Un mar de aventuras
-
Upload
manuel-borrajo-fernandez -
Category
Documents
-
view
246 -
download
9
description
Transcript of Un mar de aventuras
A
V
UN MR D
E AENTURAS
U M
AR DE AVENTURAS
N
CANISTREL
COLECCIÓN
UN MAR DE AVENTURAS
“Por que nos gusta o mar? É porque ten unha poderosa capacidade
para facernos pensar cousas que nos gusta pensar.”
Pintor estadounidense (1865-1929)
Robert Henri
Diseño e Impresión:Imprenta Celanova
Coordinadores textos:Mestres do C.E.I.P. Curros Enríquez
Coordinador Ilustracións:Fernando Manuel Martínez Menchón
D.L.: OU 87-2012 C.E.I.P Curros Enríquez Celanova
Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei,que prohibe a reprodución, plaxio, distribución ou comunicación pública,
en todo ou en parte, dunha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación,interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada
a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.Este libro non ten intención de lucro. Os beneficios destínanse a financiar a viaxe de estudos dos alumnos de 3º Ciclo de E.P. do C.E.I.P. Curros Enríquez de Celanova
C
Celanova
5
ÍndiceÍndice
1. AVENTURAS CO CAPITÁN PATANEGRA
2. SURCANDO OS SETE MARES
3. DESCUBRINDO A ATLÁNTIDA
4. PERDIDOS NO PACÍFICO
5. O MUNDO ESCONDIDO
6. UNHA AVENTURA NO FONDO MARIÑO
7. O TESOURO DA ILLA
8. PERIGO NO LAGO NESS
9. O MONSTRO DAS PROFUNDIDADES
10. O NAUFRAXIO DO MIRAFLOR
Un marde aventuras
Un marde aventuras
6
7
AVENTURAS CO CAPITÁN PATANEGRA
1 Escaparse, fuxir apartarse.2 Cordas grosas coas que unha embarcación se ata no porto.
Fai dous anos, tres amigos dunha aldea
chamada Vilabranca, viviron unha gran aventura
inesperada, pero totalmente certa. Os tres
rapaces, que se chamaban Ana, Laura e Diego,
formaban unha especie de grupo: o Club do Mar.
Gustábanlle moito os libros e as películas de
piratas e tamén ler contos sobre aventuras
mariñas.
De viaxe de fin de Primaria, os do Club do
Mar foron con todos os rapaces da súa clase ata
Canadá. Os rapaces tiveron unha viaxe moi
movidiña e cando chegaron marcharon todos para
a cama. Ó día seguinte foron pasear por unha
praia xeada que había alí preto. Había un porto
moi grande no que estaba atracado o que parecía 1un barco pirata. O Club do Mar escapuliuse do
resto da excursión e foi investigar. Con moita
precaución, subiron a bordo do barco; cousa que
lles foi un pouco difícil porque como non tiña 2pasarela; houberon trepar por un dos amarres.
Cando chegaron a bordo agocháronse detrás
duns barrís de peixe que cheiraban moi mal. Diego
non soportaba o fedor e asomou a cabeza para
respirar; momento no que un mariñeiro os
descubriu. O mariñeiro levounos ata a cabina do
capitán.
8
Un mar de aventuras Aventuras co Capitán Patanegra
9
3 Árbore de madeira dura e de cor moi escura.4 Poñer sobrenome a unha persoa
Un mar de aventuras Aventuras co Capitán Patanegra
O capitán Patanegra ía vestido cunha
camiseta de raias brancas e azuis; unha chaqueta
negra con ombreiras de costuras douradas; uns
pantalóns tamén negros e unha bota de coiro,
dado que ó pirata lle faltaba a perna dereita e tiña 3unha pata de madeira de caoba .
4Alcumábano Patanegra pola escura cor
da súa pata de madeira de caoba. Ós nenos o
que máis lles chamou a atención daquel pirata foi a
súa enorme barba. O capitán resultou ser moi
distinto do que parecía. Era boa persoa e aqueles
nenos parecéronlle moi simpáticos; por iso lles
dixo:
—Neste barco necesitamos grumetes.
Queredes vir connosco dar unha volta por
América?
Os rapaces contestaron:
—Sí, por favor; pero teremos que pedir
permiso.
O capitán deulles de prazo vintecatro horas.
O barco soltaría amarras a primeira hora da mañá
seguinte.
Cando os rapaces volveron co grupo, os
mestres estaban moi preocupados por eles.
Os rapaces pediron permiso. Custoulles un
pouco, pero conseguiron convencer ós
10
5 Activo, con ganas de facer as cousas ben.
Un mar de aventuras Aventuras co Capitán Patanegra
profesores. A mestra dixo:
—Pois se ides ir de viaxe nun barco pirata
teredes que facer as maletas.
—Si, vamos correndo que non temos moito
tempo. —Exclamaron os tres entusiasmados.
Fixeron a equipaxe e de mañanciña
marcharon correndo ó porto. Chegaron xusto a
tempo; ó barco faltábanlle dez minutos para
zarpar. Cando subiron a bordo, o capitán
ensinoulles as súas cabinas. Ana e Laura
durmirían nunha moi grande e Diego só nunha
máis pequena.
O capitán informoulles que alí, no barco,
todos facían algo para gañarse o peixe que
comían todos os días. A eles tocáballes a tarefa de
fregar a cuberta.
—Para ser un bo pirata hai que comezar
dende abaixo! —Riu Patanegra.
Despois das manobras de saída do porto,
todos os mariñeiros se foron ós seus postos e o
capitán foilles ensinar ós rapaces onde estaban os
utensilios para limpar a cuberta: fregonas,
escobas, cepillos... aquilo non pintaba moi
divertido.
— Cando hai que traballar, hai que traballar! 5—Exclamou Ana moi dilixente .
11
Un mar de aventuras Aventuras co Capitán Patanegra
Laura imitouna e ó coitado de Diego non lle
quedou outro remedio. Cando acabaron de fregar
recibiron a invitación de Patanegra para cear no
seu camarote. Alí, o capitán, anunciou o seu
próximo destino: Groenlandia. Chegarían a
primeira hora da mañá para despois saír de
expedición a fin de que os rapaces coñeceran a illa
máis grande do mundo.
Houbo un atraso pola mala mar e durante
toda a mañá os nenos estiveron facendo
equilibrios pola cuberta para non marearse.
Cando chegou a hora da comida o capitán deulles
un papel co menú daquel día. Díxolles:
—A partir de hoxe, todas as mañás, por
debaixo da porta das vosas cabinas aparecerá o
menú do día.
E os rapaces preguntáronlle ó capitán:
—Pero, vai ser todos os días peixe?
Patanegra respondeulles:
—Home claro! En alta mar non hai carne nin
verduras.
—Nós non temos problema polo peixe.
Gústanos moito, era solo por preguntar —dixeron
os nenos.6Para o xantar tiñan ollomol con patacas
fritidas.
6 Peixe mariño de carne branca e moi saborosa.
12
7 Enormes anacos de carne branca e moi saborosa.
Un mar de aventuras Aventuras co Capitán Patanegra
Ó acabar de comer, chegaron a porto.
—Ben, grumetes, chegou o momento.
Veña, imos desembarcar.
Ana lembrou que esquecera algo.
—Pode esperar un intre? É que me deixei a
mochila na cabina.
—Claro; pero vai correndo, camarada
—Dixo o capitán.
Cando Ana volveu, baixaron do barco ata
unha das únicas aldeas que existen alí, en
Groenlandia. Cando chegaron déronse conta de 7que había moitos menos icebergs dos que apare-
cían nas postais. Atoparon un vello mariñeiro que
os viu observando os poucos icebergs que queda-
ban e díxolles:
—Xa case non hai porque a contaminación
está producindo un quentamento global e un
efecto invernadoiro que están afectando moito ás
temperaturas.
Os rapaces e máis o capitán Patanegra
preguntáronlle ó home se había maneira de volver
atrás e este respondeulles:
—Non, non hai volta atrás, pero si se pode
parar de contaminar.
Ó día seguinte, despois de almorzar,
13
Un mar de aventuras Aventuras co Capitán Patanegra
baixaron de novo a porto e volveron á aldea, pero
non viron a aquel home tan misterioso. Notaron,
iso si, que os icebergs derretéranse aínda máis.
Observaron tamén que a maioría dos barcos que
pasaban por cerca dos icebergs derramaban
restos de petróleo e moito lixo. Os rapaces do Club
do Mar propuxéronse convencer á xente para que
deixaran de verter residuos. Por iso foron á cadea
de televisión local que lles fixo unha entrevista. O
alcalde viuna e cando os rapaces volveron ó porto
un pouco desilusionados estábaos esperando
acompañado dalgunhas asociacións ecoloxistas
para felicitalos. A acción dos nenos non caera en
saco roto e aprobaríanse sancións moi fortes para
todos os barcos que non cumpriran co respecto ó
medio ambiente. Os nenos conseguiran dar un
importante paso para preservar Groenlandia, que
se converteu nunha reserva natural.
Cando volveron de novo ó barco xa era hora
de cear. Esa noite había pescada con patacas
cocidas e ensalada. Cando xa estaban na
sobremesa, o capitán púxose de pé e dixo:
—Ben, estes días en Groenlandia tivemos
unha gran aventura; pero agora cambiamos de
destino, poñemos rumbo ó Amazonas.
Despois duns días de navegación en alta
mar sen incidencias, aproximábanse á
14
Un mar de aventuras Aventuras co Capitán Patanegra
desembocadura do río máis caudaloso do planeta.
Un pouco antes da hora de xantar, Ana atopouse
mal é foron á cociña a ver se o cociñeiro tiña algún
remedio para o mareo. Así foi. Despois de tomar 8un xarope, que por certo estaba noxento , Ana
estaba moito mellor.
Como o día era de sol radiante Patanegra
tiña unha sorpresa:
—Grumetes, mariñeiros e demais
tripulación, vinde todos á cuberta que temos un
festín. Hai para todos os gustos e ninguén se vai
quedar con fame. Veña!.
Toda a tripulación chegou correndo. Atoparon
unha enorme mesa con cadeiras para toda a
tripulación e unha gran bandexa no centro cun
rodaballo xigante. Tamén había as típicas tapas de
polbo e de ameixas á mariñeira. Puxéronse a
comer rapidamente. Comeron e comeron ata
rebentar e Diego dixo en voz alta:
—Todos lle temos que dar as grazas ó noso
cociñeiro por este festín tan rico; pero agora todos
a traballar que en menos de media hora imos
chegar. Ó pasar esa media hora atracaron nun 9peirao moi pequeno na desembocadura do
Amazonas.
8 Repugnante.9 Embarcadoiro.
15
Un mar de aventuras Aventuras co Capitán Patanegra
Baixaron do barco e un nativo de alí
preguntoulles ós rapaces e máis ó capitán se
querían dar unha volta en canoa subindo río arriba
ata unha fervenza preto a aquel lugar. Os rapaces
aceptaron; pero Patanegra non podía ir tiña
cousas das que ocuparse no barco. Entón
marcharon con aquel home. O nativo advertiulles
que debían levar algo de carne por se as moscas
as pirañas atacaban. Ós rapaces entroulles un
pouco de medo; pero como eran moi valentes
seguiron adiante. Remaron e remaron ata a
fervenza e aínda non se toparan coas pirañas. A
Laura caéuselle un anaco de carne á auga e por fin
apareceron os temidos peixes. Era incrible o
rápido que devoraban a comida. Gozaron do
espectáculo da fervenza, descubriron animais e
plantas que nunca viran, conviviron unha tarde
cunha tribo do lugar.
—Cantas cousas fermosas! —Exclamou
Ana mentres regresaban.
—Hai mundos moi diferentes dos que nós
coñecemos e todos teñen algo especial
—remarcou Diego.
—Iso chámase diversidade —sinalou Laura
facéndose a interesante.
Xa no barco decatáronse que aquela
estancia no Amazonas fora moi curta e tiñan
16
Un mar de aventuras Aventuras co Capitán Patanegra
moitas gañas de quedar un día máis. O capitán
díxolles que era imposible. Xa tiveran un atraso en
Groenlandia e se seguían así non chegarían o día
previsto a Canadá. Entón despedíronse do nativo
e subiron a bordo. Puñan rumbo ata a Terra de
Fogo.
Tras varios días de navegación chegaron
pola mañá cedo. Aquela noite durmiran mal, ou
directamente non durmiran por unha tormenta moi
forte, pero moi forte, que case rompera o mastro.
Cando amenceu baixaron ó porto dunha cidade da
parte Arxentina da Terra de Fogo. A paisaxe era
espectacular. Había volcáns; pero facía un frío
intenso que traía o vento do Sur. O Capitán
Patanegra e máis os rapaces foron xuntos visitar o
seu destino. Subiron nun funicular ata un volcán
que había por alí preto; pero non sabían que o
volcán ía espertar uns minutos despois. Cando
estaban co funicular, xusto por riba do volcán, este
entrou en erupción e a Laura case lle dá un ataque
de pánico. O peor de todo foi que o funicular
estragouse pola calor. O volcán ía estoupar. O
Capitán Patanegra púxose a rezar e a pedirlle á
Nai Natureza que durmira ó volcán de novo para
que se puideran salvar. Os rapaces estaban moi
nerviosos. A policía dixéranlles por radio que tiñan
que saltar nos paracaídas de emerxencia do
17
Un mar de aventuras Aventuras co Capitán Patanegra
funicular. A Diego encantábanlle os deportes de
risco; pero Ana tiña moitísimo medo ás alturas. Ó
final todos se tiraron e conseguiron salvarse. As
autoridades de alí xa desaloxaran a todos os
veciños, pero de repente o volcán calmouse.
Os científicos puxéronse a facer análises e
probas e despois dun par de horas certificaron que
fora un auténtico milagre da Nai Natureza. Ó final
todo quedara nun susto; pero viviran una gran
aventura. Volveron ó barco e Ana e Laura tiñan
ganas de marchar. O seu próximo destino eran as
Illas Galápagos. Chegarían alí nunha semana e
pasarían alí un día. Desembarcaron e coma
sempre os nenos e máis o Capitán Patanegra
baixaron ver unha reserva natural de tartarugas.
Era lamentable as poucas que quedaban. Un dos
traballadores da reserva contoulles que as
tartarugas escapaban moi asustadas. Os nenos
ofreceron a súa axuda para atopar o motivo polo
que as tartarugas escapaban... e atopárono. As
tartarugas daquela zona eran únicas; pero eran
alérxicas a unha alga invasora que crecía nas
augas da reserva: era letal! Durante algunhas
horas os expertos da reserva estiveron
investigando como extinguilas daquelas augas.
Conseguírono e todas as tartarugas volveron ós
seus fogares. Os responsables da reserva
18
Un mar de aventuras Aventuras co Capitán Patanegra
invitáronos a cear; coincidía que eran as festas
locais. Cando xa era hora de volver ó barco Laura
dixo:
—Eu non quero marchar. O próximo destino
xa é Alaska e dende alí temos que volver en avión
ata Canada e regresar a Vilabranca.
O capitán respondeu:
—A ver grumetes, toda viaxe ten o seu final.
Todos chegamos ó destino. Como vos portastes
tan ben, seguro que a tripulación está de acordo
en invitarvos o ano que ven a dar outra volta; pero
por outros lugares do mundo. Por Asia estaría moi
ben.
