RIBEIRA SACRA - Diario de Lemos · A fábrica da luz do río Mao Parada de Sil ... Festa dos...

27
RIBEIRA SACRA BEN DE INTERESE CULTURAL DE GALICIA

Transcript of RIBEIRA SACRA - Diario de Lemos · A fábrica da luz do río Mao Parada de Sil ... Festa dos...

RIBEIRA SACRABEN DE INTERESE CULTURAL

DE GALICIA

!2

RIBEIRA SACRA

~

Valor sobranceiro e máximo nivel de protección

A Ribeira Sacra evolucionou nos últimos anos na confirmación da súa identidade. Trátase dun expoñente máximo da relación entre home e natureza, dunha paisaxe viva que precisaba de ser recoñecida e protexida en toda a súa complexidade.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou o xoves 27 de decembro de 2018, coincidindo co fin do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, o decreto polo que se declara Ben de Interese Cultural (BIC) a paisaxe cultural da Ribeira Sacra, quedando así acreditado o valor sobranceiro e o máximo nivel de protección para este ben que opta a ser incluído na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.

‣ Cando se incoou o expediente o día 21 de decembro de 2017 (DOG 27-12-2017), o Goberno galego marcouse a data de finais de 2018 como meta para a declaración, o que supoñía acurtar un ano o prazo máximo para resolver o expediente

‣ A Xunta de Galicia cumpriu e logrouse a declaración coas máximas garantías e no prazo de tempo máis curto posible

‣ A declaración BIC é un paso clave para acadar a declaración da paisaxe cultural da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da UNESCO

Cronograma Alto nivel de esixencia e rigor

O procedemento Alegacións

PARA ACADAR A MÁXIMA PARTICIPACIÓN E CONSENSO AMPLIOUSE O PRAZO DE EXPOSICIÓN PÚBLICA DE 1 MES A 4 MESES E 10 DÍAS

Neste tempo presentáronse 30 informes ou alegacións.

Nº Porcentaxe

INFORMES 1 3,33 %

ALEGACIÓNS 29 96,66 %

ALEGACIÓNS ESTIMADAS 16 53,33 %

ESTIMADAS PARCIAIS 7 23,33 %

ESTIMADAS (TOTAL OU PARCIAL) 23 80 %

DESESTIMADAS 6 20 %

Este proceso permitiu mellorar e completar o expediente en aspectos significativos relativos á toponimia ou o patrimonio fluvial. Incluíronse de xeito adicional diversos elementos da arquitectura defensiva e un fito singular do patrimonio inmaterial como é o Folión de Carros chantadino.

INTERESE CULTURALO expediente recibiu informes do Consello da Cultura Galega e Real Academia Galega de Belas Artes, ambos en sentido favorable ao interese cultural sobranceiro da paisaxe cultural.

O procedemento Informes consultivos

Propóñense os límites da Paisaxe Cultural Ribeira Sacra como BIC cun trazado que nace do espazo das ribeiras do Miño e o Sil no seu punto de encontro:

• O Norte: o canón do Miño limitado pola presa de Belesar, cosendo as parroquias de Rebordaos en O Saviñao, e Pesqueiras en Chantada

• O Sueste: o canón do Sil limitado polas parroquias de Vilachá en Pobra do Brollón, e Torbeo en Ribas de Sil

• Os límites restantes veñen definidos pola liña de borde da Bocarribeira (concepto de Otero Pedrayo que acollen os socalcos)

Dentro desta área, sinálanse tamén os BIC existentes e outros elementos para os que se propón o recoñecemento por completar o seu valor cultural.

Ademais desta área, inclúense fitos exteriores ou “BIC’s integrantes da paisaxe cultural”, que contribúen a definir os valores extraordinarios da Ribeira Sacra.

Como medida complementaria, proponse unha área de amortecemento, que non terá a consideración de BIC.

