Tuareg. Enrique Touceda

10
O home no seu mundo: Os Tuareg Os Tuareg 1 IES de Ames Curso 2012-2013 2º ESO D Enrique Touceda

Transcript of Tuareg. Enrique Touceda

Page 1: Tuareg. Enrique Touceda

O home no seu mundo: Os Tuareg

Os Tuareg

1

IES de Ames

Curso 2012-2013

2º ESO D

Enrique Touceda Rivas

Page 2: Tuareg. Enrique Touceda

O home no seu mundo: Os Tuareg

De todos os pobos do mundo, un dos máis coñecidos e admirados dende sempre é o pobo Tuareg. Os Tuareg, chamados en occidente “homes azuis”, son -en palabras de Alberto Vázquez Figueroa- “un pobo singular e altivo, auténticos fillos do deserto, que non teñen rival en canto a sobrevivir nas condicións máis inverosímiles”.(1)

A etimoloxía do seu nome non se coñece exactamente. Uns cren que vén de t.uwârig, etnómino que procede dunha antiga cidade do Fezán chamada Targa; outros, consideran que vén da palabra tariga (camiño), xa que estes tiñan sona de “corta-camiños” para atracar as caravanas dos saharuís. No seu propio idioma, adoitan autodenominarse imoshag ou imushaq, cuxo significado é “os libres” ou “os nobres”.

O mesmo ca o resto dos bérberes (pobos que habitan en África septentrional, dende os desertos de Exipto ata o océano Atlántico e dende as costas do Mediterráneo ata o interior do deserto do Sáhara) son orixinarios do norte de África e ocupan un extenso territorio do Sáhara, ao que eles lle chaman Azawad, e que comprende: zonas de Alxeria, Burkina Fasso, Libia, Malí e Níxer.

O Sáhara é o deserto máis grande do mundo e tén un clima árido. A temperatura media anual supera os 18ºC, e as temperaturas diarias presentan fortes oscilacións entre o día e a noite. Débese á escasa humidade da atmosfera, que provoca un enorme quentamento do chan durante o día e un forte enfriamento de noite. A temperatura máxima pode chegar a 58ºC e a mínima a -18ºC.

O gran problema do deserto é conseguir auga (as mulleres percorren varios quilómetros todas as mañás para traer auga dos pozos), xa que as precipitacións son moi escasas e irregulares, debido á influencia permanente de anticiclóns tropicais. Cando chove, chove a Deus dar, e as augas desaparecen axiña por evaporación ou por infiltración no subsolo. Os ríos só levan auga despois das precipitacións, o resto do tempo os seus cauces permanecen secos. E só en raras ocasións desembocan no mar, xa que as súas escasas augas evapóranse ou quedan estancadas.

2

Dunas do deserto

(1) "Tuareg". Vázquez-Figueroa, Alberto. Edit. Plaza&Janés. Barcelona, 1987.

Page 3: Tuareg. Enrique Touceda

O home no seu mundo: Os Tuareg

Aínda así, as plantas están adaptadas ao medioambiente para reducir a evaporación e aumentar a absorción da auga. Para iso, unhas (acacia, tamarisco) teñen raíces moi longas que lles permiten absorber auga do subsolo; outras (rosas de Jericó), perden as súas raíces e déixanse transportar para absorber a humidade da atmosfera. Tamén as hai que perden as follas e só lles deixan medrar na tempada húmida.

Os animais tamén adoitan estratexias para aforrar auga e evitar a calor excesiva: perda das glándulas suoríparas, cor clara do vestido para reflectir o sol, aumento da temperatura interna para evitar a transpiración, orellas que serven de radiador para regular a perda calorífica (raposo do Sáhara, gato das areas), etc

A máis dos animais emblemáticos coma o addax, a gacela doncas e o raposo do Sáhara, o principal animal é o dromedario. Tén unha resistencia excepcional á calor e á sede, e pode transportar moitos quilos de mercadorías. Sen el, a vida no deserto non sería posible; por iso son tan estimados polos Tuareg.

Estes homes –de raza bérber, con aportes raciais negros e árabes- caracterízanse por unha estatura elevada (1,75m de media), pel morena, ollos escuros e marcada dolicocefalia (é dicir, cránios alargados con diámetro anteroposterior longo e maior ca o transversal. Son dolicocéfalas as razas nórdicas, mediterráneas e algunhas africanas). Son coñecidos como “homes azuis”, debido á súa vestimente e, especialmente, ao seu turbante (tagelmust) de cor índigo. Os homes comezan a poñelo á idade de 25 anos e nunca o quitan, nin sequera en presenza dos seus familiares. A súa finalidade é ocultar as emocións que o rostro poida revelar. As mulleres, en cambio, non levan tagelmust. Visten con roupas escuras, porque evitan ao máximo a evaporación da suor, para lograr unha refrixeración corporal coa menor cantidade de perda de líquido, impedindo así a deshidratación.

