RESOLUCIÓN ALCALDÍA CONVOCATORIA E BASES …€¦ · de peón para a Brigada de prevención e...

19
EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421 Praza do Concello, 1 27740 Mondoñedo ( Lugo) RESOLUCIÓN ALCALDÍA CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN CONVOCADO PARA UNHA BRIGADA DE PROTECCIÓN E MANTEMENTO DE ESPAZOS NATURAIS DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO O Concello de Mondoñedo e a Consellería do Medio Rural asinaron o día 5 de xullo de 2016 un convenio de colaboración para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, destinado a subvencionar o funcionamento dunha brigada efectiva composta de 5 membros por xornada de traballo, actuando un deles como responsable e coordinador do funcionamento desta para establecer as relacións operativas e de comunicación co Distrito Forestal ao que pertenza o Concello. Existe unha urxente necesidade de contar con persoal especializado nestas tarefas dado que este Concello non conta con persoal contratado especializado ao respecto e o único servizo especializado nas comarcas para este tipo de intervencións están ubicados nos Parques Comarcais de Bombeiros e nos Servizos de Prevención e Extinción de Incendios dependentes do Distrito Forestal, que conta coa súa sede en Viveiro, o que supón un retraso na intervención por motivo de desprazamento, dependendo do lugar onde se teña que actuar. Vaise intervir ante situacións de emerxencia que en moitas ocasións implican unha intervención inmediata, onde o Concello non conta con persoal especializado e onde o esperar polo persoal do Parque Comarcal de Bombeiros ou polo persoal dependente do Distrito Forestal agrava aínda máis a situación, xa que o factor tempo xoga un papel moi importante en determinadas situacións, téndose que minimizar en todo momento o tempo de chegada ao lugar de intervención. A alcaldesa realizou unha memoria o día 7 de xullo de 2017 que xustifica a necesidade inaprazable, urxencia, excepcionalidade e prioridade de realizar este proceso selectivo. Considerando a Lexislación en materia de selección de persoas comprendida na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, Texto Refundido das Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, Lei 5/1997, do 22 de xuño, de Administración Local de Galicia, Lei 7/2007, do 7 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, e demais disposicións aplicables, e tendo en conta que se considera servizo prioritario, en virtude de acordo plenario de data 13 de maio de 2016. Vista a imposibilidade de convocar a Xunta de Goberno Local e debido á urxencia da convocatoria deste proceso selectivo, esta Alcaldía en virtude das facultades conferidas na lexislación vixente, RESOLVE: Primeiro.- Avogar a competencia precisa, de xeito puntual, co único obxecto

Transcript of RESOLUCIÓN ALCALDÍA CONVOCATORIA E BASES …€¦ · de peón para a Brigada de prevención e...

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

RESOLUCIÓN ALCALDÍACONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN CONVOCADO PARA UNHA BRIGADA DE PROTECCIÓN E MANTEMENTO DE ESPAZOS NATURAIS DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDOO Concello de Mondoñedo e a Consellería do Medio Rural asinaron o día 5 de xullo de 2016 un convenio de colaboración para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, destinado a subvencionar o funcionamento dunha brigada efectiva composta de 5 membros por xornada de traballo, actuando un deles como responsable e coordinador do funcionamento desta para establecer as relacións operativas e de comunicación co Distrito Forestal ao que pertenza o Concello.Existe unha urxente necesidade de contar con persoal especializado nestas tarefas dado que este Concello non conta con persoal contratado especializado ao respecto e o único servizo especializado nas comarcas para este tipo de intervencións están ubicados nos Parques Comarcais de Bombeiros e nos Servizos de Prevención e Extinción de Incendios dependentes do Distrito Forestal, que conta coa súa sede en Viveiro, o que supón un retraso na intervención por motivo de desprazamento, dependendo do lugar onde se teña que actuar.Vaise intervir ante situacións de emerxencia que en moitas ocasións implican unha intervención inmediata, onde o Concello non conta con persoal especializado e onde o esperar polo persoal do Parque Comarcal de Bombeiros ou polo persoal dependente do Distrito Forestal agrava aínda máis a situación, xa que o factor tempo xoga un papel moi importante en determinadas situacións, téndose que minimizar en todo momento o tempo de chegada ao lugar de intervención.A alcaldesa realizou unha memoria o día 7 de xullo de 2017 que xustifica a necesidade inaprazable, urxencia, excepcionalidade e prioridade de realizar este proceso selectivo.Considerando a Lexislación en materia de selección de persoas comprendida na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, Texto Refundido das Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, Lei 5/1997, do 22 de xuño, de Administración Local de Galicia, Lei 7/2007, do 7 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, e demais disposicións aplicables, e tendo en conta que se considera servizo prioritario, en virtude de acordo plenario de data 13 de maio de 2016.Vista a imposibilidade de convocar a Xunta de Goberno Local e debido á urxencia da convocatoria deste proceso selectivo, esta Alcaldía en virtude das facultades conferidas na lexislación vixente,RESOLVE:Primeiro.- Avogar a competencia precisa, de xeito puntual, co único obxecto

