Samain 2013
description
Transcript of Samain 2013
![Page 1: Samain 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022082703/557356b8d8b42ac6258b4d61/html5/thumbnails/1.jpg)
• O SAMAÍN é unha tradición de orixe celta.
• Samaín é unha palabra gaélica que significa fin do verán, principio do inverno. A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro era a máis importante do ano: o comezo do ano novo.
![Page 2: Samain 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022082703/557356b8d8b42ac6258b4d61/html5/thumbnails/2.jpg)
Días antes reuníanse o pobo e os seus druídas para facer sacrificios de animais. Achegábase o inverno e había que almacenar víveres e a pel dos animais para afrontar os duros meses que estaban por vir.
![Page 3: Samain 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022082703/557356b8d8b42ac6258b4d61/html5/thumbnails/3.jpg)
Pero ademais reuníanse nos camposantos, era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: moitas veces para saldar contas pendentes.
![Page 4: Samain 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022082703/557356b8d8b42ac6258b4d61/html5/thumbnails/4.jpg)
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas adoitaban colocar as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña.
![Page 5: Samain 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022082703/557356b8d8b42ac6258b4d61/html5/thumbnails/5.jpg)
De aquí, dos ritos e crenzas célticas , vén a tradición europea de facer caveiras na cortiza das cabazas.
![Page 6: Samain 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022082703/557356b8d8b42ac6258b4d61/html5/thumbnails/6.jpg)
SAMAÍN ANTES QUE HALLOWEENEsta tradición, conservada
en Irlanda, foi levada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas emigracións a este pais no seculo XIX e comezos do XX.
Halloween é unha adaptación estadounidense do
Samaín
![Page 7: Samain 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022082703/557356b8d8b42ac6258b4d61/html5/thumbnails/7.jpg)
BIBLIOGRAFÍA• O libro, de Rafael
López Loureiro, titulado: SAMAÍN: A FESTA DAS CALIVERAS, é o primeiro traballo publicado en España sobre a tradición do tallado de caveiras.
• Podédelo atopar na biblioteca do centro
![Page 8: Samain 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022082703/557356b8d8b42ac6258b4d61/html5/thumbnails/8.jpg)
AS/OS PREMIADAS/OS NOS DISTINTOS CONCURSOS RECIBIRÁN UN AGASALLO
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
![Page 9: Samain 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022082703/557356b8d8b42ac6258b4d61/html5/thumbnails/9.jpg)
![Page 10: Samain 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022082703/557356b8d8b42ac6258b4d61/html5/thumbnails/10.jpg)
CONCURSO DE RECEITAS CON PRODUTOS DO OUTONO
• 1. Escribe claramente nun folio os ingredientes e os pasos para facer a receita. Deben estar escritas en galego.
• 2. Ponlle na parte superior o nome da receita e na parte inferior, os teus datos (nome e apelidos) xunto cos da persoa que che deu a receita e o lugar de onde a recolliches (Carcacía, Lestrobe…) ou título e autor do libro de onde a copiaches. Se a atopaches en Internet indícao tamén.
• 3. Para que quede mellor, se tes unha fotografía do prato inclúea no folio ou tráenola e tamén a expoñeremos.
• 4. Se queres participar, sigue estes pasos e entrega a túa receita na conserxería. Alí haberá unha caixa na que a poderás depositar.
• 5. Pódense traer dende o día 15 ata o día 30 de outubro. Expoñerémolas todas. • Se vos atrevedes a metervos na cociña e preparades algún dos pratos poderedes
degustalos xunto cos vosos compañeiros e compañeiras de clase
PARTICIPA NA RECOLLEITA DE RECEITAS QUE LEVEN CABAZA, CASTAÑAS, COGUMELOS… E TRÁEAS AO INSTITUTO.
![Page 11: Samain 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022082703/557356b8d8b42ac6258b4d61/html5/thumbnails/11.jpg)
Concurso de microrrelatos • Temática: Medo, misterio, aparicións, mortos viventes,
calquera cousa que poña a pel de galiña• Extensión: Máximo 130 palabras• Presentación: Escrito en Galego nun folio. Ponlle un
título na parte superior e o teu nome completo e curso na parte inferior do folio.
• Entrega: Ata o 29 de outubro ao profesorado de Lingua Galega
• O texto debe ser orixinal, nin copiado, nin traducido
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA