Órgano de comunicación do S. N. de CCOO CCOO propón un ... · a necesidade dun plan para o...

5
www.ccoo.gal Órgano de comunicación do S. N. de CCOO 07/20 MAIO CCOO propón un plan para a recuperación de Galicia CCOO propón un plan para a recuperación de Galicia

Transcript of Órgano de comunicación do S. N. de CCOO CCOO propón un ... · a necesidade dun plan para o...

Page 1: Órgano de comunicación do S. N. de CCOO CCOO propón un ... · a necesidade dun plan para o desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia —especialmente no sector eólico—

www.ccoo.gal

Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

07

/20

M

AIO

CCOO propón

un plan para

a recuperación

de Galicia

CCOO propón

un plan para

a recuperación

de Galicia

Page 2: Órgano de comunicación do S. N. de CCOO CCOO propón un ... · a necesidade dun plan para o desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia —especialmente no sector eólico—

www.ccoo.gal

2

Unha representación do Sindicato Nacional de Comi-sións Obreiras de Galicia reuniuse o mércores 13 de maiopor videoconferencia co presidente da Xunta, AlbertoNúñez Feijóo, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martí-nez, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria,Francisco Conde. Por parte de CCOO participaron o se-cretario xeral, Ramón Sarmiento, a coordinadora da ÁreaPública, Emilia Lamas, o secretario xeral da Federaciónde Industria, Víctor Ledo, e a secretaria xeral da Federa-ción de Servizos, Lucía Trenor.Nesta xuntanza, CCOO propuxo, entre outras cuestións,

un Plan para a recuperación social e económica de Ga-licia, que debe implicar a redefinición do Plan Estratéxicode Galicia 2021-2030.En opinión de CCOO, a crise provocada pola emerxen-

cia sanitaria do coronavirus ten un impacto non previstohai tan só dous meses cando finalizaba o proceso de con-sultas do Plan estratéxico, co que se pretendía definir asliñas de referencia para a próxima década.CCOO propón a apertura dun proceso extraordinario

de concertación no que se convoque o conxunto das or-ganizacións sindicais máis representativas, a patronal ga-lega, todos os partidos políticos presentes no Parlamen-to e representantes das Administracións provinciais e mu-nicipais.

Sectores en problemasO contexto actual en Galicia superponse a unha situación

especialmente delicada en diversos ámbitos industriaiscomo o aluminio, o naval, o termoeléctrico, o pasteiro ouo binomio mar-industria, «nos que cómpre adoptar deci-sións con urxencia», apunta o secretario xeral de CCOO,Ramón Sarmiento. Así mesmo, esta crise demostrou queé preciso «articular respostas amplas que faciliten o cambioa un modelo produtivo máis sostible», sinala o dirixentesindical.Para CCOO, faise imprescindible reformular e reforzar as

respostas nos ámbitos da saúde —sobre todo na atenciónprimaria—, na dependencia e nos servizos sociais, au-mentando a dotación de recursos. No ámbito educativo,a capacidade de integración do noso modelo está seria-

Plan para a recuperaciónsocial e económicade Galicia

Plan para a recuperaciónsocial e económicade Galicia

mente deteriorada e débese iniciar xa o diálogo necesariocoa comunidade educativa de cara ao vindeiro curso.Os desafíos no turismo, no comercio ou na hostalaría

esixen a predisposición para promover unha resposta depaís. Necesitamos que progresivamente se recupere anormalidade e a capacidade de crecemento económicocunha repartición máis xusta, impulsando a mellora doemprego e a loita contra a precariedade. Un proceso que,necesariamente, debe ser inclusivo nos ámbitos da dixi-talización e da transición tecnolóxica, cunha respostatransversal ao cambio climático.

CCOO propón a apertura dun pro-ceso extraordinario de concerta-ción, xa que esta crise ten unimpacto non previsto

Carta remitida a Feijóo o pasado 20 de abrilsolicitando a reunión que finalmente tivo lugar en maio

Page 3: Órgano de comunicación do S. N. de CCOO CCOO propón un ... · a necesidade dun plan para o desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia —especialmente no sector eólico—

3

www.ccoo.gal

Na videoconferencia coa Xunta de Galicia, CCOO tratoucinco cuestións principais:1. Acordos do diálogo social 2019. Reclamamos a súa

execución, incluíndo as achegas asumidas na xun-tanza do pasado 22 de abril.

