Se queres ir de Erasmus no curso 2013/2014….coñece os...
Transcript of Se queres ir de Erasmus no curso 2013/2014….coñece os...
Se queres ir de Erasmus no curso 2013/2014….coñece os novos requisitos lingüísticos
e prepárate!!
Se pensas facer una estadía dentro do programa Erasmus para o curso 2013/2014 queremos
avanzarte os novos requisitos de acreditación lingüística para a próxima convocatoria:
1.‐ Para optar ás universidades cuxos programas se imparten en inglés ou francés, necesitarás
acreditar un nivel B1.
2.‐ Para optar ás universidades cuxos programas se imparten en alemán, necesitarás acreditar
un nivel A2.
3.‐ Polo de agora non se esixe acreditación previa para optar ás universidades que imparten as
materias en italiano e portugués. Non obstante, estes alumnos deberán cursar como mínimo
un módulo do nivel que corresponda aos seus coñecementos da lingua, na UDC ou na
universidade de destino.
Cómo se pode acreditar o nivel esixido?
1.‐ A través dos certificados das diferentes institucións que acreditan eses niveles (pode verse
a táboa que se acompaña a este documento).
2.‐ O Centro de Linguas realizará o exame de nivel lingüístico ACLES correspondente ao nivel
B1 de inglés (www.udc.es/centrodelinguas/acles).
3.‐ Se non dispós de ninguna das certificacións anteriores, deberás participar nas probas
específicas (inglés‐francés‐alemán) que para os alumnos que opten ao programa Erasmus
organizará o Centro de Linguas nas datas que se establecerán na propia convocatoria
(previsiblemente, en febreiro de 2013).
E trala acreditación?
Os alumnos adxudicatarios de praza na convocatoria Erasmus poderán facer dentro da
convocatoria de primavera/verán do Centro de Linguas un módulo de nivel superior ao
acreditado.
Idioma inglés Certificados oficiais admitidos por ACLES e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
Idioma inglés Certificados oficiais admitidos por ACLES e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
Idioma francés Certificados oficiais admitidos por ACLES e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
Idioma alemán Certificados oficiais admitidos por ACLES e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
Idioma italiano Certificados oficiais admitidos por ACLES e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
Outros idiomas Certificados oficiais admitidos por ACLES e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.