Revista 2
-
Upload
meicende-arteixo -
Category
Documents
-
view
218 -
download
1
description
Transcript of Revista 2
O tenebrio
O tenebrio, tamén chamado verme da fariña , é un insecto. É un invertebrado e ten seis patas. É unha larva dourada de 2 a 3 cm de longo.Serve de alimento a animais coma os réptiles. Ten catro fases na súa reprodución: ovo, larva, pupa e escaravello.As larvas son de cor amarela e co tempo oscurécense. Cambian de pel varias veces. Cando están na fase de pupa, teñen forma triangular e son de cor branca. Cando son escaravellos, a súa cor cambia de marfil a negro-marrón por arriba e negro-vermello por abaixo. Aliméntase de fariña e salvado. Curiosidade: aos réptiles non lles gustan os tenebrios fríos, por iso hai que quentarllos.
Autores : Marcos S. Natalia, Sandra e Sheila, curso 4º B
Píntega
Anfibio de pel lisa e negra, con manchas amarelas. Como é un anfibio é capaz de vivir na terra e na auga. Ten un corpo alongado que mide uns 20 cm. Os seus ollos son saltóns e escuros. Teñen catro patas curtas e grosas. A súa reprodución é ovípara, nace de ovos. Primeiro viven na auga. Despois, pouco a pouco van subindo á superficie da terra. A súa alimentación é carnívora, comen carne. Aliméntanse de pequenos invertebrados ( insectos)
http://www.flickr.com/photos/46383895@N00/276395398
Autores : Sabela, Alba P., Gabriel e Juan José, curso 4º B
Lagartixa
A lagartixa é un réptil: ten escamas, sangue frío ( non poden quentar o corpo por si mesmas e recurren ao sol), son ovíparos e arrástranse. É cuadrúpedo, ten patas curtas e quitan a pel rascándose con rochas. O seu corpo é cilíndrico. Ten a cabeza e as patas dianteiras curtas. A súa cor é marrón e gris con raias de cores. Ten unha alimentación carnívora : saltóns, moscas, insectos, arañas, caracois, miñocas e larvas. Gústalles vivir en zonas húmidas. Hibernan de outubro a abril.
http://www.flickr.com/photos/31215974@N00/3209371491Autores : Juan José, Gabriel, Sandra e Paula, curso 4º B
O lagarto
Son un réptiles o que significa que se arrastran, teñen escamas (incluso máis cas serpes), son vertebrados e de sangue fría. Son alongados, de tamaño variable, con catro patas e cola. Os machos son de cor verde intenso. Teñen pálpebras. A súa lingua ten diversas formas. A súa alimentación é carnívora porque come insectos, vermes, etc. Os lagartos ocelados das Illas Atlánticas comen froitos carnosos porque non hai moitos insectos no seu medio. Isto axuda a esparexer as sementes. Ademais os lagartos ocelados quítanlle a casca as sementes no seu aparello dixestivo. Isto é importante, porque facilítalle á semente saír, ao non ter que romper ela a casca. Reprodúcense por ovos. As súas colas cando se desprenden, distraen aos seus inimigos. Volven a rexenerarse.
http://www.flickr.com/photos/88289271@N00/3703448207
Autores : Natalia, Sheila, Marcos S. , curso 4º B
A libeliña
A libeliña é un insecto. Ten seis patas moi finas, catro delgadas ás cun cor metalizado, unha vista sensible, un corpo delgado,longo e cilíndrico. Son carnívoros, é dicir, que comen carne. Comen insectos. Cázaos cunha parte da súa boca ( máscara) que contén unhas pinzas letais para atrapar á súa presa, mide 15 mm. Atrápaos nos estanques. Utiliza un método para sumerxirse na auga que se chama “propulsión a chorro”. Consiste en coller auga e expulsala encollendo o abdome. Son ovíparos, é dicir, que poñen ovos. Primeiro, pon os ovos na auga sumerxíndoos ata o fondo. Despois, nacen as larvas. Por último, cando son máis grandes suben á superficie. Primeiro deben aprender a respirar osíxeno e despois transformarse en imagos, insectos adultos. Para iso, deben incharse con aire ata que a pel rebente. Despois, van saíndo pouco a pouco e estiran as súas ás para voar.
http://www.flickr.com/photos/86585370@N00/160863716
Autores : Jacobo, Sabela, Tamara e Alba P. , curso 4º B
Tritóns
Nome científico : Triturus Uristatus. Os tritóns son anfibios, o que significa que viven na terra e na auga. Son ovíparos e vertebrados. Teñen ollos pequenos. A súa cola é máis grande que o corpo e a cabeza xuntos. Teñen cor escuraa, con manchas de cor negra e ventre de cor laranxa. Os machos para aparearse desenvolven cores chamativos e unha crista. Aliméntanse de pequenos crustáceos, insectos, moluscos e cágados. Reprodúcense a finais de primavera. As femias poñen os ovos pegados ás plantas acuáticas e cúbrenos con follas. Durante o inverno os tritóns métense debaixo da terra.
