revista

51
úÞIS C.E.I.P. “A RÚA” Curso 2012/13 Número 49 SUBVENCIONADA POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÚÍSTICA

description

revista escolar

Transcript of revista

Page 1: revista

���I�SC.E.I.P. “A RÚA” Curso 2012/13 Número 49

SUBVENCIONADA POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÚÍSTICA

Page 2: revista

FALADEIROS Nº 49

Page 3: revista

SU

MA

RIO EDUCACIÓN INFANTIL

E. Infantil 3 anos, 2E. Infantil 4 anos, 3-4E. Infantil 5 anos, 5-6

PRIMARIA

1º e 2º de Primaria,3º de Primaria,4º de Primaria,5º de Primaria,

DÍA DAS LETRASGALEGASRoberto VidalBolaño,

BIBLIOTECA,ESPECIALISTAS,ANPA A RÚA,

FALADEIROS 1

Editorial

Page 4: revista

2 FALADEIROS

E. INFANTIL - 3 ANOS

O DÍA 19 DE DECEMBROCELEBRAMOS NO COLE ACHEGADA DO NADAL. OS NENOS DE INFANTILAGARDABAMOS IMPACIEN-TES A CHEGADA DOS REISMAGOS PARA PODER DAR-LLE A CARTA CON TODOSOS NOSOS DESEXOS.

E OS REIS, QUE SABENQUE SOMOS MOI BOS, DÉ-RONOS UNS CARAMELIÑOS.

O NADAL

¡POR FIN VIÑERON!¡XA ESTABAN AQUÍ!

UN A UN,IAMOS ENTRE-GÁNDOLLE ANOSA CARTA .

Page 5: revista

FALADEIROS 3

E. INFANTIL - 4 ANOS

O venres 8 de febreiro celebra-mos no cole a festa do Entroido.Comezamos degustando produ-tos típicos destas datas comoorellas, filloas0 que os nenos enenas trouxemos da casa. Es-taba todo riquísimo!!!

Despoisempeza-mos aprepa-rarnos para o desfile. Esteano, tendo en conta o temanúcleo do centro, disfrazámo-

nos de trasnos do bosque. Puxemos os nosos disfra-ces e fixemos un desfile ao redor do colexio. Que guapos íamos!!!

Ao rematar o desfile cantamos a nosa copla “Os tras-niños” que levabamos ensaiando toda a semana. E,

por último,vimos aqueima domeco quese realizouno patio.

O ENTROIDO

Page 6: revista

4 FALADEIROS

E. INFANTIL - 5 ANOS

Na clase de catro anos realizamos unha plantación dentrodo noso obradoiro da natureza. Uns plantamos lentellas(porque quero saber como son, porque me gustan moito…) eoutros plantamos fabas (porque son máis ricas, porque sonmáis grandes e a planta será máis grande, porque non ascomín nunca…). A miúdo coidámolas, regámolas e observámolas para vercomo van crecendo. Deste xeito puidemos comprobar se se cumprían ou non asnosas ideas iniciais: as fabas saen de máquinas e as lentellasestán no supermercado porque as leva alí un señor.

OBRADOIRO DA NATUREZA

Page 7: revista

MAGOSTO

O DÍA 9 DE NOVEMBRO CELEBRA-

MOS NO COLE A FESTA DO MA-

GOSTO. COMO CADA ANO AS

CASTAÑAS FORON AS PROTAGO-

NISTAS DA XORNADA, AÍNDA QUE

HOUBO MOITAS MÁIS COUSAS

RICAS QUE

COMPARTI-

MOS NA

HORA DA

MERENDA.

E DESPOIS DA “MERENDOLA” CHEGOU O

MELLOR: A HORA DE EMBORRALLARSE.

ASÍ DE GUAPAS/OS QUEDARON ALGÚNS...

E. INFANTIL - 5 ANOS

FALADEIROS 5

Page 8: revista

“MEDRANDO XUNTOS”OS NENOS/AS DE INFANTIL ESTAMOS APRENDENDO

MOITAS COUSAS SOBRE AS PLANTAS E OS ANIMAIS

DO NOSO ENTORNO. DENDE AS NOSAS AULAS PODE-

MOS OBSERVAR OS CAMBIOS QUE SE PRODUCEN NA

NATUREZA, AS ÁRBORES, AS SÚAS FOLLAS E AS DIS-

TINTAS CORES QUE TEÑEN EN CADA ESTACIÓN DO

ANO, OS ANIMAIS, COMO OS PARRULIÑOS, QUE

CADA ANO NOS VISITAN COA PRIMAVERA, PERO

ADEMÁIS ESTE ANO SAÍMOS UN POUCO MÁIS A

FÓRA DO NOSO PATIO: O RÍO SAÍÑAS ESTÁ SENDO

UN LUGAR MOI ESPECIAL PARA O COÑECEMENTO DA

FLORA E DA FAUNA DA NOSA COMARCA.

UN GRUPO DE

ALUMNOS DE 5º

CURSO E OS

NENOS/AS DE 5

ANOS, DECIDI-

MOS XUNTARNOS

PARA LIMPAR E

RECOLLER.

TODO O LIXO

QUE RODEABA O

NOSO RÍO.....

ENCHEMOS MÁIS

DE TRES SACOS DE PAPEIS, PLÁSTICOS

E ENVASES DETODO TIPO....

DESPOIS DE LIMPAR E LIBRAR DE

“MALAR HERBAS” O ENTORNO DO

RÍO, DECIDIMOS DELIMITAR A SÚA

MARXE CON PEDRAS PARA MELLO-

RAR O SEU ASPECTO.

E DESPOIS DUNHAS XORNADAS DE TRABALLO,

ASÍ DE FERMOSO QUEDOU O NOSO RÍO...

