Unidade 1 esa
-
Upload
camposseijo -
Category
Documents
-
view
1.059 -
download
1
Transcript of Unidade 1 esa
A EVOLUCIÓN HUMANA
O INICIO DA HISTORIA: A PREHISTORIA
INTRODUCIÓN AO ESTUDO DA HISTORIA
QUE É? a Historia é a ciencia que estuda o pasado, os seus feitos máis importantes é como vivían as sociedades (conxunto de persoas) noutras épocas.
EN QUE CONSISTE? nos seguintes aspectos respondendo a cuestións importantes:
O TEMPO HISTÓRICOA HISTORIA a elaboran os historiadores.
Os historiadores deben datar no tempo os aspectos que estudian. Se é posible, determínase o ano exacto.
En moitas ocasións non hai datos de abondo que permitan establecer unha data exacta, polo que se utilizan periodos máis amplos:
a) década (10 anos).b) século (100 anos).d) milenio (1000) anos.e) era ou idade.
- O sistema de medida de tempo na maior parte do mundo é a era cristiá (ano 1 = nacemento de Cristo) ou calendario gregoriano.
Excepcións a este sistema:o Islam (mundo musulmán): o ano 1 = ano da Héxira (fuxida de Mahoma da Meca) e usa ano lunar (non solar coma nós). Hoxe en día están no 1431.
Calendario hebreo: ano 1 = creación do mundo según os xudeus (ano 3760 a. C.), polo tanto hoxe en día os hebreos están no 5770 (3760 + 2010).
Datación científica: BP (Before present = antes do presente. A referencia sería 1950): utilízase polos científico para datar algo na Prehistoria
- O século I comeza no ano 1 d.C. e finaliza no 100 d.C. A partir de aí os demais séculos son consecutivos:
Século II: do ano 101 ao 200.Século III: do 201 ao 300.
Século XX: do 1901 ao 2000Século XXI: do 2001 ao 2100.
- Truco para pasar de anos a séculos:
Moito ollo!!!!- Ano 0 non existe.
- Os anos sempre con números árabes.
- Os séculos sempre con números romanos
Ano 405
A cifra das centenas é 4
Súmase 1(4+1)
Século V
Total = 5
ETAPAS DA HISTORIAPara estudiala mellor, os historiadores dividiron a
Historia en períodos, primeiro en 2 grandes:
❉ Prehistoria: vida do ser humano antes de coñecer a escritura.✏ Historia: vida do ser humano despois da escritura.
Á súa vez a Historia divídese en 4 grandes períodos (por agora), marcado os seus inicios por algún acontecemento que cambiou a forma de vida.
Prehistoria Dende a aparición do home (2 millóns a. C.) ata a aparición da escritura (4.000 a. C.)
A PREHISTORIAPrehistoria, trazos:
♧ 1ª etapa da historia da humanidade.♧ Etapa máis longa:
- desde os 5 millóns anos BP (aparición homínidos)
- ata 5000 BP (invención escritura) ♧ Se caracteriza pola ausencia de textos escritos. Comparación do
pasado da humanidade cun día.
A Prehistoria divídese á súa vez en tres grandes períodos:
a) Paleolítico (entre 5 millóns BP a 11000 BP): Etapa máis longa. Os homínidos e finalmente os seres humanos (Homo Sapiens) viven exclusivamente da caza e da recolección (non producen os seus alimentos) e usan utensilios de pedra.
b) Neolítico (entre 11000 BP a 7000 BP): os seres humanos continúan a usar útiles de pedra e inventan a agricultura e gandería (primero en Oriente Próximo e despois en moitos outros lugares).
c) Idade dos Metais (desde os 7000 BP ata a aparición da escritura) comezou en datas diferentes en cada lugar. Os seres humanos comenzaron a usar metais (cobre, bronce, ferro).
A Hominización é a evolución do ser humano dende o mono ata o home, pasando por especies intermedias (os nosos devanceiros):
I) Austrolopitecos (c. 5 millóns BP):
- só en África- similares aos chimpancés.- cranio pequeno- comenzaban a andar con dúas
pernas (bipedismo).- tiñan as mans libres para transportar
obxectos e fabricar ferramentas
A HOMINIZACIÓN
Área de aparición de restos de
australopitecos
Reconstrución de craneo e aspecto
dun australopitecos
II) Homo Habilis (c. 2 millóns B.P.):- só en África- máis esvelto.- cranio máis grande.- capaz de elaborar ferramentas complexas (“habilis”).
