RESUMO DA ACTA DO PLENO ORDINARIO DO CONSELLO … · - O Prof. M. P. pregou introducir unha...
Transcript of RESUMO DA ACTA DO PLENO ORDINARIO DO CONSELLO … · - O Prof. M. P. pregou introducir unha...
1
RESUMO DA ACTA DO PLENO ORDINARIO DO CONSELLO DE GOBERNO
DO 7 DE XUÑO DE 2016 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL
NOTA: recóllense con iniciais os nomes propios que non forman parte dos acordos ou
informes agás os de aqueles membros do Consello que solicitaron expresamente que
aparecera o seu nome completo.
Reunido o Consello de Goberno, en Pleno ordinario, o día sete de xuño de
dous mil dezaseis, as 11.21h e en segunda convocatoria, baixo a presidencia
do Sr. Reitor Magnífico .
De inmediato o Reitor comezou a abordar os diferentes puntos que
compoñían a
ORDE DO DÍA:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
2. Informe do Sr. reitor
3. Informes das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaría Xeral
4. Aprobación, se procede, da modificación da RPT de PAS
5. Aprobación, se procede, da OPE de PAS 2016
6. Emisión de informe favorable, se procede, da memoria de licenza
por permiso sabático curso 2014/2015
7. Aprobación, se procede, das licencias por permiso sabático para o
curso 2016/2017
8. Aprobación, se procede, dos cambios de dedicación de PDI
9. Aprobación, se procede, da mobilidade de PDI
10. Aprobación, se procede, das prórrogas de contratos de
profesorado asociado, lectores e PACS para o curso académico
2016/2017
11. Aprobación, se procede, de prazas de PDI correspondentes á
planificación do curso 2016/2017: reposición de vacantes e outras
peticións, así como as comisións de selección para os concursos
12. Aprobación, se procede, da modificación da RPT de PDI derivada
da planificación para o curso 2016/2017
13. Aprobación, se procede, da composición provisional dos Consellos
dos novos Departamentos
14. Aprobación, se procede, da memoria da dobre titulación de Mestre
en Educación Infantil/Mestre en Educación Primaria da Facultade
de Formación de Profesorado
2
15. Aprobación, se procede, de modificacións das memorias de plans
de estudos oficiais
16. Aprobación, se procede, da proposta de concesión dunha
oportunidade extraordinaria de recuperación para o alumnado que
cursou materias nos plans de estudos en extinción polo Grao ao
abeiro do art. 13 da Normativa de Avaliación
17. Aprobación, se procede, da proposta de nomeamento de director
en funcións do Departamento de Anatomía, Produción Animal e
Ciencias Clínicas Veterinarias
18. Aprobación, se procede, de memorias de cursos de posgrao propio
19. Aprobación, se procede, de cursos de posgrao propio
20. Modificación, se procede, da normativa de IV Ciclo
21. Aprobación, se procede, da creación da Cátedra do Pan e do Cereal
22. Aprobación, se procede, da Cátedra de Educación Médica USC-
Semergen
23. Aprobación, se procede, da memoria 2015 e da reactivación da
Cátedra Astrazeneca
24. Transferencia de resultados
25. Regulamentos
26. Convenios
27. Asuntos económicos
28. Rogos e preguntas
*****
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
Tratábase da acta do Pleno ordinario do Consello de Goberno do 3 de maio de
2016, con relación a cal fixéronse as observacións seguintes:
- Dona V. Ch. advertiu que non figuraba na lista de asistentes.
- O Sr. P. C. deu conta doutro erro no punto 3, “Informes das
Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaría Xeral”, no que a
referencia a Área de Calidade debería substituírse pola frase
seguinte: “e antes o eran as unidades correspondentes da Área TIC
(...)”.
- O Prof. L. D., no punto 16, “Recursos”, propón unha explicación da
súa posición no momento da votación.
- O Prof. G. L. solicitou constase na acta o feito de ausentarse do
Salón Reitoral no momento da votación do punto 10, “Aprobación, se
procede, do complemento de méritos docentes da convocatoria
2015”, por estar concernido. Tamén indicou que no punto 9,
“Aprobación, se procede, da oferta de emprego público (OPE) do PDI
3
para o ano 2016”, debería recollerse con máis exactitude a súa
intervención sobre a planificación plurianual da oferta de emprego
público.
- O Prof. M. P. pregou introducir unha redacción máis axeitada das
súas intervencións nos puntos 3, “Informes das Vicerreitorías, da
Xerencia e da Secretaría Xeral”; 5, “Dar conta da RPT do PDI a
xaneiro de 2016 e da amortización das prazas vacantes sen dotación
orzamentaria”; e 9, “Aprobación, se procede, da oferta de emprego
público (OPE) do PDI para o ano 2016”.
Todas estas observacións foron aceptadas e pasarán a incorporarse na
acta do 3 de maio de 2016.
Pero o Prof. M.P. solicitaba engadir, ademais, no punto 16, “Recursos”, o
seguinte texto: “Ás 23.09 abandonaron o Salón Reitoral os Profs. C. E., G. L.,
M. P. e M. B., para non participar na votación porque os seus recursos de
reposición non ían dirixidos contra ningún acordo do Consello de Goberno,
senón contra as resolucións reitorais pola que se designaban os novos
membros das Comisións delegadas sen terse producido a preceptiva elección,
e non consideraban lexítimo que se sometan ao Consello de Goberno estes
recursos de reposición por canto, de acordo cos Estatutos, as resolucións do
reitor esgotan a vía administrativa”. Dito texto substituiría ao recollido na acta
inicial, segunda a cal: “Ás 23.09 abandonaron o Salón Reitoral os Profs. C. E.,
G. L., M.P. e M. B., para non participar na votación que lles concernía en tanto
que recorrentes”.
Dado que a xustificación desta ausencia non tivo lugar na sesión no
momento indicado (as 23.09) senón que produciuse durante a discusión e o
debate do punto, non será recollida na acta, e tampouco o será a frase posta
pola Secretaria “na votación que lles concernía en tanto que recorrentes”, pois
os profesores citados non a dixeron e foi introducida pola propia Secretaria
pensando que a súa ausencia naquel momento (as 23.09) producíase por
cortesía académica. Finalmente, o texto conflitivo quedou así: “Ás 23.09
abandonaron o Salón Reitoral os Profs. C. E., G. L., M. P. e M. B., por
coherencia cos argumentos esgrimidos durante o debate do punto”.
Deste xeito, procédese á aprobación por asentimento.
2. Informe do Sr. Reitor
O Reitor informou das cuestións seguintes:
- O 17 de maio, a celebración do Pleno do Consejo de Universidades
onde se tratou o principio de acordo co Ministerio sobre as probas de
acceso. Tamén aprobaron a Normativa de Permanencia da nosa
Universidade.
4
- O 19 de maio, a reunión da Asamblea General da Crue.
- O 20 de maio, a reunión do VI Plenario da Conferencia de Reitores
do Suroeste Europeo (CRUSOE), onde a Universidade estivo
representada polo Vicerreitor de Comunicación e Coordinación.
- O 28 de maio, o ingreso na Real Academia das Ciencias do Prof.
Lema Rodicio, a quen lle transmitimos a nosa felicitación.
- O 30 de maio, a celebración da primeira reunión da Comisión Externa
do Campus Terra.
Sobre a petición que formularon algúns membros do Consello de goberno
en torno aos cargos e, en particular os adxuntos (art. 87.2 Estatutos), fixo estas
consideracións:
- O Director do Centro de Posgrao exerce como Comisario da EDI.
- O Delegado do Reitor para o Ensino Medio asumiu a representación
na CIUG e a coordinación do Programa A Ponte.
- O dirección do Campus da Cidadanía está pendente de que o Prof.
Caride deixe de ser director de departamento o próximo 15 de xuño.
- O Coordinador do Programa A Ponte en Lugo carece de
complemento salarial e ten unha redución de docencia de 150 horas.
- Na relación entregada ao Pleno, non figuran cargos nomeados e que
xa cesaron, como o director da Aula de Produtos Lácteos.