6 FALADEIROS

1º CICLO

Page 9: revista

FALADEIROS 7

1º CICLO

Os nenos/as de 1º Ciclo fixemos este mural con fotos de ani-mais do noso contorno.Este ano a clase dosnenos/as de 1º é a das“margaridas” e a dosnenos/as de 2º é a dos“gatiños”.Os pais e as nais axu-dáronnos a facer as

fotos, tamén adornamos o mural con debuxos de margaridase de gatiños.

Esta é a in-formación da

GAIVOTA quecompletamosentre todos etodas despoisde buscar in-formación coa

axuda dasnosas familias.

TEMA NUCLEO

Page 10: revista

8 FALADEIROS

1º CICLO

Esta é a recreación que fixemos entre

todos e todas do recitado “Xan Pericán”.

Nós titulámolo:

RAMÓN TARDÓN

Page 11: revista

FALADEIROS 9

1º CICLO

A FESTA DO ENTROIDO NO COLEXIO

NO COLEXIO DE A RÚA CELEBRAMOS A FESTA DO EN-

TROIDO O DÍA 8 DE FEBREIRO.

AO ENTRAR FIXEMOS TAREFAS, DESPOIS MERENDAMOS

FILLOAS, ORELLAS, GALLETAS... CANDO REMATAMOS

FOMOS AO RECREO.

MÁIS TARDE NOS DISFRAZAMOS DE GATIÑOS, DESFI-

LAMOS, CANTAMOS A COPLA E POR ÚLTIMO QUEIMA-

MOS O MECO.

PASÁMOLO MOI BEN.

Page 12: revista

10 FALADEIROS

1º CICLO

FAI MOITO TEMPO UNHA NENA ATOPOU UNHA CASAVELLA NUN BOSQUE. ENTROU E VIU QUE ESTABA ESCURACOMO A NOITE. DE REPENTE APARECEU UNHA PANTASMA, A NENA SAIU CO-RRENDO E ESCON-DEUSE DETRÁS DUNCASTIÑEIRO.AO POUCO TEMPOABRIUSE UN OURIZOE CAEULLE UNHACASTAÑA ENCANTADANA CABEZA. BERROUFORTE E EMPEZOU AVER PANTASMIÑAS PE-QUENAS ARREDOR DACABEZA. DESPOISCONVERTEUSE NUNHABRUXA FEA CUNHAVERRUGA NO NARIZ.SAIU VOANDO NUNHA POLA DE ÁRBORE ENCANTADA EATOPOUSE CUN MORCEGO. FIXÉRONSE AMIGOS E FORONBUSCAR A PANTASMA. ENTRE OS TRES DEDICÁRONSE AASUSTAR A TODAS AS PERSOAS QUE ENTRABAN NO BOS-QUE A NOITE DO SAMAÍN.E COLORÍN COLORADO ESTE CONTO ENCANTADO ESTÁ RE-MATADO.

FIN

O BOSQUE ENCANTADO

Page 13: revista

FALADEIROS 11

1º CICLO

ACRÓSTICOSFAN GALERÍAS DEBAIXO DA TERRAOS SOLDADOS NON DEIXAN SAÍR ÁS CRÍASRAÍÑAS HAI NOS FORMIGUEIROSMOI UNIDAS TRABALLANIMOS ESTUDIALASGARDAN A SÚA COMIDA PARA O INVERNOANDAN FACENDO RINGLEIRASSEIS PATIÑAS TEÑEN

O G ATO É MAMÍFEROARAÑA COAS SÚAS ZARPASTEÑEN BIGOTEOS GATOS SON OVÍPAROSSON XOGUETÓNS

AS

NO

SAS

AD

IVIÑ

AS

Page 14: revista

12 FALADEIROS

1º CICLO

Fai moito tempo un zapateiro vello estaba cosendo uns zapatos,mentres escoitaba música clásica. Pasou un bo rato e entrou nazapatería un señor que quería arreglar unha chancleta que se llerompera o ano anterior.

O ZAPATEIRO

Mentres falaban, entrou un ladrón e rouboulle algúns pares de za-patos e a máquina rexistradora. O zapateiro, que viu todo o queaconteceu, colleu a súa bici e saíu a toda mecha detrás do ladrón.Cando case estaba a punto de collelo, pinchóuselle unha roda e o la-drón fuxiu a fume de carozo.

Page 15: revista

FALADEIROS 13

1º CICLO

Anxo Moure conta un contoO 17 de abril veu á biblioteda do colexio de A RúaAnxo Moure, contounos o conto que se titulaba"O carballo con botas". Recordounos que temos que

respectar ecoidar asárbores. Foi moi di-vertido. Bai-l a m o s ,cantamos er ep e t imo smoitas pa-labras. Par-t i c i p a r onNerea, Adri,A ï c h a . A sp r o f e st a m é nbailaban.

Page 16: revista

14 FALADEIROS

1º CICLO

A cabalgata de Reis

Page 17: revista

FALADEIROS 15

COUSAS DE GATOSO nome ciéntifico do gato doméstico é Felix catus. Son vivíparos. Son de-predadores, poden alimentarse de animais de diferentes especies. Nor-malmente un gato pesa entre 2,5 e sete quilos. Sen embargo existironcasos de gatos que superaron os 23 quilos por unha mala alimentación. Osgatos domésticos machos teñen unha esperanza de vida entre 12 e 14 anos,mentres que as femias soen vivir dous anos máis. O gato que máis tempoviviu ata o de agora foi 36 anos. Poden saltar aproximadamente de 2,5a 3,5 metros de altura. Hai docenas de razas. Algúns non teñen cola.Os gatos durmen de 16 a 18 horas diarias.Hai unha crenza de que a maioría dos gatos brancos cos ollos azúis sonxordos.Os bigotes sérvenlle para medir as distanciasOs gatos teñen cinco garras nas patas dianteiras, nas traseiras teñencatro.Non só os gatos machos teñen bigotes, tamén os teñen as femias.O gato é un animal doméstico pero tamén hai salvaxes e rueiros.Hai gatos de distintas cores e tamaños, tamén de pelo longo e pelo curto.A todos lles encanta estar ao aire libre.Se un gato levanta a cola e a mantén totalmente estirada cara arribasignifica que te está saudando. Cando se frota contra ti é porque te estáamosando como parte do seu territorio. Fanlles máis caso as mulleres queaos homes porque reacionan mellor ante un ton de voz agudo. Teñen unhaexcelente visión nocturna. Despois de comer lávanse inmediatamente.Ten 32 músculos en cada orella ademais funcionan como antenas para-bólicas que se dirixen cara a fonte de son. Todos os gatos nacen cos ollosazúis e despois cambian de cor. Non poden tomar alimentos doces. Osgatos tricolores sempre son femias.Se deixas caer un gato, sempre cae de pé.O gato camiña e corre movendo as patas dianteira e traseira do mesmolado. Só o camelo, a xirafa e o gato teñen estas particularidades.

