Tema 15.- A cidade e o urbano. ESO tema... · 1.- O poboamento urbano. Aproximación á cidade....

3
2º ESO - Tema 15 - páx. 1 Tema 15.- A cidade e o urbano. N 1.- Le detidamente a introdución ao tema nas páxinas 250-251. Despois explica que entendes por cidade. 1.- O poboamento urbano. Aproximación á cidade. 1.1.- O poboamento rural e urbano. N 2.- Le este apartado na páxina 252. Despois realiza a actividade 4 da páxina 253. 1.2.- O concepto de cidade. C A palabra cidade é un concepto impreciso. Non existe unha única definición de cidade, xa que os criterios usados para definila son moi distintos e varían segundo os países. Xeralmente, empréganse cinco criterios que axudan a diferenciar unha cidade dun asentamento rural: o tamaño, a densidade da súa poboación, a forma ou morfoloxía urbana, as actividades económicas e as formas de vida. Criterio Cidade Tamaño C Poboación superior á dos asentamentos rurais. O número de habitantes para que un núcleo de poboación se considere unha cidade varía segundo os países; en España clasifícase como cidade a concentración de máis de 10.000 habitantes Densidade de poboación C Densidade de poboación elevada: vive moita xente nun espazo relativamente pouco extenso C As cidades teñen, por definición, un poboamento concentrado Morfoloxía C Amplas avenidas, predominan as vivendas colectivas desenvolvidas en altura (edificios) sobre as vivendas unifamiliares C Moita circulación de persoas e vehículos, densa rede de comunicacións, abundantes servizos públicos e locais de ocio... C Zonas verdes creadas ou mantidas artificialmente (parques) Actividade económica C Predominio das actividades secundarias (industria) e sobre todo terciarias (servizos) C A cidade organiza e dirixe as actividades económicas da rexión que a circunda Formas de vida C Complexas: predomina o individualismo, as relacións son máis impersoais e anónimas C Os valores, os hábitos de traballo e a utilización do tempo libre son diferentes aos dos asentamentos rurais C Existe unha maior especialización no traballo e máis posibilidades de acceso á información e á cultura N 3.- Realiza as actividades do mapa da páxina 253. 1.3.- As funcións urbanas. N 4.- Le os apartados 1.3 e 1.4 nas páxinas 252 e 253. Despois realiza as actividades 6 e 7 da páxina 253. 2.- O crecemento urbano actual. 2.1.- O proceso de urbanización. N 5.- Le este apartado na páxina 254. Despois razoa as seguintes preguntas: a.- Cres que se pode afirmar que o mundo actual é un mundo de cidades? Argumenta a resposta. b.- Que factores explican o actual crecemento urbano? 2.2.- As aglomeracións urbanas. N 6.- Le este apartado na páxina 254. Despois responde as seguintes cuestións: a.- Que son as aglomeracións urbanas? b.- Identifica e define os diferentes tipos de aglomeración urbana. 2.3.- A xerarquía urbana. As cidades non están illadas no territorio, senón que se conectan entre si mediante intercambios de todo tipo: persoas, medios de transporte, produtos, información... Todos estes intercambios unen as cidades formando redes urbanas. No mundo actual, todas as redes urbanas están interconectadas entre si, e forman unha rede global. C Unha rede urbana está formada, pois, por un conxunto de cidades que manteñen entre elas relacións de dependencia. Pero non todas as cidades teñen a mesma influencia: existe unha orde de importancia, unha xerarquía. N 7.- Le este apartado na páxina 254. Despois realiza a actividade 3 do apartado Sintetiza. Investiga: a morfoloxía urbana. A morfoloxía urbana é a forma ou aspecto externo que presenta unha cidade. Depende de diversos factores: a orixe e localización da cidade, a súa posterior evolución, as funcións que desempeña... A morfoloxía dunha cidade está reflectida no seu plano. C O plano dunha cidade é a representación gráfica, a gran escala, da trama dunha cidade, é dicir, da distribución dos espazos libres (rúas, prazas, espazos sen edificar, parques, xardíns) e dos espazos construídos (vivendas, industrias, edificios públicos...).

Transcript of Tema 15.- A cidade e o urbano. ESO tema... · 1.- O poboamento urbano. Aproximación á cidade....

Page 1: Tema 15.- A cidade e o urbano. ESO tema... · 1.- O poboamento urbano. Aproximación á cidade. 1.1.- ... Nos países desenvolvidos, a urbanización esténdese por todo o territorio,

2º ESO - Tema 15 - páx. 1

Tema 15.- A cidade e o urbano.

