Tramitada solicitude de acreditación ao Sistema ... IV...É conveniente que a súa presentación...
Transcript of Tramitada solicitude de acreditación ao Sistema ... IV...É conveniente que a súa presentación...
Tramitada solicitude de acreditación ao Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia
V XORNADAS DE CALIDADE DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E IV CONGRESO DA SOCIEDADE GALEGA DE CALIDADE ASISTENCIAL
30 e 31 de maio de 2013
HOSPITAL UNIVERSITARIO LUCUS AUGUSTI - LUGO
PRESENTACIÓN Como cada ano, celebramos as Xornadas de Calidade e Seguridade Asistencial, organizadas polo Servizo Galego de Saúde e a Sociedade Galega de Calidade Asistencial, que neste 2013 terán sede en Lugo os días 30 e 31 de maio. O lema do Congreso deste ano é Calidade e seguridade, piares da sostibilidade, co que se resalta o impacto das melloras dos procesos asistenciais na mellora da sostibilidade do sistema sanitario. Estas xornadas constitúen o punto anual de encontro dos profesionais do ámbito sanitario da nosa comunidade autónoma, para o coñecemento e o intercambio das experiencias levadas a cabo, dos resultados alcanzados e da abordaxe de novos retos, na estratexia común de mellora da calidade e a seguridade asistencial. A continuación presentámoslles o programa do Congreso, e invitámolos a participar coa súa asistencia ás Xornadas e coa presentación dos proxectos desenvolvidos nos seus centros, para contribuír a consolidar e potenciar estas liñas de actuación. Esperando saudalos persoalmente en Lugo, anticipamos o noso agradecemento pola súa inestimable participación. Un cordial saúdo, Mª Nieves Domínguez González Xerente do Servizo Galego de Saúde Mercedes Carreras Viñas Presidenta da Sociedade Galega de Calidade Asistencial
COMITÉ DE HONRA D. Alberto Núñez Feijoo Presidente da Xunta de Galicia Dª. Rocío Mosquera Álvarez Conselleira de Sanidade Dª. Pilar Farjas Abadía Secretaria Xeral de Sanidade e Consumo. Ministerio de Sanidade Dª. Nieves Domínguez González Xerente Servizo Galego de Saúde D. José Ramón Gómez Besteiro Presidente Deputación de Lugo D. José López Orozco Alcalde de Lugo Dª. Mercedes Carreras Viñas Presidenta da Sociedade Galega de Calidade Asistencial. D. Antonio García Quintáns Xerente Hospital Universitario Lucus Augusti Dª. Ana María García Cedrón Xerente de Atención Primaria de Lugo D. José Insua Pernas Xerente Hospital da Costa Burela D. Benigno Pérez Martínez Xerente Hospital de Monforte D. José Ignacio Vidal Pardo Presidente del Consello Galego de Colexios Médicos D. Sergio Quintairos Domínguez Presidente del Consello Galego de Enfermaría
COMITÉ CIENTÍFICO COMITÉ ORGANIZADOR
Presidenta Presidente
Dª. Olga Roca Bergantiños D. Alfredo Moreno Alegre
Vogais Vogais
D. Luis Arantón Areosa D. Juan Carlos Álvarez Vázquez
D. Vicente Bello Bello Dª. Sonia Arias Iglesias
Dª. Lourdes Bermello López Dª. Isabel Castro Fernández
Dª. Gloria Chas Gamero Dª. Mar de la Peña Cristiá
D. Enrique Díaz López D. José Antonio Esperón Güimil
D. Fermín Domínguez Hervella D. Fernando Fernández Lamelo
Dª. Mª Ángeles Dono Díaz Dª. Mª José Ferreira Díaz
D. Ángel Facio Villanueva Dª. Begoña García Cepeda
Dª. Ángeles Fernández Rodríguez Dª. Berta García Fraguela
