Xeada 2012

68
Nº 1 - Ano 21 - Maio 2012 ADOLESCENTES, UN MUNDO DE LUCES E SOMBRAS TRENDING TOPIC. DON QUIXOTE E OBI-WAN KENOBI EN GALICIA OBRADOIRO, HISTORIA DUN CLUB. CHARLA DE ÁNGEL CARRACEDO

description

Publicacion anual do instituto IES Antonio Fraguas

Transcript of Xeada 2012

Page 1: Xeada 2012

Nº 1 - Ano 21 - Maio 2012

ADOLESCENTES, UN MUNDO DE LUCES E SOMBRASTRENDING TOPIC. DON QUIXOTE E OBI-WAN KENOBI EN GALICIA

OBRADOIRO, HISTORIA DUN CLUB. CHARLA DE ÁNGEL CARRACEDO

Page 2: Xeada 2012

CONCURSO DE CARTEIS2011-2012

RESPONSABIL

IDADE

MEDIO

AM

BIE

NTAL

Page 3: Xeada 2012

3

EditorialSumario

En memoria de Pepe Fernández .................................................... 4A cirurxía estética ............................................................................ 5Os Gadgets ......................................................................................... 6Tempo de crise .................................................................................. 7Democracia real xa! ......................................................................... 7O alcohol e a xuventude .................................................................. 8O acoso escolar e o Bulling ............................................................ 9Os Furanchos ..................................................................................... 10A crise en España ............................................................................. 11Hikikomori .......................................................................................... 13E agora que? ...................................................................................... 13Berlín ................................................................................................... 14Este ano de Santiago a Budapest .................................................. 15Entrevista a Ana Carregal García .................................................. 16Discriminación na lingua e na sociedade .................................... 17Entrevista a Abraham Carreiro ....................................................... 18Xan Eguia ........................................................................................... 20A presenza das mulleres na revolución francesa ...................... 22Brasil, un país descoñecido ............................................................ 24O Titanic, un soño afogado .............................................................. 25Diario dunha rapaza en Budapest ................................................. 27Mallorca ............................................................................................. 28Lulu (@luluforraje) ............................................................................ 29Homenaxe a Valentín Paz Andrade ............................................... 31Compostela, a miña cidade ............................................................. 32Adolescentes, un mundo de luces e sombras ............................. 32Día da muller traballadora. Dedicado ás avoas .......................... 34Contigo todo, sen ti nada ................................................................. 35O vexetarianismo como dieta e vida ............................................. 36De como nos convertemos en ampelmanns por Berlín ............. 37Camiño cara a segunda morte de Rosalía de Castro, a cultural 39Entrevista a Silvestre Gómez Xurxo .............................................. 40Don Quixote e Obi-Wan Kenobi en Galicia ................................... 42Confi eso que he vivido, de Pablo Neruda .................................... 44Carta dunha soñadora ..................................................................... 46Poema a o IES Antón Fraguas ........................................................ 46Ninguén .............................................................................................. 47O avó Ismail ....................................................................................... 47Ata que o saibas todo ...................................................................... 48Creacións literarias .......................................................................... 48Concurso de poemas Díaz Paz 2012 .............................................. 52VI concurso de microrrelatos ......................................................... 53Historia dun Club ............................................................................... 54O fútbol feminino na actualidade .................................................... 55Downhill, un deporte descoñecido ................................................ 55O deporte no 1º ciclo da ESO .......................................................... 57Os nosos pequenos (grandes) talentos ........................................ 58Charla de Ángel Carracedo ............................................................. 60Enfermidades raras .......................................................................... 61A desertización en Galicia ................................................... 63Grazas, Avelino ....................................................................... 65Mensaxes Xeada ................................................................... 65

D.L.: C 1182-2012

Todos somos conscientes da crise actual que afecta tamén á edición impresa. Xa son varias as publicacións periódicas que desapareceron, polo que este novo número da nosa revista Xeada ha de celebrarse dobremente. Coma sem-pre, sae coincidindo coa conmemoración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Valentín Paz Andrade. Non é doado sacar adiante unha revista, polo que agradecemos o esforzo de todos aqueles que colaborastes nela. As súas páxinas van especialmente dirixidas a quen formamos par-te desta Comunidade educativa e tamén, -por que non?- a tódolos aqueles que algunha vez pasastes por estas aulas, tanto alumnos coma profesores; entre estes últimos, Xosé Antonio Maroño, Ricardo Pousa e Gonzalo Sanmartín, que se xubilaron ao remate do curso académico pasado.

