VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962)...

312
VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA VII.1.1 NARRADORES GALEGOS Aleixandre, Marilar, Catro cascarolos, ilust. Enjamio, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Sopa de libros, n.º 58, a partir de 6 anos, abril 2016, 64 pp. (ISBN: 978-84- 9121-017-7). Marilar Aleixandre, nome literario de María Pilar Jiménez Aleixandre (Madrid, 1947), neste conto, de tema ecolóxico, recrea as aventuras de catro irmáns caracois, chamados Cascarolo, Carolo, Arolo e Rolo, que se ven inmersos na busca dun novo fogar porque os humanos cobren o chan do parque no que viven de lousas e cemento para a comodidade da xente. Os catro irmáns vense obrigados a marchar do parque e afrontar os perigos que hai fóra. Un narrador omnisciente conta as aventuras dos caracois, que se enfrontan nada máis saír do parque a unha estrada chea de automóbiles, que para eles son seres descoñecidos. Descobren a maneira de cruzar a rúa polo paso de peóns, e logo diríxense ao que chaman o bosque dos humanos (que en realidade é unha zona peonil da cidade) onde se atopan cunha máquina limparrúas, que confunden cun lobo. A máquina achégaos ao parque, que era o seu destino, e alí constrúen unha nova casa nas raíces dun carballo. As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos caracois. Escolle tons escuros que contrastan co fondo branco en ilustracións a dobre páxina nas que o texto encaixa en función da imaxe. O artista emprega a técnica do debuxo con bolígrafo para ampliar a gama das texturas e crear espazos de xeito maxistral: o ceo, a superficie dun vehículo, a herba ou o asfalto. A cuberta a cor é un fondo vexetal en tons escuros na que se presenta ao personaxe clave da historia, o caracol, tamén en tons escuros agás os ollos, os únicos elementos nos que destaca o branco. Alfaya, An, A cea das enaguas, Vigo: Grupo Editorial Luis Vives/ Tambre, col. Catavento, n.º 34, [lectorado mozo], 2016, 179 pp. (ISBN 978-84-9046-148-8). Novela realista con trazos de detectives de An Alfaya (Vigo, 1964) que trata temas como o amor-desamor, contrabando, segredos, conflitos familiares e asasinatos. Divídese en dezasete capítulos, nos que se conta unha historia que ten como argumento o descubrimento por parte do protagonista dun segredo moi ben agochado durante anos que influirá no devir da súa vida. Mediante un narrador omnisciente e os diálogos entre os personaxes e consigo mesmo, cóntanse unha serie de sucesos que ocorreron nunha vila mariñeira hai moitos anos e que influíron na actual vida do protagonista Eloi. A medida que avanza a narración, os personaxes irán desvelando a trama. Eloi, consciente de que seu avó agochaba algo e alimentado pola súa curiosidade, comeza a pescudar na historia da vila dos seus antepasados. Coa chegada de Sito Novo, quen nun pasado se dedicara ao contrabando, Eloi repara en que seu avó se puxera aínda máis nervioso e decide seguir a Sito Novo até a casa de Sara, unha vella que pasaba os días no faiado da súa casa, falando consigo mesma, sen saír nunca da casa e sobrevivindo grazas ás

Transcript of VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962)...

Page 1: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

VII.1 NARRATIVA VII.1.1 NARRADORES GALEGOS Aleixandre, Marilar, Catro cascarolos, ilust. Enjamio, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Sopa de libros, n.º 58, a partir de 6 anos, abril 2016, 64 pp. (ISBN: 978-84-9121-017-7). Marilar Aleixandre, nome literario de María Pilar Jiménez Aleixandre (Madrid, 1947), neste conto, de tema ecolóxico, recrea as aventuras de catro irmáns caracois, chamados Cascarolo, Carolo, Arolo e Rolo, que se ven inmersos na busca dun novo fogar porque os humanos cobren o chan do parque no que viven de lousas e cemento para a comodidade da xente. Os catro irmáns vense obrigados a marchar do parque e afrontar os perigos que hai fóra. Un narrador omnisciente conta as aventuras dos caracois, que se enfrontan nada máis saír do parque a unha estrada chea de automóbiles, que para eles son seres descoñecidos. Descobren a maneira de cruzar a rúa polo paso de peóns, e logo diríxense ao que chaman o bosque dos humanos (que en realidade é unha zona peonil da cidade) onde se atopan cunha máquina limparrúas, que confunden cun lobo. A máquina achégaos ao parque, que era o seu destino, e alí constrúen unha nova casa nas raíces dun carballo. As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos caracois. Escolle tons escuros que contrastan co fondo branco en ilustracións a dobre páxina nas que o texto encaixa en función da imaxe. O artista emprega a técnica do debuxo con bolígrafo para ampliar a gama das texturas e crear espazos de xeito maxistral: o ceo, a superficie dun vehículo, a herba ou o asfalto. A cuberta a cor é un fondo vexetal en tons escuros na que se presenta ao personaxe clave da historia, o caracol, tamén en tons escuros agás os ollos, os únicos elementos nos que destaca o branco. Alfaya, An, A cea das enaguas, Vigo: Grupo Editorial Luis Vives/ Tambre, col. Catavento, n.º 34, [lectorado mozo], 2016, 179 pp. (ISBN 978-84-9046-148-8). Novela realista con trazos de detectives de An Alfaya (Vigo, 1964) que trata temas como o amor-desamor, contrabando, segredos, conflitos familiares e asasinatos. Divídese en dezasete capítulos, nos que se conta unha historia que ten como argumento o descubrimento por parte do protagonista dun segredo moi ben agochado durante anos que influirá no devir da súa vida. Mediante un narrador omnisciente e os diálogos entre os personaxes e consigo mesmo, cóntanse unha serie de sucesos que ocorreron nunha vila mariñeira hai moitos anos e que influíron na actual vida do protagonista Eloi. A medida que avanza a narración, os personaxes irán desvelando a trama. Eloi, consciente de que seu avó agochaba algo e alimentado pola súa curiosidade, comeza a pescudar na historia da vila dos seus antepasados. Coa chegada de Sito Novo, quen nun pasado se dedicara ao contrabando, Eloi repara en que seu avó se puxera aínda máis nervioso e decide seguir a Sito Novo até a casa de Sara, unha vella que pasaba os días no faiado da súa casa, falando consigo mesma, sen saír nunca da casa e sobrevivindo grazas ás

Page 2: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

provisións que o avó de Eloi, Matías, lle levaba. Alí, agochado no baño, Sara revela o seu segredo a Sito Novo, que matara o seu home e que, coa axuda de Matías, agochara o segredo. Tras estas revelacións, nas que Eloi descobre que seu avó estivo implicado, Matías cae profundamente enfermo e ten que ser levado ao hospital. Mentres Sara, liberada da carga moral que lle supuxo todos estes anos de penitencia, decide que chegou a hora de partir e quítase a vida. Xa no leito de morte, Matías confesa tanto a Eloi como a súa nai un segredo aínda máis importante: el non era o verdadeiro avó de Eloi, senón Sara. Coa axuda da súa muller, quedaran coa filla de Sara, facéndolle crer que nacera morta e criándoa como súa, cambiando así, a vida do protagonista. O libro carece de ilustracións aínda que ten unha fotografía na cuberta con cores amarelas que semella unha puntilla. Recensións: - Paula Fernández, “Misteriosa e interesante”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 588, “Libros”, 16 xuño 2016, p. VI/ La Opinión, Saberes”, n.º 545, “Letras galegas”, 25 xuño 2016, p. 10. Despois de falar doutras obras da autora, indica que esta novela introduce ao protagonista Eloi nos segredos e misterios das familias dunha vila costeira, onde visita o seu avó Matías, o antigo fareiro da vila. Apunta o argumento desta historia que conta cun narrador omnisciente e que comeza cando van eles dous a visitar a Sara, unha vella que vive nun caserío, afectada por un episodio vivido con Rodrigo, o seu gran amor. Salienta a profundidade psicolóxica dos personaxes, que viven entre o desvarío, a cordura e a pseudo-cordura desta “historia familiar cunha gran cantidade de carga dramática” que compara co romanticismo das irmás Brönte. Alonso, Fran, Contos nerviosos, ilust. Dani Padrón, Ferrol: Edicións Embora, [lectorado autónomo], maio 2016, 71 pp. (ISBN: 978-84-16456-28-4). Conxunto de catro relatos de Fran Alonso (Vigo, 1963) que están unidos entre si por pequenas chiscadelas a xeito de ligazóns, así como polo territorio literario Cabrafanada, e que exploran a fronteira entre a realidade e a ficción e entre a realidade e o mundo virtual dentro do ámbito urbano e da cultura infantil contemporánea. Un narrador omniscente conta estas catro historias fantástico-realistas. Na primeira, “O caso Amelio”, o protagonista é un neno chamado Amelio que é alérxico ao ruído e por iso súa nai lévao a un médico que non lle atopa cura. Deciden ir ao SuperAlergólogo e ten que pasar unha proba. Despois disto, Amelio xa non é alérxico ao ruído pero sí ao silencio. En “Sabemos quen es”, unha nena sen nome, que ten unha amiga xirafa en Cabrafanada, vive todo tipo de situacións estrañas nas que recibe unhas mensaxes misteriosas. Descobre que todo isto se debe a que ela é un personaxe e que está á espera de que a chamen para facer un libro. A terceira historia, “Café tropical”, está protagonizada por un neno ao que lle gusta xogar a unha máquina que cumpre os desexos, só a ten que dominar e darlle ordes. Estando no Café Tropical, onde sempre interviña nos espazos afastados, un día decide que vai modificar virtualmente o que ten á vista. Na última historia, “O meu aniversario”, unha nena moi caprichosa que se ri dos seus compañeiros invita a todos ao seu aniversario, soamente para que lle leven regalos, co propósito de que entendan que ela é a única Raíña. Mais sucede unha desgraza no

Page 3: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

seu aniversario que fai que todos a miren mal. As ilustracións de Dani Padrón (Ourense, 1983), que ofrecen datos sobre as catro historias, son de estilo figurativo con tonalidades neutras (branco e negro). O deseño das composicións relaciónanse coas escenas que revelan os acontecementos irreais. As figuras teñen un estilo preto á caricatura en liña coa temática esperpéntica dos relatos. Recensións: - Ramón Nicolás, “Relatos con nervio”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “Galego”, 27 maio 2016, p. 7. Salienta o dominio do autor na escrita de relato breve e recoñece a obra como unha proposta idónea para o lectorado a cabalo entre a infancia, xuventude e idade adulta, aínda tratándose de historias protagonizadas por nenas e nenos. Tamén recomenda visitar a proposta do autor @Poética.gal, onde se interna no universo da poesía dixital e transmedia. - Paula Fernández, “Inquedantes relatos”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 590, “Libros”, 30 xuño 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 546, “Letras galegas”, 9 xullo 2016, p. 10. Comenta que “o nervio e o sen sentido” marcan os catro relatos que conforman o libro. Destaca que se trata de “contos inquedantes” que se caracterizan pola súa axilidade narrativa e por presentar mundos paralelos nos que os personaxes viven situacións pouco habituais que contrastan con outras que cada vez son máis frecuentes na actualidade. Salienta que a obra mostra relatos con pinceladas críticas. Destaca o último pola relación co consumismo e cos roles mediáticos, pero sempre dende o respecto. Finaliza indicando que se trata dunha lectura enriquecedora e lúdica, non só para os máis novos senón tamén para un público adulto. - Vicente Araguas, “Contos para quen?”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 941/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 941, “máis Libros”, 10 xullo 2016, p. 30. Tras comentar a súa sensación de despiste ante o libro porque “non teño moi claro a quen van dirixidos”, describe o aspecto físico da obra, que parece estar orientado a un público novo. Indica que conta con catro relatos nos que o último está protagonizado por unha nena “guai”, “pija”, que ten unha mensaxe crítica para un público amplo. De seguido, explica os outros tres relatos: “O caso de Amelio”, suxeito que é alérxico ao ruído; “Sabemos quen é”, que ten similitudes con Pirandello, e “Café tropical”, relacionado co xenio dos desexos, demostrándose que neles “a raia entre os diferentes terreos lectores é moi imprecisa”. Ademais, recorda que Fran Alonso é un autor múltiple e anima á lectura destes contos, recordando que forman parte do catálogo da editorial ferrolá Embora. - Armando Requeixo, “O caso Alonso”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 942/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 942, “letras Atlánticas”, 17 xullo 2016, p. 32.

Page 4: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Faise referencia á bagaxe profesional de Fran Alonso, dando datos sobre os xéneros que ten traballado e facendo gabanzas sobre as súas obras e a súa profesionalidade, para logo pasar a centrarse no libro Contos nerviosos. Realízase unha análise de cada un dos relatos “O caso Amelio”, “Sabemos quen es”, “Café tropical” e “O meu aniversario”. Sinálase que a lectura é proveitosa, poñendo en valor as ilustracións de Dani Padrón. Bayorti, Alex, Tom, Huck e o misterio da trabe de ouro, Premio XV Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, ilust. Carmela Romay, Noia/ A Coruña: Toxosoutos/ Concello de Noia/ IES Virxe do Mar/ Deputación da Coruña, col. Nume, [lectorado mozo], 2016, 75 pp. (ISBN: 978-84-945483-3-8). n Alex Bayorti (Santander), tras a dedicatoria “Aos meus pais, a Meu e a todas as persoas do meu pasado que conformaron o meu presente”, ofrece un relato estruturado en prólogo, quince capítulos e epílogo no que se alterna o narrador omnisciente coa narración en primeira persoa no caso dos fragmentos do diario de Huck. Tom e Huck son dous amigos da infancia que por diversos motivos rematan vivindo en Galicia. Cando Huck sae do manicomio no que estaba, vai á casa de Tom para propoñerlle resolver un misterio que lle deixara Branca, unha compañeira do manicomio, antes de morrer acoitelada: debía seguir as indicacións que a levarían a atopar a trabe de ouro. Xuntos seguirán as distintas pistas até o notario Anxo Cimadevila e a eremita Xiana, que os levarán a Fisterra e ao Monte Pindo onde está a trabe de ouro, mais nesa viaxe son perseguidos polos membros dunha loxia e Huck acaba morrendo antes de conseguir a trabe. Birott Bermejo, Loretta, O noso Samaín, ilust. Nuria Valdeón Balsas, Vigo: Editorial Galaxia, [prelectorado], 2016, [34 pp]. (ISBN: 978-84-9865-738-8). Conto infantil realista de Loretta Birott Bermejo (Venezuela, 1979) que trata sobre a tradición do Samaín. Un narrador en terceira persoa conta que Antón vai de excursión a recoller castañas co colexio no día de Samaín, pero antes a mestra explícalles en que consiste esta tradición. Por boca da mestra, resúmense as orixes e evolución do Samaín. Nas ilustracións Nuria Valdeón Balsas emprega cores saturadas e alegres, predominando a cor laranxa. Aparecen diferentes símbolos celtas e da súa cultura que se relacionan coa historia que se conta do Samaín. Todo o libro segue unha liña de fantasía, fadas e espítitus e os personaxes aparecen cheos de ledicia e entusiasmo pola historia da festa dos Defuntos. Referencias varias: - A. Mauleón, “El Samaín, una fiesta sin barreras y sin miedos”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 28 outubro 2016, p. 38. Tras recordar que Galicia ten a súa propia festa dos defuntos, explícanse dúas iniciativas para dar a coñecer o Samaín. A primeira pertence aos profesionais de AZ Lengua de signos, os cales colgaron en Youtube un vídeo onde se traduce a canción “No Samaín” de Paco Nogueiras a esta lingua e que foi moi ben recibido, como o demostran as múltiples visualizacións. Dise que as encargadas da tradución foron Aránzazu Casas, codirectora do

Page 5: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

proxecto, e a súa compañeira Erea Alonso. A segunda iniciativa é o libro O noso Samaín de Loretta Birott, no que se explican “as particularidades desta festa que moito antes que en América, xa existía en Galicia”. Coméntanse as ilustracións de Nuria Valdeón, salientando que con elas se relata quen son as meigas e a Santa Compaña, entre outras cuestións. Finaliza destacando que se busca que a nenez entenda, de forma amena, a orixe das tradicións galegas. - Ana Baena, “Loretta Birott Bermejo. ʻA festa do Samaín non é nengunha invención, é a orixe de todo dende a cultura celta”, Atlántico Diario, “Vigo”, 31 outubro 2016, p. 7. Despois duns datos referidos á autora, nesta entrevista fálase deste álbum co que se pretende dar a coñecer a historia do Samaín “aos máis cativos” para que poidan diferencialo do Halloween americano. A autora comenta que é o Halloween o que provén do Samaín e non ao contrario, por iso é importante transmitirllo á rapazada. Apunta que esta tradición provén dos celtas, que celebraban así a chegada das colleitas e que en Galicia se prohibiu e pasou a ser o día de Defuntos. Para finalizar, remarca que non se trata dun invento e que a súa obra se basea nas teses de Rafael López Loureiro, coñecedor do Samaín, e tamén que foi un álbum pensado orixinalmente para os seus fillos, que ademais protagonizan a historia. Blanco Blanco, Concha, Do Re Mi Fantasía, ilust. Olaya Naveira Souto, Santiago de Compostela: Ediciones Bolanda, [lectorado autónomo], 2016, 48 pp. (ISBN: 978-84-608-8857-4). Concha Blanco Blanco (Lires, A Coruña, 1950) dedica a obra á súa neta Ana López Canosa. Está formada por un conxunto de vinte e tres historias de tendencia fantástica, escritas en verso e prosa. Deste xeito, a obra pode lerse de tres maneiras diferentes: ler só os versos de poesía, ler só os parágrafos de prosa ou ler ambos. Elíxase a maneira que se elixa, comprenderanse as historias sen dificultade. Nas partes narradas, elixe diferentes narradores, mais case todos son en terceira persoa e omniscientes. Nas partes de poesía a voz poética conta o mesmo que o narrador omnisciente, pero dándolle un toque diferente e con maior musicalidade. Ambas se complementan, axudando ao lector a realizar unha mellor comprensión. Cada historia dá vida a un personaxe protagonista diferente e peculiar que habita no mundo da fantasía, como pode ser Don Tomé, a vaca Lucinda ou o Vento da Serra. Don Tomé é un home normal que quere chamar a atención, así que fai un cambio físico. Como iso lle parece pouco, realiza costumes estrañas na súa alimentación. En canto á vaca Lucinda, é unha vaca especial a quen lle gusta cantar e cociñar. Cada día intenta superarse e decide traballar nunha orquestra. Despois de moitos intentos e con moito ánimo, consígueo. O Vento da Serra levoulle o paraugas a Mario. Este paraugas non se preocupou: decidiu facer turismo e, deste xeito, aprendeu idiomas e fixo amigos, entre outras moitas cousas. Acompáñase e compleméntase coas ilustracións de Olaya Naveira (Ordes, 1990) onde a liña simple se mestura co trazo máis enérxico do garabato, axudando a crear volumes e reforzando o ritmo rápido e fresco das historias. Xoga nalgúns casos co branco do papel, destacando certos elementos do debuxo, e noutros deixa que este domine o fondo das escenas. As ilustracións recordan a estética do colaxe polo emprego de masas de cor lixeiramente texturizadas coas que crea sensacións de transparencia e superposición baixo as liñas do debuxo. En canto ao cromatismo, os tons suaves dos azuis agrisados aparecen contrastados cos amarelos, ocres e avermellados.

Page 6: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Recensións: - Paula Fernández, “Unha boa elección”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 603, “Libros”, 17 novembro 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 556, “Letras galegas”, 26 novembro 2016, p. 10. Indica que esta obra conxuga dous xéneros literarios, mediante historias que alternan o verso e a prosa, e que se pode ler de tres maneiras diferentes: só lendo a prosa, só lendo os versos ou lendo todo xunto. Comenta que está dedicado a un público infantil e que a historia transcorre nun país imaxinario chamado Fantasía, no cal múltiples personaxes deixarán fermosas e divertidas historias grazas á gran creatividade da autora. Referencias varias: - R. Nicolás, “O gurgullar da fantasía”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “En galego”, 4 novembro 2016, p. 10. Comenta as tres posibilidades de achegarse á obra: ler os textos en prosa, os textos en verso ou ambos conxuntamente. Cajaraville, Héctor, Quen dá a quenda?, ilust. Ignacio Hernández, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Merlín, de 9 anos en diante, marzo 2016, 224 pp. (ISBN: 978-84-9914-997-4). Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) debuta na Literatura Infantil con esta obra finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015. Recupera o personaxe da bruxa, ofrecendo unha visión positiva e humorística, aínda que habite nunha casa solitaria nunha mesta fraga, onde hai máis dun século ten o seu consultorio ao que acoden unha serie de personaxes humanos e animados, como animais, árbores, plantas e obxectos, que precisan axuda e para os que ela sempre ten unha solución beneficiosa, coa axuda de apócemas e beberaxes, dun moucho sabio e dunha cortina lingoreteira. A cambio, a meiga Divina Sandamil Penas, como compensación do seu traballo, pídelles aos seus pacientes realizar unha boa acción que repercuta para o ben común e a convivencia pacífica. Pola consulta pasan multitude de personaxes: algúns deles característicos da fauna e paisaxe galega, como a fervenza do Ézaro, un porco que come pouco, unha nube que non se parece a nada; outros que intertextualizan con obras clásicas da LIX galega, como a laranxeira, que lembra a obra teatral de Carlos Casares, e tamén un xeneral que fala en verso, un ordenador desordenado, un dicionario ao que se lle escapan as palabras, unha mesa con moita memoria, un cero inconformista, un neno soñador, unha formiga lacazana, unha baralla enfadada, un barco que se marea, unha bolboreta coas ás despintadas, dous xemelgos diferentes, unha pantasma que non mete medo e un sapo que pon nome á ponte... Nas ilustracións de Ignacio Hernández (A Coruña, 1988) retrata personaxes de fantasía e maxia empregando pintura acrílica con cores alegres e saturadas. As ilustracións están dispostas de diferentes maneiras: coma detalle na parte superior do texto ou acompañando ao texto nunha páxina enteira.

Page 7: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Recensións: - Vicente Araguas, “Aquí, un lector”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 929/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 929, “máis Libros”, 17 abril 2016, p. 30. Fala da mestría do autor xa na súa anterior obra De remate e comenta brevemente a controversia arredor do termo literatura infantil e da súa difícil clasificación, identificando Quen dá a quenda? como unha obra para todos os públicos e argumentando que “a calidade literaria apenas ten máis barreiras que o siso e o sentido común”. - Carmen Ferreira, “Quen se atreve a dar a quenda a Héctor Cajaraville?”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 4 decembro 2016, p. 6. Despois de comentar que a meiga é un personaxe arquetípico dos contos marabillosos da transmisión oral que se conserva na literatura escrita con distintas características segundo os tempos, di que Héctor Cajaraville recupera dunha maneira moi divertida este personaxe. Comenta que a meiga deste relato non se caracteriza por facer o mal, pois ao seu consultorio acoden unha serie de personaxes humanos e animados que precisan axuda e para os que ela sempre ten unha solución beneficiosa. Como compensación a bruxa pídelles realizar unha boa acción que repercuta para o ben común e a convivencia pacífica. Tamén sinala as ilustracións de Ignacio Hernández que retratan con humor os espazos onde se desenvolve a acción e a peculiar galería de personaxes. Conclúe que realiza unha visión renovada con moita imaxinación dun personaxe milenario. Cajaraville, Héctor, Denébola a Roxa, ilust. Premio Meiga Moira 2016 de Literatura Infantil e Xuvenil, Ana Pedreira, A Coruña: Baía Edicións, col. Meiga Moira, n.º 29, [lectorado mozo], novembro 2016, 197 pp. (ISBN: 978-84-9995-210-9). Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) a través dun narrador omnisciente relata a historia de Dénebola, unha moza que no século XVI se ve destinada a ser monxa polo mandato de seu pai. Isto contradí a forma de ser da nena, dado que o seu soño é coñecer mundo e ser libre. Vai a un convento de Cuba do que a raptan e pasa a formar parte dun barco pirata, gañándose o respecto por parte do capitán e do resto da tripulación. A súa vida cambia totalmente e Denébola convértese na capitá do navío, sendo coñecida por todo o mundo como A Roxa, convertendo o barco pirata nun navío comercial e gañándose ao longo das súas viaxes grandes amigos. Cando xa é maior, volve á súa terra natal, Galicia, para amosarlle á súa familia en quen se converteu e ver os seus irmáns. As escasas ilustracións de Ana Pedreira aparecen ao longo da narración representadas sempre en branco e negro e describen o que está a acontecer no momento sen engadir nova información. Referencias varias:

Page 8: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- M. García, “Héctor Cajaraville. ʻOs premios son a vía para ter recorrido”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, “Entrevista”, 29 novembro 2016, p. L10. Conversa con Héctor Cajaraville por ter obtido o Premio Raíña Lupa con A caixiña de rancores e o Meiga Moira con Denébola a Roxa. Comenta que se atopa cómodo coa escrita para o público xuvenil, pero que non ten preferencia por ningún marco de idade. Destaca a idea de que A caixiña de rancores intenta transmitir valores interxeracionais comúns na sociedade actual, mentres que Denébola a Roxa presenta a historia dunha rapaza en 1600 que intenta escapar do seu destino. Ademais informa da futura publicación dun quinto libro e salienta a importancia dos premios como fórmula de publicación para os autores descoñecidos. Cajaraville, Héctor, A caixiña dos rancores, Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Fóra de xogo, n.º 168, [lectorado mozo e mocidade], novembro 2016, 319 pp. (ISBN: 978-84-9121-127-3). Novela realista con trazos detectivescos de Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) que nos conta, a través dun narrador omnisciente, a problemática dos nenos roubados, concretamente na localidade costeira de Valdomar. A historia comeza cando o protagonista, chamado Estevo, se ve na obriga de visitar a Chiruca, a anciá que atropelara co seu ciclomotor, durante os meses de xuño e xullo. É durante estas visitas e mediante as diversas conversas con Chiruca sobre a súa vida, cando Estevo comeza a desconfiar sobre o paradoiro dun fillo que tivera a anciá e que nacera sen vida segundo lle dixeran. Tras contarllo a Paula, a súa moza, comezan a investigar sobre os indicios de que realmente o fillo de Chiruca estaba vivo e que llo roubaran ao nacer hai cincuenta anos. Finalmente e tras contactar con diferentes persoas implicadas, este misterio vaise desenredando até descubrir que Chiruca tiña unha filla viva, chamada Aurora, que fora entregada a unha familia rica da vila que non podía ter fillos. Esta novela carece de ilustracións no interior e tan só conta cunha portada e contraportada de tapas brandas. A portada conta cunha ilustración de Miguel Ángel Vigo, onde mestura cores frías (azuis) e cálidas (vermellas) semellando a un corazón que contén varios momentos da vida dos personaxes principais. Referencias varias: - M. García, “Héctor Cajaraville. ʻOs premios son a vía para ter recorrido”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, “Entrevista”, 29 novembro 2016, p. L10. Conversa con Héctor Cajaraville por ter obtido o Premio Raíña Lupa con A caixiña de rancores e o Meiga Moira con Denébola a Roxa. Comenta que se atopa cómodo coa escrita para o público xuvenil, pero que non ten preferencia por ningún marco de idade. Destaca a idea de que A caixiña de rancores intenta transmitir valores interxeracionais comúns na sociedade actual, mentres que Denébola a Roxa presenta a historia dunha rapaza en 1600 que intenta escapar do seu destino. Ademais informa da futura publicación dun quinto libro e salienta a importancia dos premios como fórmula de publicación para os autores descoñecidos.

Page 9: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Canosa, María, O día que choveu do revés, ilust. Dani Padrón, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Merliño, [prelectorado e lectorado autónomo], xaneiro 2016, [38] pp. (ISBN: 978-84-9914-965-3). Neste relato, María Canosa (Cee, 1978), por medio dun narrador en terceira persoa e pola voz dos personaxes, dá conta do que aconteceu na localidade de Portoseco cando as nubes, cansas de que o sol secase e volvese amarelo todo aquilo que elas regaban e convertían en verde, se puxeron en folga e estiveron días e días sen parar de chover até que a vila quedou cuberta pola auga. Apenadas do seu erro, tiveron que acudir ao sol para solucionar o problema, pero nin sequera el puido. Así que intentaron que chovera do revés, é dicir, que chovera de moitas formas distintas. Mais o único que conseguían era empeorar a situación até que apareceu o neno, Uxío, que decidiu mandarlle unha mensaxe ao mar para que levase a auga. As ilustracións a dobre páxina, realizadas por Dani Padrón (Ourense, 1983), achegan información ao relato, sendo chave para o seu entendemento xa que parte da historia é contada por medio delas. A composición e o cromatismo son fundamentais para facilitar a percepción temporal da historia e evocar as diferentes atmosferas. Nalgunhas páxinas aparecen cores cálidas para dar énfase ao traballo do sol durante a historia e noutras son as cores frías as dominantes que acompañan o sentimento de preocupación dos protagonistas nos intentos desesperados por cambiar a situación. Referencias varias: - J. T., “María Canosa publica ‘O día que chouveu do revés”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 11 febreiro 2016, p. 38. Anuncia a publicación deste novo libro e alude ao pasado literario da nai da autora. Canosa, María, O neno inverno, ilust. María Lires, Vigo: Galaxia, col. Árbore/ Galaxia, n.º 210, a partir dos 12 anos, novembro 2016, 141 pp. (ISBN: 978-84-9151-017-8). María Canosa (Cee, 1978), a partir dun narrador omnisciente en terceira persoa e das voces das personaxes, conta a historia de Alberte, un neno albino ao cal alcuman Inverno pola súa cor pálida, pelo branco, fisonomía en xeral e por encantarlle o inverno. Alberte está afeito ás burlas dos seus compañeiros por ser diferente e pola súa debilidade física por mor do albinismo, actitudes que cambian cando comeza a facerse amigo de Alex, unha rapaza da súa clase, intelixente, alegre e con personalidade. A amizade afiánzase por tentar coñecer un curioso poder máxico de Alberte que os fai vivir unha gran aventura na montaña, aprender a superar obstáculos e facerse máis fortes xuntos. As ilustracións de estilo figurativo de Maria Lires (A Coruña, 1973) son figuras máis ben xeométricas nas que predominan as liñas curvas e coloreadas cunha gama cromática baseada nunha escala de grises que se axustan á perfección ao ton da historia. A técnica empregada é o recorte de figuras planas para compoñer as imaxes nas que os protagonistas desta historia aparecen en diferentes momentos para complementar o relato.

Page 10: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Caride Ogando, Ramón, O soño das cores, ilust. Jaime Asensi, Santiago de Compostela: Urco Editora, col. Infantil e Xuvenil, [lectorado autónomo], 2016, 42 pp. (ISBN: 978-84-15699-85-9). Conto ilustrado de Ramón Caride Ogando (Cea, Ourense, 1957) no que se recrea unha lenda zapoteca da rexión mexicana de Oaxaca. Ten como motivo central o cromatismo da natureza, explicando a orixe das cores nun paxaro chamado Arco Iris, existente cando o mundo era monocolor e escuro, pero co que soñou unha moza chamada Xtamosbin. Ela foi a que lle pediu ao seu amado, Cohiztli, que emprendera unha viaxe para localizar ese paxaro dos seus soños e pedirlle sete plumas, cada unha cunha cor, pois a maxia delas faría que mudara o mundo para sempre. Cohiztli aceptou o reto e viaxou atravesando montes, bosques e o mar até chegar ao lugar no que vivía o paxaro Arco Iris, que lle deu sete plumas, tal como lle pedía, pero o mozo rachou a súa palabra ao roubarlle unha pluma máis, levado pola avaricia. Este acto foi castigado coa súa condena a morte, que o paxaro quería facer extensíbel ao mundo do que procedía, pero Xtamosbin intercedeu por el e rogoulle ao paxaro que non condenara o mundo a perecer na escuridade, pois estaba agardando un fillo, froito do amor de Cohiztli. Este rogo abrandou o corazón do paxaro que, dende entón, fixo que no mundo houbese luz, pero tamén escuridade, que houbese día, pero tamén noite e que os homes e mulleres levasen consigo a dualidade do ben e o mal, en lembranza do pecado de Cohiztli. As ilustracións figurativas de Jaime Asensi (Vilagarcía de Arousa, 1957) aparecen en páxinas alternativas ao texto e recrean escenas do narrado. Recensións: - Isabel Mociño, “Que nos din os soños?”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 28 agosto 2016, p. 6. Coméntase que esta obra publicada por Urco Editora presenta aspectos que rompen coa traxectoria literaria de Ramón Caride Ogando, ao achegarse á materia oral da tradición zapoteca, propia da rexión de Oaxaca en México. Explícase que a versión en lingua galega parte dunha edición bilingüe castelán-zapoteca publicada en 2010, aínda que non se faga constar na edición. Explícase o argumento do relato e saliéntase a harmonía deste coas ilustracións de Jaime Asensi, que realzan o cromatismo da historia. Remata cualificando a obra de “lectura engaiolante” que desvela confluencias de dúas tradicións moi distantes no espazo, pero próximas nas súas concepcións míticas. Caride, Ramón, O camiño da Estadea, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Fóra de xogo, n.º 166, [lectorado mozo], novembro 2016, 192 pp. (ISBN: 978-84-9121-092-4). Novela xuvenil de Ramón Caride Ogando (Cea, Ourense, 1957) na que continúa as aventuras dos irmáns Said e Sheila, protagonistas de Perigo vexetal (1995), Ameaza na Antártida (1997), O futuro roubado (2000) e A negrura do mar (2004), entregas da serie editada por Edicións Xerais de Galicia na colección “Merlín”. Vinte anos despois da publicación da primeira entrega da serie sae do prelo esta nova aventura dos dous rapaces, agora convertidos en mozos, e que se reúnen unha vez máis para vivir novas experiencias. Nesta ocasión viaxan a Bambari, un lugar no centro de África, coa

Page 11: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

intención de pasar unhas vacacións xuntos, pero todo se complica ao ocorrer un suceso que altera as súas vidas: a morte accidental do pai de Enu, amigo de Said e da súa moza Irina. Ao longo dos dez capítulos da obra, recréanse as vivencias dos protagonistas á vez que se denuncian as presións dos intereses económicos, o tráfico ilegal de persoas ou a explotación laboral e sexual, que se exemplifican coas experiencias vitais dos antepasados de Enu, en especial os seus avós paternos, que representan a explotación de moitos pobos africanos dende a antigüidade. As diferentes pistas que van descubrindo os protagonistas levaraos por diferentes lugares do planeta, dende África a Europa e mesmo a Galicia, lugar no que os devanceiros de Enu se atoparan e namoraran había décadas. So ten ilustración da cuberta a toda cor de Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) que recrea unha nave futurista sobrevoando unha cidade do futuro mentres que os protagonistas da serie dende a nave contemplan a cidade iluminada. Carreiro, Pepe, Os Bolechas van á neve (ISBN: 978-84-608-7007-4)/ Os Bolechas van de hotel (ISBN: 978-84-608-5974-1)/ Os Bolechas van ao parque acuático (ISBN: 978-84-608-7008-1)/ Os Bolechas van en carriño (ISBN: 978-84-608-9421-6), ilust. do autor, Santiago de Compostela: Edicións Bolanda, [lectorado autónomo], 2016, [19] pp. Tres novas aventuras cotiás dos irmáns Bolechas, do autor Pepe Carreiro (Vigo, 1954), contadas por un narrador omnisciente con intercalación de breves frases de diálogos entre os protagonistas. En Os Bolechas van á neve todos os irmáns van á neve cos avós Balbina e Marcelo. Alóxanse nun bungalow e deciden montar nunha zorra. Todos menos Loli van probando de varias maneiras para acomodarse na zorra. Loli, que non aguanta co frío vai poñendo un tras outro, primeiro o anorak da avoa, despois o do avó e finalmente o edredón da cama da avoa. Cando xa logra estar quente monta na zorra e bota fóra ao resto dos irmáns quedando tan contenta. En Os Bolechas van de hotel os protagonistas están de vacacións con tía Lupa, tío Agostiño e a curmá Saladina e amosan como pasan un día no hotel, onde coñecen os saúdos en diferentes idiomas, como alemán, inglés, francés e italiano. Tamén almorzan no bufete, toman un xeado da máquina de xeados e xogan aos piratas na piscina. En Os Bolechas van á ao parque acuático os irmáns van coa avoa Flora ao parque acuático e cando van no autobús do parque, todos poñen traxe de baño, menos Chispa, o can, que non gusta da auga e pon o chuvasqueiro. Montan en balsas para baixar polos tobogáns. Sonia, asustada pola velocidade coa que baixan polos tobogáns tubo e pola forma de quenlla xigante que ten a saída do tubo, quere marchar e todos marchan enfurruñados para á casa. Finalmente Sonia amaña a situación cunha idea xenial, montar un parque acuático no baño da avoa. Os Bolechas van en Carriño conta como todos os irmáns van de paseo coa sua nai que leva a Tatá, o máis pequeno, en carriño. Os irmás cánsanse de camiñar e van turnándose para subir á plataforma do carriño. Finalmente súbense todos ao carriño até que Tatá rompe a chorar e a mamá opta por subirse ela mesma e que empurren os pequenos. Nas ilustracións Pepe Carreiro emprega cores saturadas, alegres e planas cun grafismo lineal, simple en negro. Nas súas historias redacta as aventuras da familia dos Bolechas onde expresan gran variedad de emocións que senten os nenos. Carreiro, Pepe, Os Bolechas fan unha merenda con vexetais/ Os Bolechas dormen na casa dos curmáns (ISBN: 978-84-608-5975-8)/ Os Bolechas ven unha moura (ISBN: 978-84-608-9422-3), ilust. do autor, Santiago de Compostela: Edicións Bolanda, [lectorado autónomo], 2016, [19] pp.

Page 12: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Novas aventuras cotiás destes personaxes ideados por Pepe Carreiro (Vigo, 1954). En Os Bolechas fan unha merenda con vexetais, mediante un narrador omnisciente e os diálogos dos personaxes, cóntase a aventura dos Bolechas na casa dos seus curmáns cos preparativos para facer unha merenda con vexetais. Invitan a todos os veciños e cada un ten que levar un alimento vexetal, pretexto para que se dea información sobre eses alimentos que, como din, dependendo da súa cor afectan de maneira positiva ás diferentes partes do organismo. En Os Bolechas dormen na casa dos curmáns, a partir dun narrador omnisciente e coa axuda dos diálogos dos personaxes que participan na obra, conta o que lles aconteceu aos Bolechas cando foron durmir á casa da aldea dos seus curmáns. A aventura céntrase en que non caben nas camas polo que deciden durmir na tenda de campaña no xardín, pero non o conseguen porque Sonia trae, como se fose un oso de peluche, a un enorme golfiño inchable que non cabe na tenda, polo que teñen que repartirse entre as camas e o xardín. En Os Bolechas ven unha moura os protagonistas, que pasan o verán na casa dos curmáns da aldea, coñecen o personaxe da moura polo que lle conta Sarela antes de durmir. Todos quedan durmidos agás Braulio que cre ver unha moura no camiño e os esperta a todos, mais resulta ser Domitos Mikarias, unha rapariga irlandesa que parou a peitearse na fonte. As imaxes do propio autor son representacións do que acontece na historia. En cada páxina aparece o texto máis a ilustración que reproduce o que están a facer os personaxes. Referencias varias: - Alba Lago, “Aprendendo hábitos alimenticios cun conto dos Bolechas”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 26 xaneiro 2016, p. 43. Comenta que na presentación do libro Os Bolechas fan unha merenda con vexetais, a conselleira Ángeles Vázquez explicou a importancia de promover hábitos saudabeis entre os máis novos dun xeito lúdico e eloxiou a iniciativa da Xunta de repartir froitas entre alumnado de distintos centros escolares xunto a exemplares do libro de Carreiro. Carreiro, Pepe, Os Bolechas van a Mostra da Olería de Buño, ilust. do autor, Santiago de Compostela: Edicións Bolanda, [lectorado autónomo], 2016, 31 pp. (ISBN: 978-84-617-4018-5). Pepe Carreiro (Vigo, 1954), mediante un narrador omnisciente e, coa axuda dos diálogos dos personaxes, narra as aventuras dos irmáns Bolechas, o seu can e Carmiña, nena da parroquia de Buño (Malpica de Bergantiños), quen lles ensina a zona, a famosa olería e a súa mostra, sempre acompañados pola nai de Carmiña. Os Bolechas percorren a costa na lancha da nai e coñecen o faro de punta Nariga e as illas Sisargas. As xemelgas Bolechas, Pili e Loli, teñen moita sede e deciden facer un porrón para enchelo de auga. Tras varios intentos con distintos materiais como terra ou area mollada, a oleira Carmiña explícalles a elaboración desta peza, polo que van aos Barreiros para coller barro. Feito o porrón, as xemelgas éncheno de auga e desfaiselles, porque tiñan que cocelo no forno para que non se derretese. Carmiña móstralles os antigos fornos que se empregaban e tamén visitan o Ecomuseo, rematando a excursión na Mostra de Olería de Buño, onde o pai de Carmiña lles entrega a Pili e Loli un porrón para poder beber auga fresquiña. As imaxes do propio autor son representacións do que acontece na historia.

Page 13: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

En cada páxina aparece o texto máis a ilustración que reproduce o que están a facer os personaxes. Referencias varias: - José M. Ramos, “Costa da Morte concilia con formación y diversión”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 12 agosto 2016, p. 41. Comenta as actividades dos Bolechas, entre elas destaca que os personaxes de Pepe Carreiro acudiron a Buño para presentar Os Bolechas visitan a Mostra da Olería, obra que recibiron como agasallo todos os nenos e nenas presentes. Carreiro, Pepe, Os Bolechas. Eduardo Pondal, ilust. do autor, Santiago de Compostela: Edicións Bolanda, col. As miñas primeiras Letras Galegas, [lectorado autónomo], 2016, 21 pp. (ISBN: 978-84-617-6582-9). Pepe Carreiro (Vigo, 1954) neste álbum, a través dun narrador en primeira persoa (Loli) que se disfraza físicamente do escritor Eduardo Pondal para contar a historia dos Eoas (navegantes que descubriron América), describe esta obra referíndose á paisaxe e reflectindo os sentimentos e emocións que viviron os navegantes como pena, desánimo, cansanzo…, incluíndo na narración os versos do propio Pondal. Despois disfrázase de bardo, poeta celta como se consideraba Pondal de quen é precisamente o himno galego incluído na obra do autor Queixumes dos pinos. A seguir disfrazase de médico para contar a vida de Pondal. As ilustracións do propio autor axudan a seguir o texto, ao reflectir os distintos sucesos e lugares que se van narrando; permiten unha lectura visual exenta e amplían a lectura textual; sitúanse a dobre páxina, e algunhas, nunha soa. Os seus trazos son redondeados e as cores empregadas vivas e cálidas. Referencias varias: - Mario Álvarez, “Nova colección dos Bolechas cos protagonistas do Día das Letras”, El Correo Gallego, “Tendencias. Ciencia. Cultura. Ocio”, 2 decembro 2016, p. 40. Dá conta do acto de presentación da nova colección dos Bolechas titulada “As miñas primeiras letras galegas” na sede da Real Academia Galega, onde o presidente desta institución, Alonso Montero, e os propios Bolechas recibiron a alumnadp do Centro Rural Agrupado Boqueixón-Vedra “Neira Vilas”. Comenta que a serie achega dun xeito didáctico e divertido a vida e obra dos grandes autores da literatura galega homenaxeados no Día das Letras Galegas. Explica que cada volume converte unha das obras do autor nun entretido conto no que se descubre ao propio persoeiro, mentres se goza dunha aventura dos irmáns Bolechas. Indica que se completa cunha breve biografía e un repaso pola produción do autor escollido. Apunta que o primeiro volume se dedica a Eduardo Pondal e os seguintes a Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Ánxel Fole e Manuel María.

Page 14: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Carreiro, Pepe, Os Bolechas van a Padrón, ilust. do autor, Santiago de Compostela: Edicións Bolanda, col. Guías, [lectorado autónomo], 2016, 31 pp. (ISBN: 978-84-608-7109-5). Pepe Carreiro (Vigo, 1954) por medio dun narrador omnisciente conta as vivencias no Camiño de Santiago de Compostela a Padrón dos irmáns Bolechas (Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia e Tatá), acompañados do seu can Chispa, a tía Lupa e Carme, nena padronesa que será a súa guía neste percorrido. Nun principio, explícase a ruta que se vai seguir para conseguir a Pedronía (diploma que demostra que se fixo o camiño), e, a continuación, unha vez preparados os protagonistas, comeza a viaxe. Tras unha camiñata, os Bolechas deciden parar a descansar e comer. Chispa, tamén ten fame e colle a bolsa onde está a comida e escapa. A súa busca serve de guía para amosar algúns dos lugares máis relevantes deste concello, como a casa de Rosalía de Castro, o xardín botánico e as rúas de Padrón. Cando o collen, descobren que Chispa comera uns pementos de Padrón, e por iso estaba tan nervioso, polo que o levan a refrescar a boca á Fonte do Carme. Rematan o camiño visitando o Pedrón e recollendo, no albergue de peregrinos, os seus diplomas (a Pedronía). Ao final, Carme lévaos á casa da súa avoa e comen todos xuntos pementos de Herbón. As imaxes do propio autor son representacións do que acontece na historia. En cada páxina aparece o texto máis a ilustración que reproduce o que están a facer os personaxes. Referencias varias: - M. Toledo, “El Concello difunde la guía ʻOs Bolechas van a Padrón”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 30 decembro 2016, p. 30. Infórmase da edición por parte do Concello de Padrón desta guía turística dirixida ao público infantil que dá a coñecer a relevancia do municipio no Camiño de Santiago. Coméntase que a publicación se repartiu entre o alumnado de infantil dos centros escolares de Padrón e se está remitindo un exemplar ás principais bibliotecas galegas. Anúnciase a presenza dos Bolechas no municipio o 4 de xaneiro. Casalderrey, Fina, O segredo de Zoe, ilust. Marina Seoane, Vigo: Tambre, col. Ala Delta, n.º 23, a partir dos 5 anos, 2016, [40] pp. (ISBN: 978-84-9046-145-7). Relato de Fina Casalderrey (Xeve, 1951) no que un narrador en terceira persoa conta o que lle acontece á nena Zoe unha noite que non daba durmido preocupada por un segredo. Queda durmida e no canto da nota que escribira atopa un ovo de chocolate e unha nota que lle indica que o coma na merenda. No colexio come o ovo e dentro hai a figura dun barco desmontado en pezas. Volve a casa e á noite seu pai mariñeiro regresa despois de moitas semanas fóra e Zoe ensínalle o primeiro dente que lle caera e que ela custodiara para que non o levara o Rato Pérez e llo puidera regalar a seu pai. Marina Seoane (Madrid, 1957) ilustra a portada e interiores con composicións a dobre páxina que acompañan o relato describindo con sutileza os personaxes e espazos da historia. Evidénciase un traballo dixital que explota a capacidade plástica das texturas pictóricas e no que se percibe un gran interese por marcar os volumes das figuras.

Page 15: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Recensións: - María Navarro, “O valor do cotián”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 582, “Libros”, 5 maio 2016, p. VI/ “Con diálogos sinxelos”, La Opinión, “Saberes”, n.º 539, “Letras galegas”, 14 maio 2016, p. 10. Fala do valor incalculábel que adquire a vida cotiá na nova novela de Fina Casalderrey mediante a mestura da ficción e realidade. Ademais describe brevemente o argumento e remata salientando a habilidade da escritora de facer maxia coas palabras, cargadas de tenrura e sensibilidade, transmitindo unha mensaxe que destaca polo fondo e pola forma. Cimadevila, Fernando, O mundo secreto de Basilius Hoffman. Un faro na escuridade, ilust. Iván Valladares, Santiago de Compostela: Urco Editora, col. Alcaian, [mocidade], 2016, 362 pp. (ISBN: 978-84-15699-50-7). Segunda novela da saga protagonizada polo arqueólogo e historiador Basilius Hoffman de Fernando Cimadevila (Santiago de Compostela, 1977). Nesta ocasión, o arqueólogo Basilius Hoffman e o seu sobriño Peter percorren a Cidade dos Tellados, que unicamente posúe tellados, pontes, escaleiras e balcóns, e sen enfrontan aos seus peores inimigos, é dicir, eles mesmos mentres buscan o Diario do Cartógrafo, unha reliquia que os levará a novos mundos e a descubrir a patente escuridade que agochan no seu interior. Peter redacta unha serie de notas que conducen a unha historia no seu caderno, pero en ningún momento se fai partícipe ao lector. Conta coas ilustracións do artista Iván Valladares, quen realiza debuxos que escenifican moitos momentos da historia ou os obxectos que os investigadores van atopando no seu camiño. Cobas, Amadeo, A cacería, V Premio Internacional de novela curta “Cidade Centenaria de Riveira”, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Fóra de Xogo, n.º 163, [mocidade], febreiro 2016, 131 pp. (ISBN: 978-84-9914-981-3). Amadeo Cobas (Noia, 1966) vertebra esta novela épica en oito capítulos que, á súa vez, se esgazan en breves escenas, cuxa historia está enfiada pola voz narrativa do seu personaxe principal. Malia non ofrecérense datos puntuais sobre o espazo e o tempo do discurso, múltiples referencias sitúan o lector na etapa remota da prehistoria. Zairo, o fillo de Tahiel e Antawara, acaba de abandonar a nenez ao participar cos montaraces homes do seu pobo na Gran Cacería, que lles daba alimento para os escuros e fríos meses de inverno. De regreso ninguén os recibe e contemplan abatidos a devastación do seu pobo, polo que inician unha nova cacería para vingar a terríbel matanza e conservar a súa estirpe co rescate de nenos e mulleres. Intúen que os artífices de semellante matanza son as sombras de Eztli, que se serven da secreta substancia do erere para fulminar os seus inimigos. Máis ala de buscaren alianzas fallidas, os perigos da viaxe increméntanse pola ambición de dous dos seus homes, Crótalo e Sphinx, que procuran o poder e o control do seu pobo. Nesta dura travesía tanto física coma interior, Zailo tamén está acompañado polo seu pai Tahiel, o xefe Pushaq e o menciñeiro Quesintuu, así como de Killari, a valente filla do xefe dos labradores, dos que recibe aprendizaxes e ánimo para afrontar os momentos máis difíciles de perda e loita para acadar a recuperación da nai e de súa irmá Wayna. Zailo consegue preservar a estirpe do seu

Page 16: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

pobo, no que agora as mulleres pasan a ser unha peza fundamental da súa organización. Aventuras, amor, cobiza, morte, ilusión... son forzas encontradas que se concitan na conversión de Zailo nun heroe plasmada nesta novela iniciática de marcado carácter cinematográfico, na que conviven tradicións ancestrais de diferentes culturas. So ten ilustrada a cuberta cunha fotomontaxe de Miguel A. Vigo que recrea unha pintura rupestre coa figura dun xinete no momento álxido da cacería, reflictindo a temática da novela. Recensións: - María Navarro, “Afouteza e responsabilidade”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 579, “Libros”, 14 abril 2016, p. IV/ La Opinión, “Saberes”, n.º 536, “Letras galegas”, 23 abril 2016, p. 10. Salienta que a obra foi a gañadora do V Premio Internacional de Novela Curta “Cidade Centenaria de Riveira” e fai unha pequena sinopse do mesmo, destacando que, a pesares de situar os acontecementos nun tempo pasado, a tensión entre os personaxes e a prosa áxil faina atractiva para o lectorado actual. - Eulalia Agrelo, “A cacería, de A. Cobas”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 18 setembro 2016, p. 4. Céntrase no comentario desta novela épica que cualifica como sen anotacións temporais e espaciais, pero que, a través do modus vivendi dos seus personaxes, se sitúa nas primeiras etapas da historia. Sinálase que esta contextualización resulta pouco frecuente na produción literaria infantil e xuvenil galega e que dela se serve Amadeo Cobas para recrear a viaxe física e íntima de Zairo, que terá que vingar o ataque sufrido polos homes e mulleres do seu pobo. Detalla outros elementos compositivos desta viaxe cara ás terras das sombras de Eztli que, amais de recoller a conversión do neno nun heroe, expresa a loita dos pobos pola salvación da súa identidade. Collazo López, Iria, A soidade das medusas, ilust. Luz Beloso, Vigo: Galaxia, col. Costa Oeste, [lectorado mozo], novembro 2016, 79 pp. (ISBN: 978-84-9151-019-2). Iria Collazo (Barro, 1981) ofrece seis relatos con eixo común a soidade, como sentimento que atrapa as vidas nalgún momento, e nos que explora temas universais da literatura e da arte, como o paso do tempo, a mirada do escritor perante os detalles, a morte, os mundos náufragos e a resiliencia. Co título de“Náufrago”, relátase a paranoia dun home preso nunha habitación e que, coa obsesión de saír de aí, accidentalmente lle cae un reloxo que malfire a un vello polo que varios axentes de policía irrumpen para detelo. En “Ave de paso”, Helga, unha muller en silla de rodas, asiste á morte da súa coidadora Begoña sen poder facer nada por axudala e tamén acaba ela morrendo, converténdose en ave. En “Protagonismo” Olivia Porto, unha prestixiosa pianista, enfróntase aos seus medos antes dun concerto. “Toc” é a historia en primeira persoa dunha moza que sofre un transtorno obsesivo compulsivo dende pequena cando matou sen querer unha vacaloura e a mestra lle pegou. O relato “O avó” presenta unha parella que agarda no hospital que o avó se recupere do accidente que sufriu indo coa súa neta pola rúa cando lle caeu un reloxo. Por último “Sweet child of mine” é a historia dunha

Page 17: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

nena, Eva Louro, que escapa con súa nai da casa e que a axuda cando é atacada pola Besta. Luz Beloso (Monforte) é autora tanto da cuberta como das seis ilustracións do interior en escala de grises. Todas son imaxes evocadoras que enmarcan momentos e sensacións da historia sen desvelar o seu contido, empregando técnica dixital cun trazo solto que ten un acabado moi pictórico. Beloso acentúa as luces e as sombras cunha estética moi cinematográfica e na cuberta xoga tamén coas tonalidades azuis que evocan o carácter ficcional do relato. Referencias varias: - Cuca M. Gómez, “Una tarde con La Patrulla Canina”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 27 novembro 2016, pp. 86-87. Informa da presentación do libro de Iria Collazo e destaca que contou coa presenza do editor Francisco Castro. Costas, Ledicia, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015, ilust. Andrés Meixide, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Fóra de xogo, n.º 165, [lectorado mozo e mocidade], xuño 2016, 240 pp. (ISBN: 978-84-9121-070-2). Ledicia Costas (Vigo, 1979), facendo uso de episodios históricos reais con escenas totalmente ficcionais, enfía esta novela na que o escritor francés Jules Verne se verá involucrado na resolución do misterio das mulleres planta coa axuda do inventor vigués Sanjurjo Badía, do grumete Pierre e da moza Violeta. Ambientada na cidade olívica no ano 1884, Verne chega accidentalmente no seu iate, o Saint Michel III. Alí tentará resolver o misterioso enigma das Mulleres Plantas, unha fantástica estirpe feminina híbrida, a medio camiño entre a especie humana e as plantas. Acompañado do grumete Pierre, chega á botica de Philipot, custodio do único exemplar dun libro secreto que trata de atopar a cura para a súa dona, a avoa Melisa, unha muller planta que está sufrindo a conversión en árbore e que debe ir a un bosque subterráneo nas Illas Cíes. Coa axuda de Sanjurjo Badía e o seu somerxible Merveilleux Nautilus conseguen levar a Melisa ao bosque das Illas Cíes, onde se atopan con Azucena, nai de Violeta e gardiá do bosque, quen fará todo o posible porque o secreto non vexa nunca a luz. Tanto a portada como as ilustracións que aparecen no interior do libro son obra de Andrés Meixide (Vigo, 1970) quen amosa un estilo menos caricaturesco que noutros traballos, axustándose a unha estética máis naturalista que trata de achegarse ao tempo histórico do relato con debuxos que recordan a ilustración máis documental dos tratados botánicos ou das cartas náuticas. A portada garda o aire lírico, máxico e misterioso que acompaña a historia. Recensións: - María Navarro, “Ben axeitada aventura”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 591, “Libros”, 7 xullo 2016, p. VI.

Page 18: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Salienta que Ledicia Costas vén de acadar o galardón do Premio Lazarillo-2015 de Creación Literaria con esta obra. Considera que se basea en datos históricos e que artella unha narración onde é difícil discernir entre realidade, ficción e fantasía. Destaca que a autora atrapa a atención do lector, pois incide en que queda cativado pola misteriosa temática do imaxinario colectivo e a maxia das palabras nas que se establece un xogo entre humanos e plantas, achegando á natureza calidades das persoas e aos individuos impresións xamais experimentadas, e no que ocorre unha especie de simbiose que abre a posibilidade a outras formas de vida. - Ramón Rozas, “Sempre Jules Verne”, Diario de Pontevedra/ El Progreso, “Táboa Redonda”, n.º 43, 10 xullo 2016, p. 5. Salienta que a escritora colle con firmeza o relevo da novela fantástica de Jules Verne nesta galardoada novela onde, a través dun fío condutor, se artellan, como nunha tea de araña, unha serie de acontecementos que van atrapando ao lector. Sinala que, aproveitándose da estraña e pouco coñecida visita do afamado escritor a Vigo, localiza a obra nesta cidade, dándolle especial relevancia ás illas Cíes que, tras a lectura, son vistas dende outra perspectiva, ao igual que sucedía coas obras de Verne. - Manuel Bragado, “O Verne vigués de Ledicia”, Faro de Vigo, “Opinión”, 20 setembro 2016, p. 28. Dá conta do argumento da novela, centrada en desenlear o enigma da segunda estancia de Verne na cidade de Vigo, tras sufrir na Coruña unha avaría na máquina de vapor. Indica que Ledicia reconstrúe nesta obra aquel Vigo primixenio e destaca que fai unha descrición de moitas das rúas e recunchos da cidade ofrecendo unha das mellores páxinas do Vigo literario. Referencias varias: - ELOS, “Premios Lazarillo 2015”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “Protagonistas eLIXidos”, 28 febreiro 2016, p. 6. Faise protagonista do comentario á escritora Leticia Costas por ter recibido o Premio Lazarillo de Creación Literaria con Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante. Coméntase que a obra será publicada este ano por Edicións Xerais de Galicia e recóllense comentarios dun dos membros do xurado. Destácase que esta novela, ambientada no século XIX, recrea unha das viaxes que Jules Verne fixo á cidade de Vigo en 1884, “seguindo o rastro das mulleres planta”. Tamén se citan creadoras vascas como Maite Gurrutxaga e Alaine Agirre, que acadaron o Premio de Álbum Ilustrado. - A. Baena, “Vigo é unha cidade moi literaria e aproveitei as visitas de Verne para escribir unha historia”, Atlántico Diario, “Vigo”, “Entrevista”, 6 xullo 2016, p. 15. Entrevista a Ledicia Costas, ao redor da súa última obra, na que rende homenaxe ao célebre escritor francés e á cidade natal da autora: Vigo. Relaciona estes dous elementos porque “é un personaxe emblemático da literatura universal”, o cal visitou a cidade dúas veces. Ademais conta que “temos que lle sacar máis partido á nosa cidade, porque

Page 19: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

temos moitas cousas das que presumir”. Indica que a autora estivo en Vigo asinando exemplares na Feira do Libro. - R. Nicolás, “Un libro con maxia”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “En Galego”, 22 xullo 2015, p. 10. Valora a brillante reconstrución do Vigo do século XIX, a homenaxe á memoria de Verne e a creación dunha estirpe fantástica feminina (“as mulleres planta”) como ingredientes enfeitizantes da nova novela de Ledicia Costas. - Concha Gómez, “Ledicia Costa novela el viaje de Julio Verne a Vigo”, Atlántico Diario, “Vigo”, 14 setembro 2016, p. 11. Coméntase o lugar, hora e asistentes á presentación desta obra. Preséntase un breve resumo do argumento, destacando a influencia de Vinte mil leguas baixo dos mares, na que se mesturan “fantasía e rigor histórico”. Faise un percorrido polas obras publicadas e polos premios galegos e nacionais que recibiu a autora, reflexionando sobre a importancia dos galardóns obtidos. - A. Nogueira, “Ledicia Costas. ʻEscribir en galego implica moitas renuncias, tamén unha conciencia”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 17 setembro, p. 39. Entrevista a Ledicia Costas arredor da publicación da súa última obra na que reflexiona sobre a escolla de escribir sobre mulleres, a importancia de Jules Verne e o interese por ambientar a novela no seu Vigo natal. Comenta a felicidade que experimentou despois de gañar o premio Lazarillo e o seu compromiso coa lingua galega. - Xosé C. Caneiro, “Veracidade”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Club Dandi”, “Letras”, “En galego”, 23 setembro 2016, p. 12. Salienta a riqueza de Costas como narradora e loa a calidade literaria de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta como novela que se substrae ás restricións do xénero. - Manuel Bragado, “Unha biblioteca para Navia”, Faro de Vigo, “Opinión”, “Campo de Granada”, 22 de novembro 2016, pp. 24-25. Dáse conta da presentación da obra na Librería Hobbit e das intervencións da autora e de Daniel Landesa, ambos veciños de Navia. Costas, Ledicia, Esmeraldina, a pequena defunta, ilust. Víctor Rivas, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Merlín, n.º 250, de 11 anos en diante, marzo 2016, 214 pp. (ISBN: 978-84-9914-999-8). Ledicia Costas (Vigo, 1979) por medio dun narrador en primeira persoa, a personaxe principal chamada Esmeraldina, conta as vivencias dunha pantasma despois de enfermar de escarlatina. A historia está dividida en quince capítulos máis un libro de receitas. Comeza no día da morte de Esmeraldina, quen vai descubrindo o tan distinto mundo dos mortos, o que eles coñecen como o Alén Mundo, grazas á compañía da súa amiga Lady Horreur. Pero esta nena non quere marchar a ese mundo, xa que se quere quedar no

Page 20: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

hotel no que vivía cos seus pais e a súa avoa. Eles traballan nas cociñas dese hotel, baixo o mando de Amancio, o tan indesexábel dono do hotel. Un xiro dos acontecementos fan que Esmeraldina (Escarlatina despois de morta) teña que enfrontarse a situacións e pantasmas cos que nunca pensara atoparse. Trátase dun libro de tapas brandas, no que predomina máis a escritura que as ilustracións, realizadas por Víctor Rivas (Vigo, 1965), quen usa cores escuras con predominio dos violetas, alaranxados e verdosos apagados. Rivas crea personaxes de estilo caricaturesco e estética vitoriana, con moito detalle na caracterización e na representación do vestiario. Nas últimas páxinas as follas toman unha estética de libro antigo para ofrecer as Receitas da Tremenda. Recensións: - María Navarro, “Esmeraldina volve”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 578, “Libros”, 7 abril 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 535, “Letras galegas”, 16 abril 2016, p. 10. Comenta a concepción da obra como unha “precuela” de Escarlatina, a cociñeira defunta que goza xa da atención do público mozo. Tamén fala brevemente do argumento, facendo fincapé nos puntos de converxencia e distanciamento da obra e a súa antecesora, salientando a representación da morte sen ningunha compoñente tráxica e a importancia da arte culinaria na concepción da novela. Dans, Raúl, Pauliño é un cabalo, ilust. Pedro Díaz Lorenzo, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Merlín, n.º 264, de 7 anos en diante, marzo 2016, 53 pp. (ISBN: 978-84- 9914-998-1). Obra fantástico-realista de Raúl Dans (A Coruña, 1964) na que un narrador omnisciente con diálogos dos propios personaxes conta a vida de Pauliño, un rapaz que quere ser un cabalo. Malia ser un cabalo, Pauliño ten que lavar a cara e os dentes, ir á escola e facer os deberes. Cando chegan as vacacións, como cada ano, Pauliño e a súa familia van á aldea onde vive a súa avoa. Un día, a veciña da súa avoa pregúntalle a Pauliño que quere ser de maior e este contesta que quere ser un cabalo salvaxe. Todo convencido, decide que non quere esperar a ser maior, que o quere ser xa; espera ao serán e sae pola fiestra cara ao monte para xuntarse cos cabalos salvaxes. A Pauliño éntralle a fame, ten frío e un pouco de medo. De repente os cabalos alértanse porque vén o lobo, pero resulta ser a familia de Pauliño que vai buscalo para que volva para casa. Contento de estar de volta, cre que pode esperar a ser maior para ser un cabalo libre e salvaxe. As ilustracións de Pedro Díaz Lorenzo (Santiago de Compostela, 1977) empregan cores saturadas e escuras a través da acuarela, deixando presente o grafismo do lapis co que ofrece máis movemento á imaxe. A personaxe protagonista representa o sentido da aventura, curiosidade e a motivación por aprender. Díaz Núñez, Celia, A boca do monte, Vigo: Editorial Galaxia, col. Costa Oeste, [lectorado mozo], abril 2016, 168 pp. (ISBN: 978-84-9865-688-6).

Page 21: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Celia Díaz Núñez (Páramo, 1961) nesta narración en terceira persoa omnisciente conta a vida das xentes de Galicia durante a ocupación do imperio romano, traendo consigo mortes, fame e escravitude. A avaricia do pobo romano polo ouro deriva na construción dun túnel empregando man de obra galega, afastándoos das súas terras e dos seus soños. Neste contexto xorde a historia de amor dos protagonistas Navia e Tureno, a cal se desenvolve nunhas circunstancias complicadas, xa que Tureno intenta escapar co pai de Navia en busca dun refuxio que remate coa escravitude do seu pobo. Neste intento de fuga, son detidos e levados a outra parte da montaña onde se está a construír o túnel que desviará o percorrido do Río Sil. Por outra banda, Caio Cornelio é o enxeñeiro e ideario do túnel co obxectivo de impresionar ao pai da súa amada para que o considere digno marido para a súa filla. Non obstante, terá que convencer primeiro a Traxano, emperador de Roma. Recensións: - Armando Requeixo, “O ouro da liberdade”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 938/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 938, “letras Atlánticas”, 19 xuño 2016, p. 32. Sinala o escaso número de obras da literatura galega que tratan a época da invasión do Imperio Romano e destaca a nova obra de Celia Díaz Núñez, xa recoñecida autora. Indica que a novela conta a historia dun poboado celta que intenta resistirse á invasión dos conquistadores. Explica que se pode considerar unha obra histórica e didáctica, na que se recollen feitos reais. incluso se inclúen certas aclaracións a pé de páxina; pero tamén se trata dunha novela de aventuras. Finalmente comenta que é unha reflexión sobre os mecanismos de conquista duns pobos a outros e como despois disto, conviven as dúas sociedades. - Estela Recouso, “Un repaso pola nosa historia”, Tempos Novos, n.º 235, ProTexta, “ProPostas”, decembro 2016, p. 80. Indícase que se trata da terceira achega da autora despois de Adeliña (2004) e Rugando (2012). Descríbese o argumento da obra que trata dúas historias de amor que transcorren na Gallaecia no tempo da romanización: por unha banda, unha parella de castrexos e, por outra, un home e unha muller romanos. Destácase que a historia transcorre entre Gallaecia e Roma e saliéntase a importancia desta achega no ámbito educativo, histórico e cultural. Duncan, Xosé, Negruña, ilust. Segismundo Rey, Santiago de Compostela: Urco Editora, col. Alcaian, [mocidade], maio 2016, 321 pp. (ISBN: 978-84-15699-87-3). Xosé Duncan (Rianxo, 1970) ao longo de catorce capítulos conta cun narrador omnisciente o acaecido na cidade da Coruña no século XXIV onde, dende unha perspectiva apocalíptica, se observan as consecuencias dos erros que se foron cometendo ao longo da historia: a polución acadou niveis imposíbeis de remediar con ceos contaminados onde a “escuridade se estende sobre escuridade”, os océanos resultan innavegábeis polo espesor das súas augas, a liberdade só reside nos contos dos avós, a moeda cambiouse por vales cos que obter alimentos, roupa e algo tan básico como os

Page 22: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

medicamentos. As cidades, dirixidas por gobernantes que só pensan nos seus propios intereses, organízanse en distritos onde a cidadanía teme que o seu fogar sexa clausurado ao non resultar produtivo para a economía do Concello. Esa clausura significa o exterminio dos seus habitantes, agás os que conseguen sobrevivir e resistir en condicións lamentábeis, os coñecidos como os “fillos do gas”, os cales buscan recuperar a liberdade que lles foi arrebatada da man da súa líder, Isabel. Isto vailles resultar complicado xa que a autoridade da época, os Controladores, restrinxen a liberdade da cidadanía, vixiando e controlando a quen incumpre o toque de queda e se atopa fóra do seu fogar cando se desconecta a rede eléctrica da cidade, a que non se volverá activar até as seis da mañá do día seguinte cando a xornada de traballo volve a comezar. A obra achégase ao xénero fantástico da man dunha dobre historia que narra a procura do poder, onde Rasputín e demais personaxes buscan o sangue ario e o poder dos elixidos, Gabriel e Morteia. As ilustracións de Segismundo Rey sitúanse ao principio dos capítulos onde o deseño se repite en tons escuros representando a cidade da Coruña e ao final de cada capítulo con tonalidades escuras (tons negros, grises e brancos) onde o deseño da composición representa escenas que reflicten a acción máis representativa do capítulo. Referencias varias: - Ángela Fontao, “Una semana para sumergirse en un mar de libros”, La Opinión, “A Coruña”, 19 abril 2016, p. 9. Entre as actividades do Día do Libro, informa da presentación desta novela. - Víctor Castro, “Xosé Duncan presenta mañana en la Capela de San Roque de Sada su novela ‘Negruña”, El Ideal Gallego, “Culleredo”, 2 xuño 2016, p. 16. Informa da presentación desta obra que mestura fantasía e ficción científica. - Ramón Nicolás, “Negruña”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Libros”, “En galego”, “Novidades”, 16 decembro 2016, p. 8. Sinala a progresión literaria de Xosé Duncan e destaca a recreación da cidade na trama. Destaca que a novela se sitúa dentro do xénero distópico. Fernández Paz, Agustín, A casa do medo, A Coruña: Edebé/ Rodeira, col. Periscopio, n.º 7, [lectorado mozo], setembro 2016, 130 pp. (ISBN: 978-84-8349-531-5). Obra narrativa de tendencia fantástico-realista de Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947- Vigo, 2016). A historia, narrada polo protagonista en primeira persoa e polos personaxes que van intervindo, conta unha aventura que sufriu o protagonista na súa xuventude, cando despois de quedar encerrado no que el chamaba a casa do medo, un pequeno alpendre, descobre unha porta subterránea en forma de estrela que o leva ao subsolo, onde se encontra con sete portas. Nese intre aparece unha nena de néboa que lle conta como pasar pola porta correcta. Ao traspasar a porta, chega a unha illa en forma de lúa, na que ten que buscar unha chave para regresar ao mundo real. Na illa faise amigo dunha meiga e da súa filla, que lle dan un par de obxectos para axudalo na

Page 23: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

busca da chave: unha fita para que lle guiara o camiño e unha pedra vermella que espantaba as serpes. Cóntanlle que a illa está dividida en dous polo río negro. A metade está habitada polo cidadáns e a outra metade, escura, polo señor das serpes. O señor das serpes ten os habitantes da illa como escravos e cada lúa chea teñen que deixarlle á beira do río alimento. Coa axuda dos obxectos da meiga, o protagonista consegue recuperar a chave e liberar ao pobo da tiranía do Señor das serpes. A chave permítelle regresar á vida real e desfacer o meigallo da nena de néboa. O protagonista e a nena de néboa cuxo nome é Branca, volven ao mundo real. Xa grande, o protagonista volta á súa casa en Valverde porque quere poñer o seu nome a un parque. Tras superar o shock da aventura vivida, grazas a psicólogos e a seus pais que o convenceron de que foi un soño por pasar na caseta catro días sen comer e beber. Encontra na casa dos seus defuntos pais un estoxo no que se atopa a fita que lle dera a meiga e unha noticia dunha nena, Branca, que reaparece desorientada despois dunha morea de tempo sen saber dela. Tras isto voltan á súa cabeza os recordos da xuventude en Valverde. Esta obra só ofrece un debuxo ao final da mesma realizado polo propio autor que amosa un mapa da illa de Lúa. A outra imaxe é a cuberta do libro, que procede do banco de imaxes Shutterstock, unha fotografía dun luminoso bosque de outono. Recensións: - Armando Requeixo, “Alén do medo”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 963/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 963, “letras Atlánticas”, 11 decembro 2016, p. 32. Preséntase esta obra póstuma do escritor Agustín Fernández Paz e publicada por Rodeira na colección Periscopio. Dise que contén características propias do autor, destacando a presenza de tradicións orais e homenaxes a outros autores ou a elementos autobiográficos. No que respecta á trama, coméntase que se trata da historia dun mozo que visita un lugar no que suceden cousas estrañas que o levará a outra dimensión, onde terá que vencer obstáculos para volver ao seu mundo. - María Navarro, “Todo un agasallo”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 608, “Libros”, 22 decembro 2016, p. VI. Comenta que esta novela mostra, do mesmo xeito que Aire negro ou Cartas de inverno, a temática do medo. Indica que a partir “da sinxeleza sintáctica e dun léxico que engaiola” a obra presenta a historia dun veciño de Valverde que lembra un incidente que vivira na vila e que leva ao lectorado a coñecer, entre outros, á nena da néboa ou ao Señor das Serpes, mostrando un mundo de soños que parece ser real. Ademais, saliéntase que “chama a atención do lector pola afouteza do mozo, polo enxeño que amosa, pola sensibilidade que manifesta e polo final amable e feliz”. - Eulalia Agrelo, “Retorna ʻA casa do medo”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 31 decembro 2016, p. 6. Con motivo da publicación desta obra, destácase que Agustín Fernández Paz comentaba que esta era a súa derradeira narración asentada nas claves do medo e do terror. Salienta que nela conflúen compoñentes discursivas de Cartas de inverno (1995), Tres pasos polo misterio (2004) e As fronteiras do medo (2012), un abano de textos cos que “soubo

Page 24: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

ensamblar con acerto os xeitos de contar de autores clásicos do xénero con aqueloutros de raizame popular para articular un mundo ficcional a base de referentes netamente galegos”. Indícase que se descobren moitos elementos recorrentes na escrita agustiniana, que artella un inframundo con forma de lúa crecente, que o mesmo Agustín bosquexou nunha das páxinas de peche, e que segue os esquemas dos contos marabillosos, nos que non faltan as arriscadas probas, os obxectos máxicos, os terribles opoñentes... nin tampouco o amor. Cualifícase como unha proposta recomendable para aqueles que desexen entrar no universo deste sempre mestre, cuxa creación literaria está destinada a ser imperecedoira. Referencias varias: - Jaureguizar, “Fernández Paz deixa unha obra inédita que sae á luz aos 4 meses da súa morte”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Cultura”, p. 53/ El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, “Literatura”, p. 42, 17 novembro 2016. Indica que se trata dunha novela de terror protagonizada por un artista que lembra cando hai moitos anos quedou atrapado na Casa do Medo, que resulta ser un portal a outra dimensión. Apunta que se divide en vinte breves capítulos titulados co escenario no que se desenvolven ou coa acción que sucede. Informa tamén que a presentación será no Colexio Fogar de Santa Margarita da Coruña con presenza de familiares do autor e outras personalidades vinculadas ás letras galegas. - Rodri García, “Agustín Fernández Paz volve ao seu colexio cunha novela póstuma”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 19 novembro 2016, p. 38. Faise eco da presentación desta obra no Fogar de Santa Margarida da Coruña, lugar onde Fernández Paz comezou a dar clases. Indícase que participaron alumnado, familiares, amigos e lectores do escritor, así como Isabel Soto, tradutora das súas obras. Coméntase que conta cunha prosa limpa e que parte dun relato previo titulado “A casa da bruxa”. Tamén se di que estiveron presenten a escritora Fina Casalderrey e a editora Chus Gómez e que o alumnado interpretará algúns temas musicais. - Marta García Márquez, “Era un rapaz que arrastraba”, Diario de Ferrol/ El Ideal Gallego, “Sociedad”, “Reportaxe”, 19 novembro 2016, p. 37. Dáse conta dunha nova homenaxe con motivo da presentación desta obra póstuma de Agustín Fernández Paz. Recórdanse anécdotas do escritor no centro Fogar de Santa Margarida da Coruña, onde comezou a dar clases. Recóllense declaracións dos asistentes ao acto que comezou co recitado de “O Mario”, de Curros e cunha peza de gaita de Raúl Galego ao que seguiron as palabras de Fina Casalderrey, quen destacou que el “se metía nos libros para fuxir do drama persoal”. _____, “Agustín metíase nos libros para fuxir do drama persoal”, El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, 19 novembro 2016, p. 46. Refírese ao acto de presentación desta novela no salón de actos do Fogar de Santa Margarita, na Coruña. Préstase especial interese ás declaracións de Fina Casalderrey quen dixo que temos o deber de espertar o gusto da literatura nos máis novos.

Page 25: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Ramón Nicolás, “A casa do medo”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “Galego”, “Adianto editorial”, “Novidades”, 25 novembro 2016, p. 16. Comenta que se trata dunha obra póstuma de Agustín Fernández Paz que “volve transitar polo universo do misterio e o descoñecido”. Fraga, Antonio Manuel, O capitán Maimiño, ilust. Manuel Cráneo, Vigo: Editorial Luis Vives/ Tambre, col. Ala Delta, n.º 29, a partir dos 8 anos, 2016, 108 pp. (ISBN: 978-84-9046-146-4). Relato de tendencia fantástica no que Antonio Manuel Fraga (Pontedeume, 1976) conta a través da voz dun personaxe, Dentebrú, o contacontos do rei Pousafoles V., a historia do capitán Mainiño quen lidera as tropas do reino debido ao valor que lle daba o seu dedo mainiño da man dereita, que tiña un gran tamaño. O capitán erguíase sempre buscando acción para as súas tropas, pedía ao seu rei organizar algunha conquista bélica, mais tamén se preocupaba pola educación do seu fillo e da súa filla, quería que Belleco fose un bo guerreiro e Chinchanamoca casara cun bo nobre e fose unha doncela. Mais aos nenos do reino non lles interesaba, pois o rapaz quería facer música co seu laúde e a nena tan só quería andar no bosque e enredar. A historia muda cando o capitán Mainiño esperta co seu dedo desprendido e, ao non ter xeito de unilo, cae nunha enorme tristura. Entón, os fillos buscaron algún método de arranxar o problema e atoparon a solución no bosque, coa axuda do anano Chuculú que conseguiu a alegría do capitán e tamén que fose capaz de comprender os gustos dos seus fillos. As ilustracións de Manuel Cráneo (A Coruña, 1973) son en branco e negro e aparecen para reforzar as ideas que se relatan. Recensións: - María Navarro, “Con ton desenfadado”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 586, “Libros”, 2 xuño 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 543, “Letras galegas”, 11 xuño 2016, p. 10. Destaca o ton desenfadado e divertido desta obra de Antonio Manuel Fraga. Deseguido comenta que a narración é moi atractiva para os máis pequenos porque transcorre no pasado tomando como referencia os contos de reis, pero tamén se achega ao presente. Salienta o interese que na infancia produce o feito de reunir contos do pasado cos actuais e amosa a importancia dos fíos invisíbeis que unen as dúas esferas. Apunta que a protagonista non quere ser educada como unha casadeira porque non lle encontra ningún proveito. Remata reflexionando sobre a trivialidade cotiá que se converte en motivo fundamental da vida cando están en xogo os afectos persoais e pon en valor que as opcións que foron elixidas na obra son amosadas correctamente polo decorrer dos acontecementos e o paso do tempo. Frías Conde, Xavier, Dadá, o amigo invisíbel, ilust. Silvia Novoa, Vigo: Editorial Galaxia, col. Árbore/ Galaxia, n.º 214, a partir dos 10 anos, 2016, 122 pp. (ISBN: 978-84-9151-023-9).

Page 26: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Obra narrativa de Xavier Frías Conde (Béjar, Salamanca, 1965) na que se narran as vacacións dun pai, Lino, e o seu fillo Nero, acompañados de Dadá, un amigo invisíbel que resultará ser de verdade. A viaxe comeza nun coche co que suben a un ferri en Venecia en dirección a illa de Corfú. Ao principio, o pai pensa que a existencia de Dadá é unha invención do seu fillo para sentirse seguro, pero ao longo da viaxe terán que enfrontarse a varias situacións incómodas das que sairán grazas a axuda do ser invisíbel, o que fai que o pai comece a crer que Dadá existe de verdade. Cóntalle todo a Miren, a psicóloga que atendera a Nero dende a morte da súa nai, que decide presentarse onda eles, pois de nena tiña unha amiga invisíbel e quería que Nero e Dadá a axudasen a comprender se era real ou non. Nese intre Dadá desaparece para sempre deixando unha nota na que se despide dicindo que Nero xa non o necesita e que Miren debe buscar a resposta ela soa. Cando xa están de volta, Lino descobre que un tal Dadá que atopara na rede investigando durante a viaxe lle respondera á mensaxe que lle enviara, despexando toda dúbida sobre a súa existencia. Só ten cor a imaxe da cuberta. As ilustracións de Silvia Novoa seguen una liña sinxela sen intención volumétrica. Os debuxos interiores recrean situacións importantes do texto nas que o protagonista está na compaña do seu amigo invisible. García Teijeiro, Antonio, Raiolas de sol, Vigo: Editorial Galaxia, col. Costa Oeste, [lectorado mozo], abril 2016, 83 pp. (ISBN: 978-84-9865-692-3). Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952) reflicte en catro relatos historias reais, que van precedidas de dedicatorias persoais. Os protagonistas son rapaces e rapazas adolescentes que describen momentos da súa vida persoal, coas dúbidas e medos que implican estes, así como a viveza e a paixón que supón esta etapa da vida. En cada relato, hai referencias literarias e musicais diversas. En “A figura” a moza protagonista conta en primeira persoa a súa obsesión pola figura dun home que ve no escaparate dunha tenda de antigüidades e como a resolve. En “Primavera”, un narrador en terceira persoa reflicte a relación especial que mantén Mariña, a moza protagonista, coa súa avoa dona Rosa, que sofre alzhéimer e acaba morrendo. En “Ser músico” o mozo protagonista en primeira persoa conta como se enfronta a seus pais porque quere ser músico e tocar o violín. Por último, en “Abril” a moza protagonista relata o amor que sentiu polo seu profesor Gonzalo e a súa idea para poder quedar a soas con el. Non ten ilustracións, mais a cuberta ten unha fotografía de Christine Langer-Pueschel/Shutterstock sobre un fondo do arco da vella que leva aos tempos da música do movemento hippie. A cor da contraportada inspira unha luminosidade e unha intensidade que se pode extrapolar ao contexto da obra. Recensións: - Vicente Araguas, “Agardando a raiola”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 955/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 955, “máis Libros”, 16 outubro 2016, p. 30. Coméntase a estrutura da obra de Antonio García Teijeiro, dividida en catro historias protagonizadas por adolescentes. Recoméndase a súa lectura “a todos aqueles que gusten da literatura para todos, para todos os que aprecien o ritmo lento nos relatos”.

Page 27: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Dise que as historias están conectadas por un fío invisíbel de esperanza, recordando o personaxe da primeira delas “o vello aquel do monólogo de Celso Emilio Ferreiro”. Referencias varias: - Ana Baena, “Eu escribo para tódalas idades; fago literatura a secas, para ser lida”, Atlántico Diario, “Vigo”, “Entrevista”, 5 xullo 2016, p. 9. Nesta entrevista Antonio García Teijeiro, con motivo da presentación da súa última obra, comenta que regresa á narrativa da man de catro contos ligados á literatura sentimental, incluíndo diálogos onde presta especial atención ao parecer da xente maior. Destaca que é coñecido máis ben polo xénero poético, pero que considera sentirse cómodo no relato curto aínda que sexa “un xénero complicado e difícil de desenvolver”. - R. Nicolás, “Un espazo no mundo”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “En galego”, 15 xullo 2016, p. 11. Salienta a determinante pegada da temática da adolescencia co abandono da infancia e a busca do espazo no mundo, como elementos confluentes nos relatos deste libro. Valora o seu diálogo coa literatura, especialmente con Celso Emilio Ferreiro, e coa música. García Vidal, Sonia, Sementes, ilust. da autora, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, [prelectorado e lectorado autónomo], 2016, [30] pp. (ISBN: 978-84-9121-139-6). Contén CD. Primeiro álbum escrito e ilustrado por Sonia García Vidal (Ribeira), no que ademais de escritora é tamén ilustradora. Principia coa presentación dun lugar no que está prohibido plantar sementes e onde a alimentación se produce unicamente a base de pílulas. En contra desta prohibición loita a nena protagonista (e narradora) da historia, transgredindo as ordes que obrigan a cubrir as terras a noite na que o Sementador se achega para cubrilas de sementes. Deste xeito, a historia convida a reflexionar a diferentes niveis sobre a importancia da natureza. As ilustracións, presentes en todas as páxinas empregan cores sinxelas (branco, negro e ocre), acompañan e complementan o texto. Emprega unha técnica de materiais naturais como mel, café ou grafito. O álbum conta tamén cun CD coa historia musicada a cargo de Álvaro Buxeiro. Graña, Bernardino, Tragaxán e Tragadiño, ilust. Patricia Castelao, Vigo: Editorial Galaxia, col, árbore/galaxia, serie laranxa, n.º 203, a partir dos 8 anos, 2016, 59 pp. (ISBN: 978-84-9865-696-1). Benardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932), neste conto de temática aventureira, narra en terceira persoa as historias particulares dunha familia algo especial. Estruturado en oito capítulos, cóntase a historia desta familia composta no seu comezo por dous membros, Xoán Guindán e a súa muller Carmela, e ampliada máis adiante coa chegada de Xan e despois do seu irmán pequeno Alberte, que son os verdadeiros protagonistas. Iníciase co nacemento de Xan e cóntase todo o que lle vai sucedendo na súa vida cotiá. Máis tarde, aparece Alberte, do que tamén se describen o seu nacemento e

Page 28: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

peculiaridades físicas: un neno gordiño, grande, comellón, moi vago e despreocupado, mentres que o seu irmán era todo o contrario, pequeno e inquedo, o que facía que seus pais sempre tiveran algún problema á hora de coidalo, xa que era demasiado pequeno e traste, escondíase e facía que todo o mundo se preocupase por el. Descríbense minuciosamente os problemas de Xan coa súa forma de ser e de actuar que no final do conto ten que axudar ao seu irmán nun momento complicado, cambiando para sempre a súa forma de ser. As ilustracións de Patricia Castelao (A Estrada, 1974) empregan cores planas, saturadas e escuras que representan pequenas escenas da historia, cubrindo unha páxina enteira. Emprega a escala de grises orientada a un cromatismo verdoso. Recensións: - Ánxela Gracián, “Contar ʻdelectare docendo”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 13 novembro 2016, p. 6. Despois de referirse á que denomina unha interesante achega de Bernardino Graña, comenta a obra Tragaxán e Tragadiño, da que destaca o deterse no xogo e a actividade física fronte á vida sedentaria das pantallas de ordenador e videoxogos, o bo comer, o amor pola natureza, a importancia da lectura, a descuberta de mundos a través da viaxe e a importancia dos afectos para superar a apatía vital. Ofrece trazos dos personaxes e relaciónaos coas tradicións e co pasado literario. Salienta que a lingua é rica en onomatopeas, xogos de palabras e convites ao lector para entrar e saír do relato a través do narrador implícito. Finaliza cualificando as ilustracións de Patricia Castelao de gran forza expresiva que contribúen a potenciar a frescura e a inxenuidade que todo o relato emana. Referencias varias: - Bernardino Graña, “Tragaxán e Tragadiño”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 2 xullo 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra. Guerra Cid, Mar, Norteáns, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Fóra de xogo, n.º 164, [mocidade], novembro 2016, 523 pp. (ISBN: 978-84-9121-069-6). Novela de corte histórico, de Mar Guerra (Madrid, 1963), que reconstrúe con minuciosidade a sociedade castrexa e que se abre cunha dedicatoria: “A Tone, suxeito paciente, determinante en grao superlativo. Meu amor amigo” e que inclúe na seguinte páxina dous mapas: o do mapa político e territorial de Galicia e norte de Portugal, en branco e negro, onde se sitúan principalmente as rexións Norteáns, Asturaos e Lusos; e o da Península Ibérica onde se inclúen Nola (A Garda), O Peirao (Porto) e Cartago a Nova (Cartaxena), lugares chave no decorrer da narrativa. A historia comeza cun capítulo inicial introdutorio que se desenvolve na época contemporánea, situando ao lectorado no castro de Santa Tegra durante unha expedición na que están á procura dunha sauna, un importante achado para a investigación. O resto dos capítulos desenvólvense no século I a.C cando durante a cerimonia de iniciación de Bris, fillo do

Page 29: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

rei de Nola e o derradeiro da liñaxe dos norteáns, Leta, a filla da tecelá, desafía as sagradas leis tentando espreitar o ritual que lle é prohibido ás mulleres. Ao tempo, Pruno, escravo liberto, funciona como guía político e leva aos argolados, escravos norteáns, a unha rebelión que provocará grandes mudanzas en Nola (Santa Tegra). Está estruturado en tres capítulos principais (alén do capítulo introdutorio), seguindo unha numeración romana. O primeiro deles é ‘A Rebelión dos Argolados’, o segundo é ‘A Guerrilla dos Torques’ e o terceiro é ‘Nola, lar dos novos’. Estes presentan ademais unha subdivisión interna (31 capítulos no total, sen contar o introdutorio), encabezados polo xeral co nome dunha persoa que presenta un papel relevante nesa parte da historia que é narrada por un narrador omnisciente, en terceira persoa, cunha arquitectura coral composta por unha pluralidade de voces. Mantén unha orde cronolóxica lineal, mais presentando por veces unha narrativa disruptiva, con flashbacks. A novela mostra a organización social, política, militar e familiar dos poboados castrexos, dos norteáns, abarcando temáticas como a loita entre clases sociais, os desafíos persoais, amor, paixón, ambición e vinganza. Péchase cun apartado final titulado “Nota da autora”, un espazo conformado por catro páxinas que Mar Guerra emprega para reflexionar sobre o proceso de elaboración do libro, onde indica as dificultades que atravesou para cinguirse o máis posíbel á realidade e crear unha novela verosímil, xustificando o contexto e achegando datos históricos, facendo fincapé na escasa información que existe na actualidade sobre a vida cotiá nun castro. Referencias varias: - Rodri García, “Mar Guerra. ʻEn Norteáns hay amor, odio, pasión y venganza, es un best seller a la castrexa”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 27 decembro 2016, p. 36. Indica que, tras unha gran documentación histórica, Mar Guerra escribe esta historia, onde os protagonistas son membros dunha sociedade castrexa, moi difícil de documentar. Conta como tivo que coñecer a cultura castrexa pero concordándoo con que na súa obra hai amor, odio, paixón, sexo e vinganza, elementos que complican máis se cabe a escritura deste “best seller”. Gulín Rodríguez, María José, O zapateiro e o raposo, ilust. Antía Barba Mariño, Santiago de Compostela: Ediciones Bolanda, [lectorado autónomo], 2016, [30] pp. (ISBN: 978-84-608-8388-3). Nesta narración fantástico-realista de María José Gulín (País Vasco), cóntase, a través dun narrador omnisciente, a historia dun neno chamado Xermán, que se dedica a facer zapatos para os animais do bosque, e a desaparición dunhas galiñas a causa dun raposo nas vilas de Aloia e Carballeda. Isto fai que os humanos comecen a tomar medidas para evitalo, facendo quendas para vixiar e poñendo trampas. O resto dos animais, preocupados pola situación, deciden intervir pola súa conta para atopar ao raposo e así poder falar e convencelo de que non pode seguir así, antes de que os humanos consigan o seu propósito, acabar con el. A reunión dos animais dá o seu froito: xuntos atopan unha situación pacífica e óptima para todos. A historia está contada en terceira persoa, a excepción dun pequeno diálogo entre diversos animais na reunión do bosque. As ilustracións de Antía Barba Mariño (Santiago de Compostela) caracterízanse porque teñen un gran dinamismo no trazo e unha forte expresividade na caracterización dos

Page 30: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

personaxes. Destaca sobre todo, o extenso catálogo de representacións de animais que se moven con formas gráciles e trazos simples. Con trazos simples e dinámicos, figuras de inspiración clásica, espazos que espertan a imaxinación, xogo de contrastes entre luces e sombras… a artista enche de vida a historia con imaxes enxeñosas elaboradas cun estilo moi persoal. Lado, María, Rosalía de Castro, ilust. Eva Agra, Santiago de Compostela: Urco Editora, col. Mulleres bravas da nosa historia, n.º 1, [lectorado autónomo], 2016, 36 pp. (ISBN: 978-84-15699-98-9). Primeira entrega da serie “Mulleres bravas da nosa historia” na que María Lado (Cee, 1979) conta a vida de Rosalía de Castro por medio dun narrador secundario, un lucecú que acompaña a protagonista. Relata o seu nacemento en Compostela; as múltiples mudanzas que realizou, tanto ela como a súa familia; como xa dende moi nova era moi culta e lida. Fala de como empezan a aparecer as coñecidas “sombras” na vida da prestixiosa autora, a primeira delas a morte de Eduarda Pondal. A segunda delas, no ano 1853, coñecido como o ano da fame. Nunha das súas mudanzas, neste caso a Madrid, coñece a Manuel Murguía, quen acabaría sendo o seu marido e co que tería sete fillos. O lucecú conta tamén a aparición de libros como Cantares Gallegos e tamén como se lle dedicaron as primeiras letras galegas, así como a posterior publicación de Follas Novas. Narra como Rosalía ordenou á súa filla queimar seus papeis inéditos, como “Negra Sombra”, obra destacada dentro da literatura galega. Por último, explica como metaforicamente tanto ela como Rosalía voan do seu cuarto até o mar no día da súa morte. Por último, ofrece unha cronoloxía da vida de Rosalía, así como unha serie de actividades: un poema oculto, palabras descolocadas, datas ocultas que hai que calcular e un barullo de letras. López Concepción, Marcos, Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro (escrita por un bolígrafo), ilust. Lidia Nokonoko, Vigo: Editorial Galaxia, col. árbore/galaxia, n.º 208, a partir de 12 anos, novembro 2016, 297 pp. (ISBN: 978-84-9151-013-0). Obra narrativa de Marcos López Concepción (Vigo, 1975) na que se contan os feitos que lles acontecen á pequena Pituxa, aos seus pais Doroteo e Teodora e aos amigos que fan. Pituxa é unha nena á que lle encanta o chocolate e que vive felizmente cos seus pais até que un día lle contan que xa non teñen traballo e que Don Calquera, director do banco, acaba de embargarlles a casa. Os tres teñen a sorte de coñecer a Doña Isaura, unha vella que os axuda cando os desafiuzan e que os acolle na súa casa (un vagón de tren abandoado). Cando xa están alí, un día Pituxa vai o baño e fai unha caca de ouro que a familia decide mercar a Filipiño, un especialista orfebre que os engana co verdadeiro valor do ouro e que tamén convence a Don Calquera para que a secostre e a meta no seu orfanato no que retén a nenos con talento que rouba aos seus pais. A policía bancaria mete a Pituxa no orfanato, onde descobre que Don Calquera ten unha máquina que absorbe os poderes dos nenos para transferilos a sí mesmo e deixalos a eles coma bebés. Pituxa e os seus amigos tentan fuxir sen éxito, a máquina estoupa e Filipiño aproveita para salvar os nenos por mor da culpa que sentía. Así, conseguen fuxir e chegar até o tren de Doña Isaura, que os pais de Pituxa arreglaran, permitindo así que todos os nenos, a familia e o propio Filipiño rematen con éxito a sua fuxida. As

Page 31: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

ilustracións de Lidia Nokonoko amosan acontecementos narrados ou personaxes con debuxos feitos a man e tendo o azul como única cor. López, Carlos, O lume contador de historias, ilust. Carole Hénaff, Vigo: Editorial Luis Vives/ Tambre, col. Ala Delta, n.º 32, a partir dos 10 anos, 2016, 123 pp. (ISBN: 978-84-9046-147-1). Nesta narración de aventuras de temática fantástica, Carlos López Gómez (1967) narra en terceira persoa a historia dun pequeno lume que nace dun raio que caeu na pola da arbore pamarandá (árbore ficticia). O lume ten desexos de descubrir mundo, mentres vai coñecendo diferentes personaxes que o axudan nas súas aventuras. Case todos os sucesos que acontecen son de natureza fantástica e cheos de humor, dende dragóns sen ás, países diminutos, ríos con conciencia propia, castelos que voan polo aire. Non obstante, durante a travesía comeza a esgotárselle a madeira de pamarandá e, sen ese tipo de madeira, do que só existe un único exemplar, non pode manterse vivo. Está estruturada en dúas partes: na primeira o lume tenta viaxar polo fascinante mundo e na segunda busca a única forma que ten de seguir con vida, atopar a árbore na que naceu para conseguir máis madeira da que alimentarse. Está ilustrado por Carole Hénaff (Orange-Francia, 1973) con imaxes en branco e negro que con simplicidade formal e predominio do negro sobre fondo branco semellan siluetas ou sombras chinesas, con reminiscencias orientais nos detalles vexetais, ao tempo que a forma é moi depurada. Gosta dos símbolos e as metáforas que complementan o relato e axudan a localizar os relatos nos diferentes contextos. A cuberta en cor alude á árbore da historia con profusión de elementos vexetais e outros que poboan as súas pólas. Recensións: - María Navarro, “Imaxinación sen cancelas”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 589, “Libros”, 23 xuño 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 546, “Letras galegas”, 2 xullo 2016, p. 10. Despois de destacar que Carlos López é xa un autor recoñecido, comenta a sorprendente imaxinación que exhibe nesta narración que crea sorpresa ou curiosidade na mocidade, xa que é capaz de atravesar a fronteira da realidade, buscando acubillo nos lindes da extravagancia e do disparate, saíndo fóra do que é habitual. Apunta que está composta por dezanove capítulos divididos en dúas partes que describe brevemente. Destaca a unión de relatos e contos, anécdotas e narracións a través da historia e remata cunha descrición dalgúns personaxes do libro que, xunto ao protagonista, van cosendo unha liña do tempo vital. Pon en valor a imaxinación e a ficción como un exercicio literario substancioso para quen escribe e quen le. López, Iago, O cociñeiro Martiño, ilust. de Marcus Romero, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Pequeno Merlín, [lectorado autónomo], xullo 2016, 32 pp. (ISBN: 978-84-9121-066-5). Neste álbum fantástico-realista de Iago López (Ourense, 1977) nárrase a historia do cociñeiro Martiño cando escoita a noticia de que están na procura dun cociñeiro para

Page 32: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

reis, raíñas, duques e duquesas. Martiño quere preparar un biscoito para levarllo ao rei, pero descobre que os ratos acabaron coas súas provisións. O cociñeiro senta na porta a chorar pola súa mala sorte. Entón, ao saber da súa desgraza, un pastor dálle un anaco de manteiga, unha granxeira ovos, un muiñeiro fariña, unha veciña azucre e unha panadeira fermento. Todos xuntos elaboran a sobremesa e inician o camiño cara ao castelo. Porén comen o biscoito polo camiño e chegan coas mans baleiras. Alí saben que o monarca sofre dor de estómago debido ao consumo de tantos doces, polo que o protagonista decide facerlle un caldo quente. Finalmente, o rei recupérase e Martiño convértese no cociñeiro real. As ilustracións de Macus Romero (A Coruña, 1984) completan en todo momento o texto. Logo dunha cuberta onde se presenta ao protagonista, Martiño, rodeado de seis mans dispostas a prestar axuda na cociña, sucédense unha contraportada de debuxos en liña branca cos ingredientes necesarios para facer un biscoito e despois os interiores debuxados a dobre páxina. As ilustracións, resoltas en dixital, son coloridas e enchen o espazo da folla. O xesto amósase contido e difuminado no tratamento dos personaxes, contrastando co trazo máis pronunciado e solto no traballo dos fondos e das paisaxes. Recensións: - María Navarro, “De sabor tradicional”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 597, “Libros”, 6 outubro 2016, p. VI/ La Opinión , “Saberes”, n.º 549, “Letras galegas”,15 outubro 2016, p. 10. Presenta o argumento desta obra destacando o personaxe principal, Martiño, e comenta que se trata dun conto acumulativo que “permite desenvolver a memoria, a comprensión e a expresión oral”. Destaca a posible utilidade para os lectores máis novos, xa que presenta diferentes valores como a cooperación, a solidariedade e a xenerosidade. Tamén salienta as imaxes “amables e tenras”. Referencias varias: - Marta Becerra, “La cultura ocupa cualquier lugar”, El Progreso, “Lugo”, “El despertador”, 4 decembro 2016, p. 12. Entre outras cuestións, informa que a librería Trama organizou unha actividade na que a nenez puido disfrutar de O cociñeiro Martiño, gracias ao contacontos Iago López en colaboración con Edicións Xerais. López, Xavier, Cancodrilo na granxa (ISBN: 978-84-944660-3-8)/ Cancodrilo pinta (ISBN: 978-84-944660-0-7)/ Cancodrilo na horta (ISBN: 978-84-944660-1-4)/ Cancodrilo vai á escola (ISBN: 978-84-942551-9-9), ilust. Javier Rey Feijoo e Silvia González Sánchez, Ourense: Ediciones Linteo, col. Cancodrilo, 2016, [25] pp. Nestes álbumes ilustrados o protagonista das historias é Cancodrilo, un crocodilo humanizado. Xabier López conta por medio dun narrador omnisciente as accións cotiás dos diferentes personaxes que presentan características físicas diferentes, como Ourizopicón, Adela ou Laura. En Cancodrilo na granxa o protagonista e os seus amigos

Page 33: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

coa axuda de Nico van ver todos os animais da granxa como as galiñas, o galo, os coellos, as ovellas, a cabra que perseguiu a Ourizopicón e as vacas. Cando chegan onde están as vacas, Nico cóntalles que dan leite e os amigos non saben como, porque imaxinan o leite xa envasado nas tendas. Nico ensínalles como se muxen as vacas e finalmente comen varios produtos extraídos da granxa, como as tortas feitas cos ovos das galiñas e o leite das vacas. En Cancodrilo pinta comezan pintando a súa casa coas cores primarias coa axuda dos seus amigos. Logo dun accidente coa escada entre Cancodrilo e Ourizopicón, mesturáronse as cores formando outras novas. Deste xeito puideron pintar a casa con máis variedade de cores. En Cancodrilo na horta o protagonista e os seus amigos aprenden a sementar na horta e que é un espantallo. Finalmente, cada un recolle as hortalizas que máis lles gustan e pásano moi ben. En Cancodrilo vai á escola, o protagonista comeza a escola ao día seguinte e ten que preparar a súa mochila. Cando xa está na cama, o seu amigo Ourizopicón chámao por teléfono porque está moi nervioso e non pode durmir. Cancodrilo dálle unha solución: ler un conto como el fai cada noite. Á mañá seguinte Cancodrilo prepárase moi cedo para poder coller o bus cos seus amigos, que van ledos todos xuntos á escola. As ilustracións de Javier Rey Feijoo e Silvia González Sánchez achegan un cancodrilo amábel, simpático que non ten dentes e non impón medo. As imaxes de Cancodrilo e os seus amigos están feitas con tintas planas, rodeadas dunha liña grosa de diferentes cores. Son unhas ilustracións divertidas con cores alegres e contrastadas. Loureiro, Ramón, A torre de Hércules. A lámpada do mundo, ilust. Antonio Seijas, ed. trilingüe, A Coruña: Editorial Trifolium, [lectorado autónomo], outubro 2016, 34 pp. (ISBN: 978-84-945654-2-7). Relato en edición trilingüe galego, castelán e inglés no que Ramón Loureiro (Fene, 1965), a través dun narrador en primeira persoa, conta a historia da Torre de Hércules, coñecida como a Lámpada do Mundo, facendo un repaso polos fitos máis importantes dende a súa construción en tempos do emperador Augusto no século I, aínda que cuestiona que se iniciase con Nerón e rematase no reinado de Vespasiano. Comenta que en tempos de Traxano xa estaba considerada unha marabilla do mundo e que guiou as naves cara ás Illas Británicas. Conta que na Idade Media se utilizou como fortaleza e que non foi até o século XVII cando se volveu empregar como faro. Por último, indica que aínda se pode ler que o seu arquitecto foi Caio Sevio Lupo e lembra como de pequeno se escapaba para contemplar como se acendía a lanterna. Acompáñase de ilustracións figurativas a cor sobre fondo branco de Antonio Seijas (Zaragoza, 1948), con predominio dos tons azuis e vermellos que representan escenas do narrado. Referencias varias: - R. L., “Presentan ʻA Lámpada do Mundoʼ a los pies del faro”, El Ideal Gallego, “A Coruña”, 30 decembro 2016, p. 11. Faise eco da presentación deste libro polo autor e o ilustrador. Dise que tenta “situar el monumento Patrimonio de la Humanidad en el centro de la literatura y arte del país”. Sinálase que se publica en galego, castelán e inglés e o seu eixo vertebrador é un relato.