Dª. Mª Jesús Garrido Filgueiras Dª. Emilia García Monasterio
D. Rodrigo Gómez Ruiz D. Juan Fº Insua Esmorís- Recamán
Dª. Clara González Formoso Dª. Carmen Louzao Rodríguez
Dª. Rosa González Gutiérrez- Solana Dª. Remedios Noche Villanueva
Dª. Isabel Graña Garrido D. Juan Pérez Peña
D. Gregorio César Iglesias Casas Dª. Mª Jesús Pérez Taboada
D. Víctor Manuel López García D. Ángel Pablo Permuy Villanueva
D. Ángel López Rodríguez Dª. Mª José Rego Docando
Dª. Mª Dolores Martín Rodríguez Dª. Ana Vázquez Martínez
Dª. Mª Ángeles Martínez López
Dª. Mª Purificación Morado Quiñoá
Dª. Mª Antonia Muñoz Mella SECRETARÍA TÉCNICA
Dª. Ana Mª Murado Bouso Dª. Mar Lale Candal
Dª. Mª Asunción Núñez Magdalena
Dª. Beatriz Pais Iglesias
Dª. Mónica Rodríguez Castaño
Dª. Pilar Rodríguez Ledo
Dª. Bárbara Rodríguez Pérez
Dª. Elvira Touriño Míguez
PROGRAMA
XOVES 30 DE MAIO MAÑÁ 8:30- 9:00 h. Entrega de documentación. Secretaría Técnica. 9:00- 11:00 h. Comunicacións. Salón de actos
Modera: Isabel Graña Garrido. S.X. Desenvolvemento e Seguridade Asistencial. SERGAS.
11:00- 12:30 h. Comunicacións. Salón de actos.
Modera: Rodrigo Gómez Ruiz. Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS).
12:30- 13:00 h. Descanso – café 13:00- 14:30 h. Mesa redonda. SEGURIDADE E EFICIENCIA. Salón de actos.
Modera: Félix Rubial Bernárdez. Director Xeral de Asistencia Sanitaria. SERGAS. 1. ¿Canto nos custan os eventos adversos?
Relator: Beatriz Pais Iglesias. S.X. Desenvolvemento e Seguridade Asistencial. SERGAS.
2. Seguridade do Paciente: Impacto económico e social das
reclamacións Patrimoniais, Relator: Clara Olveira Lorenzo. Servizo de Inspección e Asistencia Sanitaria. S.X. de Inspección, Auditoría e Acreditación. Consellería de Sanidade.
3. Seguridade do Paciente: Impacto no Gasto Farmacéutico dun Servizo de Urxencias. Relator: Marisol Ucha Sanmartín. Servizo de Farmacia. CHUVI.
4. Prevención da Infección nas Unidades de Coidados Críticos: custes evitados. Relator: Mª Dolores Martín Rodríguez. S.X. Desenvolvemento e Seguridade Asistencial. SERGAS.
14:30- 15:30 h. Xantar
TARDE 15:30- 17:30 h. Reunión Consello Asesor de Pacientes. 15:30- 17:30 h. Comunicacións. Salón de actos.
Modera: Elvira Touriño Míguez. Hospital San Rafael. 17:30- 18:00 h. Inauguración do Congreso. Salón de actos.
Dª. Mª Nieves Domínguez González. Xerente Servizo Galego de Saúde.
18:00- 19:00 h. Conferencia inaugural:
OS CUSTES DA NON SEGURIDADE DE PACIENTES. Salón de actos. Relator: Fernando Antoñanzas Villar. Catedrático de Economía Aplicada. Universidade da Rioja
19:00- 20:00 h. Comunicacións. Salón de actos
Modera: Víctor Manuel López García. Hospital Universitario Lucus Augusti.
21:00 h. Recepción oficial. Deputación de Lugo.
VENRES 31 DE MAIO MAÑÁ 9:00- 11:00 h. Comunicacións. Salón de actos.
Modera: Mª Ángeles Dono Díaz. Xerencia Atención Primaria Lugo 11:00- 11:30 h. Descanso- café 11:30- 13:00 h. Mesa redonda: USO SEGURO DO MEDICAMENTO.
Salón de actos. Modera: Carolina González- Criado Mateo. Subdirectora Xeral de Farmacia. Dirección de Asistencia Sanitaria. SERGAS. 1. SiNASP: incidentes relacionados coa medicación tras 2 anos de
experiencia. Relator: Bárbara Rodríguez Pérez. S.X. Desenvolvemento e Seguridade Asistencial. SERGAS.
