Unidade 5 elementos_basicos_plastica
-
Upload
sara-estarque -
Category
Education
-
view
115 -
download
10
Transcript of Unidade 5 elementos_basicos_plastica
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
UNIDADE 5:
ELEMENTOS BÁSICOS DA EXPRESIÓN
PLÁSTICA.
PROFESORA: Sara Estarque Moreno
MATERIA: Educación Plástica e Visual
CURSO: 1º da ESO
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
OBXECTIVOS DA UNIDADE
• Coñecer os principais elementos básicos dunha obra plástica e comprender o seu
emprego.
• Valora e saber analizar minimamente a importancia dos elementos plásticos á hora de
xerar sensacións visuais ou psicolóxicas.
• Representar composicións plásticas que expresen diversas sensacións tanto con só un
tipo de elemento plástico coma coa combinación de todos eles.
COMPETENCIAS DA UNIDADE
• COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA.
◦ Identificar e coñecer o emprego dos elementos básicos da plástica en composicións
artísticas, así como saber empregalos en producións propias.
◦ Comprender os valores estéticos das manifestacións artísticas doutras épocas e
culturas.
• AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL.
◦ Tomar decisións de xeito autónomo e avaliar os resultados antes e despois da toma
de decisións tanto durante o proceso creativo tanto persoal en grupo.
◦ Establecer estratexias de planificación, previsión de recursos, de anticipación e de
avaliación do resultados
• COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ.
◦ Traballar en equipo con actitudes de respecto, tolerancia e cooperación, valéndose
das habilidades sociais.
• COMPETENCIA EN APRENDER A APRENDER.
◦ Reflexionar sobre os propios procesos de creación.
• TRATAMENTO DA INFORMACIÓN DIXITAL.
◦ Facer uso dos recursos tecnolóxicos para a procura de información sabendo
discriminar, organizar e sintetizar a información relevante.
◦ Empregar as tecnoloxías como medio de comunicación que facilite e proceso de
ensinanza-aprendizaxe.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
• COMPETENCIA MATEMÁTICA.
◦ Desenvolver o gusto pola certeza e a súa busca a través do razoamento mediante a
utilización de elementos e soportes matemáticos: resolución de problemas.
• COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MEDIO FÍSICO.
◦ Observar, experimentar e descubrir o emprego dos conceptos relacionados cos
elementos básicos da plástica na arte e nas creacións propias.
◦ Facer un bo uso dos materiais de traballo, reciclando sempre que sexa posible e
mantendo o entorno limpo e ordenado.
• COMPETENCIA NA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA.
◦ Expresarse correctamente incorporando o vocabulario específico sobre os elementos
básicos da plástica, explicando as investigacións e traballos feitos aos compañeiros.
◦ Comunicar sentimentos, ideas ou emocións empregando elementos básicos da
plástica.
SECUENCIACIÓN DO TRABALLO NA UNIDADE
• Do 24 de abril ao 12 de maio: Conceptos e exercicios rápidos persoais de concepto.
• O 12 de maio: exame.
• O 19 de maio: recuperación se fose preciso.
• Do 15 de maio ao 22 de maio: proxecto en grupo cooperativo empregando os diferentes
elementos plásticos traballados nunha composición plástica. O tema e o estilo están por
determinar.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA UNIDADE
• Recoñecer e identificar os elementos plásticos en calquera obra plástica e distinguilos
segundo distintas clasificacións.
• Valorar, comprender e aplicar o uso da xeometría no deseño e na composición plástica.
• Comprender e saber explicar os aspectos principais de cada elemento plásticos
• Utilizar os elementos básicos da expresión plástica con diferentes técnicas para producir
composicións expresivas.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
• Crear composicións plásticas en grupo cooperativo que reflictan o manexo e
coñecemento mínimo das potencialidades de cada elemento.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
OS ELEMENTOS BÁSICOS DA EXPRESIÓN PLÁSTICA
Os elementos básicos da plástica son o punto, a liña, o plano, a textura, e a cor, e
combinados serven para xerar todo tipo de expresións, e ideas. Qe elementos podes observar
nas seguintes imaxes?
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
"A poetisa", Joan Miró, 1940. "Transverse Lines", Wassily Kandinsky, 1923.
