Sketch up

14
DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google SketchUp

Transcript of Sketch up

Page 1: Sketch up

DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google Sketc hUp

Page 2: Sketch up

DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google Sketc hUp

Unha etapa fundamental no proceso tecnolóxico é a do deseño do obxecto a construír.

Hoxe en día empréganse ferramentas informáticas como AUTOCAD ou SketchUp nesta

fase do proceso. Google SketchUp permite crear, modificar e compartir modelos en 3D de

xeito sinxelo e gratuitamente (para empregar AUTOCAD debes comprar unha licenza).

A) Elementos principais da ventá de traballo.

• Eixe de coordenadas : sirven para situarse no espazo:

◦ Eixe azul, altura.

◦ Eixe vermello, ancho.

◦ Eixe verde, profundidade.

Se se quere debuxar unha liña paralela a un dos eixes, a liña do debuxo ten

que ser da mesma cor co eixe correspondente.

• Figura humana : axuda a facerse unha idea das dimensións do debuxo.

• Barra de ferramentas .

• Cadro de control de valores : informa sobre as dimensións do debuxo. Tamén

permite introducir as dimensións dos elementos a debuxar.

Page 3: Sketch up

DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google Sketc hUp

B) Barra de ferramentas e funcións principais.

Podes seguir o titorial que che ofrece o propio programa ou ir probando as distintas

ferramentas ti mesmo, sen dúbida, un dos mellores xeitos de aprender.

Aquí faremos unha breve descrición dalgunhas das ferramentas máis interesantes:

Movemento espacial: a ferramenta orbitar permite moverse no espazo de

traballo, de forma que se poidan ver os debuxos desde calquera ángulo. Combinándoa co

zoom pódese observar o deseño tamén desde calquera distancia.

Ferramenta liña, permite crear aristas (se se quere, paralelas aos eixes) e

con elas planos; Para construír modelos en SketchUp pódense crear aristas e caras

planas con varias ferramentas: liña, arco , círculo , polígono ou man alzada .

Empuxar/tirar: permite dar volume a unha superficie; por exemplo, pódese

empuxar un rectángulo para convertilo nun cubo.

Medidas exactas: a ferramenta medir non só permite medir distancias, tamén

se pode utilizar para crear guías ou marcas que facilitan o debuxo.

Pintar : serve para colorear ou dar textura ás superficies cos materiais da

galería, tales como recubrimentos de chans, metais, madeira, auga, translúcidos, ....

Equidistancia : crea copias de liñas a unha distancia uniforme das orixinais

facilitando, por exemplo, a creación de marcos de ventás, portas, ...

Sígueme : esta ferramenta serve para crear formas 3D dando volume a

superficies ao longo dunha traxectoria. Por exemplo, para debuxar unha botella podo

debuxar a metade do contorno nunha superficie e empregar esta ferramenta para darlle

volume arredor dun círculo.

PRÁCTICAS

Práctica 01: Construción dun paralelepípedo

1. Mover a figura humana: coa ferramenta seleccionar, selecciona a figura humana.

Coa ferramenta de mover , despraza a figura humana.

2. Traza un rectángulo de 400x200cm desde a orixe dos eixes de coordenadas:

▪ Selecciona a ferramenta rectángulo

▪ Introduce as medidas do rectángulo separadas por punto e coma (sen

unidades) no CCV e pulsa enter.

Para consultar as unidades do modelo : ventá/información do modelo/unidades.

Page 4: Sketch up

DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google Sketc hUp

3. Crea volume a partir dunha supeficie:

• Selecciona a ferramenta de empuxar e sitúa o cursor sobre a superficie

do rectángulo (cando a teñas seleccionada, aparecerá punteada).

• Empuxa hacia arriba unha altura de 200cm.

4. Acotar a figura:

▪ Selecciona a ferramenta acotación.

▪ Selecciona as aristas a acotar e desprázaas lixeiramente hacia o exterior da

figura.

Práctica 02: Figuras poligonales

1. Debuxar figuras poligonales:

• Selecciona a ferramenta polígono, teclea o número de lados do polígono (o

valor intróducese automaticamente no CCV). Sitúa o cursor sobre a área do

debuxo para marcar co rato a posición do centro do polígono, despois (unha

vez clicado) introduce o valor do radio medio.

• Debuxa polígonos de 3,4,5,6,8, e 12 lados.

2. Debuxar un círculo , faise do mesmo xeito ca o resto dos polígonos pero

empregando a ferramenta círculo

3. Coa ferramenta de empuxar/tirar, levantar a superficie de cada figura por igual (no

debuxo, 20cm).

