Revista o formigueiro curso 2016 versión final

88

Transcript of Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Page 1: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 2: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

VOZ NATURA

II EXPOSICIÓN FROITOS OUTONO

SAMAÍN

MAGOSTO

NADAL

DIA DA PAZ

DÍA DO DEPORTE

ENTROIDO

BROCHETA DE FROITAS

O INVERNADOIRO

OS MAIOS

CONTOS DE ANDERSEN

A VISITA DE CARDIO

PLANTAS SILVESTRES O MUIÑO

ADIVIÑAS

XOGOS POPULARES

PROGRMA SI

COÑECE ALGÚNS PAXAROS

LETRAS GALEGAS

XIÁN E OS CHÍCHAROS

PAN DE MILLO

UN COMEDOR 5S

FOMOS NOTICIA

INTERVIEW

ENGLISH RECIPES

AS NOSAS SAÍDAS

A RECICLAXE

PARQUES NATURAIS

ENTREVISTA ORIENTADORA

BIBLIOTECA

ROSALÍA DE CASTRO

DEP. ORIENTACIÓN

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Page 3: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Por segundo ano consecutivo participamos no programa de educación ambiental “Voz Natura” patrocina-

do pola Fundación Santiago Rey Fdez-Latorre co noso proxecto “Re-xeneración: Verde no canto de

marrón...” , e tamén este ano obtivemos un premio. Acadamos o premio ao mellor proxecto da provincia

de Ourense. E para unirnos a gran festa que “Voz Natura” organiza ao final de cada curso e para recoller

o noso premio, acudimos o sábado 4 de xuño ao Parque de Acea de Ama en Culleredo, onde nos unimos a

outros colexios de Galicia que participan no programa.

Primeiro visitamos as salas onde estaban expostos os traballos de todos os centros participantes. Alí tamén

estaba a exposición do noso colexio, cunha mostra dalgún dos traballos que se realizaron ao longo do curso:

Despois os nenos e nenas que nos acompañaron ata Coruña (5 e 6º de EI e 4º de EP) estiveron disfrutando das

distintas actividades que se ofrecían dentro do gran recinto do parque:

E a esperada entrega de premios, a profesora Conchi Reza e os nenos Martiño (5º EI) e Candela (6º EI) recolleron, en nome

do resto de profesorado e alumnado que traballaron no proxecto “Re-xeneración: verde no canto de marrón...”, o diplo-

ma que nos acredita como o mellor proxecto ambiental provincia de Ourense da 19ª edición 2015-2016 do programa “Voz

Natura”.

Xurxo, Nicolás, Marti-

ño e Daniel con Terri,

a mascota de Voz Na-

tura.

Juan de porteiro e J. Daniel de defensa,

no futbolín “humano”.

Antía, Isamar, Naiara, Aissatou

e Nadia participando nun taller

de confección de chapas.

Marcos a punto

de deslizarse por

un “hinchable”

Page 4: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Ao longo de outubro solicitamos a colaboración das

familias para recoller e traer froitos do outono, secos e

carnosos, para facer unha exposición na escola.

O éxito foi tal que nos xuntamos

cunha gran variedade de produtos,

algúns descoñecidos para os nenos.

Os productos foron etiquetados en

galego para ampliar vocabulario.

Page 5: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 6: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Un ano máis xa chegou o día do

SAMAÍN - HALLOWEEN, e no

cole fixemos diferentes tipos de

actividades relacionadas con esta

data.

Os alumnos/as de

Educación Infantil

traballaron unha

unidade didáctica

sobre o Samaín e

plasmaron con

distintas técnicas o

mundo "dos seres

terroríficos" .

Pintaron

pedras, fixeron

banderíns,

pintaron rolos

de papel,

confeccionaron

carautas...

Page 7: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Nenos e nenas de 1º e 2º de Educación

Primaria traballaron na área de plástica

(materia impartida en inglés) a festividade

de Halloween e confeccionaron cabazas con

cartolina. En 4º de Educación Primaria

xogaron cos famosos "hama-beads" para

realizar caveiras, bruxas......

E como sempre non faltou a decoración en todo o colexio: murais, debuxos,

guirnaldas... polas aulas e corredores!!

E por suposto na biblioteca do centro non faltaron as actividades relacionadas con estas

celebracións: concurso de carteis sobre os personaxes malvados dos contos, taller de

confección de cabazas, terceira edición do concurso de contos de medo e unha ampla

exposición dos fondos existentes na biblioteca relacionados con esta temática.

Page 8: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

O martes 10 de novembro celebramos

o MAGOSTO no cole, o tempo, por

fin, axudounos (fixo un día

espléndido!!!) e puidemos disfrutar da

fogueira, das castañas, dos xogos e

como non: tisnarnos a cara, correr e

saltar ... !!!

E……………que rico está o xantar do Magosto!!!!!!!

MAGOSTO 2015

Page 9: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Que artistiñas temos no centro!!!!

Este foi o resultado do noso concurso de postais de Nadal

A postal de Xiana Carderí Jardón

foi seleccionada para felicitar

ás familias polo Nadal

Page 10: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Tamén fixemos unha exposición de árbores de Nadal

Page 11: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

3

anos

4 anos

5

anos

Presentadores

Page 12: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

1º primaria

2º primaria

3º primaria

Page 13: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

4º primaria

5º primaria

6º primaria

Page 14: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

O 30 de xaneiro celebramos o “día da non violencia e da paz”

Coma todos os anos, no noso cole festexámolo desenvolvendo diversas actividades nas que tentamos

traballar e fomentar valores coma: respecto, convivencia, solidariedade, igualdade, diferenzas culturais..

Este ano a actividade principal na que participamos todos os nen@s do centro foi unha coreografía que

preparamos coa profe Maite, coa música e letra da canción “ Todos somos iguales“ do grupo “ Panda”.

Todos os alumn@s fomos saíndo ao patio por cursos e colocámonos formando círculos. Cando a música

comezou a soar bailamos acompasados e pasámolo moi ben, tanto, que o repetimos varias veces e, por un

ratiño, non houbo ningún tipo de problema ou altercados que perturbasen a Paz.

Quizás se bailasemos máis o mundo sería un lugar mellor.

Page 15: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

1ª semana

2ª semana

3ª semana

4ª semana

5ª semana

6ª semana

O martes 19 de abril celebramos o DÍA DO DEPORTE como

complemento e remate do programa CANDO XOGO... EN

GALEGO!!, o cal estivemos realizando ao longo de 6 semanas.

Co mesmo tratabamos de aunar o fomento de hábitos saudables, como é o da

actividade deportiva, e o fomento da nosa lingua dando a coñecer, para o seu

posterior uso, o vocabulario específico en galego dos deportes máis coñecidos.

Tratouse tamén de fomentarse o espíritu deportivo, o compañeirismo e a

autoestima.

Agradecemos a Ourense C.F. / Ourense- Envialia F.S. e o Clube de Atletas Veteranos de Ourense

a súa colaboración na organización deste día e a súa participación nas diferentes actividades

Tenis Ciclismo

Baloncesto

Xogos populares

Fútbol Atletismo

Page 16: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

E case sen darnos conta chegou o ENTROIDO.

E coma todos

os anos

comezamos

coas ORDES

DO MECO.

Os nenos de 4 anos estiveron

atentos as mesmas e non se

despistaron!!!!!

Page 17: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 18: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 19: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 20: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 21: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 22: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 23: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 24: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 25: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 26: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 27: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

P L A N T A S S I L V E S T R E S

Os nenos/as de 1º tivemos unha clase de naturais ao aire

libre para descubrir plantas silvestres e saber se son ou non

tóxicas.