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

de realizar unha convocatoria para selección e posterior contratación dun emprego de xefe de brigada, un emprego de peón condutor e tres empregos de peón para a Brigada de prevención e defensa contra incendios, mediante contratacións de carácter laboral temporal a tempo completo, contrato por obra/servizo determinado, por un período de tres meses, no período comprendido entre o 1 de xullo e o 31 de outubro, salvo modificación pactada entre a consellería e o concello.Segundo.- Aprobar as bases que rexerán esta convocatoria que se xuntan como anexo ao expediente.Terceiro.- Realizar a convocatoria mediante a publicación do anuncio da convocatoria no diario El Progreso, a publicación das bases na web do concello www.concellomondonedo.es, así como realizar unha Oferta de Emprego na Oficina Pública de Emprego de Mondoñedo, nas categorías seguintes:

- 1 Emprego de Xefe de Brigada: Técnico de Prevención de Incendios/encargado en posesión dalgunha das seguintes titulacións Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, Técnico Superior en Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxísticos, Técnico en Traballos Forestais e Conservación do Medio Natural ou formación profesional equivalente, que ademais conte co permiso de condución B.

- 1 Emprego de Peón Condutor: Traballador Retén Incendios (Axudante)/peón forestal que terá o permiso de condución B.

- Tres peóns de brigada: Traballador Retén Incendios (Axudante)/peón forestal.

Cuarto.- Dar conta da presente resolución á Xunta de Goberno Local e ao Pleno, na vindeira sesión que se celebre.Mondoñedo, na data de sinatura(documento asinado dixitalmente a marxe)

BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN CONVOCADO PARA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO

PRIMEIRA.— OBXECTO

Esta convocatoria e bases reguladoras, teñen por obxecto a selección e posterior contratación de carácter laboral temporal a tempo completo, por obra/servizo, ao abeiro do Convenio de colaboración asinado entre a Consellería do Medio Rural e este Concello, o día 5 de xullo de 2016, para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinancidado parcialmente co Fondo Europeo

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, para a contratación de:

- Un emprego de XEFE DE BRIGADA- Un emprego de PEÓN CONDUTOR- Tres empregos de PEÓNS DE BRIGADA

do Concello de Mondoñedo mediante o sistema de CONCURSO - OPOSICIÓN, por un período de tres meses, no período comprendido entre o 1 de xullo e o 31 de outubro, salvo modificación pactada entre a consellería e o concello.

Os compoñentes da brigada realizarán labores de prevención de incendios forestais, sempre que non sexan requiridos para a defensa destes, durante cada un dos meses de vixencia do contrato, con plena dispoñibilidade, incluíndo nela traballos en sábados, domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias.