Como todos poderiades ter comprobado lendo os paneis informativos situados no corredor da primeira planta, Paz Andrade foi un bo galeguista en todos os sentidos: escribiu libros de poesía, ensaios sobre a nosa historia e os nosos escritores de máis prestixio, pero tamén importantes estu-dos sobre a pesca en Galicia. O seus coñecementos sobre o sector pesqueiro e o seu interese polo desenvolvemento económico do noso país levárono a participar na creación da empresa Pescanova nos anos sesenta, que segue a ser un referente e motor esencial na economía galega hoxe en día. Cómpre non esquecelo, porque homes emprende-dores coma el son os que necesitamos nos tempos que corren.

Por suposto, a súa sabedoría en temas pesqueiros comple-mentábase co seu amor polo mar e as súas xentes. Nun poema de Sementeira do vento don Valentín Paz Andrade cantou o esforzado traballo dos nosos mariñeiros polos mares do mundo adiante. Estes son algúns dos seus ver-sos: “Benchegados do Norte, / da luz e a neve boreal unxi-dos, / parexeiros bariles do Grand Sole, / adiantados das Hébridas, / do Berbés e Cangas boniteiros, / forxadores da nova roita céltiga, / da misa azul de San Patrik ouvidores / e da Virxe da Barca seareiros”.

Paz Andrade fálanos da “roita céltiga” e de San Patrik (ou San Patricio), santo patrón de Irlanda. Na mitoloxía celta no Cabo Ortegal acababa a terra e a vida, e empezaba a mor-te, pero internándose no tenebroso e descoñecido océano, aló pola latitude da actual Irlanda, había un paraíso, unha fantástica illa a onde ían parar as almas dos afortunados e favorecidos polos deuses. Se isto fose así gustaríanos que nela estivese o que foi durante vinte anos profesor de inglés no noso centro, Pepe Fernández Castro, quen triste-mente faleceu a primeiros de ano.

Colaboracións

2º BACH: Alba Pena. Andrea Villegas. Ángela Ríos. Cecilia Castro. María García.. Noelia Duro. Sara San Luís. Víctor Taboada. Yhadira García. 1º BACH: Adrián Sánchez.Alba García. Alberto Tomé. Andrea Valiño. Antía Gándara. Antía Gil. Camila Mª Reyes. Carme Becerra. Haidé Álvarez. Helena Salgueiro. Isabel Mº Vázquez. Jacobo Suárez.

Laura Ferreiro. Manuel Duro. María del Mar Asorey. Noelia Dopazo. Oriana Indira Uva. Pablo González. Sara Blanco. Sara Bouzón. Tomás Caamaño.

4º ESO: Adrián López. Alba Guerra. Álvaro Painceira. Ana López. Andrea Villaverde. Ángela Nogueira. Ángela Otero. Alejandro Vázquez. Antía López. Anxo Martínez.Belén Balboa. Brais Peiteado. Camila Mailén Bóveda. Carla Puente. Clara Maneiro. Cristina García. Daria Gaheda. David Rey. Duarte Salvado. Emanuel Lamas. Fran Gil.

Ione Morales. Javier Prado. João Victor Farias. Jorge Pérez. J. Carlos González. Laura Villar. Lucía Núñez. Manuel Pardo. María del Carmen Antúnez. Martín Barcala.Martín Pérez. Mónica Órrea. Pablo Moure. Pablo. Paula Martín. Paula Pazos. Pedro Carreira. Raúl Míguez. Sara Rodríguez. Sergio Cea. Susana Sánchez. Tania Neira. Xoel Campal.

Sara Rodríguez. 3º ESO: David Villar. 2º ESO: Juan Pinto Lojo. Sabela Teixeira Taboada. Lorena Bugallo Veiga. Dalia Escudero Jove. Iria Salvado Rubio. Daniel Vidal.Martín Rodríguez Espiñeira. Rita López Róo. Manuel A. Andrade Lado. Gabriel Brantuas Arijón. Iago Ramos Fontelo. Víctor Martínez Vales. 1º ESO: Anxo Freire. Paula Blanco.

David Fernández. Nerea Muíña. Rosalía Rodríguez. Beatriz González. R.A. Ferreruela.

Andrea Carid Cao. Ex alumna e estudante de INEF en A Coruña. Guinho Reyne (Hugo Rey Nieto, ex alumno do IES, actual estudante de Filosofía na USC)

Debuxos da portada: Alumnos/as de debuxo artístico de 1º e 2º de BACH.