Fixemos un pequeno mural con elas na clase e puxémoslle os

nomes en galego e castelán e tamen unha pegatina vermella,

amarela ou verde; dependendo da súa toxicidade .

Nomes das plantas:

Fumaria

Lingua de ovella, Sete

costelas (Llantén)

Fionllo (Hinojo)

Ceruda (Celidonia)

Rompe muros, Escacha pedras (Parietaria)

Dente de león

Malva

Peite da bruxa

Zurrón de pastor

Meldrastro (Menta silvestre)

Hedra (Hiedra)

Vincapervinca …

Page 28: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 29: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 30: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 31: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 32: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Os alumnos de terceiro participamos no “Programa SI”

Como viñemos facendo estes últimos anos, tamén durante este curso participamos no

“Programa SI”, no cal, traballamos temas e actividades que nos axudaron a proporcionar

a todos os nenos e nenas de terceiro curso as ferramentas básicas que nos permiten o

noso deselvolvemento persoal e social e, tamén, a adquisición de habilidades e

competencias culturais e sociais.

Ademais, elaboramos nas nosas casas un corazón de papel, seguindo as instrucións

dun vídeo de internet, e quedaron moi chulos ,como se pode ver na foto.

Entre outros temas, traballamos que facer deporte non é cousa de

nenos ou de nenas, senón que todos e cada un de nós pode e debe

practicar aquelo que lle gusta, sen pensar no que digan ou no que

opinen os demais, xa que cada quen é capaz de actuar por si mesmo.

Outro tema interesante foi o de que é moi importante facer un almorzo

completo e saudable, xa que ademais de que necesitamos enerxía para os

nosos músculos, resulta que o órgano que máis enerxía necesita é o noso

cerebro, que bota moitas horas funcionando con tanta explicación e tantos

exercicios ao longo de toda a mañá. Case todos os compañeiros nos demos

conta de que non facemos un bo almorzo, que debe constar de hidratos de

carbono,lácteos e froita.

O que máis nos chamou a atención polos vídeos que vimos, foi o tema que

falaba do noso corazón e o sistema circulatorio. Neles puidemos ver como o

sangue circula polo corpo a través de veas, arterias e capilares e como reparte

nutrintes e osíxeno a todas as células e órganos.

Page 33: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Un dos últimos temas traballados foi o que falaba da importancia que ten para a nosa

saúde comer peixe.

A maioría de nós somos reacios a comer o peixe que nos poñen no prato, pero

démonos conta de que o chamado “ peixe azul” sobre todo , é moi beneficioso para a

nosa saúde e o noso desenvolvemento, porque ten unhas propiedades moi boas que

nos achegan proteínas, vitaminas e minerais, ou sexa, que comer este tipo de peixe

achéganos prácticamente todos os nutrintes que necesitamos, pero o máis importante

é que as súas graxas son moi boas porque teñen omega 3, que seica son fenomenais

para o noso sistema circulatorio.

Seguro que a partires de agora veremos doutro xeito os xurelos, as cabalas, o

atún,etc…, cando os vexamos no prato do comedor escolar ou na casa. E nos vos

esquezades doutros peixes como a pescada, a palometa, o bacallau… que tamén están

moi ricos e son saudables.

Para rematar esta actividade fixemos un póster onde recomendamos comer peixe

azul, e farédelo se sodes listos!

Page 34: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Este ano un verdorolo e unha pomba bateron contra unha das ventás das clases de 4ºB e

de 4ªA respectivamente.

Os dous paxaros morreron, pobriños! Por iso

decidimos pór debuxos nos cristais das

fiestras para ver se así non topaban con eles

outras aves.

Por outra parte, no festival do Día das Letras

Galegas, cantamos a canción O cuco en

honor de Manuel María.

Para saber máis destes paxaros buscamos

información e fixemos algúns debuxos.

Page 35: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Verderolo común

Nome científico: Chloris chloris

Descrición:

• Lonxitude duns 14 cm e peso duns 30 g.

• Peteiro cónico, forte e grande.

• Patas e pés de cor carne.

• Iris do ollo de cor parda.

• Plumaxe grisácea tinguida de verde oliva escura nas partes superiores. Nas partes

inferiores, cor verde amarelada e amarela intensa. A plumaxe da femia é máis apagada.

• Extenso vocabulario de gritos e notas no seu canto.

• Vive entre dez e doce anos.

Distribución e hábitat. Esténdese por

Europa, Turquía, norte de Arabia e norte

de África. Habita libre en masas arbóreas

cercanas a campos cultivados. Tamén en

parques, xardíns e hortas.

As poboacións do norte de Europa

desprázanse ao sur no inverno. Na

Península Ibérica hai poboacións

sedentarias e outras pasan o inverno no

norte de África.

Alimentación: sementes e froitos.

Reprodución: Normalmente, dúas postas por ano, de

marzo a agosto. A femia pon de catro a seis ovos e os

incuba entre once e quince días. O macho alimenta a

femia mentres non nacen os polos. Ao naceren, as crías

son cebadas por ambos proxenitores. Voan aos doce ou

dezaseis días de naceren.

Distribución do verderolo común

Page 36: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Pomba

Nome científico: Columba livia doméstica

Descrición:

• Mide entre 29 cm e 37 cm de lonxitude. As

domésticas ou semidomésticas adoitan sobrepasar os

380 g.

•Segundo a especie ou híbrido de que se trate,

predomina na súa plumaxe a cor gris azulada ou a

marrón clara.

• Moitas presentan dúas bandas negras nas

ás e no rabo e unha zona iridescente de cor verde violácea no pescozo.

• Iris do ollo de cor laranxa, vermella ou dourada.

• Peteiro anegrado e patas de cor vermella.

• As pombas urbanas viven uns seis anos.

Distribución e hábitat. A distribución natural

das pombas bravías salvaxes –das que

proceden as pombas que temos nas cidades-

limítase ao sur de Europa, norte de África e

suroeste de Asia. Tras a súa domesticación

na antigüidade, moitas asilvestráronse e

mesturáronse con outras especies . Hoxe, a

poboación de pombas salvaxes e

asilvestradas é moi grande, só en Europa hai

uns dezaoito millóns de individuos.

Alimentación. Aliméntanse no chan de grans pero tamén de gromos, froitos, insectos,

vermes e caracois. Ao beber tragan a auga coa cabeza agachada e o peteiro sumerxido, sen

ter que levantar a cabeza e inclinala cara a atrás, a diferenza da maioría das aves.

Reprodución. Crían sobre todo en primavera e verán. As que viven nas cidades

sitúan o niño en gretas e ocos de edificacións. Adoitan pór dous ovos brancos. Macho e

femia incúbanos entre dezasete e vinte e un días. Os pichóns tardan uns trinta días en

medrar e deixar o niño.

Page 37: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Cuco común

Nome científico: Cuculus canorus

Descrición

• Mide sobre 33 cm de lonxitude, dos cales uns 14 cm

pertencen ao seu rabo. Os machos pesan uns 130 g e

as femias arredor de 110 g.

• Plumaxe da parte superior e peito de cor gris, abdome

e flancos cun listado branco e negro.

• Iris, base do peteiro e patas de cor amarela. Peteiro

aguzado e algo curvo. Patas curtas.

• O seu característico canto melodioso óese sobre todo en primavera.

• Vive entre dez e doce anos.