As labores a desenvolver consistirán na realización dos seguintes traballos: - Traballos de vixilancia e defensa contra os incendios forestais: A brigada colaborará prioritariamente con respecto a outros traballos na defensa e extinción de incendios forestais integrándose no dispositivo do Distrito Forestal onde se sitúe o concello, segundo o disposto no artigo 47 da Lei 43/2003, de montes e no artigo 48.6 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais e o Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (en adiante Pladiga). Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, o órgano autonómico poderá decidir a mobilización destes medios fóra do seu termo municipal, conforme ao disposto no PLADIGA no que expresamente se prevé como se producirá a coordinación en tales supostos. A integración no dispositivo do Servicio de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) realizarase baixo o mando único descrito no PLADIGA. A entidade local adherirase ao procedemento operativo do PLADIGA 2016 como plan director. Os traballos de extinción serán marcados sempre por persoal do SPDCIF ao responsable da brigada.- Labores encamiñadas á prevención que diminúan o risco de propagación e minoren os danos dos incendios, no caso de producirse. Dentro destas labores, inclúense actuacións manuais en viais e camiños forestais, áreas cortalumes e faixas de xestión de biomasa, mediante roza, rareo e eliminación de restos, cun mínimo de 10 has. ou a superficie reflectida no programa de actuación deseñado por este concello, nos tres meses de operatividade da brigada.

Salario bruto mensual que inclúe a parte proporcional da paga extraordinaria:

- Xefe brigada: 1.283,33 €/mes

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

- Peón condutor: 1.166,67 €/mes- Peón: 950,83 €/mes

SEGUNDA.— NORMATIVA APLICABLE

Ás probas selectivas, no non previsto nas presentes bases, resultará de aplicación o TREBEP. Así mesmo e nos aspectos non derrogados expresamente e que non se opoñan ao disposto no TREBEP, tamén será de aplicación:

- Lei 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao Servizo das Administracións Públicas.

- Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas de Reforma para a Función Pública.

- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.- Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o

Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local.

- Decreto 364/1995, do 10 de marzo, que aproba o Regulamento Xeral de Ingreso de Persoal ao Servizo da Administración do Estado.

- Lei 5/1997, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia.

- Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Función Pública.

- Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia.- Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común

das Administracións Públicas.- Demais disposicións aplicables.

TERCEIRA.— REQUISITOS DOS ASPIRANTES

1.- Con carácter xeral, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, na data en que remate o prazo de presentación de instancias para poder tomar parte nas probas de selección:

a) Ser español ou nacional doutros estados nos termos do artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015 do 30 de outubro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Púbico.

b) Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas.c) Ter cumpridos dezaseis anos.d) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de

calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial,

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

para exercer funcións similares ás que desempeñaban, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

e) Estar en posesión do título académico esixido, ou en disposición de obtelo, na data en que remate o prazo de presentación de instancias, neste caso

- Xefe de brigada: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, Técnico Superior en Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxísticos, Técnico en Traballos Forestais e Conservación do Medio Natural ou formación profesional equivalente.

- Peón condutor e Peón de brigada: Graduado en Eso ou equivalente homologado.

f) Estar en posesión do permiso de condución B si se opta aos empregos de Xefe de Brigada e Peón condutor.

g) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que impida o desenvolvemento das funcións do emprego.

h) Os aspirantes que padezan minusvalía deberán facelo constar expresamente na instancia.

i) En canto ao coñecemento do idioma galego, estar en posesión do seguinte diploma:

- Xefe de brigada: Celga 3 - Peón condutor e Peón de brigada: Celga 2 certificado ou curso homologado polo órgano competente en materia de

política lingüística, e, no seu defecto, mediante proba escrita que se lle realizará ao aspirante.

CUARTA.—SOLICITUDES

1.— As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo convocado, isto é, deberano facer constar mediante unha instancia, modelo Anexo I, dirixida á Sra. Alcaldesa - Presidenta do Concello, na que manifestarán, ademais dos datos persoais co enderezo, a denominación do emprego convocado ao que optan e que reúnen todos e cada un dos requisitos da presente convocatoria.

2.— O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte da publicación do anuncio no diario El Progreso. Tamén se realizarán sendas ofertas na respectiva categoría de acordo co código nacional de ocupacións (CNO) na oficina do Servizo Público de Emprego de Mondoñedo e publicaranse as presentes bases na web municipal: www.concellomondonedo.es

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

3.— As instancias deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mondoñedo ou mediante algunha das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Cómpre que o concello teña constancia da presentación desta documentación no prazo en que remata o día de presentación de instancias.

