TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

20

description

O tío Casimiro foi un dos habitantes que viviu no barrio guardés de Ribadavila, on exerceo a profesión de panadeiro.

Transcript of TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

Page 1: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila
Page 2: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

� Agust�n Ferreira Lorenzo

Dese�o orixinalAgust�n Ferreira Lorenzo

Colecci�n:Xentes de Ribadavila

Contacto:[email protected]@gmx.es

Publicado orixinalmente en:www.galiciasuroeste.infoNovembro, 2012

Publicado en ISSUUMaio, 2013

Page 3: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila
Page 4: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

Casimiro Jos� Pereira Rodrigues, naceu na fre-gues�a portuguesa de San Xuli�n de Freixo, Ponte de Lima, o 23 de novembro de 1897. Era fillo de Francisco Jos� Pereira e de Luiza Ro-drigues Magalh�es. Morreo na Guarda, lugar da s�a residencia dende os anos trinta do s�culo pasado, un 25 de agosto de 1978. Sa-bemos que no ano 1929, isto �, cando contaba 32 anos, resid�a en Vila Nova de Cerveira, onde, ao pare-cer, viv�a dende os 14 anos, idade na que axudou a abrir a estrada de Ponteareas a Mondariz, al� se trasladaba, xunto con outros operarios

portugueses, para tal cometido. Non sabemos dende cando, pero no ultimo trimestre do ano 1925, cando contaba 28 anos, estivo residindo en Braga (Portugal), desempe�ando o oficio de “cocheiro” (algo semellante a taxista) onde estaba habilitado para traballar con dous cabalos, tal e como se pode ver nun documento que lle permit�a de-sempe�ar ese oficio, as� como pola li-cencia concedida pola C�mara Munici-pal daquela capital con validez para o citado ano. Logo regresar�a a Vila Nova de Cerveira traballando de panadeiro, profesi�n que exerceo ata a s�a xubila-ci�n, xa na vila guardesa.

S�a muller, a t�a Amparo Portela Fajar, naceo o 4 de marzo de 1894. Era filla de Rafael Portela (xornaleiro) e Ma-r�a del Carmen Fajar, que tiveron ade-mais outros cinco fillos: Consuelo casa-

A t�a Amparo ti�a un grande parecido coa s�a irm� Consuelo, que estaba casa-

da con Alfonso “O Canexa.

Page 5: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

da con Alfonso “O Canexa“, Candelaria casada con Emilio “Cabeza de Ferro”; Avelino “de Ba-rrias“, solteiro; Rafael casado con M� Rosa Braga e Julio, solteiro, que foi carteiro. Amparo mo-rrer�a o 2 de xullo de 1961, aos 67 anos de idade, logo de permanecer moitos anos inv�lida.

Casimiro e Amparo casaron o 8 de xu�o de 1929 na Igrexa parroquial da Guarda, oficiando o Presb�tero D. Manuel �lvarez Rodr�guez. Contaba Casimiro 31 anos e estaba empadroado en Vila Nova de Cerveira, s�a muller Amparo ti�a a idade de 35 anos. No primeiro ano de ca-sados residiron naquela vila, pasando pouco despois a � Guarda onde fixaron a s�a residencia definitiva. Do matrimonio naceron dous fillos: Rosa, que aparece inscrita como Rosa Portela Pereira, obs�rvese que o primeiro apelido � o da nai, nacida en Loivo (Vila Nova de Cerveira) o 17 de xullo de 1930, morrer�a na r�a Calvario, por causa dunha bronco-pneumon�a cando contaba dous anos (1932), e Antonio, m�is co�ecido como Toni�o, a quen lle dedicaremos un cap�tulo.

Un ano despois de casar, como dixemos anterioremente, Casimiro e Amparo trasl�danse para � Guarda, establecendo o seu domicilio nunha casi�a da r�a Largo, no barrio de Ribada-vila, pouco despois pasar�an a vivir na r�a Calvario, � lado de onde ti�an a panader�a. Cando Casimiro chegou a esta localidade, comezou traballando na panader�a de Recaredo, no Coru-to, al� estaba outro irm�n del, C�ndido, que viv�a no Castro (pai de Manolo o Caballero). Cara ao ano 1931 se establece pola s�a conta, montando a panader�a na r�a Calvario, pois nun do-cumento do Sindicato General de Trabajadores de La Guardia y sus contornos, aparece como data de inscrici�n no mesmo a do 1 de xu�o de 1931, polo que se desprende que, nese ano, xa levaba o seu propio negocio. Por estar afiliado a este sindicato pagaba unha mensualidade de 50 c�ntimos.