Distribución

Especie migratoria. Na primavera e no

verán esténdese pola maior parte de

Eurasia, onde cría, e en inverno migra á

África e sueste asiático. Habita en zonas

boscosas abertas, zonas con abundante

vexetación e campos de cultivo. Evita as

zonas montañosas altas, as rexións

deforestadas e as zonas demasiado

urbanizadas.

Alimentación

Ave insectívora que se alimenta especialmente de eirugas. Tamén come arañas, cempés e

lombrigas de terra.

Reprodución.

Por maio a femia deposita normalmente un ovo –ocasionalmente dous- no niño doutras

aves insectívoras. Retira un ovo da especie parasitada e o substitúe polo seu. Cun

intervalo de 48 horas pon de 12 a 15 ovos noutros tantos niños.

O ovo do cuco adoita ser o

primeiro en eclosionar, e o

polo retira do niño os ovos

ou os polos orixinais. Deste

xeito a femia alimenta un

único polo adoptivo ata que

ao cabo dunhas tres

semanas abandona o niño.

Alumnos 4º curso

Page 38: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Este ano dedícaselle o Día das

Letras Galegas a Manuel María,

poeta moi popular, comprometido

con Galicia e autor da obra poé-

tica máis extensa das nosas le-

tras.

Publicou máis de cincuenta li-

bros de poesía, trinta ensaios,

quince obras narrativas, vinte

pezas teatrais e moitos artigos

xornalísticos. Foi traducido a

numerosos idiomas e é o poeta

galego máis musicado. Toda a

súa obra reflicte o seu amor a

Galicia, á súa terra, á xente, á

lingua, ás cousas cotiás...

Dedicounos unha atención especial aos

nenos e nenas, galegos con poemarios,

contos e obras teatrais. No prólogo do li-

bro As rúas do vento ceibe di Manuel

María: “Si estes poemas, sinxelos e simples,

vos deprenderan a amar a nosa patria

Galicia, este voso vello amigo sería o

home máis feliz do mundo”. Pois ben, po-

derás entón sentirte moi feliz alá onde

esteas, porque conseguiches que cos teus

versos milleiros de nenos e nenas galegos

coñezamos e apreciemos máis ao noso

país, á vez que espertaches en moitos de

nós o gusto pola poesía. GRAZAS

Nós quixemos homenaxealo ilustrando cinco dos seus

poemas que vos mostramos a continuación.

Page 39: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Poema “Dorna” do libro As rúas do vento ceibe. 1978

Poema “O semáforo” do libro As rúas do vento ceibe .

As rúas do vento ceibe foi o

segundo libro de poemas

que escribiu para nenos,

“...dun xeito particular prós

nenos da cidade, un tanto

esquencidos no outro meu

libro para rapaces” escribe

Manuel María no prólogo

deste libro.

Page 40: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

LETRAS GALEGAS

2016 A Terra Cha somentes é Un pobo aquí, outro acolá, mil arbres, monte raso, un ceo chumbo e tráxico no que andan as aves a voar O resto é soedá. Terra Cha. 1954

A evocación da paisaxe da súa terra natal, a TERRA CHA, foi un dos temas prefe-ridos de Manuel María, e unha constante na súa obra.

Page 41: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

O idioma é a chave

coa que abrimos o mundo:

o salouco máis feble,

o pesar máis profundo.

O idioma é o tempo,

é a voz dos avós

e ese breve ronsel

que deixaremos nós.

O idioma é a forza

que nos xungue e sostén.

¡Se perdemos a fala non seremos ninguén!

O idioma é a patria,

a esencia máis nosa,

a creación común

meirande e poderosa.

O idioma é a vida,

o coitelo da dor,

o murmurio do vento,

a palabra de amor.

O idioma é un herdo,

patrimonio do pobo,

maxicamente vello,

eternamente novo.

O idioma é o amor,

o latexo, a verdade,

a fonte da que agroma a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma

é ser mudo e morrer. ¡Precisamos a lingua se queremos vencer!

Alumnos e alumnas de 5º recitando o poema “A fala” de Manuel María

“A Fala”

Nube de palabras creada a partir do poema “A fala”

Page 42: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2016 O día 19 de maio fixemos no colexio unha pequena homenaxe a Ma-

nuel María, autor ao que se lle dedica este ano 2016 o Día das Letras

Galegas. Este escritor non se olvidou dos máis pequenos e pequenas,

escribindo para eles poesía, contos e algunha obra de teatro.

Algún dos seus poemas foron cantados e/ou recitados no pequeno

festival que realizamos.

PROGRAMA

4º Ed. Infantil: O arco da vella (baile)

5º Ed. Infantil: Caracol (canción )

6º Ed. Infantil:: A roda , roda (canción e baile)

1º Ed. Primaria: O muíño (canción)

2º A e 2º B Ed. Primaria: Rap de Manuel María (rap)

3º Ed. Primaria: Lume novo e O Soñador (poemas)

4º A e 4º B Ed. Primaria: O cuco (canción)

5º Ed. Primaria: A fala (poema musicado)

6º A e 6º B Ed. Primaria: A emigración , O can e Galicia (poemas)

Os máis pequenos do centro bailaron o

poema musicado por Suso Vaamonde

“O arco da vella”.

“O caracol”, tamén musicado por Suso

Vaamonde, foi o poema que cantaron os

nenos e nenas de 4 anos.

Page 43: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Os nenos e nenas de 5 anos cantan e bailan “A

roda, roda”, outro poema de Manuel María

musicado por Suso Vaamonde.

“O muíño”, musicado por Alfredo González

Vilela, foi o poema que cantaron os alumnos

de 1º de primaria.

Os marchosos nenos e nenas de 2º A e 2º B

“rapearon” a vida de Manuel María co xa famoso

“Rap de Manuel María” que arrasa na rede.

Dou poemas: “Lume novo” e “O

soñador”, foron recitados polos

alumnos e alumnas de 3º .

“O cuco”, na versión musicada de Suso Vaa-

monde foi cantado por todo o alumnado de 4º

de primaria. Alumnos e alumnas de 5º recitaron o

poema “A fala” acompañados á frauta

por Anxo e Carla.

Alumnos de 6º A e 6º B recitaron os poemas: “A emigración”, “O can” e o famoso poema “Galicia” ,

un dos máis coñecidos e significativos , que inicia o libro de poemas para nenos “Os soños na gaiola”.

Page 44: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

XIÁN E OS CHÍCHAROS

Page 45: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Saboreando as letras: 2016 Ano Internacional dos Legumes. Nenos e nenas de Ed. Infantil

Page 46: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

PPAANN DDEE MMIILLLLOO

Este ano seguimos desenvolvendo o noso taller de “cousas con raíz”, dentro do

proxecto “Re-xeneración , verde no canto de marrón”, co que participamos no programa

de educación ambiental Voz Natura.

Sergio, un avó da comunidade educativa, volveu á escola, para ensinarnos a facer pan

de millo.

Con esta actividade conseguimos que os nenos e as nenas fosen capaces de :

Achegarse a nosa contorna natural e sociocultural, traballando en grupo, aprender

pasándoo moi ben, coñecer a importancia do millo na nosa alimentación, valorar todo o

traballo que hai que realizar antes de que os alimentos cheguen ao noso prato, aumentar

o vocabulario, obter fariña para facer o pan, e farelo para a nosa brigada de “amigos

dos Paxaros”, que se encargan cada día de aliméntalos levándolles comida á zona do

areeiro, implicar a varios membros da comunidade educativa na realización da mesma

tarefa e comprobar como o esforzo trae bos resultados... neste caso en forma de pan.

