Reprodución celular
-
Upload
adan-goncalves-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia -
Category
Education
-
view
25 -
download
6
Transcript of Reprodución celular
REPRODUCIÓN CELULAR: A PERPETUACIÓN
DA VIDA
Profesor: Adán Gonçalves
1. CANTO VIVE UNHA CÉLULA
Na vida celular pódense diferenciar catro etapas: nacemento,
crecemento, diferenciación e reprodución ou se non hai reprodución,
morte.
Durante a vida dunha célula a maioría das estruturas e orgánulos vanse
renovando, hai excepcións como os lisosomas que evolucionan a gránulos
de lipofuscina.
A duración da vida celular é variable. En xeral, as células animais duran
entre 8 horas e doscentos días.
No noso corpo hai células cunha rápida renovación, como é caso das
epiteliais do intestino ou da pel; e outras que xa non teñen capacidade de
reproducirse pola súa grande especialización como é o caso dos eritrocitos,
as musculares esqueléticas e as neuronas.
O proceso de morte celular prodúcese por apoptose (“suicidio celular”) e
consiste na ruptura dos propios lisosomas que conleva a autodestrución.
2. A TAXA DE REPRODUCIÓN CELULAR
Nun pluricelular a maioría das súas células viven menos que o propio
individuo o que implica que un ritmo de reprodución que como mínimo
compense a morte celular.
A taxa de reprodución ou ritmo o que se divide unha célula depende
fundamentalmente de varios factores:
O tipo celular: as células máis especializadas teñen menor taxa de
división.
Aumento excesivo do tamaño do citoplasma: o RNP que xa vimos.
A relación Superficie/ Volume: que xa comentamos.
Disponibilidade de espazo: Efecto inhibidor por contacto ou densidade
celular.
Factores de crecemento e axentes mitóxenos: substancias químicas
no medio que favorecen a división. Habitualmente hormonas.
Cando este control sobre a división celular desaparece e as células crecen
incontroladamente e orixínase un tumor.
3. O CICLO CELULAR
O Ciclo celular ou vital é o conxunto de procesos que van dende o
nacemento dunha célula ata a súa división.
Aparece tanto en procariotas como en eucariotas e a súa finalidade
principal é duplicar o ADN xenómico e pasar copias idénticas desta
información as células fillas.
O ciclo celular divídese en dúas fases:
Interfase. Etapa máis longa na que a célula presenta a súa envoltura
nuclear (en eucariotas) e non son visibles os cromosomas. Comprende
a súa vez tres fases: G1, S e G2.
Fase de división, fase M ou mitótica. Fase curta na que son visibles
os cromosomas. A fase M engloba a súa vez dous procesos:
Cariocinese ou mitose: división do núcleo.
Citocinese: división do citoplasma.
3.1. INTERFASE
Período comprendido entre dúas divisións consecutivas.
Constitúe o 90% do ciclo.
Hai unha intensa actividade metabólica na que a célula leva a
cabo as súas funcións habituais (transcrición, tradución...) e
tamén inclúe os procesos preparativos para a división como a
duplicación do ADN.
Adoita dividirse en tres fases sucesivas: G1, S e G
2.
Fase G1: Duración variable (2-3h a días-anos) dependendo do tipo celular.
Nun ciclo imaxinario de 24 horas duraría unhas 11 horas.
Un centrosoma (con 2 centriolos na animal)
Intensa actividade metabólica: transcrición, tradución... É a fase na que
se produce a síntese de ARNm.
Ao final desta G1 atópase o denominado punto de control G1 o punto de
non retorno, a partir do cal xa é imposible impedir que sucedan as
demais fases (S, G2 e M). En mamíferos chámaselle punto de restricción
(R).
Nalgunhas células antes de chegar ao punto R expresan xenes concretos e
se especializan por diferenciación celular. Poden permanecer moito
tempo sen alcanzar o punto R e dícese que a célula está en fase G0.
Algunhas destas células nunca chegarán ao punto R, polo que perderán a
súa capacidade de división como sucede en células moi especializadas.