A panader�a e a vivenda familiar eran de aluguer. A primeira, pertencente � familia “dos Brocas”, en tanto que a segunda pertenc�a o t�o Martinillo. Da panader�a e da antiga vivenda,

Do matrimonio Casimiro-Amparo, nacer�a Rosa, unha neni�a que naceo en Vila Nova de Cerveira e que, por mor dunha bronconeumon�a, morrer�a cando contaba con dous anos

de idade. Na fotograf�a cando estaba no leito mortuorio

Page 6: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

Orixinal da licenza anual de cocheiro otorgada pola C�mara Municipal de Braga no ano 1925, a Casimiro, contaba por ent�n, 28 anos de idade.

Page 7: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

hoxe non queda nada. No sitio da primeira se levantou unha vivenda unifamiliar propiedade de Jos� “O Teso” e da s�a muller, xa faleci-dos, e da segunda se constru�u un edificio constitu�do por baixo e dous pisos.

Como en moitas casas do barrio, na do t�o Casimiro e t�a Am-paro, tam�n se criaban animais pa-ra consumo propio. Entre �stes es-taban os porcos. Cando chegaba o d�a da matanza, era obrigatorio so-licitar o correspondente permiso no Concello guard�s e pagar os arbi-trios correspondentes, as�, no mes de abril do ano 1937, tiveron que

Isidro Parada era un dos m�is popula-res empresarios aut�nomos locais.

Ti�a taller mec�nico para reparar re-loxos e gram�fonos. Aqu� vemos un

recibo entregado por Isidro ao t�o Casimiro como proba de que deixara un reloxo espertador a arranxar. Ob-s�rvese a nota do final, onde demos-

traba Isidro que garant�a por dous anos, e con hora exacta, as repara-

ci�ns dos reloxos, e isto xa nos anos corenta.

Page 8: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

pagar 2 pesetas polo arbitrio de inspecci�n e 5 pesetas polo “deg�ello de un cerdo“, total 7 pesetas, m�is un 10 % de recargo. Eran malos tempos para o matrimonio e, en moitas oca-si�ns, como sucedeu neste caso, non puideron facer fronte ao mencionado pago polo que a Agencia Ejecutiva de Arbitrios do Concello de A Guarda procedeu a ingresar a Consuelo (nome que figuraba como titular) na relaci�n de morosos, d�ndolle un prazo de 48 horas para liquidar a deuda ou, no caso contrario, proceder�an � embargo dos bens. Asinaba o escrito o Agente ejecutivo, Gerardo Trigo.

A panader�a ocupaba un baixo que, rememorando as mi�as lembranzas, se me antoxa hoxend�a “penumbroso”, cunha fiestra enfronte da cal hab�a unha mesa oscura e, ao seu ca-r�n, sentada nunha cadeira, a t�a Amparo, impedida para cami�ar, que era a encargada de cobrar aos clientes. � esquerda da fiestra estaba a porta de entrada. O forno, que era de le-�a, situ�base fronte a esta porta, no fondo do local. A panader�a desprend�a un agradable aroma a pan quente.

As p�s para o forno eran fabricadas polos carpinteiros da zona, especialmente polo po-pular Remigio Vicente Conde (co que traballaba tam�n o seu fillo Jes�s), que se dedicaba a Carpinter�a y Muebler�a ou Carpinteria y Ebanister�a, que as� figuraba nos membretes das facturas. Conservamos algunha destas facturas. As� nunha delas, do ano 1945, o t�o Casimi-ro tivo que lle pagar un total de 26 pesetas polos seguintes servicios:

un mango, pala y mangarla (6 pesetas).una pala con su mango 15 pesetas, tapizar cochecito (o carri�o que utilizaba Toni�o), 5 pesetas.

Retrato de voda do t�o Casimiro e da t�a Amparo. �nica fotograf�a que se conserva deles dou xuntos.

Page 9: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

Parte da fari�a que re-cib�a a panader�a proced�a de Vigo. Era tra�da ata A Guarda pola empresa Trans-portes Lomba (Servicio de transportes de La Guardia a Vigo y viceversa), sita na r�a Puerto Rico n� 4, como pode-mos ver nunha factura desta empresa correspondente ao mes de xullo do ano 1939.

