SECTOR TERCIARIO

13
AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS DO TERCIARIO XEOGRAFIA DE 2º BACHARELATO MANUAL DE TEXTO ANAYA 2006 1

description

ACTIVIDADES ECONÓMICAS DO TERCIARIO, APUNTAMENTOS DE ALUMNOS

Transcript of SECTOR TERCIARIO

AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS DO TERCIARIO

XEOGRAFIA DE 2º BACHARELATO

MANUAL DE TEXTO ANAYA 2006

1

AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS: OS SERVIZOS

A TERCIARIZACIÓN DA ECONOMÍA ESPAÑOLA

O sector terciario está integrado polo conxunto de actividades que teñen como fin proporcionarlle servicios á sociedade. O seu crecemento deu lugar á “terciarización” da economía española.

As causas do crecemento do sector terciario foron as seguintes:

- O aumento do nivel de vida posibilita un mayor consumo de servicios esixe a súa especialización.

- A industria favorece o proceso de terciarización. O desenvolvemento industrial de 1960 impulsou o crecemento de servicios; a crise de 1975 converteu o sector o sector terciario en refuxio de moitos parados procedentes da actividade industrial; e a industria moderna utiliza novas tecnoloxías que requiren menos man de obra.

- O auxe do turismo favoreceu o crecemento de servicios (hostelería, o comercio, etc).

- O incremento dos servicios públicos, estimularon o crecemento de servicios como a sanidade e a educación.

- A crecente incorporación da muller ó traballo provocou o desenvolvemento de certos servicios, como as garderías.

HETEROXENEIDADE E DESIGUALDADE TERRITORIAL

O sector servicos é moi heteroxéneo e préstase a distintas formas de clasificación:

- Servicos públicos e privados

- Servicios destinados á venda (subminístranse con criterios mercantís) e servicios non destinados á venda (subminístranse gratuitamente ou á prezos que non compensa os custos de producción).

- Servicios intermedios ( destinados a outras actividades económicas) ou de consumo final, relacionados directamente coas persoas.

2

- Servicios estancados ou progresivos. Avances técnicos cun aforro dos factores de producción.

En España predominan os subsectores tradicionais e menos productivos, mentres que os servicios ás empresas teñen escaso peso. Direfenciamos:

- Os servicios ás empresas que aínda seguen a ter escaso desenvolvemento, experimentaron un destacado progreso relativo. Nuns casos son servicios persoais, e noutros, servicos avanzados.

- A hostelería gañou peso en relación co crecemento da capacidade de gasto e das actividades de lecer .

- Os transportes mantéñense estables.

- A educación e a sanidade privada creceron en emprego a diferencia do sector público.

Existen destacados DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS debido a que a localización dos servicios vese influenciada por factores como o volume de poboación, o grao de urbanización, etc.

A) O grao de terciarización do emprego é maior nas grandes cidades e nas comunidades especializadas en turismo (nos centros rectores do país e en Ceuta e Melilla) e menor nas comunidades con maior peso relativo agrario e agroindustrial.

B) As distintas ramas que compoñen o sector terciario teñen un peso desigual:- Os servizos destinados ás empresas dominan nun reducido número de provincias.- Os servizos relacionados co consumo están máis implantados nas áreas turísticas.- Os servizos escasamente cualificados, predominan no resto do territorio.

No futuro, unha vez que o proceso de descentralización administrativa case finalizou, a distribución dos servicios estará cada vez máis condicionada polo desigual reparto das actividades productivas e da renda.

AUTORÍA: SANDRA RODRÍGUEZ, SUSANA JUSTO ÁLVAREZ E BELÉN ÁLVAREZ PAN

3

O COMERCIO EXTERIOR E INTERIOR

O comercio é a actividade que ofrece os excedentes de productos e servicios ós consumidores.

