REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … ·...

34
REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO Día: 17.09.2015 Hora: 16:30

Transcript of REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … ·...

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE,

POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO

Día: 17.09.2015 Hora: 16:30

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais
Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais
Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Marta Rodríguez Arias

Presidenta da Comisión

Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E

EMPREGOPOR ORDE ALFABÉTICA

Mesa

Vogais

PresidentaMarta Rodríguez Arias P

VicepresidentaMarta María Rodríguez-Vispo Rodríguez P

SecretariaMaría Remedios Quintas Álvarez S

María Carmen Acuña do Campo SJavier Dorado Soto PMaría Carmen Gallego Calvar SJaime Íñiguez Martínez PMaría Consuelo Martínez García MAurelio Alfonso Núñez Centeno PRosa Oubiña Solla PMaría Montserrat Prado Cores BNGMiguel Ángel Santalices Vieira PEva Solla Fernández AGEMiguel Angel Tellado Filgueira P

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 17.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

1. Proposicións non de lei en Comisión

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 17.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

1.1 37642(09/PNC-003160)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Acuña do Campo, María Carmen e 2 máis

Sobre a presentación polo Goberno galego, antes do remate do

ano 2015, dun plan estratéxico de saúde mental para Galicia e

as actuacións que debe levar a cabo na materia nos centros

sanitarios do Sergas

Publicación da iniciativa, 477, 10.06.2015

Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das

súas deputadas Carmen Acuña do Campo, Carmen Gallego Calvar e

María Quintas Alvarez, a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto

no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en Comisión 5.ª, Sanidade,

Política Social e Emprego.

Exposición de motivos

A atención á Saúde Mental en Galicia é unha das prioridades recoñecidas

pola actual Administración autonómica, como se sinala na Estratexia

Sergas 2014 e na revisión do Plan de prioridades 2014-2016, concretándose

nesta a atención á depresión.

Sen embargo, as medidas tomadas ate o momento distan moito de ser

satisfactorias, en aberta contradición co celebrado pola Consellería de

Sanidade en datas recentes, presumindo da porcentaxe de éxito alcanzado

na avaliación da Estratexia Sergas 2014 e que se afasta da realidade

asistencial, xa que non se dotou de recursos humanos e unidades ou

programas asistenciais específicos para o tratamento á depresión e demais

patoloxías mentais de alta prevalencia e gravidade. As taxas de suicidio

seguen medrando sen implantar ningunha das recomendacións preventivas

da OMS, e sen existir un Plan estratéxico de saúde mental, como

recomendan organizacións internacionais e o Ministerio de Sanidade (que

ven de aprobar unha proposición non de lei de actualización da Estratexia

Nacional en Saúde Mental).

Sen embargo, no entorno das eleccións a conselleira de Sanidade do

Goberno do Sr. Feijoo non dubidou en presumir tamén da atención da

saúde mental, publicitando un proxecto chamado Mastermind, proxecto en

fase de investigación financiado con fondos europeos, para avaliar a

eficacia dunha tecnoloxía (a telemediciña) no tratamento psicolóxico

cognitivo - conductual da depresión, sen seguir as cautelas debidas nestes

casos. Non só se publicitou como unha oferta asistencial, e non puramente

investigadora, senón que non se contou coas persoas profesionais da

psicoloxía clínica do Sergas, nin no deseño nin na coordinación co persoal

Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

médico de Atención Primaria.

Mentres tanto, as dotacións das persoas profesionais da saúde mental,

especificamente psicólogos/as clínicos/as son claramente deficitarias na

asistencia especializada e nulas no ámbito de Atención Primaria (para as

tarefas de promoción da saúde, prevención e detección precoz dos

trastornos mentais)

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1. Que antes de finalizar este ano 2015, o Goberno presente un plan

estratéxico de saúde mental para Galicia coa dotación orzamentaria

que precise para o seu desenrolo.

2. Que, de forma inmediata, se faga unha auditoría para valorar a

dotación de persoas expertas en Psicoloxía clínica nos centros

sanitarios do Sergas e as funcións que están a realizar.

