Viaxe a Túnez

10
TÚNEZ INÉDITO DIA 22 MARZO.- MADRID– TÚNEZ - HAMMAMET Presentación no aeroporto de Madrid-Barajas 2 horas antes da saída do voo con destino Túnez.. Trámites de facturación e embarque. Chegada no voo TU/607 ás 20:35 h. Asistencia no aeropuerto e traslado ao Hotel Le Royal Hammamet 5*. Cea e aloxamento. VOOS PREVISTOS DIA 22/MARZO MADRID-TUNEZ 18.25-20.35 DIA 23 MARZO.- HAMMAMET – SOUSSE – MONASTIR – EL DJEM – SFAX Almorzo no hotel. Saída con destino a Sousse, a 143 qm ao sur de Túnez , e capital do Sahel. Ten 2800 anos de antigüidade. Sousse, a cidade turística definida como a “Perla do Sahel”, é porto que desde a antigüidade exportou sempre as riquezas da súa fértil rexión: aceite, cereais, las, esparto e sal. Lugares de interese: a Torre de Khalef, torre de sinais construida en 859; o Ribat, fortaleza da época almorávide (s. VIII), museo onde a historia se escrebe en mosaico, (a más fermosa colección do mundo); a Medina, tecelán de rúas que forman os zocos de Sousse.O Ribat e a Medina son Patrimonio da Humanidade. Seguiremos a Monastir, onde visitaremos o Ribat, que é un mosteiro defensivo. Foi fundada no 796 por Harthema ibn Ayun, que servía no exército de Harun al Raschid, o califa de Bagdad e heroe das Mil e unha Noites. Visitaremos tamén o Mausoleo da familia Habib Bourguiba. Xantar en restaurante ou no Hotel Rosa Beach (pendente de determinar). Continuación cara ao Coliseu Romano do Djem para visitar o seu impresionante anfiteatro no centro da pequena cidade de 15000 habitantes e admirar os soberbos mosaicos expostos no museo ou conservados “in situ”. De forma elíptica, mide 149 m. de largo e 36 m. de alto, e presenta tres niveis de galerías. Podería albergar a 30000 espectadores. É, xunto coa cidade, Patrimonio da Humanidade. 1

description

ITINERARIO E CONDICIÓNS DA VIAXE A TÚNEZ

Transcript of Viaxe a Túnez

Page 1: Viaxe a Túnez

TÚNEZ INÉDITO

DIA 22 MARZO.- MADRID– TÚNEZ - HAMMAMETPresentación no aeroporto de Madrid-Barajas 2 horas antes da saída do voo con destino Túnez.. Trámites de facturación e embarque. Chegada no voo TU/607 ás 20:35 h. Asistencia no aeropuerto e traslado ao Hotel Le Royal Hammamet 5*. Cea e aloxamento.

VOOS PREVISTOSDIA 22/MARZO MADRID-TUNEZ 18.25-20.35

DIA 23 MARZO.- HAMMAMET – SOUSSE – MONASTIR – EL DJEM – SFAXAlmorzo no hotel. Saída con destino a Sousse, a 143 qm ao sur de Túnez , e capital do Sahel. Ten 2800 anos de antigüidade. Sousse, a cidade turística definida como a “Perla do Sahel”, é porto que desde a antigüidade exportou sempre as riquezas da súa fértil rexión: aceite, cereais, las, esparto e sal. Lugares de interese: a Torre de Khalef, torre de sinais construida en 859; o Ribat, fortaleza da época almorávide (s. VIII), museo onde a historia se escrebe en mosaico, (a más fermosa colección do mundo); a Medina, tecelán de rúas que forman os zocos de Sousse.O Ribat e a Medina son Patrimonio da Humanidade.Seguiremos a Monastir, onde visitaremos o Ribat, que é un mosteiro defensivo. Foi fundada no 796 por Harthema ibn Ayun, que servía no exército de Harun al Raschid, o califa de Bagdad e heroe das Mil e unha Noites. Visitaremos tamén o Mausoleo da familia Habib Bourguiba.Xantar en restaurante ou no Hotel Rosa Beach (pendente de determinar).Continuación cara ao Coliseu Romano do Djem para visitar o seu impresionante anfiteatro no centro da pequena cidade de 15000 habitantes e admirar os soberbos mosaicos expostos no museo ou conservados “in situ”. De forma elíptica, mide 149 m. de largo e 36 m. de alto, e presenta tres niveis de galerías. Podería albergar a 30000 espectadores. É, xunto coa cidade, Patrimonio da Humanidade. Saímos de El Djem en dirección á costa para chegar a Sfax, que anuncian as chamineas industriales e non os alminares. É a segunda cidade en importancia de Túnez. Se temos oportunidade podemos visitar a súa medina, a máis barata do país. Tamén podemos admirar a súa muralla do s. VII e a porta de Bab el-Diwan. Cea e aloxamento no Hotel Golden Yasmine Les Oliviers 5*.