Fase S:
Duración: 7-8 h. en mamíferos.
Fase de síntese de ADN= Replicación do ADN. Esto posibilita que cando
sexan visibles os cromosomas na división estén cosntituidos por dúas
cromátides unidas polo centrómero.
Síntese tamén das histonas e outras proteínas cromosómicas.
Xunto a cada centriolo fórmase un esbozo do que será o novo centriolo
chamado procentriolo.
Fase G2:
Duración: unhas 4 horas.
Non hai síntese de ADN.
Pode producirse reparación do ADN .
Síntese de macromoléculas: ARN, proteínas (sobre todo H1 para formar
a fibra cromatínica de 300 Å, microtúbulos do fuso mitótico...) , e de
estruturas necesarias para a inminente división celular.
A célula xa contén 2 diplosomas inmaduros.
Comézase a condensar a cromatina para formar os cromosomas. Cando
estos se aprecian remata esta fase e comeza a seguinte.
3.2. DIVISIÓN CELULAR OU FASE M
Prodúcese a división celular a través dun proceso que orixina dúas células
fillas a partir dunha célula nai.
Supón o 10% do ciclo. Duración: 1-2 horas.
Comprende a cariocinese ou mitose e a citocinese.
A mitose é o tipo de división nuclear que produce dúas células fillas co
mesmo número de cromosomas (mesma dotación cromosómica) que
a célula nai. Nun pluricelular, orixinado igual que os unicelulares a
partir dunha única célula, o cigoto, as diferenzas entre as distintas
células do organismo débense á diferente expresión dos xenes e non a
secuencia de nt, que é a mesma. Isto é a base da diferenciación celular.
Tras a fase M, as células volven a entran en interfase e repiten o ciclo.
As células que xa non se volven a dividir deteñen o ciclo antes de chegar a
fase S (Fase G0).
CICLO CELULAR
División do núcleo
(mitose)
División do Citoplasma (citocinese)
Profase Metafase Anafase Telofase
Comprende
Dividida en
A mitose divídese en 4 fases: profase, metafase, anafase e telofase.
PROFASE
Os cromosomas comezan a visualizarse. Condensación de fibra de 100 Å
a fibra de 300. As cromátides que forman cada cromosoma profásico
(cromátides irmáns) están unidas polo centrómero, non serán visibles ata
finais desta fase.
Ao longo desta fase a envoltura nuclear e os nucléolos desaparecen.
A parella de centriolos (diplosoma) xa duplicada no período S da interfase
permaneceu unida ata o comezo da profase. Divídese agora o
centrosoma e orixina dous centrosomas fillos, formado cada un por un
diplosoma (2 centriolos). Estos centrosomas se separan pola acción dos
microtúbulos polares dirixindose cada un cara un polo da célula que
alcanzarán ao final da profase.
A altura do centrómero fórmase unha estrutura proteica chamada
cinetocoro que serve de anclaxe para os microtúbulos do cinetocoro que
proceden do centrosoma.
O conxunto de centrosomas (coas súas fibras do áster), fibras do
cinetocoro e fibras polares forman o fuso mitótico ou acromático
encargado de dirixir o movemento dos cromosomas durante a mitose.
Nas células vexetais tamén hai fuso acromático que se orixina a partir
de material denso de natureza proteica. Ao principio da profase hai un
COM preto do núcleo na denominada zona clara que actúa como os
centrosomas animais.
Comeza a
desaparecer a
envoltura nuclear
e os nucléolos
Empezan a
visualizarse os
Cromosomas
formados por dúas
cromátides unidas
polo centrómero
Os centriolos
duplicados van
ós polos opostos
da célula
Empézase a
constituir o
fuso mitótico
Fibras do áster
Nucléolo
Desaparece a
envoltura
nuclear e os
nucléolos
Microtúbulos
do cinetocoro
Fibras polares
Fibras do áster
METAFASE
O movemento dos microtúbulos cinetocóricos que se dirixen dende cada
cromátide cara os polos opostos obriga aos cromosomas, que xa teñen o seu
máximo grao de condensación (cromosoma metafásico), a aliñarse no plano
ecuatorial da célula constituíndo a placa metafásica ou ecuatorial.
