REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

28
Publicación do IES Saturnino Montojo. Equipo de Dinamización Lingüística. - Nº38 - 1º trimestre 2012-2013 TI TES A CHAVE, ÁBRELLE O TEU CORAZÓN Á LINGUA GALEGA. SUMARIO Mel e fel Actividades do instituto Recuncho literario Actualidade Arte e desastre As cousas da língua Opinión e entrevistas Cine e series Humor e pasatempos

description

Dinamización lingüística IES SATURNINO MONTOJO

Transcript of REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

Page 1: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

Publicación do IES Saturnino Montojo. Equipo de Dinamización Lingüística. - Nº38 - 1º trimestre 2012-2013

TI TES A CHAVE,

ÁBRELLE O TEU CORAZÓN Á LINGUA GALEGA.

SUMARIO

Mel e fel

Actividades do instituto

Recuncho literario

Actualidade

Arte e desastre

As cousas da língua

Opinión e entrevistas

Cine e series

Humor e pasatempos

Page 2: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

MEL MEL MEL MEL MEL MEL MEL para os profesores que nos escoitan e axudan e para as que fan amenas as clases. Para a paciencia e amabilidade e dos conserxes.

Para a Xestión da aula virtual.

Para os profesores que se ofrecen voluntarios nas excursións.

Para os organizadores da festa do Magosto.

Para a cafetaría e para Ana.

Para as taquillas nas aulas e as fontes no patio.

Para as iniciativas solidarias: Cociña Económica, Cáritas....

FEL FEL FEL FEL FEL

FEL Para os delegados e subdelegados que non cumpren co seu deber.

Para os baños dos alumnos, descoidados e sen papel hixiénico.

Para a semana de exames de 2º de BAC sen fin de semana no medio.

Para os políticos que se cren os amos do mundo.

Para a falta de bocatas na cafetaría no segundo recreo.

Para os profesores que tardan anos en corrixir os exames e para os que mandan

facer facer as tarefas dos temas antes de explicalos.

Para a falta de calefacción e para os radiadores que non funcionan.

Para os canóns e taboleiros dixitais que non funcionan ben e non se usan.

Para o servizo de comedor.

Para os profesores que poñen os exames demasiado longos para os 50 minutos.

Para os profesores que datan o seu exame sen importarlle que o mesmo día haxa outro ou outros.

Queridos lectores e lectoras: Este curso estreamos Equipo de Dinamización Lingüística. Pasaron catro anos e tocou renovación. A nova Coordinadora é Carme Fernández, do Departamento de Lingua Galega, en realidade ela sempre estivo á hora de traballar, aínda que non figurara nos papeis. Os outros membros do profesorado son Anxo Bugeiro do Departamento de Ciencias Naturais, que repite una tempada máis, e Corona que tampouco se pode dicir que sexa nova nisto da Normalización do Galego. O membro do persoal non docente do novo equipo segue sendo José, tamén un clásico co que estamos encantados. Todos sabedes o que vale! Pero as adquisicións máis interesantes , sen desmerecer a ninguén, son as dos alumnos e alumnas . Creo que son o mellor do mellor: Lucía Amado, Simón Pazos e Nerea Teijeiro, xunto con Irene Arto, Sandra Díaz, Sara González, Darío,… Non sei por que, pero este curso estamos moi, moi motivados e contamos con moita colaboración, tanto por parte da Dirección como de numeroso profesorado e alumnado. Estamos moi conectados e queremos que vós o esteades tamén. O noso obxectivo é crear unha redeira que envolva á nosa Comunidade Educativa, e que as nosas actividades sexan compartidas cos departamentos, coa Biblioteca, coa Vicedirección para que resulten variadas e atendan aos vosos gustos. Estamos empeñados en darlle visibilidade á Lingua Galega no Centro, sacala das clases de galego e escoitala polos corredores, nos recreos, nas excursións.... porque ela, por historia, por lei, por cultura, ten que estar nas vosas bocas con naturalidade e espontaneidade, como tamén está o castelán.

Nós, Tamén. Voceiro do Equipo de Dinamización Lingüística.

Nº 35 2º e 3ºtrimestre. Curso 2 011 IES SATURNINO MONTOJO

Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalición Lingüística IES Saturnino Montojo

MEL

FEL

Dirección: Equipo de Dinamización da Lingua Galega: Carme Fernández, Anxo Bugeiro e Corona Tato

Colaboradoras imprescindibles: Mª José Beceiro, Mª Xosé Martínez e Fran

Colaboradores neste Número:

Profesores/as : Mar, Victoria, Magdalena, Montse, Víctor, Federico e José Manuel.

Alumnos :Irene Arto Escudero, Lucía Amado, María Prieto, Iria Zwirner, Paula Cinza, Sara González, Hugo Paz, Carlos

Rey, Laura Lage, Icía Roade, Ana Teresa Sixto, Eurgnia Fernández, Miguel Picallo, Telmo Lom,ba, Mireya Romero, Sara

Lamas, Cristina Fernández, Clara, Laura, Aroa, Naomi e alumnos do Ciclo de fotografía.

Moitas grazas a todos os colaboradores e colaboradoras de Nós, Tamén, pois coa súa contribución, é posible que este

xornal siga vendo a luz despois de nove anos. Aínda nos queda moito camiño por andar. Seguimos contando convosco.

Tamén vos animamos a participar no blog que abriremos próximamente.

ççç

Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalición Lingüística IES Saturnino Montojo Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalición Lingüística IES Saturnino Montojo Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalición Lingüística IES Saturnino Montojo Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalición Lingüística IES Saturnino Montojo Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalición Lingüística IES Saturnino Montojo Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización Lingüística IES Saturnino Montojo

Page 3: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

Poñerse na pel do outro é unha boa forma de entender aos demais; iso foi o que fixeron os alumnos e alumnas de 3º de ESO a través dun espectáculo que combinou a palabra e a música, e no que un só actor foi capaz de meternos na pel de Balbino e conmovernos cos seus problemas, ilusións, decepcións.... As nosas correspondentes Iria Zwirner e Paula Cinza cóntannos a experiencia : Os nenos de 3º da ESO o día 8 de Novembro acudimos a

unha representación da obra `Memorias dun neno labrego´

interpretada por Cándido Pazó no teatro de Narón.

Memorias dun neno labrego é unha novela do escritor galego

Xosé Neira Vilas publicada na Arxentina no ano 1961. Nesta

historia cóntase o estilo de vida dos anos corenta para un

mozo labrego de doce ou trece anos dunha aldea galega,

concretamente na aldea de Gres. O autor, o que quería

expresar era o cruel que era vida neses tempos e o duro que

era vivir, sobre todo, se non eras unha persoa con moitos cartos.

O protagonista é Balbino,un neno de aldea,que ten que loitar contra a pobreza e contra as inxustizas da

sociedade daquela época.

A novela comeza así:

Eu son Balbino. Un neno de aldea ,como quén di ,un ninguén.

E, ademais,pobre.

O neno conta nun diario o seu día a día na súa vila,as súas

experiencias, desde a rabia de non poder ir ás festas da

parroquia ou ao Entroido polo loito dun familiar ao que nin

sequera coñecía, ata o que ten que aguantar dos nenos máis

ricos do seu pobo. O seu can, Pachín,o seu único bo amigo,

caeu nunha trampa para raposos ao comer unha galiña

envelenada; o seu amigo Lelo marcha cara América, igual ca

seu irmán Miguel. Namora da súa profesora do colexio, ata que descobre que ten noivo e casa, polo que

Balbino deixa de ir ao colexio. Soña que nunha caixiña que atopou despois da festa, hai unha chea de

moedas de ouro e agóchaa á beira dun río sen abrila; un día de moita chuvia o río desbordase e a

caixiña desaparece e con ela esfúmanse os seus soños. Ata tivo problemas cando lle lanza unha

pedrada a Manolito, o neno rico do pobo, que continuamente lle facía a vida imposible. A súa familia ten

que pagar o tratamento e o Señor e mais o pai castígano a golpes ata que o deixan sen sentido e ten

que quedar días na cama....é un neno sen sorte coma moitos outros no seu tempo, 'simplemente' é un

neno labrego.