4. Seleccionar a ferramenta pintar para colorear os debuxos, colorea todas as

superficies e emprega distintas opcións: cores, metais, madeira....

Page 5: Sketch up

DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google Sketc hUp

Práctica 03: Construción mesa

1. Traza un rectángulo de 65cmx65 cm.

2. Coa ferramenta empuxar, levanta o rectángulo 100cm.

3. Coa ferramenta medir imos trazar unhas marcas, que nos permitirán debuxar o

tabloeiro da mesa.

• Coa ferramenta medir, sitúate nun vértice da

cara superior do paralelepípedo trazado.

• Pulsa o rato e diríxeo hacia abaixo (liña azul).

• Teclea o valor 15 e pulsa Enter; aparecerá

unha marca a 15 cm do vértice.

• Repetir a acción anterior para os trec véritces

restantes.

• Une as marcas realizadas con liñas

(ferramenta liña ).

4. Coa ferramenta empuxar , despraza hacia fóra as superficies superiores de dúas

caras opostas 20cm.

5. Coa ferramenta empuxar , despraza hacia fóra as superficies superiores das outras

dúas caras 40cm.

6. Coa ferramenta pintar , decora as superficies da mesa ao teu gusto.

Page 6: Sketch up

DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google Sketc hUp

Práctica 04: Cadeira

1. Coa ferramenta rectángulo crea un cadrado de 50cmx50cm.

2. Coa ferramenta empuxar , levanta o rectángulo 100cm, formando así un prisma de

50cmx50cmx100cm.

3. Sobre unha das caras, con axuda da ferramenta liña ,

debuxa as liñas mostradas na figura (medidas aproximadas).

4. Selecciona a ferramenta empuxar , despraza a superficie

marcada como 1 á cara oposta do prisma. Repite a acción

coa superficie 2.

5. Para facer as patas, debuxamos nas superficies interiores un

rectángulo , e eliminamos as superficies coa ferramenta

empuxar.

Page 7: Sketch up

DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google Sketc hUp

6. Se o cremos necesario, podemos empuxar o respaldo.

7. Seleccionamos a ferramenta arco . Pinchando sobre unha

das aristas do respaldo desprázamonos hacia a arista

contrario e volvemos facer clic. Se movemos o rato vemos

que se forma un arco . Cando teñamos a arco que

queiramos facemos de novo clic (é importante que o arco se

atope sobre a cara do respaldo da cadeira).

8. Trazado o arco, coa ferramenta empuxar eliminamos o

volume sobrante do respaldo.

9. Pinta a cadeia ao teu gusto.

Práctica 05: Figuras poligonales II

1. Debuxa un rectángulo de 100cmx360cm.

2. Coa ferramenta empuxar, levanta a superficie 20cm.

3. Debuxa guías coa ferramenta medir na parte superior do prisma para atopar os

lugares onde debuxaremos os prismas. Estas guías ou marcas están a 120 cm na

arista máis longa e 50 cm na arista máis curta (ver figura).

4. Traza un hexágono e un círculo , ambos de 45cm de radio con centro na

intersección das guías debuxadas.

5. Levantar o hexágono e o círculo 30cm, coa ferramenta de empuxar .

6. Borra as guías (coa ferramenta borrar ou en Editar/Borrar guías )

7. Encontra o centro do hexágono e debuxa un círculo de radio 30cm; encontra o

centro do círculo e debuxa un hexágono de radio 30 cm.

8. Levanta o círculo e o hexágono 20 e 40 cm, respectivamente.

9. Coa ferramenta pintar, decora ao teu gusto.

Page 8: Sketch up

DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google Sketc hUp

Práctica 06: Mapa topográfico

1. Selecciona a ferramenta man alzada e crea superficies pechadas como as

que se mostran na primeira figura, unhas dentro de outras.

2. Selecciona a ferramenta empuxar e levantar as superficies debuxadas

previamente.

3. Selecciona a ferramenta pintar e colorear as superficies ao teu gusto.

Page 9: Sketch up

DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google Sketc hUp

Práctica 09: Fonte

1. Traza un prisma de base cadrada de 300cmx300cmx60cm.

2. Trazar con medidas aproximadas sobre unha das caras uns escalones (ver figura).

3. Seleccionar a superficie superior do prisma. Elixe a ferramenta sígueme e fai clic

sobre a superficie marcada con 1.

4. Busca o centro da superficie superior e traza un círculo de 50cm.

5. Coas ferramentas liña e arco debuxa unha P no borde da circunferencia (hai que

asegurarse que a P sexa perpendicular á circunferencia).

6. Selecciona a superficie da circunferencia, selecciona a ferramenta sígueme e fai

clic sobre a superficie da P debuxada. Así tendremos a fonte.

