· Web viewpaíses, en xeral subdesenvolvidos ou de economía emerxente, depende en boa medida da...

17
TEMA 14: La descolonización. O proceso de conquista e colonización que os europeos puxeron en marcha no século XIX toca á súa fin de xeito xeneralizado despois de 1945. Aínda Que antes da II Guerra Mundial xa se producira a independencia dalgúns territorios británicos (os dominios) e dalgúns territorios máis como Exipto ou Iraq, é a partir do final desta cando se vai iniciar un proceso que de forma rápida e xeneralizada vai levar á desaparición dos imperios coloniais e á aparición de novos países independentes. Este proceso de descolonización vaise producir en África e en Asia principalmente nos vinte anos que van de 1945 a 1965, aínda que se conclúa nalgúns casos outros vinte anos despois. Proceso de Descolonización: - Causas internas: o Sentimento nacionalista o Novas ideoloxías o Sociolóxicos - Causas externas: o A II Guerra Mundial o A Guerra Fría o A unión entre os países do Terceiro Mundo: a Conferencia de Bandung o A Igrexa e a opinión pública occidental. 1

Transcript of  · Web viewpaíses, en xeral subdesenvolvidos ou de economía emerxente, depende en boa medida da...

Page 1:  · Web viewpaíses, en xeral subdesenvolvidos ou de economía emerxente, depende en boa medida da etapa colonial e de como se fixo esa descolonización, de aí a importancia do fenómeno.

TEMA 14: La descolonización.

O proceso de conquista e colonización que os europeos puxeron en marcha no século XIX toca á súa fin de xeito xeneralizado despois de 1945. Aínda Que antes da II Guerra Mundial xa se producira a independencia dalgúns territorios británicos (os dominios) e dalgúns territorios máis como Exipto ou Iraq, é a partir do final desta cando se vai iniciar un proceso que de forma rápida e xeneralizada vai levar á desaparición dos imperios coloniais e á aparición de novos países independentes. Este proceso de descolonización vaise producir en África e en Asia principalmente nos vinte anos que van de 1945 a 1965, aínda que se conclúa nalgúns casos outros vinte anos despois.

Proceso de Descolonización:- Causas internas:

o Sentimento nacionalistao Novas ideoloxíaso Sociolóxicos

- Causas externas:o A II Guerra Mundialo A Guerra Fríao A unión entre os países do Terceiro Mundo: a Conferencia de Bandungo A Igrexa e a opinión pública occidental.

FACTORES DA DESCOLONIZACIÓN.

1

Page 2:  · Web viewpaíses, en xeral subdesenvolvidos ou de economía emerxente, depende en boa medida da etapa colonial e de como se fixo esa descolonización, de aí a importancia do fenómeno.