Page 34: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Mallo, Patricia, Os Cabezombis na Mansión Espello, ilust. Perrilla, Vigo: Editorial Galaxia, col. árbore/galaxia, n.º 207, a partir dos 10 anos, 2016, 270 pp. (ISBN: 978-84-9865-727-2). Patricia Mallo (Vigo, 1985) conta, a través dunha terceira persoa, a aventura do protagonista, Nico, cando herda a casa do seu tío desaparecido, chega á mansión e se atopa cos Cabezombis. Queren mercarlle a casa para construír un centro comercial. El négase e comeza a investigar porque ninguén sabe nada de seu tío, que era un buscador de tesouros e pertencía a unha organización que busca tesouros ocultos arredor do mundo. Mentres fai esta descuberta, debe manter a salvo os Cabezombis para que ninguén o saiba. Mais son demasiado inquedos e algunha xente do pobo descúbreos. Chega un momento no que a presión é demasiada entre o comisario, que pensa que hai zombis na mansión, e o empresario que quere comprar a casa. Nico pensa en marchar do pobo para poñer a salvo aos Cabezombis. Durante toda a obra terá que ir descubrindo mensaxes que o seu tío tiña agochados na casa para poder atopalos. Perrilla (A Coruña, 1981) ilustra a portada e os interiores do libro cun estilo enérxico no que a liña de tinta negra se utiliza para crear contornos, dar volume e definir os personaxes e os escenarios cunha estética de aire gótico e caricaturesco. A ilustración da cuberta xoga con varias totalidades e no interior mantense o emprego da tinta negra acentuándose algúns detalles con cores rosadas. Martín, Paco, De paraugas, ilust. DNL, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Milmanda, n.º 121, setembro 2016, 145 pp. (ISBN: 978-84-9121-091-7). Paco Martín retoma a súa andaina literaria cunha obra artellada ao redor dun obxecto de uso común: o paraugas, que acolle oito relatos: “Inmemoriam”, “A volta do rodeo”, “Paraugas reguengo”, “Paraupark”, “O mensaxeiro de Clío”, “A procura”, “Mónica dos dous paraugas” e “Polo río”. Cada un deles principia cunha representativa fotografía de Daniel Puente Bello “DNL”, (A Coruña, 1974), na que os paraugas son os protagonistas, amosando un tenue adianto da historia que a segue. O volume compleméntase cun prólogo, a cargo de Xavier Senín no que reflexiona sobre a narrativa textual e a simboloxía do paraugas; un epílogo de Xavier Docampo, centrado na linguaxe visual, destacando o valor e poder da fotografía; e un texto, “A modo de exordio”, no que o propio Paco Martín explica a xénese da obra. Lendas, mitoloxía, realidade e imaxinación mestúranse nunha obra na que o príncipe OwainGlyndwr, o río Lethes, unha estraña desaparición e a Mazá da Discordia se mesturan coas películas de vaqueiros, con negocios absurdos ou coa cobiza humana. Fala dun paraugas herdado, que conta como un marido fabulaba coa guerra, dun paraugas western, que trata a obsesión dun home por este xénero de cine e dun paraugas reguengo, que achega auga a quen o necesita. Existen máis paraugas que aparecen con humor e retranca. Os paraugas protexen da chuvia, que pode ser a indiferenza, o esquecemento, os soños non cumpridos. A cuberta presenta unha fotografía a cor, na que un paraugas negro aberto parece inmóvil sobre o decorrer do río, sobre a forza da auga rompente que aquí semella unha pintura abstracta. Recensións:

Page 35: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Montse Pena Presas, “Obra singular”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º606, “Libros”, 8 decembro 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 559, “Letras galegas”, 17 decembro 2016, p. 10. Tras indicar a súa alegría ante un novo libro de Paco Martín, recorda que foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa obra Das cousas de Ramón Lamote. Describe a escrita do autor que está “chea da fantasía do real, ou capaz de introducir a cotidianidade na fantasía”, semellante a Cunqueiro, pero incluíndo crítica social e ironía. Indica que a nova obra é un conxunto de relatos onde se ven “maxia, realidade e un aquel de retranca” e na que resulta impresionante a construción e estilo, xa que son “contos para ser contados”, onde se observa a influencia da literatura oral e popular. Comenta que os relatos teñen en común un elemento, os paraugas, que se visualizan mediante as fotografías de Daniel Puente Bello e que conta con anécdotas e textos de Álvaro Cunqueiro, ademais o epílogo é de Xabier P. Docampo. Referencias varias: - R. L., “De paraugas”, Diario de Pontevedra/ El Progreso, “Táboa Redonda”, n.º 50, 25 setembro 2016, p. 6. Eloxia o diálogo que se crea no libro de Paco Martín entre imaxe e texto. Indica que en moitos destes relatos a relación entre a historia e a fotografía está presente dende o comezo, mais noutros este misterio non se resolve até o final da lectura. Ademais salienta o protagonismo dos paraugas no libro como “habitantes do país da chuvia”. - Jaureguizar, “Paco Martín. ʻOs paraugas din moito da xente, sobre todo se non chove”, El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, “Literatura”, 19 outubro 2016, p. 61. Refire que Paco Martín comezou a escribir estes relatos por unha situación vivida en Madrid que fixo que lle pedise ao fotógrafo Daniel Puente Bello fotografías con paraugas, para a partir delas facer varios relatos de xente con paraugas e tratalos como seres vivos con sentimentos. Mauricio, Enrique e Carlos Taboada, Un Ronsel de Ardora, ilust. dos autores, [Pontevedra]: Lela Edicións, col. Mulleres galegas, n.º 1, [prelectorado e lectorado autónomo], outubro 2016, 31 pp. (ISBN: 978-84-946043-0-0). Conto de Enrique Mauricio e Carlos Taboada no que a través dun narrador omnisciente relatan unha pequena biografía da científica Ángeles Alvariño en forma de historia que a propia protagonista recorda dende a súa infancia. Conta con pequenas actividades que o narrador propón, relacionadas coa ciencia. Está ilustrado polos propios autores semellando un caderno de notas dunha científica sobre a bioloxía mariña, a súa flora e fauna. As imaxes seguen un estilo gráfico moi sinxelo dirixido a un público infantil onde destaca o debuxo feito a rotulador negro coa cor da acuarela, saturada e empregando a gama de azuis que recordan o mar. Tanto as gardas do libro coma algunhas ilustracións aparecen cunha serie de animais e vexetais nos que se describen o seu nome científico, quen os descobriu e algún detalle importante a sinalar. O texto adáptase ás ilustracións.

Page 36: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Referencias varias: - Belén López, “Páxinas para Lela”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 9 outubro 2016, p. 10. Fala da creación dunha nova editorial, Lela, das mans dos contacontos “Polo Correo do Vento”, Quique Mauricio e Carlos Taboada, que abrirá coa primeira colección chamada “Mulleres galegas”; unha homenaxe ás mulleres que realizan actividades importantes, descoñecidas para moitos. Indica que a primeira entrega estará dedicada a Ángela Alvariño, a primeira muller oceanógrafa en actuar como científica nun barco de investigación británico. Fala tamén doutras figuras femininas coma Antonia Ferrín ou Rebeca Atienza que serán reflictidas nesta serie de libros. Para rematar explica que o título da editorial foi escollido coma homenaxe persoal de Carlos Taboada á súa avoa. - Cuca M. Gómez, “De cervecitas por Pontevedra”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 15 outubro 2016, p. 78. Dá conta da presentación desta obra na Casa das Campás de Pontevedra e sinala que o libro inaugura a editorial Lela. - C. N., “A herdanza científica de Ángeles Alvariño, recollida nun libro para nenos”, Diario de Pontevedra, “O Morrazo”, “Bueu”, “Cangas”, 23 outubro 2016, p. 20. Faise referencia á presentación deste libro no que Enrique Mauricio e Carlos Taboada, pertencentes ao colectivo Polo Correo do Vento, presentan a vida de Ángeles Mariño, unha científica galega que descubriu vinte e dúas especies mariñas e participou en varias expedicións. Saliéntase que as ilustracións son de moi boa calidade e que intenta achegarse á xente nova. - Belén López, “No último intre do Ano Castelao”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 19 decembro 2016, p. 7. Entre outras cousas, fai referencia ao primeiro volume publicado polo selo Lela enmarcado na colección “Mulleres galegas” e dedicado a Ángeles Vilariño. Misa, Iria, Xa non estou aquí, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Fóra de Xogo, n.º 167, [lectorado mozo], outubro 2016, 211 pp. (ISBN: 978-84-9121-103-7). Iria Misa (Gondomar, 1983) dedica esta obra “Para os meus pais, que me apagan a tele desde 1983” e a Ledicia Costas. Ao longo de vinte e seis capítulos titulados, enmarcados nun “Preámbulo” (ao que lle antecede un breve texto no que os termos “morte”, “dor” e “vida” anticipan algúns trazos da intriga da novela) e un “Epílogo,” o lectorado coñece os feitos que rodean a misteriosa desaparición de Ánxela, unha moza que repite primeiro de bacharelato e que no novo curso escolar abandona as amizades de sempre e entra en contacto cos Murnios, un grupo, formado por María, Carlos, Gabriel e os irmáns Leirós, cuxos hábitos, distintos aos doutros compañeiros, finalmente non

Page 37: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

darán en nada bo. Desde diferentes puntos de vista (o de Ánxela, pero tamén dende os dos seus pais ou, sobre todo, dende os dos Murnios) o lectorado é quen de configurar o crebacabezas que supón a estraña desaparición dunha rapaza, principal asunto da novela que trata a incomprensión familiar, a necesidade de pertencer a un grupo, a soidade, as drogas, a falta de personalidade, a autoestima, a aparente desgana dos máis novos, a necesidade de experiencias vitais de risco para saír do cotián, o amor, a fidelidade, a homosexualidade... Na cuberta do libro de Miguel A. Vigo funde imaxes nunha colaxe dixital: unha ruleta en primeiro plano, siluetas humanas no plano medio e un bosque de fondo polo que entra a luz na parte superior en tons ocres e laranxas. Recensións: - María Navarro, “Novidoso deliñamento”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 601, “Libros”, 3 novembro 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 554, “Letras galegas”, 12 novembro 2016, p. 10. Indica que esta obra trata sobre unha adolescente desaparecida e é contada en primeira persoa pola misma protagonista, aínda que concede a palabra a outros persoaxes facendo de cada un deles un protagonista coa súa propia historia. Destaca a técnica de in extrema res, xa que comeza polo final, a súa temática próxima e o premio recibido, o Jules Verne de Literatura Xuvenil. - Ramón Nicolás, “Que fai que unha moza queira fuxir?”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Libros”, “En Galego”, 11 novembro 2016, p. 16. Alude a que esta novela fala dunha adolescente desaparecida e trata diferentes temas da adolescencia: os medos, as inquedanzas, as perspectivas de futuro, as conxecturas… Indica que se caracteriza por ter unha gran intensidade emocional e por cuestionar as razóns polas que unha moza toma a difícil decisión de fuxir. Destaca que é a primeira obra da autora e que foi galardoada co Premio Jules Verne. Referencias varias: - Isabel Blanco, “Iria Misa. ʻCando escribes para adolescentes hai que ter claro que non podes adoutrinalos”, El Correo Gallego, “Entrevistas”, 5 agosto 2016, p. 19. Nesta entrevista a Iria Misa, con motivo da recepción do premio Jules Verne, afirma, entre outras cousas, que nos seus comezos a novela non estaba pensada para adolescentes pero, co paso do tempo, foi collendo forma e que tentou tratar temáticas que considera importantes para este colectivo, como poden ser a creación da identidade, a pertenza a un grupo, as inseguridades e outros problemas da idade, pero dunha forma amena e utilizando unha estrutura e linguaxe fácil de comprender polos seus destinatarios, os adolescentes a quen coñece polo seu exercicio como docente. - Neli Pillado, “Iria Misa Peralba. ʻA desaparición de Águeda hai dez anos impactoume moito e foi o xerme da novela”, Faro de Vigo, “Val Miñor”, 14 outubro 2016, p. 15.

Page 38: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Conversa con Iria Misa sobre a recente publicación da obra Xa non estou aquí na que fala sobre os seus proxectos e sobre a súa inspiración para escribir. Dá conta do argumento e menciona os feitos reais que ocorreron en Baiona e que son a orixe do libro. Achega información sobre o lugar, hora e asistentes á presentación do libro. - Lourdes Varela, “Iria Misa. ʻSe algo me gustaría, iso é ser quen de poder desenvolver un estilo de meu”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 602, 10 novembro 2016, p. V/ La Opinión, Saberes”, n.º 555, 19 novembro 2016, p. 10, “Entrevista”. Nesta entrevista á escritora Iria Misa, tras gañar a última edición do premio Jules Verne, fala de como tratan os medios de comunicación a desaparición de rapaces e rapazas e de como é a adolescencia hoxe en día comparándoa coa súa. Fai fincapé na “montaña rusa emocional” que esta supón xa que son os temas principais da súa obra. Refírese tamén a algúns dos autores e autoras que a inspiraron á hora de escribir, afirmando que, ao igual que Ledicia Costas, lle gustaría desenvolver un estilo de seu. Padullés, Estefanía, A canción do sol, ilust. da autora, A Coruña: Hércules de Ediciones, [prelectorado], 2016, [18] pp. (ISBN: 978-84-944396-4-3). Neste álbum, de Estefanía Padullés (Barcelona, 1978), a través dun narrador omnisciente, cóntase a historia de Perico, un galo que é o primeiro en espertar todos os días na súa granxa coa misión de cantar para que saia o sol. Un día queda durmido e o sol non sae. Os seus compañeiros da granxa bótanlle a culpa e Perico decide iniciar unha viaxe en busca do sol. Cando o atopa, decátase de que o sol non sae polo seu canto, senón que sae sempre, pero se hai nubes non o deixan ver. Polo tanto Perico xa non canta para chamar polo sol, senón para espertar os seus compañeiros. Nas ilustracións a autora combina as cores da acuarela, ceras e pinturas acrílicas e deixa que o fondo sexa protagonizado pola textura que ofrece o papel de acuarela. As diferentes escenas representan animais e paisaxes que son asiluetados con liña negra de rotulador, ofrecendo unha gran harmonía e ledicia ao acontecemento. Ofrece unha observación ao coidado e cariño aos animais e ao entorno natural, coma o mar e o medio rural. Emprega cores moi vivas, saturadas e alegres nas imaxes que cobran máis valor que o texto, destacando pola súa gran forza cromática. As ilustracións, dirixidas cara a un público infantil, pretenden concienciar no coidado e benestar da flora e a fauna. Recensións: - Inés Sánchez Díaz-Marta, “A tradición dos contos de sempre”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 14 agosto 2016, p. 6. Salienta que Estefanía Padullés volve a atreverse cun conto que ten moito que ver coa natureza, a importancia da autovaloración e a tradición dos contos de sempre. Recolle agora ese aire natural que xa emanaba de O desexo do gato Klops, optando por utilizar animais como personaxes principais, por levar a cabo ilustracións feitas a man e por inventar historias que nada teñen que ver coas tecnoloxías ou reminiscencias do mundo moderno, converténdose así nunha obra que esperta a tradición dos contos de sempre, onde o que realmente importa é a moral e o visual. Despois de contar a historia, comenta que nas ilustracións utiliza cores cálidas que recordan a amizade e a

Page 39: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

importancia da unión entre os personaxes, que moito admiran o labor do seu compañeiro o galo, son coloridas e axudan a crear un percorrido visualmente orixinal polas aventuras do galo Perico. Paz Limia, Jacobo, LobisHome, ilust. Olaya Naveira Souto, Santiago de Compostela: Ediciones Bolanda, [lectorado autónomo], 2016, 63 pp. (ISBN: 978-84-608-7446-1). Jacobo Paz Limia (A Coruña, 1979) presenta nesta obra a lenda do lobishome cunha estrutura de libro interactivo que é un conxunto de dezaseis historias nas que un narrador omnisciente fai que o lectorado viva unha experiencia única sendo el mesmo o protagonista e decidindo o final de cada páxina. Os sucesos dan comezo unha noite de lúa chea na que, estando de acampada, o lector esperta transformado en lobo e vai ir vivindo unha serie de aventuras, caracterizadas pola incógnita e o suspense, que van ser marcadas polas súas determinacións. Entre as tonalidades dos debuxos de Olaya Naveira Souto destacan as cores cálidas que escenifican episodios, na súa maioría fantásticos, as cubertas son duras e as ilustracións de toda a obra son de estilo figurativo e teñen continuidade. Referencias varias: - Mario Álvarez, “Jacobo Paz convida a unha revisión da lenda do lobishome”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 17 xuño 2016, p. 43. Faise alusión ao uso da figura do lobishome na cultura popular galega dende fai tempo: O lobo da xente, de Vicente Risco e a lenda de Romasanta. Indícase que “o éxito parece asegurado” pola figura do lobo e mais o feito de que o lectorado sexa o protagonista do libro. Tras describir o amplo e vistoso formato da creación, fálase da longa traxectoria do seu autor no mundo da escrita e no mundo do audiovisual até a actualidade. Noutra liña expóñense as palabras do escritor que de mozo non coñecía libros para primeiros lectores e na súa opinión “son unha boa opción para atraelos á lectura”. - J. J. Cid, “Jacobo Paz Limia. ʻLobishome permitirá ós cativos recuperar este personaxe da mitoloxía galega”, Atlántico Diario, p. 38/ La Región, p. 75, “Sociedad”, 1 xullo 2016. Nesta entrevista a Jacobo Paz Limia, con motivo da publicación da súa última obra infantil, destácase que o autor intenta atraer os cativos aos libros cun elemento do folclore, o lobishome. Opínase que as ilustracións da deseñadora Olaya Naveira dan á obra un valor engadido. E noutra liña, dise que a obra está pensada para os primeiros lectores, podendo compartir a lectura con toda a familia, converténdose nunha forma diferente de atraer a todo tipo de xente nova. Pérez, David, Todo o tempo do mundo, Premio Merlín de Literatura Infantil, ilust. Marcos Viso, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. merlín, n.º 257, 11 anos en diante, outubro 2016, 172 pp. (ISBN: 978-84-9121-102-0).

Page 40: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Esta obra de David Pérez (Ames, 1962), coa dedicatoria “Para Aida”, comeza cuns versos do escritor Uxío Novoneyra. Está estruturada en trinta e cinco trepidantes capítulos e narra, a través da voz da pequena Ariadna, unha historia que abrangue temas acerca da emigración, da familia, o cariño cara aos avós ou o apoio da xente nos momentos delicados. Ariadna é a protagonista absoluta da obra, onde se conta como o seu mundo dá un xiro radical, debido á marcha de seus pais a Canadá, na busca dunha vida mellor, e como é a súa vida agora que convive co seu avó paterno nun ambiente rural. Cando xa vía a súa vida encamiñada ao carón do seu avó, os seus deciden que é hora de que viaxe con eles ao país americano e comece unha nova vida alí. A pesar da dura distancia que os separa, Ariadna nunca esquece a seu avó, os momentos que viviron xuntos e todo o que aprendeu del. As ilustracións figurativas do debuxante ourensán Marcos Viso (Ourense, 1973), aínda que non estean presentes en todos os capítulos, reflicten os aspectos máis importantes do que está a relatar Ariadna, coma a primeira imaxe que tivo a primeira vez que viu ao seu avó, ou cando ambos estiveron pasando a tarde sentados nun palleiro. É un relato no que se amosa tristeza polo que non se usan cores vivas para os debuxos, senón que destacan as escuras e moitos deles son creados a man alzada. Recensións: - Bieito Iglesias, “O fío da meada”, Tempos Novos, n.º 234, “Días Soltos”, novembro 2016, p. 7. Faise referencia a que David Pérez Iglesias gañou o Premio Merlín con esta obra. Alúdese a que conta a historia dunha nena de pais emigrados que queda cos avós. Incídese en que a linguaxe da obra recrea as características léxicas e dialécticas propias da realidade. - Marta Neira, “Todo o tempo do mundoʼ: reivindicación do rural”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 31 decembro 2016, p. 6. Comeza recordando que foi a obra gañadora do Premio Merlín e que se trata dun escritor descoñecido na LIX galega, bo coñecedor, como amosa neste relato, do léxico, da antropoloxía, da mitoloxía, das lendas e da cultura do rural galego. Salienta que a novela está dedicada a Aida, que se inicia cunha cita de Novoneyra, á que lle segue unha carta dirixida a Ariadna, “Un camiño no bosque”, asinada por David e na que se comenta a importancia da escrita e se lle cede a voz á protagonista para que conte a súa historia. Logo describe o argumento e recorda que se achega á situación de moitas familias que na actualidade teñen que emigrar para poder sobrevivir, mais tamén á relación entre pais e fillos e, sobre todo, entre avós e netos. Así mesmo dise que é unha clara reivindicación do rural galego, que é abandonado pola xente e que se pon en contraposición co mundo moderno e urbano que en moitas ocasións renega das orixes. Destácanse das ilustracións figurativas que representan as situacións vividas por Ariadna e polo avó; pequenos detalles da narración ou escenas dende un ángulo cenital. Cualifícase como novela realista que bebe de fontes clásicas universais, ao tempo que se sitúa na liña de obras galegas que se achegaron ao tratamento do rural galego (neste caso dende unha ollada feminina).

Page 41: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Referencias varias: - Isabel Blanco, “David Pérez. ʻSería absurdo non pensar que hai máis libros que merecían este premio”, El Correo Gallego, “Entrevistas”, 13 xullo 2016, p. 18. Conversa con David Pérez por mor da súa última publicación na que sinala o argumento e temas principais da obra. Destaca o tratamento da crise económica, o paro e a emigración. Comenta que foi ideada para o público infantil, aínda que tivo unha boa acollida entre o público adulto. - M. G., “David Pérez presenta o seu libro ʻTodo o tempo do mundo”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 8 novembro 2016, p. 32. Informa da presentación desta obra na Casa da Cultura de Noia. Pinto&Chinto, Cámbiache o conto!, ilust. Pinto, Vigo: Editorial Galaxia, [lectorado autónomo], xullo 2016, 112 pp. (ISBN: 978-84-9121-073-3). Conxunto de contos tradicionais de tendencia fantástica, nos que se tratan temas como a astucia, o engano, a maldade, a avaricia, a amizade, a humildade, a envexa, a autoestima, a paciencia, as falsas aparencias, o arrepentimento e a ambición. Os seus autores David Pintor (A Coruña, 1975) e Carlos López (Boimorto, A Coruña, 1967), coñecidos co pseudónimo de Pinto&Chinto, por medio dun narrador omnisciente, en terceira persoa reescriben con humor vinte e cinco contos da transmisión oral e de H. C. Andersen máis coñecidos na cultura occidental, cambiando xeralmente o final da historia e mantendo os personaxes e o argumento. As ilustracións de David Pintor (A Coruña, 1975) que acompañan os relatos son figurativas, en clave de humor e retratan os personaxes principais de cada conto dun xeito moi caricaturesco. Gozan de moita expresividade e semellan estar en movemento debido ao emprego de trazos marcadamente sinuosos en tinta negra que se superpoñen ás masas de cor. Na cuberta aparece o debuxo dun neno deitado nunha cadeira e rindo a gargalladas. Atendendo ao debuxo da portada podemos adiviñar que o libro que ten entre mans é Cámbiache o conto!. A este guiño divertido súmase tamén o do título, en letra manuscrita e escrito ao revés. Ambos detalles constitúen unha cuberta directa e que funciona como declaración de intencións, prometendo deste xeito “darlle a volta” aos contos que se recollen e facelo ademais procurando o sorriso do lectorado. Recensións: - Ramón Nicolás, “Cando as cousas, e os contos, non son o que parecen”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Galego”, “Letras”, 5 agosto 2016, p. 11. Salienta que os autores desta obra tratan de maneira humorística e dinámica o método de instalarse no coñecemento previo das obras clásicas, O frautista de Hamelín, Carrapuchiña Vermella, Cincenta... , logrando o distanciamento para obter unha nova visión. Destaca que Pinto&Chinto logran atopar o oco preciso para advertir os antagonistas destas novas historias e deste xeito converter os finais. Por último destaca

Page 42: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

que non se recorda recreación cun listón tan alto, que consiga xerar preguntas e cuestionar as cousas promovendo a capacidade crítica sempre cun sorriso na boca. - María Navarro, “Concisión e brevidade”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 598, “Libros”, 13 outubro 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 551, “Letras galegas”, 22 outubro 2016, p. 10. Coméntase que os autores desta obra danlle unha volta a vinte e cinco contos clásicos “para causar sensación entre un público mozo que medrou con tópicos que agora se presentan tenramente dislocados”. Destácase a brevidade e a atemporalidade dos relatos, posto que se introducen aspectos da vida moderna. Indícase que o factor sorpresa “marabilla polo xiro dos acontecementos” e que se trata dun reto para os seus autores debido ao coñecemento dos textos tradicionais a través das versións cinematográficas. Referencias varias: - Héctor J. Porto, “David Pintor e Carlos López danlle unha reviravolta humorística aos relatos clásicos para os pequenos”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 1 agosto 2016, p. 27. Destaca que o libro esta composto por vinte e cinco contos e fábulas clásicas, moi coñecidas e con diferentes interpretacións. Explica que nesta obra se fai unha recreación libre e humorística dirixida a nenos de todas as idades. Remata incidindo no espírito que queren mostrar os autores que tratan de manter en todo momento o espírito do texto orixinal facendo especial énfase no único compoñente común entre todas as historias: o humor. Pis Marcos, Monserrat, Dos estranos ollos de Damaluar e das aventuras que lle sucederon o día que desapareceron as súas zapatillas, XIII premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez, ilust. Quico, Ourense: Deputación de Ourense, [lectorado autónomo], 2016, 119 pp (ISBN: 978-84-16643-00-4). Monserrat Pis Marcos (Santiago de Compostela, 1983) nesta obra, por medio dun narrador omnisciente en terceira persoa, dá a coñecer o ocorrido dende a mañá na que a protagonista da historia, Damaluar, unha moza desconcertante e sorprendente que sempre cubre medio rostro co seu longo cabelo escuro, un día esperta e non atopa as súas zapatillas de danza, de gran importancia para a protagonista porque sen elas non pode bailar. Pensando que estas lle foran arrebatadas por un mozo de pel branca e louro cabelo, que visitara o seu castelo, decide partir na súa busca para recuperar o que lle pertence. Durante a viaxe, atópase con infinidade de personaxes, moitos deles procedentes doutras historias fantásticas: Alicia, O mago de Oz ou Peter Pan, os cales lle son de axuda para atopar o mozo que buscaba. No remate da súa viaxe decátase de que as súas zapatillas non eran as culpables de que ela non soubera bailar, o que sucedía era que bailaba coa música equivocada. Os temas máis salientábeis son: o amor, a amizade, a valentía, a nostalxia e, sobre todo, a aventura. Inicia o libro un prólogo no que se presenta a historia (onde se dá a coñecer a Damaluar) e finaliza cun epílogo e unha coda. As ilustracións de Francisco Pérez Villanueva (Noia, 1975), Quico, representan os momentos máis significativos da historia da moza protagonista, que están cheos de realismo e infinidade de emocións, reflectidas nas faces dos personaxes.

Page 43: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

As tonalidades empregadas son suaves, aínda que se presentan moitas cores escuras, predominando os azuis, verdes e morados. Referencias varias: - Isabel Blanco, “Monserrat Pis. ‘Todavía no siento el valor suficiente para lanzarme a vivir sólo de la escritura”, El Correo Gallego, “Entrevistas”, 29 marzo 2016, p. 16. Entrevista á escritora Monserrat Pis onde destaca a emoción que sente por ser a gañadora da última edición do XIII Premio Pura e Dora Vázquez con esta obra e o empuxón que isto supón na súa traxectoria como escritora. Tamén fala brevemente do proceso de creación, da súa próxima publicación e da importancia da literatura no desenvolvemento dos máis novos. Ao remate destaca que aínda que ten moitos proxectos en mente, debe compaxinalos coa busca de emprego posto que non se sente co valor suficiente como para lanzarse a vivir de escritora. Pita, Charo, Oxalá estiveses aquí, ilust. Dani Padrón, Vigo: Editorial Galaxia, col. árbore/galaxia, serie azul, n.º 205, a partir dos 10 anos, xuño 2016, 120 pp. (ISBN: 978-84-9865-716-6). Esta obra de Charo Pita (A Coruña, 1966) estrutúrase en dezasete capítulos, todos titulados. Os encabezamentos proporcionan a clave dos capítulos, nos que se desenvolverá a idea enunciada. A historia está protagonizada por unha personaxe chamada Lebre, quen atopa no río da Pradería na que vive unha botella cunha mensaxe no seu interior. Desconcertada pide axuda aos seus amigos Abella, Cangrexo, Lagarta e Vento Norberto e estes dinlle que pode ser unha trampa. Entre todos conseguen sacar a mensaxe, a cal ten gravada a frase “Oxalá estiveses aquí”. A Lebre, asustada pero curiosa, decide internarse nas Terras do Alén, terras perigosas para atopar ao dono da mensaxe. O astuto animal vai en busca do propietario, atravesando múltiples perigos e aprendendo diversas leccións no seu camiño até chegar ás Terras do Alén e dar coa Tartaruga, dona da mensaxe. O propósito do animal era convidar a outros compañeiros a visitar o paraíso natural no que vive. A lebre, de acordo coa idea da tartaruga, fixo o mesmo ca ela, escribiu nunha folla “oxalá estiveses aquí”, meteuna na botella e deixouna ir polo río. Remata co regreso da lebre para narrar a historia aos seus fieis amigos. No final preséntase unha breve biografía da autora, da que se destaca o seu carácter de contacontos, relatos que narra a persoas de todas as ideas. As ilustracións de Dani Padrón (Ourense, 1983), un total de trece debuxos en cores frías, grises, negras e verdes pálidas, ocupan unha ou dúas páxinas e non achegan máis información aínda que axudan a seguir o relato. Personaliza a unha lebre na procura dunha aventura que nace a través dunha mensaxe nunha botella cun grafismo simple a lapis, empregando o rotulador para saturar as sombras a través da escala de grises. Vanse presentando ao longo do libro as diferentes etapas nas que se encontra a lebre, as paisaxes polas que se atopa, os detalles dos sentimientos que vai tendo e as accións que vai decidindo. Referencias varias:

Page 44: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- ECG, “Nueva narración de Charo Pita”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 6 xullo 2016, p. 36. Preséntase esta historia de aventuras e aprendizaxe protagonizada por animais e ilustrada. - Charo Pita, “Oxalá estiveses aquí”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 16 xullo 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra. Ripalda, Xosé Lois, O golfiño ceibe, ilust. do autor, Vigo: Ir Indo Edicións, col. Contacontos, n.º 46, máis de 10 anos, 2016, 150 pp. (ISBN: 978-8-47-680725-5). Xosé Lois Ripalda (Erbedeiro-Carballedo-Lugo 1940), por medio dun narrador omnisciente, narra a historia dun golfiño, Espelido, que despois de verse orfo e sen irmáns por culpa dos pescadores, trata de tomar vinganza disto e pretende demostrar con numerosas fazañas o ameazado que se atopa o mar polos Terreños. Vese envolto nunha gran cantidade de situacións de perigo das que sae san e salvo grazas aos consellos que lle dera súa nai e o Sabio dos Consellos, aos cales el escoitaba con gran atención. Ao longo desta aventura, que se desenvolve en dezasete capítulos titulados dando acenos sobre o contido, Espelido coñece a moitos amigos como Salamiña, Cabaciña e Coralina, unha golfiña da que se namora. Despois de conseguir o seu propósito, rematan a historia gozando xuntos das marabillas que esconde o mar. As ilustracións do propio autor empregan un grafismo a plumilla negra e acompañan ao texto no lateral esquerdo. Emprega cores saturadas e frías (que recordan ao mar) na cuberta do libro. As personaxes que representa son animais personalizados de apariencia alegre e infantil. Referencias varias: - Ana Baena, “Xosé Lois Ripalda. ‘A escolla das palabras é fundamental, busco a máis axeitada entre o falar da aldea”, Atlántico Diario, “Vigo”, 19 agosto 2016, p. 9. Nesta entrevista a Xosé Lois Ripalda con motivo da publicación da súa última obra, destaca a linguaxe coidada, a temática e a tintura reivindicativa da obra. Comenta que está baseada en feitos reais e que “é un canto ao amor e a loita pola liberdade”. Ríos, Eli, Marta e a píntega, Vigo: Editorial Galaxia, col. árbore/galaxia, serie azul, n.º 204, a partir dos 10 anos, xuño 2016, 126 pp. (ISBN: 978-84-9865-698-5). Conto fantástico de Eli Ríos (Londres, 1976) cun narrador omnisciente que conta as aventuras de Marta, unha nena de sete anos, que ao dicir as palabras “até que a lúa sexa triangular” se atopa cunha píntega que a transporta ao mundo dos contos por ser a Gardiá da Memoria. Unha vez alí Marta coñecerá a varios personaxes de contos clásicos como Branca de Neve, Carapuchiña e o lobo, Rapunzel, Gretel e moitos máis. Marta terá que reescribir as súas historias antes de que a lúa se converta en triángulo, senón os personaxes quedarán atrapados nos contos tradicionais para sempre. O relato vai

Page 45: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

acompañado dalgunhas ilustracións realizadas por Patricia Román (Ciudad Real), que presentan cores escuras, apagadas (tons marróns e verde escuro) que reflicten o que se vai contando no texto. Referencias varias: - Rodri García, “Eli Ríos. ‘A nova xeración de poetas somos fillas da rabia”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, 11 marzo 2016, p. 6. Entrevista á escritora Eli Ríos onde fala brevemente da publicación da súa nova novela, que define coma un conto infantil sobre a simpatía protagonizado polas recoñecíbeis princesas da tradición dos Grimm a través da fraga encantada de Cambre, de Wenceslao Fernández Flórez, O bosque animado. Tamén comenta a súa traxectoria como escritora, a importancia dos relatos que lle contaba o seu avó cando era pequena e a pertenza á que ela denomina a xeración das “fillas da rabia”, porque durante moito tempo tiveron que vivir encaixadas nun modelo de literatura e sociedade imposto e anticuado. - Ramón Nicolás, “Mundos máxicos”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “Galego”, 16 setembro 2016, p. 12. Valora positivamente a novela de Eli Ríos e salienta a reflexión realizada sobre as identificacións afectivas tomando como base a tradición do conto infantil. - Eli Ríos, “Marta e a píntega”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 23 xullo 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra. Sánchez Gálvez, Manuel, Maelström, Maelström, Vigo: Editorial Galaxia, col. Costa Oeste, [mocidade], xuño 2016, 100 pp. (ISBN: 978-84-9865-721-0). Manuel Sánchez Gálvez (Granada, 1974), nesta novela, que inicia coa dedicatoria a “Julia, Carlos e sobre todo a Gloria”, trata temas como as aspiracións na vida, a lealdade e a inmortalidade. Consta dun prólogo que introduce ao lectorado na aventura e un epílogo que aparece ao final do libro e que comeza cunha hipótese que resume o seu contido. Divídese en dezasete capítulos curtos nos que se narran historias que se desenvolven en Vigo, onde unha muller chamada Amanda, coa súa filla e cun traballo que ocupa a maior parte do seu tempo, decide mudarse a un ático. Alí encontra un diario escrito polo capitán Nemo, onde narra toda a súa vida, dende o ano 1868 até o 2014. A historia de Amanda basease no conflito constante entre querer pasar máis tempo coa súa filla a ter que pasalo no traballo. Nesta parte o narrador da obra é omnisciente. Pola contra na historia do capitán Nemo o narrador é unha primeira persoa e esta baséase na aventura vivida no seu barco Nautilus. Unha noite aparécelle ao capitán Nemo un ser estraño semellante ao polbo, denominado Maelström. Este estraño ser ofrécelle a posibilidade de converterse en inmortal, cambiar de identidade e permanecer por sempre nas memorias da xente, a cambio de entregarlle a súa embarcación, non poder afastarse nunca máis de Vigo e non poder volver ao mar. Cada vez que o capitán Nemo intenta incumprir algunha destas condicións, o Maelström aparece na súa cabeza producíndolle un gran malestar. Isto é así até que no ano 2014 o capitán, con outra identidade, vai

Page 46: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

camiñando pola rúa e comeza a xogar cunha nena pequena chamada Xiana, a filla de Amanda. Estes comezan a xogar coa estatua de Maelström que construíran diante da súa casa e, grazas á imaxinación da nena, o protagonista faille fronte ao medo que sentía por Maelström e deixa de escoitar o estraño ser, desfacendo dese xeito as condicións establecidas con este. Só ten ilustrada a cuberta cunha imaxe de Boris Popchinskiy/Shutterstock que amosa un vello capitán de barco en primeiro plano e un fondo mariño detrás. Recensións: - X. F., “Maelström, Maelström”, La Voz de Galicia, “Cultura”, “Para leer”, 12 xullo 2016, p. 37. Despois de destacar a gozosa presenza do capitán Nemo na ría de Vigo en Vinte mil leguas baixo os mares, comenta o partido que o autor tirou a esta obra no seu debut literario da que parte unha nova hipótese sobre o capitán Nemo. Expón a pertenza á literatura de aventuras así coma tamén outro clásico literario como é a inmortalidade, enunciando a alternancia da narración dos planos temporais cos espaciais de Vigo, cidade onde permanece o capitán segundo esta hipótese. Finalmente salienta que no ano pasado con esta obra o autor acadou un considerábel recoñecemento ao ser finalista no Premio de Novelas por Entregas e gañar o certame da Lonxa Literaria de Moaña. Referencias varias: - Isabel Blanco, “Manuel Sánchez Gálvez. ʻEscribir supuxo para min unha gran axuda en momentos difíciles”, El Correo Gallego, “Entrevistas”, 10 agosto 2016, p. 17. Entrevístase ao autor desta novela que mestura dúas historias, a do capitán Nemo e a dunha directiva dunha multinacional da industria naval de Vigo. Fala que a idea orixinal xurdiu vendo unha pintura de Urbano Lugrís. - Ramón Nicolás, “Suxestivo debut”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “En galego”, 26 agosto 2016, p. 13. Destaca a adopción da lingua galega polo autor, de orixe granadino. Comenta o argumento da novela, na que o achado dun diario do capitán Nemo resulta o eixe construtor dunha narración con claras reminiscencias a Verne. Saldoval Rey, Antonio, A árbore da escola, ilust. Emilio Urberuaga, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. Demademora, [lectorado autónomo], setembro 2016, [38] pp. (ISBN: 978-84-8464-259-6). Conto de Antonio Sandoval (A Coruña, 1967) que principia coas dedicatorias do autor (“A Ana, nai de Pedro”) e do ilustrador (“A Roberto de la Prida, amigo e compañeiro de patio”). Por medio dun narrador omnisciente conta a historia dunha árbore que vivía soa no patio dunha escola. Un día Pedro fixouse en que era moi delgada e tiña algunhas follas secas, polo que decidiu acariñala, e, ao ver que lle brotou unha folla, regouna e

Page 47: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

abrazouna. Á semana seguinte medrara tanto que Pedro comprendeu que aquela árbore precisaba moito agarimo para medrar e contoullelo aos seus compañeiros, que a coidaron moito e mesmo fixeron unha cabana entre as súas polas que a mestra decidiu empregar como biblioteca. Un día descubriron que a árbore tiña unha semente e nunha asemblea acordaron enviala a outra escola onde non houbese árbores. Alí pasou moito tempo sen que ninguén se fixase nela até que unha nena se decatou de que estaba moi delgada e tiña as follas secas. As ilustracións a toda a páxina de Emilio Urberuaga (Madrid, 1954) reflicten o texto e achegan unha representación dos personaxes e do contexto, que non aparecen descritos no texto. Caracterízanse polos seus trazos sinxelos e predominan nelas as cores vivas e cálidas. Recensións: - María Navarro, “Un fermoso texto”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 595, “Libros”, 22 setembro 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 548, “Letras galegas”, 8 outubro, p. 8. Salienta as expresións de empatía e amor á natureza que resultan tenras e saudábeis recollidas nesta obra. Comenta que o exemplar se basea na natureza, aclarando que esta se converte en protagonista ao longo da obra, facendo fincapé na importancia da educación ambiental, é dicir, na interacción entre a natureza e a sociedade para actuar sobre a contorna. Así mesmo, tamén destaca a relevancia do traballo colaborativo, sinalando importantes valores como a axuda e a necesidade de ser aceptado por un mesmo. Santalices, Verónica, Laura Iglesias e Federico Welicki, As andanzas de Paio, ilust. David Álvarez e Laura Iglesias, Vigo: Editorial Galaxia, col. árbore/galaxia, [lectorado autónomo], 2016, [30] pp. (ISBN: 978-84-9865-675-6). Contén CD. Nesta historia fantástico-realista de Verónica Santalices, Laura Iglesias e Federico Welicki, narrada en primeira persoa, na que a prosa narrativa do conto é acompañada por cancións escritas en verso, cóntase a historia de Paio, un teixugo viaxeiro que tras un ano de percorridos polo mundo chega ao seu fogar e lles describe aos seus amigos (un cadelo, unha vaca, un galo, dúas galiñas, un porco, un cabalo e unha ovella) as súas aventuras, acompañadas en todo momento por datos curiosos e por respecto ao medio ambiente. Remata cunha ficha técnica nomeando a todas as persoas participantes na realización da obra, incluídos os músicos que poñen melodía ao volume: Suso Feixón, Federico Welicki, Diego Pacheco, Darío Floccari, Adrián Solla, Verónica Santalices, Érika Welicki e Xacob Welicki. Inclúe un CD de audio coas cancións que acompañan o conto. As ilustracións de David Álvarez e Laura Iglesias ilustran a aventura do teixugo Paio e recordan o estilo cómic polo trazo e contorno das imaxes en liña negra, polo emprego de onomatopeas e diferentes formatos de texto (tipo caderno de notas, bocadillos etc). Combinan a técnica da pintura acrílica coas cores dos rotuladores, saturadas e alegres. Os personaxes son todos animais personalizados, cunha gran expresión humorística e de alegría. A simple imaxe segue o guión da historia, facendo o mesmo percorrido que o protagonista. No texto algunhas das palabras están engadidas cunha tipografía e cor diferente para atraer a atención da nenez e lles sexa máis doado lembrar cousas das diferentes culturas polas que viaxa o teixugo.

Page 48: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Referencias varias: - Verónica Santalices, Laura Iglesias e Federico Welicki, “As andanzas de Paio”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 30 abril 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra As andanzas de Paio, escrita por Verónica Santalices, Laura Iglesias e Federico Welicki. Solís, Fermín, Así é Santiago, ilust. do autor, Santiago de Compostela: El Patito Editorial, [prelectorado e lectorado autónomo], 2016, 52 pp. (ISBN: 978-84-945512-3-9). Con esta narración gráfica escrita e ilustrada, a modo de libro de viaxe, por Fermín Solís (Madroñera, 1972), réndese homenaxe a un gran debuxante checo, Miroslav Sasek, como expresa nas páxinas de créditos nunha dedicatoria ao artista. A temática principal é a capital galega, como indica o título, tratada de forma realista co apoio das ilustracións. Afastándose da habitual imaxe centrada no ámbito relixioso da cidade compostelá, Solís descríbea en terceira persoa, a ela e aos seus habitantes, dá o seu punto de vista e mesmo achega datos curiosos sobre os seus monumentos, parques, estatuas, museos ou lugares máis emblemáticos. Desta maneira, Santiago é descrita dun xeito útil para calquera visitante que pasee polas súas rúas. Nesta edición coidada pola editorial predominan as liñas puras e os planos de cores saturados e alegres nas ilustracións a través das que Fermín Solís nos achega á cidade de Santiago, aos seus monumentos, aos seus costumes, ás persoas que transitan nas rúas e aos seus recunchos peculiares. Viéitez Dani e Iria Iglesias, A maxia da horta (ISBN: 978-84-16456-33-8)/ O coidado do medio (ISBN: 978-84-16456-32-1), ilust. dos autores, Ferrol: Edicións Embora, col. O raposo Rufo, [prelectorado e lectorado autónomo], xullo 2016, [34] pp. Nestes dous contos de Dani Viéitez e Iria Iglesias un narrador omnisciente con varias reflexións dos personaxes conta o que lle acontece a Rufo, un raposo, e aos seus compañeiros en dúas situacións diferentes. En A maxia da horta Rufo está na súa horta collendo esterco para poñerllelo ás súas plantas e que medren moito cando aparece Silvina e o axuda. Rufo explícalle o que ten na súa horta e como a coida: valando ao redor para impedir a entrada dos animais, espantando as pulgas que entran dentro… Logo cando ven un invernadoiro, Rufo explícalle a Silvina o que é coa axuda de Manolo, un caracol que estaba alí. Finalmente Silvina e Rufo deciden comer e van a recoller á horta o que precisan para a comida e a sobremesa. En O coidado do medio a Rufo rómpelle a regadeira cando polo seu lado pasaban dous gatos, Valentín e Silvina, que ían pasear e o convidan para que vaian canda eles. Ao chegar a praia, ven que a area está chea de lixo e Valentín propón recoller antes de poñerse a xogar. Limpando, Silvina pregunta por que hai tantos colectores para o lixo e explícaselle para que serven e o que se debe tirar en cada un deles, fomentando a reciclaxe. Remata coa idea de Silvina de facer dunha xarra de auga unha nova regadeira para Rufo. As ilustracións dos propios autores son paratextuais, aparecen en todas as páxinas e están cheas de colorido que

Page 49: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

axudan a entender mellor a historia. Os personaxes están feitos con debuxos e xunto con eles hai varias viñetas nas que se explica mellor o tema a tratar. Viso Dopazo, Marcos, Vaite xa!, ilust. do autor, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Merliño, [prelectorado e lectorado autónomo], xaneiro 2016, [38] pp. (ISBN: 978-84-9914-964-6). Relato de Marcos Viso (Ourense, 1973) no que se tratan os temas do amor e a emigración. Nel, o pai dunha familia de osos vese obrigado a marchar en busca dun traballo mellor, xa que non se venden cenoiras abondas e non lle alcanza para manter a Osa e Osiña. A Oso dóelle na alma ter que deixar atrás á súa familia, pero non lle queda máis remedio. Ao principio da viaxe síntese moi apenado, pero, a medida que avanza na mesma, emprende esta nova etapa da súa vida con forzas e ilusión porque quere o mellor para a súa familia e non soporta a idea de que pasen penurias. Ilustrado polo autor, os debuxos correspóndense con figuras ben definidas, rodeadas de paisaxes que ilustran o que se está a narrar na historia. Ademais, ao comezo da mesma, empréganse moitas cores frías co obxectivo de remarcar a tristeza que envolve toda a historia, pero a medida que se avanza na trama empréganse máis cores cálidas, como son o amarelo, o vermello, o laranxa, etc., que amosan tamén a esperanza que vai inundando os personaxes. Referencias varias: - Marcos Viso Dopazo, “Vaite xa!”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 19 marzo 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento desta obra escrita e ilustrada por Marcos Viso Dopazo. Vila Sexto, Carlos, O enigma de Caronte, Vigo: Editorial Galaxia, col. Costa Oeste, [mocidade], febreiro 2016, 353 pp. (ISBN: 978-84-9865-674-9). Novela de intriga de Carlos Vila Sexto (A Coruña, 1977) que principia co seguinte paratexto a modo de dedicatoria “Para Vítor e Dani, que alumearon o meu camiño e deron nome á aventura”. A obra, narrada en terceira persoa, está estrutura en oito capítulos, un prólogo e un epílogo. Narra a aventura vivida por Dani e o seu grupo de amigos en Cabo Lázaro, durante o seu último verán xuntos, antes de que cada un deles tome un camiño diferente. Despois da misteriosa morte dun dos compañeiros de clase, deciden investigar o acontecido ante as sospeitas de que se trate dun asasinato. Pouco a pouco, van descubrindo que todo está relacionado cun tesouro agochado. A historia ten unha dupla vertente que vai dende avós a netos, deste xeito, o prólogo comeza no ano 1965 e o epílogo está asinado en 2015. O traballo en equipo e o valor da amizade son o fío condutor da novela. A fotomontaxe da cuberta deseñada por Hayat Husein amosa imaxes e obxectos que avanzan unha novela de misterios e morte. No interior o mapa debuxado por Roberto Vila Rodríguez desvela o cabo Lázaro e os sitios máis significativos da novela.

Page 50: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Recensións: - Francisco Martínez Bouzas, “Xogando a detectives”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 582, “Libros”, 5 maio 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 539, “Letras galegas”, 14 maio 2016, p. 10. Comenta que se trata dunha obra para todos os públicos pero que gozará especialmente o lectorado máis novo que lle dá prioridade ás lecturas cargadas de imaxinación e efectos fantásticos. Tamén se fan algunhas breves notas sobre o argumento e apunta que a principal falla da obra está en que é “un relato que nunca semella ter fin, de feitos fabulosos e pouco verosímiles”, aínda que tendo ao seu favor “a creación dun clima de intriga que tira do lector dende a primeira secuencia”. - Antía Monteagudo, “Amigos, verán e misterio”, Tempos Novos, n.º 230, ProTexta, “ProPostas”, xullo 2016, p. 85. Coméntase esta obra de Carlos Vila Sexto e alúdese a outras del, como Alén da aventura (Galaxia, 1991) e Gárgola (Galaxia, 1992), gañadoras do premio “Rúa Nova”, e tamén As sete mortes (Galaxia, 2009), gañadora do Premio Frei Martín Sarmiento en 2011. Sinálase que O enigma de Caronte constitúe unha obra de aventuras e intriga situada en Cabo Lázaro. Saliéntase que o argumento da mesma xira arredor dun grupo de amigos que investigan a morte dun dos seus compañeiros, destacando a influencia dos clásicos de aventuras e misterio, a presenza da compoñente fantástica e a pegada do filme, tanto no estilo e na perspectiva narrativa coma na estrutura dos capítulos. Critícase a caracterización prototípica do heroe á que responde o protagonista. Referencias varias: - Xosé Carlos Caneiro, “Autenticidade”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “Club dandi”, 8 abril 2016, p. 12. Comenta o talento creativo de Carlos Vila e a súa solidez como narrador. Destaca brevemente algúns detalles do argumento, como a busca dun tesouro, que recollen a liña temática da literatura de aventuras de Stevenson. Salienta a conexión instantánea do lector coa novela que recomenda para todos os públicos. - Mariluz Villar, “O enigma de Caronte”, La Región, “Opinión”, 24 abril 2016, p. 28. Salienta a mestría do escritor Carlos Vila na creación desta súa nova obra, unha novela con Galicia de fondo que recolle “una secuencia ininterrumpida de aventuras palpitantes que a los jóvenes apasionará y a los adultos les hará recuperar la juventud olvidada”. Indica que foi presentada no Liceo cunha grande afluencia de público. Xoán G., O Apalpador e o arco da vella, Cesuras (A Coruña): Editorial Biblos Clube de Lectores, [lectorado autónomo], 2016, [46 pp]. (ISBN: 978-84-15086-52-9). Neste álbum ilustrado de Xoán G. que conta cunha dedicatoria “A Xan, Roi e Antón e a todas as nenas e nenos galegos coa esperanza de que as súas vidas se escriban en futuro

Page 51: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

perfecto”, un narrador omnisciente advirte que esta historia pode ser certa ou non aínda que Conventina, a dona das augas quen lla contou, sempre di a verdade. Logo presenta ao protagonista Evaristo que vive no Courel e acostuma levar algunhas cousas a casa do Apalpador. Alí atópase cunha cadea dourada que lle chama a atención. Cando a mira sabe ben que facer e, coa axuda de Donadona, unha pomba branca, recolle sete pingas de auga no frasquiño procedentes das sete fontes, dos sete ríos, dos sete mares de Galicia (lugares que están sinalados no mapa da derradeira páxina do libro). Coas pingas no frasquiño o Apalpador pode crear arcos da vella e viaxar por todas as casas dos nenos deixando agasallos. Finalmente, o Apalpador, que non sabe que hai moita xente que o axuda coas súas pingas, chega a casa dando ás grazas a todos. As ilustracións do propio autor destacan sobre o texto polo emprego da xeometría, da acuarela sobre papel de acuarela deixando ver a súa textura, polas cores vivas e alegres, que representan o cromatismo do arco da vella.

Page 52: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.1.2. REEDICIÓNS COMENTADAS E FACSÍMILES. TEXTOS RECUPERADOS Fernández Paz, Agustín, O soño do Merlo Branco, ilust. Lucía Cobo, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Sopa de libros, n.º 61, a partir de 8 anos, novembro 2016, 144 pp. (ISBN: 978-84-9121-122-8). No ano 2000, Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947–Vigo, 2016) daba a coñecer o relato O soño do merlo branco, que era ilustrado por Manolo Uhía e se distribuía no mercado na colección “Montaña encantada” da editorial Everest Galicia. Neste ano 2016 reaparece da man de Edicións Xerais de Galicia que o incorpora á colección “Sopa de libros” cunha revisión textual, enriquecidos paratextos, unha nova división dos seus capítulos –pasa dos doce aos vinte e tres– e a inclusión dunha biobibliografía de Fernández Paz e unha entrevista realizada á súa nova ilustradora centrada no seu labor artístico, Lucía Cobo (Lugo, 1982), quen viu un soño cumprido ao poder iluminar este libro coa súa creatividade. A portada e os interiores defínense por recoller un debuxo detido e delicado de moito detalle, que xogan cunha estética por momentos máis ornamental e noutros máis poética e evocadora para complementar este relato de vida, aprendizaxe e canto á igualdade protagonizado pola merla Bulebule que pode consultarse no Informe de literatura 2000. Fernández Paz, Agustín, Cartas de inverno, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Fóra de xogo, n.º 6, [lectorado mozo], novembro 2016, 161 pp. (ISBN: 978-84-9121-115-0). Con motivo dos 100.000 exemplares vendidos de Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947-Vigo, 2016), Edicións Xerais de Galicia asumiu esta entrega conmemorativa para homenaxear a quen foi autor, compañeiro e amigo. Esta exitosa novela, que fora publicada orixinariamente en 1994 e que acadou o Premio Rañolas en 1995, xa fora actualizada á normativa vixente na súa décimo sétima edición (2003), para logo na vixésima (2007) ser remozada polo autor e incorporárselle un epílogo. Agora ve a luz a súa trixésimo quinta edición que inclúe un dos últimos textos revisados polo vilalbés, quen retocou o epílogo desta historia que aparece encadernada en flexibook e incorpora ilustracións orixinais de Antonio Seijas. A partir dun anuncio tomado das páxinas do xornal Faro de Vigo, da forte influencia de Os mitos de Cthulhu e da estrutura do xogo das matrioskas aplicado ás voces narrativas, Fernández Paz configurou este relato de terror psicolóxico cunha prosa cinematográfica, na que ensambla a cultura e a mitoloxía galega coa escrita de autores clásicos da literatura de terror como E. A. Poe, F. Kafka ou H. P. Lovecraft, sen esquecerse de enxalzar o valor da verdadeira amizade. A primeira edición de Cartas de inverno recolleuse no Informe de literatura 1995 e, posteriormente, apareceu no Informe de literatura 2007. Referencias varias: - Jaureguizar, “Cartas de inverno’ chegará a 100.000 exemplares cunha edición especial”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, p. 61/ El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, p. 48, 8 xuño 2016.

Page 53: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Indica que Manuel Bragado pretende acadar cen mil exemplares vendidos coa publicación desta nova edición da que presenta un breve resumo da novela e indica a voz narrativa empregada. - Ramón Rozas, “Benvido Culturgal!”, Diario de Pontevedra, “A vida nun fío”, 3 decembro 2016, contracuberta. Comenta a programación do Culturgal, que reúne a escritores, músicos, libreiros, poetas, actores, artistas plásticos… e salienta, entre as actividades, a presentación da reedición de Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz que conmemora os 100.000 exemplares vendidos - Ramón Nicolás, “Un clásico imprescindible”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Especial Nadal”, “Libros en galego”, 23 decembro 2016, p. 10. Valora o éxito e relevancia da novela que considera xa universal na literatura. Sinala que os seus cen mil exemplares e trixésimo quinta edición culminan este ano nunha edición especial conmemorativa por parte de Xerais que conta cun epílogo actualizado e ilustracións de Antonio Seijas. Rivas, Manuel, Bala perdida, ilust. Miguelanxo Prado, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Sopa de Libros, n.º 60, a partir dos 10 anos, xullo 2016, 152 pp. (ISBN: 978-84-9121-072-6). Reedición desta novela de Manuel Rivas (A Coruña, 1957), descrita no Informe de literatura 1996 que publicara Alfaguara na colección “Infantil” e que agora actualiza á normativa vixente Edicións Xerais de Galicia na súa colección “Sopa de Libros”. A través dun narrador en primeira persoa, narra en vinte e seis capítulos a historia de Bala Perdida, o derradeiro pirata do Atlántico, e Rosa, unha periodista moza que dirixe o Celtic News, un xornal que só contén noticias fermosas. Bala Perdida, que vive no seu barco Liberdade cos seus mariñeiros, decide ir buscar a Rosa, que se fai chamar Ganso Salvaxe, para mostrarlle un tesouro maldito gardado nunha cova que formaba parte das riquezas roubadas polos nazis aos prisioneiros nos campos de concentración. A intención de Bala Perdida é que a través da noticia do Celtic News os descendentes dos prisioneiros recuperen o tesouro, antes de que chegue a mans de Herr Doktor, o único supervivente coñecedor do tesouro. Este decátase e secuestra a Rosa que finalmente é salvada por Bala Perdida e os seus mariñeiros. As ilustracións desta nova edición mantén as realizadas por Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) para a primeira edición, quen deseña uns personaxes moi detallados nos que as emocións e os sentimentos afloran nos rostros. Os debuxos salpican as páxinas aportando información visual sobre a historia narrada. Referencias varias: - Ana Abelenda, “Unha de piratas e de boas ʻnews”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Libros”, “Para niños”, 16 decembro 2016, p. 13.

Page 54: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Dise que si tés 9 ou 12 anos podes gozar do xornal Celtic News que da man de Rosa Ribero, se incrusta na obra de Manuel Rivas que a editorial Xerais coas ilustracións de Miguelanxo Prado. A seguir, lémbranse datos da historia centrada no derradeiro pirata do Atlántico Norte e da súa tripulación, na cal se mesturan a tenrura e o humor. - Manuel Rivas, “Bala perdida”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 24 setembro 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra. Vila Sexto, Carlos, Alén da aventura, ilust. Roberto Vila Rodríguez, Vigo: Editorial Galaxia, col, árbore/galaxia, n.º 73, a partir de 10 anos, setembro 2016, 164 pp. (ISBN: 978-84-9865-638-1). Segunda edición na Editorial Galaxia desta obra de Carlos Vila Sexto (A Coruña, 1977) publicada por primeira vez no ano 1994 cun cambio de lectorado de 12 anos e para adultos aos 10 anos en diante. Trátase dun relato de aventuras, intriga e misterio narrado en primeira persoa co que o autor gañou o V Premio Rúa Nova de narracións xuvenís. O rapaz Edgar en compaña da súa irmá Dámaris e dos seus amigos Otto, Crispín y Samuel unha noite ven unha luz que encende e apaga na torre do reloxo. Semanas máis tarde descobren unha entrada segreda no soto da súa casa que comunica directamente coa torre. Xuntos deciden adentrarse para averiguar os segredos nocturnos que se ocultan nese pasadizo, onde realidade e fantasía se mesturan. Mantéñense tamén as ilustracións de Roberto Vila Rodríguez (Monforte de Lemos, 1941) quen ilustra este relato con debuxos xestuais, que acompañan a lectura dos diferentes capítulos, agora en marrón sepia e non en branco e negro da primeira edición. Neles intúense tanto a técnica como os soportes empregados. Na portada, escura e en aguadas de tinta negra e grises azulados queda evocado o misterio que acompañará o relato.

Page 55: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.1.3. ADAPTACIÓNS Broseta, Teresa (adapt.), Frankestein (Frankestein, 2016), ilust. Eva Sánchez, Ferrol: Edicións Embora, col. Mini Clásicos, n.º 7, [prelectorado e lectorado autónomo], novembro 2016, [22] pp. (ISBN: 978-84-16456-40-6). Adaptación de Teresa Broseta (Valencia, 1963) na que se conta, a través dun narrador en 3ª persoa, a historia de tendencia fantástico-realista de Vítor Frankenstein, escrita por Mary Shelley. Trátase dun mozo que entusiasmado pola ciencia dende neno chega a crear na súa época universitaria un ser monstruoso ao que consegue darlle vida e que o persegue e inflúe nel durante o resto da súa vida, chegando a matar a un dos seus tres irmáns, William, e á súa esposa Elizabeth (irmá adoptiva de Vítor) na noite da voda. A obra permite aborda temas como o medo ou a maldade. Nas ilustracións Eva Sánchez (Girona, 1986) combina o trazo do grafito coa acuarela e emprega cores saturadas e frías en escenas moi expresivas, encamiñadas cara a un público máis xuvenil. As imaxes destacan sobre o texto. Carroll, Lewis, As aventuras de Alicia no país das marabillas (Alice’s Adventures in Wonderland, Macmillan Publishers, 1907), trad. Rafa Salgueiro, ilust. Sir John Tenniel, Madrid: Lata de Sal, col. Vintage, [lectorado autónomo], 2016, 128 pp. (ISBN: 978-84-944343-5-8). Tradución de Rafa Salgueiro desta adaptación da historia orixinal de Lewis Carroll (Daresbury, Cheshire, 1832-Guildford, 1898), As aventuras de Alicia no país das marabillas, publicada por primeira vez en 1907 e dirixida á infancia. O texto representa unha sexta parte da extensión da obra orixinal, aínda que inclúe todos os famosos personaxes e escenas desta, tal como se explica nunha breve nota introdutoria. Tamén se sinala que foron as técnicas de imprenta modernas as que permitiron a inicios do século XX esta edición en pequeno formato e a súa venda a prezo popular, así como a diferenza entre esta edición de 1907, que presenta a imaxe de Alicia cun vestido vermello por primeira e única vez nas ilustracións de John Tenniel (Londres, 1820-1914), mentres que é nunha edición de 1903 na que aparece Alicia cun vestido azul, como logo sería sempre representada. Esta nota dá paso á reprodución do texto, que se combina con ilustracións nalgunhas páxinas pares ou impares, segundo avanzan as vivencias da protagonista no mundo dos soños, onde se atopa con personaxes como o Coello Branco, o Rato, o Dodo, a Duquesa, a Raíña....até que finalmente esperta. Cortés, Jesús (adapt.), A illa do tesouro (L'illa del tresor, 2015), ilust. Óscar T. Pérez, Ferrol: Edicións Embora, col. Mini Clásicos, n.º 4, [prelectorado e lectorado autónomo], novembro 2016, [22] pp. (ISBN: 978-84-16456-37-6). Jesús Cortés (Nascut a Torrent, 1962) adapta a obra de Robert L. Stevenson na que un narrador omnisciente narra a historia de Jim Hawkins, un neno taberneiro que se ve envolto nunha aventura ao redor do mapa dun tesouro. Xunto con Sr. John e o médico da vila acordan ir na procura del, uníndoselles na viaxe tres piratas que se fan pasar por mariñeiros e os queren enganar para quedarse co tesouro. Ao chegar á illa que indica o mapa, Jim esconde o navío no que viaxan e vai na procura do tesouro. Finalmente Sr. John e o médico dan co punto sinalado e fanse co tesouro. Xuntos conseguen volver

Page 56: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

sans e salvos escapando dos piratas. As ilustracións de Óscar Pérez combínanse coa letra achegando datos dos personaxes e dos lugares que percorren. Son a toda páxina e a súa cor atrae a atención do lectorado. Cortés, Jesús (adapt.), A volta ao mundo en 80 días (La volta al món en 80 dies, 2016), ilust. Laura Pérez Granell, Ferrol: Edicións Embora, col. Mini Clásicos, n.º 9, [prelectorado e lectorado autónomo], novembro 2016, [22] pp. (ISBN: 978-84-16456-42-0). Adaptación de Jesús Cortes (Nascut a Torrent, 1962) da obra La volta al món en 80 dies de Jules Verne (Nantes, Francia, 1828-1905) na que un narrador omnisciente conta as aventuras que lle acontencen a Phileas Fogg e ao seu criado Passepartout. Fogg aposta cos seus amigos que é capaz de dar a volta ao mundo en oitenta días. Comeza a viaxe dende Londres, atravesa Francia e Italia, chegan ao porto exipcio de Suez. Alí un detective británico confunde a Fogg cun ladrón que roubara no Banco Británico e vai intentar capturalo. Dende ese porto embarca cara á India, colle un tren a Calcuta. Ao chegar a Calcuta deciden salvar a unha moza que os acompaña. Dende aí van cara a Hong-Kong, Xapón e Estados Unidos. Mentres cruzaban o océano Pacífico, a moza e Fogg namoran. Ao chegar a San Francisco, collen un tren dirección Nova York e no medio do traxecto son atacados polos indios. En Nova York o detective Fix arresta a Fogg e, cando ven que é un erro, déixano en liberdade. Malia este contratempo, poden chegar no prazo estimado a Londres e gañar a aposta. As ilustracións de Laura Pérez Granell (Valencia, 1983) son realistas e representan as emocións dos personaxes. Emprega o trazo do lapis tanto para a silueta como para o volume con cores vivas e alegres proporcionadas pola pintura acrílica. Todos os planos son xerais e destaca a imaxe sobre o texto. Fluixá, Josep Antoni (adapt.), O mozo rei Artur (El jove rei Artús, 2015), ilust. Teresa Ramos, Ferrol: Edicións Embora, col. Mini Clásicos, n.º 6, [prelectorado e lectorado autónomo], novembro 2016, [22] pp. (ISBN: 978-84-16456-39-0). Adaptación para a infancia desta obra anónima feita por Josep Antoni Fluixá (Alzira, 1959) á lingua catalá, da que foi traducida á lingua galega polo equipo editorial de Edicións Embora. Trátase da historia do mago Merlín e a vida do herdeiro ao trono, Artur, fillo dos reis de Inglaterra, quen quedara orfo de moi pequeno. Para protexelo, das loitas sucesorias, Merlín lévao a un castelo onde convive con Kay, que se converte no irmán maior. Cando Artur medra, Merlín dá a coñecer a Artur como futuro rei, enxeñando unha proba na que o cabaleiro que fose quen de sacar a espada da pedra da praza da cidade de Camelot sería o rei. Kay presentouse con Artur como escudeiro, topándose con Lanzarote e Xenebra. Na batalla entre Kay e Lanzarote, Artur decide coller a espada da pedra para axudar ao seu irmán e Merlín explícalle a toda a xente que Artur era o fillo dos reis e o verdadeiro herdeiro da coroa. Artur reina coa axuda de Kay e Lanzarote e casa con Xenebra. O relato está ilustrado por Teresa Ramos quen recrea con composicións moi dinámicas as escenas e axudan a definir perfectamente a cada personaxe.

Page 57: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Fluixá, Josep Antoni (adapt.), Don Quixote da Mancha (Don Quixot, 2016), ilust. Sebastiá Serra, Ferrol: Edicións Embora, col. Mini Clásicos, n.º 2, [prelectorado e lectorado autónomo], novembro 2016, [22] pp. (ISBN: 978-84-16456-35-2). Adaptación para a infancia da obra de Miguel de Cervantes El Quijote feita por Josep Antoni Fluixá (Alzira, 1959) á lingua catalá, da que foi traducida á lingua galega polo equipo editorial de Edicións Embora. Selecciónanse algunas das pasaxes máis representativas deste clásico universal, como a afección do cabaleiro manchego á lectura, as súas primeiras visións fantasiosas da realidade ou o enfrontamento cos muíños, co rabaño de ovellas, a liberación do reino de Micomicona ou o encontro cos duques e a viaxe a Barcelona, que remata coa morte do protagonista. Seguindo a disposición de toda a colección, o texto aparece na parte superior das páxinas pares, mentres nas impares se recrean escenas do narrado a través dos debuxos figurativos de Sebastiá Serra, de marcado ton infantil, coloristas e de grande expresividade, que axudan a que o lectorado esperado sitúe as aventuras nun ambiente e época fieis á obra cervantina, con xogos de cromatismos que crean a sensación de profundidade e texturas. O libro está ilustrado por Sebastiá Serra que recrea con composicións moi dinámicas as escenas divertidas de Sancho e Don Quixote e que resultan máis fáciles de seguir polos cativos. As cores son moi alegres e o estilo estilizado dos personaxes non deixa de presentar información complementaria a esta historia condensada do clásico. Lluch, Enric (adapt.), Titiritante o Branco (Titiritant lo Blanc, 2016), ilust. Anna Clariana, Ferrol: Edicións Embora, col. Mini Clásicos, n.º 8, [prelectorado e lectorado autónomo], novembro 2016, [22] pp. (ISBN: 978-84-16456-41-3). Adaptación para a infancia da obra de Joanot Martonell (1413-1468), adaptada polo escritor Enric Lluch (Algemesí, 1949), na que un narrador omnisciente, coa axuda dos diálogos das personaxes, conta as aventuras do cabaleiro Tirante o Branco. A historia comeza co encontro de Tirante e un ancián sabio que lle explica como debe ser un bo cabaleiro. O protagonista quere viaxar a Londres para cumprir o seu desexo. Consegue ser nomeado cabaleiro e recibe unha espada, un cabalo e unha armadura branca. Debe enfrontarse a distintas situacións das que sempre sae vitorioso e o rei de Inglaterra declárao o mellor cabaleiro do mundo. Despois viaxa a Francia e decide ir a axudar e salvar, xunto co príncipe, a Illa de Rodas. Na de Sicilia, o príncipe namora de Ricomana, filla do rei. Os príncipes deciden casar e Tirante retoma a viaxe e derrota os inimigos de Rodas. O cabaleiro volve a Sicilia, asiste á voda do príncipe de Francia e Ricomana e coñece que o emperador de Constantinopla require axuda e parte de novo de viaxe. O emperador noméao capitán imperial e no palacio coñece a filla do emperador, Carmesina, da que queda namorado. Despois de vencer os inimigos, regresa e Plaedermina, amiga da princesa, axúdao, pero a Viúva Repousada consegue impedir o encontro. Tirante embarca cara África e Plaedermina, en segredo, vai no mesmo barco, é descuberta e coméntalle que Carmesina tamén está namorada del. Unha tormenta afunde a nave, pero conseguen salvarse, regresan a Constantinopla e finalmente Tirante morre e Carmesina falece de amor. As ilustracións de Anna Clariana (Barcelona,1970) feitas de xeito dixital combinan a técnica do aerógrafo, para dar volume á roupa dos personaxes e darlle máis elegancia; e tamén para os fondos. Nalgunhas escenas empregan o deseño floral, tanto para a roupa como para os fondos. Destacan as cores vivas e saturadas mediante a pintura acrílica.

Page 58: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Lluch, Enric (adapt.), A viaxe de Gulliver a Liliput (El viatge de Gulliver a Lil.liput, 2015), ilust. Jesús Aguado, Ferrol: Edicións Embora, col. Mini Clásicos, n.º 3, [prelectorado e lectorado autónomo], novembro 2016, [22] pp. (ISBN: 978-84-16456-36-9). Adaptación de Enric Lluch (Algemesí,1949) da obra de Jonathan Swift (Irlanda, 1667-1745) que cun narrador omnisciente conta o que lle acontece ao mozo Gulliver nunha viaxe en barco en busca de aventuras. Unha mañá tropezan cunha gran tormenta e o barco vai á deriva. Gulliver nada até chegar a terra firme. Alí uns homiños átano polo cabelo, as pernas e os brazos cuns fíos a unhas estacas. Cando é capaz de liberarse das ataduras, unha chuvia de frechas cae sobre el. Ao seguinte día, aparecen cen homiños que lle dan a benvida ao pobo de Liliput, entréganlle comida e bebida e mudan os fíos e as estacas por cadeas de ferro. Lévano xunto ao emperador do país, quen lle ordena que lle ensinen o idioma e quítanlle as cadeas. Cando aprende o idioma, o emperador pídelle que os axude na guerra cos habitantes da illa de Blefuscu. No momento da batalla machaca os inimigos e, cando se entera do motivo da pelexa, colle unha nave do emperador e volve a casa. As ilustracións de Jesús Aguado (Valladolid, 1976) empregan cores moi saturadas e vivas a través da pintura acrílica ofrecendo volume nas imaxes e planos xerais en cada escena onde o protagonista é xerarquizado acorde á historia. Lluch, Enric (adapt.), O chepudo de Notre Dame (El geperut de Notre-Dame, 2016), ilust. Noemí Villamuza, Ferrol: Edicións Embora, col. Mini Clásicos, n.º 10, [prelectorado e lectorado autónomo], novembro 2016, [22] pp. (ISBN: 978-84-16456-43-7). Adaptación de Enric Lluch (Algemesí,1949) desta obra de Victor Hugo na que un narrador omnisciente conta o acontecido a un meniño abandonado na porta da catedral de Notre Dame. Frolo o encargado deste templo, será quen adopte ao neno e o chame Quasimodo. O neno medra no campanario pois Frolo non o deixa saír porque era feo e chepudo. Seu dono un día pídelle que rapte a Esmeralda, unha moza guapa que lle gustaba, mais é retido e castigado polo capitán Febo, o amado de Esmeralda. Quasimodo tras o castigo cóntalle as intencións de Frolo. A muller é condenada á forca tras a acusación de apuñalar a Febo. O chepudo consegue salvar a Esmeralda da forca e arroxar a Frolo do campanario abaixo, mais finalmente é capturada e asesinada. Quasimodo morre de fame tras ficar ao carón de Esmeralda. Nas ilustracións de Noemí Villamuza combínase a técnica da serigrafía ou filtros de fotografía para os fondos e nas personaxes, realizadas de maneira bosquexada, deixa á vista as liñas de grafito empregando a cor da acuarela, cores saturadas en tonalidades frías. Os personaxes reflicten diferentes emocións ao longo da escena e as imaxes destacan sobre o texto.

Page 59: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.1.4. TRADUCIÓNS. VERSIÓNS. REEDICIÓNS Bianki, Diego, Quebracabezas (Rompecabezas, Pequeño Editor, 2013), ilust. do autor, trad. Manuela Rodríguez, Pontevedra: Kalandraka Editora, [prelectorado], abril 2016, [32] pp. (ISBN: 978-84-8464-996-0). Álbum interactivo de tendencia fantástico-realista onde Diego Bianki (La Plata, Argentina, 1963) por medio dos diálogos dos personaxes (gatos, pulgas, extraterrestres,...) trata as diferenzas e o respecto polo Outro xa que todos somos parte dalgo moito máis grande. A historia é axudada polos paratextos, que na cuberta presentan cores vivas para chamar a atención do lector. O autor do texto e das imaxes traballa con caixas de cartón que recupera, recicla e reutiliza para convertelas na base das súas ilustracións, como explica ao final do libro. Atopa nesta estratexia modular de construír as súas ilustracións en forma de quebracabezas un xeito de xogar coas relacións entre as partes e o todo e unha boa forma para ilustrar a idea xeral da historia. O dominio da cor queda patente tamén no xeito de mesturar tonalidades terrosas e ocres con tonalidades máis frías de azuis e violetas, o que confire ao conxunto un resultado moi cálido que destaca sobre o plano neutro do fondo branco. A tipografía da portada acompaña cun efecto pixelado ás formas xeométricas dos debuxos que forman as caixas. As tipografías escollidas para o interior priorizan unha boa lexibilidade e encádranse perfectamente sobre as ilustracións, constituíndo un conxunto onde texto e imaxe son complementarias. Blake, Quentin, Míster Magnolia (Mister Magnolia, Pengin Random House, 1980), ilust. do autor, trad. Xosé Ballesteros, col. Tras os montes, [prelectorado], outubro 2016, [32] pp. (ISBN: 978-84-8464-250-3). Quentin Blake (Londres, 1932), autor do texto e das imaxes deste álbum, a partir dun narrador omnisciente en terceira persoa, relata a historia de Míster Magnolia, un home ao que lle falta unha bota. Ao longo da trama faise unha enumeración, dende o un até o dez, das cousas que ten o protagonista, empregando ademais unha rima asonante para enlazar a narración. Facendo mención en cada páxina á bota que lle falta a Míster Magnolia, remata atopando por fin unha bota para o protagonista, amosando o sentido do valor das cousas materiais e inmateriais. A conxunción de texto e imaxes permite a Blake combinar de xeito áxil e fresco a xestualidade do seu trazo coa sinxeleza tan directa do seu texto. Acuarela, tinta e lapis de cor proporcionan un acabado transparente e pretendidamente solto para acentuar a sensación de fluidez e dinamismo dos debuxos nos que se amosa unha gran capacidade descritiva para armar as escenas e os personaxes sen diminuír a expresividade das ilustracións. Calders, Pere, Cepillo (Raspall, 1981), ilust. Carme Solé Vendrell, trad. Xosé Ballesteros, Pontevedra: Kalandraka Editora, [lectorado autónomo], xullo 2016, [26] pp. (ISBN: 978-84-8464-979-3). Pere Calders (Barcelona, 1912-1994) presenta neste álbum fantástico-realista por medio dun narrador omnisciente o que lle sucede a un neno, Sal, despois de que os seus pais lle desen a outra familia o can que tiña e como se atopa en soidade sen a súa mascota

Page 60: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Turco. A primeira noite que durmiu sen Turco, atopa un cepillo no trasteiro que lle recorda o seu can. Esa mesma noite, o cepillo cobra vida e comeza a comportarse coma un can. Ninguén o cre até que se atopan nun conflito e Cepillo foi o seu salvador. De temática cotiá, mostra o amor e a tenrura cara aos animais, así como a imaxinación que chegan a ter os nenos. As ilustracións de aspecto clásico, que evocan a estética das primeiras décadas do século XX, ocupan a páxina completa. Son debuxos de Carme Solé Vendrell (Barcelona, 1944) que se caracterizan polos trazos expresivos que amosan os sentimentos das caras dos personaxes en cada momento da historia. Estes debuxos, pintados con acuarela e cunha gran variedade de cores suaves, van mostrando en conxunto co texto, a historia do pequeno Sala. Recensións: - María Navarro, “Para alén da asimetría”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 594, “Libros”, 15 setembro 2016, p. VI. Comenta que o libro está baseado na imaxinación dos nenos, que pretende espertar a creatividade, fomentar o xogo libre e a manipulación. Recolle o argumento da obra e destaca as capacidades de salvación do Cepillo, no mundo dos soños. Remata facendo alusión ás ilustracións de Carme Vendrell que acompañan o texto e sinala a posíbel lectura paralela, por espazos e estados de ánimo diferentes, dándolle así máis forza ao texto. - María Vidal Franco, “Cepillo: Un particular e máxico compañeiro de xogos”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 23 outubro 2016, p. 6. Despois de recordar que Pere Calders é un referente na literatura en lingua catalá, comenta este clásico da literatura infantil catalá, que recibiu diversos premios. Di que a obra foi retomada por Kalandraka despois de ser publicada en galego por Xerais en 1989. A seguir detense no argumento e nas ilustracións de aspecto clásico, que evocan a estética das primeiras décadas do século XX. Remata salientando que este álbum ilustrado amosa como o poder da imaxinación e da ilusión é esencial na vida dos nenos, que o protagonista responde ao perfil dun neno solitario e con moita inventiva, e que un aspecto importante é a empatía, o sentimento humano que permite a relación dos seres sociais, moi presente entre o neno e o cepillo, que se contaxia aos pais. Comenta que é unha conmovedora historia dirixida a un público infantil, que sempre é quen de entender as conexións entre o mundo da fantasía e da realidade. Referencias varias: - Ana Abelenda, “Un golpe maestro a la lógica adulta”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Libros”, “Para niños”, 16 decembro 2016, p. 12. Recolle a importancia de que os libros clásicos ben realizados perduren a pesar das novidades, escollendo Cepillo de Pere Calders polo vínculo que a une coas ilustracións de Solé Vendrell. Indica que está destinado para a infancia a partir de 5 anos e que Xosé

Page 61: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Ballesteros é o encargado da tradución ao galego deste relato literario que amosa “el valor de la imaginación para romper la inercia del pensamiento”. Durrell, Gerald, A miña familia e outros animais (My Family and Other Animals, Rupert Hart-Davis, 1956), ilust. a cuberta Jacobo Fernández Serrano, trad. Susana Collazo, Cangas do Morrazo: Sushi Books, [lectorado mozo], 2016, 330 pp. (ISBN: 978-84-15920-91-5). n Novela autobiográfica do naturalista Gerald Durrell (India, 1925-Saint Helier, Reino Unido, 1995) que é a primeira parte dunha triloxía que se completa con Bechos e demais parentes e O xardín dos deuses. Conta, por medio dun narrador protagonista en primeira persoa, as vivencias durante cinco anos na illa grega de Corfú, dende 1935 a 1939. Dun xeito humorístico, describe a vida da familia de Durrell, conformada por Gerald, a nai viúva, o irmán maior Larry, Leslie (que adora as armas de fogo) e Margo, xunto co can Roger. Axiña traban amizade co taxista Spiro que os sobreprotexe e se converte en amigo. Gerald recibe clases de Theodore Stephanides que o inicia na historia natural. Aproveita para falar da fauna da rexión e da relación garimosa cos animais da illa, a quen acolle como mascotas, como a tartaruga Aquiles, a pomba Quasimodo, o bufo Ulises, a gaivota Alecko, os cans Widdle e Puke, ademais de varios paxaros. Estrutúrase en tres partes con capítulos numerados e titulados, mesturando descricións naturalistas da vida animal coa comedia humana. Na ilustración da cuberta con fondo azul Jacobo Fernández Serrano (Vigo, 1971) amosa os personaxes humanos e animais enmarcados na illa con trazos humorísticos. El Hematocrítico, Feliz Feroz. O lobiño riquiño (Feliz Feroz, Anaya, 2014), ilust. Alberto Vázquez, trad. Anaír Rodríguez Rodríguez, Vigo: Editorial Galaxia, col. Sopa de libros, n.º 57, a partir de 6 anos, abril 2016, 72 pp. (ISBN: 978-84-9121-014-6). El Hematocrítico, nome artístico de Miguel Ángel López, por medio dun narrador omnisciente conta neste relato a estadía do lobiño co seu tío. Nesta estadía vaise atopando con personaxes clásicos, como poden ser os tres porquiños, Carapuchiña Vermella… O Lobo Feroz quere ensinarlle ao seu sobriño a ser un auténtico Feroz e vaille pedir en numerosas ocasións que atemorice a estes personaxes, mais o lobiño sempre vai ter saídas tan enxeñosas como entrañábeis coas que demostrará que non cambiará a súa bondade e que pode ser amigo das demais especies. Finalmente, o Lobo Feroz cambia a súa opinión sobre o seu sobriñoe asume que ten un lobiño bo e que iso non é motivo de vergoña. Por casualidade, o lobiño acabará descubrindo a súa verdadeira vocación, a cociña. Lobo Feroz reencóntrase coa súa irmá, móstralle a habilidade que descubrira no fillo desta, quen, sorprendida, tamén termina por aceptar a bondade do seu fillo. O texto acompáñase das ilustracións de Alberto Vázquez (A Coruña, 1980). A cuberta amosa ao protagonista correndo feliz pola montaña cunha gran cenoria nas mans. Non desvela a historia pero consegue crear expectación. No interior sucédense as ilustracións, que aparecen tanto a dobre páxina coma viñeteadas ou con formatos circulares ou cadrados. Emprega acuarela e xoga coa transparencia da mancha que, en ocasións, aparece contorneada con trazado de liña negra. Os debuxos, de aire naíf, cobren a totalidade da caixa da ilustración, deténdose nos detalles do contexto e na creación de atmosferas de cores lavadas onde situar os protagonistas. Os personaxes son animais antropomórficos e expresivos cos que crea escenas de gran

Page 62: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

capacidade narrativa. Recensións: - María Navarro, “Desbaratando mitos”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 587, “Libros”, 9 xuño 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 544, “Letras galegas”, 18 xuño 2016, p. 10. Despois dunha breve introdución, sinala como o autor co xogo que fai dos personaxes e o ton humorístico e desenfadado busca desbaratar os mitos tradicionais dos contos. Resalta o que, ao seu modo de ver, é a temática en torno a cal xira a obra: a defensa da propia personalidade, dos propios sentimentos, mostrándose sempre como un é en realidade, e aproveitando cada momento para aprender e mellorar. Dá conta do argumento e sinala o valor educativo da obra, tanto polas situacións como polos personaxes. - Carmen Ferreira, “A ruptura dos estereotipos marcados pola tradición”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 13 novembro 2016, p. 6. Salienta que o emprego de personaxes dos contos clásicos coa intención de darlles a volta, reviralos e humanizalos é unha estratexia moi utilizada polos autores de Literatura Infantil e Xuvenil, ofrecendo ao lectorado agardado unha nova visión máis positiva e renovada sobre todo dos personaxes malvados para os que a moral maniqueísta da literatura de transmisión oral non permitía ningunha posibilidade de cambio. Fai fincapé en que nesta obra se retoma o personaxe do lobo, caracterizándose como un lobiño boísimo, cheo de virtudes e boas accións, actitude que provoca que a nai decida envialo co tío Lobo Feroz para ensinarlle a desenvolverse como os seus devanceiros feros, crueis e desapiadados e así manter a fama da saga familiar. Por último, refírese ás “magníficas e fermosas ilustracións”, cualificando a obra de “enxeñoso relato cheo de humor e tenrura” que ofrece novas versións divertidas de contos tan coñecidos como Carapuchiña Vermella, Os sete cabritiños e Os tres porquiños, polos que se pasean os dous lobos, revirando esas historias para incidir e reflexionar na convivencia, a tolerancia e o respecto pola diversidade e a individualidade. Referencias varias: - Cuca M. Gómez, “Jazz y teatro para terminar mi día”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, 13 maio 2016, pp. 86-87. Entre outras actividades, dá conta dunha sesión de contacontos arredor desta obra. El Hematocrítico, Axente Riciños (Agente Ricitos, Anaya, 2016), ilust. Alberto Vázquez, trad. Anaír Rodríguez Rodríguez, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, [prelectorado e lectorado autónomo], xuño 2016, 55 pp. (ISBN: 978-84-9121-055-9).

Page 63: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Relato de El Hematocrítico, nome artístico de Miguel Ángel López, de tendencia fantástico-realista. Despois das dedicatorias por parte do autor, para Isabel, e por parte do ilustrador, para a súa avoa Coralia, a voz narradora en terceira persoa narra varias historias protagonizadas por Axente Riciños. Na primeira, Axente Riciños entra na casa dunha familia de osos co fin de evitar un incendio. Cando chegan os osos pensan que un intruso entrou na súa casa pero Axente Riciños explícalles os motivos da súa irrupción. Na segunda, Axente Riciños entra nunha casa na que parecía que non había ninguén, pero habitaban Brancaneves e os seus ananos. Chama a porta unha moza ofrecendo mazás, pero Axente Riciños desconfía desta e descobre que as mazás estaban envelenadas, polo que a Madrasta Malvada é retida pola policía. Na terceira, Hansel e Gretel descobren unha casa construída con doces, pero Axente Riciños advirte a esta parella de que esta casa é un perigo e que está habitaba por unha bruxa malvada que tortura os nenos e que tamén é retida pola policía. Ademais ofrecéselle a Axente Riciños formar parte do corpo de policía, pero convértese nunha súper heroína que se encontra cun frautista que tocaba unha fermosa canción e uns nenos seguíano enfeitizados pola hipnótica melodía cerca duns cantís. Axente Riciños deduce que quere tirar os nenos hipnotizados polos cantís e a policía retivo ao frautista. Por último recoñécese a Axente Riciños como unha super heroína que acode a protexer aos habitantes do bosque. Nas ilustracións Alberto Vázquez (A Coruña, 1980) emprega un grafismo simple a plumilla e a tinta negra. A cor da acuarela saturada, alegre, combina as mezclas para crear os diferentes volumes. Representa unha historia de fantasía na cal aparecen animais personalizados e a protagonista reflicte o aventureira e valente que é, en diferentes planos, combinando planos panorámicos, planos de detalle ou planos xerais, sempre enmarcados nunha augada de cor de acuarela. Nas gardas ilústrase o mapa que a protagonista percorre durante a aventura. Na cuberta trátase de dar unha principal idea da historia na que se pode identificar a protagonista e os tres osiños. Recensións: - Paula Fernández, “Un atractivo xogo”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 596, “Libros”, 29 setembro 2016, p. VI/ La Opinión, Saberes”, n.º 546, “Letras galegas”, 1 outubro 2016, p. 6. Despois de apuntar uns datos biográficos do autor e de cualificalo como anovador na súa escrita, comenta o argumento deste relato que parte dos contos de tradición oral para reinterpretalos de forma humorística, caso de Brancaneves, Hansel e Gretel,O flautista de Hamelín… Salienta que Riciños se converte nunha axente imprescidible para a policía, que hai un xogo metaliterario, ao modo de Rodari, que crea “unha proposta orixinal que desmonta tópicos universais dunha maneira amena, divertida e pouco común”. Remata dicindo que esta obra provocará o sorriso e mesmo gargalladas do lectorado. Referencias varias: - El Hematocrítico, “Agente Ricitos”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 11 xuño 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra na súa versión en castelán.

Page 64: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Enríquez, Bea, Mañá todo o día (Mañana todo el día), ilust. da autora, trad. Susana Collazo Rodríguez e Rafa Salgueiro, Madrid: Lata de Sal Editorial, col. Gatos, [prelectorado], 2016, [38 pp]. (ISBN: 978-84-945647-3-4). Relato de Bea Enríquez (Madrid, 1982) que trata dun gato que relata en primeira persoa o que fará ao día seguinte, con que animais se atopará e que aventuras correrá ao seu lado, poñendo de manifesto a importancia da imaxinación, dos soños e de saber viaxar a outros mundos sen moverse de onde se está. Conta con pouca letra e moitas imaxes, feitas pola propia autora, que permiten seguir a historia case sen ler para entender o que está ocorrendo. Fernández Rey, Anabel, Somos amigos? (¿Somos amigos?, Kalandraka Editora, 2016), ilust. da autora, trad. Manuela Rodríguez, Pontevedra: Kalandraka Editora, [prelectorado], abril 2016, 36 pp. (ISBN: 978-84-8464-998-4). Álbum ilustrado de Anabel Fernández Rey (Arxentina, 1975), mención do VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que trata o valor da amizade. Está protagonizado por un neno e un oso. Nun primeiro momento o neno pide axuda para resolver situacións cotiáns, posteriormente é o oso quen solicita axuda. Finalmente cooperan os dous para axudarse un ao outro. As ilustracións son debuxos con cores vivas que conteñen a información necesaria para entender o contido desta obra, realizados con cores e pinceladas suaves que ocupan sempre dobres páxinas nas que o diálogo entre os dous personaxes (o neno e o oso) establécese fundamentalmente a través dos xestos e tamén do texto. Mentres un dos personaxes verbaliza os seus desexos, a resposta do outro intúese a través da riqueza expresiva polo que ámbalas dúas linguaxes se complementan á perfección. Referencias varias: - Anabel Fernández Rey, “Somos amigos?”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 30 xullo 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra. Gaudes, Belén e Pablo Macías, Rapunzel, ilust. Nacho de Marcos, trad. Marcos Randulfe, Madrid: Cuatro Tuercas, col. Éranse dúas veces, [lectorado autónomo] decembro 2016, [30] pp. (ISBN: 978-84-17006-10-5). Tras as dedicatorias (“A Violeta y Nicolás, para que no se olviden que todas las historias se pueden reescribir”; “A Juan y Mercedes, con quien descubrimos que existían los abuelos de cuentos de hadas”; “Para Ione por ser una mujer libre”), Belén Gaudés (Zaragoza, 1974) e Pablo Macías (Madrid, 1974) ofrecen unha homenaxe a Concepción Arenal, unha das primeiras mulleres españolas en enfrontarse á orde establecida e defender os dereitos do seu xénero, a partir dunha versión do conto de Rapunzel. Un narrador omnisciente conta a historia dunha muller, Gothel, pouco

Page 65: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

querida polo pobo, que tivo que asumir o papel de bruxa para non ser molestada. Un día un campesiño que vai ser pai invade o seu xardín e ela indícalle que ten que entregarlle o seu bebé ao nacer por ese acto. Un día de inverno Gothel atopa na porta do xardín unha nena de pelo loiro, metida nun cesto que chamará Rapunzel e que criará encerrada nunha torre até que con dezaoito anos e unha trenza de máis de oito metros pasou un príncipe e pediulle que lle explicara como era o mundo exterior. Mais el comentoulle que debía descubrilo por ela mesma e axudouna a baixar da alta torre coa súa cabeleira. Entón apareceu Gothel para intentar convencela de que se estaba arriscando moito, mais Rapunzel asumiu riscos e cortou a trenza. As ilustracións de Nacho de Marcos complementando o texto empregan cores cálidas e frías. Gaudes, Belén e Pablo Macías, A ratiña presumida, ilust. Nacho de Marcos, trad. Marcos Randulfe, Madrid: Cuatro Tuercas, col. Éranse dúas veces, [lectorado autónomo] decembro 2016, [30] pp. (ISBN: 978-84-17006-11-2). Tras as dedicatorias dos autores (“A Violeta y Nicolás para que no se olviden que todas las historias se pueden reescribir”; “A Juan y Mercedes con quien descubrimos que existían los abuelos de cuentos de hadas”; “A los alumnos del Insituto San Isidoro de Sevilla que nos demostraron con su valentía que van a cambiar el mundo”) Belén Gaudés (Zaragoza, 1974) e Pablo Macías (Madrid, 1974) ofrecen unha homenaxe a Barbara Gittings, muller activista estadounidense dos dereitos LGTB a través da versión do conto popular A ratiña presumida. Un narrador omnisciente conta o que acontece en Villa Gittings, onde vive unha ratiña libre e independente, que toma decisións por ela mesma e non segue as normas establecidas pola sociedade. Malia poder aceptar casar con algún dos seus múltiples pretendentes que representan o home ideal (protector, traballador, pai de familia etc), a ratiña guíase polo seu corazón e remata declarándose a unha gatiña coa que remata sendo parella. Complementando ao texto, as ilustracións de Nacho de Marcos empregan cores cálidas e representan os animais personificados, vestindo con roupa. Gaudes, Belén e Pablo Macías, O patiño feo, ilust. Nacho de Marcos, trad. Marcos Randulfe, Madrid: Cuatro Tuercas, col. Éranse dúas veces, [lectorado autónomo], decembro 2016, [30] pp. (ISBN: 978-84-17006-09-9). Tras as dedicatorias dos autores (“A Violeta y Nicolás; a Juan y Mercedes”; “A Guille y Sonia”) Belén Gaudés (Zaragoza, 1974) e Pablo Macías (Madrid, 1974) ofrecen unha homenaxe a Ángela Davis, activista polos dereitos civís, profesora na Universidade de California a través da versión do conto O patiño feo. Un narrador en terceira persoa conta a historia dunha pata chamada Ánxela, que agarda o nacemento dos seus parrulos. Os tres primeiros son moi parecidos, mais o cuarto non é coma eles, é máis grande e de cor gris e chámao Cuasi. Ánxela e os seus parrulos saen pasear pola granxa e ten que escoitar os comentarios discriminatorios do resto de animais, como a vaca, o cabalo... A nai defende a diferenza de Cuasi e os seus irmáns aprenden estratexias de defensa mediante o diálogo, cando empezan no colexio e se enfrontan a un abusón. Cuasi convértese nun grande e fermoso cisne, demostrando que ser diferente non é malo, senón especial e único. Complementando ao texto, as ilustracións de Nacho de Marcos empregan cores cálidas e humaniza os animais vestíndoos e poñéndolles complementos como lentes, panos...

Page 66: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Hutchins, Pat, Unha festa sorpresa (A Surprise Party, Aladdin. Simon&Schuster Children’s Publishing Division, 1991), ilust. da autora, trad. Sandra Senra Gómez e Óscar Senra Gómez, col. Tras os montes, [lectorado autónomo], xaneiro 2016, [32] pp. (ISBN: 978-84-8464-959-5). Álbum narrativo dedicado a Morgan e escrito e ilustrado por Pat Hutchins (Inglaterra, 1942) no que unha voz en terceira persoa dá conta con humor de como o coello, que vai facer unha festa sorpresa, llo conta ao bufo; este, ao esquío; o esquío, ao parrulo; esta ave, ao rato; o rato, ao raposo, e o raposo, á ra. Finalmente todos os animais se reúnen malia os malos entendidos É un bo exemplo de como un segredo se vai distorsionando co paso duns a outros animais. As ilustracións da autora son realistas, con cores vivas e reproducen perfectamente como os animais van tranmistindo a mensaxe duns a outros. Referencias varias: - Pat Hutchins, “Unha festa sorpresa”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 20 febreiro 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra Unha festa sorpresa, escrita e ilustrada por Pat Hutchins. Jeffers, Oliver e Sam Winston, A Meniña de LIBROS (A Child of Books, Walker Books Ltd., 2016), ilust. Oliver Jeffers, trad. Laura Sáez e Saleta Fernández, Vigo: Patasdepeixe editora, [prelectorado], 2016, [38] pp. (ISBN: 978-84-9393-50-9-2). Álbum de Oliver Jeffers (Australia, 1977) e Sam Winston (Reino Unido, 1978), dedicado a Luella e a Lila respectivamente, no que en primeira persoa se relata a historia da Meniña de libros quen invita ao lector a seguila nunha viaxe polo mundo da lectura, cheo de fantasía, no que se descobren tesouros, bosques de contos de fadas, monstros de castelos enmeigados e multitude de elementos produto da casa da invención que crea a protagonista. A conxunción dos debuxos de Oliver Jeffers e os fondos gráficos de San Winston ten como resultado un fermosísimo álbum de homenaxe á creación e á literatura de todos os tempos. A edición está moi coidada, como se pode observar pola cuberta de tapas duras e papel texturado; unhas gardas cheas de nomes de autores infanto-xuvenís e as súas obras; unha portada e unha páxina de dedicatoria con ilustracións e unha contracuberta coa imaxe dunha chave que fai un aceno ao debuxo dun libro cunha fechadura que hai na cuberta. As composicións xogan coa mancha gráfica que fan as palabras tomadas das historias de todos os tempos e os debuxos sinxelos da protagonista e o seu amigo. Ao avanzar na historia pásase das cores neutras do comezo á explosión de cores do final. Leaf, Munro, A historia do touro Ferdinando (The story of Ferdinand, Viking Press, 1936), ilust. Robert Lawson, trad. Xesús Fraga, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. Tras os montes, [lectorado autónomo], febreiro 2016, [72] pp. (ISBN: 978-84-8464-982-3).

