Revista definitiva imprenta
-
Upload
javier-miguez -
Category
Documents
-
view
221 -
download
4
description
Transcript of Revista definitiva imprenta
A BENZA
C.E.I.P. SANTA Mª DO CASTRO
CABO DE CRUZ
BOIRO
2012-13
3ª EDICIÓN - Nº 10
REVISTA ESCOLAR
DIRECCIÓN XERAL DE POLITICA LINGÜÍSTICA
COLABORAN:
CONCELLO DE BOIRO
2
2
Este curso abrimos o nº 10 da revista “A Benza” para com-partir con todos e todas vós os proxectos de investigación, as conferencias, as actividades extraescolares e comple-mentarias… Reservamos un espazo importante á 5ª Semana Cultural, en torno á celebración das Letras Galegas. Homenaxeamos a Roberto Vidal Bolaño coas nosas mostras de teatro. Na nosa revista hai seccións que nunca faltan: refráns, rela-tos,debuxos, fotos… Dende “A Benza”, grazas ao alumnado, profesorado, fami-lias…..en definitiva, a todas as persoas que fan posible o no-so proxecto educativo. Pero sobre todo queremos rendir homenaxe ao esforzo, ás moitas horas investidas, ás xornadas de bocata de mediod-ía, aos malabarismos coas contas e recursos e á moita ilu-sión depositada. ¡Mil grazas!
EDITORIAL
3
3
ÍNDICE
ALMORZOS SAUDABLES: páxinas 6-7
O SAMAÍN E MAGOSTO: páxinas 8-10
CONMEMORACIÓNS: páxinas 12-19
O NADAL E OS REIS: páxina 20
QUE É PARA TI UNHA FADA?: páxina 21
PROGRAMAS DE RADIO: páxina 23
VISITA DIDÁCTICA A SANTIAGO: páx. 25
EN TEMPOS DE MARIA CASTAÑA: páx. 26
EN TEMPOS DOS CASTROS DE NEIXÓN: páx. 27
SESIÓNS DE CONTACONTOS: páxina 28
IOGA PARA NEN@S: páxinas 29-32
CONFERENCIAS E EXPOSICIÓNS: páxinas 33-36
4
4
FEIRA MEDIEVAL: páxinas 38-40
DESCUBRINDO COA “TEACHER NATALIA”: páx.42
DUATLÓN E CAMPO A TRAVÉS: páxina 42
ENTROIDO: páxinas 43-44
A PRIMAVERA: páxinas 45-47
ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN: páxina 48
EDUCACIÓN VIAL: páxina 49
SEMANA CULTURAL: páxinas 51-55
DIA DAS LETRAS GALEGAS: páxinas 56-57
ACROESPORT: páxina 58
NOVAS: páxinas 60-63
RIR A CACHÓN: páxinas 64-65
AGRADECEMENTOS: páxina 67
DESPEDIDAS: páxinas 68-69
5
5
SETEMBRO
OUTUBRO
6
6
ALMORZOS SAUDABLES
7
7
A ALMORZAR!!!!
8
8
É TEMPO De decorar cabazas e de comer castañas!!!
Fixemos cabazas!!
O outono é sinónimo de remate das vacacións, co-
mezo da escola, choiva e vento. Pero é tamén tem-
po de castañas, de magostos e de xogos populares.
Que ben o pasamos!
9
9
E desfrutamos dos xogos populares!!
10
10
E por suposto, comemos moitas castañas e pintámonos con carbón!!
11
11
NOVEMBRO
DECEMBRO
12
12
No terceiro nivel
fixemos: poemas,
textos e pombas con
mensaxes de PAZ
que voaban.
conmemoracións
Día universal d@ nen@
Día do libro
13
13
Dia da paz
14
14
Imaxina...
15
15
16
16
17
17
CONTO: A POMBA DONA PAZ
DONA PAZ é unha pombiña que vive nunha ca-siña moi linda entre as torres dunha igrexa. En canto o día amence vai pasear para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños: .Viu: -Xente que nada tiña e que durmía nas rúas na friaxe da invernía. -Outros moi ricos aos que todo lle sobraba, es-tragaban a comida que aos pobres lles faltaba. -Máquinas botando cemento case en calquera lugar. -Sumidoiros noxentos, mares cheos de lixo e as fragas pasto do lume. -Chemineas fumegantes botando un aire moi negro. -Fábricas de armamento que mandan ás gue-rras artefactos da norte. -Persoas que foxen das guerras, da fame e dou-tras miserias. -Xentes que arriscan a vida para cruzar as fron-teiras, á procura dun traballo e dun futuro mellor. -Mulleres maltratadas ás que todo se lles nega, e que viven esmagadas baixo tanta imposición. -O que máis arrepío lle deu a Dona Paz foron os nenos e as nenas da rúa. Eran nenos e nenas de ollos tristes, que nunca foran á escola, nunca tiveran xoguetes e xamais foran á praia.