Delimitación Paisaxe cultural

ÁREA D.O. RIBEIRA SACRA

BIC RIBEIRA SACRA

Anexo VII.2 | Características xerais da delimitación

ÁREA DELIMITADA TOTAL SUPERFICIE INDIVIDUAL (ha) SUPERFICIE TOTAL (ha)

PAISAXE CULTURALBIC 16.447

17.973EXOÁMBITOS 1.526

ZONA DE AMORTECEMENTO 31.979 31.979

ÁREA DE ESTUDIO 298.614 298.614

PERÍMETRO DELIMITADO KM KM TOTAIS

PAISAXE CULTURALBIC 273

341EXOÁMBITOS 68

ZONA DE AMORTECEMENTO 204 204

MEDIDAS INTERNAS KMKM TOTAIS

MIN. MIN.

BIC 55 1 6

ZONA DE AMORTECEMENTO 58 3 15

ENTIDADES CONCELLOS PARROQUIAS NÚCLEOS

BIC22 76

167

ZONA DE AMORTECEMENTO 456

0

225

450

675

900

D.O. Ribeira Sacra BIC Ribeira Sacra BIC Camiños do Norte BIC Camiño Francés AEIP concorrentes co BIC

1812242220 166,83102,08

169,93179,73

878,68

Km2Concellos

Só supón 12,9 km máis dos que xa teñen fixada unha protección medioambiental

Comparativa Superficies e concellos

BIC INMOBLES

Elementos singulares con protección BIC

Denominación Concello

Mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Sil Nogueira de Ramuín

Mosteiro de San Pedro de Rocas Esgos

Igrexa de San Nicolao de Portomarín Portomarín

Igrexa e reitoral de San Paio de Diomondi O Saviñao

Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño O Saviñao

Ponte Bibei Quiroga | A Pobra de Trives

Núcleo antigo de Portomarín (asolagado) Portomarín

Igrexa de San Xoán da Cova Carballedo

Igrexa de Santa María de Pesqueiras Chantada

Igrexa de Santo Estevo de Chouzán Carballedo

Mosteiro de Santa María de Montederramo Montederramo

Igrexa de San Miguel de Eiré Pantón

Conxunto histórico de Monforte de Lemos Monforte de Lemos

Igrexa de San Pedro de Bembibre Taboada

Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón Pantón

Igrexa de Santo Estevo de Atán Pantón

BIC INMOBLES

Elementos singulares con protección BIC

Denominación Concello

Casa forte de San Salvador de Moreda Monforte de Lemos

Casa forte da Bastida Pantón

Castelo de Ferreira ou de Maside Pantón

Castelo de Torrenovaes ou de Sequeiros Quiroga

Torre da Candaira O Saviñao

Casa forte de Moreda en Vilaescura Sober

Casa forte de Santa Mariña de Moreda Taboada

Fortaleza de Castro Caldelas Castro Caldelas

Castelo da Peroxa A Peroxa

Lugar da fortaleza de Fontearcada A Peroxa

Casa forte de Cinconogueiras A Peroxa

Conxunto histórico de Castro Caldelas Castro Caldelas

Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil Parada de Sil

Adegas de Vilachá A Pobra do Brollón

Penalonga ou Cidadela de Santa María A Pobra de Trives

Igrexa de Santa María de Temes Carballedo

Capela da Pena ou do Poboado dos Peares Carballedo

Mosteiro de San Paio de Abeleda Castro Caldelas

Denominación Concello

Igrexa de San Fiz de Cangas Pantón

Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo Xunqueira de Espadanedo

Igrexa de San Facundo de Ribas de Miño Paradela

Lugar da torre de San Román de Campos Carballedo

Torre da Grixoá Carballedo

Lugar da torre do Pacio de Líncora Chantada

Torre de Arcos Chantada

Lugar da torre de Vilar de Eiriz Chantada

Lugar da fortaleza de Pereira Chantada

Lugar da torre de Vilaúxe Chantada

Fortaleza de Monforte de Lemos Monforte de Lemos

BIC INMOBLES