1. COMERCIO INTERIOR

É o intercambio de productos e de servicios dentro dun país. Caracterízase por:

1.1 A súa localización; depende da existencia dun sistema de transporte entre o productor, o comerciante e o consumidor , e da existencia dun mercado de consumo amplo e con poder adquisitivo axeitado.

1.2 Con respecto a súa estructura, a revolución comercial afectou ás canles de distribución, ó consumo, á distribución, ós equipamentos e á forma de pagamento.

1.3 Segundo a súa tipoloxía distinguimos entre:

1.3.1.- Comercio por xunto concentra as produccións e distribúeas ó comercio polo miúdo.

1.3.2.- Comercio polo miúdo véndelle directamente ó consumidor. Nel contrastan:

- O comercio tradicional son establecementos pequenos dirixidos por empresarios individuais que teñen uns equipamentos que adoitan ser anticuados.

- As novas formas comerciais son as grandes superficies.Destacan os autoservicios, os grandes almacéns e os centros comerciais rexionais integrados.

1.4 .- As áreas comerciais diríxense a unha localidade importante para a adquisición de bens que non sexan de primeira necesidade.

1.5 A política comercial conta con dous instrumentos básicos: O Plan Marco de Modernización do Comercio Interior de 1995 e a Lei de Comercio polo Miudo de 1996 (vixentes?).

4

2 .COMERCIO EXTERIOR

É o intercambio de productos e servicios dun país co resto do mundo. Caracterízase por:

2.1.- Nas exportacións perden importancia os productos do sector primario a favor de bens industriais semielaborados. Nas importacións destacan os productos enerxéticos, os industriais e os agrarios.

2.2 .- As áreas do comercio exterior. A Unión Europea é a principal receptora das exportacións e dela proceden tamén o groso das importacións españolas.

2.3 .- A política comercial está influenciada polo establecemento do mercado único coa Unión Europea e polos acordos subscritos coa Organización Mundial do Comercio. A política comercial española trata de favorecer as exportacións mediante diversas medidas.

AUTORÍA: REBECA PÉREZ RODRÍGUEZ E LARA GRANDE CONDE.

5

O TRANSPORTE

SISTEMA DE TRANSPORTE: Conxunto de medios que permiten o desprazamento de persoas e mercadorías entre lugares xeográficos. Interactúa co territorio:

a) Reflictando os desequilibrios espaciais da población e o desenvolvemento económico.

b) Introducindo cambios territoriais porque é un factor económico clave.

c) Vertebrando o territorio porque conecta os distintos lugares

CARACTERÍSTICAS:

1) O medio físico é desfavorable e incrementa os custos

2) As redes terrestre e aérea son radiais con centro en Madrid

3) No tráfico de pasaxeiros e mercadorías predomina a estrada

4) A rede presente desequilibrios territoriais segundo a densidade e calidade

5) A descentralización a causa das autonomías determina unha doble xestión:

- Estado: transporte internacional, terrestre por máis dunha comunidade, mariña mercante, portos e aeroportos comerciais, espacio, aire, telecomunicacións e correos.

- Autonomías: Transporte terrestre no seu territorio, portos e aeroportos non comerciais e comunicacións por cable.

6) Política de transportes: Plan Estratéxico de Infraestructuras de Transporte (PEIT) - Impulsa desenvolvemento económico

- Fortalece a cohesión social con accesibilidade a todo o territorio

6

- Corrixe o predominio da estrada

- Incrementa a calidade e a seguridade

- Respecto do medio ambiente

7) O sistema español intégrase na rede europea

- Conéctase mellor coa UE

- Recibe fondos de axuda da UE

- Ten que adoptar medidas medioambientais

8) Exerce impacto acústico, visual e atmosférico no medio ambiente.