Cada cromátide irmán queda orientada cara un polo da célula. Deste xeito
cada cromosoma forma un ángulo recto co feixe do fuso mitótico.
As dúas cromátides de cada cromosoma se separan debido a división do
centrómero que as mantiña unidas. Este feito marca o final da metafase e o
principio da anafase.
Os cromosomas
colócanse no
ecuador da célula
formando a
placa ecuatorial
ANAFASE
Os microtúbulos do cinetocoro acúrtanse e arrastran ás cromátides de
cada cromosoma (cromátides fillas ou irmáns) en sentido contrario
separándoas e levándoas cada unha a un polo da célula. Cada
cromátide é considerada xa un novo cromosoma.
O movemento prodúcese pola polimerización-despolimerización da
tubulina dos microtúbulos. Os cinetocóricos despolimerízanse a nivel do
cinetocoro e os polares polimerízanse separando cada vez máis os polos
e en consecuencia, alonxando as cromátides irmáns entre sí.
Na migración, estes novos cromosomas adquiren a súa característica
forma de “V” co vértice dirixido cara os polos.
Fórmanse así 2 grupos idénticos de cromosomas fillos que se dirixen a
cada polo do fuso acromático.
Cara o final da anafase os cromosomas fillos sitúanse nos arredores dos
centrosomas fillos.
Habitualmente a finais da anafase comeza en paralelo a citocinese.
As cromátidas
irmáns de cada
cromosoma
sepáranse, cada
unha
vai a un polo
A célula comenza
a estrangularse (en
células animais)
Inicio da citocinese.
Os cromosomas
fillos están xa
próximos aos
centrosomas fillos
TELOFASE
Os dous grupos de cromosomas fillos formados durante a anafase darán
lugar agora aos núcleos das futuras células fillas. Os acontecementos que
transcorren na telofase son similares, pero inversos aos da profase. Os
cromosomas descondénsanse facéndose cada vez máis longos e delgados
ata facerse indistinguibles como unidades discretas e adoitar o aspecto
característico da cromatina interfásica. A partir dos organizadores
nucleolares aparecen de novo os nucléolos e as membranas do R.E.
organizan e reconstrúen a envoltura nuclear que encerra a cada grupo de
cromosomas en cada polo da célula.
Simultaneamente os microtúbulos do fuso mitótico despolimerízanse ata
desaparecer.
O resultado final da mitose é que a partir dun núcleo nai fórmanse dous
núcleos fillos cada un deles cunha dotación cromosómica idéntica á nai.
Empeza a formarse
a envoltura
Nuclear e os
nucléolos
Os cromosomas
descondénsanse
DIVISIÓN DO CITOPLASMA: CITOCINESE
A finais da anafase (anafase tardía) comeza o proceso de citocinese
ou división do citoplasma.
O proceso ocorre de xeito moi diferente atendendo a se se trata
dunha célula animal ou dunha vexetal.
Nas células animais á altura do plano ecuatorial do fuso acromático
e baixo a membrana plasmática fórmase un anel de filamentos
contráctiles de actina e miosina que se irán estreitando orixinando
un surco de segmentación e provocando, en último termo, a
separación das dúas células fillas.
Nas células vexetais fórmase un tabique de separación entre as células
fillas.
Este tabique é orixinado pola deposición de substancias, procedentes
de vesículas de secreción do Aparello de Golgi, nun sistema de
microtúbulos proteicos denominados fragmoplasto.
Nun principio fórmase a lámina media a partir destas substancias
secretadas por vesículas.
As células fillas fabrican a partir desta lámina a súa propia parede
vexetal de celulosa.
DIVISIÓN DO CITOPLASMA: CITOCINESE
PROFASE METAFASE ANAFASE TELOFASE
Resumindo: MITOSE
Citocinese
O nº de cromosomas é constante e característico nas células somáticas de
cada especie.