N 1.- Le detidamente a introdución ao tema nas páxinas 250-251. Despois explica que entendes por cidade.

1.- O poboamento urbano. Aproximación á cidade.

1.1.- O poboamento rural e urbano.

N 2.- Le este apartado na páxina 252. Despois realiza a actividade 4 da páxina 253.

1.2.- O concepto de cidade.

C A palabra cidade é un concepto impreciso. Non existe unha única definición de cidade, xa que os criterios usados para definila son moi distintos evarían segundo os países. Xeralmente, empréganse cinco criterios que axudan a diferenciar unha cidade dun asentamento rural: o tamaño, adensidade da súa poboación, a forma ou morfoloxía urbana, as actividades económicas e as formas de vida.

Criterio Cidade

TamañoC Poboación superior á dos asentamentos rurais. O número de habitantes para que un núcleo de poboación se considere unha

cidade varía segundo os países; en España clasifícase como cidade a concentración de máis de 10.000 habitantes

Densidade depoboación

C Densidade de poboación elevada: vive moita xente nun espazo relativamente pouco extensoC As cidades teñen, por definición, un poboamento concentrado

MorfoloxíaC Amplas avenidas, predominan as vivendas colectivas desenvolvidas en altura (edificios) sobre as vivendas unifamiliaresC Moita circulación de persoas e vehículos, densa rede de comunicacións, abundantes servizos públicos e locais de ocio...C Zonas verdes creadas ou mantidas artificialmente (parques)

Actividadeeconómica

C Predominio das actividades secundarias (industria) e sobre todo terciarias (servizos)C A cidade organiza e dirixe as actividades económicas da rexión que a circunda

Formasde vida

C Complexas: predomina o individualismo, as relacións son máis impersoais e anónimasC Os valores, os hábitos de traballo e a utilización do tempo libre son diferentes aos dos asentamentos ruraisC Existe unha maior especialización no traballo e máis posibilidades de acceso á información e á cultura

N 3.- Realiza as actividades do mapa da páxina 253.

1.3.- As funcións urbanas.

N 4.- Le os apartados 1.3 e 1.4 nas páxinas 252 e 253. Despois realiza as actividades 6 e 7 da páxina 253.

2.- O crecemento urbano actual.

2.1.- O proceso de urbanización.

N 5.- Le este apartado na páxina 254. Despois razoa as seguintes preguntas:a.- Cres que se pode afirmar que o mundo actual é un mundo de cidades? Argumenta a resposta.b.- Que factores explican o actual crecemento urbano?

2.2.- As aglomeracións urbanas.

N 6.- Le este apartado na páxina 254. Despois responde as seguintes cuestións:a.- Que son as aglomeracións urbanas?b.- Identifica e define os diferentes tipos de aglomeración urbana.

2.3.- A xerarquía urbana.

� As cidades non están illadas no territorio, senón que se conectan entre si mediante intercambios de todo tipo: persoas, medios de transporte,produtos, información... Todos estes intercambios unen as cidades formando redes urbanas. No mundo actual, todas as redes urbanas estáninterconectadas entre si, e forman unha rede global.

C Unha rede urbana está formada, pois, por un conxunto de cidades que manteñen entre elas relacións de dependencia. Pero non todas as cidadesteñen a mesma influencia: existe unha orde de importancia, unha xerarquía.

N 7.- Le este apartado na páxina 254. Despois realiza a actividade 3 do apartado Sintetiza.

Investiga: a morfoloxía urbana.

� A morfoloxía urbana é a forma ou aspecto externo que presenta unha cidade. Depende de diversos factores: a orixe e localización da cidade, a súaposterior evolución, as funcións que desempeña... A morfoloxía dunha cidade está reflectida no seu plano.

C O plano dunha cidade é a representación gráfica, a gran escala, da trama dunha cidade, é dicir, da distribución dos espazos libres (rúas, prazas,espazos sen edificar, parques, xardíns) e dos espazos construídos (vivendas, industrias, edificios públicos...).

Page 2: Tema 15.- A cidade e o urbano. ESO tema... · 1.- O poboamento urbano. Aproximación á cidade. 1.1.- ... Nos países desenvolvidos, a urbanización esténdese por todo o territorio,

2º ESO - Tema 15 - páx. 2

C Os tipos de plano urbano son moi variados, aínda que se adoitan clasificar en dúas grandes categorías: plano irregular e planos regulares.T Plano irregular: é aquel que carece de planificación, xa que a cidade medrou de xeito espontáneo e desordenado. T Planos regulares: son aqueles nos que o trazado dos diferentes espazos urbanos reflicte un ordenamento, unha planificación previa. Os máis

comúns son o plano ortogonal ou reticular, e o plano radiocéntrico. Fíxate nas ilustracións da páxina 255.