1º CICLO

Page 18: revista

POESÍA

Había unha vez un gatoque durmía nun zapato.

Había unha vez un coello que saltaba como un vello.

Había unha vez unha bruxaque voaba como unha curuxa.

Había unha vez unha bolboreta que dicía todo ó pé da letra.

Había unha vez un esquíoque tiña sempre moito frío.

Había unha vez unha lavandeiraque voaba xunto a unha bandeira.

Había unha vez un gorriónque voaba como un avión.

Había unha vez un merloque encontrou moito diñeiro.

Había unha vez un parrulo que quería ser moi chulo.

Eu vin a unha xoaniñafalando cunha galiña.

Miguel coñece a un ratoque vive nun burato.

Había unha vez unha bruxaque voaba como unha cuxa.

Nos sabemos dun xabarilque pasea por Marín.

Eu miro a unha abella que pasea cunha vella.

3º DE PRIMARIA

16 FALADEIROS

Page 19: revista

FOLLAS DO NOSO ENTORNO

FALADEIROS 17

3º DE PRIMARIA

Page 20: revista

18 FALADEIROS

1.-Ainda que a miña apa-rencia é moi seria, e sem-pre vou vestido de loito, nasnoites de verán cantando ecantando, eu disfruto.

Quen son? __________

2.- Son amiga da lúa, nonme gusta o sol, e candoamañece, apago o meu

farol

Quen son? __________

3.-Vivo no bosque, trepo aosarbores,como piñóns. E,anque non teño as,pareceque bo como os avións.

Quen son? _____

4.- Asusto coas pinzas efuxo por detrás.

¿Quen son? ________

5.-Son pequeno e vivo namazá. Empezo polo V e

acabo polo E.

¿Quen son? _________

6.- É do tamaño dunhanoz, sube a costa e non ten

pes.

¿Quen é? ______

7.- É unha planta herbá-cea, non é dente nin éleón. E con ela gústanosxogar e gústanos soprar.

Que é? __________

AS NOSAS ADIVIÑAS

8.- Verde nace, verde secría, e sube os troncos

cara arriba.

¿Que é ? ______

9.- Teño grandes ollos,corpo cuberto de plumas.Vexo mellor pola noite exiro de todo a cabeza.

¿Quen son ? _______

10.-Son unha planta herbá-cea, que medro en moitos

lugares e sé me tocas, hasterascar porque pico.

Quen son? _______

11.-Parézome a un vam-piro. Aínda que voo nonson ave, son mamífero.

Quen son?__________

12.-Adiviña,adiviñanza, sonverde como a lima, gús-tame a auga como ós pei-xes. O meu menú preferidoson as moscas que atrapo

coa miña lingua.

Quen son? __________

13.-Eu teño un animaliñoque semella un paxariñoque voa e revoa ó vento e

póusase nunha flor.

Quen son?_________

14.-Adiviña que animal é:ten pinchos nas costas, tenun fociño de porco, e as

patas cortiñas.

Quen son? ______

3º DE PRIMARIA

Page 21: revista

FALADEIROS 19

3º DE PRIMARIA

Page 22: revista

20 FALADEIROS

49.- Despois de varios días, saíron as follas

polo oco superior.

19.-Plantamos a

faba e

despois

a regamos.

29.-Mentres nacía a

faba faciamos a caixa

negra: collemos unha

caixa larga e dentro

puxémoslle 3 estan-

tes con furados en

distintos lugares. Na

parte superior fixe-

mos outro oco para

que entrase a luz.39.- Colocamos a

planta dentro e

fomos observando

como medraba e ía

buscando os ocos

dende salia a luz.

EXPERIMENTO COA CAIXA NEGRA

3º DE PRIMARIA

Page 23: revista

FALADEIROS 21

RECOllIDA DE TAPÓNSHai unha campaña chamada Seur que recauda tapónspara axudar a 14 nenos enfermos.Faise en España e o norte de Portugal.A fundación Seur levou 1.077 toneladas a unha empresa querecicla tapóns para nenos que necesitan un brazo, unhaperna etc.Unha empresa paga 300 euros brutos por tonelada.Houbo neste tempo tres casos de nenos .

Os nenos chámanse Diogo Farinhoto , Paula Nieto e LolaLista . Diogo Farinhoto naceu sen man, Paula Nieto naceu sen ósosacro e Lola Lista naceu con parálise cerebral.O noso colexio axudou traendo tapas.Ademais a Fundación Seur evitou que 16.161 toneladas deCO2 se emitisen á atmósfera .

4º DE PRIMARIA

Page 24: revista

22 FALADEIROS

ESTUDAMOSEste curso os nenos e nenas de 4º curso estudamosa poboación en Coñecemento do Medio e o aplicamosconfeccionando unhas gráficas sobre a poboación donoso pobo segundo as idades, os sexos e as nosasparroquias . Primeiro buscamos información en internee logo fixemos gráficas como as que vedes aquí:

Page 25: revista

FALADEIROS 23

GRÁFICAS

COAS

PRACTICAMOS

E

Page 26: revista

24 FALADEIROS

rOBERTODebido o seu despido no ano 1977

do banco no que traballaba, este

dramaturgo veuse obrigado a con-

verter o grupo Antroido na pri-

meira compañía teatral galega.

