SermosGaliza: A fondo - Redes sociais, tempos de cambios. As rede sociais no ensino

1
5 En PrOFunDIDaDE Por Pablo Nimo Liboreiro (@pablonimo) Mestre de primaria e asesor educativo na Amtega A doitamos dicir que as redes sociais xa existían. O feito de que un primo meu tivera un coñecido que fora o mellor procurando troitas no río favorecía que eu puidera acadar esa habilidade, e aín- da que así non fora, o potencial como oportunidade existía. Esta foi unha das chamas que sostivo a nosa aprendizaxe até o de agora. Esta relación tiña un- ha estraña característica, non estaba guiada por un único responsable, simplemente as oportunidades comunicativas aparecían e eu podía aproveitalas ou non, entrarían aí en xogo os intereses propios de ca- da un. Este é un comportamento típico da estrutura en rede onde cada un pode aprender e compartir co outro. Pensar na comunicación como unha estru- tura centralizada é limitar o acceso a un enorme campo de saberes, de destrezas e de habilidades que só son posibles se temos acceso a elas. Internet nace no ámbito militar, e pasando polo ámbito universitario aterra coa web 1.0 nos usua- rios. Neste primeiro modelo ou tipo, a organización social era centralizada, algúns nodos eran emisores pero na súa maioría simples receptores. A súa evo- lución cara ao que se coñece como web 2.0 foi dando maior protagonismo aos usuarios como emisores de información, o que está a multiplicar exponen- cialmente o potencial comunicativo para os nosos alumnos, aumentando así o número de oportuni- dades para acadar boas aprendizaxes, ou non tan boas. Xa que ben puiden ser amigo dun que tiña un primo que presumía moito por ser o mellor es- cachando cristais a pedradas. aprendiZaXe uBicua Falamos de redes distribuídas de aprendizaxe, exis- tentes antes da chegada de internet e recomenda- das polos diferentes movementos de renovación pe- dagóxica. A súa dixitalización fai que agora sexan máis numerosas e maiores xeográcamente. Hoxe é máis doado preguntar algo ao outro lado do mun- do, que atravesar unha leira de millo. As redes so- ciais permiten que a cultura de fóra poida entrar directamente na escola, que os muros inicialmente creados para separar por sexos, e logo por idade, desaparezan nun plano virtual que nos impulse non só a aprender dos demais, senón tamén a que os demais aprendan de nós. Tamén permiten que a aprendizaxe sexa ubicua: calquera cousa, en calquera momento e en calque- ra lugar. Isto é posible grazas ao aproveitamento da tecnoloxía móbil, recurso con grandes posibilida- des no ensino. E aínda que hoxe supoñen o maior número de accesos a internet, non deben conver- terse nun uso carente de reexión que poida estar excesivamente exposto ao voraz mundo do consu- mo e da publicidade. Fóra da escola estas redes xa se están a utili- zar de xeito habitual; que rapaz non ten Tuenti, Twitter, Facebook, Whatsapp ou Line? Xa comen- tan sobre as clases e resólvense dúbidas. Outras veces os seus usos representan graves riscos pa- ra a súa privacidade xa que en internet non temos “dereito ao esquecemento”, algo que até o de agora era incuestionable. Manuel Castells comenta que “pode que haxa manipulacións da identidade, pero en xeral estas non van a prosperar. O que si é que se te mostras como gato es un gato e non un can”. Pero seguen a ser grandes os seus benecios, así que estas xeracións precisan coñecer que é “iden- tidade dixital proxectada” como concepto, discutir e consensuar pequenas liñas para a toma de deci- as r edes soci a is no en si no redes sociais na educación implica abandonar ese papel central na experiencia da súa aprendizaxe, e pasar a ser un elemento máis na estrutura de re- de distribuída. Esta adquire unha dinámica propia moito máis alá da pechada dirección que nos poden ofrecer os libros de texto, aínda que estes sexan dixi- tais. Pasamos de docentes que “controlan” a docen- tes que “inúen”. Somos mestres facilitadores que axudan a identicar, seleccionar, eliminar, construír e reconstruír; en denitiva, trátase de permitir que os nosos alumnos decidan sobre o que eles queren aprender. Existen múltiples formas de concreción na práctica, a exposición ás mesmas implica que te- ñamos que aprender do diálogo na aula e da posta en común das experiencias que, sendo relevantes, constituirán a base das aprendizaxes. O desenvol- vemento dun entorno persoal de aprendizaxe (PLE, nas súas siglas en inglés), ou a súa síntese nun car- tafol dixital, son dúas prácticas dixitais xerais pa- ra acadar coñecemento sobre calquera disciplina. O movemento do software libre ten moito que en- sinarnos sobre isto. Son, en denitiva, un acelerante da comunica- ción. O profesorado xa as está a utilizar para compar- tir e xerar coñecemento sobre a práctica educativa. O grupo “Mestres de Galicia en facebook” ou Redei- ras, a rede social do profesorado galego, poden ser unha pequena mostra. << As RR SS ás veces representan graves riscos para a privacidade, xa que en internet "non temos dereito ao esquecemento">> sións conscientes, que os axudarán a viaxar cara aos seus propios soños coa seguridade de atrave- sar rmes pontes. onde situar o docente? Introducilas na aula require de reexión, os usos das redes non están dados, dependen da concep- ción metodolóxica de cada un. Onde situar o docen- te é unha das preguntas chave. Vimos de perder de xeito manifesto a autoridade como responsables na transmisión do contido, polo que traballar coas Imaxe: Ángel abril ruiz