"Heart of figures", Keith Haring, 1980."Several Circles", Keith Haring, 1926.
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
O Punto.
O punto: é o elemento plástico máis pequeno e simple. O punto
pode definirse como o rastro ou pegada que deixa un útil trazador (lapis,
rotulador, bolígrafo.) sobre unha superficie. O punto non ten unha
configuración determinada aínda que tendamos a consideralo un pequeno
círculo. O punto pode ter contornas irregulares, variar a súa cor, tamaño de
superficie, a súa textura.
A principal finalidade do punto dentro da obra plástica a de
determinar a súa posición fixa, define un lugar dentro do espazo da obra,
pero aínda que posúe posición carece de dirección.
Determinación de un punto: Considérase que un
punto é unha forma que ocupa unha parte moi pequena da
superficie sobre a que se atopa. Así, un punto determínase
por comparación có entorno no que se sitúa e polos
elementos que lle rodean. Será punto entón aquelo que sexa
o moi pequeno con respecto a todo o que lle rodea.
Capacidade expresiva: O punto, a pesares do seu
pequeno tamaño, ten unha grande capacidade expresiva que
resulta ilimitada posto que pode transmitir todo tipo de ideas,
mensaxes, emocións ideas. en función de como os
empreguemos e combinemos. Así, por exemplo, cando
concentramos puntos nunha parte do espazo plástica,
podemos xerar manchas moi expresivas, mentres que cando os
dispersamos podemos xerar unha sensación de distanciamento
ou afastamento.
Elemento compositivo: o punto, coma
elemento compositivo, é dicir, como elemento
elemento que axuda a organizar os elementos da obra,
exerce un papel de centro de atención dentro da
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
Detalle de "La Parede", Seurat, 1889.
"Beach at Gravelines", Georges Seurat, 1890.
"Sunday afternoon on the island of Grande Jatte", Georges, Seurat, 1884-
1886.
"The Starry Night", Vincent van Gogh, 1889.
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
superficie do cadro. Por este feito, ademais, crea tensións visuais facendo que sexan “centro de
gravidade” da zona que ten ao seu redor, atraendo a mirada do observador. Para potenciar este
efecto visual teremos que controlar a cor, configuración e trazado do punto, de xeito que se vexa
o mellor posible, o recurso máis común para facelo é empregar unha boa contraste de cor ou
forma, ou ben convertilo en centro da obra por illamento da contorna.
Capacidade tridimensional: por último o punto ten capacidade
de expresar tres dimensións e/ou volume
sobe a superficie plana. Podemos facelo
empregando as cores, superposicións,
transparencias. para xerar unha sensación
de profundidade. Pero tamén podemos
expresar volume xerando masas de puntos
nas que modulemos a cor e a
concentración dos puntos obtendo
unha sensación de volume e
modelado da superficie do cadro.
A Liña.
A Liña: A liña como elemento xeométrico pode
definirse coma a traxectoria que describe un punto en
movemento, ou cando se despraza o punto sobre unha
superficie ou coma unha sucesión infinita de puntos. A liña é
un concepto abstracto creado polo home, no caso da
representación plástica, para representar ideas, sentimentos,
emocións.
A Liña posúe posición no espazo e dirección. Cunha liña podemos determinar non so o
lugar do cadro onde se atopa algo, senón tamén cara onde se encamiña ou de onde ven. As
liñas dentro do espazo do lenzo organizan o espazo e indican o movemento das cousas e da
propia vista do observador.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
"Catedral Metropolitana", Fabiana Frutos Flores, 2012.
"Fast Sketch Still Life with Gold Fish", Tom Wesselmann, 1989.
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
A función da liña é a de delimitar as contornas dos
planos. A liña de contorna é a liña que nos permite crear formas,
espazos. é o trazo abstracto que tiramos cando queremos
representar calquera obxecto real.
Polas súas capacidades de trazado, a liña emprégase en
todo tipo de composicións. A
liña empregada de xeito preciso, regular e uniforme é idónea
para traballos coma o xeométrico onde non pode haber lugar
ás interpretacións ou valoración persoais. Pero cando a
empregamos modulada e xestual permítenos xerar unha
grande expresividade.