- Segundo informe da Asesoría Xurídica, o número de adxuntos por
vicerreitor pode ser de ata dous para atender a realidade bicampus.
Rematou anunciando a actuación da Vicerreitoría de Investigación na rede
de institutos, prevista na Programación Plurianual, e que se estrutura en tres
fases: a) Análise e avaliación da realidade actual dos Institutos; b) Diagnose
para proceder a unha actualización singularizada; e c) Avaliación externa dos
plans de accións. Ao final, sería desexable elaborar unha normativa sobre eles.
O Prof. M. P. sinalou que algúns cargos tiñan que vir ao Consello de
Goberno.
O Prof. L. D. agradecía a información, especialmente a dos adxuntos, pero
pensaba que tería que acadarse un acordo de creación para atender as
necesidades e as funcións que desenvolvan en cada campus. Tamén
gustaríalle que na lista aparecera algún outro cargo como os directores de
residencias universitarias.
O Reitor explicita que nas lexislaturas pasadas os adxuntos tiñan unha
redución de 120 horas e agora pasaron a 90 equiparados aos directores de
departamento.
3. Informes das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaría Xeral
O Vicerreitor de Organización Académica e PDI informou sobre:
5
- A aprobación no Pleno do Consello Social do 26 de maio do
complemento por méritos docentes 2015.
- A publicación da convocatoria para profesores eméritos 2016-2017,
na que se presentaron 2 solicitudes para 5 prazas e 12 peticións de
prórroga das 13 posibles.
- A contratación de dous interinos de substitución, tras a consulta coa
Mesa Sindical e o informe da COAP, para as áreas de Métodos de
Investigación e de Psicoloxía Evolutiva.
- A aprobación pola COAP (sesión do 31 de maio), de 11 solicitudes
de profesores interinos de substitución.
O Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa tratou da
Resolución do 26 de maio de 2016, pola que se dispón a continuidade de
estudos nas dobres titulacións.
O Vicerreitor de Comunicación e Coordinación explicou con relación as
probas de acceso á Universidade que as tres galegas concordaran e
negociaban nos seguintes termos:
- A CIUG debería encargarse da organización da reválida.
- A reválida sirva como proba de acceso a Universidade.
A Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social tratou
de:
- A conclusión con éxito do proxecto “Mentoring”.
- A posta en marcha pola Xunta do programa “Principia”, para
estimular e financiar a contratación de traballadores.
A Vicerreitora de Internacionalización deu conta de:
- A visita institucional dos representantes de Ciences University.
- A incorporación da USC na rede de Universidades Mediterráneas,
que comezou con vinte e unha e agora conta con setenta e tres.
O Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo anunciou a reunión
da Comisión Externa do Campus Terra coa Comisión Reitora e coa Comisión
de Dirección.
O Xerente falou de:
- A constitución da Comisión delegada do Persoal de Administración e
Servizos o pasado 23 de maio.
- A autorización, concedida polo Consello Social no seu Pleno do 26
de maio, dunha operación de tesourería a curto prazo que se podía
afrontar pola inminente devolución do IVE do 2005.
- A publicación duna instrución, o 31 de maio de 2016, sobre o
pagamento da totalidade da paga extraordinaria.
6
- O acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais para
asegurar a devolución da paga extraordinaria do 2013 aos
funcionarios ao través dunha disposición lexislativa.
A Secretaria Xeral informou da próxima resolución reitoral sobre a
matrícula da que destacou a:
- Autorización da matrícula como estudante visitante e en réxime de
matrícula extraordinaria en materias prácticas se houbera informe
favorable do centro correspondente.
- O recoñecemento de estudos cursados como visitante se no
momento de cursar a materia obxecto de dito recoñecemento
reúnense os requisitos de acceso para cursala polo réxime xeral.
- A imposibilidade da modificación de materias anuais no prazo do
segundo semestre.
- A adxudicación das vacantes ao alumnado que figura na listaxe de
agarda ata esgotalas.
- A actualización das normas respecto ao programa PATEX.
- A redución dos prazos de modificación da matrícula a 7 días.
O Sr. D. V. preguntou a razón da mencionada redución de prazos para a
modificación da matrícula.
A Secretaria Xeral respondeulle que obedecía a coherencia coa
esixencia aos estudantes de asistir as aulas aos efectos da avaliación do
rendemento e as necesidades de organización de espazos dos Centros.
O Sr. D. V. mostrou o seu desacordo e destacou a defensa das
preferencias dos estudantes na selección das materias.
A Secretaria Xeral informou tamén da recepción de informe favorable
emitido polo Consejo de Universidades, o día 17 de maio, sobre a “Normativa
de Permanencia en las Titulacións de Grao e Máster da Universidade de
Santiago de Compostela”.
O Prof. R. L. preguntou, por unha banda, ao Vicerreitor de Oferta
Docente e Innovación Educativa, se afectaba a tódolos títulos a limitación da
oferta a 2 prazas no caso de continuidade de estudos nas dobres titulacións. E,
pola outra, dirixíndose a Secretaria Xeral se:
- O procedemento de matrícula posibilitaría aos estudantes poder subir
o certificado de non estar incurso en delito para desenvolver
prácticas con menores.
- O certificado en cuestión sería custodiado nas UXAS garantindo a
seguridade esixida.
- O canle para que os Centros soubesen dos alumnos que o tiñan.
O Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa comprometeuse
a revisar as circunstancias especiais do dobre Grao na Facultade de Formación
7
do Profesorado, pero adiantou que non lle afectaba a reserva das dúas prazas
por ser o primeiro ano de impartición da dobre titulación. Pola súa banda a
Secretaría Xeral dixo que xa estaba preparada a aplicación informática para
que os estudantes afectados incorpóranse o seu certificado de penais e que,
en efecto, cumpría que o Servizo de Xestión Académica fornecese aos Centros
as listas dos que ao contar con este requisito poderían desenvolver prácticas
con menores.
A Secretaria Xeral deu conta dos novos nomeamentos que recaeron en:
- O Prof. D. Germán Santamarina Pernas, como Decano da Facultade
de Veterinaria, que renova mandato.
- O Prof. D. Miguel Abel Souto, como Director do Departamento de
Dereito Público Especial, en substitución do Prof. D. Manuel Segura
Ortega, que rematou o seu mandato.
- A Profa. dona Patricia Barral Rodiño, como Directora do
Departamento de Matemática Aplicada, en substitución da Profa.
dona Mª Dolores Gómez Pedreira, que rematou o seu mandato.
4. Aprobación, se procede, da modificación da RPT de PAS
Explicou o Xerente que o problema do persoal laboral cun contrato de traballo
indefinido e non fixo por decisión xudicial tras probarse un encadeamento na
contratación en fraude de lei, afectaba tanto a persoas retribuídas con recursos
externos e, paralelamente, aos que o estaban contra o Capítulo I, todo o cal
motivaba esta modificación da RPT do PAS.
A modificación consiste na creación de 6 postos de funcionarios
referidos ao colectivo de traballadores indefinidos como técnicos superiores de
xestión da Unidade de Orientación e Intermediación de Emprego; e de 6 postos
de persoal laboral, 4 correspondentes a técnicos superiores de investigación e
2 a técnicos especialistas de investigación vinculados ao Instituto de
Acuicultura.
A Sra. Ch. H. adiantou que o voto de A Trabe sería en contra da
proposta no caso de non retirar o punto da orde do día. A razón atopábase na
modificación da RPT no referido aos 6 postos de funcionarios dado que algúns
traballadores da Unidade de Orientación e Intermediación de Emprego terían
escasas posibilidades de obtelas e estaban a pagar as consecuencias dunha
política anterior “moi alegre” con relación a cal non se depuraran
responsabilidades. Ademais de ter dúbidas de se sacar as prazas con estas
características cumpriría realmente cos termos das sentenzas. Co cal o tema
vai acabar de novo no xulgado e por unha cuestión de procedemento, xa que a
modificación está negociada e acordada coa Xunta de Persoal pero non co
8
Comité Intercentros que ten solicitado máis información para poder emitir
informe.
