Vangardas noemí pazo
-
Upload
carlalago95 -
Category
Documents
-
view
284 -
download
5
Transcript of Vangardas noemí pazo
As vangardas son movementos artísticos internacionais que se
desenvolveron entre 1910-1930.
Representan unha ruptura e reacción contra a arte e a literatura do XIX.
Características:
•A liberdade creativa é o maior valor do artista.
•A arte non debe imitar a realidade, senón que ten que ser autónoma.
•Debe buscar a novidade e a orixinalidade.
•Ten un sentido lúdico e transgresor, que racha coas normas e a tradición.
Os diferentes movementos de vangarda chámanse ISMOS e constitúen
distintas maneiras de renovación da arte. Os principais son:
4. Futurismo
5. Cubismo
6. Dadaísmo
7. Surrealismo
Futurismo
•Creado polo italiano Marinetti.
•Exalta a modernidade, a velocidade, as máquinas e o progreso.
•Rompe coa sintaxe e coa puntuación en literatura.
Deus vehemente dunha raza de aceiro,automóbil ebrio de espazo,que choras cheo de angustia, co freo nos dentesestridentes!Oh formidable monstro xaponés de ollos de fragua,nutrido de lapas e aceites minerais,famento de horizontes e presas sideraiso teu corazón expándese no seu taf-tafdiabólicoque os teus rexos pneumáticos se inchenpara as danzasque bailen polas brancas estradas do mundo.solto, por fin, as túas bridas metálicas...Lánzaste con embriaguez ao Infinito liberador
Marinetti
Cubismo
•Descompón a realidade e recompona de novo mediante formas xeométricas.
•Destaca a técnica da colaxe.
•En literatura destacan os caligramas de G. Apollinaire.
Dadaísmo
•Nace en Suíza con Tristan Tzara.
•Negación de todo, concibe a arte como puro xogo.
•Movemento moi provocador.
•Pretende plasmar o caos e o absurdo que sente o artista ante a situación mundial.
Para facer un poema dadaístaColla un xornal.Colla unhas tesoiras.Escolla no xornal un artigo da lonxitude queconta darlle ao poema.Recorte o artigo.Recorte con coidado cada unha daspalabras que forman o artigo e métaasnunha bolsa.Axítea suavemente. Agora saque cadarecorte un tras doutro. Copieconcienzudamente na orde na que saíran dabolsa. O poema semellarase a vostede. E é vostede un escritor infinitamente orixinal e dunha sensibilidade fascinante, aínda queincomprendida polo vulgo.
Surrealismo
•Liderado por André Breton.
•A arte debe expresar o subconsciente, os soños e as emocións máis íntimas.
•Creación da escrita automática, liberada da lóxica e da razón.
A vangarda en Galiza
•Os movementos de vangarda europeos influíron tamén na pintura galega.
•Entre os anos 20 e 30 xorden os pintores coñecidos como “Os novos”.
•Destacan Maside, Laxeiro, Seoane, Colmeiro ou Maruja Mallo, entre outros.
Vangardas literarias en Galiza
A influencia vangardista provocou unha renovación da poesía galega en tres
liñas diferentes:
1. Imaxinismo ou hilozoísmo
• Paisaxe humanizada
• Amado Carballo
2. Neotrobadorismo
• Formas da lírica medieval con temas contemporáneos
• Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro
3. Vangardismo
• Manuel Antonio