Comezamos esta actividade cun traballo

previo que se desenvolveu na aula, escoitando,

aprendendo e cantando a canción “ pan de

millo”, do grupo Migallas.

Partindo desta canción dividimos o taller

en varias zonas.

A primeira estaba dedicada a GARDAR O

MILLO e nela puidemos ver un cabaceiro

con espigas.

Page 47: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Na segunda aprendemos a DEBULLAR, cando xa tiñamos o gran separado do carozo,

explicámoslle que había que moelo para conseguir fariña.

A continuación aprendemos a PENEIRAR, para separar a fariña do farelo.

O farelo gardámolo para entregarllo a nosa brigada de “Amigos dos Paxaros” que

cada día , se encargan de levarlles comida.

Coa fariña, Sergio ensinounos a AMASAR.

Page 48: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Na zona seguinte aprendemos a TENDER a masa, e fixemos o nosos boliños de pan.

E como isto era “pan comido” fomos á cociña para COCER o pan.

Rematamos PROBANDO o rico pan de broa.

E levando para a casa os nosos boliños para a

merenda e a nova mascota do comedor

“espiguín” , que ao longo do

curso acompañou aos nenos

e as nenas que se atreveron a

comer o millo, un dos novos

alimentos que introducimos

este ano no noso comedor

5S.

Page 49: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

UUNN CCOOMMEEDDOORR 55SSPara ensinar aos nenos a comer segundo os principios da dieta mediterránea,rica en verdura, peixe e froita, e para que adquiran hábitos de bocomportamento, temos un comedor con nome propio: un comedor 5S

Este ano “medramos”, propuxémonos conseguir un “ S “ máis. Por iso agorasomos un comedor 5S, en vez dun comedor 4S.

Este curso estivo cheo de cambios, de retos e de sorpresas. O primeiro cambiofoi o de persoal, coa chegada dos novos cociñeiros o equipo quedou formadopola nosa “veterana “ Ángeles, por Rocio e por Rafael. Foi unha sorte contar conestes tres expertos, sempre dispostos a prepararnos menús moi ricos esaudables.

Coa súa axuda, e coa cooperación dos colaboradores ecolaboradoras do comedor , empregamos este servizo como unrecurso para educar nenos 5S:

-Saudables : capaces de coidar a súa saúde, gozando dunha dietaequilibrada e variada.

-Solidarios: na medida na que dentro das súas posibilidades animan aosmáis cativos a probar “novos sabores”.

-Silenciosos: intentando evitar a contaminación acústica e promovendohábitos de orde e de silencio.

Page 50: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

-Sorrintes: capaces de converter o comedorescolar nun espazo cómodo e agradable para todos .

-Sensibles: co ecosistema, tendo en conta otipo de alimentos que estamos consumindo,promovendo o uso de produtos ecolóxicos e doscultivados no noso horto, co traballo dos demaisvalorando a importante tarefa dos nosos cociñeiros através dos comentarios que os nenos lles fixeron aolongo de todo o curso, apreciando a calidade dosmenús, e coas necesidades e peculiaridades de

cada neno ofertando un menú xeral e varios menús específicos (sen glute, senovo e hipocalórico).

Para educar aos nenos no tempo do xantar, xunto cos recursos que xaempregamos os cursos anteriores (distintivos saudables, xogo do rei da mesa,puntos saudables...) creamos outros novos, tales como foron: as novasmascotas do comedor, ou o xogo: “Abre a ilusión ao entrar, pecha o orgullo aosaír”

DISTINTIVOS SAUDABLES

Cando os nenos probaron algún prato que non lles gustaba entregámoslleunha medalla saudable ou un distintivo, nos que especificamos o motivo poloque se lles deu este premio, para que as familias nós axudasen ao chegar a casa,dándolle parabéns polos seus logros, e fomentando o consumo destesalimentos.

REI /RAÍÑA DA MESA

Aquel neno, ou aquela nena que conseguiu ser 5S ( saudable, solidario,silencioso, sensible e sorrinte) converteuse no “ rei “ ou na “raíña damesa”. A estes nenos fixémoslles unha foto coa súa coroa e colocámola notaboleiro dos reis da mesa . Ao pasar uns días levaron as fotos para ascasas, co fin de que as familias coñecesen e valorasen o esforzo dos cativose os obxectivos acadados.

Page 51: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

AS MASCOTAS VIAXEIRAS

Un ano máis as nosas mascotas visitan os fogares dosnenos 5S (saudables, solidarios, silenciosos, sensibles esorrintes) para informar as súas familias do seu bocomportamento.

Este curso ademais da xa coñecida “mazásaudable” tivemos novas mascotas viaxeiras.

Page 52: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

20-04-2016

Tamén a visita ao colexio dos equipos de

fútbol Ourense CF e Envialia Feminino con

motivo da celebración do DÍA DO DEPORTE,

foi recollida polo xornal La Región.

FOMOS NOTICIA!! NOS XORNAIS… 11-09-2015

A inauguración do curso escolar 2015/16 no noso centro encabezou a portada do xornal La Voz

de Galicia (edición Ourense) coa foto do primeiro día de curso dos nenos e nenas de 5º de infantil.

En páxinas interiores fotos tamén dos nosos alumnos (Xián e Jeray de infantil e Mario de 1º), ilus-

traron a nova do comezo de curso.

16-09-2015

No especial “De Volta” do xornal La Región dedi-

cado ao comezo de curso, o noso centro foi pro-

tagonista dunha das páxinas, con fotos de diver-

sos momentos do primeiro día lectivo.

Page 53: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

PREMIO PROVINCIAL

Tanto na edición impresa coma na dixital, La Voz de Galicia fa-

cíase eco da concesión ao noso centro do 1º premio provincial

(OURENSE) ao proxecto do programa VOZ NATURA: “Re-

xeneración… verde no canto de marrón”, que levan a cabo as profe-

soras de 5º e 6º de infantil, coa colaboración doutros cursos e pro-

fesorado en actividades puntuais, e baixo a coordinación da profe-

sora Maite Sotelo. Un ano máis prémiase o traballo deste grupo que

este curso, ademais de continuar o traballo no horto escolar, dedi-

cáronse a actividades de reciclaxe, aforro de auga, apadriñamento

de árbores, mellora do entorno escolar, obradoiros de pan de millo,

estudo de animais do horto, hábitos saudables...

21-04-2016

Este mesmo xornal publicou a nova da inaugura-

ción do invernadoiro para sementeiros que se ins-

talou na zona do horto escolar.

20-04-2016

Así mesmo en La Voz de Galicia se informaba da ce-

lebración do DÍA DO DEPORTE como remate da cam-

paña CANDO XOGO … EN GALEGO!!, que se desen-

volveu no centro ao longo dos meses de marzo e de

abril.

21-05-2016

O 4 de maio, o especial “Aulas

Abertas” do xornal La Región foi

dedicado ao noso colexio, cunha

ampla reportaxe sobre o centro e

a grabación do programa de tele-

visión XORNAL ESCOLAR.

...E NA TELE!!!

O 7 de maio emitiuse na cadea de televisión

local TELEMIÑO outro programa da serie XOR-

NAL ESCOLAR protagonizado polo noso cole.

Coma o curso pasado, unha parte do programa

gravouse no centro e outra parte foi gravada

nos estudios de Telemiño.