DIA 24 MARZO.- SFAX – GABÉS – ILLA DE DJERBAAlmorzo no hotel. Saída cara a Gabés, coñecida como a “cidade da henna", para visitar o seu colorido mercado de especias, coñecido como Souk Jara. Gabés ten un grande oasis marítimo de case 7 qm. con máis de 300.000 palmeiras datileiras. Xantar no Hotel Oasis de Gabés. Saída de Gabés cara a Illa de Djerba, a mítica illa dos lotófagos da Odisea, onde chegaremos despois de coller o transbordador.. Djerba, illa de 514 qm2, de praias brancas e sol brillante, ábrese a un mar morno e acolledor. Paisaxes de Menzels, facendas agrícolas milenarias, onde se ergue o houch, que é a casa, e con pequenas e típicas mesquitas espalladas polo campo. Iniciaremos a visita de Houmt Souk, capital de Djerba, continuando cara á sinagoga. A lenda di que é aquí onde foi construída a sinagoga máis antiga do mundo, cando caiu unha pedra

1

Page 2: Viaxe a Túnez

sagrada do ceo en 597 a.C. A sinagoga actual, chamada Ghriba, é de 1910, e nela pódense admirar os azulexos, as pinturas e a Tora máis antiga do mundo. Cea e aloxamento no Hotel Vincci Helios Beach 4*.

DIA 25 MARZO.-ILLA DE DJERBA – MEDENINE – MATMATA - DOUZAlmorzo no hotel. Sairemos cara a Guellala, capital dos alfareiros onde visitaremos un obradoiro de cerámica para despois continuar pola calzada romanda cara á península, en dirección a Medenine, onde veremos os peculiares celeiros fortificados, construídos en andares superpostos e coñecidos como gorfhas. Estas pertencían ás tribos nómadas de Tuasin e Jesur, pero foron derrubadas ao longo do tempo. O único Ksar que segue en pé no centro da cidade foi transformado nun bazar.. Continuación cara a Matmata, unha das localidades máis sonadas de Túnez, onde aínda quedan familias que viven en casas trogloditas escavadas nas rochas e que foron escenario da primeira parte da película “A Guerra das Galaxias”. Xantar no Restaurante Les Berberes, onde poderemos comer o mellor brick (unha filloa rechea) y cuscús do país . Después do xantar sairemos en dirección a Douz, coñecido tamén como Porta do Deserto. Nste fermoso oasis con area dourada, que foi o centro das tribos dos sedentarios Mzarig, organízanse cada ano, durante varios días do inverno, desfiles, carreiras e combates de dromedarios, bailes folklóricos, teatro e exposicións, un verdadeiro espectáculo de fantasía no que se xuntan milleiros de turistas e nativos.Teremos tempo para visitar o seu zoco e opcionalmente realizar unha excursión en dromedario.. Cea e aloxamiento no Hotel El Mouradi Douz 4*.(Neste día estamos estudando a posibilidade de incluir unha visita a Tataouine, paraíso das kasour, que queda máis ao sur).

DIA 26 MARZO.- DOUZ – CHOTT EL JERID – TOZEUR – NEFTA -TOZEURDespois do almorzo partiremos cara a Tozeur. Atravesaremos o lago salgado de Chott El Djerid, onde, se as condiciós metereolóxicas o permiten, poderemos ver espectaculares miraxes (espellismos). Chott el Jerid é un lago de 450 qm². A lenda di que hai máis de 200 anos fundiuse nel unha caravana de 1000 dromedarios e que hai grandes tesouros enterrados no seu fondo. É o lexendario lago Tritón, obxecto de moitas máis lendas. As miraxes treman na superfície cando a temperatura sobe dos 30º.Xantar no Hotel El Mouradi Tozeur 4*. Tozeur é a capital de Djerid, “país das palmeiras’’. Os seus dátiles teñen fama pola súa calidade, e tamén a arquitectura de ladrillos macizos que forman nas fachadas das casas fermosos debuxos xeométricos. Interesante é a mesquita do barrio de Bled al–Hadar, cuxo mihrab en puro estilo hispano-magrebí é obra de Ibn Ghaniya, un refuxiado de Palma de Mallorca que se instalou en el Djerid coa súa xente no s. XII. Tamén a tumba do gran poeta lírico tunecino de principios de século, Aboul el Kasim , o zoo de Sidi Tajan e por ultimo o oasis, de inesquecíbel fermosura.Pola tarde visita de Tozeur e Nefta. O oasis de Nefta está regado por 152 fontes, algunha das cales forman un regato no fondo da cunca chamada “a cesta de Nefta” onde se pode contemplar un espléndido panorama de palmeiras. Nefta representa un verdadero milagre, pola auga fresca e clara, e pola calidade do deglet, unha variedade de dátiles delicados e transparentes, color ouro e moi saborosos. As palmeiras cobren actualmente máis de 300 hectáreas e constitúen a principal riqueza dos seus habitantes. Nefta foi inicio das caravanas de camelos que atravesaban o deserto para levar as súas mercadorías a outras partes de África, o que atraeu a moitos sufíes, converténdose así no