18
18
.Dona Paz non vía máis que problemas, abusos e
inxustizas.
-O afán por chegar a ricos non deixa cousa con cousa!. .-Que feo está o mundo!. .-O fermoso que sería se todos fosen amigos e non estragasen tanto!. Dona Paz falou con todos. Pero os homes só pensaban no diñeiro, no poder e na fama. Os homes poderosos non lle facían ningún ca-so. Querían todo para eles!. Xa sei: falarei cos nenos e nenas do mundo.
¡Polo seu futuro non renunciarei!. ¡Seguro que
elas e eles poden escoitar moito mellor!
1º ciclo
19
19
Conmemoriación: 150 aniversario de cantares gallegos. Rosalia de
castro.
1º ciclo
20
20
O NADAL
Os alumnos e alumnas de 4º curso fixeron estas árbores e adornos tan navideños.
21
21
Que é para ti unha fada?
4º CURSO
22
22
XANEIRO
FEBREIRO
23
23
Programas de radio
24
24
1º ciclo
25
25
Visita a Santiago de Compostela. unha cidade medieval
1º ciclo
26
26
Proxecto: “en temPos de maria castaña”
1º ciclo
27
27
Provecto: “en temPos dos castros de neixón
1º ciclo
28
28
Sesión de contacontos
29
29
Para nenos
Inhala levando as mans ao
ceo e mirando os polgares
Exhala dobrando a cabeza cara
aos xeonllos como unha pinza.
Pés xuntos, brazos e per-
nas estirados e embigo pa-
ra dentro.
Inhala levando unha perna para
atrás.
30
30
Leva a outra perna para atrás e
aguanta a respiración.
Exhala, flexiona os cóbados e
leva e peito e o queixo ao
chan.
Inhala, estira os brazos e abre o
peito na “postura da cobra”. Exhala, sobe o cu, estira os bra-
zos e mete a cabeza.
Inhala levando un pé para diante e
apoiando o xeonllo.
Exhala levando o outro pé
adiante e dóbrate como 1 pinza.
31
31
Exhalando un dos dous inclínase
cara a diante mentres o outro se
bota para atrás.
Alternádevos sendo unha vez pan e
otra recheo do sándwich.
Para facer a “respiración da abe-
lla”, tapa os oídos cos dedos.
Cos beizos pechados fai o son da
abella e sente as súas vibracións.
Lembra que a paz e o amor que necesita o mundo están en ti.
32
32
Inhala levando as mans ao
ceo e mirando os polgares.
Exhala levando as mans ao co-
razón. Este é o “saúdo ao Sol”.
Senta cos xeonllos para fóra e os
pés xuntos tocándose no centro. Leva 1 man ao xeonllo contrario e
a outra detrás das costas.
Repite no outro lado. Debes
mirar para atrás 5 respiracións.
Senta costas contra costas cun ami-
go, coas pernas e as costas estira-
das. Inhalando debedes entrelazar
os brazos atrás.
33
33
CONFERENCIAS E EXPOSICIÓNS
Exposición de aves
34
34
Martín – 3º curso
35
35
Perigos da internet
Cruz vermella
Mais charlas...
36
36
Mais exposicións INTERESANTES...
37
37
Este curso traballamos o libro de teatro “O
maquinista Antón” da escritora An Alfaya, xa que este
ano a Semana Cultura ía dedicarse ao teatro.
Buscamos información da escritora: a súa biografía e
as súas publicacións. Logo ilustramos as portadas dos
seus contos, con elas fixemos un mural que
colocamos na nosa Biblioteca, para cando ela nós
visitase.
Veu ao noso Colexio o día 22 de marzo para o 2º e 3º
ciclo, contounos moitas cousas do libro que lemos.
Pasámolo moi ben con ela e asinounos a todos o
conto.