Exerceron de copresentadores

Lola, Iker e Óscar e esta vez, de

“sufrido” concursante, foi o titor

de 6º B, José Rodríguez. Alumnos

de 4º de primaria asistiron á gra-

vación nos estudios de televisión.

Isamar e Miguel presentaron

a gravación feita no cole

04-05-2016

Page 54: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

AN INTERVIEW TO SAMANTHA,

Our ENGLISH language assistant

What´s your name? (Como te chamas?)

Samantha Colleen. How old are you? (Cantos anos tes?)

Twenty-six years old. (26 anos)

Where are you from? (De onde eres?)

Calgary, Alberta, Canada.

Have you got any brothers or sisters? (Tes irmáns ou irmás?)

Yes, one brother. (Si, un irmán)

What´s your father´s job? (En que traballa o teu pai?)

He works in a home and garden shop. (El traballa nunha tenda de xardinería e de cousas de casa) What´s your mother´s job? (En que traballa a túa nai?)

She works in an organic food store. (Ela traballa nunha tenda de comida ecolóxica)

What do you like doing in your free time? (Que che gusta facer no teu tempo libre?)

I like reading and hiking. (Gústame ler e pasear)

Do you like animals? Have you got any pet? (Gústanche os animais? Tes algunha masco-ta?)

I love animals. No, I haven´t, but my mum has got two fat cats. (Encántanme os ani-mais. Non, non teño, pero a miña nai ten dous gatos gordos)

Do you like sports? (Gústanche os deportes?)

Yes, I do. (Si, gústanme)

What´s your favourite? (Cal é o teu favorito?)

My favourite sport is skiing. (O meu deporte favorito é esquiar) What´s your favourite food? (Cal é a túa comida favorita?)

Apple pie and chocolate. (A tarta de mazá e o chocolate) Do you like Galician food? (Gústache a comida galega?)

I love galician food.

I like octopus the best. (Encántame a comida galega. O que máis me gusta é o polbo)

Page 55: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

When you were a child, were you a good student? (Cando eras pequena, eras unha boa estudante?)

Yes, I was. (Si, era)

What was your favourite subject? (Cal era a túa materia favorita?)

My favourite subjects were Biology and Spanish. (As miñas materias favoritas eran bioloxía e español) What kind of music do you like? (Que clase de música che gusta?)

I like music you can dance to. (Gústame a música coa que podes bailar)

What´s your favourite group or singer? (Cal é o teu grupo ou cantante favorito?)

My favourite group is a canadian band called Stars and my favourite singer is Tay-

lor Swift. (O meu grupo favorito é unha banda de Canada chamada Stars e o meu cantante favorito é Taylor Swift) Do you like travelling? Did you visit other places in Spain? (Gústache viaxar?) (Visitaches outros lugares de España?)

Yes, I do. Yes, I visited Madrid, Barcelona, Northern Spain and Galicia. (Si, gústame. Visitei Madrid, Barcelona, o Norte de España e Galicia)

How about this year? Did you enjoy teaching us? (Que tal este ano aquí con nós?) (Disfrutaches ensinándonos?)

I had a good year. Yes, I did. (Foi un bo ano para min. Si, paseino ben)

Did you like Ourense? (Gustouche Ourense?)

Yes, I did. My favourite part of Ourense was the river and the

food. (Si, gustoume, o que maís me encantou foi o río e a comida) What are your plans for the future? (Cales son os teus plans para o futuro?)

Next year I´m going back to Canada to be with my family. I want to go back to uni-

versity in Canada. (O próximo ano volverei a Canada para estar coa miña familia e quero volver á universidade)

Entrevista realizada por alumnos e alumnas de 6º A e 6º B

Page 56: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

ENGLISH RECIPES

JOSEMI—6º B

INÉS —6º B

Page 57: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

SONIA—6º B

Mª EDUARDA– 6º A

Page 58: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

ALGUNHAS DAS NOSAS SAÍDAS

TEATRO DE MARIONETAS: LA GUERRA DE TROYA

El martes 24 de noviembre de 2015, los alumnos y alumnas de 6º de

primaria, visitamos el Auditorio de Ourense para ver una obra de teatro

basada en el mito de la guerra de Troya. Fue representada con

marionetas que tenían como fondo en el escenario proyecciones de

viñetas alusivas a la obra. Había tres actores y diferentes marionetas,

que en vez de tener cuerdas, eran movidas con las manos. Una persona

era el narrador y las otras dos representaban diferentes personajes,

interpretando diferentes voces para las distintas marionetas.

La obra trataba sobre el príncipe Paris de Troya que se fuga con Helena de Esparta, hecho que da origen

al comienzo de la guerra de Troya entre los aqueos y troyanos. Es una obra mitológica y épica escrita por

Homero y recogida en La Ilíada y La Odisea.

VALORACIONES:

Me gustó mucho, lo que más me impactó fueron los cambios de voz tan rápidos de un personaje a otro

SANTIAGO

Me encantó, sobre todo cuando los actores cambiaban de voces para las diferentes marionetas.

MARCOS

Me llamó la atención las voces de los personajes. La obra fue muy interesante. ALDARA

Me gustaba como movían los muñecos y como los actores median sus movimientos con cuidado en el

escenario. MARÍA

Me sorprendió mucho la forma en que los actores movían las marionetas y como cambiaban las voces. El

narrador vocalizaba mucho. A mi me encantó y me gustaría ver más obras de este tipo.

ANTÓN

A mi, lo que más me impresionó era lo bien que contaban la historia. También como cambiaban de voz y

lo bien que vocalizaban. Actuaban muy bien y la representación fue excelente.

ISMAEL

A

LUM

NO

S E

ALU

MN

AS

DE

Page 59: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

ENCONTRO COA ESCRITORA… ÉRICA ESMORÍS

O martes 29 de marzo no Auditorio Municipal, os

alumnos/as de sexto participamos nunha actividade

chamada “Encontros coa autora”. Mantivemos una

conversa con Érica Esmorís, autora do libro “Nena e o

mar”, libro co que traballamos na clase e que

acababamos de ler.

Érica falounos da súa vida, dos seus estudos e da súa

paixón pola literatura. Durante a charla fixo unha

relación dos pasos que segue ela para escribir un

conto. Contounos que o libro “Nena e o mar” ten una banda sonora escrita polo seu mozo, provinte de

Irlanda.

Rematou a charla cunha rolda de preguntas e coa firma dalgúns

exemplares. Con este libro a autora acaba de gañar o Premio Merlín

de Literatura Infantil 2015.

Durante a charla estiveron

presentes xornalistas da Radio

Televisión Galega que, unha

vez rematado o acto,

entrevistaron aos nosos

compañeiros Ismael e Antonio

para que opinaran sobre o

libro de Érica Esmorís.

VALORACIÓNS:

A min o conto gustoume moito. Non é o mellor libro que lin, pero si que me gustou. O personaxe máis

interesante para min foi Noon.

ISMAEL

Como lle dixen a RTV Galega, cando me preguntaron o que me gustou foi que lle deran o premio Merlín,

porque opino que o merecía. Gustaríame facer máis saídas coma esta.

ANTONIO

A miña opinión sobre este encontro e o libro de Erica Esmorís é apaixonante. Gustaríame repetilo outro

día.