Elementos singulares con protección BIC

Denominación ConcelloIgrexa de Santa María de Nogueira de Miño Chantada

Edificio de oficinas do encoro de Belesar Chantada

Mosteiro de San Salvador de Asma Chantada

Pazo de Tor Monforte de Lemos

Santuario da virxe de Guadalupe O Saviñao

Igrexa de Santa María de Seteventos O Saviñao

Igrexa e reitoral de San Vicenzo de Pombeiro Pantón

A fábrica da luz do río Mao Parada de Sil

Necrópole de San Vítor de Barxacova Parada de Sil

Capela de Santa María de Loio e necrópole do antigo mosteiro Paradela

Poboado dos Covallos Quiroga

Explotación mineira de Montefurado Quiroga

Muíño do Xábrega ou dos Chancís Sober

Elementos singulares con protección BIC

BIC MOBLES

Denominación Orixe

Crismón de Quiroga A Ermida (Quiroga)

Lauda fundacional de San Pedro de Rocas Rocas (Esgos)

Pé de altar de San Pedro de Rocas Rocas (Esgos)

BIC INMATERIAIS

Denominación Organización

Festa dos Fachós de Castro Caldelas Concello de Castro Caldelas

Folión de Fachas de Vilelos Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos

Queima das Fachas de Castelo Asociación Cultural As Fachas

Entroido de Santiago de Arriba Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao

Entroido de Salcedo Asociación Cultural-Etnográfica Felos e Madamas de Esgos

Entroido de Esgos Asociación Cultural-Etnográfica Felos e Madamas de Esgos

Olaría de Gundivós Centro Oleiro de Gundivós Elías González

Olaría de Niñodaguia Asociación de Amigos do Barro de

Niñodaguia. Alfarería de Agustín e José Vázquez

Folión de Carros de Chantada Asociación Amigos do Folión

ZONA BIC

ZONA DE AMORTECEMENTO

INTEGRANTES DA PAISAXE CULTURAL

NO TERRITORIO

A PEROXA (OURENSE)

A POBRA DE TRIVES (OURENSE)

A POBRA DE BROLLÓN (LUGO)

A TEIXEIRA (OURENSE)

CARBALLEDO (LUGO)

CASTRO CALDELAS (OURENSE)

CHANTADA (LUGO)

ESGOS (OURENSE)

MONFORTE DE LEMOS (LUGO)

MONTEDERRAMO (OURENSE)

NOGUEIRA DE RAMUÍN (OURENSE)

Alcance da declaración

ZONA BIC

ZONA DE AMORTECEMENTO

INTEGRANTES DA PAISAXE CULTURAL

NO TERRITORIO

O SAVIÑAO (LUGO)

PANTÓN (LUGO)

PARADA DE SIL (OURENSE)

PARADELA (LUGO)

PORTOMARÍN (LUGO)

QUIROGA (LUGO)

RIBAS DE SIL (LUGO)

SAN XOÁN DE RÍO (OURENSE)

SOBER (LUGO)

TABOADA (LUGO)

XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO (OURENSE)

Alcance da declaración

Recóllese a definición da figura e categoría de paisaxe cultural tanto dende os aspectos das recomendación e convenios internacionais como da normativa vixente.

Tamén se inclúe unha análise polo miúdo do período de exposición pública, das alegacións, do seu contido, da resposta da DXPC e dos informes dos consultivos.

Faise finalmente o encaixe no articulado da normativa vixente e unha síntese dos valores culturais identificados.

A proposta do decreto recolle na exposición de motivos, a parte dispositiva e sete anexos o recoñecemento do valor cultural e o réxime de protección así como a identificación dos bens asociados e a delimitación.

Proposta de decreto

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

ANEXO II

512 bens inmobles CATALOGADOS no ámbito da paisaxe cultural da Ribeira Sacra (zona BIC e Amortecemento)

ANEXO I

70 bens de interese cultural no territorio dos 22 concellos.