Page 4: Xeada 2012

4

POUSOU SEUS pés de lan e luz a PascuaSobre os illós de mirto do xardín.

(…)Eu tamén pouso agora,de moitas primaveras peregrino,a meniña dos ollossobre da cabeleira que recollepingas de arcos da vella esnaquizados,a derramarse en pétalas e pólenriba do busto aéreo de abril.

(…)

Valentín Paz Andrade

No mes de xaneiro deixounos Pepe Fernández, profesor de inglés.O IES A. Fraguas lembra a súa memoria nesta edidión de Xeada.

En memoria

de Pepe Fernández

Page 5: Xeada 2012

5

ACTUALIDADE

A CIRURXÍA ESTÉTICADebemos primeiro ter claro o que é a cirurxía estéti-

ca, e facer unha diferenza coa cirurxía reconstrutiva ou reparadora. Esta última está enfocada na reparación de malformacións ou danos de accidentes,e está incluída na seguridade social: mentres a estética, tamén chama-da cosmética, ten a fi nalidade de modifi car as partes do corpo que o paciente non considera satisfactorias e non está incluída na seguridade social.

Cabe destacar que a cirurxía cosmética é a única modali-dade da medicina que está deseñada para pacientes sen doenzas, e é a única na que se pode combinar arte e co-ñecementos.

Podemos encontrar operacións en todas as partes do noso corpo: comezando pola faciana podemos facer: ope-racións no nariz (rinoplastia), corrección de orellas sepa-radas (ortoplastia), redución de engurras, intervención nas pálpebras para semellar máis xu-venil (blefaroplastia), unha operación no queixo para semellar máis novo, de feito esta práctica aumentou un 75% nos Estados Unidos no último ano pois obtéñense resultados moi rapidamente; ou incluso poderiamos implantarnos o pelo. Noutras partes do corpo poderiamos ter operacións do tipo de aumento,redución ou ele-vación do peito, aumento de glúteos, redución de graxa (liposucción) ou outras operacións en partes máis ín-timas como alongamento de pene, redución dos labios xenitais co fi n de obter maior pracer sexual, ou outra operación para redu-cir a sensibilidade no acto sexual. Outras operacións es-téticas non supoñen un risco tan grande, coma pode ser a depilación láser ou a eliminación de varices. A cirurxía estética chega ata tal punto de especialización coma o cambio de sexo ou a reconstrución do hime para ser vir-xe anatomicamente. É incrible a variedade de operacións pois o certo é que acadan o máis mínimo detalle do noso corpo.

No territorio español as mellores clínicas cirúrxicas encón-transe na cidade condal e na capital, pois tamén son as ci-dades onde se poden obter maior número de pacientes.

Para poder chegar a ser cirurxián plástico débese estudar 6 anos a carreira de Medicina e outros 5 a especialidade de cirurxía plástica, polo que non é doado chegar a unha profesión coma esta. Cando se fai unha operación deste tipo deberiamos ter en conta a xente que nos trata, pois en ocasións "o barato acaba sendo caro".

España encóntrase no décimo lugar no que respecta aos países que más cirurxías cosméticas realizan por ano, A pesar de que siga crecendo esta actividade,faino un 27% menos.

Esta práctica está collendo unha popularidade alarmante nos últimos anos, ata tal punto de chegar a ver esta ope-ración como algo "normal". É unha actividade por elección ou por sometemento? Estamos realmente informados e somos o sufi ciente precavidos?

Encontrámonos nunha sociedade onde "unha imaxe vale máis que mil palabras", un país que nos incita a estar per-fectamente arranxados e cun corpo sobresaínte, de aquí que poidamos pensar que nos están a incitar á cirurxía estética. O certo é que calquera ser humano cun mínimo de personalidade e de cultura,que para algo estudamos tantos anos, non se deixaría infl uír por unha nimiedade coma esta.

A verdade é que con “slogans” tan incitantes ao consumo coma "Fai dos teus defectos as túas maiores virtudes” ou “Consegue o corpo que sempre soñaches" fai que pense-

mos en facernos unha cirurxía.

Aínda pode chegar a ser máis pre-ocupante a idea de que algúns pais aconsellen a fi llos e fi llas a facer unha operación desta clase. Se a miña fi lla non tivese os peitos protuberantes non se me ocorrería a estupidez de suxerirlle que se implante próteses de silicona. En primeiro lugar, pre-ocuparíame de que a miña fi lla pen-sara que o tamaño dos seus peitos ten moita importancia; e procuraría inculcarlle a idea de que a medida da beleza non a ditaminan unhas modas ou unhas persoas que tan só buscan

facer negocio nos seus quirófanos.