3. Que se xeneralice, a todo o territorio galego, o programa de

prevención de suicidios do Complexo Hospitalario de Ourense, con

toda inmediatez, seguindo as recomendacións da OMS.

Pazo do Parlamento, 2 de xuño de 2015

Asdo.: Carmen Acuña do Campo

Carmen Gallego Calvar

María Quintas Alvarez

Deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

María del Carmen Acuña do Campo na data 02/06/2015 16:23:55

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Carmen Gallego Calvar na data 02/06/2015 16:24:01

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 02/06/2015 16:24:07

Jose Luis Méndez Romeu na data 02/06/2015 16:24:11

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 17.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

1.2 38530(09/PNC-003231)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Solla Fernández, Eva e Díaz Pérez, Yolanda

Sobre a realización, por parte do Goberno galego, das

xestións oportunas para garantir a gratuidade do aparcadoiro

do novo hospital de Vigo

Publicación da iniciativa, 509, 27.08.2015

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O grupo parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda, por medio das súas

deputadas Eva Solla Fernández e Yolanda Díaz Pérez, ao abeiro do disposto no artigo

160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu

tratamento na Comisión V, relativa ao aparcadoiro do novo hospital de Vigo.

Exposición de motivos

A privatización do novo hospital de Vigo acumula un regueiro de eivas que lastran o

aproveitamento pleno das súas posibilidades para en troques encher con cartos

públicos os petos privados da unión de empresas concesionarias. Así as camas previstas

quedaron reducidas á metade, esfumouse o laboratorio central do complexo

hospitalario, e todo elo nun contexto onde os estudos críticos elaborados pola

plataforma en defensa da sanidade pública descobren un enorme sobrecusto

económico para as arcas públicas públicas (de 408 a 1.794 millóns de euros). Eivas que

se ocultan nun mar de opacidade por parte das concesionarias e do SERGAS.

Do penúltimo suceso desta listaxe de desfeitas derivadas da privatización do hospital

informou o xerente da área sanitaria á Xunta de Persoal e ten que ver co prezo que van

ter que aboar as persoas usuarias do aparcadoiro do centro hospitalario e os propios

traballadores e traballadoras do centro.

Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

por poder aparcar o vehículo co que van ir ao seu posto de traballo. Non pequena

peaxe nun país cos salarios en redución para que gañen máis as empresas dos amigos

do PP. Para as persoas usuarias, o prezo increméntase ate ao redor dos 60 euros.

Novo hospital de Vigo que a día de hoxe aínda adoece dun sistema de transporte

público urbano e interurbano que facilite o acceso da plantilla e da cidadanía as súas

instalacións.

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Para este grupo parlamentario cómpre que no proceso de adxudicación prime o

interese público e polo tanto o persoal de plantilla e a cidadanía teñan acceso gratuíto

as instalacións do aparcadoiro.

Polo referido o grupo parlamentario da AGE formula a seguinte proposición non de lei

para o seu debate na Comisión:

- O Parlamento Galego insta á Xunta a realizar as xestións oportunas conducentes

a garantir a gratuidade do aparcadoiro do novo hospital de Vigo para todas

aquelas persoas, usuarias e plantilla, que teñan que utilizalo.

En Compostela, a 6 de xullo do 2015.

Asdo. Eva Solla Fernández

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asinado dixitalmente por:

Eva Solla Fernández na data 06/07/2015 10:20:13

Yolanda Díaz Pérez na data 06/07/2015 10:20:16

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 17.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

1.3 38545(09/PNC-003233)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda e Solla Fernández, Eva

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coa posta en funcionamento dos equipamentos

comprometidos e mais a mellora da prestación do servizo nas

residencias da terceira idade

Publicación da iniciativa, 509, 27.08.2015

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O grupo parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda, por medio das deputadas

Yolanda Díaz Pérez e Eva Solla Fernández, ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate

na Comisión V, relativa a falla de equipamentos comprometidos nas residencias da

terceira idade.

Exposición de motivos

A ineficacia neoliberal da conselleira de traballo e benestar ten o seu enésimo exemplo

no incumprimento do compromiso publicitado pola consellaría para efectuar a compra

dos materiais e equipamentos necesarios para a súa posta en funcionamento nos

centros da consellaría neste verán.