A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:

Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, compulsada por ámbalas caras.

Fotocopia compulsada da titulación académica esixida. Fotocopia do permiso de conducir, no caso de xefe de brigada e

no caso de peón condutor. Fotocopia compulsada do Celga 3 (Xefe de brigada) ou Celga 2

(peón condutor e peón de brigada). Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos dos méritos

alegados para a súa valoración na fase de concurso (esta documentación non será excluínte para a confección da lista provisional de admitidos e excluídos). A non acreditación dos méritos alegados determinará que estes non serán tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán aínda que se acrediten fóra do prazo de presentación de instancias xa que non poderá subsanarse.

QUINTA.- ADMISIÓN DE SOLICITUDES

1.- Rematado o prazo para presentar as instancias a Alcaldesa ditará resolución comprensiva que conterá:

- A lista provisional de admitidas/os e excluídas/os coa especificación, de ser o caso, do motivo de exclusión.

- A designación do tribunal cualificador e a data da súa constitución.

- A data, hora e lugar en que se realizará a valoración de méritos, a proba práctica e de ser o caso, a proba de galego.

Esta resolución publicarase de xeito íntegro no taboleiro de anuncios do Concello.

2.- Durante un (1) día hábil seguinte á publicación da lista provisional de admitidos e excluídos, unicamente os/as excluídos/as poderán solicitar a subsanación de erros e presentar reclamacións á lista provisional. Quen non

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

presentara a reclamación no prazo indicado, decaerá do seu dereito sendo excluído definitivamente da lista de aspirantes.

No caso de non haber excluídos, a lista provisional elevarase a definitiva automaticamente.

3.- As reclamacións, se as houbera, serán aceptadas ou rexeitadas mediante Resolución pública de Alcaldía, no taboleiro de anuncios, aprobando a lista definitiva de admitidos e excluídos.

4.- Porén, se en calquera momento posterior á aprobación da lista definitiva, se advertise nas solicitudes inexactitude ou falsidade que fora causa de exclusión, esta considerarase defecto insubsanable e a alcaldía resolverá a dita exclusión.

SEXTA.—TRIBUNAL CUALIFICADOR

Os membros do Tribunal Cualificador e suplentes serán designados pola Sra. Alcaldesa – Presidenta mediante resolución.

O tribunal estará integrado polos seguintes membros atendendo á paridade entre home e muller:

- Presidente: Un empregado público, con voz e voto.- Secretario: O da Corporación ou empregado público en quen

delegue, con voz e voto.- Vogais: tres empregados públicos, con voz e voto.

O Tribunal Cualificador deberá constituírse na data que designe a Sra. Alcaldesa, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos membros titulares ou suplentes e sempre coa presenza do Presidente e o Secretario.

Os membros do Tribunal, posuirán titulación ou especialización de grao igual ou superior ao esixido para acceder ao emprego.

Na sesión constitutiva adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento do proceso. Os seus acordos serán impugnables nos supostos e na forma establecida pola Lei 39/2015, de 1 de outubro.

Os acordos serán adoptados pola maioría simple dos asistentes con voz e voto, dirimindo os empates o voto de calidade do presidente.

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

Cada tribunal poderá dispoñela incorporación aos seus traballos de asesores especialistas, con voz e sen voto, limitándose os asesores a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas.

Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándolle á Alcaldía cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, así como cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas de acceso nos cinco anos inmediatamente anteriores á publicación desta convocatoria, consonte o disposto no artigo 13.2º do Real Decreto 634/1995, de 10 de marzo, do regulamente xeral de ingreso.

Así mesmo, os interesados poderán recusar ós membros do tribunal cando, ó seu xuízo, concorra neles algunha das circunstancias previstas no parágrafo anterior, conforme ó artigo 24 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

SÉTIMA.—SISTEMA DE SELECCION E CUALIFICACION

O sistema de selección será o de CONCURSO – OPOSICIÓN.