Iria Zwirner e Paula Cinza

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 4: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

Sabes o que é un vilancico?

Na actualidade é unha canción de Nadal con

enorme tradición en moitos países, pero… cal é a

súa orixe?

É unha forma musical típica española do

Renacemento, polifónica (tres ou catro voces) e baseada na poesía de corte

amoroso e refinado, recordo da tradición trobadoresca do amor cortés. A forma

literaria consta de retrouso, estrofa e volta, na que se repite todo ou parte do

retrouso. Probablemente deriva do zejel árabe e o seu nome débese a que era

unha canción interpretada por viláns (habitantes das vilas).

Non século XVII compóñense multitude de vilancicos devocionais para as

distintas festividades relixiosas (Asunción, Corpus, Nadal…) O século XVIII

marcará a decadencia do xénero, quedando relegado ás celebracións das

festividades de Nadal. En 1765 prohíbense os vilancicos nos actos relixiosos.

Cando se recupera esta forma musical na memoria están estas derradeiras

obras asociadas ao Nadal.

Aquí tes unha obra atribuida a Mateo Flecha o Vello:

Riu, riu, chiu,

la guarda ribera,

Dios guardó el lobo

de nuestra cordera.

El lobo rabioso

la quiso morder,

mas Dios poderoso

la supo defender.

Quizole hazer que

no pudiesse pecar,

ni aun original

esta virgen no tuviera.

Riu, riu, chiu,

La guarda ribera,

Dios guarde el lobo

De nuestra cordera

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 5: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

E agora unha panxoliña do grupo galego Berrogüetto: Nadal de Luintra

Cara a Belén camiña

unha Nena ocupada

fermosa, en canto a ela,

San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén

e pediron pousada,

responderon de adentro

con voz alborotada.

¿Quen chama á miña porta,

quen á porta me chama?

Somos Xosé e María

que pedimos pousada.

Se traen cartos que entren

e senón que se vaian.

Cartos non traerei,

máis que un real de prata.

Isos son poucos cartos,

pídanos noutra parte.

San Xosé xa penaba,

María o consolaba.

Non te apenes Xosé,

non te apenes por nada,

¿qué máis cartos ti queres

que isto que me acompaña?

PD: Unha curiosidade…

Cando, segundo os escritos, nace Xesús? Parece ser que foi en abril!!!

No ano 354 o papa Liberio decretou festexar o seu nacemento nesta data para facilitar a conversión ao cristianismo, xa que as Saturnalias eran o principal acontecemento social do Imperio Romano. Tiñan lugar na semana do 17 ao 24

de decembro e nelas festexábase o nacemento do deus Sol e a vitoria da luz sobre a noite máis longa. Unha festa asociada ao solsticio de inverno. E… que festa asociamos ao solsticio da primavera? Sabes cal é a razón de que o Entroido e a Semana Santa muden de datas cada ano? No próximo número desta revista…

VICTORIA PIÑEIRO

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 6: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

RECITAL DE POESÍA HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO O día 30 de outubro, despois de moitos ensaios, fomos todo 4 ºda ESO ata o Carvalho Calero

para ver recitar aos nosos compañeiros, xunto con rapaces doutros institutos ferroláns, como o

IES Sofía Casanova ou o

IES Canido.

O recitado foi dedicado ao

poeta Celso Emilio Ferreiro, ao cumprirse cen anos dende o seu nacemento.

Este autor considérase como

un novo Curros, debido á

importancia das súas

composicións de carácter

cívico, como se amosa en

“Longa noite de pedra”“. Foi

un home comprometido na

dura etapa da posguerra. Formou con outros intelectuais o partido nacionalista galego

comunista Unión do Povo Galego (UPG). Emigrou a Venezuela, onde axudou na produción do

primeiro LP gravado integramente en galego. De volta en España, traballou como xornalista.

Por parte do noso centro houbo unha alta participación, recitando poemas como “A bomba”, “Eu en ti” ou “Monólogo do vello traballador”, acompañados por pezas de música escollidas e

interpretadas polos nosos músicos (Darío, Simón, Laura ramil e Díaz-Garzón e Lucía); e, por

petición popular, Mateo rapeounos

o seu poema, nunha decisión

tomada “in situ”. Fixérono tan ben

que lles pediron que repetiran o

poema interpretado por todos, o

cal recorda o sufrimento e pide

que non teñamos que soportar

nunca máis un acontecemento

como o que inspirou o poema: a

explosión dunha bomba nuclear.

Foi unha boa experiencia e penso que

todos deberiamos poñer o noso gran

de area e intentar participar un

pouquiño máis nestas actividades, que

aínda que requiren moito tempo e

traballo, compensan.

SARA GONZÁLEZ VEIGA - 4ºESO C

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino

Montojo

Page 7: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

Reproducimos as letras dun poema cívico e dun amoroso como exemplo da

marabillosa poesía de Celso Emilio. Animádevos a descubrir outros textos do

autor.

EU EN TI Eu xa te busquei cando o mundo era unha pedra intaita. Cando as cousas buscaban os seus nomes, eu xa te buscaba. Eu xa te procurei no comezo dos mares e das chairas. Cando Dios procuraba compañía eu xa te procuraba. Eu xa te chamei cando soio a voz do vento soaba. Cando o silenzo chamaba polas verbas, eu xa te chamaba. Eu xa te namorei cando o amor era unha folla branca. Cando a lúa namoraba as outas cumes, eu xa te namoraba. Sempre, dende a neve dos tempos, eu, na túa ialma. Celso Emilio Ferreiro (1991) O soño sulagado (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

IRMAUS Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos. Pero ti, que te alcontras alá lonxe, máis alá dos desertos e dos lagos, máis alá das sabanas e das illas, coma un irmáu che falo. Si é túa a miña noite, si choran os meus ollos o teu pranto, si os nosos berros son igoales, coma un irmau che falo. Anque as nosas palabras sean distintas, e ti negro i eu branco, si temos semellantes as feridas, coma un irmau che falo. Por enriba de tódalas fronteiras, por enriba de muros e valados, si os nosos soños son igoales, coma un irmau che falo. Común temos a patria, común a loita, ambos. A miña mau che dou, coma un irmau che falo. Celso Emilio Ferreiro (1997): Longa noite de pedra (Vigo: A Nosa Terra)

XENTE COMA ELES SON OS QUE NOS PODEN SACAR DA CRISE, OXALÁ QUE SAIBAMOS ESTAR Á

SÚA ALTURA E ENTREGARLLES UN PAÍS E UN PLANETA COMO MERECEN.

Ao noso instituto chegan cada ano alumnos e alumnas con calidades excepcionais, e non me refiro só ás

académicas, senón a outras tan importantes coma elas, e aínda máis, nestes tempos de crise e decepción.

Refírome á súa sensibilidade e creatividade, a súa honestidade, a súa responsabilidade, entrega e esforzo

fronte ao traballo, ás súas altas capacidades para sentir a música, a poesía, as linguas....