Nos anos corenta, os panadeiros non pod�an utili-zar calquera tipo de fari�a para fabricar o pan. Estaba-m o s n a � p o c a d o “racionamento”, “na �poca da fame”. Unha das cousas que ti�an prohibido era fabricar sen permiso o chamado “pan de reservista“. Este era un pan especial, de m�is calida-de que o que se vend�a nor-malmente, feito con pan de trigo polo que, comparativa-mente co de fabricaci�n habi-tual, de centeo, era moi bran-qui�o. A fabricaci�n e venta deste pan, sen permiso pre-

Page 10: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

vio, estaba penada e supu�a unha multa para quen incumprira a pro-hibici�n, chegando incluso ao pe-che do establecemento. As veces a necesidade empuxaba a arriscar-se e m�is dun panadeiro, o t�o Ca-simiro non foi unha excepci�n, fo-ron denunciados por esta pr�ctica:

AYUNTAMIENTODeLA GUARDIA(Pontevedra)

——ALCALDIA

“El Excmo. Se�or Gobernador Civil de la Provincia, en escrito n� 1281, fecha 30 del pasado mes de octubre, , me comunica lo siguien-te:

“En uso de las atribuciones que me est�n conferidas he acor-dado imponer a Casimiro Pereira, vecino de La Guardia, la multa de VEINTICINCO PESETAS por ven-ta de pan a precio abusivo y elabo-raci�n clandestina del mismo, se-g�n expediente inhibido de la Fis-cal�a de Tasas, que deber� hacer efectiva en papel de Pagos al Es-tado , en t�rmino de ocho d�as a partir de su notificaci�n, pudiendo

Page 11: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila
Page 12: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

recurrir en alzada, en igual plazo, ante el Excmo. Se�or Ministro de la Gobernaci�n, previo ingreso de la cantidad en la Caja de Dep�sitos de la Delegaci�n de Hacienda de esta Provincia.-Lo que comu-nico a V. Para su conoci-miento y efectos de notifica-ci�n en forma reglamentaria al interesado, remiti�ndome las diligencias en que as� conste.-”

Lo que traslado a V. Para su conocimiento y notifi-caci�n, sirvi�ndose devolver-me firmado el adjunto dupli-cado.

Dios guarde a V. Me-chos a�os.

La Guardia 2 de no-viembre de 1944.

Asina o escrito o Alcalde

Esta � a c�dula consular de Casimiro expedida polo Con-sulado portugu�s na Guarda. Lembramos que este consula-do se atopaba na esquina da r�a Vicente Sobrino coa que hoxe � Avenida de Galicia.

Page 13: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

Agust�n Lomba.

Temos que lembrar que os funcionarios de Tasas eran bastante temidos polos industriais, tendeiros, panadeiros..., porque “as s�as visitas de inspecci�n”, por norma, supo��an sempre alg�n desembolso. De xeito que, cando se barruntaba a presenza destas persoas no pobo, a voz corr�a de tenda en tenda, de tasca en tasca, de comercio en comercio, e dilixentemente, cada quen trataba de que estes inspectores non atoparan nada que puidera dar motivo para que os sancionaran, escondendo certos produtos que non pod�an ser vendidos libremente, aparentando unha normalidade absoluta, etc.

Pero “cousas raras” na �poca da fame se produc�an en todas partes e en t�dalas familias e clases sociais, como tam�n entre os membros da Garda Civil. As�, un destes gardas cha-mado Manolo, enviou ao t�o Casimiro a seguinte nota:

Sr. Panadero, s�rvase V. darle a esta chiquilla la raci�n del carabinero V�ctor que me la cede ami, le da V. la raci�n sin que se entere la chiquilla de quien es, que no quiere V�ctor que se sepa

El Carabinero Manolo

Me apunte V. las raciones que le devo

Temos recollido unha an�cdota, certa-mente curiosa, dun feito que aconteceo na pa-nader�a. En certa oca-si�n un touro que era conducido ao matadeiro –situado nas proximida-des do Mu�o de Abaixo(Mu�o de Solanas), on-de hoxe se atopan as instalaci�ns do Clube de Remo Robaleira—, por algunha circunstan-cia, conseguiu liberarse emprendendo a fuxida polos estreitos cami�os que na zona de Sola-nas hab�a. No seu per-corrido, desbocado, su-biu pola Laxe Grande ata chegar � r�a Calva-rio tomando a fatal de-cisi�n de coller � derei-ta, ata chegar, xusta-mente � panader�a do t�o Casimiro. A porta desta deb�a estar entre-aberta e o touro non

Page 14: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

tivo mellor idea que entrar no establecemento. Tan asustado estaba que turrou contra todo canto hab�a diante empezando pola porta do forno, onde quedar�an permanentemente as marcas dos cornos. No interior da panader�a se atopaba a t�a Amparo, a s�a nai e d�as das Cambonas, Orsina e, ao parecer Fina, que, diante do espect�culo que estaban presencian-do, debeulles dar tal pulo o coraz�n que o susto que apa�aron debeu durarlles toda a vida. Por sorte para elas, a ningunha lles pasou nada.

