urbanística e Protección do medio Rural de Galicia os ecosistemas acuáticos e
as súas ribeiras quedan suxeitos a protección de augas. A zona de protección establecida esténdese 100
metros a cada lado da canle.
ACCIÓNS OU INTERVENCIÓNS QUE PODEN PROVOCAR IMPACTOS
- Ocupación dos terreos ou do seu contorno por edificacións, viais o instalacións industriais
- Prácticas forestais inadecuadas, expansión de especies de fauna e flora alóctonas...
- Sobreexplotación dos recursos naturais, sobre pastoreo, actividades extractivas
- Riscos naturais, incendios, procesos erosivos
- Falta de planificación do uso turístico e recreativo.
ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO. Aprobación Definitiva -10-
ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL
REDE HÍDRICA
Localización
RIO SI
L
RIO PORTIZO
RIO
PO
USA
VED
RA
RIO NEIRAS
ARROYO FERREIRAS
RIO SIL
RIO
CABE
A. S
AN M
ATEO
DESCRICIÓN
A rede hidrográfica do municipio organízase en torno aos ríos Sil e Cabe nos que verten as súas augas
numerosos arroios como o Camilo, Sante ou o de Portizó. O maior interese ambiental destes cursos radica no
seu valor ecolóxico como xeradores de hábitats fluviais, aptos para numerosas especies, e na importancia da
vexetación das súas ribeiras.
FRAXILIDADES
A principal fraxilidade é a debida a actuacións antrópicas que supoñan alteracións no réxime hidrolóxico ou a
degradación e eliminación da cuberta vexetal e polo tanto a perda de valores ambientais, paisaxísticos e
ecolóxicos.
PROTECIÓN
De conformidade co establecido na Lei de Augas e na Lei de Ordenación Urbanística e Protección do medio
Rural de Galicia os ecosistemas acuáticos e as súas ribeiras quedan suxeitos a protección de augas. A zona de
protección establecida esténdese por norma xeral á zona de policía definida pola Lei de Augas (100 metros a
cada lado da canle).
Na zona de policía quedan sometidas a autorización administrativa as seguintes actividades e usos do solo: as
alteracións substanciais do relevo natural, as extraccións de áridos, as construcións de todo tipo, e calquera
outra actividade que supoña un obstáculo para a corrente en réxime de avenidas ou que poida ser causa do
dominio público hidráulico.
ACCIÓNS OU INTERVENCIÓNS QUE PODEN PROVOCAR IMPACTOS
- Alteracións hidrolóxicas, cambios na conca hidrográfica, alteracións na calidade do auga por vertido de
residuos, eutrofización das augas tanto superficiais como subterráneas...
- Prácticas forestais inadecuadas, expansión de especies alóctonas...
- Sobreexplotación dos recursos naturais, actividades extractivas...
- Falta de planificación do uso recreativo e turístico, deportes acuáticos, pesca, etc.
ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO. Aprobación Definitiva -15-
ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL
ENCORO DE SAN ESTEVO
Localización
O ARROXO
EMBALSE DE SAN ESTEBAN
DESCRICIÓN
Este encoro localízase na zona sudoeste do río Sil ao seu paso por este municipio. Esta próximo á
desembocadura do río Cabe e ao núcleo de O Arroxo desde onde se accede. Trátase dun dos encoros máis
antigos e importantes de Galicia. Supón unha zona artificial de almacenamento de auga que constitúe un
hábitat idóneo para numerosas especies de flora e fauna.
FRAXILIDADES
A principal fraxilidade é a debida a actuacións antrópicas ou riscos naturais que supoñan alteracións no réxime
hidrolóxico, ou a degradación e eliminación da cuberta vexetal e xa que logo a perda de valores ambientais.
PROTECIÓN
De conformidade co establecido na Lei de Augas e na Lei de Ordenación Urbanística e Protección do medio
Rural de Galicia os ecosistemas acuáticos e as súas ribeiras quedan suxeitos a protección de augas. A zona de
protección establecida esténdese por norma xeral á zona de policía definida pola Lei de Augas (100 metros a
cada lado da canle).