MARIA EDUARDA

A autora asinando libros

Page 60: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

EXPOSICIÓN “A FRONTEIRA INFINDA”

Xa a piques de rematar o curso, os alumnos de 5º e 6º asistimos na sala

de exposicións Afundación, sita na Praza Maior de Ourense, á exposición

titulada “A frontera infinda”, que recolle unha colección de obras de

autores galegos vencellados coa emigración, tanto a América como a

Europa e que mostran a influencia da emigración no seu arte. Entre eles

temos obras se Isaac Díaz Pardo, Castelao, Maruja Mallo, Luis Seoane…

Destacamos a presenza de obras de Castelao con tema social e cultural

da Galicia do principio do século XX; doutros artistas que tras a Guerra

Civil marcharon a América e das xeneracións máis novas, os da

posguerra, que saíron cara Madrid.

A actividade deu comezo cun xogo por grupos, no que cada grupo tiña

que dar resposta a una serie de preguntas sobre un artista determinado. Una vez rematada esta primeira

fase, a guía da exposición ía dando información e explicacións sobre o artista e a súa obra.

Nunha segunda parte, cada grupo realizou un traballo expresando plásticamente os seus sentimentos e inquedanzas.

“Liberáchete da gleba, deixache o terrón e fuche polo mundo.

Agora xa non mungues as vacas, nin podas as viñas, nin inxertas as mazairas.”

A Fronteira Infinda. Celso Emilio Ferreiro

Cadro de Isaac Díaz Pardo

Alumnos e alumnas de 6º de primaria

Page 61: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

A RECICLAXE A reciclaxe é o proceso polo cal se lle dá un uso adicional a certos

produtos (ou partes deles) que chegaron ao fin da súa utilidade. Por

exemplo, dos tapóns de plástico obtense novamente plástico para

facer botellas e outros produtos.

A regra máis importante para coidar o medio ambiente é a dos 3R.

Se seguimos esta regra, tiraremos menos lixo, poderemos aforrar diñeiro e seremos máis

responsables no coidado do medio ambiente. Estes son os 3R:

REDUCIR: tirar menos

REUTILIZAR: gardar e volver utilizar

RECICLAR: converter unha cousa vella nunha nova

Os beneficios da reciclaxe son tanto para os humanos como para o medio ambiente. Cando

reciclamos un envase evitamos que acabe nun vertedoiro fora de control. Reciclar supón:

reducir o consumo e os desperdicios, aforrar recursos naturais, reducir a dependencia que

temos do petróleo, diminuír a contaminación... Estes son só algúns dos beneficios que produce

a reciclaxe.

Podemos reciclar moitas cousas como envases de plástico,

bricks, latas, envases de papel e cartón, vidro, pilas e

baterías, aceite...

Este proceso empeza nas nosas casas ao tirar o lixo no

contedor correspondente. Despois os camións lévano ás

plantas de reciclaxe. Alí, os envases recíclanse e convértense

en nova materia prima coa que se fabricarán novos produtos.

Antón, Marcial e Marcos – 6º A

Page 62: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

PARQUES NATURAIS E NACIONAIS DE GALICIA

Un parque natural é un espazo que goza da categoría de área protexida pola súa riqueza

biolóxica e/ou paisaxística. Este status legal obriga a protexer e conservar a riqueza da súa

flora e da súa fauna. Os parques naturais poden ser marítimos ou terrestres e normalmente son

xestionados polas comunidades autónomas. Os parques naturais acadan a categoría de

nacionais cando polo seu alto valor son considerados como de interese para todo o estado.

En Galicia existen seis parques naturais: o Complexo Dunar de Corrubedo e as lagoas de

Carregal e Vixán, o Monte Aloia, as Fragas do Eume, a Serra do Invernadeiro, a Serra da

Enciña da Lastra e o Parque Natural Baixa-Limia- Serra do Xurés. O único parque nacional co

que contamos é o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Comprende os arquipélagos de Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada. Ten unha extensión de 1.194,8

ha terrestres e 7.285,2 ha de superficie marítima. Foi declarado como tal o 1 de xullo de 2002.

Fauna e flora

Este ecosistema marítimo-terrestre alberga un gran bosque de loureiro, e máis de 200 especies

de algas mariñas. Tamén destaca por ter moluscos, corais e anémonas. En canto a fauna

terrestre, pódense observar gaivotas, patiamarillas, cormoráns moñudos e araos.

Arquipélago das Cíes:

situado na boca da Ría de

Vigo está formado por

tres illas: Monteagudo, O

Faro e San Martiño. As

dúas primeiras unidas por

un longo areal, a Praia de

Rodas. Rodeadas de

augas cristalinas, cun

entorno natural que as

converten nun

observatorio de fauna e

flora único. Pertenecen ao

concello de Vigo. En novembro de 2013 o Concello de Vigo iniciou os trámites para que as

Illas sexan declaradas Patrimonio da Humanidade.

Arquipélago das Ons: situado na boca da Ría de Pontevedra. Composto pola illa de Ons, a

illa de Onza e outros peñascos.

Arquipélago de Cortegada: situado na provincia de Pontevedra, no interior da Ría de Arousa.

Ademais da illa de Cortegada conta con outras menores como as illas Malveiras.

Arquipélago de Sálvora: atópase na bocana da Ría de Arousa e ademais da illa de Sálvora

está composto por illotes como Vionta, Con de Noro, Gaboteira...

Antonio e Manuel – 6º A

Page 63: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

ENTREVISTAMOS Á

ORIENTADORA DO CENTRO

Hoxe, os alumnos de 6º A, queremos coñecer un pouco máis á profesora Nieves, que é a orientadora do noso centro. Día a día está entre nós, non para impartirnos clase, pero si para axudarnos cada vez que temos problemas. P.- Cal é o teu nome completo?

R.- Chámome Nieves Rodríguez Vázquez.

P.- Cal era o teu soño cando eras pequena?

R.- Sempre quixen ser mestra, cando era

pequena encantábame ir á escola cunha

tía miña, que era mestra nun pobo de

Taboadela na que había nenos de todas as

idades, alí xogabamos e eu sempre facía

de mestra.

P.- Eras boa estudante e en que centro

estudaches?

R.- Era moi boa estudante, sempre quitei moi boas notas e sempre sempre me gustou

aprender novas cousas. Estudei no colexio das Carmelitas.

P.- Por que decidiches ser orientadora?

R.- No ano 1998 convocouse un concurso para os departamentos de orientación, eu

cumpría os requisitos que esixían e, como me entusiasman os novos retos,

presenteime a ese concurso e saín elixida.

P.- Que estudos tiveches que facer para selo?

R.-Había que presentar unha licenciatura de pedagoxía, psicoloxía ou psicopedagoxía.

No meu caso presentei a licenciatura en psicopedagoxía.

P.- Sempre traballaches de orientadora nos centros onde estiveches?

R.-Non, empecei sendo mestra de ciencias e matemáticas no ciclo superior de EXB,

despois fun mestra de primaria varios anos e, desde o ano 1998 traballo no

Departamento de Orientación.

P.- Gústache ser orientadora?

R.- Si, moitísimo, encántame. É un traballo apaixonante!.

P.- Que é o que máis che gusta de ser orientadora?

R.- Encántame aprender a resolver cada día novas dificultades, entender o por que de

moitas cousas, saber en que momento debo intervir para previr conflitos. Encántame

traballar cos nenos temas relacionados coa educación emocional, axudalos cando se

atopan en situacións difíciles e guialos para que aprendan a resolver conflitos

positivamente.

Page 64: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

P.- En cantos centros traballaches anteriormente?

R.- Ao longo da miña vida traballei en moitos centros, antes

de estar neste traballei no colexio de Rairiz de Veiga, no da

Ponte de Ourense, no de Seixalvo, en Allariz, en Trives...

P.- Cantos anos levas exercendo de orientadora?

