Suxestións de Lectura para o Nadal

11
Suxesti Suxesti ó ó ns ns para un Nadal para un Nadal de lecturas de lecturas en familia en familia Os libros ensin Os libros ensin á á ronme a pensar e ronme a pensar e o pensamento f o pensamento f í í xome libre xome libre

description

Suxestións para un Nadal de lecturas compartidas en familia.

Transcript of Suxestións de Lectura para o Nadal

Page 1: Suxestións de Lectura para o Nadal

SuxestiSuxestióóns ns para un Nadal para un Nadal de lecturas de lecturas en familiaen familia

““Os libros ensinOs libros ensinááronme a pensar e ronme a pensar e o pensamento fo pensamento fííxome librexome libre””

Page 2: Suxestións de Lectura para o Nadal

PARA OS MPARA OS MÁÁIS PEQUECHOSIS PEQUECHOSANTÓN E O APALPADORA historia dun neno de cidade que viaxa a O Courel para pasar as vacacións do Nadal ca súa madriña, alí descubre un mundo máxico dentro da devesa, onde atopa por casualidade a casa do Apalpador

VALADOSUn libro sobre a amizade por riba de todas as fronteiras. Un libro sobre a fraternidade por riba de muros e valados. Un libro sobre a igualdade e liberdade como dereitos primeiros de todos os seres humanos.

GERÓNIMO STILTON: EL SECRETO DE LA ESFINGE

Os gatos piratas chegan ao Antigo Exipto co propósito de derrocar ao faraón Kefrén, facerse co poder e conseguir que a Esfinxe teña a cara dun gato en lugar da do faraón. Gerónimo e os seus amigos deberán viaxar no tempo para desbaratar os plan dos gatos e salvar o curso da historia.

Page 3: Suxestións de Lectura para o Nadal

PARA XPARA XÓÓVENESVENESMI PRIMER LIBRO DE ÓPERADetrás de cada gran ópera hai un texto, un libreto do que xurdiu a súa música. "Mi primer libro de opera" son dez historias cheas de forza, beleza e tenrura que alenta cada ópera e invitan ao lector de hoxe, espectador de mañá, a disfrutar coa música.

O SON DAS BUGUINASO son das buguinas é un libro e DVD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento (IND), unha Organización Non Gobernamental (ONG) de voluntariado que actúa en Galicia para apoiar proxectos de desenvolvemento integral no sur da India e Etiopía.

GENEALOGÍA DE UNA BRUJADous libros cunhas fermosas ilustracións. Un álbum no que Lisbeth, unha nena normal que ten o estraño don de acabar as frases que din os demais, descubre na casa da súa avoa un libro que lle desvelará quen é en realidade. A caixa contén tamén o libro que atopa Lisbeth: unha orixinal xenealoxía de bruxas que percorre lendas, mitos, feitos reais e tradicionais ao longo da historia.

Page 4: Suxestións de Lectura para o Nadal

BARRO DE MEDELLÍNPara Camilo e Andrés os días transcorren vagabundeando polas rúas do seu barrio de Medellín, o mellor lugar do mundo, no que o enorme edificio da biblioteca destaca como un xigante de ladrillo. Camilo ten claro que, cando sexan maiores, dirixirán unha banda de ladróns. Pero Andrés non quere ser ladrón, aínda que ten claro que nunca se separará do seu amigo.

DELICIOSO SUICIDIO EN GRUPOMiles de finlandeses lánzanse cada ano por un precipicio ou inhalan dióxido de carbono do tubo de escape. Precisamente o día de San Xoán, a festa de comezos de verán, Onni Rellonen, un empresario en crises, decide poñer fin á súa vida, pero aínda ben non da atopado cun graneiro afastado, uns ruídos detéñeno . Onni salva a outro visitante do graneiro, o coronel Kemppainen, un viúvo que tiña decidido matarse ese mesmo día. Ambos renuncian ao común propósito e comezan a falar sobre os motivos que lles impulsaban...

ÁS DE BOLBORETA Na «Luzada», a cafetería de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes de As de bolboreta, un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista.

Page 5: Suxestións de Lectura para o Nadal

EL HOMBRE QUE CALCULABAUn libro de contos ao estilo de “As mil e unha noites”, onde o personaxe central é un célebre calculista persa, o xoven Beremiz Samir. Este home percorre as rexións de Oriente, asombrando coa resolución habilidosa dos problemas que se lle presentan, citando matemáticos e xeómetras famosos da antigüidade, cidades como Bagdad, Damasco, Medina, El Cairo...

ARREPÍOS E OUTROS MEDOSCen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega.A FLOR DA AUGA Cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga, proveña esta de fontes, dos ríos, do mar ou do ceo, xunto cos seres da mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais.

LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOSMattia pensaba que Alice e mais el eran como os número primos. Dous primos xemelgos, soos e perdidos, xuntos pero non o bastante como para ser quen de tocarse de verdade. Esta fermosa metáfora é a clave da dolorosa e conmovedora historia de Mattia e Alice quen sofre un grave accidente de esquí nunha fría mañá de espesa néboa...

Page 6: Suxestións de Lectura para o Nadal

PARA ADULTOSPARA ADULTOSSOL DE INVERNOUnha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra.

LA SOCIEDAD LITERARIA Y EL PASTEL DE PIEL DE PATATA DE GUERNSAYXaneiro de 1946: Londres emerxe das sombras da segunda guerra mundial. A escritora Juliet Ashton atopa a carta dun descoñecido, un nativo da illa de Guernsey, a cuxas mans chegou un libro de Charles Lamb que pertenceu a Juliet. A medida que Juliet e o descoñecido intercambian cartas, ela quédase atrapada no mundo deste home e os seus amigos, que resulta ser un mundo marabillosamente excéntrico.