Nas especies diploides cada cromosoma ten o seu homólogo, e dicir, a
dotación cromosómica está constituida por parellas de cromosomas. Dise
que hai dúas series de n cromosomas = 2n cromosomas.
Nas especies haploides a dotación cromosómica débese a unha única
serie de cromosomas e fálase de n cromosomas.
Mediante a mitose, como dixemos, cada célula filla recibe unha cromátida
irmán de cada cromosoma. Estas cromátidas irmáns proceden da copia
que fixera a célula nai do seu cromosoma orixinal (período S, da
interfase). Polo tanto, as células fillas reciben o mesmo número de
cromosomas que tiña a célula nai mantendo a dotación cromosómica da
especie xeración tras xeración.
MITOSE E NÚMERO DE CROMOSOMAS
RENOVACIÓN CELULAR
A división celular cumpre dous obxectivos fundamentais:
1) O crecemento do organismo.
2) A substitución das células que morren ou foron
destruídas.
O ritmo de división varía entre os distintos organismos; e dentro de
cada organismo depende da idade e do tipo celular.
4. REPRODUCIÓN
Reprodución: Conxunto de procesos mediante os cales as células e
os organismos producen descendentes semellantes a eles mesmos,
perpetuando a vida e asegurando a supervivencia da especie.
Tipos de reprodución: hai unha grande variedade de mecanismos
reprodutivos nos seres vivos que, en xeral, agrupamos en dous tipos:
reprodución asexual ou agamia e reprodución sexual ou gámica.
Nalgúns organismos danse os dous tipos de reprodución o longo do seu
ciclo biolóxico e fálase nese caso de reprodución alternante.
4.1. REPRODUCIÓN ASEXUAL OU AGAMIA
É aquela que non necesita de células especializadas, senón que un único
organismo xera copias idénticas de si mesmo. Aparece en todo tipo de
organismos, aínda que adoita ir acompañada da sexual para asegurar a
variabilidade.
Vantaxes:
1) É moi útil para organismos sésiles ou pouco móbiles.
2) Pódese levar a cabo cun só individuo.
3) Pode dar lugar a grande cantidade de individuos.
Inconvintes:
1) Non aumenta a variabilidade xenética.
Hai moitos tipos diferentes de reprodución asexual. En animais: amitose,
bipartición, escisión múltiple, xemación... En plantas: bipartición,
fragmentación, propágulos, esporulación...
CARACTERÍSTICAS DA REPRODUCIÓN ASEXUAL
Un só individuo orixina a descendencia a partir dunha unidade
reprodutora (unha célula ou un grupo de células).
Os descendentes son xenéticamente idénticos os proxenitores.
As únicas variacións débense a erros de copia (Mutacións).
Tipos de reprodución asexual : existen distintas modalidades de
reprodución asexual, pero en todas elas prodúcese división do núcleo
por mitose (excepción da amitose), previa á citocinese para garantir o
reparto equitativo do material xenético.
Bipartición : En Moneras e Protoctistas. A unidade reprodutora é toda a
célula que se divide en dúas células fillas.
Xemación : tanto en uniceluraes (fermentos) como en pluricelulares (en
animais sinxelos). Consiste na formación dunha protuberancia chamada
xema que pode crecer e formar un individuo adulto.
Escisión ou Fragmentación : en invertebrados sinxelos como anémonas de
mar (celentéreos), vermes mariños (anélidos e platelmintos). Rotura
espontánea do proxenitor en dous ou máis fragmentos cada un dos cales
orixinará un novo individuo.
Multiplicación vexetativa: a partir de células somáticas en plantas, é dicir,
de partes da planta. Son por exemplo os estolóns, bulbos e tubérculos.
Esporulación : típica dos fungos e vexetais. Consiste en sucesivas divisións
do núcleo da célula nai que se rodean dunha porción de citoplasma e son
liberadas como esporas con capacidade de xerar un novo individuo.
Bipartición
Xemación en fermentos
Multiplicación en plantas
Xemación en animais
Esporulación
©veganimal.wikispaces
4.1. REPRODUCIÓN SEXUAL OU GAMIA
É aquela na que células especializadas (gametos ou células sexuais)
se fusionan para formar un cigoto a partir de o cal desenvolverase o
novo individuo.