V) Homo Neandertal (c. 150.000 BP ata o 30.000 BP):
- únicamente en Europa.- parecíase bastante a nós,
tiña menor estatura pero era moito máis robusto e forte para aguantar as condicións climáticas das glaciacións.
- Mon tiña pensamento simbólico. A súa intelixencia era diferente.
- usou un linguaxe falado.- foi o primeiro en enterrar
aos seus mortos (conciencia da morte).
Máxima extensión do Neandertal
HOME DE NEANDERTAL
VI. Homo Sapiens (Nós) (c. 130.000 BP).- apareceu en África.- menos forte que o neandertal.- máis capacidade craneana, maior intelixencia.- pensamento simbólico e capacidade de
abstracción.- uso dun linguaxe moderno (cordas vocais).- inventou moitas ferramentas diferentes e
complexas.- inventou a arte.
HOMO SAPIENS
Paleolítico = período máis longo da prehistoria, dende a aparición ser humano (5 millóns BP) ata a invención da agricultura e gandería (11.000 BP).
Trazos do Paleolítico:☯ as persoas organízanse en tribos.
☯ só caza e recolección.☯ eran nómades (non vivían un sitio fixo).☯ fabricaban utensilios de pedra tallada (sobre todo), madeira, oso, asta…. Para fabricalos golpeaban a pedra ata darlle a forma desexada. Destacan puntas de frecha, arpóns, agullas, coitelos, bifaces (machadas que cortaban polas dúas caras).
O PALEOLÍTICO
A) SOCIEDADE.- No Paleolítico os seres humanos
organizábanse en clans e tribos = grupos integrados por unhas poucas familias.
- Os membros da tribo axudábanse uns aos outros.
- As principais actividades eran: Cazar. Facer ferramentas (pedra
tallada) Recolectar alimentos Fabricar roupa. Facer lume (para quentarse, protexerse e
cociñar).
A VIDA NO PALEOLÍTICO
B) OCUPACIÓN.- No Paleolítico os grupos
humanos eran nómades = desprázabanse dun sitio a outro na procura de alimento.
- Normalmente establecíanse cerca dunha fonte de auga (ríos ou lagos).
- 3 tipos de vivendas: Aire libre.
Covas ou abrigos rochosos: nas zonas máis frías.
Chozas: Só os grupos más evolucionados.
Chozas paleolíticas
C) MODOS DE VIDA E TÉCNICAS.- No Paleolítico os seres humanos vivían da
caza, pesca e recolección. ☞ Recolección: froitos, verduras, tubérculos.
☞ Caza: Usaban lanzas de madeira con punta de pedra, arcos e frechas.
☞ Pesca: usaban trampas, arpóns e posteriormente inventan o anzuelo. Comían marisco, xa que en moitos xacementos costeiros apareceron acumulacións de cunchas (cuncheiros).
D) RELIXIÓN.- Os homes do Paleolítico
crían na existencia de numerosos espíritos que os axudaban ou perxudicaban en todas as facetas da vida (caza, saúde e enfermidade,…).
- Por iso levaban a cabo ritos para conseguir o seu favor.
- Enterraban aos seus mortos, moitas veces con obxectos de valor (enxoval): armas, colares, comida…
F) ARTE.- Os sapiens do Paleolítico realizaron as
primeiras obras de arte. Principais tipos: Pinturas rupestres Esculturas.
Covas de Altamira (Cantabria)
Pinturas rupestres.- Pintura sobre muros e teitos das covas.
Características:♘ Polícromas (= diferentes cores).
♘ Realistas, incluso aproveitaban as rugosidades das rochas para dar volume.♘ Representan, sobre todo, figuras de animais (cervos, cabalos, bisontes…).♘ Significado relixioso: representan animais, para que os espíritos lle facilitasen a caza.♘ Mellores exemplos: norte de España (Covas de Altamira) e sur de Francia.
ARTE RUPESTRE
Esculturas.- Destacan as venus paleolíticas = figuras de
muller con órganos sexuais moi desenvolvidos.- O significado seguramente é relixioso, para que
os espíritos aseguren a fertilidade das mulleres.
Venus de Willendorf
NEOLÍTICO (11.000 – 7.000 BP).
A)A) A REVOLUCIÓN A REVOLUCIÓN NEOLÍTICANEOLÍTICA
Fai uns 13.000 anos rematou a última glaciación. Aumentou a temperatura. Esto provocou un cambio na fauna. Moitas especies emigraron ou se extinguiron.
Ante a escaseza de animais, fai uns 10.000 anos no Crecente Fértil (Oriente Próximo) os homes comezaron a reter en cercados a animais para obter carne e leite.