É sorprenderte ver coma nos Estados Unidos unha per-soa de dezaseis anos co permiso dos seus pais pode facer unha cirurxía, mentres lles está terminantemente prohi-bido beber alcohol ata os vinte e un anos.

No caso no que queiramos facer este tipo de operacións porque queremos sentirnos mellor co noso corpo xorden outras cuestións.

Nun contexto de crise mundial, onde non sabemos como podemos estar economicamente dentro dalgúns anos, valla a pena gastar miles de euros nunha actividade coma esta,incluso sen ter en conta os riscos?

Trinta mil mulleres españolas foron intervidas cirurxica-mente nos últimos anos mediante próteses PIP. Actual-mente descubriuse que estes materiais poden ser cance-ríxenos. Trinta mil habitantes españois teñen que pagar (no caso de que teñan sufi ciente diñeiro) unha nova ope-ración para quitar estas próteses, facer probas para ver que non estean danados os seus peitos, etc.

Unha cirurxía sempre inclúe riscos. Non sería o lóxico tra-tar de evitalos? Entre estes encóntranse: riscos estéticos, errores humanos, ou utilización de produtos prexudiciais

Page 6: Xeada 2012

6

ACTUALIDADE

para o ser humano coma o "botox", incluso poderiamos falar nos casos máis extremos dunha adicción á cirurxía estética.

Coma colofón, debemos ter en conta todas os posibles inconvenientes e con todo iso, pensar se de verdade valla a pena facelo. Un corpo gordo? Non,un corpo san, unha

realidade apracible. Hai que deixarse de sandeces e go-zar do regalo desta vida tan doce e tan curta. Logo isto acábase.

Alberto Tomé,1º Bacharelato A

Á hora de defi nir gadget encontramos varios signifi -cados, como “un dispositivo que ten un propósito

e unha función específi ca, xeralmente de pequenas pro-porcións, práctico e a vez novidoso”, “son artículos, polo xeral pequenos que nos dan algo coñecido pero con al-gunha modifi cación. “En termos de marketing online, os gadgets son pequenas pezas publicitarias programadas ben en Flash ou en Ajax que permiten certa interactivida-de co usuario” e “máquinas e artiluxios” .

Antigamente, cun cicel e una pedra revolucionaron as for-mas de comunicarse, pero actualmente estas ferramen-tas pasaron a chamarse gadgets . E vemos como pouco a pouco, ás ferramentas se van chamando gadgets como o telegrama, que foi substituído polos móbiles.

O que veñen a facer na nosa vida é facilitarnos algúns tra-ballos, aínda que nalgúns casos non se trata de facilitar, senón de cambiar a estética dun produto. Unha caracte-rística dos gadgets é que sempre son novidosos, por isto é que teñen tanto éxito no mercado. O prezo na maioría dos casos adoita ser elevado, pero non porque o produto sexa una marabilla, senón porque é importado e tamén pola característica que estes posúen de ser únicos e orixi-nais.

Temos distintas aplicacións dos gadgets: Para ofrecer contido fresco e dinámico a calquera páxina web median-te obxectos en miniatura, prover información ou mellorar unha aplicación ou servizos dun ordenador ou computa-dora, ou ben calquera tipo de interacción a través de In-ternet ,e tamén poden ser útiles cando estás no traballo (lista de tarefas,calendario), na escola (calculadora, fe-rramenta de tradución), ou simplemente pasar o tempo (noticias, blogs, xogos)

Agora, mostraremos algún exemplo de gadgets:

Gafas de lectura con LEDs Son unhas gafas de lectura cun par de LEDs aos lados que che axudarán a ler sen causar molestias, e que che permiten ler na escuridade. Estas gafas de lectura recargables ofre-cen unha autonomía de ata 5 horas cunha soa carga e obteñen todo o

seu potencial mediante un cable USB

Jeans con teclado. Os jeans foron ideados para “unir a moda e a tecnoloxía. A idea consiste en permitir que poi-

das conectar ao teu ordenador sen ter que encontrarte nun ambiente cerrado, ao outro lado dunha mesa. Esteti-camente os jeans ofrecen dúas vantaxes: o tecido é de boa calidade e presenta costuras alaranxadas que recordan ao taboleiro dun circuíto. Unha desvantaxe é que o botón de “Enter” desafortunadamente estea localizado na entre-perna, e que nos dea a impresión de que se van producir mira-das estrañas se alguén decidise executar o bo-tón en público. O peto dereito traseiro foi es-p e c i a l m e n t e ideado para gar-dar o rato, que está suxeito aos jeans por unha tira elástica, os pantalóns xa veñen cun dispositivo USB que pode ser conectado ao ordenador.

