Tema 13. lección 5
-
Upload
dudashistoria -
Category
Education
-
view
789 -
download
4
Transcript of Tema 13. lección 5
Lección 5. Evolución e movementos naturais. Poboación de Galicia: Movementos
migratorios. Distribución e composición
Tema 13. A poboación e o poboamento en España. A poboación en Galicia
Coñecemos restos da ocupación humana en territorio galego dende o Paleolítico Inferior (2,5 millóns de anos-120.000 anos).
Coa conquista Romana, a cidade volveuse o centro administrativo.
Coas invasións xermánicas e musulmás produciuse un estancamento demográfico e tendeuse á ruralización.
Na Idade Media:– Os mosteiros e os reis favoreceron a repoboación.– Ao desenvolver os sistemas de roturación de novas
terras de cultivo, apareceu o poboamento disperso en pequenas aldeas.
– A parroquia acadou grande importancia relixiosa e administrativa.
– Durante os séculos XII e XIII por todo o Camiño de Santiago e o litoral desenvolvéronse importantes cidades, que contrastaban coas zonas eminentemente rurais.
– Destacaron as vilas.
A evolución da poboación galega
Nos séculos XVII e XVIII:– A pesares dos episodios de fames e epidemias, houbo
un importante crecemento da poboación grazas ás actividades pesqueiras e aos novos cultivos (millo e patacas).
– Destaca tamén a emigración cara o interior peninsular.
Último terzo século XIX:– Emigración continua ata finais do século XX, o que
fixo que a poboación galega envellecese.– Persistiu a concentración da poboación no litoral.– A maioría da poboación era eminentemente rural
(lentitude no desenvolvemento industrial). Entre 1950 e 1970:
– Estancouse o crecemento demográfico. Finais do século XX:
– Se freou a emigración e retornaron algúns dos emigrantes. Ademáis aumentou o número de inmigrantes.
– Acentuouse o envellecemento e o despoboamento de comarcas interiores.
Tiveron moita importancia na historia recente de Galicia, posto que tradicionalmente foi unha rexión de emigración (sobre todo a partires da segunda metade do século XIX).
Etapas e principais destinos:◦ Emigración a América:
Moi numerosa e maioritariamente masculina. Entre mediados do século XIX e 1914 (comezo da
Primeira Guerra Mundial) si dirixiu a Cuba, Arxentina e Brasil, dende A Coruña, Vigo e Carril (Vilagarcía).
Entre 1914 e a Guerra Civil, os galegos retornaron debido á crise económica mundial.
Durante a Guerra Civil e inmediatamente despois houbo un gran número de exiliados políticos. E posteriormente (durante os anos cincuenta e sesenta) a emigración (a Venezuela, sobre todo) reiniciouse.
Movementos migratorios
◦ Emigración a Europa Occidental: Despois da Segunda Guerra Mundial, Alemaña,
Francia e Suiza foron os destinos máis comúns. Producíronse estas migracións ata a crise dos setenta.
◦ Éxodo rural: A principios do século XX as migracións do campo á
cidade foron constantes en cidades industriais, como as do País Vasco, Asturias ou Barcelona e Madrid.
◦ Migracións dentro de Galicia: Sobre todo se producen das zonas do interior cara á
costa, provincias urbanas.
A composición da poboación galega
• Tendencia a o avellentamento da poboación aínda máis marcada que o resto de España.
• Taxa de poboación activa inferior á española e taxa de paro similar.
• Análise por sectores:– Sector primario: en retroceso.– Sector secundario: ocupa este sector case
un terzo da poboación activa.– Sector terciario: ocupa este sector máis da
metade da poboación activa.