2

Page 3: Viaxe a Túnez

segundo centro espiritual de Tunicia, despois de Kairouan. Lémbrano máis de cen tumbas sufíes cubertas de morabitos e espalladas polo lugar. A más famosa é a de Sidi Bou Alí, do s. XIII, en pleno palmeiral e obxectivo desa peregrinación. Cea e aloxamento no Hotel El Mouradi Tozeur 4*.

DIA 27 MARZO.- TOZEUR – OASIS DE MONTAÑA – TOZEURAlmorzo no Hotel e saída cara aos Oasis de Montaña en coches todo terreo (6 persoas por vehículo ) . Visitaremos Chebika/Tamerza e Mides .Chebika é unha pequena aldea de pedra e adobe na ladeira dunha montaña. Tras sufrir unha severa inundación en 1969, a antiga aldea foi abandonada. O principal lugar de interese de Chebika é o seu pintoresco manancial, situado algo máis abaixo da aldea, cun pequeno palmeiral e unha fervenza.Tamerza, un balcón colgante sobre o deserto do Sahara, é o oasis de montaña máis grande e o único que está comunicado por transporte público co mundo exterior.Tamerza conta coa espectacular paisaxe que fixo famosa a película "O Pacente Inglés".O mesmo que Chebika foi abandonada despois das enchentes ou inundacións de 1969.Regreso a Tozeur . Xantar no Hotel. Pola tarde saída para navegar polo mar de dunas do famoso ERG Oriental, coa su fina area de color ocre, onde desfrutaremos cos diferentes tipos de dunas até chegar ao decorado orixinal que serviu para varias escenas da película “Star Wars”, de George Lucas, rodeando o colo do dromedario “ONG Jmel”A rota transcorre por Chott el Garza, pasando por pequenas dunas e cruzando un gran canón. Á metade do camiño, comeza o verdadeiro mar de dunas. Finalizada a visita, regreso ao Hotel El Mouradi Tozeur 4*. Cea e alojamiento.

DIA 28 MARZO. TOZEUR - METLAOUI – GAFSA – KAIROUANAlmorzo e saída cara a Metlaoui. Ao chegar colleremos o “Lézard Rouge” un antigo tren que atravesa esta rexión tunecina con espectaculares desfiladeiros do Selja. Despois partiremos para Kairouan vía Gafsa. Xantar no Hotel Gafsa Palace de Gafsa.Continuación hacia Kairouan, a cuarta cidade santa do Islam e o fogar espiritual de todos os tunecinos. Sete viaxes a esta cidade equivalen ao hajj ou peregrinaxe á Meca que todo musulmán debe facer. Visitaremos as albercas romanas, a Kasbah do s. XV e a Zavia de Sidi Sahab ou Mesquita do Barbeiro, onde se atopan os restos de Abou Dhamael Balaui, compañeiro de Mahoma, quen conservaba tres pelos da barba do profeta. Só se pode pasar aos patios desta mesquita pois o resto das instalacións son para os musulmáns. Nun destes patios podemos admirar azulexos pintados con motivos florais, con algúns animais disimulados (as imaxes están prohibidas polo Corán). A Medina forma parte do Patrimonio da Humanidade.Cea e aloxamento no Hotel Kasbah Kairouan 5*.

DIA 29 MARZO.- KAIROUAN – TESTOUR – TEBOURSOUK – DOUGGA – BULLA REGIA - TABARKAAlmorzo no hotel. A nosa visita da mañá será a Gran Mesquita de Kairouan, chamada tamén Jamaa Sidi Uzba, edificada no ano 699. Destruida polos beréberes e reconstruida posteriormente, é o lugar de oración máis antigo do mundo musulmán occidental. Ten un minarete alminado de 35 mts. de altura, xa que ademais de servir de lugar de culto e rezo, servía como fortaleza militar. No patio tamén podemos atopar un curioso reloxo de sol e varias cisternas subterráneas para recoller a auga de choiva.