Logo dun regueiro de mobilizacións sostidas pola plantilla de benestar da consellaría, a

conselleira non fora quen de asumir as razóns da plantilla e apenas acordara outra

cousa que convocar o fume publicitario da compra duns equipamentos necesarios por

valor de 650.000 euros para mercar diversos materiais, nomeadamente guindastres de

elevación e de bipedestación para as residencias da terceira idade, de maneira que

estiveran operativos ao comezo do verán.

Chegou o verán e unha conselleira tan despreocupada da axeitada prestación dos

servizos públicos que ten encomendados como incapaz para unha xestión eficaz dos

mesmos deixa sen equipamentos básicos aos centros. Equipamentos que no caso dos

guindastres son necesarios para evitar o regueiro de accidentes laborais, lesións de

traballo e baixas a causa da enorme carga de traballo que se acumula no lombo das

persoas traballadoras. E como resultado para as persoas residentes, o deterioro do

servizo de atención directa que se lles presta.

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Dos 20 guindastres previstos pola consellaría que estiveran adquiridos e en servizo ao

chegar o verán non hai ningún, cero. E para colmo, a cobertura das baixas por

vacacións nas plantillas neste verán dista de ser completa: por cada tres persoas só se

cobren dúas. Un terzo máis de sobreesforzo para a plantilla que traballa.

Todo elo, nunha consellaría en estado de guerra contra as súas traballadoras e

traballadores: dentro da suspensión excepcional de dereitos recollidos no V Convenio

Colectivo, a teimuda aplicación dunhas carteleiras condenadas nos tribunais de xustiza

que impiden a conciliación da vida familiar e laboral, o embargo dos descansos, a

compensación de domingos e festivos, a destrución de postos de traballo mediante a

súa amortización e a non realización de case cincocentos contratos por acumulación de

tarefas.

Polo sinalado, o grupo parlamentario da AGE formula a seguinte proposición non de lei

para o seu debate na Comisión:

- O Parlamento Galego insta á Xunta a adquirir e pór en funcionamento a maior

brevidade posible os 20 guindastres comprometidos pola conselleira de traballo

e benestar.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a depurar as responsabilidades derivadas do

retraso na posta en marcha cos conseguintes prexuízos na prestación dos

servizos nos centros da consellaría e coa sobrecarga de traballo para as

plantillas dos mesmos.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a rectificar a súa política de cobertura de

vacantes no verán e cubrir a totalidade das baixas no servizo ao obxecto de

mellorar a prestación do servizo ás persoas usuarias e a sobrecarga de traballo á

plantilla.

En Compostela, a 7 de xullo do 2015.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asdo. Eva Solla Fernández

Asinado dixitalmente por:

Yolanda Díaz Pérez na data 07/07/2015 09:16:28

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Eva Solla Fernández na data 07/07/2015 09:16:35

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 17.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

1.4 39516(09/PNC-003317)

Grupo Parlamentario Mixto

Iglesias Sueiro, Carmen e Martínez García, María Consuelo

Sobre a entrada en vigor do Plan nacional para a abordaxe da

hepatite C no Sistema Nacional de Saúde e a súa aplicación no

ámbito dos centros penitenciarios en Galicia

Publicación da iniciativa, 511, 02.09.2015

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O G. P. Mixto, a iniciativa das súas deputadas, Carmen Iglesias Sueiro e

Consuelo Martínez García, ao abeiro do establecido no regulamento desta

cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en

Comisión.

O pasado día 1 de abril entrou en vigor o “Plan Nacional para el Abordaje de la

Hepatitis C en el Sistema Nacional de Salud”, aprobado polo Ministerio de

Sanidade e ratificado pola Mesa Interterritorial de Sanidade.

Este plano recolle, no informe de situación respecto de esta enfermidade no

estado, a pavorosa situación sanitaria que o virus da Hepatite C provoca entre

a poboación reclusa en centros penitenciarios, onde a prevalencia da infección

é de un 20,3%, 9.063 persoas segundo a cifra que figura na páxina 29 do

Plano, unha cifra só comparable ao 24% de prevalencia que se rexistra en

Exipto, o país con maior afectación do mundo de acordo cos informes da OMS.