MODALIDADES:

A) Transporte por estrada

1) Rede radial con centro en Madrid

2) Competencias repartidas:

- Estado : redes de interese xeral, internacionais e de gran capacidade

- Autonomías: As de mobilidade intrarrexional, insular e intracomarcal

3) Recibe a maior parte do tráfico de viaxeiros e mercaderías

4) Desequilibrios territoriais na densidade e accesibilidade

- Máis denso: Madrid, Cataluña, Valencia, Galicia e cornixa cantábrica

- Máis intenso: Mediterráneo, Ebro, Cantábrico e Madrid

- Máis accesible: zonas turísticas e industriais

5) Aplicación do PEIT

- Dotar ó territorio dun elevado grao de accesibilidade.

7

- Acabar cos eixes pendentes (sobre todo a autovía do Cantábrico)B) Transporte ferroviario

1) Tres redes:

a) RENFE: Estrutura radial arboriforme. Menos custo pero máis tempo

b) FEVE (vía estreita, na cornixa cantábrica)

c) AVE (alta velocidade): Máis de 250km/h

2) Características técnicas

- Vías mediocres, alto custo e moito tempo.

3) Desequilibrios territoriais no equipamento e investimentos

- Máis: Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Zaragoza

- Menos: León, Extremadura, Murcia, Andalucía

4) Aplicación do PEIT

- Incrementar o tráfico de proximidades

- Ampliar o AVE

- Conectar con Europa

5) Integración coa UE

- Ancho de vía español maior: corrección nos AVE

C) Transporte marítimo

1) Rede portuaria distribuída entre Estado e autonomías

2) Contraste entre tráfico de viaxeiros e mercaderías

- Viaxeiros escasos, excepto no Estreito e nas illas.

8

- Tráfico de cabotaxe para os derivados do petróleo- Tráfico internacional de mercadorías moi importante; mercancía xeral transportada en colectores.

3) Portos requiren melloras para a captación e distribución

- Financiación polos ingresos e pola UE.

4) Desequilibrios territoriais en equipamento. 5) Aplicación do PEIT:

- Especialización dos portos como centros de captación e distribución de mercadorías; ampliación das infraestruturas.

6) UE propón evitar que o financiamento estatal distorsione a libre competencia entre os portos.

7) Transporte fluvial: Sevilla co Guadalquivir.

D) Transporte aéreo

1) Rápido desenvolvemento.

2) Rede aeroportuaria ampla e xerarquizada en torno a Madrid.

3) Tráfico de pasaxeiros e mercadorías con diferencias:

- Moi competitivo cos pasaxeiros

- Escaso en mercadorías por mor do alto custo

4) Aplicación do PEIT

- Potenciar as funcións económicas

5) UE liberalizou as tarifas e servizos aéreos

AUTORÍA: RUBÉN GALÁN TORRES

9

OS ESPAZOS TURÍSTICOS.

1.- FACTORES DO DESENVOLVEMENTO TURÍSTICO ESPAÑOL

O auxe turístico español nos sesenta estivo motivado por factores externos e internos:

OS FACTORES EXTERNOS:

- O crecemento económico de Europa occidental trala II Guerra Mundial.

- O progreso do transporte facilitando os traslados.

OS FACTORES INTERNOS:

- A proximidade xeográfica de España á clientela europea (alta capacidade adquisitiva).

- As excelentes condicións climáticas.

- O atractivo cultural.

- A aparición de grandes complexos hoteleiros e de axencias de viaxes.

- O baixo custo dos servicios.

OUTROS FACTORES adquiriron relevancia na actualidade:

- A consolidación dunha ampla demanda interna

- A calidade da oferta

- A diversificación dos productos

- A dispoñibilidade dos recursos humanos cualificados

- A promoción

- A inestabilidade política en zonas competidoras

10

2.-O MODELO TURÍSTICO TRADICIONAL

A oferta turística está integrada polos que venden o producto (tours operators) e polas instalacións turísticas. A oferta de aloxamiento é moi ampla e concéntrase no litoral mediterráneo e insular. Existen establecementos hoteleiros de alta ou baixa categoría ademáis de establecementos extrahoteleiros. A oferta de manutención é ampla e na oferta de lecer destacan as instalacións deportivas.