O fenómeno da descolonización e independencia das colonias europeas en Asia eÁfrica é un dos fenómenos máis importantes do século XX. A situación actual destes países, en xeral subdesenvolvidos ou de economía emerxente, depende en boa medida da etapa colonial e de como se fixo esa descolonización, de aí a importancia do fenómeno.Causas internasAlgúns autores observaron que a descolonización vai implícita no proceso colonizador; é dicir, ao estender polas colonias as ideas nacionalistas propias das metrópoles do século XIX, permite que estes pobos reflexionen sobre a súa propia historia, a valoren e tomen conciencia da súa situación como pobo sometido a unha potencia estranxeira.a) O sentimento nacionalista.É o verdadeiro motor que impulsa a independencia destes pobos. A idea de nacionalismo é evidentemente europea, e os pobos que intentan acceder á súa independencia van encontrar nela unha ferramenta moi eficaz para loitar contra a dominación europea.Este nacionalismo dá paso a dúas vertentes de signo moi oposto. Por unha parte, un nacionalismo que mira ao pasado, moi conservador, que subliña a singularidade da cultura, relixión e lingua do territorio para tomar conciencia dunha identidade común fronte á potencia dominante ou fronte a outros pobos. Esta corrente nacionalista séguese dando hoxe en día e xera certa xenofobia (racismo aberto nalgúns casos) fronte a outros pobos da zona ou fronte ao europeo. Este tipo de nacionalismo encóntrase potenciado, algunhas veces, por ideas relixiosas de tipo extremista; por exemplo: o integrismo islámico nalgúns países musulmáns.Por outro lado, dáse tamén un nacionalismo que mira ao futuro, que podemos chamar progresista e que recolle o máis positivo das ideas occidentais. Exemplo deste é o da revolución de Mustafá Kemal en Turquía, que tras a I Guerra Mundial impuxo a occidentalización dun país en constitucionalmente laico. Na década dos anos trinta van xurdir en moitos países asociacións deste tipo de carácter progresista que capitalizan a resistencia contra o opresor, exemplos diso son os Mozos marroquís, os Mozos alxerianos, Mozos exipcios... que darán un impulso á loita contra a dominación europea, o seu nome está inspirada no movemento da Moza Italia que tivo moita importancia para lograr a unidade italiana no século XIX.b) As novas ideoloxías.Os nacionalismos que xorden nos países colonizados irán da man coas dúas ideoloxías predominantes nesta época: parlamentarismo e democracia, por un lado ou socialismo. O primeiro exemplo estará presente en partidos como o Partido do Congreso da India (nacido a finais do XIX) cuxos líderes se educaron en Gran Bretaña e ven o sistema político deste país como o modelo a seguir. Dentro do modelo socialista, os seus líderes recrutaranse, ao principio, entre as clases altas (máis cultas) e máis tarde tamén entre os obreiros. Nos dous casos a oposición á ocupación estranxeira é importante.A importancia das elites nativas que se educaron nas metrópoles serán determinantes dentro do proceso de descolonización e independencia.c) Factores sociolóxicos.O máis importante de todo é o espectacular desenvolvemento demográfico que experimentan estas zonas ao ver reducida a mortalidade pero cunha natalidade aínda alta (ciclo demográfico de transición). Este crecemento demográfico orixina tamén un

2

Page 3:  · Web viewpaíses, en xeral subdesenvolvidos ou de economía emerxente, depende en boa medida da etapa colonial e de como se fixo esa descolonización, de aí a importancia do fenómeno.

crecemento importante da poboación urbana e dende o punto de vista sociolóxico vaise producir en moitos casos unha ruptura coa mentalidade tradicional que terá como consecuencia a adopción de ideoloxías e modelos políticos de Europa.Do mesmo xeito influirá o maior desenvolvemento cultural e a madureza política destes pobos ao contacto cos colonizadores, as ideas de liberdade e independencia, que tanto esgrimiron os europeos nas dúas guerras mundiais, volveranse contra eles nas colonias.A loita pola independencia será como unha enfermidade contaxiosa que se estenderá rapidamente por todos os países sometidos aos europeos.

Causas externas.A conxuntura internacional vaise mostrar claramente favorable ao desenvolvemento destes movementos descolonizadores.a) A II Guerra Mundial.Supuxo, na maioría dos casos, unha importante mobilización de homes e recursos destes países sometidos aos europeos. Este fenómeno é importante durante a I Guerra Mundial, pero acentúase dun xeito importante durante a seguinte conflagración. As colonias, en compensación á axuda outorgada durante a guerra, van solicitar un maior grao de liberdade ás súas metrópoles ou abertamente a independencia.Algunhas colonias, en especial as asiáticas, viron como as súas antigas metrópoles foron dominadas polo expansionismo xaponés. Esa debilidade foi utilizada, despois da guerra, para iniciar procesos de independencia. No sueste de Asia, os habitantes deses territorios fixéronse con armas abandonadas polos xaponeses coas que arrepor á potencia colonial cando esta regrese a eses territorios co fin de retomar a situación anterior á guerra.b) A guerra fría.O enfrontamento entre os dous bloques supoñerá a grande oportunidade dos pobos colonizados de iniciar procesos independentistas.Os Estados Unidos serán partidarios da independencia dos países colonizados (as