2. Acordos laborais nos ámbitos da Xunta. Execución dos acordos de estabilización e consolidación 2020 e anticipación da oferta de emprego público 2021, para dar resposta á necesidade de reforzar os ser-vizos públicos e a xeración de emprego.

3. Liberalización de horarios comerciais. Reverter a norma aprobada ao inicio da crise sanitaria.

4. Axuda extraordinaria para a conciliación, segundo propuxemos o pasado 20 de marzo no ámbito da Comisión de seguimento laboral da COVID-19.

5. Proposta para promover a negociación dun Plan de recuperación social e económica.

Situación nos diferentes sectoresDespois da exposición inicial do secretario xeral, a respon-

sable da Área Pública, a secretaria xeral de CCOO-Servizos eo secretario xeral de CCOO-Industria ampliaron detallessobre os aspectos que afectaban aos seus sectores.Víctor Ledo referiu a necesidade de dispor dunha posición

común galega para dar resposta aos problemas no sectordo aluminio. Por iso, pediu que a Xunta apoie a proposta dosindicato e do comité de Alu Ibérica, que o Goberno galegoinste o Ministerio de Industria a intervir ante a actual situaciónda empresa, que se aprobe a declaración de impacto am-biental solicitada por Alcoa en San Cibrao e que a Xunta par-ticipe no financiamento da incorporación do gas ao sistemaprodutivo desta factoría. Tamén lembrou o compromiso in-cumprido de constituír unha mesa do sector naval privado,a necesidade dun plan para o desenvolvemento das enerxíasrenovables en Galicia —especialmente no sector eólico— eesixiu a participación do Goberno galego nos plans de tran-sición das térmicas de Meirama e das Pontes.Lucía Trenor expuxo a necesidade de participación sindical

tanto na análise como na elaboración de alternativas futuraspara sectores como o comercio, o turismo ou a hostalería—moi prexudicados neste momento e con déficits estrutu-rais— para planificar unha resposta a medio e longo prazo.Reiterou a solicitude de derrogación da lei de liberdade ho-

raria que a Xunta promoveu ao amparo da declaración deemerxencia e sinalou que os sectores tradicionais debenfacer unha aposta tecnolóxica para situárense na vangardada dixitalización.Emilia Lamas pediu unha interlocución axeitada no ámbito

sanitario, tanto coa Consellaría de Sanidade como coas deEducación e Política Social. Tamén manifestou a necesidadede reforzar os servizos públicos para que, a maiores do cum-primento dos acordos de 2020, se dea unha resposta á gravetendencia que reflicte a EPA. Para isto, solicitou o inicio dasnegociacións para un terceiro acordo que anticipe a ofertade emprego público do ano 2021. Tamén reafirmou a nece-sidade de dispoñer dun plan integral de dixitalización e dunplan para o conxunto da Administración que planifique a res-posta ante un posible rebrote da pandemia.

Resposta da Xunta de GaliciaO presidente da Xunta coincidiu con CCOO na necesidade

de que Galicia conte cun plan para o medio e o longo prazo,pero manifestou que a situación preelectoral complica as po-sibilidades de explorar respostas consensuadas. Malia todo,sinalou que a curto prazo sería oportuno chegar a posiciónscompartidas con CCOO nos ámbitos industrial, turístico, docomercio e do emprego público, especialmente no sanitario.

Resumo da reunióncoa Xunta de GaliciaResumo da reunióncoa Xunta de Galicia

A Xunta derroga a liberdade de horariosUnha das primeiras consecuencias desta reunión chegou

só tres días despois, co anuncio, por parte da Xunta, de quederrogaba a liberdade de horarios para os establecementosde primeira necesidade. Deste xeito, volven estar reguladospola Lei 13/2006 de horarios comerciais de Galicia.