BreathalEyes. É unha nova aplicación para o iPhone que detecta involuntariamente o movemento do ollo para comunicarlle aos condutores que beberon demasiado. Utilizando a cámara do iPhone, a aplica-ción grava o nistagmo horizontal da mirada, mentres que o ollo involuntariamente realiza contraccións nerviosas cando unha persoa mira cara a súa dereita ou esquerda mentres sostén a mirada. A aplicación BreathalEyes é compatible co iPhone 4 e agora espérase unha versión para Android a fi nais de ano.

Móbil pulseira

O LG- GD910, é un teléfono móbil, pero de pulso con so-porte para tecnoloxía 3G e HSDPA. O móbil-reloxo dispón dunha pantalla táctil de 1,43 que incorpora unha cámara de vídeo na súa parte frontal o que lle permite facer vídeo chamada ou vídeo conferencias.

OS GADGETS

Page 7: Xeada 2012

7

ACTUALIDADE

Atopábame eu o outro día nunha froitería, facéndolle uns recados ós meus país mentres

eles estaban no supermercado. Eu non tiña présa, polo que fun devagar e entreténdome en tendas de deportes, videoxogos… O caso é que cheguei á froitería, alí habería unhas dez persoas, entre elas unha señora duns sesenta anos, na que reparei porque estaba cun rapaz meniño que choraba moito, que debía ser o seu neto. Púxenme a coller a froita que me encargaran meus país e de súpeto, apareceu un home xa velliño, non moi ledo polo que semellaba a súa cara. Ollei como lle preguntaba á froiteira a canto estaban as mazás e as noces, e a froiteira respondeulle moi amablemente e deulle unha bolsiña para que metera nela a froita. A señora co rapaz pareceume que reparou (ó igual ca min) nese home, que viña cunha moeda de dous euros na man (cousa que nos debeu chama-la atención). Seguía eu escollendo as froitas cando o homiño se dispoñía a pagar, e despois de pesar o que mercara, díxolle que eran 2 € e 15 céntimos. O vello ía coller algunha froita da bolsa para deixala e que lle chegasen os cartos, pero a empregada insistiu en que non pasaba nada, que lle perdoaba eses céntimos. Mentres recollía a moeda de dous euros que lle caera ó chan, eu mais a señora puidemos ver como a froiteira lle metía tres mazás máis e un puñado de noces tamén na

TEMPO DE CRISE

bolsa. O homiño deulle os cartos e liscou. Instintivamente mirei para o resto da xente que alí estaba mercando, que non reparaban en nada, pero cando pensara que ninguén vira o mesmo ca min, mirou para min esa muller durante uns segundos e puiden ver como lle caía unha bágoa, moi disimuladamente, mentres baixaba a cabeza para mirar para o meniño que alí estaba chorando outra vez. Non sei o que se lle pasou pola cabeza, mais esta primeira impresión da crise, deixoume unha idea clara: paga a pena loitar cada día polo que queremos, sabendo que aínda quedan persoas con bo corazón neste mundo.

Álvaro Painceira. 4º D.

O dispositivo tamén ofrece a conversión de texto a voz, in-clúe Bluetooth, re-produce audios MP3 e conta con marca-ción por voz.

Dende o fabricante anuncian que as velocidades de des-carga de datos chegan ata 7,2 Mb/s cando se utiliza HS-DPA.

E moitos mais gadgets, xa que encontramos gadgets para a cociña, para o baño, para a ofi cina … como poden ser bi-llas de alta tecnoloxía cunha pantalla táctil que permite manipular detalles como a temperatura da auga ou a can-tidade que queres que saia, tamén un USB aromatizante que é unha base sobre a que podes derramar unha peque-na porción de calquera esencia e a través dun USB conec-talo ao teu ordenador para que coa calor que este produce a esencia empece a encher o ambiente coa mesma …

Noemí Baleato e Antía Vázquez. 4º D

O “movemento 15-M”, quizais moi coñecido por fóra pero non

por dentro, é un movemento social, cultural e político apartidista resulta-do do esgotamento da paciencia ci-dadá, que se desbordou o 15 de maio do ano pasado.