Page 67: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Álbum de Munro Leaf (Hamilton, 1905-1976) que conta a historia dun touro pacifista que, coa súa desobediencia ás normas establecidas, transmite unha mensaxe antibélica. Ferdinando é un peculiar xato que goza ulindo o recendo das flores á sombra da súa árbore favorita, mentres o resto de xatos que viven con el pelexan e turran uns cos outros, soñando con participar nunha corrida de touros. Xa convertidos en grandes e rexos touros, reciben a visita duns homes que buscan reses para unha corrida en Madrid, na que Ferdinando non estaba interesado. A mala sorte fai que o touro se sente sobre un abellón que, coa súa picadura, o fai tolear. Os homes quedan abraiados da ferocidade que mostra o animal e non dubidan en levalo deica Madrid. Chegado o día, para sorpresa dos asistentes, Ferdinando non mostra ningún interese por participar na corrida e devólveno ao seu fogar e á tranquila vida que tanto amaba. Acompáñase de ilustracións naturalistas en branco e negro do ilustrador estadounidense Robert Lawson (1892-1957). O emprego da liña sutil e o debuxo perfectamente calibrado producen imaxes barrocas que leva ao extremo nos personaxes dos toureiros. As imaxes a toda páxina sobre fondo branco son suxestivas e dun grande lirismo. Recensións: - María Navarro, “Pacífica bravura”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 576, “Libros”, 17 marzo 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 533, “Letras galegas”, 2 abril 2016, p. 10. Indica que a obra se presenta como unha alegoría do pacifismo xa convertida en clásico da literatura infantil en todo o mundo, traducida a máis de sesenta linguas e durante certos períodos prohibida en países como España e Alemaña polo seu carácter antibelicista. Tamén salienta que a editorial galega recuperou a primeira versión en branco e negro do 1936 co obxectivo de amosar a súa actualidade. - Xoana Santos Álvarez, Estela Suárez Recouso “O conto dun touro pacífico”, Tempos Novos, n.º 229, ProTexta, “ProPostas”, xuño 2016, pp. 86-87. Destácase a inclusión da obra na colección “Tras os montes” e a publicación do orixinal en 1936 en New York. Alúdese á adaptación cinematográfica e á súa traxectoria editorial en diferentes países. Saliéntase a temática sobre a vida dun touro do rural español contrario á participación nas touradas que finalmente se ve envolto nunha. Saliéntase o papel da nai que respecta o carácter do fillo e a temática da obra que inclúe a crítica ao maltrato animal e a reivindicación da identidade individual. Faise fincapé na adecuación lingüística da tradución e sublíñase o emprego do humor e das interpelacións ao lector. - R. García Pedreira, “A desobediencia construtiva do touro Ferdinando”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 12 xuño 2016, p. 7. Despois dunhas breves referencias ao autor, ao ilustrador e á xénese da obra que Kalandraka recupera en formato álbum conservando as ilustracións orixinais, salienta que estivo unida á polémica: criticada por uns e enxalzada por outros, ao transmitir unha mensaxe antibélica moi perigosa para os que avogaban pola guerra. Logo de contar o argumento, cualifica a historia de engaiolante e comenta as ilustracións naturalistas en

Page 68: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

branco e negro de Robert Lawson, cuxo minimalismo contrasta coa cor vermella empregada nas cubertas do libro. Considera que para algúns é unha crítica á barbarie en contra dos animais, para outros un canto á paz; unha mostra da loita interior entre razón e instinto que como seres humanos nos é propia e incluso unha chamada á rebelión da xente de a pé, quen non provocan as guerras, pero si quen máis as sofren e padecen por culpa dos intereses particulares duns poucos. Referencias varias: - Munro Leaf, “A historia do touro Ferdinando”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 13 febreiro 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra A historia do touro Ferdinando, escrita por Munro Leaf e ilustrada por Robert Lawson. London, Jack, A praga escarlata, (The Scarlet Plague), ilust. José Ángel Ares, trad. Tomás González Ahola, Santiago de Compostela: Urco Editora, col. Urco Xuvenil, [lectorado mozo], marzo 2016, 102 pp. (ISBN: 978-84-15699-84-2). Trátase dunha reedición cun cambio de colección de “Ciencia Ficción” do ano 2009 á actual “Urco Xuvenil” desta novela curta de ficción científica de Jack London (San Francisco, Estados Unidos, 1876-1916) que xa fora descrita no Informe de literatura 2009. Agora precíndense das ilustracións de Gordon Grant para ofrecer só ilustración na cuberta e na contracuberta con debuxos a cor de José Ángel Ares que describen os protagonistas, o avó supervivente da praga, e na contracuberta os seus netos, con roupa e armas de homes primitivos. Lozano, Antonio, Eu son Suleimán, (Me llamo Suleimán, Anaya, 2014) trad. Carlos Acevedo, Pontevedra: Faktoría K de libros, [lectorado mozo], decembro 2016, 159 pp. (ISBN: 978-84-16721-06-1). Novela de Antonio Lozano (Tánger, 1956) que principia co seguinte paratexto a modo de dedicatoria “Para Carlos e Javier, anhelando para eles un mundo mellor. Para Clari. Para os heroes anónimos que deixan atrás a súa terra para salvares os seus”. Estruturada en vinte e dous capítulos, narra a historia de Suleimán, quen decide fuxir da miseria do seu país xunto ao seu amigo Musa na procura do “paraíso das oportunidades”. Ambos os dous teñen a intención de traballar en Europa e regresar ao seu fogar para montar un negocio e así poder axudar ás súas familias. Relata as complicadas vivencias dos dous mozos, a cruenta viaxe polo deserto, o cruce da fronteira, o arresto por parte das autoridades e a morte de Musa. Suleimán non se dá por vencido e inténtao de novo, desta volta por mar. Na ilustración da cuberta Juan Carlos Cruz emprega un debuxo lineal moi sinxelo combinado cunha fotografía dun ceo estrelado. As cores seguen unhas tonalidades azuis con liña branca para dar silueta á composición. Emprega cores planas e saturadas por medio da dixitalización da imaxe. O título está sobre o ceo e a personaxe aparece de costas observando o horizonte, creando así un efecto de profundidade.

Page 69: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Referencias varias: - Ramón Nicolás, “Unha ollada cara á mocidade que loita”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Especial Nadal”, “Libros en galego”, 23 decembro 2016, p. 10. Destaca, nesta novela, o tratamento humanizado da emigración subsahariana ao servizo de temas como a intolerancia, a solidariedade e a viaxe. Valora o combate dunha mocidade que loita por preservar a esperanza na aparente liberdade europea. Maxeiner, Alexandra, En familia! (Alles Familie!, Klett Kinderbuch, 2010), ilust. Anke Kuhl, trad. Rosa Marta Gómez Pato, A Coruña: Hércules de Ediciones, col. Preparados, Listos… xa!, [prelectorado e lectorado autónomo], 2016, [36] pp. (ISBN: 978-84-945896-8-3). Álbum ilustrado de Alexandra Maxeiner (Alemaña, 1971) sobre os novos modelos de familia, como indica o seu subtítulo: Sobre a filla da nova parella do irmán da exmuller do pai e outros parentes, ofrecendo ao lector distintos tipos de fogares que se afastan das familias tradicionais e numerosas doutros tempos: as familias patchwork, compostas de retallos doutras familias; as familias do arco da vella, formadas por parellas homosexuais; as familias de elección, nas que a amizade e o cariño son máis fortes que os lazos de sangue, pasando por outros moitos modelos que inclúen a adopción e a acollida ou a orfandade. Xunto a estas tipoloxías, abórdanse outras cuestións como as diferenzas nos costumes de cada familia e no tratamento entre pais e fillos. Complétase con ilustracións sinxelas de Anke Kuhl (Frankfurt, Alemaña, 1970) que seguen o estilo das viñetas e incorporan tipos de bocadillos e viñetas sen enmarcado. As imaxes con cores saturadas e alegres teñen unha gran potencia sobre o texto e carga expresiva por medio da técnica do grafito, para o bosquexo dos personaxes, e ceras, para o sombreado. As gardas representan un árbol xenealóxico da familia na cal nun plano xeral se aprecia un gran garabato pola interacción de parentesco. Na parte final, inclúese un espazo para que o lector faga o perfil da súa familia. Morosinotto, Davide, Nemo. O rapaz sen nome (Nemo. Il Ragazzo Senza Nome, 2015), trad. María Alonso Seisdedos, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, [lectorado mozo], outubro 2016, 196 pp. (ISBN: 978-84-9121-108-2). Primeira novela da saga Nemo de Davide Morosinotto (Camposampiero, Italia,1980) baseada no personaxe do capitán Nemo, comandante do submarino Nautilus, que principia cunha cita de Jules Verne. Narrada en terceira persoa, a obra está ambientada na Francia do século XIX e reflicte os protocolos sociais e costumes da época. Estruturada en vinte e dous capítulos, a historia comeza con Daniel Lacrosse agardando no porto a dous novos alumnos para acompañalos ao colexio Amélie Paimbouef, institución destinada fundamentalmente a mozas e mozos de familias de boa posición. Alí aparece a filla dun gran empresario, Ashlynn, e un estraño rapaz de pel escura que se nega a dar o nome e que deseguido atrae a curiosidade de todos. Co paso do tempo, Nemo consegue deixar atrás as súas reticencias e establece un forte vínculo de amizade con Daniel e Ashlynn. Revélalles, entón, que está no colexio para fuxir dos “homes Escarlata”, pero un perigoso axente segue as súas pegadas e xa non hai ningún lugar seguro para el. Os tres foxen xuntos do colexio para iniciar unha grande aventura chea

Page 70: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

de perigos que terá sempre como base a forte amizade que os une. A ilustración da cuberta e contracuberta, de autor anónimo, combina o efecto da sombra a grafito con pintura acrílica, destacando a imaxe central da ilustración cun efecto plastificado para resaltar a imaxe e empregando cores saturadas e escuras. Murphy, Jill, Cinco minutos de paz (Five Minute's Peace, 1986), ilust. do autor, trad. Sandra Senra Gómez e Óscar Senra Gómez, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. Tras os montes, [prelectorado e lectorado autónomo], 2016, [30] pp. (ISBN: 978-84-8464-241-1). Neste álbum ilustrado fantástico-realista, Jill Murphy (Londres, 1949), por medio dunha voz narrativa en primeira persoa conta a historia dunha nai elefante cos seus tres pequechos. A nai está buscando un ratiño de paz e vai darse un baño, pero non consegue atopalo, pois os pequechos soben a molestala. Cando mamá Grande sae do baño e baixa de novo para a cociña, logra ter un par de minutos de tranquilidade, pero rapidamente baixan os seus fillos xunto dela. Cunha gran riqueza de detalles as ilustracións son moi chamativas e alegres. Xogan coas sombras á perfección o que realza as personaxes que trasmiten moita expresividade. Murphy é moi minuciosa na representación dos estados de ánimo das personaxes, elefantes humanizados, o que complementa o significado dos textos pois amplía a información, ao tempo que xera unha forte empatía coa familia protagonista. Recensións: - Ana Margarida Ramos, “Cinco minutos de paz”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 2 outubro 2016, p. 4. Comeza achegando datos biográficos de Jill Murphy para logo analizar a recuperación da obra por Kalandraka Editora na colección “Tras os Montes”. Fala da historia que se conta e que se centra nas relacións familiares entre pais e fillos. Sinala que abre considerabelmente o espectro de lecturas e lectores desta narrativa que capta de forma precisa un desexo practicamente imposíbel de todos os pais, uns breves momentos de silencio e sosego. Entre as liñas de forza do texto pón en valor o universo familiar, as súas rutinas e a busca constante de equilibrios. Salienta a compoñente ilustrativa cautivante, sobre todo pola proximidade co texto, pola expresividade da cor e das formas seleccionadas, por evocar momentos centrais da acción, por completar a narrativa verbal e por subliñar os pormenores cómicos. Ness, Patrick, Un monstro vén a verme (A Monster Calls, 2011), trad. Xesús Fraga, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. Faktoría K, mocidade, outubro 2016, 143 pp. (ISBN: 978-84-16721-04-7). Obra narrativa de Patrick Ness (Virginia, EUA, 1971), a partir da idea orixinal da escritora británica Siobhan Dowd (Reino Unido, 1960-2007), que mestura elementos fantásticos con elementos realistas e que conta coa cita “Disque só es novo unha vez, pero non é certo que dura moito tempo? Máis anos dos que es quen de aturar.” da obra Experimento de amor de Hilary Mantel. Ao longo da historia, intercálanse dous

Page 71: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

narradores, Connor que conta en 1ª persoa a súa propia historia cando con tan só 12 anos tivo que facerse á idea de que á súa nai, enferma de cancro, non lle quedan moitos meses de vida; a difícil relación que ten con seu pai e con súa avoa e os abusos que sofre no colexio por parte dos seus compañeiros. Por outra banda, o monstro narra as tres historias que lle conta a Connor relacionadas co teixo que crece diante da súa casa. Connor non quere separarse de súa nai por nada do mundo pero, grazas ás tres historias, faise á idea de que debe deixala ir. So ten ilustración a cuberta cunha imaxe de Jim Kay que evoca misterio na noite moi vinculada á historia que narra. Recensións: - Ramón Nicolás, “Chega a novela orixinal na que se baseou o filme de moda”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “Galego”, 28 outubro 2016, p. 12. Anúnciase a publicación pola editorial Faktoría K de Libros desta obra traducida por Xesús Fraga. Coméntase que se trata dunha boa ocasión para valorar a película homónima de J. A. Bayona, en carteleira neses días. Lóase o traballo do tradutor quen é capaz de reflectir “a dimensión irónica que repousa na instancia autorial como a forza depositada na oralidade”. Refírese á habilidade de Patrick Ness para facer confluír na novela elementos tan diversos como o misterioso, o enigmático e a vida cotiá. Dise que trata diferentes aspectos do medo, mais tamén se sinala que a proposta fala “do amor e da esperanza, da aprendizaxe e da resiliencia”. - H. J. P., “Un monstro vén a verme”, La Voz de Galicia, “Cultura”, “Para ler”, 31 outubro 2016, p. 27. Fálase do crecemento do sistema literario galego que é imposíbel só coa creación de obras e que debe aproveitarse das traducións de best sellers, como acontece en Cataluña, onde ademais das traducións literarias, estas obras son levadas ao cine e teñen unha gran acollida polos seguidores. No caso da lingua galega pon o exemplo da tradución de Un monstro vén a verme de Xesús Fraga que trata temas moi diferentes, como o amor, a perda, a dor, a esperanza, a amizade…e que son de gran interese no público xuvenil e adulto. - María Navarro, “En clave metafórica”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 700, “Libros”, 24 novembro 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 557, “Letras galegas”, 3 decembro 2016, p. 10. Tras comentar o tema desta novela, descríbese o seu argumento que trata de como o protagonista se enfronta ao cancro de súa nai. Indícase que, xunto a estes sucesos, existen outros relacionados “co amor, a esperanza ou coa dolorosa perda dun ser querido”, ademais do acoso escolar. Incídese en que o protagonista non acepta a realidade, porque sabe que “non vai rematar ben”, pero existe un fío de esperanza e lémbranse os numerosos galardóns dos que foi merecente, como National Galaxy e Medalla Carnegie, entre outros, e que foi adaptada ao cine. Referencias varias:

Page 72: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- B. L., “Faktoría K publica en galego ʻUn monstro vén a verme”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 5 outubro 2016, p. 13. Infórmase da publicación en galego da novela de Patrick Ness e destaca as estreas da película do mesmo nome. Recóllese, ademais, unha pequena sinopse da historia. - Belén López, “Culturgal empraza ao décimo aniversario consolidando a cifra de 15.000 visitantes”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 5 decembro 2016, p. 7. Fala da última xornada do Culturgal onde se presentou a edición de Kalandraka de Un monstro vén a verme. Noel Toledo, María, O enigma de Mona Lisa, Premio Onetti Infantil 2014, ilust. da autora, trad. Iolanda Veloso Ríos, Vigo: Editorial Galaxia, col, árbore/galaxia, n.º 209, a partir dos 10 anos, novembro 2016, 155 pp. (ISBN: 978-84-9151-014-7). n María Noel Toledo (Montevideo, 1961) ofrece unha historia coral, baseada na vida cotiá de Mariel, a nena narradora protagonista. A familia de Mariel interésase pola Arte e pola Literatura e motívaa a actuar con liberdade. A casa da súa avoa contén obxectos estraños e antigos que se empregan todos os días e que espertan a súa imaxinación. A avoa anímaa a fabular e, da súa man, coñece a fascinante vida do Tío Safari. Un día atopa unha tarxeta, xunto a cartas de amor do avó, onde nomea a Mona Lisa. Mariel trata de descubrir a vinculación entre Mona Lisa e os seus avós e nesas pescudas vive un proceso de crecemento persoal que lle permite separar os tópicos das series televisivas, caso de “As vidas de Beverley”, da realidade cotiá, marcada polo machismo e a infravaloración do Outro. Trátasen temas como o diálogo respectuoso, a confianza mutua e a ruptura de prexuízos. As ilustracións da propia autora seguen un grafismo sinxelo coas liñas principais que representan as formas do rostro e o corpo dos personaxes, a través do trazo característico da plumilla e da tinta china negra. O cromatismo empregado é a escala de grises mesturado con tons azuis que representa toda a estética do libro. Empregan planos xerais da acción que está a contar o texto con cores planas e saturadas por medio dixital. Papatheodoulou, Antonis, Unha última carta (Una última carta, 2016), IX Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados, ilust. Iris Samartzi, trad. Manuela Rodríguez, Pontevedra/ Santiago de Compostela: Kalandraka Editora/ Concello de Santiago, [prelectorado], novembro 2016, [46 pp]. (ISBN: 978-84-8464-271-8). Álbum ilustrado de Antonis Papatheodoulou (Pireo, Grecia, 1977) no que un narrador omnisciente conta en terceira persoa o último día de traballo do señor Costas, o carteiro, nunha época na que aínda non chegara o teléfono nin o correo electrónico á illa. Fala de como entrega as cartas e os tipos de cartas que manexa. O carteiro espera que o seu último día de traballo sexa especial, mais ao atopar a illa baleira entristece e senta nun banco. Ao mirar na súa bolsa, decátase de que hai unha última carta sen entregar e diríxese á dirección escrita, onde, por sorpresa, estaban todos os habitantes da illa esperándoo para facerlle unha festa sorpresa de homenaxe. Nas coidadas ilustracións de cores suaves de Iris Samartzi (Atenas, Grecia, 1979) destacan os brancos, azuis e ocres.

Page 73: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

A combinación de diferentes planos permite ao lector observar a narración dende diferentes perspectivas, proporcionándolle mobilidade, enerxía e dinamismo. A técnica do colaxe integra imaxes reais con debuxos. As diferentes texturas que lle dan profundidade ás ilustracións e as finas liñas que rodean as figuras dotan de elegancia ao conxunto. Conta cunha divertida sobrecuberta atada cun cordel que reproduce o aspecto dunha carta selada. Referencias varias: - A. B., “Fidelidade de los clientes en un día gris para las librerías”, Atlántico Diario, “Vigo”, 12 novembro 2016, p. 10. Dáse conta da celebración dun taller infantil no que se vai presentar este álbum no marco da conmemoración do Día das Librarías. - T. Martin, “Premio de ilustración a Papatheodoulou e Iris Samartzi en Raxoi”, El Correo Gallego, “Santiago”, 11 novembro 2016, p. 31. Informa da entrega do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado aos autores gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi no Pazo de Raxoi, pola obra Unha última carta, publicada no mes de novembro nas cinco linguas peninsulares. Destaca desta obra o “equilibrio entre a ilustración e o texto, formando un todo harmónico” e que a narración “transmite ledicia e tenrura á vez”. Di que os autores tiveron un encontro co alumnado de Bacharelato Artístico IES do Sar, no que explicaron o proceso de elaboración da obra dende o punto de vista literario e plástico. Peix, Susana, Xa voooou!, ilust. Romina Martí, trad. Maruxa Zaera Landeira, A Coruña: Editorial Bululú, col. Carantoño, [prelectorado e lectorado autónomo], maio 2016, [34] pp. (ISBN: 978-84-942917-9-1). Neste conto fantástico-realista de Susana Peix (Barcelona, 1969) un narrador omnisciente relata a historia de Suit, un pequeno peixiño distraído, cunha moi mala memoria, que fai que se lle esqueza por completo facer todo o que lle ordenan: o luns, a súa nai mándalle lavar as súas aletas; o martes, no colexio, a súa mestra, a señora Ostra, mándalle facer os deberes; o mércores, o seu veciño, o señor Percebe, pídelle que lle leve un chisquiño de area; o xoves, a señora Gamba pídelle que recolla todos os seus xoguetes; o venres, a súa amiga Nora, que coñece os problemas de memoria do seu compañeiro, regálalle unha pequena libreta para que anote todo o que lle mandan facer; e o sábado, a nai de Suit indícalle que vaia a pedirlle un pouco de tinta a Don Polbo, e Suit apúntao na súa nova libreta, mais cando chega, decátase de que non levara a libreta e non recorda para que fora até alí. As ilustracións de Romina Martí (Tordera, 1984) recrean as andanzas dun pequeno peixe. Grazas ás alegres imaxes complétase a narración que non estaría resolta só cos reducidos textos. Na cuberta aparece o peixe protagonista e no interior as composicións amosan os animais adoptando actitudes de humanos. Empréganse cores tanto cálidas coma frías, sendo estas últimas máis frecuentes.

Page 74: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Ramsland, Morten, Cabeza de can (Hundehoved, Rosinante, 2005), trad. Moisés Barcia, Cangas do Morrazo: Rinoceronte Editora, col. Nova, n.º 1, [mocidade], 2016, 386 pp. (ISBN: 978-84-92866-75-5-). Novela do escritor danés Morten Ramsland (Copenhague, 1971) estruturada en sete partes e vinte e nove capítulos que xira ao redor da historia dunha familia escandinava. Narra a historia dos Eriksson dende a ollada de Asger, pintor que regresa a Dinamarca dende Amsterdam ante a inminente morte da súa avoa, Bjork. Asger vai narrando a historia familiar entrelazando relatos que van dende os anos trinta até a actualidade. Céntrase fundamentalmente no seu avó, Askild, enxeñeiro naval e contrabandista, cuxa vida está marcada polo tempo que pasou no campo de concentración de Sachsenhausen. O deseño da cuberta de Ana Tenorio, de tons cálidos e cun debuxo ben definido, esperta a curiosidade do lector ao xogar coa metáfora, un mozo sobre fondo vermello atrapado por unha barreira de liñas negras que atravesan o seu torso e o fondo separando presenzas que aluden ao pasado e o presente. Recensións: - Pilar Ponte, “Co clan dos Eriksson”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 592, “Libros”, 14 xullo 2016, p. VI. Despois de ofrecer datos biográficos do autor e de califícalo como unha das grandes promesas da literatura nórdica, comenta o argumento desta obra que trata de como o avó Erickson foxe dun campo de refuxiados e das traxedias familiares do clan dos Erickson. Indica que Ramsland descobre finalmente que o narrador é o neto de Askild, o fuxitivo do prólogo, que xoga continuamente con saltos temporais entre o pasado e o presente, facendo unha proposta de “realismo grotesco” en fronte ao “realismo máxico” de García Márquez. Remata observando a frescura, a axilidade e o amena que pode ser esta obra. Referencias varias: - R. L., “Cabeza de can”, Diario de Pontevedra/ El Progreso, “Táboa Redonda”, n.º 41, 26 xuño 2016, p. 4. Sintetiza a trama do libro e pon en valor a relación establecida entre a historia familiar presentada e a historia recente do norte de Europa. Sitúaa na liña de obras de autores como Gabriel García Márquez e John Irving e salienta os numerosos galardóns recibidos, así como a súa tradución a máis de vinte idiomas. Richardson, Justin e Peter Parnell, Con tango son tres (And Tango makes three, Simon & Schuster Children´sPublishing Division, 2005), ilust. Henry Cole, trad. Sandra Senra Gómez e Óscar Senra Gómez, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. Tras os montes, [lectorado autónomo], xuño 2016, [31] pp. (ISBN: 978-84-8464-985-4). Neste álbum de tendencia realista e temática amorosa, Justin Richardson (Nova York, 1963) e Peter Parnell (Nova York, 1953) despois das dedicatorias “Para Gemma” e “Para KK, con amor e admiración” e dos agradecementos dos autores (“Un

Page 75: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

agradecemento especial para Eric Simonoff, David Gale, Dan Potash, Rob Gramzay e todos os nosos amigos do zoo de Central Park”) cóntase a través da voz dun narrador en terceira persoa a historia de dous pingüíns macho, Roi e Silo, que resultaron ser un pouco diferentes aos demais. Roi e Silo facíano todo xuntos, sen apenas relacionarse coas rapazas pingüíns. Certo día, o seu coidador, o señor Gramzay, decatouse que Roi e Silo gustaban de entrelazar os seus pescozos, polo que debían estar namorados. Roi e Silo que vían como os outros pingüíns construían os seus niños, decidiron facer un con pedras e durmir xuntos todas as noites. Pero certo día decatáronse de que había algo que as demais parellas facían e que eles non podían, pór ovos e darlle calor até que saíse un bebé pingüín. Un día atopan unha pedra moi parecida a un ovo e deciden facer como as outras parellas, mais non era máis ca unha pedra, polo que nunca aconteceu nada. Entón, o señor Gramzay, ten unha idea. Decide cambiar a pedra por un ovo que encontrou abandonado e que necesitaba ser coidado. Roi e Silo que xa sabían o que tiñan que facer, chocaron o ovo por quendas como os demais pingüíns até que un día, a cáscara se rompeu e apareceu un cría de plumaxe branca e crecha á que, o señor Gramzay, decide chamar Tango porque se precisan dous para bailalo. Roi e Silo como bos pais ensínanlle canto poden a Tango, a primeira pingüín do zoo con dous pais. Os nenos que ían ó zoo de Central Park podían ver a Tango e os seus pais nadando e xogando cos demais pingüíns. As ilustracións de Henry Cole (Virginia-Estados Unidos, 1955) de estilo realista acompañan a narración a través de pequenas viñetas sen contorno mediante as que secuencian diferentes accións. Noutras ocasións ocupan a dobre páxina buscando composicións máis panorámicas. A cuberta presenta os tres protagonistas no final da historia e esperta o interese do lector por coñecer a historia que esconden os seus sorrisos. Recensións: - María Navarro, “Historia de pingüins”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 592, “Libros”, 14 xullo 2016, p. VI. Comenta positivamente que esta obra é coma unha lección de vida, xa que relata a historia de dous pingüíns machos, Silo e Roi, que crían un ovo que apareceu no seu niño, e xuntos se converten en pais de Tango. Afirma que é unha fermosa historia que amosa valores como o respecto e a tolerancia, transmitidos a través do reino animal. - Rocío García, “A polémica historia real de dous pingüíns homosexuais”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 23 outubro 2016, p. 6. Despois de se referir a que a obra se publicou por primeira vez en 2005 e de comentar a historia que se narra, salienta que foi premiada en repetidas ocasións, aínda que tamén recibiu reiterados ataques por parte de pais, nais, educadores e bibliotecarios, chegando incluso a ser prohibida e retirada dalgunhas bibliotecas e escolas norteamericanas. Di que se trata dunha historia que zumega tenrura, que pon énfase nas máis importantes características esixibles a unha familia: o amor e a felicidade. Eloxia a diversidade como un aspecto enriquecedor da propia sociedade e, en sintonía coa realidade actual, normaliza e enaltece a adopción. Destaca que este álbum encabezou dende a súa publicación o ránking dos libros máis censurados da American Library Society (ALA), acusado de “promover a homosexualidade” e “atentar contra a familia” e dá conta de

Page 76: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

que a súa recepción amosa a nova censura do século XXI, a dos estantes cerrados, menos abrasiva que a súa predecesora pero con semellantes consecuencias: a inaccesibilidade do lectorado máis novo a ditas obras. Reflexiona sobre o longo camiño que queda por percorrer na normalización da diversidade e cualifica a linguaxe de sinxela. Indica que as ilustracións, nas que predominan as cores frías e pasteis son orixinais e complementadoras da narración textual. Referencias varias: - Belén López, “Kalandraka edita en galego o libro 'Con Tango son tres”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra. Ciudad”, 5 xullo 2016, p. 13. Presenta este novo título de Kalandraka, traducido ao galego, catalán, éuscaro e portugués, que está baseado nunha historia real de dous pingüíns machos que adoptan un pingüín no zoo de Central Park e que pretende servir de axuda ás familias para tratar este tema cos máis pequenos. Indica que é un clásico da literatura infantil e xuvenil contemporánea que volve a estar de actualidade debido á censura que sufriu, con outros corenta e oito títulos en Venecia no ano anterior. - Justin Richardson e Peter Parnell, “Con tango son tres”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 18 xuño 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra. Ruíz Johnson, Mariana, A viaxe de mamá (El viaje de mamá, Garbuix Agency, 2016), ilust. da autora, trad. Manuela Rodríguez, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. demademora, [prelectorado], marzo 2016, [26] pp. (ISBN: 978-84-8464-992-2). Neste álbum ilustrado de Mariana Ruíz Johnson (Bos Aires, 1984) o protagonista narra en primeira persoa a marcha da súa nai. Descríbese como fai a maleta, a despedida no aeroporto, os cambios que o rapaz sente no día a día co seu pai, a comunicación coa súa nai a través do ordenador e o retorno da viaxe. As ilustracións, feitas pola autora, humanizan os elefantes, pois camiñan sobre dúas patas, van vestidos e teñen unha vida propia das persoas, co cal o lectorado se pode identificar. Polo xeral, ocupan a folla completa e o texto está por riba, pero tamén hai páxinas co fondo branco onde se representa unha parte en concreto da escena para centrar máis a atención nela. As ilustracións complementan a narración e engaden numerosos detalles á escena. A técnica empregada é dixital e nelas Ruiz Johnson combina liña en mancha. A expresividade do trazo é maior nas sombras que crea no chan debaixo dos personaxes. Para elementos vexetais e outros detalles utiliza unha liña máis minuciosa e homoxénea. Na última páxina descúbrese o pequeno elefante xogando con aquelas sorpresas que trouxo a nai da viaxe, e ao seu pé, cos demais xoguetes o libro A viaxe de mamá. Referencias varias: - Mariana Ruíz Johnson, “A viaxe de mamá”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 25 xuño 2016, p. 3.

Page 77: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra. Solís, Fermín, O meu tío Xakim (Mi tío Harjir, Garbuix Agency, 2015), ilust. do autor, trad. Anxos Sumai, Santiago de Compostela: El Patito Editorial, [prelectorado], febreiro 2016, [32] pp. (ISBN: 978-84-943213-9-9). Fermín Solís (Madroñera, Cáceres, 1972) relata a historia da chegada do tío Xakim dende a India ao barrio do seu sobriño e as peculiaridades da súa forma de vida: durmir nunha cama con cravos de ferro, comer cristais na ensalada ou a súa vestimenta típica da India. Ademais ao seu sobriño sorpréndelle a frauta do tío Xakim coa que encanta unha corda, como facía coas serpes, para axudar a baixar o seu amigo Manuel que quedara atrapado nas pólas dunha árbore. O último día da súa visita todo o barrio está de festa para despedir ao tío Xakim. As ilustracións sutís do autor son ricas nos detalles, cunha técnica moi depurada, un debuxo claramente influenciado por xente como Dupuy&Berberian, Seth ou Andi Watson, en cuxas obras a temática costumbrista é predominante. Moitas das ilustracións son a dobre páxina mais en todas resalta o dominio no trazo e a expresividade. O texto queda perfectamente integrado e serve de síntese do gran mapa visual á que leva cada páxina, espertando a curiosidade e levando ao lector a percorrer cada detalle. Ungerer, Tomi, Emilio (Emil der hilfreiche Tintenfisch, Diogenes Verlag AG, 1980), ilust. do autor, trad. Sandra Senra Gómez e Óscar Senra Gómez, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. Tras os montes, [prelectorado e lectorado autónomo], 2016, 31 pp. (ISBN: 978-84-8464-247-3). Tomi Ungerer (Estrasburgo, 1931) describe neste relato, a través dun narrador omnisciente, un mundo fantástico. Todo comeza cando o polbo Emilio, leal e heroico, salva ao coñecido mergullador Samofar do ataque dun tiburón e, como mostra de agradecemento por tal proeza, Samofar invita ao cefalópodo a vivir con el na terra. As habelencias que lle ofrecen os oito tentáculos fai que rapidamente se converta nunha eminencia para a música, nun experto socorrista e, asemade, sexa capaz de transformarse en elefante, cadeira, paxaro etc. Nos seus días libres, Emilio colabora coa policía e mesmo lles axuda a deter uns contrabandistas. No entanto, Emilio bota de menos o mar polo que, despois dunha merecida festa de despedida, regresa á profundidade da auga salgada. A amizade de Emilio e Samofar non se pode quebrantar, polo que o mergullador ía visitalo para xogar ao xadrez. O autor bota man dun animal tan pouco convencional para tratar temas como a empatía, o valor, o dominio do ben sobre o mal, a gratitude, o atrevemento, a amizade etc. Con todo, Emilio convértese nun modelo de ser humano perspicaz, decidido, amábel e desinteresado. Alén disto, Tomi Ungerer tamén é o encargado das ilustracións, realizadas en tons verdes e ocres a partir dun trazo sinxelo nas que é salientable a expresividade e sensibilidade das personaxes e o toque de humor que fan que se empatice co protagonista dende o primeiro momento. Son imaxes sobrias e eficazmente arranxadas, nas que Ungerer xoga cos límites da páxina, que dan continuidade ao debuxo facendo que imaxinemos o que falta; e cos detalles que avivan a curiosidade do lector.

Page 78: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Recensións: - Sara Reis da Silva, “Emílio, de Tomi Ungerer: outro admirable excéntrico”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 4 decembro 2016, p. 6. Comenta que entre 1958 e 1966, o escritor e ilustrador Tomi Ungerer compuxo un ciclo de cinco narrativas, un pequeno “bestiario” de animais pouco comúns na literatura infantil, que evidencia fortes resonancias da fabulística tradicional: Crictor, a cobra; Adelaida, a canguro; Emilio, o polbo; Rufus, o morcego; e Orlando, o voitre. Fíxase a seguir no terceiro volume, Emilio, orixinalmente editado en 1960 e que agora recupera Kalandraka Editora en castelán, galego, catalán e portugués. Resume o argumento e salienta as cualidades do polbo que cos seus xestos atentos e xenerosos axuda á policía a descubrir unha cuadrilla de contrabandistas. Di que, cunha arquitectura diexética bastante lineal, a narrativa conta cun discurso verbal moi directo, un léxico accesíbel e unha sintaxe simple e que a historia prende pola emoción e tamén polo cómico. Finaliza referíndose á composición visual, que considera elegante e simple nos trazos e as cores e na que salienta os múltiples relativos ao espazo ou aos escenarios e á caracterización dos personaxes, ademais de engadir ao texto sutís notas de humor. Salienta que ficcionalice, con orixinalidade e sen moralismos, tópicos tan relevantes como a solidariedade e a gratitude. Referencias varias: - Tomi Ungerer, “Emilio”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 9 xullo 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra. Wegelius, Jakob, A lenda de Sally Jones (Legenden om Sally Jones, Bonnier Carlsen Bokförlag, 2008), ilust. Jakob Wegelius, trad. Moisés Barcia, Cangas do Morrazo: Sushi Books, col. álbum, [lectorado autónomo], 2016, 107 pp. (ISBN: 978-84-15920-95-3). Novela ilustrada de Jakob Wegelius (Gothenburg, 1966) no que un narrador omnisciente relata como a gorila Sally Jones é secuestrada e apartada da xungla moi cedo. Dende entón, pasa por unha serie de peripecias e donos, dos que aprende leccións valiosas, dende roubar a un príncipe exipcio até conducir un coche e un barco. En xeral, todos queren aproveitarse dela pero tamén se atopa cuns amigos inmellorables, como Baba, o orangután do zoo que ten morriña das selvas de Borneo e o Xefe de máquinas co que rematará a historia dun xeito feliz. Finalmente Sally Jones que quere volver á selva do Congo e ser libre, decide co seu amigo o Xefe navegar arredor do mundo. Recensións: - María Navarro, “Como cadros de épica”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 605, “Libros”, 1 decembro 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 558, “Letras galegas”, 10 decembro 2016, p. 10.

Page 79: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Despois de describir brevemente a historia de Sally Jones, resúmese o argumento desta novela que une feitos reais e medio fabulosos con “tintes aventurescos” na que os comportamentos máis reprobables están relacionados co ser humano e os aspectos máis positivos como a amizade ou a lealdade están reflectidos nos animais. Indícase que o autor combina moi ben “a acción e o silencio”, facilitando ao lector entender cada momento dende a perspectiva física e emocional dos personaxes. Saliéntase que existe un humor fino na trama e nas ilustracións, conseguindo un optimismo en momentos nos que hai, incluso, crueldade. Apúntase que as páxinas semellan cadros de época, que se achega á novela gráfica, na que as imaxes axudan e apoian a propia lectura, xa que “discorren paralelas ao texto”. Referencias varias: - R. N., “Unha aventura engaiolante”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “En galego”, 30 setembro 2016, p. 10. Resume o argumento desta obra que é unha “atractiva metáfora sobre as reviravoltas” da vida. Wood, Audrey, A casa do sono (The napping House, 1984), ilust. Don Wood, trad. Susana Collazo e Rafa Salgueiro, Madrid: Lata de Sal, col. Vintage, 2016, [32] pp. (ISBN: 978-84-94469-84-8). Álbum clásico de lectura acumulativa de Audrey Wood (Littel Rock, Arkansas, EUA, 1948) que comeza nunha casa na que os personaxes (un neno, unha avoa, o gato, o rato e unha pulga) dormen todo o día uns enriba dos outros na cama da avoa, de maior a menor tamaño até que un día algo acontece: unha pulga pica o rato e o rato esperta o gato... así até que todos espertan. As ilustracións de Don Wood (California, EUA, 1945) xogan un papel fundamental e acompañan a narrativa, avivándoa, ao tempo que os personaxes espertan do sono. Ao principio predominan os tons azuis escuros para acompañar a noite do sono, mais pouco a pouco as cores comezan a usar tons máis vivos, como laranxa e amarelo até crear ao final un xogo de cores alegres. Wyke-Smith, E. A., O marabilloso país dos Snergs (The Marvellous Land of Snergs, Ernest Benn Limited, 1927), ilust. George Morrow, trad. Iolanda Mato, Cangas do Morrazo: Sushi Books, col. avanzado, [mocidade], 2016, 258 pp. (ISBN: 978-84-15920-88-5). Novela fantástica de E. A. Wyke-Smith (1871-1935), estruturada en tres partes con capítulos titulados, na que un narrador omnisciente en terceira persoa relata as aventuras que viven Joe e Sylvia cando foxen da S.E.N.S. (Sociedade para a Extracción de Nenos Sobrantes), unha colonia de nenos creada por Miss Watkyns nunha illa, para ir visitar os snergs, unhas pequenas criaturas moi colaboradoras. Alí atópanse co snerg Gorbo, que ten fama de zoquete, e na busca do camiño de regreso Joe e Sylvia son atrapados polo ogro vexetariano Golithos e a bruxa tía Meldrum, amante da cociña, e serán axudados polo snerg Gorbo e o bufón Baldry que os rescatan.

Page 80: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Recensións: - Montse Pena Presas, “O poder da iconoclastia”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 574, “Libros”, 3 marzo 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 531, “Letras galegas”, 12 marzo 2016, p. 10. Comenta que a novela permite decatarse do conformismo que adoita presentar a literatura xuvenil actual mediante unha obra que vai máis alá de modelar comportamentos e establecer normas e que busca ante todo o divertimento. Tamén fala brevemente do argumento e da construción de tres micro-mundos que rematan por confluír a través das aventuras que o mozo Joe e a súa amiga Sylvia viven durante a historia. Referencias varias: - R. Nicolás, “Mesmo Tolkien era o seu fan”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “En galego”, 5 febreiro 2016, p. 12. Salienta que esta novela fantástica pasou a historia pola devoción que suscitou no recoñecido escritor británico J. R. R. Tolkien.

Page 81: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.2 POESÍA VII.2.1. POETAS GALEGOS Alonso, Fran, Poemas birollos para ler cos ollos, ilust. do autor, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Sopa de libros, n.º 59, a partir de 6 anos, xuño 2016, 70 pp. (ISBN: 978-84-9121-052-8). Poemario de Fran Alonso (Vigo, 1963) no que se reúnen medio cento de composicións líricas que exploran as potencialidades da palabra, a imaxe, o son e a música, así como a interacción coas novas tecnoloxías, convidando ao ludismo e á diversión cara á infancia a través de formas poéticas moi visuais, nas que música e poesía conectan co plano sensorial. O poeta desenvolve un diálogo interartístico e de exploración poética por medio do gato protagonista. Salienta a concepción global do volume pola coherencia e unidade, debida sen lugar a dúbidas ao feito de que é un traballo do propio autor, que ademais de ser o responsable dos textos tamén fixo o deseño da obra e as imaxes inseridas. Pero a busca dunha poesía moi visual non empece que tamén se manteña o diálogo coa tradición, reescribindo composicións e actualizándoas, nunha busca de novos horizontes poéticos que desafían o concepto de poesía. Recursos como os caligramas, os diálogos absurdos, a reescrita de rimas populares e de xogos de palabras únense ao emprego de símbolos e tipografías actuais e coloristas, que mesmo teñen continuidade nun recurso en liña a partir do poema “O mar é un videoxogo”. Ao acceder a el, o lector vese asaltado pola voz do poeta, a música de Xurxo Souto e o deseño de Alma Alonso Costas que reclaman a acción do lector-usuario para que “pesque” nun océano a palabra que é precisa para completar cada verso que aparece no fondo da pantalla, imprimíndolle á lectura de poesía unha dimensión lúdica e interactiva moi actual. Os poemas están concibidos e impresos como caligramas nos que se mostra un xogo visual que mestura forma, tamaño e cor das letras e dos signos gráficos. A disposición e as figuras que acompañan os textos tamén axudan a transmitir a mensaxe ao lectorado. Recensións: - María Navarro, “Da potencia dos sons”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 593, “Libros”, 8 setembro 2016, p. VI. Indica que Fran Alonso busca acadar novos métodos para achegarse aos nenos, mediante a potencialidade dos sons e das sílabas, refuxiar a súa escritura no xogo, facendo “unha poesía divertida que estimula a linguaxe”. Menciona a aparición de poemas absurdos con referencias ao fútbol, ao amarelo, a unha arroba que ten palabras no seu interior etc. con intención de buscar unha desalienación no lector para que, deste xeito, tome a poesía como “música e baile das palabras”, así gozando do sentido de xogo que lle pretende dar o autor. Apunta que nesta obra, igual que noutros volumes, como é o caso de O meu gato é un poeta (2011) ou Cidades (1997), mostra os seus trazos como poeta que emprega a tradición, favorece a comprensión dos sentimentos e a imaxinación dun xeito divertida.

Page 82: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Isabel Mociño, “Outras olladas sobre a poesía para a infancia”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 23 outubro 2016, p. 6. Comézase aludindo á produción do autor ao redor da poesía infantil e xuvenil, na que publicou obras como Cidades (1997), considerada un referente da poesía para os máis novos, ou O meu gato é un poeta (2011), así como antólogo de Poetízate (2005). Da análise da obra, saliéntase o diálogo interartístico e intratextual, ao combinar poesía, música, videoxogos... na liña experimentada no poemario d’O meu gato é un poeta. Destaca as variadas formas e recursos presentes na obra, o experimentalismo e os xogos coloristas e divertidos de cada unha das composicións, que reclaman unha actitude moi activa ante cada páxina por parte do lectorado, ao explorar as potencialidades da palabra nunha nova forma de ler, que se cualifica como “máis visual, interactiva e creativa”. Referencias varias: - R. Nicolás, “Sorprendente e irreverente”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “En galego”, 1 xuño 2016, p. 11. Valora positivamente a última achega de Fran Alonso ao eido da poesía infantil. Cualifica de anovadora e sorprendente a edición da obra, que inclúe un videoxogo poético, e destaca a súa heteroxeneidade creativa. Canosa, María, O libro dos medos, ilust. Olaya Naveira, Santiago de Compostela: Ediciones Bolanda, 2016, [prelectorado e lectorado autónomo], [46] pp. (ISBN: 978-84-617-4510-4). Dedicado “Ao mundo da infancia onde non habita o medo ao futuro”, este poemario de María Canosa (Cee, A Coruña, 1978) ofrece un percorrido poético a través dalgúns dos elementos que representan os principais temores da infancia, como a escuridade, os médicos, as bruxas, monstros, pantasmas... Unha forma de esconxurar temores que é á vez unha homenaxe a poemarios dalgúns poetas de referencia para a infancia, que se plasma nas citas dos versos que abren cada apartado da obra. É o caso de As palabras están a mirarse arredor da mesa (2009), de Antonio García Teijeiro, que serven de limiar aos poemas “Noite”, “Treboada” e “Ruídos”; dos de Páxinas de Carricanta (2011), de Ana María Fernández, que preceden os poemas “Animais”, “Rato”, “Lobos” e “Arañas”; os de A princesa de Taramundi (2010), de Xoán Babarro, que abren o bloque composto por “Médicos” e “Pallasos”; os de Profecía do mar (1966), de Bernardino Graña, que inclúe os poemas “Pantasmas”, “Coco”, “Bruxas” e “Monstros”; e, finalmente, os versos de Os soños na gaiola (1968), de Manuel María, que dan paso ao último poema da obra, intitulado “Medo” e no que se recolle a mensaxe final de esperanza e alegría pola convicción de que todos os temores se superan. Os poemas van acompañados con ilustracións figurativas a lapis de Olaya Naveira alusivos á temática de cada poema. Referencias varias: - ECG, “Bolanda edita ʻO libro dos medosʼ para público infantil”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 25 outubro 2016, p. 36.

Page 83: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Informa da presentación por Bolanda Edicións do último título de María Canosa, coincidindo coa celebración do Samaín. Recolle as palabras da autora que define o libro como “un exercicio para conxurar os medos”. Di que este é o segundo título da autora e que está a escribir unha novela curta para adultos. Carballeira, Paula, Nunca mascotas, Vigo: Editorial Galaxia, col. Costa Oeste, [mocidade], setembro 2016, 61 pp. (ISBN: 978-84-9865-728-9). Poemario de Paula Carballeira (Fene, 1972) que principia coa dedicatoria “Para os animais que me acompañan e me acompañaron, a miúdo baixo a forma de persoas, pero sempre dispostos e dispostas a morder e rabuñar por min”. O volume está composto por un conxunto de vinte catro poemas centrados no mundo animal, cuxa primeira composición dá nome ao poemario. O eu lírico fai referencia á teimosía das avelaíñas, o agoiro dun corvo, o ruminante das vacas ou o determinismo dun porco celta, demandando en todos eles liberdade e combinando asemade ironía e ritmo. A obra só conta coa fotografía realista da cuberta de David de la Iglesia, na que se mostran dúas persoas con cabezas de animais, nun contexto de natureza no que predominan as cores escuras. Referencias varias: - Roque Soto, “Paula Carballeira. ʻLevamos un animal dentro, pero non son partidaria de ser dona dun bicho”, Atlántico Diario, “Galicia”, 5 decembro 2016, p. 15. Entrevista a Paula Carballeira na que fala do amor polos animais e do exercicio de humildade que deberiamos facer para telos máis en conta. Explica ademais a escolla do título, pois para ela a palabra mascota significa escravitude. Do contido, salienta o tratamento humanizado que lle dá aos animais, pois “a través del conocimiento de los animales se puede llegar a comportamientos que serían positivos para los adolescentes”. Chamadoira do Casal, Un globo de novelos, ilust. Raúl Velloso Lago, Silleda/Santiago de Compostela: Edicións Fervenza/ Xunta de Galicia, [lectorado autónomo], xuño 2016, 67 pp. (ISBN: 978-84-945375-6-1). n Baixo o pseudónimo Chamadoira do Casal, M.ª Dolores González-Chamadoira Pérez (Vigo, 1947) realiza neste poemario, dedicado a Xosé Neira Vilas, trinta e catro composicións fantástico-realistas agrupadas en diferentes seccións (“Poemas de Gres”, “Novelos na noite”, “Novelos de día”, “Novelos de festa” e “Novelos do mar”) que acollen as experiencias e vivencias infantís da autora no seu pobo, Cangas. Así, nelas están presentes as festas do lugar, a pesca e o mar que baña as costa de Cangas, os xogos e divertimentos da infancia ou personaxes do imaxinario infantil como o Ratiño Pérez ou Pedro Chosco. O poemario, no que predomina unha voz lírica en primeira persoa e que se acompaña de notas a rodapé nas que se aclara algunha cuestión relacionada coas diferentes composicións (situación xeográfica dun lugar, explicación dun personaxe etc.), péchase cun epílogo do profesor, cantante e escritor galego Baldomero Iglesias Dobarrio no que se fala da obra da autora. Os poemas acompáñanse

Page 84: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

das ilustracións que representan personaxes, detalles ou elementos dos que se fala no texto de Raúl Velloso Lago (Cangas, 1965). Emprega un estilo orixinal que lembra as imaxes dos petroglifos e as pinturas rupestres con fondos de cores planas e escuras nos que debuxa unha liña ruda, de diferentes grosores (finas e grosas) onde repite o símbolo da espiral. Noutras imaxes emprega cores moi vivas e recrea o ritmo da melodía a través da liña, recordando os cadros de Van Gogh. As ilustración van enmarcadas sempre dentro dun fondo, acompañando ao texto. Referencias varias: - Fernando Franco, “Y la nenopoesía de Loliña”, Faro de Vigo, “Vigo”, “Mira Vigo”, 18 novembro 2016, p. 11. Entre outras cuestións, informa da presentación en Vigo deste primeiro poemario infantil da autora, quen recitará os seus poemas acompañada do gaiteiro José Ángel. _____, “Al viento poético”, Faro de Vigo, “Vigo”, “Mira Vigo”, 26 xullo 2016, p. 9. Faise eco, entre outras actividades, da presentación a cargo de Heitor Mera e Borja Brun deste poemario en Cangas. Díaz, Pablo, Tic Tac Toc, ilust. Almudena Aparicio, Vigo: Editorial Galaxia, col. árbore/galaxia, serie sonárbore, [prelectorado] 2016, [30] pp. (ISBN: 978-84-9151-010-9). Contén CD. Álbum ilustrado de Pablo Díaz (A Coruña, 1972) no que recompila cancións con distintas temáticas, como por exemplo o San Xoán, as viaxes, a choiva, o galego, o Día da Paz ou distintos animais (tanto reais coma mitolóxicos), nas que se alternan a voz en terceira persoa coa primeira. Nas ilustracións Almudena Aparicio (Vigo, 1978) representa os animais personalizados, expresando ledicia moi acorde para un público infantil. A técnica empregada é a dixitalización na cal se identifican degradados de cores alegres e saturadas para crear volume. A imaxe destaca sobre o texto e incorporan os títulos cunha tipografía feita a través do selo. Domínguez Alberte, Xoán Carlos, Versos para conversar, ilust. Pablo Rosendo, Vigo: Editorial Galaxia, col. árbore/galaxia, n.º 211, a partir de 10 anos, outubro 2016, 72 pp. (ISBN: 978-84-9151-016-1). Xoán Carlos Domínguez Alberte (Ramirás, 1966) ofrece un poemario fundamentalmente lúdico e festivo, estruturado en cinco bloques. No primeiro, “Amizades”, a voz lírica presenta, mediante xogos lingüísticos, onomatopeas, aliteracións e outros recursos retóricos cinco animais da fauna galega: unha bubela, unha curuxa, un galo, un can e un cuco. O segundo, “Voces”, aproxímase á realidade antropolóxica galega, inserindo lendas tradicionais como a do home do saco e enxalzando unha práctica case esquecida na memoria: os contos ao redor da lareira. Intitulado “Brinquedos”, o terceiro capítulo, comprende cinco composicións para rir e gozar con almorzos caseiros, cóxegas, un posto para vender verduras, o xogo da corda

Page 85: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

ou incluso a posibilidade de enredar co vento. O cuarto, “A lúa e a nena”, amosa as distintas facetas da señora lúa. Pecha o volume “Soños”, con seis poemas de temática diversa, entre os que destaca “Pórlle o rabo ás cereixas”, que explica a motivación desta expresión galega. A reivindicación lingüística converxe co enaltecemento da cultura popular galega nunha obra complementada coas ilustracións de Pablo Rosendo (Vigo, 1984), nas que predominan as cores frías, en concreto a azul, que concorda co ton escollido para os títulos de todas as composicións. Fernández, Ana María, Cantigas para aprender a soñar, Premio Arume da Fundación Xosé Neira Vilas e Premio Arume de Poesía 2013, ilust. Minia Regos, Ferrol: Edicións Embora, col. Fardel dos soños, [lectorado autónomo], abril 2016, 44 pp. (ISBN: 978-84-16456-14-7). Colección de poemas de Ana María Fernández (Palma de Mallorca, 1949), dedicados ao público infantil, que se inicia cunha dedicatoria para os seus fillos e alumnos, para seguir cun prólogo asinado por Xosé Neira Vilas, quen salienta a traxectoria literaria e docente da autora, así como a importancia de escribir poesía para nenos. A clave temática da obra é a noite e a súa simboloxía, pero especialmente as composicións musicais que axudan aos nenos a durmir e a soñar. Outras temáticas tratadas son: a lúa como berce para os nenos, o sol como astro rei da vida, a natureza en todas as estacións do ano, a soidade, as estrelas como símbolo de esperanza e a felicidade. As cantigas posúen un marcado carácter didáctico e educativo, presentando contidos como os días da semana ou os meses do ano. Fernández, Ana María, Versos da tarde laranxa, ilust. María Ruiz Castelain, Vigo: Editorial Galaxia, col. árbore/galaxia, n.º 206, a partir dos 8 anos, 2016, 65 pp. (ISBN: 978-84-9865-723-4). Poemario de Ana María Fernández (Palma de Mallorca, 1947) no que se reúne medio cento de composicións dirixidas ao lectorado autónomo. Nelas predomina un marcado ton nostálxico da voz poética, que se combina coa perspectiva inocente dunha ollada infantil sobre o mundo, os animais, fenómenos atmosféricos, elementos meteorolóxicos, as estacións do ano, o mar, o espazo urbano, a soidade ou os seres fantásticos e propios do imaxinario colectivo, como as sereas ou as princesas,o paso do tempo, así como a propia esencia da poesía e do poder creador da palabra. Salienta o conxunto pola coidada selección léxica, que incide na visión nostálxica, determinada polo solpor e as referencias á cor laranxa, nunha evocación que semella metáfora do paso do tempo e da visión da vida dende a idade adulta. De aí que o poemario propicie diferentes niveis de lectura, nos que tamén se percibe a ironía, a retranca e o humor, que conviven coa evocación das lembranzas infantís, as referencias ao doméstico, en especial a casa como espazo do íntimo, ao amor e á paz, concibida como un obxectivo tanto social coma individual. Amais non faltan as reflexións metaliterarias sobre a importancia da poesía na vida cotiá, da solidariedade e da acollida dos inmigrantes, nuns versos nos que se perciben elementos recorrentes da lírica da poeta, en especial a sonoridade e o marcado ritmo poético, que asenta moitas veces nas aliteracións, repeticións e onomatopeas. As ilustracións figurativas de María Ruíz Castelain (Vigo, 1985) introducen o texto sobre a imaxe relacionándoos entre si a través do cromatismo saturado de tres cores: a escala de

Page 86: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

grises, laranxa e branco. Emprega a técnica da acuarela dun xeito harmónico combinada con diferentes grafismos que recordan os garabatos da distracción ou relaxación. García Teijeiro, Antonio, Poemar o mar, ilust. Xan López Domínguez, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Merlín, n.º 255, 9 anos en diante, abril 2016, 68 pp. (ISBN: 978-84-9121-018-4). Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952) remata con este poemario a triloxía que ten o universo mariño como fío condutor que comezara con En la cuna del mar (Creotz, 2015) e que continuara en Palabras do mar (Embora, 2015). Fala de sereas poetas, nenas caladas, dun neno algo raro que dialoga co mar dende o seu barco de papel, da fauna e flora mariña, do mar como soño, do mar inquedo que xoga coa lúa, que se move bulideiro, do mar que ronca e molla con poemas, do mar ferido que chora por dentro e cala por fóra... Realiza unha escolla léxica coidada e diferentes tipos de composicións poéticas, como limericks, coplas, cantigas de berce, haikus ou versos perdidos. Xan López Domínguez (Lugo, 1957) entende a esencia da poética do autor; de xeito que palabra e imaxe casan nunha unión case perfecta, erixíndose como un todo. Recensións: - Ramón Nicolás, “Sempre o mar”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “En galego”, 6 maio 2016, p. 6. Despois de citar diferentes libros de Antonio García Teijeiro e comparalo con Lorca, presenta o novo libro de poemas que emociona coa temática do “mar coas rompentes e con que son enigmas e misterios”. Lembra moitos autores destacados da literatura galega que tamén seguiron a temática mariñeira e recomenda a súa lectura. - Armando Requeixo, “O mar de Antonio García Teijeiro”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 934/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 934, “letras Atlánticas”, 29 maio 2016, p. 32. Indica que a poesía infantil é un xénero que vai acadando solidez entre nós e que Antonio García traballa nesta liña coa súa triloxía poética: En la cuna del mar (Creotz, 2015), Palabras do mar (Embora, 2015) e Poemar o mar (Xerais, 2016). Apunta que as obras falan do universo mariño, da súa fauna e flora, así como a relación coa lúa, o horizonte ou a beiramar, é dicir, “do mar sempre aberto a un futuro de ilusións”. Salienta que emprega moitos xogos de palabras, como son as anáforas, antíteses, epímones, calembures, emparellamentos, entre outros, e que homenaxea a Alberti, Neruda, Juan Ramón Jiménez, Cabanillas, Manuel Antonio, Bernardino Graña, Juan Carlos Martín Ramos e Juan Kruz Igerabide. - Rocío García Pedreira, “Palabras con recendo a sal”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 2 outubro 2016, p. 4. Comeza salientando que a poesía infantil é un xénero canónico que vai facéndose sitio nos itinerarios lectores dos máis novos e comenta o poemario de Antonio García Teijeiro, un defensor da inclinación natural destes grupos de idade cara á poesía e os

Page 87: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

beneficios da súa utilización na docencia. Recorda que o presente ano acaba de publicar a terceira parte da triloxía que ten o universo mariño como fío condutor, que comezara con En la cuna del mar (Creotz, 2015) e que continuara en Palabras do mar (Embora, 2015). Indica a súa temática, a escolla léxica coidada e a variedade de composicións, apuntando que é un “poemario que pide lelo en voz alta, que molla, que recende, que sona e, ante todo, que namora”. Refírese ás ilustracións realizadas e salienta que fomenta a reflexión crítica, que recorda a outros poetas das tradicións literarias española e galega e que é “un dos poetas de maior e recoñecido prestixio dentro da Literatura Infantil e Xuvenil galega”. Referencias varias: - Amaia Mauleón, “El tercer regalo de Teijeiro al mar”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 29 abril 2016, p. 40. Preséntase este último libro da triloxía de Antonio García Teijeiro e ilustrado por Xan López Domínguez. Dise que o autor, un dos máis importantes poetas para nenos, quería homenaxear o mar a partir de tres libros (os dous primeiros en castelán e o último en galego) ilustrados cada un por un artista diferente. Coméntase tamén que a finalidade desta triloxía é “espertar e avivar” nos máis novos o gusto pola poesía ao ser unha poesía viva e musical, pero tamén obter a valorización dos adultos. Por outra banda, fálase da participación do autor no espectáculo de Paco Ibánez, “Palabras con alas”, no que este musicou pezas de diferentes poetas. Gómez Pato, Raúl, Cousas de papá, ilust. Blanca Barrio Gutiérrez, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, [lectorado autónomo], setembro 2016, 48 pp. (ISBN: 978-84-9121-089-4). Inclúe CD. Tras as dedicatorias do músico Héctor Lorenzo Piñeiro, da ilustradora e de Raúl Gómez Pato (Ourense, 1966), acóllense dezasete poemas nos que se poetizan con humor diferentes elementos cotiáns da infancia como a vasoira, o libro, unha pulseira, un avión de papel, os lentes de cristal, as mascotas, as cartas, ossons, o cano da fonte, os pesadelos e incluso a serea do Miño. Tira do ritmo e da rima en poemas breves de arte menor, empregando técnicas tradicionais como as estruturas acumulativas, onomatopeas e enumeracións. Acompáñanse de ilustracións a toda páxina de Blanca Barrio Gutiérrez (Burgos, 1967) que representan a cor os distintos elementos poetizados. Janeiro, Almudena e Borja Guerrero, Máis contos en cantos, ilust. VV.AA., Pontevedra: OQO Editora, col. Q son, [prelectorado e lectorado autónomo], setembro 2016, [34] pp. (ISBN: 978-84-9871-535-4). Contén CD. Libro-cd no que se recollen as letras dos trece temas musicais baseados noutros tantos álbums ilustrados narrativos publicados por OQO nos últimos anos. É a segunda entrega deste tipo de versións musicais realizada por Almudena Janeiro, quen oito anos antes foi a responsábel da primeira entrega do disco Contos en cantos, editado pola mesma editorial, tal como se adianta nunha breve presentación da obra. Cada unha das composicións ten o mesmo título cá obra na que se basea e as ilustracións que

Page 88: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

acompañaban o texto orixinal. É o caso de “Chocolata”, “A mellor sopa do mundo”, “A voda do galo Pinto”, “A máscara do león”, “Cocorico”, “A figueira de Pelostortos”, “Maruxa”, “Carabuñas”, “Picurruchos”, “A princesa do Caurel”, “Chega un avión!”, “Corre corre cabaciña” e “Nariz de ouro”, que contan coas ilustracións, respectivamente, de Helga Bansch, Mar Ferrero, Natalie Pudalov, Paloma Valdivia, Mikel Mardones, Mafalda Milhões, Charlotte Pardi, João Vaz de Carvalho, Javier Solchaga, Simona Mulazzani, André Letria e Juliana Bollini. Todas estas composicións musicais de Almudena Janeiro, que pon a voz, coros, guitarra e percusións, están interpretadas tamén por Xavier Soto, Pedro Díaz, Cris Macías e Blas, mentres que foron masterizadas por Fran Álvarez. Trátase de temas que, cun ton alegre e distendido, achegan aos máis novos historias que xa coñecen, agora a través da música. As ilustracións de cubertas, portadas, páxina de créditos e gardas son de Borja Guerrero. Emprega unha técnica de colaxe e debuxos recortados para este álbum concibido como un compendio de libros anteriores, pois as ilustracións interiores son fragmentos de anteriores libros da editorial OQO, cunha autoría múltiple das imaxes interiores. López-Casanova, Arcadio, Cancioneiriño (Do tempo e a paisaxe, dos traballos e as festas). Versos para a xente nova, Santiago de Compostela: Follas Novas, col. Os libros do loureiro, n.º 13, maio 2016, 92 pp. (ISBN: 978-84-608-8264-0). O novo poemario do académico de honra e catedrático de literatura española Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942) recompila composicións escritas por el con anterioridade e nacidas do desexo de sumar esforzos “ó vizoso agromar da nosa literatura infantil e xuvenil”, tal e como nos indica no “Breve limiar” que encabeza o volume. Achega este paratexto inicial algunhas informacións complementarias no plano autorreferencial e formal, coma o feito de recolleren estes poemas certas memorias da Mariña Luguesa, O Páramo e a casa familiar do Rodo, e tamén de estaren compostos con esixencia estética nas formas da “máis xenuína tradición lírica” galega ao seu entender: o cantar popular e a cantiga. Consonte as súas paridades temáticas, o poemario divídese en sete epígrafes separadas por lenzos de Juan Vidales Pousa. “Do tempo: as estacións”, “Da paisaxe”, “Garulada de paxaros”, “Da mar e as navegadas”, “Dos traballos e os días”, “De festas e divertimentos”, “Cantigas de berce, Nadal e Reis” cobren así innúmeros xogos, celebracións ou escenarios próximos á rapazada. Priviléxiase neles o ritmo e a musicalidade, unha claridade expresiva que non renuncia á riqueza léxica, así como un amplo abano de recursos paralelísticos: anáforas, refráns, enumeracións, estruturas bimembres e circulares etc. Recensións: - Armando Requeixo, “Doce abalo”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 945/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 945, “letras Atlánticas”, 24 xullo 2016, p. 28. Comeza sinalando a traxectoria literaria de Arcadio López-Casanova. A continuación, informa da saída ao prelo deste poemario que emparenta coas narracións infantís do autor, posto que xa fora escrito a mediados dos setenta, aínda que non o publicou daquela. Explica que se trata dunha “cartografía da Galicia do seu tempo”, eloxia a

Page 89: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

“mestría estilística” do autor e destaca a musicalidade dos poemas para finalmente felicitalo pola súa obra. María Fumaça, Aire, ilust. P. Pastor, Vigo: Editorial Galaxia, col. árbore/galaxia, serie sonárbore, [prelectorado e lectorado autónomo], 2016, [28] pp. (ISBN: 978-84-???). Contén CD e DVD. Novo traballo musical do colectivo María Fumaça no que reúnen dezaoito composicións musicais pensadas para o público infantil e familiar. O protagonista de todos os temas é Rui, as súas vivencias, contorna e descuberta do mundo, visto dende unha perspectiva integradora e respectuosa coa diferenza. Así, “Ven comigo”, “A horta de Balbina”, “O meu barco”, “Suite en Ruí maior”, “Rocanrol”, “Dona Matílica”, “Son malote”, “Pedro Chosco”, “Aire”, “Apertando”, “Como ti queiras”, “Os sentidiños”, “Neno caníbal”, “Just you and me”, “Canción da marioneta”, “Gústame xogar”, “Zapato no pé” e “Máquina do amor” son os títulos dos temas que configuran unha viaxe por soños e ilusións da infancia e que se complementan cos vídeos musicais que aparecen no DVD, que tamén é un karaoke para favorecer a aprendizaxe e interpretación dos temas polo público ao que se destina a obra. Deste modo, o libro serve de soporte ás letras dos temas e ás ilustracións que acompañan cada un deles, recreando situacións e incidindo na visión cómica e desenfadada destas músicas compostas por un numeroso grupo de intérpretes, capitaneados por Uxía Senlle (Sanguiñeda, Mos, 1962), tal como se recolle na páxina final da obra. Neira Vilas, Xosé, Quique na aldea, ilust. Olaya Naveira Souto, Santiago de Compostela: Ediciones Bolanda, [lectorado autónomo], 2016, [33] pp. (ISBN: 978-84-617-5582-0). Conxunto de quince poemas narrativos de Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928-2015) nos que Quique descobre un mundo novo e engaiolante, a aldea, cos seus costumes, festas, romarías, natureza, tradición oral de contos, cantares e lendas. Así “Na aldea” poetiza a chegada alegre a ese mundo; en “Quique da Estrada” preséntase o protagonista que vai visitar seus avós e súa avoa cóntalle lembranzas en “Miña avoa”. Tamén hai lugar para describir “Xogos” coma escondite, pillada, rolda da buxaina e billarda, mentres que “Co avó Xaquín” repasa os bechos do monte e “Na feira” ve os feirantes e os tratos que fan cos compradores. Tamén hai cabida para “Sultán”, un can de palleiro que enreda coa rapazada e se sinte amigo de Quique, e para ir “De pesca” ao río cheo de troitas, escalos, anguías, salmóns e lampreas. Descobre os costumes da “Romaxe” a Santa Baia e no “Monte adiante” a flora e fauna que rodea a aldea, mentres que “Na horta” realiza labores agrícolas como recoller patacas, pementos, cebolas e cabazas. En “O porco bravo” acompaña seu avó a cazar; en “Contos e cantos” reivindica a narración oral ao redor da lareira. Por último en “Día de festa” describe a celebración e “Abur” supón o poema despedida dese mundo que describe. Na ilustración da cuberta aparece Quique que voa na compaña de paxaros. Os debuxos son de Olaya Naveira e complementan os poemas con imaxes de aldea como as feiras, a pesca no regato, os paseos polo bosque, as hortas, a romería. Son ilustracións con trazos de tinta, liñas simples e estampacións que teñen un cromatismo comedido que aporta serenidade as composicións.

Page 90: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Referencias varias: - Jaureguizar, “Neira Vilas volve á aldea da man dun neno de vila nun relato que quedara inédito”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Sociedad”, p. 61/ El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, “Literatura”, p. 68, 26 novembro 2016. Faise eco da presentación desta obra inédita na casa de Gres. Indícase que participou o presidente da Xunta que animou á infancia a ler en galego e louvou a Neira Vilas. Apúntanse outras actividades en homenaxe ao escritor, como a proxección do documental Espantallo amigo de Carlos Seijo, que fai un percorrido polas andainas vitais e literarias de Neira Vilas, e a presentación da reedición Cantarolas pra xente miúda, con poemas musicados por Suso Vaamonde. - Mario Álvarez, “Feijóo anima aos nenos a ler na presentación da obra póstuma de Xosé Neira Vilas”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 26 novembro 2016, p. 35. Con motivo do aniversario do falecemento de Xosé Neira Vilas, preséntase esta obra póstuma que contou coa presenza de Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Cultura e familiares do autor. Indícase que o protagonista é diferente a Balbino, pois vive na vila e descobre a aldea nunhas vacacións. - Salomé Soutelo, “Presentan a obra póstuma de Neira Vilas, ʻQuique na aldea”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 26 novembro 2016, p. 40. Informa de presentación na Fundación Xosé Neira Vilas desta obra que conta a historia dun neno que descobre os encantos da aldea un verán que pasou cos avós. Sinala que ao acto acudiu o Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoó, quen dedicou unhas palabras de ánimo á lectura ao alumnado dos colexios de Piloño, Vedra e Boqueixón, los cuales también han acudido al acto, e que tamén participaron o Conselleiro de Educación Román Rodríguez e o artista Roi Casal. - M. Sueiro, “Neira Vilas reaparece en su aldea con la obra ʻQuique na aldea”, ABC, “Galicia”, 26 novembro 2016, p. 58. Describe o acto de presentación desta obra que demanda a importancia da contorna rural e no que estivo presente o Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoó, quen reivindicou a Xosé Neira Vilas e o seu compromiso coa lingua e o país. - Xosé María Dobarro, “Cabodano”, Diario de Ferrol, “Opinión”, “Outra volta”, 27 novembro 2016, p. 16. Con motivo do aniversario do pasamento de Xosé Neira Vilas, recalca o seu labor intenso como escritor e di que tivo lugar na súa casa natural de Gres a presentación da súa obra inédita, Quique na aldea. - Irene Adler, “Neira vuelve a la aldea”, La Región, “La Revista”, n.º 257, “Con texto”, 11 decembro 2016, pp. 14.

Page 91: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Dá conta da homenaxe na Casa romana de Vila de Cruces a Neira Vilas na que se presentou o álbum póstumo, ilustrado por OlayaNaveira, que recolle unha serie de poemas dun neno que descobre a paisaxe rural galega, achegando ao lector a “beleza do campo galego, das romarías, dos xogos na rúa, as feiras, etc.”. Santalices, Verónica, Laura Iglesias e Federico Welicki, As andanzas de Paio, ilust. David Álvarez e Laura Iglesias, Vigo: Editorial Galaxia, col. árbore/galaxia, [lectorado autónomo], 2016, [30] pp. (ISBN: 978-84-9865-675-6). Contén CD. Nesta historia fantástico-realista de Verónica Santalices, Laura Iglesias e Federico Welicki, narrada en primeira persoa, na que a prosa narrativa do conto é acompañada por cancións escritas en verso, cóntase a historia de Paio, un teixugo viaxeiro que tras un ano de percorridos polo mundo chega ao seu fogar e lles describe aos seus amigos (un cadelo, unha vaca, un galo, dúas galiñas, un porco, un cabalo e unha ovella) as súas aventuras, acompañadas en todo momento por datos curiosos e por respecto ao medio ambiente. Remata cunha ficha técnica nomeando a todas as persoas participantes na realización da obra, incluídos os músicos que poñen melodía ao volume: Suso Feixón, Federico Welicki, Diego Pacheco, Darío Floccari, Adrián Solla, Verónica Santalices, Érika Welicki e Xacob Welicki. As ilustracións, de David Álvarez e Laura Iglesias, moi coloridas e detalladas a dobre páxina, serven para introducir ao lector en cada unha das aventuras do narrador. Vázquez Pintor, Xosé, Bicos, ilust. VV. AA., Silleda/ Lalín/ Silleda/ Agolada: Edicións Fervenza/ Hoxe queixos/ Restaurante Enxebre/ Concello de Agolada, [lectorado autónomo], agosto 2016, 73 pp. (ISBN: 978-84-945375-8-5). n Xosé Vázquez Pintor (Melide, 1946) dedica este poemario “Para os meus netiños máis pequerrechiños: Alan e Brais”. Acolle trinta e tres composicións, preferentemente escritas en pareados ou á maneira de diálogo, que describen cunha linguaxe sinxela diferentes animais, xogos e elementos cotiáns, como a casa da aldea en “A casiña”, “O rato”, “A pulga”, “Paso de peóns”, “A serpe”, “O raposo”, “A toupa”, “O cabalo”, “A troita”, “O lobo”, “O barco”, “O cole”, “Noite”, “O gua”, “Semáforo”, “O ourizocacho”, “A billarda”, “O peón”, “A parafita”, “O tren”, “O sapo”, “A tele”, o canciño “Pico e mais eu”, “A pucha”, “O stop”, “A vaca”, “Paxariño señorito”, “O avión”, “O morcego” e “O grilo”. Péchase cunha “Epístola a Balbino”, o poema “...nós” dedicado aos netos e “Retrincos”. Na cuberta un gran corazón bermello sobre un fondo verde e area reflicte as emocións que percorre este poemario adicado á infancia. Os poemas van acompañados dunha ilustración a dobre páxina realizada por vinte ilustradores e ilustradoras o que lle outorga ao libro unha gran singularidade. As aportacións visuais achegan aos poemas unha gran diversidade estética e técnica (debuxo, acuarela, fotografía, colaxe, dixital…) e corren a cargo de Agustín Bastón, Alba de Alba, Beatriz Mosquera, Camilo Caamaño, Damián Paio, Héitor Picallo, Isabel Alonso, José Antonio Fondevila, Lito Portela, Lois Gil, Manlo Fragoso, Manuel Núñez, María Núñez, María Sánchez, Pilar Taboada, Ramiro Cimadevila, Xan Paz, Xandre Otero, Xavier Ríos, Xulio García e Yanira León. Referencias varias:

Page 92: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Belén López, “Xosé Vázquez Pintor. ʻVíñenme ao tempo de neno”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 23 outubro 2016, pp. 12-13. Con motivo da publicación deste poemario, entrevístase ao autor quen describe o libro como unha homenaxe á infancia na aldea ilustrado por vinte creadores e explica o significado do título. Tamén fala da dificultade de escribir para os nenos, da conexión con Quián e do seu próximo libro de teatro que se acompañará dun disco. - Fran Brea, “Lalín programa teatro, música y fotografía para noviembre”, Diario de Pontevedra, “Deza”, “Tabeirós”, 27 outubro 2016, p. 25. Comenta a celebración da exposición “Outono Fotográfico” en Lalín. Dá conta das diversas actividades que inclúen: mostras teatrais, artísticas e musicais. Salienta a presentación deste libro de Xosé Vázquez Pintor e a actuación de Redrum Teatro coa obra A nena que quería navegar.

Page 93: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.2.2. REEDICIÓNS COMENTADAS E FACSÍMILES. TEXTOS RECUPERADOS (NÓS) Migallas, Canta connosco!, ilust. Óscar Villán, Pontevedra: Kalandraka Editora, [prelectorado e lectorado autónomo], 2016, [41] pp. (ISBN: 978-84-8464-276-3). Contén CD e DVD. Reedición do traballo do Grupo Migallas Canta connosco!, considerado un referente da música infantil en galego dende a súa publicación en 1996. Dedicado “ás nenas e nenos que medraron coas cancións de Migallas e aos nenos e nenas de agora, para que sigan cantando connosco”, a obra presenta unha coidada edición en formato de libro-cd, no que se recollen as letras das doce cancións que compoñen o traballo, un cd coa música e un dvd con vídeos para favorecer a práctica e aprendizaxe das cancións, que tamén se poden seguir polo karaoke. O libro conta coas suxestivas ilustracións de Óscar Villán, que lle achegan frescura e humorismo ao conxunto, así como unha presentación de Manuela Rodríguez, quen rememora a relevancia de Migallas no panorama galego e lles agradece as súas contribucións á música infantil, salientando a combinación de ritmos tradicionais e actuais e as potencialidades destes recursos para traballar de xeito lúdico e interdisciplinar aspectos como a expresión dramática. As composicións levan por título “O esqueleto”, “O libro máxico”, “O rap da lingua”, “Dime que fixeches”, “Mamá gatiña”, “Perico Pérez”, “Os xogos”, “O rock da ducha”, “Os virus xacobeos”, “Ai, patín!”, “O eucalipto e o carballo” e o tema instrumental “Cando chega a mañá”. Péchase a obra cun breve resumo das características de cada un destes temas, a súa orixe e contidos, incidindo na perspectiva temporal das dúas décadas que pasaron dende a composición deles. Referencias varias: - Cuca M. Gómez, “Castañas para todos”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 6 novembro 2016, pp. 78-79. Informa da presentación en Pontevedra da reedición de Canta connosco! de Migallas no Museo. - Belén López, “Volver cantar con eles”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 5 novembro 2016, p. 14. Anúnciase a presentación no Museo de Pontevedra da reedición deste poemario que conta con novo material e ilustracións de Óscar Villán e un DVD con videoclips de Miguel Sagüillo nos que participou alumnado de Vilaverán, do obradoiro “Á procura do tesouro” de Pontevedra e a escola de teatro de Tomiño. Logo explícase a orixe da ducis de temas musicais. - Marta Becerra, “Los más pequeños toman conciencia”, El Progreso, “Lugo”, “El despertador”, 27 novembro 2016, p. 14. Informa de varios actos celebrados na capital lucense: a elaboración dun mural con textos apoiando a igualdade de xénero na Fundación Juan Soñador; a realización do

Page 94: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

contacontos “Once damas atrevidas” na librería Biblos, que trata a violencia de xénero, e, por último, presentación na librería Trama dun libro disco chamado Canta connosco! con colaboracións como as de Paco Dicenta, Xosé Manuel Budiño e Suso Vaamonde. Indica que todos perseguen difundir valores como a igualdade de xénero á infancia. - Cuca, M. Gómez, “Una bonita tarde con mi sobrina”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 28 decembro 2016, p. 62. Entre outros eventos, informa da sinatura de exemplares na libraría Nobel polo grupo Migallas do seu último libro-CD Canta connosco!. Neira Vilas, Xosé, Cantarolas para xente miúda, ilust. Antía Vaamonde García, [s. l.]: Senén Vaamonde Polo, [lectorado autónomo], 2016, 33 pp. (ISBN: 978-84-617-5686-5). Inclúe CD. Reedición desta obra de Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928-2015) publicada por primeira vez en 1975 e que conta agora con dúas breves reseñas biográficas de Suso Vaamonde (Regodobargo, 1950) e de Neira Vilas e cos poemas “Ensoños”, “O río”, “Historia dun grilo”, “O Ferreiro”, “O xoguete”, “Na tardiña”, “O subiote”, “Cantarela dos nenos”, “O Piñeiro”, “Formigas”, “O vento”, “Cabaliño novo”, “Vai a meniña” e “Soñei con tuturutú” nos que se poetizan elementos da flora e da fauna, xogos e o tempo de lecer da infancia, reivindicando a identidade galega. Acompáñase das ilustracións de Antía Vaamonde García a toda páxina sobre as que se imprimen as letras dos poemas. Son debuxos figurativos que representan o elemento que se describe no poema. Referencias varias: - A. Nogueira, “Cantarolas pra xente miúdaʼ vuelve a las librerías tras 30 años”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 27 novembro 2016, p. 53. Refírese á homenaxe na Casa do Libro de Vigo que a familia de Suso Vaamonde fixo ao escritor Xosé Neira Vilas con motivo do primeiro aniversario da súa morte en forma de presentación da reedición do libro-CD Cantarolas pra xente miúda, que engade as ilustracións da sobriña do cantante vigués, Antía Vaamonde. - C. R., “Música, baile e actividades infantís”, La Región, “Nadal nas Comarcas de Ourense”, “Nadal en Xinzo de Limia”, “Programa”, 23 decembro 2016, p. 4. Entre outras actividades relacionadas co Nadal do Concello de Xinzo de Limia, coméntase que a nenez de diferentes escolas participan no Programa Teatro en Nadal, a cargo de Aneis Teatro, e do concerto de “Cantarolas para xente miúda”.

Page 95: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.2.3. TRADUCIÓNS E VERSIÓNS Iglesias, Gracia, O fío (El hilo, Kalandraka Editora, 2016), ilust. Rosa Osuna, trad. Xosé Ballesteros, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. Demademora, [prelectorado], maio 2016, [30] pp. (ISBN: 978-84-8464-99808). Álbum infantil de Gracia Iglesias (Madrid, 1977) que ofrece un relato rimado, cargado de tenrura e humor, que principia coa representación dunha reacción natural e cotiá: tirar dun fío que sobresae da roupa. O protagonista desta disparatada historia, caracterizada pola fluidez, decide turrar del con curiosidade, porén a situación enrédase dun xeito inesperado e sen retorno. Cando se decata do desatino e intenta deslearse do fío, descobre que, ademais de estar unido a toda a roupa, tamén forma parte de canto o rodea, como o sol, as nubes ou a fraga. Tirando e tirando dese fío case infinito descose as árbores e o ceo, ficando completamente canso. O volume conta coas ilustracións de Rosa Osuna (Segovia, 1961) que complementan a historia á perfección, engadindo dous personaxes esenciais que non aparecen no texto narrativo: un gato e un paxaro. O gato móstrase feliz por xogar co nobelo que se vai formando, mentres que o paxaro reflicte a preocupación pola situación na que se ve envolto e pola seguridade do seu niño. Os fondos de cores apagadas contrastan co cativo e co felino, cuxa cola semella o arco da vella. Es de destacar que los fondos de colores apagados contrastan con el niño y el felino, ofrecendo un contrapunto moi interesante. Recensións: - Verónica Pousada Pardo, “Enguedellando o fío da vida con fantasía”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 18 setembro 2016, p. 4. Primeiramente ofrece datos biográficos da escritora e dos galardóns recibidos, como é o caso do Gloria Fuertes 2001, o Premio Nacional de Poesía Fundación Miguel Hernández 2004 e o Premio Luna de Aire 2009. Logo comenta o argumento e as ilustracións que “complementan a historia á perfección, engadindo dous personaxes esenciais que non aparecen no texto narrativo: un gato e un paxaro”. Finaliza salientando que a obra é unha inclusión da fantasía no ámbito diario, coa intención de “procurar a simpatía e o sorriso do público”, e que conta con referencias intertextuais coa mitoloxía grega e aqueles fíos de vida co que as Moiras controlaban o destino dos mortais. Referencias varias: - Gracia Iglesias, “O fío”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 3 setembro 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra escrita por Gracia Iglesias e ilustrada por Rosa Osuna. Ramírez Lozano, José A., Os lapis primos, ilust. Natalie Pudalov, trad. Marisa Núñez,

Page 96: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Pontevedra: OQO Editora, col. Q, [lectorado autónomo], setembro 2016, [38] pp. (ISBN: 978-84-9871-534-7). José A. Ramírez Lozano (Nogales, Badaxoz, 1950) compón este conxunto de poemas ao redor dos lapis, da súa orixe e da súa funcionalidade na escola para desenvolver a caligrafía ou a imaxinación, comparándoos cos garfos, cos peites, con canas de pescar, cun contagotas, con gravatas, con mistos, coa espiña dun peixe, cunha agulla, co peteiro dunha ave, co nariz, cun escarvadentes, cunha pata de araña, coa punta dun parugas, con xabón de tocador, cunha lanterna, cunha pinza, cunha chave, cunha goma de borrar, coas agullas dun reloxo, cun abridor e cun lapis de labios, deseñando imaxes moi divertidas e orixinais. As ilustracións figurativas son de Natalie Pudalov (Rusia, 1980). Na cuberta aparecen uns personaxes estrambóticos que mesturan as persoas cos animais. Tamén están decoradas as gardas e a portada. As figuras imaxinativas e as composicións do interior crean un universo fantástico para describir visualmente a narración deste álbum infantil deseñado cun estilo surrealista. As ilustracións presentan numerosos detalles nos que deterse e que permiten unha lectura alternativa aos textos. Valios i Buñuel, Ignasi, A Lúa. Conto para ler ás escuras (La Lluna, Barcanova), trad. Anaír Rodríguez, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, [prelectorado e lectorado autónomo], outubro 2016, [20] pp. (ISBN: 978-84-9121-109-9). Libro de Ignasi Valios i Buñuel (Lleida, 1963) no que se reúnen composicións de carácter poético que teñen a lúa como protagonista. Nuns casos adoptan a forma de adiviña, noutros de comparación con outros elementos da natureza, tamén se relaciona a lúa coas bruxas e lobos, alúdese á súa presenza nas cancións infantís, defínense as diferentes fases polas que pasa e, finalmente, ínstase ao lector/oínte a meterse na cama. Trátase dunha obra idónea para ler antes de durmir que presenta un elemento moi motivador, como son as ilustracións de pintura fosforescente que se iluminan despois da súa exposición a un foco de luz, permitindo a visión nocturna dos elementos que acompañan os textos rimados. Un recurso a materiais fosforescentes que propicia a sorpresa e a fascinación dos máis novos por elementos practicamente ocultos á vista que adquiren novas dimensións na escuridade. Deste modo, a obra propicia unha lectura textual que adopta novas perspectivas coa visual, apoiada nestes materiais fotoactivos. Vázquez García, Celia (ed.), Stevenson e a tenrura da súa poesía infantil. A Child´s Garden of verses. Xardín de versos para o neno. Poemas inglés-galego, Vigo: Universidade de Vigo, col. Banda vermella, serie Humanidades e Ciencias xurídico-sociais, 2016, 208 pp. (ISBN: 978-84-8158-718-0). u Edición bilingüe dos poemas infantís escritos por Robert Louis Stevenson (Edimburgo, 1850-Samoa, 1894), a cargo da que foi até hai algún tempo profesora da Universidade de Vigo, Celia Vázquez. O volume, editado pola Universidade de Vigo, presenta un minucioso estudo introdutorio con sete apartados: “O poeta R. L. Stevenson”, “A child’s garden of verses”, “A ilustración dos poemas”, “O mundo da infancia na súa poesía. Temas recorrentes”, “O poeta, ecoloxista observador da natureza”, “A tradución da poesía: o marco estrutural e o contido literario” e “A retórica, nada sinxela”. Un marco crítico que lle serve á tradutora para achegar datos biográficos relevantes da vida do autor e a súa influencia na creación poética, describir as principais características da súa

Page 97: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

pouco coñecida poesía infantil, as ilustracións que acompañaron as diferentes edicións do poemario dende 1896, o mundo da infancia que se recrea nos poemas e os temas recorrentes, así como as principais dificultades coas que se atopou para traducir estas composicións á lingua galega, tanto dende o punto de vista do contido dos poemas coma da retórica empregada por Stevenson. A edición reúne os sesenta e seis poemas que viron a luz por primeira vez en 1885 en inglés e galego e sobre os que a crítica ten sinalado que reflicten a visión dun adulto sobre a súa nenez, así como o feito de que é unha obra que mudou para sempre a forma na que se debía escribir a poesía para a infancia e sobre ela, polo que se converteu nun clásico e non deixou de se reeditar dende a súa publicación.

Page 98: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.2.4. ANTOLOXÍAS Pacheco Vázquez, Mercedes, Augas e literatura na Ourensanía, ilust. Suso B. Cubeiro, Ourense: Deputación Provincial de Ourense, 2016, 117 pp. (ISBN: 978-84-945493-0-4). u Esta antoloxía recolle unha escolma de trece escritores ourensáns nos que está presente a auga como esencia de Galicia. Comeza coa reprodución do himno de Ourense, titulado “Ourense no solpor”, obra de Manuel de Dios e a seguir presenta o texto “Segredo das augas”, de Mercedes Pacheco, no que se describen as características de Augas e literatura na Ourensanía e os criterios de edición. De cada autora e autor aparece unha pequena achega biobibliográfica e unha escolma de textos centrados na auga. Ademais contan co apoio gráfico dun deseño de Suso B. Cubeiro. As figuras ourensáns que aparecen nesta escolma ordenadas por orde cronolóxica de nacemento son: Valentín Lamas Carvajal (Ourense, 1849-1906); Manuel Curros Enríquez (Celanova, 1851-La Habana, 1908); Filomena Dato Muruais (Ourense, 1856-Bergondo, 1926); Eladio Rodríguez González (Leiro, Ourense, 1864-A Coruña, 1919); Vicente Risco (Ourense, 1884-1963); Florentino López Cuevillas (Ourense, 1886-1958); Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976); Xaquín Lorenzo Fernández (Ourense, 1907-Lobeira, 1989); Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo 1979); Dora Vázquez Iglesias (Ourense, 1912-2010); e Pura Vázquez Iglesias (Ourense, 1918-2006). Tamén se reproducen cantigas populares, cantares de cego, refráns e a lenda popular da Lagoa de Antela. Cómpre sinalar que a antoloxía foi distribuída entre os centros escolares ourensáns para celebrar o Día das Letras Galegas de 2016 co gallo da celebración da 3.ª Semana Escolar das Letras Galegas e que, xunto a esta obra tamén se distribuíu unha Guía do profesorado que ofrece suxestións e propostas de actividades para traballar nas aulas.

Page 99: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.3. TEATRO VII.3.1. DRAMATURGOS GALEGOS Castro, Raquel, As terapias da doutora Ledicia, Premio de Honra dos premios Estornela de Teatro 2014, ilust. Almudena Aparicio, Vigo: Galaxia, col. Árbore/galaxia, n.º 202, serie azul, a partir dos 10 anos, febreiro 2016, 62 pp. (ISBN: 978-84-9865-671-8). Peza de teatro de Raquel Castro (Alxén, Salvaterra de Miño, 1971) que se desenvolve nun único acto e dúas escenas, que decorren na consulta da psicóloga Ledicia quen, coa colaboración da súa axudante Carolina, atende con afán e agarimo os conflitos persoais que lle van confiar media ducia de estrafalarios e divertidos personaxes nunha sesión de risoterapia. Así, á consulta da doutora Ledicia acode Euloxio Ribeiro, máis coñecido como o Home do Saco, que perdeu as súas facultades para meter medo e sente que a súa vida non ten sentido; Armando Xesteira, que padece un tic nervioso que o leva a tocarlle a barriga a todas as persoas coas que se atopa, por iso lle chaman o Apalpador; Antón Fontao, que está atrapado na súa metamorfose entre home e lobo porque a xente deixou de crer no mito do lobishome; as Tres Marías (María dos Meles, María Castaña e María Silveira), que viven unidas de ganchete e non atopan a maneira de poder separarse; e unha vella que busca compaña de xente coa que falar e rir. As lamentacións, risas, consellos e mesmo cantares que teñen lugar durante as sesións de terapia configuran un ambiente divertido que levará á solución a todos e cada un dos problemas cos que chegaron estes personaxes ao consultorio. Recensións: - Isabel Mociño, “Teatro infantil: a risa como terapia”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 4 decembro 2016, p. 6. Comeza salientando a importancia de que se publiquen obras de teatro para a infancia e que se incorporen á escrita autoras e autores novos, como é o caso de Raquel Castro. A seguir describe a estrutura e contido da obra e salienta a habelencia da autora para provocar a risa e para desenvolver unha comedia na que se subverten os roles e estereotipos da tradición oral, así como os mitos e lendas, que se actualizan e se dan a coñecer aos máis novos. Remata animando á autora a seguir publicando máis pezas teatrais para a infancia. Referencias varias: - Raquel Castro, “As terapias da doutora Ledicia”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 9 abril 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un breve fragmento da obra.

Page 100: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Fernández, Cipriano, A pantasma que non asustaba, ilust. Héitor Picallo Fuentes, A Estrada: Edicións Fervenza, col. A Pinguela, n.º 90, [lectorado autónomo], 2016, 18 pp. (ISBN: 978-84-944750-5-4). Cipriano Fernández (Riveira, A Coruña, 1952), tras unha dedicatoria, presenta nesta comedia en dúas escenas para ser representada, a Don Raimundo, unha pantasma que se atopa triste porque pensa que se rin dela e deixou de asustar, ao que a Bruxa Leituga lle di que ten que cambiar de oficio e que ela se vai encargar de buscarllo. Coa axuda duns mozos, Don Raimundo, acude á psicóloga para curarse. Esta psicóloga dorme á pantasma e convence coa axuda dos Espectadores ao público, para que, cando esperte, todos finxan que están asustados pola presenza da pantasma. Cando Don Raimundo esperta, os Espectadores levántanse das butacas coa intención de escapar. A Bruxa Leituga, antipática para os veciños por meterse en todas as conversas, encóntralle un oficio á pantasma, porteiro da discoteca A Foliada, asegurándolle un éxito rotundo. Esta edición vai acompañada das ilustracións de Héitor Picallo Fuentes (Cuntis, 1974) empregando cores frías en tons grises, que complementan o diálogo dos personaxes. Son sinxelas fantásticas–realistas, pois nelas aparecen personaxes de ficción, como a pantasma e a bruxa, e da vida real, como a psicóloga. Referencias varias: - S. S., “Novos libros de Cipriano Fernández”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 10 marzo 2016, p. 38. Informa da presentación deste libro de teatro escolar no auditorio de Ribeira. Fernández, Cipriano, O neno de chocolate, ilust. Héitor Picallo Fuentes, A Estrada: Edicións Fervenza, col. A Pinguela, n.º 91, [lectorado autónomo], 2016, 17 pp. (ISBN: 978-84-944750-6-1). Peza de teatro realista, escrita por Cipriano Fernández (Ribeira, A Coruña, 1952), que se inicia cunha breve dedicatoria e coa enumeración dos personaxes e na que se tratan temas como os prexuízos, o racismo, a inocencia infantil e a ignorancia froito do descoñecemento. Ao longo dos diferentes actos nos que se divide a peza, cóntase unha historia cuxa acción ten lugar nunha vila galega na que diferentes veciños (os adultos Pepe, Xan e Rosalía e as nenas Carme e Xoana e outras cativas) comentan a chegada á vila de Alí, un neno etíope adoptado por unha parella do lugar. Os comentarios dos diferentes personaxes céntranse fundamentalmente na cor da pel de Alí e mesmo na posibilidade de que sexa antropófago e amosan as diferentes opinións que xorden entre os veciños, entre os que cobra relevancia a opinión dos máis novos. Así, por exemplo, unha das nenas morde a Alí para saber se é de chocolate pola cor da súa pel, mentres que outras van tratar de establecer amizade con el e ensinarlle o galego. O texto acompáñase das ilustracións realistas e de tipo figurativo de Héitor Picallo Fuentes (Cuntis, 1974), debuxos en branco e negro que representan o neno etíope segundo as ideas e imaxes recreadas polos diferentes personaxes. Na cuberta aparece un mapa xeográfico do continente africano que anticipa a orixe do pequeno neno etíope adoptado.

Page 101: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Referencias varias: - S. S., “Novos libros de Cipriano Fernández”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 10 marzo 2016, p. 38. Dá conta da presentación deste libro de teatro escolar no auditorio de Ribeira. Labraña, Carlos, Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada, ilust. Rodrigo Chao, Vigo: Editorial Galaxia, col. árbore/galaxia, n.º 201, a partir dos 10 anos, febreiro 2016, 104 pp. (ISBN: 978-84-9865-670-1). Obra de teatro da autoría de Carlos Labraña (Cedeira, A Coruña, 1969) entre cuxos temas se atopa a amizade, a cooperación e o egoísmo e na que se dá conta das visicitudes que pasa un grupo de compañeiros de circo, “O circo Ringo Rango”, para superar as súas dificultades económicas en tempos de crise. Na peza descóbrese como os personaxes acoden a un banco en quebra a solicitar un préstamo para poder pagarlle o préstamo que lle deben a dona Forreta, personaxe que quedará co circo se non pagan a débeda. Alí, coñecerá a calidade humana do director da entidade bancaria, a quen non lle importa a vida dos demais e foxe cos cartos para un país caribeño coas consecuencias que iso supón para outra moita xente humilde. Os membros do circo Ringo Rango coñecerán tamén a avaricia doutros que tamén pretenden sacar proveito da súa situación e a personaxes, coma eles, que pasan outros apuros, caso, por exemplo, das vellas Nita e Rita, a quen o banco as deixou sen aforros. Logo de diferentes dificultades e de seren enganados en varias ocasións, os protagonista conseguirán pagar a débeda con dona Forreta e recuperar o seu medio de vida. O texto acompáñase das ilustracións de Rodrigo Chao (Boiro, 1976) que se corresponden con imaxes que lle permiten ao lectorado facer unha idea do físico e a vestimenta dos personaxes. Na cuberta represéntase un campo deshabitado e solitario, cunha ave rapaz surcando os ceos, un banco branco baleiro situado cara ao circo e, ao fondo, entre moito fume, a figura dunha cidade con numerosos edificios. Recensións: - María Navarro, “Con diálogos sinxelos”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 581, “Libros”, 28 abril 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 538, “Letras galegas”, 7 maio 2016, p. 10. Coméntase o argumento desta obra que trata dunha familia que tenta sobrevivir a unha crise na que está somerxida e, malia todas as dificultades, segue tendo un espírito de diversión. Indícase que cautiva ao público grazas a unha dose de humor, que se reflicte na cotidianidade dos feitos, á plasticidade na posta en escena así como tamén á capacidade evocadora das palabras. Destácase tamén o sorriso e a gargallada, que ocupan un lugar no campo do desenfado, pois o probable pode converterse en realidade, a sinxeleza dos diálogos e a simpleza da linguaxe, que no conxunto achegan un efecto emocionalmente positivo.

Page 102: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Verónica Pousada, “O extravagante mundo do circo Ringo Rango”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 13 novembro 2016, p. 6. Tras salientar a traxectoria literaria do dramaturgo Carlos Labraña, comenta a estrutura e argumento desta comedia, gañadora do XV Concurso O Facho de teatro infantil no ano 2014, na que se dan “todo tipo de situacións disparatadas que raian no esperpéntico”. Salienta a orixinalidade, os estrafalarios protagonistas que “conseguen cativar deseguido ao lector”, o ton ameno e afouto, o emprego dunha linguaxe fluída e diálogos trepidantes que “favorecen a lectura áxil e divertida que, ademais, facilita o seu uso no ámbito escolar”. Indica que esta peza permite achegarse cun prisma humorístico, á actualidade socioeconómica, á corrupción da sociedade e ás graves consecuencias da crise económica dun “modo cómico e aloucado”. Referencias varias: - Carlos Labraña, “Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 7 maio 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un breve fragmento da obra. Labraña, Carlos, O Apalpador, ilust. Carla Cabaleiro, Vigo: Editorial Galaxia, col. árbore/galaxia, n.º 213, a partir de 8 anos, 2016, 68 pp. (ISBN: 978-84-9151-022-2). Peza de teatro de Carlos Labraña (Cedeira, 1969) nun lance único, dez escenas e un epílogo. Nela recréase a historia do Apalpador, contada polo Anano, quen lembra que había unha seca moi forte no Souto Vello e malia que o Apalpador lle pediu axuda a Nubeira e ao Vento non conseguiu que chovese para ter castañas. El, que era curandeiro, foi axudando a xente que acudía até o Souto coas poucas castañas maias que lle quedaban, até que se esgotaron. Cando iso ocorreu e estaba a piques de abandonar o Souto para coñecer outros mundos de fartura, Trasniña, Nubeira e Vento conseguiron a chuvia e que o souto se enchese de castañas. Era Noiteboa e o Apalpador percorreu as aldeas e vilas da redonda apalpando as barrigas dos nenos para ver se estaban ben alimentados e deixando presadas de castañas para que comeran. Foi a partir de entón que cada ano o Apalpador visita os meniños para lles deixar os seus agasallos. O volume conta con ilustracións figurativas de Carla Cabaleiro, nas que se recrean algunhas das escenas da obra. López-Casanova, Arcadio, O soño de Bolboreta, Vigo: Ir Indo Edicións, [lectorado autónomo], 2016, 96 pp. (ISBN 978-8-47-680727-9). Despois da dedicatoria a Candela Paramio, Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942) comeza unha obra teatral fantástico-realista que xira ao redor dos soños e a amizade. Atendendo á trama, cóntase a véspera do día de San Xohán e o día mesmo. Na primeira parte, dividida en dous cadros (“A festa”, “O encontro”), iníciase a historia cun grupo de amigos aos que personaxes, que fan referencia a elementos da natureza, como o vento verde, os van guiando cara á festa da véspera de San Xohán con moitos invitados,

Page 103: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

incluso doutros reinos. Así, coñecen un grupo de amigos da illa da Neve que os acompañarán nas súas aventuras. Na segunda parte, dividida de novo en dous cadros (“A Noite”, “A luzada”), os personaxes principais terán que loitar con pesadelos nos que aparecen A Noite e o Vento Negro, espertando finalmente e cumprindo, grazas ao Pai Sol, o soño dunha das rapazas da illa da Neve (Bolboreta): conseguir a Flor Verdeloura, a flor da ledicia. A cuberta é obra do artista e ilustrador habitual de Ir Indo, Antón Pulido (Ourense, 1944). A cor é o que define o traballo deste artista no que resoa o expresionismo atlántico dos primeiros anos oitenta. Cun trazo seguro, liñas negras que perfilan formas simples e cores cálidas á frente e frías ao fondo, interprétase unha fogueira na noite estrelada. Ogando Montes, Cipriano “Coco Montes”, O desamor mata, ilust. José Antonio Fondevila, A Estrada: Edicións Fervenza, col. A Pinguela, n.º 92, [lectorado autónomo], 2016, 39 pp. (ISBN: 978-84-944750-9-2). Peza realista de Xosé Manuel Ogando Montes (México D.F., 1970), máis coñecido como “Coco Montes”, que o autor dedica ao alumnado e amizades que fixeron posíbel a súa realización. Estruturada nunha única escena e tres actos, céntrase na vida dunha rapaza, Carla, que non se sente querida por ningún dos seus proxenitores e tenta matar ou mata a diferentes personaxes que a rodean (o seu pai, a irmá e a criada), sempre facéndolle ver ao inspector de policía e á súa axudante que a culpábel é súa nai. Cando tenta matar á nai, aparece o inspector co que a protagonista iniciará unha intensa rifa resultando ambos os dous feridos. Finalmente entrarán en escena a axudante do inspector e o pai de Carla, que non falecera senón que tan só estaba ferido, quen darán fin á disputa. Acompáñase das ilustracións en branco e negro de José Antonio Fondevila (Silleda, 1952) nas que o ilustrador intenta destacar os personaxes sobre a contorna, a pesar de que non se recoñecen con claridade as faccións dos mesmos. Ogando Montes, Cipriano “Coco Montes”, De domingo a domingo, ilust. Damián Paío, A Estrada: Edicións Fervenza, col. A Pinguela, n.º 93, [lectorado autónomo], 2016, 21 pp. (ISBN: 978-84-945375-0-9). Xosé Manuel Ogando Montes (México D.F., 1970) céntrase nesta obra realista en temas como o amor, aínda que tamén está presente, como secundario, a amizade. Un grupo de mozos que viven nunha aldea galega tentan axudar a unha das súas amigas, unha moza á que lle concertan o casamento cun rapaz rico que vive na aldea pero a quen ela non quere por estar namorada doutro, un mozo sen cartos que non fala porque sufriu un naufraxio onde perdeu a súa familia e que non é aceptado polos pais da rapaza. Coa axuda dunha casamenteira, o grupo de mozos estende o rumor de que a protagonista vai ter un fillo co home que ela ama, razón pola que os pais rompen o compromiso. Despois de que a rapaza e a casamenteira razoen cos proxenitores, estes acaban accedendo ao casamento da filla co mozo pobre. Deste xeito, os dous namorados comprométense e o rapaz, coa alegría sentida, acaba recuperando a fala. O texto acompáñase das ilustracións de Damián Paío, debuxos en branco e negro que complementan a narración textual.