3

Addax: especie de antílope africano, da familia dos orix e os antílopes sable. De 1m de altura e 120kg de peso. A súa área de distribución comprende dende Arabia ata Alxeria. Atópase en grave perigo de extinción.

Page 4: Tuareg. Enrique Touceda

O home no seu mundo: Os Tuareg

Os Tuareg viven en tendas feitas con peles cosidas, sostéñense con madeiros e están profusamente decoradas con motivos xeométricos. A tenda (ehe) é identificada co matrimonio e co fogar, por iso debe ser a muller quen a constrúa e ela é a súa dona. As mulleres teñen autoridade no campamento, xa que o home está a maioría das veces ausente, debido ás súas actividades como pastor, comerciante ou guerreiro.

A estrutura básica da sociedade Tuareg é a liñaxe (tawshit), grupo de parentes que recoñecen un antecesor común. Os fillos pertencen á liñaxe da nai e herdan dela, mais o fogar establécese nos aghiwan ou campamentos da liñaxe do pai. Cada liñaxe pertence a unha categoría social determinada e fai parte dunha ettebel (tribo). As liñaxes designan un amghar (o seu líder, home) e o consello de líderes designa entre os homes guerreiros o amenokal, o xefe da ettebel.

A pesar da súa islamización, a muller goza de gran liberdade. Polo xeral, sabe escribir e é máis instruída ca o seu home. Participa nos consellos e nas asembleas da liñaxe e é consultada nos asuntos da tribo. Homes e mulleres solteiros, viúvos ou divorciados, coñécense e cortexan en sitios chamados ahal (lugar onde conversan, cantan, interpretan música e concertan citas de amor). O casamento lévase a cabo despois de que a muller acepte un pretendente; el pídella ao sogro, pagando unha dote, xeralmente en gando. A muller leva o gando da súa propiedade ao novo fogar. Pode divorciarse ou casarse con outro pretendente se se considera maltratada polo seu home.

Unha das actividades económicas desenroladas polos Tuareg ao longo da historia foi o pastoreo de camelos, cabras e ovellas, moi afeitas á vida en condicións áridas. Aínda que tamén criaron burros, cabalos e vacas, estas últimas onde o terreo o permitía. Tamén se adicaron á agricultura, aínda que

4

Tenda tuareg feita con peles e sostida con madeiros

Familia de tuaregs. O home está ataviado co turbante característico (tahelmust). As mulleres e os nenos non o empregan.

Page 5: Tuareg. Enrique Touceda

O home no seu mundo: Os Tuareg

na meirande parte do territorio a agricultura era difícil, cando non inviable. Nas montañas de Air existían pequenos xardíns cultivados con auga de pozos moi fondos, e nas zonas inundables das marxes do Níxer mesmo chegaron a practicar o cultivo do arroz, servíndose dos seus servos.

Outra das súas máis importantes actividades foi a escolta ou o saqueo de caravanas que atravesaban o deserto; os caravaneiros que se negaban a pagar unha peaxe para ser escoltados eran saqueados. Na xerarquizada sociedade Tuareg, a pillaxe estaba fortemente regulada, existindo un estrito código de honor guerreiro. Procuraba prestixio, sempre e cando se realizara segundo as normas tradicionais.

A máis das exaccións a caravaneiros e saqueos a veciños, os Tuareg comerciaban amistosamente, sendo os principais bens a adquirir produtos alimentarios (dátiles, paínzo, e sorgo) ou bens como armas, tecidos ou utensilios metálicos. Se ben a maioría de produtos debían ser comprados, os Tuareg realizaban artesanía en prata, marroquinería e confeccionaban alfombras. Chegaron a producir instrumentos de metal, co que fabricaban armas; aínda que, no caso das espadas, a maioría eran de producción estranxeira.

Adquiriron prestixio como guerreiros en tempos xa moi lonxanos, sendo tidos en consideración polos pobos veciños árabes ou negros. Armados ata os dentes con arcos e frechas, xavelinas e coa súa famosa espada takouba, cargaban frontalmente a lombos dos seus mehari entoando cánticos e berrando -esta fórmula tivo éxito ao longo de séculos-. Debido ao coñecemento do terreo e ao seu estilo de vida nómada, podían moverse, atacar, saquear e esfumarse con grande rapidez. Pero este xeito de loitar tivo que ser replantexado fronte ás tropas coloniais francesas, que ían armadas con fusís.