R.-Levo traballando como orientadora desde o ano 1998, é dicir dezaoito anos.

P.-Cántos anos levas neste centro?

R.-Cheguei a este centro en setembro do 2007, no ano en que vós empezabades

educación infantil

P.- En que consiste o teu traballo como orientadora?

R.-O meu traballo está relacionado con toda a Comunidade Educativa. Entre as tarefas

que debo desenvolver destaco:

Colaborar na prevención e detección de problemas de aprendizaxe.

Facer avaliacións psicopedagóxicas e coordinar cos mestres diferentes plans de traballo

para o alumnado que precisa medidas de atención educativa.

Participar na elaboración e desenvolvemento das adaptacións curriculares.

Asesorar, proporcionar recursos a mestres e pais.

Asesorar ás familias no labor educativo...

Colaborar con outras institucións como os Servizos Sociais, Atención Temperá, Saúde

Mental...

P.- Hai moitos casos con problemas neste

centro?

R.- Este centro, como outros moitos,

reflicte as problemáticas sociais,

económicas e persoais que atopamos

na sociedade. Vivimos momentos

difíciles e cada vez atopámonos con

máis alumnado que vive situacións

problemáticas que repercuten na

situación escolar.

P.- De non ser orientadora, que che gustaría

ser?

R.- Unha profesión relacionada coa ensinanza.

P.- De impartir clases, que materia che gustaría dar?

R.- Todas as materias relacionadas coas ciencias e as matemáticas.

P.- Ao saír do colexio, a que dedicas o teu tempo libre?

R.- Encántame camiñar, ler, facer encrucillados e por riba de todo manter longas

conversas cos amigos tomando un rico café.

P.- Teño entendido que traballas en dous centros, preferirías traballar só nun?

R.- Non, é moi enriquecedor para min traballar en dous centros tan diferentes.

Page 65: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

P.-No centro CEE. O Pino, cantos alumnos hai?, as súas

problemáticas son moi diferentes comparadas coas dos nenos

do noso centro?

R.- Ese centro, polo que me preguntades, ten

escolarizados vinte nenos de idades comprendidas entre

os dezaseis e os vinteún anos, que presentan unhas

problemáticas totalmente diferentes ás que poidan ter os

nenos deste centro.

P.- Estás dacordo co uso das novas tecnoloxías na educación?

R.- Si, paréceme que son unhas ferramentas moi útiles e

imprescindibles na educación actual.

P.- Tendo en conta a evolución do ensino, que diferenza hai entre a educación de fai anos e a

de agora?

R.- Antes tiñamos unha educación máis memorística, traballabamos principalmente co

lapis e os cadernos. Na miña época era selectiva, non todos estudaban bacharelato xa

que os únicos centros para estudalo estaban nas cidades. Os nenos que seguían nas

escolas dos pobos só podían acadar o certificado de estudos primarios para acceder ao

mundo laboral.

P.-Que mellorarías na educación?

R.- Gustaríame unha educación na que o neno construíra a súa aprendizaxe mediante a

busca da información aplicando as novas tecnoloxías, relacionando e expoñendo os

contidos.

Debemos darlle máis importancia a educación emocional, estamos primando máis a

formación académica sen ter en conta a situación persoal do alumnado.

Debemos buscar unha educación na que non esteamos atados á liña marcada polos

libros de texto e a escravitude do número de temas por avaliación para acabar o libro.

En todos os cursos damos os mesmos temas, un pouco máis ampliados, e os nenos

perden a capacidade da curiosidade, que é o motor de queres saber máis e aprender

cousas novas.

Queremos darlle as grazas á profesora polo tempo que nos dedicou, e agradecerlle a axuda

prestada a cada un de nós ao longo do noso paso por este centro.

Alumnos e alumnas de 6º A

Page 66: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Buscamos e debuxamos aos malos dos contos

do mestre Xosé Carlos coa técnica do camishibai

Encantáronos as sesións de Contacontos

Page 67: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Que medo pasamos cando Isamar nos leu o seu conto: Narigota e os

monstros!

Mario Vázquez, Isamar lamelas, Rosana Fernández e Ariadne

Franco deleitáronos coas súas Historias de PAZ.

Page 68: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Para celebrar o día do Libro Lola, Adela e Miguel contáronos Historias

do Quixote

Que ben o pasamos no obradoiro de decoración de cabazas!

Page 69: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

CONCURSO : CONTOS DE MEDO

Narigota, unha pinga de auga, foi a protagonista. Houbo unha gran

participación.

Conto elaborado polos nenos de 6º de infantil

Page 70: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

O conto que fixeron os nenos de 1º de Primaria é moi interesante

Page 71: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Estes contos escribíronos nenos/as de 3º e 4º de EP

Page 72: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 73: Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Page 74: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

PREMIO NO CONCURSO CARTAS AO APALPADOR

Os nenos/nenas participaron no concurso Cartas ao Apalpador.

Recibimos a grata noticia de que a carta escrita por Miguel Vázquez,

alumno de 4º B, resultou gañadora. Recibiu agasallos...

É unha carta moi agarimosa:

Page 75: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

FEBREIRO: MES DA POESÍA, MES DE

ROSALÍA

Os nenos máis pequenos copiaron e ilustraron poesías de Rosalía

Page 76: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Os nenos e nenas dos cursos superiores elaboraron fermosas

poesías. Estas son algunhas delas

Page 77: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

APADRIÑAMENTO LECTOR

Co gallo do Día Internacional do Libro realizamos a III edición do

Apadriñamento Lector . Os “padriños e madriñas” (nenos/nenas

a partir de 3º de Primaria) levaron ao patio aos seus “afillados e

afilladas” ( os nenos/as de infantil e primeiros cursos de Primaria)

para lerlles un libro que seleccionaran previamente

Page 78: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Vivimos nunha sociedade moi

competitiva na que parece que

nada é suficiente e na que

todos temos a sensación de

que enseguida quedamos

desfasados, sendo varridos

constantemente polos novos

adiantos.

Por todo iso, nas últimas

décadas moitos pais e nais

asumiron un novo modelo de

educación sustentado na

hiperpaternidade. Trátase de

pais/nais que desexan que os

seus fillos estean preparados

para a vida, pero non no

sentido máis amplo do termo

senón no máis restrinxido:

queren que os seus fillos teñan os

coñecementos e as habilidades

necesarias para conseguir unha

magnífica profesión, obter un bo

traballo e gañar moitos cartos.

Estes pais/nais perseguen unha

única meta: que os seus fillos

sexan os mellores.

Para logralo, non dubidan en

apuntalos en múltiples actividades

extraescolares, facilitarlles o

camiño ata límites inverosímiles e,

por suposto, empurralos ao éxito a

calquera custo. E o peor de todo é

que eles están convencidos de que

o fan "polo seu ben".

Mira fillo, os luns ao sair da escola tes inglés e

karate, os martes guitarra e xadrez, os mércores

fútbol e teatro, os xoves inglés e piano, os venres

fútbol e ioga, os sábados…

Cando podo xogar contigo?

Xa o farás… Debes

aprender, é polo teu

ben!!

Page 79: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

O principal problema deste modelo educativo é que lles engade unha presión

innecesaria aos nenos, unha presión que acaba roubándolles a súa infancia e

crea adultos emocionalmente rotos.

Esta presión innecesaria

róubanos a nosa infancia

Os nenos debemos aprender de

maneira divertida, temos dereito a

equivocarnos, a perder o tempo

deixando voar a nosa

imaxinación, a xogar con outros

nenos... Pretender que sexamos

os mellores obríganos a estar

sometidos a unha presión que non

é necesaria. Esta forma de educar

róubanos a infancia.