Tamén foi un dos primeiros direc-

tores que participaron no teatro

institucional escenografiando, coa

colaboración do Centro Dramático

Galego, a súa obra “Agasallo de

sombras” en 1984. Ademais de de-

dicarse á dramaturxia, escribiu

guións para Televisión de Galicia e

Televisión Española. Incluso parti-

cipou como actor en varias series

de televisión moi coñecidas como,

por exemplo, “Mareas vivas”.

No ano 2001 representou “Rosa-

lía”, a obra que Ramón Otero Pe-

drayo escribiu en 1958. As súas

últimas actuacións foron co grupo

Teatro do Aquí, a súa compañía

dos últimos anos. Vidal Bolaño mo-

rreu no ano 2002 en Compostela

dun cancro de pulmón.

Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago

de Compostela no ano 1950. Foi escritor e

actor de teatro ao que se lle dedica este

ano 2013 o “Día das Letras Galegas”.

Xa de mozo iniciouse no mundo do teatro

da man do grupo teatral Antroido. Acudi-

ron ás Mostras de Teatro de Ribadavia

(1973-1980) nas que Roberto se deu a co-

ñecer como dramaturgo e escenógrafo.

Vidal Bolaño foi esencial no teatro galego

xa que promoveu a súa profesionalización.

Foi un dos actores máis coñecidos en Ga-

licia naquela época, e tamén moi impor-

tante a nivel internacional.

Page 27: revista

FALADEIROS 25

VIDAL BOLAÑOA súa obra destaca polo pesimismo, a derrota eunha crítica á modernidade, tal vez influído porOtero Pedrayo que defendeu unha recuperacióndo popular. Traballou no teatro histórico arredorda figura de Rosalía de Castro; ademais unhadas súas maiores influencias foi a do teatro deValle-Inclán. Nas súas obras cóidase o diálogoco público.

Representacións destacadasVidal Bolaño destacou como actor, director, es-cenógrafo e iluminador.♣ Laudamuco, Señor de Ningures (1976)♣ Bailadela da morte ditosa (1980)♣ A Casa dos Afogados (de Miguel Anxo Fer-nán-Vello)♣ Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) (1985)♣ Caprice des Dieux (1996)♣ Anxeliños. Comedia satánica (1996)♣ La Lengua de las Mariposas (1999)♣ Mar Revolto (2001)

Obras escritas destacadas♣ Laudamuco, Señor de Ningures (1976)♣ Bailadela da morte ditosa (1980)♣ Agasallo de Sombras (1992)♣ Días sen Gloria (1992)♣ Saxo Tenor (1993)♣ As Actas Escuras (1994)♣ Rastros (1998)♣ Día que os Cífanos Deixaron de ZoarEnsaio♣ Perspectivas do Teatro Galego (2002)

Roberto Vidal Bolaño foiunha persoa moi intere-sante que morría polo tea-tro. Está claro que viviupara iso e, investigandosobre a súa vida, descubri-mos que traballou nunhapelícula que visionamos naclase de Atención Educa-tiva, “A lingua das bolbore-tas”, na que facía o papelde pai do protagonista.

Este escritor foi unha revo-lución para o teatro galegoxa que o levou a unha ca-tegoría superior, a nivel detoda España.

Page 28: revista

26 FALADEIROS

Este ano no colexio traballamos sobre as plan-tas.Fixemos un herbario con moitas follas e que-dounos moi ben. Plantamos algunhas sementes por exemplo cas-tañas,bellotas,aguacates e xudias.Tamén escribimos e buscamos adiviñas, poesíase refráns sobre plantas e árbores.

AS PLANTAS

Page 29: revista

FALADEIROS 27

O mércores 17 de abril viunos visitar Anxo Moure, é un escritoramante das árbores.Nos dicía que era o carballo con botas. Ensinounos a coidar as

árbores e nos preguntaba nomes de árbores .Sacaba rapazas ao escenario para interpretar persoaxes.

Contounos unha historia de amor que trataba dunha nena (Can-

dela de 5º) que todas as mañás preguntábanlle: ¿que soñou obosque?A todas as clases regalounos un libro chamado “O carballo conbotas “ .Escribiuno el.

Anxo Moure

Page 30: revista

28 FALADEIROS

O 22 de abril fomos a Vigo a ver o casco vello e unhaobra de teatro.

Fomos os nenos de 3º e 4º en auto-bús e aparcamos diante do centrocomercial da Laxe.Vimos a casa mais antiga de Vigoque se chamaba casa ‘’Arines oCeta ´´,estivemos dentro da Conca-tedral e había uns mosaicos muy bo-

nitos, estivemos na Praza daConstitución que da entrada ó cascohistórico da cidade e habia un reloxode sol, estivemos na rúa Real, onde nonúmero 12 se imprimiu por primeira vez‘’Cantares Galegos `` de Rosalía de

Castro , vimos afonte do Anxelote que estaba napraza da Princesa onde se veía o Si-reno , despois fomos merendar emarchamos ó teatro.No teatro vimos unha obra que sechamaba ‘’Na percura do tesouro``

trataba dun home que vivía no monte .Estaba tocando aflauta e se atopou uhna moura que es-taba peiteándose .Díxolle que tiña quesuperar catro probas para conseguir untesoro que se atopaba na cova .Pouco a pouco foi superando as probascon axuda dos seus amigos. Cando supe-rou as probas o tesouro era a moura.

EXCURSIÓN A VIGO

Page 31: revista

O PROXECTO ABALARO proxecto Abalar creouse para que traball semos fluidamente e a gusto

cos ordenadores, que nos axudaron en certas cousas fundamentais, como

cooperar en grupo e coidar e respectar o material com n, incluso m is que

se fose noso. Demostrounos que o compa erismo, respecto e igualdade

est n presentes en todo momento, que e moi importante a colaboraci n entre

todos e todas.