58 Inmobles nas diferentes categorías de Monumento, Zona arqueolóxica, conxunto histórico e lugar de valor etnolóxicos; 3 bens mobles e 9 manifestacións do patrimonio inmaterial. Con respecto á incoación incluíronse varias torres ou lugares arqueolóxicos como o propio núcleo vello de Portomarín, así como o Folión de Carros de Chantada.

ANEXO III

634 bens inmobles CATALOGADOS en todo o territorio da Ribeira Sacra (conxunto dos 22 concellos representados desde a zona de amortecemento ao límite parroquial) de carácter sacro (Igrexas, capelas, ermidas, priorados, cruceiros e petos de ánimas, así como casas reitorais e necrópoles medievais)

Anexos I a III

MÁIS DE 1200 BENS SINGULARES

ANEXO I BENS INMOBLES

BENS MOBLES

MANIFES. PATRIMONIO INMATERIAL

TOTAL

ANEXO I 58 3 9 70

ANEXO II 512 - - 512

ANEXO III 634 - - 634

ANEXO IV

Recóllese de forma moi sintética a descrición dos valores xerais da paisaxe cultural segundo o resultado dos estudos e da propia revisión realizada durante a información pública do expediente. Analízanse cuestións como o valor da Ribeira Sacra como paisaxe cultural evolutiva e viva, as características físicas do espazo natural ou a ocupación histórica do territorio.

Anexo IV Descrición e valores culturais da Ribeira Sacra

1. O topónimo.2. A ocupación histórica do territorio.3. A toponimia e a transmisión do

coñecemento sobre os lugares.4. A parroquia como unidade da estrutura do

territorio.5. Os socalcos: a construción de terrazas

amuradas.6. As cavadas ou cavaduras.7. Os núcleos de poboación.8. A casa tradicional.9. As adegas e os sequeiros.10.O patrimonio fluvial.11. A construción mental do territorio e a

pertenza.• Folión de fachas e festa dos Fachós• Festas do Entroido• Folión de Carros de Chantada• Olaría de Gundivós e Niñodaguia.• Outras actividades e técnicas tradicionais.

Estúdase a toponimia e a transmisión do coñecemento sobre os lugares, a parroquia como unidade de estrutura do territorio, e aspectos concretos como os socalcos, as cavadas, a casa tradicional, as adegas e sequeiros ou o patrimonio fluvial.

Anexo VI Réxime específico da paisaxe cultural

ANEXO VI

Establécese o réxime de protección específico da paisaxe cultural o que supón unha novidade. Requirirase autorización para as actuacións maiores como novas construcións, infraestruturas e instalacións, as reconstrucións de inmobles derruidos, a modificación da estrutura tradicional en grandes superficies de terreo ou a construción de miradoiros e embarcardoiros novos. Non obstante, cómpre subliñar que a normal actividade agrícola e a meirande parte das actuacións de mantemento e rehabilitación non precisarán de autorización.

ANEXO VII

Resúmense os criterios de delimitación, específicase que a zona BIC e a zona de amortecemento son de réxime especial de protección, pero que o territorio da Ribeira Sacra, aos efectos da xestión difusión e fomento de medidas, debe alcanzar á totalidade dos 22 concellos (Carballedo, Castro Caldelas, Chantada, Esgos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Pantón, Parada de Sil, Paradela, Monforte de Lemos, A Peroxa, A Pobra de Brollón, A Pobra de Trives, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, San Xoán de Río, O Saviñao, Sober, Taboada, A Teixeira e Xunqueira de Espadanedo).

Anexo VII Delimitación

A delimitación corresponde con tres zonas diferenciais, establecendo medidas concretas e específicas de protección para as súas primeiras, e sendo a terceira a que debe centrar o obxecto das ferramentas de xestión:

Anexo VII Delimitación

01 PAISAXE CULTURAL

Declarado ben de interese cultural. Delimitada por uns límites basicamente xeográficos e evidentes que marcan unha liña de coherencia formal de aspectos máis territoriais, esencialmente os socalcos nas abas máis peadas.