A calquera petición dun profesor para realizar unha tarefa, alí están eles, dá igual un debate, un recitado

un concerto, unha olimpíada matemática ou unha colaboración na revista, nun blog….

Deste tipo de persoas existen por todos os grupos e cursos, pero non cabe dúbida de que hai unha

promoción na que se dá unha alta concentración deles: 4º de ESO.

Eles son un exemplo a seguir e deben permanecer apostando forte por continuar así, aínda que ás veces se

sintan incomprendidos ou demasiado presionados.

Nós, Tamén quere recoñecer o seu traballo e esforzo nas actividades de Normalización entregando

cada un o que sabe facer mellor, sacrificando moitas veces os recreos e o seu tempo de lecer e

demostrando que non é certo que non existe a cultura do esforzo e o traballo entre a mocidade.

Nós Tamén

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 8: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

O OBRADOIRO TITEREHOP

O martes 20 de novembro, os Departamentos de Dinamización Lingüística, Lingua Galega e Música, coa

colaboración do Concello de Ferrol, organizaron unha actividade que consistía en fusionar dúas formas de

expresión: os monicreques e o hip-hop.

Primeiro cada grupo inventou unha letra. Despois, cada un fixo unha marioneta ao seu gusto. Por último os

grupos actuaron diante de todos coas súas marionetas e as cancións.

Algunhas marionetas eran moi graciosas e outras moi elaboradas. As cancións gustáronnos moito e o ritmo que

levaban era moi pegadizo.

Os grupos eran de oito persoas. A maioría moi igualados, por iso as cancións foron tan boas. Case todas

trataban da nosa vida diaria e sobre as inxustizas.

1º ESO B: Hugo Paz e Carlos Rey

Nesta e na seguinte páxina imos deixarvos algunha das letras e as fotos da actividade que

resultou unha experiencia moi interesante.

QUEREMOS IR DE FESTA

Nesta época de depresión

montamos un festón.

Os profes non nos mandan

mais que estudar,

pero nós non paramos de bailar.

Para a festa nos temos que

amañar,

para aínda máis ligar.

Imos pola rúa, cheos de ilusión,

mais chegan os maiores

e a festa xa cesou.

Pero ghichos, que facedes,

tedes que bailar.

A vida é moi curta,

tedes que gozar.

Tanto traballar, tanto traballar!

Nunha destas vos ides amargar.

Cristina Fernández, Belén, Ana de la Muela, Laura,

Iria Fraga, Miriam Cabanas, Jorge Seijas. 1ºESO A,B e C.

OS POLÍTICOS

Todos os bancos regalaban ocasións, Pero todos nos deixaron en camisóns.

Nin para as nosas casas, que estaban vedadas e cos prezos das hipotecas

que están máis altos que os Pirineos cataláns. E falando de Cataluña piden a independencia

e iso é porque queren gañar máis cartos, para os seus políticos e para os seus dereitos,

pero iso si, o Barça non se vai da liga española-

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 9: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

Seguimos agora cos alumnos de 1º de ESO que reflexionan sobre temas de actualidade.

A GUERRA DE ISRAEL Antes e agora, a guerra de Israel. Miles de mortos, iso é moi cruel. A xente en Palestina, mulleres e homes e nenos tamén, loitan cada día para non morrer e tamén poder comer.

Retrouso Aturan os bombardeos que lles lanzan por seren palestinos. Utilizan o fantasma da guerra nuclear para os pobos aterrorizar.

Retrouso

1º ESO B: Brais, Iago, Carlos, Hugo, Javi.

1º ESO C: Duarte, Iago Pérez, Abraham.

GALICIA

Galicia, miña casa, onde nacín e gran parte de todo o que vin

dende as rías ata a praia de Pantín. Sobre ela escribín

e sentín a potencia e a esencia da creatividade en min. Pero ao revés tamén

me proporcionaba estrés, entre tanta xente toda diferente,

consciente da súa vida. Galicia marabilla

co seu Depor e o seu mar.

Galicia é o meu lar. Dende sempre, coma sempre,

Galicia sempre sente que o seu corazón latexante

namora o visitante nun instante

Carla Otero, Carla Mosquera, Ana Vázquez, Candela Carballeira,

Cristina Porcel, Judit Plana, Lydia González.1º ESO

A CRISE A crise é unha merda,

déixannos sen nada e sen casa. A casa sen xente e a xente sen casa.

Vaia pasada que a xente rica nos deixe

sen nada. Menos mal que estamos aquí,

porque se non estaríamos na casa sen facer nada.

E os ricos nos piden cousas que eles poden facer sen nós, vaia cara, vaia merda que a xente se vaia.

E agora que, Raxoi,

que vas facer? 1º ESO B: Laura, Salma, Sara, Lucía, Judit, Candela Vigo. 1º ESO A: Fátima, Alicia

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Retrouso

Page 10: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

¡ Un padrenostriño pol-os que morreron en Oseira, Nebra e Sofán!

Lendo o libro de “Memorias dun esquelete”reparei naquela frase de “Será

vostede algunha das mulleres que mataron en Oseira ,Nebra ou Sofán?”

A frase facíaseme coñecida. Onde vira ou escoitara aqueles nomes de pobos?

Remexendo en caixóns cheos de postais,láminas,debuxos ,etc que gardamos no

faiado da casa….APARECEU.

Era unha lámina que a Caixa Galicia,fai anos, entregara ós clientes(tempos

aqueles!) .Pertencía ó álbum Nós de Castelao.

Entroume a curiosidade de

saber quen foran aquelas

persoas ás que o autor se

refería tanto no libro coma

na imaxe.Que pasara neses

lugares para que Castelao

se referira a eles?

E ante calquera dúbida ou

curiosidade,fixen miña a

resposta de meu pai:

”Pregúntalle a Google”

¡ Un padrenostriño pol-os que morreron en Oseira, Nebra e Sofán !

E a Google fun,e respondeu á miña curiosidade.

Velaí a resposta :

Ano 1909,en Oseira,Ourense,varios veciños se reúnen diante do mosteiro para

impedir o espolio do retablo do altar, ordenado polo Bispado. A Garda Civil,

enviada polo propio bispo ,dispara contra os veciños matando a nove deles.Unha

rapaza de 14 anos e unha moza embarazada de 23 están entre os mortos.

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 11: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

Ano 1916,parroquia de Cans,Nebra,Porto do Son,os veciños protestan por

unha decisión do alcalde de embargar os bens a quen se negara a pagar un

imposto especial decretado polo Concello.A Garda Civil,enviada polo alcalde

dispara contra os veciños.Morren 5 persoas,4 delas mulleres.

Ano 1919,Sofán,Carballo,a Garda Civil dispara contra un cortexo fúnebre que

intenta soterrar un neno de 4 anos no vello cemiterio do pobo que as

autoridades clausuraran.Son 4 as mulleres mortas.

Era lóxico pensar que Castelao,defensor do pobo e fiel expoñente da loita

anticaciquil, introducira estes acontecementos na súa obra.

Buscando información para redactar este pequeno traballo tamén descubrín

que a obra Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete foi publicado pola editorial

Céltiga de FERROL no 1922.

Esta editorial foi creada polas Irmandades da Fala de Ferrol en 1921 co

obxectivo de publicar obras galegas en prosa, cubrindo así o baleiro que se

observaba respecto á poesía. Foi pechada na ditadura de Primo de

Rivera en 1923.

O seu fundador Xaime Quintanilla Martínez (alcalde de Ferrol do 1931 ó 1934 e

fusilado no 1936).Na rúa A Coruña nº45 hai unha placa que lembra o seu

domicilio na cidade .Era pai de Xaime Quintanilla Ulla,alcalde de Ferrol de 1979

a 1987.