1.- XEFE DE BRIGADA

FASE DE CONCURSO: que consistirá na valoración dos méritos alegados e debidamente acreditados polas persoas aspirantes segundo o seguinte baremo:

1.- EXPERIENCIA PROFESIONAL: Por servizos efectivamente prestados en empregos de similares características e funcións ao emprego que se opta:

a) Na Administración Pública: 0,06 puntos/mes.b) Na empresa privada: 0,03 puntos/mes.Non se computarán as fraccións inferiores a un mes. En todos os

casos os meses consideraranse de 30 días naturais.

- no caso de traballador por conta allea: para acreditar a experiencia laboral presentaranse dous documentos:

a) Informe de Vida Laboral segundo os datos proporcionados pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

b) Copia compulsada do contrato de traballo.

Estes documentos poderán ser substituídos por un Certificado de Servizos, no caso de Administración ou Certificado de Empresa, no caso de empresa privada, sempre que queden acreditados de forma clara e expresa, a ocupación, período traballado, e número de horas.

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

- no caso de traballadores autónomos: mediante o Informe de Vida Laboral, expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social na que conste o epígrafe de cotización, así como o xustificante de alta no imposto de actividades económicas ou certificado acreditativo de estar de alta no dito imposto. Contrato de arrendamento de servizos ou calquera outro documento que acredite de forma clara e expresa a natureza da actividade.

- no caso de traballos realizados no estranxeiro: mediante certificación oficial na que conste a ocupación ou profesión exercida e coa categoría profesional esixida nas presentes bases e os seus períodos de tempo.

A puntuación máxima para o apartado de experiencia profesional é 3,50 puntos.

2.- FORMACIÓN:

A puntuación máxima para o apartado de formación é de 3,50 puntos.

2.1.- Cursos específicos.- Por cada curso, xornada, seminario, etc directamente relacionado co emprego a desenvolver, como poden ser os específicos de prevención de incendios ou relacionados neste ámbito, realizados nas Administracións Públicas, Escolas de Administración Pública, Universidades, Inem, organizacións sindicais así como os cursos homologados que teñan informe favorable da Comisión da Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia,

- Cursos de ata 50 horas: 0,50 puntos por cada un- Cursos de máis de 50 ata 100 horas. 0,60 puntos por cada un- Cursos de máis de 100 horas. 0,70 puntos por cada un

No apartado de formación presentarase o diploma orixinal (ou fotocopia compulsada) ou certificado (ou fotocopia compulsada) expedido pola organización da actividade. No mesmo deberá constar o número de horas.A puntuación máxima para o subapartado de cursos específicos é de 1,50 puntos.

2.2.- Cursos ou outra formación.- Por cada curso, xornada, seminario, etc. directamente relacionado coas funcións propias do emprego a que se opta realizados nas Administracións Públicas, Escolas de Administración Pública, Universidades, Inem, organizacións sindicais así como os cursos homologados que teñan informe favorable da Comisión da Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia :

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

- Cursos de duración inferior a 10 horas non se baremarán.- Cursos de 10 horas ata 25 horas: 0, 02 puntos por cada un.- Cursos de mais de 25 horas e ata 50 horas: 0,05 puntos por cada un.- Cursos de mais de 50 horas e ata 100 horas: 0,10 puntos por cada un.- Curso de mais de 100 horas e ata 150 horas: 0,15 punto por cada un.- Cursos de mais de 150 e ata 300 horas: 0,20 puntos por cada un.- Por cada curso de mais de 300 horas: 0,25 puntos.

No apartado de formación presentarase o diploma orixinal (ou fotocopia compulsada) ou certificado (ou fotocopia compulsada) expedido pola organización da actividade. No mesmo deberá constar o número de horas. Se das características do diploma, en base á súa duración ou datos similares pode deducirse que supera as dez horas, o tribunal poderá computaralos como pertencentes ao suposto de 10 ata 25 horas. Os cursos que, a xuízo do Tribunal, non estean debidamente acreditados ou non teñan relación coas funcións propias do emprego ao que se opta, non serán puntuados.

A puntuación máxima para o subapartado de cursos ou outra formación é de 2,00 puntos.