Ademais, o seu concepto da guerra (entre outras cousas, debido aos seus escasos recursos) era algo pasaxeiro, non perdurable. Un conflito prolongado coma o que podía manter un exército profesional era dificilmente sostible. Houbo intentos neste sentido, como o liderado por El Ikazkazen Haosen, en Níxer, contra os franceses; pero foi un fracaso e acabou morrendo a mans dos turcos no 1917.

5

Page 6: Tuareg. Enrique Touceda

O home no seu mundo: Os Tuareg

Durante o período post-colonial, as relacións das diversas confederacións tuareg cos gobernos dos estados xurdidos tras a marcha francesa foi nalgúns casos -Malí e Níxer- moi tensa, con sucesivos conflitos armados, e noutros -como Alxeria-, a poboación non se chegou a integrar totalmente na vida social e política do Estado.

Aínda que as relacións de amizade e os lazos familiares son importantes entre os distintos asentamentos tuareg, non houbo unha estratexia política común nin unha coordinación para conformar o xerme dunha nación tuareg. Unha nación onde os seus habitantes falarían linguas tuareg. Estas linguas (en bérber: tamashek, tamahaq, tamajak) son un conxunto de variedades de bérber, altamente intelixibles entre si, faladas polos diferentes grupos de tuareg en moitas partes de Malí, Níxer, Alxeria, Libia, Burkina Fasso e mesmo no Chad. E, aínda que hai autores que as consideran linguas diferentes, pero emparentadas, outros cren que é unha macrolingua con gran diversificación interna.

En todo caso, unha lingua que segue a ser un nexo de unión entre as persoas que viven en Azawad, o deserto do Sáhara, onde é moi duro sobrevivir. Lógrano, en boa medida, grazas aos dromedarios, que lles serven de cabalgadura, transportan as súas mercadorías e permiten que se protexan tras os seus corpos cando se desatan de repente esas perigosas tormentas de area do deserto, salvándolles así a vida. Aínda que, en ocasións, homes e cabalgaduras acabaron sepultados baixo toneladas e toneladas de area. Caravanas de centos de dromedarios esvaeceron no deserto sen que nunca máis se volvera a saber deles.

Este pobo guerreiro por excelencia, cabalgando a lombos dos seus mehari e xurdindo de súpeto de detrás das dunas, chegou a poñer en fuga ao mesmísimo exército francés. E, en tempos adicados á pillaxe, nembargantes sempre o fixeron seguindo un estrito código de honor.

6

Page 7: Tuareg. Enrique Touceda

O home no seu mundo: Os Tuareg

Homes de palabra e leais, que consideran a hospitalidade un deber sagrado. Reciben a calquera viaxeiro do deserto nas súas jaimas, cubertas de alfombras, e agasállano cos seus máis prezados manxares: cordeiro, cus-cus, dátiles, améndoas, té, leite de camela... Trátanos coma se formasen parte da súa tribo, facendo gala da súa bonhomía. E se alguén tenta facerlles dano, protéxenos coa súa propia vida, porque son os seus hóspedes, e para eles a hospitalidade é unha Lei sagrada máis antiga ca o Corán.

"Auténticos fillos do deserto", séntense orgullosos do seu xeito de vida, do seu raigame, da súa liñaxe. Estes homes destemidos que loitaron con afouteza pola súa liberdade, estes bravos guerreiros son -como se autodenominan- os imoshag ou imushaq: "os libres", "os nobres". Son os TUAREG, "unha das razas máis singulares do deserto"

URLs:

http://www.enfolang.com/internacional/tradiciones/tuaregs.html

http://www.almendron.com/arte/culturas/tuareg/cap_03/tuareg_033.htm

http://curiosomundoazul.blogspot.com.es/2009/11/la-vida-en-los-desiertos- los-tuareg.html

http://www.ikuska.com/Africa/Etnologia/Pueblos/Tuareg/

http://es.wikipedia.org/wiki/Clima_%C3%A1rido

http://www.sahara-online.net/Default.aspx?tabid=619

http://es.wikipedia.org/wiki/Tuareg

http://www.mgar.net/africa/desierto.htm

http://pluralcostumbres.com/2011/03/13/los-tuareg-los-hombres-azules-del-desierto/

http://e-ciencia.com/opinion/foros/index.php?topic=61.0

http://www.ecured.cu/index.php/Tribu_Los _Tuareg#Vivienda

http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_targu%C3%AD

http://es.wikipedia.org/wiki/Historia_del_pueblo_tuareg

7

Muller tuareg servindo no té dentro da súa jaima.

Muller tuareg agasallando con té aos seus hóspedes

Page 8: Tuareg. Enrique Touceda

O home no seu mundo: Os Tuareg

Bibliografía:

"Tuareg". Vázquez-Figueroa, Alberto. Edit. Plaza&Janés. Barcelona, 1987.

8