Os nenos responderon:
—Si estaría moi ben; pero aínda así danos
moita mágoa volver á casa.
— Grumetes, hai que volver ó barco; se non
vai marchar sen nós.
—Vale capitán —responderon os nenos á
vez.
Os rapaces subiron a bordo, despois de
despedirse dos donos da reserva.
Chegaron a Alaska e, chorando e chorando,
despedíronse de toda a tripulación. Os rapaces
colleron o avión e despois dunhas horas de voo os
nenos do Club do Mar aterraron nun aeroporto
canadense onde os esperaban os compañeiros.
19
Un mar de aventuras Aventuras co Capitán Patanegra
Contáronlles as súas aventuras e prometéronlles
que o vindeiro ano eles tamén os acompañarían.
Cando chegaron á casa e escribiron un conto.
Este conto! Para que os seus pais, irmáns,
familiares e amigos gozaran de todo canto eles
tiñan vivido.
Ás veces as túas maiores aventuras están
onde menos as esperas; coma lles pasou a estes
rapaces de Vilabranca. Pero incluso a túa máis
fermosa aventura pode estar dentro dun libro.
Pode ser moi emocionante!
Sheila BLANCO RODRÍGUEZ
Ainoa CORBELLE MONTES
Alejandro CURRÁS REQUEJO
Lucía FERNÁNDEZ GONZÁLEZ
Mestra coordinadora
María José CASTRO MANGANA
20
Un mar de aventuras Surcando os Sete Mares
21
SURCANDO OS SETE MARES
Pablo, dende pequeno, soñaba ser pirata.
Cando no cole lle preguntaban qué quería ser de
maior el dicía sempre o mesmo: “pirata, pero dos
bos!”. Vivía nunha vila a carón do mar e non tiña
moita familia, xa que era orfo de nai e pai. Acababa
de cumprir dez anos cando recibiu unha carta na
que se lle comunicaba que un tío seu moi ancián
morrera e lle deixara a el unha herdanza, que polo
que parecía eran moitos cartos. Cando foi cobrar a
herdanza xa se lle ocorrera qué podía facer con
ela. Pois claro: comprar un barco pirata! Aínda que
nestes tempos e pola zona onde el vivía era
bastante complicado atopar barcos e moito menos
de piratas.
No colexio comezou a falar do tema do
barco cos seus compañeiros e algúns rían, outros
non lle facían caso; pero os seus mellores amigos
dábanlle consellos. Dixéronlle que buscara na
Internet, que alí había de atopar un barco pirata
para mercar, xa que din que na Internet hai de
todo. Durante algúns recreos quedaron uns
poucos na clase coa desculpa de facer un traballo,
pero en realidade estaban a investigar na rede
buscando o barco ideal. Atopárono por fin.
—É magnífico! —exclamou Pablo. —É o
barco de vela dos meus soños!
—Dende logo que é bonito —conveu
22
10 Con pequenas manchas na faciana.11 Lugar onde se constrúen e reparan buques.
Un mar de aventuras Surcando os Sete Mares
10 Margarida, unha nena pencada moi simpática.
Os amigos de Pablo, entusiasmados,
aconselláronlle que o mercara. Así o fixo e o barco
chegou ó porto da vila ó cabo dunha semana. A
nave semellaba estar en bo estado e precisaba 11poucas reparacións que se fixeron no estaleiro .
Agora era necesaria unha boa tripulación. Entón
puxo anuncios polo colexio para ver quén se
quería embarcar unha vez rematadas as clases. Ó
principio parecía que ninguén se quería apuntar,
pero logo a cousa foise animando e reuniuse un
grupo de sete compañeiros. Eran catro nenas e
tres nenos. Fixeron unha xuntanza para repartir as
funcións e os traballos no barco. Por suposto, o
capitán sería Pablo. Con el serían oito piratas.
Pablo atopara un mapa moi vello e moi raro
na adega do barco cando estaba poñendo orden.
Nese mapa aparecía un tesouro, pero para chegar
a el tiñan que atravesar os sete mares. Así se
explicaba nas instruccións escritas na parte de
atrás do documento.
Partiron do porto da aldea unha mañá
soleada. O primeiro día de navegación foi
bastante tranquilo xa que o mar estaba calmo;
pero o segundo día tiveron que atravesar unha
23
Un mar de aventuras Surcando os Sete Mares
tormenta e pasaron moito medo. Algúns membros
da tripulación querían dar volta atrás e marchar 12para a casa, pero ó final a tormenta amainou . O
terceiro día notaron que o barco case non
avanzaba a pesar de que as velas estaban
infladas e facía vento. Comezaron a mirar a 13 14babor e a estribor , a proa e a popa e un deles
dixo:
— Estamos rodeados de polbos! Que
podemos facer? Non nos deixan mover o barco!
—Berrou Margarida.
Pablo, rapidamente ordenou:
—Pesquemos os que están apegados ó
casco da nave e así teremos comida para uns
días.
Así o fixeron, aínda que lles deu moito
traballo xa que eran moi pesados e tiveron que
pescar moitos para que o barco se empezara a
mover. Acababan de pasar polo Mar dos Polbos;
era o primeiro dos sete mares que tiñan que
atravesar para chegar a illa onde se atopaba o
tesouro.
O seguinte mar que tiñan que cruzar era o
Mar Ondulado. Chamábase así porque as súas
ondas eran tan rítmicas que parecía que o barco
12 Perdeu intensidade. Debilitouse.13 Lado esquerdo dunha embarcación, mirando cara á proa do barco.14 Lado dereito dunha embarcación, mirando cara á proa do barco.
24
Un mar de aventuras Surcando os Sete Mares
mesmo estaba bailando un valse. Ó principio os
nenos estaban moi mareados. Algún ata botou
todo o que comera pola borda. Pero pasado un
tempo, acostumáronse ó movemento e pasaron
este mar sen problemas. De feito incluso puxeron
unha fermosa música de valses.
—Bailas Margarida? —Preguntou Pablo
moi galano.
—Será un pracer, cabaleiro —contestou a
rapaza moi riseira.
Os demais mariñeiros tamén se puxeron a
bailar na cuberta ó compás da música e así foi
como pararon as ondas daquel estraño océano.
Cando cesou o balanceo incluso chegaron a
botalo de menos.
Pasados uns días chegaron ó Mar do Pirata
Alpargata, que tiña fama de ser moi malo. Sempre
estaba enfadado e asaltaba e abordaba tódolos
barcos que pasaban por alí. Pablo sabía cal era a
súa debilidade, porque o lera no mapa ese que
tiña. O Pirata Alpargata tiña unha soa perna, e
nese pé tiña un xoanete, polo tanto só podía calzar
alpargatas. Pero un día de tormenta e moita
choiva a súa alpargata mollárase e, claro,
estragárase. Dende aquelas andaba descalzo. A
Pablo ocorréuselle solucionarlle o problema, pero
a cambio de que non lles saqueara o barco. Entre
25
15 Sen rumbo e sen control.
Un mar de aventuras Surcando os Sete Mares
todos os nenos do barco fixéronlle unha zapatilla
comodísima; por fóra resistente á choiva, por
dentro moi quentiña e cunha sola moi axeitada
para non esvarar pola cuberta do barco. O Pirata
Alpargata quedou encantado e ata se fixo amigo
de Pablo e da súa tripulación e prestouse
voluntario para guialos a través do seu mar a fin
de que non tiveran ningún incidente
desagradable.
—O seguinte que ides atopar é o Mar das
Estrelas —informou o Pirata Alpargata sinalando
ó horizonte.
Cara alí se encamiñaron os aventureiros
despois de despedirse. Tras varias horas os
mariñeiros perderon o control da nave e esta 15quedou á deriva porque estaba sendo
arrastrada por milleiros de estrelas de mar que
se pegaban a ela. Todos os membros da
expedición celebraron unha reunión no
camarote do capitán para ver se a alguén se lle
ocorría algunha idea para solucionar o grave
problema. Laura, unha das nenas, propuxo un
método orixinal.
—Capitán —dixo dirixíndose a Pablo, a
Margarida e ós demais — nas bodegas hai unha
boa cantidade de pastillas de xabón. Se as
26
16 Pensar ou reflexionar varias persoas sobre un asunto.
Un mar de aventuras Surcando os Sete Mares
botamos no mar farán moita escuma e as estrelas
patinarán e non poderán amarrarse ó casco.
—É unha idea extravagante, pero pode
funcionar. Non si Margarida?
—Non perdemos nada por probar —conveu
a nena.
Puxéronse todos ó traballo e en menos de
súas horas a embarcación estaba rodeada de
escuma e de enormes burbullas de xabón que
voaban polo ar. Mentres o xabón producía os
efectos esperados os rapaces puxéronse a xogar
atrapando burbullas e máis burbullas. Algunha era
tan grande que mesmo un neno cabía dentro.
Recuperado o control do barco abríronse
paso entre millóns e millóns de estrelas ata que
conseguiron atravesar aquel mar. Os nenos
estaban moi contentos coas aventuras que lles ían
acontecendo. Entraron no Mar das Gaivotas e
nada máis facelo foron atacados por centos e
centos de aves famentas que querían comer ós
oito tripulantes do barco. Tiveron que escapar
correndo da cuberta e metéronse na adega. Alí
pensaron qué podían facer para afastar ás 16gaivotas. Despois de deliberar ; un dos
mariñeiros, que se chamaba Antón, propuxo que
podían botar pola borda parte das provisións que
27
17 Protagonista da obra clásica La Odisea, de Homero.
Un mar de aventuras Surcando os Sete Mares
levaban para así distraer ós paxaros e fuxir de alí a
fume de carozo.
—Pero, quen será ser o valente que vai saír
fóra? —Preguntou Margarida moi asustada.
—O mellor é que algún de nós se disfrace de
gaivota e así pase desapercibido entre as aves.
A todos lles pareceu unha boa idea, así que
foron ós camarotes a buscar almofadas e despois
Pablo puxo un traxe de neopreno. Untárono de
cola e botáronlle encima as plumas das
almofadas. O capitán parecía un polo de gaivota
gordo e ridículo. Case escachan todos coa risa. O
caso é que o plan saíu de marabilla e despois de
que Pablo tirara ó mar varias caixas de pescado as
gaivotas quedaron atrás unhas con outras
mentres os mariñeiros se afastaban de alí.
Tiveron uns días de tranquilidade; ata que
empezaron a oír un canto moi fermoso. Entraban
no Mar das Sereas. Cando se deron conta o barco
xa estaba rodeado de belas sereas cantando.
Pablo e os seus amigos estaban un pouco 17asustados porque coñecían a historia de Ulises .
Pero neste caso as sereas eran boas e só lles
querían desexar unha feliz viaxe cantándolles
unha canción que por suposto os mariñeiros
28
18 Ruíns, maliciosos.
Un mar de aventuras Surcando os Sete Mares
bailaron e ata aprenderon de memoria. Foi un
recordo extraordinario que nunca esquecerían.
O sétimo e último mar que tiñan que cruzar
para chegar ó seu destino era o Mar dos
Cabaliños. Estes animais parecían inofensivos 18pero eran algo pícaros . Sempre que algún barco
quería atravesar o mar onde eles vivían intentaban
afundilo para así ter un sitio novo onde xogar. O
barco empezaba a ladearse moito e os nenos non
sabían que facer, ata que ó mariñeiro Xan se lle
ocorreu a solución. O que tiñan que facer era coller
algúns dos xoguetes que levaban e botalos ó mar
para que os cabaliños tiveran algo novo para
xogar. Así o fixeron. Cada un deles colleu un
xoguete dos que levaban para a viaxe. Os
cabaliños puxéronse a xogar cunha pelota, un
coche teledirixido, un submarino, unha granxa, un
boneco de peluche. A superficie do mar quedou
convertida nunha gardería... unha gardería de
cabaliños de mar!
Por fin chegaron á illa da Boca Negra.
Chamábase así porque xusto no medio había
unha rocha cun buraco en forma de boca e dentro
estaba moi escuro. Pablo e os seus amigos
contaban coa inestimable axuda do mapa que os
29
Un mar de aventuras Surcando os Sete Mares
fora guiando durante toda a viaxe. Grazas a aquel
documento conseguiron atravesar un labirinto de
túneles, para o cal ataron unha corda na entrada e
fórona soltando pouco a pouco para que lles
servira de guía para regresar. Despois de varias
horas explorando a caverna con grandes
lanternas atoparon un cofre. Nel non había
moedas nin xoias nin nada polo estilo. Estaba
cheo de caixiñas moi bonitas co nome de cada un
deles para que gardaran alí os seus soños e os
seus desexos. Margarida, que estrañaba moito ós
seus pais, abriu a súa e desexou:
—Quero que agora mesmo esteamos de
volta na casa. —Mentres o facía, sen querer, a luz
da súa lanterna cegou os ollos de Pablo.
De súpeto o rapaz escoitou unha voz que lle
pareceu familiar.
—Esperta lacazán que é hora de ir á escola
—Era a súa avoa que acababa de levantar a
persiana da habitación para que entrara o sol da
mañá.
Pablo, confuso e somnolento, decatouse
que todo fora un soño. Vivira unha extraordinaria
aventura pero totalmente imaxinaria. Tardou en
recoñecelo; pero pouco a pouco volveu á
realidade.
—Serei parvo... —murmurou.
Pero cando foi abrir o caixón da mesiña de
noite para coller os lentes... sabedes o que alí
había? Pois unha caixiña... Unha pequena caixiña
azul brillante co seu nome en letras de prata.
Rita GÓMEZ MARTÍNEZ
Marcela GONZÁLEZ SALGADO
José Ángel PÉREZ GARRIDO
Xosé VÁZQUEZ CABRERA
Mestra coordinadora
Nuria BRANDÍN PÉREZ
Un mar de aventuras Surcando os Sete Mares
30
Un mar de aventuras Descubrindo a Atlántida
31
DESCUBRINDO A ATLÁNTIDA
19 Que está feita de goma e é inchable.20 Pequena praia.21 Acantilados. Rochedos verticais ó pé do mar.22 Meterse debaixo da auga.
Os pais de Carlos e máis el foron á casa da
súa avoa para pasar a fin de semana porque a
velliña estaba enferma. A avoa Cristina, que así se
chama, vive nunha vila preto do mar e por iso ó
rapaz lle gustan moito as actividades mariñas. Ó
día seguinte Carlos pediulle a súa avoa se podía ir
facer mergullo. A súa avoa deixouno; pero coa
condición de que tiña que ir acompañado de
alguén porque non se debe ir só a facer deportes
de risco. Carlos foi chamar a unhas amigas que
tiña no pobo: Ana e Silvia, que son moi
afeccionadas á fotografía submarina.
Os tres saíron de mañanciña nunha lancha 19pneumática con motor que lles prestou o pai de
Ana. Despois de rodear o faro do cabo chegaron a 20 21unha cala que hai preto duns cantís moi famosa
por un bosque de algas nas que hai unha vida
mariña moi rica. Botaron a áncora, lanzaron unha
boia para sinalar a posición na que ían 22mergullarse , comprobaron as botellas de
osíxeno e os demais instrumentos e...