Isto equivale, traducido aos seis centros penitenciarios de Galicia, a un número

en ningún caso inferior a 750 internas e internos infectados.

A isto temos que acrecentarlle o feito de que, de acordo cos datos do propio

informe, un 26,8% das persoas en situación de reclusión afectadas están

coinfectadas polo Virus de Inmunodeficiencia Humana, o que provoca unha

máis rápida evolución da enfermidade hepática, polo que se determina que as

persoas coinfectadas serán obxecto de atención prioritaria dentro da aplicación

do Plan.

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

2

A Liña Estratéxica 1 do Plano aprobado polo Ministerio, identifica como

poboación prioritaria en materia de prevención para reducir a incidencia da

Hepatite C as “persoas internas en Institucións Penitenciarias”.

En contraste coa situación descrita, o número de persoas internas en centros

penitenciarios do territorio galego que están a ser tratadas cos novos fármacos

é insignificante. A excepción de tres internos no centro de Pereiro de Aguiar,

non hai constancia de máis afectados que teñan recibido a través do SERGAS

estes fármacos iniciando o seu tratamento en prisión. Apenas podemos engadir

a esta cifra algún interno que ingresou co tratamento xa iniciado ou que o

iniciou durante un ingreso hospitalario. En total a cifra de internos tratados por

unha ou outra circunstancia non superaría a decena.

Esta situación de falta de dispensa destes fármacos con altísima eficacia para

a curación da hepatite ás persoas presas responde exclusivamente a unha

decisión tomada en base ao disenso entre a Consellería de Sanidade e o

Ministerio del Interior respecto de que administración debe facerse cargo do

custo dos tratamentos.

En novembro de 2014 o Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de

Santiago de Compostela, en peza separada no preito entre SERGAS e

Ministerio do Interior no que se intenta dirimir quen debe facerse cargo do

tratamento de un recluso enfermo de Hepatite C, dita medida preventiva

obrigando á administración sanitaria autonómica a dispensarlle o tratamento a

este doente en tanto se non se resolva a cuestión de fondo do litixio. O

SERGAS decidiu apelar este auto diante do TSXG.

O TSXG en sentenza de 20 de maio de 2015 confirma esa medida preventiva,

condenando ademais ao SERGAS ao pago das costas do recurso. Nos

fundamentos de dereito desta sentenza o TSX establece que “non negado polo

Letrado autonómico que, ao seu xuízo, o interese concorrente é de índole

económica, exclusivamente, entendemos, co xuíz a quo, que debemos dar

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

3

preferencia ao dereito á saúde, xa que a diatriba sobre quen (Administración

estatal ou autonómica) debe dispensar o medicamento e, por ende, correr cos

gastos asociados, ten un carácter secundario e, desde logo, plenamente

resarcible en caso de sentenza desestimatoria no preito principal, a diferenza

do risco mediato ou inmediato que, en caso de non acceder á medida

preventiva, con certeza sufriría o interno na súa integridade física”.

Por outra parte, diante da negativa por parte do SERGAS á dispensa destes

tratamentos a persoas en situación de reclusión penitenciaria, a Dirección

General de Instituciones Penitenciarias comezou a finais do pasado mes de

xuño a ofertar a aqueles e aquelas internas que teñen prescritos os novos

tratamentos por parte dos servizos de medicina especializada habilitados polo

SERGAS a posibilidade de ser trasladados aos penais Madrid II e Madrid V

para recibir os tratamentos. Esta solución supón un agravamento nas

condicións de cumprimento de condena para as persoas afectadas ao afastalas

do seu contorno social e practicamente privalas do dereito de visita durante

períodos de 12 ou 24 semanas, dependendo da súa pauta de tratamento.

Esta solución resulta aínda máis chocante tendo en conta que outros fármacos,

de dispensa en farmacia hospitalaria e administración ambulatoria, como é o

caso dos utilizados no tratamento da infección por VHC, fanse chegar as e os

doentes reclusos desde os correspondentes servizos de farmacia do sistema

público galego a través dos servizos médicos dos distintos centros

penitenciarios. Solución esta que non implica prexuízo adicional algún para

eses doentes e que tampouco prexulga quen deba afrontar finalmente os

custos farmacéuticos inherentes.