Aprendemos novas formas de traballar

como:

Libre Office (darlle formato texto, pa-

xinalo, facer ndices...)

Google Drive (subir arquivos a internet

e compartilos)

Gmail (crear unha conta de correo, cla-

sificar os contactos, enviar mensaxes,

chatear...)

Pizarra dixital (utilizar as distintas

aplicaci ns

Presentar o traballo curioso foi outra aprendizaxe moi til. A creaci n do

blog levounos a utilizar o mesmo, a facer

entradas, actividades interactivas...

Por ltimo, queremos destacar o noso

avance na busca de informaci n en inter-

net, agora imos a "tiro fixo". Centr monos

m is no traballo e incrementamos a nosa autonom a.

Page 32: revista

30 FALADEIROS

Excursión a VigoO martes día 15 de abril os nenos /as de quinto e sextocurso fomos de excursión a Vigo, a Naturnova, un cen-tro onde che ensinan cousas sobre a natureza.Tivemos que facer 4 grupos, o primeiro foi nun subma-riño dende onde se vían as diferentes especies de ani-mais que había na Ría de Vigo.O segundo grupo foi a unha sala onde che ensinabanc o u s a s do uni-verso: os m o v e -m e n t o s que fai aterra, os p l a n e -tas...O ter- ceiro ec u a r t o g r u p oforon ver c o u s a sdo noso planeta,o home e o seu medio. Déronnos unha ficha onde tiña-mos que poñer o que aprendiamos de cada sala.Máis tarde fomos ver un concerto no que os seus par-ticipantes ensináronnos que non se toca música só coninstrumentos, senón que tamén podemos expresar amúsica de mil maneiras: co noso corpo, cun lapis, cunanaco de cartón, cunha tixola, cunhas botellas...

Autora: Inés Entenza

Page 33: revista

FALADEIROS 31

• A palabra “Samaín” procede de “Samhaín”,

termo gaélico que significaba final do verán.

Era unha festa pagana, non relixiosa, dos celtas.

Xurdiu por primeira vez en Irlanda.

• O calendario celta dividíase en dúas metades.

A metade escura comezaba no mes de Samonios

(outubro e novembro) e a metade clara no mes

de Giamonios (abril e maio). Do 31 de outubro

ó 1 de novembro celebraban o fin de ano, coin-

cidindo co final da colleita. Era ó final do verán

e o comezo do novo ano que coincidía co inverno. Os celtas acumulaban nestas datas os alimentos

para o inverno e tamén sacrificaban animais.

• Os pobos celtas que poboaron Europa (Galicia, Irlanda, parte de Gran Bretaña) levaban cele-

brándoo 3000 anos. Dende o ano 100 d.C. celébrase o 31 de outubro.

• O 31 de outubro os druídas (sacerdotes, médicos, xuíces e profesores) recollían as bagas do acivro

cunha fouce de ouro. A fouce era de ouro porque os celtas considerábano un metal puro. Poñían as

bagas nun caldeiro ou manto branco que o sostiñan outros dous druídas. Estas bagas tiñan poderes

curativos para o poboado e para as súas pocións máxicas. Os druídas tamén ían esa noite polas casas

pedindo alimentos para facer ofrendas e levaban con eles un nabo oco polo medio e con carbóns acen-

didos dentro.

• Nesta noite, o 31 de outubro, as almas dos mortos atravesaban a porta que separaba o mundo dos

vivos e dos mortos, para que a xente puidera reunirse cos seus antepasados falecidos. Poñían as caveiras

dos inimigos nas portas das casas cunha candea dentro para espantar aos malos espíritos. Tamén

amontoaban as caveiras dos seus mortos e dos seus inimigos e pintábanas.

• Ninguén podía saír do pobo esa noite pois os espíritos dos mortos viñan visitar ás súas familias e

comer os alimentos que lles tiñan preparados con cariño os parentes. Mesmo lles deixaban un servizo

na mesa e unha cadeira libre. Viñan quentarse á calor do lume da lareira (que quedaba aceso toda

noite) e non varrían o chan para non afastar ás ánimas.

• Por todo o pobo había fogueiras. Non se acendían para espantar aos malos espíritos, senón para

guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopasen aos seus parentes e ás súas casas. Deixaban

mazás nas beirarrúas e nos camiños para os espíritos perdidos ou que non tiñan descendentes.

(Texto colectivo elaborado con toda a información recollida entre todos os alumnos/as de 5º de Primaria)

Page 34: revista

32 FALADEIROS

PELÍCULA CRIADAS E SEÑORASOla a todos. Fai pouco en atención educativa, vimos a película "Criadas e Señoras" que se trata doque pasaba no sur dos EEUU no século XX coas criadas negras. O titulo orixinal da película en inglésé "The Help", porque na película as criadas piden axuda.

Despois de ver a peli fixemos unha posta en común sobre que actitudes nos chamaron a atenciónsobre como trataban os brancos ós negros:

•Os brancos non querían que os negros utilizasen os mesmos baños.•Cando dispararon a un negro, botaron ós negros do autobús e os brancos quedaron nel, achegandoa estes á súa casa. Os brancos e os negros non estaban sentados no mesmo sitio no autobús.•Había unha muller branca, unha das protagonistas, que quería ser escritora e escribiu un libro sobreos negros para a súa defensa.•Había o KKK (Kukusklan) que mataba ós negros de forma organizada.•Pasaban os criados negros en herdanza, coma se fosen obxectos.•As mulleres brancas non coidaban case nada aos seus fillos/as (e pegábanlles) , só as criadas seocupaban deles.•Había un hospital só para negros.•Tampouco podían compartir igrexa.Despois a profe leunos un texto sobre as prohibiciónsque tiñan os negros nesa época que, o lela, calqueraquedaría coa boca aberta.