3

Page 4:  · Web viewpaíses, en xeral subdesenvolvidos ou de economía emerxente, depende en boa medida da etapa colonial e de como se fixo esa descolonización, de aí a importancia do fenómeno.

teorías do presidente Wilson sobre a autodeterminación dos países serán un referente importante). Dende o bloque comunista, os escritos de Lenin contra o colonialismo e a favor da independencia dos pobos tamén van ter un grande eco.A ONU e a carta dos Dereitos Humanos darán o seu apoio a todo este proceso de liberación en Asia e África.c) O papel da Igrexa e da opinión pública europea.A Igrexa vaise mostrar, dende o principio, favorable á independencia destes pobos. Isto poñerase de manifesto en dúas encíclicas papais: a Pacem in terris de Juan XXIII en 1963, e a Populorum Progressio de Pablo VI en 1967. Os misioneiros cristiáns desenvolverán un importante papel a favor da independencia.Do mesmo modo amplos sectores da opinión pública dos países colonizadores (cos intelectuais á cabeza) e que non comparten as opinións dos seus gobernos, apoiasen os procesos de independencia. Son especialmente hostís nas guerras de Alxeria, Indochina e Vietnam.d) A solidaridade dos países descolonizados cos colonizados: a Conferencia de Bandung.Os distintos países descolonizados e os representantes dos movementos que aspiran á independencia van ter reunións e puntos de contacto onde se vai manifestar a solidariedade dunha gran parte de países a favor da independencia doutro gran número de pobos.O punto máis destacado destes contactos foi a Conferencia de Bandung, celebrada nesa cidade de Indonesia, en 1955. Participaron 28 países africanos e asiáticos. Nesta asemblea farase un chamamento a favor da liberdade e da independencia dos territorios coloniais. Tamén se pedirá o respecto e o apoio á súa causa por parte dos países occidentais.Os dez puntos máis importantes tratados nesta conferencia eran os seguintes:

1. Respecto dos dereitos humanos. 2. Respecto á soberanía e integridade territorial dos países.3. Igualdade de todas as razas e nacións. 4. Non intervención nos asuntos internos de outros.5. Respecto da defensa individual de cada nación.6. Rexeitamento de calquera presión doutra potencia. 7. Abstención da agresión como forma de sometemento.8. Solución dos conflitos por medios pacíficos.9. Cooperación entre os pobos. 10. Respecto á xustiza a convencións internacionais.

En Bandung xurde, neste mesmo momento, o movemento dos países non aliñados, é dicir, unha alternativa destes pobos a escapar do encadramento nos dous bloques.

OS PROCESOS DE DESCOLONIZACIÓN.O proceso caracterízase pola rapidez con que se efectúa nun o período que vai de 1945 a 1965 e onde obteñen a súa independencia a maior parte das antigas colonias.Os métodos empregados na loita pola independencia foron ser variados: o levantamento armado e a guerra (Indochinesa, Alxeria...), a resistencia pacífica e a non violencia (a India de Gandhi), ou ben a negociación política coa metrópole (moitos países da África Negra).No proceso pódense distinguir varias etapas:

4

Page 5:  · Web viewpaíses, en xeral subdesenvolvidos ou de economía emerxente, depende en boa medida da etapa colonial e de como se fixo esa descolonización, de aí a importancia do fenómeno.

- 1945 a 1955 con Asia como principal protagonista.- 1955 a 1965 con África. - As últimas colonias africanas en lograr súa independencia son Angola e Mozambique xa nos años setenta.