Irene Arto Escuredo,4ºC

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 12: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

Montse Gutiérrez Laura Lage e Icía Roade (4ºB)

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Algúen dixo un día un día: “ Aprender a ver é a máis longa aprendizaxe de todas as

artes”

Por iso o Departamento de Plástica organiza parte da súa programación arredor da

imaxe. Imaxe para ser observada, para ser pensada, para

ser creada, para ser gozada, para ser sentida , para ser

criticada , para mover ao sorriso , para xerar polémica,

para xerar debate… Por estas cousas se un traballo que

se desenvolve na aula non xera divertimento e interese o

máis probable é que non teña éxito ao sacalo ao corredor,

porque está feito sen alma. Cando isto ocorre a xente

pasa e non mira e é entón cando te decatas de que o

traballo non estaba ben feito , que non di nada.

A maioría das veces cando máis balbordo hai na clase é

cando a chispa salta , cando o entusiasmo xorde . Non se

sabe por que é entón, e só entón, cando a cousa marcha : Cando o desastre asoma. De

aquí o título da nosa sección ARTE E DESASTRE.

Comezaremos a falar dos traballos dos alumnos de 3º. Estas dúas imaxes, ou coma nós

lles chamamos, os anuncios “made in feitos na

casa” representan anuncios creados por eles

mesmos a partir de recortes doutros. Estes

venden produtos, como as mazás, ou mesmo

anuncian festas coma o Nadal. Outro traballo é o

que tedes a continuación. Consiste nunha serie de

puzzles ( coa súa caixiña e todo) feitos con cartón

pluma e imaxes collidas de revistas.

Os de 3º e 4º de ESO fixeron dous traballos en común.

Nun debíase plasmar unha palabra que nalgunha das súas

letras tivese unha imaxe que estivese relacionada con esa

palabra. O segundo trátase dunhas composicións que aínda

están a facer , nelas deben poñer unha imaxe a partir dun

Page 13: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

Montse Gutiérrez Laura Lage e Icía Roade (4ºB)

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

só elemento base repetido moitas veces.

Os traballos de 4º da ESO: Os cubos que están no

encabezado foron feitos con cartón pluma, co

obxectivo de poñelos no corredor e poñer a palabra

que te representase. En 4º tamén fixeron unha

deconstrución de imaxes, como os modernos

cociñeiros, a base de recortes de revistas e logo

debuxaron eles mesmos a nova imaxe.

A parte de todos estes traballos, cabe destacar un feito pol@s alumn@s de 4º que

estivo exposto temporalmente no corredor. Consistía nunha crítica da publicidade

sexista para que a xente se decatase de que ademais do produto nos venden unha serie

de estereotipos que ás veces pasan desapercibidos.

As seguintes imaxes falan por si mesmas.

Page 14: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

CLUB DEBATE E PARLAMENTO XOVE: XA ESTAMOS EN MARCHA

Queremos presentarvos dúas actividades nas que imos participar nos próximos meses.

Os nosos representantes van ser: Lucía Amado, Irene Arto, Sara González, Isabel López,

Mireya Romero, Laura Díaz-Garzón, Simón Pazos, María Prieto, Laura Ramil, Darío García e

Mateo Buján. Todos están en 4º de ESO e a maioría xa participou na edición do curso pasado

no Club Debate; quedaron de segundos, aínda que os que asistimos lle teriamos dado o 1º

premio porque o fixeron realmente ben.

Imos contarvos en que consisten estas actividades, para que os animedes e en próximas

edicións vos animedes a participar.

O Club de Debate é un proxecto para dinamización lingüística entre a mocidade. Está

promovido desde varios concellos, entre eles o de Ferrol,

coa colaboración dos ENDL dos centros de ensino secundario. Esta actividade xorde co fin

de impulsar o uso oral do galego entre a mocidade, á vez que se consolidan foros de discusión

sobre temas de actualidade e de interese social..

O Club de Debate está dirixido fundamentalmente aos centros de ensino secundario dos

concellos que organizan a actividade. Busca ser un punto de encontro para a mocidade, unha

oportunidade para coñecer a súa opinión sobre asuntos que lle afectan realmente e

desmitificar a imaxe dunha mocidade pasiva, pouco participativa e pouco implicada nos

problemas da sociedade. Defender ideas con palabras é unha forma de pór en valor as

Nós Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES SATURNINO MONTOJO

Page 15: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

habilidades sociais tan necesarias hoxe en día e de potenciar a nosa lingua como ferramenta

indispensable para defender as nosas ideas.

Na primeira fase imos debater no Concello de Ferrol con alumnos da Compañía de María.

Esperamos superar a fase local e chegar á provincial.

PARLAMENTO XOVE

O proxecto Parlamento Xove fórmano un conxunto

de actividades que teñen por obxecto fomentar

entre a mocidade o diálogo como ferramenta para

argumentar razoadamente as ideas propias.

Potenciaranse habilidades individuais e en grupo

entre as que destacan o desenvolvemento da

capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade,

a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, fomenta a lectura,

a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto

polas ideas dos demais.

As ditas actividades teñen como fío común debater acerca dun tema formulado pola

organización, entre as que se inclúen a publicación de artigos en blog e xornais, a realización

dun dossier de investigación do tema tratado e debates dialécticos.

A iniciativa está promovida pola Consellería de Educación.

O tema sobre o que teremos que debater na fase preliminar é o seguinte: ESTÁ A SERVIR A CRISE ECONÓMICA GLOBAL PARA QUE A XUVENTUDE TOME CONCIENCIA DUN CONSUMO RESPONSABLE?

Convidámosvos a que acheguedes os vosos argumentos e artigos enviándoos ao correo que

está ao voso dispor para colaboracións e suxestións: nostamen gmail.com. Ademais podedes

participar cos vosos artigos no concurso que convocan paralelamente as sesións de debate

(consultade as bases en www.parlamentoxove.com)

A Coordinadora de Equipas de Normalización

Lingüística de Ferrolterra felicítanos o Nadal.

Se queres estar informado das novas sobre a

Lingua Galega e sobre as actividades das Equipas de

Normalización de Ferrolterra (En galego sen filtro:

Poesía e Imaxe, recitados, A Mocidade coa Lingua ,

En galego de cinema, Teatro con G, Contacontos,

Coa lingua de excursión …), entra no blog:

www.blogoteca.com/cenlf

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 16: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

Outra vez estamos de MAGOSTO e aquí está

Nós,Tamén para facer a reportaxe dunha festa

con moita tradición no noso Centro. Corría o curso

1990-1991 cando

fixemos por

primeira vez esta

festa no instituto. As

castañas asábanse

nas grellas que os

propios alumnos

traían das súas casas

organizados por

grupos. Aínda que o sistema tiña inconvenientes, tamén tiña a

vantaxe de que participaban directamente no asado das castañas

que comían. Como non había crise tamén se asaban uns ricos

chourizos con pan do país.

A festa foi variando cos anos e ademais de castañas e música

incluíu xogos, sorteos, gaiteiros, contribución solidaria a Save

de Childrem, visita de deportistas, calendario solidario,

tómbola.....

Tamén este curso houbo interesantes novidades e a festa do

Magosto resultou todo un éxito. Houbo actividades moi variadas

e para todos os gustos e o que é máis importante, moita participación de alumnos e profesores.

Os nosos correspondentes fixeron varias entrevistas aos organizadores da festa:

Ana Teresa Sisto Grille, Eugenia Fernández Bustamante entrevistaron a Victoria, a vicedirectora e

organizadora da festa:

-Foi fácil a organización do Magosto?