—Á auga! —berrou Carlos mentres se
32
Un mar de aventuras Descubrindo a Atlántida
33
Un mar de aventuras Descubrindo a Atlántida
axustaba as gafas e se chimpaba de costas.
—Á auga! —repetiron as rapazas mentres
facían o mesmo.
Pasaron un bo anaco gozando das
marabillas das profundidades que se ocultaban no 23bosque de posidonias . Había moitos peixes,
entre eles rodaballos e meros; tamén algún polbo
camuflado entre as rochas. Precisamente cando
Silvia o descubriu, o cefalópodo moveuse e a
rapaza seguiuno a unha zona un pouco máis
profunda. Alí fixo un descubrimento: a entrada
dunha cova submarina. Volveu en busca dos seus
amigos e fíxolles acenos coa man para que a
seguiran.
Os rapaces tíñanse mergullado naquela
cala moitas veces e nunca viran tal cousa. Vese
q u e a l g u n h a t o r m e n t a p r o d u c i r a u n
desprendemento de pedras na parede do cantil e
deixara á vista aquel buraco.
Acenderon lanternas, entraron e despois
de percorrer un pasadizo estreito chegaron a unha
cova na que había unha bolsa de aire. Alí quitaron
os equipos e puxéronse a invest igar
entusiasmados.
—Isto é impresionante! —Exclamou Ana.
23 Tipos de algas
34
Un mar de aventuras Descubrindo a Atlántida
—Dende logo que si —respondeu Carlos
enfocando a todas partes coa lanterna.
—Mirade alí! —Sinalou Silvia moi alterada.
Ó fondo da cova víanse unhas luces e
escoitábanse unhas voces. Ó pouco apareceron
varios soldados cuns traxes moi estraños que os
detiveron.
—Pero ...que pasa? —Preguntou Ana moi
asustada.
—Pasa que acabades de entrar no reino da
Atlántida —respondeu o que parecía o oficial
daquela patrulla. —Iamos tapar a entrada que se
abriu na parede de rocha cando vós entrastes
aquí.
—Non t raemos malas in tenc ións
—informoulles Carlos. —Foi todo unha
casualidade.
—Isto é incrible! Incrible! —berraba Silvia
moi nerviosa.
—Iso haberá que velo —respondeu o oficial.
—De momento ímosvos levar ante a presencia do
noso amado rei para que el decida.
Pasaron unha porta monumental e ante os
seus ollos apareceu unha espectacular cidade
subterránea. Alí viron marabillas: avenidas,
grandes edificios de pedra, templos e... un palacio
de cristal. Foron conducidos alí e levados ó salón
35
Un mar de aventuras Descubrindo a Atlántida
do trono onde os esperaba o rei; un home cunha
coroa chea de pedras preciosas e vestido cunha
roupa moi elegante.
—Son o rei da Atlántida, —dixo con voz moi
seria. —Presentádevos ante o rei.
—Si, maxestade. —Respondeu o rapaz moi
respectuosamente mentres facía unha reverencia
coma as que se fan nas películas. —Somos
Carlos, Silvia e Ana. Estabamos facendo mergullo
e por casualidade descubrimos unha cova.
Decidimos entrar para ver o que había e polo visto
é a entrada deste mundo.
—Como dixo que se chamaba, maxestade?
—Preguntou Ana.
—A Atlántida —respondeu o orgulloso
monarca — e eu son o rei Eón.
Os rapaces caéronlle simpáticos ó rei, que
lles preguntou cousas do mundo exterior. Claro,
aínda que na Atlántida eran felices, vivían en paz e
tiñan moitas cousas boas, non coñecían os
avións, nin os rañaceos, nin a televisión; pero
tampouco as guerras, a fame ou as enfermidades.
O relato dos rapaces impresionou moito a Eón.
—Aquí non temos enfermidades —dixo
presumindo do maior dos adiantos do seu mundo.
—Os habitantes da Atlántida vivimos moitos anos
ata que morremos de vellos despois de ter unha
36
Un mar de aventuras Descubrindo a Atlántida
vida moi feliz.
—Como conseguides estar sempre sans?
—Preguntou Carlos cheo de curiosidade.
—Vinde. O rei Eón levantouse e levounos a
unha sala científica. —Como vedes aquí están os
nosos científicos traballando. Vedes eses grandes
tubos de aí. Pois conteñen unhas algas moi
especiais das que sacamos unha sustancia que
nos protexe de todas as enfermidades. Só con
tomar unhas gotas unha vez ó mes conseguimos 24inmunidade .
—Como me gustaría ter unhas poucas
gotas para sandar á miña avoa! —Suspirou
Carlos.
—Iso está feito —afirmou o rei mentres lle
daba un pequeno tubiño que estaba alí preparado.
Carlos colleu o frasco e gardouno na súa
mochila para darllo á súa avoa cando volvera á
casa. Despois foron ver as riquezas daquel
extraordinario país. Na Atlántida non había pobres
nin ricos, nin tampouco diñeiro. Todo o mundo
traballaba no que quería e a súa máxima ilusión
era facer felices ós seus veciños.
Había moitos artistas que se dedicaban a
crear obras para adornar os xardíns e os museos.
24 Protección contra cousas prexudiciais.
37
Un mar de aventuras Descubrindo a Atlántida
O rei levounos ver unha galería de arte onde
había pinturas, esculturas e outras obras.
—Guau! Isto e incrible! E impresionante! É
un dos cadro máis bonitos que vin na miña vida
—exclamou Silvia.
—Tes bo gusto —dixo o rei. Este cadro
simboliza o espírito da Atlántida. Representa un
mundo ideal no que todos traballan para o ben
común.
Na pintura apreciábase un val verde e
florido, cheo de xente que traballaba nun campo.
Todos estaban rindo e semellaban felices.
Despois dun anaco vendo o museo, xa se
fixera de noite e o rei invitounos a cear.
—Vinde por aquí. Este é o noso comedor é
invítovos a cear.
Foi unha cea deliciosa.
—Ummmm! Isto está boísimo —dixo Ana.
—No noso mundo non hai fame nin guerras
porque todo se reparte de maneira que alcanza
para todos.
—Este si que che é un sitio ben bo
—exclamou Carlos.
O rei púxose serio e dixo:
—Xa sei que no voso mundo hai cousas moi
boas, pero tamén cousas moi malas.
—É verdade —conviñeron os tres nenos.
38
Un mar de aventuras Descubrindo a Atlántida
—Aquí sabemos que fóra hai inxustiza,
fame, enfermidades e guerras. Por iso queremos
permanecer no esquecemento. Preferimos ser
unha lenda para os habitantes do mundo exterior.
Se nos descubriran, o noso mundo sería
destruído.
—Canta razón tés!
—Por iso vos pido que non contedes nada
do que vistes aquí. Dádesme a vosa palabra?
—Si —repuxeron.
—Iso si. Quero que saibades que os nenos
de agora seredes os adultos de mañá. Estudiade
moito e facédevos boas persoas para que o ben
tamén se propague polo voso mundo. Así
empezamos aquí e mirádenos agora.
Os rapaces foron levados ó exterior nun
estraño aparello que semellaba un ascensor.
Foron directos á casa de Carlos. A súa nai xa se
estaba preocupando porque era moi tarde.
Entonces Carlos díxolle a súa avoa:
—Toma avoa isto e para ti. Bébeo e
sandarás.
Pasaron moitos, moitos anos e os tres
rapaces fixéronse grandes e viviron as súas vidas.
Nunca se lles esqueceu o consello do rei da
Atlántida. Non vos podemos contar que cambiaron
39
Un mar de aventuras Descubrindo a Atlántida
o mundo; pero si que foron bos con todas as
persoas que viviron ó seu arredor.
María de las Mercedes GRANDE LÓPEZ
Dionisia GUILLÉN SENAZ
Jeison MARTÍNEZ VERDI
Beatriz SÁNCHEZ MARTÍNEZ
Mestra coordinadora
María Esther PRIETO BLANCO
40
Un mar de aventuras Perdidos no Pacífico
41
Un mar de aventuras Perdidos no Pacífico
PERDIDOS NO PACÍFICO
Nun cruceiro de ruta polo Pacífico viaxaban
Xurxo e Clara; dous irmáns da vila de Candeloria
que ían de viaxe cos seus pais. Todo estaba a
transcorrer de marabilla. Pasábano moi ben nas
piscinas, nos restaurantes, no salón de baile, na
sala de xogos... Ata que un día se escureceu o sol.
O ceo cubriuse de nubes grises, formándose unha 25gran treboada que cambiaría por completo as
súas vacacións.
O capitán da nave ordenou que todos os
pasaxeiros permaneceran nos seus camarotes
mentres duraba a tormenta. Os dous rapaces
tiñan unha cabina só para eles ó carón da dos seus
pais. 26O barco zarandeábase moito e os nenos
estaban moi mareados con tanto movemento;
polo que Xurxo dixo:
—Clara, por que non saímos á cuberta a ver
se podemos tomar un xeado para ver se me pasa o
mareo?
—Vale, pero temos que saír sen facer ruído
non vaia ser que se decaten os nosos pais e nos
rifen —contestou a nena.
Conscientes de que estaban a facer unha
25 Gran tormerta con lóstregos, tronos e chuvia.26 Movíase moito.
42
Un mar de aventuras Perdidos no Pacífico
trasnada saíron sen permiso do camarote.
Avanzaron polo corredor de puntillas e colleron o
ascensor para subir á cuberta. Chegaron preto da
piscina, onde estaba o posto de xeados,
loxicamente, pechado. Chovía moitísimo e
sopraba un vento tempestuoso. Os rapaces
decatáronse de que meteran a pata e que se
atopaban nunha situación moi perigosa. A cuberta
estaba baleira e non había ninguén ó que pedir
axuda. A nave zarandeouse violentamente e os
nenos perderon o equilibrio esvarando polo chan
mollado. Noutro golpe forte de vento saíron
proxectados pola borda, caendo nun mar
embravecido.
Berraron e berraron; pero nada, ninguén os
escoitou. O barco desapareceu entre a néboa e os
dous irmáns quedaron sós, aboiando a duras
penas na auga.
Por sorte, unha onda trouxo con ela una
prancha de madeira con cabos soltos,
probablemente algúns restos dun pesqueiro
afundido. Moi fatigados quedaron durmidos sobre
ela despois de amarrarse coas cordas para non se
afundiren.
Cando espertaron á mañá seguinte,
descubriron que a tempestade levara a táboa na
que permaneceran toda a noite ata á area dunha
43
Un mar de aventuras Perdidos no Pacífico
praia. Decatándose de que estaban nunha illa.
—E agora que facemos? —Preguntou Clara
con bágoas nos ollos.
— N o n t e p r e o c u p e s i r m a n c i ñ a
—consolouna Xurxo. —Comezaremos por
explorar esta illa en busca de comida e auga.
—Tes razón. Ti sempre fuches máis valente
ca min.
—Iso agora non importa; o principal é
sobrevivir.
—Xa non vou chorar máis —desculpouse a
nena. —Cando hai problemas non vale chorar; hai
que actuar.27—Pois déixate de lerias —chanceou
Xurxo poñéndose en marcha —que temos moito
que investigar antes de que caia a noite.
—Tamén teremos que buscar un refuxio.
—Iso de momento non é necesario. Aquí
non vai frío, polo menos agora, pero podemos
facer unha fogueira para a noite e durmir na praia.
Internáronse na maleza buscando todo o útil
que puideran encontrar. Separáronse e máis tarde
reuníronse na praia para ensinar o que atoparan. 28—Eu collín uns cantos mangos —dixo
Clara.
27 Dicir chanzas ou bromas, burlarse, tomarlle o pelo a alguén.28 Froita tropical, carnosa, de forma ovalada, de pel grosa e polpa alaranxada.
44
Un mar de aventuras Perdidos no Pacífico
Ó que Xurxo respondeu:
—Pois eu só encontrei ramas e algunhas
follas secas para o lume.
Pasaron o resto do día organizando as
cousas que atoparan. Cando o sol estaba a piques
de se esconder decidiron acender a fogueira.
Custoulles moito prendela, pero...
—Ó fin o conseguimos! —Gritaron a coro os
irmáns.
—Isto non é tan fácil como se ve nas
películas.
—Dende logo que non —conveu a nena
entre risas mentres se acurrutaba a carón do lume.
—Será mellor que durmamos. Mañá vai ser un día
moi longo.
—Mellor será. —Xurxo abrazou á súa irmá e
os dous pecharon os ollos naquela praia solitaria.
O ceo cheo de estrelas velou o seu soño.
Pasou a noite e cando espertaron
introducíronse no bosque en busca de auga dóce.
Andaron, andaron e andaron ata chegar a un
pequeno lago de cor azul turquesa rodeado de
grandes árbores. Os raios do sol reflectían na
auga, permitindo ver as estupendas criaturas que
habitaban no seu interior, como cabaliños de mar,
augamares e peixes de cores.
Clara botou a correr porque tiña moita
45
Un mar de aventuras Perdidos no Pacífico
sede.
—Que é isto? —Berrou a nena cuspindo a
auga que tiña na boca. —Está salgada!
—Estamos nunha illa de coral. Case todas
teñen unha lagoa coma esta que se enche coas
mareas. Pero mira alí. —Dixo sorprendido
mentres sinalaba a unha zona máis alta.
—Pero, que é iso? —Exclamou a nena.
Preto da lagoa había unha estraña
construcción que tiña na porta varias estatuas que
parecían deuses.
—Isto parece un Santuario —concluíu o
rapaz.
—De quen será?
—Non o sei...— respondeu Xurxo moi
intrigado.
Ó entrar viron debuxos de olas, mares e
océanos, gravados en pranchas de coral nas que
aparecían monstros loitando contra homes en
embarcacións. Estaban tan abraiados co seu
descubrimento que non se decataran que detrás
aparecera, dende dentro dun pozo, unha
extraordinaria criatura: un ser co corpo escamoso
dunha serpe mariña e unha enorme cabeza de
dragón. Aquel bicho xigantesco lanzou un chío
terrorífico que lles puxo ós nenos os pelos de
punta. Botaron a correr; pero a boca do monstro
46
29 Sinal que fai coa cabeza, cos ollos ou coas mans para comunicar as nosas intencións.
Un mar de aventuras Perdidos no Pacífico
estaba moi cerca deles. Esquivaron a primeira
investida do animal e conseguiron saír do templo.
—Xurxo, teño medo! —Exclamou Clara.
—Tranquila, eu tamén. Hai que marchar de
seguido —respondeu o neno.
—Os dou irmáns intentaron escapar;
pero...Crack!! Pisaron una rama, tropezaron e
caeron.
De súpeto, do medio do lago saíu un gran
chorro de auga con alguén dentro. O líquido, a
modiño, foi diminuíndo ata formar unha escaleira. 29Aquel individuo fíxolle un aceno á serpe e esta
ficou queda. Despois foi descendendo ata chegar
a carón dos rapaces que o ollaban sen poder crer o
que estaban a ver. Era un home vestido cunha
túnica azul, con pelo e barbas brancas e brillantes,
levando un tridente na súa man esquerda.
—Quen ousa irromper na casa de
Poseidón, Deus dos Mares?
Os rapaces reaccionaron:
—Nos non que. . .que. . .quer íamos
molestarlo. Somos náufragos —explicou Xurxo.
—Canto tempo levades aquí? —Preguntou
Poseidón.