3.- POR DISPOR DOS PERMISOS DE CONDUCIR C ou C1:

- 0,50 ptos por posuir o C1- 1 pto por posuír o CA puntuación máxima para o apartado de outros permisos de conducir é de 1 punto.

De non presentarse a documentación acreditativa destes méritos ou se presentase outra diferente á aquí referida, a puntuación nestes apartados será cualificada como de 0 puntos.

Ningún mérito poderá puntuar en máis de un apartado.

2.- PEÓN CONDUTOR

FASE DE CONCURSO: que consistirá na valoración dos méritos alegados e debidamente acreditados polas persoas aspirantes segundo o seguinte baremo:

1.- EXPERIENCIA PROFESIONAL: Por servizos efectivamente prestados en empregos de similares características e funcións ao emprego que se opta:

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

a) Na Administración Pública: 0,06 puntos/mes.b) Na empresa privada: 0,03 puntos/mes.Non se computarán as fraccións inferiores a un mes. En todos os

casos os meses consideraranse de 30 días naturais.

- no caso de traballador por conta allea: para acreditar a experiencia laboral presentaranse dous documentos:

c) Informe de Vida Laboral segundo os datos proporcionados pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

d) Copia compulsada do contrato de traballo.

3.- ANTIGÜIDADE NO PERMISO DE CONDUCIR B: - 0,05 ptos por ano de antigüidade.A efectos do cómputo de antigüidade, computaranse desde a data de

expedición do permiso de conducción B ata o día en que remate o prazo de presentación de instancias.Non se computarán as fraccións inferiores a un ano.

A puntuación máxima para o apartado de antigüidade no permiso de conducir B é de 1 punto.

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

De non presentarse a documentación acreditativa destes méritos ou se presentase outra diferente á aquí referida, a puntuación nestes apartados será cualificada como de 0 puntos.

Ningún mérito poderá puntuar en máis de un apartado.

3.- PEÓN DE BRIGADA

FASE DE CONCURSO: que consistirá na valoración dos méritos alegados e debidamente acreditados polas persoas aspirantes segundo o seguinte baremo:

1.- EXPERIENCIA PROFESIONAL: Por servizos efectivamente prestados en empregos de similares características e funcións ao emprego que se opta:

a) Na Administración Pública: 0,06 puntos/mes.b) Na empresa privada: 0,03 puntos/mes.Non se computarán as fraccións inferiores a un mes. En todos os

casos os meses consideraranse de 30 días naturais.

- no caso de traballador por conta allea: para acreditar a experiencia laboral presentaranse dous documentos:

e) Informe de Vida Laboral segundo os datos proporcionados pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

f) Copia compulsada do contrato de traballo.

Estes documentos poderán ser substituídos por un Certificado de Servizos, no caso de Administración ou Certificado de Empresa, no caso de empresa privada, sempre que queden acreditados de forma clara e expresa, a ocupación, período traballado, e número de horas.

- no caso de traballadores autónomos: mediante o Informe de Vida Laboral, expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social na que conste o epígrafe de cotización, así como o xustificante de alta no imposto de actividades económicas ou certificado acreditativo de estar de alta no dito imposto. Contrato de arrendamento de servizos ou calquera outro documento que acredite de forma clara e expresa a natureza da actividade.

- no caso de traballos realizados no estranxeiro: mediante certificación oficial na que conste a ocupación ou profesión exercida e coa categoría profesional esixida nas presentes bases e os seus períodos de tempo.

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

A puntuación máxima para o apartado de experiencia profesional é 4,00 puntos. 2.- FORMACIÓN:

A puntuación máxima para o apartado de formación é de 4,00 puntos.