Page 104: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Ogando Montes, Cipriano “Coco Montes”, De postre!, ilust. Beatriz Mosquera Mosquera, A Estrada: Edicións Fervenza, col. A Pinguela, n.º 94, [lectorado autónomo], 2016, 13 pp. (ISBN: 978-84-945375-1-6). Peza realista de Xosé Manuel Ogando Montes (Mexico D.F., 1970) que ten como tema principal o intercambio cultural. Nela preséntase a historia de tres aventureiros (dúas rapazas e un rapaz) que, a cambio de diñeiro, se introducen nunha área de selva virxe na busca de pobos primitivos, para que, en teoría, os nativos asimilen os costumes do pobo civilizado. Na práctica, os tres aventureiros pretenden someter eses pobos de maneira pacífica co fin de que os distintos países interesados na explotación desa zona da selva virxe poidan acceder a ela. A peza amosa tamén o punto de vista do pobo indíxena para quen os foráneos son os bárbaros que coas súas técnicas intentan oprimir o seu pobo. Finalmente, o encontro de nativos e bárbaros finaliza cos tres aventureiros aceptando e asimilando a cultura indíxena e permanecendo na selva. Acompáñase das ilustracións de Beatriz Mosquera Mosquera que amosan con nitidez tanto expresións faciais como a presentación de cada elemento que intervén na peza. VV.AA., Facendo teatro, Celanova: CEIP Curros Enríquez de Celanova, col. Canistrel, 2013, 103 pp. (DL: OU-103-2016) u Libro colectivo resultado dun proxecto didáctico desenvolvido polo alumnado do CEIP Curros Enríquez de Celanova arredor das obras de teatro da dramaturga celanovense Camila Álvarez Rivero (Montevideo, 1963) durante o curso 2015-2016. Para a súa elaboración empregaron as novas tecnoloxías para a redacción, ilustración e deseño e asemade conta con edición electrónica que se pode consultar no enderezo <https://issuu.com/omisteriodaslendas/docs/facendo_teatro>. Comeza cun “Vocabulario básico de teatro”, unha listaxe de palabras clave da dramaturxia, e a seguir reprodúcense os textos teatrais: “A revolta dos xoguetes”, “Nadal 2030. Zona cero”, “O val da esperanza”, “Solsticio de carnaval”, “Un novo Nadal”, “O feitizo”, “O elixir”. Ao final de cada texto hai unha ficha técnica de cada obra que inclúe: personaxes, estrutura, decorados, música, idade recomendada, sinopse, alumnado que revisou o texto, alumnado que ilustrou o texto e mais o profesorado coordinador. Péchase este libro cunha biografía de Camila Álvarez Rivero e mais coa listaxe do alumnado e profesorado participante neste proxecto.

Page 105: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.3.2. POSTAS EN ESCENA Neste apartado achégase a información recollida a partir das publicacións periódicas, ben sen asinar, ben asinadas, que son as que se describen en “referencias varias”. VII.3.2.1. CICLOS, ENCONTROS, FESTIVAIS, MOSTRAS E SEMANAS Aguiño, VIIIª Mostra de Teatro Afeccionado Francisco Lorenzo Mariño Organizada pola asociación cultural, recreativa e veciñal Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño (A Coruña) dende 2011. A edición de 2016 celebrouse os sábados do mes de novembro no conservatorio-aula de música de Aguiño. Representouse a peza Retrincos de Castelao, a cargo de Culturactiva. Tamén contou coa participación, con pezas para o público adulto, de Charamela Teatro, con Vaiche boa...; grupo de teatro Airiños de Rianxo, con Hoxe non se paga; e Disfunción Continua Teatro, con Teimas. Referencias varias: - Chechu López, “Charamela abrirá la Mostra de Teatro Afeccionado de Aguiño, en la que suma ya su quinta función en ocho ediciones”, Diario de Arousa, “O Barbanza”, 30 outubro 2016, p. 17. Tras aludir á autora e directora e ao elenco, resume o argumento da “comedia de enredo” Vaiche boa ... e informa do lugar e horario da posta en escena. Remata nomeando outras representacións próximas da mostra: Retrincos de Castelao, Hoxe non se paga e Teimas. Alxén, XVIIª Xornadas de Teatro de Organizadas Asociación Teatral Alxén A.T.A. Sempre (Salvaterra de Miño, Pontevedra). A edición de 2016, que se celebrou os días 20, 21 e 22 de maio no centro cultural da localidade, contou con monólogos, música e teatro. Participou o grupo de teatro infantil Ata Sempre coa peza A Formiga. Tamén se representaron, para público adulto, Comedia Bífida, da compañía Bicharía de Salvaterra e As alegres casadas, do grupo de teatro de adultos Ata Sempre. Ames, Circuíto Galego de Teatro Amador de Organizado pola compañía Fanfarra de Soños en colaboración da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) e co apoio do Concello de Ames. A edición de 2016 celebrouse os sábados, dende o 8 de outubro até o 5 de novembro, no Auditorio Municipal da Casa da Cultura do Milladoiro. Contou coa presenza das compañías A. T.

Page 106: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Paso de Valverde, coa peza Un día no circo; Trécola Teatro, con Cling; O Aturuxo de Melpómene, con Misterios; e Fanfarra Teatro, con O soñador de historias. Referencias varias: - M. M., “Chega a obra ʻMisteriosʼ da man de Teatro Amador mañá”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 28 outubro 2016, p. 32. Fala da representación da obra Misterios da compañía Aturuxo de Melpómene da man do Circuíto Galego de Teatro Amador, que terá lugar no auditorio municipal da casa da cultura do Milladoiro e a entrada será de balde. Comenta os actores que participarán na obra e o argumento desta. Ames, XIª Mostra de Teatro Afeccionado de Mostra de teatro afeccionado organizada polo Concello de Ames. A edición de 2016 celebrouse dende o 8 de outubro até o 2 de decembro e contou coa participación das compañías Asociación Teatral paso de Valverde, con Un día no circo; Trécola Teatro, con Cling; e Fanfarra Teatro, con O soñador de historias. Tamén se representaron, para público adulto, Encontros, a cargo de The Puntillas Teatro e As Suplicantes, da Escola Municipal de Teatro de Ames. Artellando Organizado polo Concello de Santiago de Compostela no marco das festas do Apóstolo. A edición de 2016 tivo lugar entre os días 18 e 24 de xullo con música, teatro, danza, circo, obradoitos, xogos, contacontos etc. Está dividido en tres bloques: “Artellando nos Barrios”, “Artellando nos Recuncho” e “Artellando na noite”. Contou coa participación das compañías Titereficciós, con Cantos contos contas; A tropa de trapo, con Antía, Wamba e o ritmo do camiño; Pistacatro Produtora de Soños, con Nono; e Elefante Elegante, con Lobo bobo. Tamén participou a compañía de teatro foránea Shakti Olaizola (Euskadi). Referencias varias: - A. I. S., “Circo, poesía, música y humor con ʻArtellando”, El Correo Gallego, “Santiago”, 19 xullo 2016, p. 27. Informa da segunda edición deste ciclo, dos tres eixos nos que se asenta e dos espectáculos que se representarán en cada un deles.

Arzúa, Ciclo de Teatro Outono a escena de

Page 107: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Organizado polo Concello de Arzúa, inclúe música, monólogos e teatro. A edición de 2016 celebrouse durante as fins de semana do mes de outubro, en diferentes lugares do municipio. Representouse a peza Lavandeiras, a cargo da compañía Daboapipa. Tamén participou Malasombra Teatro, coa obra para público adulto D.E.P.. Referencias varias: - M. T., “Monólogo, literatura y teatro llenan el fin de semana cultural de Arzúa”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 14 outubro 2016, p. 28. Dá conta da programación deste ciclo en Arzúa no marco do cal Daboapipa porá en escena Lavandeiras.

Bebescena Ciclo de teatro para bebés de un a tres anos organizado pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña e celebrado no Centro Ágora da cidade herculina. A edición de 2016 tivo lugar dende o 11 de setembro até o 11 de decembro con actuacións teatrais e de danza. Contou coa participación das compañías galegas Caramuxo Teatro, con Zapatos; e Teatro do Miolo, con 4 tempos. Tamén participaron as compañías foráneas Sueños de humo (Madrid), LaSal (Granada) e Teloncillo (Valladolid). Referencias varias: - M. G. M., “Sande presenta la oferta escénica de Fórum y Ágora”, Diario de Arousa/ El Ideal Gallego, “Sociedad”, 31 agosto 2016, p. 36. Informa que o concelleiro de Cultura José Manuel Sande presenta unha tempada escénica que se levará a cabo no Fórum Metropolitano e no centro Ágora no que terán lugar os ciclos Forumáxico e Bebescena. Comenta que haberá teatro para os cativos e tamén para os nenos de cero a tres anos. Finalmente da información sobre a programación e horario de cada actuación, así como tamén onde conseguir as entradas. - Ángela Fontao, “La antesala de un otoño sobre las tablas”, La Opinión, “A Coruña”, “Ciudad y Cultura”, 31 agosto 2016, p. 11. Anuncia que o centro sociocultural Ágora e o Fórum Metropolitano acollerán unha programación escénica que contará con tres ciclos, Bebescena, Forumáxico e Todo Público. Comenta en que consiste cada un deses ciclos e cando terán lugar así como tamén o prezo das entradas e onde se poderán adquirir. Begonte, IVº Ciclo de Teatro de Organizado pola Asociación Cultural Castiñeiro Milenario coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e do proxecto Buxiganga. Na edición de 2016, que se celebrou entre os días 17 de setembro e 22 de outubro, representáronse as pezas Contos

Page 108: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

e lerias, da compañía Daboapipa; e Tolitates, de Trécola. Tamén contou coa presenza de Hipócrita Teatro, con Emperador, que pensas? Fala!; e Debulla Escénika, con Perversóns. Referencias varias: - M. M., “Castiñeiro Milenario organiza un ciclo teatral con cuatro espectáculos”, El Progreso, “A Chaira”, 16 setembro 2016, p. 17. Dá conta dos catro espectáculos que conforman o programa da edición de 2016 deste ciclo, detallando o argumento das pezas e o respaldo institucional co que conta. - C. P. R., “El grupo de teatro Axóuxeres representa As farturas de Servando en Castro de Rei”, El Progreso, “A Chaira”, 15 outubro 2016, p. 17. Anuncia a representación de As farturas de Servando, a cargo do grupo Axóuxeres de Vilaronte, no ciclo Buxinganga da Deputación de Lugo. Salienta tamén a celebración en Begonte da terceira xornada do cuarto ciclo teatral promovido por Castiñeiro Milenario coa obra Tolitates de Trécola. Brión, XXI Festival de Títeres de Festival de monicreques organizado polo Concello de Brión. A edición de 2016 celebrouse os días 2, 3 e 4 de xaneiro no Centro Social Polivalente. Contou coa participación das compañías Caramuxo Teatro, con As fabas máxicas; Títeres Trompicallo, con Violeta Coleta contra as salchichas Gulp; e Tanxarina Títeres, con Titiricircus. Buxiganga, Circuítos Organizado dende o ano 2008 polo Consello da Cultura da Área de Cultura da Deputación de Lugo e coa cooperación do Consello Asesor de Teatro, co obxectivo de achegar o teatro aos diversos concellos da provincia e realizar tamén accións formativas. Na edición de 2016, celebrada en diversas localidades da provincia de Lugo, representáronse as pezas Superlía, a cargo de In Bocca In Lupo; Universos de fantasía, de Alentía Teatro; e Retrincos de Castelao, de Culturactiva. Tamén participaron, entre outras, as compañías Os Trocos, coa peza Barvarela: almorzos e cubatas; Lusco Fusco Impro, con Tolerías de impro; Falcatrueiros, con Quizais é que non me queres; Os Palimoquiños, con Km526; grupo de teatro da Biblioteca Antas de Ulla, con Trece rosas; grupo Ardora, con Soños Cumpridos; grupo de Teatro de Ribadeo, con O inspector; A Adala, con Unha morta moi viva; Argalleiras, con Pic-nic; O Centiño, con O caldeiro máxico; A Rabela Teatro, con Balbina a adiviña; grupo Axóuxeres, con As farturas de Servando; Nostrum Cai, con Alba a casa pechada; Os Baluros, con O menciñeiro á forza; O Bordelo, con Xubilando; A Rabela Teatro, con Balbina a adiviña; e Trípode, con Xuízo anticorrupción.

Page 109: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Referencias varias: - C. P. R., “El grupo de teatro Axóuxeres representa ‘As farturas de Servando’ en Castro de Rei”, El Progreso, “A Chaira”, 15 outubro 2016, p. 17. Anuncia a representación de As farturas de Servando, a cargo do grupo Axóuxeres de Vilaronte, no ciclo Buxiganga da Deputación de Lugo. Salienta tamén a celebración en Begonte da terceira xornada do cuarto ciclo teatral promovido por Castiñeiro Milenario coa obra Tolitates de Trécola. Teatro ás 6, Ciclo de Teatro Infantil de Cambados Ciclo de teatro realizado no Auditorio da Xuventude de Cambados que forma parte da iniciativa da Rede Galega de Teatros e Auditorios, Agadic. Na edición de 2016, celebrada durante os domingos de xaneiro e febreiro, representáronse as pezas A tropa trapalleira, de BocAberta; Feo!, de Caramuxo Teatro; A casa do avó de Tanxarina; e Luppo de Baobab Teatro. Referencias varias: - L. R., “BocAberta inaugura un nuevo ciclo de teatro infantil con una obra sobre el pacifismo”, Diario de Arousa, “Cambados”, 19 febreiro 2016, p. 8. Informa do comezo dun ciclo de teatro infantil no Auditorio da Xuventude de Cambados que inicia coa representación da obra a favor do pacifismo A Tropa Trapalleira da compañía BocAberta. Tamén comenta que os restantes espectáculos que incluirá a programación son Feo!, de Caramuxo Teatro, A Casa do Avó, de Tanxarina, e Luppo, de Baobab Teatro SL. Cabaré, Xº Festival Galego de Anteriormente celebrado en Oleiros e na Coruña, desta volta realízase en Redondela. Esta edición de 2016, desenvolveuse ao longo da última semana de agosto no Auditorio da Xunqueira, nas rúas, prazas e praias da vila, e conta con espectáculos de cabaré, burlesque e swing. Representouse o espectáculo infantil Pequeno cabaret infantil, de Nelson Quinteiro. Tamén se levaron á escena as pezas, para público adulto, Máncasme Man. O home que mancaba ás mulleres, a cargo de Teatro do Miolo; e Burlesque Night Show e Flashtop Cabaret, de Nelson Quinteiro Cabaret. Referencias varias: - A. de Santos, “El cabaret tomará las calles de Redondela”, Faro de Vigo, “Tv/Espectáculos”, 17 agosto 2016, p. 51.

Page 110: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Informa que esta novena edición do festival tamén inclúe espectáculos de burlesque e de swing. Detalla a programación para o público adulto e para o infantil e tamén alude ao laboratorio de cabaret para profesionais.

- F. D., “Máncasme Manʼ, desamor e soidade do gran burlesque”, La Región, “Verano”, “Agenda de ocio”, 23 agosto 2016, p. 22. Detense nun dos espectáculos que se poderán ver na edición de 2016 deste ciclo e sobre todo no traballo da protagonista de quen afirma que “cóntanos e cántanos a unha historia de amor e toleria que ten un punto de xiro coa anagnórese da protagonista e a súa emancipación como persoa e como muller”.

- I. L. M., “De cabaré hasta la playa”, Faro de Vigo, “Redondela”, 26 agosto 2016, p. 18. Detense nunha coreografía realizada ao aire libre no marco deste ciclo dirixido ao público adulto e ao infantil e nomea os espectáculos que se representarán. Candilejas Don Bosco, XIXº Certame de Teatro Escolar e Afeccionado Organizado polo colexio Calvo Sotelo da Coruña, celébrase anualmente durante os meses de abril, maio e xuño. Na edición de 2016 representáronse as pezas A festa dos dragóns e A mellor oferta, a cargo do Colexio Tarrío; O lago dos cisnes, do Colexio Emilia Pardo Bazán; Unha espiña de toxo e balbino, do Colegio Labarta Pose; Os cabaleiros da táboa rachada, do Colexio Ponte dos Brozos; Peter Pan, da Escola de Teatro CasaHamlet; O mago de Oz, Trapiños, Mary Poppins, Quen quere ser princesa, Un conto ao revés, de Teatro Vagalume Animación; Pintapaleta, do Colexio a Grande Obra de Atocha; Aladdín, do Centro Liceo La Paz; A espiña de toxo chamada Berenguela, do grupo O Polo Saltón; Adelina toma café, do Colexio Concepción Arenal; e O tesouro do dragón, do Colexio Rosalía de Castro. Tamén contou coa participación, con obras para o público adulto, das compañías Grupo Noite Bohemia, con Euménides; Grupo Arjé Teatro, con A pousadeira; Escola de Teatro CasaHamlet, con Píramo e Tisbe; Grupo de Teatro Xosé María Pérez Parallé, con Suspéndese o ensaio xeral; Runxe Runxe, con Ganas de reñir e outras lerias; Funicular Teatro, con O anel máxico; Asociación Cultural Cardume Teatro, con Licor de Saúco; Instituto María Casares, con Ius Summa Ininura e Irene Meldiluce; Teatro Vagalume Animación, con Monsters vs Addans 2 e Risoterapia; Grupo Tarambana, con Anfitrión; Asociación Cultural Grupo Medievándalos Teatro, con Cervanterías; Grupo de Teatro de Sofán, con O Calzurras; e IES Maximino Romero Lema, con Chrasa – Miña Terra Galega. Caranza, Ciclo de Teatro Afeccionado “Domingos a escena” Ciclo teatral organizado pola Concellaría de Cultura de Ferrol, coa colaboración da Deputación da Coruña e coordinado por Ti e Máis Eu Teatro. Celébrase no Centro Cívico de Caranza e durante a celebración outórgase o Premio do Público. A edición de 2016 tivo lugar durante os domingos, dende xaneiro até abril e dende setembro até decembro. Contou coa representación da obra Roxín Roxal, a cargo de Ti e Máis Eu

Page 111: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Teatro. Tamén participaron as compañías, con pezas para público adulto, A. C. Ditirambo, con Retrato en branco e negro; Agarimo Teatro, con Breve-mente; Unidade de Ozono, con A quimera do maxín e Malo será; Pinchacarneiro Teatro, con L; A. T. Vindever, con Moito máis que auga; Farandoleiras Cabaré, con Pánico; Teruca Bouza, con O pan de cada día; Delatoute Producións, con Viva a menciña e A miña gran mansión; Ti e Máis Eu Teatro, con A troita do Mandeo; Marañao Teatro, con Inmortal; Gargallada Teatro, con Lurpias; Vacaloura Teátrica, con Mousike e as Kronomusas; Bradomín Teatro, con Nichos para todos; Noite Bohemia, con Euménides; A Mamoa Teatro, con Se o sei... non volvo a casa; Perez Parallé, con Mamá é señora para todo, declárase en rebeldía; Clube Teatral Elsinor, con Xente pálida de pel; e Andaravía Teatro, con Maniféstate!. Referencias varias: - C. A., “El grupo de teatro de Polka abrirá el ciclo Domingos a Escena el 24 en Narón”, El Progreso, “A Chaira”, 19 xaneiro 2016, p. 18. Informa do inicio deste ciclo dramático coa compañía Unidade de Ozono, da Asociación Polka Cultura Aberta de Pol. Comenta brevemente algún aspecto da obra como o argumento e os ensaios previos. Carballiño, VIII Festival de Títeres Organizado pola Concellería de Cultura do Concello ourensán de Carballiño. A edición de 2016 celebrouse durante o mes de agosto e contou coa celebración de obradoiros da man dalgunhas das compañías participantes. Representáronse as pezas infantís de Os Quincalláns; Un diaño na maleta, a cargo de Títeres Cascanueces; Titiricircus, de Tanxarina; e The Piccole Theatro, de Trécola Teatro. Referencias varias: - X. A. Reboiro, “Os títeres protagonizan o oitavo festival carballiñés”, La Región, “Verano”, 16 agosto 2016, p. 24. Informa do programa do festival, recolle o nome e horarios das representacións e dos obradoiros. Carballo, Venres Culturais en Programa cultural organizado polo Concello de Carballo que integra música, teatro, maxia, exposicións, cinema e outras actividades. A edición de 2016, celebrada dende xaneiro até marzo, no Pazo da Cultura de Carballo e na Biblioteca Rego da Balsa, Representáronse as pezas Rosa Caramelo e outras historias, de Talía Teatro; e Jim e a illa do tesouro, de Eme2 Emoción&Arte. Tamén contou coa participación, con obras para público adulto, das compañías Producións Teatrais Excéntricas, con Os amores de

Page 112: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Jacques o fatalista; A Panadaría, con Pan! Pan!; Teatro do Noroeste, con Palabras malditas; e Talía Teatro, con Foucellas. Referencias varias: - J. M. Ramos, “Citas musicales, teatrales, artísticas y audiovisuales en los Venres Culturais”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 16 xaneiro 2016, p. 37. Infórmase de que o 29 de xuño comezará este ciclo en Carballo e que contará coa obra teatral Os amores de Jacques o fatalista así como outras obras das compañías Teatro do Noroeste, Talía Teatro e A Panadería. Cariño, XXXVIIIª Mostra de Teatro Galego de Mostra teatral para compañías profesionais e afeccionadas e para diversos tipos de público, que ten lugar no Auditorio Municipal do concello ferrolán. Na edición de 2016, celebrada entre o 13 e o 19 de agosto, representáronse as pezas Feo!, de Caramuxo Teatro; Rosa Caramelo e outras historias, de Talia Teatro; Bon Appétit!, a cargo de Ghazafelhos Teatro; e Luppo, de Baobab. Tamén participaron as compañías, con obras para o público adulto, Teatro do Atlántico, con O principio de Arquímedes; Il Maquinario, con Perplexo; Talia Teatro, con Foucellas; grupo de teatro de amas de casa de Cariño, con A pedida da avoa; e Chévere, con Eroski Paraíso. Como novidade, na edición de 2016 celebráronse coloquios con algunhas compañías teatrais despois dos seus espectáculos. Tamén participou a compañía foránea Maintomano (Castilla León). Carral, Ciclo Organizado polo Concello de Carral. A edición de 2016 celebrouse durante o outono no local Xente Nova de Tabeaio. Representouse a peza O Crebanoces, de Títeres Babaluva e Memorias dun neno labrego, de Abrapalabra Creacións Escénicas. Tamén contou coa presenza das compañías, con obras para público adulto, Fantoches Baj, con Os vellos non deben de namorarse; Escola municipal de teatro, con Tabeaius Circus; e teatro Valacar, con Somos tan imbéciles. Chapela, IVº Ciclo de teatro da Asociación Cultural de Organizado pola Asociación Cultural de Chapela. Na edición de 2016, celebrada do 9 ao 30 de xaneiro no Auditorio do Multiusos de Chapela, representouse a peza Limpa, de Expresión Teatro. Tamén contou coa presenza das compañías, con obras para público adulto, Agarimo Teatro, con Breve-Mente; Teatro Fonte da Tella, con Miña naiciña; e o grupo da Asociación Cultural de Chapela MisturArt Teatro, con Armouse ou Tole Tole. IIº Festival das Cóxegas Ciclo de artes escénicas dirixido ao público familiar que combina danza, música e teatro

Page 113: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

organizado pola Concellaría de Cultura. A edición de 2016 celebrouse do 8 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra e non contou coa presenza de ningunha compañía galega. Participaron as compañías foráneas El espejo negro (Málaga), Vaivén Circo (Granada), Da T Danza (Granada) e Marie de Jongh-Tartean Teatro con Teatro Arriaga (Euskadi) Referencias varias: - B. L., “O II Festival das Cóxegas reúne catro espectáculos multipremiados de monicreques, circo e danza”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 8 xullo 2016, p. 12. Informa que o II Festival das Cóxegas, que terá lugar no Pazo Cultural de Pontevedra, contará co espectáculos de danza, teatro, monicreques e circo. Conta que se poderá gozar de proposta de El Espejo Negro, Vaivén Circo, Da T Danza e Marie de Jongh con espectáculos como “El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide” que conta con varios premios ao mellor espectáculo infantil e será o encargado de dar inicio ao ciclo. Mostra unha pequena axenda onde se pode ver cando actuará cada grupo e cales son as obras representadas, así como tamén onde se poden conseguir as entradas. - M. V., “Maxia e natureza na primeira proposta do II Festival das Cóxegas”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Sociedad”, 5 novembro 2016, p. 61. Fala do II Festival das Cóxegas que terá lugar no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, no que terán lugar obras como El fantástico viaje de Jonás, el espermatozoide, danza, obras de teatro, actuacións con monicreques e espectáculos de circo. Finalmente informa do prezo das entradas e onde se poden conseguir. - Cuca M. Gómez, “¿Quién no tiene cosquillas”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 7 novembro 2016, p. 62. Dá conta da programación deste festival que se inaugura con El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide, a cargo da compañía El Espejo Negro e que continuará con Des Hábitat de Vaivén Circo, ¿Cuál es mi nombre?, de DaTDanza e Amour, de Mari de Jongh, Tartean Tteatro e Teatro Arriaga. - Cuca M. Gómez, “Domingos gastronómicos”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 14 novembro 2016, p. 62. Entre outras cuestións, dá conta da representación Des hábitat de Vaivén Circo no Festival das Cóxegas. - Cuca M. Gómez, “Adiós al Festival das Cóxegas”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 28 novembro 2016, pp. 70-71. Anuncia a clausura deste festival que acolleu compañías de fóra de Galicia. Cultura no Camiño, Ciclo

Page 114: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Programa escénico e musical organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e da Axencia de Turismo de Galicia. A edición de 2015 desenvolveuse nos concellos das rutas xacobeas dende o 16 de abril até o 30 de setembro. Representáronse as obras Don Quixote. Unha comedia gastronómica, a cargo de Limiar Teatro; Lobo Bobo, de Elefante Elegante; Canta connosco! e Merenda con pan de millo, de Migallas Teatro; 4 tempos, de Teatro do Miolo; 15 primaveras, de Mamá Cabra; Lavandeiras, de Daboapipa; Uxía lambona e a banda molona e A invasión pirata, de Troula Animación; Contos e lerias, de Daboapipa; Expresións Producións, con Chapuzas a domicilio; O soño dos contos, de Xore Teatro; Un día no circo, da compañía teatral Paso de Valverde; Xan perillán compra queixo e compra pan, d'Os Monicreques de Kukas; As mil e unha noites e Iriña bailarina, de Teatro dos Ghazafelhos; Simbad e a serea, d'Os Quinquilláns; Danza da choiva, de Elegante Elegante; Sopa de sapo e Valentino Rufini e Àkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can), de Talía Teatro; A historia da espiña de toxo, de Dinamo Teatro; A historia de Brancaflor e Retrincos de Castelao, de Culturactiva; Cocido Express e Ensalada de instrumentos, d'OsTres Tenedores; Pucho e Gabardina: O misterio das burbullas, de Hermanager Producciones; O carro dos títeres, de Trécola; Sabela e o paxaro máxico e Amoriños Contei, de Tarabelos; O ferreiro e o diaño, Barriga Verde contra o estragapandeiro e O fillo do panadeiro, de Títeres Cascanueces; Carapuchiña vermella, de EducaTeatro Producións; Viaxe a Dadá, de Teatro da Semente; Vacacións no mar, de Mircromina; O poliño feo, de Viravolta Títeres; Contos para escagarriñarse, Acuario e Contos de lobo, de Ghazafelhos; Camiño de aventuras, de Títeres Cachirulo; Fábula galénica, de Fantoches Baj; As viaxes dos ratos de Lonxedetodo, de TrinkeTrinke Teatro; Rastreo Pirata, de Tusitala; Os soños na gaiola, de Títeres Alakrán; Canta o cuco, de Uxía e Magín Blanco; Memorias das memorias dun neno labrego, de Abrapalabra; e 7 magníficos mais Un, con Os contos de Barriga Verde (Manuel María). Tamén contou coa participación das compañías, con pezas para o público adulto, Mofa e Befa, con Shakespeare para ignorantes e Cociña económica; Culturactiva, con Falar sen cancelas; Chévere, con As fillas bravas; Ibuprofeno Teatro, con O furancho; Daboapipa, con Historias de vida, guerra, amor e case morte; Volta e Dalle Teatro, con Dura lex e Rodesindo da Barrosa; Malasombra Teatro, con D.E.P. e Go on!; Lucecús Teatro, con A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna; Pelos na lingua, de Talía Teatro; e Fantoches Baj, con As pombas de Carboeiro. Referencias varias: - Lara Eiré, “El Camino se pone festivo con casi 400 espectáculos”, El Correo Gallego, “Santiago”, 13 abril 2016, p. 26. Afirma que cento corenta e nove grupos galegos representarán até o 30 de setembro centro sesenta e catro espectáculos por noventa e nove concellos dentro do programa Cultura no Camiño que conta cun amplo orzamento. - M. García, “Medio centenar de actuaciones a través de Cultura no Camiño”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 13 abril 2016, p. L10.

Page 115: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Dá conta da presentación do programa cultural nos catorce municipios da área compostelá que abarca un total de 369 actuacións previstas entre maxia, música, teatro e danza. Salienta a triplicación do presuposto destinado e a Ordes e Santiago como os concellos que máis actuacións acollen. - Mar Toledo, “A cultura mestúrase en Ames cos pasos das rutas xacobeas”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 15 abril 2016, p. 32. Infórmase da presentación do IV programa Cultura no Camiño que traerá ao concello de Ames a representación da peza As fillas bravas, a cargo do grupo de teatro Chévere. - Víctor Castro, “Hoy da comienzo el programa ‘Cultura no camiño’ que finalizará el 30 de septiembre”, El Ideal Gallego, “Betanzos”, “Atalaya mariñana”, 15 abril 2016, p. 14. Informa da presentación do programa. Salienta a participación na iniciativa de Agadic e as consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Turismo da Xunta. - Chus Gómez, “Teatro, maxia, música e títeres amenizan as tardes infantís”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 18 xullo 2016, p. 8. Comenta as actividades que terán lugar no concello de Pontevedra para as festas de verán, a praza do Teucro acollerá sete propostas do ciclo Cultura no Camiño. Informa que se poderá gozar de representación teatrais, musicais, monicreques, circo así como o ciclo de proxeccións de películas ao aire libre, Cinema na Lúa. Destaca varios grupos teatrais e musicais entre eles o grupo Golfiño que representará O Poeta do Miño. - Noelia Soage, “Los más pequeños se divierten en O Teucro”, Diario de Pontevedra, “DeVerano”, 19 xullo 2016, p. 11. Comenta o ciclo Cultura no Camiño que se leva a cabo na Praza do Teucro para os máis cativos que poderán gozar de contos, teatro, música, maxia e do circo. Informa que terán lugar actuacións como teatro infantil Acuario de Ghazafelhos que trata de ensinarlle poesía en lingua galega aos nenos ao mesmo tempo que aprenden nome de peixes, tamén terá lugar o cine na rúa, actuacións musicais como o grupo Golfiños, repetirá o teatro con O Poeta do Miño, de Polo Correo do Vento e os Monicreques de Barriga Verde, entre outras moitas. - M. V./ N. S., “Una tarde mágica con un trío de ases en la plaza do Teucro”, Diario de Pontevedra, “DVerano”, 20 xullo 2016, p. 16. Comenta o ciclo Cultura no Camiño levado a cabo por Expresión Produción no centro histórico de Pontevedra, que consiste nunha gran cantidade de actividades para os máis cativos. Informa que o ciclo conta con actuacións de maxia do grupo Trío de Ases no que participan os nenos, tamén conta con representacións teatrais, música e outras moitas actividades. Finalmente fala doutras actividades realizadas na zona como o Festixe, talleres infantís e ciclo de Cinema na Lúa. - José M. Ramos, “Historia, gastronomía, folk y ópera en Costa da Morte”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 27 agosto 2016, p. 31.

Page 116: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Entre outras actividades, informa da representación, na Praza da Constitución de Cee, das pezas Simbad e a serea, a cargo de Os Quinquilláns e Asacocirco: circo e lume, de Novo Circo. - J. M. R., “Cultura no Camiño trae el espectáculo Circo de Lume a la villa ceense”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 28 agosto 2016, p. 29. Anúncianse as actividades programadas en Cee e infórmase da data e lugar de representación de Bicirco, a cargo de PistaCatro, no marco do ciclo Cultura no Camiño. DAC-Outono Cultural, Ciclo Programa da Deputación da Coruña creado para difundir figuras e efemérides culturais. A edición de 2016 desenvolveuse en dezaoito concellos (Ames, Arzúa, Betanzos, Carballo, Cee, Melide, Muros, Narón, Noia, Oleiros, Ordes, Ortigueira, Padrón, As Pontes, Ribeira, Santa Comba e Vimianzo) durante os meses de novembro e decembro para difundir e conmemorar as figuras de Manuel María, as Irmandades da Fala e Castelao. Representáronse as pezas O conto de barriga verde e Retrincos de Castelao, a cargo de Culturactiva e O rueiro das liortas, de Elefante Elegante. Tamén contou coa presenza de Carlos Blanco e Luis Davila, con Menú da fala. Ademais, tivo lugar a Gala da Irmandade, onde Luís Iglesia e Xabier Deive, da compañía Boneca Lareta, interpretaron un anaco da obra Sede de mal. Referencias varias: - M. G. M., “La Diputación acercará a Castelao y Manuel María desde lo contemporáneo”, El Ideal Gallego, “Sociedad”, 4 novembro 2016, p. 37. Destaca a revitalización e contemporaneidade de figuras como Castelao, Manuel María e as Irmandades da Fala por parte da Deputación no marco do DAC-Outono Cultural. Entre as actividades propostas, salienta a programación de Barriga verde, Retrincos de Castelao, Menú da Fala e Gala da Irmandade. Comenta que tamén se organizarán charlas nos centros educativos da zona e un ciclo de conferencias baixo o título “Galicia, un pobo máxico. Unha ollada á cultura galega”. - S. E., “El Outono Cultural de la Deputación se abre en Negreira con ʻMenú da Fala”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 6 novembro 2016, p. 32. Indica que despois da representación de Menú da Fala, terá lugar a das pezas Conto de Barriga Verde e Retrincos de Castelao. Destaca o “Gran elenco” que asistirá á mostra. - E. Forján, “Estreno de ʻMenú da Falaʼ en el Outono Cultural negreirés”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, “Humor”, 6 novembro 2016, p. L11. Informa sobre o programa da mostra destacando a estrea do espectáculo Menú da fala de Carlos Blanco e Luis Dávila. Di que o programa de novembro pecha coa representación infantil O rueiro das liortas.

Page 117: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Emilio Forján, “Menú da Falaʼ, tras el éxito en Negreira, llega a Milladoiro”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, 8 novembro 2016, p. L11. Destaca que a peza Menú da Fala reflicte que os seus protagonistas posúen a “incriblecapacidade de facer rir, adaptarse, integrar e facer humor con selo e calidade de país” e que tamén se representarán no Milladoiro as pezas Barriga Verde e Retrincos de Castelao. - M. G. M., “Goretti Sanmartín. ʻEstudamos levar as obras a casas da cultura para xuntar o alumnado de varios centros”, Diario de Arousa/ Diario de Ferrol/ El Ideal Gallego, “Sociedad”, 23 novembro 2016, p. 35. Conversa coa vicepresidenta da Deputación da Coruña sobre o DAC-Outono na que informa das distintas postas en escena, tanto para público infantil e xuvenil coma para o adulto, sinala que debido ás peticións de institutos para sumarse á rede están a estudar a posibilidade de levalas a cabo “nas casas de cultura para xuntar o alumando de varios centros”, resalta a idea de levar “propostas de gran calidade a concellos pequenos e medianos” e nomea as pezas que se representarán.

- José M. Ramos, “El DAC Outono Cultural achega ʻMenú da Falaʼ a Vimianzo, Carballo e Cee”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 25 novembro 2016, p. 36. Informa da presentación do ciclo pensado para conmemorar efemérides de Manuel María, Castelao e as Irmandades da Fala. Sinala como “prato forte” do programa dramático o Menú da fala ao que califica como “unha celebración oral que fai unha simbiose entre narración e imaxe para poñer en valor o noso idioma”. Nomea outras pezas que se representarán e as datas e lugares. Finaliza reproducindo os desexos do actor Fran Rei respecto ao DAC Outono Cultural: que “acabe sendo un referente de programación desestacionalizada e dirixida a todos os públicos”. - M. M., “La Gala da Irmandade llega a As Pontes con magia, música y teatro”, El Progreso, “A Chaira”, 30 novembro 2016, p. 20. Dá conta dos grupos teatrais que intervirán na Gala e alude ademais á posta en escena da peza Retrincos de Castelao. - S. S., “Ribeira acollerá o día 16 a Gala da Irmandade, que mestura diferentes artes”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 5 decembro 2016, p. 20. Explica que o ciclo será un “espectáculo aberto no que se mesturarán diferentes artes: música, teatro, poesía, pintura...” e nomea os grupos teatrais e artistas locais que participarán. Precisa que se representarán as pezas O conto de Barriga Verde, baseado “na clásica historia de amor entre Fiz e Catuxa” e Retrincos de Castelao, na que se reflicte a figura do autor.

Page 118: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- R. L., “El Outono Cultural sumó un público de más de 12.000 personas”, Diario de Arousa/ El Ideal Gallego, “Sociedad”, p. 36/ Diario de Ferrol, “Galicia”, p. 22, 27 decembro 2016. Descata as homenaxes nesta edición ás Irmandades da Fala, a Manuel María e a Castelao. Finaliza reproducindo as palabras da responsable de Cultura explicando que a mostra contén grandes apostas das artes escénicas. Daniel Cortezón, XIIIª Mostra de Teatro Afeccionado Ciclo de teatro afeccionado levado a cabo no municipio de Ribadeo que recibe o seu nome do escritor ribeirense Daniel Cortezón Álvarez. Na edición de 2016, que tivo lugar entre os días 4, 5 e 6 de novembro, representouse a obra Universos de fantasía, a cargo de Alentía Teatro. Tamén contou coa presenza de compañías con espectáculos para o público adulto: Pico do Castro, con O Consultorio e Tangatutanga Teatro, con Que Deus nos colla confesados. Cabaré bíblico. Domingos do Principal, Ciclo de Teatro Infantil de Pontevedra Ciclo de teatro dirixido a un público familiar, que se vén organizando dende o ano 2000 como campaña teatral que parte da iniciativa do Concello de Pontevedra e do grupo Teatro Akatro, encargado, como especialista en teatro para a nenez, de seleccionar os espectáculos que cobren esta programación. Nas dúas primeiras edicións celebrouse durante os meses da primavera, pero a partir da de 2002 pasou a celebrarse no inverno. No ano 2016 as actuacións celebráronse entre o día 17 de xaneiro e o 6 de marzo. As compañías galegas que participaron foron: Eme2 Producións, con Jim e a illa do tesouro e Baobab Teatro, con Luppo. Tamén representaron pezas as compañías foráneas: Peus de Porc (Cataluña), La Baldulfa (Cataluña), Mucab Dans (Cataluña), Marcel Gros (Cataluña) e Escena Creativa (Madrid). Referencias varias: - Sara Vila, “Volven os Domingos do Principal”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 18 xaneiro 2016, p. 8. Informa do comezo do ciclo teatral Domingos do Principal coa representación de A comer! da compañía catalá Peus de Porc. Ademais fala das vindeiras estreas que inclúen a posta en escena de Jim e a illa do tesouro da compañía galega Eme dous, Pinocchio, figlio de Gepetto, da catalá La Baldufa, Burbullas de papel de Mucab Dans e Luppo, da compañía Baobab Teatro. - Cuca M. Gómez, “¡Que vivan los vermús!”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, 25 xaneiro 2016, p. 62 Entre outras novas, dá conta da representación da peza Jim e a illa do tesouro, no marco do ciclo Domingos do Principal.

Page 119: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Cuca M. Gómez, “Homenaje a Manolo Chicote”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 22 febreiro 2016, p. 62 Entre outros temas alude a esta mostra e informa das actuacións das compañías Marcel Gros e Escena Creativa. - Cuca M. Gómez, “Resumen de un domingo de diez”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 29 febreiro 2016, p. 62 Entre outras actividades, informa da representación da peza teatral Faboo, a cargo da compañía Escena Creativa. - Cuca M. Gómez, “Luppo’ regresa a Pontevedra”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 7 marzo 2016, p. 62. Comenta a posta en escena de Luppo por parte da compañía Baobab Teatro incluída na programación desta mostra. - Belén López, “Da banda deseñada á historia de Moby Dick”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 21 decembro 2016, p. 13. Fala da próxima edición do ciclo de teatro familiar Domingos do Principal, no que será protagonista o cómic. Resalta que este ciclo rematará cunha adaptación de Moby Dick. Informan do prezo das entradas e da onde poden ser adquiridas, así como o título de algunhas obras que serán representadas como O lobo e a lúa que se fixo co Premio Barrigaverde en 2014 de textos para teatro de monicreques. Escena en Familia Ciclo de teatro de longa duración protagonizado por teatro de títeres e de actor que se celebra na sala compostelá Arteria Noroeste, organizado pola SGAE-Fundación Autor Santiago. Está pensado como un espectáculo visual e musical para nenos e nenas entre 6 meses e 3 anos. Representáronse, entre outras, as pezas Os soños na gaiola, a cargo de Títeres Alakran; Orellas de trapo, de Títeres Brincadeira; Cucú Tastás, Do-Re-Mi, Mozart xoga aquí, Bala perdida e Xeado de lúa, de Títeres Cachirulo; e Cántoche un conto, da Xanela do Maxín. Tamén participaron as compañías foráneas La Gotera de Lazotea (Cádiz), Teatro La Estrella (Valencia) e Pantha Rei (Euskadi). Referencias varias: - A. I. S., “Títeres Cachirulo abre un ciclo de montajes para ver en familia”, El Correo Gallego, “Santiago”, 14 xaneiro 2016, p. 29. Explica que o 16 de xaneiro de 2016 dará comezo a nova tempada do ciclo Escena en Familia da Fundación SGAE coa representación de Xeado de lúa. - ECG, “Canciones y marionetas con A Xanela do Maxín”, El Correo Gallego, “Santiago”, 23 xaneiro 2016, p. 30.

Page 120: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Dá conta da representación da obra Cántoche un conto, da Xanela do Maxín, dentro do programación desta mostra. - M. García, “A Xanela do Maxín une esta tarde canciones y títeres”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 23 xaneiro 2016, p. L11. No marco do programa Escena en familia, dá conta da representación do espectáculo Cántoche un conto, a cargo da compañía A Xanela do Maxín. - ECG, “La compañía vasca Panta Rhei en la Fundación SGAE”, El Correo Gallego, “Santiago”, 4 decembro 2016, p. 28. Comenta que a compañía vasca Panta Rhei dará o espectáculo infantil Astokillo na sala da Fundación SGAE no marco do ciclo Escena en Familia. Informa sobre a trama do espectáculo así como tamén do horario. Estrada, Festival de Teatro Escolar da Certame organizado pola aula de teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada, Avelaíñas Teatro, a biblioteca e o clube de lectura “Retelladores do Galiñeiro”. Na edición de 2016, que tivo lugar o día 24 de abril, representouse a peza Variedades, a cargo do obradoiro municipal de teatro de Palas de Rei, aula de teatro do CPI de Touro, escola municipal de Teatro de Laxe, Teiroa Teatro e da aula de teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada, Avelaíñas Teatro. Referencias varias: - C. Botrán, “O teatro, como función pedagóxica e integradora”, El Correo Gallego, “AC”, 20 abril 2016, p. 38. Fala do acto de presentación deste festival no que se lembrou o seu obxectivo, descubrir as potencialidades do teatro no ámbito escolar; se explicou a organización da cuarta edición e as actividades que se realizarán, se sinalou as institucións organizadoras e se lembrou a súa historia e o intercambio con alumnado de Portugal. FalaRedes Ciclo de teatro familiar organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia para a dinamización lingüística que inclúe diversas ofertas de ocio. Na edición de 2016 representáronse as pezas A viaxe de Rosalía, a cargo de Larraitz Producións Artísticas e O rueiro das liortas, de Elefante Elegante. Referencias varias:

Page 121: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Javier García, “FalaRedes arranca cun tributo a Manuel María en Ourense”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 19 febreiro 2016, p. 38. Dá conta do programa do FalaRedes 2016 que comeza co concerto Todo me fala de ti, no cal Uxía e Magín Branco interpretan poemas de Manuel María para o público infantil. Ademais, tamén se fala brevemente das restantes 15 actuacións que xirarán por todo o territorio galego co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega. - Marta Salgado, “Homenaxe musical aos versos de Manuel María”, La Región, “Ciudad”, 19 febreiro 2016, p. 10. Comenta o inicio da quinta edición do programa FalaRedes 2016 co espectáculo musical Todo me fala de ti, salientando que se trata dunha iniciativa dirixida os máis novos co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega a partir da obra de Manuel María. - Roberto García, “Ourense acolleu a estrea da actividade ‘Todo me fala de ti”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 21 febreiro 2016, p. 39. Dá conta da estrea do espectáculo Todo me fala de ti que inaugura a nova edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes. Tamén destaca que a obra interpreta musicalmente os textos de Manuel María, de xeito que se converte nunha homenaxe ao propio escritor sobre o que este ano xira o Día das Letras Galegas. - Marta Salgado, “Unha viaxe polos versos de Manuel María”, Atlántico Diario, “Galicia”, p. 24/ La Región, “Ourense”, 21 febreiro 2016, p. 9. Coméntase a estrea do espectáculo Todo me fala de ti, no cal as voces de Uxía Senlle e Magín Blanco xunto a Santi Cebreiro e o seu acordeón musican os versos de Manuel María, como evento iniciador da nova edición do programa de dinamización FalaRedes. Tamén se destaca a boa recepción do público asistente que participou activamente no espectáculo. - Cándida Andaluz, “Uxía e Magín Blanco estrearon ‘Todo me fala de ti’ no día da lingua materna”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 21 febreiro 2016, p. 44. Salienta a afluencia de público na presentación do espectáculo musical Todo me fala de ti, no cal os músicos Uxía, Magín Blanco e Santi Cebreiro interpretan textos musicados da autoría do escritor Manuel María. Ademais, faise referencia ao propio proceso de adaptación dos textos literarios ao formato musical e destácase a importancia do programa FalaRedes na dinamización do uso da lingua galega. - RG, “FalaRedes arranca cun concerto que achegará aos nenos a poesía de Manuel María”, Diario de Arousa, “Galicia”/ Diario de Ferrol, “Ferrol”/ El Ideal Gallego, “Galicia”, 21 febreiro 2016, p. 21. Anuncia o comezo do programa FalaRedes 2016 co concerto Todo me fala de ti, onde Uxía e Magín Blanco musican os versos de Manuel María co obxectivo de dinamizar o uso da lingua galega e homenaxear ao autor a quen se lle dedica no presente ano o Día das Letras Galegas. Ademais, fai referencia a que esta nova edición do programa

Page 122: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

coincide tamén coa celebración do Día Internacional da Lingua Materna, salientando a importancia das linguas maternas para a educación de calidade e a diversidade lingüística. - C. F., “A Biblioteca acollerá a actividade de dinamización ‘Todo me fala de ti”, Diario de Pontevedra, “Marín”, “O Morrazo”, 23 febreiro 2016, p. 18. Dá conta da celebración da actividade de dinamización Todo me fala de ti que musica versos de Manuel María nas voces de Magín Blanco e Uxía, destacando a perspectiva contemporánea do espectáculo e a globalidade dos ritmos e estilos utilizados. - Elisa Álvarez, “Os monicreques de ‘A viaxe de Rosalía’ chegan a trece concellos”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 23 febreiro 2016, p. 33. Informa que a actriz Larraitz Urruzola, co apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística, xirará por trece concellos galegos co espectáculo de monicreques A viaxe de Rosalía. Tamén destaca algúns datos técnicos sobre a peza e indica que está dentro do programa FalaRedes 2016. - E. Ocampo, “Un espectáculo de monicreques espallará a obra de Rosalía entre o público familiar”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 23 febreiro 2016, p. 34. Dá conta do comezo da xira por trece concellos galegos da obra de teatro de monicreques A viaxe de Rosalía, actividade dentro do programa de dinamización da lingua galega FalaRedes 2016, destacando que a obra achega os máis novos á figura de Rosalía de Castro na voz de Francisca do Campo, a súa madriña, a través da combinación de narración oral tradicional e interpretación. - Alba Lago, “Monicreques e música para difundir entre os máis pequenos a vida de Rosalía”, El Correo Gallego, “Tendecias. Ciencia. Cultura. Ocio”, 23 febreiro 2016, p. 40. Anuncia a presentación do segundo espectáculo programado dentro do FalaRedes 2016, A viaxe de Rosalía, que combina narración oral tradicional e interpretación teatral con monicreques. Tamén comenta que a estrea conmemora tanto o Día de Rosalía coma o Día Internacional da Muller e que xirará por trece concellos galegos durante os meses de marzo, abril e maio. - ECG, “García presenta o programa FalaRedes 2016”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 17 marzo 2016, p. 40. Faise eco da presentación de FalaRedes na Cidade da Cultura. - C. B., “A ‘Viaxe de Rosalía’ chega o domingo a Santa Comba da man de FalaRedes”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 15 abril 2016, p. 33. Dá conta da representación do espectáculo A viaxe de Rosalía no concello de Santa Comba dentro do programa FalaRedes 2016. Destaca que chega ao municipio despois de xirar con éxito por outros dez concellos e co obxectivo de dar a coñecer “esa Rosalía feminista, culta, valente e comprometida que ás veces a súa propia lenda ocultou”.

Page 123: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Mario Álvarez, “FalaRedes comeza o mes das Letras con seis novas propostas”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 29 abril 2016, p. 44. Indica que o programa de dinamización da lingua galega FalaRedes conta con seis propostas para o mes das Letras Galegas que se representarán en Santiago, O Carballiño, Ames, O Barco de Valdeorras, Valga e Ponteareas, que acollerán a Pablo Díaz e a súa banda co espectáculo Xente miúda, moita fartura, Uxía e Magín Blanco con Todo me fala de ti e A viaxe de Rosalía, teatro de monicreques interpretado por Larraitz Urruzola. - C. G., “Os Bolechas animarán ós rapaces da Laracha co seu show sobre as olimpiadas”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 27 maio 2016, p. 36. Comenta como o concello de A Laracha é un dos escollidos para levar a cabo as propostas de dinamización lingüística do programa FalaRedes a cargo da Política Lingüística, tamén se levarán a cabo nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Gondomar e Cuntis. Informa que as actividades propostas serán Os Bolechas van ás Olimpíadas e Todo me fala de ti, onde os rapaces poderán participar en numerosas probas. - Belén Figueira/ B. C., “Os Bolechas van ás olimoíadasʼ finaliza su gira”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 23 xullo 2016, p. L11. Apunta que a última representación deste espectáculo terá lugar en Melide, dentro da programación de FalaRedes, cuxo obc¡xectivo é ampliar a oferta de ocio en galego. - Víctor Castro, “Elefante Elegante ofrece hoy en Mesía ʻO rueiro das liortas”, El Ideal Gallego, “Área metropolitana”, “Atalaya mariñana”, 6 novembro 2016, p. 16. Fala do grupo teatral Elefante Elegante que a través do programa FalaRedes, poñerá en escena a obra O Rueiro das liortas, para todos os públicos a partir dos oito anos, unha obra que mestura teatro, danza e artes escénicas e da que se pode gozar en lingua galega. Familirúa, Festival Organizado polo Concello da Coruña no marco das festas de María Pita. A edición de 2016, celebrada polas rúas da cidade do 9 ao 28 de agosto, incluíu xogos populares, narracións orais, maxia, teatro, circo e danza. Contou coa presenza das compañías Dinamo Teatro, coa peza O poder das árbores; Baobab Teatro, con Bailando con contos; 7 magníficos máis Un, con Dous pallasos en máis apuros; A Xanela do Maxín, con Titeremusicontos; Moaintomano, con Ekilibúa; Pistacatro, con Nono; A trastenda dos contos, con O carteiro en bicicleta; Artestudio Teatro, con Animaliños; e Os tres tenedores, con Cocido express. Festea, Iº Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques

Page 124: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Esta primeira edición de 2016 tivo lugar as fins de semana dos meses de outubro e novembro no Centro Cívico de Caranza e no Centro Torrente Ballester. Representáronse as pezas As bombas e o xeneral e Titiricircus, de Tanxarina; Xeado de lúa e A historia do apalpador, de Títeres Cachirulo; O encoro enmeigado (das fragas do Eume) e Xan Perillán e a maleta máxica, dos Monicreques de Kukas; Jiñol e O día que chegou unha nube e choveu, de Títeres Trompicallo; Fíos e Contos para un caldiño, de Baobab Teatro; Cocer e cantar, de Títeres Seisdedos; A maleta de Don Attilio, de Viravolta Títeres; e A galiña dos ovos de ouro e Os tres porquiños, de APP Creacións. Tamén participou a compañía foránea A la sombrita (Andalucía). Referencias varias: - L. P., “El teatro se convierte en el aliado perfecto de un domingo pasado por agua”, Diario de Ferrol, “Ferrol”, 7 novembro 2016, p. 23. Informa da posta en escena Fíos de Baobab Teatro no Ciclo Festea e do espectáculo Breve-Mente de Agarimo Teatro no Centro Cívico de Caranza. Festiclown Festival circense organizado polo Concello de Vilagarcía de Arousa e Pallasos de Rebeldía, coa colaboración de Culturactiva e AGADIC. A edición de 2016, que tivo lugar do 11 ao 17 de agosto, incluíu circo, música, xornadas de formación, exposicións, teatro e unha Gala Solidaria na que participaron Isabel Risco, Peter Punck e 7 magníficos máis Un. Representouse a peza As mil e unha noites, a cargo de Teatro dos Ghazafelhos. Referencias varias: - F. F., “El Festiclown 2016 llenará de humor y solidariedad al centro y a las parroquias”, Diario de Arousa, “Vilagarcía”, 16 xullo 2016, p. 5. Fala do Festiclown 2016 que se celebrará na capital arousana polo motivo da festa San Roque e que xegará tamén ás parroquias. Anuncia que tamén terá lugar a Gala Solidaria no Salón García impulsada polos “Pallasos de Rebeldía” . Finalmente comenta as distintas actividades que terán lugar na zona e a participación de coñecidos do humor como Pepe Viyuela e Leo Bassi entre outros. - Lorena Boullosa, “El Festiclown de Vilagarcía de Arousa contará con Leo Bassi y Pepe Viyuela”, Diario de Pontevedra, “Provincia”, “Pontevedra”, 18 xullo 2016, p. 14. Informa que este festival contará coa presenza dos cómicos Leo Bassi e Pepe Viyuela e que actuarán paiasos, malabaristas e magos. - V. Gayoso, “As festas de agosto en Vilagarcía comezan co ʻFesticlown”, Diario de Pontevedra, “O Salnés”, “Vilagarcía”, “Cambados”, 2 agosto 2016, p. 24.

Page 125: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Anuncia o comezo do Festiclown en Vilagarcía, que terá lugar primeiramente nas parroquias a cargo do humorista Peter Punk. Informa que no Festiclown se poderá gozar de música, maxia e malabares a cargo de Pepe Viyuela, o italiano Leo Bassi, Javi Javichu entre outros moitos e o público poderá votar a mellor actuación, e tamén contará con unha visita e actuación ao Hospital do Salnés. - Fernando Salgado/ V. Gayoso, “Nacho Fungueiriño. ʻO Festiclown quere levar unha risa comprometida e de esperanza ás persoas”, Diario de Arousa, “DVerano”, 15 agosto 2016, p. 14. Fala da entrevista realizada a Nacho Fungueiriño, director do Festival Internacional de Clown, que ten quince anos de experiencia, onde resalta que o humor é un idioma internacional. Comenta que levan o humor a varios países e que tamén actúan en hospitais para nenos que non os poden ver na rúa, Nacho Fungueiriño comenta que é posible manterse como profesional das artes escénicas. - F. Frieiro, “El Festiclown se despide hoy con Kanbahiota, Javi Javichy y con los Pallasos en Rebeldía”, Diario de Arousa, “Vilagarcía”, 17 agosto 2016, p. 7. Anuncia o final do Festiclown en Vilagarcía, que remata coa compañía Kanbahiota, Javi Javichy e cos Pallasos en Rebeldía. Comenta que o Festiclown despídese con dous potentes días nos que destacou Leo Bassi e Pepe Viyuela. - F. F., “Vilagarcía clausura o seu Festiclown máis exitoso e irreverente”, Diario de Arousa, “Vilagarcía”, 18 agosto 2016, p. 5. Anuncia a clausura deste festival, enumeranco os espectáculos da última sesión. FETTA, Festival de Teatro Amador Transfronterizo Festival organizado por Fegatea, co apoio do concello de Lugo. Na edición de 2016, que se celebrou en Lugo entre os días 9 e 18 de setembro, entregouse do IV premio Fegatea de Animación Teatral a Manuel Lourenzo. Participaron as compañías Fanfarra Títeres, coa peza O soñador de historias; Andaravía, con O misterioso mexunxe marrón; Escoitade, con Desafiuzado; Atrezo, con A verdadeira historia da Carapuchiña; Paso de Valverde, con Un día no circo; e T no aramio, con Alacrán. Tamén contou coa presenza das foráneas Retranca (Castilla León) e Os Simples (Portugal). Referencias varias: - Marta Becerra, “El Festival de Teatro Amador abre hoy”, El Progreso, “Lugo”, “El despertador”, 9 setembro 2016, p. 11. Anuncia a inauguración deste festival no que se presentará un taller de lecturas dramatizadas e se representarán O misterioso mexunxe marrón, A verdadeira historia da Carapuchiña e Un día no circo.

Page 126: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

FIOT, XXVº Festival Internacional “Outono de teatro” de Carballo Organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte, baixo a dirección do seu presidente, Alberto Sueiro, e a Concellaría de Cultura do Concello de Carballo. A partir da edición de 2002 pasou a se denominar “FIOT”. Acolle representacións teatrais, contacontos, actuacións musicais e distintos tipos de shows. Na edición de 2016, celebrada dende o 23 de setembro até o 29 de outubro, concedeuse o galardón honorífico “Xograr de Outono” a Miguel de Lira. Representouse a peza Don Quixote. Unha comedia gastronómica, a cargo de Limiar Teatro. Tamén participaron as compañías galegas Contraproducións, con O tolleito de Inishmaan; 7 magníficos mais Un, con Os reposteiros do FIOT; e Chévere, con Eroski Paraíso. Tamén estiveron presentes as compañías foráneas Yllana (Madrid), Compañía Manolo Alcántara (Cataluña), Farrés Brothers i Cía (Cataluña), Kulunka Teatro (Euskadi), La Casa de la Portera (Madrid), Sexpeare Teatro (Madrid), L'om-Imprebís (Valencia); Metatarso Producciones (Madrid), Ron Lalá (Madrid), Paolo Nani Teater (Dinamarca) e Feelgood Teatro (Madrid). Asemade, no marco deste festival, tivo lugar o VII Ciclo OTNI e a XVIII edición Rúa dos Contos. O Ciclo OTNI, mostra teatral destinada a proxectos de carácter máis contemporáneo, contou coas compañías Laitrum Teatre (Cataluña) e La Teta Calva (Valencia). Na XVIII edición Rúa dos Contos, ciclo celebrado en locais de hostalería, ademais de monólogos e música, representáronse as pezas galegas Lavandeiras, Daboapipa; A saia da Carolina, de Fantoches Baj; e 8mm, con Unha historia de amor ao Tarantino. Referencias varias: - José M. Ramos, “O FIOT converte aos carballeses en protagonistas da súa 25 edición”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 3 agosto 2016, p. 34. Informa da presentación da campaña promocional posta en marcha para conmemorar a vinte e cinco edición da FIOT e adianta que a edición de 2016 “centrarase no humor e na comedia” e que convidarán á compañía madrileña Yllana, que tamén conmemora os mesmos anos que a FIOT.

_____, “El verano se va con fiesta y el otoño llegará con teatro”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 11 setembro 2016, p. 33. Entre outras actividades culturais, informa da presentación da XXV edición do FIOT que abrirá o 23 de setembro a compañía madrileña Yllana.

_____, “El FIOT celebrará el cuarto de siglo con 34 espectáculos”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 16 setembro 2016, p. 41. Detalla o programa da edición de 2016 na que se conmemora o vinte e cinco aniversario deste ciclo, o actor ao que se lle entregará o premio Xograr de Outono 2016 e as autoridades que intervirán na presentación do programa no día de hoxe.

- Á. P., “Carballo alza el telón de su festival internacional de teatro, que suma 25 ediciones”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 23 setembro 2016, p. 47.

Page 127: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Refire que en 2016 se cumpre un cuarto de século do FIOT, cunha edición “que incluye ocho estrenos en Galicia y un estreno absoluto” e da que enumera as compañías e actores máis recoñecidos que intervirán e as actividades paralelas que se realizarán. - José M. Ramos, “Yllana sirve el aperitivo del FIOT con 25 sketches ʻremasterizados”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 24 setembro 2016, p. 39. Alude á presentación do vinte e cinco aniversario do FIOT, referindo que o abrirá Yllana cun espectáculo “muy divertido y enérgico”, unha mostra do sentimento de “yllanofilia” do público carballés con esta compañía madrileña, “imprescindible” no FIOT. Apunta que “uno de los platos fuertes” será a estrea d’El tullido de Inishmaan, coproducida polo FIOT, entre outras estreas tamén relevantes, e alude ás iniciativas dirixidas ao público infantil, Fiotiño e Pequeperiodistas. - M. M., “Yllana volvió a Carballo para compartir éxito y muchas risas con la historia del FIOT”, Diario de Arousa/ Diario de Ferrol/ El Ideal Gallego, “Galicia”, 24 setembro 2016, p. 21. Destaca que a “impresentable” compañía madrileña Yllana que conmemora os mesmos anos de aniversario que este ciclo, vinte e cinco, acude por novena vez a Carballo. Explica que abriron o FIOT 2016 cun monllo dos seus mellores sketches, “los que sabemos que de principio a fin funcionan”, como comentou o actor Fidel Fernández, quen ademais considerou que é “un lujo que ambas partes hayan aguantado” durante vinte e cinco anos.

- J. M. Ramos, “Zoe Quintela fue agraciada con una noche teatral en el FIOT”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 25 setembro 2016, p. 35. Faise eco do sorteo “Dálle un bocado ao FIOT” que inclúe, entre outros premios, dúas entradas para a programación teatral e o aloxamento nun establecemento de Carballo. - José M. Ramos, “Pinchos e contos para izar o pano do gran outono teatral de Carballo”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 30 setembro 2016, p. 35. Informa que hoxe encomeza a edición de 2016 deste ciclo, composto por “narracións, monólogos, teatro, maxia, música, títeres, teatro xestual, tradición oral, cabaré e moito humor”. Precisa as compañías e pezas que se representarán durante a fin de semana e así mesmo a ruta gastronómica Dálle un bocado ao FIOT, de tal forma que, en palabras de concelleiro de promoción económica, “esta simbiose entre escena, bar e economía contribúe a que o FIOT sexa algo singular”.

- Á. Palmou, “En la calle, en los bares… incluso en el escenario: Carballo, el gran teatro”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Escenarios”, 30 setembro 2016, p. 12. Apunta que esta edición do ciclo comezou o venres pasado cun “estreno absoluto y ocho obras que visitan por primera vez Galicia”, ademais doutras actividades paralelas. Detense nas postas en escena do día de hoxe, mañá e o domingo e tamén enumera outros espectáculos que se representarán o domingo.

Page 128: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- José M. Ramos, “Iván Off da el salto a un gran escenario en el FIOT carballés”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 6 outubro 2016, p. 32. Detense na estrea que abrirá a edición de 2016 deste ciclo e resume o programa dos demais días do ciclo e tamén da sesión dobre de A Rúa dos Contos. - Ángel Palmou, “Raúl Tejón. ʻNos embarcamos en esta historia sin saber muy bien cómo iba a ser”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Escenarios”, 7 outubro 2016, p. 12. Conversa co actor Raúl Tejón do espazo escénico La Casa de la Portera, encargado de abrir a edición de 2016 deste ciclo carballés. Explica que a escolla debeuse a que lles apetecía representar unha peza de Chejov e “contar una historia que hacía muchísimos años que no se hacía en España”, que prefire a proximidade do público que a distancoa que tieñan nos ensaios na Casa e que “ha habido que modificar la puesta en escena, los movimientos y demás, pero la obra en sí no ha perdido la esencia”. - Á. P., “Otras seis citas con el escenario”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Escenarios”, 7 outubro 2016, p. 12. Fai un percorrido polas estreas da edición de 2016 deste ciclo que se representarán e nos seguintes días, matizando o custo das entradas individuais e dobres. - José M. Ramos, “Pazó trae ao FIOT a estrea de ʻO tullido de Inishmaan”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 12 outubro 2016, p. 32. Informa das dúas postas en escena que terán lugar na mostra: da primeira dela, a peza en galego, destaca que o “argumento xira ao redor dunha pequena illa irlandesa que, din, ben podería ser unha aldea galega” e da segunda, a representacda pola compañía valenciana LʼOm-Imprebis, sinala que “é unha homenaxe ao FIOT pola súa forza para divertir, facer pensar e emocionar”. Tamén alude ás representacións de Saia da Carolina por parte de Fantoches Baj e de Dous homes e un vespino, a cargo de Xosé Touriñán e Pepe Suevos, para pechar A Rúa dos Contos.

- Ángel Palmou, “Cándido Pazó. ʻÉ unha gran axuda cando o público sabe facer o seu traballo”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Escenarios”, 14 outubro 2016, p. 13. Conversa co director da peza O Tolleito de Inisshmaan na que destaca que “a obra é próxima en argumentos, en tratamento de personaxes, en situacións, pero en canto á construción lingüística non deixa de ser un inglés peculiar e hai que ter moito coidado coas traducións”, de aí que tivo que “deconstruír o material e reexpresalo para que sexa fresco, dúctil, directo...” e que “os actores sexan galegofalantes e galegovivintes, que teñan unha lingua fresca, viva e potente”, que “moitas veces as grande obras nacen tamén de poder enganarse, de buscar, de perderse e reencontrarse”, que “Carballo é un sitio exemplar de como se creou un hábito” de acudir ao teatro e que “atopar un público maduro, que vai desfrutar, pero vai ser crítico é unha gran axuda para unha compañía”.

Page 129: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Á. P., “L'Om-Imprebís regresa a Carballo con ʻLa Crazy Class”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Escenarios”, 14 outubro 2016, p. 13. Indica que a compañía L'Om-Imprebís acude a Carballo coa esta peza La Crazy Class, continuación do seu debut en 1994 e na que se citan varias pezas dramáticas clásicas. Remata cun subapartado dedicado ás pezas que se porán en escena en “Rúa dos Contos”.

- J. M. Ramos, “El FIOT lleva al escenario a Shakespeare y Cervantes”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 21 outubro 2016, p. 37. Detense nas compañías que representarán pezas de William Shakespeare e Miguel de Cervantes no marco da edición de 2016 desta mostra, se ben tamén alude ao Grupo Chévere e ao obradoiro gratuíto Pequeperiodistas. Nun á parte, cita as postas en escena que se representarán tamén esta fin de semana en Laxe e en Vimianzo.

- Á. Palmou, “Miguel de Lira. ʻO selo de Chévere é o humor”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Escenarios”, 21 outubro 2016, p. 13. Conversa con Miguel de Lira con motivo do Premio Xograr de Outono do FIOT 2016. Fala da compañía Chévere e explica que a idea da peza Eroski Paraíso xurdiu de que “Galicia está inzada de espazos que eran salas de festas nos anos 80 e 90 e tiñan nomes evocadores de felicidade ou que prometían o paraíso, e que se acabaron convertendo nos paraísos na actualidade”. - Á. P., “Shakespeare y Cervantes para un intenso fin de semana teatral”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Escenarios”, 21 outubro 2016, p. 13. Enumera a tripla “ración de teatro” nesta fin de semana na edición de 2016 do FIOT, coas representacións de pezas por parte das compañías Chévere, Metatarso Producciones e Ron Lalá.

- Manuel F. Vieites, “25 anos do FIOT”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 600, “Escena”, 27 outubro 2016, p. IV. Comeza reflexionando sobre o feito de que “non é moi habitual que eventos culturais vinculados coas artes escénicas cheguen a celebrar aniversarios cun cuarto de século” e lamenta a desaparición da compostelán En pé de pedra e da Mostra de Teatro de Cee, antes de centrarse na FIOT. Destaca que “soubo xerar un modelo organizativo adecuado ao seu contexto”, que conta cunha “oferta escénica moi ampla que non esquece os máis pequenos” e que se completa con “traballos escénicos de rúa, ou con propostas tan suxestivas coma o ciclo denominado Rúa dos Contos” e mesmo co Ciclo Obxecto Teatral non Identificado (OTNI), un exemplo de que “a comunicación artística pode darse en calquera lugar onde un creador e un espectador se encontran”. Dá conta da heteroxeneidade mesmo xeográfica da programación, da que destaca os espectáculos galegos e o da madrileña compañía Yllana.

Page 130: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- José M. Ramos, “El FIOT baja el telón con ʻLa estupidezʼ de Feelgoog”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 28 outubro 2016, p. 37. Detense nas pezas que pecharán a edición de 2016 do FIOT. Explica que n'A carta fan “uso del lenguaje corporal, el mimo, las acrobacias faciales, el timing cómico y originales gags, en complicidad con el público”, destaca de La estupidez que é “un prodigioso ejercicio interpretativo” e que conta con “una puesta en escena impecable” e comenta pechou o ciclo OTNI coa estrea da peza Penev. - J. M. Ramos, “Cervantinaʼ, de Ron Lalá, gana el premio del público del FIOT”, El Correo Gallego,“Área de Compostela”, 1 novembro 2016, p. 30. Enumera as pezas galardoadas na edición do FIOT, en orde descendente da puntuación acadada e tamén informa da elevada participación do público, do número de espectadores, estreas, artistas, técnicos, actores e directores. Galicia Escena Pro, IVª Mostra de artes escénicas Organizada dende 2013 pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) en cinco espazos de Santiago de Compostela: o Salón Teatro, o Auditorio da Universidade, o Teatro Principal, a Fundación SGAE e o Auditorio Abanca. A edición de 2016 celebrouse entre os días 6 e 9 de xuño. Contou con actuacións de danza, maxia, teatro e novo circo. Representáronse as pezas Gretel e Bela, a cargo de Teatro da Semente; O poder de Amabel, de Pérez&Fernández; Os reloxos preguiceiros de Néboa, de Aporía Escénica; As fillas de Manawee, de Matrioshka Teatro; e O conto da Azuzaina, de Limiar Teatro. No apartado 'showcases', para os espectadores máis novos, Unhas gafas como as do avó, da Trastenda dos Contos; Pavillón Lino, de Caramuxo Teatro; e Os soños na gaiola, de Títeres Alakrán. Ademais, tamén participaron as compañías, con obras para público adulto, Producións Teatrais Excéntricas, con Os amores de Jacques o fatalista; Antagonista Teatro, con Coma e punto; Kulunka, con Solitudes; Ibuprofeno Teatro, con Raclette; Talía Teatro, con Foucellas; Teatro do Morcego, con Nosa Señora das Nubes; La Yogurtera, con A forma das cousas; e Chévere, con Eroski Paraíso. No apartado denominado 'showcases', para público adulto, Antón Coucheiro, con Múltiple; Butacazero, con Voaxa e Carmín; Colectivo T.O.X.O, con A vida das tormentas; e Culturactiva, con Falar sen cancelas. Referencias varias: - Ana Iglesias, “Galicia Escena Pro presentará los nuevos trabajos de 37 compañías”, El Correo Gallego, “Santiago”, 4 xuño 2015, p. 28. Dá conta da presentación do ciclo, na que o conselleiro de Cultura resaltou que o obxectivo é “que funcione tanto como espazo para a compra-venda dos espectáculos galegos como de plataforma para unha maior visibilidade social da nosa actividade escénica, levando as artes ao centro da vida pública”, así como de “afondar no intercambio e na reciprocidade de accións de difusión entre Galicia e outars comunidades autónomas”, polo que se ampliou o ciclo a unha xornada máis e se variou a data de celebración. Entre as pezas galegas, salienta “cinco propuestas para público

Page 131: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

infantil y familiar, incluido algún estreno, además de varios montajes de danza-circo” e que, por segunda vez, se celebrará unha xornada de pitching, ademais dun curso sobre o uso do e-mail marketing e actividades paralelas como son as pensadas para “propiciar o intercambio distendido entre todos os inscritos”, un encontro de xestores culturais, a presentación do novo catálogo de Escena Galega e da próxima edición de Mercartes e un concerto de Xabier Díaz Trío. - M. Sueiro, “Galicia Escena Pro acoge las propuestas del ‘teatro innovador”, ABC, “Santiago”, 4 xuño 2016, p. 64. Dá conta dos espazos onde se celebrará a mostra a seguinte semana e apunta que esta edición “se abre por vez primera a propuestas de otros territorios como forma de ahondar en el intercambio y en la reciprocidad de acciones de difusión entre Galicia y otras regiones”. Nomea as tres compañías vascas que participarán e algunhas das pezas das catorce compañías galegas. - M. García, “La feria escénica mostrará 17 espectáculos”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, “A escena”, 4 xuño 2016, p. L10. Informa que a cuarta edición desta mostra inclúe teatro, danza, circo e maxia en diferentes formatos. Explica que ademais de favorecer o contacto das compañías cos programadores, nesta edición haberá cursos e presentacións (por exemplo, pitching só para os preofesionais) e sesións de showcase. Remata recollendo as palabras do conselleiro de Cultura, quen salienta que o ciclo pon en valor as artes escénicas. - ECG, “Nueve espectáculos y casi 30 compañías para abrir el cartel de la feria Galicia Escena PRO”, El Correo Gallego, “Santiago”, 6 xuño 2015, p. 17. Informa que a cuarta edición da mostra se abre ao día seguinte, con pezas para o público infantil e xuvenil: pola mañá, Gretel e Bela e O poder de Amabel, e pola tarde, Moby Dick, á que seguirá a peza Os amores de Jacques o fatalista. - M. García, “Teatro, danza y nuevo circo en la feira Escena Pro”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 8 xuño 2016, p. L10. Informa da programación da terceira xornada do mercado de artes escénicas Galicia Escena Pro. - M. García, “Un estreno para la jornada final del mercado Escena Pro”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 9 xuño 2016, p. L10. Dá conta da última xornada desta mostra teatral. Informa dos horarios, lugares de representación e sinala algúns aspectos argumentais das pezas. - Camilo Franco, “Os contos de ir á feira”, Diario de Pontevedra/ El Progreso, “Táboa redonda”, n.º 38, “Fatiga ocular”, 5 xuño 2016, p. 4. Con motivo do comezo desta mostra teatral, fálase do oficio dos feirantes e do seu lugar de intercambio: a feira. Relaciónase esta palabra coa cita das artes escénicas que vai

Page 132: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

comezar, Galicia Escena Pro e coméntase que segue a chamarse feira, por culpa do nome co que naceu: Feira das Artes Escénicas. Reflexiónase sobre a situación do teatro galego en xeral. Galicreques, XXI Festival Internacional de Títeres Este festival vense organizando dende o ano 1996 en Santiago de Compostela pola Asociación Barriga Verde, baixo a dirección de Xurxo Rey. Dende o ano 1998 comezou a levar representacións a outras cidades galegas como Lugo, Betanzos e Pontevedra. Actualmente, o festival ten lugar en Lugo, Compostela e mais os concellos pertencentes ao Consorcio das Mariñas. A asociación organizadora contou co patrocinio de cada un dos Concellos nos que se celebrou e, dende a edición de 2000, co apoio do IGAEM (Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais), agora sustituído pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais, e o INAEM (Instituto Nacional de Artes Escénicas y Musicales). O nome de “Galicreques” adoptouno no ano 2002. As representacións están divididas en dous apartados: Títeres nos Teatros, que teñen lugar nas diferentes salas; e Títeres na Rúa, que se desenvolven nas prazas e barrios dos concellos participantes. A edición de 2016, que tivo lugar entre o 24 de setembro e o 2 de outubro, contou coa participación das compañías Títeres Cachirulo, con As Xeneralas da Ulla, Bala Perdida e A guerra das Galicsias; Luis Vallecillo, con O bigote de Mimí; Títeres Brincadeira, con Contos para pasalo de medo; e Títeres Alakrán, con Os soños na gaiola. Tamén levaron a escena pezas as compañías foráneas Tárbol Teatro de Títeres (Perú), Tres Tigres Teatro (La Rioja), El Ojo Títeres (Argentina), Teatro Arbolé (Zaragoza), Xarop Teatre (Castellón), Víctor Biau (Zaragoza), Búho Teatro (Sevilla), Arriba las Hu! Manos (Argentina-Chile), Trapusteros Teatro (Huesca), Proyecto Mariposa Teatro (Perú), El Retablo de la Ventana (Guadalajara), Teatro Nacional de Guiñol de Cuba e Alauda Teatro (Burgos). Ademais conta coa extensión IV Festival Internacional de Títeres de A Coruña na sala Gurugú. Referencias varias: - ECG, “Cuenta atrás para Galicreques”, El Correo Gallego, “Santiago”, 22 setembro 2016, p. 27. Anuncia a celebración deste festival que contará con máis de vinte espectáculos. - C. C., “Vinte e unha compañías pendidas dun fío”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Escena”, 23 setembro 2016, p. 5. Fala da vixésimo primeira edición do Festival Galicreques que se celebrará en Santiago de Compostela no que participarán un total de vinte e unha compañías, once das cales serán latinoamericanas, seis galegas e catro de Valencia, Aragón , Castela a Mancha e Andalucía. Comenta que o obxectivo é coñecer as distintas culturas. - A. Iglesias, “La 21.ª edición de Galicreques pone la mirada en Latinoamérica”, El Correo Gallego, “Santiago”, 23 setembro 2016, p. 30.

Page 133: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Fala da vixésima edición do Festival Galicreques que se celebrará en Compostela e que contará con espectáculos do todo o mundo. Comenta que participarán un total de vinte e unha compañías once das cales serán de Perú, Arxentina, Brasil, Chile, Uruguai, Cuba e México, co obxectivo de coñecer a cultura deses países, pero sen esquecerse dos monicreques galegos. Finalmente anuncia que o festival concederá o Premio Galicreques a unha entidade, persoa ou compañía pola súa labor neste mundo. _____, “Títeres Cachirulo y la peruana Tárbol abren ʻGalicreques”, El Correo Gallego, “Santiago”, 24 setembro 2016, p. 24. Comenta que a vixésimo primeira edición do Festival Galicreques ten comezo coa compañía galega Títeres Cachirulo e a compañía peruana Tárbol Teatro. Informa que ademais de compañías galegas participan compañías de latinoamérica co obxectivo de mostrar a súa cultura a través dos monicreques. - ECG, “Dúas funcións e tres pasarrúas conforman o programa para hoxe do Festival Galicreques”, El Correo Gallego, “Santiago”, 25 setembro 2016, p. 26. Fala do programa da segunda xornada do Festival internacional Galicreques que contará con tres pasarrúas e dúas funcións para público infantil que terán horario de mañá e de tarde. Informa do prezo das entrada e onde se poden adquirir. _____, “Los espectáculos de Galicreques animan la zona histórica”, El Correo Gallego, “Santiago”, 26 setembro 2016, p. 39. Apunta que este festival anima o casco vello de Santiago con vistosas representacións. _____, “Galicreques vuelve a las calles”, El Correo Gallego, “Santiago”, 30 setembro 2016, p. 26. Informa do inicio deste festival coas pezas Un botón en mi cabeza e As xeneralas da Ulla. - M. García, “Galicreques trae hoy a Santiago una divertida versión del ʻQuijoteʼ con maese Pedro como protagonista”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 28 setembro 2016, p. 41. Fala da vixésimo primeira edición do Festival Internacional Galicreques dedicado a latinoamérica, que nesta edición fai unha homenaxe a Cervantes facendo unha versión libre de tres capítulos de El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, centrado na figura maese Pedro. Resalta que a adaptación é a cargo da compañía zaragozana Teatro Arbolé, haberá unha función para escolares e outra para todo o público. Informa que o festival continuará con máis representación de monicreques nos que participarán as vinte e unha compañías, once delas latinoamericanas. - Marco Naya, “Funciones interculturales en IV Festival Internacional de Títeres, celebrado en Gurugú”, La Opinión, “A Coruña”, “Ciudad y cultura”, 29 setembro 2016, p. 10.

Page 134: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Dá conta das representacións que se celebrarán na fin de semana neste festival: Telón de cielo, de Víctor Biau; El gato con botas, de El Retablo de la Ventana; The puppet circus de Alauda Teatro e Los sueños de Trucas e Serentas embichadas de Tres Tigres Teatro. Intercentros, XXIº Certame de Teatro Ciclo teatral que se celebra na cidade de Santiago de Compostela e galardoa a grupos de teatro de centros escolares. A edición de 2016 celebrouse os días 17 e 18 de abril e o 9 de maio. Participaron o CPI de Vedra, coa obra Ligues e outros líos; Tantometén, do IES Pontepedriña, coa peza Miserabilia; Vai no Dentista, do IES Xelmirez I, con A síndrome de Wendy; Proactors Teatro, do IES Eduardo Pondal, con Vén comigo; IES Pontepedriña, con A farsa do Bululú; Teatro do Porviso, do CPI Os Dices, con Mimadriña; IES Rosalía de Castro, con Equus; Aula de 6º do Colexio San Jorge, con O meu conto; As Lupas Pictográficas, do CEEPR Aspanaes Duques, con O castiñeiro triste; e Máscara, do CEIP López Ferreiro, con Mágoas de campesiños e señoritos. Referencias varias: - ECG, “Arranca el Certamen de Teatro Intercentros”, El Correo Gallego, “Santiago”, 14 abril 2016, p. 30. Informa das representacións que conforman este certame de teatro e destaca a participación de centros de Primaria e Secundaria. - Anna Serra, “El Teatro Principal acogerá el Certamen Intercentros”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, 14 abril 2016, p. L11. Anuncia a vindeira edición do Certame de Teatro Intercentros e destaca que, como premio para o alumnado de primaria e secundaria participante, as actuacións serán no Teatro Principal e todos recibirán un diploma no lugar de galardóns por categorías, eliminando así a condición de concurso. Interritmos, Festival Organizado pola Asociación DELOA xunto cos concellos de Porto do Son, Noia e Outes, coa colaboración do Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Costa Sostible. A proposta está baseada na innovación e pretende a participación activa da poboación local. A programación inclúe música, cinema, pintura, teatro, obradoiros e contacontos. A edición de 2015 celebrouse os días 2, 3 e 4 de setembro. Contou coa representación das pezas Pequeno cabaret infantil e Flashtop cabaret, a cargo de Nelson Quinteiro. Referencias varias: - M. G., “El festival Interritmos arranca hoy en O Son y se clausura en Outes”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 2 setembro 2016, p. 29.

Page 135: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Informa que ten comezo o festival Interritmos en Porto do Son, Noia e Outes que contará con propostas de ocio, artes escénicas, cine e música en diferentes espazos públicos. Anuncia que comezará en Porto do Son así como os diferentes grupos que actuarán, ao día seguinte haberá actividades en Noia e rematará en Serra de Outes. Laxe, Xª Mostra de Outono de Teatro do Concello de Organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Laxe. A edición de 2016 tivo lugar entre o 16 de outubro e o 13 de novembro. Representouse a peza Retrincos de Castelao, a cargo de Culturactiva. Tamén contou coa presenza das compañías galegas Metátese Teatro, con A saco!; grupo de teatro da Asociación Pro Enfermos Mentales (APM), con Unha de vaqueiros. Non á mina; The Puntillas Teatro, con Encontros; e Escola Municipal de Teatro de Laxe, con Intimidades. Referencias varias: - J. M. R., “Culturactiva iza hoy el telón de la décima Mostra de Teatro de Laxe”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 16 outubro 2016, p. 33. Dá conta da apertura da X Mostra de Teatro de Laxe con Retrincos de Castelao da compañía Culturactiva. Tamén salienta a estrea de Encontros, da Escola de Teatro de Santa Comba. Lousame, XIIª Mostra de Teatro Afeccionado de Organizada pola Asociación Cultural Toxos e Carrouchas e a Concellería de Cultura de Lousame e a Deputación da Coruña. Na edición de 2016, que se celebrou entre o 16 de outubro e o 20 de novembro, representouse a peza Títeres en Igualdade, da Asociación Cultural TEC. Tamén participaron as compañías, con obras destinadas para o público adulto, Pinchacarneiro Teatro, con L; Tastarabás, con Trastes… a conciencia; Teatro do Improvisto, con P.O.E; e Bradomín Teatro, con As pretendientas. Referencias varias: - S. S., “Arranca a Mostra de Teatro Afeccionado de Lousame”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 16 outubro 2016, p. 34. Anuncia o programa da mostra, enumerando todas as compañías que participan. Destaca a representación da peza P.O.E., a cargo de Teatro do Improvisto. Lugo, XVIª Mostra de Teatro Clásico de Mostra organizada polo Concello de Lugo e destinada a rememorar as figuras de recoñecidos autores do século XX. As diferentes actuacións celébranse no Auditorio

Page 136: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Municipal Gustavo Freire de Lugo. Na edición de 2016, que tivo lugar entre os días 11 de febreiro e 12 de marzo, contouse coa representación da peza galega, para o público infantil, Don Quixote. Unha comedia gastronómica, a cargo de Limiar Teatro. Participaron tamén as compañías foráneas, con pezas para adultos, Morfeo Teatro (Burgos), Teatro de la Ciudad (Madrid), Estival Producciones (Madrid), Teatro Clásico de Sevilla, Producciones El Brujo (Madrid), Cup of Theatre (EEUU), unha coprodución do Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida, Mixtolobo, Labaska64 e Ciclán e outra coprodución de La Morgue, Saga Producciones e GG Distribución. Referencias varias: - Marta Veiga, “A Medea de Sánchez Gijón, na Mostra Clásica luguesa”, El Progreso, “Vivir”; “Cultura”, “Teatro”, 27 xaneiro 2016, p. 65. Informa de que o 27 de febreiro de 2016 se representará dentro desta mostra teatral Medea a cargo de Teatro de La Ciudad e baixo a dirección de Andrés Lima. - Marta Becerra, “Tapas con inspiración teatrera en el Mercado Municipal”, El Progreso, “Lugo”, 4 febreiro 2016, p. 11. Dá conta dunha iniciativa desenvolta polo concello de Lugo que consiste na elaboración de nove tapas inspiradas nas representacións das obras que conforman a Mostra de Teatro Clásico do ano 2016. - Camilo Franco, “Non pensedes nun clásico”, Diario de Pontevedra/ El Progreso, “Táboa redonda”, n.º 23, “Fatiga ocular”, 21 febreiro 2016, p. 7. Reflexiona sobre a figura de Italo Calvino en relación coa posta en escena As cosmicómicas, de Teatro Meridional, que hai dez anos se representou na Mostra de Teatro Clásico de Lugo. Malpica, XIIª Mostra de Teatro de Organizada pola Consellería de Educación e Cultura do Concello de Malpica. A edición de 2016, que tivo lugar do 4 de novembro ao 2 de decembro, acolleu as representacións Luppo, de Baobab Teatro; e Fábula Galénica, de Fantoches Baj. Tamén se levaron a escena, para público adulto, O día do pai, de Malasombra Teatro; Noiteboa, de Redrum Teatro; e Perplexo, de Il Maquinario. Referencias varias: - José M. Ramos, “La XII Mostra de Teatro de Malpica reunirá cinco espectáculos premiados”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 31 outubro 2016, p. 22. Indícase que a mostra abre coa posta en escena de O día do pai, á que seguirán Noiteboa, Fábula Galénica, Luppo e Perplexo.

Page 137: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- J. M. R., “Fábula Galénicaʼ de Fantoches Baj recala en Malpica”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 18 novembro 2016, p. 37. Dá conta da posta en escena de Fábula Galénica, un espectáculo de títeres gañador do VIII Premio Barriga Verde de texto para teatro infantil. María José Jove, XIIº Festival de Títeres Organizado pola Fundación María José Jove e o Concello da Coruña a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE). É unha continuación do Festival de Teatro e Cine infantil iniciado no ano 2003. Nesta edición de 2016, que se celebrou tanto na propia Fundación María José Jove e no Forum Metropolitano, participaron as compañías Tanxarina, con As bombas e o xeneral; Baobab Teatro, con O lobo e a lúa; Trinke Trinke, con Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela; e Galitoon, con Güela Güela. Tamén participaron as foráneas La Carreta Títeres (Alicante), Hilando Títeres (Madrid) e Estaquirot Teatre (Cataluña). Referencias varias: - ECG, “El Festival de Títeres María José Jove arranca hoy”, El Correo Gallego, “Tendencias. Ciencia. Cultura. Ocio”, 26 decembro 2016, p. 26. Fala do comezo do XII Festival de Títeres que organiza a Fundación María José Jove, que conta con un total de dez espectáculo dirixidos a un público familiar, co obxectivo de fomentar nos nenos o interés polo teatro. Comenta que durante seis días contará con dúas sesión diarias e informa onde se poderán conseguir as entradas. - M. G. M., “La Abeja Maya se viste de ʻsostenibilidadʼ en el Colón”, El Ideal Gallego, “Sociedad”, 28 decembro 2016, p. 36. Comenta o musical Ferroteatro que lanza unha mensaxe medioambiental coa representación da Abeja Maya que os nenos poden gozar en familia. Informa tamén do XII Festival de Títeres María José Jove que representou obras como Soliluna e O lobo e a lúa e seguirá coas obras Violeta la Rateta e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela. MIT, XXXIIª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia Mostra de teatro creada en 1973 baixo o nome Mostra de Teatro Abrente. Organizada pola Concellaría de Cultura do Concello de Ribadavia, está dirixida por Roberto Pascual e ten como marco a Praza Maior de Ribadavia, o Auditorio do Castelo dos Sarmientos e as rúas do barrio xudeu, así como a Igrexa da Madalena ou mesmo outras rúas e prazas da vila. Dende o ano 2000, ao longo do transcurso da Mostra, o público pode elixir a mellor obra representada, que é galardoada cunha figura representativa que se entrega no último día da mostra e que supón a invitación para participar na seguinte edición. Na edición de 2016, celebrada entre os días 16 e 24 de xullo, representáronse as pezas Os soños na gaiola, de Títeres Alakrán; e Don Quixote. Unha comedia gastronómica, a

Page 138: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

cargo de Limiar Teatro. Tamén contou coa presenza das compañías Butacazero, con Voaxa e Carmín; Matarile Teatro, con Teatro invisible; Ibuprofeno Teatro, con Fitness; Chévere, con Eroski Paraíso; e das compañías foráneas Zanguando Teatro (Euskadi), Lazona e CDN (Madrid), La Maquiné e ABAO (Andalucía-Euskadi), Yifan (Francia), Atalaya (Andalucía), Rubén Sabadini (Argentina), Visitants (Valencia), Pelmànec (Cataluña), Oskaras Korsunovas Theatre (Lituania), Nao d’Amores (Castilla León), Marie de Jongh, Teatro Arriaga e Tartean Teatroa (Euskadi), TeatroCinema, Fondart, Fundación Teatro a mil, Teatro de la Universidad Católica, Festival de Edimburgo, Institut Français de Santiago, Valook, Litoralpress, ONDA, Svenska Filminstitutet et le mécénat en nature de l’entreprise Box’Air e Scène Nationale de Sète et du Bassin de Thau (Chile). Referencias varias: - Eduardo Crespo, “Ribadavia, 32 años levantando el telón”, ABC, “Galicia”, 11 xuño 2016, p. 70. Comenta da presentación do logo da 32ª edición da mostra, avanzando que “la máscara femenina típica de las festividades barrocas y neoclásicas será el principal icono”, ao que se engadirán “la marca de la casa MIT” e a planta do teatro Marcello de Roma. Informa que a programación da mostra se presentará o 21 de xuño e que se desenvolverá do 16 ao 24 de xullo.

- F. D., “A Mostra de teatro, en marcha”, La Región, “Extra”, “Zonas vivas: provincia”, “Ribadavia”, 25 xuño 2016, p. 4. Destaca da presentación da trixésimo segunda edición que non só reforzará “a súa dimensión internacional” senón que ademais “concederá un especial protagonismo ás olladas femininas a través do traballo de actrices”. Dá conta das entidades colaboradoras e nomea a coprodución galego-portuguesa dʼO conto de inverno, os eixos temáticos da edición, a peza A gaivota e a mestura de cómic, vídeo e teatro na montaxe Historia de amor.

- Mónica G. Bellver, “Do 16 ao 24 de xullo en Ribadavia”, O SIL, “Cultura”, xuño 2016, p. 22. Achega información sobre a nova edición da mostra. Entre as actividades salienta a celebración do 30 aniversario de Matarile Teatro e a entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” ás actrices Mabel Rivera e Belén Constenla, así como a presentación do traballo escénico de Korsunovas, director lituano. Comenta a dimensión internacional, o equilibrio interxeracional e a perspectiva feminina da mostra. - X. M. R., “Memoria e ollada feminina”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Agenda”, 15 xullo 2016, p. 14. Destaca que a edición de 2016 da mostra presenta como temáticas “as olladas femininas, a memoria, a violencia, a palabra e a arte”, é lugar de encontro para profesionais teatrais, o espectador é protagonista e reivindícase a escena galega dende o

Page 139: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

punto de vista lexislativo. Nomea as montaxes foráneas, salienta a estrea da galega Voaxa e Carmín e as postas de escena de Matarile Teatro para conmemorar o seu trixésimo aniversario e cita as actrices galardoadas co Premio Roberto Vidal Bolaño. Recolle os títulos e contido dos foros para profesionais teatrais e dos Obradoiros do Espectador. Remata aludindo ao coloquio sobre as artes da rúa na actualidade e á presnetación do texto para o anteproxecto da Lei das Artes Escénicas de Galicia. - Sonia Torre, “Roberto Pascual. ʻSi Galicia quiere decir algo al mundo del teatro, la mostra debe ser el buque insignia”, La Región, “Verano”, 15 xullo 2016, p. 30. Conversa co director artístico da MIT na que afirma que “no debemos desdeñar las artes escénicas, ni por número ni por calidad. Es un sector estratégico”, resalta os obxectivos cumpridos dende que asumiu a dirección artística da MIT hai nove anos, a importancia da MIT como sinal de identidade e como motor activo, “por historia, por contexto e por potencial” e finaliza afirmando que “hay que apoyar a las jóvenes compañías, las residencias teatrales y también a las históricas”. _____, “La palabra y el gesto izan el telón de la Mostra de Teatro”, La Región, “Verano”, 16 xullo 2016, p. 23. Informa do comezo nese mesmo día da nova edición da MIT, da que comenta a peza que representou o día anterior un grupo teatral afeccionado de Ribadavia, as temáticas e obxectivos da edición, os avances respecto á edición anterior e en tres á partes salienta as actrices que serán recoñecidas co Premio de Honra, a compañía vasca merecedora do Premio do Xurado e a peza La piedra oscura, que mereceu cinco Premios Max.

_____, “El Premio de Honra inauguró la mirada femenina de la MIT”, La Región, “Verano”, 17 xullo 2016, p. 25. Comeza apuntando que a emoción foi o sentimento máis característico da inauguración da nova edición da Mostra e alude ás representacións que terán lugar no día de hoxe.

- Vicente Plaza, “Mostra de Ribadavia, estrela teatral do verán ata o día 24”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 17 xullo 2016, p. 34. Tras nomear as actrices merecedoras do premios de honra Roberto Vidal Bolaño, enumera as pezas que se representarán nesta edición da MIT.

_____, “Amor violento desde Chile”, La Región, “Verano”, 20 xullo 2016, p. 25. Destaca da peza Historia de amor a súa “estética cuidada, cogiendo prestado parte del lenguaje del cómic y empleándolo con gran inteligencia”, que a converten, en palabras de Roberto Pascual, nun “de los caramelos especiales” desta edición da MIT. Condensa o argumento, nomea os actores e o director e precisa que se esta “historia cruel, violenta” servirá de base para o segundo coloquio da MIT. - S. T., “Don Juan pierde su humanidad”, La Región, “Verano”, 22 xullo 2016, p. 23.

Page 140: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Destaca que nesta edición da MIT se reflectiu que “todo puede ser visto desde un prisma diferente y contado de una manera sorprendente”, caso da peza Don Juan. Memoria amarga de mí, “una novedosa perspectiva y una puesta en escena creativa y muy llamativa”, que xa foi obxecto de numerosas distincións. _____, “La Gaviota bajo otra mirada”, La Región, “Verano”, 23 xullo 2016, p. 23. Lembra o “gran abucheo por parte de la audiencia” na estrea da peza citada no titular da nova e explica que “el tiempo ha ido consolidando este texto y lo ha convertido en una obra de arte, imprescindible para el teatro, que en cada representación permite una lectura diferente”, como ocorre nesta versión da que apunta as claves. Nos tres despieces que acompañan o texto xeral, informa dun espectáculo sobre o personaxe de Don Quijote, un debate na rúa ao redor das artes escénicas e o espectáculo Lluvia de palabras a partir de poemas de Manuel María. _____, “Jornada de clausura en gallego”, La Región, “Verano”, 24 xullo 2016, p. 27. Dá conta do peche desta edición da MIT con postas en escena en lingua galega, “demostrando que aquí también se hace teatro de calidad, con buen trabajo de investigación y una apuesta por la innovación”. Resume o argumento das pezas das compañías galegas e nun á parte alude a un taller realizado sobre Chejov.

- Camilo Franco, “Festivais na hora das verbenas”, Diario de Pontevedra/ El Progreso, “Táboa Redonda”, n.º 45, 24 xullo 2016, p. 6. Fai un repaso pola historia da MIT na que rememora que, hai vinte anos, tiveron lugar dous debates paralelos sobre o teatro galego: “a profesionalización” e “se a Mostra de Ribadavia debía ser internacional ou regresar ao punto de partida como festival para as compañías galegas”, a refundación da MIT en 1984 e a posta en escena de Molière a cargo do CDG en 1986. - S. T., “La 32 Monstra Internacional de Teatro cierra con buena nota”, La Región, “Verano”, 25 xullo 2016, p. 20. Informa que esta edición da MIT conseguiu “una alta puntuación por parte del público, quien ha concedido mayoritariamente 4,5 puntos sobre un máximo de cinco” e que no día de hoxe se coñecerá a peza galardoada co Premio do Público, unha decisión que considera “no estará nada fácil” xa que as pezas representadas caracterizáronse pola orixinalidade da posta en escena, o gran traballo actoral, textos cunha “narración conmovedora y agitadora” e polas temáticas abordadas. Afirma sobre esta edición que “han sido, en definitiva, diez días llenos de compromiso, de teatro en su estado más puro”. _____, “Don Juan y su memoria amarga gana el premio del Público en la MIT”, La Región, “Verano”, 26 xullo 2016, p. 24. Fai un repaso polas pezas galardoadas polo público asistente a esta edición da MIT e recolle as palabras de Roberto Pascual ao respecto, nas que afirma que “poden convivir

Page 141: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

nun mesmo espazo a dinamización socioeconómica e o estímulo á investigación e escollas evidentemente minoritarias con pezas para aforo limitado” e salienta que “Ribadavia está a gañar unha visibilidade e un recoñecemento de calidade” e que na MIT “convive o público habitual co visitante esporádico, conviven os xéneros, as linguas e as dramaturxias”. Nun á parte coméntase que o presidente da Xunta de Galicia non asiste dende 2009 e noutro achéganse datos que amosan que a edición da MIT de 2016 foi exitosa.

- Camilo Franco, “Xente que fala soa”, Diario de Pontevedra/ El Progreso, “Táboa Redonda”, n.º 46, 31 xullo 2016, p. 4. Fai unha síntese das variacións históricas no diálogo e no monólogo, ao fío do monólogo representado por Celso Parada na MIT, hai vinte e cinco anos, e por outras actrices na edición de 2016. Finaliza afirmando que “todo o mundo pensa que o importante dos diálogos é falar. Pero o que importa de verdade é escoitar. É só que non queremos recoñecerlle o mérito”.

