Rosalia 2014

6
BIBLIOTECA ESCOLAR “CEIP A PONTE” Formación documental CURSO 2013-2014 O 24 de febreiro cúmprense 177 anos do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro, autora de obras tan importantes para a nosa lingua como "Cantares Galegos". Imos pescudar sobre a súa vida e obra, coa realización das seguintes actividades. PARA SABER DE ROSALÍ A: 1. PODES CONSULTAR NA BIBLIOTECA 2. PODES EMPREGAR ESTES RECURSOS LIM Moi bonito para coñecer a súa biografía: http://www.educalim.com/biblioteca/index.php?q=galego Fantástico para recitar con entonación: http://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html Para facer exercicios sobre a súa biografía: http://caracolatola.cblogspot.com.es/2012/01/rosalia-de-castro-actividade- lim.html Para traballar poemas que nomean prantas: http://caracolatola.blogspot.com.es/2013/02/rosalia-en-verde_8626.html Biografía e exercicios para 3º ciclo: http://vagalumecouto.blogspot.com.es/2012/09/rosalia-de-castro.html Un pouco de todo: http://bloguesquio.blogspot.com.es/2013/02/preparando-o-dia-de- rosalia.html 3. PODES CONSULTAR ESTES ENDEREZOS WEB http://bibliobn.blogspot.com.es/2013/02/recursos-para-o-dia-de-rosalia.html http://ospoemasdorio.com/wp- content/uploads/UD_ROSALIADECASTRO.pdf http://biblioandrade.blogspot.com.es/2013/02/rosalia-de-castro.html http://prezi.com/kpkp9v7hwhop/cantares-gallegos-150-anos/ http://www.manuelmaria.com/recursos/outros.htm http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/node/739 http://issuu.com/sansaliber/docs/guiarosalia

description

 

Transcript of Rosalia 2014

Page 1: Rosalia 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR

“CEIP A PONTE” Formación documental

CURSO 2013-2014

O 24 de febreiro cúmprense 177 anos do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro, autora de obras tan importantes para a nosa lingua como "Cantares Galegos". Imos pescudar sobre a súa vida e obra, coa realización das seguintes actividades.

PARA SABER DE ROSALÍ A:

1. PODES CONSULTAR NA BIBLIOTECA 2. PODES EMPREGAR ESTES RECURSOS LIM Moi bonito para coñecer a súa biografía:

http://www.educalim.com/biblioteca/index.php?q=galego

Fantástico para recitar con entonación: http://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html

Para facer exercicios sobre a súa biografía: http://caracolatola.cblogspot.com.es/2012/01/rosalia-de-castro-actividade- lim.html

Para traballar poemas que nomean prantas: http://caracolatola.blogspot.com.es/2013/02/rosalia-en-verde_8626.html

Biografía e exercicios para 3º ciclo: http://vagalumecouto.blogspot.com.es/2012/09/rosalia-de-castro.html

Un pouco de todo: http://bloguesquio.blogspot.com.es/2013/02/preparando-o-dia-de- rosalia.html

3. PODES CONSULTAR ESTES ENDEREZOS WEB http://bibliobn.blogspot.com.es/2013/02/recursos-para-o-dia-de-rosalia.html

http://ospoemasdorio.com/wp- content/uploads/UD_ROSALIADECASTRO.pdf

http://biblioandrade.blogspot.com.es/2013/02/rosalia-de-castro.html

http://prezi.com/kpkp9v7hwhop/cantares-gallegos-150-anos/

http://www.manuelmaria.com/recursos/outros.htm

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/node/739

http://issuu.com/sansaliber/docs/guiarosalia

Page 2: Rosalia 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR

“CEIP A PONTE” Formación documental

CURSO 2013-2014

PARA FESTEXAR O DÍA DE ROSALÍA DENDE A BIBLIOTECA SUXERÍMOSVOS AS SEGUINTES ACTIVIDADES:

1. Na hora de ler: lectura colectiva de Cantares Galegos. Memorizar un dos seus poemas e recitalo ante a clase.

2. Investigamos e aprendemos sobre Rosalía:

1. Traballamos o poema:

“Teño tres pitas brancas”

Teño tres pitas brancas e un galo negro que han de poñer bos ovos andando o tempo; i hei de vendelos caros polo xaneiro; i hei de xunta-los cartos para un mantelo; i heino de levar posto no casamento; i hei..

- Pois mira, Marica, vai por un neto, que antramentas non quitas eses cerellos, i as pitas van medrando co galo negro para poñe-los ovos, e todo aquelo do xaneiro, dos cartos i o casamento niña prenda da ialma vamos bebendo

1. Fixámonos nas expresións de tempo: namentras, andando o tempo, polo xaneiro, …

2. Buscamos outras como onte, nantronte, pasadomañá… 3. Traballamos sobre as medidas : ducia, media ducia, ducia e media, un

neto, un litro, medio litro, … 4. Buscamos o significado de : manchea, morea, puñado, chisco, migallas, 5. Falamos sobre o significado do poema e relacionámolo cun conto

clásico: “A leiteira”. Que aprendemos con esta moralexa?