—Desde onte, señor —respondeu
47
Un mar de aventuras Perdidos no Pacífico
educadamente a nena, procedendo a explicarlle
toda a súa historia...
—Axudareivos a volver cos vosos pais, pero
coa condición de que non contedes o que vistes a
ninguén!
—Prometémolo —acordaron os dous
rapaces.
Pasaron o día xuntos, encantados coas
marabillosas historias que o deus Poseidón lles
contaba sobre o mundo mariño. Aprenderon unha
morea de cousas que nunca antes imaxinaran que
podían existir fóra dos contos de fantasía... O certo
era que Poseidón estaba moi só no fondo dos
mares e se alegraba moito de ter a alguén con
quen falar.
Xa se fixeran tan amigos que os levou a
mergullarse.
—Pero, non daremos respirado baixo a
auga —dixo Xurxo.
—Non fará falla. Bebede este xarope e
poderedes respirar baixo a auga durante dúas
horas— explicou Poseidón.
Ó entrar na auga, sucedeu algo incrible:
saíronlles branquias ós nenos. Sentíanse coma
peixiños! Despois de nadar uns minutos chegaron
os tres a un gran arrecife de Coral, onde viron
criaturas de moitas formas, cores e tamaños; ata
48
Un mar de aventuras Perdidos no Pacífico
viron unhas quenllas!
Pasaron a noite no templo da illa, antes do
amencer os nenos erguéronse coa ilusión de
volver ver ós seus pais. Unha vez que se atoparon
de novo na praia, encontráronse cunha estraña
balsa en forma de peixe, feita de madeiros e ramas
procedentes da mesma illa e amarrada a uns
preciosos delfíns.
—Poseidón! —Gritaron os nenos.
—Onde estás? —Gritou Clara.
Ó final, os rapaces decidíronse por subir á
balsa. Unha vez arriba, os delfíns comezaron a
nadar ata alcanzar unha gran velocidade. Un
pouco máis tarde levaron un susto enorme, cando
se lles atravesou unha gran balea e os seus guías
tiveron que dar un salto moi grande facendo que a
balsa dera a volta, tirando os nenos á auga. Nese
mesmo instante volveu aparecer o seu amigo, o
cal os rescatou inmediatamente.
—Poseidón! —Exclamaron os irmáns.
—Grazas unha vez máis.
—De nada Clariña —respondeu e engadiu:
—levareivos eu ata os vosos pais. Pero o último
tramo deberedes facelo vós; non podo deixar que
me vexan —aclarou o Deus.
—Entendido —contestaron os nenos.
Cando só quedaban cincuenta metros ata o
49
Un mar de aventuras Perdidos no Pacífico
barco, os nenos estaban tan entusiasmados que
non se decataran de que Poseidón volvera
desaparecer. O capitán do cruceiro, ó velos,
mandou un equipo de rescate que os subiu á
embarcación. Xa arriba, encontráronse cos seus
pais, que estaban ó borde dun ataque de nervios.
O reencontro foi como... de película!
— A i m e u D e u s , e s t a d e s b e n ?
Comichedes? Pe... pe... pero que vos pasou?
—Preguntou a nai.
—Saímos a por un xeado e o vento tan forte
tirounos ó mar — explicou Clara. —Despois de
caer ó mar aparecemos nunha illa e empezamos a
buscar comida e auga, seguindo un camiño, ata
que atopamos un precioso lago cheo de
fantásticos animaliños, pero de repente apareceu
un monstro...
—Shhhh! Ejem , ejem, ejem —interrompeu Xurxo.
E nese momento Clara, recordou a promesa
que lle fixeran a Poseidón e que coa emoción que
tiña contando a historia case esquecera e cortou o
seu conto, engadindo:
—Grazas a Deus saímos sans e salvos.
Desta maneira os rapaces cumpriron coa
promesa de silencio que lle fixeran ó seu gran
amigo. Aínda que aquela fermosa historia
quedaría para sempre na memoria dos rapaces.
50
Un mar de aventuras Perdidos no Pacífico
Dende entón, algunhas noites, cando
quedan durmidos, os dous irmáns son
transportados a un mundo imaxinario no que se
reencontran con Poseidón e coas súas criaturas
fantásticas. Pero esa, amigos meus, xa é outra
aventura...
Iago FERNÁNDEZ LORENZO
Ismael LÓPEZ FERNÁNDEZ
Nayara MARTÍNEZ REQUEJO
Érika VALADO DOMÍNGUEZ
Mestre coordinador
Luis REAL VÁZQUEZ
51
Un mar de aventuras O mundo escondido
2 Barco de transporte de xente.
O MUNDO ESCONDIDO
Os alumnos de sexto curso dun colexio de
Galicia gañaron un premio de Ciencias por un
traballo sobre os volcáns. O premio consistía
nunha viaxe ás Illas Canarias. O día 20 de xuño
saíron do aeroporto de Santiago de Compostela
ata o aeroporto de Tenerife Sur. Fixeron moitas
visitas culturais: subiron ó Teide; coñeceron o
“Valle de la Orotava", coas súas inmensas
plantacións; foron ó Loroparque; bañáronse en
praias de area volcánica... A derradeira actividade
consistía nunha visita en barco á illa de “El Hierro”;
porque no seu Centro de Interpretación da
Natureza íanlles dar unha charla sobre os volcáns. 2
Chegaron ó porto e subiron ó catamarán . Partiron
con bo tempo cara á cita. De súpeto, notaron unha
sacudida e catro alumnos caeron ó mar. Un
tremendo chorro de auga alzouse diante da nave
tapando a vista e ameazando con afundir o barco.
O capitán tomou a decisión de dar volta cara a
Tenerife posto que non podía controlar a situación.
Uns minutos despois unha mestra notou
que faltaban catro alumnos. Caeran ó mar. Eran
Kevin, Silvio, Cristian e Marta. Rapidamente unha
52
Un mar de aventuras O mundo escondido
O mundo escondido
53
Un mar de aventuras
lancha foi rescatalos. Atopáronos flotando no mar
moi cansos e conseguiron subilos a bordo.
Subitamente o chorro de auga cesou e un remuíño 30apareceu preto deles e comezou a succionalos .
Desapareceron tragados por aquel estraño
fenómeno. Cando o remuíño parou, todos eles,
mareados, espertaron e decatáronse de que se
atopaban nunha illa deserta. Pronto se deron
conta de que o ceo que os cubría era moi diferente
do que coñecían. Era un ceo de pedras que
brillaban por algunha causa misteriosa e que
daban luz a aquel mundo baixo da terra e do mar
que os tragara. Estaban no interior do planeta,
nunha especie de buraco xigantesco que
albergaba un mundo oculto.
—Isto semella o mundo daquel libro que lin
hai tempo... cómo se chamaba... —Dubidou Kevin
mentres contemplaba aquel ceo marabilloso.
Silvio respondeu sen dúbida.
—Viaxe ó Centro da Terra. Escribiuno Xulio
Verne.
—É verdade —completou Marta. —Era un
home moi listo que escribiu sobre moitas cousas
que non existían na súa época.
—Non entendo o que queres dicir
—comentou Cristian.
30 Absorbelos.
Un mar de aventuras
54
Pois iso: avións, foguetes, tanques, viaxes á
lúa... qué sei eu...
—Ah! Xa entendo —exclamou Cristian 31abraiado e púxolle palabras ó que estaba
pensando. —...Pois temo que unha das aventuras
escritas por ese home se está a facer realidade.
—Espero que non —dixo Crístian
preocupado. Era o único que lera o libro.
Os demais non o entenderon; pero vendo a
cara de preocupación do rapaz decatáronse de
que as cousas se podían complicar. Unhas nubes
grises comezaban a tapar o ceo de rochas.
Semellaba que naquel mundo esquecido tamén
se facía de noite. Cristian non quería preocupar ós
seus compañeiros: por iso tentou ser positivo e
propuxo:
—O primeiro que temos que facer é buscar
algún lugar para pasar a noite. —Os catro alumnos
buscaron refuxio nunha cova.
Mentres, os tr ipulantes da barca
conseguiran evitar ser tragados polo remuíño e
deran aviso ás autoridades. En “El Hierro” todos
estaban preocupados polo que acontecía. Os pais
dos nenos foran avisados e chegarían en avión; os
gardacostas patrullaban a zona da desaparición;
pero non había nin a menor pista dos rapaces.
31 Sorprendido, entusiasmado.
O mundo escondido
55
Un mar de aventuras O mundo escondido
32 Que quedou retido pola area ou polas rochas na beira do mar ou nun arrecife.
Pola mañá os nenos saíron da cova, non
sen antes escoitar por boca de Cristian un
resumen do libro de Verne. Concluíron que non
podían quedarse alí e que debían buscar unha
saída ó mundo exterior. Chegaron a unha praia
bañada por un mar azul turquesa. O sol artificial
que proporcionaban as rochas luminosas facía
que aquel mundo parecera un paraíso. De súpeto, 32atoparon embarrancado na area un pequeno
barco. Entraron nel. Non había ninguén; pero
atoparon, despois de rexistralo, algunhas cousas
de utilidade. Tamén obtiveron probas de que os
tripulantes o abandonaran.
—Seguramente que a estes mariñeiros lles
pasou algo semellante ó que nos pasou a nós
—concluíu Kevin.
Marta entrou correndo da embarcación para
avisar de que atopara algo.
—Na area seca hai pegadas de varias
persoas que se afastan de aquí cara a aquel
bosque. —Sinalou por enriba das dunas.
—Pois collede as cousas que consideredes
útiles para as vosas mochilas e imos alá
—Ordenou Silvio, que era o máis botado para
adiante.
56
33 Medo incontrolable.
Internáronse nun bosque tropical: árbores
xigantescos, arbustos, espinos, plantas de
grandes follas de moitas flores e ruídos moi
estraños. Os rapaces comezaban a ter medo.
De súpeto, uns espectaculares réptiles
saíron de entre a maleza. Semellaban dinosauros
de dous metros de altura que camiñaban sobre
dúas patas. Tiñan dentes moi grandes.
Atacáronos e os rapaces botáronse a correr 33aloucadamente, cheos de pánico . Entón, Silvio
colleu unha pistola de bengalas que atopara no
barco e disparou. Acertoulle a un daqueles seres
nunha pata. O bicho botou un chío de dor e os
demais da manda pararon. Ó ver sangrar ó seu
xefe asustáronse e fuxiron. Os rapaces, moi
asustados, refuxiáronse noutra cova. Pola noite
fixeron quendas de garda. Todos durmiron mal
pensando no preocupadas que estarían as súas
familias que seguramente os terían dado por
mortos. Ó espertar desandaron camiño con moita
precaución de non facer ruído para non atraer ós
animais que os perseguiran o día anterior.
Retornaron ó punto en que perderan as pegadas e
seguiron o rastro. Noutra praia atoparon a dous
homes fabricando unha balsa. Eran os dous
mariñeiros da barca que descubriran antes.
Un mar de aventuras O mundo escondido
57
Sorprendéronse moito por encontrar alí a aqueles
rapaces e, despois de escoitar as súas
explicacións, confirmáronlles que a eles tamén lle
pasara o mesmo uns días antes.
—Pois é unha sorte que nos atoparades.
—Alegrouse un deles, que se chamaba Marcos.
—Dende logo —confirmou Andrés, o seu
compañeiro. —Nós sós non podiamos reflotar o
noso barco de pesca; pero agora, coa vosa axuda,
poderemos intentalo.
Volveron atrás. Traballaron varias horas
escarvando na area arredor do barco e turraron
del con cordas cando subiu a marea. Por fin
conseguiron reflotalo e fixéronse á mar. Era pouco
profundo e podían ver nas augas cristalinas
ollomoles, polbos, peixes de cores, corais...
—Agora, segundo o libro de Xulio Verne,
terían que aparecer un plesiosauro e un ictiosauro
dispostos a pelexar. —Chanceou Cristian na
cuberta.
—Espero que non —contestou Andrés que
estaba ó temón mentres Marcos miraba por uns
anteollos.
Efectivamente, apareceu un plesiosauro
asomando o seu longo pescozo por enriba da
auga.
Todos se mantiveron tensos, expectantes
Un mar de aventuras O mundo escondido
58
ante a inminente pelexa que parecía que se ía
producir; pero durante uns segundos nada
ocorreu. Aquela criatura quedóuselles mirando e,
despois de abanear o seu pescozo adiante e atrás,
deu volta facéndolles sinais para que o seguiran.
Andrés decatouse e virou o temón. Marcos puxo o
barco a toda máquina.
Despois de varias horas de navegación
albiscaron ó lonxe unha illa. O plesiosauro
sinaloulla cunha das súas aletas e despois de
lanzar un chío profundo afundiuse no mar.
Os nativos da illa facíanlles acenos para que
desembarcaran. Eran uns xinetes vestidos con
plumas de vivas cores, montados en réptiles
semellantes ós que os perseguiran no bosque;
pero totalmente domesticados. Un deles díxolles
con voz grave:
—De onde sodes, viaxeiros descoñecidos?
Kevin, tremendo de medo, sinalou cara
arriba. E o xinete, confuso, mirou a Cristian, que
lles explicou que estaban buscando a maneira de
saír de alí. O xinete, desconcertado, decidiu poñer
aquilo en coñecemento do seu superior e
obrigoulles a que os seguiran ata un castelo de
pedra no que vivía o rei daquel mundo. O rei
presentouse:
—Ola viaxeiros, chámome Tonrat e son o rei
Un mar de aventuras O mundo escondido
59
deste castelo, a que vindes?
—Vimos pedir axuda para saír deste
mundo ata o mundo superior — comezou Marta
o seu resume da aventura que estaban vivindo.
O rei, que era moi vello, explicoulles:
—Nunha illa na outra beira deste mar está
o pasadizo para o voso mundo. Hai varios días
de viaxe.
—Nós non daremos cruzado o mar cun
barco tan pequeno —queixáronse Marcos e
Andrés.
Eu encargareime diso; pero haberes
prometer que non lle contaredes a ninguén que
nós existimos. Se os do mundo exterior se
decataran da nosa existencia virían a moreas e
destruirían o noso paraíso.
—Iso está feito! —Contestaron todos a
coro.
—Pois entón todos de acordo. Voaredes ó
volcán en pterodáctilo — contestou o rei.
Selaron o pacto e despois foron levados a
unha gran terraza e montaron naqueles bichos
pelados. A gran velocidade, chegaron á illa e
emprenderon o camiño ata a montaña
conducidos por un guía. Cruzaron unha selva
chea de perigos. Escalaron, atravesaron un
acantilado e entraron por unha cascada ata unha
Un mar de aventuras O mundo escondido
60
cova. O guía díxolles que debían subirse a unha
plataforma de madeira e esperar alí sentados.
Despo i s desped iuse , non sen an tes
recomendarlles que se ataran ben forte cunhas
cordas para non caer da plataforma e de deixarlles
unha mochila con provisións. Había cantimploras
con auga, lambetadas e froita. Sen dubidar
puxéronse a comer e despois quedaron
profundamente durmidos.
De súpeto, o volcán entrou en erupción.