-Laboriosa, pero foi máis fácil grazas a axuda da anterior

vicedirectora (Patricia), xa que deixou documentos que facilitaron o

proceso.

-Que tes pensado organizar para Nadal?

-Aínda estamos niso, pero haberá a tradicional chocolatada, algo

relacionado coa lectura e un mercado para recadar fondos para as

excursións.

-Cres que a xente valorou o suficiente o teu traballo no Magosto?

-Sí, eu penso que a xente quedou moi contenta. É un traballo en

equipo.

-Por que cambiaches o sistema dos “vales” ao das firmas para que se

puidese coller bebida e castañas?

-Para que todo o mundo participara e ninguén quedase sen xogar, como adoitaba ocorrer anteriormente.

-Que tal no teu segundo ano no centro?

-Ben, eu estou moi contenta. Gústame moito o instituto.

-Gústache ser vicedirectora ou cres que é demasiado traballo?

-Estar en calquera cargo do equipo directivo é moito traballo, pero gústame. Sobre todo o tema das

excursións, paréceme moi interesante.

Pois nós agardamos que se te fagan moitas. Grazas pola túa colaboración.

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 17: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

Miguel Picallo e Telmo Lomba entrevistan a Federico coordinador de xogos e actividades deportivas

que nunca faltan nas festas do instituto

Nós : Que novidades houbo no Magosto deste

ano respecto ao ano pasado deportivamente

falando ?

Federico : Os deportes mantivéronse, pero os

xogos populares e tradicionais ampliáronse . O

ano pasado como xogos houbo o brilé e a

sogatira, mentres que este ano houbo

diferentes tipos de chave, a rá e as carreiras de

sacos. Esa foi a novidade .

Nós : Como conseguiu os xogos tradicionais ?

Federico : Por unha parte solicitouse a

Secretaría Xeral de Deporte, que teñen un baúl

de xogos tradicionais, que entran no programa

"Xogade", e o outro material pedímolo prestado ao colexio de Esteiro .

Nós : Houbo moita participación nos diferentes xogos e actividades con respecto a outros anos ?

Federico: As actividades deportivas mantéñense porque son os mesmos grupos que repiten ano tras ano ,

pero na parte dos xogos que eran un pouco novidade a

xente comezou entrar na dinámica de participar e

probar como eran ese tipo de xogos. Isto debe durar

varios anos para que a xente se habitúe a participar

nas diferentes actividades .

Nós : Cre que o seguinte ano haberá a mesma

participación e ilusión pola xornada do Magosto ?

Federico : Creo que si, por unha parte a xente espera

novidades, e é complicado conseguir o material, pero

ben, intentaremos que a xente se vaia acostumando a

facer algo que non sexa a actividade deportiva. Eu

penso que a

actividade

deportiva máis

ou menos todo o

mundo a coñece

mentres que hai

que mostrar un

pouquiño máis os

xogos

tradicionais, que

os rapaces descoñecen porque case non se practican hoxe en día.

Podemos falar dos zancos, da buxaina, da goma,... Non teñen nada

que ver cos deportes competitivos , é máis ben unha cousa máis

lúdica , e temos que irlles collendo a dinámica .

Nós : Cal foi o xogo con máis participación ?

Federico : Eu penso que a chave e a rá tiveron bastante participación,

xa que son xogos de precisión e non cansan moito. Os curso de

primeiro e segundo da ESO entraron máis na dinámica de participar

en xogos como as carreiras de sacos e a sogatira .

Agradecemos a colaboración do noso profesor Federico, moitas

grazas .

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 18: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

Historia do servEnte da maldade

Quero achegarvos á música e os debuxos xaponeses, que a min me atrae moito, a través dunha canción.

Esta é unha historia de amor, esperanza, ilusións … e a súa protagonista é unha bela princesa dun reino de contos. Pero ese reino estaba levado pola súa tiranía e polo seu egoísmo que condenou á morte da princesa do reino veciño e ao seu propio irmá.

A historia divídese principalmente en catro cancións duns catro minutos cada unha: a primeira chámase ‘’Daughter of Evil’’ a segunda ‘’Servant of Evil’ , a terceira ‘’Regret Message’’ e a cuarta ‘’Re-Birthday’’

Cada canción está enfocada dende un punto de vista distinto, desta forma a primeira vese dende a tirana princesa, a segunda dende o irmán , a terceira dende os dous e a cuarta dende todos os personaxes.

A letra que porei a continuación é da segunda canción que, para min, é a máis bela pois reflicte perfectamente o amor entre irmáns e a valentía dun pobo que se alza contra a tiranía para renacer:

Servente/Irmán:

-Miña querida princesa eu sempre estarei aquí, o teu servente fiel eu son, irmáns de corazón.

Vin ao mundo para darche total protección, miña vida por ti dou, o tirano eu son…

Nós nacemos xuntos baixo o gran ceo azul, as campás berraron ledos ao vernos nacer

e nosa familia foi o que nos separou ,o futuro dos dous a cobiza dividiu …

Cantas cousas o noso destino nos traerá? Toda a nosa vida sempre lamentarei.

Nunca esquezas que sempre eu te coidarei e verte sorirr sempre desexarei!

-Miña querida princesa eu sempre estarei aquí, o teu servente fiel eu son, irmáns de corazón.

Vin ao mundo para darche total protección, miña vida por ti dou, o tirano eu son…

Podes escoitar esta canción no seguinte Links: http://www.youtube.com/watch?v=DEmnHIp6Hys

Mireya Romero (4º ESO C)

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

A BIBLIOTECA: UN LUGAR DINÁMICO DE ENCONTRO CO SABER E CO LECER.

Se vos preguntásemos onde hai un lugar no instituto

onde se poden atopar historias de amor apaixonado, de

traizóns, de loitas e reconciliacións, viaxes marabillosas,

promesas incumpridas, imaxinación desbordante … pero

aínda moito máis ca iso: solución para todas ( ou case

todas, tampouco queremos pecar de esaxerados)as nosas

dúbidas e problemas…. Cremos que case todos

acertariades, pero por se

queda algún despistado, ese lugar é… A BIBLIOTECA

O Equipo da Biblioteca convídavos a compartir todos os tesouros que aquí

se gardan á espera de vós os descubrades.Ademais vai sacar saír para levar

ás aulas a HORA PARA LER EN 1º Para os máis valentes, estase a programar a

SEMANA DE TERROR.

Esperamos a vosa participación e as vosas suxestións!

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 19: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

MATALOBOS, UNHA SERIE BASEADA EN FEITOS REAIS

Unha das miñas series favoritas é

Matalobos, que é emitida pola TVG os martes

ás 22:30 da noite en episodios duns 50

minutos, aproximadamente. Foi galardoada

con premios a nivel europeo, numerosas

nominacións aos premios galegos Mestre

Mateo ou recoñecementos como o do corpo

da Garda Civil.

Matalobos trata sobre un tema que

afecta moito á nosa comunidade: o

narcotráfico. Protagonízana dúas familias

enfrontadas entre si, a dos Matalobos (con

Carmelo Matalobos e súa muller drogadicta,

Bárbara, ao mando, e cun irmán tenente da

Garda Civil), e a dos Veloso (dirixida por

Mateo Veloso, que casa cunha muller de

Sardiñeira, Vanesa Viaño).