As liñas poden clasificarse, como xa sabedes doutros anos. segundo a súa estrutura, é
dicir, a súa composición, e así temos:
◦ simples, dun só trazado
◦ compostas, que combinan varios trazados e que poden ser a súa vez:
▪ quebradas
▪ onduladas
▪ mixtas
En canto a súa capacidade expresiva, as liñas cobren un amplo espectro de
expresións que virá determinado polo xeito en que esta estea traballada ou trazada. A modo de
exemplo de emprego de liñas autónomas expresivas noutro ámbito da arte coma é a animación
vos deixo estes dous enlaces aos vídeos dos que vos falei na clase:
https://www.youtube.com/watch?v=8SP14hTEbRw&feature=related
https://www.youtube.com/watch?v=OmSbdvzbOzY
Así a expresividade da liña ven determinada por diferentes características ou calidades,
coma son o seu grosor, a súa cor, o seu trazado, a intensidade, a nitidez, a modulación e a
uniformidade. Atendendo a elas podemos atoparnos con liñas:
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
"Toros. La Pique", Pablo Picasso, 1960.
"Quick sketch from the train", Tom Wesselmann, 1986.
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
• Uniforme e obxectiva . Qe á liña que non varía as
súas características ao longo do seu trazado, é unha
liña que da unha información clara e precisa.
• Modulada e subxectiva : é unha liña que busca e
emprega a variación ao longo de todo o seu trazado,
que modifica calquera das súas características en
función dunha expresión que será sempre subxectiva.
Ademais das características faladas, temos a dirección que é a
calidade máis importante da liña pola carga de significado que lle aporta
e con ela a composición. E é que aliña é quen de xerar movemento visual
indicándolle a vista unha dirección e creando no espazo da obra espazos
ou puntos de tensión, atraendo a atención e mirada do observador.
Segundo sexa a liña e como se sitúe, organizará o espazo total da obra.
Así, segundo a súa dirección temos:
• Liñas verticais , naquelas composicións nas que a liña vertical sexa
a protagonista achegarémonos a expresións relacionadas coa
elevación, o crecemento, a forza, o equilibrio. isto ven dado que
para a nosa cultura ten a liña vertical. Para o ser humano o
crecemento dos seres naturais faise na vertical, medrando cara o
sol; é tamén unha liña que fala do equilibrio porque se relaciona coa
posición de equilibrio qeu temos que manter os seres humanos para
non caer cando estamos de pé; pero, ademais, para a cultura
occidental en concreto, a vertical asóciase á elevación cara Deus e á
ascensión cara o ceo.
• Liña horizontal : nas composicións de dominante
horizontal, onde a liña horizontal leva o protagonismo,
atopámonos ante composicións de expresión calmada,
relaxada, de descanso ou incluso de morte. O descanso
e o repouso o facemos, polo xeral, en posición
horizontal, pero tamén, cando morremos quedamos
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
"Tableau", Piet Mondrian, 1921. "Drawing for painting
with white porder", Wassily Kandinskty, 1913
"Berc", Victor Vasarely, 1967.
"Motion", Andreas Feininger, 1930-1931.
"Flatiron Building", Foster & Reynolds
Co. 1917.
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
tendidos en dita posición, polo que estas composicións, segundo o tema que traten
achegaranse a unha ou outra acepción destes significados.
• Liña Inclinada : a liña inclinada é unha liña que
está permanentemente a piques de caer, cando
inclinamos o noso corpo en calquera dirección se
non nos suxeitamos a algo ou facemos un grande
esforzo para mantelo equilibrio, caemos. Así as
composicións de liñas inclinadas son inestables e
dinámicas, amosan sempre unha tendencia clara
ao movemento que pode ser ascendente ou descendente dependendo dende onde ata
onda vaia a diagonal. Cando máis se achegue a diagonal a liña horizontal máis se relaxa
a tensión e achega o seu significado ao repouso; cando máis vertical sexa a liña inclinada
máis se equilibra esta é máis ascensión adquire.