02 ZONA DE AMORTECEMENTO

Delimitada como o ámbito parroquial propio da zona sometida ao réxime de BIC, polas súas relacións propias de carácter máis inmaterial e organizativo

03 TERRITORIO DA RIBEIRA SACRA

Composto pola totalidade dos Concellos de Carballedo, Castro Caldelas, Chantada, Esgos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Pantón, Parada de Sil, Paradela, Monforte de Lemos, A Peroxa, A Pobra de Brollón, A Pobra de Trives, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, San Xoán de Río, O Saviñao, Sober, Taboada, A Teixeira e Xunqueira de Espadanedo

Resumo do réxime na paisaxe cultural Con autorización

1 Novas construcións, infraestruturas e instalacións 2 As reconstrucións de

inmobles derruídos

3 As obras de reestruturación xeral 4 Ampliación

(se superan os 50m2)

5 Modificar a estrutura tradicional en superficies maiores 5000m2, incluídos novos socalcos

6Abancalamentos en pendentes superiores ao 30%. En 60% están prohibidos os abancalamentos

7 Novos viais, aparcadoiros e plataformas 8 Miradoiros e

embarcadoiros novos

Resumo do réxime na paisaxe cultural

Sen autorización

1 Pavimentos, terrazas ou pérgolas abertas complementarias de edificacións existentes

2Modificacións de instalacións, incluídas substitucións, sempre que sexan de menor tamaño e non conleven novas edificacións

3As ampliacións nos que o total da construcións existentes non supere os 50m2. Non computa a superficie soterrada

4 A normal actividade agrícola

5 A tala de pinos e eucaliptos e acacias. Está prohibida a replantación

6 A instalación e uso de medios auxiliares provisionais

7A reparación de socalcos coa técnica da pedra en seco, en calquera caso

8A modificación de terrazas coa técnica da pedra en seco en superficies inferiores a 5.000m2

9A reestruturación parcial de inmobles tradicionais, sempre que se trate de reconstrución do derrubado e non se introduzan novos elementos

10 Postes, elevadores, guías, depósitos ou sistemas de rego 11

Peches que respondan ao modelo dos catálogos da Xunta

12As actuacións (muros, peches, agregacións, ...) sobre o territorio en superficies inferiores a 5.000m2, tamén os abancalamentos en pendentes inferiores ao 30%

13Actuacións de mantemento e conservación, reparación, restauración e rehabilitación de instalacións e construcións

14Mantemento de embarcadoiros e miradoiros existente

15Mellora das condicións de uso das adegas de garda, agás os elementos que resulten visibles dende o exterior: modificación de ocos, chemineas e outros

Réxime de protecciónPROTECCIÓN ACTUACIÓNS SOMETIDAS A AUTORIZACIÓN ACTUACIÓNS SEN AUTORIZACIÓN

BIC Paisaxe cultural Ribeira Sacra

• Novas construcións, infraestruturas e instalacións

• As reconstrucións de inmobles derruídos

• As obras de reestruturación xeral

• Ampliacións (se superan os 50m2)

• Modificar a estrutura tradicional en superficies maiores 5000m2, incluídos novos socalcos.

• Abancalamentos en pendentes superiores ao 30%. En 60% están prohibidos os abancalamentos.

• Novos viais, aparcadoiros e plataformas

• Miradoiros e embarcadoiros novos

• Modificacións exteriores das adegas de garda en zonas de socalcos

ANEXO VI DECRETO

• Pavimentos, terrazas ou pérgolas abertas complementarias de edificacións existentes

• Modificacións de instalacións, incluídas substitucións, sempre que sexan de menor tamaño e non conleven novas edificacións.

• A restruturación parcial de inmobles tradicionais, sempre que se trate de reconstrución do derrubado e non se introduzan novos elementos

• As ampliacións nos que o total da construcións existentes non supere os 50m2. Non computa a superficie soterrada.