Esta rapaza é un exemplo dunha

moza normal, cuns pais dunha clase media,

filla única que non quere estudar nin

traballar e, ao final, remata caendo na

droga, a pesar dos avisos de seu pai (ex

contrabandista de tabaco) de que se

afastase deles. Convértese en, como moitos

a chaman, Raíña de Sardiñeira, que é a vila

inventada onde se desenvolve a acción da

serie, aínda que os exteriores son gravados

na Coruña, en Cambre ou no cárcere de

Teixeiro.

Contra estes, están varias figuras

fundamentais: Olalla Mosteiro, unha fiscal

antidroga; a avogada Sara Campos, filla dun

avogado que axuda a Carmelo nos seus

negocios; a tenente da Garda Civil Eva

Seijas e os capitáns Marcos Matalobos e

Santiago Táboas, mortos a mans de

Carmelo; e a asociación de Nais contra a

droga de Sardiñeira, na que está a nai de

Vanesa.

Recoméndovos esta serie porque é

moi entretida e amosa un mundo moi escuro

onde é moi fácil entrar, pero é moi difícil

saír sen sufrir danos ti ou a túa familia e

ensínache moitas cousas sobre como é a vida

de todos os personaxes. É xenial!

Sara González(4º C)

………………………………………………………………………………………………………………………………………..

A radio, o primeiro grande medio de comunicación

de masas, segue ofrecendo moitas posibilidades de

información e de lecer. Recomendámosvos o programa

Diario cultural. O Diario Cultural, conducido por Ana

Romaní, é un dos programas diarios de información

cultural máis veteranos da radiodifusión galega (emítese

desde 1990). Ademais das emisións diarias e de

programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Podedes esscoitalo de lus a venres, de 15:07 a 16:00.

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino

Montojo

Page 20: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

Proxecto Galicia Polis no Montojo

No marco do proxecto Galicia Polis posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da

Consellería de Traballo e Benestar, xunto coa Fundação Bracara Augusta, entidade responsable da

organización de Braga 2012, Capital Europea da Xuventude, celebrouse no noso instituto, o 8 de

novembro, un seminario sobre

emprendemento promovido por

José Manuel Mauriz e no que

tiveron un papel protagonista os

alumnos do Ciclo de Laboratorio

de Imaxe. As nosas

correspondentes realizaron

entrevistas aos protagonistas da

xornada. Parécenos moi

importante que o instituto abra

as súas portas a realidade

empresarial e a un país como

Portugal, tan próximo e frecuentemente esquecido.

As nosas reporteiras Clara Martínez, Laura Lorenzo, Naomi Piñeiro, Aroa Castro e Camila del Piero

entrevista aos representantes da promoción de Braga como capital da xuventude .

-Que é o que estades a promover, é dicir, cal é a diferenza entre capital da cultura e capital da xuventude ?

-Son moi diferentes, Braga é a capital da xuventude; esta pode ter algo de cultura pero esencialmente está

relacionada cos xoves.

A capital europea da xuventude é Guimarães, tamén en Portugal.

Estamos promovendo facer unha conexión entre Galicia e Portugal.

-En que lugares, á parte dos institutos, facedes a promoción ?

-Limitámonos a facer a promoción en institutos e escolas.

- Que diferenzas existen entre Guimarães e Braga ?

-Son dúas cidades moi diferentes, pero son cidades próximas que teñen un problema moi grande, o fútbol,

porque os equipos son rivais. Xurdiu este ano ter dúas capitais europeas nun só un país; a cultural e a da

xuventude.

Son moi diferentes, teñen unha historia moi igual porque en Guimarães comezou Portugal, e Braga é a

cidade máis antiga de Portugal.

-En que momento defendestes a vosa cidade para que comezase a ser a capital da xuventude ?

-Catro mozos xuntáronse e prepararon una candidatura en 2009 para que Braga fora a capital da xuventude.

- Que é o máis emblemático da vosa cidade?

Braga é bastante emblemática porque é moi antiga. O mellor é o centro histórico e a catedral. E sobre todo

os mozos e mozas. É a cidade que ten máis xente nova de toda Europa, curiosamente aínda que Braga sexa a

cidade máis antiga de Portugal. Cando vas camiñando pola rúa ves moitas mulleres embarazadas

-Onde hai que ir para pasar un bo tempo en Braga, os nenos da nosa idade (15-16 anos)?

-Se queredes unha cousa relaxada, tedes moitos bares no centro histórico. Se queredes música da rúa tedes

moitos concertos. Se queredes praias, tedes unha a vinte minutos do centro de Braga e tamén un parque

natural a trinta minutos e un río a 8 quilómetros.

- Cal foi a vosa experiencia durante o período no que Braga foi a capital europea da xuventude 2012?

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 21: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

-Aínda non rematou o ano, pero xa vai rematar, co que finaliza tamén esta experiencia. E, volvendo a vista

atrás, recordamos a inicial asemblea na que falamos do novo e esperanzador proxecto; do cal o que

pretendíamos principalmente era capacitar aos xoves para o seu futuro.

-De quen parte a iniciativa? Tivestes algunha subvención?

-Temos un foro no que se presentan candidatos e se elixe cal debe ser a capital da xuventude. Despois

montamos un gran equipo de voluntarios e voluntarias para facer as actividades.

-Pois aquí remata a nosa entrevista, moitas grazas por dedicarnos este ratiño e esperamos que gocedes o

pouquiño que queda deste ano.

-Soamente dicirvos que estades convidados a visitar Braga, que temos o vindeiro quince de decembro a festa

branca, típica de Braga nestas datas, onde é obrigatorio vestirse de branco. É no centro e acostuma haber

unas cen mil persoas; o centro é pequeno e a xente acumúlase e case non podes nin pasar, pero é moi

divertida. Aquí deixamos dúas páxinas para que vos poñades en contacto: Bragacej2012.com e o facebook:

braga2012capitaleuropeadaxuventude

………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

Entrevista a José Manuel Mauriz, profesor de Economía no noso instituto e promotor desta

xornada tan interesante.

-Como se che ocorreu organizar esta actividade e con que obxectivos?

-A idea foi aproveitar a colaboración cos portugueses para mostrar que a iniciativa emprendedora de dúas alumnas do Ciclo:

Noelia montou un negocio de fotografía na Gándara, que está bastante ben.

Rocío fixo un interesante proxecto de negocio e expúxoo.

-Cres que neste momento montar un negocio é unha aposta arriscada? Como afecta a crise ás persoas emprendedoras?

-Si, pola crise económica as familias cada vez teñen menos cartos para consumir. A xente cada vez consome

menos e se non vendes tes menos beneficios.

-Algúns dos alumnos aos que lle deches clase de TIES (Taller de Iniciativas Emprendedoras) ou Economía montaron un negocio ou chegaron lonxe?

-Á parte de Noelia, outra rapaza vai impartir en Cedeira un curso de fotografía e outro rapaz está facendo traballos esporádicos. Todos por conta propia.

-En qué momento da túa vida te deches conta de que querías ser profesor especializado en Economía?

-Nunca me plantexei ser profesor, foi un motivo persoal o causante.

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 22: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

Hai uns días tivemos a sorte de recibir novamente no Saturnino Montojo a Noelia , unha ex alumna do curso de

fotografía que se imparte neste instituto da man de profesores coma Mar Regueiro , José Manuel Mauriz e Víctor

Fixémoslle unas preguntas , ás que nos contestou encantada :

-Como decidiches abrir un

negocio , un paso tan grande,

e, debido á actual crise , tan

arriscado?

-Ao rematar o curso de

fotografía estiven buscando un

traballo por Ferrol e por fóra

no que empregarme pero non

atopei ningún , así que , grazas

á gran axuda dos meus pais ,

tanto económica coma

emocional e a uns cartos que tiña aforrados arrisqueime e decidín abrir un negocio propio.