3

Page 4: Viaxe a Túnez

De seguido, saída cara a Thuburbo Maius. De orixes remotas, foi fundada polos beréberes como un centro agrícola debido ás súas fontes e á fertilidade das súas terras. Máis tarde, os romanos convertérona nunha cidade de guarnición, até a chegada dos vándalos, no s. V. Despois foi ocupada polos bizantinos, que a abandonaron definitivamente no s. VII coa chegada dos árabes. As ruinas que se conservan da cidade, non foron estudadas até finais do século pasado: un foro de forma cadrada, varios templos entre os que está o Capitolio do foro, termas de inverno e de verán, un mercado, un anfiteatro, a Palestra, a Villa de Nepuno e unha igrexa bizantina. Tamén se conservan no Museo do Bardo obxectos e mosaicos que constatan o esplendor que viviu esta cidade no pasado.O noso seguinte destino será Testour vila andalusí, cuxa orixe morisca (aragonés- castelá), se respira aínda nas súas rúas, na arquitectura e mesmo na gastronomía. Seguiremos cara a Dougga, pasando polas murallas de Teboursouk. Chegada a Dougga, a máis bela herencia romana no norte de África. As súas ruinas son as máis completas e mellor conservadas do país. Visitaremos os templos de Mercurio, Concordia e Venérea, o teatro, o Capitolio, o Circo, o Hipódromo, o templo de Minerva… Dougga foi declarado Patrimonio da Humanidade.Xantar no Hotel Thugga. Continuación cara Bulla Regia, para visita do impresionante conxunto de ruinas dunha cidade que coñeceu o seu apoxeo nos s. II e III. Podemos ver as termas, o teatro, o templo de Apolo e sobre todo unha dúcia de villas e palacios soterrados con belísimos mosaicos, cuxa arquitectura se axeitaba perfectamente ao clima tórrido do verán.Partiremos cara a Tabarka, porto coñecido pola súa artesanía de coral e a súa fortaleza, onde visitaremos tamén Les Aiguilles, formacións rocosas en forma de agullas creadas pola erosión do mar. Cea e aloxamento no Hotel Dar Ismail 4* de Tabarka.

DIA 30 MARZO.- TABARKA- AIN DRAHAM – BIZERTA – TÚNEZAlmorzo. Imos para Ain Draham, estación de montaña creada polos franceses durante a etapa colonial ao estilo dun resort (estación ou complexo turístico) nos Alpes, un símbolo do Túnez verde, e lugar onde excepcionalmente podemos ver a neve. Despois dirixirémonos a Bizerta, “A Perla do Norte”, fundada polos fenicios. É unha das cidades máis poboadas desta rexión do Mediterráneo. Situada entre o cabo Branco e o cabo Zebib, o seu vello porto que conserva o encanto de antano, con casas en branco e azul, ábrese entre as antigas murallas. Na cidade destaca a Gran Mesquita do s. XVII cun minarete octogonal. Desde ela e a través dos Zocos dos Armeiros e dos Ferreiros, chégase á Kasba, situada aos pés da Praza do Mercado. É unha antiga fortaleza do s. XVII, con rúas pintorescas. Ao norte está o Museo Oceanográfico situado no Forte Sidi El Hani, que visitaremos e a Mesquita da Rebaa, que ten un minarete cadrado, con tres arcadas na última altura. Xantar no Hotel Bizerta Resort e visita despois ao Barrio dos Andaluces, o Forte de España, convertido actualmente nun Teatro ao ar libre, con fermosas vistas da vila, e o lago e a Praza Slahedine, que ten unha fonte de 1642 con una inscripción realmente curiosa, e a unha antiga fortaleza do s. XVIII, onde se concentra a vida comercial. As praias e as pequenas calas son un auténtico paraíso. Continuación cara a Túnez. Cea e aloxamento no Hotel Majestic 4* de Túnez capital.

DIA 31 MARZO.- TUNEZ (MUSEO DO BARDO) – CARTAGO – SIDI BOUD SAID – TÚNEZDespois do Almorzo iniciaremos a visita da Cidade milenaria e á vez moderna, percorrendo a súa Medina e as rúas estreitas onde se sitúa o zoco máis grande do país.

