Relatos gañadores samaín 2014

6
RELATO GAÑADOR DE 1º CICLO DE E. PRIMARIA: A BRUXA E A PANTASMAHabía unha vez unha bruxa que se chamaba Telma. Vivía nun bosque cheo de árbores, nunha cabana de madeira. Estaba moi aburrida porque levaba moito tempo sen facer unha apócema máxica. Faltáballe unha herba que había no cume da montaña. Non quería ir buscala porque dicían que por alí roldaba unha pantasma. Unha noite de Samaín a bruxa Telma foi á montaña e atopouse coa pantasma que estaba chorando porque por alí non pasaba ninguén. A bruxa e a pantasma fixéronse amigas e elaboraron a apócema xuntas. PABLO SOMOZA NEIRA, 2º A. RELATO GAÑADOR DE 2º CICLO: “O VAMPIRO QUE TIÑA MEDO A CHUPAR SANGUE” Había unha vez un vampiro chamado Colmillo. A súa irmá Tífani era científica como o seu avó Franquistein. Óscar era o seu pai, o xefe dos vampiros, casado coa fermosa Marisa. Colmillo tiña un gran problema xa que, sendo vampiro, dáballe moito medo morder para chupar o sangue. O seu pai sempre lle andaba a dicir: “Colmillo, algunha vez terás que chupar o sangue. A túa nai non che vai facer máis biberóns”. Como a cousa non cambiaba, decidiron mandalo, xunto coa súa irmá, ao internado dos monstros onde ían ir tamén os seus amigos: a pantasma Lois e a momia Patricia. Á mañá seguinte, antes de marchar todos, estaban falando sobre o internado. De repente, o avó sacou dous paquetes e díxolles aos nenos: “Isto é para vós. É un invento meu: abrídeo!”. O de Colmillo eran unhas luvas e unhas botas. Díxolle o avó: -É un kit martelo. Cando o poñas, terás máis forza que ninguén. -E o meu que é?- díxolle Tífani. -É un bolso con un kit de tecnoloxía: experimentos, ordenador… Nisto chegou o autobús con forma de serpe con cairos e todo-. Sentaron atrás de todo con Lois e Patricia. De súpeto o autobús elevouse, saíronlle propulsores xigantes aos lados e fóronse á velocidade da luz, desaparecendo sen deixar rastro. Cando se deron conta xa estaban alí. Abríronse as portas e recibiunos un morcego que ao instante se

Transcript of Relatos gañadores samaín 2014

Page 1: Relatos gañadores samaín 2014

RELATO GAÑADOR DE 1º CICLO DE E. PRIMARIA:

“A BRUXA E A PANTASMA”

Había unha vez unha bruxa que se chamaba Telma. Vivía nun bosque cheo de árbores,

nunha cabana de madeira. Estaba moi aburrida porque levaba moito tempo sen facer

unha apócema máxica. Faltáballe unha herba que había no cume da montaña. Non

quería ir buscala porque dicían que por alí roldaba unha pantasma.

Unha noite de Samaín a bruxa Telma foi á montaña e atopouse coa pantasma que estaba

chorando porque por alí non pasaba ninguén.

A bruxa e a pantasma fixéronse amigas e elaboraron a apócema xuntas.

PABLO SOMOZA NEIRA, 2º A.

RELATO GAÑADOR DE 2º CICLO:

“O VAMPIRO QUE TIÑA MEDO A CHUPAR SANGUE”

Había unha vez un vampiro chamado Colmillo. A súa irmá Tífani era científica como o

seu avó Franquistein. Óscar era o seu pai, o xefe dos vampiros, casado coa fermosa

Marisa.

Colmillo tiña un gran problema xa que, sendo vampiro, dáballe moito medo morder

para chupar o sangue.

O seu pai sempre lle andaba a dicir: “Colmillo, algunha vez terás que chupar o sangue.

A túa nai non che vai facer máis biberóns”. Como a cousa non cambiaba, decidiron

mandalo, xunto coa súa irmá, ao internado dos monstros onde ían ir tamén os seus

amigos: a pantasma Lois e a momia Patricia.

Á mañá seguinte, antes de marchar todos, estaban falando sobre o internado. De

repente, o avó sacou dous paquetes e díxolles aos nenos: “Isto é para vós. É un invento

meu: abrídeo!”. O de Colmillo eran unhas luvas e unhas botas. Díxolle o avó:

-É un kit martelo. Cando o poñas, terás máis forza que ninguén.

-E o meu que é?- díxolle Tífani.