Respecto á demanda turística a podemos dividir en dous grupos:

- A demanda internacional que crece desde finais da década de 1950, na súa mayor parte procedente de Europa occidental e do norte. O turismo extranxeiro é mayoritariamente estival.

- A demanda nacional repártese mellor ó longo do ano e foi aumentando desde a década de 1960 conforme medraba o nivel do país.

En calquera dos casos, un dos principais problemas do turismo español é a excesiva estacionalidade da demanda.

3.-A CRISE DO MODELO TRADICIONAL E O TURISMO ALTERNATIVO.

Desde 1989 pódese falar dunha crise ou esgotamento do modelo turístico tradicional. As causas son as seguintes:

- O predominio do turismo de nivel medio-baixo.

- A oferta turística enfróntase con problemas como o encarecemento dos prezos e a escasa adaptación ás novas esixencias da demanda.

- A dependencia dos tour-operadores internacionais que demandan máis calidade á vez que reducen os prezos.

- O deterioro medioambiental e as alteracións paisaxísticas dalgunhas zonas turísticas.

Estes PROBLEMAS esixen unha reconversión e renovación do sector que debe basearse nunca politica de ordenación territorial.

11

Por isto a POLITICA TURÍSTICA pretende os seguintes obxectivos:- Potenciar o turismo de calidade.

- Mellorar a oferta fomentando novas modalidades de turismo.

- Disminuir a dependencia exterior.

- Compatibilizar o desenvolvemento do turismo coa calidade medioambiental.

4.-AS ÁREAS TURÍSTICAS E A SÚA TIPOLOXÍA

As áreas turísticas son os espacios cunha elevada afluencia de turistas. Xunto a estas grandes áreas existen puntos turísticos illados, baseados en atractivos diferentes aos anteriores. Todas estas áreas poden clasificarse en áreas turísticas de temporada, e de turismo estabilizado.

Por outro lado temos o turismo de sol e praia que presenta diferencias notables, fundadas nos seguintes aspectos:

- A accesibilidade.

- O modelo de ocupación do espacio.

- O tipo, calidade e clientela dos aloxamentos.

A intensificación do turismo e a súa difusión espacial na década de 1990 tivo como factores:

- O aumento do turismo de proximidade.

- As áreas rurais do interior.

- A necesidade de reestructurar os espacios litorais tradicionais, que supuxo a incorporación ó turismo da zona prelitoral.

- Desexo de calidade e de novos atractivos.

Xunto ao turismo de sol e praia, configuráronse outras modalidades baseadas en diversos factores.

12

5.-O IMPACTO ESPACIAL DO TURISMO

O turismo tivo as seguintes repercusións ou consecuencias:

- Demográficas: nas áreas litorais, o turismo incrementa os efectivos de población; sen embargo, nas áreas rurais permitiu frear o despoboamento e estimulou a revitalización da artesanía a das tradicións populares.

- No poboamento: no litoral o turimo contribúe á creación de novas estructuras de poboamento. Nalgúns espacios rurais e urbanos colaborou á rehabilitación do patrimonio edificado.

- Económicas: o turismo crea emprego, exerce efecto multiplicador sobre outras actividades económicas, compensa a balanza comercial e inflúe na politica de transportes.

- Políticas, culturais e sociolóxicas: o turismo fomenta o achegamento dos pobos, incide nos modos de vida da sociedade locale afecta á calidade de vida dos residentes.

- Na ordenación do territorio: nas áreas máis turísticas o turismo ordena os espacios próximos en funcion das necesidades, provocan alteracións no medio e na paisaxe, provocan transformacións na economía e tamén provoca conflictos polo uso do solo e dos recursos.

AUTORÍA: ELENA PAZ NOVAS e IRIA ÁLVAREZ RGUEZ DE LAS HERAS

13