O Sr. M. L. afondou en tres aspectos:
- O cumprimento das sentenzas de declaración dunha relación laboral
indefinida debe facerse de acordo con toda a normativa, incluíndo a
interna da propia USC. Ao respecto, dado que a Dirección da USC
decide incorporar as prazas á RPT e provelas en vez de eliminalas
por consideralas necesarias e, de seguido, adscribilas a outras
unidades mantendo os perfís profesionais de acordo coas
necesidades de prestación de servizos detectadas, compre agora
que a provisión das prazas se realice respectando as obrigas de
igualdade, capacidade e mérito para acceso á función pública e se
siga a orde do proceso interno de traslado, promoción interna e
probas de selección libre.
- O anterior implica que non se poida preservar as prazas para as
persoas que xa as estaban ocupando, pero non impide que estas
poidan acceder ao proceso de selección pola quenda de acceso libre,
unha vez que remate a promoción interna.
- En caso de que o feito de que as prazas pasen de encadrarse no
colectivo de laborais ao de funcionarios prive ás persoas que ata
agora as ocupaban da puntuación por experiencia en posto, solicita
se arbitren fórmulas que lles permitan conservar esta puntuación.
- Anuncia o seu voto favorable á proposta de RPT, condicionado a que
sexa considerada provisional e pendente dunha reformulación do
cadro de persoal PAS, en consonancia coa argumentación
precedente e con que non existen informes desfavorables dos
órganos de representación sindical do PAS.
O Sr. P. C. partía da idea de que cando se ordena a creación dunha
praza por decisión xudicial é porque a función desenvolvida existe (máxime
cando a persoa lévaa desenvolvendo máis de vinte anos), co cal para maior
claridade do tema sería necesario a incorporación dos documentos coñecidos
na Xunta de Persoal e nos demais órganos de representación e cumprir co
compromiso de presentar unha memoria económica ao modificar a RPT.
O Prof. M. P. preguntou se as sentencias non permiten máis posibilidade
que a creación das prazas correspondentes e se se ten tomado ou se pensa
tomar algunha medida en relación cos responsables de que se produzan estas
situacións, sobre todo para que non se sigan producindo de maneira que unha
parte da RPT da Universidade se conforme a base de sentenzas xudiciais.
A resposta do Xerente de xeito resumido foi:
9
- A modificación da RPT é parcial e instrumental, en tanto no se
afronte outra de maior calado tras a resolución duns concursos.
- A Universidade podería tamén amortizar estas prazas, pero ela como
Administración ten a competencia, segundo xurisprudencia reiterada
e froito da súa capacidade de autoorganización, de sacar a concurso
as prazas ben como funcionarios, ben como laborais.
- A evidente diferenza entre a modificación da RPT e a aprobación das
bases da convocatoria de prazas, permiten que neste último caso
quede unha marxe considerable para a discusión, negociación e
adopción de acordos.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou con 28 votos a favor, 2 en contra (Sres. Ch. H. e P. C.) e 2 abstencións (Prof. López Díaz e Sr. D. V.) a modificación da RPT de PAS proposta.
5. Aprobación, se procede, da OPE de PAS 2016
O Xerente explica a proposta de OPE de persoal de administración e servizos
para o ano 2016 (negociada cos órganos de representación do PAS e
presentada na Comisión delegada de Administración e Servizos do 23 de maio
de 2016) composta, por un lado, das prazas que consumen a taxa de
reposición:
- 10 de funcionarios, a razón de: a) 6 da escala técnica superior de
administración correspondentes aos postos de traballo que traen
causas de sentenzas; b) 3 da escala de xestión; e c) 1 da escala de
axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, con especialidade en
biblioteca.
- 20 de persoal laboral, a razón de: a) 12 prazas de técnicos de
investigación (11 de Bioloxía e Saúde e 1 de Electrónica e
Mecánica); b) 1 de técnico xestor de sistemas; c) 3 de técnico
especialista en investigación (1 da especialidade de Saúde e 2 da de
Bioloxía correspondente aos postos de traballo cuxa creación é
ordenada por unha sentencia); e d) 4 de técnico superior de
investigación, tamén ordenadas por sentencia.
Polo outro, das prazas correspondentes as quendas de promoción:
- 27 do Subgrupo C1 de administración por promoción de funcionarios
do subgrupo C2, segundo a disp. adic. quinta.2 dos Estatutos.
- 1 do Subgrupo A1, da escala de facultativos de arquivos, bibliotecas
e museos, especialidade de arquivos, por promoción do persoal do
Subgrupo A2.
10
A Sra. Ch. H. indicou que cabería discutir se son estas ou non as prazas,
pero o determinante do voto en contra de A Trabe estribaba na forma de
creación de ditas prazas en congruencia co a posición mantida no punto
anterior da orde do día.
O Sr. M. L. dixo que estaba de acordo cos criterios empregados que
priorizan a consolidación do emprego. En canto á aprobación da OPE
presentada, entende que puido terse negociado na mesa conxunta de PAS
(laborais e funcionarios) e que, dado que se negociaron por separado e os
informes das representacións sindicais difiren, puideron terse presentado
tamén por separado as propostas de laborais e funcionarios. Dadas as
circunstancias, anuncia que se absterá na votación debido a que está de
acordo coa proposta de funcionarios pero considera que debe absterse polo
que respecta a de laborais pois, aínda que se deu prazo suficiente ao Comité
Intercentros para a emisión de informe, tamén é certo que se podería
retrasarse algo a votación e atender a solicitude de maior información realizada
por este Comité.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por 29 votos a favor, 2 en contra (Sres. Ch.H. e P.) e 4 abstencións (Profs. L. D., M. P. e O. E., e Sr. D. V.) a OPE do persoal de administración e servizos para o ano 2016 consistente na saída de 10 prazas de funcionario e 20 de persoal laboral consumindo taxa de reposición, e de 28 de funcionarios pola quenda de promoción.
6. Emisión de informe favorable, se procede, da memoria de licenza
por permiso sabático curso 2014/2015
(13.45h, preside a Vicerreitora de Investigación)
ACORDO
O Consello de Goberno acordou por asentimento e previo informe favorable da COAP, na súa reunión do 31 de maio de 2016, a emisión de informe favorable relativo a memoria da Profa. González Caamaño, da área de Fisioloxía Vexetal, sobre o ano sabático disfrutado dende o 26 de xaneiro de 2015 ata o 25 de xaneiro de 2016.
7. Aprobación, se procede, das licencias por permiso sabático para o
curso 2016/2017
11
Expuxo o Vicerreitor de Organización Académica e PDI que a proposta,
informada previamente pola COAP na súa reunión do 31 de maio de 2016,
contemplaba a concesión de licencias por permiso sabático para o curso 2016-
2017 a 13 profesores, dos cales dous non presentaran a súa solicitude polo
canle preceptivo, a Secretaría Virtual do Profesorado, senón en formato papel
no Rexistro Xeral, razón pola cal se condicionaba a decisión as explicacións
dadas polos interesados ao respecto. Tamén destacou que se propoñía a non
concesión da licenza a outros tres profesores, dous deles por non ter pasado o
período mínimo de carencia entre anos sabáticos.
O Prof. M. P. amosou a súa dúbida sobre a conveniencia da denegación
das licencias aos dous profesores que parecían non cumprir co período de
carencia entre anos sabáticos. Dixo que non cumprirían esa carencia ata o 30
de setembro de 2016 pero que no último ano produciuse un cambio de
normativa e que, na Universidade, a expresión “anos” entendíase referida aos
cursos académicos, nos cales, por certo, adiantouse a data de comezo nun
mes. Por iso, e tendo en conta que o artigo 19 dos Estatutos da Universidade di
que “O persoal docente e investigador, cada vez que cumpra un período
ininterrompido de seis anos de docencia (...) terá dereito a unha licenza dun
ano”, pedía unha reconsideración da decisión.