Transcript of SermosGaliza: A fondo - Redes sociais, tempos de cambios. As rede sociais no ensino

5En PrOFunDIDaDE

Por Pablo Nimo Liboreiro (@pablonimo) Mestre de primaria e asesor educativo na Amtega

Adoitamos dicir que as redes sociais xa existían. O feito de que un primo meu tivera un coñecido que fora o mellor procurando troitas no río favorecía que eu puidera acadar esa habilidade, e aín-

da que así non fora, o potencial como oportunidade existía. Esta foi unha das chamas que sostivo a nosa aprendizaxe até o de agora. Esta relación tiña un-ha estraña característica, non estaba guiada por un único responsable, simplemente as oportunidades comunicativas aparecían e eu podía aproveitalas ou non, entrarían aí en xogo os intereses propios de ca-da un. Este é un comportamento típico da estrutura en rede onde cada un pode aprender e compartir co outro. Pensar na comunicación como unha estru-tura centralizada é limitar o acceso a un enorme campo de saberes, de destrezas e de habilidades que só son posibles se temos acceso a elas.

Internet nace no ámbito militar, e pasando polo ámbito universitario aterra coa web 1.0 nos usua-rios. Neste primeiro modelo ou tipo, a organización social era centralizada, algúns nodos eran emisores pero na súa maioría simples receptores. A súa evo-lución cara ao que se coñece como web 2.0 foi dando maior protagonismo aos usuarios como emisores de información, o que está a multiplicar exponen-cialmente o potencial comunicativo para os nosos alumnos, aumentando así o número de oportuni-dades para acadar boas aprendizaxes, ou non tan boas. Xa que ben puiden ser amigo dun que tiña un primo que presumía moito por ser o mellor es-cachando cristais a pedradas.

aprendiZaXe uBicuaFalamos de redes distribuídas de aprendizaxe, exis-tentes antes da chegada de internet e recomenda-das polos diferentes movementos de renovación pe-dagóxica. A súa dixitalización fai que agora sexan máis numerosas e maiores xeográficamente. Hoxe é máis doado preguntar algo ao outro lado do mun-do, que atravesar unha leira de millo. As redes so-ciais permiten que a cultura de fóra poida entrar directamente na escola, que os muros inicialmente creados para separar por sexos, e logo por idade,desaparezan nun plano virtual que nos impulse non só a aprender dos demais, senón tamén a que os demais aprendan de nós.

Tamén permiten que a aprendizaxe sexa ubicua: calquera cousa, en calquera momento e en calque-ra lugar. Isto é posible grazas ao aproveitamento da tecnoloxía móbil, recurso con grandes posibilida-des no ensino. E aínda que hoxe supoñen o maior número de accesos a internet, non deben conver-terse nun uso carente de reflexión que poida estar excesivamente exposto ao voraz mundo do consu-mo e da publicidade.

Fóra da escola estas redes xa se están a utili-zar de xeito habitual; que rapaz non ten Tuenti, Twitter, Facebook, Whatsapp ou Line? Xa comen-tan sobre as clases e resólvense dúbidas. Outras veces os seus usos representan graves riscos pa-ra a súa privacidade xa que en internet non temos “dereito ao esquecemento”, algo que até o de agoraera incuestionable. Manuel Castells comenta que “pode que haxa manipulacións da identidade, pero en xeral estas non van a prosperar. O que si é que se te mostras como gato es un gato e non un can”. Pero seguen a ser grandes os seus beneficios, así que estas xeracións precisan coñecer que é “iden-tidade dixital proxectada” como concepto, discutir e consensuar pequenas liñas para a toma de deci-

as redes sociais no ensino

redes sociais na educación implica abandonar ese papel central na experiencia da súa aprendizaxe, e pasar a ser un elemento máis na estrutura de re-de distribuída. Esta adquire unha dinámica propia moito máis alá da pechada dirección que nos poden ofrecer os libros de texto, aínda que estes sexan dixi-tais. Pasamos de docentes que “controlan” a docen-tes que “inflúen”. Somos mestres facilitadores que axudan a identificar, seleccionar, eliminar, construír e reconstruír; en definitiva, trátase de permitir que os nosos alumnos decidan sobre o que eles queren aprender. Existen múltiples formas de concreción na práctica, a exposición ás mesmas implica que te-ñamos que aprender do diálogo na aula e da posta en común das experiencias que, sendo relevantes, constituirán a base das aprendizaxes. O desenvol-vemento dun entorno persoal de aprendizaxe (PLE, nas súas siglas en inglés), ou a súa síntese nun car-tafol dixital, son dúas prácticas dixitais xerais pa-ra acadar coñecemento sobre calquera disciplina. O movemento do software libre ten moito que en-sinarnos sobre isto.

Son, en definitiva, un acelerante da comunica-ción.

O profesorado xa as está a utilizar para compar-tir e xerar coñecemento sobre a práctica educativa. O grupo “Mestres de Galicia en facebook” ou Redei-ras, a rede social do profesorado galego, poden ser unha pequena mostra.

<< As RR SS ás veces representan graves riscos para a privacidade, xa que en internet "non temos dereito ao esquecemento">>

sións conscientes, que os axudarán a viaxar cara aos seus propios soños coa seguridade de atrave-sar firmes pontes.

onde situar o docente? Introducilas na aula require de reflexión, os usos das redes non están dados, dependen da concep-ción metodolóxica de cada un. Onde situar o docen-te é unha das preguntas chave. Vimos de perder de xeito manifesto a autoridade como responsables na transmisión do contido, polo que traballar coas

Imaxe: Ángel abril ruiz