Autores : Andrea, Marcos M., Alba V. E Joel, curso 4º B
http://www.flickr.com/photos/12066793@N05/5244189425
Homenaxe á ilusión infantil
A xente non está acostumada a ver aos Reis Magos en primavera. Pero Alba, que sempre mira os ollos das persoas, deuse conta de inmediato de que eran eles: os Reis Magos. O pequeno sol de primavera quentou a face de Alba cando foi mercar o pan. Era a terceira vez na súa vida que baixaba soa á rúa. Remataba de cumprir sete anos e sentíase maior. O saír da panadaría quedou abraiada ao toparse de fronte con tres personaxes abraiantes. De súpeto deuse conta de quenes eran. Eles tamén se pararon e sorriron. Os sorrisos déronlle tanto valor que lles preguntou:
– Sodes vos os Reis Magos? Ríronse. O de cor falou primeiro:
– Nena, moi simpática ti ! O que locía unha barba branquísima preguntoulle:
– Como te chamas?– Alba – respondeu ela timidamente
O da barba escura díxolle:– O teu nome é precioso. No meu país é mencer.
Alba, abraiada, deixou voar as súas preguntas:
– Sodes vós de verdade?– Si, claro – riu o rei de cor- Somos nena do mencer.– Vides de Oriente?– Sí dun Oriente moi lonxano, mirando ao Sol. Atravesando desertos, selvas e
mares. Ela abraiada ante tan bella historia,decatouse do retraso e dixo:
– Teño que partir, miña nai estará preocupada. Adeus.– Non marches – dixo o de cor – Toma un pequeno agasallo. É unha caixiña que
quita as tristuras. Cando teñas algunha, abres a caixa, contáslla e péchala. O da barba branca díxolle:
– Teño un agasallo. É unha alfombra máxica. Se pechas os ollos levarate onde desexes.
O da barba escura tamén tiña un agasallo : un elefante da sorte.– Cóllea na túa man, fortemente, e mira o mundo con ollos sorintes e a sorte virá
a ti. Alba subiu as escaleiras de dúas en dúas. Súa nai estábaa esperando.
– Filla, pásache algo?– Nai, nai, remato de estar cos Reis Magos– Filla iso non pode ser – díxolle a nai abraiada – Eles están en Oriente e só veñen
polo Nadal– Pois virían de turistas– De turistas?– Si nai – afirmou Alba– E, como estás tan segura?– Porque son os mesmos que os da cabalgata do ano pasado – Alba non paraba de
falar emocionada – O de cor levaba brillantes, reloxios, panos e tiña unha túnica de cores.
– Ja, ja, ja – A nai non entendía nada– Outro tiña a pel escura e levaba alfombras no seu ombreiro. E, o último, tiña o
pelo moi branco e levaba unha cesta chea de figuras de madeira.– Xa! - exclamou a nai. - Non me digas máis filla. Cantas veces che dixen que non
falases con xente que non coñeces. Alba sabía que as persoas maiores cústalles entender certo tipo de cousas. Pero a ilusión dos nenos é así. Ring, ring.... sonou o reloxio.
– Alba, arriba, á escola.– Nai, que día é hoxe?– É 10 de decembro. Por que?– É que tiven un sono precioso, pero é igual, como non o vas a entender non quero
contalo. Cando Alba espertou de todo, quedou abraiada. Mirou ao chan e tiña a alfombra, na almofada o elefante e na mesiña a caixa dos segredos. Aquí foi cando Alba entendeu que o Nadal é algo especial e precioso. Abreu a caixa dos segredos e contou o seu sono. Alba foi moi feliz. E a verdade, o espíritu nadaleño é para os nenos e non deberíamos perdelo nunca. Se non fose por eles non habería Nadal.
Alberto Varela Ricoy e o seu avó 4º A EP
GALERÍA DE ARTE
Disfrazámonos de ...
1º EP
✔ Estaba un sacerdote celebrando a misa e di:
-Alabade irmáns!
E contesta unha señora:
- E planchade tamén que deixei moita roupa
✔ Están o váter e a bañeira no cuarto de baño e dille o primeiro ao segundo:
-Tan grande e tan chorona
E a baneira mosqueada respóndelle:
- Tan pequeniño e come merda
✔ Na presentación do novo profe:
- Bos días o meu nome é Largo
E Xaimito responde:
-Non importa, temos tempo.