-É un bolso con un kit de tecnoloxía: experimentos, ordenador…

Nisto chegou o autobús con forma de serpe –con cairos e todo-. Sentaron atrás de todo

con Lois e Patricia. De súpeto o autobús elevouse, saíronlle propulsores xigantes aos

lados e fóronse á velocidade da luz, desaparecendo sen deixar rastro. Cando se deron

conta xa estaban alí. Abríronse as portas e recibiunos un morcego que ao instante se

Page 2: Relatos gañadores samaín 2014

transformou nun vampiro. Dixo: “Ola, chámome Sr. Misterio e son o director e mestre

de vampiros. Mañá presentaranse todos os profesores e comezarán as clases”.

Pasaron dous cursos e Colmillo seguía sen poder morder. A súa irmá, xunto cos seus

amigos, vendo que Colmillo o estaba pasando mal, decidiron axudalo. Tras moitos

ensaios e grazas aos aparellos que lle regalara o avó, conseguiron compoñer unha

beberaxe cun líquido igual có sangue e así non tería que morder a ninguén.

DIEGO TEMPERÁN POTEL, 4º A.

RELATO FINALISTA NA CATEGORÍA DE 2º CICLO DE

E. PRIMARIA: “O CAMIÑO ENCANTADO”

Era o último día de outubro. Nunha aldea pequeña celébrase a festa do Samaín. Un

mozo chamado Xoán quere ir coa súa namorada Nerea pero, para ir buscala, tiña que

pasar por un carreiro estreito e longo. Botoulle peito e foi por el. Estaba morto de medo

porque notaba que unhas mans lle tiraban do xersei, pero non vía nada porque era de

noite e estaba chovendo. Xoán empezou a correr; quería saír dese camiño o antes

posible. Cando por fin chegou á aldea de Nerea, non llo quixo contar para que ela non

pensase que era un cagarolas. Aos seus ollos quería ser moi valente, o máis valente de

todos os mozos da aldea.

Chegaron ao lugar onde se celebraba a festa do Samaín. Estiveron bailando e contando

contos de medo. Pasárono moi ben, pero chegou a hora de volver para a súa casa e non

lle quedaba máis remedio que regresar polo mesmo camiño. Era o único camiño que

existía para voltar á súa casa. Volveulle a botar peito e empezou a correr e correr para

pasar o camiño o máis rápido posible, cando, de súpeto, volveu sentir as mesmas mans

que lle tiraban do xersei e dos pantalóns. Esta vez non parou a mirar que era aquela

cousa que o agarraba e lle tiraba da roupa. Seguiu correndo a toda présa e pensou: “Meu

Deus, desta non saio vivo”.

Cando xa estaba chegando ao final do camiño, nota como alguén lle tiraba a gorra que

levaba posta na cabeza e lla quita. Xoán xa non pode máis…

Ao chegar á casa, mira a roupa e tena toda estirada dos tiróns que lle deran polo camiño

e, ademais, deuse conta de que non levaba a gorra que tiña na cabeza.

Deitouse dúas horas pero non conseguiu durmir nada pensando en quen serían os que

tanto o agarraban polo camiño e como podían conseguir que sentise tanto medo.

Levantouse da cama dun brinco. Xa estaba amencendo cando pensou: “Vou pasar agora

que xa é de día, a ver se aínda están eses pantasmas que tanto me agarraban”. Comezou

a andar mirando para os lados e para atrás ata que de pronto… atopou a súa gorra

enganchada nunha silva e dixo:

-Dende logo, non che son nada valente, eh!

CARMEN CALDELAS MAGÁN, 4º B.

Page 3: Relatos gañadores samaín 2014

RELATO GAÑADOR NA CATEGORÍA DE 3º CICLO DE

E. PRIMARIA:”A PROMESA”

Corría o ano 1864. Un día de choiva, o cemiterio cubríase de negros paraugas. A triste morte

dunha coñecida muller na vila acollía a todos os veciños. Aquel 31 de outubro, Concha a do

Roxo, que así era como se chamaba, falecía pola pena que arrastraba de ser ela a elixida.

Concha e o seu marido Antonio eran donos do ultramarinos máis popular da comarca.

Abastecían os veciños de toda clase de víveres, así como de cereais e de hortalizas propias de

cada tempada. A súa fortuna fora feita a base do troco e do abuso. Os seus fillos, María e

Andrés, estudaban dereito e mestría.

Eles realmente non eran ben queridos na comarca xa que os veciños se decataran había moito

tempo de que a súa riqueza viña xerada do engano e dos prezos abusivos. Ademais cos seus

trocos sempre saían moi beneficiados.

Toda esta riqueza acumulada durante todos estes anos estaba a punto de non servir para nada

pois Concha xa se intentara suicidar, colgándose. Ninguén entendía por que quería acabar coa

súa vida. Non lle faltaba de nada! Era un motivo máis escuro o que a levou a cometer tal acto.

A súa comadre Herminia coñecía o segredo polo cal se intentara suicidar e gardaba por escrito

todo o que pasara e todo o que pasaría tras a morte de Concha.