O t�o Casimiro era un apaixoado da caza. Dispu�a de Licenza -portuguesa nun principio, espa�ola despois-. No ano 1933, cando xa levaba como m�nimo dous anos residindo na Guarda, segu�a tendo a correspondente licenza portuguesa. Co paso do tempo, tal vez por-que a s�a afecci�n de cazador diminu�ra, ou por verse obrigado a elo, o certo � que o 13 de xaneiro de 1953, vende a escopeta marca Dumenieux, calibre 16, n� 11414 aos se�ores Es-pa�ol y P�rez pola cantidade de 621’55 pesetas.

Un feito que merece a pena salientar � que t�o Casimiro permaneceo toda a s�a vida como s�bdito portugu�s, non querendo nunca nacionalizarse espa�ol, as� que cada ano ti�a que pasar polo Consulado de Portugal, na Guarda, para ter os papeis en regra. Aos 81 anos, pouco antes de morrer –cando xa levaba cincuenta na Guarda- a�nda segu�a obrigado a soli-citar a renovaci�n de residencia en Espa�a, como podemos ver por un impreso asinado por D. Luis Losada S�nchez, sargento 1�, Comandante do posto da Garda Civil de La Guardia, no que certifica que ven “observando buena conducta en todos los �rdenes“. A C�dula Con-sular que era obrigado pos�ela (na Guarda imprim�ase na Imprenta Guardesa) era o docu-mento de identidade que outorgaba o citado Consulado �s cidad�ns portugueses. Este docu-mento, a modo de libri�o do tama�o dun cuarto de cuartilla, conti�a unha fotograf�a do inte-resado, o nome e apelidos do mesmo, nome dos pais, lugar e data de nacemento, profesi�n e estado civil. Ademais figuraba anualmente a autorizaci�n para residir en Espa�a polo prazo dun ano, raz�n pola que, anualmente, ti�a a obriga de renovar o citado permiso

Sempre foi un fumador empedernido, e a�nda me lembro co pitillo na boca, e unha lixeira

Recibo do Gremio Local de Panificaci�n, que se cobraba mensualmente e cuxo importe, no ano 1950 era, como podemos ver, de 6 pesetas ao mes, unha cantidade realmente excesiva para uns tempos moi

dif�ciles. Como se pode apreciar, o recibo leva o s�mbolo da Falanxe.

Page 15: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

Unha das empresas guardesas m�is activas e con grande negocio era a de Florindo Rodr�guez (Florindo da El�ctrica), con f�brica de mobles, serrer�a mec�nica, mu��os para moer o gran, almac�n de mobles e material el�ctrico. Nesta factura, emitida en outubro de 1940, Casimiro tivo que pagar

sete pesetas con sesenta c�ntimos por catro metros de tubo flexible.

Carn� da CNS, correspondente � delegaci�n sindical local da que era secretario Rafael Salcidos, quen tam�n ocupara o cargo de Alcalde por espazo dun ano, no concello guard�s.

Rafael Salcidos tam�n foi un dos habitantes do barrio de Ribadavila, xunto coa s�a muller e fillos, vi-vindo na r�a Calvario.

Page 16: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

tos coa que anunciaba a s�a presencia cando entraba na tenda do meu pai, sempre � mes-ma hora, cando estabamos a xantar, arredor da unha e cuarto da tarde.

Como tantas outras cousas, das que hab�a escaseza ou non pod�an circular libremente, na �poca do racionamento�o t�o Casimiro era un privilexiado, pois grazas ao seu sobri�o Lucho pod�a permitirse o luxo de fumar algo m�is da conta xa que, como aquel non fumaba, lle pa-saba ao seu t�o a cartilla de racionamento onde quedaba constancia da entrega de tabaco a cada “fumador“.

No ano 1944, cr�ase o DNI pero este documento non empezar�a a ser obrigatorio ata o ano 1951, ata ent�n, era obrigado ter a chamada c�dula persoal, un documento identifica-torio que, de non levalo enriba, pod�a ser obxecto dunha multa. Este documento conti�a o nome e apelido do interesado, idade, enderezo, estado civil e profesi�n. Como carec�a de fotograf�a –nos �ltimos anos da s�a existencia parece que empezou a po�erse esta– aconte-c�a que, en caso de necesidade, se prodigase certa picaresca ata o punto de que o titular ced�ao a un amigo ou a un parente. A c�dula persoal hab�a que renovala anualmente, as� que, a�nda que o t�o Casimiro non estaba nacionalizado, ti�a tam�n obrigaci�n de te-la s�a, ao igual que a muller deste, a t�a Amparo, natural da Guarda. Con este documento, permit�a-se circular libremente polo territorio e, a�nda, cruzar a fronteira, como podemos ver no rever-

Caban�n propiedade do t�o Casimiro. O seu interior serv�a como ximnasio a varios afeccionados locais ao boxeo, entre eles Esteban Doiro, Manolo o de Marti Rey, F�lix o de Natividad e outros.