✔ - Mamá, mamá... No colexio chámanme mes!
- Anda cala, Xulio.
✔ - Ola, como te chamas?
- Pedro, pero cando esbirro chámanme Xesús.
✔ - Como se di nariz en Inglés?
- Non sei, profe, non sei.
✔ Están Tonto, Nadie e Ningún. Tonto ve a un policía e dille:
- Ningún caeuse ao pozo e Nadie non lle quere axudar.
O policía dille:
- Vostede é tonto, verdade?
- Sí, encantado.
Clase de 6º B
✔ Un señor ía andando pola rúa con zapatos novos e viu unha caca de can.Parouse,
colleu un pouco co dedo e lambeuno e dixo:
- É merda. Menos mal que non a pisei.
✔ Isto era un galego, un francés e un italiano. Estaban perdidos na rúa. Compraron
unha tortilla co que lles quedaba de diñeiro. Sentáronse nun xardín e puxéronse
a mirar á tortilla. O italiano dixo:
- Que pensas galego?
- Penso que me comería esa tortilla eu só- dixo o galego
- Ben durmamos e quen se esperte e soñe que vai máis alto cómese a tortilla-
dixo o italiano.
O espertar di o italiano:
- Francés, que soñaches?
-Soñei que ía tan alto, tan alto, tan alto que o meu pelo tocaba as estrelas
-Eu soñei que ía tan alto, tan alto, tan alto que o meu pelo tocaba o Sol – dixo o
italiano
- Eu soñei que vós os dous íades tan alto, tan alto, tan alto que vos quedabades
alí arriba e eu comíame a tortilla.
Sofía Lapido 6º A
* * * * * * * *
✔ Vai un día Xaimito pola rúa co seu avó e a Xaimito cáeselle a piruleta. Xaimito
vaina coller e dille o avó:
- Non se collen as cousas do chan
Logo ao avó cáenlle os lentes e dille Xaimito:
- Non se collen as cousas do chan
Daniel Giménez 6º A
✔ Un granxeiro dille a outro:
- Oe, as túas vacas fuman?
- Non
- Pois estáseche queimando a corte
✔ Dille un mosquiño a súa nai
-Mamá, poido ir ao teatro?
- Bueno, fillo, pero non vaias a saír cando aplaudan
Natalia 4º A
* * * * * * * * *
Clase 4º A
Horizontais
1. É un animal, ten catro patas, corre moito e ten unha cola
2. É un animal, voa e casi todos son de cor negra
3. É un animal, voa, póusase moito nas flores e ten moitos debuxos nas ás
4. É un animal ovíparo, omnívoro e vertebrado e fai .... pío, pío...!
Verticais
a) É de cor vermella, con circuliños negros e o seu corpo redondiño
b) Ten pelo marrón, ráscase ao mesmo tempo na cabeza e no sobaco
c) É un animal cor gris, é moi amigo da foca e vive no mar
d) Ten 6 patas, é pequena e fai teas de ...!
e) Gústalle aos nenos, algúns son malos e outros bos. Que é?
f) Vive na colmea, colle néctar da flor e dela saca o mel
g) É carnívoro, está coberto de pelo e sae pola noite
h) Gústanlle as sardiñas, vive no mar e ten unha cola e dúas aletas
Solución
( 1-cabalo, 2-mosquito, 3-bolboreta, 4-galiña, a-mosquito,
b-mono, c-golfiño, d-araña, e- can, f-abella, g-lobo, h-foca)
Clase 2º B
f he g
a b 1
2 c d
3
4
Busca nesta sopa de letras oito bebidas e comidas típicas do verán
(ensalada,gazpacho, vichyssoise, limoada, allo branco, sangría, xeado, horchata)
Jennifer 6º A
* * * * * * * *
A PIRÁMIDE
6º
5º
4º
3º
2º
1º
E N T E R R O
Forma novas palabras cambiando cada vez unha soa letra:
1) Que dura para sempre
2) Métome no interior dun burato
3) Especie de cervo que vive nos países nórdicos
4) Bebida alcohólica
5) Atadura que se fai con cordas
6) Cero
Brais López Nión 6º A
J G U B S M P I V B e UE N S A L A D A U N O GS A N G R I A E E F T AR A E A A D O T P L B ZM E S V A N E E O N L PM U N O B T G B F R e AI B M Ñ L A F R U X CV I C H Y S S O I S e HL Z A G I O M S B A A OE A G V I M O H T G D EU A L L O R A N C O IF Y H O R C H A T A R I
c
b
XORNAL SUBVENCIONADO POR:• DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA,NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA• CONCELLO DE ARTEIXO
S. SENDE