• Liña Curva : A liña curva é a liña que expresa unha
maior sensación de movemento, pero este movemento é
dinámico e fluído, coma as ondas do mar. É unha liña
con sensacións que se achegan tamén a feminidade, a
muller, a sutileza. o achegamento en significado á
muller ven dado pola curvatura propia da figura
feminina e toda a carga sensual e sutil que ten a figura
da muller.
• Liña quebrada : A liña quebrada é unha liña composta de
múltiples liñas inclinadas que se cortan entre si, así, as
composicións que traballan con este tipo de liñas son
composicións que expresan movementos bruscos, aínda
que ríxidos e precisos. Son composicións e liñas moi
dinámicas por estar compostas por diagonais, de grande
actividade, con cambios de dirección continuos.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
"Champs de Mars, vue de la tour Eiffel", Ilse Bing, 1951.
"Folla de col", Edward Weston, 1926.
"Harbor Mole", Lyonel Feininger, 1913.
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
O Plano.
O plano: Un plano é teoricamente infinito, é dicir, que é un
espazo ilimitado. Pra poder falar do plano e definilo pechamos unha
parte del dentro dunha liña composta. A isto é a que se lle chaman
formas planas. Defínese o plano coma o espazo que queda encerrado
dentro dunha liña composta que se pecha sobre si mesma. Segundo o
tipo de liñas que pechen o plano a expresión do plano variará como o
fan as liñas. Os planos teñen altura, dirección e posición no espazo do
cadro.
Cando estamos na superficie do plano, temos diferentes xeitos de definir
graficamente un plano para diferencialo doutros planos da obra, é dicir, que temos diferentes
recursos gráficos para poder identificalo dentro de toda a superficie do cadro:
• Contraste de cor : Podemos diferenciar os diferentes planos
dunha obra simplemente polo cambio de cor que existe entre
un plano e outro que estea ao seu carón. Se queremos que
estas formas se sitúan a diferente distancia ou que teñan
unha orde de importancia ou peso visual na obra teremos
que contrastar as cores coas que traballamos con elas.
• Liñas de contorna : Son as liñas
que pechan a forma plana no seu interior. Así que
realmente nestas composicións estariamos traballando con
formas planas e liñas compostas. Estas formas sepáranse
entre si coas liñas e, ao mesmo tempo, as liñas que as
delimitan as sitúan no primeiro plano da obra, sobre todo
cando traballemos no mesmo espazo pictórico con formas
con contorna e formas que non o teñan.
• Cambio de textura : Igual que cambiando a cor dun plano
para diferencialo do plano que ten ao seu carón, se
cambiamos a textura que o recobre conseguimos a
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
"Tres Músicos", Pablo Picasso, 1921.
"Beat the Whites with the Red Wedges", El Lissitzky, 1919.
"Composition in Line and Color", Piet Mondrian, 1913.
"La Solitude Organisative", Miquel Barceló, 2009.
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
mesma sensación de cambio de plano que no caso da cor. Pero a diferencia entre o
cambio de textura e os cambios de textura é que a textura, polo xeral sitúase no primeiro
plano, por enriba dos planos que estean só coloreadas.
As formas planas poden clasificarse en función da súa configuración, é dicir do seu
aspecto externo ou do tipo de liñas que pechan o espazo interno. Así temos:
• Formas planas xeométricas: son aquelas formas planas
que están pechadas por liñas que describen figuras
xeométricas, por polígonos, circunferencias, curvas técnicas
(elipses, ou óvalos). son formas moi rotundas, que, aínda
que poidan expresar movemento, como é o caso dos
triángulos ou os círculos, son claras e podemos
identificalas claramente.
• Formas planas orgánicas: Son formas pechadas por
liñas de trazado libre, a man, flexible. se lle chama
orgánicas pola súa semellanza ao aspecto das cousas
orgánicas, que crecen autonomamente, que non son
calculadas. Son moito máis lixeiras e dinámicas e
xeométricas que as formas xeométricas.
Os planos poden, coma os outros elementos expresivos,
expresar tridimensionalidade dentro do cadro. Para facelo temos
diferentes recursos gráficos que nos permiten emular a realidade
tridimensional na que vivimos. Para facelo combinamos diferentes
formas planas entre si para simular un volume, intentando representar
no plano dun cadro o ancho, o alto e o volume de calquera obxecto real.
