Solución ficha diapositiva 5 e 6
Transcript of Solución ficha diapositiva 5 e 6
IDADE CONTEMPORÁNEA
DIAPOSITIVA 5 e 6
1. Por que tipo de empresas se substitúen os talleres artesanais?
Os talleres artesanais substitúense polas fábricas que empregaban un gran número de
obreiros.
2. Por que medran as cidades?
As cidades creceron pola chegada dos campesiños que buscaban traballo nas fábricas.
VÍDEO: A Revolución industrial
3. Busca no dicionario e explica o significado dos seguintes termos:
a. Comunal (uso comunal)
De usos compartido por varias persoas á vez ou por unha comunidade.
b. Estabular
Criar o gando en cortes.
c. Excedente
Cantidade que excede ou sobra.
d. Autoconsumo
Consumo de produtos propios.
e. Metalurxia
Industria e técnica que se dedica á transformación e elaboración de metais.
f. Siderurxia
Parte da metalurxia que estuda e aplica as técnicas da produción industrial do ferro
e das súas aliaxes.
g. Rede de saneamento
Rede de tubaxes que ten por finalidade resolver a subministración de auga á
poboación, atender a evacuación das augas negras, as de chuvias e a
eliminación dos lixos.
h. Mortalidade
Proporción entre o número de individuos que morren no seo dunha poboación e o
número de membros que a forman, nun tempo determinado.
4. En que país e en que século xurde a Revolución Industrial?
A Revolución Industrial xurde en Inglaterra na segunda metade do século XVIII.
5. No referente á agricultura, fai un esquema cos cambios máis importantes (ata o minuto 1,25)
6. Que máquina propiciou o gran desenvolvemento da industria a partir do século XIX?
A máquina de vapor foi o invento que propiciou o gran desenvolvemento que tivo a no
industria durante o século XIX.
7. Por que se substituíu a la polo algodón na fabricación de téxtiles?
Substituíuse a la polo algodón porque traíase moito algodón das colonias e era un
material máis fácil de tratar que a la. Creáronse máquinas de fiar movidas por máquinas
de vapor que substituíron a enerxía humana por mecánica.
8. Por que cres que aumentan as minas de carbón?
Aumentan as minas de carbón porque o carbón é o combustible que utilizan as máquinas
de vapor.
9. Como inflúe a máquina de vapor e a maior produción de ferro no transporte?
A máquina de vapor e a maior produción de ferro teñen unha gran influenza no sector do
transporte. Créase a primeira locomotora e utilízase o ferro para facer as vías do
ferrocarril que vai reducir o tempo no transporte de mercadorías e de persoas.
10. Que é o éxodo rural?
As melloras na agricultura reduciron a man de obra no campo polo que moitos
agricultores buscaron traballo nas fábricas, nos comercio ou nas escolas artesanais das
cidades, o que se denominou éxodo rural.
11. Como e por que melloran as condicións de vida das persoas nesta época?
As condicións de vida das persoas da época melloraron porque
Había excedente de alimentos que viña do campo
AGRICULTURA
Antes da Revolución Industrial
Parcelas uso comunal
Autoconsumo
Ferramentas básicas
Despois da Revolución Industrial
Propiedade privada
Gandería libre
Innovacións técnicas
Excedente
Comercialización
Estabulación
Sistemas de cultivo máis produtivos
Se crearon redes de saneamento que melloraron as condicións sanitarias nas
cidades
O xabón
12. Fíxate na última imaxe do vídeo e fai un esquema completo sobre a Revolución Industrial
e as súas consecuencias.
Irá en documento aparte.
SÉCULO XX
13. Cantas guerras mundiais houbo no século XX? Participou nelas España directamente?
No século XX houbo dúas guerras mundiais nas que España non participou
directamente.
14. En que ano se aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos?
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos aprobouse despois da II Guerra Mundial,
no ano 1948.
15. Divírtete coa canción sobre os Dereitos Universais. Atréveste cos teus compañeiros e
compañeiras a adaptala ao galego e cantala?