Page 4: Órgano de comunicación do S. N. de CCOO CCOO propón un ... · a necesidade dun plan para o desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia —especialmente no sector eólico—

www.ccoo.gal

4

Atendemos 28000 consultasdurante o estado de alarmaAtendemos 28000 consultasdurante o estado de alarma

Entre o 14 de marzo e o 14 de maio, o Sindicato Nacionalde CCOO de Galicia atendeu unhas 28 000 consultas. A maiorparte foron de afiliados e afiliadas, pero unha porcentaxe con-siderable (20 %) procederon de persoas sen vínculo previoco sindicato, o que «demostra que somos unha ferramentaútil para toda a clase traballadora», sinala o secretario xeral,Ramón Sarmiento.Polo tipo de consulta, a maioría (86 %) tiveron relación di-

recta ou indirecta coa COVID-19 e só un 14 % se referiron aoutro tipo de cuestións.Do total de consultas atendidas por CCOO durante o estado

de alarma, case a cuarta parte (o 24 %, unhas 6700) versaronsobre os expedientes de regulación temporal de emprego(ERTE). «Cómpre apuntar que máis de 200 000 galegos e ga-legas foron incluídos nun ERTE nos últimos dous meses», si-nala Sarmiento.

Os restantes temas atendidos por CCOO foron sobre a pre-vención de riscos laborais (19 %), as incapacidades tempo-rais derivadas da COVID-19 (13 %), os diferentes tipos deprestación a que se ten dereito debido a esta crise sanitaria(12 %), a conciliación da vida familiar e laboral (10 %) e osdespedimentos (8 %).

Implicación de toda a organizaciónO secretario xeral de CCOO salienta que toda a organización

«se implicou e multiplicou» para afrontar «con garantías» osretos impostos por esta crise sanitaria, ata o punto de quecada delegado e cada delegada «se reconverteu axiña en de-legado ou delegada de prevención, en experto na negociacióndun ERTE e en referencia na súa empresa ou centro de traba-llo. Nisto consiste a grandeza do noso sindicato: nas persoasque fan parte del».

Page 5: Órgano de comunicación do S. N. de CCOO CCOO propón un ... · a necesidade dun plan para o desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia —especialmente no sector eólico—

5

www.ccoo.gal

Co inicio das fases de desescalada propostas polo Go-berno do Estado, CCOO retoma a actividade presencialnos locais e nas empresas, pero coa obriga de combinaro seguimento estrito das recomendacións das autorida-des sanitarias coa nosa actividade sindical. Deste xeito,cómpre xuntar na mesma ecuación seguridade, traballoe acción sindical.Cada unha as unións comarcais de CCOO de Galicia es-

tableceu as normas de utilización de espazos comúns edas salas de xuntanzas, así como os criterios de circula-ción polos locais, límites de acceso, etc., co fin de garan-tir a ocupación de só un terzo da súa capacidade.A partir de agora, para a atención presencial nos locais

é imprescindible acudir con cita previa que se concertarátelefonicamente —na web www.ccoo.gal están dispoñi-bles os teléfonos de contacto dos nosos locais—. As medidas de prevención que se adoptan son a coloca-

ción de anteparos para a atención ao público e indicadoresvisuais para asegurar unha separación mínima de dous me-tros entre as persoas. Para reforzar a seguridade, non se

permite utilizar os corredores como zonas de espera, ex-cepto o regulado para a zona de asesoría xurídica e de-claración da renda.Tamén se recomenda o uso das escaleiras, sempre coa

debida separación entre persoas. No caso de uso do as-censor, debe ser sempre individual, permitíndose só queo usen dúas persoas nos que teñan unha superficie demáis de dous metros cadrados.

CCOO recomenda as consultas telemáticasAs principais medidas están resumidas en pictogramas

de doada comprensión que se atopan na entrada de cadaun dos locais de CCOO en Galicia. Sexa como for, reco-mendamos o uso da vía telemática como medio de con-tacto preferente, sempre que sexa posible, ben a travésdos teléfonos de contacto, ben mediante o formulario decontacto habilitado (i.gal/contactaCCOO).Por último, é posible que estas indicacións sufran alte-

racións en virtude dos cambios normativos que se vaiansucedendo ou en función da evolución da pandemia.

A «nova normalidade»para a atención presencialA «nova normalidade»para a atención presencial