Por outra parte, a dispensa directa polo do Ministerio do Interior, no caso de

que resultase ser este quen deba correr con eses gastos farmacéuticos,

tampouco supón aforro algún para esa administración por canto o prezo dos

fármacos é o mesmo para todas as administracións sanitarias e, aos custos de

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

4

liquidar eses prezos ao SERGAS terían que engadirse os derivados do traslado

das internas e internos aos mencionados centros penitenciarios e de volta a

aquel no que veñen cumprindo condena.

Por estes motivos preséntase a seguinte proposición non de Lei para o seu

debate en Comisión:

Parlamento de Galicia insta ao goberno da Xunta de Galicia a tomar as

medidas necesarias para que, de acordo cos principios e preferencia de

dereitos establecidos polo TSXG na súa sentenza de 20 de maio de

2015, o SERGAS proceda a dispensar sen máis dilación os novos

fármacos para a Hepatite C a todas as persoas internas nos centros

penitenciarios galegos para as que están establecidos estes tratamentos

no Plan Nacional para “el Abordaje de la Hepatitis C en el Sistema

Nacional de Salud”.

O Parlamento de Galicia insta ao goberno da Xunta de Galicia a

establecer un sistema coordinado entre o SERGAS e a Dirección

General de Instituciones Penitenciarias que permita a aplicación efectiva

e máis eficaz posible do disposto no Plano para a abordaxe da Hepatite

C no ámbito dos centros penitenciarios radicados en Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2015

Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro Consuelo Martínez García Voceira e Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

5

Asinado dixitalmente por:

Carmen Iglesias Sueiro na data 31/07/2015 12:43:30

María Consuelo Martínez García na data 31/07/2015 12:43:38

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 17.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

1.5 39668(09/PNC-003329)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Prado Cores, María Montserrat

Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para

poder ofrecer unha atención sanitaria cos estándares de

calidade exixibles a un servizo público esencial como é a

sanidade pública no Hospital do Salnés

Publicación da iniciativa, 511, 02.09.2015

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a instancias da

súa deputada Montserrat Prado Cores e do seu Portavoz Francisco Xesús

Jorquera Caselas, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición Non de Lei para o seu debate en comisión.

Exposición de motivos:

O hospital do Salnés é o hospital de referencia para miles de veciños e veciñas

da comarca do Salnés. O PP ten demostrado que prestar unha atención

sanitaria de calidade a esta comarca non é unha prioridade, moi ao contrario,

todas as actuacións que ten realizado foron noutra dirección: eliminación da

área sanitaria do Salnés e integración na de Pontevedra, infrautilización de

espazos de hospitalización, perda de profesionais, perda de capacidade

resolutiva... Todo iso vai en detrimento da prestación asistencial á poboación de

referencia e de deterioro das condicións laborais d@s profesionais, unhas

condicións laborais xa precarias dado que desde a súa inauguración as ratios

de persoal estiveron por debaixo da media do SERGAS.

A isto hai que engadir que a ampliación do Hospital do Salnés, tan necesaria e

tan demandada, tanto pol@s usuari@s como polo persoal sanitario leva anos

de demora, de retrasos inxustificados, a respecto das datas comprometidas

polo PP. Esta ampliación estase a realizar nun espazo que na súa maior parte

era adicado a aparcamento de vehículos, cuestión que supón un moi grave

prexuízo, tanto para o persoal como para as persoas que teñen que acudir ao

hospital ao ser moi escasos os lugares dispoñíbeis para aparcamento. A

insuficiente solución presentada, de realizar un convenio por un período de

dous anos cun particular, polo cal se construíu unha zona de aparcamento

nunha propiedade privada con recursos públicos, fixo saltar todas as alarmas.