- Camilo Franco, “Mostra de Teatro de Ribadavia. A distancia de Chéjov a Chévere”, Tempos Novos, n.º 231, “todo é peixe”, “Crónica”, agosto de 2016, pp. 10-11. Faise referencia á posta en escena da obra Voaxa e Carmín centrada na historia das dúas Marías de Santiago de Compostela. Destácase o tratamento afastado do realismo destas dúas personaxes alén da miseria, do segredo e das chanzas que compoñen a súa historia. Tamén se fai alusión á posta en escena da obra Eroski Paraíso a cargo de Chévere salientando que se trata da revisión do pasado dende a vila de Muros. - Xosé A. Reboiro, “Ribadavia recibió más de 90.000 visitantes este verano”, La Región, “Ribeiro”, 29 outubro 2016, p. 27. Informa sobre a afluencia de visitantes en Ribadavia, especialmente durante a época estival onde destaca positivamente a repercusión económica no municipio de eventos como a Mostra Internacional de Teatro. MITEU, XXIª Mostra Internacional de Teatro Universitario Galego Mostra que tivo a súa orixe en 1994, organizada pola Aula de Ourense baixo o nome de I Mostra de Teatro Galego Universitario de Ourense. En 1996 pasou a constituírse na I MITEU (Mostra Ibérica/Internacional de Teatro Universitario). Entre os seus obxectivos están potenciar o intercambio artístico entre grupos galegos e grupos da Península ou de fóra dela. Celébrase anualmente no Teatro Principal, aínda que tamén sae por veces a outros lugares. Ao remate das funcións estabelécese un coloquio sobre a obra e sobre as distintas xestións dos grupos universitarios. Está organizada pola compañía Sarabela Teatro xunto coa Aula de Teatro Universitario de Ourense Maricastaña, baixo a dirección de Fernando Dacosta e a coordinación de Elena Seijo. Conta tamén co patrocinio da Universidade de Vigo, a Área de Cultura do Concello de Ourense e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Dende 1999 celébrase tamén o “Premio de Dramaturxia Carlos Couceiro”, que na edición de 2011 engadiu a figura de Begoña Muñoz ao seu nome, para premiar con 600 euros unha das compañías

Page 142: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

participantes, ademais dos premios do público e da MITEU de cada edición. Posteriormente engadiuse un novo premio, á mellor resolución técnica, denominado “Suso Díaz”. Na edición de 2016, que se celebrou entre o 15 e o 30 de abril, representouse a obra Aladino e a lámpada marabillosa cruzan fronteiras, a cargo de Geppetto, Aula Universitaria de Teatro Infantil de Ourense. Tamén participaron as compañías, con pezas para público adulto, Aula de Teatro Universitaria Rosaura, con O banquete; Cordelia, Aula Universitaria de Teatro de Ourense, con Sen rede; Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, con Cinzas; Teatro do Morcego, con Nosa señora das nubes; Aula de Teatro da USC-Lugo, con O público. Baixo a area; Aula de Teatro Normal da Universidade da Coruña, con Unha libra de carne; Eme2 Producións&Arte, con Monólogo do imbécil; e Maricastaña, Aula de Teatro Universitaria de Ourense, con Demediado. Así mesmo, contou coa participación das compañías foráneas Teatro El Mayal-Ule (Castilla y León), Fraser Hooper (Inglaterra), Teuc (Portugal), Nadia/ La Conquesta del Pol Sud (Afganistán/ Catalunya), Aula de Teatro de la Universidad de Burgos (Castilla y León), Triskel Artes Escénicas/ Nordisk Teaterlaboratorium (Chile/ Dinamarca), Grupo de Teatro U.C. (Cantabria), Teatro del Dónde (Madrid/ El Salvador), Banda Kurenai (Italia), Teatr'ubi/ Asta Teatro (Portugal), Gretua (Portugal), Teatro de la Resistencia (Valencia), Yllana (Madrid), Grupo de Teatro de la UPNA (Navarra), El Rayo Misterioso (Argentina), Aula de Teatro de Lleida (Catalunya); Compañía La Líquida (Andalucía) e D'orfeu Ac/ Cão À Chuva (Portugal). Referencias varias: - Fernando Franco, “Y teatro en la universidad”, Faro de Vigo, “Vigo”, “Mira Vigo”, 15 marzo 2016, p. 13. Destaca que dentro da Mostra Internacional de Teatro Universitario Galego se representarán autores clásicos como Italo Calvino, Dickens ou Lorca. - Sonia Torre, “La Miteu vivirá su edición más numerosa, con 34 espectáculos”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 31 marzo 2016, p. 42. Informa de que nesta edición da MITEU, que terá lugar entre o 15 e 30 de abril de 2016, participarán oito países e doce compañías e que contará cun orzamento de 78.500€. - C. R., “Preparados para unha viaxe polo mundo da Miteu”, Atlántico Diario/ La Región, “Universitas”, 7 abril 2016, p. 7. Anúnciase a presentación en Ourense da XXIª Mostra Internacional de Teatro Universitario Galego. Sinala que contará con trinta e catro espectáculos de nove países diferentes. Monicreques de Verán de Bueu Organizado polo Concello de Bueu durante o verán. A edición de 2016 tivo lugar na Praza Massó e contou coa presenza das compañías Títeres Trompicallo, con Jiñol; Expresión Produccións, con O libro máxico; Títeres Cachirulo, con Pinocho;

Page 143: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Monicreques de Kukas, con Xan Perillán compra queixo compra pan; Tarabelos, con Amoriños contei; e Tanxarina, con Titiricircus. Referencias varias: - C. F., “Comeza o programa de Monicreques e de Cine na Rúa na Praza Massó”, Diario de Pontevedra, “Marín”, “O Morrazo”, 12 xullo 2016, p. 14. Informa que no concello de Bueu da inicio o programa de Monicreques e de cine na rúa, que terá lugar na Praza de Massó. Comenta que comezarán os Monicreques de Verán co espectáculo Pinocho, e a sesión de cine na rúa proxectará o filme “Del Revés”, os vindeiros día seguirá habendo espectáculos de monicreques e proxección de filmes. MOSTRA(TE), XVª Mostra de Teatro Afeccionado Organizada pola Asociación Cultural Solpor, coa colaboración do Concello de Salvaterra do Miño e a Deputación de Pontevedra. A edición de 2016 tivo lugar na Carballeira das Fraguiñas os días 22, 23 e 24 de xullo. Representouse a peza O libro máxico, a cargo de Expresión Contacontos infantil. Ademais, tamén contou coa participación das compañías, con obras para o público adulto, Anomalía Teatro, con A herdanza maldita; Hermanas Teatro, con Herdanza; e Delatoute Produccións, con Princesas con Conto. MOTECES, XVª Mostra de Teatro de Ensino Secundario Organizada por primeira vez no ano 2002 pola área de Educación, Universidade e Xuventude do Concello de Ourense en colaboración co Instituto Blanco Amor, naceu coa vontade de estabelecer un espazo na cidade para o teatro que nace nos centros de ensino, ao tempo que dar proxección e incentivar o labor desenvolvido por estes escolares. A edición de 2016 celebrouse entre os días 3 e 13 de maio no salón de actos da Escola Municipal de Artes Escénicas. Participaron os seguintes grupos teatrais: Caixadesastre do CPR Santo Ángel, con Estrelas no aire; Jopelines Mary Teatro do IES Otero Pedrayo, con A risa durmida; Quinto Teatro do IES X Ferro Couselo, con Anxélica ás portas do ceo; Xogos Florais 2.0 do CPR Divina Pastora, con univerSItarios; IAD -14 do IES Universidade Laboral, con Lisístrata. MOTI, XIIIª Mostra de Teatro Infantil de Ourense Mostra organizada polo concello, o Teatro Principal e a Universidade de Vigo (campus de Ourense), dende o ano 2004 co obxectivo de converterse nunha oferta cultural máis da cidade de Ourense para o público infantil nas datas de Nadal. Dirixida por Fernando Dacosta ten como escenarios o Teatro Principal e o Auditorio e a Universidade de Ourense. Parte da recadación destínase a UNICEF. A edición de 2016, celebrada entre o 18 e o 30 de decembro, contou coa participación das compañías Trécola Teatro, con Invasión MOTI; Eme2 Producións, con Jim e a illa do tesouro; Títeres Alakrán, con Os soños na gaiola; Geppetto. Aula de Teatro Infantil do campus de Ourense, con O traxe

Page 144: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

novo da emperatriz; Teatro dos Ghazafelhos, con Frankestein; e Caramuxo Teatro, con Pavillón Lino. Participaron tamén compañías foráneas Gorakada (Euskadi), La Caninca Teatro (Madrid), Teatro e Marionetas de Mandrágora (Portugal), La sonrisa del lagarto (Asturias), Estaquirot Teatre (Cataluña), Mundo Mandarina (Argentina), Referencias varias: - Candela Valle, “El nuevo programa de teatro infantil del Auditorio reserva obras para los bebés”, La Región, “Ciudad”, 31 agosto 2016, p. 11. Informa da nova tempada do teatro infantil no Auditorio de Ourense no que terán lugar obras e musicais para os máis cativos e tamén para os bebés, a programación acollerá grupos de teatro, de música así como o estreo da programación da Mostra de Teatro Infantil de Ourense. _____, “Más de 40 eventos en el Auditorio, en sólo dos meses”, La Región, “Ciudad”, 29 outubro 2016, p. 18. Fala da presentación da programación que fan a concelleira Belén Iglesias e o técnico encargado do auditorio Manuel Freire, no que se contará con un intenso volume de actividades. Comenta que haberá actividades para todos os gustos e para todas as idades, teatro para bebés, nenos e adultos, musicais, humor, a Mostra de Teatro Infantil de Ourense e outros moitos actos e eventos culturais así como tamén resalta as galas benéficas. _____, “La Mostra de Teatro Infantil ofrecerá 18 representaciones”, La Región, “Ourense”, 17 decembro 2016, p. 11. Fala de que a Mostra de Teatro Infantil será presentada polas calles de Ourense da man de Trécola Teatro,e que con ela chegarán dezaseis compañías teatrais e dezaoito representacións que se levarán a cabo en diferentes lugares da cidade. Comenta que estará dirixida a un público infantil e que haberá talleres, xogos artesanais e un concerto de Magín Blanco, e tamén da conta do título de algunhas das obras que terán lugar. - C. R., “Hoxe arranca a MOTI con 18 representacións en diversos formatos”, La Región, “Xornal escolar”, n.º 88, 26 decembro 2016, p. 2. Fala do inicio da Mostra de Teatro Infantil de Ourense que comeza coa participación de dezaseis compañías, a metade delas galega e o resto de Cataluña, País Vasco, Madrid, Asturias, Arxentina e Portugal, e conta con dezaoito representacións infantís. Informa que tamén haberá obradoiros e xogos relacionados coas obras. - S. N., “Teatro, magia y danza en la gran semana de la MOTI”, La Región, “Sociedad”, “Agenda cultural”, “Concierto”, 26 decembro 2016, p. 52. Fala da programación da Mostra de Teatro Infantil de Ourense que contarán con una semana intensa, recolle moitas obras entre as cales están una adaptación de Moby Dick, o teatro de marionetas con Jim e a illa do tesouro, O soño na gaiola, Pavillón Lino e outras moitas das que da un pequeno resumo da súa trama.

Page 145: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

_____, “Obras para pensar y emocionarse”, La Región, “Especial Navidad”, “Nadal 2016”, “Ourense”, 24 decembro 2016, p. 7. Fala da axenda dunha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Ourense, na que Terán lugar obras como una adaptación de Moby Dick, entre outras moitas. Informa sobre a hora e día de cada espectáculo e proporciona una páxina web onde se pode encontrar toda a información. Narón e Ferrol, Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Organizada por primeira vez en 1998, quere achegar o teatro a miles de escolares do Concello de Narón durante o mes de novembro, á vez que recuperar a vella mostra infantil “Xeración Nós”, que celebraban dende 1984 os sete concellos da Mancomunidade. Durante os anos 2001 e 2002 sumouse á organización o Padroado de Cultura do Concello de Ferrol e contou coa colaboración do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), agora sustituído pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), e da Deputación da Coruña. Na edición de 2016 representáronse as pezas Rubicundo, de Ghazafelhos e e Memorias dun neno labrego, de Abrapalabra Creacións Escénicas. Negreira, Ciclo de Teatro de Organizado polo Concello de Negreira en colaboración coa Deputación da Coruña. A edición de 2016, celebrouse durante as fins de semana do mes de abril, con grupos de teatro afeccionados e profesionais. Representáronse as pezas Sherlock Holmes, de Cayetano Lledó e Pavillón Lino, de Caramuxo Teatro. Tamén contou coa participación das compañías, para o público adulto, Metátese Teatro, con A saco!; The Momento Impro, con Entreliñas e Maquinando; Andaravía Teatro, con Maniféstate; Voadora, con Calypso; Escola Municipal de Teatro, con Old Town; Aquelando Teatro, con No día a día; e Etiqueta Negra, con Curtis & Teixeiro. Núbebes, IV Festival das Organizado pola compañía Baobab co apoio do Concello de Pontevedra. Preséntase como un festival de artes escénicas para bebés e familia, con teatro, contos, música, danza e obradoiros. A edición de 2015 celebrouse entre o 16 e o 25 de setembro en distintos espazos da cidade de Pontevedra. Participaron os grupos Caramuxo Teatro, coa peza Na casa; Babaluva, con A alfombra máxica; Baobab Teatro, con Martes e Roque! Onde está Rufo?; e Títeres Trompicallo, con O día que chegou unha nube e choveu. Referencias varias: - Belén López, “Contos con bicos”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 7 setembro 2016, p. 13.

Page 146: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Fala do cuarto Festival de Artes Escénicas para Bebés e Familias, Núbebes, coordinado pola compañía Baobab para o concello de Pontevedra. Conta que traballan con asociación como Amencer-Aspace, Down Pontevedra Xuntos ou Anedia e Asseii que pretenden unha integración total. Informa sobre as distintas actividades que se levarán a cabo e tamén que haberá algunha que outra novidade. - Cuca M. Gómez, “Entusiasmada con Núbebes”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 17 setembro 2016, p. 70. Sorpréndese e aplaude a inauguración deste festival para bebés con Roque de Baobab e Golfiños. _____, “Un día en las Núbebes”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 18 setembro 2016, p. 70. Comenta este festival como boa iniciativa dirixida aos máis pequenos, entre outras actividades. - Sara Vila, “Núbebes completa o aforo”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 19 setembro 2016, p. 4. Conta que o Festival de Artes Escénica, Núbebes, tivo lugar na fin de semana con un aforo completo. Comenta que a pesar do bo tempo, o festival tivo moito éxito e que tiveron lugar actuacións de monicreques, contacontos e outras moitas. _____, “Núbebes ensina a comer”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 24 setembro 2016, p. 11. Comenta que a programación de Núbebes levada a cabo polas asociacións Anedia e Assei ofreceron un obradoiro coa presenza dun nutricionista para explicarlle ás familias a importancia da alimentación dos nenos. Resalta que os asistentes puideron aprender a cociñar algúns menús saudables, entre eles prepararon unha merenda, unha cea e un tentempé e para beber tiñan laranxada e limonada elaborada de xeito natural. Informa que o festivel de Núbebes continuará con máis actividades. - Cuca M. Gómez, “Estoy en una ʻnúbebe”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 25 setembro 2016, p. 70. Faise eco do éxito deste festival que conta con numerosas propostas para os máis cativos. - Sara V. Comesaña, “Os nenos son os protagonistas”, Diario de Pontevedra, “Mini Diario”, n.º 545, “reportaxe”, 25 setembro 2016, pp. 2-3. Fala do obradoiro de xogos en familia que tivo lugar no Patronato de Turismo das Rías Baixas no marco da cuarta edición do festival Núbebes, os cativos puideron gozar de obradoiros onde tamén participaban os pais, co obxectivo de demostrar que se pode pasar un bo rato en familia e sen necesidade de xoguetes. Informa ademais que o obradoiro estivo amenizado con música, o festival Núbebes ademais de contar con actividades para que os adultos participen cos nenos conta tamén con contacontos e

Page 147: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

teatro, tivo lugar durante dúas fins de semana onde completou o aforo de case todas as súas actividades. _____, “Último día para gozar do Festival das Núbebes”, Diario de Pontevedra, “Mini Diario”, n.º 545, “máis noticias”, 25 setembro 2016, p. 3. Informa do remate deste festival coa sesión de contos “O berce das verbas” e o concerto A Gramola Gominola. - Cuca M. Gómez, “En la fiesta... de la democracia”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 26 setembro 2016, p. 78. Entre outras actividades, apunta a clausura deste festival que se celebrou no Pazo de Cultura de Pontevedra. Nun Local, IIIº Festival Iniciativa comunitaria e independente que integra música, teatro, danza, monólogos, cabaret, maxia e poesía. A edición de 2016 tivo lugar o 18, 19 e 20 de novembro no casco vello da cidade e Vigo e contou coa presenza da compañía O Baúl da Tía Tola, con Estrazalonia. Para público adulto levouse a escena a peza A Batalha, a cargo do Grupo F. Referencias varias: - Fernando Franco, “Na carreteira dos Valos”, Faro de Vigo, “Vigo”, “Mira Vigo”, 15 outubro 2016, p. 10. Informa sobre a convocatoria da edición de 2016 de Festival Nun Local para os días 18, 19 e 20 de novembro, na que corenta e seis locais do Casco Vello de Vigo son escenario de actividades teatrais, monólogos, danza, artes visuais, cabaré, maxia e poesía. _____, “Festival Nun Local: el esfuerzo que nunca se sabe”, Faro de Vigo, “estela”, n.º 756, “La última”, “Sálvese quien pueda”, 20 novembro 2016, p. 16. Fai un repaso pola historia deste ciclo e recolle palabras do seu fundador sobre a organización e desenvolvemento do mesmo. Oroso, Outono Cultural de Organizado polo Concello de Oroso no Centro Cultural de Sigüeiro. A edición de 2016, celebrada durante os meses de outubro, novembro e decembro, incluiu diversas actividades: música, danza, maxia, exposicións e teatro. Representáronse as pezas Feo!, a cargo de Caramuxo Teatro; A alfombra máxica, de Babaluva; e Luppo, de Baobab Teatro. Tamén contou coa presenza das compañías Ateaco, con Mátame que eu non podo; Malasombra Teatro, con D.E.P.; e 7 magníficos mais Un, con Bivalvos como galegos.

Page 148: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Referencias varias: - Vítor Castro, “Oroso inició el Outono cultural en presencia de 200 personas”, El Ideal Gallego, “Betanzos”, “Atalaya mariñana”, 5 outubro 2016, p. 16. Recolle as palabras do concelleiro de Cultura de Oroso sobre a edición deste ciclo, nas que destacou que “reunir a case douscentos veciños e veciñas con dúas actuacións de maxia e teatro infantil é moi bo comenzo, que agardamos refrendar ao longo dos dous próximos meses” e apunta que este ciclo comporase dun “total de cinco pases, con obras dirigidas a todos los públicos”. _____, “En las actividades del Otoño Cultural , Oroso iniciará en septiembre un programa infantil”, El Ideal Gallego, “Betanzos”, “Atalaya mariñana”, 6 outubro 2016, p. 16. Informa das actividades do programa Teatro para bebés dirixidas a un público entre 0 e 3 anos. Salienta a posta en escena de A alfombra máxica da compañía Babaluva. Outes, Outono Teatral de Ciclo organizado polo Concello de Outes. A edición de 2015 celebrouse do 24 de setembro ao 23 de decembro no auditorio da Casa da Cultura. Representáronse as pezas Tita, a cargo de Babaluva; Martes e Luppo, de Baobab Teatro; Rubicundo, de Ghazafelhos; e o espectáculo teatro-musical Animundis: unha viaxe musical para nenos e maiores, de Animundis. Tamén contou coa participación das compañías, con pezas para o público adulto, Pinchacarneiro Teatro, con L; The Momento Impro, con Maquinando; Fantoches Baj, con Os vellos non deben de namorarse; Chévere, con Eroski Paraíso; Teatro do Atlántico, con O principio de Arquímedes; Teatro do Morcego, con Presidente; Culturactiva, con Falar sen cancelas; e Teatro Carauta, con A principiña. Referencias varias: - M. G., “O Outono Teatral trae a Outes dezaito espectáculos”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 25 setembro 2016, p. 34. Dá conta do comezo, no día de onte, da edición de 2016 deste ciclo. Informa do lugar e da gratuidade das postas en escena e cita as compañías e pezas que representarán. _____, “Baobab Teatro presenta hoxe a súa obra ʻMartes”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 22 outubro 2016, p. 36. Informa da participación de Baobab Teatro con Martes e da compañía Traspediante no Outono Teatral de Outes.

Page 149: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Outonoteatro, Ciclo Organizado polo Concello de Redondela e celebrado no Auditorio da Xunqueira. Na edición de 2016, celebrada dende o 9 de outubro até o 10 de decembro, participaron as compañías Sarabela teatro, con O secuestro da bibliotecaria, e EducaTeatro Producións, con O mundo máxico de Pinocho.Tamén se representaron as pezas, para público adulto, Panamericana, a cargo da compañía A Panadaría; Os vellos non deben de namorarse e O Lazariño de Tormes, de Teatro do Morcego; Reposo absoluto, de Lúa Chea; A media luz os tres, de Teatro Fonte da Tella; Armouse o tole tole, de Misturat Teatro. Palas de Rei, XVIIª Mostra Internacional de Teatro Amador “Teatro no camiño de Santiago” Mostra de teatro afeccionado organizada polo Grupo Metátese Teatro e a sociedade cultural “Orden de donas e cabaleiros do priorado de Vilar de Donas: Os lobos”. Levada a cabo a través do Centro de Documentación e Interpretación da Ulloa, esta mostra, que foi creada coa finalidade de achegar o traballo de grupos afeccionados galegos e foráneos, conta asemade coa colaboración do Concello, a Concellería de Cultura e a Deputación. Na edición de 2016, celebrada entre os días 17 de agosto e 4 de setembro, entregouse o Premio Careón á escritora Valentina Formoso Gosende e o Premio Mácara ao actor Pepe Penabade. Representáronse as pezas Contos de defuntos (e outro asuntos), d’A tropa de trapo; e Estrafalaria, de Xarope Tulú. Tamén contou coa prezenza dos grupos Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, coa peza Variedades; Volta e Dálle Teatro, con Dura lex e Rodesindo da Barbosa; Folerpas Teatro, con Intimidades; Elefante Elegante, con Fados; Lusco Fusco, con Traballos; Óscar Varela, con Etiquetas; Debullando Teatro, con Oldtown; Lucecús Teatro, con A órbita do lucecú; e Metátese Teatro, con A saco!. Ademais, participaron as compañías foráneas Garnacha Teatro (Extremadura), Alhama Teatro (Navarra), La invencible de Villalpardo (Cuenca). Referencias varias: - A. R., “El festival de teatro escolar de Palas reunirá el día 9 a más de 200 actores”, El Progreso, “Comarcas”, 5 abril 2016, p. 13. Fala da presentación dunha nova edición do Festival de Teatro Escolar de Palas de Rei que contará coa presenza da obra Na corda frouxa das aulas de teatro de centros escolares da Estrada, Touro e mais Melide. - María Martínez Guntín, “La XVII Mostra de Teatro Amador de Palas reunirá a más de 350 actores”, El Progreso, “Comarcas”, 12 agosto 2016, p. 10. Dá conta da presentación do programa da edición de 2016 desta Mostra, detallando as compañías participantes e os galardóns que se entregarán así como as institucións que subvencionaron algunhas delas.

Page 150: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Ruth Lodeiro, “La Mostra Internacional Teatro Amador de Palas apura sus últimas obras”, El Progreso, “A Ulloa”, 30 agosto 2016, p. 13. Indícase o lugar e a data de representación das obras enmarcadas na mostra. Redondela, Memorial Juanjo Amoedo, XVIº Festival Internacional de Títeres de Organizado por primeira vez no ano 2000 polo grupo Tanxarina e o colectivo Erre que erre, conta co patrocinio do Concello de Redondela, a Consellería de Cultura, a Deputación Provincial e a obra social de “La Caixa”, ademais dun grupo de cen pequenos empresarios. Dirixido por Miguel Borines co apoio dos compoñentes do colectivo Xente Titiriteira, ten como obxectivo fundamental o achegamento dos monicreques ao público infantil e amosa as distintas técnicas de manipulación que se empregan actualmente no teatro de marionetas, así como servir de homenaxe a Juanjo Amoedo, falecido en 1999 e promotor desta iniciativa. A edición de 2016 tivo lugar dende o 16 até o 22 de maio e contou coa representación das pezas Titiricircus, de Tanxarina; Barriga Verde e o Muíño da Néboa, de Títeres Cascanueces; Luppo, de Baobab Teatro; Mirlo & Rula, de Cinema Sticado; Im Memoriam, de El Retrete de Dorian Gray; e Rumpelstikin, o anano saltarín, de Títeres Trompicallo. Tamén representaron pezas as compañías foráneas Electric Circus (Holanda), Títeres Pepeluna (Canarias), Teatro Koňmo (República Checa), Teatre La Pendue (Francia), Sofie Krog (Dinamarca), Javier Aranda (Aragón), Galiot Teatre (Cataluña), Efimer (Cataluña), Trukitrek (Cataluña), Lafontana (Portugal), MG Producciones (Cantabria), Referencias varias: - N. Álvarez, “Títeres de todo el mundo vuelve un año más a Redondela”, Faro de Vigo, “Especial”, “XXX Festa do choco de Redondela”, 6 maio 2016, p. 20. Comenta que esta edición do festival contará con 27 compañías participantes. Destaca algunhas das actividades que se levarán a cabo e a súa estrutura en tres bloques: programación de sala, programación escolar e programación de rúa. - Antonio Pinacho, “El Festival de Títeres amplía al Día das Letras Galegas su programación de calle”, Faro de Vigo, “Redondela”, “Área metropolitana”, 13 maio 2016, p. 20. Informa que o XVII Festival Internacional de Títeres “Memorial Juanjo Amoedo” de Redondela amplía a tres xornadas a súa programación de rúa por mor da celebración do Día das Letras Galegas. Destaca que se trata dun dos espectáculos máis importantes do ano no concello e que acolle un total de 81 espectáculos de 26 compañías provenientes de todos os lugares de Europa. - M. Oliva, “Los títeres tomaron las calles”, Atlántico Diario, “Área metropolitana”, “Redondela”, 18 maio 2016, p. 14. Salienta o éxito das representacións con monicreques realizadas nas rúas de Redondela para celebrar o Día das Letras Galegas e a superioridade do número de compañías

Page 151: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

galegas participantes fronte ás chegadas do territorio español e Europa, facendo especial fincapé na proposta de Tanxarina co seu novo espectáculo sobre o mundo do circo, Titiricircus. Tamén anuncia o inicio das representacións de sala con Baobab Teatro e a obra Luppo e a proposta innovadora dos galegos Cinema Sticado, titulada Mirlo&Rula. - Antonio Pinacho, “Las marionetas saltan a escena”, Faro de Vigo, “Redondela”, “Área metropolitana”, 18 maio 2016, p. 12. Destaca a grande afluencia de público acadada en Redondela coa programación de teatro de monicreques na rúa e salienta a presentación de Titiricircus, o novo espectáculo de Tanxarina Títeres, O conto do vello lobo de Teatro Konmo, Aventuras do Ratonpérez, de Títeres Pepeluna, Barriga Verde e o Muíño da Néboa, de Cascanueces Títeres e The Monkey de Electric Circus. Tamén informa do comezo da campaña escolar coa representación de Luppo realizada por Andrea Bayer. - M. Oliva, “Los títeres danzaron bajo la lluvia”, Atlántico Diario, “Área metropolitana”, “Redondela”, 22 maio 2016, p. 20. Informa de que a choiva non foi problema para a realización das representacións de monicreques na rúa realizadas en Redondela que incluíu un total de doce espectáculos gracias á instalación de cinco carpas xigantes. Rianxo, Outono Cultural de Organizado pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, coa colaboración da Deputación da Coruña e outras entidades. O teatro ocupa un papel fundamental neste programa, onde tamén teñen oco presentacións literarias, exposicións, danza, música etc. Na edición de 2016, celebrada durante os meses de outubro, novembro e decembro, representouse a peza Xan perillán compra queixo e compra pan, d'Os Monicreques de Kukas. Tamén participaron as compañías Aporía Escénica, con 30 e tantos ósos; Centro Dramático Galego, con Tartufo; Producións Teatrais Excéntricas, con Os amores de Jacques o fatalista; e Talía Teatro, con Foucellas. Referencias varias: - S. S., “El Outono Cultural llenará el auditorio rianxeiro de muestras, charlas y música”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 27 setembro 2016, p. 38. Dá conta dalgunha das actividades programadas para Outono Cultural de Rianxo. Riveira, XIX Mostra de Teatro Infantil de Mostra de teatro organizada pola Concellaría de Cultura, en colaboración coa Asociación Cultural Alfaia. Nela colaboran alumnos e ANPAs de diversos colexios de Galicia, ademais do Grupo Municipal Infantil de Teatro de Riveira. A presente edición, celebrada durante o mes de maio, participaron, con pezas en galego, o grupo de teatro

Page 152: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

do colexio Galaxia, con A profecía de Nostradamus; e o grupo de teatro CEIP O Grupo, con Co cu ao aire. Referencias varias: - S. S., “Siete compañías escolares participan en la Mostra de Teatro Infantil de Ribeira”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 21 maio 2016, p. 36. Preséntase a programación da decimonovena edición desta mostra na que participarán 300 escolares, profesores e membros das Anpas. Indícase que participarán o grupo do colexio A Milagrosa de Oleiros con La Pirata Ofelia; o grupo do colexio Galaxia con A profecía de Nostradamus; o colexio Bayón con Frözen el musical; o CEIP O Grupo con Co cu ao aire; o grupo da Anpa Monte Tahúme do CEIP Olveira con Las almas de la fiesta e a Anpa Bandaseca do CEIP Salustiano Rey Eiras da Pobra con En el bosque. Santa Comba, IIº Ciclo de Teatro Ciclo de teatro organizado polo Concello de Santa Comba. Na edición de 2016, que tivo lugar entre o 11 e o 28 de novembro, representáronse as pezas Roedores, de Redrum Teatro e Cervantes vs. Shakespeare, a cargo de A trastenda dos contos. Para público adulto levouse a escena Cyrano, a cargo de Teatro Galileo; Sede de mal, de Boneca Lareta; e Habemus Mama, de Teatro Proscrito. Referencias varias: - M. Manteiga, “Programación teatral para Dubra y Santa Comba”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 10 novembro 2016, p. 36. Anuncia a representación en Dubra de Bon Appetit de Ghazafelhos e Que Deus nos colla confesados de Tangatutanga. Por outra banda, dá conta do programa de representacións do IIº Ciclo de Teatro Santa Comba. Sanxenxo, Ciclo de Teatro de Outono de Organizado polo Concello de Sanxenxo. A edición de 2016 celebrouse do 5 de novembro ao 11 de decembro no Pazo Emilia Pardo Bazán. Contou coa participación da compañía Culturactiva con Retrincos de Castelao. Tamén se representaron as pezas Os vellos non deben de namorarse, a cargo de Teatro do Morcego; Unha avoa a catro patas, calcetíns e garavatas, escapa que ven a Paca!!, do grupo de teatro Club de Xubilados de Portonovo; Saco roto, do Club de xubilados e pensionistas de Sanxenxo; e Cousas de Castelao, da compañía Os Quinquilláns. Referencias varias:

Page 153: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- L. Ferreño, “Os vellos non deben namorarseʼ marcará el inicio del Ciclo de Teatro de Outono”, Diario de Arousa, “Sanxenxo”, 1 novembro 2016, p. 13. Resume as palabras da concelleira de cultura na presentación do Ciclo, na que indicou que se abrirá coa posta en escena dʼOs vellos non deben de namorarse, á que seguirán pezas a cargo de grupos afeccionados de Sanxenxo, para pechar o Ciclo compañías profesionais con outras dúas obras de Castelao, Retrincos e Cousas.

- J. C., “A figura de Castelao, protagonista no novo Ciclo de Teatro de Outono”, Diario de Pontevedra, “O Salnés”, “Sanxenxo”, “Cambados”, 1 novembro 2016, p. 18. Dá conta da presentación do Ciclo, na que a concelleira de cultura destacou que se representarán tres obras de Castelao: Os vellos non deben de namorarse, Retrincos e Cousas, por parte de compañías profesionais, e sinalou ademais que actuarán grupos afeccionados autoctónos coas pezas Unha avoa a catro patas, calcetíns e garavatas, escapa que vé a Paca!, Saco Roto e Viva o Cuponazo. Sarria, Mes do Teatro Organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Sarria. Na edición de 2016, celebrada entre o 16 de outubro e o 27 de novembro, representáronse as pezas Madame Bechamel e Signora Bolognesa, a cargo de Trécola; Retrincos de Castelao, de Culturactiva; A orixe, de Raquel Queizás; e 4 tempos, de Teatro do Miolo. Ademais, contou coa participación das compañías, para o público adulto, Teatro Ollomao, con Catro contos; O Centiño de Foz, con O caldeiro máxico; grupo de teatro da biblioteca de Antas de Ulla, con 13 rosas; Palimoco Teatro, con Medea Salvaxe; e Ibuprofeno Teatro, con A filla de Woody Allen. Tamén se Referencias varias: - A. C. V., “Una decena de obras de teatro amenizarán el otoño en Sarria”, El Progreso, “Sarria”, 14 outubro 2016, p. 17. Nomea, en canto ás representacións para o público adulto, as pezas Catro contos, O caldeiro máxico, 13 rosas, Retrincos de Castelao, Medea Salvaxe e A filla de Woody Allen, e para o público infantil, Madame Bechamel e Signorina Bolognesa, A orixe e Catro tempos. Teatro con G Programa organizado pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrol, celebrado no centro cultural Carvalho Calero e no Teatro Jofre. A edición de 2016 celebrouse do 20 de abril ao 14 de xuño. Contou coa participación das compañías Títeres tres globos, con O sapo encantado; Caramuxo Teatro, con Feo!; Teatro dos Ghazafelhos, con Nana para un soldado; CEIP Isaac Peral, con Mamasiña que medo; Colexio Ludy, con A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza e A pantasma de Canterville; CPI Atios, con A moa e Xoguetes esquecidos; Colexio Tirso

Page 154: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

de Molina, con O lobishome; IES As Telleiras, con A auténtica vida de Miguel de Cervantes; IES Sofía Casanova, con A enferma imaxinaria; e IES Carvalho Calero, con Hamliño. Teatrofilia, XIIIª Mostra de Teatro Amador de Vedra Festival de Teatro Amador organizado pola Asociación Cultural Papaventos, coa colaboración do concello de Vedra, FEGATEA e Ullán Teatro. Na edición de 2016, celebrada no Centro Social da Terceira Idade de Vedra dende o 4 até o 20 de marzo, representáronse as pezas O mar é azul, da Escola de San Miguel de Sarandón; Baile, de Tira e afloxa; O conto da rá, de A.C. Cotomanguelo; Memorias dun neno labrego, de Abrapalabra Creacións Escénicas; e Brincacontos, de Andaravía Teatro. Tamén participaron as compañías, con obras para público adulto, Tira e Afloxa, con A boticaria; Andaravía Teatro, con Maniféstate! e Sacho’s Show; Escola Municipal de teatro de Muxía, con O velorio de Antón Carballo; Axóuxere Teatro, con Chou mas go on; Aula de teatro do C.P.I de Vedra, con Ligues e outros líos; A.C. Cotomanguelo, con Cita case a cegas; Disfunción Continua Teatro, con Teimas; Farrapo Teatro, con Frío; Martabelas Teatro, con Mullerebillosas; e Marañao Teatro, con Inmortal. Referencias varias: - M. T., “O cartaz de Teatrofilia será unha obra de Teresa Saco”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 23 xaneiro 2016, p. 34. Sinala que a asociación Cultural Papaventos escolleu o deseño de Teresa Saco para a vindeira edición da mostra. _____, “Claudia Dorelle recibió el accésit de Teatrofilia por el mejor cartel infantil”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 24 xaneiro 2016, p. 33. Destaca que a asociación Cultural Papaventos premiou o deseño de Teresa Saco e que, Claudia Dorelle, natural de Vedra, recibiu o accésit polo mellor cartel infantil. - C. G., “Más de diez compañías actuarán en marzo en la muestra Teatrofilia”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 2 febreiro 2016, p. 27. Faise eco do anuncio da programación deste espectáculo por parte da Asociación Cultural Papaventos e indica que terá lugar no Centro Sociocultural de Vedra. Dá conta das obras e grupos que participarán. - M. T., “Teatrofilia arranca o día 4 con ‘Memorias dun neno labrego’ en Vedra”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 24 febreiro 2016, p. 29. Comenta esta edición de Teatrofilia, que comezará o 4 marzo de 2016, contará, entre outras, coas representacións de Memorias dun neno labrego, A boticaria, Maniféstate! ou O velorio de Antón Carballo.

Page 155: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

_____, “Teatrofilia arranca el viernes 4 de marzo con la pieza ‘Memorias dun neno labrego’ en Vedra”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 27 febreiro 2016, p. 31. Informa da celebración desta mostra por parte da Asociación Papaventos e dá conta do seu programa. Engade que todas as representacións se ofrecerán na Casa da Terceira Idade. - C. B., “Chega á mostra de Vedra ‘A boticaria’ e ‘Maniféstate!”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 5 marzo 2016, p. 32. Informa sobre o programa de actuacións desta mostra e que se desenvolverán no Centro Sociocultural de Vedra. _____, “Teatrofilia levantou o seu telón lembrando a Neira Vilas”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 6 marzo 2016, p. 33. Dá conta do recoñecemento que se lle fixo na mostra a Xosé Neira Vilas, morto o pasado ano. Tamén engade que Cándido Pazó representou Memorias dun neno labrego. - M. T., “Última sesión de Teatrofilia este fin de semana”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 16 marzo 2016, p. 34. Anuncia as últimas representacións da mostra de teatro a cargo de Farrapo Teatro con Frío, Martabelas con Mullerebillosas, Andaravía Teatro con Sacho's Show e Marañao Teatro con Inmortal. _____, “Teatrofilia llega a su recta final con tres sesiones”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 19 marzo 2016, p. 32. Dá conta do peche da décimo terceira edición da mostra coa representación de Inmortal pola compañía Marañao Teatro. _____, “Sacan las bases del concurso de carteles para anunuciar Teatrofilia”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 27 outubro 2016, p. 33. Informa da publicación da convocatoria para concorrer ao concurso de cartaces da edición de 2016 deste ciclo teatral e detalla as bases da convocatoria.

_____, “Convocan el concurso de carteles de Teatrofilia”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 13 novembro 2016, p. 29. Informa da convocatoria do concurso de carteis para anunciar a XIV Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, impulsado pola Asociación Cultural Papaventos. Engade que haberá un accésit para premiar o mellor cartel infantil. _____, “El concurso de carteles para anunciar Teatrofilia termina el 10 de enero”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 7 decembro 2016, p. 28. Detalla as bases da convocatoria para participar no concurso de carteis para a catorce edición de Teatrofilia.

Page 156: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Ti-tiritando de emoción, IXª Mostra de títeres Mostra organizada polo Concello de Riveira. A edición de 2016, celebrada durante o mes de abril no auditorio municipal, contou coa presenza das compañías galegas Títeres A Xanela do Maxín, coa peza Chincha Rabincha; e Títeres Alacrán, con Os soños na gaiola. Tamén estivo presente a foránea Hilando Títeres (Madrid). Referencias varias: - S. S., “Cinco espectáculos integran la IX Mostra de Monicreques Titiritando de Emoción”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 30 marzo 2016, p. 36. Preséntase a programación desta mostra, enumerando as compañías participantes e aas obras que se representarán: Chincha Rabincha de Títeres A Xanela do Maxín; Os soños na gaiola, de Títeres Alakrán; Vacaciones en el mar de Mircromina Títeres, Alicia en el país de las maravillas de Hilando Títeres e The Piccole Theatre de Marionetas Trécola. Titirideza Festival de títeres organizado por Viravolta Títeres celebrado no auditorio Municipal da capital do Deza, Lalín, e nas rúas e prazas desta cidade, que conta ademais cunha edición específica celebrada durante os carnavais, o Titerentroido. A edición de 2016, celebrada durante o mes de setembro, contou coa participación das compañías Títeres Alakrán, con Barriga Verde ataca de novo; e Viravolta Títeres, con Barriga Verde. Tamén participaron as compañías foráneas Xarop Teatre (Castellón), La Tirita de Teatro (Albacete) e Alauda Teatro (Burgos). Referencias varias: - Fran Brea, “Titirideza reúne a cinco compañías y ofrecerácuatro días de funciones”, Diario de Pontevedra, “Deza”, “Lalín”, “Silleda”, 8 setembro 2016, p. 25. Presenta a programación da decimoquinta edición deste festival no que participarán cinco compañías: Xarop Teatro, Tropos-La Tirita de Teatro, Títeres Alakrán, Viravolta Títres e Alauda Teatro. Titiriberia, Ciclo de Teo Organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo para a Recuperación do Títere Tradicional Galego coa colaboración da Deputación de A Coruña e do Concello do Teo. A edición de 2016 celebrouse os días 7, 8 e 9 de decembro. Contou coa participación das compañías Títeres Alakrán, con Barriga Verde ataca de novo; e Viravolta Títeres, con Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón. Tamén participaron as compañías

Page 157: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

foráneas RedCloud Teatro de Marionetas (Portugal), Titelles Vergés (Cataluña), Siesta Teatro (Granada), Títeres desde Abajo (Granada), Referencias varias: - Sol Elvira, “El títere de cachiporra hace escala en el Pazo de Liñares”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 6 decembro 2016, p. 32. Comenta que o Museo Galego da Marioneta ubicado no Pazo de Liñares en Lalín contará cunhas mostra de bonecos antigos e co espectáculo de Titelles Vergés enmarcado no proxecto do chamado títere popular de cachiporra ao que se lle rende homenaxe no Festival Titiribeira. Anuncia que aproveitando a presenza de varias compañías estatais en Galicia Terán lugar varios espectáculos das dúas compañías con raíces na tradición europea. Finalmente anuncia que en diferentes locais de Teo haberá espectáculos e actividades para os escolares. - M. M., “La violencia en los títeres, a análisis en Titiriberia-Teo”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 7 decembro 2016, p. 28. Anuncia una mesa redonda sobre a violencia nos títeres en Titiriberia. - O. D. Vilar, “Critican la representación en Teo de titiriteros detenidos por la Audiencia”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 11 decembro 2016, p. 30. Da conta da crítica que recibe o concello por anunciar de maneira pouco conveniente a actuación da compañía Títeres desde abajo, no Festival Titiribeira, por estar formada por membros que foron encarcerados por enaltecemento do terrorismo. - Emma Araújo, “Teo acoge el festival Titiribeira con 7 obras y foros sobre títeres”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, “Artes escénicas”, 1 decembro 2016, p. L10. Comenta que o municipio de Teo acolle a primeira edición do festival Titiribeira organizada pola asociación cultural Morreu o Demo. Da conta dos días e horarios do espectáculo e tamén anuncia que haberá charlas e talleres. Informa tamén sobre outros actos diversos como danzas, exposicións, concertos e outras moitas actividades. - N. Noguerol e E. Araújo, “Los titiriteros encarcelados y exonerados por la Audiencia Nacional actuarán en Teo”, La Voz de Galicia, “Galicia”, 1 decembro 2016, p. 12. Fala da medida que anuncia Goretti Sanmartín no festival Titiribeira de que se cumpra a lei de igualdade debido a polémica que afecta ao Concello de Melide e a Deputación da Coruña por financiar un espectáculo que roza o erotismo. Comenta que o festival Titiribeira está formado por titiriteiros que permaneceron encarcerados e posteriormente foron exonerados. Titirinoia

Page 158: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Ciclo de títeres organizado polo concello de Noia coa colaboración da Deputación da Coruña. A edición de 2016 tivo lugar o 12 e 13 de agosto. Contou coa participación das compañías galegas Os Quinquilláns, con Simbad a e serea; Fantoches Baj, con Rei, rei?; e Anxo Moue e Servando Barreiro, con A música das árbores. Tamén participaron as compañías foráneas Partículas Elementales (Portugal) e Bigolis Teatre (Cataluña). Referencias varias: - S. S., “Arranca en Noia el festival Titirinoia, con seis espectáculos”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 12 agosto 2016, p. 34. Anuncia os espectáculos da primeira sesión do festival: Simbad e a serea, A música das árbores e Rei, Rei? - Suso Souto, “Fin de semana con animación y gastronomía en 6 concellos”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 13 agosto 2016, p. 37. Entre outras actividades da fin de semana, apunta que se representarán neste festival dúas pezas de compañías teatrais de fóra de Galicia Partículas Elementales e Bigolis Teatre. Tomiño, Outono Cultural Organizado polo Concello de Tomiño. A edición de 2016, celebrada durante os meses de outubro e novembro no Auditorio de Goián incluíu concertos, cinema, teatro e exposicións. Representouse a peza Retrincos de Castelao, de Culturactiva. Tamén participaron as compañías Teatro do Morcego, con Os vellos non deben de namorarse; Malasombra Teatro, con Go on!; e Carlos Blanco e Luis Davila, con Menú da noite e Menú do día. Todo Público, Ciclo Ciclo de teatro organizado polo colectivo “Todo Público” no que se representan unha serie de obras coa finalidade de achegar as artes escénicas aos máis pequenos. A edición de 2016 tivo lugar do 15 de outubro ao 17 de decembro no Fórum Metropolitano. Contou coa presenza das compañías galegas Eme2 Producións&Arte, con Jim e a illa do tesouro; Caramuxo Teatro, con Pavillón Lino; Matrioshka Teatro, con As fillas de Manawee; e Pérez&Fernández, con O poder de Amabel. Tamén participaron as foráneas Compañía Roberto G. Alonso (Cataluña), Cándido Producciones Teatrales (Zamora), Teatro Paraíso (Euskadi), Los Farrés (Cataluña), Marie de Jongh (Euskadi), La Baracca (Italia) e Gorakada (Euskadi). Referencias varias: - Ángela Fontao, “La antesala de un otoño sobre las tablas”, La Opinión, “A Coruña”, “Ciudad y Cultura”, 31 agosto 2016, p. 11.

Page 159: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Anuncia que o centro sociocultural Ágora e o Fórum Metropolitano acollerán unha programación escénica que contará con tres ciclos, Bebescena, Forumáxico e Todo Público. Comenta en que consiste cada un deses ciclos e cando terán lugar así como tamén o prezo das entradas e onde se poderán adquirir. Vedra, Circuito Galego de Teatro Amador de Organizado pola Asociación Cultural Papaventos, coa colaboración da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) no centro sociocultural de Vedra. Na edición de 2016, celebrada entre o 30 de setembro e o 21 de outubro, representouse a peza Cling, a cargo de Trécola Teatro. Tamén participaron as compañías Andaravía Teatro, coa peza Sacho's Show; Chumpá Teatro, con A nosa vila; e grupo de teatro da biblioteca de Antas de Ulla, con 13 rosas. Tamén se representou a peza, para público infantil, Cling, a cargo de Trécola Teatro. Referencias varias: - M. Toledo, “Andaravía levantó el telón del circuito de Teatro Amador”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 4 outubro 2016, p. 28. Comenta a edición de 2016 do ciclo que se celebra en Vedra dende o venres pasado. Dá conta do éxito da peza inaugural e informa das demais pezas que se representarán, das datas, lugares e prezo das entradas. - M. T., “Clausuran hoy en Vedra el ciclo de teatro amador”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 21 outubro 2016, p. 32. Informa da clausura do ciclo de teatro amador en Vedra coa obra Cling por Trécola Teatro. Vigo, VIIª Xornadas Municipais de Teatro Escolar Xornadas organizadas polo concello de Vigo. Celébranse durante tres semanas do mes de maio. A edición de 2016 tivo lugar os días 4, 5, 9, 10 e 18 de maio no Auditorio do Concello de Vigo. Representáronse as pezas Día e noite, do CEIP Frian; De excursión e O mozo Quixote, da Escola Municipal de Teatro; A ratiña presumida, do CEIP Valle-Inclán; Restaurante Farruco, do CEIP Carballal-Cabral; Paco Papán, do CEIP Lope de Vega; Os antollos da Margarida, do CEIP Pintor Laxeiro; Cecilia busca o seu sitio, do CEIP Belesar; Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo, do CEIP Seis do Nadal; Cun pouco de axuda, do CEIP Sobreira; e O principiño, do CEIP Mestres Goldar. Vila de Sarria, VIª Semana de Teatro Cómico Xornada teatral celebrada na Casa da Cultura da vila de Sarria. A edición de 2016, celebrada do 12 ao 14 de agosto, contou con seis representacións. Destinada para o

Page 160: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

público infantil, Cantos contos contas, a cargo de Culturactiva. Tamén participaron as compañías Lila Teatro, coa peza Bestiario Estrafalario; Aula de Teatro do Concello de Sarria, con Adaptación disparatada da Asamblea de Mulleres de Aristófanes; Abrapalabra Creacións Escénicas, con As do peixe; e Boneca Latera, con Filosofando. 12 doces de outono, Ciclo Ciclo teatral e musical para un público infantil e familiar que se celebra de xeito gratuito os domingos en doce Centros SocioCulturais de Santiago: Ensanche, Santa Marta, Vite, Amio, Fontiñas, Rocha, Conxo, Castiñeiriño, A Gracia, Marrozos, Lavacolla e Laraño. No ano 2016 participaron as compañías Teatro dos Ghazafelhos, con Acuario; Teatro Babaluva, con Tita; Títeres Trompicallo, con Jiñol; Gloria Mosquera e Magín Blanco, con O caderno dos afectos; Fantoches Baj, con Tío miseria; Up2Down con Pistacatro, coa peza Traspediante; Fátima Villamel, con Tirar do fío; Mariza Basso, con O sitio dos obxectos; Talía Teatro, con Rosa Caramelo e outras historias; Percubebés, con Veu por aquí e marchou por alá; e Chus Álvarez, con Continentes.

Page 161: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.3.2.2 ESTREAS VII.3.2.2.1 GRUPOS ESTÁBEIS E PROFESIONAIS Títeres Alakrán: Os soños na gaiola, dirección Roi Vidal Ver Cultura no Camiño, Ciclo Ver Escena en Familia Ver Galicia Escena Pro, IVª Mostra de artes escénicas Ver Galicreques, XXI Festival Internacional de Títeres Ver MIT, XXXIIª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia Ver MOTI, XIIIª Mostra de Teatro Infantil de Ourense Ver Ti-tiritando de emoción, IXª Mostra de títeres Referencias varias: - ECG, “Títeres para Brión con ʻOs soños na gaiolaʼ, de Alakrán”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 1 abril 2016, p. 33. Informa da estrea desta peza para monicreques no centro social de Brión. - Jesús Trillo, “El teatro es el plato fuerte de las actividades que hay en Cee”, El Correo Gallego, “Navidad en costa da morte”, “costa da morte”, 22 decembro 2016, p. 40. Dentro da programación do Nadal do Concello de Cee, saliéntase a posta en escena desta peza teatral. - ECG, “Marionetas para toda la familia en la sala de la SGAE”, El Correo Gallego, “Santiago”, 23 decembro 2016, p. 29. Comenta que a Fundación SGAE recibe o Nadal con unha ampla programación dirixida para toda a familia, entre as obras destacadas están, O Apalpador contra o ladrón de xoguetes que ven da man de Títeres Cachirulo, Os soños na gaiola de Títeres Alakrán, entre outras moitas. Baobab Teatro: Roque! Onde está Rufo? Ver Núbebes, IV Festival das Títeres Cachirulo (1): Bala perdida, texto orixinal Manuel Rivas, dirección e adaptación Lino Braxe e Jorge Rey Ver Escena en Familia Ver Galicreques, XXI Festival Internacional de Títeres

Page 162: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Referencias varias: - José Manuel Ramos, “Vimianzo e Carballo vístense de estrea con ‘Bala perdida’ e ‘Postal”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 11 marzo 2016, p. 38. Comenta a estrea no auditorio de Vimianzo desta obra de teatro baseada na novela homónima do escritor Manuel Rivas, quen agradece o labor de adaptación que se levou a cabo para darlle vida aos personaxes que el creara. Tamén se fala doutros espectáculos musicais que complementarán a programación da fin de semana na Costa da Morte. - M. García, “Los piratas de Manuel Rivas llegan con ‘Bala perdida”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 19 marzo 2016, p. L11. Informa do elenco de actores e do argumento desta peza que se representará en Santiago de Compostela na Fundación SGAE. Títeres Cachirulo (2): O Apalpador contra o ladrón de xoguetes Referencias varias: - ECG, “Marionetas para toda la familia en la sala de la SGAE”, El Correo Gallego, “Santiago”, 23 decembro 2016, p. 29. Comenta que a Fundación SGAE recibe o Nadal con unha ampla programación dirixida para toda a familia, entre as obras destacadas están, O Apalpador contra o ladrón de xoguetes que ven da man de Títeres Cachirulo, Os soños na gaiola de Títeres Alakrán, entre outras moitas. - Ana Iglesias, “Ilusionismo, títeres y varias fiestas de fin de año ʻadelantadas”, El Correo Gallego, “Santiago”, 30 decembro 2016, p. 26. Fala do Galicia Magic Fest, a I Gala Internacional de Ilusionismo que tivo un grande atractivo na cidade compostelá, o espectáculo presentado polo mago galego Pedro Volta durou dúas horas. Informa que por outra banda, a fundación SGAE volverá a representar o espectáculo infantil O Apalpador contra o ladrón de xoguetes a cargo da compañía Titeres Cachirulo. Caramuxo Teatro (1): Pavillón Lino Ver Galicia Escena Pro, IVª Mostra de artes escénicas Ver MOTI, XIIIª Mostra de Teatro Infantil de Ourense Ver Negreira, Ciclo de Teatro de Ver Todo Público, Ciclo Referencias varias:

Page 163: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Enrique Carballo, “Laura Sarasola. ‘Contamos unha historia que lembran os anos gloriosos do pavillón Lino”, La Opinión, “A Coruña”, 24 xaneiro 2016, p. 13. Conversa con Laura Sarasola, actriz e codirectora desta obra, onde fala do proceso de creación, da historia que relata, da estética utilizada e da función didáctica que intenta manter, mais tendo presente que, ante todo, debe primar o goce do público. - M. T., “Música, cine y teatro durante el mes de abril en Arzúa”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 13 abril 2016, p. 34. Entre outras actividades, informa da posta en escena desta peza no Recinto Feiral Terra do Queixo. - M. Manteiga, “Caramuxo Teatro ‘rescata’ o Pavillón Lino este venres”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, “Ames”, 20 abril 2016, p. 31. Indica que Caramuxo Teatro rescata nesta peza teatral o Pavillón Lino, edificio de arquitectura modernista na Coruña que foi testemuña da primeira representación do Conservatorio Nacional de Arte Galega. Caramuxo Teatro (2): Na casa Ver Núbebes, IV Festival das Culturactiva: Retrincos de Castelao, texto e dirección Diego Rey Ver Aguiño, VIIIª Mostra de Teatro Afeccionado Francisco Lorenzo Mariño Ver Buxiganga, Circuítos Ver Cultura no Camiño, Ciclo Ver Laxe, Xª Mostra de Outono de Teatro do Concello de Ver Sanxenxo, Ciclo de Teatro de Outono de Ver Sarria, Mes do Teatro Ver Tomiño, Outono Cultural Referencias varias: - M. R., “El auditorio de Vilalba acoge un musical infantil y una pieza teatral sobre Castelao”, El Progreso, “A Chaira”, 14 setembro 2016, p. 12. Dá conta da programación cultural da vila onde se inclúe a posta en escena da peza Retrincos de Castelao, aproximación humorística á obra do autor a través dun texto de Diego Rei. - J. M. R., “Carlos Blanco e O Bichero chegan co ʻMenú da fala”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 17 novembro 2016, p. 37.

Page 164: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Anuncia a representación en Vimianzo das pezas Retrincos de Castelao e Os contos de Barriga Verde. - M. M. O., “A capital xalleira acolle ʻRetincosʼ de Castelao mañá”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 11 decembro 2016, p. 30. Informa da posta en escena da peza por Culturactiva dentro do Outono Cultural da Deputación da Coruña. - J. Trillo, “El teatro, gran protagonista en el Nadal Cultural de Cee”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 15 decembro 2016, p. 36. Anuncia a representación de Retrincos de Culturactiva no Nadal Cultural de Cee. - S. S., “Centos de alumnos nas dúas obras con ʻselosʼ de Castelao e de Manuel María”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 18 decembro 2016, p. 34. Dá conta da asistencia á posta en escena desta peza teatral en Ribeira. Culturactiva: O conto de Barriga Verde Ver DAC-Outono Cultural, Ciclo Referencias varias: - J. M. R., “Carlos Blanco e O Bichero chegan co ʻMenú da fala”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 17 novembro 2016, p. 37. Anuncia a representación en Vimianzo das pezas Retrincos de Castelao e Os contos de Barriga Verde. - S. S., “Centos de alumnos nas dúas obras con ʻselosʼ de Castelao e de Manuel María”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 18 decembro 2016, p. 34. Informa do éxito de representación das pezas Retrincos, baseada na obra de Castelao, e O conto de Barriga Verde, baseada en textos de Manuel María. Daboapipa: Contos e lerias, dirección Vero Rilo Ver Begonte, IVº Ciclo de Teatro de Ver Cultura no Camiño, Ciclo Educa Teatro Producións: O mundo máxico de Pinocho Ver Outonoteatro, Ciclo

Page 165: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Referencias varias: - Concha Gómez, “O mundo máxico de Pinochoʼ chega a Redondela”, Atlántico Diario, “Área metropolitana”, “Redondela”, 6 outubro 2016, p. 17. Fala de que a compañía Educateatro Producións estrea a obra O mundo máxico de Pinocho en Redondela que contará con dúas funcións no Multiusos da Xunqueira. Comenta que foi un dos vinte e nove proxectos seleccionados na convocatoria pública de axudas á produción escénica galega. - Antonio Pinacho, “Pinocho vuelve a la vida en Redondela”, Faro de Vigo, “Redondela”, 6 outubro 2016, p. 14. Comenta que a compañía Educateatro representa en Redondela unha nova peza do seu repertorio, O mundo máxico de Pinocho, unha adaptación ao conto de Carlo Collodi, que trata de divertir aos máis pequenos introducindo música, novos personaxes e novas técnicas, así como ilusión e maxia. Resalta que non foi fácil resumir a obra de trinta e seis capítulos en setenta minutos. Finalmente anuncia o día, a hora e o prezo de entrada da representación. - Fran Brea, “La oferta cultural de A Estrada consigue llenar el Teatro Principal”, Diario de Pontevedra, “Deza”, “Tabeirós”, 14 outubro 2016, p. 25. Comenta que o concello de A Estrada presume de programación cultural no Teatro principal que tivo unha resposta masiva por parte do público. Informa que acollerá tamén a obra da compañía Educateatro, O mundo máxico de Pinocho, no que prevén unha gran afluencia de xente xa que unha vez anunciada a obra xa se venderon duascentas entradas. Informa tamén que o concello esgotou as entradas para a comedia La Reina de las Nieves. - M. Rodríguez, “La historia de Pinocho sobre las tablas”, La Opinión, “A Coruña”, “Ciudad y Cultura”, “Agenda fin de semana”, 11 novembro 2016, p. 10. Informa que o centro Ágora acolle a representación da obra O mundo máxico de Pinocho da compañía Educateatro, a obra está contada a través dos ollos de Pepito Grillo. Comenta que é unha función que mestura diferentes técnicas como teatro musical, danza, maxia e ilusións de sombras. - ECG, “O mundo máxico de Pinochoʼ chegará na tarde do sábado ao teatro da Salle”, El Correo Gallego, “Santiago”, 22 novembro 2016, p. 21. Comenta que a compañía Educateatro Producións chega a Santiago coa obra O mundo máxico de Pinocho, unha representación que mestura música maxia, piano e sombras chinas. Informa que a entrada do espectáculo se repartirá un marcapáxinas e que ao rematar os asistentes poderán sacar foto cos personaxes. - Cuca M. Gómez, “Los premios Cogami 2016”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 18 decembro 2016, pp. 94-95.

Page 166: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Infórmase de que se levaron a cabo dúas representacións desta obra no Pazo da Cultura de Pontevedra. - F. D., “Actuación de la coral en la Veracruz”, La Región, “Nadal nas Comarcas de Ourense”, “Nadal en O Carballiño”, “Música y teatro”, 23 decembro 2016, p. 25. No marco das actividades programadas durante o Nadal no Carballiño, informa da representación desta peza no Auditorio. Elefante Elegante (1): Danza da Choiva, texto e dirección María Torres e Gonçalo Guerrero Ver Cultura no Camiño, Ciclo Recensións: - María Hermida, “Teatro para rir... e pensar”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Niños”, “Agenda”, 23 decembro 2016, p. 22. Fala da compañía galego-portuguesa Elefante Elegante, que pretende mostrarlle aos máis pequenos o teatro pero dunha maneira especial, poñéndoos a pensar. Comenta sobre esta compañía, cando comezaron a poñerse en marcha. Resalta que é unha compañía que, a parte de facer rir aos nenos, trata de ensinarlles temas como o cambio climático ou a emigración. Conta que os nenos ás veces métense tanto nas obras que teñen reacción dignas de contar. Referencias varias: - A. Ferreira, “Elefante Elegante se presenta en el teatro municipal tudense”, Atlántico Diario, “Área metropolitana”, “Baixo Miño”, 3 novembro 2016, p. 19. Fala do espectáculo presentado pola compañía Elefante Elegante no Teatro Municipal de Tui, que se trata dunha montaxe dirixida a un público familiar a partir do tres anos. Comenta que é una obra na que se mesturan danza, música, interacción con obxectos e títeres. - Ángeles Rodríguez, “Ata a chegada dos Reis”, O SIL, “Especial Nadal Decembro 2016”, “O Barco”, p. 43. Entre as actividades do Nadal, anuncia a posta en escena desta peza teatral no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. - S. N., “Para o público familiar”, La Región, “Nadal nas comarcas de Ourense”, “Nadal en O Barco”, “Programa”, 23 decembro 2016, p. 73. Dá conta da representación da peza no Barco, no marco da programación de Nadal.

Page 167: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Elefante Elegante (2): O rueiro das liortas, texto e dirección María Torres e Gonçalo Guerrero Ver DAC-Outono Cultural, Ciclo Ver FalaRedes Fantoches Baj (1): O Asombro de Manuel María Referencias varias: - F. D., “Teatro, cancións e diversión infantil”, La Región, “Letras Galegas 2016”, “O Barco de Valdeorras”, “Programa”, 17 maio 2016, p. 23. Informa da posta en escena desta peza no Teatro Laura Olmo, no marco das actividades programadas para festexar o Día das Letras Galegas. Fantoches Baj (2): O castiñeiro do Apalpador Referencias varias: - M. M., “Teatro, cine y talleres centran el programa navideño de Castro”, El Progreso, “A Chaira”, 21 decembro 2016, p. 22. Presenta a programación de Nadal de Castro de Rei no que se poderá gozar de teatro, cine e talleres. Resalta que entre outras moitas representarase a obra teatral “O castiñeiro do Apalpador”, tamén acollerá a visita do mago David e a visita dos Reis Magos. Teatro dos Ghazafelhos: Rubicundo, adaptación Pepablo Patiño Ver Narón e Ferrol, Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Ver Outes, Outono Teatral de Referencias varia: - Ángeles Rodríguez, “Ata a chegada dos Reis”, O SIL, “Especial Nadal Decembro 2016”, “O Barco”, p. 43. Entre as actividades do Nadal, anuncia a posta en escena desta peza teatral no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. - S. N., “Para o público familiar”, La Región, “Nadal nas comarcas de Ourense”, “Nadal en O Barco”, “Programa”, 23 decembro 2016, p. 73. Dá conta da representación da peza no Barco, no marco da programación de Nadal.

Page 168: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Monicreques de Kukas: O encoro enmeigado (das fragas do Eume), texto Marcelino de Santiago Viqueira, dirección Isabel Rei Pousada Ver Festea, Iº Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques Referencias varias: - Ana Iglesias, “Marionetas y musicales, entre los atractivos de la agenda lúdica infantil”, El Correo Gallego, “Santiago”, 28 decembro 2016, p. 24. Comenta que as marionetas son un dos maiores atractivos das axendas lúdicas infantís, entre elas destaca a proposta de Kukas que presentou Encoro enmeigado (das Fragas do Eume), e a representación de Os tres porquiños, ademais a programación inclúe propostas musicais entre as que destacan o Nadal Rock. Destaca tamén o conto musical infantal Tic tac toc, con Pablo Díaz e finalmente anuncia a chegada do espectáculo de Disney coas representación de Frozen, O Rey León e outras moitas. Larraitz Urruzola Producións Artísticas: A viaxe de Rosalía, dirección Lucho Penabade Ver FalaRedes Referencias varias: - R. Verdú, “A diversidade de actos pon de relevo a pervivencia de Rosalía”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 22 febreiro 2016, p. 25. Entre outras novas, informa representación desta peza destinada a nenos e nenas mayores de seis anos, no marco das actividades programadas para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro. - R. L., “A historia de Rosalía de Castro en monicreques chega hoxe a Lugo”, El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, 2 marzo 2016, p. 62. Sinala que a compañía teatral de Lirraitz Urruzola presenta o espectáculo A viaxe de Rosalía dentro da programación “Rosalía sempre viva” organizada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. - C. G., “A viaxe de Rosalía’ chega ao multiusos de Frades mañá”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 4 marzo 2016, p. 33. Anuncia que o pavillón de Frades acollerá a representación desta obra, que terá unha duración de 45 minutos e dirixida a un público a partir dos seis anos.

Page 169: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Víctor Castro, “Frades conmemora mañana los Días de la Mujer y Rosalía”, Diario de Ferrol, “Área metropolina”, “Atalaya mariñana”, 4 marzo 2016, p. 16. Informa da acollida deste espectáculo de monicreques no Concello de Frades, como parte da programación que conmemora o Día de Rosalía de Castro e o Día da Muller. Ademais, tamén fala brevemente de como se estrutura a obra e do elenco que participa na mesma. Limiar Teatro: O conto da Azuzaina Ver Galicia Escena Pro, IVª Mostra de artes escénicas Referencias varias: - M. M., “La sala-circo referente en España arropa la nueva obra de los vigueses Limiar”, Faro de Vigo, “Tv/Espectáculos”, 27 xaneiro 2016, p. 55. Dáse conta da estrea da nova obra de Limiar Teatro e indícase que pretende achegar aos máis pequenos temáticas complexas (orfandade, divorcio e adopción). Coméntanse as actuacións previstas e recóllense as declaracións de Fran Núñez sobre a peza. - Marta Becerra, “Una Navidad muy activa”, El Progreso, “Lugo”, “El despertador”, 27 decembro 2016, p. 9. Fala da programación de Nadal que acolle a cidade luguesa onde no Auditorio Gustavo Freire se representan obras como O conto de Azuzaina, a cargo de Limiar Teatro. Tamén conta con talleres navideños e con espectáculos de maxia. Finalmente anuncia que terá lugar o Campamento de Xadrez de Nadal. Lucecús Teatro: A verdadeira historia de Manuel de Paderna Referencias varias: - Vanesa Bran, “Lucecús Teatro estrena el día 11 en Vilalba una obra en honor a Manuel María”, El Progreso, “A Chaira”, 4 marzo 2016, p. 14. Sinala que a obra está protagonizada por un personaxe que aparece nalgún dos libros de Manuel María. Recolle as palabras do edil de cultura e dos membros da compañía. Destaca que a intención da peza é a de achegar os textos do escritor chairego ao público dun xeito diferente e divertido. - María L. Viñas, “Dezasete poemas de Manuel María viaxarán nos 50 buses de Lugo no mes de maio”, El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, 30 marzo 2016, p. 43. Entre outras actividades, anuncia esta representación teatral do grupo Lucecús.

Page 170: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- M. R., “Lucecús Teatro lleva a Pol y a Reigosa una representación sobre la vida de Manuel María”, El Progreso, “A Chaira”, 1 agosto 2016, p. 10. Anuncia que a compañía Lucecús realizará varias representacións baseadas na vida do poeta Manuel María, a través da peza teatral A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna. Informa que a primeira actuación será na piscina municipal de Mosteiro, no concello de Pol e a seguinte será na parroquia pastoricense de Rigueira, ambas as dúas contaron coa colaboración da área de cultura da Deputación Provincial de Lugo. - Marta Becerra, “La escena alegra las calles”, El Progreso, “Lugo”, “El despertador”, 15 agosto 2016, p. 4. Informa da posta en escena desta peza teatral dentro do programa Cultura no Camiño. Luis Vallecillo: O bigote de Mimí Ver Galicreques, XXI Festival Internacional de Títeres Mamá Cabra: 15 primaveras Ver Cultura no Camiño, Ciclo Referencias varias - C. B., “Mama Cabra abre el mes de ayuda al pueblo saharaui”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 10 abril 2016, p. 34. Anuncia a posta en escena desta actuación dentro do Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui. Migallas Teatro: Pegadas de Castelao Referencias varias: - A. Piñeiro, “Vilaboa enriquece con teatro e unha feira o seu San Martiño”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Comarca”, 10 novembro 2016, p. 18. Entre outras actividades culturais, alude á posta en escena desta peza, que se enmarca dentro da programación da Deputación polo Ano Castelao.

Mundo Mandarina: O meu avó é mago Referencias varias:

Page 171: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Víctor Castro, “Oroso vive desde el lunes su gran Semana Cultural, que finalizará el 3 de septiembre”, El Ideal Gallego, “Área metropolitana”, “Atalaya mariñana”, 24 agosto 2016, p. 16. Dentro da programación da Semana Cultural de Oroso se representará este espectáculo de maxia cómica. Nelson Quinteiro (1): Pequeno cabaret infantil Ver Cabaré, Xº Festival Galego de Ver Interritmos, Festival Referencias varias: - ARCA, “Maxia e teatro abren o sábado a nova tempada do Imos na capital do Deza”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 2 setembro 2016, p. 27. Informa da posta en escena da peza no marco das actividades do programa cultural “Imos a Lalín porque hoxe é sábado”. Destaca que a obra acadou un gran éxito no Certame de Artes Escénicas de Redondela. Odaiko: Invención Referencias varias: - Mónica G. Bellver, “Cultura, lecer e deporte”, O SIL, “Especial Nadal Decembro 2016”, “A Rúa”, pp. 52-53. Entre as actividades do Nadal, anuncia a posta en escena desta peza teatral no Centro Cultural Avenida da Rúa. Indica que mestura música, teatro e contacontos ao facer un percorrido pola humanidade. - M. V., “Dende obradoiros a informática”, La Región, “Nadal nas Comarcas de Ourense”, “Nadal en Bande”, “Programa”, 23 decembro 2016, p. 20. Informa que o Concello de Bande organiza unha axenda completa para as festas do Nadal dirixida sobre todo para os cativos. Comenta que nesta programación inclúense entre outros, obradoiros de Nadal que terán lugar na biblioteca Municipal, unha visita a Pazolandia, actividades de informática, a actuación de Odaiko co espectáculo “Invención” e a visita dos Reis Magos. Os Quinquilláns: Simbad a e serea Ver Cultura no Camiño, Ciclo

Page 172: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Ver Titirinoia Redrum Teatro: A nena que quería navegar, dirección Álex Sampayo Referencias varias: - Brais Capelán, “La compañía teense Redrum estrena obra en Ourense”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, “Teatro”, 19 outubro 2016, p. L11. Anuncia a estrea desta obra no Auditorio Municipal de Ourense, comentando o seu argumento, os actores que participan e a súa temática. - ECG, “Espectáculo sobre el acoso escolar”, El Correo Gallego, “Santiago”, 4 decembro 2016, p. 28. Dá conta da posta en escena desta obra que intenta visibilizar o acoso escolar. - M. García, “Doble función de la comedia ʻA nena que quería navegar”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, “En familia”, 3 decembro 2016, p. L10. Informa do argumento deste espectáculo que pretende loitar contra as situación de acoso escolar. Sarabela Teatro (1): Nola e María na Terra Chá Referencias varias: - F. D., “Representacións teatrais infantís”, La Región, “Letras Galegas 2016”, “Barbadás”, “Programa”, 17 maio 2016, p. 19. Dá conta da representación desta peza e sinala a asistencia dos alumnos con idades entre os 5 e os 10 anos, no marco das actividades do Día das Letras Galegas. Sarabela Teatro (2): O secuestro da bibliotecaria, dirección Fina Calleja Ver Outonoteatro, Ciclo Referencias varias: - Mónica G. Bellver, “Cultura, lecer e deporte”, O SIL, “Especial Nadal Decembro 2016”, “A Rúa”, pp. 52-53.

Page 173: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Entre as actividades do Nadal, anuncia a posta en escena desta peza teatral no Centro Cultural Avenida da Rúa. Indica que se basea nun conto de Margaret Mahy. - P. Agudo, “Fiestas con vida y color”, La Región, “Nadal nas comarcas de Ourense”, “Nadal en Celanova”, “Programa”, 23 decembro 2016, p. 63. Entre outras actividades, informa da posta en escena desta peza no marco das actividades organizadas para celebrar o Nadal en Celanova. - S. N., “Inchables no polideportivo”, La Región, “Nadal nas comarcas de Ourense”, “Nadal en A Rúa”, “Programación”, 23 decembro 2016, p. 80. Informa da oferta teatral do Nadal no Concello da Rúa coa posta en escena desta obra no Centro Cultural Avenida. Teatro da Semente: Gretel e Bela Ver Galicia Escena Pro, IVª Mostra de artes escénicas Referencias varias: - A. P., “Teatro ‘Gretel e Bela”, La Región, “Xornal escolar”, n.º 60, 16 marzo 2016, p. 2. Informa que o Auditorio de Ourense acolle esta representación para nenos maiores de 5 anos. Tanxarina: As bombas e o xeneral Ver Festea, Iº Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques Ver María José Jove, XIIº Festival de Títeres Referencias varias: - Jesús Trillo, “El teatro es el plato fuerte de las actividades que hay en Cee”, El Correo Gallego, “Navidad en costa da morte”, “costa da morte”, 22 decembro 2016, p. 40. Dentro da programación do Nadal do Concello de Cee, saliéntase a posta en escena desta peza teatral. Trécola Teatro: Tolitates Ver Begonte, IVº Ciclo de Teatro de

Page 174: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Trinke Trinke Teatro (1): Querida ovella negra Trinke Trinke Teatro (2): Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela Ver María José Jove, XIIº Festival de Títeres Uxía & Magín Blanco: Canta o cuco, dirección Inacio Vilariño Ver Cultura no Camiño, Ciclo Referencias varias: - S. S., “Muros acolle esta tarde un espectáculo músico teatral adicado a Manuel María”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 9 abril 2016, p. 34. Anuncia a representación deste espectáculo músico-teatral que presenta a obra de Manuel María, conxugado co deseño e ilustración de Leandro Lamas e a interpretación das cancións a cargo de Uxía, Magín, Santi Cribeiro e Hector Lorenzo. - F. D., “Teatro, cancións e diversión infantil”, La Región, “Letras Galegas 2016”, “O Barco de Valdeorras”, “Programa”, 17 maio 2016, p. 23. Informa da posta en escena desta peza no Teatro Laura Olmo, no marco das actividades programadas para festexar o Día das Letras Galegas. Viravolta Títeres: A maleta de Don Attilio Ver Festea, Iº Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques Referencias varias: - C. B., “Lalín abre el Mes das Letras el domingo”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 28 abril 2016, p. 35. Dá conta da representación desta peza no marco do Mes das Letras, organizado polo concello de Lalín. Xarope Tulú: Estrafalaria Ver Palas de Rei, XVIIª Mostra Internacional de Teatro Amador “Teatro no camiño de Santiago”

Page 175: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.3.2.3. POSTAS EN ESCENA QUE CONTINÚAN EN CARTEL VII.3.2.3.1 GRUPOS ESTÁBEIS E PROFESIONAIS 7 magníficos máis Un (1): Dous pallasos en apuros Ver Familirúa, Festival Referencias varias: - F. D., “Descenso del Sil y gran verbena”, La Región, “Festas do Cristo. O Barco de Valdeorras”, “Programa/ sábado 10”, 7 setembro 2016, p. 7. Anuncia a posta en escena desta obra no Paseo do Malecón nas Festas do Cristo. - Mónica G. Bellver, “Para os máis pequenos”, O SIL, “Especial Festas do Cristo 2016”, “Programa”, setembro 2016, p. 10. Dentro das Festas do Cristo do Barco de Valdeorras, salienta a representación desta peza. 7 magníficos máis Un (2): Os contos de Barriga Verde (Manuel María) Ver Cultura no Camiño, Ciclo Abrapalabra Creacións Escénicas (1): Ra, ra ra Referencias varias: - Y. S., “La solidaridad fue el eje central de la celebración en Mos del Día del Padre”, Faro de Vigo, “Especial”, “Baixo Miño/ Louriña”, 25 marzo 2016, p. 3. Informa de que no programa “Ocio en familia” de Mos se levou á escena esta obra que é unha alegoría cunha “cuidada escenografía y una especial iluminación”. Abrapalabra Creacións Escénicas (2): Memorias dun neno labrego, monólogo a partir da narración homónima de Xosé Neira Vilas Ver Carral, Ciclo Ver Cultura no Camiño, Ciclo Ver Ver Narón e Ferrol, Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Ver Teatrofilia, XIIIª Mostra de Teatro Amador de Vedra

Page 176: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Referencias varias: - M. G., “Cándido Pazó rinde homenaje a Xosé Neira Vilas”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 8 maio 2016, p. 29. Dá conta da representación desta peza no coliseo Noela e comenta o diverso prezo das entradas. - J. M. R., “Cándido Pazó, en el Fernando Blanco”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 14 maio 2016, p. 31. Sinala a posta en escena desta peza no IES Fernando Blanco, de Cee. - Ángela Fontao, “Lembranza escénica de Balbino”, La Opinión, “A Coruña”, “Ciudad y Cultura”, 17 maio 2016, p. 13. Infórmase de que Candido Pazó chegará o 20 de maio de 2016 ao Teatro Colón da Coruña con esta obra e que suporá a súa representación cento corenta e seis. A seguir comenta algúns aspectos deste espectáculo que comezou en 2011 como que está aderezada con música e proxeccións audiovisuais e que presenta tamén xiros cómicos. - Clara Aldán, “La ‘feisbuamiga’ de Cándido Pazó”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Y además”, 3 xuño 2016, p. 15. Anuncia a posta en escena de Memorias dun neno labrego, a cargo de Cándido Pazó, en Ponte Caldelas. - J. M., “Representación de ʻMemorias dun neno labregoʼ na vila da Barca”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 12 outubro 2016, p. 32. Informa da representación desta peza na vila da Barca. Títeres Alakrán: Barriga Verde ataca de novo Ver Titirideza Ver Titiriberia, Ciclo de Teo Títeres Alakrán: Mr. Pancho e a última función Alentía Teatro: Universos de fantasía Ver Buxiganga, Circuítos Ver Daniel Cortezón, XIIIª Mostra de Teatro Afeccionado

Page 177: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Compañía Animundis: Animundis: unha viaxe musical para nenos e maiores Referencias varias: - F. F., “Animundis’, o teatro para os máis pequenos, chega á cidade”, Diario de Arousa, “Vilagarcía”, 21 xaneiro 2016, p. 4. Dá conta da presentación desta posta en escena na comarca do Salnés, destacando que se trata dun espectáculo que “vai moito máis alá dun simple espectáculo musical”, onde se conxuga música e teatro con capacidade para deleitar a pequenos e adultos. Aporía Escénica: Os reloxos preguiceiros de Néboa Ver Galicia Escena Pro, IVª Mostra de artes escénicas Artello Teatro: Unha de amor Artestudio Teatro: Animaliños Ver Familirúa, Festival Teatro Avento: O mago de Oz, dirección Xoán Abreu Títeres Babaluva (1): A alfombra máxica Ver Núbebes, IV Festival das Ver Oroso, Outono Cultural de Referencias varias: - Víctor Castro, “Cincuenta niños de Oroso participaron en el espectáculo infantil ʻA alfombra máxica”, El Ideal Gallego, “Betanzos”, “Atalaya mariñana”, 9 novembro 2016, p. 16. Fala da participación de cincuenta bebés no espectáculo A alfombra máxica levada a cabo pola compañía Babaluve Teatro en Oroso. Comenta que se trata dun espazo no que os bebés poden explorar novas texturas, olores e sons acompañados dos familiares. - C. G., “Cincuenta familias participaron en un espectáculo infantil”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 12 novembro 2016, p. 33. Informa de que este espectáculo está diseñado para o desenvolvemento sensorial e motriz da infancia.

Page 178: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Títeres Babaluva (2): O Crebanoces, baseado na obra homónima de Hoffmann Ver Carral, Ciclo Títeres Babaluva (3): Tita Ver Outes, Outono Teatral de Ver Ver 12 doces de outono, Ciclo Baobab Teatro (1): Martes Ver Núbebes, IV Festival das Ver Outes, Outono Teatral de Baobab Teatro (2): Luppo Ver Teatro ás 6, Ciclo de Teatro Infantil de Cambados Ver Cariño, XXXVIIIª Mostra de Teatro Galego de Ver Domingos do Principal, Ciclo de Teatro Infantil de Pontevedra Ver Malpica, XIIª Mostra de Teatro de Ver Oroso, Outono Cultural de Ver Outes, Outono Teatral de Ver Redondela, Memorial Juanjo Amoedo, XVIº Festival Internacional de Títeres de Referencias varias: - Cuca M. Gómez, “Luppo’ regresa a Pontevedra”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 7 marzo 2016, p. 62. Entre outros temas aluda á representación desta obra incluída na programación da mostra Domingos do Principal. Baobab Teatro (3): Contos para un caldiño Ver Festea, Iº Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques Referencias varias: - María S. Dios, “El lado más infantil de A Peregrina”, Diario de Pontevedra, “Festas da Peregrina”, 12 agosto 2016, p. 18.

Page 179: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Dentro da programación das Festas da Peregrina en Pontevedra, informa que se representará na praza do Teucro esta peza teatral. - Cuca M. Gómez, “Me paso el día entre niños”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, 18 agosto 2016, p. 70. Informa da actuación de Baobab Teatro na Praza do Teucro de Pontevedra cunha obra que trata dun caldo máxico. Baobab Teatro (4): Fíos Ver Festea, Iº Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques Baobab Teatro (5): Bailando cos contos, dirección Óscar Ferreira e Andrea Bayer Ver Familirúa, Festival Baobab Teatro (6): O lobo e a lúa Ver María José Jove, XIIº Festival de Títeres Barafunda Animación: Os divertidos espíritos do Samaín Berrobambán: Xurdefet, texto de Paula Carballeira, dirección Chiqui Pereira. Referencias varias: - ECG, “Doble función teatral de la compañía Berrobambán”, El Correo Gallego, “Santiago”, 17 xaneiro 2016, p. 28. Dá conta da representación desta obra no Teatro Principal de Santiago de Compostela e reseña o seu contido, do cal destaca a explicación para nenos sobre os grandes conflitos da infancia. BocAberta: A tropa Trapalleira (Pequena trapallada e algunha que outra batalla) Ver Teatro ás 6, Ciclo de Teatro Infantil de Cambados Títeres Brincadeira: Orellas de trapo Ver Escena en Familia

Page 180: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Títeres Brincadeira: Contos para pasalo de medo Ver Galicreques, XXI Festival Internacional de Títeres Títeres Cachirulo (1): Xeado de lúa, texto e dirección Jorge Rey Ver Escena en Familia Ver Festea, Iº Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques Títeres Cachirulo (2): A Guerra das Galicsias, texto e dirección Jorge Rey Ver Galicreques, XXI Festival Internacional de Títeres Referencias varias: - ECG, “Marionetas de Cachirulo en la Fundación SGAE”, El Correo Gallego, “Santiago”, 17 abril 2016, p. 27. Indica que se trata dunha historia interplanetaria inspirada nas aventuras galácticas e nas tradicións astrolóxicas e gastronómicas galegas e que se dirixe á infancia a partir dos 4 anos. Títeres Cachirulo (3): A historia do apalpador Ver Festea, Iº Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques Títeres Cachirulo (4): Camiño de aventuras, texto e dirección Jorge Rey Ver Cultura no Camiño, Ciclo Títeres Cachirulo (5): Cucú Tastás, texto e dirección Jorge Rey Ver Escena en Familia Títeres Cachirulo (6): Do-Re-Mi, Mozart xoga aquí, texto e dirección Jorge Rey Ver Escena en Familia Títeres Cachirulo (7): As Xeneralas da Ulla, texto e dirección Carmen Domech Ver Galicreques, XXI Festival Internacional de Títeres

Page 181: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Títeres Cachirulo (8): Pinocho, texto e dirección Jorge Rey Ver Ver Monicreques de Verán de Bueu Caramuxo Teatro (1): Feo!, texto orixinal Hans Cristhian Andersen Ver Teatro ás 6, Ciclo de Teatro Infantil de Cambados Ver Cariño, XXXVIIIª Mostra de Teatro Galego de Ver Oroso, Outono Cultural de Ver Teatro con G Referencias varias: - Fran Brea, “Música y teatro copan las actividades programadas en el Pazo de Liñares”, Diario de Pontevedra, “Deza”, “Tabeirós”, 18 novembro 2016, p. 24. Respecto ás actividades que se desenvolverán en decembro, alude á presentación do álbum do grupo Gelria, que inclúe poemas da “lírica galega de todos os tempos” e posta en escena de Caramuxo Teatro para o público infantil e baseada no famoso conto O patiño feo. Caramuxo Teatro (2): As fabas máxicas, dirección Laura Sarasola Ver Brión, XXI Festival de Títeres de Referencias varias: - R. L., “Os Bolechas, y Uxía, en el Verán Cultural de Melide”, El Progreso, “deVerano”, “Con acento local”, 22 xullo 2016, p. 51. Dentro da programación do Verán Cultural do Concello de Melide, informa da posta en escena desta peza. Caramuxo Teatro (3): Zapatos, texto e dirección Juan Rodríguez Ver Bebescena Referencias varias: - Ángela Fontao, “Historias que deixan pegada”, La Opinión, “A Coruña”, “Ciudad y Cultura”, 10 setembro 2016, p. 10.

Page 182: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Informa que o centro sociocultural Ágora da comezo á súa tempada escénica e faino coa compañía coruñesa Caramuxo Teatro que inaugurará o ciclo Bebescena coa obra Zapatos dirixida a nenos de ata tres anos. Comenta que un dos maiores retos da agrupación é captar a atención dos pequenos, e para iso conta a historia vinculada á vida de cada zapato onde mesturan interacción con obxectos, danza e relatos. Finalmente anuncia que seguida desta obra haberá máis representación de compañías doutras comunidades. Resalta tamén que no Fórum Metropolitano proxectarase unah selección de estreas de cine. Títeres Cascanueces (1): Un diaño na maleta, dirección Lázaro Duyos Ver Carballiño, VIII Festival de Títeres Títeres Cascanueces (2): O ferreiro e o diaño, dirección Borxa Ínsua Ver Cultura no Camiño, Ciclo Títeres Cascanueces (3): Barriga Verde contra o estragapandeiro Ver Cultura no Camiño, Ciclo Títeres Cascanueces (4): O fillo do panadeiro Ver Cultura no Camiño, Ciclo Títeres Cascanueces (5): Barriga Verde e o Muíño da Néboa Ver Redondela, Memorial Juanjo Amoedo, XVIº Festival Internacional de Títeres de Culturactiva: A historia de Brancaflor Daboapipa (1): Contos de animalario Referencias varias: - P. Cheda, “Daboapipa ofrece el día 20 en A Fonsagrada un espectáculo de música y cuentos”, El Progreso, “Comarcas”, 8 abril 2016, p. 21. Informa da posta en escena dentro do programa Cultura no Camiño no salón de actos da Fonsagrada deste espectáculo de música e contos para a infancia, apuntando o seu argumento e a súa raizame na literatura de tradición oral. Indica que a narración teatralizada corre a cargo de Vero Rilo e a música a cargo de Santi Prieto.

Page 183: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- M. B., “Arzúa pensa nos cativos para a súa programación no mes de setembro”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 29 agosto 2016, p. 20. Dá conta desta representación na Biblioteca Municipal de Arzúa dentro do programa cultural de setembro. Daboapipa (2): Lavandeiras Ver Arzúa, Ciclo de Teatro Outono a escena de Ver Cultura no Camiño, Ciclo Ver FIOT, XXVº Festival Internacional “Outono de teatro” de Carballo Referencias varias: - M. M., “Vuelve a Teo la feria del San Martiño más cultural”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 28 outubro 2016, p. 33. Entre as actividades da Feira de San Martiño en Teo, apunta a representación desta obra na Escola de Francos. Dinamo Teatro (1): O poder das árbores Ver Familirúa, Festival Dinamo Teatro (2): A historia da espiña de toxo Ver Cultura no Camiño, Ciclo Producións Dispersas: O souto dos prodixios, dirección Diego Freire Referencias varias: - Cuca M. Gómez, “De A Lanzada a Castrolandín”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 17 decembro 2016, pp. 78-79. Entre outras actividades, anuncia a presentación deste espectáculo na Librería Paz. Educateatro Producións (1): Carapuchiña vermella Ver Cultura no Camiño, Ciclo

Page 184: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Referencias varias: - M. Vázquez, “Rocío Salgado Pérez. ‘E se o lobo non fose tan malo?”, La Región, “Vida”, n.º 2.221, “En confianza”, 10 xaniro 2016, pp. 2-3. Conversa coa actriz Rocío Salgado Pérez onde fala dos seus comezos no mundo do teatro, da obra baseada na Carapuchiña Vermella dos Grimm coa que agora está de xira e dos seus proxectos de futuro. - Montse García, “El musical ‘Carapuchiña vermella’ llegará en abril”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 6 marzo 2016, p. L11. Indica que esta peza é unha adaptación do conto dos irmáns Grimm e que moderniza a historia e os personaxes. Informa do horarios e prezo da función. - J. Lojo, “Perfecta para ir cos cativos ao teatro”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Escena”, “Agenda”, 18 marzo 2016, p. 5. Salienta o acerto na construción do musical sobre Carapuchiña Vermella que Educa Teatro Produción está a presentar por todo Galicia. Ademais, destaca o labor da compañía á hora de realizar espectáculos onde a música, a palabra e a diversión se xuntan co obxectivo de realizar representacións que fomenten a educación en valores dun xeito lúdico para os máis novos. - ECG, “Carapuchiña vermella’, estreo no teatro La Salle”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 22 marzo 2016, p. 28. Anuncia a representación no Teatro La Salle, así como información sobre hora e prezo. - Margarito Flowers, “Llega ‘Carapuchiña vermella”, El Correo Gallego, “Gente”, 7 abril 2016, p. 64. Indica que esta peza é unha adaptación do clásico dos irmáns Grimm que “moderniza la historia y los personajes del cuento e introduce unha banda sonora original compuesta por siete canciones”. Salienta que incorpora conversas por WhatsApp e títulos literarios actuais. - M. García, “Doble cita con el musical ‘Carapuchiña vermella”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 8 abril 2016, p. L10. Comenta o argumento e desenvolvemento deste espectáculo musical de EducaTeatro que se representará no Teatro La Salle. - Xosé Lois Colmenero, “Verín acogerá este mes una amplia oferta cultural y lúdica”, La Región, “Monterrei”, 2 xuño 2016, p. 21. Dáse conta da representación desta peza de teatro musical. Coméntase que é unha adaptación do clásico dos irmáns Grimm.

Page 185: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- B. LL., “Porriño presenta un programa cultural navideño con actos en todas las parroquias”, Faro de Vigo, “Louriña”, “Área metropolitana”, 10 decembro 2016, p. 14. Informa do programa cultural do Concello de Porriño para o Nadal, anunciando esta posta en escena. Educateatro Producións (2): Os tres porquiños Referencias varias: - C. P. R., “El programa navideño de Vilalba cuenta con una veintena de actos”, El Progreso, “A Chaira”, 29 novembro 2016, p. 16. Informa que o concello de Vilalba presenta un programa de Nadal dirixido a todos os públicos que durará un mes, contará con xogos infantís, a visita de Papá Noel e tamén a representación da obra “Os tres porquiños”, así como un ciclo de cine de animación e a cabalgata do Reis Magos. Anuncia que tamén haberá unha festa da Xuventude ademais de concertos de Nadal do conservatorio entre outras moitas actividades. Resalta que o programa conta co apoio da asociación Sete Pontes. - B. LL., “Porriño presenta un programa cultural navideño con actos en todas las parroquias”, Faro de Vigo, “Louriña”, “Área metropolitana”, 10 decembro 2016, p. 14. Informa do programa cultural do Concello de Porriño para o Nadal, anunciando esta posta en escena. - M. M., “El auditorio vilalbés acoge el espectáculo infantil ʻOs tres porquiños”, El Progreso, “A Chaira”, 21 decembro 2016, p. 24. Comenta que o Auditorio de Vilalba acollerá a representación teatral Os tres porquiños, que se trata dunha obra musical con bonecos de tamaño real, unha representación da produtora viguesa Educateatro Producións. Informa sobre o prezo e duración da obra. - Ana Iglesias, “Marionetas y musicales, entre los atractivos de la agenda lúdica infantil”, El Correo Gallego, “Santiago”, 28 decembro 2016, p. 24. Comenta que as marionetas son un dos maiores atractivos das axendas lúdicas infantís, entre elas destaca a proposta de Kukas que presentou Encoro enmeigado (das Fragas do Eume), e a representación de Os tres porquiños, ademais a programación inclúe propostas musicais entre as que destacan o Nadal Rock. Destaca tamén o conto musical infantal Tic tac toc, con Pablo Díaz e finalmente anuncia a chegada do espectáculo de Disney coas representación de Frozen, O Rey León e outras moitas. Elefante elegante (1): Aurora, dirección María Torres e Gonçalo Guerreiro Referencias varias:

Page 186: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Cuca M. Gómez, “Libros, arte, música...”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”,18 febreiro 2016, p. 62. Entre outras actividades, informa da representación desta peza no auditorio de Afundación en Pontevedra. Sinala que está protagonizada por unha curuxa. - ECG, “Cerca de 1.300 escolares verán ‘Aurora’ en Abanca”, El Correo Gallego, “Santiago”, 28 febreiro 2016, p. 27. Comenta que durante dous días un grupo de crianzas asistirán á representación desta obra no Auditorio Abanca de Santiago, promovida pola Fundación Galicia Obra Social. Elefante elegante (2): Lobo bobo, dirección María Torres e Gonçalo Guerreiro Ver Artellando Ver Cultura no Camiño, Ciclo Referencias varias: - Y. S. “El ciclo ‘Contos Contados’ sigue acercando la lectura a los niños”, Faro de Vigo, “Especial”, “Baixo Miño/Louriña”, 25 marzo 2016, p. 8. Entre outras novas, dá conta da representación desta peza no marco do programa “Contos Contados”. Elefante Elegante (3): Tristán cara de can, dirección María Torres e Gonçalo Guerreiro Eme2 Producións&Arte: Jim e a illa do tesouro, texto Jokin Oregi, dirección Álex Díaz e Javi Tirado Ver Carballo, Venres Culturais en Ver Domingos do Principal, Ciclo de Teatro Infantil de Pontevedra Ver MOTI, XIIIª Mostra de Teatro Infantil de Ourense Ver Todo Público, Ciclo Referencias varias: - ECG, “La obra infantil ‘Jim e a illa do tesouro’, en Santiago”, El Correo Gallego, “Santiago”, 21 febreiro 2016, p. 26. Anuncia a posta en escena desta peza no Teatro Principal e os horarios das representacións.

Page 187: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Expresión Produccións: O libro máxico Ver Monicreques de Verán de Bueu Ver MOSTRA(TE), XVª Mostra de Teatro Afeccionado Referencias varias: - L. F., “Teatro, corales y cine europeo conforman la apuesta cultural de verano para Portonovo”, Diario de Arousa, “Sanxenxo”, 28 xullo 2016, p. 13. Dáse conta da celebración de actividades enfocadas á difusión da cultura galega en Portonovo, favorecidas por un Programa de Dinamización creado para este proceso. Entre elas destaca a representación das peza O libro máxico. - Sonia Piñeiro Collazo, “Teatro, cine e debuxo na axenda de agosto do Concello de Bueu”, Diario de Pontevedra, “O Morrazo”, “Marín”, “Bueu”, 2 agosto 2016, p. 21. Indica que no marco do programa Monicreques de Verán de Bueu se porá en escena este espectáculo de títeres, contacontos, maxia, animación, paiasos e música en directo. - Jesús Trillo, “El teatro es el plato fuerte de las actividades que hay en Cee”, El Correo Gallego, “Navidad en costa da morte”, “costa da morte”, 22 decembro 2016, p. 40. Dentro da programación do Nadal do Concello de Cee, saliéntase a posta en escena desta peza teatral. Fantoches Baj (1): Tío Miseria, dirección Inacio Vilariño Ver 12 doces de outono, Ciclo Referencias varias: - F. D., “Guiñoles, grupos locales y rock”, La Región, “Festas do Cristo. O Barco de Valdeorras”, “Programa/ viernes 9”, 7 setembro 2016, p. 6. Entre outras actividades das Festa do Cristo no Barco de Valdeorras, anuncia a actuación da compañía Fantoches Baj coa obra Tío Misera. - Mónica G. Bellver, “Para os máis pequenos”, O SIL, “Especial Festas do Cristo 2016”, “Programa”, setembro 2016, p. 10. Dentro das Festas do Cristo do Barco de Valdeorras, salienta a representación desta peza.

Page 188: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Fantoches Baj (2): Rei, rei?, texto orixinal Karel Kapeck, adaptación e dirección Inacio Vilariño Ver Titirinoia Fantoches Baj (3): Fábula galénica, dirección Inacio Vilariño Ver Cultura no Camiño, Ciclo Ver Malpica, XIIª Mostra de Teatro de Galitoon: Güela Güela Ver María José Jove, XIIº Festival de Títeres Referencias varias: - L. T., “El teatro Colón despide noviembre con espectáculos para todas las edades”, El Ideal Gallego, “Sociedad”, 22 novembro 2016, p. 37. Anuncia que o Teatro Colón remata novembro con catro espectáculos para todas as idades entre os que están o espectáculo infantil “Güela Güela” baseado na obra “Concierto de Aves” de Frans Snyders , a gala Palabra de Mujer e “La Primera Mujer en la Tierra”. - Alicia Pardo, “El arte de volar solo”, La Opinión, “A Coruña”, “Ciudad y Cultura”, 27 novembro 2016, p. 10. Informa que a compañía Galitoon representará no teatro Colón a obra Güela Güela que trata dunha cegoña á que seus pais non a deixan voa sola ata que un día decide facelo e emprende un camiño de aventuras. Comenta que se trata dun espectáculo dirixido ao público infantil que ademais de tratar de ensinarlle valores ensínalles arte. Resalta que está inspirada no cadro de Snyders. Teatro dos Ghazafelhos (1): Iriña bailarina, adaptación e dirección Pepablo Patinho Ver Cultura no Camiño, Ciclo Referencias varias: - Daniel Romero, “Las calles de Sada lucirán varias frases escritas por los vecinos en favor de la igualdad de género”, El Ideal Gallego, “Sada”, 5 marzo 2016, p. 16. Entre outras actividades, anuncia a representación desta peza no marco das actividades programadas para celebrar o Día da Muller. Destaca que é unha comedia sobre os roles sexistas.

Page 189: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Teatro dos Ghazafelhos (2): Nana para un soldado, dirección Pepablo Patinho Ver Teatro con G Teatro dos Ghazafelhos (3): As mil e unha noites, dirección Pepablo Patinho Ver Cultura no Camiño, Ciclo Ver Festiclown Referencias varias: - F. D., “Las mil y una nochesʼ llega con su fantasía a Cee”, La Región, “Verano”, “Agenda de ocio”, 30 agosto 2016, p. 23. Dá conta da representación desta peza en Cee, levada a cabo por tres actores que primeiro poñen en escena ao público con un ambiente máxico, con incenso, coxíns, telas e un contador de historias buscando a complicidade dos máis cativos. - Sol Elvira, “O decembro cultural de Lalín inclúe o AspadezARTE”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 2 decembro 2016, p. 35. Indica que, entre as actividades do mes de decembro do Concello de Lalín, se representará esta obra para o público familiar. Teatro dos Ghazafelhos (4): Bon Appêtit, adaptación do libro de recetas A cociña galega de Álvaro Cunqueiro, dirección Pepablo Patinho Ver Cariño, XXXVIIIª Mostra de Teatro Galego de Referencias varias: - M. Manteiga, “Programación teatral para Dubra y Santa Comba”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 10 novembro 2016, p. 36. Anuncia a representación en Dubra de Bon Appetit de Ghazafelhos e Que Deus nos colla confesados de Tangatutanga. Por outra banda, dá conta do programa de representacións do IIº Ciclo de Teatro Santa Comba. Teatro dos Ghazafelhos (5): Acuario, texto de María Canosa Ver 12 doces de outono, Ciclo Ver Cultura no Camiño, Ciclo

Page 190: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Teatro dos Ghazafelhos (6): Contos para escagarriñarse, texto e dirección Pepablo Patinho Ver Cultura no Camiño, Ciclo Teatro dos Ghazafelhos (7): Contos de lobo, texto e dirección Pepablo Patinho Ver Cultura no Camiño, Ciclo Teatro dos Ghazafelhos (7): Frankestein, texto e dirección Pepablo Patinho Ver MOTI, XIIIª Mostra de Teatro Infantil de Ourense Glup Glup Teatro: Catalina Lino Lina Grupo de animación infantil Illa dos Nenos (1): Uxío no país de Patadecabra, texto Marina López e Fran Otero, dirección Manuel Solla Referencias varias: - S. S., “A Pobra organiza un Maio Cultural con títeres, magia, teatro, conciertos y talleres”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 5 maio 2015, p. 30. Entre outras actividades, comenta que cincocentos alumnos van asistir no Teatro Elma a esta peza que mestura maxia, teatro e títeres. Grupo de animación infantil Illa dos Nenos (2): Chapuzas a domicilio Ver Cultura no Camiño, Ciclo In Bocca In Lupo: Superlía Ver Buxiganga, Circuítos Monicreques de Kukas (1): Xan Perillán compra queixo e compra pan Ver Cultura no Camiño, Ciclo Ver Monicreques de Verán de Bueu Ver Rianxo, Outono Cultural de Monicreques de Kukas (2): Xan Perillán e a maleta máxica

Page 191: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Ver Festea, Iº Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques Limiar Teatro: Don Quixote, unha comedia gastronómica, dirección Nuria Gullón Ver Cultura no Camiño, Ciclo Ver FIOT, XXVº Festival Internacional “Outono de teatro” de Carballo Ver Lugo, XVIª Mostra de Teatro Clásico de Ver MIT, XXXIIª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia Referencias varias: - J. M. R., “Limiar Teatro trae hoy ‘Don Quixote’ a la villa ceense”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 16 abril 2016, p. 36. Anuncia a posta en escena desta obra que adapta o clásico cervantino en Cee. - ECG, “Versión gastronómica teatral de ‘Don Quijote”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 19 abril 2016, p. 26. Apunta que esta peza combina narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo e resume o seu argumento. - M. García, “Versión gastronómica de Don Quijote con Limiar Teatro”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 19 abril 2016, p. L11. Dáse conta da representación da peza interpretada por Fran Núñez e indicada para nenas e nenos a partir de seis anos. Fálase do argumento da peza e do prezo das entradas. - ECG, “El ‘Don Quixote’ de Limiar Teatro”, El Correo Gallego, “Santiago”, 20 abril 2016, p. 28. Informa desta comedia gastronómica para o público familiar que homenaxea a Cervantes. Magín Teatro: Gatuxo Referencias varias: - A. R., “Melide celebra el Día Internacional da Lingua Materna con una representación teatral”, El Progreso, “Comarcas”, 19 febreiro 2016, p. 14. Comenta que a obra teatral e musical Gatuxo, de Magín Blanco, se representará na casa de cultura de Melide por mor da celebración do Día Internacional da Lingua Materna, salientando que se trata dun espectáculo dirixido aos máis novos, pero aberto a persoas

Page 192: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

de todas as idades. Ademais, tamén informa da programación doutros programas e actividades co obxectivo de promover o plurilingüismo entre a poboación. - A. Reboredo, “Valentín García anima en Melide a que as familias falen en galego aos fillos”, El Progreso, “Comarcas”, 20 febreiro 2016, p. 18. Informa sobre a participación de Valentín García, secretario xeral de política lingüística, no Día Internacional da Lingua Materna e fai referencia á posta en escena de Gatuxo na Casa da Cultura de Melide. - Rosalía Verdú, “Manter viva a transmisión e a identidade do galego”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 20 febreiro 2016, p. 34. Entre as actividades organizadas pola Rede de Dinamización Lingüística destaca a proposta musical e teatral de Gatuxo, que define como “unha metáfora do crecemento do cativo e do descubrimento do mundo”. María Fumaça: Xiqui, xoque, fiu, fiu Matrioshka Teatro: As fillas de Manawee, dirección Uxía P. Vaello Ver Galicia Escena Pro, IVª Mostra de artes escénicas Ver Todo Público, Ciclo Referencias varias: - Alba Lago, “Matrioshka leva ‘Manawee’ ao escenario do Salón Teatro”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 12 febreiro 2016, p. 36. Dá conta da representación deste espectáculo no Salón Teatro de Santiago de Compostela por parte da compañía Matrioshka, e fala brevemente da estrutura da obra e dos actores que nela participan, salientando que se trata dunha “creación contemporánea sobre o concepto fundamental da emoción” dirixida a público infantil a partir de oito anos. Micromina Títeres: Vacacións no mar Referencias varias - X. L. C., “Títeres na Mercé y danza en el pabellón, oferta lúdica do sábado”, La Región, “Provincia”, “Monterrei”, 2 xullo 2016, p. 28. Informa que se trata dunha comedia para público familiar con monicreques de luva que conxuga o estilo tradicional con caracteres renovados.