O Prof. L. D. solicitou que cónstanse en acta que o réxime de concesión
dos sabáticos contiña unha discriminación en prexuízo das áreas deficitarias
como se deducía dos artigos 4 e 5 da Normativa de Concesión de Licenzas por
Sabático. Engadiu que apreciaba con claridade dous requisitos: un contido na
convocatoria e consistente en ter 6 anos de dedicación a tempo completo; e
outro que transcorreran 6 anos de docencia entre convocatorias de sabáticos.
O Vicerreitor respondeu que a cuestión conflitiva xa se formulara noutras
ocasións e que, incluso, fora obxecto dalgún recurso, pero a crave estaba en
ter todos os requisitos acadados no prazo de presentación das solicitudes.
Enfatizou que non apreciaba discriminación algunha, o que en realidade
acontecía era que nalgunhas áreas os profesores poñianse de acordo para a
cobertura da docencia e noutras non.
(14.08h preside de novo o Reitor)
Antes da votación (as 14.11h) ausentouse o Xerente por ter relación de
parentesco cunha das persoas sobre as que se resolvía.
ACORDO
O Consello de Goberno acordou con 19 votos a favor e 12 abstencións, por un lado e contando co previo informe favorable da COAP na súa reunión do 31 de maio de 2016, a concesión de licencias por permiso sabático (curso 2016/2017) dos seguintes profesores:
12
- BLANCO CHAO, RAMÓN - BESTEIRO RODRÍGUEZ, MARÍA CELIA - BOULLÓN AGRELO, ANA ISABEL - CARRACEDO FRAGA, JOSÉ - CORRAL VARELA, MARÍA MONSERRAT - LÓPEZ MARTÍNEZ-MORAS, SANTIAGO - MACÍAS VÁZQUEZ, FELIPE - MIGUES RODRÍGUEZ, VITOR MANUEL - MILLET SCHRODER, VICTOR - NUÑEZ PERTEJO, MARÍA PALOMA - REY TRISTÁN, EDUARDO
Inclúense tamén as dos profesores CARBALLAL DURÁN, MARÍA REGINA, e D’ORS LOIS, JAVIER, aínda que a súa concesión estea condicionada ás explicacións que se proporcionen sobre a razón da falta de rexistro das respectivas solicitudes na Secretaría Virtual do Profesorado. E, polo outro, contando co previo informe desfavorable da COAP na súa reunión do 31 de maio de 2016, a non concesión de licencias por permiso sabático (curso 2016/2017) dos seguintes profesores:
- ARBOR ALDEA, MARINA, por non cumprir o requisito establecido no artigo 2, punto 2 da convocatoria (data de toma de posesión o 20 de outubro de 2010).
- MARTÍNEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL, por ter disfrutado dun sabático que rematou o 30 de setembro de 2010 e non ter pasado o período mínimo para acadar outro.
- PENAS VARELA, MARÍA DE LAS ERMITAS, por ter disfrutado dun sabático que rematou o 30 de setembro de 2010 e non ter pasado o período mínimo para acadar outro.
8. Aprobación, se procede, dos cambios de dedicación de PDI
O Vicerreitor de Organización Académica e PDI explicou que, contando co
informe favorable da COAP, presentábanse dous cambios de dedicación. Un
era de tempo completo a tempo parcial (P6) para o Prof. Pérez Becerra, da
área de coñecemento de Anatomía Patolóxica; o outro de tempo parcial (P6) a
tempo completo para o Prof. Calo Amigo, con contrato de traballo asimilado a
TEU, da área de coñecemento de Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
Con relación a esta última, a COAP informou favorablemente o mencionado
cambio de dedicación coa condición de que ao introducir un addedum no
contrato a Tesourería Xeral da Seguridade Social aceptase unha cotización a
tempo completo (reiterando o informe da Asesoría Xurídica).
O Prof. M. P. manifestou que os cambios de dedicación se concedían
segundo as necesidades das áreas e que a de Dereito do Traballo e da
Seguridade Social non era deficitaria; e que a integración do profesorado
procedente da antiga Escola de Graduados Sociais do Ministerio de Traballo na
13
Universidade de Santiago de Compostela no 1991, pola subrogación desta na
posición daquel, xerou un conflito para atoparlles a figura xurídica de
profesorado na que puideran ser encadrados. Isto xera a súa vez o problema
de que un contrato laboral, como o do Prof. Calo Amigo, non se pode modificar
sen máis.
O Vicerreitor respondeu que o dato do encargo docente da área arroxa
un déficit de 79,9 horas e que a discusión non existiría se se tratase dun
funcionario, pois habería que concedelo agás necesidades do servizo.
ACORDO
O Consello de Goberno acordou, previo informe favorable da COAP na súa reunión do 1 de xuño de 2016, con 28 votos a favor e 4 abstencións, correspondentes ao Prof. M. P. e aos Sres. Ch. H., M. L. e P. C., conceder os cambios de dedicación de tempo completo a tempo parcial (P6) do Prof. Pérez Becerra, e de tempo parcial (P6) a tempo completo do Prof. Calo Amigo. Neste último caso sempre e cando se poda realizar mediante un adeddum ao actual contrato e sen requirir a celebración dun novo.
9. Aprobación, se procede, da mobilidade de PDI
O Vicerreitor de Organización Académica e PDI expuxo o punto subliñando que
non se observaban desequilibrios manifestos da ratio encargo /capacidade
docente dunha área que sexa excedentaria, polo menos, nun dos campus; nin
se trataba de intercambios simultáneos de adscrición de prazas a campus, que
non alteren a ratio encargo/capacidade docente en ningún dos campus; nin
versaba de cambios de adscrición con carácter previos á creación de prazas
ou cobertura de vacantes da área en calquera dos campus, no que o a
iniciativa do procedemento lle correspondería ao departamento.
Tras estas matizacións, prodúcese a seguinte rolda de intervencións:
- O Prof. R. L. puxo en evidencia que as solicitudes de mobilidade
foran todas de Lugo para Santiago e ningunha a inversa.
- O Prof. F. L. inquiriu se os cambios eran temporais, por un ano.
- O Prof. M. P. preguntou por qué se abriu a convocatoria se xa se
sabía que non se ía propoñer a aprobación de ningún cambio
definitivo.
- O Prof. M. V. puntualizaba que esperaba que non se pedira a
mobilidade por capricho, mais nun momento determinado creáronse
prazas en Lugo e transcorrido o tempo as perspectivas foran
cambiando.
14
O Vicerreitor explicou que a situación era e é en efecto cambiante, polo
que non se podía fornecer o campus de Lugo de forma definitiva. A modo de
exemplo, se agora en Lugo cóntase con novecentas horas, trala implantación
dos novos títulos podería pasarse a dous mil.
Inquire a Profa. B. B. por quén non cumpría os requisitos, dicíndolle o
Vicerreitor que os Profs. Mosquera Corral e Vázquez Lobeiras.
As 14.40h, auséntase do Salón Reitoral a Vicerreitora de
Internacionalización porque aquela concerníalle.
ACORDO
O Consello de Goberno acordou por asentimento, previo informe desfavorable da COAP na súa reunión do 1 de xuño de 2016, a non aprobación das solicitudes de cambio de adscrición do Campus de Lugo ao de Santiago de Compostela por estar pendente a nova configuración dos títulos no primeiro dos citados por mor do desenvolvemento do proxecto Campus Terra. Ao mesmo tempo acordou por asentimento facer súa a proposta da devandita Comisión relativa a que se permita impartir a docencia completa no Campus de Santiago de Compostela para o curso 2016/2017 aos profesores seguintes:
- FERNÁNDEZ ESCRIBANO, ÁNGEL - HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA - IGLESIAS RODRÍGUEZ, ROBERTO (condicionada a que o profesor se
comprometa por escrito a atender as necesidades docentes sobrevidas que podan xurdir no Campus de Lugo, relacionadas coas materias vinculadas a súa área de coñecemento)
- NEIRA GÓMEZ, ISABEL - RAMIL CRIADO, MARÍA - RODIL RODRÍGUEZ, MARÍA - RODRÍGUEZ GACIO, MARÍA DEL ROSARIO (condicionada a que a
profesora se comprometa por escrito a atender as necesidades docentes sobrevidas que podan xurdir no Campus de Lugo, relacionadas coas materias vinculadas a súa área de coñecemento)
- RUMBO GÓMEZ, ANTONIO - SÁNCHEZ PEDREGAL, VÍCTOR - SECO CASTRO, JOSÉ MANUEL - SOTO CAMPOS, ANA MARÍA - VÁZQUEZ SENTÍS, MARCO EUGENIO
10. Aprobación, se procede, das prórrogas de contratos de
profesorado asociado, lectores e PACS para o curso académico
2016/2017
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento as prórrogas de contratos de profesorado asociado, lectores e PACS para o curso académico 2016/2017
15
que se relacionan en el anexo ... desta acta.