Así naceu a gandaría (cabras, ovellas, bois, vacas, cabalos, cans...).
NEOLÍTICO IDADE DOS METAISPALEOLÍTICO HISTORIA
Invención da escritura
Invención da roda, a
vela e o arado
Desenvolvemento da metalurxia
Aparición da cidade
Desenvolvemento da agricultura e
a gandaría
Fin do período glaciar
13000 a.C. 11000 a.C. 9000 a.C. 7000 a.C. 5000 a.C. 1000 a.C.3000 a.C.
A partir da recolección, naceu a agricultura: trigo (Oriente Medio e Europa), arroz (Asia), millo (América).
O nacemento da agricultura fixo necesario que os seres humanos viviran xunto ás terras que cultivaban. Por tanto deixaron de ser nómades e convertéronse en sedentarios. Así apareceron as primeiras aldeas.
Mapamundi sobre a aparición do Neolítico
B) A VIDA NO NEOLÍTICO.B) A VIDA NO NEOLÍTICO.- As aldeas estaban situadas
cerca de fontes de auga (ríos, lagos) para regar, abastecer ao gando e a poboación.- As aldeas estaban moitas veces rodeadas por unha cerca para defensa e impedir que o gando escapara.
- Na aldea había diferentes tipos de construcións: Vivendas. Cortes. Almacéns (para gardar o gran).
- Tres grandes cambios técnicos: Uso da pedra puída, para fabricar ferramentas: aixadas para sachar, fouciños para segar, muíños para moer gran. Tecidos: fabricados con teares a partir de la animal. Cerámica: feita a man para fabricar vasillas e cuncas para almacenar, comer e cociñar.
• Nas aldeas produciuse unha especialización do traballo. Así algunhas persoas adicáronse a cultivar, outras ao gando, outras eran artesás,…
FINAL DE A ÚLTIMA GLACIACIÓN
NEOLÍTICO
APARICIÓNDA AGRICULTURA
APARICIÓNDA GANDARÍA
INNOVACIÓNSTÉCNICAS
ESPECIALIZACIÓN DO TRABALLO SEDENTARIZACIÓN
Aparición de DIFERENTES OFICIOS:
AgricultoresGandeirosArtesáns
Aparición de ALDEAS equipadas con variados elementos:
CercasVivendas
CortesAlmacéns
Final da última glaciación
Utilización da PEDRA PULIDA para fabricar:
AixadasFoucesMuíños
IDADE DOS METAIS (7.000 – 5000 BP) a) A IDADE DOS METAIS.a) A IDADE DOS METAIS.- Inicio de Inicio de fabricación de metaisfabricación de metais en Oriente en Oriente
Medio e península de Anatolia fai 7000 anos. Medio e península de Anatolia fai 7000 anos. Usábanse para elaborar Usábanse para elaborar todotodo tipo de utensiliostipo de utensilios (ferramentas, armas, xoias…).(ferramentas, armas, xoias…).
- Tres períodos na Idade dos metais (que coinciden cos metais dominantes):
Cobre: non era moi resistente. Bronce: aliaxe de cobre e estaño. Máis resistente. Ferro: o máis duro e resistente.
Na Idade dos Metais tamén houbo outros inventos: Roda: permitía transportar grandes cantidades de mercadorías en carros.
Arado: permite labrar máis terreo e máis rápido, grazas aos animais de tiro (bois, cabalos…).
B) A VIDA NA IDADE DOS METAIS.- - O uso dos metais produxo unha serie de
cambios importantes:
☺ Desenvolvemento do comercio: pola demanda de metais para facer ferramentas.
☺ Nacemento das primeiras cidades: debido ao aumento de riqueza das aldeas polo comercio.
☺ Aparición de novas ocupacións: comerciante (compra e vende produtos), artesán (fabrica produtos), sacerdote (dirixe o rito relixioso), guerreiros…
☹ Aparición de clases sociais:
$ Privilexiados: $ Privilexiados: minoría rica e poderosa que controla ao resto da poboación: xefes, sacerdotes, guerreiros…
☭ ☭ Non Non privilexiados: privilexiados: maioría humilde que traballa para os privilexiados (pobo, escravos…).
A ARTE NO NEOLÍTICO E IDADE DOS METAIS
☯ Dolmens ou mámoas: varios bloques de pedra verticais e horizontais formando un muro. Eran sepulturas para grupos.
Dolmen de Axeitos
Dolmen de Dombate
☯ Crómlechs: recintos circulares formados por moitos menhires. Eran santuarios.
STONEHENGE (INGLATERRA)