Vantaxes:
1) Permite unha maior variabilidade xenética (recombinación
xenética) sobre a que pode actuar a selección natural e polo tanto,
favorece a supervivencia da especie.
Desvantaxes:
1) Ten que haber dous proxenitores.
2) Os gametos deben atoparse (grandes cantidades e móbiles) e
ademais necesitan un medio acuático (dificultade en organismos
terrestres).
A maioría dos pluricelulares reprodúcense sexualmente, aínda que neles
o máis habitual é que haxa alternancia entre a sexual e a asexual. Esto é o
que sucede nos vexetais, nos fungos e nalgúns animais.
O obxectivo primordial da reprodución sexual é formar descendentes con
caracteres distintos. Para elo é necesario:
1. Formar gametos.
2. Constituír o zigoto.
3. Desenvolver ese zigoto para orixinar un individuo.
Todos os organismos, mesmo os pluricelulares, se orixinan a partir dun
cigoto por sucesivas divisións mitóticas. Só os gametos (en plantas e
animais) e as meiósporas (en fungos e plantas) sofren unha división
reducional (meiose).
Liña somática e liña xerminal :
Nos organismos unicelulares, a única célula é a súa vez a célula reprodutora.
Nos organismos pluricelulares, as células non especializadas (células
somáticas) constitúen a liña somática ou soma. Polo contrario, as células
especializadas na reprodución (células xerminais) constitúen a liña
xerminal ou xerme.
Existen dous tipos de células xerminais:
Esporas sexuais: desenvólvense directamente para orixinar un novo
individuo sen fusión. Se sofren meiose chámanse meiósporas.
Gametos: na maioría dos casos, precisan unirse a outro gameto para
formar o cigoto que por multiplicacións orixinará o novo individuo.
REPRODUCIÓN
Fixádevos no
ciclo dos
fentos a
diferenza
entre o que é
unha espora
e un gameto.
5. MEIOSE
A meiose é un tipo de división reducional, xa que a partir dunha célula nai
diploide (2n) fórmanse 4 células fillas haploides (n), é dicir, coa metade do
contido de ADN da célula proxenitora (a metade de cromosomas).
Nos Vertebrados prodúcese nas gónadas (testículos e ovarios) e as células
orixinadas son os gametos.
Na meiose hai dúas divisións sucesivas que orixinan catro células fillas,
todas diferentes xenéticamente a célula nai.
Xeralmente adoita dicirse que a meiose consta de dúas divisións sucesivas:
Primeira división meiótica ou Meiose I: é unha división reducional xa que
a célula nai (2n) orixina células fillas (n).
Segunda división meiótica ou Meiose II: é unha división ecuacional posto
que as células fillas manteñen o mesmo nº de cromosomas que as
proxenitoras. É similar a unha mitose.
Antes da meiose, ao igual que na mitose,hai tamén unha interfase co seu
período S no que sucede a duplicación do ADN. Non sucede isto, sen
embargo entre as dúas divisións meióticas, polo que a segunf¡da división
sucede sen previa duplicación.
Ademais como veremos durante este tipo de división prodúcese o
intercambio de material xenético (recombinación xenética) entre cromátides
non irmáns de cromosomas homólogos que é esencial para asegurar a
variabilidade.
Por outra banda, a 1º división reducional permite manter constante o nº de
cromosomas tras a fecundación.
5.1. MEIOSE I
É a división reducional. Divídese en catro fases: Profase I, Metafase I,
Anafase I e Telofase I.
PROFASE I
Constitúe a fase máis característica da meiose porque nela suceden a
maioría dos procesos diferenciadores deste tipo de división. O ADN
condénsase e os dous cromosomas homólogos (un do pai e outro da nai)
de cada parella se xuntan para formar o par bivalente ou tetrada na que
se producirá a recombinación xenética. A profase I adoita dividirse en 5
etapas: Leptoteno, Zigoteno, Paquiteno, Diploteno e Diacinese.