1.- O plano irregular presenta rúas curtas, estreitas e tortuosas, ás veces sen saída, patios interiores e prazas sen forma definida, que producen unefecto desordenado e confuso. O seu trazado responde a un crecemento incontrolado da cidade. Este tipo de plano é característico das cidadesmusulmás, da zona medieval das cidades europeas e dalgunhas cidades dos países en vías de desenvolvemento de Asia, África e América Latina.

C Este tipo de plano dificulta as comunicacións e o tráfico de vehículos, pero permite conservar monumentos históricos de grande interese na zonavella das cidades.

2.- O plano ortogonal está formado por rúas rectas que se cortan perpendicularmente formando cuadrículas. Utilizouse moito ao longo da historia:a súa orixe remóntase ás cidades gregas e romanas, e despois foi utilizado nas cidades de nova creación de época moderna, e nos ensanches, osnovos barrios das cidades dos séculos XIX e XX.

C Ofrece unha forma simple e sinxela de ampliar, pero a súa organización espacial non se adapta a calquera topografía, e as súas rúas perpendicularescrean moitos cruces que non permiten unha circulación fluída, polo que se fai necesario crear eixes diagonais para comunicar os extremos.

3.- O plano radiocéntrico organízase a partir dun núcleo central do que parten rúas radiais, cortadas por outras que forman círculos concéntricos, cadavez máis afastados do centro a medida que a cidade vai crecendo en extensión. O seu trazado permite un rápido acceso ao centro polas vías radiais,pero a comunicación entre as distintas zonas da cidade pode resultar difícil e a miúdo é obrigado o paso polo centro urbano; para evitalo trázanseroldas (vías de comunicación que unen os eixes en forma de círculo). Cidades como París, Moscova, Milán ou Madrid son exemplos deste tipo.

N 8.- Comenta os seguintes planos urbanos: resume os seus trazos básicos, as súas vantaxes e inconvenientes.

plano 1 plano 2 plano 3

3.- Un mundo de grandes cidades.

3.1.- As grandes cidades contemporáneas.

N 9.- Le este apartado na páxina 256. Despois realiza as seguintes actividades:a.- Que características teñen en común as grandes cidades do mundo?b.- Actividades do mapa da páxina 257.

3.2.- A explosión urbana.

� Un dos trazos máis característicos do mundo actual é a concentración da poboación en cidades. No ano 1800, só o 3% da poboación mundial vivíaen cidades; en 1950, o 30%, e no ano 2010 xa superou o 50% (máis de 3.500 millóns de persoas). Este fenómeno de crecemento rápido da poboacióndas cidades denomínase explosión urbana; desenvolveuse en momentos diferentes, e presenta trazos distintos entre países desenvolvidos esubdesenvolvidos.

C Nos países desenvolvidos o crecemento urbano está asociado á revolución industrial e ao crecemento económico, e produciuse sobre todo no séculoXIX e a primeira metade do XX. As novas fábricas situáronse xeralmente nas cidades ou creceron cidades ao redor de centros industriais; ademais,a poboación campesiña emigrou en masa cara aos centros urbanos (éxodo rural) para ocupar os novos empregos que xeraban as fábricas.

C Nos países menos desenvolvidos o gran crecemento urbano comezou no século XX, sobre todo na súa segunda metade, pero desenvolveuse deforma acelerada e desordenada. Neste caso obedeceu a un éxodo rural que, polo xeral, non foi acompañado dun desenvolvemento económico:a poboación campesiña emigrou ás cidades para fuxir da miseria e da falta de perspectivas das áreas rurais, pero a realidade é que as cidades doTerceiro Mundo non ofrecen empregos, vivendas nin servizos suficientes para os novos habitantes.

� Na actualidade, os países desenvolvidos son os máis urbanizados; neles, o 75% da poboación habita en cidades, fronte ao 44% dos países menosdesenvolvidos. A paisaxe urbana presenta diferenzas importantes entre ambas áreas:

N 10.- Le os apartados 3.2 e 3.3 das páxinas 256 e 257. Despois realiza a actividade 4 da páxina 257.