ACCIÓNS OU INTERVENCIÓNS QUE PODEN PROVOCAR IMPACTOS
- Alteracións hidrolóxicas, cambios na conca hidrográfica, alteracións na calidade do auga por
vertido de residuos, eutrofización das aguas tanto superficiais como subterráneas...
- Catástrofes naturais, desprendimentos de terras, inundacións, procesos erosivos
- Falta de planificación do uso recreativo e turístico.
ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO. Aprobación Definitiva -14-
ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL
SUPERFICIE FORESTAL
Localización
DESCRICIÓN
Trátase de zonas cun elevado valor ambiental , formadas por especies arbóreas autóctonas relativamente ben
conservadas malia que na maioría das ocasións vense deterioradas pola presenza de especies alóctonas,
normalmente piñeiro e eucalipto. A especies máis abundantes son do xénero Quercus aínda que tamén son
numerosos os exemplares de bidueiros e loureiros. En menor medida pódense localizar sotos de castiñeiros
sobre todo na metade este de o municipio. Os bosques asociados a cursos de auga están formados
principalmente por especies de ameneiros e bidueiros que se caracterizan por constituír un tipo de formación
especial en galería, lineal que adoita acompañar o curso do río en ambas marxes. As zonas mais importantes
no referente a estas formacións son as que proporcionan os ríos Sil e Cabe.
FRAXILIDADES
A principal fraxilidade é a debida a actuacións antrópicas que supoñan a degradación e eliminación da cuberta
vexetal e a perda de valores ambientais, paisaxísticos e ecolóxicos.
PROTECIÓN
A protección dos espazos forestais circunscríbese ao perímetro delimitado no Plano NºIII.1. Non entanto
algunhas zonas forestais e as súas contornas inmediatas conforman tamén ámbitos de valor paisaxístico polo
que ambas proteccións quedan superpostas e ampliadas. De conformidade co establecido na Lei de Augas e
na Lei de Ordenación Urbanística e Protección do medio Rural de Galicia os ecosistemas acuáticos e as súas
ribeiras quedan suxeitos a protección de augas. A zona de protección establecida esténdese por norma xeral á
zona de policía definida pola Lei de Augas (100 metros a cada lado da canle).
ACCIÓNS OU INTERVENCIÓNS QUE PODEN PROVOCAR IMPACTOS
- Ocupación dos terreos ou do seu contorno por edificacións, viais o instalacións industriais
- Alteracións hidrolóxicas, vertido de residuos contaminantes, aproveitamento do auga para regadíos,
industrias ou consumo urbano.
- Prácticas forestais inadecuadas, expansión de especies de fauna e flora alóctonas, incendios...
- Sobreexplotación dos recursos.
- Falta de planificación do uso turístico e recreativo.
- Riscos naturais, incendios, procesos erosivos
ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO. Aprobación Definitiva -13-
ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL
LAGO DE VILAESCURA
Localización
ROSENDE
VILAESCURA
VAZ
DESCRICIÓN
Trátase dun lago de orixe artificial localizado entre os núcleos de Vilaescura e Rosende. Nas súas marxes
desenvolvéronse numerosas especies propias de ecosistemas acuáticos que xunto co contorno no que se
atopa proporciona un hábitat idóneo para numerosas especies de aves.
FRAXILIDADES
A principal fraxilidade é a debida a actuacións antrópicas que supoñan alteracións no réxime hidrolóxico ou a
degradación e eliminación da cuberta vexetal e polo tanto a perda de valores ambientais.
PROTECIÓN
De conformidade co establecido na Lei de Augas e na Lei de Ordenación Urbanística e Protección do medio
Rural de Galicia os ecosistemas acuáticos e as súas ribeiras quedan suxeitos a protección de augas. A zona de
protección establecida esténdese por norma xeral á zona de policía definida pola Lei de Augas (100 metros a
cada lado da canle).