Alumnado do 3º nivel
Visita de escritores
38
38
Feira medieval
4º curso
5º curso
5º curso
39
39
3º curso
5º curso
1º e 2º curso
6º curso
40
40
Educación Infantil
41
41
MARZO
ABRIL
42
42
DESCUBRINDO COUSAS SOBRE LONDRES…
Un grupo de alumnos do 5º nivel preparamos una exposición oral sobre Londres para a clase
de Inglés. Cada un de nos buscamos información sobre xeografía, cultura, monumentos…
Elaboramos un power point que lle presentamos aos compañeiros e para facer a exposición
máis interesante elaboramos algúns dos monumentos máis importantes, o Big Ben, o Tower
Bridge e o London Eye, tamén un par de cousas típicas de Londres como o taxi negro e a cabina
telefónica vermella.
Foi moi divertido e aprendemos moitas cousas!
( Clara, Javier, Gisela, Sergio e Ainhoa, 5º nivel Ed. Primaria)
O longo deste curso, os rapaces e rapazas tiveron a posibilidade de participar en dúas
carreiras organizadas, unha con mais afluencia ca outras, pero ambas con moi bos
resultados tanto competitivos (tivemos moitos postos con medallas) como deportivos,
xa que valores como o respecto, a axuda e o compañerismo estiveron presentes en
todo o momento. Foi unha moi boa experiencia para todos, na que os participantes
responderon dunha maneira excepcional.
A continuación, dúas dobres medallistas, cóntannos a súa experiencia:
Elena Silva (12 anos): A min gustoume moito ir ao campo a través , pero foime mais
fácil competir no duatlón xa que no campo a través había mais costas e ademais
competiamos con categorías superiores. Pero aínda así, grazas a nosa profesora de
educación física Eva, no duatlón quedei de 2º e no campo a través de 3º.
Alba Domínguez (9 anos): A min gustoume moito participar nas dúas actividades, levei
dúas medallas pero aínda foi mellor a experiencia que pasamos. Creo que ninguén
pode gañar unha carreira se non lle gusta o deporte, por eso digo que o mais
importante e que o pasamos xenial correndo. Estou de acordo ca miña compañeira
Elena, tamén me foi mais sinxelo o duatlón polo tema das categorias. Quérolle dar as
grazas a miña profesora de Educación Física Eva, ela foi quen nos empuxou a ir as
carreiras, adestrounos, animounos…
Foi unha experiencia incrible, e esperamos que teñamos a oportunidade de participar
en moitas mais carreiras!
DUATLÓN E CAMPO A TRAVÉS
DESCUBRINDO COA “TEACHER NATALÍA”
Campo a través
Duatlón
Campo a través
43
43
44
44
Aquí ESTÁ FARANDULIÑO COS ENTROIDOS!!
1º Curso
5º Curso
45
45
A PRIMAVERA
46
46
47
47
48
48
Animais en perigo de extinción!!!
3º curso
49
49
Educación vial
3º curso
50
50
MAIO
XUÑO
51
51
AQUÍ VAN ALGUNHAS FOTOS DOS ACTOS DA SEMANA CULTURAL!!!
Exposición de traxes do tea-tro. Programa da 5ª Semana Cultural 2013
52
52
Charla co director de teatro Roberto Salgueiro
Contacontos Marta Rios
53
53
Festival da semana cultural (centrado no teatro)
54
54
Cancións con frauta, co profe Diego
O baile da Carrasquiña. Educación Infantil
55
55
Obra de teatro de 4º curso
Gracias a todo o profesorado
56
56
LETRAS GALEGAS 2013
57
57
58
58
O ACROESPORT
O acroesport é un exercicio no que se trata de facer figu-ras co propio corpo e co dos compañeir@s. Hai unha persoa “áxil”, que é o que se pon enriba, o “portador” que é o que aguanta ao áxil e o “axudante” que é o que axuda a colocarse ao portador e ao áxil (nalgúns casos tamén se pon este último a facer unha figura). Para nós o acroesport foi moi divertido e serviunos para coller máis confianza en nós mesmos e nos nosos com-pañeiros e compañeiras.. Había algunhas figuras que non nos saían pero gracias á profesora Eva ó final conseguimolo.
Tamara Iglesias e Laura Vidal . 6º curso
59
59
ALUMNADO DE 5º E 6º CURSO
60
60
ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!
61
61
62
62
ABALAR
Este curso estreámonos como Centro Aba-
lar, o único de Boiro. Formando parte da
rede Abalar estamos en camiño de ser un
centro educativo dixital, o cal implica un
paso máis no uso das tecnoloxías da in-
formación na práctica educativa.
A implantación comeza polo alumnado
do 3º ciclo de Primaria. Este curso os ne-
nos e nenas de 5º dispuxeron dun mini-
ordenador portátil, que, cada noite
deixaban cargando nun armario axeita-
do para ese fin. O vindeiro curso conta-
mos que nos envíen equipación para todo
o alumnado do ciclo, (5º e 6º).