A descolonización de Asia.Asia é a pioneira na loita pola liberdade. Neste proceso terá unha grande importancia o nacionalismo que actúa como motor na loita pola independencia. Os primeiros movementos nacionalistas arrancan a finais do século XIX e baséanse, sobre todo, na afirmación do seu pasado e nos puntos de identidade cultural fronte ao ocupante.Tamén terá importancia a chegada de correntes socialistas revolucionarias que se mesturasen con algúns movementos nacionalistas.

a) Os países do Próximo Oriente.Son os primeiros países en acceder á independencia, pero non están incluídos dentro deste proceso. Son antigas territorios do Imperio Turco que, tras a súa derrota na I Guerra Mundial asinan cláusulas para a independencia destes países. De forma

5

Page 6:  · Web viewpaíses, en xeral subdesenvolvidos ou de economía emerxente, depende en boa medida da etapa colonial e de como se fixo esa descolonización, de aí a importancia do fenómeno.

provisional Francia e Gran Bretaña recibirán o control destes territorios en forma de mandatos da Sociedade de Nacións, e, aínda que prometan respectar os acordos e conceder a independencia a estes territorios, a independencia absoluta tardará en chegar. Os ingleses ocupan a península Arábica, Iraq e Transjordania (actual Xordania) e, os franceses, o Líbano e Sirya.Algúns destes países logran a súa independencia pronto (Iraq en 1922) pero xeneralizarase en toda a zona no ano 1946.b) A independencia da India e Paquistán.A India era a principal colonia de Gran Bretaña, a que o abastecía de importantes materias primas e dun gran mercado de catrocentos millóns de persoas no ano 1941.Dende o principio vanse dar dous movementos nacionalistas irreconciliables unido cada un a unha relixión distinta. Por un lado vaise fundar, en 1885, o Partido do Congreso (indios de relixión hindú) e por outro a Liga Musulmá, creada en 1906(musulmáns da India).O seu antagonismo vai ser crecente e os enfrontamentos entre ambos os dous tamén. Os dous movementos teñen en común o apoio das clases medias, que son movementos principalmente urbanos e que están presididos por líderes educados en Gran Bretaña (Gandhi, Nehru...).O Congreso Nacional Indio ou Partido do Congreso iniciou a súa andaina política en1885 cun ton moi moderado. Ao principio solicitaba reformas sociais e o acceso dos nativos á administración da colonia. A principios do século XX piden xa unha ampla autonomía, e na década dos vinte, abertamente a independencia. Dende o ano 1923 estará presidido por Mahatma Gandhi que poñerá en práctica o seu método de resistencia pasiva e de non violencia que lle levará ao cárcere.

A Liga Musulmá verase favorecida polos ingleses que intentan contrarrestar a puxanza do Partido do Congreso.O seu líder máis importante será Alí Jinnah que trata de lograr unha coordinación coPartido do Congreso, pero sen logralo. Pedirá abertamente a división en dous estados, un para os hindús e outro para os musulmáns.A finais dos anos trinta e principios dos corenta hai unha viva axitación pola independencia. Os ingleses reaccionan cunha dura represión que non fai máis que exaltar aínda máis os ánimos. No bienio de 1945 a 1947 páctase a independencia do territorio. Gran Bretaña non pode manter a súa posición pois está debilitada tras a II Guerra Mundial. O ascenso ao poder dos laboristas favorece o entendemento coa colonia. Lord Mountbatten, último vicerrei da India, procederá a dividir o territorio en

6

Page 7:  · Web viewpaíses, en xeral subdesenvolvidos ou de economía emerxente, depende en boa medida da etapa colonial e de como se fixo esa descolonización, de aí a importancia do fenómeno.

dous estados distintos baseándose nas rivalidades entre hindús e musulmáns. Tratouse dunha división precipitada a cal agravou aínda máis os problemas que perviven a día de hoxe. Aparecían así dous estados: a India de maioría hindú, aínda que cunha importante minoría de musulmáns e doutras relixións (sijs, católicos...) e Paquistán de maioría musulmá pero fragmentado en dous territorios: Paquistán Occidental e Paquistán Oriental (este último conseguiría a súa independencia en 1971 co nome de Bangladesh).Tras a independencia estalaron varias guerras entre os dous países, sobre todo polo territorio de Caxemira no norte, de maioría musulmá pero incorporado á India. Na actualidade os dous países dispoñen de armas nucleares e a tensión na zona quéntase periodicamente.