11. Aprobación, se procede, de prazas de PDI correspondentes á
planificación do curso 2016/2017: reposición de vacantes e outras
peticións, así como as comisións de selección para os concursos
O Vicerreitor de Organización Académica e PDI explicou que entre os criterios
empregados para a elaboración da planificación do curso 2016-2017 fora
decisivo o do déficit das áreas (especialmente nas Facultades de Ciencias da
Educación e de Formación do Profesorado) ou a súa mingua de capacidade
por contar con profesores en servizos especiais ou situacións semellantes. A
cuestión e que presentábanse a coñecemento do Consello de Goberno,
contando co informe favorable da COAP, prazas por reposición de vacantes e
outras peticións de índole variada.
O Prof. R. L. agradeceu a sensibilidade para atender as peticións da
Facultade de Formación de Profesorado, pero pedía unha continuidade dado
que todos os títulos impartidos nela foran obxecto dun plan de mellora por falta
de profesorado. Advertía tamén dun erro na documentación dunha praza de
profesor asociado en “Didáctica da Expresión Plástica” que aparecía como un
P3 e era un P6.
O Prof. M. B., con relación as prazas de asociados PACS de Ciencias da
Saúde froito do convenio coa Deputación de Ourense, criticou o procedemento
de traer un convenio xa concluído, máxime cando os Departamentos deben
participar e descoñecía qué prazas eran e a qué hospitais estarían adscritas.
Tamén advertiu que unha praza de Xinecoloxía non figuraba adscrita a ningún
hospital.
O Prof. M. P. agradecía a información verbal e a contida no repositorio
pero votaba en falta:
-A contía económica das actuacións pois se había un orzamento de cento cincuenta mil euros cómo era posible chegar ata os seiscentos mil. - A reposición de vacantes por xubilación xa que solo se poden repoñer as de xubilación voluntaria. - Unha mellor explicación dos datos finais do encargo/capacidade de área de Ciencias Clínicas Veterinarias. - Consonte o anterior, tamén precisaba dunha mellor explicación sobre a prazas de profesor asociado T3P3 no campus de Lugo e T3P6 no de Santiago de Compostela, correspondentes a área de Economía Aplicada, pois si hai número positivos, cal é a razón da contratación. - Tamén abondaba nos datos finais da área de Psiquiatría por non resultar moi comprensibles.
16
Insistía o Prof. G. L. sobre o tema orzamentario de contar ao inicio con cento cincuenta mil euros e de acadar o total da planificación proposta os seiscentos mil.
Grosso modo, respondeu o Vicerreitor o que sigue: - Recoñecendo os problemas para afrontar a docencia dalgunhas áreas, o esforzo de substituír as prazas “coxunturais” por prazas consolidadas, de modo que o avance acontece non tanto na capacidade como si na estrutura das áreas. - As 5 prazas de asociados PACS de Ciencias da Saúde no Hospital de Ourense xa existían pero estaban vacantes e foi o Decano da Facultade de Medicina o que forneceu o Convenio coa Deputación de Ourense para financialas. - No atínxente as 9 prazas de asociados PACS referidas no Convenio entre a Universidade e o Sergas, 6 delas xa estaban vacantes, e a promoción do mesmo correspondeu ao Coordinador de Docencia Clínica do CHUVI, o Sergas e a Vicerreitoría. - Os datos referidos a posibles xubilacións intentaban indicar que a capacidade da área redúcese en duascentas corenta horas se aquela ten luar. E isto é de aplicación ás áreas de Economía Aplicada e de Psiquiatría. - Para a OPE no 2016 o orzamento era de 400.000 euros, e para planificación de 50.000 consolidable a 150.000 no 2017. Para isto último empregase unha dotación procedente do programa Starting Grant. Tamén para o 2017 contábase cun aforro de 500.000 euros procedentes das xubilacións de PDI funcionario e laboral. E de todo isto xurde o gasto previsto para a planificación do 2016.
O Xerente apostilou que as xubilacións voluntarias de funcionarios non
estaban calculadas no Plan Económico-Financeiro de Reequilibrio. O período que vai entre a data da xubilación voluntaria e a de cumprimento dos 70 anos de idade constitúe un recurso a utilizar pero non consolidable. Isto é así porque no Plan non se poden repoñer as prazas dos funcionarios cando chegan aos 70 anos. A consecuencia é que traemos un acordo sobre este extremo ao Consello de Goberno.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe da COAP na súa reunión do 31 de maio de 2016, as prazas de PDI correspondentes a planificación do curso 2016/2017 e relativas a reposición de vacantes e a outras peticións, incluídas nestas as novas dedicacións de profesores asociados, así como as comisións que as xulgará, segundo o anexo ... desta acta.
12. Aprobación, se procede, da modificación da RPT de PDI derivada
da planificación para o curso 2016/2017
17
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a modificación da RPT de PDI derivada da planificación para o curso 2016/2017, segundo o anexo ... desta acta.
13. Aprobación, se procede, da composición provisional dos Consellos
dos novos Departamentos
A Secretaria Xeral explicou o problema xerado no proceso electoral para a
constitución definitiva dos novos Consellos de departamento, derivado da
composición dos censos, e referido á interpretación dos artigos 104.1 dos
Estatutos da Universidade e 56 do Regulamento Electoral Xeral, transcrición
literal do artigo 19 da Ley orgánica 6/2001, de 21 de diciembre, Universidades.
Tras diferentes avatares, a Comisión Electoral Central, na súa sesión
extraordinaria do 12 de maio, acordara por asentimento:
1º) Anulación da convocatoria electoral polas complicacións xurdidas no
proceso que impiden o seu remate antes do día 15 de xuño (data de
constitución dos novos departamentos) e atendendo a que a renovación
ordinaria de todos os consellos de departamento debería celebrarse no último
trimestre do ano.
2º) Instar ao Consello de Goberno a aprobación da composición
transitoria dos novos consellos de departamento pola fusión dos consellos
procedentes dos departamentos extintos.
3º) Instar ao Consello de Goberno para que dotase aos Consellos de
departamentos transitorios das competencias necesarias para elixir aos seus
directores.
4º) Instar ao Equipo de Goberno para que elevase ao Claustro unha
proposta de liñas xerais sobre o desenvolvemento do actual artigo 56 do
Regulamento Electoral Xeral.
Continuou a Secretaría indicando que, como resultado do anterior,
solicitábase deste Consello de Goberno a adopción dos seguintes acordos:
1º) Aprobar a composición transitoria dos novos consellos de
departamento constituída pola fusión dos consellos de departamentos
procedentes dos departamentos cuxa extinción se executará o próximo 15 de
xuño.
2º) Atribuír aos novos e transitorios consellos de departamentos todas e
cada unha das competencias que lle son encomendadas aos departamentos
non incursos en supresión ou modificación polo artigo 106 dos Estatutos, agás
a referida a letra f): “A elaboración e aprobación do seu regulamento de réxime
interno”.
18
Iniciouse unha quenda de debate polo Prof. M. V., quen considerou
correcta a proposta pois a situación non tiña solución; pediu un estudo sobre a
condición dos interinos; e tamén a promulgación dunha resolución reitoral para
facer efectivo o funcionamento dos Departamentos o día 15 de xuño.