Como consecuencia diso a lava quentou a auga
do pé da fervenza e esta entrou a chorro polo
buraco collendo a balsa coma se fora a rolla34
dunha botella de cava, lanzándoa disparada a
través dunha greta vertical. Saíron ó fondo do mar,
no que se formou un remuíño invertido que os
levou a toda velocidade á superficie. Todo pasou
nuns segundos trepidantes35 despois dos cales
volveu a calma.
A serea dunha patrulleira que os localizou
espertounos.
O recibimento na illa de “El Hierro” foi moi
emotivo. Estaban os pais, os compañeiros e os
mestres, a radio, a televisión. Saíran nas
34 Tapón dunha botella.35 Emocionantes.
Un mar de aventuras O mundo escondido
61
noticias... Todos lles preguntaran sobre a súa
aventura.
Lamentablemente ninguén recordaba nada.
O que non sabían é que nas lambetadas e na froita
o rei mandara por unha sustancia máxica que
facía que se esqueceran de todo o que lles pasara.
Eles crían que estiveran perdidos no mar durante
varios días.
—Vouvos dicir unha cousa —Comentoulles
Cristian cando quedaron a soas. —Non sei por
qué, pero apetéceme moito volver a ler un libro de
aventuras que lin hai tempo.
—E logo? —Preguntou Marta chea de
curiosidade.
—Xa che digo que non sei por qué... pero
hai algo nese libro... algo que... Habémolo ler
todos. Creo que nos axudará a recordar...
Florín IONUT DUMITRU
Sara GONZÁLEZ QUIROZ
Iago OUTEDA BOS
Juan Manuel PAIS MADRIGAL
Mestre coordinador
Juan José LAMELAS CANEIRO
Un mar de aventuras O mundo escondido
62
Un mar de aventuras Unha Aventura no fondo Mariño
63
Un mar de aventuras Unha Aventura no fondo Mariño
UNHA AVENTURA NO FONDO MARIÑO
Esta é a historia de dous mozos chamados
Tania e Jack. Eran propietarios dunha empresa de
mergullo que se dedicaba a levar turistas para que
puideran contemplar as marabillas do mundo
mariño. Tiñan o seu traballo nunha fermosa praia
preto dun arrecife de coral. Gozaban moito
ensinando a beleza das profundidades: corais,
peixes de colores, quenllas. Cando non tiñan
turistas que levar dedicábanse a buscar novos
lugares de mergullo. Un día no que estaban
explorando notaron que algo estraño pasaba nas
profundidades. Viron moitos peixes nadando
rapidamente cara un abismo moi profundo que
habían no límite do arrecife coralino. Tania e Jack
decidiron investigar; así que volveron ó barco
buscar o necesario para mergullarse a grandes
profundidades: bombonas de osíxeno, lanternas,
cámara de vídeo e tomaron todas as medidas
necesarias para evitar accidentes.
Comezaron a inmersión baixando moi
lentamente. A medida que afondaban, a luz
desaparecía e se non fora polos potentes focos
estarían na máis absoluta escuridade. Cando se
atopaban a cen metros de profundidade
comezaron a notar bastantes burbullas e despois
64
Un mar de aventuras Unha Aventura no fondo Mariño
de botar unha ollada descubriron que viñan
dunhas pequenas gretas. Non se trataba dun
volcán, porque os arrecifes de coral non son
volcánicos, senón que se forman pola
acumulación de esqueletos de coral durante
milenios. Na parede do arrecife acharon unha
cova. Cando alumaron cos focos á súa entrada
pareceulles ver unha sombra misteriosa que
resultou ser un golfiño que se achegou
cariñosamente e, despois de dar varias voltas
arredor deles, emitiu uns sons cos que parecía
indicarlles que o seguiran. Entraron na caverna e
despois de varios metros por un estreito túnel
chegaron ó centro da cova onde había unha gran
bolsa de ar e puideron saír da auga e sacar as
gafas de mergullo. Entón ocorreu algo
sorprendente: a cova iluminouse por centos de
fachos que comezaron a arder nas paredes
acendidos por unhas pequenas fadas que voaban
dun lado para outro moi ocupadas no seu traballo.
No fondo da cova apareceu unha serea. Era unha
criatura moi fermosa. Tiña os cabelos castaños,
longos e lisos. Era esvelta e elegante coma unha
princesa; pero en lugar de pernas tiña unha gran
cola de peixe con grandes escamas que brillaban
coa luz. Os dous mergulladores estaban
alucinando.
65
Un mar de aventuras Unha Aventura no fondo Mariño
—Que pasada! —Exclamou Tania.36—Belíscame ! —Engadiu Jack —que
quero comprobar que non estou soñando.
Tania obedeceu e trincouno no brazo con
forza.
—Auh! Tampouco fai falla que poñas tanto
empeño.
—Isto no é un soño —precisou a rapaza.
—Está pasando de verdade.
—Fixácheste ben nesa serea? É idéntica a ti
—comentou Jack. —Ten a túa mesma faciana!
—Impresionante! Non o podo crer! Agora
vas ser ti o que ten que beliscarme.
—Encantado —dixo o rapaz mentres o facía
con delicadeza.
Despois de recuperarse da impresión, os
mergulladores decidiron presentarse.
—Ola, son Tania e el é Jack. Somos do
equipo de mergullo Arrecife de Coral. Estabamos
explorando esta zona cando primeiro uns peixes e
despois un golfiño nos conduciron ata aquí.
A serea deulles cumpridas explicacións de
por qué estaban alí.
—Chámome Burbulla e son a princesa das
sereas. Como verás —dixo dirixíndose a Tania
36 Coller con dous dedos a pel dunha persoa apresándoa ou retorcéndoa para que produza dor.
66
37 Que non se pode volver a un estado ou situación anterior.
Un mar de aventuras Unha Aventura no fondo Mariño
—parézome moito a ti.
—Dende logo! —exclamou Tania aínda
abraiada.
A serea continuou:
—Neste mundo no que habito todos os
humanos tedes un ser xemelgo con cola de peixe.
Eu quero vivir a aventura de descubrir o voso
mundo, pero para iso necesito capturar á miña
xemelga e presentarme con ela ante o sabio mago
Tritón para que faga o encantamento de darme a
min as túas pernas e a ti a miña cola.
A rapaza dixo:
—Pois non me importaría nada facer ese
intercambio durante un tempo.
—O problema é que esa transformación é 37irreversible . Ti quedarás para sempre convertida
nunha serea e eu serei ti no mundo dos humanos.
Agora si; serás unha princesa.
Tania mantivo silencio durante uns intres
nos que Jack a observaba coa boa aberta pola
sorpresa daquelas revelacións.
A moza reaccionou.
—Pero eu non quero converterme nunha
serea para sempre. Na superficie teño familia e
amigos e unha vida feliz. —Mentres o dicía facía
67
38 Molusco de corpo alongado da clase dos cefalópodos, con aito brazos e dous tentáculos moito máis longos ca estes, dúas aletas triangulares na parte posterior e cunha cuncha interior delgada e transparente en forma de pluma.
ademán de prepararse para marchar.
Pero Burbulla respondeu:
—Isto non é un trato nin unha proposta.
Estás aquí atrapada e farás o que eu che diga se
non queres que os meus peixes acaben contigo e
co teu amigo. Apresádeos —Ordenoulles a unhas
luras que facían as veces de gardas da cova.
As luras enredáronos cos seus tentáculos e
inmobilizáronos mentres Burbulla se achegaba
para ollalos de cerca. Entón contemplou o rostro
de Jack e pareceulle un ser moi fermoso.
—Ti volverás comigo á superficie cando eu
sexa humana. Serás o meu home e axudarasme a
adaptarme á miña nova vida.
—Eu non farei iso xamais! —Respondeu o
rapaz retorcéndose entre os tentáculos que o
apresaban.
—Iso dilo agora —riu a serea —pero cando
o mago Tritón che faga un encantamento
asegúroche que cambiarás de idea. Ja, ja, ja...
Ímonos! —Ordenou.
—Saíron todos da caverna. Burbulla diante
e detrás os seus gardas e os prisioneiros.
De súpeto apareceu un polbo xigante
Un mar de aventuras Unha Aventura no fondo Mariño
68
Un mar de aventuras Unha Aventura no fondo Mariño
que secuestrou a Tania. O polbo esvaeceuse na
escuridade e Jack, aproveitando o desconcerto,
fuxiu das luras e da serea para ir na busca da súa
amiga. Mentres, Tania foi liberada por aquela
enorme criatura chea de tentáculos. O gran polbo
resultou non ser tan malvado como semellaba.
—Eu chámome Octopus e son o gardián do
mar. A miña misión é evitar que Burbulla e outros
coma ela acaben saíndose coa súa. Se así fora
romperíase o equilibrio da terra e esa alteración
destruiría a vida do planeta, comezando polos
humanos e rematando polos habitantes dos
océanos.
Tania non saía do seu asombro. Estaba moi
asustada e terminábaselle o osíxeno.
—Ten, come estas algas máxicas que che
proporcionarán aire para todo un día.
Desconfiada, a nena quitou o respiradoiro e
mastigou unhas algas verdes semellantes á
ensalada. Ós poucos segundos xa non necesitou
as botellas de osíxeno. Estaba tan abraiada pola
sensación de poder respirar debaixo da auga que
lle perdeu o medo a Octopus e preguntou:
—E que podemos facer?
—Teño un plan —dixo o polbo. —Escoita.
Naquel arrecife hai unha cova. Deixaremos pistas
para que Burbulla e as súas luras pensen que te
69
Un mar de aventuras Unha Aventura no fondo Mariño
teño agochada dentro. Cando vaian buscarte
pecharemos a entrada e así quedarán
atrapados. Así o fixeron e o seu plan estaba
saíndo á perfección; pero cando Burbulla estaba
a punto de caer na trampa apareceu Jack
abalanzándose sobre Octopus e Tania que
estaban ben agochados detrás dunhas rochas.
Afortunadamente o polbo enredou ó mozo cun
dos seus enormes tentáculos e inmobilizouno. A
serea e os seus gardas, que deran volta
pensando que pasaba algo, volveron nadar cara
á cova. Na entrada atoparon as bombonas de
osíxeno de Tania e entraron. Mentres tanto a
rapaza explicáralle a Jack o que estaba
pasando. Saíron os tres do seu refuxio e
Octopus puxo unha gran pedra na entrada da
cova.
—E agora que pasará? —Preguntou
Tania.
—A posibilidade de mutación só se pode
producir cando hai un eclipse total de sol sobre o
mar das sereas. Iso non volverá pasar ata dentro
de cen anos. Só temos que evitar que escapen
da cova durante o día de hoxe. Mañá Burbulla
non poderá facer nada. Agora o que urxe é
ocuparse do mago Tritón para que non poida
facer ningún feitizo que estrague o plan.
70
Un mar de aventuras Unha Aventura no fondo Mariño
Jack preguntou:
—Os poderes dese mago tamén funcionan
na superficie da terra?
—Non, —respondeu Octopus —só é
poderoso debaixo da auga.
—Pois entón está claro. Temos que atraelo
á cuberta do noso barco e atrapalo alí.
—Con que fai súa maxia? —preguntou
Tania.
—Cun gran bastón de coral que canaliza a
enerxía do ecl ipse e así produce as
transformacións que desexa.
—Pois está claro que se lle quitamos o
bastón tentará recuperalo a toda costa, incluso
arriscándose a saír da auga. Entón atraparémolo!
—Sentenciou Jack.
—Primeiro terás que comer destas algas
para poder respirar —dixo Tania —no te
preocupes, que xa ves que funcionan.
O rapaz obedeceu.
—Eu coñezo un pasadizo para entrar na
guarida de Tritón —explicou Octopus. —Por alí
poderedes entrar para roubarlle o bastón.
Así o fixeron e Jack aproveitou que o mago
durmía para quitarllo. Saíron da auga e subiron ó
seu barco. Deixaron o bastón no chan e
prepararon unha trampa cunha rede. Ó cabo duns
71
Un mar de aventuras Unha Aventura no fondo Mariño
minutos o mago Tritón apareceu moi enfadado e
lanzouse sobre o bastón para recuperalo. Entón
quedou enredado sen poder moverse. Nese
momento comezou o eclipse, que durou unha
hora. Pasado ese tempo apareceu Octopus para
dicirlles que xa non había perigo. Burbulla e Tritón
foron liberados porque xa eran inofensivos. Non
poderían volver actuar ata dentro dun século e iso
é moito tempo.
De volta para a casa, Tania tivo o valor de
contarlle a Jack o que sentía por el. Jack quedou
sorprendido porque el tamén estaba namorado xa
que Tania era a única persoa importante na súa
vida; pero nunca se atrevera a amosarlle os seus
sentimentos porque era moi tímido. Os dous
seguiron resolvendo os misterios do mar, pero
esta vez como marido e muller; acompañados
polo seu gran amigo Octopus.
María GIL GONZÁLEZ
Nerea GONZÁLEZ CONDE
Aldara NOGUEIRAS CABRERA
Anxo RIESTRA ARAUJO
Mestre coordinador
Manuel ÁLVAREZ GONZÁLEZ
72
Un mar de aventuras O Tesouro da Illa
73
39 Instrumento de orientación que consiste nunha caixa que contén unha aguila magnética que se coloca sinalando a dirección Norte
Un mar de aventuras O Tesouro da Illa
Clara, Ánxela, Marco e Emilio eran catro
rapaces que estaban de vacacións, percorrendo o
mundo nun veleiro. Tras varios días de
navegación sorprendeunos en alta mar unha forte
tormenta. Un lóstrego foi directo ó pararraios do
mastro do barco e estragou a radio. Tampouco os
teléfonos móbiles funcionaban. Enormes olas
levantadas por un vento fortísimo golpearon a
nave con tanta forza que a auga rematou por
entrar na sala de máquinas inundándoa e
estragando o motor.
D e s p o i s d e m á i s d u n h a h o r a,
conseguíronse afastar da tormenta e recuperar o
control da embarcación. Estaban todos ben. Iso si;
moi asustados e con moito frío, empapados pola
chuvia. Ademais, estaban incomunicados e o 39compás do barco volvérase tolo e non sinalaba
cara ningures. Estaban perdidos no medio do
océano. Tiñan provisións para varios días e
decidiron navegar rumbo Oeste, orientándose de
día polo sol e de noite polas estrelas. Todos
albergaban o desexo de cruzarse con algún barco
mercante ou de pesca; pero nos tres días
seguintes nada aconteceu.
O TESOURO DA ILLA
74
Un mar de aventuras O Tesouro da Illa
Comezaban a desesperarse cando, no 40solpor do cuarto día, Marco, que estaba no
temón, albiscou algo ó lonxe. Ó principio era un 41punto difuso ; pero a medida que se achegaban
foi tomando a forma dunha pequena illa verde no
medio dun inmenso mar de cor azul escura.
Desembarcaron na praia e buscaron
refuxio, porque aínda chovía moi forte e xa non
se vía case nada. Por sorte, atoparon unha cova
e alí decidiron refuxiarse para pasar a noite.
Cando entraron, levaron un susto tremendo;
porque resulta que había unha fogueira na que
se quentaba un ancián que estaba durmido.
Alertado polo ruído que facían os rapaces,
espertou.
—Quen anda aí? —Berrou asustado
collendo un facho da fogueira para iluminar a
caverna.
—Somos náufragos! —Respondeu
Ánxela. —Precisamos axuda.