Page 193: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Migallas Teatro (1): Merenda con pan de millo Ver Cultura no Camiño, Ciclo Referencias varias: - S. S., “A Pobra organiza un Maio Cultural con títeres, magia, teatro, conciertos y talleres”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 5 maio 2015, p. 30. Entre outras actividades, comenta que 150 escolares van asistir no Teatro Elma a este espectáculo. - M. R., “Numeroso público en la primera actuación del Verán Activo de Vilalba”, El Progreso, “A Chaira”, 24 xullo 2016, p. 21. Indica que no programa cultural Verán Activo do Concello de Vilalba se representará esta obra. Migallas Teatro (2): Canta connosco! Ver Cultura no Camiño, Ciclo Referencias varias: - Ana López, “A cultura está que ferve en Pontevedra”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 4 decembro 2016, p. 47. Anuncia que, entre as actividades do Culturgal, se representou esta peza. Teatro do Miolo: 4 tempos Ver Bebescena Ver Cultura no Camiño, Ciclo Ver Sarria, Mes do Teatro Os Bolechas: Os Bolechas cantan con Lady Vina Referencias varias: - Sol Elvira, “Octubre con teatro, talleres, cuentos y muestras en Lalín”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 1 outubro 2016, p. 31.

Page 194: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Ofrécese a programación do Outubro Cultural do Concello de Lalín na que, entre outras actividades, se representará esta peza o 15 de outubro. Pérez&Fernández: O poder de Amabel Ver Galicia Escena Pro, IVª Mostra de artes escénicas Ver Todo Público, Ciclo Paco Nogueiras: Brinca vai! Referencias varias: - Cuca M. Gómez, “Todo por la música”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 11 abril 2016, pp. 62-63. Entre outras actividades, informa da representación desta peza no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. - R. L., “Arteixo promueve actividades culturales para todos en las fiestas del Apóstol”, El Ideal Gallego, “Área metropolitana”, 19 xullo 2016, p. 13. Entre as actividades con motivo das festas do Apóstol en Arteixo, informa deste espectáculo pensado para que nenos e maiores canten e bailen. - M. R., “Numeroso público en la primera actuación del Verán Activo de Vilalba”, El Progreso, “A Chaira”, 24 xullo 2016, p. 21. Indica que no programa cultural Verán Activo do Concello de Vilalba se representará esta obra. Peter Punk (1): Peor Imposible Referencias varias: - A. F. N., “Peter Punk. ʻQue dous titiriteiros foran ao cárcere, di moito da situación que vive o humor neste país”, La Opinión, “A Coruña”, 31 agosto 2016, p. 12. Fala da entrevista do humorista e pallaso Isaac Rodríguez, máis coñecido como Peter Punk, que será o encargado de abrir as festas de Monte Alto co seu espectáculo Peor Imposible, onde critica e fai burla do humor galego. Di que trata de facer rir a xente pero tamén de facela pensar, e cree que hai moito que cambiar. Peter Punk (2): A Chungatrona

Page 195: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Referencias varias: - F. D., “Carreras, cantareiras y teatro infantil”, La Región, “Festas do Cristo. O Barco de Valdeorras”, “Programa/ domingo 11”, 7 setembro 2016, p. 8. Entre outras actividades da programación das Festas do Cristo no Barco, anuncia a actuación do espectáculo de Peter Punk. - Mónica G. Bellver, “Para os máis pequenos”, O SIL, “Especial Festas do Cristo 2016”, “Programa”, setembro 2016, p. 10. Dentro das Festas do Cristo do Barco de Valdeorras, salienta a representación desta peza. - C. N., “El payaso Peter Punk llenará de sonrisas la Alameda de Marín”, Diario de Pontevedra, “O Morrazo”, 11 outubro 2016, p. 20. Informa que a Alameda de Marín acollerá a actuación do pallaso Peter Punk que interpretará o espectáculo A Chungatrona polo que recibiu o premio do público no Festiclown de Rivas-Vaciamadrid. Comenta que a actuación contará con xogos nos que poderán participar os máis pequenos, e anuncia tamén que a programación inclúe unha xornada de regueifas nos chamados “Venres do Ateneo”. Pinga Teatro: A bruxa Maruxa Referencias varias: - María S. Dios, “El lado más infantil de A Peregrina”, Diario de Pontevedra, “Festas da Peregrina”, 12 agosto 2016, p. 18. Dentro da programación das Festas da Peregrina en Pontevedra, informa que se representará na praza do Teucro esta peza teatral. Pistacatro Produtora de Soños: Nono Ver Artellando Ver Familirúa, Festival Os Quinquilláns Teatro: Espantallo amigo, texto Xosé Neira Vilas, adaptación de Tito Vizoso Referencias varias:

Page 196: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Javier Ramos, “Oliver Twist e Tom Sawyer reciben ao Balbino labrego”, El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, “Literatura”, 18 marzo 2016, p. 61. Entre outras actividades, informa da representación desta peza no marco dos actos organizados para homenaxear a figura de Neira Vilas. Raquel Queizás: O Segredo do Tendal Referencias varias: - C. Botrán, “Raquel Queizás. ‘O público infantil é moi sincero; traballar con el encántame”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 29 xaneiro 2016, p. 31. Conversa con Raquel Queizás sobre o seu traballo como actriz e contacontos. Anuncia a próxima representación deste espectáculo “no que mistura títeres, contos e teatro” Redrum Teatro: Roedores, dirección e texto Alex Sampayo Ver Santa Comba, IIº Ciclo de Teatro Referencias varias: - D. A., “Redrum Teatro ofrecerá el día 31 en la Azucarera la obra familiar ‘Roedores”, Diario de Arousa, “Ulla-Umia”, 28 xaneiro 2016, p. 15. Dá conta da representación desta obra, cita o elenco de actores e sinala que a peza fomenta a igualdade. - Vanesa Bran, “Lucecús Teatro estrena el día 11 en Vilalba una obra en honor a Manuel María”, El Progreso, “A Chaira”, 4 marzo 2016, p. 14. Entre outras cuestións, informa da representación desta peza e indica que é unha obra que busca o fomento da igualdade. - R. L., “Os Bolechas y Uxía, en el Verán Cultural de Melide”, El Progreso, “deVerano”, “Con acento local”, 22 xullo 2016, p. 51. Dentro da programación do Verán Cultural do Concello de Melide, informa da posta en escena desta peza. Sarabela Teatro: O último dragón, texto e dirección Fina Calleja Títeres Seisdedos: Cocer e cantar

Page 197: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Ver Festea, Iº Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques Teatro da Semente (1): Chíos Referencias varias: - Cuca M. Gómez, “Todo por la música”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 11 abril 2016, pp. 62-63. Entre outras actividades, informa da representación desta peza no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Teatro da Semente (2): Viaxe a Dadá Ver Cultura no Camiño, Ciclo Talía Teatro (1): Rosa caramelo e outras historias, texto Adela Turín, dirección Paula Carballeira Ver Carballo, Venres Culturais en Ver Cariño, XXXVIIIª Mostra de Teatro Galego de Ver 12 doces de outono, Ciclo Referencias varias: - M. Manteiga, “Espectáculo infantil con Talía Teatro no Milladoiro”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 7 abril 2016, p. 32. Informa do argumento desta peza que se representará na Casa da Cultura do Milladoiro e que denuncia estereotipos de xénero. Talía Teatro (2): Sopa de sapo, dirección Artur Trillo Ver Cultura no Camiño, Ciclo Talía Teatro (3): Valentino Rufini, dirección Roberto Salgueiro Ver Cultura no Camiño, Ciclo Talía Teatro (4): Àkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can), texto e dirección Roberto Salgueiro

Page 198: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Ver Cultura no Camiño, Ciclo Tanxarina (1): A casa do avó, texto e dirección Cándido Pazó Ver Teatro ás 6, Ciclo de Teatro Infantil de Cambados Referencias varias: - María J. Rodríguez, “Cultura y literatura centran las actividades del fin de semana en Bueu”, Diario de Pontevedra, “Marín”, “O Morrazo”, 25 febreiro 2016, p. 19. Comenta brevemente a programación cultural da fin de semana en Bueu, que inclúe contacontos, teatro, talleres e presentacións, e salienta a posta en escena A casa do avó por parte da compañía Tanxarina. Ademais, profunda un pouco máis na estrutura da obra, na traxectoria do seu director, Cándido Pazó, e na propia compañía. - C. F., “O Centro Social do Mar acolle a obra de teatro infantil ‘A casa do avó’, de Tanxarina”, Diario de Pontevedra, “O Morrazo”, “Bueu”, 28 febreiro 2016, p. 19. Informa sobre a representación desta peza dramática no Centro Social do Mar de Bueu , comenta o seu contido e destaca a importancia e valor que dan os dereitos dos nenos e nenas. Tanxarina (2): Titiricircus Ver Brión, XXI Festival de Títeres de Ver Carballiño, VIII Festival de Títeres Ver Festea, Iº Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques Ver Monicreques de Verán de Bueu Ver Redondela, Memorial Juanjo Amoedo, XVIº Festival Internacional de Títeres de Tarabelos (1): Sabela e o paxaro máxico Ver Cultura no Camiño, Ciclo Tarabelos (2): Amoriños Contei Ver Cultura no Camiño, Ciclo Ver Monicreques de Verán de Bueu Titereficciós: Cantos contos contas Ver Artellando Ver Vila de Sarria, VIª Semana de Teatro Cómico

Page 199: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

A Trastenda dos Contos (1): O carteiro en bicicleta Ver Familirúa, Festival A Trastenda dos Contos (2): Unhas gafas como as do avó Ver Galicia Escena Pro, IVª Mostra de artes escénicas A Trastenda dos Contos (3): Cervantes vs. Shakespeare Ver Santa Comba, IIº Ciclo de Teatro Trécola Teatro (1): Choruma, dirección Tegra Trécola Teatro (2): As tres Raíñas Magas Referencias varias: - M. García, “Cuentos, talleres y música en la biblioteca Ánxel Casal”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 13 decembro 2016, p. L11. Comenta que a Biblioteca Ánxel Casal conta unha programación para o Nadal na que haberá talleres, contacontos, exposición bibliográfica, unha sesión de marionetas e un concerto de Nadal. Informa que ademais se celebrará o Día da Edición e a compañía Teatro de Marionetas Trécola ofrecerá o espectáculo As tres Raíñas Magas e outras moitas actividades, para rematar farase unha entrada de premios da quinta edición do concurso de fotografía Lendo en Compostela. Trécola Teatro (3): Cling, texto e dirección Tegra Ver Ames, Circuíto Galego de Teatro Amador de Ver Ames, XIª Mostra de Teatro Afeccionado de Ver Vedra, Circuito Galego de Teatro Amador de Trécola Teatro (4): The Piccole Theatro Ver Carballiño, VIII Festival de Títeres Trécola Teatro (5): O carro dos títeres

Page 200: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Ver Cultura no Camiño, Ciclo Trécola Teatro (6): Signora Bolognesa Ver Sarria, Mes do Teatro Trécola Teatro (7): Madame Bechamel Ver Sarria, Mes do Teatro Os Tres Tenedores (1): Cocido Express Ver Cultura no Camiño, Ciclo Ver Familirúa, Festival Referencias varias: - M. Manteiga, “La compañía Os Tres Tenedores lleva su humor para toda la familia a O Milladoiro”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 25 febreiro 2016, p. 33. Dá conta da representación desta obra que se define como “un espectáculo innovador de teatro, música y humor dirigido a un público infantil y familiar”. Os Tres Tenedores (2): Petiscos musicais Referencias varias: - D. A., “Música, humor y teatro se unen en los ʻPetiscos Musicaisʼ de Os Tres Tenedores”, Diario de Arousa, “O Barbanza”, 18 outubro 2016, p. 16. Indica que se representará este espectáculo na Biblioteca Municipal de Rianxo. - S. S., “El auditorio acoge el espectáculo Petiscos musicais”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 19 outubro 2016, p. 30. Anuncia a representación desta obra para público familiar na que se une música, teatro e humor. Os Tres Tenedores (3): Ensalada de instrumentos Ver Cultura no Camiño, Ciclo

Page 201: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Compañía do Trinke Trinke (1): O coelliño branco Referencias varias: - Cuca M. Gómez, “Variada oferta de ocio en la ciudad”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 24 marzo 2016, p. 62. Entre as actividades do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, informa do éxito desta representación. Compañía do Trinke Trinke (2): O rato ilustrador Referencias varias: - Marta Becerra, “Animación a la lectura en la Biblioteca Municipal”, El Progreso, “Lugo”, “El despertador”, 25 novembro 2016, p. 13. Indica que na Biblioteca Municipal de Lugo se presentou esta obra. Compañía do Trinke Trinke (3): As viaxes dos ratos de Lonxedetodo Ver Cultura no Camiño, Ciclo Títeres Trompicallo (1): Rumpelstikin, o anano saltarín Ver Redondela, Memorial Juanjo Amoedo, XVIº Festival Internacional de Títeres de Títeres Trompicallo (2): Jiñol, dirección Beatriz Sánchez Ver Festea, Iº Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques Ver Monicreques de Verán de Bueu Ver 12 doces de outono, Ciclo Referencias varias: - María S. Dios, “El lado más infantil de A Peregrina”, Diario de Pontevedra, “Festas da Peregrina”, 12 agosto 2016, p. 18. Dentro da programación das Festas da Peregrina en Pontevedra, informa que se representará na praza do Teucro esta peza teatral.

Page 202: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Cuca M. Gómez, “Más lluvia y que siga la música”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 20 agosto 2016, pp. 70-71. Dá conta da representación desta peza na praza do Teucro, en Pontevedra, no marco das actividades programadas para celebrar as Festas da Peregrina. Títeres Trompicallo (3): Violeta Coleta contra as salchichas Gulp, dirección Marian González Ver Brión, XXI Festival de Títeres de Títeres Trompicallo (4): O día que chegou unha nube e choveu, dirección Luís González Ver Festea, Iº Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques Ver Núbebes, IV Festival das A tropa de trapo (1): Antía, Wamba e o ritmo do camiño Ver Artellando A tropa de trapo (2): A viaxe das palabras Referencias varias: - Marta Becerra, “Vacaciones infantiles por todo lo alto”, El Progreso, “Lugo”, “El despertador”, 24 decembro 2016, p. 10. Comenta que o grupo Pica Pica formado por ex-compoñentes dos Cantaxogos, encheu as butacas do Auditorio Gustavo Freire onde representaron o seu espectáculo “Grandes éxitos”. Resalta que na programación infantil tamén se incluíu o espectáculo da compañía A Tropa de Trapo “A viaxe das palabras”. A tropa de trapo (3): Contos de defuntos (e outro asuntos) Ver Palas de Rei, XVIIª Mostra Internacional de Teatro Amador “Teatro no camiño de Santiago” Viravolta Títeres (1): O poliño feo Ver Cultura no Camiño, Ciclo

Page 203: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Viravolta Títeres (2): Barriga Verde, texto tradicional e Viravolta Títeres, dirección Anxo García Ver Titirideza A Xanela do Maxín (1): Caixa de Nuk A Xanela do Maxín (2): Os libros do titiriteiro Referencias varias: - M. B., “Arzúa pensa nos cativos para a súa programación no mes de setembro”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 29 agosto 2016, p. 20. Dá conta desta representación na Biblioteca Municipal de Arzúa dentro do programa cultural de setembro. A Xanela do Maxín (3): Cántoche un conto Ver Escena en Familia A Xanela do Maxín (4): Titeremusicontos Ver Familirúa, Festival A Xanela do Maxín (5): Chincha Rabincha, texto Celtia Figueiras, dirección Luis Vallecillo Ver Ti-tiritando de emoción, IXª Mostra de títeres Xarope Lulú: A miña primeira viaxe, adaptación da obra de Paloma Sánchez Ibarzábal

Page 204: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.4. CÓMIC VII.4.1. GALEGOS Alves, Abel, Aram o armenio, debuxos Majox e Lara Lee, A Coruña: Demo Editorial, [lectorado mozo], xullo 2016, 76 pp. (ISBN: 978-84-943403-6-9). Historia gráfica con diálogos de Abel Alves (Ferrol, 1981) e ilustracións de Majox sobre a matanza de armenios por parte do Imperio otomán. En 1915, os pais de Tamar, a nena protagonista desta historia, son asasinados. O seu veciño Mehmet decide axudar á cativa e levala onda o seu tío Aram, que vive a quilómetros de alí e que está a organizar a defensa dos armenios contra os turcos. Cando os soldados chegan á aldea do tío Aram, este failles fronte, pero a maioría dos homes son executados. Por outra banda, Mehmet é descuberto con Tamar e a nena é levada onde o resto dos armenios. Cando Mehmet atopa a Aram, cóntalle toda a historia e ambos van á procura de Tamar. Rescátana, pero Aram decide quedar en Europa porque ten as mans manchadas de sangue pola guerra. Anos máis tarde, Tamar xa é unha señora maior que vive en Montevideo e relata a historia do tío Aram aos seus netos. Os debuxos de Majox (Arxentina) representan a agresividade e violencia do ser humán. As cores son planas e saturadas empregando tonos sienas, negro e o azul, para destacar as onomatopeas. Presenta un esquema simple de cómic pero nalgunhas partes rómpeo e fai que a imaxe se amplíe e saia da celda. Referencias varias: - D. F., “Es la primera historieta del genocidio armenio en España”, Diario de Arousa/ El Ideal Gallego, “Sociedad”, 11 agosto 2016, p. 37. Entrevista co escritor Abel Alves no que presenta o seu novo traballo, unha novela gráfica que trata do xenocidio armenio en España en lingua galega. Resalta que está dirixida a todos os públicos e que o tema elixido foi pola súa muller de orixe armenio. Finalmente informa dalgún proxecto en mente e conta como comezou no mundo do cómic. Barreiro, Fonso, Curuxa. A voz de Azazel, Premio fin de curso da primeira promoción do curso profesional de Banda Deseñada de O Garaxe Hermético 2015, Pontevedra: Retranca Editora, decembro 2016. 84 pp. (ISBN: 978-84-941632-3-4). Alfonso Barreiro (Noia, 1980) crea a través da banda deseñada unha heroína galega para os máis cativos: Curuxa, unha bruxa. Esta personaxe feminina viaxa a través da paisaxe galega e das lendas (o lobishome, a Santa Compaña, o conxuro da queimada...) á vez que loita contra unha meiga malvada. A antagonista vai na procura da voz máis fermosa que lle permitirá crear os máis potentes meigallos e, para logralo, rouba distintas voces de nenos e nenas, incluída a de Curuxa. Para recuperar as voces perdidas, a protagonista contará co valor da amizade que lle axudará a combater o mal. Referencias varias:

Page 205: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Belén López, “O enxeñeiro técnico naval que se fixo autor de cómic”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 2 decembro 2016, p. 12. Fala do enxeñeiro técnico Alfonso Barreiro que pasou a ser debuxante de cómic, algo que sempre lle gustara e que aproveitou o paro para facelo. Comenta que foi a Pontevedra á escola do debuxante Kiko da Silva, “O Garaxe Hermético”, e que rematou dando clases nesa escola. Dá conta da publicación da súa obra ambientada nun mundo de bruxas e lobishomes. Finalmente, confesa que non pensa volver a ser enxeñeiro naval, xa que non pretende deixar de ser debuxante de cómic. - Fonso Barreiro, “Curuxa. A voz de Azazel”, Diario de Pontevedra, “Évenres!”, “Cómic”, 16 decembro 2016, p. 8. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra Curuxa. A voz de Azael de Fonso Barreiro (Fon) e dá breve conta do argumento do libro. _____, “Curuxa. A voz de Azazel”, Diario de Pontevedra, “Évenres!”, “Cómic”, 23 decembro 2016, p. 8. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra Curuxa. A voz de Azael de Fonso Barreiro (Fon). _____, “Curuxa. A voz de Azazel”, Diario de Pontevedra, “Évenres!”, “Cómic”, 30 decembro 2016, p. 8. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra Curuxa. A voz de Azael de Fonso Barreiro (Fon). - Cuca M. Gómez, “Me despido de 2016 en la cocina”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 31 decembro 2016, pp. 70-71. Dá conta, entre outros eventos, da presentación na libraría Paz de Pontevedra do último libro de Alfonso Barreiro. Berlai, Xiao (música e textos) e Ernesto G. Torterolo (deseños), Desconhecido, Rianxo: Axoúxere Editora, col. Euterpe, n.º 3, [lectorado mozo e adulto], 2106, [95] pp. (ISBN: 978-84-944763-1-0). Inclúe CD. Tras as dedicatorias dos autores e unha cita de Silvio Rodríguez, esta banda deseñada de Xiao Berlai e Ernesto G. Torterolo narra a historia dun home solitario que vive de recordos dun amor imposible e esperas entre o alcol e os soños até que morre abrazado a un xersei da amada. As ilustracións figurativas en branco e negro priman sobre o texto para narrar visualmente a historia. Referencias varias:

Page 206: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

- Marta Veiga, “Xiao Berlai. ʻVolvín do tanatorio e por primeira vez escribín unha canción con letra”, El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, “Música”, 1 decembro 2016, p. 58. Fala da publicación dun novo disco de Xiao Berlai, ex integrante de Fia na Roca, que é á vez banda deseñada e que está inspirado na historia de desamor dun tío del. Comenta que o proxecto xurdiu ao volver do tanatorio, que sentiu a necesidade de facer homenaxe a un parente moi querido. Resalta que nos debuxos fan acto de presenza os músicos que o acompañan e que as letras das canción insisten nun lirismo obsceno nun romanticismo roto, mestura o rural co urbano. Boullón, Víctor, Aleida, cidade sen alma, A Coruña: Demo editorial, col. Eumedievo, n.º 3, [lectorado mozo], xullo 2016, 56 pp. (ISBN: 978-84-943403-9-0). Cómic, de Víctor Boullón (Santiago de Compostela, 1979), ambientado na Compostela da alta Idade Media (a finais do século XII). Ten como protagonista a Aleida, filla de León, quen traballa nas obras da reforma da catedral. Nun contexto de loitas políticas entre Compostela e Braga polo predominio do noroeste peninsular, ocorre na catedral de Santiago de Compostela un asasinato no que se pensa que o causante foi un lobo. Aleida, unha nena moi inqueda, somérxese nunha aventura para indagar sobre o tema, contando coa colaboración de Casto, asistente do arcebispo. Desta forma, a nena consegue resolver o enigma e descubrir a identidade do causante dos danos. En toda a obra predominan as cores cálidas nas ilustracións, que serven para complementar a narración textual. Como paratextos, emprégase un prólogo do arqueólogo Antón Malde que serve como contextualización da historia da cidade. Referencias varias: - Marco Naya, “Los libros toman la ciudad”, La Opinión, “A Coruña”, “Fiestas de María Pita”, 7 agosto 2016, pp. 8-9. Con motivo da celebración das Festas de María Pita na Coruña, anúnciase a Feira do Libro nos xardíns de Méndez Núñez. Entre as diversas propostas literarias, destaca esta obra e resalta o auxe do cómic. - Karmele Vázquez, “A Idade Media de Compostela dende a banda deseñada”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 1 outubro 2016, p. 35. Comenta que Victor Boullón asinará exemplares desta obra en Santiago de Compostela e que o argumento se centra na historia dunha rapaza na Compostela do século XII no contexto das loitas políticas entre a cidade de Braga. Resalta que o autor mestura varias temáticas como a historia de Galicia, a Idade Media e a propia catedral. Fernández Serrano, Jacobo, Avoa Power, ilust. do autor, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Marcopola. A illa remeira (Merlín Cómics), n.º 4, [lectorado autónomo], novembro 2016, 55 pp. (ISBN: 978-84-9914-945-5).

Page 207: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Jacobo Fernández Serrano (Vigo, 1971) narra nesta historia gráfica como Marcopola, Libro e Dragoneta chegan á Costa das Patacas para axudar a Seara, a avoa de Libro, a desfacerse do ladrón Blake the Tiger, quen anda a roubar á veciñanza. A avoa cos seus superpoderes consegue desvolverlles os obxectos roubados aos veciños que van na súa axuda. Aparece Blake que lle rouba o mantel e tras perseguilo e loitar con el conseguen devolver a paz ao lugar. O estilo das ilustracións desta cuarta entrega de Marcopola, como nas anteriores, é desenfadado e alegre e reflicte expresividade e dinamismo, cunha técnica depurada. Trátase dun debuxo redondo que se caracteriza pola claridade e cunha imaxinación sen límites. Referencias varias: - Jacobo F. S., “O famoso conto”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Ilustración”, “Cómic”, 25 novembro 2016, p. 25. Recóllese un fragmento da última publicación de Jacobo F. S. - Lourdes Varela, “Jacobo Fernández. ʻPara min debuxar e escribir son, en esencia, a mesma cousa”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 606, 8 decembro 2016, p. V/ La Opinión, “Saberes”, n.º 559, 17 decembro 2016, p. 11, “Entrevista”. Entrevista a Jacobo Fernández sobre as aventuras de Marcopola, personaxe que nace na historia Os Amigos de Archimboldo Roque. Comenta que estas aventuras están dirixidas a un público moi esixente, entre seis e doce anos, e resalta que para escribir para os nenos hai que tratar de buscar a curiosidade deles. Confesa que non pode elixir entre escribir ou debuxar, que para el son o mesmo. Finalmente informa que xa ten algún proxecto novo en mente. Prado, Miguelanxo, Presas Fáciles, Santiago de Compostela: El Patito Editorial, maio 2016, 86 pp. (ISBN: 978-84-945512-0-8). Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) comeza esta banda deseñada agradecendo a colaboración do escritor Luís García Mañá (Ourense, 1950) e mais cun texto “instrucións de uso” que achega a temática deste cómic. A trama da narración de suspense, situada entre os anos 2013 e 2014, presenta a inspectora Olga Tabares e mais o inspector Carlos Sotillo investigando a morte de sete persoas que teñen en común o seu traballo dentro do mundo bancario. En primeiro lugar aparece morto Juan Taboada Rivas, comercial do Banco Ovejero. Despois, José Manuel de la Villa, conselleiro delegado de Bancamar, este último atropelado. As outras mortes son as de Carlota Ruíz Velasco, directora dunha sucursal de Bancanova; Juan Luis Sánchez, ex-presidente de Caixatlántica; Isabel Carro Ron, interventora do Banco Consignatario; Javier Valado, director comercial do Banco Integral; e finalmente Enma Andrade, directora territorial do Banco Pizarro. Perante estas mortes comezan as pescudas policiais, onde descobren que algunhas vítimas foron envelenadas por cianuro e conclúen que todas os falecementos teñen como elemento común persoas da terceira idade do Club Agarimo. Despois duns interrogatorios, son os propios anciáns os que confesan a súa participación nos asasinatos destas persoas, que estaban implicadas na fraude das preferentes e nos desafiuzamentos. Así, o organizador, Andrés Villa, que contou coa axuda de Luis e de

Page 208: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Xulio na planificación dos asasinatos, asasinou o comercial do Banco Ovejero e mais o director comercial do Banco Integral; Rosa Rivas encargouse da interventora do Banco Consignatario e da directora territorial do Banco Pizarro; Aurora Padín axudou a Andrés Villa a eliminar o comercial do Banco Ovejero; Alberto López asasinou a directora dunha sucursal de Bancanova e mais o ex-presidente de Caixatlántica. Ao final só queda por esclarecer o asasinato do conselleiro delegado de Bancamar e descóbrese que foron os anciáns Andrés Villa e mais Pedro Dacosta. Finalmente sábese que a orixe de todos os asasinatos, acaecidos en marzo de 2014, xorde en febreiro de 2013, co suicidio dos anciáns Pilar e Pablo por un desafiuzamento, e que a planificación comeza en novembro de 2013. A imaxe da cuberta cos vellos ameazados por hienas xa avanza moito sobre quen son as presas desta obra. O interior está organizado en viñetas clásicas con bordes negros e debuxos en branco e negro a lapis e xiz branca. O estilo figurativo moi realista achega moita información sobre os obxectos, os interiores, as persoas, as rúas... A descrición dos personaxes amosa emocións e xestos que trasladan ao lector os sentimentos polos que atravesan os protagonistas. Nas composicións das viñetas emprega puntos de vista e enfoques cinematográficos que aportan variedade ás imaxes. Recensións: - Xoana Santos e Estela Suárez Recouso, “A vinganza dos esquecidos”, Tempos Novos, n. º 232, ProTexta, “ProPostas”, setembro 2016, pp. 90-91. Contextualízase a obra dentro da produción do autor, salientando o protagonismo de persoas da terceira idade. Resúmese brevemente o argumento, centrado na investigación policial sobre a estafa das preferentes e que remata cun final aberto. Saliéntase as semellanzas con seriais televisivos, pero dende unha profunda humanidade e cun trasfondo político e de xustiza social; o uso do branco e negro na ilustración, nunha clara relación co cine negro; e a relación das viñetas co mundo audiovisual. Da técnica pictórica, destácase a liña expresiva e fluida, e os ecos de artistas como Oskar Kokoschka, Egon Schiele ou Toulouse Lautrec. Conclúese gabando a calidade pictórica e a boa historica ficcional, así como o interese por dar presenza ás persoas afectadas pola crise. - Metrópoles delirantes/Tempos Novos, “Presas fáciles é o meu libro máis funcional, no que hai menos concesións ao preciosismo”, Tempos Novos, n.º 230, “Cultura”, xullo 2016, pp. 66-70. Achégase unha entrevista a Miguelanxo Prado arredor da súa obra Presas Fáciles (El Patito Editorial, 2016). No tocante á banda deseñada galega alúdese ás súas obras De profundis e Ardalén destacando a temática de intimismo e melancolía. Faise referencia á súa obra anterior Trazo de xiz. Catalógase Presas Fáciles como historia de aventuras que recolle unha denuncia de diferentes problemas económicos actuais e ponse en relación co pouso social da súa obra Stratos salientando que, neste último caso, xa viña anunciado no prólogo feito por X. L. Méndez Ferrín. Fanse alusións á pretensión de temática policíaca da obra por parte do autor e á influencia das súas propias vivencias sobre o argumento. Por último, alúdese ás características formais da obra. - Nieves Rodríguez e Manuel Barreiro, “Vítimas preferentes”, Tempos Novos, n.º 230, “Cultura”, xullo 2016, p. 69.

Page 209: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Destácase a temática de denuncia social, centrada nos problemas económicos actuais e en concreto no caso das preferentes. Alúdese a que o argumento da obra se basea na investigación policial dunha dobre morte. Descríbense as características pictóricas da obra, salientando o seu realismo. Destácase o ritmo continuo da narración e a consolidación dos personaxes. Por último, infórmase que o libro constitúe unha edición bilingüe en galego e castelán e faise referencia aos problemas formais e lingüísticos que presenta a versión galega. Referencias varias: - B. L., “Miguelanxo Prado identifica ás súas ‘presas fáciles’ en Pontevedra”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 20 maio 2016, p. 13. Dá conta da presentación desta obra a través de diferentes actos na cidade de Pontevedra: o primeiro deles enmarcado na programación municipal “Maio, mes da lingua”, o segundo na libraría Paz coa compaña de Luis Rei e o terceiro cunha entrevista para a radio dentro do ciclo “Unha praza, un libro”. Ademais, fai referencia á pasada presentación do libro no Saló do Cómic de Barcelona e á xénese da obra como froito da reflexión social e da rabia. - Octavio Beares, “Una decena de títulos al vuelo”, Faro de Vigo, “VISADO”, n.º 731, “Cómics”, 27 maio 2016, p. 6. Dentro dunha presentación do último panorama editorial de cómic, saliéntase o retorno de Miguelanxo Prado con esta obra que denuncia a institucionalización da corrupción en España. - Ángela Fontao, “Retrato dun presente hipotecado”, La Opinión, “A Coruña”, “Ciudad y Cultura”, 23 xuño 2016, p. 12. Fala da presentación do último traballo de Miguelanxo Prado, Presas fáciles, situada nun contexto social actual marcado polos desafiuzamentos e a venda de preferentes da banca. Comenta que a idea do tema da obra xurdiu despois de escoitar unha nova na radio, e resalta que fai fincapé que as vítimas sexan maioritariamente xente de idade. - A. F. N., “Miguelanxo Prado. ‘Hai detalles de vida de Cervantes que deixan en pouco as aventuras do Quixote”, La Opinión, 8 agosto 2016, p. 7. Entrevista co ilustrador coruñés Miguelanxo Prado, director do festival “Viñetas desde o Atlántico”, na que fala da mostra “Miguel en Cervantes. El retablo de las maravillas”. Comenta que o nivel do festival mantense a pesar da crise e que o cartel do festival é un elemento imprescindíbel. Resalta que outra das propostas desta edición é a do cómic social onde se sitúa a súa última obra Presas fáciles. Finalmente comenta o feito de expoñer todos os carteis na Torre de Hércules. - C. Pereiro, “El ʻMar interiorʼ de Miguelanxo Prado cierra el año en el Museo de Pontevedra”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 13 decembro 2016, p. 38.

Page 210: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

No marco dunha exposición sobre a traxectoria do debuxante e ilustrador, fai referencia ao éxito da súa última obra. Indica que este volume se sitúa no segundo eixe temático da exposición, centrado no perfil “historietista” de Miguelanxo Prado. - S. V., “Miguelanxo Prado explora o seu ʻMar interiorʼ no Museo”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 13 decembro 2016, p. 11/ El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, 14 decembro 2016, p. 44. Informa da exposición no Museo de Pontevedra sobre os 30 anos de traxectoria do debuxante. Apunta que a mostra está composta por cen pezas de diverso tipo, que o primeiro bloque está dedicado concretamente ao mar como tema transversal, recorrente e protagonista e que o segundo percorre os diferentes perfís profesionais do artista. Tamén dá conta das publicacións de Prado, destacando o último libro do artista, Presas fáciles. Tomás, Xosé, Manual de escola, ilust. Xosé Tomás, [Vigo]: Asociación Socio-Pedagóxica Galega, [lectorado autónomo], 2016, 79 pp. (ISBN: 978-84-938747-4-2). Cómic con viñetas en branco e negro de Xosé Tomás (Betanzos, A Coruña, 1971) no que, tras as dedicatorias do autor (“A Miguel”, “A Tomás e Manuel, os meus motivos”, “A Fabricio Caivano, por tanto en tan pouco”) e os prólogos de Francesco Tonucci, Xaquín Marín e Xosé Tomás, se contan as diferentes visións dende unha perspectiva pedagóxica dun sistema educativo errático, disperso e confundido. Algunhas viñetas falan por si soas sen a necesidade de ter en conta un texto complementario, outras en cambio recorren a diálogos entre personaxes que poñen de manifesto a crítica pedagóxica que se trata de transmitir. Os debuxos de Xosé Tomás están moi elaborados, observando atinadamente e cuestionando a relación neno–contexto educativo. Contan cun estilo recoñecible, unha técnica depurada e un coñecemento máximo de todos os recursos da imaxe. Conta con humor os problemas da educación a través dos personaxes que permiten ao lectorado poñerse no lugar da infancia mais tamén no do adulto. Referencias varias: - Antares Pérez, “Xosé Tomás. ʻLos profesores tenemos que dejar egos y prejuicios a la puerta del aula”, La Opinión, “Sada/ Betanzos”, 31 xullo 2016, p. 19. Dá conta do libro de Xosé Tomás, no que trata a dificultade que sofren os alumnos á hora de adaptarse ao novo sistema educativo, que critica e comenta que non se avergoña en recoñecer que aprendeu moito dos seus alumnos. Sinala que as dúas mellores armas dun profesor son a empatía e a imaxinación, cre no método de aprendizaxe a través de grupos e a base de proxectos interdisciplinares.

Page 211: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

V.4.2. REEDICIÓNS VV. AA., História da Língua em banda desenhada, Santiago de Compostela: Através Editora, n.º 16, decembro 2016, 65 pp. (ISBN: 978-84-16545-07-0). Edición en galego reintegracionista que conmemora o vinte e cinco aniversario da que vira a luz en 1992, que contara con dúas edicións e 5.000 exemplares, froito da colaboración entre o Grupo Meendinho e o Frente Comixário que ofrecen un discurso humorístico e crítico da historia da lingua galega dende unha dimensión internacional. Esta edición conmemorativa engade un prólogo cunha contextualización histórica e social que explica a creación desta banda deseñada e outros textos que falan do nacimento e a historia da obra. Ofrece unha cronoloxía histórica da da lingua galega, dividida nas sguintes etapas “A Pré-história da Lingua”, “A romanizaçom”, “O nascimento do galego”, “Do s. XIV ao s. XIX”, “O século XX “até a sublevaçcom fascista do 36 na Espanha”, “De 1936 até 1975...” e “De 1975 até hoje”. Repara no conflito lingüístico, tendo como base a castelanización da lingua galega e atacando a actuación dos medios de comunicación, dos estamentos oficiais e do goberno autonómico galego, reclamando igualdade real do galego co castelán. A nivel de ilustración e deseño muda a tapa dura e cambia a cuberta da obra, acollendo persoeiros importantes da lingua e cultura galegas. As ilustracións en branco e negro mantéñense e corríxense erros lingüísticos.

Page 212: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

V.4.3. CÓMICS TRADUCIDOS OU VERSIONADOS Goscinny, R., A volta á Galia de Astérix (Le Tour de Gaule d’Astérix), ilust. Albert Uderzo, trad. Isabel Soto e Xavier Senín, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Astérix, n.º 5, [lectorado mozo], maio 2016, 48 pp. (ISBN: 978-84-9914-996-7). Quinto álbum da serie creada polo guionista René Goscinny (París, 1926-1977) e o ilustrador Albert Uderzo (Fismes, 1927), publicado por vez primeira nas páxinas da revista Pilote en 1963 e posteriormente en álbum en 1965. O presente volume é unha nova tradución ao galego tras a realizada en 1998 pola Editorial Galaxia, en colaboración con Grijalbo-Dargaud. Nesta aventura, o inspector Lucius Flordelotus chega ao campamento romano de Petibónum para cumprir a orde de Xulio César de someter de vez a irredutible aldea gala. Mais, tras un estrepitoso fracaso na súa loita contra os galos, acorda illalos construíndo unha estacada arredor da aldea. Cando Astérix a descobre, desafía a Flordelotus: co seu amigo Obélix, cruzará o muro, dará a volta á Galia e, como proba da súa fazaña, traerá de cada lugar que visite cadansúa especialidade gastronómica. Deste xeito, Astérix e Obélix comezan un percorrido pola Galia que os leva a vivir diversas aventuras ao seu paso por Rotomagus, Lutecia, Camaracum, Durocortorum (Reims), Divodurum, Lugdunum, Nicae, Massilia, Tolosa, Aginum Burdigala e Gésocribate. As viñetas de corte clásico de Albert Uderzo (Fismes, Francia, 1927) teñen uns personaxes debuxados con liña simple con cores alegres aplicados con tinta plana. Son debuxos moi detallados que ofrecen moita información complementaria aos textos.

Page 213: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.5 ENSAIO. TEORÍA XERAL. CRÍTICA VII.5.1. MONOGRAFÍAS, BIOGRAFÍAS, CRÓNICAS E LIBROS COLECTIVOS

Blanco Ramos, Carmen, O volframio en Varilongo. Santa Comba de Xallas (1941-1963), pról. Xesús Alonso Montero, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Crónica, abril 2016, 148 pp. (ISBN: 978-84-9914-991-2). Crónica memorialística de Carmen Blanco Ramos (Vilar de Céltigos-Santa Comba-A Coruña, 1957) sobre a temática do negocio do volframio en Varilongo. Ábrese cunha cita de Víctor Campio sobre a memoria, á que segue o prólogo “Palabras de admiración para un libro (máis político que mineralóxico) revelador” (pp. 9-17) do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. En relación coa Literatura Infantil e Xuvenil é de interese o capítulo IX, “Volframio literario” (pp. 105-122), no que a autora exemplifica “como aparece o termo volframio nos textos literarios sen a pretensión de facermos crítica literaria nin de ser exhaustivos” en dous grupos de textos: por unha banda, aqueles nos que “os autores foron testemuñas próximas, en tempo e espazo, aos feitos” e, por outra, “os libros actúan como vasos comunicantes de vivencias repetidas, con imaxes frescas na retina da memoria selectiva”. Entre as elixidas figura, no segundo grupo, a novela xuvenil Febre (2011), de Héctor Carré (A Coruña, 1960), da que reproduce dous fragmentos: o primeiro deles, na páxina 119, amosa dous espazos onde os espías ingleses e tamén os alemáns negociaban, caso do burdel situado ás aforas da vila e o Casino de Noia; e o segundo fragmento, reproducido nas páxinas 120-121, recolle datos reais relativos á Segunda Guerra Mundial, caso da Batalla do Atlántico, o petroleiro Max Albrecht e a antena de radio Eleckctra Sonne. Tamén está descrito no apartado V. Ensaio. Teoría Xeral. Crítica e VIII. Literatura de transmisión oral deste Informe. Recensións: - Vicente Araguas, “Volframio”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 952/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 952, “máis Libros”, 25 setembro 2016, p. 30. En primeiro lugar contextualiza a obra centrándose na temática das minas de Volframio, como un período moi peculiar da intrahistoria galega. Sinala varios autores interesados no estudo do libro así como o prólogo de Xesús Alonso Montero “buscador de volframio, nos anos da posguerra na súa patria de Ribadavia”. Evidencia os acertos da autora e anticipa o contido do volume, destacando as cantigas e as testemuñas en prosa. Cerrillo Torremocha, Pedro C. e César Sánchez Ortiz (eds.), Prohibido leer: La censura en la literatura infantil y juvenil contemporánea, Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha, col. Estudios, n. º 158, 2016, 452 pp. (ISBN: 978-84-9044-259-3).

Page 214: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Volume que recolle os traballos e comunicacións presentados no Congreso Internacional Censuras y Literatura Infantil y Juvenil en el siglo XX realizado en Cuenca durante o mes de setembro de 2016. A estrutura do monográfico xira ao redor de catro grandes bloques temáticos: censura e Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) en España, Latinoamérica, noutros países e censuras que exceden as anteriores restricións temáticas. En relación coa Literatura Galega acóllese o seguinte traballo: - Blanca-Ana Roig Rechou e Verónica Pousada Pardo, “Censura y sus efectos en la LIJ gallega”, pp. 149-155. En primeiro lugar realízase unha achega ao contexto histórico, social e cultural galego, para dar conta das particularidades do sistema censor que controlaba as publicacións en Galicia. A seguir, céntrase en dúas obras da década dos 60 que conseguiron burlar a censura, pese a presentar unha forte crítica social e un ton reivindicativo: A galiña azul (1968), de Carlos Casares, e O león e o paxaro rebelde (1969), de Bernardino Graña. Cid Fernández, Xosé Manuel (coord.), Estudos e Investigacións na Facultade de Educación de Ourense 100 anos despois de Risco. 15 anos da Facultade de Ciencias da Educación, A Coruña: Andavira Editora, 2016, 512 pp. (ISBN: 978-84-8408-956-8). Volume conmemorativo do centenario da entrada de Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) na Escola de Maxisterio de Ourense en 1916, no que se reúne unha vintena de traballos que se estruturan ao redor de catro bloques temáticos: “Fundamentación sociohistórica, antropolóxica e pedagóxica”, con propostas sobre o labor pedagóxico do propio Risco ou doutros mestres en diferentes épocas do século XX; “Análise e intervención psicopedagóxica”, onde se analizan expectativas de diferentes sectores de poboación académica, métodos de intervención ou cuestións de xénero; “Educación social e Traballo social: fundamentación e propostas de intervención”, onde se analizan factores, experiencias e fenómenos que inciden na poboación; e “Didáctica da Educación infantil, primaria e secundaria”, no que se recollen propostas de análise sobre a formación do profesorados destes niveis educativos. Entre os traballos incluídos na obra son de interese para este Informe de literatura o que segue: - Isabel Mociño González, “A educación literaria dos docentes: materia pendente na Educación Infantil e Primaria”, pp. 451-474. Despois de reflexionar sobre o estatus da Literatura Infantil e Xuvenil na formación dos docentes de educación infantil e primaria, repásanse algunhas das iniciativas que marcaron a evolución da docencia, crítica e a investigación en Galicia nas dúas últimas décadas. Márcase como obxectivo a necesidade de formación e información destes docentes para abordar con garantías a educación literaria dos máis novos. Repásase a vertebración de grupos multidisciplinares, a internacionalización dos discursos críticos e a diversidade de enfoques e temáticas traballados, en moitos casos en perspectiva comparativa con outros sistemas literarios. Deste modo, desvélanse algunhas das potencialidades para os mediadores das propostas docentes, de investigación e as obras críticas publicadas no período delimitado, no que proliferaron un importante número de monografías temáticas.

Page 215: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Cochón, Luís e Luís Alonso Girgado (eds.), Manuel María. Cecais hai unha luz. Memorabilia, limiar Luís Cochón, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, col. Cadernos Ramón Piñeiro (Cadernos galegos de pensamento e cultura), vol. XXXV, 2016, 336 pp. (ISBN: 978-84-453-5216-8). u Volume monográfico de autoría colectiva para homenaxear a Manuel María (nome literario de Manuel María Fernández Teixeiro, Outeiro de Rei, Lugo, 1929-A Coruña, 2004) no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2016. No limiar, “Canle de luz e néboa”, Luís Cochón, ao longo de seis apartados con numeración romana, fai un percorrido (selectivo, comentado e contextualizado dende o xerme da produción literaria de Manuel María, próxima aos inicios de Manuel Cuña Novás e Uxío Novoneyra) polas dez cartas que Uxío Novoneyra lle enviara a Manuel María entre 1953 e 1954 e que o propio Cochón coeditara baixo o título Falorpiñas de neve. Cartas a Manuel María (Follas Novas, 2010). A seguir acóllese a “Primeira nota de edición” na que se explica que este caderno monográfico conten “advocacións, lembranzas e algún olvido” (p. 17) sobre o autor de Outeiro de Rei, a súa obra e a súa presenza en recitais e actos de afirmación nacionalista, e califícao como “versátil, inspirado, autente, poucas veces calado” (p. 17), reproducíndose a continuación o artigo de X. L. Méndez Ferrín, “Sobre o Día das Letras Galegas”, publicado no Faro de Vigo o 20 de xullo de 2015, no que critica que a Real Academia Galega lle pechase as súas portas durante a segunda parte do século XX a Eduardo Blanco Amor, Luís Seoane, Uxío Novoneyra e Celso Emilio Ferreiro, se ben “despois de mortos estes e pasados anos de repouso, a Academia non tivo máis remedio” (p. 18) que homenaxealos e anos despois, tras asumir a presidencia Francisco Fernández del Riego, mudou a institución e o propio Méndez Ferrín se uniu asinaron a favor da elección de Manuel María como académico numerario e foi elixido, pese a que “houbo voces virulentamente contrarias” (p. 18), algúns dos cales fixeron unha “apresurada mudanza de casaco” (p. 18) tras coñecerse a nova da homenaxe de Manuel María no Día das Letras Galegas 2016. Tras o apartado “Artigos” que se describirá a seguir, acóllese a “Segunda nota de edición”, que precede ao “Epistolario” (pp. 279-336), que se intitula “Ramón Piñeiro e Manuel María: un epistolario” e que é da autoría de Luís Alonso Girgado e Laura Piñeiro Pais. Eles explican que ambos os autores nomeados entrecruzaron, entre 1950 e 1966, cartas das que reproducen cincuenta e unha delas: once da autoría de Ramón Piñeiro e corenta de Manuel María. Precisan o contexto nas que escribiron as cartas e apuntan que nelas se reflicte dende “ben cedo unha relación de cordial amizade entre os dous lugueses” (p. 276) e así mesmo unha “imparable secuencia petitoria na que se citan os primeiros títulos da obra poética (Terra Cha, Libro de Pregos, Advento e Mar Maior) de Manuel María” (pp. 276-277). En relación coa Literatura Infantil e Xuvenil galega acóllese, no citado apartado “Artigos”, o seguinte traballo: - Mar Fernández Vázquez, “Manuel María, un clásico da Literatura Infantil e Xuvenil galega”, pp. 61-75. Comeza destacando que a súa primeira obra para os máis novos a publicou “case vinte anos despois de iniciar a súa traxectoria literaria co poemario Muiñeiro de brétemas (1950)” e que “apostou decididamente, xunto a outros autores considerados 'clásicos`, pola Literatura Infantil e Xuvenil galega, entre outras actividades culturais, sociais e mesmo políticas, pese a que naquela altura esta Literatura se atopaba aínda na etapa de

Page 216: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

formación como sistema literario” (p. 61). Salienta que a súa produción infantil e xuvenil “atende aos tres xéneros canónicos e caracterízase por un diálogo intra e intertextual, respectivamente, coa súa obra para o público adulto e coa literatura e a cultura galegas” (p. 62). Incide en que, se ben a narrativa é tanxencial na súa obra, “converteu en personaxe literario ao seu veciño de Outeiro de Rei e servente na súa casa, Manuel de Paderna” (p. 62) e que “transmutou esta figura real nun personaxe literario de tal relevancia na súa obra que pode considerarse un arquetipo de paisano galego” (pp. 62-63) e analiza os textos nos que aparece. A seguir estuda a súa produción poética e tamén a teatral e conclúe resaltando “a pegada de Manuel María” (pp. 71-72) nos autores posteriores da Literatura Infantil e Xuvenil galega. Tamén está descrito no apartado V. Ensaio. Teoría Xeral. Crítica deste Informe. Lado, María e Xosé A. Perozo, Viaxe ao patrimonio natural da ourensanía, ilust. Suso B. Cubeiro e Viki Berre, Ourense: Deputación Provincial de Ourense, 2016, 45 pp. (ISBN: 978-84-945493-7-3). u Neste volume, que comeza coa reprodución do himno de Ourense, titulado “Ourense no solpor”, e que a seguir conta cun texto institucional “Viaxe pola natureza”, amosa como a súa protagonista Auria xunto co seu amigo, o biólogo Xan Cabaleiro, viaxan polo patrimonio natural máis salientábel da provincia de Ourense: O Ribeiro, a serra do Leboreiro e a Baixa Limia, Allariz e a reserva da Bola, Pena Trevinca, Valdeorras etc. Nel teñen cabida referencias a escritores ourensáns como Vicente Risco e o seu Libro das horas e Alfredo Conde con Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Cómpre sinalar que Viaxe ao patrimonio natural da ourensanía foi distribuído entre os centros escolares ourensáns para participar na 4.ª Semana Escolar de Provincia e a súa Deputación centrada nesta ocasión en pór en valor a riqueza ecolóxica da provincia de Ourense, que conta con apoio gráfico dos deseños de Suso B. Cubeiro (de animais e plantas) e mais de Viki Berre (debuxos de Auria) e mais que xunto con esta obra tamén se distribuíu unha Guía do profesorado que ofrece suxestións e propostas de actividades para traballar nas aulas. Ríos, Eli, María Victoria Moreno, ilust. Eva Agra, Santiago de Compostela: Urco Editora, col. Mulleres bravas da nosa historia, n.º 2, 2016, [lectorado autónomo], [32] pp. (ISBN: 978-84-16121-63-2). Eli Ríos (Londres, 1976) ofrece unha biografía novelada a través da narradora Navia sobre a escritora María Victoria Moreno, indicando que naceu en Valencia de Alcántara en 1941 e que estudou Filoloxía Románica en Madrid. Tamén incide na escolla da autora pola lingua galega, sendo pioneira na Literatura Infantil e Xuvenil coa publicación de Mar adiante. Fai un repaso pola bibliografía da escritora, salientando a escolla polo protagonismo feminino, a forma de dar clases e a relación coa súa cadela Alma. Remátase cunha cronobiografía, un caderno de actividades e o solucionario. As ilustracións figurativas a cor de Eva Agra ocupan toda a páxina e o texto vai enmarcada nun recadro violeta con letra branca que se confronta aos textos aclaratorios que se ofrecen enmarcados en recadro verde.

Page 217: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Roig Rechou, Blanca-Ana, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez, Reflexos das dúas guerras mundiais na Literatura Infantil e Xuvenil, Vigo/Santiago de Compostela: Edicións Xerais de Galicia/ Universidade de Santiago de Compostela/ Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en humanidades, 2016, 470 pp. (ISBN: 978-84-9121-123-5). n Nesta monografía achéganse diversas reflexións realizadas polos membros da Red Temática de Investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano”, que se centra no reflexo das dúas guerras mundiais na LIX a través dun conxunto de estudos. O libro comeza cun artigo introdutorio de José Antonio Gomes onde mostra como a Primeira e Segunda guerras mundiais se representan nos libros infantís e xuvenís. Continúa con cinco achegas panorámicas pormenorizadas sobre as obras dedicadas á Primeira e Segunda guerras mundiais nas literaturas do ámbito ibérico e iberoamericano. Conta con comentarios cara á formación lectora realizados sobre diferentes xéneros e público en múltiples linguas. Finalmente, o volume conclúe cun artigo dedicado á ilustración, de Carmen Franco Vázquez e Guillermo Calviño Santos onde mostran a labor dos fotógrafos desa época. En relación á Literatura Infantil e Xuvenil galega acóllese o traballo de: - Marta Neira Rodríguez, “Conflictos bélicos na LIX galega. As dúas guerras mundiais: crónica da ausencia e da participación”, pp. 89-115. Realiza unha panorámica de como se tratou esta temática na Literatura Infantil e Xuvenil galega, dando conta das obras que representan a Primeira e Segunda guerras mundiais. Salienta a pouca produción que se realizou sobre estas dúas guerras, destaca U-49 (2007), de Rafael Lema en canto á primeira Guerra Mundial. Da Segunda destaca: Fume (2008), de Antón Fortes, A rapaza da fiestra (2010), de Xavier Estévez e Febre (2011), de Héctor Carré, entre outras das que fai un breve descritor. Recensións: - Armando Requeixo, “Guerras literarias”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 959/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 959, “letras Atlánticas”, 13 novembro 2016, p. 32. Tras salientar a importancia de coñecer os efectos e consecuencias devastadores das guerras a través da literatura para “aprehender e mellorar na rehumanización do individuo moderno”, incidindo no eido da literatura infantil e xuvenil, comenta que esta monografía acolle panorámicas sobre ámbitos literarios nacionais a propósito dalgúns dos grandes títulos desta temática. Salienta a amplitude e variedade dos traballos e o “magnífico ensaio a propósito da imaxe e as ilustracións” de Carmen Franco e Guillermo Calviño. Por último, incide na necesidades deste tipo de publicacións para os profesionais da mediación. Vasconcelos de Macedo, Ana Cristina e Marta Neira Rodríguez (coords.), Literatura para a Infância e a Juventude: Memória(s) e Identidade(s) /Literatura Infantil e Xuvenil: Memoria(s) e Identidade(s), Porto: Tropelias&Companhia, decembro 2016, 208 pp. (ISBN: 978-989-8582-50-8)

Page 218: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Volume que acolle algunha das reflexións iniciadas no marco dos 21º Encontros Luso-Galaicos do Livro Infantil e Juvenil, realizados os días 4 e 5 de decembro de 2015, na Escola Superior de Educação do Instituto Politécnico do Porto, mais tamén outros estudos e notas ao redor da relación entre a escrita dirixida á infancia e á mocidade e os conceptos “Memoria” e “Identidade”. Estruturado en dous grandes apartados, “Estudos e notas” e “Recensões críticas /Recensións críticas”, no que á literatura galega respecta acóllense os seguintes estudos e notas: - Agrelo Costas, Eulalia, “Unha parábola contra a globalización: O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz”, pp. 101-114. Nova aproximación á novela O centro do labirinto (1997), de Agustín Fernández Paz, que se inicia coa referencia á homoxeneización cultural que se está a dar dende o remate do século XX por efecto do fenómeno da globalización. Nela procúrase explicar como o escritor vilalbés, recentemente falecido, arremeteu contra este proceso, que menoscabou a riqueza lingüística e que favoreceu a dilución da identidade dos pobos, a partir da articulación da parábola narrativa presente n’ O centro do labirinto, obra que é analizada a partir das súas compoñentes temáticas e discursivas. Saliéntanse os acenos intertextuais que inclúe e alúdese tamén á forte carga ideolóxica e á recepción desta novela repleta de simbolismo, que une os tempos dos petróglifos cos tempos que están por chegar para facer unha defensa de culturas periféricas como a galega. - Mar Fernández Vázquez, “O Segredo da Pedra Figueira: a reconfiguración da identidade cultural perdida”, pp. 115-128. Despois de realizar un percorrido literario pola produción da Literatura Xuvenil galega que trata a estreita interrelación memoria-cultura-identidade-imaxinario, faise unha lectura propia da única obra xuvenil de María Xosé Queizán, O Segredo da Pedra Figueira. Fernández Vázquez salienta como Queizán contribuíu coa súa novela de iniciación ao proceso de consolidación da Literatura Infantil e Xuvenil galega e reconfigurou a identidade cultural perdida. - Mª del Carmen Ferreira Boo, “(Re)visión da literatura oral e reivindicación da identidade na produción infantil e xuvenil de Xosé Miranda”, pp. 129-148. Realízase unha panorámica da produción narrativa infantil e xuvenil de Xosé Miranda, escritor galego que bebe e se inspira na literatura de transmisión oral. Coméntase e clasifícase esta produción en dous bloques: reescrituras instrumentais, que manteñen o modelo do hipotexto, como os volumes da colección “Cabalo Buligán”; e reescrituras lúdicas, humanizadoras e/ou ideolóxicas, que empregan os elementos narratolóxicos dos contos da transmisión oral (estrutura, fórmulas e, sobre todo, personaxes) con intención subversiva, transgresora, modernizadora, paródica… para incidir no humor, a humanización e/ou a reivindicación da identidade galega, na que se insiren Lúa e os nubeiros (Galaxia, 2000), Feitizo (Xerais, 2001), Pel de lobo (Xerais, 2002), Álvaro e Álvaro (Xerais, 2004), a colección “Amancio Amigo”, A nena pálida (Tambre, 2007), As mans do medo (Xerais, 2007) e Vestio (Xerais, 2008). - Eva Mejuto Rial, “O ‘álbum testemuño’: achegar a realidade e o conflito ás crianzas”, pp. 149-175.

Page 219: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Achégase ás principais características do álbum e define o que denomina “álbums testemuño”. Realiza unha proposta de clasificación destes en “álbums testemuñais reais” e “álbums testemuñais ficcionais” ao tempo que fala da súa finalidade ética e estética e exemplifica con exemplos de diferentes linguas. - Marta Neira Rodríguez, “Obras narrativas galegas que axudan a recuperar a memoria das guerras. Algúns exemplos”, pp. 177-192 Despois de lembrar cando se asentou no sistema literario infantil e xuvenil galego o tratamento dos conflitos bélicos e de nomear algúns dos máis recreados, destaca seis obras de autoría galega que poden axudar o mediador, fundamentalmente o profesorado, a educar literariamente e a recuperar a memoria dos conflitos bélicos entre a infancia e xuventude. Na apartado “Recensões críticas /Recensións críticas” recóllese o comentario crítico de Retorno aos Clásicos. Obras imprescindibles da narrativa infantil e xuvenil, coordinado por Blanca-Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez; De como a Literatura para a Infância e a Juventude «É Chamada à Guerra». Reflexões sobre os Conflitos Bélicos na Galiza e em Portugal / De como a literatura para a infancia e a xuventude «é chamada á guerra». Reflexións sobre os conflitos bélicos en Galicia e Portugal, coordinado por Ana Cristina Vasconcelos de Macedo e Marta Neira Rodríguez, en Portugal, realizados respectivamente por Carmen Ferreira e Verónica Pousada Pardo; tamén se fai un comentario crítico do número 47 do Boletín Galego de Literatura e do número 2 de Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, feito por Sandra Fernández Queiruga.

Page 220: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.5.2. MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS TRADUCIDOS OU NOUTRAS LINGUAS Casais Vila, Verónica e Alba Rozas Arceo (coords., revisoras e autoras), Un lustro de lecturas para la infancia y la juventud / Five Years of Books for Children and Young Adults (2010 -2015), Universidade de Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico / Instituto de Ciencias da Educación, col. Cadernos do mediador, n.º 3, 2016, 1.007 pp. (ISBN: 978-84-16954-09-4). Ebook. u Monografía que recompila as traducións ás linguas castelá e inglesa das recensións críticas e mesmo crítico-divulgativas que foran publicadas semanalmente por un grupo de especialistas en Literatura Infantil e Xuvenil, coordinadas por Blanca-Ana Roig Rechou, na páxina semanal sobre esta literatura en El Correo Gallego, na sección “ELOS de lectura” durante cinco anos. Comeza a obra cunha breve introdución do equipo redactor, na que explica a estrutura da monografía e indica o obxectivo de axudar a mediadores de todo o mundo na selección de lecturas e avivar a curiosidade de editoriais nacionais e internacionais sobre a literatura galega e animar á tradución ao galego de obras referentes doutras literaturas. A seguir, reprodúcense as recensións, divididas en tres bloques, onde os comentarios se organizan segundo a data da súa publicación no xornal compostelán cunha nota na que se ofrece a ficha bibliográfica da obra comentada. No primeiro deles, “Libros gallegos”, acóllense comentarios crítico-divulgativos daquelas obras galegas que destacan pola súa calidade ou innovación. No segundo, “Libros en gallego”, acóllense os comentarios crítico-divulgativos de obras universais traducidas ao galego. E no terceiro “Monografías y Estudios Críticos” acóllense comentarios crítico-divulgativos de monografías e estudos críticos que se teñen ocupado da Literatura Infantil e Xuvenil. Oittinen, Riitta e Blanca-Ana Roig Rechou (coords.), A Grey Background in Children’s Literature: Death, Shipwreck, War, and Disasters/ Literatura infantil y juvenil con fondo gris: muerte, naufragios, guerras, y desastres, München: Iudicium, 2016, 318 pp. (ISBN: 978-3-86205-442-8). Volume no que se reúne unha vintena de traballos ao redor do tratamento da morte, os conflitos bélicos e o mar na Literatura Infantil e Xuvenil de diferentes sistemas literarios, da man da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ) e da súa sección ELOS. Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil. Ábrese con cadansúa introdución das coordinadoras, que no caso de Blanca-Ana Roig Rechou leva por título “Temas tabú y difíciles”, onde pon de manifesto a evolución experimentada polos estudos literarios ao redor da produción para os máis novos, aínda que de modo asimétrico, debido ás diferenzas históricas e sociais das literaturas en cuestión, e repasa polo miúdo os contidos do volume, referíndose a cada unha das temáticas que o vertebran. A seguir, Riitta Oittinen, baixo o título “Domestication&Foreignzation: Censorship&Child Image”, céntrase máis nas estratexias de tradución e da superación da censura. Os traballos referidos á Literatura Infantil e Xuvenil galega son os que seguen: - Carmen Ferreira Boo, “La guerra en el álbum narrativo en lengua gallega”, pp. 157-171.

Page 221: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Realiza unha breve panorámica daqueles álbums publicados en lingua galega no século XXI que se achegan aos conflitos bélicos, dende unha perspectiva histórica ou ficticia. Primeiramente delimita e define o obxecto de estudo, para logo establecer un corpus de dez álbums narrativos dos que analiza as narrativas visual e textual, distinguindo aqueles que tratan guerras históricas, como Sálvate Elías! (Kalandraka, 2006), de Élisabeth Brami; A historia de Erika (Erika’s Story, 1995), de Ruth Vander Zee; Fume (OQO, 2008), de Antón Fortes; e O canón de pau (2009), de Pepe Carreiro, daqueles que tratan guerras ficticias, como Negros e brancos (Kalandraka, 2008), de David McKee; A guerra dos Números (OQO, 2009), de Juan Darién; O nacemento do dragón (Kalandraka, 2009), de Marie Sellier; Valentino (OQO, 2005), de Luisa Morandeira; O principio (Kalandraka, 2012), de Paula Carballeira e A fuxida (Biblos Clube, 2014), de Berta Dávila. Conclúe sinalando que estas obras aproximan este tema ao receptor infantil para conciencialo das consecuencias negativas; que destaca o tratamento da II Guerra Mundial e que se intenta promover a paz e o respecto ás diferenzas, cun predominio do protagonismo infantil. - Isabel Mociño González, “El mar y la guerra en la narrativa juvenil del escritor gallego Rafael Lema”, pp. 197-212. Traballo no que se estuda a presenza do mar e dos conflitos bélicos na obra do escritor galego Rafael Lema (Ponte do Porto, Camariñas, A Coruña, 1967), membro da Xeración dos 90. Despois de sinalar algúns dos estudos que nos últimos anos abordaron o tratamento dos conflitos bélicos na Literatura Infantil e Xuvenil galega, sitúase o autor na súa xeración e sinálanse algunhas das súas constantes na produción narrativa xuvenil que ten publicado até o momento. A seguir, céntrase na novela histórica U-49 (Tambre, 2007), única obra xuvenil en lingua galega que tratou a I Guerra Mundial e o papel que Galicia desenvolveu na contenda, malia a súa suposta neutralidade. Repásanse as diferentes liñas temáticas que desenvolve esta complexa novela, na que o mar é o marco central da acción, convertido durante a guerra nun escenario de morte e pillaxe, tamén como medio de enriquecemento para moitas familias e as múltiples conexións que se establecen durante o período recreado con seitas, crenzas e mitos que promoveron diferentes grupos de poder. Conclúe recomendando a lectura da novela e salientando a reflexión que propicia ao redor das consecuencias dos conflitos e a importancia de coñecer a historia para evitar que erros do pasado se repitan no futuro. Recensións: - Verónica Pousada Pardo, “Morte, guerra, naufraxios e desastres”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 31 decembro 2016, p. 6. Dá conta da publicación desta monografía composta por dezanove estudos escritos en castelán e en inglés. Sinala que o volume se centra nas temáticas que habitualmente foron censuradas e consideradas tabú na Literatura Infantil e Xuvenil: a guerra, a morte, os desastres e os naufraxios. Indica que se trata dunha ferramenta de grande utilidade para investigadores e mediadores e comenta brevemente os traballos asinados por Isabel Mociño e Carmen Ferreira. Finalmente destaca a necesidade de que os máis novos se

Page 222: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

acheguen a obras de autores que tratan temáticas complexas como Jordi Sierra i Fabra ou Ursula Wölfel.

Page 223: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.5. 3. PUBLICACIÓNS EN REVISTAS Agrelo, Eulalia, “As temáticas da escrita de Fernández Paz”, Tempos Novos, n.º 231, ProTexta, “ProTagonista”, agosto de 2016, pp. 74-75. Analízase a produción de Agustín Fernández Paz afondando nas achegas temáticas da mesma. Saliéntase o seu labor na consolidación da Literatura Infantil e Xuvenil xunto con outros mestres que escriben para os máis novos e que compoñen a “Xeración do 68”. Alúdese á obra A cidade dos desexos. Adscríbese a súa produción á literatura infantil e xuvenil exceptuando Non hai noite tan longa e A viaxe de Gagarin que se inclúen na de adultos. En liñas xerais, sinálase a relevancia da memoria, da fantasía e da crítica na súa obra, así como da temática intimista e ideolóxica social. Saliéntase a temática amorosa das obras Contos por palabras, Rapazas, Noite de voraces sombras, O Raio Veloz e O único que queda é o amor. Destácase a querenza pola literatura presente no relato “Un radiante silencio” ou polo cinema na obra Amor dos quince anos, Marilyn. Tamén se fai fincapé na relevancia que adquire o tema da amizade en Cartas de inverno xunto co medo. Este último sinálase como cerne das obras Aire negro, Tres pasos polo misterio, As fronteiras do medo ou A neve interminable. Sublíñase a perspectiva feminina sobre a adolescencia de Rapazas e a orientación da obra cara á igualdade de xénero. Tamén se salienta a defensa do medio ambiente en A neve interminable, da diversidade cultural en O centro do labirinto, do valor da individualidade en Cos pés no aire e dos marxinados en Fantasmas de luz. En canto ao tema da memoria histórica da guerra civil, saliéntanse o texto “As sombras do faro” do libro Tres pasos polo misterio e as obras Noite de voraces sombras e Corredores de sombra. Por último, apúntanse outras temáticas da súa produción coma o valor, a comprensión, a axuda ao próximo, a xustiza, o compañeirismo ou o aprecio polo patrimonio. Alonso, Fran, “Pista de despegue”, Revista Galega de Educación, n.º 64, “Ensinar… non sen a poesía”, febreiro 2016, pp. 19-20. Reflexiónase sobre os comezos da tradición da poesía infantil e xuvenil, na que se suxire que todo está por desenvolver. Alúdese á escaseza de propostas de calidade e saliéntase a poesía de Antonio García Teijeiro. Faise tamén un comentario sobre a disolución das fronteiras entre a poesía infantil e a xuvenil, poñendo como exemplo o libro de Fran Alonso, O meu gato é un poeta. Saliéntanse, ademais, os proxectos de Carlos Negro con Maquinaria e Penúltimas tendencias. Alúdese tamén á figura rupturista e actualizadora de Gloria Sánchez. Conclúese reflexionando sobre a cantidade de autores e autoras que constrúen con firmeza a poesía infantil e xuvenil galega, malia non ter o apoio de determinados axentes culturais. Péchase o artigo coa reflexión de que esta literatura está aínda nos seus primeiros pasos, pero dando unhas “zancadas significativas” (p. 20). Asorey Vidal, Daniel, “A memoria do espanto”, Grial, n.º 210, “O espello das letras”, abril, maio, xuño 2016, pp. 87-88.

Page 224: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Ofrécese unha recensión da obra Un animal chamado néboa (Xerais, 2015) de Ledicia Costas. Faise referencia a outras achegas da literatura galega que se centraron no tema da II Guerra Mundial, entre as que destacan as da autora Marina Mayoral, pero tamén as de outros autores coma Riveiro Coello e Fernández Naval con Laura no deserto e A noite branca respectivamente. Saliéntase que Un animal chamado néboa trata a mesma temática e que gañou o Premio Losada Diéguez. Infórmase de que a obra mostra a a través de seis relatos as atrocidades do conflito. Analízase a perspectiva narrativa da obra e a caracterización das personaxes. Destácanse outras obras da autora no eido da literatura infantil e xuvenil coma Escarlatina, a cociñeira defunta ou Esmeraldina, a pequena defunta. Bal, Romina, “O libro-CD en Galiza. Primeiras obras”, Revista Galega de Educación, n.º 64, “Ensinar… non sen a poesía”, febreiro 2016, pp. 24-26. Reflexiónase sobre a edición do libro-CD en Galicia, un camiño aberto por obras como Tic-tac (Kalandraka, 2009), de Pablo Díaz con ilustracións de Marc Taeger, e A nena e o grilo (OQO, 2010), de Magín Blanco e ilustracións de Iván Prieto. Faise un percorrido por este tipo de publicacións en varios apartados. Tras unha breve introdución, na sección “De Mamá Cabra a María Fumaça” dáse conta dos proxectos musicais con obras como Ola, ola, la! (2010) ou Xa me tardan estes Magos (2011), con textos de Antón Cortizas, Antonio García Teijeiro, Gloria M. Roel e Gloria Sánchez, desenvoltos por Mamá Cabra; así como do colectivo María Fumaça, que conta con xente como Carlos Blanco ou Uxía, e que puxo en marcha proxectos como María Fumaça (2012) e Xiqui Xoque, fiú, fiú! (2014). A seguir, o apartado “Reivindicando a Rosalía” está dedicado ás obras que xiran ao redor da poesía desta escritora. Comézase por comentar Rosalía Pequeniña, obra de Uxía e Marina Seoane, con prólogo de Begoña Caamaño. Alúdese tamén o libro-CD A miña primeira Rosalía (Xerais, 2013), de Xiana e Xosé Lastra con ilustracións de María Manuela, orientado ao traballo na aula. Coméntase ademais a continuación de Tic-tac en Toc-toc (2013), premio Martín Códax da Música, no que se tratan figuras tradicionais como o Apalpador ou Pedro Chosco. Na seguinte sección, “A recuperación da tradición”, saliéntanse obras que recuperan arrolos, xogos e letras de transmisión oral, entre elas Para cantar e bailar (Do Cumio, 2008), ilustrada por Serxio Cobos, e Xogos musicais (Do Cumio, 2013), ilustrada por Marta Iglesias, ambas de Luís Prego; ou Na punta do pé (Kalandraka, 2010), do grupo Pesdelán con ilustracións de Joao Vaz de Carvalho; Pan de Millo, do grupo Migallas con ilustracións de Dani Padrón; Non hai berce coma o colo (Kalandraka, 2014), de Magoia Bodega e Paulo Nogueira; Gatuxo, de Magín Blanco; Traca-Traco, de Paco Rivas; e Brinca Vai, ilustrado por David Pintor e interpretado por Paco Nogueiras. No último apartado, “Ampliando os públicos”, reflexiónase sobre a expansión deste xénero cara ao público xuvenil, con obras como A caza do ghazafello (Xerais, 2011), con textos de Denis M, música de Marcos Paino e ilustracións de Sara López; ou Rapoemas (Galaxia, 2012), da artista Aid, no que se musican clásicos da literatura galega a ritmo de rap; A terra queima, de Lalo Carnota e Xurxo Souto e Estamos no verán, de Xoán Curiel. Alúdese á falta de visibilidade destas obras no seu momento, debido ao proceso de castelanización desta franxa de idade. En canto á libro-CDs máis recentes, coméntanse as propostas Cadros dunha exposición (Kalandraka, 2015), de José Antonio Abad Varela e ilustracións de Xosé Cobas; e Sira e o robot, Adventures on Titan (Xerais, 2015), de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira con ilustracións de Miguel Sende Gómez, que se orienta cara a aprendizaxe do inglés. Conclúese salientando o incremento da publicación

Page 225: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

en formato libro-CD nos últimos anos e o feito de que se trata dun sector en cambio a medio camiño entre a produción literaria e musical. Bragado, Manuel, “Agustín, creador de materiais didácticos”, Revista Galega de Educación, n.º 66, “Lembrando a Agustín Fernández Paz”, novembro 2016, p. 73. Co gallo do pasamento de Agustín Fernández Paz, achégase un apartado no que diversos persoeiros fan unha lembranza do escritor. Saliéntase a súa participación na creación de materiais didácticos e libros de texto en galego ao abeiro do primeiro director de Xerais, Xulián Maure Rivas. Entre os seus proxectos de publicacións didácticas, alúdese á “A maxia das palabras”, contos depregables acompañados de cadernos dirixidos ás familias e ao profesorado; e o cartafol documental En galego vivo Vigo, en galego Vigo vai. Saliéntase ademais o seu traballo no consello de redacción das revistas As Roladas2 do Movemento da Escola Popular Galega, e a Revista Galega de Educación. Conclúese describindo a Fernández Paz como un editor consciente do seu papel na formación lectora. Campo Freire de Roca, Xaquín, “Carta aberta para Balbino na morte de seu pai”, Encrucillada, n.º 196, “In memoriam”, xaneiro-febreiro 2016, pp. 79-80. Preséntase, en forma de carta dirixida ao personaxe de Balbino, unha homenaxe a Xosé Neira Vilas. Faise referencia a Memorias dun neno labrego, co que se identifica o autor do escrito, e faise unha crítica á ausencia da lingua galega na escola. Casalderrey, Fina, “Xosé Neira Vilas: ‘xornaleiro’ do celuloide”, Tempos Novos, n.º 224, ProTexta, “ProTagonista”, xaneiro 2016, pp. 82-83. Co gallo do pasamento de Xosé Neira Vilas (Gres 1928-2015) faise referencia ás súas obras Memorias dun neno labrego e Cantos de sol a sol, destacando que esta última foi prologada por Fina Casalderrey. Dáse conta do traslado ao cinema da obra Querido Tomás, a cargo de Uxía Blanco e Fina Casalderrey. Saliéntase o emprego nesa obra do monólogo interior, a ambientación nas Insuas de Ponteledesma e a acción, centrada nunha mestra de aldea que lembra o seu amor de xuventude perdido na emigración. Afóndase nas características da súa transformación en curtametraxe. _____, “Un silencio sonoro”, Tempos Novos, n.º 231, ProTexta, “ProTagonista”, agosto 2016, p. 73. Co gallo do pasamento de Agustín Fernández Paz, faise referencia ao libro As flores radioactivas, galardoado co Premio Merlín de Literatura Infantil. Saliéntase que a temática da súa produción xira arredor da axuda ao próximo, a igualdade, a memoria histórica, a estimulación da lectura ou a fantasía. Faise fincapé no labor docente do autor en relación ao seu papel na consolidación da Literatura Infantil e Xuvenil e na difusión internacional da literatura galega. Faise referencia á proposta de Sierra i Fabra de que se lle outorgue o Premio Andersen a Fernández Paz. Apúntase a pertenza do autor á Xeración Lamote, aclarando que a denominación responde ao personaxe dunha

Page 226: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

obra de Paco Martín que lle valeu o 1º Premio Nacional de LIJ. Por último, indícase que a súa obra é unha das máis difundidas da LIX. Caxade, Alonso, “Viches a Rosalía de Castro? Literatura e vídeo na escola unitaria de Lañas”, Revista Galega de Educación, n.º 64, “Ensinar… non sen a poesía”, febreiro 2016, p. 34-36. Comézase por facer unha reflexión sobre o papel formador da escola, tanto nas aulas como fóra delas, para introducir a historia do proxecto “Viches a Rosalía de Castro?”, levado a cabo con nenos de tres a cinco anos na escola unitaria de Lañas. Saliéntase a dificultade de achegar no tempo a figura da escritora, pero que se superou grazas á curiosidade dos rapaces polos biodatos, que van seguindo as súas pegadas a través do libro Cantares gallegos. Alúdese tamén á dificultade de levar a cabo proxectos como este dentro dos modelos administrativos. Indícase que a experiencia culminou coa gravación e presentación ao concurso “Imaxina Cantares”, no que resultaron vencedores. Conclúese salientando a necesidade de dar a coñecer a escola. Costas, Ledicia, “Só se pode ser universal desde as propias raíces”, Revista Galega de Educación, n.º 66, “Lembrando a Agustín Fernández Paz”, novembro 2016, p. 75. Co gallo do falecemento de Agustín Fernández Paz, achégase un apartado no que diversos persoeiros fan un percorrido polas súas lembranzas do escritor. Neste artigo, a partir do libro O rastro que deixamos (Xerais, 2012), Ledicia Costas reflexiona sobre a pegada de Fernández Paz na súa obra. Saliéntanse dúas ideas do autor: a necesidade de escribir dende as propias raíces para chegar á universalidade e a idea de que a literatura infantil e xuvenil non é unha literatura menor. Do Campo, Xabier P., “Carta do inverno da ausencia”, Luzes, n.º 33-34, República, “Opinión”, 2016, pp. 88-89. Co gallo do pasamento de Agustín Fernández Paz, achégase unha carta na que Xabier P. Docampo repasa as súas vivencias co escritor e salienta o seu compromiso coa lingua galega. Ponse de relevo a figura dos mestres e o nacemento dunha literatura infantil e xuvenil galega para achegar a lingua aos estudantes. Fernández Rodríguez, Áurea, Luna Alonso, Ana, Galanes Santos, Iolanda e Montero Küpper, Silvia (Bitraga, Universidade de Vigo), “A pegada na tradución da obra de Agustín Fernández Paz”, Tempos Novos, n.º 231, ProTexta, “ProTagonista”, agosto 2016, pp. 80-81. Analízanse as achegas á tradución da obra de Agustín Fernández Paz. Saliéntase que se trata dun dos autores máis traducidos en Galicia e España, destacando as traducións ao catalán de Les flors radioactives (Bromera, 1991), Contes per paraules (Cruïlla, 1991) e El tresor del drac Rebuf (La Galera, 1992). Faise referencia á faceta de tradutor do propio autor respecto á súa produción. Menciónase a contribución das editoriais peninsulares e dos premios neste labor de tradución. Menciónanse as traducións ao

Page 227: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

aranés, castelán e éuskera de O tesouro do dragón Smaug (La Galera. 1992), o galardón Premio Lazarillo outorgado a Contos por palabras, que entrou na Lista de Honra do IBBY, foi finalista no Premio Nacional de Literatura e traducida ao castelán éuskaro e asturiano; así coma ao Premio Rañolas do ano 1995 recibido por Cartas de inverno, finalista do Premi Protagonista Jove do Consell Català del Llibre traducida ao catalán, éuscaro, castelán e portugués e bretón. Destácase a tradución ao catalán de Aire Negro tras ser galardoada co Premi Protagonista Jove 2001 e tamén ao castelán e ao vasco. Tamén se alude á tradución ao castelán de Corredores de Sombra, ao Premio Edebé en 2005 para A escola dos piratas que se traduciu ao catalán, castelán e vasco; e a O único que queda é o amor galardoada co Premio da AELG á mellor obra de LIX do 2007, traducida ao castelán, ao catalán e ao portugués. Tamén se alude ás obras traducidas fóra do ámbito nacional como Le libre des petites annonces (2001), Raparigas (1999), O centro do labirinto (2002), O laboratorio do Doutor Nogueira (2008 e 2009), á tradución ao árabe de Avenida do parque, 17, e ás versións coreanas de O meu nome é Skywalker (Myung Jin, 2004), A escola dos piratas (BookinFish, 2010) e O único que queda é o amor (Booklight, 2012), á tradución ao chinés de Upa! e A escola dos piratas (Liaoning Children’s Publishing House, 2015), á tradución italiana de Valados (Piemme, 2013), e de Aire negro ao búlgaro e ao inglés na colección “Galician Classics” de Small Stations Press. Por último, achéganse as causas do incremento da tradución da literatura infantil e xuvenil e a importancia da obra de Fernández Paz neste eido; e alúdese á tradución ao esloveno de O meu nome é Skywalker. Forcadela, Manuel, “Agustín Fernández Paz EXEMPLAR E MEMORABLE”, Tempos Novos, n.º 231, ProTexta, “ProTagonista”, agosto 2016, pp. 68-69. Faise referencia ao labor docente de Agustín Fernández Paz e ponse en relación coa súa faceta de autor. Alúdese á súa obra Cartas de inverno e á súa temática de misterio e medo. Saliéntase o compromiso de Fernández Paz co uso da lingua galega e a crítica do autor ao poema en defensa da lingua “Sétima Alocución” de Manuel Forcadela. Apúntase a importancia temática da memoria e da estética realista en A Viaxe de Gagarin. Ponse en relación a súa obra coa doutros autores coma a de Castelao. Faise referencia á crítica do autor ao poema “Carta á nai no día de defuntos” de Manuel Forcadela. Por último, destácase a utilidade para a reflexión da obra de Fernández Paz. García Fonte, Mª dos Anxos, “A nación dos nenos. Contando e cantando con voces infantís”, Tempos Novos, n.º 224, “ProTexta”, “ProTagonista”, xaneiro 2016, pp. 79-80. Co gallo do pasamento de Xosé Neira Vilas (Gres 1928-2015) faise referencia ás súas obras Memorias dun neno labrego, Xente no rodicio e A muller de ferro. Dáse conta da súa recepción no contexto escolar. Saliéntase a temática da primeira obra en torno a pobreza, a necesidade e a diferenza de clases do mundo rural galego. Apúntase a relación entre o contido de Memorias dun neno labrego e a obra de Rosalía de Castro Cantares gallegos, cuxas temáticas abordan a situación de miseria de Galicia e na emigración, a exaltación da paisaxe e dos sentimentos; e coa obra Adiós María, de Xohana Torres, coa que comparte a visión sobre o paro no mundo rural e a emigración. Alúdese á estratexia empregada nas tres obras de descubrir a hipocrisía social e o dominio ideolóxico a través da voz dun cativo de condición marxinal e á súa importancia e eficacia comunicativa na literatura galega.

Page 228: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

_______, “A nación dos nenos. Contando e cantando con voces infantís”, Tempos Novos, n.º 224, “ProTexta”, “ProTagonista”, xaneiro 2016, pp. 80-81. Dáse conta da nova publicación de Aqueles anos do Moncho en 2015 a cargo da editorial Galaxia. Alúdese ás características formais da obra. Apúntase a súa adscrición ao “Ciclo (ou triloxía) do neno” xunto con Cartas a Lelo e Memorias dun neno labrego, das que destaca que comparten o protagonismo dun neno que pasa da infancia á adolescencia no mundo rural galego. Achégase que o argumento da obra xira arredor do carácter de Moncho e dos sucesos que o arrodean no seu paso á xuventude, marcado pola morte dun familiar e o vínculo cos fuxidos. Destácase a profundidade psicolóxica do protagonista, o uso do narrador en terceira persoa, a estrutura en dezaoito capítulos e alúdese aos diferentes personaxes que encarnan a sociedade da época. Saliéntase o pouso de crítica e denuncia das inxustizas socias e políticas, así como a discriminación da lingua, que ten lugar na obra a través da perspectiva do protagonista. Sublíñase a estética realista, a súa ambientación rural e a temática sobre a pobreza e a emigración en relación co resto da produción do autor. Lorenzo Gil, César, “Fernández Paz, o xastre que cosía universos bonitos”, Luzes, n.º 33-34, “República”, “Reportaxe”, 2016, pp. 83-86. Faise un repaso polo universo creativo do escritor Agustín Fernández Paz. Tras unha breve introdución, no apartado “Xa está todo inventado. Déamoslle, se acaso, un xeitiño”, saliéntanse os piares da súa narrativa: punto de vista, estrutura e tema, que á súa vez se abordan cunha lingua elevada pero accesíbel. Ademais, preséntase a súa figura de precursor para outra xeración de escritores, como Antonio Manuel Fraga, que se achegaron á literatura universal a través dos textos de Fernández Paz. A seguir, en “Pedagoxía, ben entendida”, fálase do seu labor como mestre e o seu compromiso coa lingua; mentres que no apartado “Os bocadillos de nocilla, o Xabarín Clube, os libros do Agustín”, recóllese a popularidade entre os lectores xuvenís de obras como Contos por palabras (Xerais, 1991) ou Amor dos quince anos, Marilyn (Xerais, 1995 e 2001). Por último, en “Non apto para adultos”, fálase da publicación da súa novela A viaxe de Gagarin (2014) na colección para adultos de Xerais, xunto con Non hai noite tan longa (2011), as súas únicas obras non dirixidas estritamente ao público xuvenil. ______, “Libros para soñar”, Luzes, n.º 29, “República”, “Reportaxe”, 2016, pp. 86-91. Faise un repaso pola historia da editora Kalandraka, nacida en 1998 en Pontevedra, co desexo de vincular o libro á contorna familiar. Coméntase a expansión do selo, que conta con dezaoito coleccións e coa filial Faktoría K, onde se publican once coleccións, nas que se dá cabida á literatura experimental e innovadora e a traducións de obras estranxeiras. Saliéntase a especialización de Kalandraka nos libros infantís, nos que se coida a ilustración e se seguen as tendencias. Alúdese, tamén, á organización do Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela. Coméntase o papel da exportación como unha das chaves do éxito desta editora, que chega a lugares como América Latina, Estados Unidos ou Xapón; de xeito similar a editoras como Rinoceronte (cos selos Pulp Books e Sushi Books) ou a editora Mar Maior, dependente de Galaxia. Saliéntanse, ademais, a cantidade de galardóns recollidos por Kalandraka, especialmente nos premios Daniel Gil de Deseño Editorial

Page 229: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

que convoca a revista Visual. Destácase que no ano 2016 foi premiado como mellor libro infantil Só un segundo, do brasileiro Flavio Morais; e a deseñadora Macu Fontarigo e Faktoría K recibiron unha mención polo álbum Animalario no apartado de deseño de libros. Conclúese reflexionando sobre a expansión de Kalandraka que inclúe produtos como Casa K, unha marca téxtil de roupa infantil con espírito artístico; e poñendo de relevo a necesidade do apoio institucional. Mociño González, Isabel, “Para sempre nos labirintos da memoria”, Tempos Novos, n.º 231, ProTexta, “ProTagonista”, agosto 2016, p. 78. Lembranza de Agustín Fernández Paz (Vilalba, Lugo, 1947-Vigo, 2016) con motivo do seu pasamento na que se destaca a bondade e entrega coa que o autor actuou ao longo da súa vida, o compromiso coa cultura e a súa obra orixinal e diversa. De toda a súa produción, salienta a novela O centro do labirinto (1997), por considerar que nela están presentes as “marcas da casa”, os elementos caracterizadores da obra do autor vilalbés, como os protagonismos femininos, as localizacións en trasuntos de cidades galegas, a memoria, o ecoloxismo ou as cuestións identitarias, ademais de símbolos moi recorrentes como o labirinto e a colcha de trapos como símbolo da desigualdade e a e a diversidade social. Remata destacando as diferentes facetas de Fernández Paz e as múltiples liñas que explorou na súa produción literaria, considerada o mellor legado. Monteagudo Alonso, Antía, “Fontán en Europa”, Tempos Novos, n.º 226, “ProTexta”, “ProPostas”, marzo 2016, p. 84. Recensión da obra Fontán (Galaxia, 2015), de Marcos Calveiro, na que se alude á relevancia da produción do autor no eido da literatura infantil e xuvenil. Tamén se fai referencia á temática das súas novelas para adultos Festina Lente (2008) e Settecento (2010), salientando, respecto á primeira, que foi galardoada co Premio da Crítica, Fervenzas Literarias e Irmandades do Libro. Infórmase de que Fontán foi galardoada co Premio Repsol e destácase que constitúe unha novela sobre a vida de Domingo Fontán. Recóllense os fitos máis importantes da traxectoria científica deste personaxe e alúdese ás referencias presentes ao mesmo na obra de Otero Pedrayo Arredor de si. Saliéntase que a obra de Calveiro abrangue a totalidade da traxectoria vital de Fontán, pero tamén a importancia na mesma da ambientación e do contexto histórico social. Apúntase a adecuación de incluír, a nivel estrutural, noticias doutros científicos e pensadores. Por último, sublíñase a problemática da narración lineal en detrimento dunha selección das achegas significativas do percorrido vital do protagonista. Pena Presas, Montse, “Agustín Fernández Paz. O triunfo da educación literaria, o triunfo da literatura de fronteiras”, Grial, n.º 211, “O espello das letras”, xullo, agosto, setembro 2016, pp. 104-109. Faise un percorrido polas achegas de Agustín Fernández Paz á literatura infantil e xuvenil galega. Destácase que esta produción do autor xorde, xunto coa doutros escritores, a raíz do seu labor de redacción de libros escolares e da percepción da falta de literatura en galego para a infancia e a xuventude. Faise referencia ás primeiras obras para este público como son Memorias dun neno labrego (1961) de Neira Vilas, Os

Page 230: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

soños na gaiola, de Manuel María e A galiña azul (1968), de Carlos Casares. Tamén se mencionan a importancia neste eido das achegas de Helena Villar e Concha Blanco. Alúdese á proliferación da Literatua Infantil e Xuvenil a raíz de serlle outorgado o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil a Paco Martín en 1985 pola obra Das cousas de Ramón Lamote. Infórmase da pertenza de Fernández Paz á “Xeración Lamote” xunto con Paco Martín, Docampo e Fina Casalderrey. Achéganse as características temáticas e estilísticas da produción infantil e xuvenil deste grupo de escritores. Tamén se analiza o contido e, nalgún caso a estrutura e o estilo, das seguintes obras de Fernández Paz: Cartas de inverno (1995), Aire Negro (2000), As fronteiras do medo (2012) e A neve interminable (2015) nas que se destaca a temática do misterio; O rastro que deixamos (2012), Non hai noite tan longa (2011), A viaxe de Gagarin (2014), Noite de voraces sombras e Corredores de sombra que xiran arredor da memoria; e, por último, O único que queda é o amor (2007), gañadora do Premio Nacional de Literatura, de temática amorosa. Outras obras analizadas son A cidade dos desexos (1989), As flores radioactivas (da que se destaca que foi galardoada co Premio Merlín en 1989), O centro do labirinto e Trece anos de Branca. Ademais afóndase na consideración da produción do autor como “literatura de fronteira” como unha das causas do seu éxito e na pegada da súa obra en autores posteriores coma María Canosa ou Ledicia Costas, entre outros. Apúntase que a obra de Antonio Manuel Fraga, Querido H. P. Lovecraft (2015) supón unha homenaxe a Fernández Paz e á influencia de Cartas de inverno. Menciónase a homenaxe do autor a autores clásicos como Rosalía de Castro. Por último, faise a recompilación da pegada da obra deste escritor na literatura galega. Pintor, David, “Ilustrando en Galicia”, Grial, n.º 210, “Temas do noso tempo”, abril, maio, xuño 2016, pp. 59-69. No contexto dun estudo sobre a ilustración en Galicia alúdese á obra pictórica de Castelao e doutros ilustradores galegos poñendo en relación a súa relevancia coa obra literaria doutros persoeiros da literatura galega como Rosalía de Castro ou Manuel Curros Enríquez. Recóllense as declaracións de Ledicia Costas como gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil e tamén as de Xosé Ballesteros como director da editorial Kalandraka a propósito do desenvolvemento da ilustración en Galicia. Rodríguez, Nieves e Barreiro, Manuel, “Dúas narrativas para todas as vacas do mundo”, Tempos Novos, n.º 229, “Crítica”, xuño 2016, pp. 75-76. Recensión da banda deseñada Muuh! No prado das vacas (Figurando Recuerdos Edicións, 2015), de Jean-Marc Troubet. Incídese en que a obra presenta dúas historias: a realista dunha personaxe humana, na que se inclúen debuxos de vacas con notas sobre os animais; e a surrealista, na que as vacas aparecen humanizadas e caricaturizadas, na que se tratan temas como o ecoloxismo. Incídese no protagonismo das vacas e na fusión dos comentarios da personaxe coa narrativa clásica centrada nos animais. Saliéntase que a tradución garante a adecuación lingüística. Senín, Xavier, “Abrir as fiestras”, Tempos Novos, n.º 231, “ProTexta”, “ProTagonista”, agosto 2016, p. 76.

Page 231: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Co gallo do pasamento de Agustín Fernández Paz faise referencia ao seu labor de creador, crítico e promotor da literatura infantil e xuvenil. No eido da crítica saliéntase a obra 28 libros da literatura infantil e xuvenil galega, destacando que se trata dunha análise de obras representativas, e máis Os libros infantís galegos que achega o panorama histórico e social centrado na normalización lingüística na que se desenvolve a literatura galega para os máis novos. Menciónanse tamén na mesma liña Ler en galego (Estratexias e libros para a animación á lectura dende as aulas), Animación á lectura, A literatura infantil e xuvenil en galego e Para lermos cómics. Faise fincapé no seu labor de divulgador literario e de creador, así como no seu papel na consolidación da LIX con outros autores coma Fernando Pérez Barreiro, Teresa Barro, Paco Martín, Antón Santamarina, Xabier Docampo, Fina Casalderrey ou Óscar Villán, galardoados con diferentes premios. Destácase que é o autor máis lido da LIX galega e alúdese á difusión da súa obra a través de traducións a diversas linguas nacionais e internacionais. Soto, Isabel, “Apañando os teus rastros”, Tempos Novos, n.º 231, “ProTexta”, “ProTagonista”, agosto 2016, p. 82. Co gallo do pasamento de Agustín Fernández Paz e nun texto de creación que pretende conmemorar o seu recordo alúdese ao relato “Esta estraña lucidez”, incluído na obra O único que queda é o amor. Faise referencia ao contido da obra arredor da revisión do pasado e á utilización da voz narrativa dun can. Suárez Recouso, Estela, “A frescura de As Rapazas”, Tempos Novos, n.º 231, “ProTexta”, “ProTagonista”, agosto 2016, p. 72. Faise referencia á obra Rapazas (1993), de Agustín Fernández Paz, e ás súas características formais, así como ao protagonismo feminino e á posterior conversión da mesma no libro Trece anos de Branca (1994). Destácase que se trata de seis relatos sobre a adolescencia feminina e achégase o argumento de cada un deles, salientando os temas xerais do amor, a amizade, a superación, a igualdade, a morte, o misterio ou o emprego da lingua galega. Vázquez Freire, Miguel, “De como perder o medo á poesía”, Revista Galega de Educación, n.º 64, “Entrevista”, febreiro 2016, pp. 44-47. Achégase unha entrevista con Anna Ballester e Antonio García Teijeiro, centrada no tema de como levar a poesía ás aulas. Reflexiónase sobre as razóns para a ausencia da poesía, entre as que se alude á falta de competencia literaria. Coméntase, ademais, a proposta de achegarse á poesía dende o aspecto lúdico e a necesidade de atopar un equilibrio entre a solemnidade e a trivialización. Vázquez Freire, Miguel, “Agustín último”, Revista Galega de Educación, n.º 66, “Lembrando a Agustín Fernández Paz”, novembro 2016, p. 76.

Page 232: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Co gallo do pasamento de Agustín Fernández Paz achéganse diversas reflexións nas que persoeiros da cultura fan unha lembranza do escritor. Neste artigo, repásase a súa produción dende 2010. Saliéntase a presenza do seu compromiso ético e político, con temas como a ecoloxía, os conflitos familiares e a reivindicación da fantasía. Analízanse, ademais, a singularidade de dúas novelas longas, A viaxe de Gagarin e Non hai noite tan longa, nas que se percibe un alento pesimista, que tamén está presente no relato Fantasmas de luz.

Page 233: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.5. 4. PUBLICACIÓNS EN XORNAIS: ESTUDOS E RECENSIÓNS

Agrelo, Eulalia, “LIBROS: ‘Viaxe á semente: Dende os refachos do corazón ata onde habita o imaxinario’ (Real Academia Galega, 2013)”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “Para coñecela + 2000”, 24 xaneiro 2016, p. 6. Resume o contido de Viaxe á semente: Dende os refachos do corazón ata onde habita o imaxinario (Real Academia Galega, 2013), discurso lido por Fina Casalderrey co gallo da súa entrada na Real Academia Galega. Indica que no apartado “Refachos do corazón” descobre o seu achegamento á lingua e cultura do país; que en “Un conto para don Xaime”, loa a figura egrexia do intelectual galeguista don Xaime Isla Couto; que en “Onde habita o imaxinario” achégase ás paisaxes e lembranzas da infancia, ademais de facer un percorrido por algúns dos nenos e nenas da literatura galega e foránea non etiquetada como infantil e xuvenil. Tamén comenta a súa experiencia como mestra e escritora. Na resposta da académica Rosario Álvarez Blanco recupéranse importantes retallos vivenciais da autora pontevedresa, faise eco do seu labor a prol do galego e da educación e intérnase na súa produción literaria, da que destaca a presenza do espazo e a súa excelente recepción a través das traducións e dos premios alcanzados. _____, “LIBROS: ‘Premios literarios e de ilustración na LIX (2014)’, de Blanca-Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez (coord.)”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “Para coñecela + 2000”, 13 marzo 2016, p. 4. Céntrase no volume Premios literarios e de ilustración na LIX (Xerais, 2014), coordinado por Blanca-Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez. Sinálase que este monográfico dos membros da Rede temática de investigación “As Literaturas Infantís e Xuvenís no Marco Ibérico e Iberoamericano” parte dunha análise introdutoria de Anxo Tarrío sobre o fenómeno e a importancia actual dos premios literarios á luz das liñas teóricas de inspiración sistémico-sociolóxica. Apúntase que outros traballos se achegan aos premios internacionais e nacionais máis prestixiosos da Literatura Infantil e Xuvenil, así como ofrecen unha serie de panorámicas sobre os principais premios literarios e de ilustración no ámbito ibérico e iberoamericano. Tamén se achega, brevemente, aos artigos que abordan o ámbito galego: “Los premios Lazarillo y Nacional de Literatura Infantil y Juvenil”, de Mª Victoria Sotomayor Sáez e Jesús Díaz Armas; e “Os premios literarios e de ilustración na Literatura Infantil e Xuvenil galega”, de Blanca-Ana Roig Rechou e Isabel Soto. _____, “Da decadencia á esperanza”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 27 marzo 2016, p. 5. Coméntase Nena e o mar (Xerais, 2015), de Érica Esmorís (A Coruña, 1977), que foi Premio Merlín 2015. Indícase a súa estrutura en dezasete episodios, o seu carácter de novela coral, o uso dun narrador heterodiexético, a importancia da protagonista quen actúa como unha “destemida heroína” e resúmese o seu argumento cheo de aventura e emoción “que nos fai lembrar o relato de “A serea da Illa Negra” de Agustín Fernández Paz”.