LOS GUARDIANES DEL LIBROA historia desenvólvese despois da guerra de Bosnia, cando Hanna, bibliófila, se traslada a Sarajevo para restaurar un tesouro perdido. Xa en Bosnia, comezará a traballar na restauración da Haggadah de Sarajevo –un libro de oracións xudeu- para tratar de descubrir os seus segredos e reconstruír a historia da súa milagrosa supervivencia.

Page 7: Suxestións de Lectura para o Nadal

A ELEGANCIA DO OURIZOA historia de Renée, a porteira dun edificio do París burgués. Viúva, cativa e laida, ninguén sospeita que é máis culta ca todos os ricos que moran na veciñanza. E a de Paloma, que vive na mesma casa, ten doce anos, é extraordinariamente intelixente e négase a ter como destino a vacuidade e a inepcia da existencia adulta. Cando faga trece anos, ten pensado suicidarse.

EL HOMBRE MOJADO NO TEME LA LLUVIAEsta é a historia dun percorrido por Iraq, Israel, Territorios Ocupados palestinos, Líbano, Siria, Exipto e Afganistán con nomes e apelidos, dando voz aos protagonistas da triste historia da rexión, homes e mulleres cuxas biografías e opinións explican e determinan a situación no lugar mais conflictivo do planeta.

A PRAIA DOS AFOGADOSUnha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.

Page 8: Suxestións de Lectura para o Nadal

PARA AVOAS E AVPARA AVOAS E AVÓÓSSPEPA A LOBAPepa a Loba é unha figura mítica de Galicia e unha figura lendaria de bandoleira galega dende finais do século XIX, que, segundo a lenda, acadou gran fama asantando camiños e roubando a caciques e cregos.

COUSASCousas é unha colección de corenta e cinco relatos breves satíricos de Castelao, onde se presentan as actividades da Galicia da súa época. Un texto crítico coa sociedade da época, resaltando as dificultades da vida dos galegos de entón obrigados á emigración e angustiados póla pobreza.

CARTAS A LELOToño de Loureiro proponlle a Lelo, mozo que emigrou hai tres anos a Brasil, un intercambio epistolar no que cada un deles contará as súas vivencias en terras tan afastadas. Na obra recóllense as cartas de Toño e a partir delas podemos deducir as noticias sorprendentes da emigración, que espertan o interese dos seus amigos, con quen as comparte.

Page 9: Suxestións de Lectura para o Nadal

ALCHEMIST. FULL METALUnha serie manga escrita e ilustrada por Hiromu Arakawa. A historia céntrase nos hirmáns Edward e Alphonse Elric, que queren restaurar os seus corpos por medio da pedra filosofal tras un falido intento de resucitar á súa nai a través da alquimia.

AS SERPES CEGAS A Ben Koch búscao un home estraño que viste de vermello, mais el aínda non o sabe porque ten a cabeza noutro lado. O propio Ben anda á súa vez na procura de alguén. Estamos en Nova York en 1939, a Guerra Civil está rematando e antes da tormenta mundial que se aproxima, algunhas contas deben ser saldadas.

BÍCAME PROFE 1 / 2Atsushi-kun está namorado do seu antigo veciño e amigo Maachan, e trata de matricularse no Instituto Jyogaoka para poder estar preto del nos próximos tres anos.

BANDA DESEBANDA DESEÑÑADAADA

Page 10: Suxestións de Lectura para o Nadal

APRENDER A CONVIVIRO filósofo J. A. Marina afonda no actual modelo de convivencia e plantexa algunhas claves para mellorar as relacións humanas e reducir os conflictos. Este ensaio reflexiona sobre a dificultade de convivir e sinala a importancia de que os adultos sexan quen de transmitir aos nenos e nenas “recursos efectivos” que favorezan a relación entre os seres humanos.

MANUAL PARA PADRES DESESPERADOS CON HIJOS ADOLESCENTESSer pai e nai é o traballo máis duro do mundo, esixe 24 horas ao día os 365 días do ano, pero tamén debe ser o máis gratificante. Este manual intenta facerlles comprender que moitas das conductas do seu fillo ou filla adolescente son normais e incluso necesarias para o seu desenvolvemento como persoas e suxírelles técnicas que lles axudarán a levar estes conflictos entre pais e fillos con mais control e menos estres.

DIVULGACIDIVULGACIÓÓNNADOLESCENTES ¡QUÉ MARAVILLA!Partindo dunha serie de enunciados moi suxerintes e da súa propia testemuña, a autora – pedagoga e nai- vai debagando ideas claras, valentes e con corazón, que son de gran axuda e supoñen un extraordinario reconstituinte anímico para pais e nais de adolescentes.

Page 11: Suxestións de Lectura para o Nadal

““O SEGREL DO PENEDO

O SEGREL DO PENEDO””

Deséxavos todo o mellor para o 2010 !!!!

“A ensinanza da literatura debería limitarse á lectura; unha lectura máis intensiva ca extensiva. É bo aprender cousas de memoria se nos producen un pracer espontáneo, pero é completamente inútil, desde o punto de vista da educación literaria, ler algo, por moi clásico que sexa, cuxa lectura non proporcione deleite ao lector”

Bertrand Russell

““SE TI LES, SE TI LES, ELES LENELES LEN””