Temos diferentes recursos gráficos que nos permiten recrear estas
dimensións, coma son:
• Diferenza de tamaño. Aqueles elementos que se debuxen máis grandes
proporcionalmente que os outro serán percibidos coma que están mais preto do
espectador. Se os elementos ademais son semellantes ou iguais entre si acentuarase este
efecto.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
"Transverse lines", Wassily Kandinsky, 1929.
"A Danza", Henri Matisse, 1910.
"Vega Boo", Victor Vasarely, 1978.
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
• Diferenza de cor. Aqueles elementos da composición que estean coloreados con cores
cálidas e/ou cores claras veranse máis próximas que
aquelas que sexan máis frías e/ou escuras.
• Diferenza de textura. Aquelas formas planas nas que
se poida apreciar a textura da súa superficie veranse
coma máis próximas posto que poderanse apreciar os
seus detalles.
• Superposición. Aquelas formas que tapen a outras
situaranse por diante destas.
• Curvatura ou dobrez. Aquelas formas planas que simulen estar curvadas, por medio de
recursos como o sombreado ou a coloración degradada, ou ben que simulen ter un
dobrez polo cambio de cor, simularán ter volume de seu.
• Sombreado. As formas planas que teñan sombras ou simulen arroxar unha sombra
sobre a superficie sobre a que se apoia, simularán ter volume de seu.
O plano ten unha grande capacidade expresiva coma os
outros elementos plásticos só que no seu caso válese do emprego dos
demais elementos expresivos. As formas planas recobren o seu espazo
interno moitas veces con liñas, texturas e puntos adquirir o seu
máximo poder expresivo. En canto as diferentes sensacións que poden
transmitir as formas planas son semellantes as sensacións que poden
transmitir as liñas, posto que as contornas que pechan as formas
planas son liñas e absorben delas as súas capacidades, que se ven
matizadas por como se recubra o seu espazo interior.
A forma plana ademais de ser xeradora de espazos dentro das dúas dimensións, nos
cadros, é un elemento que se emprega en creacións feitas nas tres dimensións coma son no
campo da arquitectura e máis da escultura. Na arquitectura, a forma plana é xeradora de
espazos posto que distribúe os espazos interiores, organiza o transito das persoas, permite ou
non o paso da luz. Ademais a forma plana tamén recobre o exterior da arquitectura permitindo
ou non a visión dos interiores, permite o paso da luz e debe relacionar o seu acabado exterior
coa estrutura interna.
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
"Reptiles", M. C. Escher, 1943.
"Muller ante o espello", Pablo Picasso, 1932.
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
Na escultura a forma plana tamén xera espazos, organiza pero tamén xerra baleiros.
Na escultura contemporánea o espazo baleiro ten tanta importancia coma o espazo ocupado,
convértese en centro de gravidade da peza, deixando paso á luz, ao aire, as ideas.; un espazo
baleiro que cando son pezas de grandes dimensións permite incluso a circulación do espectador
por medio deste espazo, no caso de nos ser de grandes dimensións.
A textura.
A textura a podemos definir coma a calidade da
superficie dun obxecto debido á estrutura do material do que está
feito dito obxecto. As texturas producen diferentes sensacións que
dependen tamén de como podemos percibilos, ou pola vista, e
entón serán visuais, ou se as podemos percibir polo tacto, entón
serán táctiles.
A textura ten unha grande importancia na expresión plástica, posto que
enriquece a propia expresión aportando novos significados. Se collemos coma
exemplo a imaxe do Home Caminate de Giacommetti, podemos comprobar que a
textura da superficie deste camiñante fai que sexamos quen de comprender a
dureza do camiño que leva recorrido, marcas do sol, do frío, da fame ou sede, das
experiencias, da dor, o cansazo.
As texturas aportarán á obra aquelas sensacións que podemos percibir
cando tocamos esa superficie aínda que sexa unha textura gráfica, sensacións que
van dende á máis absoluta suavidade á dureza e rugosidade máis complexa ou
áspera.
As texturas poden ser clasificadas en función de dous criterios:
• Segundo a súa orixe as texturas poden
ser:
◦ Naturais
◦ Artificias
• Segundo o sentido co que a percibamos
poden ser:
◦ Táctiles
◦ Visuais
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
"Cúpula da Sala do Palacio das Nacións Unidas, Bruselas",
Miquel Barceló, 2008.