O vello comprobou que aqueles catro
rapaces empapados dos pés á cabeza eran
inofensivos. Deixounos pasar e mesmo lles
procurou algo de roupa para que se mudaran.
Cando estiveron secos e ben quentiños, Clara
40 Atardecer, posta do sol.41 Pouco, claro, que non se distingue ben.
75
Un mar de aventuras O Tesouro de Illa
preguntou:
—E vostede quen é?
O home, que semellaba levar moito tempo
só naquela illa, tiña moitas ganas de falar e
satisfixo de inmediato a curiosidade da rapaza.
—Eu son Nicolás, un vello mariñeiro dun
barco pirata. Levo nesta illa máis de dez anos e é a
primeira vez que falo con alguén dende que os
meus compañeiros me abandonaron no medio do 42mar nun bote. —Soltou unha gargallada . Parecía
que non lle traballaba moi ben a cachola; quizais
por tanto tempo de soidade. —Non conseguiron
acabar comigo! Sigo vivo! Vivo! —Volveu rir.
Marco dixo:
—Nós temos un barco. Está algo estragado;
pero seguro que vostede ten os coñecementos
suficientes para arranxalo, non si?
—Un barco, dis? —O mariñeiro púxose
serio. —Pero iso é estupendo! Se iso é verdade
poderiamos saír todos de aquí. —Colleu ó rapaz
polos ombreiros e deulle un forte abrazo.
—É verdade! —Completou Emilio. —Está
varado na praia.
—Carafio! —Exclamou Nicolás. —Entón ei
nomearvos os meus socios.
42 Risa moi forte.
76
43 Utensilio para fumar formado por unha cazoleta cun cano para aspirar o lume do tabaco que se queima naquela.
Un mar de aventuras O Tesouro da Illa
—Os seus socios? —Preguntaron os
catro rapaces a un tempo.
—Si; o que oístes: os meus socios.
—Volveu soltar unha gargallada e despois
colleu unha brasa do lume coa que acendeu 43unha cachimba .
O ancián reveloulles o segredo da existencia
dun tesouro agochado na illa, do cal lles ensinou
o mapa da situación; mapa que lles roubara ós
piratas antes de que o botaran ó mar. Os
rapaces estaban entusiasmados e cheos de
emoción; pero atopábanse tamén moi cansos e
por iso, despois de cear unha sopa de peixe que
preparou Nicolás, quedaron profundamente
durmidos.
Pola mañá, o mariñeiro explicoulles que el xa
estivera no lugar do tesouro, que había alí varios
cofres moi pesados e que el non era capaz de
movelos só. Ademais, tiña máis urxencia reparar
o veleiro, porque de cando en vez os piratas
regresaban á illa para engadir máis e máis
cofres do que ían roubando polos mares.
—Eles non saben que eu estou aquí.
Pensarán que estou morto. Xa se terán
esquecido de mín.
77
Un mar de aventuras O Tesouro da Illa
—Señor, porque o abandonaron?
Nicolás foi sincero.
—Porque eu quería deixar de asaltar
barcos. Eu quería deixar aquela vida; pero eles
non quixeron repartir o tesouro comigo e
desfixéronse de min. Agora chegou o meu
momento... o meu momento... —Riu e riu coma se
estivera tolo.
Durante tres días, os cinco náufragos
traballaron arreo reparando a embarcación.
Coseron as velas, aseguraron o mastro, repararon
os buracos do casco, arranxaron o compás. Na
mañá do cuarto día, aproveitando a marea alta,
axudados dunhas cordas, conseguiron poñelo de
novo a flote.
—Agora temos que ocultar o barco nunha
pequena cala44 que hai detrás daquelas rochas.
—Sinalou cara ó leste a uns cantís moi altos.
—Por se os piratas volven... —engadiu— ...Non
quero que saiban que estamos aquí. Van levar
unha desagradable sorpresa.
—Que pensas facer, Nicolás? —Preguntou
Ánxela.
—Pois moi sinxelo. Agora mesmo imos ir
buscar o tesouro. Gustaríame ver a cara que se
44 Pequeno fondeadoiro no mar formado por unha entrada estreita, de ordinario, entre rochedos; enseada.
O Tesouro da Illa
78
Un mar de aventuras
lles queda a eses traidores cando volvan e
descubran que xa non teñen nada.
Colleron o mapa e seguiron as indicacións
que lles ía dando Nicolás, que os conduciu na
pequena barca na que o abandonaran os seus
compañeiros augas arriba polo único río da illa.
Chegaron despois dunha hora a unha gran
fervenza.
—Mirade alí —sinalou —detrás desa 45cortina de auga ocultan eses rufiáns o tesouro.
Detrás da fervenza había unha cova dentro
da cal descubriron cinco cofres enormes cheos de
moedas de ouro, pedras preciosas e xoias.
—Somos ricos! —Berraron todos mentres
bailaban arredor dun dos cofres.
Despois dos primeiros momentos de
emoción puxéronse ó traballo e foron cargando os
cofres e baixándoos polo río na barca dun en un
para cargalos no veleiro. Levoulles todo o día.
Cando estaban baixando o último cofre, dende a
desembocadura do río, albiscaron ó lonxe a
bandeira pirata nun barco. Eran os compañeiros
de Nicolás, que seguramente traían o resultado do
seu último botín.
—Xa están aí outra vez eses malvados;
45 Persoas pervesas e desprezables.
79
Un mar de aventuras O Tesouro da Illa
pero agora van descubrir quén son eu. — Riron os
cinco.
Co seu cargamento ben asegurado na 46bodega do veleiro saíron do seu acubillo para
facerse ó mar.
Mentres, os piratas descubriran que lles
roubaran todo o que tiñan acumulado durante
anos de abordaxes e volveron correndo á súa
nave. Dende ela, o capitán descubriunos ollando a 47través dos seus anteollos . Iniciouse así unha
persecución na que o barco pirata, que tiña unhas
velas moito máis grandes, se ía acercando cada
vez máis e máis, ata que chegou a unha distancia
de tiro. Entón púxose en posición e comezou a
disparar canonazos. O primeiro pasou moi preto,
caendo a uns metros do veleiro con moito 48estrépito . Os rapaces asustáronse moito. Outro
disparo partiu o mastro do barco e deixounos á
deriva. Entón os piratas preparáronse para o
asalto.
—Estamos perdidos! —Berrou Clara.
—Dun momento a outro vannos abordar
—dixo Ánxela.
46 Lugar onde se refuxia ou protexe dalgún perigo unha persoa ou animal.47 Instrumento óptico que reproduce a imaxe dun obxecto afastado a un tamaño máis grande do que se ve a simple vista.48 Ruído moi forte, son estrondoso.
Marco reaccionou:
—Temos que facer algo e rápido se non
queremos acabar no fondo do mar.
Entón a Emilio ocorréuselle unha idea:
—Temos dous botes salvavidas no barco,
máis o bote de Nicolás, que levamos enganchado.
Repartiremos un cofre en cada un deles e
sairemos nos botes en direccións diferentes
despois de pegarlle lume ó barco.
—É unha solución moi arriscada —dixo
Nicolás —pero non nos queda outra.
—Con sorte algún de nós dará con algún
barco e avisará as autoridades —completou
Ánxela.
—Pois mans á obra, que non temos moito
tempo —ordenou Clara.
En poucos minutos os pequenos botes
saíron; un en cada dirección, para sorpresa dos
piratas, que vían arder o veleiro pensando que
había cofres dentro.
Os piratas intentaron recuperar os cofres;
pero non o conseguiron porque o veleiro xa
afundira. Entón puxeron rumbo tras do bote no que
ía Nicolás. Ó cabo dunha hora de persecución,
apresárono. Faltaba capturar ós nenos; así que
cambiaron de rumbo na dirección doutra das
lanchas. Dese modo apresaron tamén a Ánxela e
Un mar de aventuras O Tesouro da Illa
80
a Emilio. Clara e Marco foron rescatados por unha
patrulleira da policía marítima. Nerviosos, mortos
de medo e frío, contáronlles toda a historia ós
policías. A patrulleira, xa informada, buscou ós
malvados. Despois de atopalos, tras unha longa
persecución, conseguiron darlles caza. Así foi
como foron apresados aqueles bandidos do mar e
se recuperou o tesouro, salvando ós catro
rapaces.
Os nenos recibiron unha recompensa por
ter axudado a capturar a tan perigosos criminais.
Nicolás, pola súa parte, recibiu un trato mellor por
colaborar coas autoridades para que lles foran
devoltas as propiedades ós seus verdadeiros
donos.
Efrén CODESO VÁZQUEZ
Lucía DOMÍNGUEZ DÍAZ
Diego MARTÍNEZ TINOCO
María RODRÍGUEZ VÁZQUEZ
Mestra coordinadora
Yolanda BERJANO CID
Un mar de aventuras O Tesouro da Illa
81
82
Un mar de aventuras Perigo no lago Ness
83
49 Prudente.50 Explorando baixo a auga.
Un mar de aventuras Perigo no lago Ness
PERIGO NO LAGO NESS
Un día de primavera, uns exploradores decidiron
facer unha visita ó Lago Ness, no Norte de
Escocia. Eran catro: dúas mulleres, Marina e Lola,
e dous homes, Moisés e Manoliño. Todos eran moi
novos, xa que tiñan vinte e poucos anos. Marina
era unha muller dun carácter moi forte; pola contra 49Lola destacaba por ser moi precavida . Moisés e
Manoliño eran polos opostos. O primeiro era moi
intelixente, e o segundo un rapaz moi forte.
Cando chegaron ó hotel que tiñan
reservado á beira do lago, despois de deixar as
equipaxes, alugaron un pequeno barco. Cargaron
nel os seus equipos de exploración e adentáronse
no lago. Pasaron o día navegando de acó para aló, 50sondando as profundidades con cámaras
submarinas e cun radar, pero non detectaban
nada. Á tardiña, cansos de traballar sen obter
froitos, decidiron volver para terra. Estaban a
punto de dar a volta cando Moisés ollou na auga
cunha cámara de detección de calor e descubriu
unha forma estraña.
—Mirade! Tedes que ver isto! É incrible!
—Berrou mentres se xiraba para informar ós seus
84
Un mar de aventuras Perigo no lago Ness
compañeiros que deixaron as súas ocupacións
para prestar atención.
—Hai un forte movemento na auga, alí
—sinalou Manoliño.
—É verdade. Fíxate, Marina, —dixo Lola
moi nerviosa.
De súpe to sa íu unha boca das
profundidades. Era unha especie de monstro de
cor marrón, que se volveu mergullar deseguida. Ó
pouco tempo o animal colocouse debaixo do barco
e, sosténdoo sobre o seu lombo, levantouno e
foino levando ata o centro do Lago Ness.
Resultou que Nessie se dirixía a unha
pequena illa na zona máis solitaria do lago. Ó
chegar ó pé dun cantil meteu o barco na boca con
moita delicadeza, ante o enorme susto dos
exploradores, mergullouse e desapareceu entre
burbullas. No fondo había una cova que resultaba
ser a guarida daquel animal. A entrada estaba moi
fonda, tapada cunha enorme rocha que a criatura
movía e volvía a colocar para taponala; por iso
ninguén sabía de tal lugar. Dentro, nunha
cavidade enorme na que non había auga, o
monstro vomitou a súa captura. Despois lanzou
unha laparada a un montón de troncos que tiña alí
amontoados para que os investigadores puideran
ver.
85
Un mar de aventuras Perigo no lago Ness
—Socorro, auxilio! —Berrou Manoliño. As
súas palabras resoaron en mil ecos dentro da
caverna.
Durante uns intres non pasou nada. Aquel 51ser, que parecía un plesiosauro , ficou quedo
mirando para eles.
—Tranquilízate, Manolo. Se nos quixera
comer xa o tería feito —sinalou Marina.
O bicho moveu o pescozo cara un lado.
—Mirade —sinalou Moisés —parece que
tenta dicirnos algo.
O animal deu a volta arrastrándose
pesadamente pola cova, xirando o pescozo de
cando en vez para asegurarse de que o seguían.
Chegaron a un pequeno buraco escavado
no chan no que puideron descubrir a casca dun
ovo. —Parece que Nessie ten unha cría
—concluíu Lola.
—Pero se é así... onde está? —preguntou
Marina.
Os catro investigadores ollaron para todas
partes pero non vían sinais da cría.
—Esperade —dixo Moisés —creo que
comezo a comprender a situación. —Penso que
perdeu ó seu bebé e quere algo de nós.
—E non será que quere que a axudemos a
atopalo? —Concluíu Manoliño.
86
Un mar de aventuras Perigo no lago Ness
—Sí, iso; seguro que é iso. Se non, para qué
nos trouxo aquí...? De querer comernos xa nos
tería papado.
Coma se aquela criatura comprendera o
que os investigadores estaban a falar, moveu a
cabeza en sinal de aprobación.
—Pois iso é o que imos pescudar agora
mesmo —afirmou Lola. —Entrade na cabina do
barco —ordenou.
Así o fixeron. Nessie volveu abrir as súas
fauces e meteu o barco na boca con eles dentro.
Saíu da guarida para depositalos con moita
suavidade na superficie da auga e despois
desapareceu.
Os exploradores decidiron que intentarían
axudar a aquela criatura a recuperar ó seu bebé.
Volveron ó hotel e, ó día seguinte, comezaron a
relacionarse con xente do pobo para intentar
pescudar algo. Despois de varias horas
volvéronse reunir. Non conseguiran nada; mais
cando estaban na cafetería do hotel discutindo
sobre qué facer, acercóuselles un vello mariñeiro
que se presentou con moito misterio.
—Chámome Pascual e téñolles que dicir
algo. —Sentou, pousou a súa pipa na mesa,
respirou fondo e dixo: —Hai uns días estaba eu
pescando no lago cando vin una unha
87
Un mar de aventuras Perigo no lago Ness
embarcación moi rara. Seguina e resultou ser
propiedade dun home chamado Leo. Resulta
que o fulano e os seus cómplices son uns
ladróns que levan tempo roubando pola zona.
Despois de vixiar o barco durante varias horas
vin como capturaban algo preto da cova de
Nessie. Puiden ver cos prismáticos que se
trataba da súa cría, á que eu, con cariño, lle
chamo Nissie.
—Vaia, parece que vostede sabe moito da
existencia destes monstros —comentou
Manoliño.
—Non son, monstros! —remarcou o
mariñeiro enfadado. -Son seres prehistóricos
que conseguiron sobrevivir ata hoxe. Eu teño
estado con eles. Non son agresivos. Só queren
vivir en paz. Penso que viven nas profundidades
do Océano Atlántico, que hai máis; pero que esta
nai en concreto ven poñer os seus ovos ó lago e
despois, cando a cría medra un pouco, regresa ó
mar para encontrase cos demais. Pero non me
interrompas. -Continuou. —Dende que
capturaron á cría ándolles detrás. Queren
venderlla a un zoolóxico por moito diñeiro. Teño
que impedilo como sexa; pero eu só non podo
facer nada. Ninguén ía crer a historia dun vello
mariñeiro. Necesito axuda.
88
Un mar de aventuras Perigo no lago Ness
D e s p o i s d e p o ñ e r ó h o m e e n 52antecedentes da aventura que viviran o día
anterior, os catro investigadores exclamaron:
—Conte connosco! —Gritaron todos,
emocionados.