Na zona de policía quedan sometidas a autorización administrativa as seguintes actividades e usos do chan: as
alteracións substanciais do relevo natural, as extraccións de áridos, as construcións de todo tipo, e calquera
outra actividade que supoña un obstáculo para a corrente en réxime de avenidas ou que poida ser causa do
dominio público hidráulico.
ACCIÓNS OU INTERVENCIÓNS QUE PODEN PROVOCAR IMPACTOS
- Alteracións hidrolóxicas, vertido de residuos contaminantes, aproveitamento do auga para regadíos,
industrias ou consumo urbano.
- Prácticas forestais inadecuadas, expansión de especies de fauna e flora alóctonas, incendios...
- Sobreexplotación dos recursos.
- Falta de planificación do uso turístico e recreativo.
ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO. Aprobación Definitiva -12-
ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL
LIC RÍO CABE
Localización
A Estación
Canaval
Moradela
Campo Rairo
Sistin do Mato
DESCRICIÓN
Ten unha superficie 1787 Ha , está situado a unha altitude media de 492 m sobre o nivel do mar e abarca os
concellos Bóveda, O Incio, Monforte de Lemos, Pobra de Brollón, Pantón e Sober. Este ecosistema
proporciona unhas condicións ecolóxicas especiais que favorecen a existencia dunha gran variedade de
hábitats con predominio bosques aluviais, bosques de castiñeiro e pseudo-estepas.
FRAXILIDADES
A principal fraxilidade é a debida a actuacións antrópicas que supoñan a degradación e eliminación da cuberta
vexetal e xa que logo a perda de valores ambientais, paisaxísticos e ecolóxicos. Tamén alteracións no réxime
hídrico do río ou na calidade das augas.
PROTECIÓN
Este espazo esta integrado na futura rede de espazos protexidos (Rede Natura 2000) e catalogado pola
Directiva Hábitats, directiva comunitaria 92/43/CEE sobre a conservación dos hábitats naturais e da flora e
fauna silvestres, como Lugar de Interese Comunitario (Código L.I.C É1120016).). A Xunta de Galicia
declarouno como Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral.
ACCIÓNS OU INTERVENCIÓNS QUE PODEN PROVOCAR IMPACTOS
- Ocupación dos terreos ou de seu contorno por edificacións, viais o instalacións industriais
- Alteracións hidrolóxicas, vertido de residuos contaminantes, aproveitamento do auga para regadíos,
industrias ou consumo urbano.
- Prácticas forestais inadecuadas, expansión de especies de fauna e flora alóctonas, incendios...
- Sobreexplotación dos recursos.
- Falta de planificación do uso turístico e recreativo.
ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO. Aprobación Definitiva -11-
ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL
LIC CANÓN DO SIL
Localización
DESCRICIÓN
Os profundos canóns orixinados polos ríos Sil e Cabe proporcionan unhas condicións ecolóxicas especiais que
favorecen a existencia dunha gran variedade de hábitats. Ademais esta zona conta cun microclima
mediterráneo que enriquece aínda máis a flora e fauna asociadas. Tamén cabe destacar o seu valor
paisaxístico xa que todo o curso do río desenvólvese nunha continua sucesión de paraxes fluviais escarpados
ou encanonados.
FRAXILIDADES
A principal fraxilidade é a debida a actuacións antrópicas que supoñan a degradación e eliminación da cuberta
vexetal e polo tanto a perda de valores ambientais, paisaxísticos e ecolóxicos. Tamén alteracións no réxime
hídrico do río ou na calidade das augas.
PROTECIÓN
Este espazo esta integrado na futura rede de espazos protexidos (Rede Natura 2000) e catalogado pola
Directiva Hábitats, directiva comunitaria 92/43/CEE sobre a conservación dos hábitats naturais e da flora e
fauna silvestres, como Lugar de Interese Comunitario (LIC). A Xunta de Galicia declarouno como Espazo
Natural en Réxime de Protección Xeral.
ACCIÓNS OU INTERVENCIÓNS QUE PODEN PROVOCAR IMPACTOS
.- Ocupación dos terreos ou de seu contorno por edificacións, viais o instalacións industriais