Os negros tiñan prohibido:

•Sentarse a comer cos brancos.•Probarse prendas ou zapatos nuns almacéns.•Vivir en barrios brancos.•Beber auga das fontes públicas.•Nadar en piscinas públicas•Entrar nos concellos pola porta principal.•Ir a un perruqueiro branco.•Ir a un dentista branco.•Recibir unha transfusión de sangue dun doante branco.•Viaxar xunto aos brancos nos autobuses, nos trens e incluso nos ascensores.•Lavar a roupa nas mesmas máquinas que os brancos.•Casar cos brancos.•Ir a escola cos brancos.•Atuar aos brancos.•Usar a mesma sala de espera que os brancos na consulta dos médicos.•Prestar xuramento para testemuñar ante un tribunal, agás que o fixeran sobre unha biblia para ne-gros.•Ser internados nas mesmas prisións ou reformatorios que os brancos.•Entrar nos corpos policiais.•Votar ou ser candidatos a cargos políticos.•Ser enterrados xunto aos brancos nos cemiterios.

¡Meu Deus!, prohibíase aos negros gran cantidade de cousas.

Gustoume moito a película porque aprendín moito e sei que foi inxusto que os brancos trataran asíaos negros.

Autor: Ían Vilariño

Page 35: revista

FALADEIROS 33

INVESTIGAMOS SOBRE A TRADICIÓN DO CACHO NANOITE DE SAN XOÁN

As herbas e os cachos

• É unha tradición galega que consiste en botar herbas aromáticas nun reci-piente con auga de sete fontes deixándoas ó orballo da noite. Ó día seguinte,lávaste a cara coa auga e disque che dará boa sorte todo o ano, espantando ódemo, as meigas e as envexas.

• Herbas que forman parte do cacho: (as sete primeiras son as fundamentais,que non poden faltar)

-romeu (romero) Serve para dar masaxes e curar as inflamacións.-herba luisa Fanse infusións para curar a dor de barriga.-fiúncho (anises) Utilízase para cocer castañas. Serve para curar a dor de gases.-herba de San Xoan-fento macho-malvarosa-codeso-lirio-peineta (fento rizado)-silvas. Bótanse as que medran mirando cara ó mar. Segundo a tradición, póñense enriba do cacho para que o demo non cague nel.-malvaloca-follas de laranxeira-ourego (orégano) Serve para curar o catarro e a diarrea.-herba limona (melisa)-lavanda-xarxa (salvia)

(Texto colectivo elaborado con toda a información recollida entre todos os alumnos/as de 5º de Primaria)

Sobre as herbas anterio-res poden botarse, paraque o demo non cagueno cacho, estrugas, sil-vas ou toxos. É habitualque alguén faga dedemo e apareza unhasorpresa no cacho, poloque... ¡¡¡coidado co lugaronde se coloca!!!

Page 36: revista

34 FALADEIROS

ÁRBORES MÁIS COMÚNS EN GALICIA

O carballo é un árbore de folla caduca(un árbore que lle cae a folla no outono-inverno). O carballo é nativo dohemisferio norte. Os carballos esténdese tanto por zonas de clima atlántico como clima continental ou climamediterráneo. Medran en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas. Caracterízansepor ser árbores vigorosas e fortes e polos froitos: as landras.

Diferentes especies de carballos son moi comúns en toda Galicia, salientando o carballo común. De feito oscarballos constitúen a formación forestal máis representativa do país: a carballeira. As carballeiras están sendodeforestadas debido a plantación de piñeiro bravo ou o eucalipto; con todo, estase incrementado a extensióndas carballeiras nos últimos anos, especialmente nas zonas do interior, igualmente esta case ameazada polaextinción, debido ós incendios, e durante os anos 60 cortáronse moitos para facer as travesas do tren.

É unha árbore de gran tamaño, que pode alcanzar 40 metros de altura e ata 2 metros de diámetro no tronco,cunha cortiza gris pálida, copa ampla, follas glabras (quere dicir que non teñen ningún pelo) flores masculinase femininas en pequenos ramos colgantes.

CARBALLO

ÁRBORELANDRA

FOLLA

EUCALIPTO

Nome: Eucaliptus Globulus.

Familia: Eucaliptos.

Especie: invasora.

Orixe: Australia.

Folla: Perenne.

Tamaño: Pode chegar a máis de corenta me-

tros.

Cortiza: Cor castaño, aspecto cortiza lisa.

Forma das follas: Alargada é puntiaguda.

Flores: ten pero non en todas as estacións

do ano.

Crecemento: Moi rápido.

Cando podar: Non se poda, crece soa.

Tipo de solo: Adáptase a calquera solo, por-

que as súas raíces poden recorrer metros

en busca de auga.

Abonado: Non se abona.

Reprodución: Polas sementes.

Page 37: revista

FALADEIROS 35

CASTIÑEIRO

O castiñeiro é unha árbore típica dos soutos galegos, sobre todo de Lugo e de toda a provincia deOurense. A súa flor recibe o nome de candea. Habitan en lugares con sombra. Tamén atópansenos vales e ladeiras que teñan unha temperatura tempada efresca.O castiñeiro pertence a familia das Faias, Sobreiras e Cerquiños(Fagáceas). É unha árbore de folla caduca que pode chegar amedir ata vinte metros de altura.Hai zonas de Galicia cheas deles, como a de Trives (Ourense) poronde discorre o río Navea, denantes de desembocar no río Sil, queé o principal afluente do río Miño. Tamén o Caurel en Lugo tenzonas cheas de castiñeiros.É unha árbore pouco común, forte e que as súas varas se utilizan para fabricar toneis e cestas.Tamén se empregan en pisos e mobles. Florece entre maio e xuño e o seu froito, a castaña, ma-dura entre setembro e outubro. Os froitos están recubertos por unha casca verde con espiñas (oourizo) de ata 4 cm. de diámetro e preséntanse en grupos de dous ou tres, ó igual que as súas fo-llas. A casca é lisa nos castiñeiros novos e esgrezada nos exem-plares vellos.A época da recollida das castañas é en novembro, e en Galiciacelébrase co magosto. A castaña cómese cocida ou asada, e enmenor medida crúa.O tronco nas árbores máis xóvenes, é liso de cor verdoso tirandoa gris, tamén é dereito e moi groso xa de cando nace; crece rapi-damente os primeiros anos, pero logo crece amodiño. Nas árbores máis vellas o tronco é oco, curto pero moi groso. Otronco pode medir ata 12 metros de contorno, son incribles.