Provoca unha perda da nosa

motivación intrínseca

Cando os nosos pais atenden só aos

resultados sen ter en conta o noso

esforzo, perdemos a nosa

motivación intrínseca, pois

entendemos que se valora máis

mais importante a nota acadada que

o que realmente logramos aprender.

Fomenta en nós o medo ao fracaso e xera unha perda de autoestima

O medo ao fracaso é unha das sensacións máis limitadoras que podemos

experimentar. Empurrarnos desde moi pequenos cara ao éxito só serve para que

medre en nós o medo ao fracaso impedindo que nos convertamos en adultos

independentes e emprendedores. Os nenos que medramos coa idea de acadar a

perfección corremos o risco de ser adultos moi inseguros e cunha baixa autoestima.

Page 80: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

OS PAIS/NAIS

DEBEMOS

RECORDAR :

Que cada neno aprende ao seu ritmo e que non debemos

confundir a estimulación coa presión que o oprime.

Que un factor que inflúe moito no rendemento académico

infantil é que os pais lles lean, que lles dediquen un tempo

cada noite para comezar xuntos a paixón pola lectura.

Que a felicidade dun neno non se mide coas cualificacións

que acada.

Que os nenos mais que xoguetes precisan unha vida

sinxela e despreocupada e tempo para estar coas seus

pais.

Que os nenos precisan liberdade para explorar todo e

decidir por eles mesmos o que lles gusta e o que os fai

felices

Page 81: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

-.

Departamento de Orientación

NÓS NECESITAMOS SABER :

Que nos queredes de forma incondicional sen

importar os erros que poidamos cometer.

Que nos protexeredes e apoiaredes sempre que

poidades.

Que podemos elixir o que máis nos guste, sen

importar de que se trate.

Que podemos deixar voar a nosa imaxinación e

no noso tempo libre podemos xogar ou facer o

que nos apetece.

Que somos unhas persoas especiais para vós,

que merecemos respecto e que debemos

respectar os dereitos dos demais.

Page 82: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Un ano máis facemos un pequeño resumo das actividades realizadas ao longo deste curso 2015/2016. Comezamos con …

Animación á lectura...

CONTACONTOS CON KAMISHIBAI Día das bibliotecas escolares

Ed. Infantil e 1º EP (24-10-2015) (na biblioteca do centro)

DÁLLE FORMA AOS TEUS CONTOS XXVII Campaña de Animación á Lectura do

Concello de Ourense Ed. Infantil (9-02-2016) (na biblioteca do centro)

ENCONTROS CO AUTOR: ÉRICA ESMORÍS

6º de EP (29-03-2016) (na Escola de Teatro Municipal)

CONTOS CON PISTA Contacontos de Raquel Queizás

2º, 3º, 5º e 6º de EP (18-04-2016) (no salón de actos do centro)

III APADRIÑAMENTO LECTOR Día Internacional do Libro

Todo o alumnado (25-04-2016) (nos espazos exteriores do centro)

SABOREANDO AS LETRAS Exposición de Animación á Lectura

Ed. Infantil (27-05-2016) (no Museo Municipal)

Page 83: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

SESIÓNS DE CONTACONTOS Alumnos/as de 4º EP leron con-

tos aos nenos/as de Ed. Infantil e 1º EP en varias sesións ao longo

do curso (na biblioteca do

centro)

Actividades musicais…

CONCERTO DE INAUGURACIÓN CURSO 2015-16 5º de EP (14-09-2015)

(na Praza de San Martiño)

COUSAS DE CATRO 3º e 4º de EP (11-02-2016)

(no Auditorio Municipal)

15 PRIMAVERAS Mamá Cabra Ed. Infantil (20-05-2016) (no Auditorio Municipal)

… de danza

EN ESCENA: DANZA CONTEMPORÁNEA + OBRADOIRO Compañía de Danza Sólodos 5º e 6º de EP (04-11-2016)

(na Escola Municipal de Artes Escénicas)

SESIÓN DE CONTACONTOS CON SABELA

Ed. Infantil e 1º, 2º EP (02-06-2016) (na biblioteca do centro)

Page 84: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Actividades de teatro, cine, monicreques…

NANA PARA UN SOLDADO

3º e 4º de EP (04-11-2015) (no Auditorio Municipal)

MAIMIÑO E O ESPELLO MÁXICO 2º e 3º de EP (17-11-2015)

(no Auditorio Municipal )

LA GUERRA DE TROYA 5º e 6º de EP (24-11-2015)

(no Auditorio Municipal)

LÍO EN LA GRANJA 2º EP (15-12-2015)

(no Auditorio Municipal)

AURORA 5º e 6º de EI (16-02-2016)

(no Auditorio Municipal)

E tamén teatro en inglés

ALICE 5º e 6º de EP (18-01– 2016)

(no Auditorio Municipal)

Page 85: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

THREE LITTLE PIGS 5º e 6º de EI (24-05-2016)

(no Auditorio Municipal)

ROBIN HOOD 3º e 4º EP (23-05-2016) (no Auditorio Municipal)

Actividades relacionadas co medio ambiente e o seu coidado...

VISITA DO SEPRONA Ed. Infantil (18-11-2015)

(no centro)

TALLERES PLAYENERGY 3º e 4º de EP (16-12-2015)

(no centro)

TI RECICLAS, OURENSE GAÑA 5º e 6º de EP (07-03-2016)

(no centro) VISITA Á ETAP 5º e 6º de EP (27-04-2016)

(estación de tratamento de augas potables en Ourense)

PROTEXENDO O CAMIÑO 1º, 2º e 3º de EP (24-09-2015)

(no centro)

VISITA DA PATRULLA CALLEJERA (protectora de animais)

6º EI (23-05-2016) (no centro)

Page 86: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Actividades relacionadas con hábitos saudables…

VISITA O TEU SUPER 6º de EP (23-09-2015)

(no centro e no supermercado Eroski)

VISITA DE CARDIO Ed. Infantil e 1º de EP (04-05-2016)

(no centro)

OBRADOIRO DE FROITAS 1º de EP (12-05-2016)

(no centro)

OBRADOIRO DE MINIPIZZAS 4º EI e 2º A EP (18-05-2016)

(no centro)

DÍA DO DEPORTE Todos os cursos (19-04-2016)

(no centro) AULA CICLISTA

3º, 4º, 5º e 6º de EP (20-05-2016) (no centro)

Page 87: Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Actividades relacionadas coas novas tecnoloxías …

PLAN DIRECTOR: SEGURIDADE EN INTERNET 5º e 6º de EP (06-10-2015)

(no centro)

NAVEGA CON RUMBO POLA REDE 5º e 6º de EP (30-05-2016)

(no centro)

VISITA MUSEOS CORUÑESES 5º e 6º de EP (03-06-2016)

VISITAMOS MARCELLE 6º de EI (03-06-2016)

E excursións de final de curso… e de etapa...

XORNAL ESCOLAR Alumnado de todos os cursos /

Gravación no centro (12-04-2016) 4º de EP (18-04-2016)

Gravación no estudio de Telemiño

coa televisión ... sen olvidar as nosas tradicións...

OBRADOIROS DE PAN DE MULLO 5º e 6º de EI, 1º e 2º de EP (24-02, 02-03-2016)

(no centro)

Page 88: Revista o formigueiro curso 2016 versión final