c) A independencia de Indochina.A zona oriental da península de Indochina fora ocupada por Francia.Durante a II Guerra Mundial estes territorios pasan ás mans dos xaponeses e o mito da superioridade do home branco cae polos chans. Na loita contra o exército nipón destaca a figura de Ho Chi Minh, líder do Vietminh ou movemento pola independencia, que chega a proclamar a República Democrática, de Vietnam. Tras a guerra volven os franceses coa intención de conservar o seu dominio sobre a zona e chocarán con Ho Chi Minh e o Vietminh. Francia negocia certa independencia do territorio co emperador Bao-Dai pero Ho Chi Minh non recoñece nin o emperador nin os acordos e a guerra contra Francia non tarda en estalar. Foi unha guerra sanguenta que se saldou coa derrota francesa. Pola Paz de Xenebra de 1955 Francia recoñece a independencia de Vietnam que quedaría dividido en dous estados polo paralelo 17. A chegada de

7

Page 8:  · Web viewpaíses, en xeral subdesenvolvidos ou de economía emerxente, depende en boa medida da etapa colonial e de como se fixo esa descolonización, de aí a importancia do fenómeno.

Estados Unidos en apoio do goberno do Sur contra a oposición e os comunistas do norte perpetuarán unha guerra (Guerra de Vietnam), que durará ata 1975, data na que as tropas do norte unifican o territorio. Previamente asínanse os Acordos de Paz de Paris (1973).As outras colonias francesas en Indochina: Laos e Cambodja, accederán á independencia dunha forma máis pacífica.

d) A independencia de Indonesia.Tras a derrota dos xaponeses, Sukarno, líder do Partido Nacionalista Indonesio, proclama a independencia de Holanda. A metrópole non recoñecerá a independencia e estalará unha guerra de 1945 a 1949. Nesta etapa altérnase a guerra con conversacións e pactos. En 1949, ao non haber ningún gañador, páctase a independencia de Holanda. O proceso independentista de Indonesia é un modelo mixto de guerra e diplomacia. Sukarno promoverá en 1955 a celebración en Bandung (Indonesia) da conferencia contra o colonialismo.

A independencia de África.Vai a ser máis tardía a de Asia. Dentro de África, será máis rápida nos países musulmáns do norte (coa excepción de Arxelia) que nos países do África Negra.a) A independencia do África musulmán do norte.Nestes países, o nacionalismo que move a causa pola independencia ten outras connotacións, é un nacionalismo musulmán que pretende a unión ou o irmandamento de todos os musulmáns, panarabismo, e vai cristalizar coa fundación da Liga Árabe en 1945.

8

Page 9:  · Web viewpaíses, en xeral subdesenvolvidos ou de economía emerxente, depende en boa medida da etapa colonial e de como se fixo esa descolonización, de aí a importancia do fenómeno.

Aquí se atopan países que logran súa independencia a comezos do século XX como Exipto, lograda en 1922 aínda, sen embargo, case toda a zona obterá súa independencia na década dos cincuenta.

- Libia foi colonia italiana ata 1943 e escenario de operacións durante a II Guerra Mundial. Tras a guerra, e ao descubrirse ricas bolsas de petróleo no seu subsolo, ingleses, franceses e italianos pretenden quedar pero a ONU oponse en redondo e facilita o establecemento dunha monarquía. O país é proclamado independente en 1951.

- En Túnez, tras unha longa serie de disturbios e enfrontamentos con Francia liderados por Habid Burguiba, o líder do Partido Neo-Destur, conséguese negociar unha independencia que se producirá o 20 de marzo de 1956.- Marrocos coñecía a actividade anticolonial de Abd El Krim contra os españois, pero nesta época non hai ningún movemento independentista forte ata a fundación do Partido Istiqlal (Independencia). O propio sultán Mohamed V fomentaba as revoltas contra a ocupación francesa e española. En resposta a esta actitude, os franceses destérrano pero a derrota francesa en Indochina e a Conferencia de Bandung somen a Francia no descrédito internacional e acabará iniciando conversacións para a independencia do territorio. Francia e España abandonarían o país en 1956.