Varios amigos de Toni�o, o fillo do t�o Casimiro e a t�a Amparo, a trav�s dunha colecta, transforma-r�an ese vello caban�n nunha vivenda, na que viviron o t�o Casimiro e o seu fillo e onde segue a residir

este �ltimo. Ao lado, � dereita, estaba a casa da t�a Adelaida (t�a Delaida ou Delaidi�a) e o seu ir-m�n, o t�o Antonio. � esquerda, logo de pasar a finca da que se ve parte do muro, ach�base a tenda de Fina “a Taboleta” e do seu home Arsenio “o municipal”. A finca foi comprada por estes �ltimos ao

t�o Casimiro.

Page 17: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

Casa de Toni�o na actualidade. � esquerda desta, na antiga finca, foi constru�da unha vivenda propie-dade de Anselmo Ferreira, fillo de Arsenio e Fina, e da s�a muller Socorro e, � dereita, a que fora casa e finca da t�a Delaidi�a, foi adquirida por Dirse, filla de Lola e Andr�s, modificando substancialmente

a mesma para transformala nunha nova vivenda.

A empedrada r�a do Calvario, unha das m�is vellas da Guarda, recibiu un agresivo impacto por parte do que fora alcalde da localidade, Manuel D�az, “Ligero”, na s�a etapa de rexidor local, cubr�ndoa de asfalto, a pesares das firmas recollidas por un dos veci�os, Ant�n Ferreira, para manter o empedrado.

so da c�dula da t�a Amparo correspondente ao ano 1935, na que aparece un “Visto bom pa-ra seguir para Portugal”, asinado polo responsable do Consulado de Portugal en Vigo o 15 de abril de 1935. Tam�n aparecen estampados varios cu�os da Polic�a Internacional Portu-guesa, en Vila Nova de Cerveira. No que respecta � c�dula do t�o Casimiro, do ano 1939, polo reverso observamos a autorizaci�n “para circular por el territorio de la provincia” , asina-da polo Alcalde da Guarda, Agust�n Lomba, o 15 de xaneiro de 1940. Esta c�dula estaba timbrada cun selo por valor de 1 peseta, na que figura o escudo de Espa�a � esquerda e a s�a dereita o par�grafo “subsidio de combatiente”, mentres que na diagonal a palabra salvo-conducto; en cada lateral aparece tres veces a palabra Franco; na parte superior “�Arriba Espa�a!” e na inferior Pontevedra. Est� tam�n estampada a impresi�n dun dos seus dedos.

No ano 1941 ingresa, non hab�a outro remedio, na C.N.S. (Central Nacional Sindical, que era o �nico sindicato existente na �poca da ditadura de Franco) na secci�n do Gremio Lo-cal de Panificaci�n da Guarda. Dende o ano 1938 ata 1971, este sindicato estivo domina-do por cargos da Falanxe convert�ndose nun �rgano de control e purga dos traballadores m�is problem�ticos para o r�xime. O Secretario Sindical Local era Rafael Salcidos, que viviu na r�a Calvario e que ocupou a alcald�a por espazo dun ano. Polos recibos que a�nda se conservan, sabemos que ti�a que pagar mensualmente unha certa cantidade –seis pesetas por mes, que non era pouco naquel tempo- como aportaci�n � C.N.S. Como panadeiro, ti�a que pagar tam�n a Contribuci�n Industrial, que, como podemos observar por un recibo do

Page 18: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

ano 1957, cobr�base trimestralmente. A “Contribuci�n” de Casimiro, polo exercicio corres-pondente ao primeiro trimestre do mencionado ano foi de 43 pesetas con 16 c�ntimos, sobre un total anual de 172,64 pesetas.

Na d�cada dos setenta, o t�o Casimiro e o seu fillo Antonio, trasladar�anse da vella casa alugada a outra da s�a propiedade constru�da grazas � colaboraci�n de varios ami-gos. Casi�a modesta pero acolledora e na que segue a vivir Toni�o.

Page 19: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila

�rbore xeneal�xica da familia da t�a Amparo, muller do t�o Casimiro.

Page 20: TÍO CASIMIRO: o panadeiro de Ribadavila