Un neno do primeiro equipo fará xirar a ruleta e, dependendo do animal … · 2019. 6. 8. · Un...
Transcript of Un neno do primeiro equipo fará xirar a ruleta e, dependendo do animal … · 2019. 6. 8. · Un...
Divídese a clase en grupos ou equipos e establécese o orden de tiradas.
Colocaranse as tarxetas de animais por grupos e boca abaixo.
Un neno do primeiro equipo fará xirar a ruleta e, dependendo do animal que lle toque, terá que contestar
unha pregunta do montonciño ao que pertence.
Se acerta, gañará un punto para o seu equipo.
• Se non sabe o grupo ao que pertence o animal, perderán o turno.
• Se falla, a pregunta pasará automáticamente ao seguinte grupo para que a conteste.
No caso de que ao xogador lle tocase unha tarxeta comodín, deberá responder a unha das preguntas xerais
sobre os animais.
Se acerta, poderá escoller en qué grupo quere sumar o punto.
O equipo gañador será aquel que complete o cartón cos puntos de todos os grupos de animais.
De que teñen cuberto o corpo os mamíferos?
Todas as aves saben voar?
Cal é o medio natural dos peixes?
Son ovíparos ou vivíparos?
V ou F ? Os anfibios teñen o corpo cuberto de escamas.
Que son os animais invertebrados?
V ou F? Os mamíferos teñen o corpo cuberto de pel.
Como respiran as aves?
Como se desprazan os peixes?
Cal destes animais NON é un reptil? TARTARUGA, PÍNTEGA, SERPE
Cal é o medio natural dos anfibios?
A que grupo animal pertence o CAMALEÓN?
V ou F? Todos os mamíferos desprázanse por terra.
Como é o corpo das aves?
Cal NON é un peixe? TIBURÓN, BALEA, TROITA
Que reptil leva a casa a costas?
Que anfibio é famoso por aparecer en contos infantís con princesas?
Que son os animais domésticos?
Todos os mamíferos teñen catro patas? Xustifica.
Nomea dúas aves que non poidan voar.
PALABRA TRABUCADA: Os peixes teñen escamas e ás para nadar.
Como é o corpo dos reptiles?
Como está cuberto o corpo dos anfibios?
Cales son os grupos de animais vertebrados?
Que fai especial ao morcego?
PALABRA TRABUCADA: As aves son animais vertebrados e vivíparos.
Coñeces algún peixe de auga doce?
Nomea tres reptiles.
Que característica especial teñen os anfibios?
V ou F? Os animais domésticos procuran o seu propio alimento.
Hai mamíferos con aletas? Sabes de algún exemplo?
Quen é? Sal pola noite se o queres coñecer, ten grandes ollos, cara seria e gran saber.
V ou F? Todos os peixes viven no mar.
Como se desprazan os reptiles?
PALABRA TRABUCADA: De pequenos, os anfibios viven na terra.
Nomea tres animais salvaxes.
PALABRA TRABUCADA: Son vivíparos e respiran polas branquias.
Hai aves que poidan nadar?
Quen é? Non cabalga, sempre está no mar, polo seu nome non te deixes enganar.
V ou F? Os réptiles teñen a pel espida e húmida, como a serpe.
Nomea dous animais anfibios.
Que animal é o flamengo? Nomea 2 razóns
Quen é? Voa de noite, durme de día e plumas nunca verás nas súas ás.
As aves respiran polo pico?
V ou F? Os peixes nacen do ventre da nai, son vivíparos.
PALABRA TRABUCADA: Os reptiles son invertebrados e respiran polos pulmóns
Quen son? Canto na orilla, vivo na agua, non son peixe, nin son cigarra.
A que grupo pertence a anguía? Nomea 2 razóns.
MAMÍFEROS
AVES
PEIXES
REPTILES
ANFIBIOS