O Prof. M. P. afirmou que non entendía o porqué de chegar a estes
extremos cando a disp. adic. terceira do Regulamento Electoral Xeral
especificaba que “os acordos e disposicións sobre reagrupación de centros ou
departamentos preverán a adscrición dos representantes electos nos órganos
colexiados aos novos órganos que se creen”; tampouco por qué se propoñía
excluír a competencia de elaborar un regulamento de réxime interno aos
Departamentos con Consellos dotados de composición transitoria; e
consideraba non veraz que o art. 56 do citado regulamento Electoral Xeral
traspuxese o contido do artigo 104 dos Estatutos dado que aquel tiña un
apartado segundo non previsto na máxima norma universitaria e referido a que
os profesores asociados de Ciencias da Saúde, doutores ou non, participarán
nos consellos de departamento mediante a representación do resto do persoal
docente e investigador e do persoal investigador en formación.
O Prof. L.D. sostivo que non tiña dúbida sobre quen era membro do
Departamentos, todos os doutores, pero que a solución ao problema viña clara
e expresa na disp. adic. terceira do Regulamento Electoral Xeral. Aínda así, e
solicitando que a Comisión Electoral resolva o conflito, formulaba algún
problema:
-A representación dos estudantes no caso de que unha área dun
Departamento se integrase noutro Departamento.
- A representación do PAS, que é dun membro por Consello, se se
fusionan dous o máis Departamentos.
O Reitor replicou que había un único caso de incorporación dunha área
a un Departamento preexistente, tratábase de Patoloxía Animal.
O Sr. P. C. esgrimiu a dificultade de atopar candidatos entre o sector do
PAS.
Sucedéronse unha panoplia de cuestións:
-A data para celebrar a elección do director (Prof. M. V.)
- A posibilidade de elixir ao director cunha composición provisional do
Consello de Departamento (Prof. F. L.).
- O nomeamento do secretario do Departamento e se era obrigatorio que
estivera o 15 de xuño (Profa. A. M.).
- O criterio de determinación do representante do PAS, propoñéndose o
de que entre eles o acordasen e, no seu defecto, o máis antigo (Sr. P.
C.).
19
O Prof. L. D., atendendo a que os representantes dos estudantes nos
Consellos de todos os Departamentos deben ser elixidos no último
cuadrimestre do ano natural, propón que o prazo de remate do proceso de
elección dos directores de Departamento sexa o 31 de decembro, podendo
formularse un calendario que arranque o 12 de setembro, data de inicio do
curso académico.
O Reitor engadiu que os secretarios serían nomeados polo Reitor a
proposta do director en funcións do Departamento por tratarse de cargos de
confianza.
Todas estas cuestións quedaron reflectidas no acordo adoptado que se
transcribe a continuación e que ampliou sustancialmente o que se propoñía ao
inicio do punto.
ACORDO
O Consello de Goberno adoptou por asentimento os seguintes acordos con relación á composición transitoria dos Consellos dos novos departamentos: 1º) Que dita composición transitoria dos Consellos de departamento resulte da fusión dos Consellos de departamento dos Departamentos suprimidos con data do 15 de xuño de 2016. 2º) Que os Consellos de departamento dos departamentos que son modificados pola incorporación dunha ou de varias áreas (áreas que constituían un departamento que se extingue ou que procedían dun departamento que permanece) incorporen os membros de ditas áreas que formaban parte do Consello do departamento suprimido ou do departamento do cal aquelas se escindiron. A dirección do departamento subsistente non sufre ningunha modificación. 3º) Que, no caso de excisión dunha área dun departamento, os representantes dos alumnos matriculados en materias asignadas a dita área se incorporen ao Consello do departamento onde aquela sexa integrada. Os representantes dos estudantes que estean matriculados en materias asignadas a áreas do departamento orixinal tamén quedarán como representantes no Consello deste. 4º) Que se incorporen nos novos Consellos de departamento dos departamentos xurdidos dunha fusión un membro do persoal de administración e servizos designado por e de entre eles e, no seu defecto, o que leve máis tempo vinculado á Universidade de Santiago de Compostela como funcionario ou contratado laboral, segundo a aplicación por analoxía do artigo 50.4 Regulamento Electoral Xeral. A mesma solución aplicarase no suposto de integración dun departamento noutro preexistente. 5º) Que os novos e transitorios Consellos de departamento ostenten todas e
20
cada unha das competencias que lle son encomendadas aos departamentos non incursos en supresión ou modificación segundo o artigo 106 dos Estatutos. 6º) Que os directores en funcións dos novos departamentos convoquen un proceso electoral aos efectos de elixir o director titular. Este proceso electoral deberá estar rematado o día 31 de decembro de 2016. 7º) Que a Secretaría Xeral dite as instrucións oportunas para a aplicación destes acordos e remita ao director en funcións do novo departamento ou ao director do departamento modificado, e antes do 15 de xuño de 2016, a composición dos Consellos de departamento transitorios de ditos departamentos.
14. Aprobación, se procede, da memoria da dobre titulación de Mestre
en Educación Infantil/Mestre en Educación Primaria da Facultade
de Formación de Profesorado
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a memoria da dobre titulación de Grao en Mestre de Educación Infantil e Grao en Mestre de Educación Primaria, que contaba co previo informe favorable da Comisión de Oferta Docente e Innovación Educativa reunida o 2 de xuño de 2016.
15. Aprobación, se procede, de modificacións das memorias de plans
de estudos oficiais
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da Comisión de Oferta Docente e Innovación Educativa na súa reunión do 2 de xuño de 2016, a modificación non substancial do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, consistente na inclusión no seu plan de estudo, vista a recomendación da Comisión Avaliadora encargada do proceso de renovación da acreditación, da materia “Prácticas externas” dotada dunha carga de 4’5 créditos ECTS.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da Comisión de Oferta Docente e Innovación Educativa na súa reunión do 2 de xuño de 2016, a modificación non substancial da titulación de Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (Interuniversitario USC-UVigo) consistente en:
- Cambiar o nome de tres materias de xeito que “Metodoloxía da Historia
21
das Relixións Prehistóricas e Antigas” (P5102212) pasa a denominarse “Metodoloxía da Historia das Relixións Antigas”; “Modelos Antropolóxicos para o Estudo das Sociedades Antigas” (P5102213) pasa a denominarse “Introdución á Historia Antropolóxica do Mundo Antigo”; e “Teoría da Arqueoloxía” (P5102204) pasa a denominarse “Arqueoloxía Teórica”. E,
- incorporar tres materias optativas, “Arqueoloxía do Próximo Oriente”, “Historia Política do Mundo Antigo” e “Técnicas Instrumentais e Cronolóxicas en Arqueoloxía”, que impartiran tres profesores da Universidade de A Coruña.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da Comisión de Oferta Docente e Innovación Educativa na súa reunión do 2 de xuño de 2016, a modificación non substancial do Máster Universitario en Física, consistente na incorporación dunha nova materia, “Prácticas Externas”, de 3 créditos ECTS.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a non continuidade do Máster Universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Laser, co previo informe no mesmo sentido da Comisión de Oferta Docente e Innovación Educativa na súa reunión do 2 de xuño de 2016.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da Comisión de Oferta Docente e Innovación Educativa na súa reunión do 2 de xuño de 2016, a modificación non substancial do Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos, consistente na realización de cambios nas fichas das materias do plan de estudos (axustes nos contidos, correccións nos sistemas de avaliación, redistribución das actividades formativas, actualización do profesorado, metodoloxías, etc.).
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da Comisión de Oferta Docente e Innovación Educativa na súa reunión do 2 de xuño de 2016, a modificación substancial do Máster Universitario en Investigación Biomédica, consistente no cambio da materia “Bioética e Lexislación” de optativa a obrigatoria.
Tras presentar o tema do Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo
e as Organizacións, Psicoloxía Xurídico-Forense e Intervención Social, o
Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, indicando que a
aprobación da súa nova adscrición a Facultade de Relacións Laborais estaba
condicionada ao informe emitido pola Xunta da Facultade de Psicoloxía,
produciuse a intervención do Prof. M. P. quen resumidamente dixo:
22
-É unha modificación substancial e como tal debería someterse á
Normativa e ao calendario aprobados no Pleno do Consello de Goberno do 17
de decembro de 2015, pero o Vicerreitor dixo que fora presentada fora de
prazo.