Tras a morte de Herminia, este escrito veu á luz. Nel narraba, desde a primeira aparición do

espírito ata o que pasaría no futuro. Era estarrecedor!

Textualmente, no escrito de Herminia poñía que fora a mediados do mes de outubro cando

unha noite Concha espertou sobresaltada. Non o acababa de crer, pero unha voz dicíalle:

-¡¡Esperta Concha, temos que falar!! Veño buscar a túa alma e a doutra persoa achegada a ti.

- Porque me escolliches a min? –contestoulle Concha.

- Fuches ti a escollida polos teus malos actos, a cobiza e avaricia sobre estas pobres xentes.

Uns días despois, Concha, perturbada polo medo e nun arrebato de loucura, decidiu colgarse.

Pero foi nese mesmo intre cando se lle aparece de novo o espírito e lle di:

-Se ti morres agora, tamén levarei aos teus fillos.

Isto fixo que Concha recuase. Tras unha semana de angustia, o día 31 de outubro Concha

falece. No seu leito de morte, confíalle a Herminia que a noite anterior o espírito volvera e lle

dixera:

-Ti xa vés, pero dentro de 150 anos levareime a outro parente teu e co mesmo sufrimento que

pasaches ti.

Tamén lle confiou que había certo tempo, ela intentara cobrar unha débeda abusiva a unha

muller que non tiña cartos. A muller dixéralle:

Page 4: Relatos gañadores samaín 2014

-Ha de vir o espírito do mal a levarte.

Xa pasaron os 150 anos. Estamos moi preto do 31 de outubro de 2014. Quen será o familiar

de Concha ao que se leve esta vez o espírito, cumprindo coa promesa que lle fixo no seu día a

ela?

E pregúntome eu, serás TI?

MARINA MIGUÉNS DIZ, 6º B.

RELATO FINALISTA DA CATEGORÍA DE 3º CICLO: “O

OSO ASASINO”

Hai un tempo un oso vivía na casa dun home moi velliño, que o atopara nun bosque

soíño e todo mollado. Os cazadores mataran a súa familia e o osiño quedara só. Ao

velliño deulle pena e, como el tampouco tiña familia, criouno coma se fose o seu fillo.

Este home era famoso na súa vila polo seu amor aos animais. Apenas falaba coa xente e

non se relacionaba con ninguén, así que acostumou ao oso a odiar a xente tamén.

Pasado un tempo, empezaron a suceder desgrazas. Certo día o carniceiro apareceu

colgado na súa carnicería coma se fose un porco e faltábanlle os brazos. Á semana

seguinte a peixeira apareceu morta na praza coas tripas colgando.

A policía empezou a investigar tan horribles crimes. A seguinte vítima foi o toureiro da

vila. Apareceu no medio da praza de touros cunhas rabuñaduras nas costas e a espada

cravada. Non había dúbida: aquelas rabuñaduras eran poutadas dun animal. Igual era o

mesmo animal que lle arrincara cos dentes os brazos ao carniceiro. Tamén podía ser o

mesmo que coa boca lle arrincara as tripas á peixeira. Pero que animal sería?, pensaba a

policía.

Os seguintes mortos foron os tres cazadores da vila, todos coa cabeza arrincada e cun

tiro no peito. Os asasinos non sabían que o fillo pequeño do último dos cazadores vira

todo. A policía non podía crer ao pequecho cando lles dixo que os asasinos eran un

home vello e un oso. Un oso??? Que estraña parella!!!

De súpeto, percatáronse daquel home que vivía afastado da vila, que era tan raro, así

que decidiron ir interrogalo. Polo camiño encontráronos cometendo o último crime. A

escena era terrible: estaban arrincándolle a pel ao peleteiro mentres estaba vivo.

A policía abateunos a tiros. Era tanto o amor que lles tiñan aos animais que mataron a

todos os que lles facían dano, fora polo que fora. O pobo descansou en paz desde aquel

día.

SAMUEL OLIVEIRA CARBIA, 5º B.

Page 5: Relatos gañadores samaín 2014

RELATO GAÑADOR DA CATEGORÍA DE ESO:

“NAS NOITES PECHAS NUNCA SE PODE SAÍR DA

CASA”

Era noite pecha e Celtia seguía esperando ao seu amado. O lugar da cita, un non moi

romántico: a igrexa dun século de antigüidade en ruínas dende hai máis de dez anos. O

son do vento atravesando as rochas caídas do edificio estremecían os ósos da namorada.

Algúns mouchos e corvos deixábanse caer por alí, coma se o ambiente de novela de

terror os atraese como as lambetadas a un rapaciño. A lúgubre luz da lúa xogaba coas

sombras facendo imaxes que bailaban no silencio da noite.