7. Levanta a superficie interior da fonte para simular a auga. Pintar as superficies da

fonte e as escaleiras ao teu gusto.

Page 10: Sketch up

DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google Sketc hUp

Práctica 10: Copa

1. Debuxa un círculo .

2. Coa ferramenta rectángulo , debuxa un

rectángulo que teña como vértices da base o

centro do círculo e un punto da circunferencia.

3. Coa ferramenta liña e arco , debuxa sobre o

rectángulo un perfil parecido o da figura.

4. Elimina as superficies sobrantes.

5. Selecciona o círculo, despois coa ferramenta

sígueme hai clic na superficie vertical para crear

a superficie de revolución.

Práctica 11: Arco

1. Debuxar un prisma similar ao da figura e sobre

unha das caras do prisma traza un arco.

2. Elimina o interior do arco coa ferramenta

empuxar .

3. Sobre unha das bases interiores do arco, e a

nivel do chan, debuxa unha superficie similar a da

figura coas ferramentas de liña e arco .

4. Nunha das caras seleccionar as tres liñas que

forman o arco (seleccionar a primeira e pulsando

Page 11: Sketch up

DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google Sketc hUp

a tecla Ctrl selecciona o resto). Seleccionar a ferramenta sígueme , e fai clic sobre

a superficie debuxada no paso anterior.

5. Coa ferramenta pintar , colorea ao teu gusto.

Práctica 12: Estantería

1. Coas ferramentas rectángulo e

empuxar debuxa un prisma de

250cmx50cmx200cm (longo, ancho e

alto).

2. Debuxar con medidas aproximadas as

liñas e arcos que se mostran na

figura.

3. Elixe a ferramenta de equidistancia .

Sitúa o cursor sobre unha das

superficies pintadas e arrastra o rato

hacia o centro, teclear o valor de 4cm e

pulsa enter.

4. Para repetir o proceso só tes que facer

clic sobre cada supercie.

5. Seleccionar a ferramenta empuxar e

desprazar as superficies interiores.

6. Eliminar as liñas interores.

7. Decora ao teu gusto.

Page 12: Sketch up

DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google Sketc hUp

Práctica 13: Casa

Debuxa o tellado

1. Coa axuda das ferramentas rectángulo e empuxar debuxa a figura mostrada con

medidas aproximadas.

2. Coa ferramenta liña seleccionada, traza as rectas que dividen as superficies

superiores dos prismas en dúas partes iguais.

3. Elixe a ferramenta mover, colocar o cursor sobre unha das liñas debuxadas no

paso anterior (colorearase de azul). Fai clic sobre ela e son soltar o rato, mover a

liña na dirección azul; repetir o proceso sobre a cara superior do segundo dos

prismas.

Debuxar os aleróns

4. Coa axuda de guías (ferramenta medir), e a ferramenta liña, traza as liñas

paralelas ás aristas superiores do tellado.

Page 13: Sketch up

DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google Sketc hUp

5. Coa ferramenta empuxar,

empuxa lixeiramente hacia

fóra as superficies dos

aleróns frontal e posterior.

6. Coa ferramenta empuxar,

empuxar lixeiramente

hacia dentro os

rectángulos dasa caras

laterales da casa.

7. Retoca as unións das

paredes exteriores cos

aleróns, trazando unha liña

vertical desde as esquinas

dos rectángulos ata o alerón e, coa ferramenta

empuxar, elimina o volume sobrante. Elimina as

liñas sobrantes sobre as paredes exteriores.

8. Debuxar, coa axuda de guías e a ferramenta

rectángulos, ventás e portas.

9. Coa ferramenta empuxar, introducir lixeiramente

ventás e portas hacia o interior da casa (realízao

nunha ventá e repite o proceso con doble clic no

resto dos elementos).

Page 14: Sketch up

DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google Sketc hUp

10.Sobre a cara da porta lateral da casa debuxar un rectángulo e empúxao hacia fóra

a modo de marquesina.

11. Selecciona a ferramenta mover e, facendo clic sobre a arista superior do frente da

marquesina, desprazar o cursor hacia abaixo (seguindo o eixe azul pulsando a

frecha de dirección hacia abaixo ao mesmo tempo) ata que as dúas aristas case se

xunten.

12.Trazar dous cadrados pequenos e iguais nos vértices exteriores da superficie

interios da marquesina (serán os que nos sirvan para debuxar uns pilares que

suxeiten a marquesina).

13.Coa ferramenta empuxar despraza hacia abaixo os dous cadrados debuxados.

14.Decorar ao teu gusto.