-En que consiste o teu negocio ?

-Coma todos os estudos de fotografía, dedícome a facer todo tipo de fotos; tanto a noivos coma a bebés.

Fotografo a todo tipo de persoas , todo tipo de situacións e lugares … É conveniente, ademais , agora mesmo ,

aceptar todos os traballos que che propoñan para o bo desenvolvemento do negocio .

É de dicir que é moi gratificante ver as caras que poñen os noivos cando van recoller o seu álbum de vodas ou a

cara das nais ao ver o resultado obtido nas fotografías que lles fixeron aos seus fillos. Ser fotógrafa é un dos

traballos máis gratificantes e conmovedores

- Como che van as cousas polo momento ? Aprecias o efecto da crise no teu traballo?

-Si é certo que noto as consecuencias da crise no meu traballo; pero agora mesmo non só no meu, todas as

empresas, sexan do tipo que sexan, están a notar a crise. O importante é saber actuar en consecuencia e

adecuadamente; se o que estás a ver é que os teus clientes collen menos fotos das habituais, a solución é baixar

un pouco os prezos , mostrarlles ofertas …

Aínda así non podo queixarme de nada, as cousas vanme ben; os primeiros anos son moi duros e as ganancias

que obteño son basicamente para recuperar o que investín no negocio.

Podemos obter conclusións moi claras a partir das preguntas ás que Noelia nos contestou de xeito moi cordial e

amable .

A crise está a afectar a todo o país , o importante é non perder o espírito emprendedor , esforzarse polo que se

quere e loitar contra as adversidades que se presenten no teu día a día ; xa que hai traballos moi gratificantes e

dos que te podes sentir moi orgullosa . Se tes vocación , podes gozar en calquera traballo , sempre lembrándote

das persoas que un día che axudaron .

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 23: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

EU COÑEZO A MIÑA HERDANZA, E TI?

O pasado mércores, 12/12/2012, ás 12 da mañá foi a data escollida pola Asociación murciana de

profesores de Latín e Grego (AMUPROLAG) e a Sección Murciana da SOCIEDADE ESPAÑOLA DE ESTUDOS CLÁSICOS para realizar un evento que acadou alcance internacional, e que tiña como obxectivo reivindicar a permanencia das linguas e a cultura clásicas no plan de estudos na Educación Secundaria.

Como contribución a este proxecto, o Departamento de Latín e Grego do noso centro preparou no Salón

de Actos unha lectura dramatizada de textos clásicos, coa colaboración dos alumnos e alumnas de Latín e Cultura Clásica, e a participación de dúas alumnas de 2º BAC de Ciencias(Antía e Carlota).

O acto comezou coa lectura de parte

da carta coa que invitan a outras asociacións de profesores a participar no evento, e que podedes ler a continuación.

"A través deste proxecto

pretendemos facer chegar á sociedade e á esfera gobernamental o noso descontento co anteproxecto de Lei de Educación que a curto prazo condena ás materias de Cultura Clásica e Grego á desaparición.

Estamos convencidos de que esta sociedade e en especial os seus mozos aman o legado dos nosos clásicos e considérano necesario para a supervivencia cultural e humana. Fixéronse públicos xa diferentes manifestos pola defensa nas aulas destas materias: Académicos, escritores, profesores de prestixio internacional expuxeron a necesidade de manter vivas estas materias; tamén nós expresamos a nosa desconformidade absoluta co Proxecto de Lei pero queremos, ademais, dar voz aos nosos estudantes, pois eles teñen moito que dicir a este respecto.

Entaboaremos xunto aos nosos alumnos unha batalla coa arma máis poderosa de que dispoñemos: a palabra, tal e como nos ensinaron nosos clásicos. Abandonar a memoria cultural significa renderse á ignorancia, eles soubérono, ensináronnolo e nós queremos telo sempre presente, transmitilo aos mozos de hoxe e aos nosos futuros estudantes; non podemos privar ás xeracións vindeiras do pracer e a necesidade de coñecer a súa herdanza humanística.

Invitámosvos a escoitar a lectura dunha selección de textos clásicos a través da cal se reflicte e se intúe o enorme tesouro de pensamentos e ideas fermosas, útiles e necesarias para vivir en sociedade, pensar e prosperar, que os clásicos nos ofreceron e que non podemos nin queremos deixar no esquecemento.

Unha vez realizada a lectura reuniremos todo o material e enviarémolo ao Ministerio, ao Presidente do Goberno e a quen nos queira escoitar. Farémolo público nunha plataforma online como testemuña das nosas voces, alzadas ao unísono nunha data simbólica para reivindicar a nosa herdanza e evitar que nos despoxen dela no futuro.”

O público escoitou atentamente a

participación dos seus compañeiros, que leron textos de poetas, como Homero, Ovidio, Safo ou Catulo; filósofos, como Aristóteles; científicos, como Arquímedes; historiadores, como Plinio ou Plutarco. Todos eles introducidos por Mateo Buján facendo de rapsoda, que coa súa magnífica interpretación axudou ao éxito do acto.

Non podo nomear un por un a todos os alumnos e alumnas que participaron no acto, pero agradezo moitísimo a súa colaboración.

Magdalena Zambrano

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 24: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

CICLO FORMATIVO DE LABORATORIO DE IMAXE DO IES SATURNINO MONTOJO

Nós, tamén está moi agradecida ao Ciclo formativo que hai no noso Centro, porque ano tras ano

aos seus alumnos e profesoras colaboran connosco escribindo artigos, coa súa participación no Certame de

Poesía e Imaxe, e, por suposto, facéndonos moitas das reportaxes fotográficas. As nosas correspondentes

Sara Lamas Villar e Cristina Fernández Casanova realizan unha entrevista á profesora Mª del Mar

Regueiro para que toda a Comunidade Educativa coñeza o traballo que realizan e as saídas profesionais

destes estudos. -Canto tempo dura o ciclo?

-O Ciclo dura un ano, pero cando se remata no mes de xuño, se a xente xa aprobou, ten que facer despois tres meses

de prácticas en empresas, que se chaman FCT (Formación en Centros de Traballo), entón é un curso máis tres meses. E

se se suspende algunha materia no mes de xuño, con dúas ou máis teñen que repetir, pero se soamente é unha poden

facer as FCT despois de decembro, unha vez se aprobe nese mes a materia que quedara pendente.

-Que saídas ten un ciclo como este?

-Pois as saídas son: a máis evidente, que é en centros de fotografía, para facer calquera tipo de proxecto fotográfico;

na televisión, por exemplo nun centro de produción de audiovisuais, que teñan vídeo, que fagan algún espectáculo

audiovisual; nos periódicos, que tamén precisan fotógrafos; revistas… e despois o Ciclo tamén che dá unha titulación

coa cal podes acceder a ciclo superior, e do ciclo superior á

universidade.

-E en que consiste o ciclo, as actividades …?

-O Ciclo ten unha metade que en todas as disciplinas son

teóricas e despois outra parte práctica. Por exemplo, un

módulo de procesos fotográficos terá unha parte teórica que

é a cámara fotográfica e os seus elementos e despois hai que

facer fotografías segundo o que se estea dando nese

momento: fotografía de retrato, fotografando o exterior

para ver distintas posibilidades da luz… No módulo de

positivado, tamén hai unha parte teórica e outra parte na

que se fan os positivados das fotografías na cámara analóxica no laboratorio. E tamén se estudan distintos fotógrafos

importantes, españois e non españois. No módulo de revelado tamén é unha cousa parecida, unha parte teórica e

outra práctica tamén no laboratorio coas cámaras analóxicas; e no módulo de tratamento, a parte teórica é todo o da

marxe dixital, e despois traballar con fotoshop.