Celtia seguía esperando. Entre miañar de felinos e o renxer de pólas destacou sobre todo

o son dunhas pisadas. A namorada deuse a volta e entre as sombras apareceu o seu

namorado. A moza notoulle algo distinto e non se aproximou. Viña coa roupa de

traballar, todo manchado e suorento. Tiña algo agochado na man dereita detrás das

costas que Celtia non podía ver. Esta preguntoulle que por que quedaran nun sitio tan

afastado da aldea e ateigado de casas abandonadas. El non lle contestou. O silencio

volveuse facer nesa noite tan escura e fría.

De súpeto o rapaz ensinou o que tiña agochado. Era unha fouce xa gastada polos anos

de uso que el suxeitaba con forza. Á moza aceleróuselle o pulso. Que faría o seu amado

cunha ferramenta de traballo a estas horas da noite? Nada do que se lle ocorría pensar

era bo. A namorada, asustada, volveulle preguntar o mesmo, pero non recibiu resposta.

De súpeto comezou a camiñar. A rapaza atemorizada foi dando pequeniños pasos cara a

atrás ata que o seu amado elevou o ritmo. Celtia púxose a correr. As pólas das árbores

batíanlle na cara esnaquizándolle o bonito rostro mentres saltaban as pedras do camiño.

De vez en cando viraba o ollar para comprobar se o seu perseguidor a seguía buscando.

El avanzaba con paso firme pola mesma ruta da súa namorada.

Celtia encontrou unha casiña sen residentes. Decidiu agocharse alí e buscar algunha

arma coa que se defender. Entrou atravesando a vella e roída porta da casa e viu un

corredor longo e moi estreito. O ambiente alí dentro era húmido e as paredes poderían

derrubarse dun momento a outro grazas ás pequenas termitas que xogaban coa madeira.

A rapaza atravesou o corredor e chegou ata unha porta. O pomo estaba moi gastado e

noxento polo paso dos anos. Abriuna e observou unhas escaleiras que, por falta de luz,

parecían conducir ata o mesmo inferno. Todo estaba moi escuro e o corazón latexáballe

con forza. Escoitou o abrir e pechar da porta de entrada xunto cun son agudo. O rapaz

avanzaba paseniñamente polo corredor facendo rozar a fouce coa parede. Celtia levou a

man á boca como querendo impedir que a súa alma abandonase ese corpo esvelto

destinado a morrer. Baixou as escaleiras e arrimouse a unha esquina do que parecía ser

un soto sen luz. Alí encolleuse como os gatiños nun día de tormenta coa esperanza de

que o seu namorado marchase ou se esnaquizase ao querer baixar as escaleiras sen máis

luz que a das estrelas que escintilaban dende unha pequena xanela alá arriba no ceo

escuro da noite.

Page 6: Relatos gañadores samaín 2014

Celtia esperaba atemorizada. Os pasos do rapaz xa se escoitaban cada vez máis preto. A

cada alancada que daba podía sentirse o renxer da madeira baixo os seus pés. Foi

baixando as escaleiras, unha a unha, moi paseniñamente e pendurado da man dereita o

seu instrumento de traballo. Celtia apoiou a man no peito. Sentía o seu propio corazón

cada vez máis alterado. O rapaz púxose diante dela. Entre laios e bágoas a namorada

seguía preguntando que lle pasaba e por que facía iso. Como resposta o namorado

ergueu a man dereita empuñando o fouciño.

Nese intre, o son dunha escopeta disparando fixo vibrar o soto. O seu namorado caía

diante dela como un saco de fariña, inerte, sen alma. Alí estaba, de pé, o mellor amigo

da aldea da rapaza, Duarte. Celtia levantouse e abrazou ao seu salvador. Os dous

rapaces alterados pola situación suspiraban agora libremente, sen temor. Este

explicoulle que vira ao mozo da rapaza coller sen permiso unha ferramenta do seu taller

e decidiu seguilo, pois non era normal ese comportamento de vándalo nel. Ao ver que

quería facerlle dano a Celtia, foi detrás deles dous para impedilo e salvar á súa amiga.

Despois de aclararlo, volvéronse abrazar e subiron as escaleiras deixando o cadáver do

que antes era un miñaxoia agora convertido nun diaño pasto das lombrigas.

Celtia e Duarte saíron desa casa e queimárona. Non sabían o motivo de por que o

namorado da rapaza tivera ese comportamento tan estraño. O edificio prendeu rápido e

os dous mozos afastábanse abrazados das quentes brasas mentres escoitaban o caer das

vigas de madeira ardendo entre a maleza verde, que se tornaba agora dunha cor negra.

Celtia seguía sen comprender como podería estar namorada dun rapaz cunha alma tan

escura. Pero aprendeu a lección (á parte de que tería que escoller con máis coidado aos

mozos): nas noites pechas nunca se pode saír da casa.

CANDELA LAFUENTE LÓPEZ, 4º de ESO