- Non se seguiu os pasos establecidos no regulamento do procedemento
para a tramitación e modificación das titulacións oficais de grao e máster na
USC nin o que din os Estatutos en relación coa adscrición de titulacións a
centros.
- Sinala tamén que non se da ningunha razón académica para xustificar
o cambio de adscrición. Non parece razoable que a organización dunha
formación especializada en Psicoloxía lle sexa encomendada a outro centro.
- A adscrición que se presente é a Facultade de Relacións Laborais pero
a reestruturación de Departamentos non lle afectou a ela, senón a Facultade de
Ciencias Políticas, por iso ten difícil encaixe que estando a maioría dos
profesores do Máster no novo Departamento de Ciencia Política e Socioloxía
con sede na Facultade de Ciencias Políticas, o dito Máster se adscriba a
Facultade de Relacións Laborais.
- O que se debate é, en realidade, a natureza que quedamos darlle aos
títulos de Máster, que son tan oficiais como os títulos de Grao.
- Por último, sinala que, se como parece, se vai aprobar o cambio de
adscrición o acordo debería contemplar a condición especificada no informe
desfavorable da Facultade de Psicoloxía de que o campo da Psicoloxía da
Intervención Social, que configura un itinerario deste máster debe manterse
vinculado á Facultade de Psicoloxía.
O Vicerreitor respondeu que o que se pretendía era poñer un pouco de
orden na situación, reavivada polo proceso de reorganización dos
Departamentos. Mentres que o Reitor declarou que a meirande parte dos
profesores do Máster estaban na Facultade de Relacións Laborais, de aí que o
prexuízo para dito título sexa relativo. Por iso e atendendo ao informe da
Facultade de Psicoloxía considérase que o itinerario, que leva tempo sen
impartirse, e a formación nese campo pasen a devandita Facultade.
O Prof. G. S. solicitou un pouco de coherencia académica que non
existirá se un máster en Psicoloxía é impartido fora da Facultade do mesmo
nome. Neste punto se reafirmou a Profa. B. B., para continuar o Prof. G. S.
dicindo que o que pode formularse como unha estratexia de apaciguamento
non vai a evitar ao longo prazo o conflito.
Inquiriu o Prof. V. C. se o equipo de goberno estaba a favor de facer
efectivas as competencias dos decanatos e direccións de centro no que atinxía
aos títulos oficiais, pois resultaba difícil de encaixar que un grupo de profesores
gobernasen neses títulos.
23
O Prof. F. L. preguntou se se suprimiría aquel itinerario na memoria do
Máster.
O Reitor respondeu que a situación era coñecida e que motivara un
Pleno extraordinario do Consello de Goberno o 6 de xullo de 2015. Recoñecía
que a solución non era óptima. E concluía indicando que a proposta era a
adscrición do Máster a Facultade de Relacións Laborais segundo o informe
adoptado pola Xunta da Facultade de Psicoloxía.
ACORDO
O Consello de Goberno, por 15 votos a favor, 5 en contra e 10 abstencións, previo informe favorable da Comisión de Oferta Docente e Innovación Educativa na súa reunión do 2 de xuño de 2016 (adoptado por 5 votos a favor, 1 en contra e 1 abstención), aprobou a adscrición do Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Psicoloxía Xurídico-Forense e Intervención Social á Facultade de Relacións Laborais; así como a proposta da Facultade de Psicoloxía, formulada na súa Xunta do 12 de maio de 2016, e adoptada para o caso de que o Consello de Goberno aprobase o cambio de adscrición (como o fixo), que literalmente di: “O campo da Psicoloxía da Intervención Social, que configura un itinerario deste Máster en suspenso dende o 2015, debe manterse vinculado á Facultade de Psicoloxía, toda vez que ten o principal da súa docencia asignada á área de coñecemento de Psicoloxía Social, do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, con sede neste Centro. Por tanto, calquera modificación ulterior na configuración do Máster deberá contemplar a eliminación dese itinerario, de modo que a formación de posgrao nese campo se poida organizar e desenvolver no marco da Facultade de Psicoloxía”.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da Comisión Executiva da Escola de Doutoramento Internacional na súa sesión do 13 de maio de 2016, as modificacións do Programa de Doutoramento en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos segundo figura no anexo... desta acta.
16. Aprobación, se procede, da proposta de concesión dunha
oportunidade extraordinaria de recuperación para o alumnado que
cursou materias nos plans de estudos en extinción polo Grao ao
abeiro do art. 13 da Normativa de Avaliación
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión dunha oportunidade extraordinaria de recuperación para o alumnado que cursou polo Grao materias nos plans de estudos en extinción ao abeiro do art. 13 da Normativa de Avaliación, nos termos que se describen: PRIMEIRO.- O alumnado ao que lle falten por superar materias dunha
24
titulación anterior a Real Decreto 1393/2007 e sempre que as estean a cursar polo Grao ao abeiro do artigo 13 da Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión e Cualificacións, poderá realizar un novo exame nunha única oportunidade de recuperación se cumpre as seguintes condicións:
1. Que o alumnado teña un máximo de 3 materias ou 18 créditos e que se estean a cursar polo Grao, segundo o precitado artigo 13 da Normativa de Avaliación.
2. Que teña a cualificación de “suspenso” nas dúas oportunidades do curso 2015-16, ou simplemente de “suspenso” e “non presentado” nese mesmo período.
SEGUNDO.- A oportunidade extraordinaria de recuperación realizarase en setembro. Os centros establecerán as datas de realización desta oportunidade extraordinaria de recuperación, tendo en conta que a mesma debe realizarse, e as correspondente actas pecharse, antes do remate do plan de estudos o 30 de de setembro de 2016. TERCEIRO.- Unha vez realizada esta recuperación extraordinaria sobre a segunda oportunidade, ao alumnado que supere a materia ou as materias, se lle imputarán no seu expediente correspondente a titulación en extinción. No caso de non superalas deberá adaptarse obrigatoriamente ao Grao.
17. Aprobación, se procede, da proposta de nomeamento de director
en funcións do Departamento de Anatomía, Produción Animal e
Ciencias Clínicas Veterinarias
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previa proposta do Reitor, o nomeamento do Prof. D. Luis Eusebio Fidalgo Álvarez como director en funcións do Departamento de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias, en concepto de profesor máis antigo na súa categoría consonte o artigo 16 dos Estatutos da Universidade.
18. Aprobación, se procede, de memorias de cursos de posgrao propio
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da Comisión de Posgrao Propio, as memorias de:
- O MD97 Máster de Coidados Cardiolóxicos Agudos, correspondente ao curso 2013/2014, recordando a dirección que, segundo o artigo 13 do Regulamento, calquera modificación da proposta de curso deberá ser autorizada pola Comisión de Posgrao Propio;
- O ME20 Máster en Xestión de Recursos Humanos nas Organizacións, correspondente ao curso 2014/2015, recordando a dirección que o aumento de retribución do profesorado, nas futuras edicións, suporía a non aprobación da conseguinte memoria consonte o artigo 20.2 do Regulamento;
- O MEA4 Máster en Industria Musical (creación, autoría, interpretación,
25
produción e mercado), correspondente ao curso 2014/2015; e - O FF6Y Curso de Experto en Técnica Anatómica, correspondente ao
curso 2015/2016.