2.1.- Cursos específicos.- Por cada curso, xornada, seminario, etc directamente relacionado co emprego a desenvolver, como poden ser os específicos de prevención de incendios ou relacionados neste ámbito, realizados nas Administracións Públicas, Escolas de Administración Pública, Universidades, Inem, organizacións sindicais así como os cursos homologados que teñan informe favorable da Comisión da Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia,

- Cursos de ata 50 horas: 0,50 puntos por cada un- Cursos de máis de 50 ata 100 horas. 0,60 puntos por cada un- Cursos de máis de 100 horas. 0,70 puntos por cada un

No apartado de formación presentarase o diploma orixinal (ou fotocopia compulsada) ou certificado (ou fotocopia compulsada) expedido pola organización da actividade. No mesmo deberá constar o número de horas.A puntuación máxima para o subapartado de cursos específicos é de 1,50 puntos.

2.2.- Cursos ou outra formación.- Por cada curso, xornada, seminario, etc. directamente relacionado coas funcións propias do emprego a que se opta realizados nas Administracións Públicas, Escolas de Administración Pública, Universidades, Inem, organizacións sindicais así como os cursos homologados que teñan informe favorable da Comisión da Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia :

- Cursos de duración inferior a 10 horas non se baremarán.- Cursos de 10 horas ata 25 horas: 0, 02 puntos por cada un.- Cursos de mais de 25 horas e ata 50 horas: 0,05 puntos por cada un.- Cursos de mais de 50 horas e ata 100 horas: 0,10 puntos por cada un.- Curso de mais de 100 horas e ata 150 horas: 0,15 punto por cada un.- Cursos de mais de 150 e ata 300 horas: 0,20 puntos por cada un.- Por cada curso de mais de 300 horas: 0,25 puntos.

No apartado de formación presentarase o diploma orixinal (ou fotocopia compulsada) ou certificado (ou fotocopia compulsada) expedido pola organización da actividade. No mesmo deberá constar o número de horas. Se das características do diploma, en base á súa duración ou datos similares pode

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

deducirse que supera as dez horas, o tribunal poderá computaralos como pertencentes ao suposto de 10 ata 25 horas. Os cursos que, a xuízo do Tribunal, non estean debidamente acreditados ou non teñan relación coas funcións propias do emprego ao que se opta, non serán puntuados.

A puntuación máxima para o subapartado de cursos ou outra formación é de 2,50 puntos.

De non presentarse a documentación acreditativa destes méritos ou se presentase outra diferente á aquí referida, a puntuación nestes apartados será cualificada como de 0 puntos.

Ningún mérito poderá puntuar en máis de un apartado.

FASE DE OPOSICIÓN (COMÚN A TODOS OS EMPREGOS): Consistirá na realización das seguintes probas: a Fase de Oposición consistirá na realización dunha ou máis probas prácticas. Ten carácter obrigatoria e eliminatoria para as/os aspirantes. Nela analizarase a capacidade funcional das/dos aspirantes para levar a cabo as funcións propias do posto ao que se opta.

Cualificarase cunha puntuación de 0 a 12 puntos sendo necesario obter un mínimo de 6,00 puntos para poder superala proba.

Correspóndelle ao tribunal establecer o tempo máximo da proba ou probas a realizarse.

Os/as aspirantes deberán presentarse para realizar este exercicio provistos do DNI ou documento acreditativo fidedigno da súa personalidade a xuízo do tribunal.

PROBA DE GALEGO:

Será obrigatorio a superación dun segundo exercicio, proba de galego para aqueles candidatos que non teñan acreditado xunto coa instancia de solicitude estar en posesión do certificado Celga establecido na base terceira, equivalente ou superior.

Quedarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que coa instancia de solicitude presenten o certificado Celga 3 (xefe de brigada) e Celga 2 (peón condutor e peón de brigada), equivalente ou superior, debidamente homologado polo órgano competente na materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008 do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da Función Pública de Galicia, modificado pola Lei 2/2009, do 23 de xuño.

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

Coa finalidade de cumprir co previsto no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, este exercicio consistirá na tradución, sen dicionario, dun texto de castelán ao galego e/ou de galego a castelán, nun tempo máximo de 30 minutos.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter o resultado de apto, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixido para acadar o resultado de apto.

OITAVA.— PUBLICACIÓN DE RESULTADOS E LISTAXE DE RESERVAS

A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e oposición, establecendo a orde definitiva de aspirantes aprobados, publicando no taboleiro de anuncios a dita puntuación do proceso selectivo.