Leptoteno: comeza a condensarse o ADN e fórmanse os cromosomas.
Cada cromosoma está formado por dúas cromátides (cromátides irmáns)
que todavía non son visibles.
Zigoteno: Aparéanse os cromosomas homólogos (sinapse) grazas a
formación do complexo sinaptonémico de natureza proteica.
Emparéllanse xen a xen quedando enfrontados segmentos de cada
cromosoma homólogo que leva información para os mesmos caracteres.
Estes pares de cromosomas unidos tras a sinapse denomínanse tetradas
(4 cromátides) ou bivalentes (2 cromosomas).
Paquiteno: entre as cromátides non irmáns de cada tetrada prodúcese o
entrecruzamento (intercambio de fragmentos de ADN). Como cada
homólogo procede dun proxenitor, este feito permite reunir nun mesmo
cromosoma información de ambolos dous proxenitores e é a base da
recombinación xenética que estudiaremos no seguinte tema.
Diploteno: desaparece o complexo sináptonémico e os cromosomas
repélense, pero todavía permanecen unidos nuns puntos denominados
quiasmas que coinciden con lugares nos que se produciu o
entrecruzamento.
Diacinese: a condensación permite xa diferenciar perfectamente as dúas
cromátides de cada cromosoma. Cada tetrada está composta por 4
cromátides (cromátides irmáns unidas polo centrómero e cromátides non
irmáns unidas polos quiasmas).
Ao longo da Profase I a envoltura nuclear e os nucléolos van desaparecendo e
asemade o fuso acromático (meiótico) que se foi formando pode interactuar
cos cromosomas a nivel do cinetocoro.
METAFASE I
As fibras do cinetocoro dispoñen os bivalentes na metade da célula
formando a placa ecuatorial, pero a diferenza da mitose o plano ecuatorial
non corta polos centrómeros de cada cromosoma senón polas quiasmas de
cada tetrada. Son as parellas de cromosomas homólogos as que se
dispoñen no ecuador da célula e non cromosomas solitarios. A finais da
metafase desaparecen as quiasmas.
ANAFASE I
Trala rotura das quiasmas cada homólogo desprázase a un polo da célula
grazas aos microtúbulos cinetocóricos. Fórmanse deste xeito dous grupos
de cromosmas fillos nos arredores dos centrosomas fillos que xa estaban
situados nos polos dende a profase I.
TELOFASE I
Nalgunhas especies comeza neste período unha descondensación dos
cromosomas e a formación dunha envoltura nuclear de curta duración, unha
breve interfase sen duplicación do ADN. Noutras non sucede nada disto e se
inicia a segunda división meiótica.
5.2. MEIOSE II
Na breve interfase anterior, denominada normalmente intercinese, non
hai duplicacióndo ADN. É similar a unha mitose, excepto porque só hai
un cromosoma homólogo de cada tipo.
PROFASE II: sen interfase nin duplicación, vólvese a formar o fuso e cada
cromosoma formado por dúas cromátides móvense cara o ecuador da
célula. Duplícanse os diplosomas.
METAFASE II: os cromosomas atópanse no ecuador. Placa ecuatorial.
ANAFASE II: sepáranse as cromátides irmáns e cada unha vai a un
extremo da célula, poden ser consideradas xa novos cromosomas.
TELOFASE II : Descondénsanse os cromosomas e rodéanse de envoltura
nuclear para formar os núcleos.
CITOCINESE: orixínanse 4 células haploides distintas da célula nai.