2. Medicamentos de alto risco: uso seguro nun Hospital de Día de Oncohematoloxía. Relator: Mª Jesús Lamas Díaz. Farmacéutica Especialista Oncolóxica. XXI Santiago.
3. Programa de atención ao paciente ancián polimedicado: impacto nun servizo de Atención Primaria. Relator: Silvia Reboredo García. S.X. Farmacia. Xefa de Servizo de Uso Racional do Medicamento e Atención Farmacéutica. SERGAS.
4. Conciliación da medicación. Experiencia en Atención Primaria. Relator: Carmen Durán Parrondo. Farmacéutica. XXI Santiago.
13:00- 14:00 h. Mellores comunicacións. Salón de actos.
Modera: Fermín Domínguez Hervella. XXI Ourense 14:00 h. Entrega de premios/ Clausura 14:30 15:30 h Asemblea de Socios de SOGALCA
TARDE 16:30- 19:30 h. OBRADOIROS
Obradoiro 1: Lean Seis Sigma Modera: Olga Roca Bergantiños. Supervisora de calidade. HULA.
Profesora: Isabel Muñoz Machín. Coordinadora Loxística. Fundación Hospital de Calahorra.
Obradoiro 2: Atención ao paciente con dor crónica Modera: Pilar Rodríguez Ledo. Médico de Familia. Xerencia de Atención Primaria de Lugo.
Profesores:
Aurora de la Iglesia. Médico Especialista en Anestesia e Reanimación. XXI A Coruña.
Mª de los Ángeles Dono Díaz. DUE. Xerencia de A.P. de Lugo.
Marta Rodríguez Barreiro. Farmacéutica. XXI Pontevedra.
Jorge García Fernández. Psicólogo Clínico. XXI A Coruña.
Ana Vázquez Lojo. Presidenta da Liga Reumatolóxica Galega.
Obradoiro 3: Acreditación Joint Commission Profesora: Mª Antonia Muñoz Mella. Directora de Enfermaría. Hospital POVISA. Vigo.
NORMAS DE INSCRICIÓN NO CONGRESO A solicitude de inscrición no Congreso realízase a través do formulario de inscrición adxunto, que encontrarán na páxina web de SOGALCA, www.sogalca.es e na intranet do SERGAS http://intranet/Paginas/grupos.aspx?IdContido=272&lista=15&menu=8 O formulario debidamente cumprimentado debe ser enviado por correo electrónico ao correo electrónico [email protected]. A inscrición é gratuíta e libre ata completar o aforamento dispoñible. O prazo de inscrición comeza o día 5 de marzo e finaliza el día 20 de maio.
NORMAS DE PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS A presentación de comunicacións debe realizarse exclusivamente a través do formulario de presentación de comunicacións adxunto, que encontrarán na páxina web de SOGALCA, www.sogalca.es e na intranet do SERGAS http://intranet/Paginas/grupos.aspx?IdContido=272&lista=15&menu=8 O formulario debe remitirse debidamente cumprimentado en todos os seus campos. O número máximo de autores por comunicación é de 6, e o que figure no primeiro lugar será quen presente o traballo no Congreso. É imprescindible que o autor principal e o responsable de presentar a comunicación realicen a súa inscrición no Congreso. Cunha antelación mínima de 15 días previa á data de inicio do Congreso, recibirá por parte do Comité Científico a confirmación da aceptación ou non da súa comunicación, a data e horario de presentación do seu traballo. Áreas Temáticas:
Acreditación / Certificación
Mellora da Calidade dos procesos
Mellora da Calidade: atención á dor
Innovación: as mellores prácticas
Satisfacción de pacientes e usuarios
Atención ao paciente
Información ao cidadán e ao paciente
Participación de pacientes e cidadáns
Comunicación
Seguridade de Pacientes
Seguridade de Procesos
Xestión de Riscos
Sistemas de notificación de eventos adversos
Núcleos de seguridade de pacientes
Melloras en seguridade de riscos
Violencia de Xénero
O prazo de presentación de comunicacións comeza o día 5 de marzo e finaliza o día 5 de maio.
