Redacción: 12/04/2011 COMPETICIÓN ... -...

5
Coordinador: MI Pablo García Castro (646524394) http://webs.uvigo.es/xadrez · [email protected] · Campus de Vigo, Edificio do Servicio de Deportes Redacción: 12/04/2011 COMPETICIÓN: Final a catro. División de Honra XORNADA: Final B (3ª/4º) ENCONTRO: “Universidade de Vigo” 3 – 3 Alexandre Bóveda ACLASIFICACIÓN: Rolda1 (09/04/2011) Acta Equipo local Resultado Equipo visitante UNIVERSIDAD DE VIGO 3 - 3 ALEXANDRE BÓVEDA "A" CLUB AJEDREZ MARCOTE 4.5 – 1.5 CÍRCULO FERROLANO "A" CRÓNICA: O “Universidade de Vigo” faise co terceiro posto tras impoñerse na final de consolación. Os universitarios rematan terceiros tras empatar 3 a 3 co “Alexandre Bóveda A”, un resultado que lle deu o bronce ós de Vigo pola súa mellor clasificación na fase regular. O título recaeu un ano máis no actual Campión de España de Clubs, o “Marcote”, tras impoñerse por 4.5 a 1.5 ó “Círculo Ferrolán de Xadrez”. RESULTADOS. SEMIFINAL B. División de Honra: Rolda “Universidade de Vigo” 3 Alexandre Bóveda A” 3 Tab.1 Avelino Leirós Vila 0.5 Aleksa Strikovic 0.5 Tab.2 Diego Guerra Bastida 0.5 Sergio Guerrero 0.5 Tab.3 Roberto Páramos Domínguez 1 José Sande Edreira 0 Tab.4 Pablo García Castro 0.5 Xosé Larrosa Vila 1 Tab.5 Pablo González Roca 0.5 Cesar Beade Justo 0.5 Tab.6 Brais Otero Nogueira 0.5 Jorge Rodríguez Guillen 0.5

Transcript of Redacción: 12/04/2011 COMPETICIÓN ... -...

Coordinador: MI Pablo García Castro (646524394) http://webs.uvigo.es/xadrez · [email protected] · Campus de Vigo, Edificio do Servicio de Deportes

Redacción: 12/04/2011

COMPETICIÓN: Final a catro. División de Honra

XORNADA: Final B (3ª/4º)

ENCONTRO: “Universidade de Vigo” 3 – 3 “Alexandre Bóveda A”

CLASIFICACIÓN:

Rolda1 (09/04/2011)

Acta Equipo local Resultado Equipo visitante

UNIVERSIDAD DE VIGO 3 - 3 ALEXANDRE BÓVEDA "A"

CLUB AJEDREZ MARCOTE 4.5 – 1.5 CÍRCULO FERROLANO "A"

CRÓNICA:

O “Universidade de Vigo” faise co terceiro posto tras impoñerse na final

de consolación. Os universitarios rematan terceiros tras empatar 3 a 3 co “Alexandre Bóveda A”, un resultado que lle deu o bronce ós de Vigo pola súa mellor clasificación na fase regular. O título recaeu un ano máis no actual Campión de España de Clubs, o “Marcote”, tras impoñerse por 4.5 a 1.5 ó “Círculo Ferrolán de Xadrez”. RESULTADOS. SEMIFINAL B. ● División de Honra: Rolda “Universidade de Vigo” 3 “Alexandre Bóveda A” 3 Tab.1 Avelino Leirós Vila 0.5 Aleksa Strikovic 0.5 Tab.2 Diego Guerra Bastida 0.5 Sergio Guerrero 0.5 Tab.3 Roberto Páramos Domínguez 1 José Sande Edreira 0 Tab.4 Pablo García Castro 0.5 Xosé Larrosa Vila 1 Tab.5 Pablo González Roca 0.5 Cesar Beade Justo 0.5 Tab.6 Brais Otero Nogueira 0.5 Jorge Rodríguez Guillen 0.5

- Marcador final de 3 a 3, nun encontro no que os protagonistas, novamente, foron os xogadores da canteira. Pablo González, Brais Otero e Avelino Leirós acadaron tres empates fronte a xogadores dunha puntuación moito maior na clasificación mundial.

- Leirós mediuse ante a estrela dos coruñeses, o Gran Mestre iugoslavo Aleksa Strikovic e demostrou o salto de calidade que está a dar, xa que non lle deu opcións. Finalmente ofreceu un empate que representaba matematicamente a vitoria do equipo.

- Pola parte dos Mestres, Diego Guerra empataba, Pablo García encaixaba a segunda derrota do ano e Roberto Paramos retomaba a senda da vitoria.

- Pola súa banda o “Marcote” non deixou lugar á sorpresa e derrotou con claridade o “Círculo Ferrolán”, erixíndose novamente coma o mellor Club de Galicia. O Gran Mestre galego Iván Salgado liderou un equipo no que non foron convocados a maioría dos xogadores da elite que nel militan, algo comprensible ante a diferenza existente entre os dous equipos.

Os encontros da “Final a catro” disputáronse no Centro de Educación López Mella de Lugo en apoio o programa, recentemente aprobado pola Xunta de Galicia, “Xaque nas Aulas”, unha experiencia na que se achegará o xadrez a máis de un milleiro de escolares.

Os xogadores da “Universidade de Vigo” comezan agora a preparación das vindeiras citas, o Campionato Galego Absoluto do 16 o 22 de abril máis o Campionato de España de Seleccións Autonómicas do 28 de abril ó 2 de maio, unha proba na que xogadores coma Roberto Paramos, Manuel Pena e Pablo García defenderán as cores do equipo autonómico.