CENTRO ABALAR
63
63
Se nola conceden, o vindeiro curso teremos
unha sección bilingüe. Coa aprobación do Claus-
tro e do Consello Escolar, solicitamos que nos au-
toricen impartir a clase de Plástica en 6º curso
en Inglés. Deste xeito, o alumnado irá adquirin-
do maior fluidez nesa lingua. A profe Natalia es-
taría apoiada polo titor ou titora dese nivel.
Coa finalidade de perfeccionar a lingua inglesa,
solicitouse a participación nos campamento de
inmersión lingüística. Nestes Campamentos o
alumnado de 6º convive durante unha semana
con nenos e nenas dun colexio doutra Comuni-
dade . Desenvolven un montón de actividades
que xa levan preparadas do colexio e teñen pro-
fes de lingua inglesa.
Fai dous anos tamén participamos e foi un éxito
total. Ao mellor , o feito de que xa nolo concede-
ran unha vez é obstáculo para que poidamos re-
petir. Confiemos en que non sexa así.
Sección bilingüe
Inmersión lingüística
64
64
RIR A CACHÓN!
65
65
66
66
XULLO
AGOSTO
67
67
O Equipo directivo quere agradecer ao resto de
compañeiros e compañeiras do Claustro o esfor-
zo e colaboración prestados en todas as iniciati-
vas postas en marcha ao longo do curso.
Grazas ao clima cooperativo creado é fácil em-
prender calquera tarefa. Deste xeito, este curso
participouse en varios proxectos e concursos e,
xa está solicitada a participación noutros de ca-
ra ao curso que vén.
Detrás do traballo que se ve, hai moitas horas
de programación, organización e desenvolve-
mento das ideas. É o noso traballo e facémolo
con gusto. Agradécese sentir, ás veces, o recoñe-
cemento dos pais e nais.
AGRADECEMENTO
68
68
O mes de xuño é un tempo de reflexións, de avalia-
cións, de síntese, de memorias, de agradecementos e
tamén de despedidas.
É tempo de morriña e nostalxia polo que deixamos
atrás pero que levamos na nosa memoria: aos nenos e ne-
nas, aos pais e nais que tanto colaboraron para facernos
máis fácil a nosa tarefa.
É tempo de agradecemento:
Aos compañeiros e compañeiras, en especial aos que
imparten clases en Educación Infantil:
Grazas por eses contos tan ben ilustrados, por poñérlle
música ao vello Ramón, por mover tan ben o corpo e o rato,
grazas a “teacher”, e a Cris e Xavier, aos proxectos, perdón,
a Luisa; en definitiva, a todos, por atopar cada día un am-
biente que fai que o traballo sexa unha ledicia.
Grazas polas infinitas fotocopias (moitas máis grazas
polas que son en cartulina), plastificados e traballos varios;
por manter un entorno que envexa lle ten o parque da Ca-
chada.
Grazas por atopar cada mañá o colexio arrecendo a
frescura.
Grazas ao equipo directivo pola súa empatía, a súa
axuda,…
En definitiva, a todos e todas,…. GRAZAS E ATA SEMPRE
Ángela, Miriam e Sonia
PD: o 75% do equipo de infantil despídese pero que non
cunda o pánico: Luisa pode con todo!!!
Grazas e… ata sempre
69
69
ATA LOGO...
Este ano tócanos decirlle un Ata logo! a catro magníficas
compañeiras que nos deixan, non porque non estean a gusto,
senón porque as circunstancias persoais ás veces fan que deba-
mos tomar decisións coa cabeza e non co corazón.
Verónica, Ángela, Miriam e Sonia:
GRAZAS pola vosa alegría, pola vosa seriedade, pola vosa
profesionalidade, polo voso espíritu de colaboración, pola vosa dis-
ponibilidade, polo voso empuxe, pola vosa sensibilidade, polo voso
trato, polas vosas opinións, polas vosas críticas, polo voso traballo,
pola vosa presenza.
GRAZAS por formar parte deste Claustro.
Desexámosvos moita sorte no voso percorrido vital. Recibiré-
mosvos cos brazos abertos sempre que queirades volver –que sa-
bemos que volveredes!-. Ademais, agora, xa non teredes que che-
gar ata o peirao de Cabo de Cruz e dar unhas cantas voltas antes
de atopar o Colexio. Xa sabedes: cruce do Pataqueiro e costa cara
arriba! Non hai perda! Aquí quedamos.
Ata sempre!
Marisol.
70
70