Os problemas que levaban coexis-tindo e que pasaron desapercibidos durante o tempo de bonanza económica sumadas ás difi cultades traídas pola crise, fi xeron que levantaramos a voz os que nos demos conta de que realmente somos marionetas manipuladas por uns políticos que non nos representan, nin a nós, nin á democracia.

DEMOCRACIA REAL XA!O movemento ten os seus antece-dentes nas protestas en Grecia no 2008 e nas “Revoltas da Primavera Árabe” dende fi nais do 2010. Non ten unha causa concreta como poden ter a maioría das protestas, pero si per-segue uns obxectivos comúns.

Todo o mundo oíu falar deste movemento,chamado polos medios 15-M, unha forma doada e que engancha ós espectadores, e, tamén, un eufe-mismo para ocultar un nome que xa dá toda a información, “Democracia real xa”.

Vimos na televisión como miles de persoas descontentas se manifestaban polos seus dereitos mentres observaba-

Page 8: Xeada 2012

8

ACTUALIDADE

O alcohol é un líquido incoloro e volátil que está presente

en diversas bebidas fermentadas. Dependendo da súa concentración etílica pode ir dende o 5% como é o caso da cervexa ou o viño, até a absenta que contén o 90%. O consumo de alcohol en menores de idade aumentou debido a dous casos: a facilidade de conseguilo, e a presión social. Todas as tendas e bares onde se vende alcohol piden o carné para asegurar-se de que o comprador é maior de idade. Aínda así é fácil obtelo xa que sendo menor, sempre vas coñecer a alguén que cho poida conseguir. En cambio a presión social está ocasionada pola coerción exercida polos propios amigos e pola xente máis cercana.

Se te collen bebendo sendo menor, as consecuencias po-den ser graves tanto para ti coma para teus pais. As auto-ridades poden poñerche unha multa de ata 600 euros, e se teus pais non cha puidesen ou no quisexen pagala, terías que realizar servizos sociais para a comunidade.

Na nosa opinión os botellóns deberían estar permitidos en zonas que non estean urbanizadas nin nas que se causen molestias ningunhas. En Santiago de Compostela é o caso do Campus, de Belvís ou da mesma Alameda.

O alcohol é un negocio tanto para bares coma para super-mercados, xa que sen a súa venda, a maioría dos estable-cementos, perderían dende un 20% ata un 40% dos seus benefi cios. Os adultos pensan que non debería de ser legal a súa venda xa que sería un descontrol total, e a maioría de nós, acabariamos con algunha que outra enfermidade producida polos efectos do alcohol. Entre as enfermidades máis coñecidas destacan: o coma etílico, que se debe ó con-sumo excesivo de alcohol, e conleva a perda do coñecemen-to, co risco de vomitar e afogar co seu propio vómito; e a ci-rrose, que se trata da dexeneración do fígado. Cun excesivo consumo de alcohol, poderías chegar a perder a memoria, a poñerte agresivo e mesmo a arruinarte economicamente.

O alcohol é adictivo para todos e cando se inicia o seu con-sumo antes dos 18 anos, aumenta 5 veces a probabilidade

de que se xenere unha adicción. Os adolescentes corren un perigo maior que os adultos de desenvol-ver enfermidades como a pancrea-tite e algunhas formas de cancro. Os menores que consomen alcohol están máis expostos a iniciar a actividade sexual temperá e incre-mentar a probabilidade de verse afectados pola impotencia e a dis-función eréctil. Ó ser un depresor

do sistema nervioso central, lentifi ca funcións como a per-cepción, o equilibrio, os refl exos, a sensatez e a madurez.

Cando o alcohol chega ó sangue (entre 30 e 90 minutos despois de ser dixerido), prodúcese unha diminución dos azucres presentes na circulación sanguínea, o que provoca unha sensación de debilidade e agotamento físico.

Existen catro fases da intoxicación etílica: a primeira é a fase da euforia e excitación (tasa de alcoholemia: 0,5 g/L), que produce desinhibición e unha conduta impulsiva; a se-gunda é a fase hipnótica ou de confusión (tasa de alcoho-lemia: 2 g/L), que provocan náuseas e vómitos; a terceira fase é anestésica ou de estupor e coma (tasa de alcohole-mia: 3 g/L), que fai que teñas unha linguaxe incoherente e tamén difi culta a túa respiración; e en último lugar está a fase bulbar ou da morte (tasa de alcoholemia: 5 g/L), que é a fase do shock cardiovascular, a parada cardio-respiratoria e a morte. Déronse casos como en Bulgaria, dun condutor que foi detido con 9,3 g/L nunha ruta, ou como o dun estu-dante da Universidade de Santiago de Compostela que foi encontrado inconsciente na porta dun monasterio con 13,2 g/L e a punto de morrer.