O Tribunal aprobará e propoñerá para a contratación aos candidatos que máis puntuación obtivesen do máximo posible, non podendo declarar que superou a selección un número de aspirantes superior ao número de empregos convocados.

Os restantes candidatos, pola orde de puntuación obtida, poderán ser contratados no caso de que os/as seleccionados/as non asinen o contrato no prazo que se lle sinale ou renuncien ao emprego ou non superen o recoñecemento médico e a proba física oportuna incluída no devandito recoñecemento.

Confeccionarase unha listaxe de reservas para cubrir as posibles baixas xurdidas durante o período de contratación.

NOVENA.- ACHEGA DE DOCUMENTOS

O/A aspirante proposto/-a presentará na Secretaría do Concello, nos tres (3) días hábiles seguintes ao da publicación da lista de aprobados, os seguintes documentos:

a) Copia autenticada do DNI.b) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente

disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

c) Declaración xurada de non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

Se no prazo sinalado, salvo os casos de forza maior, os aspirantes non presentasen a documentación esixida, non se poderá formalizar o contrato, quedando anuladas tódalas actuacións sen prexuízo das responsabilidades en que se puidera incorrer por falsidade. Neste caso formularase proposta de nomeamento a favor do seguinte da lista.

DÉCIMA.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO

Presentada a documentación sinalada no apartado anterior, a Presidenta da Corporación, ditará resolución e formalizará o contrato laboral a favor das persoas propostas polo Tribunal no prazo máximo de dez (10) días hábiles a contar dende a data en que remate o prazo de presentación dos documentos citados na base anterior.

DÉCIMO PRIMEIRA.— RECURSOS

Contra a presente convocatoria, as súas bases e os actos de aplicación desta, poderá interpoñerse optativamente un dos seguintes recursos:

- Recurso de reposición ante o mesmo órgano autor do acto, no prazo de un mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación do acto ou acordo.

- Recurso Contencioso-Administrativo ante os órganos da orde xurisdicional contencioso-administrativo que correspondan, consonte ao disposto nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de DOUS (2) MESES contados dende o día seguinte ao da recepción da presente notificación, en harmonía co establecido no artigo 46 da devandita Lei.

DÉCIMO SEGUNDA.—NORMA FINAL

O Tribunal queda facultado para interpretar as Bases da Convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación, e poderá adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

ANEXO I (modelo de instancia)

D./D.ª...............................................................................................................................................

......., con DNI....................................................., nado/-a ..................................................(data

nacemento), veciño/-a de........................................................, con enderezo

en..............................................................................................................

teléfono......................................,

EXPÓN:Que desexa ser admitido/-a ás probas selectivas de acceso para a cobertura do emprego_______________________ da Brigada de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, de conformidade coa convocatoria aprobada na Resolución da Alcaldía do 7 de xullo de 2017.

EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO Tf: 982 524 003/Fax: 982 507 421

Praza do Concello, 127740 Mondoñedo ( Lugo)

Que coñece e acepta as bases que rexerán para a dita convocatoria, e declara que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos nestas.Que non estou incurso/a en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade, nin padezo enfermidade ou defecto físico/psíquico que me impida o desempeño deste emprego. Así mesmo, declaro que non estou separado/a do servizo de ningunha Administración Pública por expediente disciplinario, nin inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.Que achega coa solicitude a seguinte documentación ou xustificantes esixidos polas bases que rexen a convocatoria así como os xustificantes dos méritos alegados:(relación de documentación esixida e de méritos alegados):

Orde de preferencia no caso de ser seleccionado/a para varios empregos:1º.- _____________________________2º.- _____________________________3º.- _____________________________

Por tanto SOLICITA:Que se teña por presentada a correspondente solicitude no prazo establecido e se lle admita a tomar parte nas probas selectivas para o emprego anteriormente indicado.

Mondoñedo,....... de ................... de 2017

(sinatura)

SRA. ALCALDESA – PRESIDENTA DO CONCELLO DE MONDOÑEDO (LUGO)