O castaño era moi importante economicamente, a súa madeirafoi moi estimada en ebanistería, para adornar escaleiras ou esta-tuas, e carpintería. Case todo o interior das casas era de ma-deira de castaño, dende as vigas ata as fiestras e mobles.Como leña, o castaño é un mal combustible. O seu froito, a cas-taña, fai moitos anos foi a fonte de alimentación, (cúas, secas,asadas, cocidas, de tódolos xeitos), ata que chegou a pataca e omillo. O seu valor nutritivo é moi bo.Utilízase tamén para menciñas, as follas e a cortiza ten propie-dades astrínxente, válido para a disentería, diarreas, e en infu-sión para a tose.

O mel do castiñeiro, que procede da flor masculina e os usos das follas secas, que facían unhaboa cama para os animais, son outras formas que se tiñan de uso de este gran árbore.Algúns produtos tradicionais, como a augardente de castaña ou a crema de castañas, non conse-guen que a súa venta e a súa especie sexa efectiva. Isto lle leva ocorrendo ós galegos dende hai

dous milenios atrás. Tamén se utilizaba para facer carbón de castiñeiro,aínda que hai que dicir que o castiñeiro non dá brasa.A castaña foi básica na alimentación dos galegos. Hai moitas variedades,máis de cen actualmente, que dependen do tamaño, época de madurar,sabor, etc. Estas variedades van ligadas ó cultivo, segundo sexa para madeira ou para comer.

Javi, Lorena, Aarón, David e Helga.

Page 38: revista

36 FALADEIROS

Piñeiro é un xénero de prantas (xeralmente árboles e raramente arbustos), co-munmente chamadas pinos, pertence a familia das pináceas (que conteñentoda clase de pinos), que presentan unhas ramas que van para todos os ladoscon a mesma ou parecida medida.O copa pode ser piramidal ou redondeada. As follas teñen clorofila, mentresque as polas curtas rematan en dous a cinco fo-llas lineares ou agullas. Os troncos masculinosbrotan todo o ano. O tronco ten unha cortezadura. As sementes son alargadas coa cabezamáis ou menos fina. Moitas especies son cultiva-das desde os tempos antigos para a súa colectaou fins forestais, o que fai difícil establecer assúas áreas orixinais.

A deforestación é o proceso de desaparición de bosques, normalmente cau-sada polos humanosdebido a tala de árbores, tanto as realizadas pola industria de madeira coma aobtención de solo para cultivos agrícolas.

Nos países máis desenvolvidos, prodúcense outras agresións como a chuviaácida que complica a supervivencia dos bosques.

Así a todo, debe terse en conta que as plantacións de reforestación non substi-túen en ningún caso o bosque, xa que este é un ecosistema que tarda décadase nalgúns casos séculos en formarse. En cambio, a reforestación no mellor doscasos é un conxunto de árbores situadas segundo unha separación artificial,entre as cales medra uha vexetación herbacea. E no peor dos casos, plántanseárbores non autóctonas.Unha consecuencia da deforestación é a desaparición de dióxido de carbono.Como medida de contención, varios organismos de reforestación axudan a re-poboación.

PINO

HOJASPINOS MADEiRA

Page 39: revista

FALADEIROS 37

SALGUEIRO

Page 40: revista

TALLER DE ESCRITURA - “VIAXE A AUSTRALIA”

Nun cálido día de verán Yoel estaba coa súa familia na praia de Rodeira. Pasaron todo o día alí. Candoanoiteceu saíron da praia e voltaron a súa casa. Yoel acendeu o seu ordenador para xogar un pouco, peroo primeiro que atopou na pantalla foi un correo do seu tío Pablo. Abriu a mensaxe e comezou a ler:Ola Yoel.Teño que darche unha boa noticia. Conseguín tres plazas nun cruceiro para que veñas cos teus pais a visi-tar Australia. Tamén teño dúas habitacións reservadas para vós.O cruceiro saldrá o 23 de xuño. Non vos olvidedes!!P.D: estou desexando vervos. Bicos para todos.

Nada máis terminar de ler a mensaxe foi dicirlles os seus pais agran noticia. Tiñan medi omes para prepararse para a viaxe.

Un día chamaron á porta varias veces. Yoel foi a abrir e o únicoque atopou foi un can. Preguntoulle a súa nai se podía quedancon el pero ela respondeu:-Dentro de dous días marchamos. Se quedamos co can teremosque deixalo só durante tres meses e estará famento. Terás queatopar a alguén que o queira e que poida cuidalo.

-De acordo – dixo Yoel. Pero se non atopo a ninguén que o queira, ¿que lle pasará?-Pois terá que quedarse aquí en España. Cando voltemos, se aínda está na casa, quedaremos con el.

Antes de marchar, Yoel foi visitar a súa avoa e levou o can para pasealo. Nada máis miralo, a avoa pre-guntoulle onde o atopara e se podía quedar con el un par de días. Yoel contoulle que ese mesmo día mar-chaban a Australia e pediulle que coidara do can mentras tanto.

Subiron a aquel enorme e luxoso cruceiro e despedíronse do can e da avoa. Tardaron medio mes en che-gar ó seu destino e, cando atracaron, o seu tío estaba a esperalos no peirao. O primeiro que fixeron foialoxarse nun hotel próximo a un parque temático. Yoel fixouse nunha placa que dicía “FELICIDADE E CO-MODIDADE”, e pensou que era de cinco estrelas.