Page 3: Tema 15.- A cidade e o urbano. ESO tema... · 1.- O poboamento urbano. Aproximación á cidade. 1.1.- ... Nos países desenvolvidos, a urbanización esténdese por todo o territorio,

2º ESO - Tema 15 - páx. 3

3.3.- A distribución da poboación urbana da Terra presenta na actualidade grandes diferenzas:

Evolución da

poboación urbana

(Fonte: ONU)

ano 1950 ano 1975 ano 2007 ano 2025

Poboaciónurbana

taxa deurbanización

Poboaciónurbana

taxa deurbanización

Poboaciónurbana

taxa deurbanización

Poboaciónurbana

taxa deurbanización

[millóns depersoas]

[% de poboaciónurbana]

[millóns depersoas]

[% de poboaciónurbana]

[millóns depersoas]

[% de poboaciónurbana]

[millóns depersoas]

[% de poboaciónurbana]

Mundo 738 29,1 1.518 37,3 3.293 49,4 4.585 57,2

Países desenvolvidos 428 52,5 701 67 911 74,4 995 79

Países subdesenvolvidos 310 18 817 27 2.382 43,8 3.590 53,2

África 33 14,5 107 25,7 373 38,7 658 47,2

Asia 237 16,8 574 24 1.645 40,8 2.440 51,1

Europa 281 51,2 444 65,7 528 72,2 545 76,2

América Latina e Caribe 69 41,4 198 61,1 448 78,3 575 83,5

América do Norte 110 63,9 180 73,8 275 81,3 337 85,7

Oceanía 8 62 15 71,5 24 70,5 30 71,9

C Por continentes, a taxa de urbanización máis alta en 2007 correspondía aos tres continentes máis desenvolvidos (América do Norte, Europa eOceanía), e a América Latina, que constitúe unha excepción dentro das áreas pouco desenvolvidas. A taxa máis baixa correspondía a África e Asia,os continentes menos desenvolvidos. En cifras absolutas, en cambio, Asia concentra o maior volume de poboación urbana da Terra.

C Por grupos de países, os países desenvolvidos teñen unha taxa de urbanización elevada, pero a súa poboación urbana só representa o 27,7% dapoboación urbana mundial. Os subdesenvolvidos, en cambio, teñen unha taxa de urbanización menor, pero a súa poboación urbana supón o 72,3%da poboación urbana mundial.

C Por países, as cifras absolutas máis altas concéntranse nuns poucos Estados, case todos subdesenvolvidos ou emerxentes: China, India, EUA,Bangladesh, Indonesia, Nixeria e Paquistán. En todos eles, agás en EUA, se espera un elevado crecemento da poboación urbana entre 2007 e 2050.

C A distribución da urbanización tamén presenta diferenzas. Nos países desenvolvidos, a urbanización esténdese por todo o territorio, e a cidade eo campo foron integrándose de forma paulatina. En cambio, nos países subdesenvolvidos a distribución é desequilibrada, xa que se contrapoñengrandes aglomeracións urbanas e extensas áreas rurais.

N 11.- Le este apartado e observa a táboa. Despois responde estas preguntas:a.- Que é a taxa de urbanización? Como se calcula?b.- Canto medrou a poboación urbana mundial e a taxa de urbanización entre 1950 e 2007? Onde medrou máis?c.- En que países e continentes é maior a poboación urbana? E a taxa de urbanización?d.- Tendo en conta o anterior, que relación atopas entre desenvolvemento e taxa de urbanización?

4.- A cidade europea ao longo do tempo.

N 12.- Le este apartado nas páxinas 260 e 261. Despois responde as seguintes cuestións:a.- Que etapas se poden distinguir na evolución histórica das cidades europeas?b.- Resume os trazos básicos das cidades romanas e das cidades medievais. Sinala as principais diferenzas.c.- Que cambios experimentaron as cidades como consecuencia da Revolución Industrial?d.- Cales son as principais características que definen as cidades postindustriais?

5.- O espazo urbano en España.

N 13.- Le este apartado nas páxinas 262 e 263. Despois realiza as seguintes actividades:a.- Identifica os problemas das cidades españolas. Que medios usan os gobernos para afrontalos?b.- Explica os distintos niveis da xerarquía urbana española.c.- Observa o mapa da páxina 263. Despois elabora e enche un cadro como este:

eixe urbano metrópole nacional metrópoles rexionais metrópoles subrexionais centros subrexionais

6.- As cidades de Galicia.

N 14.- Le este apartado nas páxinas 264 e 265. Despois realiza as actividades do plano de A Coruña (1, 2) e as do apartado Sintetiza(8 a 11).

N 15.- Repaso. Realiza a actividade 5 da páxina 267.