—Teñen á cría agochada nunha aldea
abandonada que hai ó Norte —informou Pascual.
Atravesaron o lago e despois dunha hora
chegaron ó lugar indicado. A aldea estaba formada
por unhas poucas casas e un pequeno
embarcadoiro. Desembarcaron e atoparon a catro
persoas: tres mulleres e un home, o tal Leo. Os
exploradores finxiron ser turistas que contrataran
a Pascual para que os levara ata alí porque ían
facer unha ruta de sendeirismo e despedíronse. A
idea era que os secuestradores se puxeran
nerviosos pola presencia de estraños nos
arredores e cometeran algún erro. Efectivamente,
así foi. Os catro exploradores permaneceron no
barco, agochados tras dunhas rochas, polo único
sitio polo que os delincuentes podían fuxir. Pouco
despois o seu plan fixo o efecto desexado e os
secuestradores fuxían en barca con Nissie.
Comezaron a seguilos no barco de Pascual
a moita distancia para non ser descubertos.
52 Que procede, anterior.
89
Un mar de aventuras Perigo no lago Ness
—Nesa dirección hai una pequena estación.
Seguro que queren escapar en tren —informou
Pascual
— Imos para alí xa! —Berrou Manoliño.
Ó cabo de media hora estaban observando
cos prismáticos.
—Os secuestradores encerraron ós dous
traballadores da estación e están esperando que
pase o tren para subir a Nissie nunha gran caixa de
madeira.
—O que temos que facer é deixar que suban
a ese tren —dixo Moisés.
Os demais ollaron para el moi sorprendidos.
—É moi sinxelo. Mentres estean dentro do
tren e este en marcha están atrapados. Hai que
chamar á policía para que os estea esperando na
primeira estación.
—Pero será mellor que subamos ó tren para
vixialos de cerca —suxeriu Manoliño. —Que eses
son capaces de calquera cousa.
—Tes razón —conveu Lola. —É mellor que
nos separemos.
—Eu volverei ó barco para chamar por radio
á policía —dixo Pascual —e vós subide ó tren.
En poucos minutos o tren con destino a 5 3E d i m b u r g o p a r o u n a e s t a c i ó n , o s
53 Capital de Escocia.
90
Un mar de aventuras Perigo no lago Ness
secuestradores subiron co seu “paquete” e os
investigadores entraron no último vagón antes de
que se pechara a porta. Dentro, localizaron o
departamento no que se meteran con Nissie e
argallaron un plan.
—Hai que facer que se separen —propuxo
Moisés.
—Pero... como o faremos? —Preguntou
Marina.
Moises propuxo:
—Podemos pe ta r na pa rede do
compartimento do lado e como seguramente un
deles sairá ver qué pasa, cando meta a cabeza
para fisgar a escuras Manoliño pódelle dar un
golpe na cachola que o deixe fóra de combate.
Así o fixeron. Manoliño ocultouse no
compartimento contiguo e rabuñou na parede
miañando. Unha das mulleres saíu mentres a
outra vixiaba o corredor do tren. A muller entrou no
compartimento e nada máis desaparecer da vista
da que vixiaba esta sentiu: “crock”. Chamou por
ela e como non respondía meteu a cabeza tamén
e de novo outro “crock” idéntico ó primeiro seguido
dunha risiña, a do Manoliño. A terceira muller saíu
do compartimento dos secuestradores; pero nada
máis facelo, Lola e Marina apareceron correndo e
empuxárona ó chan mentres Moisés entraba para
91
Un mar de aventuras Perigo no lago Ness
reducir a Leo. En poucos minutos estaban todos
con Nissie e cos catro delincuentes atados de pes
e mans coas bocas ben tapadas. O seu plan saíra
ás mil marabillas.
—Agora temos que deixar unha nota e liscar
de aquí coa cría antes de que chegar á estación
—dixo Moisés.
—Pero é que estes mangantes vanlle contar
á policía o que pasou —sinalou Lola.
—Non te preocupes que ninguén lles vai
crer nada —repuxo Marina.
Escribiron a nota: “Estes son os
delincuentes que está buscando a policía polos
roubos nas aldeas do lago Ness”.
—Van estar un tempiño á sombra —riu
Manoliño.
Xusto cando o tren reducía a súa marcha
para entrar na estación de Edimburgo os
investigadores baixaron a pesada cría envolta
nunha manta. Cando se ían meter entre unhas
árbores escoitaron o pito dunha furgoneta. Era
Pascual que os estaba esperando. Liscaron de alí
a fume de carozo e en pouco tempo chegaron á
beira do lago onde estaba Nessie. O encontro
entre a nai e a cría foi conmovedor; tanto que a
Marina escapábanselle as bágoas. Ambos
animais mergulláronse a modiño na auga. Ó
92
Un mar de aventuras Perigo no lago Ness
pouco o pescozo de Nessie volveu a asomar.
Mirou ós exploradores e máis a Pascual e lanzou
un chío profundo. Era a súa maneira de dar as
grazas.
—Eu tamén teño que estarvos agradecido
—afirmou o mariñeiro mirando para os
exploradores.
—Só cumprimos coa nosa obriga de bos
naturalistas —respondeu Manoliño.
—Vostede siga gardando a lenda deste
precioso lago e non dubide en chamarnos se hai
dificultades —sinalou Moisés.
—Está claro que formamos un equipo
estupendo —dixo Lola.
Todos se abrazaron para compartir así a
emoción da súa trepidante aventura.
Lara COBELAS CODIAS
Roberto RODICIO VÁZQUEZ
María del Carmen ÁLVAREZ PÉREZ
Estéfany de los Ángeles VALERA ACOSTA
Mestre coordinador
Manuel BORRAJO FERNÁNDEZ
93
Un mar de aventuras O Monstro das Profundidades
54 É unha área xeográfica con forma de triángulo situada no Océano Atlántico entre as Illas Bermudas, Porto Rico e Florida.55 Cilindros de rede para pescar crustáceos.56 Monstro mitolóxico que aparece na Biblia.
O MONSTRO DAS PROFUNDIDADES
Un día, no medio do Triángulo das 54Bermudas , un barco pesqueiro estaba
traballando. Era unha embarcación pequena de
cor vermella que se dedicaba a capturar
crustáceos: cangrexos, lagostas e outros. 55Estaban recollendo as nasas cando de súpeto
apareceu un ser monstruoso. Os mariñeiros
nunca viran nada semellante. Era unha criatura
con corpo de serpe e cabeza de dragón, cunhas
patas moi pequenas rematadas en enormes unllas
e unhas ás que lle permitían saír da auga e voar.
Así o fixo e púxose a dar voltas por enriba do
barco. Polo nariz expulsaba un fume moi intenso
que escureceu o sol e fixo que o barco quedara
envolto nunha espesa néboa. Pola boca cuspía
lume.
O capitán do barco tentou manobrar para
evitar o ataque do monstro.56—É o Leviatán ! —berrou aterrorizado.
—Nunca pensei que existira nada
semellante —contestou o piloto na ponte de
mando, mentres xiraba o temón.
94
Un mar de aventuras O Monstro das Profundidades
95
Un mar de aventuras O Monstro das Profundidades
—Eu tampouco —respondeu o capitán
—pero dende logo que existe; e parece que está
defendendo o seu territorio de pesca. Creo que
tenta afundirnos.
Despois duns intres angustiosos, os
mariñeiros fuxiron a toda máquina. O incrible
animal non os perseguiu. Parece que só tentaba
protexer o seu territorio.
Pasou unha semana é outro barco que se
dirixía a Florida entrou no Triángulo. Esta vez era
un cruceiro con moitas familias que estaban de
vacacións. Nel viaxaba co seu pai un neno
chamado Xurxo.
Unha tarde na que o neno estaba ollando
cómo o barco cortaba o mar coa súa quilla e facía
un montón de escuma, viu aparecer unhas
burbullas xigantes a uns cen metros do barco.
Aquelas burbullas desprazábanse á mesma
velocidade que a nave. Semellaba que algo os
estaba seguindo. O rapaz pensou que se trataría
dun submarino. Foi correndo dicirllo ó seu pai. Ó
principio, Bieito, que así se chamaba, non lle facía
moito caso porque estaba entretido na cuberta,
tomando uns refrescos cuns amigos que fixeran
na travesía; pero como o neno seguía insistindo
levantouse e acompañouno. Efectivamente, alí
estaban as burbullas; máis e máis burbullas.
96
Un mar de aventuras O Monstro das Profundidades
—Pois tes razón —dixo o pai; e intentou dar
unha explicación. —Será un volcán subacuático.
—Pero fíxate, papá, —sinalou Xurxo —as
burbullas non están quedas, senón que viaxan en
paralelo ó barco; coma se viñeran de viaxe
connosco.
Bieito fixouse ben durante uns segundos
para corroborar o que lle estaba a dicir o seu fillo.
—Pois outra vez tes razón. Dende logo que
non pode ser un volcán.
—Xa che dicía eu que podía ser un
submarino. —Riu o rapaz despreocupado; porque
non botaba conta de que correran ningún perigo.
De súpeto, escoitouse un chío forte e
apareceu na auga unha estraña cabeza. Abriu as
fauces cheas de dentes, lanzou unha laparada de
lume e despois mergullouse, quedando o mar de
novo en calma.
Bieito e o seu fillo asustáronse moitísimo e
foron correndo buscar ó capitán do cruceiro para
informalo. O capitán escoitounos con atención;
pero como non os cría saíron á cuberta para
comprobalo. Efectivamente, alí estaban as
burbullas e tamén puideron apreciar o corpo
dunha criatura que nadaba moi preto da
superficie. O capitán, que era un home moi
cobizoso, de seguida se decatou que aquela era
97
Un mar de aventuras O Monstro das Profundidades
unha criatura extraordinaria, polo que se
conseguía capturala faríase millonario. Entón
ordenou vir a dous mariñeiros para que
apresaran a Bieito e a Xurxo coa fin de que non lle
estragaran o plan que se lle acababa de ocorrer.
Os mariñeiros encerráronos ós dous nas
bodegas do barco.
O cruceiro tiña unha gran comporta na
parte dianteira para a entrada de automóbiles.
Entón o capitán planeou con varios dos seus
mar iñe i ros que encher ía de auga o
compartimento e despois colocarían alí moito do
pescado que gardaban para alimentar ós
viaxeiros. Así o fixeron. Pararon máquinas,
converteron o aparcamento nunha piscina,
enchérona de peixes e abriron a comporta. O
animal, atraído polo cheiro, entrou e quedou
atrapado.
—É un Leviatán! —Exclamou o capitán
mentres observaban a aquel bicho dende unha
pequena cabina. —Eu crin que estas criaturas
eran un conto; pero está visto que a lenda que
contan os vellos mariñeiros sobre unha criatura
que atacaba os barcos e os afundía no mar é
totalmente certa. —Somos ricos, meus
camaradas! —El e mailos seus colaboradores
abrazáronse. —Isto témolo que celebrar
98
Un mar de aventuras O Monstro das Profundidades
—continuou moi ledo—. Pero sobre todo é moi
importante que o resto da tripulación e do pasaxe
non nos descubran. Darei as ordes oportunas para
achegar o cruceiro ó porto que estea máis preto.
Imos sedar ó bicho cuns dardos tranquilizantes e
logo meterémolo nun gran contedor para sacalo
de aquí nun camión. Despois venderémolo a quen
nos pague máis por el.
O extraordinario ser, despois de papar todo
o pescado que lle puxeran, decatouse de que non
podía saír por onde entrara. Púxose de moi mala
uva e lanzou unha laparada de lume contra unha
porta de madeira que ardeu. Quixo a casualidade
de que tras daquela porta estiveran encerrados
Xurxo e mailo seu pai, que levaron un susto
grandísimo. Agochados tras dunhas caixas para
que o animal non os descubrira contemplaron
cómo dende a cabina, un mariñeiro lle disparaba ó
Leviatán varios dardos. Pouco tempo despois a
criatura perdeu o sentido. Entón entraron outros
secuaces e, manexando unha grúa, metérono nun
enorme contedor de aceiro e cargárono nun
camión. Escoitouse a serea do cruceiro, sinal de
que viran terra e estaban cerca.
Despois duns intres de desconcerto Bieito
dixo:
—Ese capitán pensa que vai saír coa súa;
99
Un mar de aventuras O Monstro das Profundidades
pero non imos permitir que isto acabe así.
—Tes razón papá. Temos que liberar ó
Leviatán e devolvelo ó mar, que é o lugar ó que
pertence.
—Lémbraste de Alfredo Smith, o biólogo que
coñecemos onte? Está no camarote 304. Fíxate
—sinalou ó alto da parede —. O mariñeiro que
disparou os dardos esqueceu a fiestra da cabina
aberta. Por alí accédese á zona inferior dos
camarotes dos viaxeiros. Ti que es moi áxil, escala
ata arriba, localiza a Alfredo e tráeo aquí. É un
naturalista moi famoso e seguro que sabe o que
podemos facer.
Xurxo fixo as cousas tal como lle indicara o
seu pai e atopou a Alfredo, un home duns trinta e
cinco anos que traballaba para a National 57Geographics . Despois de moito insistir
conseguiu que o acompañara á bodega. Alí estaba
Bieito vixiando. Mostroulle ó científico uns
respiradoiros que tiña o contedor e Alfredo puido
contemplar a aquela besta e decatarse da
situación.
—Incrible! Isto é incrible! —Exclamou
fretando os ollos.
57 Prestixiosa canle de televisión que emite documentais de natureza.
100
Un mar de aventuras O Monstro das Profundidades
—Qué podemos facer? —Preguntou
Xurxo.
Despois de pensar uns intres, o
naturalista propuxo unha solución:
— Irei xunto do capitán e direille que fun
testemuña da captura do Leviatán. Como sabe
que traballo para a televisión, de seguro que
tentará negociar para que lle paguemos por
entregarnos a esa criatura. Chamarei ó meu
xefe para contarllo todo e estou convencido de
que por facer un reportaxe sobre este fantástico
animal daranos o que lle pidamos.
—Esa é unha boa idea —conveu Bieito.
—Quero que me acompañe. Mentres, o
seu fillo pode quedar aquí vixiando.
—Xa sabía eu que poderiamos contar con
vostede.
Fóronse. Ó cabo dun anaco o Leviatán 58espertou. Vese que a dose de anestésico non
fora o suficientemente forte. Dun trompazo
rompeu a tapa do contedor e saíu. Xurxo,
aterrado, reaccionou collendo un peixe dos que
lle botaran ó bicho e este, ó ver que llo ofrecía,
58 Medicamento que produce a perda da sensibilidade consciente, temporal e reversible, debido ó cesamento da actividade funcional do sistema nervioso central.
101
Un mar de aventuras O Monstro das Profundidades
amansou e comeuno coma se fora un gatiño. O
rapaz, ó ver que aquela criatura non era tan
terrible como a pintaban, achegouse para
rascarlle a barriga, cousa que ó animal pareceu
darlle moito gustiño. Así foi que se fixeron
amigos.