Page 234: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

_____, “Interesante achega sobre a literatura de transmisión oral”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 28 agosto 2016, p. 6. Describe a estrutura de Odres nuevos: retos y futuro de la Literatura Popular Infantil (2015), volume colectivo coordinado por Cristina Cañamares Torrijos, Ángel Luis Luján Atienza e César Sánchez Ortiz que reflexiona sobre as liñas de investigación, o futuro e os retos no campo da poesía e da narrativa popular infantil e o seu aproveitamento didáctico. Indica que no segundo bloque se insire “Las reescrituras de los cuentos maravillosos en la Literatura Infantil y Juvenil gallega”, no que Mª del Carmen Ferreira Boo analiza textual e paratextualmente o tratamento que reciben dous personaxes arquetípicos dos contos marabillosos, a bruxa e a princesa, nunha pequena selección de seis obras narrativas da Literatura Infantil e Xuvenil galega: Matapitos.com (Xerais, 2000), de Gloria Sánchez; Feitizo (Xerais, 2001), de Xosé Miranda; A bruxa regañadentes (OQO, 2005), de Tina Meroto; A princesa que bocexaba a todas horas (OQO, 2005), de Carmen Gil; A princesa que venceu a sombra (Everest, 2007), de Xoán Babarro e Titiritesa (OQO, 2007), de Xerardo Quintiá. Conclúe que os personaxes sofren moitas modificacións para transmitir valores da sociedade actual. Álvarez Pérez, Mónica, “LIBROS: ‘Educação literária e literatura infantojuvenil’ (Tropelias&Companhia, 2013)”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “Para coñecela + 2000”, 14 febreiro 2016, p. 6. Comenta a estrutura e contido da monografía Educação literária e literatura infantojuvenil (Tropelias&Companhia, 2013), de Blanca-Ana Roig Rechou. Indica que no prólogo Ana Margarida Ramos salienta o labor da autora no eido da investigación e divulgación da Literatura Infantil e Xuvenil galega e o recoñecemento académico e institucional alcanzado. A seguir, na introdución a autora explica que presenta unha revisión e actualización dos artigos publicados entre 1989 e 2013. Logo indica que se estrutura en tres bloques: “Literatura Infantil e Xuvenil. Educación Literaria”, onde ofrece reflexións sobre a definición de Literatura Infantil e Xuvenil, o labor dos mediadores e a necesidade de promoción da Literatura Infantil e Xuvenil; “Canonización. Premios literarios”, no que afonda no proceso de canonización e reflexiona sobre os obxectivos dos premios literarios e a súa importancia para establecer o canon; e “O valor social da lectura literaria”, onde destaca o valor social da Literatura Infantil e Xuvenil. _____, “LIBROS: ‘Literatura para a Infância e a Juventude e Educação Literária, (Deriva Editores, 2013), de María Madalena Carlos Teixeira da Silva e Isabel Mociño González (coords.)”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “Para coñecela + 2000”, 27 marzo 2016, p. 5. Indica que Literatura para a Infância e a Juventude e Educação Literária, (Deriva Editores, 2013), de María Madalena Carlos Teixeira da Silva e Isabel Mociño González, analiza e reflexiona sobre a relación entre Literatura e Ensino. Ofrece a súa estrutura e enumera os títulos dos traballos que tratan a Literatura Infantil e Xuvenil galega. Alonso Montero, Xesús, “Homero na Estrada”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “No ficción”, “Beatus qui legit”, 2 setembro 2016, p. 12.

Page 235: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Comenta As aventuras de Odiseo (Embora, 2016), o novo libro de Xosé Luna Sanmartín que acolle seis pezas breves de teatro na que “personaxes e accións están encamiñados á consecución do retorno feliz”, achegando o poema de Homero a nenos e adultos, con personaxes que non aparecen na obra orixinal pero que están moi ben caracterizados para a trama. Indica que as ilustración de Eva Seoane “son unha regalía para os ollos dos picariños e dos grandes”. Araguas, Vicente, “Cousas de Neira”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 921/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 921, “máis Libros”, 21 febreiro 2016. p. 30. Comeza destacando a figura de Neira Vilas e o pesar polo seu pasamento, facendo referencia á súa faceta como escritor e eloxiándoo por ser un home comprometido coa sociedade e cos males que padece. Despois salienta que os versos recollidos en Galicia, nosa ledicia (Embora, 2015) están dirixidos ao público infantil, pero non por iso son inferiores en calidade, e tamén a mestría das ilustracións que o acompañan, realizadas por Dani Viéitez e Iria Iglesias. _____, “Petando nas portas do ceo”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 932/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 932, “máis Libros”, 8 maio 2016. p. 30. Salienta a figura do cantautor Bob Dylan para logo dar paso a unha breve análise do libro de poemas de Antonio García Teijeiro Petando nas portas de Dylan, publicado inicialmente no 2007. Ademais, tamén destaca a intemporalidade da obra, que define como “un libro que glosa cancións de Dylan” no cal Teijeiro revisita varias das cancións do artista a partir dun verso ou anaco delas. _____, “Este é un conto”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 934/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 934, “máis Libros”, 29 maio 2016, p. 30. Comenta de Jaureguizar que se desentenda de ensinanzas morais e se atreva a afastar as súas creacións do politicamente correcto, poñendo como exemplo Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido (Xerais, 2015). Tamén destaca que se trata dunha obra para os máis novos pero que ben pode ser gozada polos adultos. Fala brevemente do argumento e recoméndaa especialmente para os lectores gustosos da novidade e da “literatura fresca”. _____, “Ímonos deixar de chilindradas”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 949/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 949, “máis Libros”, 4 setembro 2016, p. 30. Sinala que O álbum de Garrincha (Galaxia, 2015), de Beatriz Maceda Abeleira parte da súa experiencia persoal cando viu nun estadio a Garrincha, un cativo brasileiro que viñera a Galicia emigrando cos seus pais e intenta integrarse a través do fútbol. Indica que a historia é parecida a vida real de Garrincha, pero que “leva o mellor dos camiños logo da certa dureza iniciática”.

Page 236: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Blanco Casás, Laura, “Viaxando con Chumbo”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 571, “Libros”, 11 febreiro 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 528, “Letras galegas”, 20 febreiro 2016, p. 10. Fala da traxectoria do autor, tamén na súa faceta ensaística, dos case corenta anos que dedicou ao ensino e da súa paixón pola literatura oral e polo patrimonio galego en xeral. Ademais comenta brevemente algunha das súas publicacións pasadas e remata presentando o argumento da súa última obra, O inspector Chumbo (Ir Indo, 2015), que define como “unha narración axeitada e correcta nas súas formas que, sen maiores pretensións, divertirá ao lectorado máis novo”. _____, “Andrea Bayer e os seus monicreques”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 10 abril 2016, p. 4. Reflexiona sobre O lobo e a lúa (Xunta de Galicia/Baía Edicións, 2015), XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques no ano 2014, de Andrea Bayer Lloves (Redondela, 1974) e con “magníficas ilustracións” de Chus Ferrín. Indica que seis personaxes interveñen na acción, que a escenografía é unha mesa inclinada cara ao público cun caixón, onde representan o seu papel monicreques de man e de vara, e que as acotacións son parte moi importante da representación. Sinala que conta cun argumento sinxelo que se desenvolve en dez escenas e que a clave da peza e a “divertida e atraente intriga”. Por último, refírese á súa posta en escena pola compañía Baobab Teatro. Bouzas Gorgal, Belén, “Manuel Rivas reedita un conxunto de historias conmovedores”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 3 xullo 2016, p. 4. Salienta a reedición de Madonna e outros contos de inverno (Xerais, 2015), de Manuel Rivas. Indica que se trata dun “conxunto de historias conmovedoras” en diversidade de ambientes e épocas que abordan temas como “o poder do amor, a dor da emigración, a amizade, a resistencia no franquismo, a crise das vacas tolas ou o tráfico de drogas”. A seguir, resume o argumento dos relatos que son “breves e intensos cadros da vida cotiá onde se amalgama o realismo rural, mariñeiro e urbano”, combinados con “pequenas e precisas pinceladas de humor mediante unha linguaxe amena” e con numerosas referencias culturais. _____, “Kalandraka publica unha edición especial de ʻGanapán das palabras”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 18 setembro 2016, p. 4. Dáse conta de que Kalandraka, ao cumprir dezaoito anos de traxectoria editorial e, para conmemorar a súa maioría de idade, recuperou na colección “Demademora” cunha reedición especial o álbum Ganapán das palabras que saíra por primeira vez do prelo en 1998, cando se fundou a editorial. Despois de resumir o argumento da historia, saliéntase que parte dunha sinxela anécdota inicial na que Álvarez Cáccamo consegue unha divertida e enxeñosa historia rimada que convida a cazar palabras cun ganapán.

Page 237: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Coméntase que se destina ao lectorado máis novo, pois presenta un discurso verbal sinxelo e próximo e que gaña poder e enriquécese ao ir acompañado por un estilo visual envolvente que salienta o seu atractivo, provocando así unha lectura máis estimulante para as crianzas. Finalízase cualificando as ilustracións de expresionistas e vangardistas, coas que conseguen un álbum vivo de poesía, para que os máis novos comecen a experimentar coas letras e a súa orde. Fernández, Paula, “Novela iniciática”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 573, “Libros”, 25 febreiro 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 530, “Letras galegas”, 5 marzo 2016, p. 10. Comenta que Alén do remuíño (Urco, 2015) é unha novela iniciática onde se atopan dous mundos ben distintos, o real e o fantástico, por onde o seu protagonista, Xoel, debe transitar. Ademais dá algúns datos de interese sobre a trama e fala da posibilidade dunha dobre lectura: unha amena e divertida apoiada nos diálogos e outra máis profunda onde se fai referencia aos problemas de aceptación entre escolares, á influencia das decisións dos adultos nos máis novos ou ás dificultades que atopa a imaxinación nun mundo como o actual. _____, “Discurso metaliterario”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 580, “Libros”, 21 abril 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 537, “Letras galegas”, 30 abril 2016, p. 10. Recolle un pequeno resumo do argumento da obra Tártarus (2016), de Antonio Manuel Fraga e comenta a predilección do autor polo fantástico, mediante aventuras ambientadas en mundos paralelos e personaxes nobres e valentes, a través dun discurso cargado de metaliteratura que pode ser lido dende dúas perspectivas: a través das historias narradas e/ou a través dos paralelismos ou semellanzas que se poidan recoñecer respecto á realidade actual. Fernández Queiruga, Sandra, “Violencia doméstica e racismo: un canto á liberdade”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 7 agosto 2016, p. 4. Achégase aos contidos do número 47 (2015) do Boletín Galego de Literatura, salientando “O corpo maltratado, sinécdoque da violencia de xénero na literatura vasca” no que Gema Lasarte escolle un corpus de cinco novelas nas que a violencia física e psíquica por parte dos homes cara ás súas mulleres é a protagonista; “Canción do Sur, ou como Disney transformou ao tío Remus no tío Tom”, onde María Míguez López analiza a violencia en Canción do sur, a única película que a compañía Disney non ten á venda, por considerarse racista; e “O Nascimento de um Héroi: análise da segunda cena do acto primeiro da ópera Ulisses em Lisboa de Francisco José Freire”, de Rui Miguel Mateos. Por último, apunta as monografías que son obxecto de recensións na sección “Libros”. _____, “Xénero e cinematografismo”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 14 agosto 2016, p. 6.

Page 238: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Comenta o número 2 (2015) da revista ELOS e salienta dous traballos que ofrecen adaptacións de contos tanto da transmisión oral e da escrita: “Disney e os contos de fadas: historia dun secuestro”, no que María Míguez López dá conta das adaptacións de fábulas “cun amplo contido violento cara a unhas versións moito máis edulcoradas”; e a panorámica que Fernando José Azevedo, Ángela Balça, Moisés Selfa Sastre e Judite Zumith Cruz realizan sobre o cambio de rol das personaxe femininas en seis álbums narrativos infantís publicados na Península Ibérica. Fernández Vázquez, Mar, “LIBROS: ‘Literatura infantil y juvenil. La crítica del siglo XXI’ (Editorial Alegoría, 2014), de Fermín Ezpeleta Aguilar”, El Correo Gallego, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “Para coñecela +. 2000”, 10 abril 2016, p. 4. Indica que Literatura infantil y juvenil. La crítica del siglo XXI (Editorial Alegoría, 2014), de Fermín Ezpeleta Aguilar, acolle trinta e unha reelaboracións de recensións críticas sobre estudos monográficos relativos á literatura hispánica e á doutros ámbitos lingüísticos, publicadas en revistas especializadas. Comenta que o volume conta cunha introdución e nove partes de distinta extensión que se centran en guías de obras clásicas da narrativa e da literatura dramática, nun dicionario histórico de autores contemporáneos, en manuais, na formación do lector e na educación literaria dende o intertexto lector, na histografía literaria, en monografías sobre a narrativa infantil e xuvenil máis recente, caso de A narrativa xuvenil a debate (200-2011) (Xerais, 2012), na relevancia do conto popular, no libro-álbum, na poesía infantil e nas traducións, adaptacións e recreacións de autores clásicos e modernos. Por último, apunta que inclúe unha “selección de bibliografía crítica del siglo XXI”. _____, “Lendas, versos e imaxes”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 3 xullo 2016, p. 4. Comeza incidindo na pervivencia, recuperación e valorización da literatura de transmisión oral por parte de diferentes mediadores. Sintetiza as traxectorias de Antonio García Teijeiro, Antonio Reigosa e Xosé Cobas respecto á transmisión oral e á Literatura Infantil e Xuvenil galegas. Destaca que Lendo lendas, digo versos (2015) “cubre a carencia de recreacións e actualizacións poéticas de seres míticos da cultura popular tradicional galega”, que os autores refiren a importancia de que perviva o relato lendario “xa que este recrea rituais dogmáticos e achega o coñecemento de historias de lugares concretos e tempos heroicos e remotos”. Alude á estrutura da obra, á variedade temática e xeográfica das lendas recollidas e á que as mouras, tiranos, sereas, raíñas, árbores, penedos etc. se caracterizan pola duplicidade ben/mal, dependendo do encantamento. Finaliza resaltando que é unha “obra pioneira” que salienta pola unión de lenda-recreación poética-ilustración do desencantamento, a reinvindicación e contaxio da transmisión oral “a lectores de calquera idade” e a bibliografía incluída que califica “de consulta obrigada para afondar na cultura popular”. _____, “A fotografía dun pasado”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 24 xullo 2016, p. 6. Salienta que Europa Express (Xerais,2015), de Andrea Maceiras responde á mudanza de perspectiva ao deixar atrás “as voces narradoras en terceira persoa e dálles protagonismo aos personaxes que usan a primeira persoa”. Sinala o uso de pluralidade

Page 239: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

de voces narrativas “que serven de contrapunto ao personaxe de Nico”, o xogo de espellos entre o presente e o pasado, a intriga psicolóxica cara á descuberta da verdade e o tratamento de tópicos universais, “caso da inmortalidade, a beleza e a xuventude efémeras e a tentativa frustada do ser humano de apreixar e parar o tempo. _____, “En ʻMentiraʼ lógrase endereitar unha vida incerta”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 7 agosto 2016, p. 4. Comenta que os alicerces de Mentira (Rodeira, 2015), Premio Edebé de Literatura Xuvenil 2015, de Care Santos son a “mentira, xuventude, abandono dos estudos, primeiro amor, baixa autoestima, paixón pola lectura, covardía, amizades tóxicas, vivir sen normas, centro de reforma para menores, falsa identidade virtual, asasinato xuvenil e autoafirmación”. Apunta a abondosa produción literaria da autora e salienta que en Mentira “mestura trazos da novela de formación, de intriga psicolóxica, detectivesca” cunha estrutura cíclica e final aberto, constituíndo “unha reescrita ideolóxica da rebeldía da adolescencia” cun constante diálogo intertextual. Ferreira, Carmen, “A estrambótica Illa do Tesouro”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 28 febreiro 2016, p. 6. Apunta que a escolla do termo estrambótico para A estrambótica Illa do Tesouro (Bululú, 2015) “cualifica moi acertadamente este álbum ilustrado” do dúo artístico Pinto&Chinto. Salienta que se trata dunha “divertida e disparatada adaptación para primeiros lectores” da novela clásica de piratas A illa do tesouro, de R. L. Stevenson. Indica que a narración conserva os personaxes principais “imprimindo nalgúns casos unha humanidade ausente na obra primixenia”, ademais de manter os fitos clave, “pero cunha lente deformante e esperpéntica, baixo o filtro do humor e cun enfoque disparatado”. Ademais sinala que condensan e matizan a trama con novas achegas, como as descricións de animais mariños, e que os tópicos e motivos das novelas clásicas de piratas se adobían con transgresión e humor nesta “reelaboración condensada, cargada de orixinalidade”. Por último, salienta as ilustracións “fundamentais para coñecer visualmente a panda de estrambóticos piratas” e recomenda esta lectura para todos os públicos. _____, “Un bo retorno aos clásicos”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 8 maio 2016, p. 5. Comenta o “ambicioso volume monográfico” Retorno aos clásicos. Obras imprescindibles da narrativa infantil e xuvenil (Xerais, 2014), coordinado por Blanca-Ana Roig, Isabel Soto e Marta Neira. Apunta que no estudo teórico da investigadora Mª Victoria Sotomayor se reflexiona sobre os conceptos de “canon” e “clásico”. Indica que acolle unha selección descrita de vinte e cinco obras narrativas clásicas da literatura universal, que se presentan segundo o criterio cronolóxico de data da primeira edición, e seleccións de obras narrativas fundamentais e imprescindibles da Literatura Infantil e Xuvenil de cada ámbito lingüístico da Península Ibérica (castelán, catalán, galego, portugués e vasco) e da LIX do ámbito iberoamericano no Brasil, México e Uruguai, que se presentan por orde cronolóxica de publicación. Por último, sinala que se comentarios máis profundos; así da selección da narrativa infantil e xuvenil galega coméntanse A galiña azul, de Carlos Casares; Das cousas de Ramón Lamote, de Paco

Page 240: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Martín e Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz, a cargo das investigadoras Mar Fernández, Isabel Mociño e Eulalia Agrelo, respectivamente. _____, “LIBROS. The representations of the spanish civil war in the european children´s literature (1975-2008) (Peter Lang, 2014), de Blanca-Ana Roig Rechou e Veljka Ruzicka Kenfel (eds.)”, El Correo Gallego, “Tendencias”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “Para coñecela + 2000”, 22 maio 2016, p. 6. Indica que The representations of the spanish civil war in the european children´s literature (1975-2008) (Peter Lang, 2014) é un volume colectivo que recolle artigos sobre a representación da Guerra Civil española na Literatura Infantil e Xuvenil europea. Sinala que se estrutura nunha introdución e tres amplos capítulos: “The Representations of the Spanish Civil War in Children and Young Adult's Narrative in the Languages of the Spanish State”, que acolle traballos sobre as literaturas galega, castelá, vasca e catalá; “The Representations of the Spanish Civil War in Children and Young Adult's Narrative in other European Languages”, sobre ss literaturas holandesa, alemá, portuguesa, francófona e inglesa; e “Illustration”, no que se analizan os elementos paratextuais e os recursos máis utilizados nas literaturas do estado español á hora de tratar o tema da Guerra Civil. Por último enumera os títulos dos traballos sobre Literatura Infantil e Xuvenil galega. _____, “Un lapis moi especial e transgresor nunha escola opresora”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 12 xuño 2016, p. 7. Comenta a reedición de O lapis de Rosalía (Xerais, 2015), de Antón Cortizas, na que se substitúen as ilustracións de Margarita Menéndez polas de David Sierra Martínez. Resume o seu argumento e salienta dous elementos “que se configuran como símbolos”: a nena Rosalía e o lapis, “elemento transgresor e rupturista que dá entrada á liberdade creadora nun mundo educativo que coarta e atafaga a fantasía dos nenos”. Indica que se fai un “rico retrato crítico da escola represora e incomprensiva” e que as ilustracións inciden na estreita relación entre Rosalía e o lapis. _____, “Testemuño íntimo de Ana Frank sobre o holocausto nazi”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 24 xullo 2016, p. 6. Repara na reedición renovada de Diario de Ana Frank (Kalandraka, 2015), que prescinde das “suxestivas e evocadoras fotografías artísticas” de Andrés Pinal e se enriquece con pasaxes inéditas. Apunta brevemente o argumento deste diario persoal dunha adolescente xudía quen relata en primeira persoa a realidade cotiá que a rodea, mentres que o lector asiste ao seu proceso de madureza, á relación problemática coas persoas que compartiu a reclusión e á realidade histórica, social e política. Indica que tamén se ofrecen reflexións sobre cuestións máis universais nesta “historia de angustia, tristura e medo atemporal e sincera, mais tamén cargada de esperanza, de optimismo, do desexo de ir cara adiante e de superar a adversidade”. _____, “Novas miradas sobre a Literatura Infantil e Xuvenil”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 28 agosto 2016, p. 6. Aplaude a permanencia do Anuario de investigación en literatura infantil y juvenil, da Asociación Nacional de Literatura Infantil y Juvenil, única plataforma crítica en formato

Page 241: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

papel publicada en Galicia. Dá conta dos contidos do número 13 (2015) que abrangue un abano de artigos plurais e asinados por estudosos de universidades españolas e de Arxentina e Venezuela. Apunta que na segunda parte se recensionan monografías que examinan a literatura para os máis novos dende diferentes enfoques teóricos, metodolóxicos e educativos. García Pedreira, Rocío, “As palabras voadoras para a infancia do Mésseder”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 24 xullo 2016, p. 6. Indica que A escrita para a infância de João Pedro Mésseder ou como trocar as voltas ao silêncio (2015), quinto volume da colección “Vozes e rostos da literatura infantojuvenil portuguesa”, pretende dar a coñecer a obra do escritor portugués João Pedro Mésseder, pseudónimo literario de José Antonio Gomes. Describe a estrutura en catro apartados: “Estudos”, “Escritas”, “Na primeira persoa” e “Ficha biobibliográfica” e o seu contido. Salienta que é “un completo achegamento desde distintos ámbitos a tan relevante figura da Literatura Infantil e Xuvenil portuguesa en ambas as facetas, profesional e persoal”. Mociño, Isabel, “LIBROS. Formação leitora. Obras imprescindíveis/Formación lectora. Obras imprescíndibeis (Tropelias&Companhia, 2014), de Ana Cristina Macedo, Eulalia Agrelo e Sara Reis da Silva (coords.)”, El Correo Gallego, “Tendencias”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “Para coñecela + 2000”, 24 abril 2016, p. 6. Describe o contido do volume Formação leitora. Obras imprescindíveis/Formación lectora. Obras imprescíndibeis (Tropelias&Companhia, 2014), coordinado por Ana Cristina Macedo, Eulalia Agrelo e Sara Reis da Silva, no que se ofrecen estudos, entrevistas, propostas didácticas e recensións críticas realizadas por investigadores galegos e portugueses ao redor da formación lectora e a selección de obras infantís e xuvenís fundamentais de ambos os sistemas literarios. Por último, enumera os títulos dos traballos referidos ao ámbito galego. _____, “Metamorfose contra o mal”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 12 xuño 2016, p. 7. Comenta que o relato Bicha, Premio Pura e Dora Vázquez 2015, de Eli Ríos, recrea “unha metáfora da convulsa etapa de transición entre a infancia e a idade adulta” en nove capítulos curtos nos que se tratan a especulación inmobiliaria e a potencialidade das novas tecnoloxías e descubertas científicas con referencias de carácter histórico. Salienta as “suxestivas” ilustracións de Patricia Román que complementan un texto no que tamén se recorre ao xogo tipográfico. Navarro, María, “Cotidianeidade e misterio”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 569, “Libros”, 28 xaneiro 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 525, “Letras galegas”, 5 febreiro 2016, p. 10.

Page 242: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Comenta que Europa Expres (Xerais, 2015) é unha obra onde se mesturan pasado e presente, nun libro de viaxes no cal a autora lle vai cedendo a palabra ás persoas relacionadas cos traxectos que se van narrando e ás experiencias vividas. Tamén fala brevemente do argumento e remata por salientar o carácter engaiolante da obra a través da narración de feitos cotiáns revestidos dun certo misterio e dunha lectura áxil e agradábel, grazas á sinxeleza na expresión. _____, “Con sabor tradicional”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 606, “Libros”, 8 decembro 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 559, “Letras galegas”, 17 decembro 2016, p. 10. Comenta o argumento de O zapateiro no bosque (Bolanda, 2015), de Mª J. Gulín que contén “os ingredientes do conto clásico de sabor tradicional, onde as persoas e os animais cohabitan en igualdade”, salientando a brevidade, trama sinxela e a estrutura argumental malia que non se consegue a redondez dos personaxes ao obviar a explicación do eixo creación/resolución do encargo. Nicolás, Ramón “Fervenza imaxinativa”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “Galego”, 18 marzo 2016, p. 13. Salienta a mestría de Carlos López á hora de mesturar o cotián e o fantástico e fai un breve comentario do argumento e estrutura de Isela (Embora, 2016), destacando o filtro persoal do autor que “consegue a complicidade necesaria para crer nas solucións imaxinativas que solventan pequenas intrigas”. _____, “Unha distopía moi atractiva”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “En galego”, 17 xuño 2016, p. 13. Salienta positivamente a pegada de Ende, C. S. Lewis e Tolkien na novela Tártarus (2016), a presenza do relato oral e a temática de aventuras. Engade a posibilidade dun volume próximo que daría continuidade á historia. Pousada, Verónica, “Diversidade e imaxinación”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 14 agosto 2016, p. 6. Comenta o argumento da tradución O neno bisesto, de José Luis Alonso de Santos (Valladolid, 1942). Indica que se trata dun relato en primeira persoa dividido en once capítulos que acollen reflexións irónicas. Indica que cada capítulo se acompaña dunha imaxe “cargada de cor e de luz, nalgúns casos, como o do neno xirafa, con matices surrealistas” e que aparecen abundantes referencias cinematográficas e literarias que se relacionan con aspectos da vida do protagonista. Salienta o xogo literario entre o protagonista e o lector, o humor e a crítica. Pousada Pardo, Verónica, “A ledicia máis cativa”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 24 xaneiro 2016, p. 6.

Page 243: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Anuncia a recente publicación, en lingua galega, do álbum narrativo do norteamericano Shel Silverstein, A árbore xenerosa. Comenta o seu argumento, dá conta dos temas abordados e establece unha conexión coa obra O príncipe feliz de Óscar Wilde. Sinala a sinxeleza do texto, o minimalismo das ilustracións e a importancia da distinción, ao longo da narración, no emprego dos verbos “querer” e “necesitar”. Recomenda a súa lectura por considerala unha “achega imprescindible para un mundo onde cada vez é maior a tendencia ao consumo esaxerado de bens non necesarios”. _____, “LIBROS: ‘La familia en la literatura infantil y juvenil’ (ANILIJ/ELOS/CIEC, 2013), de Blanca-Ana Roig Rechou, Lourdes Lorenzo e Veljka Ruzicka (coords.)”, El Correo Gallego, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “Para coñecela +. 2000”, 28 febreiro 2016, p. 6. Apunta que no volume La familia en la literatura infantil y juvenil (ANILIJ/ELOS/CIEC, 2013), coordinado por Blanca-Ana Roig Rechou, Lourdes Lorenzo e Veljka Ruzicka, se recollen trinta traballos que abordan a temática da familia e as súas representacións na Literatura Infantil e Xuvenil. A seguir, enumera os títulos dos traballos que se achegan á Literatura Infantil e Xuvenil galega. _____, “Nova viaxe do célebre heroe”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 13 marzo 2016, p. 4. Anuncia a aparición do último volume da colección formativo-literaria “As amizades de Hércules”, Hércules e a misteriosa medalla Newbery (2015), publicada por Hércules de Ediciones. Fala do argumento da obra e destaca que o seu protagonista é John Newbery, coñecido como “o pai da Literatura Infantil”. Comenta que a súa lectura permite que a infancia se achegue á historia dun modo entretido e que reflexione, ao mesmo tempo que o protagonista, sobre o valor de todas aquelas persoas que traballan con libros (escritores, tradutores, redactores, impresores, editores…). Remata sinalando que é unha “fantástica aventura dun heroe atemporal que sente curiosidade por todos aqueles persoeiros que traballan a prol da literatura dende a sombra”. _____, “Con bo pé”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 24 abril 2016, p. 6. Salienta que Teño uns pés perfectos, de María Solar (Santiago de Compostela, 1970), “é un fermoso canto a todo o que semella irrelevante na vida e que, pola contra, entraña unha enorme valía”. Resume o argumento desta narración que contén unha parte de creación literaria e outra informativa, diferenciadas pola cor do papel e polas ilustracións, “máis icónicas e esquemáticas na representación da segunda”, na que ensina o valor do que nos rodea. _____, “LIBROS: ‘Inmigración/Emigración na LIX’ (Edicións Xerais de Galicia/LIJMI, 2014), de Blanca-Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez (coords.)”, El Correo Gallego, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “Para coñecela +. 2000”, 8 maio 2016, p. 5. Resume os contidos do volume Inmigración/Emigración na LIX (Xerais/LIJMI, 2014), coordinado por Blanca-Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez e elaborado por membros e colaboradores da Rede Temática de Investigación “Las

Page 244: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI). Sinala que se centra nun corpus de obras que acollen os diversos fluxos migratorios. Indica que presenta un aritgo teórico de Margarida Castellano Sanz e que segue cunha serie de estudos panorámicos do ámbito ibérico e iberoamericano, entre eles, a do ámbito galego “A representación da emigración/inmigración na narrativa infantil e xuvenil. Século XXI”, de Verónica Casais, Mar Fernández e Alba Rozas. Comenta que tamén acolle unha selección para a educación literaria, “Comentarios cara a formación lectora”, enumerando os títulos dos comentarios de obras de Literatura Infantil e Xuvenil galega, e un estudo centrado na representación dos fenómenos da inmigración e da emigración nas manifestacións artísticas, realizado polas estudosas galegas María Jesús Agra e Carmen Franco. _____, “Os conflitos bélicos na Literatura Infantil e Xuvenil”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 3 xullo 2016, p. 4. Comenta a estrutura da monografía De como a Literatura para a Infancia e a Xuventude «é chamada á guerra». Reflexións sobre os conflitos bélicos en Galicia e Portugal (2015), que principia cunha presentación asinada polas coordinadoras onde se indica que a temática da guerra na Literatura Infantil e Xuvenil ten a finalidade de promover a paz, defender os dereitos humanos e o respecto pola vida, denunciar o absurdo dos conflitos e darlles voz ás vítimas. Apunta que o primeiro bloque contén dezaseis traballos con achegas literarias á temática dos conflitos bélicos no ámbito galego e portugués e que no segundo bloque se inclúen sete recensións de obras recentes do ámbito nacional e internacional, centradas na educación literaria, promoción da lectura, formación dos mediadores e na educación artística. _____, “Fermosa alfaia das verbas”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 7 agosto 2016, p. 4. Apunta que O rato avó e o muraño (Xerais, 2015), de Oli, pseudónimo de Xosé Manuel González Barreiro conta coas ilustracións de Ramón Trigo. Resume o argumento deste relato narrado en terceira persoa e protagonizado por dous inseparables roedores, o rato Benxamín e o muraño Rosendo. Indica que trata o valor da amizade, a descuberta do mundo, a importancia da imaxinación e a sabedoría dos maiores e salienta a presenza dalgunhas palabras “chave” en maiúsculas e as ilustracións que “mesturan realidade e fantasía con dozura e delicadeza”. Por último cualifícao como “un emotivo volume, no que as páxinas condensan complexas reflexións e sentimentos”. Raña, Román, “Delicioso volume”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 569, “Libros”, 28 xaneiro 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 525, “Letras galegas”, 5 febreiro 2016, p. 10. Salienta a tripla autoría de Lendo lendas, digo versos (Xerais, 2015), cuxa estrutura define como un xogo-coloquio entre a narración en prosa dunha lenda, a súa translación á poesía e a súa interpretación plástica. Ademais, explica que a selección de lendas é labor de Antonio Reigosa, recontar estas historias en verso romancesco foi o traballo de Antonio García Teijeiro e o traballo visual foi realizado por Xosé Cobas.

Page 245: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

_____, “Colleita Minerva”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 585, “Libros”, 26 maio 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 542, “Letras galegas”, 4 xuño 2016, p. 10. Loa a edición do volume Abecedarios da devastación (Colexio Peleteiro, 2015), de V.V A.A., que acolle os textos gañadores dos XLIII Premios Literarios Minerva. Salienta o uso do versolibrismo, a erudición e o discurso intimista que reflicten os textos poéticos, e a diversidade narrativa cun “grande dominio das modernas técnicas ficcionais” dos textos narrativos, indicando título, autor e temática predominante. Reis da Silva, Sara, “Álbum de sorpresa e de luz”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 14 febreiro 2016, p. 6. Comenta o álbum Despois da chuvia, vencedor do VIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, asinado por Miguel Cerro. Salienta o discurso verbal “notoriamente simple” e o “rexistro visual profuso, pautado por cores fortes e brillantes”, resumindo o seu argumento. Apunta que o desenlace é feliz e encerra un especial simbolismo e unha importante mensaxe ético-moral. Destaca o emprego de animais antropomorfizados, o tratamento de tópicos, como a aparencia e a esencia, a forza física e moral, a importancia da confianza e da solidariedade, o estilo verbal e pictórico envolvente, o rexistro lingüístico depurado e o coidado das ilustracións coa “expresividade da duplicidade claro-escuro”. Requeixo, Armando, “Literatura sen fronteiras”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 937/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 937, “letras Atlánticas”, 12 xuño 2016, p. 32. Comenta polo miúdo a reedición de Contos vellos para rapaces novos (2015) que considera de gusto exquisito polos materiais e as imaxes de Antía Barba. Salienta a inclusión na mesma de dous novos textos que son igualmente recreacións de narracións da tradición oral universal. Considera que se trata dunha obra de “pegada multiculturalista” e informa de que se completa cun glosario de voces pouco frecuentes e cun prólogo que Neira Vilas escribiu días antes de falecer. Rozas, Ramón, “Vaites, vaites! Chegarei tarde!”, Diario de Pontevedra/ El Progreso, “Táboa Redonda”, n.º 31, 17 abril 2016, p. 5. Comenta que a inmortalidade dun clásico como Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll fai que toda nova edición sexa unha boa nova que celebrar e destaca que desta volta se presente a través dun soporte novidoso e atraente que mantén as ilustracións orixinais de John Tenniel, mais agora coloreadas.

Page 246: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII.5.5. PUBLICACIÓNS EN XORNAIS: ARTIGOS DE OPINIÓN E COLABORACIÓNS FIXAS

Agrelo, Eulalia, “Como auga en copa de cristal tallado”, La Voz de Galicia, “Letras. In memoriam”, 22 xullo 2016, p. 11. A partir da Historia da literatura infantil e xuvenil galega, coordinada por Blanca-Ana Roig Rechou, encadra a Agustín Fernández Paz na Xeración do 68, que se caracterizou polo seu labor na configuración do sistema literario galego para os máis novos. Alude aos comezos literarios deste escritor dende a escola e, posteriormente, a través de textos que o fixeron merecente de galardóns tan prestixiosos como o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil en 2011. Recolle parte das claves do seu proxecto literario no tocante á estrutura, temas e lingua, ademais de facer referencia ás múltiples reedicións e traducións que experimentaron as súas historias. Incide que, mediante o seu quefacer como escritor e estudoso da literatura para as primeiras idades, quixo facer de Galicia unha célula de universalidade. Bello Costa, Xaime, “Agustín Fernández Paz”, Diario de Ferrol, “Ferrol”, 16 xullo 2016, p. 5. Recorda que coñeceu a Agustín Fernández Paz no curso escolar 1978-1979 no desaparecido Colexio Público Punta Arnela, no que exercía como director Xabier P. Docampo, quen o convidou a participar nunha das reunións que aglutinaba un grupo de docentes que procuraban un ensino público que partira da nosa realidade e do noso idioma para chegar ao universal. Sinala que Docampo consideraba que Fernández Paz lles podía achegar uns coñecementos pedagóxicos e unha experiencia na didáctica escolar que serviría para reforzar o traballo do grupo que logo pasaría a denominarse “Avantar”. A partir del souberon da importancia de empregar os medios de comunicación social na escola, dos cómis como medios de expresión artística de comunicación e da existencia de Gianni Rodari. Refírese ao seu exercicio como escritor e finaliza salientando o seu exemplo admirable de compromiso coa lingua e a educación pública. Blasón, Rhodéa, “Adiós a un maestro de vida”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 14 xullo 2016, p. 33/ “Adiós Agustín Fernández Paz”, La Opinión, “Sociedad, cultura y ocio”, p. 31, 14 xullo 2016. Nestas sentidas palabras ante a desaparición do grande escritor, amigo, compañeiro de letras e veciño de Vilalba, destaca que Agustín Fernández Paz foi un referente importante das letras galegas e un mestre de vida. Destaca as súas calidades como conversador e persoa de escoita incansable, así como o seu labor no traballo coas letras. Dálle as grazas polo que aprendeu del de literatura e do amor polas cousas máis insignificantes e por ser un veciño humilde e cariñoso cos habitantes da Chaira, especialmente, de Vilalba.

Page 247: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Bragado, Manuel, “Agustín, o noso mestre”, Faro de Vigo, “Opinión”, “Campo de Granada”, 19 xullo, p. 23. Despois de expor que non é doado superar a desolación provocada polo pasamento de Agustín Fernández Paz, sinala que milleiros de persoas choran a perda dun escritor “fulcral” da literatura galega actual” e dunha figura humana “excepcional”. Recorda que sempre procurou o espazo para os acordos que permitisen enxergar horizontes de esperanza para o proxecto de construción da nación e recorda os diferentes lugares nos que viviu até recalar en Vigo, que impregnou a ambientación dalgunhas das súas narracións. Tamén se refire ao paso pola Universidade Laboral de Xixón e por Barcelona, de quen considera “un enxeñeiro das letras, un humanista tecnolóxico, fascinado pola lectura e polo cinema”. Alude ao seu labor ao pé desa xeración de mestres que bebeu nas fontes da pedagoxía de aires renovadores (Plan Dalton e Celestin Freinet), así como á súa teima por reformar o ensino, “iniciando o camiño da escola en galego e conseguindo a proeza de recuperar as luces da escola das bolboretas da República”. Menciona os inicios da súa escrita no Colexio Público Unión Mugardesa e a carón dos libros e textos das series “O noso galego” e “Canles”, que logo serían recollidos en A cidade dos desexos. Campo, Marica, “Agustín queda co amor”, Diario de Pontevedra, “Opinión&Análisis”, p. 31/ El Progreso, “Opinión”, p. 23, “A tecelá en outono”, 15 xullo 2016. Lembra o benquerido amigo Agustín Fernández Paz que acaba de irse, aínda que fica na súa obra “que é amor e compromiso coa lingua que nos fai existir”; nas conversas “que sostivemos”; e na exemplaridade “con que enfrontou e encheu de vida a súa doenza irreversible, apurando o tempo para seguir escribindo as historias que lle bulían no maxín”. Tamén recorda a súa conversa sobre os tempos da infancia que mantiveron no congreso de escritores galegos, vascos e cataláns que tivo lugar en Valencia e Suecia no ano 2007. Sinala que, probablemente, as súas creacións teñan as raíces na colcha do seu leito infantil e apunta que escribindo “foi muller, inmigrante, terror, misterio e mil cousas máis”. Insiste en que nelas permanece “ateigado de humanidade, para crear esperanza e futuro, alén de didactismos e ‘moralinas”. Canosa, María, “O humilde escritor”, La Voz de Galicia, “Opinión”, “Pingas de cristal”, 14 xullo 2016, p. 13. Dende unha perspectiva moi persoal, refírese ao mirar e ao rir de Agustín Fernández Paz, a quen define como “un bo home”, ao que nunca lle cambalearon os ideais. Salienta a súa integridade e humildade e o seu discurso coherente, así como o feito de que se alegraba dos éxitos dos demais, mentres se puña rubio coas gabanzas aos seus logros e méritos. Sinala que deixou o mundo inzado de amor e que a súas historias sempre vivirán entre nós, ademais de crer que seguir léndoo e lembrándoo guiará moitas conciencias. Casalderrey, Fina, “Un corazón Branco”, Faro de Vigo, p. 32 /La Opinión, “Cultura & ocio”, p. 24, 13 xullo 2016, “Sociedad”.

Page 248: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Reproduce o remate do último correo longo que lle enviou Agustín Fernández Paz, por quen todo o país está de loito tal e como o testemuña o tsunami que provocou a súa morte nas redes sociais. Sinala que a súa obra traspasa o noso territorio e demostra que, escribindo en galego, “foi quen de voar por riba dos tellados do mundo”. Recorda cando coñeceu a Fernández Paz, que estaba inmerso na renovación da escola, e indica que insistiu dun xeito decisivo no poder da palabra para remexer nas conciencias e cambiar o mundo. Imaxínao convertido en curuxa: “esa ave sabia, capaz de emitir os máis variados sons co corazón branco sempre reflectido no rostro”.

_____, “Enxeñeiro en soños de futuro”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”,“Cultura”, p. 52/ El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, p. 42, “Adeus a un renovador da literatura galega”, 13 xullo 2016. Recrea diferentes escenas de Agustín Férnández Paz nun domingo da súa infancia no barrio das Fontiñas, entre a lectura de Os crimes da Rúa Morgue, os ensaios musicais do pai e as mensaxes en botella depositadas no río Magdalena referentes ao seu quefacer futuro. Recorda todo o que foi Fernández Paz e sinala que á biografía anterior se podía engadir a titulada Biografía dunha lura xigante e explica o porqué: “Lura, pola tinta que se leva gastado non só para editar os seus orixinais, senón para loalos dende todos os ángulos: crítica, lectores, editores, ensinantes... E lura, tamén polo número de brazos: un para deslizar o rotulador por un cálido papel amarelo satinado, outro para escribir no taboleiro un poema de X. A. Valente, outro para loitar pola normalización da lingua, outro para velar pola promoción da lectura, outro para introducir os medios de comunicación nas aulas, outro para chamar a atención sobre o valor literario e artístico dos cómics...”. _____, “Como agua en copa de cristal tallado”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “In memoriam”, 22 xullo 2016, p. 11.

Define a Agustín Fernández Paz como “auga de manancial que esperta a sensibilidade cara á beleza” e apunta que, nos últimos anos, publicou catro importantes libros, “xusto aqueles que quería escribir”, tal e como di o seu editor e amigo. Sinala que o escritor vilalbés lle botou peito á enfermidade e que foi intrépido corsario para mudar o ensino ou para renunciar a glorias como a chamada de atención a favor da lingua. Recorda unha anécdota persoal que lle sucedeu con el nun hotel de Barcelona e destaca que espertou o ánimo de ler e os afectos sen máis imán que a arte da palabra. Finalmente alude ao inmenso rastro que deixa entre moreas de persoas que “aprecian o home e admiran a obra, ou é ó revés?”. Castro Ratón, Xosé, “A primavera das letras”, Diario de Ferrol, “Opinión”, “Outra ollada”, 19 abril 2016, p. 17. Comenta brevemente que na primavera se concentran as máis importantes datas de conmemoración do universo dos libros, entre eles o día da Literatura Infantil e Xuvenil, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil e o acontecemento literario da cidade do Lérez que enlaza coa conmemoración do día do libro.

Page 249: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Conde, Alfredo, “Literatura infantil”, El Correo Gallego, “Opinión”, “Os outros días”, 22 xullo 2016, p. 4. Centra o seu comentario ao redor da discusión de se os escritores da literatura xuvenil e infantil son menos escritores que os da literatura para adultos. Considera que a diferenza entre estas literaturas radica nas distintas idades ás que se dirixen e na distancia dos seus ámbitos existenciais. Apunta que hai uns días faleceu Agustín Fernández Paz e que tivo a impresión de que se xustificara de máis a súa condición, “a súa dedicación a un público de corta idade ‘xustificada’ no feito de que os maiores tamén ‘podían’ ter gozado moito coas súas obras”. Sente non ter mantido unha relación próxima con Fernández Paz e sinala que non pode chorar a morte dun amigo, aínda que si a “dun escritor cabal, enteiro e verdadeiro coma poucos”. Costas, Ledicia, “Desde unha estrela distante”, Faro de Vigo, “Sociedad”, p. 33/ La Opinión, “Sociedad, cultura y ocio”, p. 25, 13 xullo 2016. Sinala que o día antes da morte de Agustín Fernández Paz tomou da súa biblioteca persoal Unha estrela distante que, ao seu remate, lle deixou un profundo malestar e que, ao día seguinte, amencía coa noticia da súa desaparición. Considera que toda a comunidade lectora e afectiva chora a súa perda, aínda que pensa na súa palabra revolucionaria para que doa un pouco menos. Cita parte das contribucións achegadas polo vilalbés e apunta que, se algo lle debe, “é o que aprendín do teu compromiso incorruptible coa nosa lingua e coa nosa literatura”. Engade que “faremos o posible por perpetuar o teu compromiso, acubillados no teu recordo”. ELOS, “Xosé Neira Vilas. Grazas. In memóriam”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, 10 xaneiro 2016, p. 4. Realiza unha homenaxe ao falecido escritor Neira Vilas repasando distintas facetas da súa obra literaria de LIX. Destaca a súa obra Memorias dun neno labrego así como outros libros vencellados coa infancia e as distintas iniciativas culturais como o Premio Estornela de Teatro Infantil. Por outra parte, destaca a tarefa a prol da cultura galega realizada na emigración, sobre todo nos seus anos na Habana (Cuba). Fraga, Xesús, “Lémbrome, Agustín”, La Voz de Galicia, “Opinión”, “Loito nas Letras Galegas”, 13 xullo 2016, p. 13. Acolle unha serie de lembranzas ao redor da figura de Agustín Fernández Paz: unha charla na Biblioteca Provincial de Lugo a finais dos anos noventa, o xúbilo do seu alumnado mugardés coa descuberta do billete dourado de Charlie e a fábrica de chocolate, a lectura de Desde unha estrela distante, as conversas mantidas sobre autores que supuñan o fermento das súas historias, as chamadas telefónicas cando era finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, os agradecementos dados despois dunha entrevista, a escrita afervoada tras o coñecemento da enfermidade e a inquietude que provocou co repentino silencio no Twitter.

Page 250: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

_____, “Un meridiano cero da literatura”, La Voz de Galicia, “Cultura”, “Loito nas Letras Galegas”, 13 xullo 2016, p. 38. Sinala que Agustín Fernández Paz se sitúa no centro do seu mapa literario sen importarlle xeografías, linguas ou xéneros. Así, dende Galicia, “dende o seu meridiano de partida, ampliou o seu mapa literario, traspasando fronteiras”. Recorda o importante que foi a tradición oral na súa narrativa, así como os cómics e o cinema. Insiste en que contribuíu a mudar os prexuízos existentes cara á literatura infantil e xuvenil para a que empregou xéneros tamén deostados: a fantasía, as narracións de terror, as aventuras ou a ciencia ficción. Sitúa os seus inicios como escritor no xornal universitario La Torre e no seu exercicio docente a través de figuras como a de Gianni Rodari. Fala do seu labor como renovador pedagóxico ao abeiro de colectivos como Avantar e Nova Escola Galega, ademais de incidir en que empezou a escribir por unha razón funcional. Destaca a súa longa traxectoria literaria, os premios recibidos e o gran número de lectores cos que contaba. Refírese á súa calidade de referente humano e cívico e recolle as súas palabras sobre a diagnose do galego a través da súa literatura, alén de apuntar que era un exemplo para outros escritores. Franco, Camilo, “A historia absolve a Valle-Inclán”, Diario de Pontevedra/ El Progreso, “Táboa redonda”, n.º 60, “Fatiga ocular”, 4 decembro 2016, p. 5. Informa da futura posta en escena de A cabeza do dragón, a cargo de Producións Excéntricas e recalca que esta obra foi escrita para un público infantil. García Teijeiro, Antonio, “Quédanos a luz da túa palabra”, Faro de Vigo, “Sociedad”, p. 33/ La Opinión, “Sociedad, cultura y ocio”, p. 25, 13 xullo 2016. Baixo un ton cargado de lirismo, refírese ao pasamento de Agustín Fernández Paz, quen se foi “deixando ronseis de palabras delicadas e vivas; deixando orfas a tantas persoas que o quixemos tanto”. Sinala que nos deixa unha obra “delicada, orixinal, punxente no fondo, mais elegante na forma” e destaca a súa “innegociable” ética e o seu “insubornable” compromiso coa lingua e cos seres humanos. Alude ás súas novelas e relatos “abertos, intelixentes, contidos”, que están ateigados de claves para ampliar horizontes e sentir que a vida ten moitas arestas e paga a pena vivila. Remata cuns versos do seu admirado José Ángel Valente. Jaureguizar, “O sorriso do astronauta”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”,“Cultura”, p. 53/ El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, p. 43, “Adeus a un renovador da literatura galega”, 13 xullo 2016. Fai un percorrido pola vida e obra de Agustín Fernández Paz dende a súa infancia natal en Vilalba, entre os veciños que se reunían para contaren historias, as figuracións da colcha de trapos, a influencia do pai e os baños no río Madalena. Tamén recorda os seus inicios na escrita dende o tebeo As minas do rei Salomón e a súa paixón polo cinema, ao que recorría para argumentar. Lembra o seu paso pola Universidade Laboral de Xixón e as lecturas do padre Gorrochategui, ademais da escrita do conto “El mundo en el año 2000”, a súa estancia en Barcelona e os estudos de Maxisterio na Coruña. Sinala que a

Page 251: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

normalización do galego, a didáctica da lingua, a promoción da lectura e a introdución da prensa nas aulas foron os novos campos da colcha de retallos nos que “puido demostrar o heroísmo”, á vez que escribía ficción e recibía numerosos premios. Jaureguizar, Santiago, “O florecemento do agustinismo”, ”Diario de Pontevedra/ El Progreso, “Táboa Redonda”, n.º 44, 17 xullo 2016, p. 8. Explica como converteu un animo ao agustinismo ao explicarlle os saltos temporais e a xestión harmoniosa da intriga de Cartas de inverno, ademais de aludir á teoría do cociñeiro sueco Magnus Nilsson para exemplificar que “o conxunto debe ser máis importante que os seus elementos”. Así sinala que “Fernández Paz sabía que as novelas son personaxes, estrutura e ritmo, pero vivía nun país de poetas que escriben novelas colocando unha palabra enxebre e eufónica tras outra ata encher douscentos folios”. Recorda como en Pereiró choraba a súa morte quen había dous meses tombara a súa candidatura a un premio, alén de apuntar que o abandono das forzas lle impediu falar recentemente para El Progreso. Lembra como se indignaba ante o desdén mostrado cara a “mellor narrativa”, a infantil e a xuvenil, e fai unha serie de consideracións sobre a figura de Carlos Casares, cuxa “sucesión de anécdotas e as súas teorías intelectuais de voo baixo nunca me chistaron”. Cita parte das razóns polas que se lle dedican as Letras Galegas do ano 2017 e considera que se logramos que os rapaces lean en galego, conseguiremos darlle uns anos extra de vida ao idioma. Engade que isto ha de servir para que dentro de dez anos “celebremos no Día das Letras ao noso autor máis lido, máis querido polo público e máis admirado por todo escritor que teña unha idea sobre o que é un arco narrativo”: Agustín Fernández Paz. Martín, Paco, “Agustín, in memóriam”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, p. 67/ El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, p. 57, 16 xullo 2016. Reproduce o texto que hai catro anos fixera para a multitudinaria homenaxe que se lle rendera a Agustín Fernández Paz en Vigo. Refírese a unha imaxe dun labrego que aparecía nos vellos libros escolares para sinalar que o vilalbés é “sementador e semente, e arado, e rego, e horizonte... e a terra na que labra é, inevitablemente, A Terra”. Alude á súa excelente produción literaria e á súa substancial contribución ao mundo da educación e do ensino na procura das claves dunha auténtica pedagoxía para un país. Fala do seu labor a prol da lingua e como referente case obrigado daqueles que procuraban chegar a unha escola que fose a que servise de alicerce para unha Galicia mellor nun mundo mellor. Tamén atende ao seu quefacer como ensaísta, conferenciante, investigador e escritor, ademais de servirse das palabras dos irmáns Grimm ao describir a protagonista de Carrapuchiña Vermella para caracterizalo como “alguén a quen todos lle queren ben aínda que non o visen senón unha soa vez”.

Méndez Ferrín, X. L., “Agustín Fernández Paz (1947-2016)”, Faro de Vigo, “Opinión”, “Os camiños da vida”, 22 xullo 2016, p. 27.

Rememora o labor dun importante número de mestres que, dende a clandestinidade antifranquista, procurou anovar os sistemas e métodos educativos ao servizo da

Page 252: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

identidade cultural e da lingua galega. Sitúa entre eles a Agustín Fernández Paz que define como home “sabio, inspirado e discreto” e do que salienta o seu quefacer na creación dunha literatura infantil e xuvenil pensada en Galicia e escrita en galego. Sinala que se puxo a escribir moreas de relatos para menores e que “os idosos podiamos desfrutar tamén con pracer e proveito”. Refírese ás múltiples traducións da súa obra e á súa capacidade para crear amplos círculos de adictos lectores, ademais de apuntar que deste “profesor de todos nós e escritor de corpo enteiro” nos quedan “os seus libros e a acordanza da súa persona única no mundo”. Nicolás, Ramón, “Non cabe na morte”, La Voz de Galicia, “Cultura”, “Loito nas Letras Galegas”, 13 xullo 2016, p. 38. Considera que Agustín Fernández Paz “non cabe na morte porque desde onte foi quen de facerlle un caneo colosal e, malia ser tanxible e dolorosa a orfandade na que nos deixa, reaparece poderosamente diante de nós para perdurar nunha nova dimensión”. Sinala que todo o que nel se daba de xeito natural –xenerosidade, coherencia e integridade–, se agranda dende a modestia que foi regra nel toda a vida. Salienta que foi unha persoa de compromisos coa lingua e coa literatura, ademais de apuntar que sabía que, dende a literatura e coa lectura, se podían ir dando os pasos precisos para acometer “esa revolución silandeira que contribúa a cambiar o mundo”. Tamén engade que el tiña claro que nas aulas era fundamental contaxiar o entusiasmo pola literatura e que calquera persoa que o tratase ou o lese sabía que era difícil non querelo. Otero, Selina, “Sons Miúdos: o musical infantil galego”, Faro de Vigo, “Faro da cultura”, “Escena”, n.º 573, 25 febreiro 2016, p. VIII. Dá conta da representación do musical Sons Miúdos en Ourense, destacando que se trata, segundo críticos musicais e docentes, da mellor proposta para público infantil que hai nestes momentos no ámbito español. Ademais comenta brevemente a composición do espectáculo no cal destacan as figuras de Paco Nogueiras, Xoán Curiel, Pablo Díaz, Magín Blanco, Gloria Sánchez e María Fumaça, e afirma que o segredo do seu éxito está na unión efectiva do elemento musical, o teatro e a participación activa do público. Requeixo, Armando, “A escrita na xema dos dedos”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 592, 14 xullo 2016, cuberta. Recorda a última vez que estivo con Agustín Fernández Paz e sinala que o que lle deben as letras galegas non se dá contado: “case medio século de labor entregue á nosa cultural, á súa lingua, ao pobo e máis de cincuenta libros publicados, entre os que se atopan varias obras de culto”. Tamén cita algunhas obras polas que o autor vilalbés tiña certa querenza, como O centro do labirinto, O laboratorio do doutor Nogueira e Corredores de sombra, e os seus autores predilectos, entre os que están “Kafka, Ferrín, Valente, Joyce, Lovecraft, Camus, Rosalía, Chandler, Cunqueiro, os latinoamericanos do boom e, mais contra os nosos días, Auster, Szymborska, Connolly ou Atxaga, devocións que sumaba ás que conservaba dende neno, como Verne, Salgari, Stevenson ou Poe, e aos grandes da LIX que recoñeceu nos setenta vía tradución, como Rodari, Dahl, Gripe, Ende, Lingren ou Wölfel”. Por último, sinala que conseguiu o seu

Page 253: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

propósito de “deixar testemuña da miña visión da vida e da miña concepción do mundo”. Rivas, Manuel, “O fío de leite”, La Voz de Galicia, “Cultura”, “Loito nas Letras Galegas”, 13 xullo 2016, p. 37. Comenta que na segunda metade do século XIX se deu o Rexurdimento e que Agustín Fernández Paz foi “un novo rexurdir de seu”. Sinala que o avellentamento que se percibe en Galicia é un “pesadelo pasaxeiro”, pois “O fío de leite escintilante co que escribía Agustín, ese activismo do soñar, enxerta presente e futuro, é unha transfusión liberadora”. Roig Rechou, Blanca-Ana, “Graciñas mil”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 13 xullo 2016, p. 35. Logo da reprodución duns versos de Ángel Valente, en nome dos grupos, asociacións e redes que dirixe ou coordina (Liter21, LIJMI e ANILIJ) e de Elos e Elos-Galicia, presididos por Isabel Mociño e Eulalia Agrelo, respectivamente, lémbralle á sociedade galega a débeda contraída con Agustín Fernández Paz. Salienta que non escatimou esforzos e tempo para defender Galicia e por facer visible a Literatura Infantil e Xuvenil, así como destaca o seu talante conciliador. Sinala a intención de seguir o seu maxisterio e asume o compromiso de continuar a visualizar a súa obra para que os mediadores teñan as ferramentas necesarias para facer lectores. Rubia, Xoán, “Con Agustín Fernández Paz na memoria”, Diario de Ferrol, “Opinión”, “Miradas poliédricas”, 17 xullo 2016, p. 16. Comeza aludindo á súa relación con Agustín Fernández Paz cando exercía a docencia en Mugardos no Colexio de Catro Camiños. Refírese aos seus proxectos pedagóxicos e a como se iniciou no ámbito da escrita, ademais de destacar que conseguiu “que a xente, si, a xente en xeral, lera en galego e que nas escolas houbese material pedagóxico en galego”. Tamén lembra as xornadas pedagóxicas que organizaba nesa vila, na que o escritor vilalbés viviu unha etapa decisiva, de aí que dixese “que non sería o mesmo de non pasar eses anos aquí”. Sinala que o seu alumnado sempre o recordou con agarimo pola empatía que conseguía establecer e porque as súas clases “eran... outra cousa”. A modo de homenaxe, propón que o centro educativo citado pase a denominarse Escola de Catro Camiños Agustín Fernández Paz. Senín, Xavier, “Agustín Fernández Paz: o xemplo dunha persoa cabal”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 13 xullo 2016, p. 35. Sinala que Agustín Fernández Paz, consecuente cos seus principios, se fixo querer por todo o mundo e traballou arreo polo ben do seu país. Explica que a súa obra “moi demorada e perfeccionista” se dirixe á xente nova por decisión consciente, así como apunta parte dos temas actuais que nela abordou. Salienta o protagonismo que lle deu á muller e a atención prestada aos máis débiles, posto que a el lle gustaría ver nacer unha

Page 254: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

nova sociedade asentada nos alicerces da igualdade e do amor. Tamén alude ao seu compromiso coa lingua galega e incide en que a súa defensa pola súa dignidade debería de ser guieiro para os que lamentan a súa morte. Silva, Kiko da, “Cartas de inverno”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”,“Cultura”, p. 52/ El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, p. 42, “Adeus a un renovador da literatura galega”, 13 xullo 2016. A modo de carta dirixida a Agustín Fernández Paz, mostra o desolado que está ante o seu pasamento. Sinala que non se fai á idea de que nunca máis volverán falar de banda deseñada, un ámbito no que o vilalbés foi un pioneiro como divulgador e teórico. Revélalle que Para lermos cómics e outro libro de Xaquín Marín o animaron a ser historietista, ademais de anunciarlle que cando remate a súa próxima obra, Baixo a sombra das pedra flotante, lla enviará por correo electrónico e ha de agardar a súa resposta. ______, “Viñetas no Museo”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 13 decembro 2016, p. 11/ El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, 14 decembro 2016, p. 44, “Tribuna aberta”. Salienta a importancia da banda deseñada e fala de Miguelanxo Prado, quen atopou neste xénero un medio de expresión, que lle permite combinar as súas paixóns, pintura e escritura, e cuxo recoñecemento e valía son avalados a través dunha multiplicidade de premios. Solar, María, “O amor que nos deixa”, La Voz de Galicia, “Opinión”, “Loito nas Letras Galegas”, 13 xullo 2016, p. 13. Expón que resulta moi difícil perder a Agustín Fernández Paz, “un deses grandes homes que ben quixeramos inmortal, e o mundo é hoxe un pouco peor sen el”. Sinala que escribía para cambiar o mundo, afianzar a fala, facer pensar e sentir, así como se achega á súa traxectoria como escritor dende os seus inicios como mestre até acadar para Galicia, os galegos e a lingua os máis importantes galardóns da Literatura Infantil e Xuvenil. Tamén apunta que lle achanzou o camiño aos que viñeron detrás e que nunca deixou de darlles apoio e consello. Sinala que nunca evitou ningunha temática e que entendía a vida dende o amor. Villar Janeiro, Helena, “Marifé Quesada”, El Correo Gallego, “Opinión”, “Notas de actualidade”, 9 decembro 2016, p. 2. Anuncia o acto no que María Fe Quesada será nomeada Socia de Honra de GÁLIX, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, que trata de promover a cultura e lingua galegas a través da literatura.

Page 255: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII. 5.6. PUBLICACIÓNS EN XORNAIS: ENTREVISTAS Balo, Marta, “Ledicia Costas. ‘Cos premios vólveste visible e iso é moi necesario”, Diario de Pontevedra, “reviSta”, n.º 808, “Entrevista”, 10 xaneiro 2016, pp. 4-5. Entrevista é escritora Ledicia Costas onde fala dos éxitos acadados e dos proxectos que ten por diante, a importancia dos premios na profesionalización dos escritores e da importancia da lingua galega na súa obra e as dificultades da difusión internacional por falta de apoio institucional. Barral, L. J., “Temos algo único na cidade: bares sen televisión”. Entrevista a Kiko da Silva. Diario de Pontevedra, Venres 29 de xullo de 2016, p.6. Entrevista co debuxante Kiko Da Silva con motivo da súa preferencia por Pontevedra fronte á súa cidade de orixe, Vigo. Apúntase o aumento de propostas culturais na cidade nos últimos anos e destaca a influencia de Castelao. Blanco, Isabel, “Andrea Maceiras. ‘A literatura xuvenil é hoxe un dos xéneros que máis dinamiza o sector”, El Correo Gallego, “Entrevistas”, 7 xaneiro 2016, p. 16. Entrevista a Andrea Maceiras onde fala da súa última novela e responde a preguntas de actualidade sobre o sector literario infantil e xuvenil como a importancia dos premios. Tamén explica o seu interese e dedicación pola literatura xuvenil en concreto e fala da súa faceta como profesora de literatura, facendo fincapé na dificultade do proceso de creación do hábito lector entre os máis novos. _____, “Miguel Anxo Prado, ‘A boa crítica das obras anteriores non garante o éxito das seguintes”, El Correo Gallego, “Entrevistas”, 10 xaneiro 2016, p. 20. Entrevista a Miguelanxo Prado onde fala da exposición que firmou sobre Miguel de Cervantes presentada na casa natal do escritor, dos seus proxectos futuros, da importancia de Trazo de xiz e Ardalén, dúas das súas obras máis coñecidas e aclamadas, e dos premios recibidos na súa traxectoria. Capelán, Brais, “Juan Carlos Abraldes. ʻAl cómic le tengo mucho cariño, pero hoy en día no se puede vivir de él”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “En primera persona”, 28 outubro 2016, contracuberta. Entrevista a Juan Carlos Abraldes arredor do cómic de terror. Comenta que lle atrae o estilo das historias de terror e que anos atrás era máis fácil encontrar cómic deste estilo. Confesa que se inspira no casco histórico de Santiago de Compostela e que a pesar do afán que ten polo cómic recoñece que hoxe en día non se pode vivir del. Casanova, Jorge, “Fina Casalderrey. ʻA mellor empanada é a miña”, La Voz de Galicia, “Muy de cerca”, 18 decembro 2016, contracuberta.

Page 256: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Conversa con Fina Casalderrey na que fala da súa canción favorita, do seu día a día, da mellor empanada de Galicia e remata indicando que ela lle pide á vida “estar ben e que os meus tamén o estean. Algo de tempo e liberdade”. Cortés, Nacho, “Elena Gallego Abad. ‘É un orgullo ser embaixadora da cultura galega”, Diario de Pontevedra, “Diario do Morrazo”, n.º 412, 23 abril 2016, contracuberta. Entrevista á escritora e periodista Elena Gallego Abad onde fala da súa futura visita a Arxentina como embaixadora da cultura galega na Feria Internacional del Libro de Buenos Aires. Tamén realiza unha pequena aproximación ao universo de Dragal, fala de proxectos futuros e salienta a importancia da literatura na vida das persoas, afirmando que “calquera cousa que necesitemos vai a estar nos libros, por iso ler é moi importante”. Díaz, Noelia, “Andrea Maceiras. ‘As institucións deberían implicarse máis co galego”, Diario de Ferrol, “Cambre”, 17 maio 2016, p. 16. Conversa con Andrea Maceiras onde explica como foron os seus inicios como escritora e o proceso de creación de obras. Ademais fala do premio recibido coa súa última novela, da súa faceta como profesora e das lecturas que a inspiran, e remata salientando a importancia da aposta pola lingua galega nas súas obras aínda tendo en conta a falta de visibilidade e apoios. Fontao, Ángela, “Antonio Manuel Fraga. ‘En ‘Tártarus’ inclúe o libro ‘La historia interminable’, que me fascina e me turba”, La Opinión, “A Coruña”, 23 abril 2016, p. 12. Entrevista ao escritor Antonio Manuel Fraga onde analiza o proceso de creación da súa máis recente novela, Tártarus (2016), cuxa idea xurdiu en Cuba e viuse moi influenciada pola fascinación por La historia interminable. Tamén comenta brevemente a importancia do propio Michael Ende e da obra de Roald Dahl na súa faceta como escritor, así como da literatura xuvenil galega actual e da figura do director e creador de cine de animación Hayao Miyazaki. Hermida, Patricia, “Mercedes Zaera. ʻAdoro Ferrol y me da rabia que sus vecinos la critiquen”, El Correo Gallego, “Entrevistas”, 6 decembro 2016, p. 17. Entrevista na que Mercedes Zaera repasa a súa produción literaria que comezou cunha triloxía infantil que agora quere completar con Imos de vendima e recalca que os seus actuais traballos parten das súas vivencias infantís. López, Elizabeth, “Kiko da Silva. ‘En estos momentos dibujaría una Galicia en forma de enchufe”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 917/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 917, “la Entrevista”, 23 xaneiro 2016, p. 29.

Page 257: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Entrevista ao debuxante Kiko da Silva, quen manifesta a dificultade dun debuxante para non ser influído por outros profesionais do sector, así como de lograr un amplo público e poder vivir do cómic. Destaca que o fundamental é o momento de crear, de namorarse da historia na que se vai traballar. Martínez, Alberto, “Jordi Sierra i Fabra. ʻEscribir es lo que más me gusta en la vida, es pasión como respirar, lo necesito”, El Correo Gallego, “Entrevistas”, 14 decembro 2016, p. 18. O escritor Jordi Sierra i Fabra comenta que se venden ben os seus libros traducidos á lingua galega e mais que ten unha grande amizade con Antonio García Teijeiro e co recentemente falecido Agustín Fernández Paz. Pintor, David, “Marcos Viso. ʻCando debuxo, sinto que son de verdade”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Disfrutar”, “En otro plan”, 16 decembro 2016, p. 22. Entrevístase a Marcos Viso, ilustrador e finalista do premio “El Comienzo” do 1º encontro internacional de ilustración de Valladolid 2015, quen conta como chegou a ser ilustrador, que é o que sente cando debuxa e resalta que “alguén díxome unha vez que eu era o ilustrador da melancolía”. Destaca que non se deben quitar as ilustracións das portadas dos libros como fan algúns editores e comenta que nunca sabe se unha ilustración está rematada, que non podería prescindir da cor gris e que o menos lle gusta é debuxar armas que matan. Tamén sinala que para el o mellor ilustrador da historia é Edward Hopper. Rodríguez, Pacho, “Francisco Castro. ‘Una de las ideas más nocivas, sobre todo para las mujeres, es la del amor romántico”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 17 setembro 2016, p. 47. Con motivo da presentación en Madrid de Tienes hasta las 10 o seu autor Francisco Castro reflexiona sobre esta tradución do galego ao castelán e sobre o fondo desta historia de intriga onde recalca o papel da muller e do xornalismo. Salgado, Marta, “Elena Gallego Abad. ‘Me encantaría que Dragal llegase a las mismas lenguas y países que Harry Potter”, La Región, “Ciudad”, “Foro La Región”, 25 febreiro 2016, p. 10. Entrevista a Elena Gallego Abad onde fala de diversos aspectos sobre a saga Dragal e da responsabilidade que sente por ser definida como “la J.K. Rowling gallega”, destacando que sería un gusto para ela que a súa obra chegara a tantas linguas e países como o fixo a do mago Harry Potter. Ademais, tamén fala brevemente do seu último proxecto literario onde abandona o xénero fantástico para entrar de cheo no xénero negro.

Page 258: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Sánchez, Olalla, “Ledicia Costas. ‘O Premio Nacional cambioume a vida”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, 19 febreiro 2016, pp. 2-3. Conversa con Ledicia Costas onde fala sobre a importancia dos premios na súa evolución como escritora, a súa valentía e compromiso coas temáticas que trata nos seus libros e analiza brevemente o próspero estado do sector da literatura infantil galega. Valle, Candela, “José Ramón Fernández Morgade. ʻEs importante la labor de los maestros para querer la literatura”, La Región, “Ourense”, 7 outubro 2016, p. 9. Entrevista a José Ramón Fernández Morgade, presidente do círculo poético de Ourense, na que se fai alusión ao VII Encontro Internacional de Poesía que se realiza en Ourense e no que se presentan diversos poetas de ámbito internacional. Alude ao labor dos docentes “para que os nenos lle collan cariño á poesía e á literatura” e así non o rexeiten e coñezan o importante que é a literatura. Fai balance moi positivo deste encontro xa que cada vez máis poetas queren ir a dito encontro, pois preténdese que coñezan Ourense, os escritores que alí naceron ou viviron e que, cando marchen, escriban unha poesía sobre a cidade para facer un poemario con todas elas. Varela, Lourdes, “Andrea Maceiras. ‘A literatura xuvenil está en auxe hoxe máis que nunca”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 569, 28 xaneiro 2016, p. V/ La Opinión, “Saberes”, n.º 525, 6 febreiro 2016, p. 11, “Entrevista”. Conversa con Andrea Maceiras onde fala en profundidade da súa última obra, Europa Express, premiada no campo da Literatura Xuvenil e tamén comenta brevemente como se proxecta no futuro como escritora. Varela, María, “Andrea Bayer. ‘O que acontece nunha aula de teatro é pura maxia”, Diario de Pontevedra, “reviSta”, n.º 817, “Entrevista”, 13 marzo 2016, pp. 4-5. Conversa coa dramaturga, actriz e profesora de teatro Andrea Bayer onde fala sobre as súas facetas profesionais, os premios acadados, os seus inicios e evolución no eido do teatro infantil e a importancia da lingua galega nas súas presentacións. Ademais comenta brevemente os seus proxectos futuros e como enfronta a posta en marcha de cada espectáculo teatral.

Page 259: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

VII. 5.7. PUBLICACIÓNS EN XORNAIS: NOTAS, PRESENTACIÓNS E ESCRITOS VARIOS Abascal, María, “Os Bolechas volven para gozar dun ʻNadal en familia”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 15 decembro 2016, p. 43. Comenta a presentación, no Museo Pedagóxico de Galicia, da nova xira que levan a cabo Os Bolechas co nome de Nadal en familia, que pasará por dez localidades da Rede de Dinamización Lingüística. Informa que contará con actividades para os máis pequenos, así como tamén concursos. Anuncia que non faltaron na presentación Iria Rodríguez de Gadis, Rosa Vilas, directora da TVG, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística. Abet, P., “Fallece Agustín Fernández Paz, que hizo de los niños lectores”, ABC, “Galicia”, 13 xullo 2016, p. 54. Recorda que Agustín Fernández Paz escribía obras que atrapan a xente de todas idades, a través dunha fórmula que conxugaba o pano de fondo da sociedade do momento co seu enxeño. Sinala que, a partir dos fíos da vida, construíu historias capaces de afrontar o paso do tempo. Comenta que son historias que parten dunha escena cotiá que, posteriormente, alcanzan a dimensión literaria. Engade que a súa desaparición mobilizou persoal docente, editores e nomes do mundo da cultura e da política, que loaron o seu labor ao longo das últimas tres décadas. A. F., “La Escola Municipal de Teatro de Tomiño sube a escena”, Atlántico Diario, “Área metropolitana”, “Baixo Miño”, 2 xullo 2016, p. 22. Apunta que a Escola Municipal de Teatro de Tomiño representará no auditorio de Goián a obra Bookcrossing para rematar un dos tres Talleres de Expresión Dramática Plástica e Musical, coordinados polo grupo Migallas Teatro. Explica que a monitora de teatro, Tamara González, informa que a obra consiste en deixar libros en espazos públicos para que outras persoas os poidan ler. A. F. N., “La Torre de Hércules se viste de viñetas”, La Opinión, “A Coruña”, 10 agosto 2016, p. 9. Informa que a Torre de Hércules será escenario de todos os carteis do Salón Internacional do Cómic e mostrará os carteis das dezanove edicións que reuniron a unha variedade de autores de diferentes estilos e países. Finalmente resalta outros espazos onde os visitantes poderán gozar de viñetas. _____, “Ficción y realidad ilustradas”, La Opinión, “A Coruña”, 9 agosto 2016, pp. 8-9. Fala da décimo novena edición do festival Viñetas desde o Atlántico da Coruña que acolle varias actividades para os amantes da banda deseñada e seis espazos expositivos que poderán ser visitados por quen o desexe. Informa que os autores encargados de abrir

Page 260: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

o programa de conferencias no Kiosko Alfonso son os debuxantes Nadar e Cristina Bueno. Dá conta dos actos e de onde terán lugar, así como a presentación de A Voz do Vento do debuxante Jano que conta con ilustracións e cancións arredor da figura do poeta Manuel María. Fai un breve repaso dos autores que terán presenza no festival e finalmente mostra os actos que haberá na feira do libro. Agudo, P., “De Pazolandia al dúo Recuerdos”, La Región, “Nadal nas Comarcas de Ourense”, “Nadal en Cartelle”, “Programa”, “De fiestas”, 23 decembro 2016, p. 66. Informa das actividades que realiza o concello de Cartelle nas festas de Nadal que comezaron cun concerto da cantante María do Ceo. Entre as actividades, anuncia un espectáculo de humor, Clown Malabar “Peter Punk”. Aguiar, Iván, “Cheíño recrea o seu Arteixo”, La Opinión, “Arteixo”, 13 novembro 2016, p. 17. Refírese a un veciño de Arteixo, que se escondía baixo o nome de Cheíño de Tó e que era coñecido por realizar viñetas con sucesos ocorridos na vila. Apúntase que despois de moito tempo decidiu expoñer as súas viñetas nunha libraría da vila, visitadas por cantidade de veciños que lían as súas viñetas. A. I. S., “Un concurso con Roberto Vilar y el humor de Touriñán en As Cancelas”, El Correo Gallego, “Santiago”, 8 novembro 2016, p. 27. Entre as actividades programadas para As Cancelas, salienta a cita cos personaxes dos Bolechas. _____, “Sorteo de regalos con el ʻshowmanʼ Roberto Vilar en el centro As Cancelas”, El Correo Gallego, “Santiago”, 15 novembro 2016, p. 26. Indícase que con motivo do cuarto aniversario do Centro Comercial As Cancelas se celebran diferentes actividades, entre elas a visita dos personaxes dos Bolechas. Alonso, Álvaro, “Fernández Paz, el autor que acompañaba el sueño infantil”, Atlántico Diario, p. 38/ La Región, p. 61, “Sociedad”, 13 xullo 2016. Logo do falecemento de Agustín Fernández Paz, apunta que o escritor, seguindo a Álvaro Cunqueiro, debía ilustrar os seus relatos de forma “clara, seguida y bien”, co propósito de que o lector poida “beber sueños como quien bebe agua”. Explica que os seus personaxes xurdían a partir dalgún dos seus trazos persoais, aínda que os creaba sobre todo a partir de “trazos inventados” e se reconvertían na mente do lector. Apunta algunhas das linguas ás que foi traducida a súa obra e as súas constantes reedicións, ademais de sinalar algúns dos premios que recibiu. Refírese tamén á súa formación académica e actividade como docente e faise eco da dor e ausencia que causa, pois, co seu pasamento, “Galicia y la lengua gallega se quedan huérfanas de uno de sus principales impulsores”.

Page 261: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Álvarez Cáccamo, Xosé María, “Ganapán das palabras”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 28 maio 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra Ganapán das palabras. Álvarez, Mario, “O libro de Xosé Neira Vilas ‘Contos vellos para rapaces novos’, nunha nova edición”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 8 xuño 2016, p. 37. Dá conta da presentación da obra Contos vellos para rapaces novos (2015), de Xosé Neira Vilas. Destaca a presenza no acto de Luis Reimóndez, Xesús Alonso Montero e Román Rodríguez. Comenta brevemente os cambios desta nova edición e informa da presentación dunha páxina que incluirá, entre outras cousas, fragmentos dos contos ordenados por países e continentes. _____, “Valga mergúllase na narrativa tradicional de todo o planeta”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 10 agosto 2016, p. 35. Fala da actividade de dinamización lingüística, Contos vellos para rapaces novos, que tivo lugar en Valga onde os cativos de entre cinco e dez anos puideron gozar de variadas historias da transmisión oral de diferentes países nunha homenaxe a Xosé Neira Vilas. Comenta que esta actividade está enmarcada no programa Galicia Culturea e que continuará por outros concellos. _____, “Covelo denuncia el intrusismo en el sector de la ilustración”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 22 agosto 2016, p. 28. Comenta que os ilustradores galegos denuncian o “intrusismo” nese sector e reclaman poder facer o seu traballo máis visible. A este respecto, o presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Sergio Covelo, sinala que son uns traballadores máis e que na asociación tratan como afrontar o tema do plaxio, das débedas e outros moitos temas. Alude á situación difícil que vive hoxe en día un autónomo en España e destaca o apoio que reciben por parte de iniciativas como o Salón do Cómic da Coruña. _____, “O Nadal en galego, da man da Rede de Dinamización Lingüística en cincuenta concellos”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 16 decembro 2016, p. 42. Anuncia o amplo programa de Nadal que organiza a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta para os máis cativos en varios concellos, presentado polo secretario xeral de Política Lingüística Valentín García na Cidade da Cultura, quen informou que conta con actividades varias como xogos populares, panxoliñas, os Reis Magos, O Apalpador, Os Bolechas, entre outros. Comenta que o obxectivo desta programación é convidar os máis cativos e as súas familias a gozar do Nadal en galego. Finalmente mostra un pequeno resumo sobre o contido das diferentes actividades.

Page 262: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Álvarez, Miguel, “Miguelanxo Prado sacará un libro de corte fantástico sobre el bien y el mal”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, p. 53./ El Progreso, “Vivir”, p. 40, 15 agosto 2016. Informa que o ilustrador Miguelanxo Prado prepara un novo libro no que romperá coas súas últimas reflexións e falará sobre o ben e o mal nunha historia de corte fantástico que tratará sobre a tradición, con elementos como a maxia e as fadas. Fala tamén sobre o festival Viñetas e que o seu director, Miguelanxo Prado, está moi contento pola gran asistencia de público. _____, “Prado, referente europeo del cómic, anuncia nuevo libro”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 15 agosto 2016, p. 32. Indica que o ilustrador Miguelanxo Prado está a preparar unha nova banda deseñada coas súas últimas reflexións sobre o ben e o mal, introducindo elementos da tradición, como a maxia e fadas. Tamén fai alusión ao festival Viñetas desde o Atlántico e o seu éxito de público. Araújo, Emma, “Estela Suárez Recouso. ‘Escribín o conto con 15 anos e tomei a broma o anuncio da publicación”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “En primera persona”, 7 xaneiro 2016, contracuberta. Comenta que o primeiro libro publicado de Estela Suárez Recouso, Non quero xogar ás agachadas coa lúa, recolle un relato que escribira con quince anos e que finalmente editou Edicións Fervenza coa colaboración do Concello de Oroso. Tamén salienta que a escritora está moi involucrada no tema da creación audiovisual coa súa pequena empresa Seica Animación mais a súa meta actual son as oposicións de secundaria. ARCA, “Teatro infantil e concertos foron onte o preludio das patronais da Madalena”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 23 xullo 2016, p. 29. Fala das festas da Madalena en Ames que contaron coa actuación do grupo de bailes latinos Aramio e o Teatro de Sombras da cooperativa Educultoras composto por mestras, pedagogas e educadoras sociais. _____, “Obradoiro en Luscofusco para animar a ler en galego”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 29 setembro 2016, p. 36. Anuncia a realización dun obradoiro dirixido ao público a partir dos doce anos, incluído no programa Luscofusco para animar a ler en galego. Indica que ao finalizar haberá lectura pública de textos dramatizados. Argibay, María, “Actividades sen fin: non hai tempo para o aburrimento”, Diario de Pontevedra, “Salón do libro”, 31 de marzo 2016, p. 5. Dá conta da variada oferta de actividades que ofrece o Salón do Libro Infantil e Xuvenil, salientando o espectáculo musical A bichería canta, de Migallas Teatro; O

Page 263: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

último dragón, de Sarabela Teatro; Brinca Vai! 2.0, do músico e actor Paco Nogueira e o artista audiovisual Xosé Miguel Sagüillo; Los tres osos, de L’Estaquirot Teatre e Sons miúdos, un espectáculo de música infantil de distintos colaboradores que interpretarán en directo algúns dos seus temas. Baena, A. “Balbino, o neno labrego, chega a Vigo ʻpara quedar”, Atlántico Diario, “Vigo”, 12 outubro 2016, p. 12. Faise eco da homenaxe a Xosé Neira Vilas de colocar a escultura do seu Balbino diante da porta da biblioteca que leva o seu nome. Indícase que no acto foron lidas as primeiras liñas de Memorias dun neno labrego e que a escultura foi una encarga da Deputación á Escola de Canteiros de Poio. Saliéntase que a biblioteca ten unha gran afluencia de usuarios onde destacan os préstamos de novelas e libros de cociña. Baena, Ana, “A biblioteca Neira Vilas por fin terá o seu Balbino”, Atlántico Diario, “Vigo”, 29 xaneiro 2016, p. 8. Dá conta da próxima inauguración dunha escultura do protagonista de Memorias dun neno labrego, na viguesa biblioteca Xosé Neira Vilas. Fai un repaso da relación que tivo o autor coa cidade e a súa intelectualidade: Laxeiro, Fernández del Riego ou a Editorial Galaxia. _____, “La gran ola de Ramón Trigo entre la Ría y Torrecedeira”, Atlántico Diario, “Verano”, 3 agosto 2016, p. 12. Comenta a participación de Ramón Trigo no programa “Vigo ciudad de color” onde dispón de vinte e oito metros de parede para expoñer a súa obra que trata de unir o mar coa terra debuxando unha gran onda. Apunta que o que peor leva o artista é a limitación de tempo xa que solo contará con quince días. _____, “Nostalgia del papel en nuevos dibujantes”, Atlántico Diario, “Vigo”, 11 decembro 2016, p. 12. Dá conta do segundo encontro de fanzines, “Salir de Guetto”, organizado por El Halcón Milenario onde se reuniron autores e deseñadores xa consolidados e outros que están emerxendo. Fala dalgúns deseñadores como o vigués Debelius que leva cerca de douscentos exemplares de cómics en branco e negro, entre outros moitos. Balo, Marta, “Fiz, o neno máis porco do mundoʼ, conquista o MiniDiario no verán”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 2 xullo 2016, p. 10. Indica que o MiniDiario vai acoller as aventuras de Fiz, personaxe creado en 2003 polo debuxante Kiko da Silva, que xa foran publicadas en revistas e formato libro. Apunta que Fiz estará acompañado da súa amiga Puri, o cuarto de baño e os personaxes imaxinarios nunhas historias escatolóxicas cheas de humor, que tamén terán contido pedagóxico sobre a creación no mundo do cómic.

Page 264: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Becerra, Marta, “La creatividad no sabe de edad”, El Progreso, “Lugo”, “El despertador”, 3 xuño 2016, p. 13. Entre outras actividades, salienta as presentacións da obra teatral Charlie e a fábrica de chocolate e de Contos en versos para nenos perversos, por parte do alumnado de cuarto e de sexto respectivamente do colexio Fingoi. _____, “Un mundo de emociones sin fin”, El Progreso, “Lugo”, “El despertador”, 4 xuño 2016, p. 12. Dáse conta de, entre outras actividades, a representación teatral de Contos en versos para nenos perversos por parte do alumnado de sexto de primaria do colexio Fingoi. _____, “La marcha se organiza”, El Progreso, “Lugo”, “El despertador”, 30 setembro 2016, p. 11. Fala do Círculo das Artes no que os máis pequenos o pasaron en grande cos talleres do ciclo Chiquiocio, onde se celebraron talleres de monicreques e teatro con fío. Informa que haberá cada mes talleres varios dedicados a grandes inventos, cestería, expresión plástica, carnaval, entre outros, e tamén talleres para os adultos. Resalta que a sesión vermú será amenizada por un grupo de DJs. Finalmente da conta de distintas actividades que se realizarán como unha excursión polas ribeiras altas do río organizada polo concello e unha mostra pictórica no centro Novoneyra. _____, “Abriendo paso a los Reyes Magos”, El Progreso, “Lugo”, “El despertador”, 26 decembro 2016, p. 7. Conta que o concello lucense se prepara para a chegada dos Reis Magos cunha serie de actividades, entre elas, a representación teatral Un conto de Nadal baseada en Cuento de Navidad de Charles Dickens. _____, “Cómo echarle teatro a la Navidad”, El Progreso, “Lugo”, “El despertador”, 28 decembro 2016, p. 8. Comenta as actividades celebradas na cidade de Lugo durante o Nadal, como representacións teatrais, grazas á programación de Cantos de Nadal levada a cabo pola Asociación Galega de Artes Escénicas Fingoi. Bellver, Mónica G., “7 días de intensa actividade”, O SIL, “Especial Festas do Cristo 2016”, “Programa”, setembro 2016, p. 6. Enumera as distintas actividades do municipio do Barco de Valdeorras pola Festa do Santo Cristo, onde haberá música, obradoiros, talleres e unha serie de actividades entre as que se atopan espectáculos infantís a cargo das compañías Fantoches Baj e Os sete magníficos máis un. Informa que a xornada musical rematará coa actuación de Peter Punk.

Page 265: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Bermúdez, Teresa R., “Os nenos alzan o pano”, El Progreso, “Pícaros”, 8 outubro 2016 cuberta. Comenta a celebración dunha semana dedicada aos monicreques destinada para os máis pequenos. Tamén dá conta da existencia dunha segunda xornada dedicada ao teatro de fíos. Ademais, destaca que Mircromina Teatro está preparando un espectáculo. B. L., “Ledicia Costas. ‘O libro de Extravaganzza deixa hoxe de ser noso e pasa a ser dos nenos”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Cultural”, 16 febreiro 2016, p. 12. Informa da presentación do libro As peripecias de Extravanganzza Pérez realizada coa presenza da propia autora e a concelleira de Cultura Anxos Riveiro, onde se destacou que esta obra é o primeiro título da que será a colección do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. _____, “Kalandraka monta un juego con ‘Ganapán das palabras’ en las librerías locales”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 30 abril 2016, p 12. Informa da celebración dun xogo artístico-literario sobre o libro Ganapán das palabras organizado pola editorial Kalandraka coa participación de cinco librarías de Pontevedra co obxectivo de dar visibilidade á literatura infantil e xuvenil. _____, “Xabarín e Shin Chan coinciden coas Fedellas”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, “Culturgal 2016”, 3 decembro 2016, p. 4. Fala da xornada inaugural do Culturagal, dirixido aos máis cativos e que contou coa presenza de Shin Chan, Xabarín, Doraemon e un dos Bolechas, ademais do grupo de teatro de Susana Cerviño e Tamara Andrés e as Fedellas. Bóveda, Lucía D., “Unha pisca do Salón no hospital”, Diario de Pontevedra, “Salón do libro”, 31 de marzo 2016, p. 8. Comenta a visita do lobo Orbil, mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, a distintos hospitais onde están ingresados nenas e nenos que non terán a oportunidade de visitar o Salón co obxectivo de achegarlles o espírito do evento e repartir libros. Tamén sinala que a visita se complementou cunha xornada de contacontos levada a cabo polo colectivo especializado en actividades lúdicas Polo Correo do Vento. _____, “As editoras afánanse coa cita das letras”, Diario de Pontevedra, “Salón do libro”, 31 de marzo 2016, p. 7. Salienta a importancia das editoriais e das actividades que se levan a cabo no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, poñendo como exemplo OQO Editora, que realizará a exposición “Cocorico en movemento”, a editorial Lobito Bueno, coa actividade “Imaxina animais imaxinarios” e o obradoiro “Libro Xigante”, a cargo de Víctor Rivas en colaboración coa editorial Xerais. Tamén fala da participación dos integrantes de Polo Correo do Vento que farán unha versión do seu libro O esquío rampante, a

Page 266: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

organización dun espazo como biblioteca e a realización dun obradoiro de mediación lectora. _____, “Rapaces, que volve o MiniPazo Club!”, Diario de Pontevedra, “miniDiario”, n.º 547, “Reportaxe”, 9 outubro 2016, p. 2. Indica que entre as actividades do MiniPazo Club hai un obradoiro de contos a cargo dos membros de Pavís Pavós. Botrán, C., “Rois crea cantera literaria de animación a la lectura”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 12 abril 2016, p. 33. Informa do intenso labor do Concello de Rois coa especial participación da biblioteca municipal na realización dun programa con distintas actividades para o fomento da lectura entre os máis novos. Fala da visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, da organización dun Clube de Lectura, das sesións de contacontos e da representación de distintos musicais e concertos, entre outras actividades. Botrán, Cristina, “La Noite de Compras llenará las rúas de A Estrada de animación”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 1 maio 2016, p. 34. Anuncia as actividades enmarcadas na Feira do Libro da Estrada: títeres, contacontos, lecturas abertas e a presentación do libro de Estíbaliz Espinosa, Caer de cú polo universo (2015). Boullosa, Lorena, “Os talleres do Mini Pazo Club xeran unha gran cola no día de inscrición”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 11 outubro 2016, p. 13. Fala dos talleres realizados no Mini Pazo Club que conta con obradoiros como “Á procura do tesouro”, que versa sobre a expresión dramática, plástica e musical, e o RockLab unha actividade centrada na expresión musical. Finalmente informa dos obradoiros nos que aínda quedan prazas e das cotas para a inscrición. _____, “Os nenos poderán coñecer a figura de Castelao a través dunha aplicación”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 18 outubro 2016, p. 9. Comenta que a Deputación Provincial lanzou unha aplicación chamada “As viaxes de Castelao”, para que os rapaces aprendan e comprendan aspectos da vida de Castelao. Conta que para a creación da mesma recorreuse á empresa CreappContos, da que son responsables Avelino Correa e Toño Escudero e as ilustracións foron a cargo de Víctor Rivas. Resalta que se trata dunha ferramenta que permite crear historias e contos relacionados coa vida do ilustre galego e que, aínda que está dirixida a un público infantil, pode ser empregada por público de todas as idades. Bravú, Los, “Día laborable”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Ilustración”, “Cómic”, 9 decembro 2016, p. 21.

Page 267: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Acóllese un fragmento de banda deseñada co título “Día laborable” dos marinenses Dea Gómez e Diego C. Omil. Briones, Rubén G., “Travesía lingüística e literaria a través das rías de Muros e Arousa”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 24 marzo 2016, p. 41. Dá conta da travesía marítima que realizou o alumnado de galego da Universidade Complutense de Madrid para coñecer persoeiros relevantes da lingua e cultura galega. Burgos, Carmen García de, “Bichos’ para aprender a respectar a todos os seres vivos”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “Agenda”, 1 abril 2016, p. 7. Dá conta das actividades propostas polo Salón do Libro en relación á temática deste ano resumida no lema “Canta bichería!” e á novela As aventuras de Estravaganzza Pérez, que Ledicia Costas escribiu por encargo explícito para esta edición. B. Y., “Ribadumia tendrá su cabalgata más participativa”, Diario de Arousa, “Especial Navidad”, 24 decembro 2016, p. 20. Entre as actividades do Nadal do Concello ribadumiense sinala que haberá unha sesión de monicreques co título “O Apalpador do Castiñeiro” e unha representación do grupo Migallas. C. A., “A Uned Sénior celebra o 55 aniversario de ‘Memorias dun neno labrego”, El Progreso, “A Chaira”, 6 xaneiro 2016, p. 17. Infórmase da celebración do cincuenta e cinco aniversario de Memorias dun neno labrego por parte da UNED Sénior Terra Chá-Eume coa conferencia do historiador Felipe-Senén López sobre Neira Vilas e a súa obra de máis recoñecementos. _____, “Era un home excelente, a alegría personificada”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, p. 51/ El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, p. 41, “Adeus a un renovador da literatura galega”, 13 xullo 2016. Refírese ás orixes de Agustín Fernández Paz e ao feito de que unha das súas últimas colaboracións se recollerá na revista das festas do San Ramón. Reproduce as palabras do alcalde vilalbés e de Manuel Castro Santamariña, presidente do Iescha, quen destacan a calidade como persoa e escritor de Fernández Paz. Recorda que na súa vila natal un pequeno parque lle rende tributo tras a homenaxe feita pola AELG, ademais da biblioteca do IES Basanta Silva levar o seu nome. Tamén recolle as palabras de familiares sobre a súa persoa. _____, “A biblioteca das Pontes celebra un día de portas abertas con música e poesía”, El Progreso, “A Chaira”, 22 outubro 2016, p. 24.

Page 268: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Faise eco sobre o día de portas abertas que celebra a biblioteca municipal Enrique Rivera Rouco das Pontes. Dáse conta dos actos de música e poesía que se celebraron así como tamén do contacontos. Calaza, Iván G. / X. M. P., “Memorias dun neno labregoʼ tamén será traducido ao xaponés”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 8 agosto 2016, p. 26. Fala da tradución da obra Memorias dun neno labrego ao xaponés, que se comprometeu a facer o antropólogo Tadashi Yamamoto, quen coincidira con Xosé Neira Vilas no festival de Pardiñas no ano 2011. Comenta que Yamamoto volve ao festival despois duns anos para falar de como vai a tradución da obra e para participar na homenaxe a Xosé Neira Vilas. Canedo, Cibrán, “Contacontos de ʻA maleta da avoa”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, “Invitada especial”, 6 decembro 2016, p. 32. Comenta a participación de A maleta da avoa, a sesión de contacontos de Raquel Queizás, no programa de Nadal do concello de Silleda. Resalta a traxectoria de Raquel, licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e que cursou estudos de Artes Escénicas en varios centros. Capelán, Brais, “La librería Komic presenta el viernes ʻA Tumba do Terror”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 26 outubro 2016, p. L10. Informa da presentación na librería Komic de A tumba do terror, adaptación ao galego do cómic de Jason Crawley. Carrera, Rosé, “La ciudad que tenía anhelos de leer”, Atlántico Diario, “Vigo”, “Día del libro”, 24 abril 2016, p. 6. Realízase un balance da lectura con motivo da celebración do Día do Libro e saliéntase na literatura infantil e xuvenil galega o éxito de Ledicia Costas con Esmeraldina, a cociñeira defunta. Carreira, Sara, “¿Qué hay que saber a los ocho años?”, La Voz de Galicia, “Sociedad”, 25 maio 2016, p. 30. Fala sobre os tests que realizaron os nenos de terceiro de primaria que en lingua galega na parte de comprensión escrita botouse man do conto O soño de Sara, de X. Antonio Perozo. _____, “El arte es el motor de este instituto”, La Voz de Galicia, “Galicia”, 14 novembro 2016, p. 10.

Page 269: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Alude á iniciativa que leva a cabo o instituto IES As Barxas para promover a arte, pola cal gañaron un dos premios do Concurso Proyecta Innovación. Indica que consiste en realizar curtametraxes co tema da arte. Resalta a gran cantidade de xente que acude a ver estas curtametraxes e comenta que os alumnos traballan nelas non só na clase de plástica e visual, senón que tamén en economía e filosofía. Remata resaltando que teñen moitos proxectos en mente sobre diferentes temas, así como tamén a creación sensorial para persoas invidentes. Casal, J., “Igualdade a través da diversión”, Diario de Pontevedra, “O Salnés”, “Sanxenxo”, 21 xaneiro 2016, p. 22. Comenta a posta en marcha do proxecto “Somos iguais, medremos iguais”, impulsado pola Concellería de Benestar Social e o Centro de Información á Muller, co obxectivo de fomentar a educación en igualdade e evitar futuras conductas machistas a través da diversión e da implicación familiar no alumnado de primeiro de primaria. Tamén explica que consta de varios cadernos de traballo sobre temas como a corresponsabilidade nas tarefas e os xogos en igualdade, e contempla a lectura dos contos Nera a Ferreira e O Meniño Nito. Entón os homes choran ou que?, ademais dunha versión lúdica e revisada do clásico de Cincenta. Castro, Víctor, “Ordes despide agosto con los cuentos de Xosé Neira Vilas”, El Ideal Gallego, “Área metropolitana”, “Atalaya mariñana”, 28 agosto 2016, p. 16. Fala da sesión de contacontos, Contos vellos para rapaces novos, que terá lugar na alameda de Ordes para homenaxear a Xosé Neira Vilas, uns contacontos dirixidos a rapaces de entre cinco e dez anos. Resalta que a sesión contará con historias tradicionais dos cinco continentes. _____, “El Concello de Oroso abrió las inscripciones de la nueva temporada del Taller de Teatro”, El Ideal Gallego, “Área metropolitana”, “Atalaya mariñana”, 1 outubro 2016, p. 16. Anuncia o obradoiro de teatro infantil do Concello de Oroso. C. B., “Rois rinde homenaje a la literatura este mes a través de cuentacuentos y música”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 5 abril 2016, p. 30. Informa da programación de actividades do mes de abril no Concello de Rois arredor do mundo dos libros que comeza cun concerto a cargo de Pablo Díaz, xunto a Carmen Rey e Tito Calviño, baixo o título Xente miúda, moita fartura; o musical Mi Madriña por parte do alumnado de secundaria do Colexio Público Integrado dos Dices e a representación do contaconto do libro O porviso do patín de Rocío Castro. ______, “Un libro reunirá los sesenta microrelatos y micropoemas de alumnos estradenses”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 10 abril 2016, p. 34.

Page 270: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Dá conta da publicación dun volume cos traballos premiados no IIIº Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada. Destaca que os textos presentados debían contar como requisito coa presenza de dúas palabras características da obra de Manuel María, autor das Letras Galegas. _____, “El Teatro Principal acoge hoy la obra ʻMary Poppins”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 24 xuño 2016, p. 34. Informa da representación da peza Mary Poppins, a cargo do grupo infantil da Escola Municipal de Artes Escénicas e de Alicia, do grupo Xuvenil I. C. F., “Música y poesía por la paz en el A Torre-Cela”, Diario de Pontevedra, “O Morrazo”, “Bueu”, 30 xaneiro 2016, p. 5. Comenta que o alumnado do CEIP da Torre-Cela celebrou o Día da Paz con, entre outras actividades, un recitado do poema “Ventos”, de Antón García Teixeira. _____, “O Illa de Ons coñece a unidade didáctica sobre a nenez baixo o prisma de Castelao”, Diario de Pontevedra, “O Morrazo”, “Bueu”, 1 marzo 2016. p. 17. Dá conta da presentación da Unidade Didáctica editada pola Deputación de Pontevedra “A nenez galega a través dos anteollos de Castelao”, a que asistiron estudantado e profesorado dos últimos cursos da ESO do IES Illa de Ons de Bueu. Salienta que as novidades do proxecto son o propio obxecto de estudo, a figura do neno e da nena como suxeito histórico, a recuperación da obra gráfica de Castelao e o emprego de recursos multimedia e ferramentas TIC. _____, “A Biblioteca acollerá o sábado o espectáculo Andersen!, de teatro e música”, Diario de Pontevedra, “O Morrazo”, “Marín”, 30 marzo 2016. p. 18. Comenta que, con motivo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a Concellería de Cultura de Marín acolle unha actividade de narración oral, música, teatro e danza titulada “Andersen!”, a cargo de Teatro Flat. _____, “O IES Mestre Landín participa por primeira vez no Salón do Libro de Pontevedra”, Diario de Pontevedra, “O Morrazo”, “Marín”, 3 abril 2016. p. 17. Sinala a participación do IES marinense no Salón do Libro cunha obra baseada en As peripecias de Estravaganzza Pérez. _____, “Contos para bebésʼ, hoy en la librería infantil Lobocoxo de Bueu”, Diario de Pontevedra, “O Morrazo”, “Marín”, “Bueu”, 2 outubro 2016. p. 16. Indica que na librería infantil Lobocoxo de Bueu celebrarase unha actividade na que se combina conto e música “Contos para bebés”. _____, “A programación cultural de Bueu inclúe poesía, libros e actividades lúdicas”, Diario de Pontevedra, “O Morrazo”, “Bueu”, “Cangas”, 9 decembro 2016, p. 17.