- Alxeria é considerada un caso á parte. Trátase dun territorio poboado por franceses dende moi pronto (1830) non como un protectorado senón unha

9

Page 10:  · Web viewpaíses, en xeral subdesenvolvidos ou de economía emerxente, depende en boa medida da etapa colonial e de como se fixo esa descolonización, de aí a importancia do fenómeno.

colonia de administración directa e centralizada onde o peso dos colonos franceses que se opoñían a calquera proceso que os separase de Francia era importante. A independencia pedirase, por primeira, vez en 1925. En 1943, o Manifesto do pobo alxeriano, pide igualdade de dereitos cos franceses e unha federación con Francia. Tras a II Guerra Mundial, recrúanse as tensións entre a maioría musulmá e os colonos. Francia, para acalar as protestas, outorga o Estatuto de Alxeria en 1947, pero estas medidas políticas limitadas non contentan a ninguén e empezan a formarse os primeiros grupos armados.A tensión subirá aínda máis a principios dos cincuenta. En 1952 xa é unha guerra aberta para conseguir a independencia. En 1954 fúndase a Fronte de Liberación Nacional que é o responsable da loita armada e participa tamén na Conferencia de Bandung. Cada vez vese máis necesaria a necesidade dun acordo pero a iso opóñense os colonos franceses e o exército. O xeneral De Gaulle iniciará unhas negociacións co F.L.N. en 1961, como resposta os colonos fundarán unha organización terrorista, coñecida como L ´ Armée Secrete (OAS) dirixida por militares e cuxo obxectivo será boicotear os acordos.Tras dous plebiscitos, en Alxeria e en Francia, proclámase a independencia do país o 1 de xullo de 1962, como consecuencia deste feito un millón de franceses abandona Alxeria. A independencia do Sahara español.Producirase en 1975. O goberno de Franco prometera un referendo pero a oposición á ocupación agrupárase en torno á Fronte Polisario. A agonía do xeneral Franco foi aproveitada por Marrocos para organizar a Marcha Verde, unha marcha sobre os territorios saharauís de miles de marroquís reivindicando ese territorio. España, nun momento crítico, pacta con marroquís e mauritanos e promete entregarlles o territorio sen contar coa opinión dos seus habitantes.Dende entón desenvolveuse unha longa guerra entre Marrocos (Mauritania abandonou o territorio) e a Fronte Polisario pendente, aínda hoxe, dun referendo non realizado e auspiciado pola ONU.

b) A independencia do África Negra.A orixe do movemento independentista africano remóntase á etapa de entreguerras. En 1919, reúnese en París o Congreso Panafricano que pide a emancipación das colonias. Entre os líderes pola independencia destacará o senegalés Leopold Sedar Senghor. O problema destes pobos é a inexistencia de estados anteriores á dominación colonial seguindo o modelo occidental; por iso, as fronteiras que se tracen van ser as europeas e iso ocasionará a división de pobos e a mestura con outros pobos rivais o que levará consigo, co tempo, conflitos de grande importancia.Un dos fenómenos rechamantes de proceso independentista é a extensión da ideoloxía socialista que se une aos movementos nacionais.