O Hospital do Salnés tampouco é alleo á política de recortes, tanto de recursos

como de persoal, e de peche de camas que vén practicando a Consellaría de

Sanidade. Non ten xustificación que se teña pechado na súa totalidade a

Page 26: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

terceira planta deste hospital, e que isto teña como consecuencia que teñan

que compartir habitación doentes de paliativos ou de maternidade.Tampouco

ten xustificación a continua mobilidade á que se somete ao persoal, obrigándoo

a cambiar de servizos e especialidades, para suplir as ausencias que se

producen, na vez de contratar persoal para substituír as mesmas.

Polas razóns expostas, o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego

presenta a seguinte proposición non de lei para o seu tratamento en Comisión:

“O Parlamento de Galiza, insta ao Goberno galego a:

1) Que se proceda a dimensionar o cadro de persoal do hospital do Salnés,

de acordo coas ratios profesionais-doentes precisas, como mínimo da

media dos hospitais do SERGAS, para poder ofrecer unha atención

sanitaria cos estándares de calidade esixíbeis a un servizo público

esencial como é a sanidade pública.

2) Que proceda á apertura da totalidade da terceira planta do hospital do

Salnés, durante todo o ano, coa dotación de xeito estábel e permanente

do persoal preciso para o funcionamento da mesma.

3) Que proceda á contratación do persoal que sexa preciso para cubrir as

ausencias de persoal, e que remate coa mobilidade permanente do

persoal, tanto de servizos como de especialidades, para cubrir ditas

ausencias.

4) Que se realicen as actuacións precisas para que o hospital do Salnés

estea dotado co número de prazas de aparcamento, públicas e gratuítas,

suficientes tanto para @s profesionais como para as persoas que teñen

que acudir ao hospital.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2015.

Asdo.: Montserrat Prado Cores Deputada do G.P. do BNG

Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas Deputado do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Page 27: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

María Monserrat Prado Cores na data 05/08/2015 18:17:50

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 05/08/2015 18:17:54

Page 28: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 17.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

1.6 40104(09/PNC-003362)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Prado Cores, María Montserrat e 2 máis

Sobre a oferta polo Goberno galego de servizos

complementarios gratuítos aos usuarios do novo hospital de

Vigo

Publicación da iniciativa, 516, 10.09.2015

Page 29: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa

das deputadas Montserrat Prado Cores e María do Carme Adán Villamarín e do

deputado Daniel Rodas Chapela, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa á

necesidade de ofertar servizos complementarios gratuítos aos usuarios do novo hospital

de Vigo.

O novo hospital de Vigo responde ao proceso de privatización da sanidade

pública na que está empeñado o Partido Popular, con Núñez Feijoo á cabeza. É un

clarísimo exemplo da decisión de que servizos públicos esenciais como a sanidade

pasen de ser servizo a ser negocio a favor das empresas amigas. É un exemplo de

dilapidación de fondos públicos, dos impostos dos galegos e galegas para favorecer o

negocio aos amigos.

Fronte a un sistema sanitario público, xestionado pola administración pública,

pásase a unha sanidade xestionada por empresas privadas e fondos de investimento,

cuxo único obxectivo é gañar cartos por medios especulativos.

O Goberno galego está entregando os servizos sanitarios, cando menos a parte

máis rendíbel e con menores riscos, a mans privadas, deixando hipotecado o futuro da

mesma por moitos anos.

Coa posta en funcionamento do NHV estase a poñer ao descuberto con toda

claridade a folla de ruta marcada, a peor faciana do Partido Popular ao servizo dos

poderes económicos a costa dos petos d@s cidadáns.

Page 30: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

A decisión de construír o hospital polo chamada eufemisticamente,

Colaboración Público Privada (PFI), supón cederlle ás empresas concesionarias a

explotación de servizos como o parking, cafetería, servizos multimedia, etc. Servizos

polos que tanto as persoas que acudan ao hospital como o persoal teñen que pagar

obrigatoriamente, xa que non existe alternativa aos mesmos. Estamos por un lado diante

dun novo repago sanitario, un novo imposto á enfermidade, que resulta inaceptábel

sobre todo para as economías máis desfavorecidas e polo outro un novo ataque aos

salarios do persoal da sanidade pública.