Page 271: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Informa da presentación do libro MEL, unha mosca agradecida (2016) que combina os poemas de Alonso Diz e as ilustración de Luz Beloso. Dá conta da celebración dun obradoiro de debuxo a cargo da ilustradora. Chaves, Alba, “Os novos licenciados de ʻO garaxe herméticoʼ dan a coñecer as súas creacións”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 6 agosto 2016, p. 4. Fala da exposición dos traballos dos nove recén licenciados na escola O Garaxe Hermético, inaugurada pola concelleira Anabel Gulías e polo fundador da escola Kiko da Silva. Informa que Kiko da Silva presentará o seu próximo traballo, As viñetas desde o atlántico, un libro recompilatorio de traballos do alumnado da escola. C. N., “La librería Lobo Coxo llena los sábados de octubre de cuentos para los más pequeños”, Diario de Pontevedra, “O Morrazo”, “Bueu”, 5 outubro 2016, p. 21. Enumera as actividades que realiza a librería Lobo Coxo durante o outono, como “Contos de campo” ou a lectura de libros de Kalandraka coa temática do Samaín. Couso, Sandra, “Os Bolechas enseñan primeros auxilios a los más pequeños”, El Correo Gallego, “Santiago”, 19 outubro 2016, p. 25. Fala da presentación da colección de libros dos Bolechas no colexio Raíña Fabiola, no que ensinaron aos máis pequenos sobre primeiros auxilios. Comenta como Os Bolechas xunto co xefe de Urxencias Sanitarias de Galicia, o xerente do Servizo Galego de Saúde e o director xeral de educación repartiron exemplares entre os cativos. C. P. R., “Lembranza escolar ao poeta dos galegos”, El Progreso, “A Chaira”, 29 xaneiro 2016, p. 18. Dá conta do acto conmemorativo celebrado en Meira co gallo do cambio de nome do colexio, que agora homenaxea ao poeta Avelino Díaz, onde participaron o alumnado da institución, o grupo musical Tango en Xaneiro e se fixo a presentación dun calendario conmemorativo elaborado polo propio centro. Salienta que no evento o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, falou do seu desexo de que se lle dedicaran as vindeiras Letras Galegas. C. R., “O Principiñoʼ celebra 25 anos de tradución e interpretación en Vigo”, Atlántico Diario/ La Región, “Universitas”, 22 setembro 2016, p. 2. Informa da celebración dos vinte e cinco anos da creación da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, que como obxectivo principal ten unir o mundo da literatura co da tradución, coa mostra “O principiño” da man da Fundación Carlos Casares. Resalta que ademais da exposición ao longo do curso se celebrarán varias actividades.

Page 272: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

_____, “Buscando contos libres de sexismo”, Atlántico Diario/ La Región, “Universitas”, 13 outubro 2016, p. 5. Indícase que o campus de Ourense acolle o curso “Contos con senso: contos con perspectiva de xénero” para abordar a literatura infantil e de tradición oral dende unha perspectiva feminista. Crespo, Eduardo, “El cómic regresa a La Coruña”, ABC, “Galicia”, “El verano en Galicia”, 8 agosto 2016, p. 58. Anuncia unha nova edición de exposicións en Viñetas desde el atlántico, que se levarán a cabo nunha serie de espazos na Coruña para conmemorar o IV centenario da morte de Miguel de Cervantes, pero tamén con espazo para os superheroes de ficción. Informa que esta mostra foi impulsada polos galegos Miguelanxo Prado e David Rubín, pero que tamén acudiron outros moitos autores. Comenta que outro dos espazos acollerá a exposición dos Premios Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña. _____, “Cervantes revive en La Coruña”, ABC, “Galicia”, “El verano en Galicia”, 10 agosto 2016, p. 52. Resalta a exposición “Miguel EN Cervantes y el Retablo de las maravillas” que ten lugar no festival Viñetas desde o Atlántico na Coruña, para homenaxer o IV centenario da morte de Miguel Cervantes. Comenta que o festival conta coa presenza de autores como o propio director Miguelanxo Prado e David Rubín, entre outros. D., Nuria, “Recurso estratéxico”, La Región, “Xornal escolar”, n.º 81, “de que se fala”, “De actualidade”, 9 novembro 2016, p. 4. Fala sobre a importancia que teñen as bibliotecas nos centros escolares, como acontece coa biblioteca do CEIP Castrelo do Val, na que realizan diversas actividades relacionadas cos contidos dos diferentes cursos, así como tamén contacontos. Comenta que tamén se ofrecen actividades temáticas e que cada ano a biblioteca está ambientada cunha temática concreta. Finalmente dá conta das actividades que o propio alumnado realiza a través de blogs para fomentar a lectura e a escritura de contos. Deaño, Carlos, “Cuando la carballeira de Santa Susana era escenario de títeres”, El Correo Gallego, “Santiago”, 4 setembro 2016, p. 23. Recorda cando a Alameda de Santiago era un lugar destacado para as actividades de lecer e sobre todo a Carballeira de Santa Susana. Comenta que estes espazos se enchían de actividades e celebracións nas festas pero tamén nalgunha ocasión eran ocupados por monicreques como os famosos Barriga Verde. Díaz, Noelia, “Villa Florentina, cantera de actores”, El Ideal Gallego, “Área metropolitana”, 11 decembro 2016, p. 15.

Page 273: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Fala do rápido que medrou o grupo de teatro que naceu fai máis dunha década en Villa Florentina, na casa-museo de Wenceslao Fernández Flórez. Indica que comezaron sendo tres integrantes e agora poñen en marxa a Escola de Teatro O País de Papel, nome tomado dunha das obras do autor. Conta que a súa directora Alicia Longueira comentou que participa persoal voluntariado e que ofrecen clases de teatro e tamén que o concello pensa construír un auditorio municipal nos próximos anos. Dios, María S., “Unha de letras para comezar o curso”, Diario de Pontevedra, “miniDiario”, n.º 542, “Reportaxe”, 4 setembro 2016, pp. 2-3. Comenta que a volta a escola pódese facer máis amena se na casa as horas libres se dedican á lectura. Para iso dá conta dalgúns libros para a infancia, como Veo veo, un libro baseado no tradicional xogo, O polo Pepe. Apunta que algúns títulos tamén mostran os primeiros sentimentos, como por exemplo O monstro de cores ou Onde viven os monstros. Por último salienta 12 poemas de Federico Garcia Lorca, unha selección de cantigas do poeta. ECG, “Música, teatro e contacontos no proxecto Apego”, El Correo Gallego, “Santiago”, 15 abril 2016, p. 24. Informa da programación infantil do Concello de Santiago que contará con teatro, contacontos, música e obradoiros para as familias. _____, “O programa Ler conta moito dinamiza a lectura na Rede de Bibliotecas este mes”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 3 agosto 2016, p. 36. Dá conta dos concellos que no mes de agosto acollerán o programa “Ler conta moito” para achegar o hábito da lectura aos máis novos. _____, “A oferta infantil das redes de espectáculos da Agadic, nunha trintena de vilas”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 27 agosto 2016, p. 35. Trata da nova oferta semestral dos circuítos de espectáculos da Axencia Galega das Industrias Culturais, que até finais de ano acollerá cento sesenta e seis actuacións de música, maxia, danza e teatro para os máis cativos. Comenta que participarán un total de sesenta e catro compañías, a maioría delas galegas, que actuarán en trinta e unha localidades. _____, “A cita cos contacontos do programa Galicia Culturea remata mañá na Estrada”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 30 agosto 2016, p. 35. Informa que o concello da Estrada remata as actividades de contacontos da Rede de Dinamización Lingüística co espectáculo Contos vellos para rapaces novos que se representará na alameda municipal da man de Edición Bolanda. Comenta que se trata dunha iniciativa para que a lingua galega teña un papel destacado nas festas de verán. _____, “Clubes de lectura, visitas guiadas y cuentos en la Biblioteca Ánxel Casal”, El Correo Gallego, “Santiago”, 31 agosto 2016, p. 24.

Page 274: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Faise eco do programa de actividades da Biblioteca Ánxel Casal, entre elas “Choiva de contos” coa primeira sesión “Todo o mundo é noso”, a cargo de Lisístrata. _____, “Dream teamʼ de dibujantes y actores en Kikomic, A Coruña”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 4 setembro 2016, p. 33. Apunta que os debuxantes Kiko da Silva e Miguelanxo Prado participaron no décimo aniversario de Kikomic, tenda referente da banda deseñada. _____, “Os Bolechas y una pista de hielo en As Cancelas”, El Correo Gallego, “Santiago”, 12 novembro 2016, p. 27. Indica que hoxe nas Cancelas estarán os personaxes dos Bolechas para que os seus fans se poidan facer unha foto de recordo. ELOS, “De como a Literatura Infantil e Xuvenil «é chamada á guerra». Reflexións sobre os conflitos bélicos en Galiza e Portugal”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, 24 xaneiro 2016, “Protagonistas eLIXidos”, p. 6. Saliéntase como protagonista esta monografía publicada co apoio do MINECO-FEDER. Noméanse as coordinadoras e refírese que os estudos e notas que acolle son “froito das reflexións de investigadores galegos e lusos” participantes nos 20º Encontros Luso-Galaicos do Livro Infantil e Juvenil “De como a literatura para a infância e a juventude ‘é chamada à guerra” (ESE-IP Porto, 12-13 decembro 2014). Precísase que se analiza a representación de distintos conflitos bélicos na obra de Camilo Díaz Baliño, Xosé Neira Vilas, Agustín Fernández Paz, Rafael Lema, Héctor Carré e Paula Carballeira; que se ofrece o deseño dunha enquisa para avaliar o uso de textos literarios no ensino secundario; e que se acollen recensións críticas dalgunhas monografías galegas e portuguesas publicadas entre 2013 e 2015. _____, “Para lembrar”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, 24 xaneiro 2016, p. 6. Lembra que xa se pode ler e descargar o segundo número de Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, a primeira revista dixital especializada en LIX, vinculada a un grupo de investigación universitario e publicada en acceso aberto a todo o seu contido dende o portal dixital revUSC. _____, “Premios 2015 de Fervenzas Literarias”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “Protagonistas eLIXidos”, 14 febreiro 2016, p. 6. Sinálase que xa se pode consultar na web Fervenzas literarias “Os mellores libros de 2015”. Infórmase de que a Literatura Infantil e Xuvenil está representada nas categorías “Mellor libro de Infantil”, “Mellor libro de Xuvenil”, “Mellor libro de LIX traducida”, “Autor/a 2012” ou “Mellor Portada de Literatura Infantil e Xuvenil”. Destaca que na modalidade “Mellor libro de ensaio/investigación” foi premiada a obra Historia da literatura infantil e xuvenil, coordinado por Blanca-Ana Roig.

Page 275: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

_____, “Para lembrar”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, 28 febreiro 2016, p. 6. Lembra que o 30 de marzo remata o prazo para participar no XIII Premio Dora e Pura Vázquez de Ilustración, convocado pola Deputación Provincial de Ourense. Sinala brevemente as bases do certame e a contía do premio. _____, “Para lembrar”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, 27 marzo 2016, p. 5. Sinala a próxima publicación do terceiro número da revista Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil e comenta que se poden enviar notas e recensións en galego, castelán, inglés e portugués. _____, “The White Ravens 2015”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “Protagonistas eLIXidos”, 27 marzo 2016, p. 5. Indica que a obra Ícaro (2014), de Federico Delicado, foi seleccionada para formar parte da listaxe de libros The White Ravens 2015, da Biblioteca Xuvenil Internacional de Munich. Comenta o seu argumento e os premios acadados con anterioridade. _____, “Para lembrar”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, 10 abril 2016, p. 4. Lembra que até o 31 de maio está aberto o prazo de inscrición no Congreso Internacional “Guerras e conflitos sociais de onte e de hoxe (literatura e arte)”. _____, “Lista de honra do IBBY 2016”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “Protagonistas eLIXidos”, 10 abril 2016, p. 4. Destaca que Escarlatina, a cociñeira defunta (2014), de Ledicia Costas, e Bisa Bea, Bisa Bel (2013), de Ana María Machado, foron incluídas na Lista de Honra do IBBY 2016. _____, “Para lembrar”, El Correo Gallego, “2domingo”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, 22 maio 2016, p. 6. Lembran a data de celebración do congreso “Guerras e Conflitos Sociais de Onte e de Hoxe (Literatura e Arte)” e indica o enderezo web para máis información. E. P., “Viñetas dende o Atlánticoʼ en la Torre de Hércules”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 31 xullo 2016, p. 32. Anuncia a décimo novena edición de Viñetas dende o Atlántico que contará con espazos expositivos como a Torre de Hércules, onde se recompilarán os carteis dos certames dende a primeira edición.

Page 276: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

F. D., “Contos de miañares e bruídosʼ, en Ourense”, La Región, “Verano”, “Agenda de ocio”, 24 agosto 2016, p. 21. Sinala que dentro das actividades VeráneArte2016 a compañía Xarope Tulé ofrecerá unha sesión de contacontos. _____, “Contos vellos para rapaces novosʼ, en Ordes”, La Región, “Verano”, “Agenda de ocio”, 31 agosto 2016, p. 24. Informa da homenaxe a Xosé Neira Vilas que lle rende Galicia Culturea na que se agasallará cun exemplar de Contos vellos para rapaces novos. _____, “Actuaciones musicales y ludoteca”, La Región, “Nadal nas Comarcas de Ourense”, “Nadal en Coles”, “Programa”, 23 decembro 2016, p. 34. Comenta a programación cultural que propón o concello de Coles para as datas de Nadal coa actuación teatral da Escola de Teatro de Coles, que representará unha peza cómica da Cantada de pastores do século XVII. Informa que tamén haberá música, cine, talleres de danza e un taller con actividades lúdicas para os máis cativos. Fernández, Laura, “De cumple en la casa de Curros”, La Región, “Celanova”, 19 febreiro 2016, p. 20. Comenta que o alumnado e profesorado dos institutos Antón Losada Diéguez, IES de Melide e IES de Palas de Rei celebraron o décimo aniversario da apertura da Casa dos Poetas da Fundación Curros Enríquez, salientando que se trata dunha institución convertida en referente cultural que recibe a escolares, realiza exposicións, talleres, cursos, seminarios, cine, actuacións musicais, teatro e convoca importantes premios, entre moitas outras actividades. Fernández Paz, Agustín, “Unha fervenza de palabras”, La Voz de Galicia, 13 xullo 2016, contracuberta. En homenaxe a Agustín Fernández Paz, reprodúcese o texto “Conto de Nadal”, que o autor escribira para La Voz de Galicia e que fora publicado o 23 de decembro de 2012. Trátase das experiencias de Xhantl, un extraterrestre que, logo de entrar no interior de varias persoas, decide quedar no corpo de Paulo, quen posúe o don de imaxinar, de crear outros mundos e novas vidas por medio das palabras. Fontao, Ángela, “Un ejército grafico invade la ciudad”, La Opinión, “A Coruña”, 8 agosto 2016, pp. 6-7. Fala da décimo novena edición do festival Viñetas desde o Atlántico, que arrinca na Coruña con homenaxes a Cervantes, Corto Maltés, os X-Men de Claremont e os heroes reais do cómic social. Informa que as exposicións terán lugar en seis puntos diferentes da cidade.

Page 277: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Fraga, Xesús, “Kalandraka cumpre 18 anos como referente da literatura infantil e xuvenil”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 18 abril 2016, p. 25. Anuncia o décimo oitavo aniversario da editorial Kalandraka e recolle as palabras de Xosé Ballesteros, un dos fundadores e agora director da editorial, que recorda que a iniciativa comezou cos obxectivos de publicar álbums ilustrados en galego, acompañar os libros con actividades de animación á lectura e participar nun proxecto de normalización lingüística, dos cales non foi totalmente acadado o último deles debido á problemática no sector e á falta de aposta por parte dos distribuidores. _____, “El cómic de horror regresa de la tumba”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 5 novembro 2016, p. 39. Comenta as historias de terror recollidas no cómic A tumba do terror. Destaca que se trata dun estilo que está en auxe nos Estados Unidos pero que aquí deixou de ter éxito a partir da década dos oitenta. Resalta que o autor recoñece que editar un cómic de terror en galego é unha loucura pero que é unha das poucas maneiras de tentar que resucite. _____, “O debuxo e a ilustración tomará esta semana as rúas e museos de Santiago”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 7 novembro 2016, p. 25. Informa sobre o primeiro encontro internacional de cadernos de viaxe, unha iniciativa dirixida por Miguelanxo Prado onde os viaxeiros ilustrarán a cidade de Santiago de Compostela cos seus lapis e cadernos e logo poderán participar en tres exposicións. Comenta que conta con numerosos inscritos de Galicia, Asturias, Portugal, País Vasco, Madrid, entre outros, algúns deles profesionais da ilustración que ofrecerán clases. _____, “A lectura ilustrada de Xosé Cobas”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 16 decembro 2016, p. 40. Comenta o traballo de Xosé Cobas como ilustrador que se mostrará na exposición Xosé Cobas, a ilustración compartida, na Coruña. Indica as distintas creacións que se poderán ver na exposición, así como tamén as dúas visións que achega o catálogo, unha de Teresa Durán e outra a cargo do escritor Xabier DoCampo. Fuente, María Jesús, “Morre Agustín Fernández Paz, o defensor do galego que pasou fame de libros”, La Voz de Galicia, “Cultura”, “Loito nas Letras Galegas”, 13 xullo 2016, p. 37. Apunta que a afirmación “Só se pode ser universal desde a asunción das propias raíces” resume a vida e a obra de Agustín Fernández Paz, cuxas cinzas han de ser depositadas en Vilalba. Refírese á súa formación e ao recoñecemento que recibiu ao ser investido doutor honoris causa pola Universidade de Vigo. Reproduce parte das palabras que pronunciou nesa ocasión sobre o maltrato que sofre o idioma galego, así como as do seu padriño no acto académico, Xosé Henrique Costas, quen sinalaba que “Agustín Fernández Paz demostra que se pode ser universal sendo monolingüe”. Tamén se recollen outras mostras de condolencia de carácter institucional.

Page 278: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Galán, Pablo, “La divertida aventura de engancharse a la lectura”, La Región, “Ourense”, 3 abril 2016, p. 6. Sinala que os libreiros ourensáns celebraron o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil cunha representación teatral infantil baixo o título Contos asombrosos para nenos curiosos na que Davide González e Melania Cruz levaron á escena situacións cheas de humor e maxia de distintos libros da colección “Contos para sentir” de Begoña Ibarrola. _____, “Diputación y Concello crearán tres nuevos museos en Ourense”, Atlántico Diario, “Sociedad”, p. 37/ La Región, “Ourense”, p. 3, 29 novembro 2016. Indica que, entre os tres novos museos que se crearán en Ourense, haberá un na Casa da Maxia dedicado aos personaxes dos Bolechas. Gallego, Sara, “O Salón do Libro dá un paso adiante en canto a accesibilidade”, Diario de Pontevedra, “Salón do libro”, 31 de marzo 2016, p. 6. Salienta que a organización do Salón do Libro e o Pazo de Cultura, coa colaboración da Once, decidiron construír para o evento unha sala deseñada para que a infancia con algún tipo de discapacidade visual poidan gozar das aventuras de Extravaganzza, a protagonista do libro de Ledicia Costas sobre o que xirará o Salón, do mesmo xeito que o poden facer os demais asistentes. _____, “A edición máis extravagante do Salón do Libro de Pontevedra”, Diario de Pontevedra, “Salón do libro”, 31 de marzo 2016, p. 2. Anuncia a apertura de portas do Salón do Libro de Pontevedra protagonizado por animais de todas as clases, incluso imaxinarios e descoñecidos, e pola personaxe literaria Extravaganzza Pérez, protagonista do novo libro de Ledicia Costas escrito expresamente para o evento. Explica que o Salón está deseñado para dar conta dos ecosistemas e a fauna que a escritora recrea na obra a través das viaxes de Extravaganzza e que será inaugurado polas escritoras María Lado e Lucía Aldao con teatro e música creado para o evento. García, Heitor, “Antonio Fraga e Jacobo Serrano idean os espazos do Salón do Libro 2017”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 16 xullo 2016, p. 14. Fala da próxima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil que contará con Antonio Fraga como escritor e con Jacobo Serrano como ilustrador. Informa das fechas do acontecemento e de todo o traballo que hai detrás, un salón no que o lema será “O mundo que queremos” detrás do que Fraga crea unha historia coa que pretende que o lector reflexione sobre o mundo que nos rodea, que tratará temas sinxelos como a ecoloxía, a homofobia, a xenofobia e a vida saudable.

Page 279: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

García, M., “Os libros volven a Mazarelos nunha nova romaría”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 17 maio 2016, p. L10. Dáse conta da sinatura de exemplares do libro Astropal. Un cometa con corazón (2015). _____, “Teatro y el Apalpador para el inicio de las vacaciones”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 22 decembro 2016, p. L10. Dá conta da axenda para as vacacións escolares, e fala de actividades como o ciclo de teatro de Berrobambán, o teatro de Marionetas que terá lugar na Biblioteca Anxel Casal e o espectáculo infantil The Monebtolmpro que presenta a creación Verbeelding. García de Burgos, Carmen, “El Salón do Libro Infantil y Xuvenil de Pontevedra se abre a toda Galicia”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 18 marzo 2016, p. 37. Comenta a próxima inauguración da décimo sétima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra baixo o lema “Canta bichería!”, salientando que desta volta o programa conta con multitude de talleres e salas adaptadas para bebés e nenas e nenos con diversidade funcional. _____, “Bichos’ para aprender a respectar a todos os seres vivos”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “Agenda”, 1 abril 2016, p. 7. Salienta a calidade do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e fala da inmensa programación de actividades que inclúe, como obradoiros, representacións teatrais, contacontos, musicais, proxeccións, presentacións de libros e discos ou contos musicados, que xiran arredor da temática dos animais, contextualizados na recreación do imaxinario do libro As aventuras de Extravaganzza Pérez, escrito por Ledicia Costas para o evento. _____, “E eles, ¿que bicho prefiren?”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, 8 abril 2016, p. 12. Dá conta dunha visita guiada polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que lle realizaron dous escolares do CEIP Pontesampaio aos xornalistas alí presentes, onde lles van comentando curiosidades sobre os distintos animais que este ano protagonizan a programación do evento. Gimeno, Maite, “As letras despiden a Fernández Paz no seu último adeus”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 14 xullo 2016, p. 38. Alude á emotiva despedida de Agustín Fernández Paz, do que se salientou o seu amor polas palabras, a literatura e o idioma galego, ademais da súa profunda humanidade. Tamén recolle as declaracións de Manuel Bragado, Ledicia Costas, Xavier Senín, Paco Martín, Xosé Lastra e Fina Casalderrey sobre o labor feito polo escritor de Vilalba, quen foi despedido co poema de Rosalía de Castro, “Negra sombra”, interpretado polo Caruncho na compaña da zanfona.

Page 280: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Gómez, Cuca M., “En memoria de Rosalía de Castro”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 25 febreiro 2016, p. 62. Entre outros temas, fala dos actos celebrados para conmemorar o natalicio de Rosalía de Castro e destaca o recital realizado polo alumnado do CEIP A Xunqueira de Pontevedra. _____, “Jornada literaria en la ciudad”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 23 marzo 2016, p. 62. Informa da realización de actividades previas á inauguración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil que consisten nunha xornada de contacontos en distintas librarías da cidade. _____, “Semana de moda y literatura”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 29 marzo 2016, p. 62. Sinala que no ciclo Merendando Contos ofrécese un contacontos de Raquel Queizas na libraría D-lectum. _____, “Las letras como protagonistas”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 30 marzo 2016, p. 62. Entre outras actividades, fálase da inauguración do Salón do Libro e de que no ciclo Merendando Contos se ofreceu o contacontos Bechiños e contos, por Andrea Bayer. _____, “5.000 visitas al Salón do Libro”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 5 abril 2016, p. 78. Dá conta do éxito da nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra dende a súa inauguración, salientando o espectáculo musical A bichería canta!, de Migallas Teatro, unha actividade para realizar un libro xigante co ilustrador Víctor Rivas ou a representación teatral da adaptación do libro As peripecias de Extravaganzza Pérez por parte do alumnado do IES Mestre Landín de Marín. Tamén comenta a participación das tres candidatas galegas que optan aos Premio Max de danza e artes escénicas, Andrea Bayer, Ánxeles Cuña e Nate Borrajo, que realizarán distintas actividades para os máis novos. _____, “Un día con mi sobrina Ainhoa”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 13 abril 2016, p. 62. Indica que no Salón do Libro de Pontevedra se representou Los tres osos, a cargo de L’Estaquirot Teatre. _____, “Mi madre alegra mis días grises”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 6 maio 2016, p. 78. Comenta que o alumnado do IES Luis Seoane representou unha obra dentro da programación “Ben veñas, Maio”.

Page 281: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

_____, “Un día en las Núbebes”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 18 setembro 2016, p. 70. Indica que Kiko da Silva presentou o novo curso da escola de banda deseñada “O Garaxe Hermético”. _____, “David Amor de mis amores”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 22 outubro 2016, p. 70. Entre outras actividades, anuncia a presentación do cómic A tumba do terror, de Juan Carlos Abraldes na librería Baroja. _____, “Una cita con Berto Romero”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 12 novembro 2016, pp. 70-71. Indica que os nenos tiveron na biblioteca pública de Pontevedra unha sesión de contacontos e debuxos a cargo da compañía Polo Correo do Vento. _____, “María celebra un siglo de vida”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 17 novembro 2016, pp. 62-63. Entre outros eventos, dá conta da presentación na libraría Miranda en Bueu do libro do ilustrador A tumba do terror. _____, “Larga vida a los puentes”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 3 decembro 2016, p. 70. Faise eco da representación De Fábula, unha obra de monicreques para escolares. _____, “De desayuno, toque de bocina”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 13 decembro 2016, p. 78. Entre outras actividades, salienta a exposición de banda deseñada “O meigallo da loba” na Casa das Campás. _____, “Los planes de las tías que molan”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 29 decembro 2016, p. 78. Entre outras cuestións, comenta que a biblioteca de Pontevedra acolleu unha sesión de contacontos baixo o título “Contos á luz do Nadal”, a cargo da compañía Expresión Contacontos. González Liste, Ana, “Despedida a un baluarte do galego”, Faro de Vigo, “Sociedad”, p. 33/ La Opinión, “Sociedad, cultura y ocio”, p. 25, 13 xullo 2016.

Salienta a bonhomía do escritor e profesor Agustín Fernández Paz e o seu compromiso con Galicia e coa súa lingua, ademais de sinalar que, días antes de falecer, estaba a traballar na edición especial de Cartas de inverno, que Xerais publicará con motivo dos

Page 282: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

cen mil exemplares vendidos. A seguir, recolle o parecer de políticos e homes e mulleres da cultura como Manuel Bragado, Xosé Luís Méndez Ferrín, Marilar Aleixandre, Xesús Alonso Montero, Marcos Calveiro, Bieito Ledo, Xosé Manuel Pereiro, Fran Alonso, Francisco Castro, Henrique Alvarellos, Moncho Pena e Xurxo Patiño que ilustran as diferentes facianas do autor vilalbés das historias infindas.

_____, “Sentido adeus a Agustín Fernández Paz”, Faro de Vigo, “Sociedad”, p. 33/ “Sentida homenaxe a Agustín Fernández Paz”, La Opinión, “Sociedad, cultura y ocio”, p. 25, 14 xullo 2016. Faise eco da despedida multitudinaria que recibiu Agustín Fernández Paz no tanatorio de Pereiró. A seguir, recolle os comentarios de parte das autoridades e persoas vinculadas co ámbito da cultura sobre o autor vilalbés, que foi definido por Manuel Bragado como “un diamante moral no que poderemos espellarnos sempre”. Así reproduce o sentir e as palabras dalgúns dos membros da súa xeración como Xabier Senín, Paco Martín, Xosé Lastra, Fina Casalderrey e Xabier P. Docampo, e de autores novos como Ledicia Costas ou Fran P. Lorenzo. Tamén sinala que dende a Universidade de Vigo se recordou o discurso do día no que foi investido Doutor Honoris Causa e recóllese o parecer da presidenta da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil, Blanca-Ana Roig Rechou, quen dixo que “Estamos seguras de que seguirás a nos guiar con acerto nesa andaina desde calquera parte do universo”. _____, “Esta Navidad, un libro en gallego”, Faro de Vigo, “Sociedad”, pp. 46-47/ La Opinión, “Sociedad, cultura y ocio”, pp. 34-35, 18 decembro 2016. Recomenda libros para regalar no Nadal, dividindo por editoriais, idades, primeiros lectores e outros moitos criterios. Comenta que non se debe esquecer de Carlos Casares e Rosalía de Castro. Destaca, para o público máis novo, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Denébola e Roxa, Eu son Suleimán, Feliz Feroz, Marcopola. A illa remeira, Esmeraldina, a pequena defunta, Os cabezombis, Aire, Canta Connosco! e Os tres porquiños. Finalmente mostra as recomendacións dalgúns escritores. H. J. P., “Diario de Ana Frank”, La Voz De Galicia, “Cultura”, “Para ler”, 27 marzo 2016, p. 41. Anuncia a nova edición de Diario de Ana Frank por parte de Kalandraka que xa publicara en 2004 e que agora ofrece sen ilustracións. Hermida, Tino, “Xardín desordenado’, poesía y música en el Possumus”, Faro de Vigo, “A escola do Faro”, “Ti participas”, 26 abril 2016, p. 8. Comenta a organización dun taller de poesía no colexio Possumus do barrio vigués de Teis, dirixido polo poeta e profesor Antonio García Teijeiro, quen protagonizou o primeiro encontro con escritores, e que se complementou coa visita de Santiago Ferragud e Lorenzo Bo, do grupo musical “Xardín desordenado”, especializado en musicar os versos de distintos poetas galegos. Apunta que o terceiro e último encontro

Page 283: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

será con Manolo Veiga, periodista e doutor en Socioloxía e Ciencias Políticas, quen falará da figura de Manuel María. Iglesias, A., “Tarde de literatura intergeneracional con Sara Barreiro”, El Correo Gallego, “Compostela”, 9 xaneiro 2016, p. 24. Comenta a celebración dunha actividade literaria interxeracional na residencia de maiores Geriatros na cal participaron residentes da institución, alumnado do colexio Nuestra Señora de los Remedios e a escritora Sara Barreiro. Indica que tamén se levou a cabo a presentación dos libros Vic e Bombona, da propia Sara, e Tobío, o libro colectivo elaborado polos maiores das catorce residencias de Geriatros. _____, “Blanca Cendán y Suso Alonso darán un taller infantil de teatro musical”, El Correo Gallego, “Santiago”, 30 novembro 2016, p. 30. Destaca a organización dun Teatro Musical por parte da actriz Blanca Cendán, o exdirector do Centro Dramático Galego e músico Suso Alonso. Iglesias, Ana, “Las vacaciones escolares se llenan de actividades lúdicas”, El Correo Gallego, “Santiago”, 23 decembro 2016, p. 30. Comenta as distintas actividades que ofrece a cidade santiaguesa para as vacacións de Nadal, entre as que destacan a representación de El sastrecillo valiente a cargo da compañía Etcétera, o Nadal Rock, obradoiros artísticos ao redor da Xeración Nós e Castelao, concursos de postais, ente outras moitas actividades de teatro. Ofrece a distribución horaria das actividades do día. Jaureguizar, “Talía Teatro, Martín Carmiña e Sumrrá animarán o verán lucense con Cultura Aberta”, El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, 5 xullo 2016, p. 51. Informa da posta en escena de varias pezas no marco das actividades organizadas durante o verán en Lugo. Para público infantil destaca a representación da montaxe Ímpreuna, de Pistacatro e do espectáculo Canta o Cuco, de Uxía e Magín Blanco. _____, “Falece o valalbés Agustín Fernández Paz, ʻcoloso da literatura e diamante moral”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, pp. 50-51/ El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, pp. 40-41, “Adeus a un renovador da literatura galega”, 13 xullo 2016. Refírese á traxectoria de Agustín Fernández Paz no ámbito literario, da renovación educativa e no ensino do galego, ademais de recoller as palabras de persoas relacionadas co autor vilalbés que acaba de deixarnos. Entre elas, están as de Celia Torres, quen conta que, cando lle notificaron a obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, a chamou para manexar a situación feliz. Tamén reproduce as palabras de Xabier Docampo, quen o chamaba todas as noites dende a descuberta da enfermidade, referidas ao seu labor como docente e ao intercambio de lecturas das súas obras. Así Fernández Paz foi o primeiro en ler O misterio das badaladas e Xabier Docampo, Contos por palabras. De Manuel Bragado inclúe os comentarios sobre o procedemento

Page 284: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

que seguía na elaboración das súas obras, nas que primaba a lectura fluída; de Ledicia Costas, a súa entrada na escrita en galego a través de Cartas de inverno; e de Paco Martín, o seu reclamo para que non se esqueza o seu labor nos campos da didáctica e da pedagoxía. Tamén se citan algúns premios dos que foron obxecto as súas obras. J. G., “El Xelmírez I atrae alumnado exterior para su premiado grupo de teatro”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Santiago”, 27 xuño 2016, p. L5. Apunta que o centro Xelmírez I atrae sete estudantes doutros centros para o seu grupo de teatro Vai no dentista, que recibiu o premio de teatro Buero coas obras O incidente e Fóra de xogo. Comenta que agora prepáranse para representar a obra O síndrome de Wendy. Resalta que se trata dun grupo de teatro en lingua galega fundado en 1995, e a profesora Sagrario Torrado, coordinadora da Lingua Galega do centro, comenta que todos os anos hai renovacións nos grupos de teatro e que o idioma galego non supón un obstáculo para estudantado non galego xa que contan coa participación de alumnado de Arxentina, Valencia e País Vasco. J. M., “Representación de ‘Saxo Tenor’ en el Fernando Blanco”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 22 xuño 2016, p. 37. Sinala a representación da obra Saxo Tenor no IES Fernando Blanco en Cee polo grupo Tuéjele, formado por alumnado deste mesmo centro. Indica que a peza está baseada na obra de Roberto Vidal Bolaño. _____, “Sesión de cuentos con la compañía Duende Sico”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 27 outubro 2016, p. 37. Anuncia a sesión de contacontos da compañía Duende Sico en Cee. J. M. R., “La biblioteca Rego da Balsa abre otra planta y duplica puntos de lectura”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 9 setembro 2016, p. 31. Informa da ampliación da biblioteca Rego da Balsa cun espazo destinado aos mozos e a banda deseñada, que conta cun mural de Lida Cambón. Lago, Alba, “Román Rodríguez. ‘Este libro é unha auténtica obra de arte”, El Correo Gallego, “Tendencias. Ciencia. Cultura. Ocio”, 9 xuño 2016, p. 41. Sinala os asistentes no acto de presentación da obra Contos vellos para rapaces novos (2015), de Xosé Neira Vilas. Recolle as palabras de Román Rodríguez e de Luís Reimóndez sobre o libro. L. D. B. / M. B., “Ano novo, libro novo!”, Diario de Pontevedra, “miniDiario”, n.º 508, “reportaxe”, 10 xaneiro 2016, pp. 2-3.

Page 285: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Informa das principais novidades editoriais para o público infantil de Kalandraka, salientando Balea, Cantarolas e O neno bisesto; de OQO con O avó de Zulaimar e A mellor sopa do mundo; de Xerais que propón Formig4s. Misión Barcelona, terceiro título da serie Formig4s, Arman e a fábrica podre, Unha viaxe inesperada e Nena e o mar; e, finalmente, da editorial Galaxia con Canta o cuco e Un conto ao Revés. L. F., “Soarreira celebrará su veinticinco aniversario con una semana cultural”, Diario de Arousa, “Sanxenxo”, 29 xaneiro 2016, p. 12. Infórmase dunha serie de actividades realizadas por parte do colectivo Soalleira, no marco da Semana Cultural. Coméntase que o domingo se levará a cabo unha homenaxe a Neira Vilas con teatro e lecturas dramatizadas. _____, “Os Bolechas ofrecerán este viernes cuatro horas de diversión gratuita en el pabellón de Baltar”, Diario de Arousa, “Sanxenxo”, 20 decembro 2016, p. 15. Comentan o variado programa que ofrece o concello de Sanxenxo durante o Nadal coa xira dos Bolechas, “Nadal en familia”, entre outras actividades. Informa dos días, horarios e lugares de todas estas actividades. Liste, Ana G., “Homenaje a las guardianas de la Cultura”, Faro de Vigo, “Sociedade”, 25 outubro 2016, p. 35. Indícase que con motivo do Día da Biblioteca a escritora Ledicia Costas leu o texto “Os libros, aloumiños fosforescentes que incendian os soños”, no que reivindicou o mundo máxico dos libros, e a ilustradora Elena Odriozola realizou o cartel. Tamén se apunta que a Biblioteca Neira Vilas de Vigo realizou un taller de colaxe impartido polo ilustrador Marc Taeger. Lluch, Enric “Almas de algodón”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 25 marzo 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra Almas de algodón (2015), escrita por Enric Lluch e ilustrada por Pablo Olivero. López, Belén, “Bibliografía básica para 2016”, Diario de Pontevedra, “Cultural”, “Pontevedra”, 20 xaneiro 2016, p. 11. Entre outras novas, informa da futura publicación, por parte da editorial Kalandraka, das obras A historia do touro Ferdinando, de Munro Leaf; Quen merca un rinoceronte?, de Shel Silverstein; e O letreiro segredo de Rosie, de Maurice Sendak. _____, “Un mundo de bichos”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 18 marzo 2016, p. 9.

Page 286: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Dá conta das actividades programadas para o XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Sinala a participación de Migallas Teatro, Pavís Pavós, Sarabela Teatro e Caramuxo teatro, entre outros. Tamén destaca unha serie de actividades que teñen como base a obra As peripecias de Extravanganzza Pérez, de Ledicia Costas. _____, “Fallece en Lérez, a los 84 años, Alfonso Silvent, hijo del titiritero Barriga Verde”, Diario de Pontevedra, “Ciudad”, “Pontevedra”, 16 xuño 2016, p. 9. Informa do falecemento do membro dunha saga de feirantes e titiriteiros, Alfonso Silvent Fernández, fillo do mítico Barriga Verde. Comenta que ademais de feirante levou tiros, tómbolas e practicou a venda ambulante. Finalmente dá conta da hora e do lugar do funeral. _____, “Hasta que se rompa el papel”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 1 agosto 2016, p. 6. Fai un pequeno repaso pola evolución do debuxante Andrés Simal, que comezou dende moi pequeno, e que di que ir a escola O Garaxe Hermético foi moi importante para a súa evolución como autor e a busca do seu propio estilo. Indica que este ano presentou unha caricatura de Carballo Calero e outra de Kiko da Silva no II Festival de Caricatura de Ferrol, que gañou, e resalta que desexaría traballar no Garaxe Hermético. _____, “Isto non é unha academia”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 17 setembro 2016, p. 11. Informa da apertura de Estudo Bonobo, unha escola de artes que contará cunha ducia de creadores pontevedreses de diversos ámbitos. Indica que entre os seus proxectos está Corre, mono, corre, un libro que mestura banda deseñada underground con actividades para cativos con relatos ilustrados. _____, “Ceo Aberto incorpórase ao Mini Pazo Club cun taller de tecnoloxía”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 29 setembro 2016, p. 13. Fala do quinto obradoiro infantil que ofrece o concello de Pontevedra, Ceo Aberto, que se incorpora ao Mini Pazo Club, un espazo de tecnoloxía. Comenta que ademais desta incorporación contará con novidades no RockLab, onde naceu o grupo de nena Mushu. _____, “Pontevedra aproveita o paso polo Culturgal”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 4 decembro 2016, pp. 12-13. Preséntase o segundo libro da colección inaugurada polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, da autoria de Antonio Manuel Fraga e o ilustrador Jacobo Fernández: Escaquis e Romeu (2016). Indícase que a presentación tivo lugar no Culturgal e que o Concello repartirá a colexios e bibliotecas uns 2.000 exemplares cunha homenaxe a Agustín Fernández Paz na portada. _____, “Os contos clásicos non envellecen”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 16 decembro 2016, p. 13.

Page 287: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Faise referencia á reedición dunha das primeiras obras publicadas na editorial Kalandraka por Xosé Ballesteros, Os tres porquiños, e que nesta ocasión conta con ilustracións do artista Marco Somà. Indícase que a editorial creouse co obxectivo de publicar os contos tradicionais en formato de álbum ilustrado e que esta obra é un bo exemplo, ao tempo que é un dos contos clásicos que nunca envellecen xa que “está gardando unha ensinanza universal e atemporal”. _____, “Alba Blanco Boga axusta contas co Salón do Libro”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 17 decembro 2016, p. 12. Comenta que a ilustradora Alba Blanco Boga é a encargada de realizar o cartel para o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra despois de ter que cancelar unha exposición no 2012 por un incendio producido na galería Sargadelos. Fala da grande preocupación que tivo á hora de realizar o cartel, debido á ampla temática deste ano e que finalmente se decidiu pola natureza. _____, “No último intre do Ano Castelao”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 19 decembro 2016, p. 7. Salienta o obsequio do libro Periplo Atlántico (2016) para o público asistente á gala celebrada en Pontevedra como clausura do Ano Castelao. Indica que este volume, segundo título publicado pola editorial Lela, de Carlos Taboada, é unha adaptación do relato “O negriño Pancho” de Castelao. López, Chechu, “Una ludoteca bajo la carpa del antiguo mercado es la novedad durante estas fechas en Riveira”, Diario de Arousa, “Especial Navidad”, 24 decembro 2016, p. 30. Informa das diferentes actividades que se realizarán durante o Nadal en Ribeira, como espectáculos de maxia e representacións e contacontos: “Os soños dos contos” de Xore Teatro, “Blody’s Cofee-Peza soa para dúas mulleres”, “Animágicus” con Duendesico, “Un Nadal cheo de contos”, de Tarabelos; “Chonfli quere ser pallaso”, de Duendesico, “Animaliños” de Artestudio Teatro e “Alborada, unha meiga moi especial no Nadal”, de Xore Teatro. López, Ruth, “Contos vellos’ de Neira Vilas recompila 35 relatos orais de Liberia a Nova Zelandia”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, 9 xuño 2016, p. 61. Faise referencia á presentación, en Santiago de Compostela, do libro Contos vellos para rapaces novos (2015), de Xosé Neira Vilas, publicada por Bolanda e con ilustracións de Antía Barba Mariño, coa súa respectiva estrutura, a cal está composta por trinta e cinco relatos, que mostran a narrativa tradicional dos cinco continentes. Noutra liña, Ruth Lopez menciona un portal dixital que achega información sobre o autor, e onde sete autores fan unha adaptación particular dos contos. López, Siro, “Rescatando a cervantes das fauces de don Quixote”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 16 agosto 2016, p. 33.

Page 288: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Fala da exposición Miguel EN Cervantes. El retablo de las maravillas, onde participaron autores como Miguelanxo Prado e David Rubín. Destaca que se presentou a un Cervantes desvinculado do Quixote, porque tentaban conseguir que se vise máis alá do personaxe, xa que durante moito tempo os comentaristas españois subestimaron a Cervantes. Resalta que o primeiro que puxo cordura na crítica da obra foi Américo Castro. López Domínguez, Xan, “Viaxe a Dragonia”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 16 xaneiro 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra Viaxe a Dragonia (2015), escrita e ilustrada por Xan López Domínguez. López Penide, “Pontevedra, capital de la industria cultural de Galicia”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 3 decembro 2016, p. 36. Apunta que na novena edición da Feira das Industrias Culturais se mantivo un encontro literario con Iria Misa, autora de Xa non estou aquí, e David Pérez, autor de Todo o tempo do mundo; ademais se ofrecerá o espectáculo musical María Fumaça. L. P., “La actriz Lorena do Val dirige de nuevo el aula de Teatro de Sarria”, El Progreso, “Sarria”, 7 outubro 2016, p. 20. Dáse conta do obxectivo da aula de Teatro de Sarria co seu obradoiro para os máis pequenos orientado a fomentar a creatividade e a lectura e utilizar os recursos do corpo. L. R., “Cultura llena abril y mayo con siete sesiones de cuentacuentos”, Diario de Arousa, “O Grove”, 24 marzo 2016, p. 14 No marco do programa “Ler Conta Moito”, anuncia a realización de sesións de contacontos a cargo das compañías teatrais Xarope Tulú, Trinke Trinke Teatro, Elefante Elegante e Expresións Produccións. Malvido, Gemma, “La sala de Durán Loriga acogerá durante todo el año muestras de cómic e ilustración”, La Opinión, “A Coruña”, 13 novembro 2016, p. 4. Informa de que a sala Durán Loriga acollerá unha exposición de cómics e banda deseñada, baixo o nome de “Coruña Gráfica”, co obxectivo de potenciar os programas de apoio ao sector, ademais do desenvolvemento de proxectos audiovisuais. Finalmente comenta que as axudas para o proxecto estarán recollidas nos presupostos municipais do Goberno local.

Page 289: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Manteiga, Marcos, “Difunden el gallego con Apego y regalo en Ames”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 16 setembro 2016, p. 31. Preséntase o programa Apego e a programación infantil do Concello de Ames, que acollerá teatro, concertos, contacontos, faladoiros, maxia e danza. _____, “Escuelas amienses de plástica, baile y teatro con 115 vacantes”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 27 setembro 2016, p. 35. Comenta que as escolas Culturais locais de Artes Plásticas, de Bailes de Salón e de Teatro contan con prazo para matricularse. Informa dos horarios das clases e do que se precisa para matricularse en cada unha delas. Martín, Toni, “Cuentos, música y exposiciones en el natalicio de Granell”, El Correo Gallego, “Santiago”, 30 novembro 2016, p. 31. Informa que a Fundación Eugenio Granell celebrou unha xornada de portas abertas coincidindo coa data de nacemento do célebre pintor, escultor e escritor. Resalta ademais que foi invitado o periodista e escritor Paco López-Barxas que realizou a lectura do seu libro, Os tesouros da illa de Granellandia, dirixida ao público infantil, e que ademais tamén houbo música da man de Oreste Reyes acompañado do seu alumnado. Mato, Mar, “2016 para la cultura gallega”, La Opinión, “Sociedad, cultura y ocio”, 17 xaneiro 2016, p. 34. Trata distintos aspectos da cultura galega e, no que respecta á literatura, destaca os recentes éxitos de Ledicia Costas e anuncia as vindeiras obras de Agustín Fernández Paz, Antonio García Teijeiro, Marilar Aleixandre, María Reimóndez, Xosé Ramón Pena e Luis Rei. Tamén alude David Rubín, en banda deseñada, e a Chévere e Il Maquinario, en teatro. _____, “Un año prometedor para la cultura”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 17 xaneiro 2016, pp. 38-39. Dá conta de distintos aspectos da cultura galega e, no que respecta á literatura, destaca os éxitos de Ledicia Costas e anuncia as vindeiras obras de Agustín Fernández Paz, Antonio García Teijeiro, Marilar Aleixandre, María Reimóndez, Xosé Ramón Pena e Luis Rei. Tamén alude David Rubín, en banda deseñada, e a Chévere e Il Maquinario, en teatro. Mauleón, A., “Troula Animación participará en la Feria Europea de Artes Escénicas de Gijón”, Faro de Vigo, “Tv/Espectáculos”, 25 xaneiro 2016, p. 59. Dá conta da iniciativa da Consellaría de Cultura e Educación, AELG e Concello de Marín para celebrar o día de Rosalía de Castro dentro dos centros educativos por medio de lectura e escritura de versos rosalianos.

Page 290: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

_____, “Falece Agustín Fernández Paz, o máis grande da literatura infantil e xuvenil galega”, Faro de Vigo, p. 32/ La Opinión, “Cultura & ocio”, p. 24, 13 xullo 2016, “Sociedad”. Considera que Agustín Fernández Paz creaba historias inesquecibles e sinala que están de loito os nenos e mozos que lían con entusiasmo as súas novidades, os profesores que atopaban nas súas obras unha magnífica ferramenta para fomentar a lectura en galego e os escritores que tiveron nel un referente e un amigo xeneroso. Indica que escribiu até o último momento e que recibiu numerosos premios, ademais de estar nominado para o Premio Nobel de Literatura, un feito que recibiu “como unha mostra de agarimo pero sabendo que nunca irei a Estocolmo para o baile”. Recorda que o seu compromiso coa lingua galega levouno a rexeitar en 2010 o Premio da Cultura Galega concedido polo goberno autonómico do PP e refírese a outra das súas paixóns, a docencia. Tamén detalla o proceso que seguía cando escribía e alude ao seu papel activo no Twiter ou no seu blog. Mauleón, Amaia, “Mi verano en un instante”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 18 setembro 2016, pp. 42-43. Recolle os momentos máis intensos do verán da escritora Ledicia Costas na súa viaxe a Río de Janeiro. _____, “El cómic, héroe de las bibliotecas”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 19 setembro 2016, p. 23. Faise un repaso e listaxe do préstamo nas bibliotecas, na que en galego aparece no posto sexto aparece a “Biblioteca Básica Os Bolechas”, de Pepe Carreiro. Minhós Martins, Isabel, “Para onde imos cando desaparecemos?”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 6 febreiro 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra Para onde imos cando desaparecemos? (2015), escrita por Isabel Minhós Martins e ilustrada por Madalena Matoso. Miranda, Anisia e Xosé Neira Vilas, “Cantarolas”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 2 xaneiro 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra Cantarolas (2015), escrita por Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas e ilustrada por Leandro Lamas. M. G., “Sebastián Paz presenta un libro de poesía para niños”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 18 outubro 2016, p. 30.

Page 291: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Informa da presentación en Noia do libro de Sebastián Paz Remuíños de poesía para nenos. Salienta que as composicións poéticas da obra están acompañadas de ilustracións. _____, “Sebastián Paz presenta ʻRemuíños de poesía para nenos”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 26 outubro 2016, p. 30. Dá conta do éxito da presentación da última obra do escritor noiés Remuíños de poesía para nenos. Sinala a intervención no acto de Clodio González Pérez, representante da editorial Toxosoutos e da profesora Pili Sampedro. M. G. M., “El libro infantil se viste de fiesta para celebrar su día con actividades y teatro”, El Ideal Gallego, “Sociedad”, 2 abril 2016, p. 37. Informa das distintas iniciativas que se desenvolverán na cidade da Coruña para conmemorar o día do libro infantil, salientando o concurso de animais de conto realizado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, a iniciativa integradora para o fomento da lectura “Ti tes moito conto” na biblioteca Ágora, o contacontos e taller do álbum ilustrado La canción del sol, unha sesión de contos na biblioteca González Garcés, onde as mans son as protagonistas, e a representación de Los siete cabritillos da compañía Pupaclown no teatro Colón. _______, “Las ferias preparan sus bártulos para acampar en los jardines de Méndez Núñez”, Diario de Ferrol, p. 37/ El Ideal Gallego, pp. 36-37, “Sociedad”, 9 xullo 2016. Dáse conta do comezo da feira artística nos xardíns de Méndez Núñez con motivo das festas de María Pita. Entre as diversas actividades destaca o salón do cómic, “Viñetas desde o Atlántico”. _____, “Las fiestas de A Coruña estrenan escenarios en Monte Alto y Labañou”, Diario de Ferrol, p. 37/ El Ideal Gallego, p. 36, “Sociedad”, 3 agosto 2016. Fala da trixésima edición do Festival Noroeste que terá lugar nas festas da Coruña e do Festival de Arraigo en Monte Alto. Resalta os espectáculos infantís que tamén terán lugar nas festas co nome de Parque de Utopías, onde participarán Danthea Teatro coa obra Carapuchiña vermella e o conto do lobo, Peter Punk con Peor Imposible, Mandarina con Laboratorio Máxico, entre outros. Comenta que no Parque de Utopías trataranse temas como o medio ambiente, o xénero e a música. _____, “El miedo se siembra en cómics y habla en gallego”, El Ideal Gallego, “Sociedad”, 26 outubro 2016, p. 37. Dá conta da presentación da banda deseñada de Juan Carlos Abraldes A tumba do terror, que recolle cinco das historias exportadas a Estados Unidos. Indica que todas elas parten da idea de que se te portas mal cos vivos ou co alleo vaiche pasar algo. Fala da inspiración do autor á hora de comezar un proxecto pero recoñece que o que máis medo lle da é a crise.

Page 292: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

M. M., “Nuevas obras de Costas y Miguelanxo Prado”, La Opinión, “Sociedad, cultura y ocio”, 17 xaneiro 2016, p. 34. Comenta brevemente os vindeiros proxectos literarios de varios autores galegos, entre eles Ledicia Costas coa publicación de tres novas novelas para público infantil, Esmeraldina, a pequena defunta, Jules Vernes, a vida secreta das Femmes Plante e As peripecias de Extravaganzza Pérez, Agustín Fernández Paz que prepara unha novela para público xuvenil e David Monteagudo cun relato de contos. En canto ao cómic, fala da futura publicación de dous novos traballos do coruñés Miguelanxo Prado, Presas fáciles e Gran hotel abismo. _____, “Nuevas obras de Ledicia Costas y cómics de Miguelanxo Prado y David Rubín”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 17 xaneiro 2016, pp. 38-39. Informa dalgunhas futuras novidades editoriais de autores galegos en distintos xéneros, dende a narrativa até a banda deseñada, salientando a posíbel publicación dun libro de contos por parte de David Monteagudo; unha futura obra para público xuvenil de Agustín Fernández Paz; Ledicia Costas coa saída ao mercado de Esmeraldina, a pequena defunta, precuela de Escarlatina, a cociñeira defunta, Jules Vernes, a vida secreta das Femmes Plante e As peripecias de Extravaganzza Pérez, encargo do salón do Libro Infantil de Pontevedra; e, por último, os cómics Gran hotel abismo, de David Rubín, e un futuro proxecto de Miguelanxo Prado, aínda sen rematar, titulado Presas fáciles, e outra que ten en mente e aínda non comezou, O pacto do letargo. _____, “Teatro para todos con 9 compañías nas dúas urbes”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 12 febreiro 2016, p. 27. Faise eco da representación das pezas Luppo, de Baobab Teatro; Rosa Caramelo e outras historias, de Talía Teatro; e do espectáculo con baile e música de Gramola Gominola. Tamén dáse conta da posta en escena, para público adulto, de Presidente, a cargo de Teatro do Morcego e O principio de Arquímedes, de Teatro do Atlántico. _____, “Jóvenes actores de Oroso 'versionan' a Caperucita Roja”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 19 xuño 2016, p. 33. Comenta a posta en escena en Sigüeiro da obra A outra historia de Carapuchiña a cargo da mocidade do Obradoiro Municipal de Teatro Infantil de Oroso, dirixida por Ana G. Reig. _____, “Contos de Neira Vilas na praia fluvial de Tapia o día 26 co programa Culturea”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 16 agosto 2016, p. 27. Fala da sesión de contacontos, Contos de vellos para rapaces novos, que terá lugar na praia fluvial de Tapia para homenaxear a Xosé Neira Vilas, unha proposta do programa Culturea. Informa que está dirixida á infancia de entre cinco e dez anos e na que se poderá gozar de historias tradicionais dos cinco continentes. _____, “Cándido Pazó divulgó las mejores alternativas de Vedra sobre gastronomía”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 17 setembro 2016, p. 27.

Page 293: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Fala das xornadas de divulgación Vedra, horta e xardín, que teñen lugar no Corte Inglés, que contan con charlas, degustación de produtores locais de Vedra e co espectáculo infantil Os Bolechas van a Vedra. M. M. O., “A gala musical de María Fumaça vai chegar hoxe ata Negreira”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 9 xaneiro 2015, p. 28. Dá conta do espectáculo musical que nace a partir do libro-disco-dvd María Fumaça. Cantar e bailar para ser máis feliz, publicado por Galaxia. Molezún, Fernando, “Viñetas desde o Atlántico recibe al guionista que hizo amar a los mutantes”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 8 agosto 2016, p. 27. Comenta o salón do cómic da Coruña que arrinca con varias homenaxes: a Cervantes polo aniversario da súa morte, a presentación de Corto Maltés de Juán Díaz Canales e dos heroes de ficción de Chris Claremont que foron bautizados como Patrulla X. Informa que na presentación do salón, ademais doutros autores, estaba presente o propio Chris Claremont. _____, “Viñetas desvela su cara más social”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 10 agosto 2016, p. 34. Sinala que o Salón del Cómic conta nesta edición cos autores Ramón Marco, Nadar e Cristina Bueno que mostran nas súas obras o lado máis social con temas de paro e desafiuzamentos. Informa que o director de Viñetas, Miguelanxo Prado, anunciou que esta concentración de cómic social non foi premeditada, senón que é un reflexo do que está a pasar. Montero, Luis, “Memorias dun neno labrego’, o libro en galego máis lido cumpre 55 anos”, El Correo Gallego, “Tendencias. Ciencia. Cultura. Ocio”, 5 xaneiro 2016, p. 32. Realízase un percorrido polos éxitos de Memorias dun neno labrego para concluír apuntando que a Consellería de Cultura lle conferirá o nome de Xosé Neira Vilas ao auditorio da Biblioteca e ao Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura. Montero, Tamara, “Afundación apuesta por la escuela”, La Voz de Galicia, “Galicia”, 11 outubro 2016, p. 11. Describe as diferentes propostas educativas e culturais ofrecidas pola obra social de Abanca. En palabras do seu xerente, Pedro Otero, o obxectivo desta ampla oferta é o de crear persoas independentes e libres de pensamento. Presenta a representación dunha obra de teatro titulada Dos contos ás contas dedicada aos máis pequenos, onde se lles amosan aspectos importantes das actividades económicas. Remata precisando outro tipo de actividades que tamén terán o seu lugar na fundación, coma artes plásticas, conferencias sobre educación etc.

Page 294: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Montero Castro, Pablo, “Case 600 actividades promocionarán a cultura e a lingua en 166 municipios”, Diario de Pontevedra, “Galicia”, 16 xullo 2016, p. 31. Fala da programación de Galicia Culturea, que propón un total de cincocentas oitenta e nove iniciativas para cento sesenta e seis municipios durante os meses de verán co obxectivo de dinamizar a lectura e a lingua galegas, ademais de fomentar artes como o teatro, a danza, cine ou música. Conta que tamén haberá distintos obradoiros, visitas guiadas e diferentes actividades onde o público poderá participar e que a maior parte delas estarán dirixidas aos máis cativos como por exemplo “Deseños minúsculos, valores minúsculos”, así como os ciclos “Monumenta” e “Espazos sonoros”. Resalta que na presentación de Galicia Culturea se puido gozar de música e espectáculos de maxia. M. R., “El grupo de teatro del IES Basanta Silva representa la obra ‘O achado do Castro”, El Progreso, “A Chaira”, 2 xuño 2016, p. 18. Indica que o grupo de teatro de 3º A do IES Basanta Silva representa a obra O achado do Castro. _____, “La biblioteca de Xermade acoge el día 24 un espectáculo de animación a la lectura”, El Progreso, “A Chaira”, 17 outubro 2016, p. 17. Fala do espectáculo de animación á lectura, “Conto contigo”, que acolle a biblioteca de Xermade con motivo da conmemoración do Día Internacional das Bibliotecas. Comenta que o espectáculo conta con contacontos, monicreques e maxia a cargo de Manuel Solla. _____, “La escuela de teatro de Castro de Rei prevé crear este año un grupo juvenil”, El Progreso, “A Chaira”, 20 outubro 2016, p. 21. Informa sobre a apertura do prazo para un curso de teatro en Castro de Rei, que este ano conta coa novidade dun grupo xuvenil. Indica que a idea xurdiu da grande aceptación que tivo un curso de teatro promovido pola Xunta. Dá conta dos horarios das clases e dos días de comezo, así como tamén do enderezo electrónico e número de teléfono para anotarse. Anuncia tamén outras actividades relacionadas. M. T., “Semana dedicada a Rosalía de Castro”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 28 febreiro 2016, p. 36. Dá conta das actividades que fixo o alumnado do CEIP de Arzúa para celebrar o día de Rosalía de Castro. _____, “As bibliotecas amienses celebran o mes do Libro con obradoiros e xogos”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 13 abril 2016, p. 32.

Page 295: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Informa da programación do mes de abril das bibliotecas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro arredor do mundo do libro e dirixidas aos máis novos, que inclúe un obradoiro de marcapáxinas e outro de xogos literarios e varias sesións de contacontos. _____, “Manuel Rivas visita aos alumnos do IES Maruxa Mallo”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 13 abril 2016, p. 34. Dise que o escritor Manuel Rivas ofreceu un faladoiro aos alumnos do IES Maruxa Mallo coa finalidade de que os lectores poidan entrar en contacto cos autores. _____, “O II Encontro do Dragal reúne hoxe a 200 escolares”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 27 maio 2016, p. 31. Apunta que ten lugar o II Encontro da fraternidade do Dragal coa presenza de 230 escolares e coa realización de actividades variadas. _____, “Pechan a terceira edición do Dragal no Pico Sacro”, El Correo Gallego, “Área de Santiago”, 28 maio 2016, p. 33. Informa do peche da terceira edición do Dragal no Pico Sacro, lugar no que se inspirou Elena Gallego, a autora da saga emblemática homónima. _____, “Alumnos do IES Melide achegan ‘Paraíso Laranxa”, El Correo Gallego, “Área de Santiago”, 1 xuño 2016, p. 32. Informa da posta en escena dunha adaptación do Merlo Branco, Paraíso Laranxa, a cargo da aula de teatro escolar do instituto de Melide Teiroa Teatro e a orquestra escolar, xunto co alumnado do conservatorio superior de música de Santiago. Anuncia que a obra se representou en dúas sesións na casa de cultura en Melide. _____, “Premios para o alumnado do IES de Cacheiras”, El Correo Gallego, “Área de Santiago”, 1 xuño 2016, p. 31. Dá conta da concesión deste premio a Alba Pérez Barcala. M. V., “Teatro infantil en la Casa da Cultura”, La Región, “Zonas vivas”, “A Valenzá”, 10 xaneiro 2016, p. 10. Entre outras actividades, dá conta da representación da peza O baúl dos soños, a cargo da Aula Xuvenil de Teatro TEB (Teatro Experimental de Barbadás) e destaca o seu argumento. Neira, C., “Fotografía e poesía enchen a fin de semana de Bueu”, Diario de Pontevedra, “Diario do Morrazo”, n.º 445, “O Morrazo”, “Bueu”, 10 decembro 2016, p. 6. Anuncia a cancelación da presentación do libro-CD MEL, unha mosca agradecida (2016), que queda posposta para unha nova data aínda sen confirmar.

Page 296: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

_____, “Contacontos e obradoiros en Bueu para os máis cativos”, Diario de Pontevedra, “O Morrazo”, “Bueu”, 28 decembro 2016, p. 17. Anuncia a programación coa que conta o concello de Bueu para o Nadal. Entre as actividades para os máis pequenos, salienta a sesión de Contos de Nadal a cargo da compañía Pinga Teatro. Nicolás, R., “Esperanza para Mauro”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “Galego”, 8 abril 2016, p. 13. Resume brevemente o argumento de Cinco horas con Mauro de Pere Tobaruela e ilustrado por Andrés Meixide. Nicolás, Ramón, “Agustín e a memoria”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “In memoriam”, 22 xullo 2016, p. 11. Comenta que todas as historias que escribiu Agustín Fernández Paz estaban tecidas cos fíos da vida, aínda que nalgunha das súas obras “a memoria resoa a xeito dunha buguina que persevera en transmitir” o noso pasado. Sinala que o motivo adoptou unha fasquía singular en O rastro que deixamos, libro memorialístico que contén as claves do seu oficio de escritor, e que, en Non hai noite tan longa e A viaxe de Gagarin, os ecos da memoria son máis fortes. Indica que neles erixiu unha sorte de revelación que reacciona contra a desmemoria. _____, “O mono asasino”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “Galego”, “Adianto editorial”, “Novidades”, 25 novembro 2016, p. 16. Dá conta do argumento do libro O mono do asasino (Sushi Books, 2016), de Jakob Wegelius e comenta a súa estética fantástica. Nogueira, A., “La Biblioteca Xosé Neira Vilas estrena en marzo la escultura de ‘Balbino”, Faro de Vigo, “Vigo”, 29 xaneiro 2016, p. 12. Informa que a escola de canteiros de Pontevedra está preparando unha escultura do protagonista de Memorias dun neno labrego, obra de Xosé Neira Vilas. Ademais indica que se instalará en marzo na biblioteca viguesa Neira Vilas e fai un breve repaso pola súa obra literaria. Noguerol, Natalia, “Clase sobre el escenario para integrar”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Área metropolitana”, 23 marzo 2016, p. L8. Sinala que o IES de Melide está impartindo clases de interpretación co obxectivo de que alumnado de diferentes capacidades e características traballen de xeito cooperativo a favor da integración. Tamén salienta o poder do teatro de mellorar a sociedade e a

Page 297: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

convivencia nas comunidades e recolle algúns comentarios positivos do propio alumnado. Nova, Alberto, “Consternación na cultura galega polo pasamento de Fernández Paz”, El Correo Gallego, “Tendencias. Ciencia. Cultura. Ocio”, 13 xullo 2016, p. 34. Refírese ao labor de Agustín Fernández Paz como promotor e difusor da lingua galega, tras o seu pasamento. Tamén alude á súa faceta como escritor, polo que cita boa parte das súas obras e dos premios que acadou, entre os que salienta O único que queda é o amor, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Reproduce as condolencias de representantes políticos e institucións culturais. Nova, A., “A búsqueda dun status para a literatura infantil”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 13 xullo 2016, p. 35. Comeza sinalando que Agustín Fernández Paz retomaba as palabras do noruegués Jostein Gaarder para reiterar o seu empeño na loita por elevar a consideración social para a Literatura Infantil e Xuvenil. Refírese a que comezou a publicar aos corenta e dous anos de idade e que non lle gustaba entrar en polémicas, ademais de recordar que unha das súas aparicións nas páxinas deste xornal coincidía co rexeitamento do Premio da Cultura Galega polo seu desacordo coa política lingüística do goberno autonómico. Sinala que presenta moitos paralelismos coa figura homenaxeada nas Letras Galegas de 2017, Manuel María, e anuncia que unha das súas últimas colaboracións aparecerá no libro das festas de San Ramón de Vilalba. Outeiro, M., “Clases de inglés, música y siete obras teatrales para todos los valdubreses”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 4 outubro 2016, p. 28. Infórmase da programación cultural do Concello de Val do Dubra que inclúe sete representacións teatrais, entre elas Bon appétit, de Ghazafellos para público infantil e todas as idades. Penelas, S., “Eu son... Balbino, un kampara knabo”, Faro de Vigo, “Vigo”, 2 xullo 2016, p. 11. Comenta que o filólogo vigués Suso Moinhos publica a primeira edición da popular obra de Xosé Neira Vilas, as historias de Balbino, en esperanto. Resalta que Moinhos apunta as semellanzas entre ambas linguas xa que o esperanto é aglutinante. Pereiro, C., “El ʻMar interiorʼ de Miguelanxo Prado cierra el año en el Museo de Pontevedra”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 13 decembro 2016, p. 38. Refírese á mostra no Museo de Pontevedra que acolle cen ilustracións que amosan a traxectoria artística de Miguelanxo Prado, vertebrada ao redor do mar como tema

Page 298: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

recorrente e do polifacetismo do artista como creador de banda deseñada, paisaxista e animador cinematográfico. Pérez, Cristina, “Vilalba, festas para todos os públicos”, El Progreso, “deVerano”, “Por todo o alto”, 13 agosto 2016, p. 53. Comenta que o concello e a comisión de festas de San Ramón e Santa María en Vilalba, renovan o libro da cita no que teñen como pregoeiro a Agustín Fernandez Paz. Informa que tamén colaboran no libro Darío Villanueva, Ramón Villares e Roberto Trashorras e que supón unhas das fontes de ingresos para a comisión. Finalmente anuncia a programación prevista para as festas que contará con teatro, música e actuacións infantís, entre outras moitas actividades. Pérez, Antares e Sara Vázquez, “En algún lugar de la comarca...”, La Opinión, “La gran Coruña”, 11 novembro 2016, p. 11. Informa que as bibliotecas de Bergondo, Culleredo, Miño, Oleiros e Sada foron galardoadas co premio María Moliner, unha recompensa merecida polo traballo que realizaron á hora de inculcar o gusto pola lectura nos máis cativos. Fala da necesidade de fondos das bibliotecas para poder ofrecer unha programación estable para todas as idades. Finalmente, comenta as distintas actividades que realizaron cada unha destas bibliotecas. Piay, María, “A Biblioteca de Galicia é rebautizada co nome de Neira Vilas”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 6 xaneiro 2016, p. 33. Dá conta do acto de homenaxe que a Xunta e a RAG organizaron para celebrar o cincuenta e cinco aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego coa asignación do nome do autor á Biblioteca de Galicia. Ademais, destácanse as palabras coas que os participantes loaron o labor de Neira Vilas. Pinacho, Antonio, “El Museo de Rande alcanza su récord de usuarios en vernao con casi 7.000 visitas”, Faro de Vigo, “Redondela”, 24 setembro 2016, p. 15. Informa da afluencia de público do Museo de Rande no que se ofertan en ocasións visitas teatralizadas cos actores da compañía Escuadra 17. Pinal, Sabela, “A Escola de Teatro fará unha campaña para captar rapaces”, La Región, “Provincia”, “Carballiño”, 28 marzo 2016, p. 12. Salienta que a Escola Municipal de Teatro do Carballiño está a traballar nunha función elaborada a partir de textos do alumnado. Ademais, comenta a representación da peza As andanzas de Paio.

Page 299: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Piñeiro, Á., “Álvarez Cáccamo presentará en Vilaboa o poemario Sopa de Estrelas”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Poio”, 21 abril 2016, p. 18. Dáse conta da presentación do poemario de Álvarez Cáccamo Sopa de Estrelas (2015), “que naceu por e para os alumnos do colexio infantil Pazos”. Coméntase que conta coas ilustracións de Berta Cáccamo. Piñeiro Collazo, Sonia, “Un contacontos amenizará o domingo cunha obra inspirada en Neira Vilas”, Diario de Pontevedra, “O Morrazo”, “Marín”, 5 agosto 2016, p. 21. Fala da actuación dun contacontos en Marín que expoñerá a obra Contos vellos para rapaces novos coa que homenaxeará a Xosé Neira Vilas no marco do novo programa “Galicia culturea. Lingua e cultura no verán”. Informa que é unha obra para nenos de cinco a dez anos. Resalta que o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, anunciou que se trata dunha proposta para poñer en valor a lingua galega. _____, “Un obradoiro e un contacontos divertirán hoxe aos cativos en Bueu”, Diario de Pontevedra, “O Morrazo”, “Bueu”, 5 agosto 2016, p. 21. Apunta que os cativos de Bueu, entre outras actividades, poderán gozar da sesión Contos de verán da compañía Pinga Teatro. _____, “LoboCoxo organiza unha sesión de contacontos e diversos obradoiros plásticos”, Diario de Pontevedra, “Diario do Morrazo”, n.º 430, “O Morrazo”, “Bueu”, “Cangas”, 27 agosto 2016, p. 6. Informa da sesión de contacontos que acollerá a ludoteca LoboCoxo para o público infantil baixo o lema “Contos para escoitar descalzos”. Comenta que a sesión contará cun obradoiro de plástica e con contacontos para bebés de cero a tres anos. Plaza, Vicente, “El lado más social del cómic, eje del inicio de ʻViñetas desde o Atlántico”, El Correo Gallego, “Tendencias. Ciencia. Cultura. Ocio” 9 agosto 2016, p. 32. Refírese á inauguración de Viñetas desde o Atlántico e ás diferentes actividades que se realizarán, como as diferentes exposicións, nunha edición que se caracterizará pola sensibilidade social. P. O. C., “Los superheroes toman el Salón del Cómic”, La Opinión, “Especial”, “Fiestas María Pita”, 1 agosto 2016, p. 24. Fala da décimo novena edición do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico onde teñen un gran peso as viñetas de corte social nas que destacan autores como Cristina Bueno, Jorge González, Juan Díaz Canales e Miguelanxo Prado. Resalta que tamén houbo espazo neste salón para as viñetas de superheroes de ficción e que nesta edición incorporará un novo membro. Finalmente anuncia que tamén terá lugar a Feira de Banda Deseñada e que haberá talleres para os máis cativos.

Page 300: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

P. R., “EL IES de Becerreá recibe a la autora de la saga ‘Dragal’, que centra un proyecto”, El Progreso, “Comarcas”, 20 marzo 2016, p. 14. Informa que o IES de Becerreá recibiu a visita da escritora Elena Gallego Abad, autora da triloxía fantástica Dragal, tema central dun proxecto para fomentar a lectura e creación en lingua galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística no que participa o instituto. Tamén explica que no marco do programa foron levados a cabo análises das novelas, investigacións, cómics e caricaturas, creación de finais alternativos e, para rematar, un xogo de rol baseado na orientación e o traballo cooperativo no Pico Sacro. Prado, Pablo e Anxo Piñeiro, “Verne imaxinado” , Diario de Pontevedra, “Évenres!”, “Cómic”, 7 outubro 2016, p. 8. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra pertencente ao primeiro capítulo de “O Cego”. _____, “Verne imaxinado” , Diario de Pontevedra, “Évenres!”, “Cómic”, 14 outubro 2016, p. 8. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra pertencente ao segundo capítulo de “O Cego”. _____, “Verne imaxinado” , Diario de Pontevedra, “Évenres!”, “Cómic”, 28 outubro 2016, p. 8. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra pertencente ao segundo capítulo de “O Cego”. _____, “Verne imaxinado” , Diario de Pontevedra, “Évenres!”, “Cómic”, 4 novembro 2016, p. 8. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra pertencente ao segundo capítulo de “O Cego”. _____, “Verne imaxinado” , Diario de Pontevedra, “Évenres!”, “Eureka!”, “Cómic”, 18 novembro 2016, p. 8. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra, pertencente ao quinto capítulo de “O Cego”. _____, “Verne imaxinado” , Diario de Pontevedra, “Évenres!”, “Cómic”, 25 novembro 2016, p. 8. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra pertencente ao sexto capítulo de “O Cego”.

Page 301: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

_____, “Verne imaxinado” , Diario de Pontevedra, “Évenres!”, “Cómic”, 2 decembro 2016, p. 8. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra pertencente ao sétimo capítulo de “O Cego”. _____, “Verne imaxinado” , Diario de Pontevedra, “Évenres!”, “Cómic”, 9 decembro 2016, p. 8. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra pertencente ao oitavo capítulo de “O Cego”. Prego, C. “Una estatua de Balbino recuerda al personaje inmortal de Neira Vilas”, Faro de Vigo, “Vigo”, 12 outubro 2016, p. 3. Faise eco da colocación da estatua de Balbino, o protagonista da novela Memorias dun neno labrego, como homenaxe a Xosé Neira Vilas. Apunta que é unha escultura que foi realizada pola Escola de Canteiros da Deputación e que mostra a Balbino acompañado do seu can. Prieto, Cristina, “Cultura, comunidade, futuro”, Diario de Pontevedra, “Culturgal”, 2 decembro 2016, p. 1. Indica que coa celebración anual do Culturgal, a cidade de Pontevedra se converte no centro neurálxico da cultura galega. Entre as actividades, destaca unha actuación de María Fumaça e a presenza dos Bolechas. Ramos, J. M., “Charlas, contacontos e moita música con Apego para a crianza en galego”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 16 xaneiro 2016, p. 37. Comenta o proxecto de galeguización da infancia de Apego e destaca, entre as súas actividades, a colaboración de Magín Blanco, Talía Teatro, Uxía Senlle, Paco Nogueira, Cé Orquestra Pantasma, TrinkeTrinke e Emedous. _____, “Vimianzo deseña alternativas de ocio para os xoves e o público infantil”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 1 outubro 2016, p. 30. Fala do programa de ocio, Noiteando, que pon en marcha o concello de Vimianzo para a mocidade e que contará con xogos adaptados ás idades dos participantes, obradoiros de cociña, obradoiros lingüísticos ou xogos de rol. Anuncia tamén o programa para o público infantil, Outono Rebulideiro, que contará entre outras actividades con obras teatrais como Fábula Galénica, de Fantoches Baj; Tita, de Teatro Babaluva; Iriña bailarina, de Teatro Gazhafellos e Gretel e Bela, de Teatro Bailarina. Ramos, José M., “Contos, maxia e música na primavera lúdica de Apego”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 15 abril 2016, p. 38.

Page 302: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Dá conta da celebración dunha nova edición do programa Apego de socialización en galego da infancia, dirixido a pais, nais, nenas e nenos e que inclúe multitude de contacontos, maxia, música entre libros, obradoiros e exposicións. Ademais, salienta que a iniciativa busca fomentar o uso do galego dende o nacemento. _____, “Cuatro escritores presentan hoy sus obras en la Feira do Libro”, El Correo Gallego, “A Xunqueira”, 12 agosto 2016, p. 39. Indica que a Feira do Libro se inaugurou co espectáculo Barrigaverde e o estragapandeiros de Títeres Cascanueces e que se presentaron Será correcto?, de Concha Blanco e María Canosa e DisParo, de María Canosa. Tamén sinala que se representará Rosa Caramelo e A maleta de Don Attilio, a cargo de Viravolta Títeres. _____, “Premio María Moliner para la nueva biblioteca de Carballo”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 11 novembro 2016, p. 38. Anuncia que a biblioteca Rego da Balsa de Carballo recibiu o premio María Moliner polo seu programa de actividades. Resalta que o premio consiste nun lote de libros con volumes seleccionados entre as novidades de cada ano, prestando especial atención aos títulos de literatura infantil e xuvenil. R., Cristina, “Os Bolechas deron a benvida ao Nadal no Filomena Dato”, La Región, “Xornal escolar”, n.º 86, “hiperactivos”, 21 decembro 2016, p. 2. Fala das actividades organizadas polo concello de Barbadás para o Nadal, onde o Colexio Filomena Dato levou a cabo unha serie de activades lúdicas para os máis cativos e contou coa presenza dos Bolechas con gran acollida por parte da infancia. Requeixo, Armando, “A nosa polpa”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 583, “Literatura”, 12 maio 2016, p. VII. Dá conta do éxito actual do universo pulp facendo un repaso pola súa orixe a finais do século XIX como formato de edición e como estética, á que se lle da prioridade por enriba dos asuntos tratados nestes libros. Tamén salienta que na actualidade o pulp destaca especialmente no ámbito das adaptacións cinematográficas e fai un repaso das propostas galegas, como as pioneiras coleccións “Céltiga” e “Lar” e a importante aparición no 2007 de Urco Editoria como selo especializado. R. F., “La biblioteca municipal hizo casi 12.000 préstamos de enero a junio”, El Progreso, “Lugo”, 19 xullo 2016, p. 4. Informa da incorporación de exemplares da biblioteca municipal e das altas de usuarios, ademais de indicar que entre os máis lidos de literatura infantil e xuvenil galega figuran A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre e O veleno da risa, de Santiago Jaureguizar.

Page 303: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

R. L., “Memorias dun neno labrego’ cumpre 55 anos desde a edición en Bos Aires”, El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, 5 xaneiro 2016, p. 37. Dáse conta da historia da obra Memorias dun neno labrego e infórmase de que a Consellería lle dará o nome de Xosé Neira Vilas ao auditorio da Biblioteca e ao Arquivo da Cidade da Cultura o mesmo día no que en 1961 se publicaba o libro en Bos Aires. _____, “Teatro, música y títeres, entre las propuestas culturales para los niños”, El Ideal Gallego, “Arteixo”, 27 agosto 2016, p. 13. Informa da programación cultural infantil do Concello de Arteixo para setembro e outubro que contará con propostas de música, teatro e monicreques. Rodríguez, María J., “Lectura e diversión en homenaxe a Rosalía”, Diario de Pontevedra, “Diario do Morrazo”, 20 febreiro 2016, contracuberta. Dá conta das diferentes actividades que dentro do calendario do libro e a lectura o Concello de Marín e a AELG realizarán en colexios e institutos para dar a coñecer a Rosalía de Castro como homenaxe no seu aniversario. _____, “Literatura, títeres y diversión”, Diario de Pontevedra, “Diario do Morrazo”, n.º 410, 9 abril 2016, contracuberta. Comenta que o Salón do Libro de Pontevedra inaugurou o seu programa de actividades coa representación de fantoches realizada polas alumnas do Instituto Mestre Landín e baseada na obra creada para o evento da escritora Ledicia Costas, As peripecias de Extravanganzza Pérez, quen asistiu ao espectáculo e firmou exemplares do seu libro ao remate. Rosales, Diego e Pablo Rosendo, “Daniel 8”, El Progreso, “Pícaros”, “O cómic”, 16 xaneiro 2016, p. 6. Insírese nesta sección fixa un fragmento dun cómic escrito e ilustrado por Diego Rosales e Pablo Rosendo. _____, “Daniel 8”, El Progreso, “Pícaros”, “O cómic”, 23 xaneiro 2016, p. 6. Insírese nesta sección fixa un fragmento dun cómic escrito e ilustrado por Diego Rosales e Pablo Rosendo. _____, “Daniel 8”, El Progreso, “Pícaros”, “O cómic”, 30 xaneiro 2016, p. 6. Insírese nesta sección fixa un fragmento dun cómic escrito e ilustrado por Diego Rosales e Pablo Rosendo. _____, “Daniel 8”, El Progreso, “Pícaros”, “O cómic”, 6 febreiro 2016, p. 6.

Page 304: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Insírese nesta sección fixa un fragmento dun cómic escrito e ilustrado por Diego Rosales e Pablo Rosendo. _____, “Daniel 8”, El Progreso, “Pícaros”, “O cómic”, 13 febreiro 2016, p. 6. Insírese nesta sección fixa un fragmento dun cómic escrito e ilustrado por Diego Rosales e Pablo Rosendo. _____, “Daniel 8”, El Progreso, “Pícaros”, “O cómic”, 20 febreiro 2016, p. 6. Insírese nesta sección fixa un fragmento dun cómic escrito e ilustrado por Diego Rosales e Pablo Rosendo. _____, “Daniel 8”, El Progreso, “Pícaros”, “O cómic”, 27 febreiro 2016, p. 6. Insírese nesta sección fixa un fragmento dun cómic escrito e ilustrado por Diego Rosales e Pablo Rosendo. _____, “Daniel 8”, El Progreso, “Pícaros”, “O cómic”, 5 marzo 2016, p. 6. Insírese nesta sección fixa un fragmento dun cómic escrito e ilustrado por Diego Rosales e Pablo Rosendo. _____, “Daniel 8”, El Progreso, “Pícaros”, “O cómic”, 19 marzo 2016, p. 6. Insírese nesta sección fixa un fragmento dun cómic escrito e ilustrado por Diego Rosales e Pablo Rosendo. Rosales, Diego, Rafael Marín e Xosé Tomás, “Roberto Rosseta”, El Progreso, “Pícaros”, “O cómic”, 3 setembro 2016, p. 7. Insírese nesta sección fixa unha entrega do cómic Roberto Rosetta e os investigadores do sobrenatural. Rozas, Ramón “Pura maxia!”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 18 marzo 2016, p. 9. Comenta o programa do Salón do Libro, centrado na temática dos bichos, que ten como obxectivo a revalorización do ecosistema e o fomento da lectura nos cativos. Apunta que a protagonista desta nova edición será Extravaganzza Pérez, personaxe creada por Ledicia Costas para un libro publicado polo Salón. _____, “Agustín Fernandez Paz. Un contador de historias”, Diario de Pontevedra, “Anuario 2016”, “Obituario”, 31 decembro 2016, p. 38. Fai unha lembranza de Agustín Fernández Paz, salientando o seu compromiso pola educación e a literatura infantil e xuvenil. Entre as súas obras destaca o éxito de O único que queda é o amor e Cartas de Inverno.

Page 305: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Santamarina, Rubén, “Si aún no has ido a las exposiciones de Viñetas ¿a qué estás esperando?”, La Voz de Galicia, “Fugas”, p. 3. Dá conta da exposición de Viñetas que ten lugar na Coruña onde conta con Banda Deseñada, cómic americano de Chis Claremont e a resurrección de Corto Maltés. Informa sobre os lugares onde se poderán ver esas exposicións como é o Kiosko Alfonso, María Pita, entre outros, e resalta que na Torre de Hércules se poderán ver todos os carteis de todas as edición do Salón do Cómic. Santamaría, Uxío, “La mejor fiesta de la mano de Os Bolechas”, El Correo Gallego, “Santiago”, 13 novembro 2016, p. 26. Fala da festa realizada polo centro comercial As Cancelas con motivo do seu cuarto aniversario, onde foron invitados Os Bolechas e os máis cativos puideron sacar fotos con eles para levalas de recordo. Santos, Ágatha de, “Un otoño gallego muy literario”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 3 setembro 2016, p. 37/ La Opinión, “Sociedad, cultura y ocio”, 4 setembro 2016, p. 19. Comenta a multiplicidade de novidades literarias que saen do prelo coa chegada do outono. Para público infantil e xuvenil destaca: A árbore da escola de Antonio Sandoval Rey, Cinco minutos de paz de Jill Murphy, Cousas de papá de Raúl Gómez Pato, De paraguas de Paco Martín, Nemo. O rapaz sen nome de David Morosinotto, Norteáns de Mar Guerra, Xa non estou aquí de Iria Misa, Todo o tempo do mundo e Abecedario ilustrado de David Pérez Iglesias, A lúa de Ignasi Valios, Alén de aventura de Carlos Vila Sexto, O enigma de Mona Lisa de María Toledo, Poemas para conversar de Xosé Carlos Domínguez Alberte, O neno inverno de María Canosa, Nunca mascotas de Paula Carballeira, O canto da sibila de Rebeca Baceiredo e Ventos de soidade de Moncho Borrajo. Sanz, Lucas, “Ler conta moito despide o seu verán con 44 actividades”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 1 setembro 2016, p. 36. Apunta que o programa Ler conta moito despide o verán con corenta e catro actividades que se desenvolverán nas biblioteca públicas e axencias de lectura de vinte e nove municipios galegos. Informa que este programa ofrecerá obradoiros a cargo de Anxo Fariña, o cabaré das Irmáns Prodixio e outras moitas actividades. S. E., “Teatro, circo y danza en el otoño cultural de A Estrada”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 27 setembro 2016, p. 37. Trata da programación cultural que acollerá o municipio da Estrada que inclúe teatro, circo e danza e tamén con espectáculos infantís, como o espectáculo de improvisación de Maquinando, a obra de teatro Güela güela, o musical Os Bolechas cantan con Lady

Page 306: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Vina, O Mundo máxico de Pinocho e a comedia Os Rockenstein, entre outras moitas actuacións. Seijo, S. P. e I. C., “Nace Compostela Ilustrada para incentivar el turismo de los retratistas de ciudades”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Santiago”, 25 agosto 2016, p. L4. Fala da nova iniciativa que ten lugar na capital, Compostela ilustrada, que ten como obxectivo retratar as calles e monumentos de Santiago de Compostela. Indica que o programa conta con talleres de pago e que unha vez finalizado a Fundación Torrente Ballester acollerá unha exposición das ilustracións realizadas. Silva, Kiko da, “O Retrato”, Diario de Pontevedra, “Suplemento de Diario de Pontevedra”, 29 maio 2016, pp. 1-8. Reprodúcese a banda deseñada “O Retrato” con guión de Kiko da Silva. Silverstein, Shel, “A árbore xenerosa”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 23 xaneiro 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra A árbore xenerosa (2015), escrita e ilustrada por Shel Silverstein. S. N., “Heroes de ficción, en Viñetas desde o Atlántico”, La Región, “Verano”, 9 agosto 2016. p. 18. Anuncia a temática de Viñetas desde o Atlántico. _____, “Os nenos e a ʻEstreliña de Nadal”, La Región, “Nadal nas Comarcas de Ourense”, “Nadal en A Veiga”, “Programa”, 23 decembro 2016, p. 83. Fala das actividades organizadas polo concello da Veiga no período de vacacións de Nadal para os máis cativos, como por exemplo a representación da obra Estreliña de Nadal por parte do alumnado de 2º de primaria do colexio Eduardo Ávila Bustillo. Soage, Noelia, “Os Bolechas visitan el Museo para dar a conocer la figura de Castelao”, Diario de Pontevedra, “Ciudad”, “Pontevedra”, 19 xuño 2016, p. 9. Comenta a visita dos Bolechas ao Museo de Pontevedra co obxectivo de dar a coñecer aos máis cativos a figura de Castelao, onde presentan a guía Os Bolechas coñecen a Castelao no Museo de Pontevedra. Informa que a tarde contou obradoiros de maquillaxe e rematou cunha festa amenizada coa música dos Bolechas e coa entrega aos nenos e nenas da guía.

Page 307: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

_____, “O Teucro baila al son de ‘Té, chocolate, café”, Diario de Pontevedra, “Deverano”, 21 xullo 2016, p. 17. Fala da actuación do grupo Golfiños, na praza do Teucro, incluída no ciclo Cultura no Camiño, na que presentou o seu CD infantil Té, chocolate, café. Resalta que ademais de música os máis cativos puideron gozar de historias e actividades. Informa que o ciclo inclúe tamén teatro, danza, e maxia, onde participarán entre outros a compañía de teatro Migallas Teatro. _____, “Festixeve, una romería para niños y mayores”, Diario de Pontevedra, “Dverano”, 24 xullo 2016, p. 15. Faise eco da vixésimo primeira edición do Festixeve, en Santo André de Xeve, que conta con comida popular, música, competicións deportivas, actividades infantís e inchables. Informa que algúns dos grupos musicais que actúan son por exemplo Pelepau ou Astarot e Banda de Migallas que tocará cancións do seu álbum Zaragallada, parte das cales naceron no espectáculo de humor O cantante e as mulleres, de Migallas Teatro e tratan temas de tipo social aderezadas con humor e retranca e outras de carácter lírico. Solar, María, “Teño uns pés perfectos”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 9 xaneiro 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra Teño uns pés perfectos (2015), escrita por María Solar e ilustrada por Gusti. Sotelino, Begoña R., “El principitoʼ de Carlos Casares habla más de noventa lenguas”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 21 setembro 2016, p. 41. Recorda a tradución ao galego de El principito de Carlos Casares nos actos organizados na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo que celebra o vixésimo quinto aniversario. Comenta que a profesora Ana Luna afirma que esta obra está entre os libros máis traducidos da historia. Soto, Juan, “Conquistó a los jóvenes”, ABC, “Agenda”, “Necrológicas”, 13 xullo 2016, p. 54. Sitúa a Agustín Fernández Paz entre un dos maiores narradores de Galicia e sinala que a súa vinculación coa renovación pedagóxica foi determinante na súa vocación literaria virada cara aos máis novos. Apunta que foi Rapazas o título que lle abriu as portas cara ao éxito e que Trece anos de Branca e Cartas de inverno son algúns dos títulos que contribuíron a facer do vilalbés un escritor apreciado como creador e como persoa. Considera que o seu éxito vén dado pola súa convicción de que “La literatura tiene que conquistarte el corazón”.

Page 308: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

Souto, Suso, “Reto escolar ‘online’ desde Boiro sobre videopoemas y videojuegos”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 5 maio 2016, p. 30. Sinala que o IES A Cachada de Boiro proporá unha competición online no concurso STARgal, do que se reproducen as condicións e os galardóns. Indica que unha das propostas é OlloSTARgal, un concurso de videopoemas con teléfonos móbiles. _____, “El grupo de teatro de Ambar estrena nueva producción”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 14 decembro 2016, p. 31. Destaca que O fillo que quero, será a obra estreada por parte da compañía de teatro Artellar, a cal está formada por persoas con diversidade funcional da asociación de Ambar. Indica que o espectáculo narra a historia dunha muller embarazada que acode a un santo para que lle proporcione á súa criatura virtudes, todo isto en clave humorística. Comenta tamén a creación doutra peza titulada Martín e o biosbardo, dirixida ao público infantil. S. S., “Música, muestras, teatro y charlas en el 20 aniversario del IES de O Son”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 17 xuño 2016, p. 37. Indica que con motivo do vixésimo aniversario do Instituto IES do Son terán lugar unha serie de actividades culturais pensadas para os máis novos. Entre elas, destaca a representación de obras teatrais como A farsa de Bululú, a proxección de curtametraxes e unha carreira de robots. Suarez, R., “Emotivo e agarimosos adeus ao escritor Agustín Fernández Paz”, Atlántico Diario, “Vigo”, 14 xullo 2016, p. 9. Faise eco do emotivo acto de despedida de Agustín Fernández Paz no tanatorio de Pereiró, que rematou cos sons de “Negra sombra” interpretada á zanfona e cantada por Luis O Caruncho. Cita o nome dalgúns dos presentes que lembraron “a fe contaxiosa do escritor nas palabras para cambiar a vida e para cambiar o mundo, o seu interés por cousas pequenas como a desigualdade, o paro, a guerra e a memoria, e o seu desexo de levar o galego ás seguintes xeracións”. S. V., “Ledicia Costas dá a coñecer a Extravaganzza Pérez, protagonista do próximo Salón do Libro”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 23 febreiro 2016, p. 13. Comenta que na presentación realizada do novo libro da escritora Ledicia Costas, As peripecias de Extravanganzza Pérez, na Casa das Campás se explicou que a obra foi creada por encargo da organización do Salón do Libro, para que o evento xirara arredor del, repartindo distintos exemplares que tamén chegarán a hospitais e colexios. Recolle as palabras da autora explicando que Extravaganzza é unha nena moi especial que naceu cun defecto de visión e cunha habilidade única para comunicarse cos animais.

Page 309: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

_____, “O Pazo ultima os preparativos para o Salón do Libro”, Diario de Pontevedra, “Ciudad”, “Pontevedra”, 24 marzo 2016, p. 14. Anúnciase a apertura do Salón do Libro de Pontevedra e a venda de entradas para o espectáculo Sons miúdos, ademais da inauguración da mostra Cocorico en movemento, que acolle o escenario da gravación da stop motion adaptación do libro de OQO ao formato audiovisual. _____, “O Salón presenta o seu I Libro Xigante, elaborado por nenos e ilustradores”, Diario de Pontevedra, “Ciudad”, “Pontevedra”, 9 abril 2016, p. 11. Apunta que o ilustrador Víctor Rivas fixo entrega á concelleira de Cultura do primeiro libro xigante elaborado dentro do Salón do Libro de Pontevedra, unha iniciativa que contou co apoio da editorial Xerais e o grupo de ilustradores Inkelarre. Torabuela, Pere, “Cinco horas con Mauro”, El Progreso, “Pícaros”, “O conto”, 10 setembro 2016, p. 3. Insírese nesta sección fixa un fragmento da obra Cinco horas con Mauro (2015), escrita por Pere Tobaruela e ilustrada por Andrés Meixide. Toledo, Mar, “A lingua convértese na protagonista das festas galegas”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 4 agosto 2016, p. 30. Fala do programa Galicia Culturea que terá a súa parada en Melide, onde foi presentado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e que resalta que ten como obxectivo que a lingua galega estea presente durante todo o verán nas distintas actividades. Informa que dentro do programa tamén se atopa a actividade Contos vellos para rapaces novos, unha proposta de contacontos inspirada na obra homónima de Xosé Neira Vilas e tamén O Zapateiro e o raposo que pon en valor a oralidade en lingua galega. _____, “As Nosas Músicas volve a Couso con Xabier Díaz”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 6 agosto 2016, p. 30. Indícase que vixésimo primeira edición do festival As Nosas Músicas de Couso se realizará unha actividade sobre as marionetas do mundo. _____, “Aterra en Silleda o espectáculo de maxia sobre a lingua galega”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 13 agosto 2016, p. 31. Comenta que o espectáculo Palabras máxicas do programa Galicia Culturea chega ao municipio silledense de Bandeira pola tradicional festa da empanada. Sinala que o espectáculo foi presentado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañado do presidente da Asociacion Amigos da Empanada, José Luís García xunto con Manuel Cuíña. Informa que se trata dun espectáculo pensado en especial para a nenez e que o programa Galicia Culturea percorrerá durante o verán toda a comunidade.

Page 310: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

_____, “La magia y talleres infantiles llenan de diversión la Navidad”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 30 decembro 2016, p. 30. Ofrécense as programacións lúdicas para o Nadal dos concellos de Touro, Trazo, Vedra, Melide e Arzúa. Entre as actividades figura a representación por parte das escolas culturais da obra Taller de xoguetes. Trillo, J., “Muxía ofrece una programación para todos los gustos y edades”, El Correo Gallego, “Navidad en costa da morte”, “costa da morte”, 22 decembro 2016, p. 40. Comenta as diferentes actividades que ofrece o concello de Muxía orientadas a todas as idades. Destaca a participación do grupo Fanfarra Títeres que ofrece O Soñador de historias. Trillo, Jesús, “Teatro, baile y música en el Junio Cultural de Camariñas”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 4 xuño 2016, p. 36. Fala da programación cultural que ten preparada o concello de Camariñas con baile, música e teatro. Indica que algún dos espectáculos son, por exemplo, O caracol Cardiño, A outra Carapuchiña, A voda da pulga e o piollo a cargo da Escola Municipal de Teatro. Valle, Candela, “Os Bolechas se van de termas”, La Región, “Ciudad”, 21 decembro 2016, p. 11. Dáse conta da presentación de Os Bolechas van aos balnearios de Ourense (2016) aos escolares no centro cultural Marcos Valcárcel. Indícase que esta obra ofrece a cultura de Ourense e, en especial o patrimonio termal. Varela, María, “Os contos invaden as rúas na véspera do Salón do Libro”, Diario de Pontevedra, “Salón do libro”, 31 de marzo 2016, p. 4. Dá conta da celebración dunha actividade previa á inauguración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil nas rúas de Pontevedra que consiste nunha xornada de contacontos en distintas librarías. Salienta a participación activa de toda a cidade na promoción da lectura e do propio Salón e comenta que, por primeira vez, este evento xirará arredor dun conto escrito expresamente para a ocasión e asinado por Ledicia Costas. Vázquez, Karmele, “El Cervantes hecho cómic por los gallegos Rubín y Prado, en A Coruña”, El Correo Gallego, 6 agosto 2016, p. 34. Comenta a exposición Miguel EN Cervantes. El retablo de las maravillas, que tivo lugar no Palacio Municipal da Coruña para conmemorar o IV centenario da morte do escritor de El Quijote. Informa que Miguelanxo Prado conta a vida de Cervantes

Page 311: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

acentuando o discurso da realidade e o historietista David Rubín narra a historia El Retablo de las maravillas nun mundo de ficción. Vila, Sara, “De merenda, contos”, Diario de Pontevedra, “Ciudad”, “Pontevedra”, 22 marzo 2016, p. 11. Dá conta da inminente inauguración da nova edición do Salón do Libro e da programación de varias actividades previas incluídas no programa “Merendando contos”, no cal varias librarías da cidade de Pontevedra ofrecerán, coa colaboración do Salón, sesións de contacontos. Tamén fala da organización dun sorteo de cincuenta exemplares do libro de Ledicia Costas creado para o evento, As peripecias de E. Pérez, e achega información sobre como se levará a cabo a feira deste ano. _____, “Extravaganzza Pérez abre as portas do Salón do Libro aos máis pequenos”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 2 abril 2016, p. 5. Informa da presentación de As peripecias de Extravanganzza Pérez na xornada inaugural do Salón do Libro de Pontevedra. Comenta que a personaxe foi expresamente creada por Ledicia Costas para esta edición. _____, “A organización do Salón cifra en 2.400 as visitas do primeiro día de feira”, Diario de Pontevedra, “Ciudad”, “Pontevedra”, 3 abril 2016, p. 11. Faise balance da asistencia ao Salón do Libro no seu primeiro día e resúmese a programación do día. _____, “Extravaganzza Pérez abre as portas do Salón do Libro aos máis pequenos”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 2 abril 2016, p. 5. Entre as diferentes actividades do Salón do Libro de Pontevedra, comenta que Migallas Teatro protagonizará un espectáculo musical cos seus traballos Canta connosco e Pan de millo e que Anxo Lorenzo presentará o catálogo trilingüe de libros infantís e xuvenís de Galicia de 2016. _____, “O Garaxe Hermético debuxa para Castelao”, Diario de Pontevedra, “Ciudad”, “Pontevedra”, 25 maio 2016, p. 13. Conta que o alumnado da Escola Profesional de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, dirixida po Kiko da Silva, ten en mente realizar un cómic para Castelao e que parte do guión que Kiko da Silva adaptou para a ocasión a partir do relato “O Retrato”. Anuncia que este traballo será entregado co xornal El Diario e explica como se reparte o traballo o alumnado. V. P., “Ponteareas analiza las ataduras sociales de la mujer con teatro”, Faro de Vigo, “Condado-Paradanta”, 8 marzo 2016, p. 16. Informa da representación da obra de teatro 30 e tantos ósos da compañía teatral Aporía Escénica, unha peza “en la que se analizan las claves para eliminar los miedos,

Page 312: VII. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL VII.1 NARRATIVA · As ilustracións de Enjamio (La Habana, 1962) teñen unha feitura exquisita que axudan a poñer ao lector no punto de vista dos

condicionantes y ataduras sociales que impiden a las mujeres expresarse con libertad”, a onde asistiu alumnado de ESO e Bacharelato de Ponteareas. X. A. R., “La Noite Meiga incluye marionetas para niños”, La Región, “O Ribeiro”, 24 outubro 2016, p. 16. Informa sobre os contidos que abarca o programa da décimo sexta edición da Noite Meiga en Ribadavia que fará as súas presentación nos colexios da Concentración e da Alameda. X. F., “O autor, en cinco libros”, La Voz de Galicia, “Cultura”, “Loito nas Letras Galegas”, 13 xullo 2016, p. 37. Breve achega aos elementos máis salientables e ao argumento de cinco obras de Agustín Fernández Paz: As flores radioactivas (1990), Contos por palabras (1991), Cartas de inverno (1995), O único que queda é o amor (2007) e O rastro que deixamos (2012). Y. S., “Mos celebra con un amplio programa de actividades el Día Internacional do Libro”, Faro de Vigo, “Especial”, “Baixo Miño/ Louriña”, 30 abril 2016, p. 7. Co obxectivo de fomentar a lectura, o Concello de Mos no Día Internacional do Libro ofreceu diferentes actividades de teatro e contacontos aos escolares, como o musical didáctico “O Zampalibros” e o contacontos “Contos do Mundo”.