- A independencia dos territorios británicos.O primeiro país independente será Costa de Ouro, que substituirá a denominación colonial pola de Ghana. En 1960 renuncia ao seu status de dominio e proclama a república, era a primeira república dentro da Commonwealth ou asociación de antigas colonias de fala inglesa. Seguiranlle outros países como Serra Leoa, Uganda, Tanzania, Zambia e Malaui, en todos estes casos a independencia prodúcese de forma pacífica, a través dun acordo coa metrópole.O caso de Nixeria é distinto. Accede á independencia en 1960, e en 1963 convértese

10

Page 11:  · Web viewpaíses, en xeral subdesenvolvidos ou de economía emerxente, depende en boa medida da etapa colonial e de como se fixo esa descolonización, de aí a importancia do fenómeno.

en república. O seu problema é que dentro dunhas fronteiras artificiais conviven moitas etnias distintas e o país se verá envolvido en moitos conflitos, o máis importante é o intento de secesión da rexión de Biafra, o que xera unha longa guerra que remata en fracaso para os biafreños.En Kenya, van convivir tamén moitos grupos étnicos distintos, pero o problema principal será o desexo da poboación branca de conservar o poder. Dende a II Guerra Mundial faise un sistema electoral que exclúe a poboación negra. Isto produce o xurdimento dun grupo terrorista chamado Mau Mau dirixido por Jomo Kenyata que atenta contra os granxeiros brancos. En 1960 chéganse a algúns acordos e déixase á poboación negra máis escanos que a árabes, asiáticos e brancos xuntos. En 1961 triunfa o partido Kenyan African National Union e Jomo Kenyata é elixido presidente. En 1963 proclámase a independencia.En Suráfrica o principal problema non é a independencia xa que o é dende 1910 como dominio. Alí, ao igual que noutros territorios de arredor, a minoritaria poboación branca mantén todos os privilexios e controla o 90% do territorio, é a política do apartheid ou discriminación da poboación negra que non goza de ningún dereito. Tras o bloqueo internacional, producirase neste país o fin do apartheid da man do presidente Frederik de Klerk en 1990. En 1994, é elixido presidente Nelson Mandela, famoso dirixente do Congreso Nacional Africano e líder da loita contra a segregación racial ao cal se lle concede o premio Nobel de la Paz en 1993.

11

Page 12:  · Web viewpaíses, en xeral subdesenvolvidos ou de economía emerxente, depende en boa medida da etapa colonial e de como se fixo esa descolonización, de aí a importancia do fenómeno.

- A independencia dos territorios franceses.A diferenza de Indochina e Alxeria, a independencia vaise producir aquí de forma pacífica xa que, dende 1958, o xeneral De Gaulle vai favorecer este proceso. O primeiro país independente será Guinea Conakry. En 1960 obterán a súa independencia: Togo, Malí e Madagascar e, o resto de países en 1961. O último país independizado de Francia é Djibouti, a antiga Somalia Francesa e que consegue a súa independencia en 1977.

- O resto do África Negra.O Congo Belga vai a iniciar a súa loita pola independencia a partir de 1958. Bélxica promete unha independencia progresiva que tarda en chegar. Este atraso fai que se multiplique a axitación. A independencia prodúcese de xeito oficial o día 30 de xuño de 1960. Poucos días despois unha onda de violencia e anarquía vaise estender polo país o que levará a que, paracaidistas belgas, actúen para protexer a poboación branca. As loitas tribais serán intensas. O conflito complicarase máis cando a rica rexión do sur, Katanga, inicie unha guerra pola súa independencia con apoio de Bélxica e Estados Unidos. Trátase dunha zona rica en uranio, cobre e outros metais. Ante este conflito, o xeneral Lumumba buscará apoio ruso pero a partir de 1965 o conflito perde forza.As colonias portuguesas lograrán a súa independencia con atraso. Guinea Bissau conséguea en 1974. O ano 1975 tocaralles a quenda a Angola e Mozambique tras unha longa guerra. Na independencia das colonias portuguesas inflúe o feito de que en Portugal caia a ditadura salazarista tras a revolución dos caraveis.O último país en independizarse do dominio branco foi Namibia, territorio alemán que tras a I Guerra Mundial pasa a Suráfrica. Este, ocupa o territorio e convérteo en provincia a finais dos sesenta, dende entón a guerrilla do Swapo e a presión internacional lograron que Suráfrica acepte a súa independencia en 1990.

12