19. Aprobación, se procede, de cursos de posgrao propio
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da Comisión de Posgrao Propio, a celebración para o curso 2016/2017 dos títulos propios que deseguido se relacionan:
- MGB3 Máster Propio en Seguridade, Paz e Conflitos Internacionais - MG04 Máster Propio en Patoloxía Médico-Cirúrxica Oral e Odontoloxía
Integral - MGA8 Máster propio en Coidados, Avaliación e Xestión en Saúde Mental - MG62 Máster propio en Prostodoncia e Implantoloxía - MG06 Máster Propio Internacional Teórico-Práctico en Endodoncia
Avanzada; e o seu derivado, o EG93 Curso de Especialización en Endodoncia
- MG20 Máster Propio en Xestión de Recursos Humanos en Organizacións; e o seu derivado, o EG25 Curso de Especialización en Xestión de Recursos Humanos e Ciencias do Traballo
- MG22 Máster Propio en Banca, Finanzas e Seguros; e o seu derivado, o EG14 Curso de Especialización en Banca e Institucións Financeiras
- MGA5 Máster Propio en Atención Temperá: Avaliación e Intervención; e o seu derivado, o EGD1 Curso de Especialización en Atención Temperá nos Trastornos do Desenvolvemento
- EGD0 Curso de Especialización en Economía Pesqueira - FG7N Curso de Experto en Xestión de Recursos Forestais, Agrícolas e
Gandeiros - EGE0 Curso de Especialización Universitario en Vacinas
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da Comisión de Posgrao Propio, a celebración para o curso 2016/2017 dos títulos propios que se transcriben coas consideracións que tamén son recollidas:
- MG02 Máster Propio en Medicina Oral, Cirurxía e Implantoloxía, o cal cumpre coas porcentaxes de distribución da docencia excepto nos créditos impartidos polos profesores da nosa Universidade que é do 20% en vez do 25%. Non obstante, a Comisión de Posgrao, tendo en conta o escrito do seu director, propuxo ao Consello de Goberno a súa aprobación, e este así o considerou. Polo anterior, durante a impartición deste Máster non se poderá diminuír a porcentaxe do 20% dos créditos impartidos polo profesorado da USC.
- MG92 Máster Propio: Dirección e Xestión de Centros, Recursos e Servizos para a Atención á Dependencia, que debe cumprir as porcentaxes na distribución da docencia previstos no art. 4 do Regulamento de Estudos Propios de Posgrao e Cursos de Formación Continua.
- MG29 Máster Propio en Dirección e Xestión do Comercio Exterior; e os
26
seus derivados, o EG11 Curso de Especialización en Marketing Internacional, o EG12 Curso de Especialización en Negocios Internacionais, e o EG88 Curso de Especialización en Xestión de Operacións Internacionais. Neles, as actividades docentes complementarias e voluntarias son incorporadas nas materias “MAT18: Conferencias e Encontros con Empresarios” (2,5 créditos) e “MAT19: Prácticas de Campo” (2,5 créditos). Con respecto ao tema da retribución dos conferenciantes por encima do custo máximo establecido, será necesario que, en cada caso concreto, a dirección do curso solicite á Comisión de Posgrao a autorización previa mediante petición acompañada do currículo do profesional experto que vai participar nas conferencias ou encontros.
- EG38 Curso de Especialización en Relación Laborais; e o seu derivado, o FG82 Curso de Experto en Relacións Laborais. Este curso cumpre coas porcentaxes de distribución da docencia excepto nos créditos impartidos polos profesores da nosa Universidade que é do 15,79% en vez do 25%. Non obstante, a Comisión de Posgrao, tendo en conta o escrito do seu director (no que se alude ao exiguo cadro de profesores e a orientación e finalidade práctica dos títulos), propuxo ao Consello de Goberno a súa aprobación, e este así o considerou. Polo anterior, durante a impartición destes cursos, non se poderá diminuír a porcentaxe do 15,79% de profesorado da USC
20. Modificación, se procede, da normativa de IV Ciclo
Retirouse o punto.
21. Aprobación, se procede, da creación da Cátedra do Pan e do Cereal
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a creación da Cátedra institucional do Pan e do Cereal, cuxos fins encadraranse nos ámbitos de especialización do Campus Terra.
22. Aprobación, se procede, da Cátedra de Educación Médica USC-
Semergen
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a creación da Cátedra institucional de educación Médica USC-Semergen.
23. Aprobación, se procede, da memoria 2015 e da reactivación da
Cátedra Astrazeneca
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a memoria correspondente ao ano 2015 da Cátedra Astrazéneca de Medicina Cariovascular, así como a
27
su reactivación tras non contar con financiamento dende o ano 2012.
24. Transferencia de resultados
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de contrato de colaboración para a valorización e transferencia de resultados de investigación da solicitude de patente EP15382060 e “know-how” asociado a empresa CORNEA PROJECT S.L.
25. Regulamentos
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento o Regulamento do Instituto Mixto de Ciencias Forenses “Luis Concheiro”.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento o Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Veterinaria.
26. Convenios
O Reitor indica que entre a relación de instrumentos hai un protocolo para que
a Universidade se adhira a Fundación Kerptor.
Pregunta o Prof. M. P. se se ían a traer os Estatutos da Fundación ao
Consello de Goberno tal e como dixera no seu momento o Reitor. Ao que este
respondeulle afirmativamente.
Solicita o Prof. G. L. cal era a diferenza entre o C.154 e o C.155. Dille a
Vicerreitora de Investigación que son acordos de confidencialidade das
agrupacións estratéxicas.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a relación de convenios contida no anexo ... desta acta.
27. Asuntos económicos
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de modificacións orzamentarias (CS-03-16) referidas as transferencias de crédito de operacións correntes en operacións de capital e viceversa que son recollidas no anexo ... desta acta.
28
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de doazón dunha obra, realizada en óleo e collage e titulada “Misericordia en Calcuta”, por parte de dona Mª Jesús Reboredo Calvo, á Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da Universidade de Santiago de Compostela.
28. Rogos e preguntas
A Profa. B. B. preguntou ao Vicerreitor de Comunicación e Coordinación pola
proba de acceso a Universidade. Explicaba que so un 34% dos estudantes de
primeiro do Grao en Química cursaran no Bacharelato matemáticas, física e
química, como a maioría non o fixeran, xurdía un grave problema de nivel que
consideraba oportuno expoñer para que fose posto en coñecemento da CIUG e
da Xunta de Galicia.
O Prof. R. L. recordoulle o problema do acceso ao Moega ao Vicerreitor
de Comunicación e Coordinación. Continuou dirixíndose ao Vicerreitor de
Oferta Docente e Innovación Educativa sobre a convocatoria de axudas aos
másteres que consideraba se mantiña pola falta de desenvolvemento dos
artigos 131 e 144 dos Estatutos. E rematou preguntando sobre a data de
inauguración oficial do curso académico.
O Vicerreitor de Comunicación e Coordinación comprometeuse a
transmitir as palabras da Profa. B. B. e recoñeceu non poder garantir a solución
inmediata do problema de acceso ao Moega.
O Reitor respondeu que a data de inauguración podería ser o 9 de
setembro e engadiu que había unha proposta para contar cun calendario
común ás tres Universidades.
O Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa aclarou que as
axudas aos másteres, previa convocatoria, estaban dotadas
orzamentariamente e iso obrigaba a súa execución, pero que o presente ano
sería o último.
O Prof. M. P. fixo un rogo por non estar no Moega o informe do cambio
de dedicación do punto 8. Recalcou que non había desculpas para xustificar a
imposibilidade de acceso ao Moega. Comentou que o Convenio de
doutoramento coa Universidade de Minho, que fora presentado a este Consello
de Goberno o 8 de outubro de 2015 e quedara a expensas de que se
modificara unha simple cláusula en relación co pago da matrícula por estadía
de estudantes estranxeiros, sega sen estar aprobado. Prega que se axilicen os
trámites para que poida ser asinado; non pode ser que aprobar e asinar un
convenio tipo tarde tanto tempo.
29
O Vicerreitor de Comunicación e Coordinación precisou que no anterior
modelo calquera persoa podería acceder a documentación do Consello de
Goberno, e que iso non era de recibo.
O Prof. M. B. dixo que non se debían asinar convenios antes de
negocialos (polo da Comisión Mixta).
Respondeu o Reitor que sempre viñan ao Consello de Goberno, e so se
adiantaba a sinatura nos que tiñan que ser tramitados por vía de urxencia.
E sen nada máis digno de destacar, levantouse a sesión as 20.35h, do
que como Secretaria dou fe.
Vº et pracet
O Reitor Consuelo Ferreiro
A Secretaria