-Quen pode facer este ciclo é xente nova?

-Os alumnos teñen a partir dos 17 anos, ou incluso xente máis moza pero que teña a ESO aprobada; os adultos que

non teñen título de ESO deben facer unha proba de acceso. Idade máxima non hai, ata os… 89!... Non hai límite; idade

máxima non hai.

-Estás contenta cos alumnos?

-Si, este ano son moi bos, un pouco gamberros, porque agora lles deixei un momento libre e están facendo moito

ruído, pero son moi bos. Ademais hai xente que ten o BAC feito ou outros carreira, pero como non atopan traballo e

lles gusta moito a fotografía veñen aquí a facer o curso. E hai 17 de todos os niveis.

-Moitas grazas! Sara Lamas Villar e Cristina Fernández Casanova.

3º ESO B

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 25: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

A nosa revista non sería a mesma sen o seu recuncho literario. Un día reuniremos todos os poemas e relatos que promoción tras promoción foron publicándose en NÓS, TAMÉN para volvelos gozar. Desde aquí animamos a alumnos e profesores a que nos envíen un deses poemas ou relatos que teñen gardados no seu ordenador para publicármolo. Nós agradeceriámosllelo moito.

Comezamos cos nosos alumnos máis novos, os de 1º de ESO que nos deixan uns relatos breves que esperamos que vos gusten.

A gaivota Carlota e a súa aventura no mar.

Nun día sollío no porto de Ferrol unha gaivota chamada Carlota albiscaba uns pescadores

nun barco vello e destartalado. Os homes

ían saír a faenar , pero en lugar de levar

redes levaban uns traxes moi raros e unhas

bombonas. Carlota estaba interesada no que

ían facer eses lobos de mare por iso os

seguiu.

Despois dun tempo paráranse e

mergulláronse no mar con eses traxes e as bombonas. Ao ver isto Carlota dixo “ten que ser

divertido. Eu tamén quero facelo”. Tirouse en picado dende o ceo ata o mar; ao tocar coa

auga afundiuse e intentou alentar. Tragou tanta auga que se fixese iso todos os días o océano

quedaría sequiño. Cando comezaba a afogar , un home colleuna e púxolle un chisme que non

sabía o que era, pero botaba aire coma un secador e Carlota por fin puido respirar.

Despois diso non volveu a ningún porto e foi á Praza de Armas a comer pan cos xubilados.

Carlos Rey 1ºb

O moucho da Lúa

Isto era un moucho que estaba moi agradecido á

Lúa porque, coa súa tenue luz, o alumeaba o xustiño

para que estivese cómodo. Tan agradecido estaba

que decidiu dicirllo persoalmente.

O moucho adestrouse moi duramente para ir

porque era consciente da grande distancia que o separaba dela. E, por

fin, cando xa daba voado sen parar máis de tres horas, fixou o día de

partida para o día que no calendario dos humanos lle chaman “de San Xoán”. O noso moucho,

como é notable, non estudara nunca nada relacionado cos solsticios.

O día da partida, ou mellor dito, a noite, estaba o moucho no máis alto da súa árbore. Mirou

cara o horizonte e viu algo que lle sorprendeu:

-Lume?- dixo para si.

E decidiu que ía liscar da Terra e das súas penurias para sempre. Empaquetou as súas cousas

e marchou cara á Lúa. En canto sobrepasou o cume máis alto, debido a que pasara demasiado

tempo dende que anoitecera, deulle o Sol na cara e cegouno. E así pasou as súas últimas

horas: agonizando, desesperado por atopar unha póla, ata que esgotou todas as súas enerxías

e o seu corpo bateu contra o chan dende tres quilómetros de altura. Hugo Paz Prieto 1º ESO B

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Page 26: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

DIVÍRTETE COS INSULTOS RIQUIÑOS

GALICIA ENFURECIDA @galiciaenfureci XUNTA TODAS AS LINGUAS DO MUNDO E FARÁN A METADE DOS

#INSULTOSRIQUIÑOS QUE HAI EN GALEGO. COIDADO : trapalleiro, fervellasverzas, lampantín, paspán,

fedello, baldreu, miñaxoia, pailaroco, perralleiro, furabolos, bulebule,merdán, pimpín, falabarato, miñoca,

criaturiña, trapallas, chafalleiro, parvo, lurpia, fedello, lorcho, chambón, mixiricas , barallocas, caguiñas,

chafonetas, bertorellas,trangalleiro, zampabolos…

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Contáminate, fálame galego! Déixate levar e verás como che gusta. É a miña lingua, é a túa lingua. É a lingua de noso.

Deixa fluír a lingua que levas dentro, para non quedarmos mudos

Abre ás fiestras ás palabras, para que suban moi, moi alto.

Libera a túa voz dos ferrollos, para que se eleve como papaventos

e deixe atrás os muros, porque xa é ben tempo de voarmos en galego

Enléate coas palabras da nosa lingua, para ir ensarillando unha arañeira

inexpugnábel e resistente aos ataques dos virus, decretazos e

reformas educativas. Todos somos responsábeis da supervivencia do

galego.

O galego está vivo

no Twitter, se es

twiteiro non quedes

fóra do galego.

Faite seguidor de

@gustameogalego

Iria Zwirner

Page 27: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

A Nós, tamén encántanlle as tiras cómicas, desde hai tempo

que andamos buscando a alguén que nos cubra este apartado

no Xornal, e por fin atopamos un verdadeiro artista. É Francisco, que axudarnos no día a día coas fotocopias, os micros…, tamén

sabe debuxar, e moi ben! Velaquí tedes a súa primeira tira sobre un tema de absoluta actualidade.

Natalia Romero Pérez de 1º ESO B rétavos a botar un anaquiño procurando as nove diferenzas nos seu simpáticos

cubos.

HUMOR

E para que agudicemos o enxeño están os xogos e problemas de Anxo

Denís e Xoana atópanse en Compostela despois duns anos sen verse. Nese tempo Denís arrexuntouse e tivo tres fillas. Xoana

preguntoulle cantos anos tiñan, Denís díxolle que o produto das súas idades era igual a 36. Pero … insistiu Xoana, cál é a suma das

idades, Denís díxolle que a suma das idades coincidía co número do portal da casa de enfronte. Xoana ficou pensativa, e díxolle que

lle faltaba un dato, Denís sorriu, e díxolle que a filla maior tocaba a zanfona.

Agora xa sei as idades das túas fillas, dixo Xoana cun amplo sorriso. E vos, seredes quen de sabelo?

- Por que meteron ao

crebacabezas no cárcere?

- pois, porque estaba

armado.

Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Saturnino Montojo

Cariño, teño dúas noticias,

unha boa e outra mala:

deixei as drogas, pero non

sei onde.

Page 28: REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

Este trimestre as actividades de Dinamización foron un non parar e en parte grazas á colaboración de moitos Departamentos e da Vicedirección. A todos eles o noso agradecemento. Velaí algunhas actividades: Exposición dos traballos do Certame Poesía e Imaxe do curso 2012-2013, Recitado de Poemas de Celso Emilio Ferreiro no Centro cultural Carvalho Calero e na Biblioteca do Centro, Asistencia á representación teatral Memorias dun Neno Labrego, Taller de Titerehop, concerto didáctico homenaxe a Celso Emilio

Ferreiro, organización e inscrición no Club Debate e no Parlamento Xove, participación nas actividades do Magosto. .

B O A S

F

E

S

T

A

S

Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística IES Saturnino Montojo