NORMAS DE EXPOSICIÓN DE COMUNICACIÓNS Desexamos que o seu esforzo se traduza nunha exposición da máis alta calidade. Por isto, e pola importancia que o seu traballo representa, recomendámoslle unha serie de normas para que a presentación da súa Comunicación sexa todo un éxito.
COMUNICACIÓNS ORAIS DE 7 MINUTOS Disporá exclusivamente de 7 minutos para expoñer a comunicación. É norma de cortesía non utilizar o tempo doutras exposicións, polo que o moderador recibirá instrucións expresas neste sentido. É conveniente que a súa presentación audiovisual reúna unha serie de criterios de calidade:
o O número ideal de transparencias ou diapositivas é, aproximadamente, de 7-9. o Tamaño de letra lexible e cores de alto contraste. o Número óptimo de 4 ou 5 liñas de texto. o Non presentar táboas cun número excesivo de filas e de columnas. o Gráficos sinxelos evitando un excesivo número de datos.
Debe realizar a entrega do material audiovisual que vaia utilizar na súa presentación na Secretaría Técnica do Congreso, indicando expresamente a mesa e o nº asignado á súa comunicación, con antelación mínima de 2 horas ao inicio da sesión. Así mesmo, prevese un contacto previo de 15 minutos antes da hora asignada á exposición co Moderador da súa Mesa de Comunicacións na sala asignada, para as debidas presentacións, así como aclaracións ou dúbidas que poidan xurdir. COMUNICACIÓNS PÓSTER Os autores que decidan optar a presentar unha comunicación póster, deberán remitir á Secretaría Técnica, con antelación mínima de 5 días á data de inicio do Congreso, unha diapositiva Power Point 2000 ou versións superiores a modo de póster, ou un arquivo .jpg, en formato vertical e con tamaño mínimo de 120 x 80 cm., co fin de expoñela nos espazos habilitados. Enviaranse ao correo electrónico [email protected], indicando expresamente o código asignado polo Comité Científico á súa comunicación. Os pósteres serán proxectados de forma continua ao longo das xornadas do Congreso, de xeito que os asistentes teñan oportunidade de coñecer os traballos presentados neste formato.
PREMIOS No Congreso concederanse dous premios ás mellores comunicacións, consistente nun diploma acreditativo e unha inscrición ao XXXI Congreso da Sociedade Española de Calidade Asistencial, que se celebrará en 2013 en Valencia.
Premio á mellor comunicación oral (7 minutos) Premio á mellor comunicación póster
Os gañadores dos premios daranse a coñecer durante o acto de clausura do venres día 31 de maio de 2013. O Comité Científico (CC) é o responsable de propoñer os gañadores destes premios, baseándose nas avaliacións que realizará de cada un dos traballos presentados no Congreso. Para iso, realizarase unha selección dos mellores traballos presentados, sobre a base do resumo que se envía ao CC do Congreso. De todos os traballos recibidos, seleccionaranse as 5 mellores puntuacións de comunicacións orais e as 3 mellores puntuacións de comunicacións póster. Nas exposicións orais, o traballo será avaliado por tres membros do CC, sobre a base de tres criterios:
I. Calidade da presentación: as diapositivas presentadas comprensibles, explicación amena, axustada ao tempo de exposición.
II. Rigorosidade científica: o traballo preséntase indicando claramente a definición de obxectivo, o método utilizado, os resultados obtidos e conclusións extraídas sobre a base destes resultados.
III. Interese da presentación: traballo novidoso, innovador, reproducible noutros servizos/centros similares, impacto nos pacientes, impacto nos profesionais.
Nas presentacións póster, valorarase a estruturación dos contidos e calidade na transmisión da información necesaria para entender o traballo formulado. O CC concederá os premios ás comunicacións que obtivesen a mellor puntuación nas dúas modalidades. En caso de empate, será o CC quen en sesión deliberatoria decida cales son as gañadoras.
SEDE DAS XORNADAS
HOSPITAL UNIVERSITARIO LUCUS AUGUSTI