Pouco despois volveu ó capitán. Viña
cos seus mariñeiros e traían atados a Bieito e a
Alfredo. Aquel home non se fiaba do trato que
querían facer. Ademais nin o pai de Xurxo nin o
naturalista contaban con que xa tiña unha
oferta millonaria dun pasaxeiro moi rico que
coleccionaba animais. Era un home gordo e
moi elegante que ía canda eles. O seu plan era
matar á criatura e disecala para poñela na súa
colección de especies raras.
De súpeto, dende detrás do contedor
apareceu Xurxo montado naquel ser que
obedecía as súas ordes. O bicho pareceu
darse conta de que aquel rapaz podía axudalo.
—Aparta, papá! —berrou Xurxo.
Bieito apartouse, empuxando con el a
Alfredo, de maneira que o capitán e os
mariñeiros quedaron desprotexidos fronte á
criatura. Un deles tentou cargar o rifle cun
dardo; pero o Leviatán, seguindo as ordes de
Xurxo, lanzou un forte soprido que fixo voar ó
102
Un mar de aventuras O Monstro das Produndidades
mariñeiro polo ar.
—A por eles!
O Leviatán axitou as súas pequenas ás e
lanzouse contra os seus inimigos acurralándoos
contra unha das paredes. Tremían co medo.
—Dareiche o que me pidas! —Berrou o
millonario sacando un talonario de cheques da súa
elegante chaqueta.
—O que eu quero non ten prezo!
—Contestou Xurxo moi enfadado. —Quero que
agora mesmo abrades a comporta de carga. Se
non, ordenareille a esta criatura que faga
churrasco convosco.
O capitán, que estaba aterrorizado, ordenou
a un dos mariñeiros que fora á cabina de mando. Ó
cabo uns minutos a comporta abriuse.
—Papá, Alfredo! —Berrou Xurxo. —Subide
no lombo deste bicho, que non vos vai facer mal.
Así o fixeron. A criatura deu catro pasos
coas súas pequenas patas para coller impulso e
saíu do barco a fume de carozo deixando ós
criminais que o querían matar cun pampo de
narices.
—Isto é fantástico! —Berraba Xurxo
dirixindo ó Leviatán, que deu varias voltas arredor
do cruceiro antes de abandonar aquel lugar cos
seus pasaxeiros.
103
Un mar de aventuras
Despois de varias horas de voo aterraron
nunha illa deserta envolta en nubes. Xurxo e os
acompañantes concluíron que debía ser a guarida
do Leviatán. Cando tomaron terra apareceu unha
muller moi fermosa que parecía unha princesa.
Era a dona daquel ser extraordinario.
Presentouse:
—Chámome Penélope e son a raíña dun
mundo mergullado nas profundidades.
Despois de escoitar a historia dos
aventureiros engadiu:
—Este non é un bicho perigoso. É un animal
doméstico do noso mundo. Algo parecido ós vosos
cabalos. Usámolo para desprazarnos polo fondo
dos océanos e, de cando en vez, para voar e vixiar
ós humanos para que non nos descubrades. O
que pasa e que “Levi” —que así chamou á criatura
cariñosamente mentres a aloumiñaba —aínda é
noviño; por iso é moi traste e ás veces escapa.
A raíña quedou moi agradecida e invitou ós
rescatadores de “Levi” a coñecer o seu mundo
máxico; cousa que eles aceptaron encantados.
Despois de descubrir mil marabillas, Xurxo e mailo
seu pai regresaron á súa casa. Alfredo quedou
para sempre coa raíña.
De cando en vez o Leviatán ven recollelos
para que vivan emocionantes aventuras
O Monstro das Produndidades
104
Un mar de aventuras Perigo no lago Ness
explorando o mundo mergullado... Pero esa e xa
outra historia...
Iñaki CID IGLESIAS
Emanuel CORNEL FARCAS
Manuel DOMÍNGUEZ GONZÁLEZ
Iago GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
Mestre Coordinador
Óscar Francisco RODRÍGUEZ BLANCO
105
Un mar de aventuras O Naufraxio do Miraflor
O NAUFRAXIO DO MIRAFLOR
59
60 Bote de goma inflado con ar. Gran masa de xeo que flota no océano.
Esta historia comeza nunha illa perdida no
océano. Un lugar deshabitado e salvaxe ata que
catro mozos o atoparan, salvándose así de morrer
afogados cando naufragara o seu barco: o
“Miraflor”. Eran dúas mulleres e dous homes:
Carme, Vanesa, Arxemiro e Xacobo, duns vinte
anos, compañeiros de estudos, que decidiran
celebrar o remate das súas carreiras facendo
unha viaxe en barco de vela percorrendo a costa
de Alaska, porque lles gustaba moito a natureza e
por iso estudiaran Bioloxía. O accidente sucedera 59mentres durmían, cando chocaran cun iceberg
que aparecera da nada unha noite de moita
néboa. Tiveran sorte e conseguiran escapar do
afundimento grazas a un bote salvavidas. O bote,
que era pneumático60, pinchara ó cabo dunhas
horas, cando xa se estaba facendo día; pero a
fortuna volvéralles sorrir, ollaran a illa ó lonxe e
chegaran a nado.
Os seus primeiros días na illa foron moi
duros: topáronse con que estaba deserta, tiveron
que facer lume e conseguírono despois de moitos
intentos, buscar auga, comida e refuxio. Vanesa
106
Un mar de aventuras O Naufraxio do Miraflor
107
Un mar de aventuras O Naufraxio do Miraflor
era a encargada de alimentar a gran fogueira que
puxeran na praia por se pasaba algún barco cerca
e avistaba o fume. Carme e Xacobo recollían
raíces e plantas para comer. Arxemiro, que era
zoólogo, puña trampas para atrapar coellos,
pequenos roedores e paxaros para comer. De
cando en vez, tamén pescaban cunhas lanzas de
madeira.
Despois de varios meses, decatáronse de
que estaban fóra das rutas de navegación e que
sería moi difícil que os localizaran. Por iso tomaron
a decisión de construír unha balsa que os sacara
de alí. Tras varias semanas de traballo,
consegu i r on p repa ra r a imp rov i sada
embarcación. Colocáronlle unha vela cadrada que
fixeron con farrapos da vela do seu antigo barco
que a marea trouxera un día á praia e, despois de
cargar provisións para varias xornadas, botáronse
ó mar. Non viron nada en tres días e tres noites nos
que unha corrente mariña os arrastrou.
—Mirade ó sol —dixo Arxemiro mentres o
sinalaba. —Estámonos dirixindo ó Norte.
—É verdade —coincidiu Carme.
—E iso que significa? —Preguntou Vanesa
ó ver a cara de preocupación dos seus
compañeiros.
108
Un mar de aventuras O Naufraxio do Miraflor
—Pois moi sinxelo —completou Xacobo
—que imos pasar frío.
En efecto, as condicións meteorolóxicas
empeoraron. Na mañá do cuarto día espertaron
aterecidos de frío e con moi poucas provisións. 61Afortunadamente viron ó lonxe un penacho de
fume que se estendía polo ceo.
—Ollade alí —sinalou Arxemiro. —Parece
unha illa.
—Salvados! Estamos salvados! —Berraron
as dúas mozas abrazándose e saltando de alegría
no medio da balsa de tal maneira que case caen á
auga.
—Coidado! —Advertiu Xacobo, que
ademais se puxo no peor. —E se esa illa tamén
está deserta e o que hai alí é outro náufrago coma
nós?
—Iso pode ser —repuxo Vanesa —pero de
todas maneiras non temos moitas opcións.
Non temos, non —estivo de acordo Carme.
Xa case non temos comida nin auga e ademais fai
un frío que pela.
Era totalmente certo. Aquela illa era o único
recurso que lles quedaba; así que remaron ata ela
e desembarcaron na praia. Alí, atoparon unha
61 Columna de fume.
109
Un mar de aventuras O Naufraxio do Miraflor
fogueira parecida á que eles fixeran e decatáronse
de que Xacobo podía estar no certo. Pouco
despois descubriron unha cabana da que saía
tamén un pequeno fío de fume. Aproximáronse
con precaución e petaron na porta. Ó pouco
abriuse e apareceu unha velliña con cara de
sorpresa. Alegrouse moitísimo de velos. Dixo que
se chamaba Rosie, preguntoulles o seus nomes e
mandounos pasar. Ofreceulles algo de comer e
despois, coa desculpa de ir por máis leña para o
lume, saíu da cabana.
Como Rosie tardaba moito foron abrir a
porta e descubriron que estaba atrancada. Aquilo
pintaba mal. Parece que caeran nunha trampa.
—Isto é un tremendo embrollo! —Exclamou
Xacobo.
Vanesa lembrou que debía ter unha pinza
do cabelo; buscou nos petos pero non a
encontrou. De súpeto Arxemiro berrou:62—Ei!, rapaces, atopei unha panca ! A ver
se nos serve...
Cravárona preto da pechadura da porta e
empurraron con forza; pero esta non cedeu.
—Está ben atrancada —dixo Carme
62 Barra de madeira ou de ferro que serve para transmitir forza a algo ou erguer pesos.
110
63 Descansaba.
Un mar de aventuras O Naufraxio do Miraflor
63mentres tomaba folgos .
—A saber por qué... contestoulle Vanesa
moi preocupada.
Volvérono intentar e cun sobreesforzo
conseguiron abrir a porta. Saíron, correron cara á
praia e... A balsa.....non estaba!
—Rosie enganounos! —Exclamou
Arxemiro. —Como pode ser que sexamos tan
inocentes!
—Está ben claro —explicou Carme. —Esa
muller non podía construír unha balsa ela soa e a
que temos non soportaría o peso dos cinco. Creo
que agora somos nós os náufragos desta illa.
Vanesa quíxolle botar humor.
—En algo melloramos. Agora temos casa e
non aquela cova húmida da outra illa.
Os catro botaron a rir.
—Non se conforma o que non quere
—sentenciou Xacobo e engadiu: —está claro que
se Rosie fixo o que fixo é por algunha razón. Que
non se ía botar ó mar ó tolo. Seguro que sabía moi
ben a ónde ía.
—Imos á praia —dixo Arxemiro collendo uns
prismáticos que había na cabana. —Ó mellor
111
Un mar de aventuras O Naufraxio do Miraflor
temos sorte e vémola no mar.
Despois de ollar no horizonte, Arxemiro
descubriu a balsa con Rosie enriba; pero non se
estaba afastando da illa, senón que estaba indo
cara ó Sur e rematou por meterse nunha cova
que había nos cantís.
Os catro amigos foron tras dela por terra e
chegaron ó alto do cantil. Cunha corda que
ataron a unha árbore, Xacobo descendeu e
entrou na caverna. Despois de atravesar un
estreito pasadizo puido ver á vella e descubrir o
seu segredo: un cofre cheo de moedas de ouro e
pedras preciosas que estaba intentando cargar
na balsa.
—Ajáaaa...!
A vella levou un susto de morte.
—Carafio, rapaz! Case me matas do
susto.
—Así que este era o teu plan: deixarnos
atrapados nesta illa e ti fuxir co tesouro.
Rosie puxo cara de inocente e respondeu:
—Non pretendía tal cousa, se non que ía
coller este cofre e despois repartilo convosco.
—E ti pensas que imos crer iso que contas,
despois do que nos fixeches? Ti pensas que
somos parvos!
Xacobo cargou o cofre na balsa e atoulle a
112
Un mar de aventuras O Naufraxio do Miraflor
Rosie as mans e os pés para que non escapara.
—Falarei cos meus compañeiros e
tomaremos unha decisión.
Xa na cabana, todos arredor do cofre, os
amigos de Xacobo non podían crer o que
estaban vendo. Alí había ouro para facelos ricos
a todos tres ou catro veces.
—Que imos facer? —Preguntou Carme.
Vanesa tivo unha boa idea.
—O primeiro que hai que facer é interrogar
a esta muller; que penso que sabe moitas máis
cousas das que nos contou.
A vella, vendo que estaba perdida, decidiu
falar. Díxolles que era unha náufraga que levaba
naquela illa máis dun ano. Un día, cando estaba
na praia recollendo mexillóns para comer, vira un
barco que se achegaba e levara moita alegría
porque pensaba que a viñan salvar. Pero cando
mirara polos prismáticos vira a bandeira pirata no
mastro da nave. Entón apagara o lume que tiña
para facer sinais e escondérase para vixiar ós
temidos piratas. Vira cómo descargaran o cofre e
o ocultaran na cova. Entón explicoulles ós
rapaces que os encerrara na cabana pensando
que eles formaban parte daquel grupo e lle ían
facer dano porque sabía o seu segredo.
Choraba, estaba moi nerviosa e falaba con tanta
113
Un mar de aventuras O Naufraxio do Miraflor
emoción que os rapaces remataron por crela.
—Eses piratas han volver para buscar o
seu tesouro —concluíu Xacobo.
—Creo que sei o que estás pensando...
—engadiu Arxemiro.
—Pois que cando veñan, mentres van á
cova, podemos roubarlles o seu barco e así saír
de aquí.
—Esa é unha idea estupenda...; pero
perigosa —comentou Carme.
—Penso que non temos moitas máis
opcións —dixo Vanesa.
Así era, dende logo.
Esperaron agochados entre as rochas da
praia e os piratas, cando xa o sol se estaba 64poñendo no horizonte, entraron na baía .
Baixaron nun bote uns dez homes e dous
quedaron vixiando a nave.
—É o noso momento! —exclamou
Arxemiro.
B o t á r o n s e a a u g a e n a d a r o n
silenciosamente. Vanesa e Xacobo treparon pola
cadea da áncora da nave e escondéronse detrás
duns barrís. Un deles asubiou para chamar a
64 Estrada do mar na costa, de forma semicircular, máis pequena ca un golfo.
114
Un mar de aventuras O Naufraxio do Miraflor
atención dun dos gardas que, cando foi meter o
nariz nun dos pipotes para ver o que pasaba,
recibiu un golpe nos morros que o deixou fóra de
combate. O segundo vixía achegouse intrigado
polo ruído; pero Xacobo voou polo ar agarrado a
unha das cordas das velas e tombouno dunha
patada.
—Xa podedes subir! —Avisou ós
compañeiros tendéndolles unha escada.
—Liscamos de aquí! —Ordenou Arxemiro.
—Meteremos a estes dous homes nun bote e
despregaremos velas.
Rosie laiouse:
—Pero... o tesouro... o meu tesouro...
—Non te amoles —consolouna Carme. —O
noso maior tesouro e este barco. Grazas a el
volveremos á civilización.
—Estamos todos ben, vivos e xuntos
—completou Vanesa. —Cando cheguemos a
porto avisaremos á policía sobre o paradoiro dos
piratas. Seguro que hai unha boa recompensa
por eles.
Todos estiveron de acordo. Levaron
áncoras e zarparon poñendo rumbo Oeste;
orientados grazas ós mapas de navegación que
había na ponte de mando.
Días despois os piratas foron detidos. A
115
Un mar de aventuras O Naufraxio do Miraflor
noticia saíu en todos os xornais, na radio e na
televisión. Os nosos aventureiros non só recibiron
unha suculenta recompensa senón que ademais
se converteron en heroes e se fixeron moi, moi
famosos.
Águeda CORREA ÁLVAREZ
Bárbara Isabel FERNÁNDEZ MONTERO
Zaira GUTIÉRREZ VÁZQUEZ
Luis VILLAR CARBAJO
Mestra responsable
Tatiana LÓPEZ DOMÍNGUEZ