Tardaron un día enteiro en desfacer as maletas e ordenar o seu cuarto.Yoel, nada máis decatarse de que había un parque de atraccións, quixo ir canto antes. Seus pais dixéron-lle que quizais fose moi caro pero o seu tío comentou que só a entrada era algo cara pois as atracciónseran baratas. Ó final foron e pasáronno todos moi ben. Yoel subiu en moitísimas atraccións: nunha mon-taña rusa, nun simulador de paxaro onde se vía todo dende o ceo...

Durante o mes de agosto ían a unha gran praia con ondas enormes nas que se podía surfear pero algun-has veces tamén se corría o perigo de meterse no mar con quenllas polos arredores. Un día foron a Sid-ney. Pola mañá Yoel e o seu tío estiveron vendo unha competición de surf mentras os seus pais mirabanun gran espectáculo na ópera desa cidade. Pola tarde voltaron ó hotel e preparáronse para a gran excur-sión ó deserto de Australia.

Mentras camiñaban miraron moitas bandadas de periquitos e tamén varios canguros. Pronto se fixo denoite e tiveron que acampar; montaron as tendas e acenderon unha pequena fogueira. Antes de durmir otío de Yoel empezou a contar historias de medo. Ó seguinte día voltaron á cidade.

A Yoel xa se lle acababan as vacación e tiña que facer as maletas. O 4 de setembro voltaron a España,esta vez en avión. Chegaron a casa despois dunhas vacación divertidísimas, abriron a porta e alí estaba aavoa de Yoel co can nos seus brazos. Enriba deles había un cartel que dicía:“BENVIDOS”

Yoel pasara as mellores vacacións da súa vida!David

Page 41: revista

SECCIÓN: CARTAS AO DIRECTOR

“PARA UN PATIO MELLOR”

Nós cremos que se debería mellorar o parque infantil do C.E.I.P ARúa porque no que temos só poden xogar os alumnos máis peque-nos. Agora só hai aparatos nos que os nenos maiores non pode-mos subir e cremos que estaría mellor ter un patio con diferenteselementos para que todos poidamos xogar e divertirnos moito máis.Unha proposta para mellorar o patio sería poñer colchonetas, nelastodos os nenos poderían xogar e divertirse. Tamén poderiamospoñer un “columpio olla” porque nel xogarían nenos de distintas ida-des. Un campo de fútbol con céspede sería outra boa idea, por secae alguén que non se faga moito dano.E estas son as nosas propostas para mellorar o patio e xogar todosxuntos.

Nerea

“O COMEDOR DO COLEXIO”

Quería dar as grazas ao director por construir un comedor. É moiútil porque algúns pais van a traballar ata as catro ou as cinco datarde, así poden deixar no comedor aos seus fillo e non teñen quepreocuparse por facer acomida ou ir a buscalosás dúas e media.

Ademais así os nenos enenas, cando acaban decomer, xogan no patio axogos tradicionais comoo escondite, o esconditeinglés, pita-pita alturita0

E, por último, van á bi-blioteca a ler libros ou a acabar os deberes.

Iria

Page 42: revista
Page 43: revista

42 FALADEIROS

OS NOSOS

TALLERES

MUSICAIS

Page 44: revista

FALADEIROS 43

ÑEste ano con motivo da celebración do día

da paz preparamos unha actividade que im-

plicou o traballo de toda a comunidade

educativa.

Tratouse de preparar a canción “Hecho

con tus sueños” de Maldita Nerea dun xeito

moi especial e o resultado foi un video.

Page 45: revista

44 FALADEIROS

PETI, A MASCOTA DE MÚSICA, PARTICIPA

DE TODAS AS ACTIVIDADES DO CURSO

Page 46: revista

FALADEIROS 45

DURANTE ASEMANA DO23 DE ABRILFIXEMOS VA-RIAS ACTIVI-

DADESADICADAS Ó

DÍA DOLIBRO.

Page 47: revista

46 FALADEIROS

BIBLIOCINE

DA RUAEste ano na biblioteca,coincidindo coas gardasde tarde da profe May ,levouse a cabo unha ac-tividade de CINE.Días antes da “cinesesión” publicitouse con car-

teis anun-ciando a pelinas portas deacceso o cole-xio e no blogdo Recanto deRoni .Tamén

entregouse unha entrada a cada nen@,que de-bían presentar na biblio para poder acceder aproxección.Con cada entrada os nen@s podían traer un in-vitado,xa que se tratou de que fora unha activi-dade que chegara o maior número de persoas.O resultado foi moi bo e as sesións non baixaronde 50 asistentes,que disfrutaron do cine no cole.

Page 48: revista

FALADEIROS 47

Roni e o tema núcleo

Roni, a nosa mascota da Biblioteca,está totalmente implicado co traballo do tema núcleo que nosocupa este ano nocolexio. Todos osnenos e nenas in-vestigan sobre afauna e a flora donoso contorno eRoni non ía sermenos.Dende o pricipio decurso Roni , disfra-zado de árbore,préstalles axuda osnenos/as e taménos profes nas súasinvestigacións, po-ñendo a disposición de todos/as os libros etamén os ordenadores da biblio con conexióna internet.Todo o necesario para axudar óspeques a que descubran o que nos rodea.

Page 49: revista

48 FALADEIROS

Page 50: revista

FALADEIROS Nº 49

Page 51: revista

http://ceiparua.blogspot.com/ http://ruagalego.blogaliza.org/

O equipo de Dinamización Lingüística manifesta que algúns traballos presentan incorrecións Lingüísticas propias das idades dos alumnos/as. Aíndasendo comentadas e explicadas polo profesorado responsable non foron correxidas, respectando na maioría dos casos a presentación orixinal.