En Holanda realizáronse uns estudos que afi rman que se bebes unha copa de viño ó día, podes previr o cáncer de pulmón, e que se bebes cervexa dunha forma non desmen-surada podes previr o alzheimer, reducir o colesterol alto e se es home, axudaríache coa impotencia sexual.

Nós cremos que sempre e cando non consumamos dema-siado alcohol e controlemos o seu consumo, non sería dani-ño, pero si se entraría nun estado de liberdade e euforia.

Anxo Martínez, Fran Gil e Pablo Moure. 4º ESO C

O ALCOHOL E A XUVENTUDE

o carné para asegurar- do sistema nervioso cen

mos que non todos os medios describían a protesta res-pectando o seu verdadeiro signifi cado. Sobre todo, nun primeiro momento, a xente non se sentiu identifi cada co movemento debido ó enfoque que lle deron os medios, tachando ós seus integrantes como un sector minoritario con tendencias políticas determinadas e non refl ectindo con fi delidade o apartidismo e variedade de inquietudes do que se caracteriza esta revolta.

A pesar de que xa non se vexan ós indignados na praza ou pareza que xa se renderon, o movemento segue vivo con asembleas populares nos barrios para facer chegar as

razóns de Democracia Real Xa ó maior número de persoas e para organizar o movemento en si.

Agora cúmprese un ano dende que todo comezou e cre-mos que aínda temos máis motivos que antes para es-tarmos indignados. Por todos iso, queremos espertar o voso interese por saber de que vai o conto. Pode que saír á rúa non prometa arranxar nada, pero dende logo, como non se soluciona o lonxe que estamos dunha democracia real, é quedando na casa...

Andrea Valiño Gómez, Adrián Sánchez Otero. 1º Bach. A

Page 9: Xeada 2012

9

ACTUALIDADE

-QUE É O BULLYNG?

É unha palabra procedente do inglés,que signifi ca intimidación e actualmente está de moda de-bido aos innumerables casos de persecución e de agresión que se están dando nos colexios e maio-ritariamente nos institutos.

O bullyng leva a que moitos es-colares teñan que vivir situa-cións realmente terrorífi cas. Refírese a tódalas formas de actitudes agresivas interaccio-nadas e repetidas,que ocorren sen ningunha motivación clara,adoptadas por un ou máis estudantes contra outro ou outros.A persoa que fai o bullyng faino para impoñer o seu poder sobre o outro e faino a través de insultos, ameazas, empuxóns e agresións, para deste modo ter á persoa que o está sufrindo baixo o seu completo dominio ao longo de meses ou anos.

Normalmente, na maioría dos casos a vítima sofre estas agresións en silencio.Este maltrato faille sentir dor, an-gustia e incluso medo,e en casos extremos incluso pode levar á vítima ao suicidio.

O ACOSO ESCOLAR E O BULLINGQUE É O ACOSO ESCOLAR?

O hostigamento e o maltra-to verbal ou físico entre es-colares é bullyng.É un acoso sistemático,que se produce repetidamente no tempo,por parte dun ou varios acosadores a unha ou varias vítimas.A de-fi nición de Dan Olweus que di: ‘’Un estudante convértese en vítima de acoso escolar cando está exposto de forma continua ao longo do tempo,a accións ne-gativas levadas a cabo por outro

ou outros escolares’’ é a máis aceptada

A OPINIÓN DOS EXPERTOS:

Os expertos sinalan que o bullyng implica tres compo-ñentes clave:

1.-Un desequilibrio de poder entre o acosador e a vítima.Este desequilibrio pode ser real ou só percibilo a vítima.

2.-A agresión lévase a cabo por un acosador ou un grupo que intenta danar á vítima dun modo intencionado.

3.-Existe o comportamento agresivo cara a unha mesma vítima,que se produce de forma continua.

Page 10: Xeada 2012

10

ACTUALIDADE

Nos últimos meses lemos na prensa que na comarca de Compostela nacía un proxecto novidoso: o FAC

(furanchos de arte contemporánea). Este feito levounos a investigar sobre os Furanchos en Galiza.