"Il Homme qui marche",
Alberto Giacommetti,
1960.
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
CRÉDITOS DAS IMAXES
"A Poetisa”, Joan Miró, 1940,
http://tajadores.blogspot.com.es/2013_10_01_archive.html
“Transverse Lines”, Wassily Kandinsky, 1923,
http://tajadores.blogspot.com.es/2013_10_01_archive.html
“Heart of figures”, Keith Haring, 1980,
http://urbanartbomb.com/keith-haring/
“Several Circles”, Wassily Kandinsky, 1926,
http://www.wikipaintings.org/en/wassily-kandinsky/several-circles-1926
“Beach at Gravelines”, Georges Seurat, 1890,
http://www.wikipaintings.org/en/georges-seurat/beach-at-gravelines-1890
“Sunday afternoon on the Island of La Grande Jatte”, Georges Seurat, 1884-1886,
http://www.wikipaintings.org/en/georges-seurat/sunday-afternoon-on-the-island-of-la-
grande-jatte-1886
“Starry Night”, Vincent Van Gogh, 1889,
http://www.wikipaintings.org/en/vincent-van-gogh/the-starry-night-1889
“Fast Scetch Still Life with Gold Fish”, Tom Wesselmann, 1989,
http://arttattler.com/archivetomwesselmann.html
“Toros. La Pique”, Pablo Picasso, 1960,
http://www.artvalue.com/auctionresult--picasso-pablo-1881-1973-spain-toros-la-pique-
1958808.htm
“Qick Scetch from the Train”, Tom Wesselmann, 1987,
http://arttattler.com/archivetomwesselmann.html
“Tableau”, Piet Mondrian, 1921,
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
http://www.quailhollow365.com/blog/2011/02/artwork-of-the-day-mondrians-trees-
along-a-river/
“Drawing for painting with white border”, Wassily Kandinsky, 1913,
http://experimentstation.wordpress.com/2011/09/01/a-kandinsky-a-day-4-days-left/
“Flatiron Building”, Foster & Reynolds Co. 1917.,
http://historiadelosrascacielosdenuevayork.blogspot.com.es/2012/10/la-ciudad-de-
nueva-york-en-1903-y-1904.html
“Motion”, Andreas Feininger, 1930-1931,
http://lotus-feet.livejournal.com/329352.html
“Los músicos”, Pablo Picasso, 1921,
http://www.tuitearte.es/los-tres-musicos-de-picasso/
“Beat the Whites with the red Wedge”, El Lissitzky, 1919.
http://www.tuitearte.es/los-tres-musicos-de-picasso/
“La Solitude Organisative”, Miquel Barceló, 2009,
http://barcelona-photo.blogspot.com.es/2010/12/miquel-barcelo-la-solitude-
organisative.html
“Transverse Lines”, Wassily Kandinsky, 1929,
http://www.wikipaintings.org/en/wassily-kandinsky/transverse-line-1923
“A Danza”, Henri Matisse, 1910,
http://monicavannucchi.wordpress.com/2009/12/19/la-danza-vista-con-gli-occhi-di-un-
ragazzino/
“Vega Boo”, Victor Vasarely, 1978,
http://le-bric-a-brac-de-potzina.blogspot.com.es/2013/07/victor-vasarely-peinture-art-
optique-tableau-exposition.html
“Reptiles”, M. C. Escher, 1943,
http://en.wikipedia.org/wiki/File:Escher%27s_Reptiles.jpg
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
“Muller ante o espello”, Pablo Picasso, 1932,
http://es.paperblog.com/habitacion-de-nina-2280619/
"Cúpula da Sala do Palacio das Nacións Unidas, Bruselas", Miquel Barceló, 2008.
http://es.wikipedia.org/wiki/C
%C3%BApula_de_la_Sala_de_los_Derechos_Humanos_de_la_ONU
“Il Homme qui marche”, Alberto Giacommetti, 1960.
http://imagologiajorge.wordpress.com/2010/08/04/el-arte-como-competicion-deportiva/
email: [email protected]
www.sanjosedelaguia.com