5.2. MEIOSE II
INTERFASE (duplicación del
ADN)
1. PROFASE I (Condensación dos
cromosomas)
2. METAFASE I (Os cromosomas
dispóñense en parellas
no ecuador da célula
(cromosomas homólogos))
3. ANAFASE I (Separación dos
cromosomas)
4. TELOFASE I e
CITOCINESIS
5. PROFASE II (vólvese a formar o fuso)
Células fillas
6. ANAFASE II (Separación de
cromátides)
7. TELOFASE e
CITOCINESIS
MEIOSIS I (separación de cromosomas
homólogos)
MEIOSE II (separación de cromátides irmáns)
SOBRECRUZAMENTO
MEIOSE I (separación de cromosomas homólogos)
Ver vídeo
9. A MEIOSE
COMPARACIÓN MITOSE-MEIOSE
MITOSE MEIOSE
Prodúcese nas células somáticas Só se produce nas células nai dos
gametos
Non hai emparellamento de
cromosomas, polo que sucede
tanto en haploides como diploides
Precisa células diploides porque
hai emparellamento de
cromosomas
O núcleo divídese unha vez O núcleo divídese dúas veces
Non hai sobrecruzamento Na profase I hai sobrecruzamento
entre cromosomas homólogos
Na anafase sepáranse cromátides
irmáns
Na anafase I sepáranse
cromosomas homólogos e na
anafase II cromátides irmáns
Orixínanse dúas células fillas
idénticas á nai (só variación por
mutacións)
Orixínanse catro células fillas
distintas á nai (variabiliadade por
mutación e por recombinación
xenética)
COMPARACIÓN MITOSE-MEIOSE
SIGNIFICADO DA MITOSE E DA MEIOSE
Son dous mecanismos de división celular cun significado biolóxico
diferente:
Nos pluricelulares, a mitose supón crecemento a partir da célula ovo
ou zigoto, e renovación e reparación de tecidos.
Nos unicelulares, a mitose supón xerar descendencia (reprodución
asexual) idéntica ao proxenitor.
A meiose, permite formar gametos haploides que o fusionarse
(fecundación) orixinan un cigoto diploide. Posibilita, polo tanto, manter
un número constante de cromosomas nos organismos con reprodución
sexual. Ademais, asegura a variabilidade xenética (recombinación
xenética e segregación independente).
SIGNIFICADO DA MITOSE E DA MEIOSE
FORMACIÓN DOS GAMETOS
Os gametos son as células reprodutoras producidas nas gónadas mediante
meiose.
O proceso de formación de gametos denomínase gametoxénese,hai dous tipos:
Espermatoxénese: formación dos espermatozoides nos testículos. Cada
célula nai diploide produce 4 células haploides diferentes que por
diferenciación orixinarán os espermatozoides (dous cun cromosoma X e
outros dous cun Y)
Ovoxénese: formación dos óvulos nos ovarios. Cada célula nai diploide
produce 4 células haploides, unha delas orixinará un óvulo, as outras tres
formarán os corpúsculos polares que dexenerarán. Todos os óvulos levan un
cromosoma X.
©elrincondelvago
12. CICLOS BIOLÓXICOS
Un ciclo biolóxico son as distintas etapas que atravesa un organismo ao
longo da súa vida dende que se forma o cigoto ata que alcanza a madurez
sexual e produce gametos para perpetuar a especie.
Diferenciamos tres tipos:
CICLO HAPLONTE: o típico de individuos adultos haploides. O cigoto é
o que sofre meiose.
CICLO DIPLONTE: característico de adultos diploides. Son os gametos
os que sofren meiose.
CICLO DIPLOHAPLONTE: presentan alternancia de xeracións de
adultos haploides (gametófito) e diploides (esporófito). Son as esporas
as que sofren meiose.
6. CICLOS BIOLÓXICOS
Ciclo haplonte
En algas e fungos unicelulares
HAPLOIDE DIPLOIDE
Cigoto (2n)
Fecundación
Meiose Célula (n)
Gametos (n)
Fusión de gametos
Ciclo diplonte
En casi todos os animales
HAPLOIDE DIPLOIDE Fecundación
Cigoto (2n)
Gametos (n)
(2n) MEIOSE
Ciclo diplohaplonte
En plantas e en algunhas algas e fungos
Gametos (n)
HAPLOIDE
DIPLOIDE
Fecundación
Meiose
Esporas (n)
Cigoto (2n)
(n)
(2n)
Grazas por atenderme
WEBGRAFÍA
http://www.biologia.edu.ar/cel_euca/images/chromo1.gif
http://www.bionova.org.es/biocast/tema12.htm