Page 3: Rosalia 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR

“CEIP A PONTE” Formación documental

CURSO 2013-2014

SUXESTIÓN DE ACTIVIDADES PESCUDAS SOBRE ROSALÍA

Entre os diferentes recursos da biblioteca, buscaremos a información que hai sobre Rosalía e tentaremos contestar as preguntas seguintes:

1. Que nomes recibe no bautizo? 2. Quen foi José Vicente Varela y Montero? 3. Por que o pai de Rosalía non a puido recoñecer? 4. En que ano casou e con quen? Cantos fillos tiveron? 5. Cal é a súa flor predilecta? 6. Que é hoxe a casa da Matanza? 7. Con cantos anos morreu? 8. Está hoxe onde foi soterrada inicialmente? 9. Clasifica a súa obra unindo as dúas columnas. Las literatas Poesía en galego Contos da miña terra Prosa en galego Cantares gallegos Poesía en castelán Follas novas Poesía en galego En las orillas del Sar Manifesto feminista en castelán. A mi madre Poesía en castelán El caballero de las botas azules Prosa en castelán

10. Cal foi a contribución de Rosalía á Literatura galega? 11. Onde se expón a primeira edición de Cantares Gallegos? 12. De que obra celebramos os 150 anos da súa publicación? 13. Remata os versos: “sombra que sempre...” 14. Que se inicia coa publicación de Cantares gallegos no ano

1863? 15. En que moeda aparecía a imaxe de Rosalía cos seus versos? 16. Que instrumentos tocaba Rosalía? 17. Cal é o poema máis cantado de Rosalía?

Page 4: Rosalia 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR

“CEIP A PONTE” Formación documental

CURSO 2013-2014

18. De quen son “Rosas a Rosalía” e “Sencilla Alegría”? 19. Por que decide non volver escribir en galego? 20. Como se titula o libro de Rosalía que ten unha rosa na portada?

Escollemos o poema “Paseniño, paseniño”

PASENIÑO,PASENIÑO Paseniño, paseniño vou pola tarde calada de Bastabales camino. Paseniño, paseniño,

Camiño do meu contento; i en tanto o sol non se esconde nunha pedriña me sento.

E sentada estou mirando como a lua vai saíndo, como o sol se vai deitando

Cal se deita, cal se esconde mentras tanto corre a lua sin saberse para donde. Para donde vai tan soia

sin que aos tristes que a miramos

nin nos fale nin nos oia.

Que si oira e nos falara, moitas cousas lle dixera, moitas cousas lle contara.

“Cantares gallegos” (11, III)

Page 5: Rosalia 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR

“CEIP A PONTE” Formación documental

CURSO 2013-2014

1. Escoitamos a versión da canción de Uxía do disco “Rosalía pequeniña” e completamos os ocos que faltan do poema.

Paseniño, paseniño vou ………………………………………………………… de Bastabales ……………………………………..…

Camiño ………………………………………………….; i en tanto ……………………………………………..…

nunha pedriña ……………………………….……....

E sentada ……………………………………..………… mentras …………………………………………………, sin saberse …………………………………………….

Para, …………………………………………….………… sin que aos ……………………………………………. nin nos ………………………………………………….. Que si …………………………………………….…….., moitas cousas ………………………………………., moitas cousas ………………………………………..

2. Traballamos o significado de paseniño e buscamos diferentes

expresións de modo relacionadas con esta.

3. Buscamos as expresións de tempo: pola tarde, o so deitándose,…

4. Buscamos algunha personificación no poema.

5. Como se sinte Rosalía? Explica a túa resposta.

6. Podemos pasar a prosa o que pasa no poema.

7. Pero, como expresa os seus sentimentos? Que palabra definiría o sentimento da autora?

8. MEDIMOS os tres primeiros versos do poema. Cantas sílabas ten? É de arte maior ou menor?

9. FIXÁMONOS NA RIMA: buscamos as últimas sílabas acentuadas de cada verso e pescudamos se a rima é asonante ou consoante.

10. REESCRIBIMOS outro poema distinto ao modo de Rosalía xogando cos seis primeiros versos do poema.

Page 6: Rosalia 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR

“CEIP A PONTE” Formación documental

CURSO 2013-2014

ACTIVIDADES TIC.

1. O profesor guiará criterios de busca de información en internet.

2. O alumnado buscará diferentes versos de Rosalía relacionados coa riqueza e a pobreza.

3. 0 alumnado buscará información de actualidade aparecida nos xornais e que estea relacionada cos versos de Rosalía: emigración, crise, inmigración, pobreza …Logo farán un documento cos versos, coa noticia e inserirán unha imaxe.

4. INVESTIGARÁN o arraigamento social que ten a figura de Rosalía póndose de manifesto na abundancia de institucións, espazos públicos e bens de consumo designados co seu nome.

5. ESCRITORES que homenaxearon a Rosalía.

6. Rosalía e a MÚSICA.

7. OBRA Rosaliana nouras línguas.

8. RUTA ROSALIANA.

O equipo de Biblioteca