• As actuacións sobre o territorio en superficies inferiores a 5.000m2, tamén os abancalamentos en pendentes inferiores ao 30%, e as modificacións de terrazas coa técnica da pedra en seco en superficies inferiores a 5000m2

• A normal actividade agrícola

• A tala de pinos e eucaliptos e acacias. Está prohibida a replantación

• A instalación e uso de medios auxiliares provisionais

• A reparación de socalcos coa técnica da pedra en seco, en calquera caso

• Postes, elevadores, guías, depósitos ou sistemas de rego

• Peches que respondan ao modelo dos catálogos da Xunta

• Mellora das condicións de uso das adegas de garda, agás os elementos que resulten visibles dende o exterior: modificación de ocos, chemineas e outros

• Actuacións de mantemento e conservación, reparación, restauración e rehabilitación de instalacións e construcións

• Mantemento de embarcadoiros e miradoiros existente.

ANEXO VI DECRETO

Réxime de protecciónPROTECCIÓN ACTUACIÓNS SOMETIDAS A AUTORIZACIÓN ACTUACIÓNS SEN AUTORIZACIÓN

Zona de amortecemento

• Requirirase autorización previa nas seguintes intervencións

• Grandes explotacións agrícolas, gandeiras ou de acuicultura superiores 1000m2

• Explotacións extractivas que supoñan unha actividade a ceo aberto do material, as súas instalacións ou entullos.

• Instalacións da industria enerxética como refinarías, centrais térmicas, de combustibles fósiles, hidráulicas, eólicas, solares, nucleares ou de calquera outro tipo de produción, transporte ou depósito.

• Instalacións da industria siderúrxica, mineira, química, téxtil ou papeleira.

• Infraestruturas de transporte e comunicación como estradas, ferrocarril, portos, aeroportos, canles, centros loxísticos ou similares.

• Grandes infraestruturas hidráulicas e de aproveitamento da auga.

• Instalacións de xestión e tratamento de residuos.

• Grandes transformacións da natureza do territorio para a implantación de novos usos.

• Explotacións forestais, agás aquelas que conten cun instrumento de ordenación ...

Artigo 47.2 LPCG /ANEXO V DECRETO

• Na zona de amortecemento poderán realizarse en xeral todo tipo de obras e instalacións fixas ou provisionais e as actividades normais segundo a natureza do solo ou cambiar o seu uso ou destino de conformidade co planeamento vixente sen necesidade da autorización da consellaría competente en materia de patrimonio cultural, excepto que na declaración ou inclusión singularizada se determine o contrario.

Artigo 47.1 LPCG/ANEXO V DECRETO

VAL DO DOURO BORGOÑA PANTELARIA LAVAUX WACHAU VAL DO RIN TOKAY

ILLA DO PICO (AZORES) CHAMPAÑA PIAMONTE

OPORTO BURDEOS

VAL DO LOIRA

SAINT-EMILION

PORTUGAL FRANCIA ITALIA SUIZA AUSTRIA ALEMAÑA HUNGRÍA

A Ribeira Sacra podería ser a primeira rexión vinícola española que logre o recoñecemento de Patrimonio da Humanidade.

Rexións vinícolas e paisaxes relacionados co viño Recoñecidos como patrimonio mundial da UNESCO en Europa

Beneficios da futura inclusión na lista do patrimonio mundial

A inclusión na Lista do Patrimonio Mundial suporía un importante impulso para a Ribeira Sacra en termos de:

• Maior atracción turística e desestacionalización da demanda

• Valor engadido para os distintos produtos locais, en especial para os viños da Denominación de Orixe

• E un impulso e desenvolvemento en termos económicos e de creación de emprego no eido rural

IdentidadediferenciadaComo unidade de paisaxe e características xeomorfolóxicas existen claras evidencias da identidade diferenciada da Ribeira Sacra. Unha identidade sustentada nunhas mostras do patrimonio cultural que resultan tamén destacables, tanto polo seu marco cronolóxico como pola densidade e condicións propias de desenvolvemento.

RIBEIRA SACRA~