4

Page 5: Viaxe a Túnez

Continuación ao Museo do Bardo que alberga a colección de mosaicos da época romana máis importante do mundo, así como outros vestixios das catro civilizacións que marcaron a historia do país: cartaxinesa, romana, paleocristiá e musulmana. Xantar no Restaurante Le Pirate. Despois, visita de Cartago, antiga capital púnica, onde, partindo da cuíña de Birsa, andaremos as súas ruinas (museo, baños de Antonino, anfiteatro, Thopet…). Ao rematar dirixirémonos a Sidi Bou Said, fermosa cidade medieval erguida sobre un acantilado que nos ofrece unha espléndida panorámica sobre o golfo de Túnez. O seu atractivo principal está nas casas revestidas de cal branco, coas xanelas e celosías pintadas dunha cor azul que contrasta co ceo e o mar; nas súas rúas pinas ben coidadas e no xasmín, presente nos cármenes das vivendas e ofrecido en ramiños compactos por vendedores ambulantes para que os homes os prendan tras da orella e as mulleres os metan no seu bolso, onde perfumará os seus obxectos durante días. Opcionalmente podemos tomar un delicioso té con piñóns no famoso Café de Nattes. Regreso ao hotel. Cea e aloxamento no Majestic 4*.

DIA 01 ABRIL.- TÚNEZ – MADRIDAlmorzo e traslado ao aeroporto. Embarque e saída según o plano do voo con destino Madrid. Fin da viaxe e dos nosos servizos.

VOO PREVISTODIA 01/ABRIL TUNEZ-MADRID 15.15-17.20

****************************************

CADRO DE VOOS: TUNISAIR (Horarios previstos)

22 MARZO MADRID-TUNEZ 18.25-20.3501 ABRIL TUNEZ-MADRID 15.20-18.25

PREZO POR PERSOA:

SAIDA 22 DE

MARZO

20 PAX 25 PAX 30 PAX

DOBRE 1080 € 1050 € 1030 €

SUPLEMENTO HABITACIÓN INDIVIDUAL: 230 €

TASAS AÉREAS MADRID-TUNEZ-MADRID: 95 € O prezo inclúe:

Billete de avión Madrid-Túnez-Madrid coa compañía Tunisair en clase turista. Transporte en autobús durante todo o circuito.

5

Page 6: Viaxe a Túnez

Transporte en coches Todo Terreo para o percorrido dos Oasis de Montaña e Oung Jmel (6 persoas por vehículo).

Aloxamento en hoteis indicados no programa de categoría 4*/5*. Pensión completa en todo o circuíto (non se inclúe o xantar do último día). Entradas e visitas aos monumentos indicados no programa. Guía de fala hispana durante todo o percorrido. Seguro básico de viaxe. 1 mochila de viaxe e porta-documentos por persoa.

O prezo NON inclúe:

Bebidas nen propinas. Extras nos hoteis, tais como mini-bar, lavandaría, chamadas telefónicas, etc. Seguro opcional de viaxe e cobertura de cancelación até 1500 euros (31 € euros

por persoa). Excursións/Actividades indicadas como opcionais (paseo en dromedario e

consumición té con piñóns no Café de Nattes-Sidi Bou Said). Nada non especificado no apartado anterior.

TEREMOS QUE INCLUIR, ADEMAIS DO PREZO FINAL, O GASTO DO BUS QUE NOS LEVARÁ DE LUGO A MADRID, IDA E VOLTA, QUE SAIRÁ SOBRE 100 EUROS POR PERSOA, APROXIMADAMENTE.

ANOTACIÓNS PARA ESTA VIAXE: DO DÍA 16 AO 26 XANEIRO (ambos inclusive).

Calendario de pagos (en base á cotización de grupo de 20 persoas):

1. Até 28 de Xaneiro: 587,50 euros persoa.2. Até 06 Marzo: 587,50 euros por persoa.

*Confirmarase ao cliente o importe total real cando se coñeza o número de participantes final. O importe do seguro opcional incluirase no primeiro pago a quen o queira cubrir.

Seguro de viaxe.

Toda viaxe ten incluído un seguro base para cada viaxeira/o. Para mellorar a cobertura do mesmo e cubrir casos de cancelacións xustificadas da viaxe, ofrécese un seguro a maiores cuxo importe por persoa é de 31 euros a confirmar no primeiro pago.

Os pagamentos pódense facer en efectivo, tarxeta ou transferencia bancaria.

DATOS CONTA BANCARIA: BBVA 0182 0090 42 0200232990Sempre que se faga por este medio deberase xustificar vía e-mail ou fax o resgardo da mesma.

6

Page 7: Viaxe a Túnez

DATOS DA AXENCIA:

VIAJES EROSKI R/ CAMIÑO REAL 150 BAIXO 27004 ( Lugo ) TFNO 982 872663 // FAX 982 872662E-mail: [email protected]

( Preguntar por Nadia )

7