Pese a que os servizos concesionados teñen o negocio asegurado, ao non existir

competencia, as tarifas fixadas son moi elevados, unha auténtica estafa: o parking 1,86€

a primeira hora ou 12€ ao día, o pago polos servizos multimedia de 7,26€ ou 4,84 só

pola tv.

O Bloque Nacionalista Galego considera inaceptábel que se faga negocio coa

saúde d@s galeg@s, polo cal presenta a seguinte proposición non de lei para o seu

tratamento en comisión:

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a:

Que de inmediato oferte unha alternativa gratuíta de aparcamento, tanto para o

persoal do novo hospital de Vigo, como para todas as persoas que teñen que acudir ao

mesmo.

Poña en marcha un plan específico de transporte público de carácter intermodal

para todo o territorio que abarca a área sanitaria Vigo, con itinerarios e frecuencias

suficientes para atender as necesidades tanto do persoal como d@s doentes.

Page 31: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Poña a disposición das persoas ingresadas un sistema de acceso gratuíto aos

servizos básicos de multimedia.”

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2015

Asdo.: Montserrat Prado Cores

Daniel Rodas Chapela

Deputada e deputado do G.P. do BNG

María do Carme Adán Villamarín

Portavoz s. do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Monserrat Prado Cores na data 27/08/2015 14:00:14

María do Carme Adán Villamarín na data 27/08/2015 14:00:21

Daniel Rodas Chapela na data 27/08/2015 14:00:26

Page 32: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 17.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

1.7 40226(09/PNC-003384)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Acuña do Campo, María Carmen e 2 máis

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación co recoñecemento das vítimas de violencia de xénero

Publicación da iniciativa, 516, 10.09.2015

Page 33: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas

deputadas, María Carmen Acuña do Campo, Carmen Gallego Calvar e

María Quintas Álvarez, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no

artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte

proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5ª.

Dúas menores galegas, Candela e Amaia, de 4 e 9 anos veñen de ser

asasinadas polo seu pai maltratador durante o réxime de visitas imposto por

un xuíz.

Algúns medios motivan e “explican” esa barbaridade inxustificable dicindo

que o pai quería “vingarse da nai". Realmente o machismo asasinou as dúas

menores pero matou tamén a unha nai, e dende logo non existe ningún

motivo que explique eses dramáticos e intolerables feitos.

Non obstante, ata o de agora ningunha das mulleres "mortas" tras ser

asasinados os seus fillos ou as súas fillas polos maltratadores, son

recoñecidas pola xustiza como vítimas de violencia de xénero, un exemplo

máis da desprotección e do abandono que aínda padecen algunhas vítimas

do machismo.

Violencia, a machista, que xera vítimas que a sociedade nin ve nin quere

recoñecer como tales, ignorando tamén que o machismo non só mata senón

que tamén e xera secuelas perpetuas para as vítimas que sobreviven e o seu

entorno.

No que levamos de ano en Galicia a violencia de xénero ten provocado

moita dor, sen dubida, nin coñecida nin medida, pero ademais ten matado,

ten asasinado:

Page 34: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO - Parlamento de … · 2015-09-14 · Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Beatriz Rodríguez, 30ANOS, ASASINADA EN ARBO, PONTEVEDRA

María Isabel Fuentes Fernández, 65 ANOS, ASASINADA EN OURENSE

María 41 ANOS, ASASINADA EN BARCELONA (galega)

Pero tamén Candela e Amaia, de 4 e 9 ANOS, ASASINADAS EN

MORAÑA e a súa nai “MORTA” tras coñecer o tremendo crime das súas

fillas.

Ante esta situación o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

presenta a seguinte proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que adopte todas as

medidas oportunas ao seu alcance co fin de conseguir que as mulleres ás que o

seu maltratador lles asasinou familiares e/ou amigos sexan consideradas tamén

vítimas de violencia de xénero, tanto elas coma as persoas asasinadas polo seu

agresor.

Pazo do Parlamento, 20 de agosto de 2015

Asinado dixitalmente por:

María del Carmen Acuña do Campo na data 20/08/2015 13:18:27

Carmen Gallego Calvar na data 20/08/2015 13:18:36

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 20/08/2015 13:18:46

Jose Luis Méndez Romeu na data 20/08/2015 13:18:55