Un furancho; tamén chamado loureiro, é un local de tem-pada, xeralmente habitado nunha adega particular, onde

se venden os exce-dentes do viño que o propietario elaboraba para o seu consumo particular e acompa-ñado dun “piscolabis” que tivera ocasional-mente (se tiña bateas, mexillóns; se mataba

o porco a proba da matanza; se era mariñeiro sardiñas asadas ou peixe fritido...).

Co paso do tempo, os furanchos foron diversifi cando os produtos que vendían e alí podemos tomar viño, tapas, racións e ata gozar de cantareiras, gaitas e festa rachada. Estes divertidos e familiares lugares tiveron moito éxito, pero non tardaron en ser considerados como prexudiciais para a hostalaría. Achacóuselles de competencia desleal non regulada.

OS FURANCHOS. “A necesidade aviva o inxenio”A partir do ano 2008 e para solucionar este problema fíxose unha normativa auto-nómica que buscaba defi nir as características que deben reunir e as actividades que podían desenvolver:

Defi nían os furanchos como • aquelas adegas que tiñan como actividade principal subministrar o viño excedente do consumo propio e a un determinado prezo. Identifícase ao público mediante unha posta nun lugar • visible. Esta placa pode ir acompañada do tradicional ramo de loureiro.Deberán contar con autorización do Concello para a súa • apertura nun período determinado que dependerá da declaración da Consellaría de Medio Rural. O período de apertura non pode superar os tres meses.Non poden vender viño embotellado, ten que ser de • barril.

As comidas que vendan deben vir de establecementos • autorizados e en ningún caso serán sometidos a elabo-ración ou transformación no propio furancho.

TIPOS DE ACOSO ESCOLAR:

-Físico: Consiste na agresión directa a base de patadas,empuxóns e golpes con obxectos.Tamén pode ser indirecto cando se producen danos materiais nos obxectos persoais da vítima.

-Verbal: É o mais habitual.Só deixa marca na vítima. As palabras teñen moito poder e reducen a autoestima da vítima mediante humillacións, insultos, alcumes, me-nosprezos en público, propagación de rumores falsos, mensaxes telefónicas ofensivas ou chamadas, linguaxe sexual indecente…

-Psicolóxico: Realízase mediante ameazas para provocar medo, para lograr algún obxecto ou cartos,ou simple-mente para obrigar á vítima a facer cousas que non quere nin debe facer.

-Social: Consiste na exclusión ou illamento progresivo da vítima. Na práctica, os acosadores impiden á vítima par-ticipar ignorando a súa presenza e non contando con ela nas actividades normais entre amigos e compañeiros de clase.

BULLYNG NOS COLEXIOS E INSTITUTOS:

En España,estímase que un 1,6 % dos nen@s e mozo@s estudantes sofren por este fenómeno de maneira cons-tante e que un 5,7 % o vive esporadicamente.Os datos varían en función da fonte da que procedan e do enfoque á hora de estudar o fenómeno.

CASOS DE BULLYNG:

(11-12-2004) Tania Hernández intentou suicidarse con Va-lium.

Tania Hernández, unha adolescente de 14 anos,que estu-da no Liceo burgalés de Castela, afi rma atoparse no des-amparo tras ter presentado máis de 20 denuncias contra 19 compañeiros do colexio. Asegura que leva ano e me-dio sufrindo ameazas, roubos e agresións que a levaron a intentar suicidarse. En xaneiro, tomou dez pastillas de Valium 5 e tivo que permanecer quince días ingresada no hospital General Yagüe de Burgos.O psicólogo que a aten-deu recomendoulle o cambio de centro, pero as ameazas continuaron e chegou a romper un brazo nunha pelexa.

O BULLYNG NO ANTONIO FRAGUAS;

No noso centro tamén hai casos de bullyng, ao igual que en tódolos institutos, nalgunhas aulas hai un grupo de amigos que se encarga de amargarlle o curso ao resto,ou polo menos a algúns dos seus compañeiros.

Neste centro hai diferentes grupos,e os mais acosados son os denominados ‘’frikis’’, a este grupo de alumnos/as desaparécenlles as súas pertenzas, ben porque llas rouban ou ben porque llas danan. Algunhas veces hai pelexas á saída,ou durante os recreos.Este curso os pro-fesores aumentaron a vixilancia nas saídas e aínda así, hai veces no que as vixilancias non serven porque acaban pelexando noutros lugares preto do instituto.

Paula Pazos Esperante 4ºESO C

Page 11: Xeada 2012

11

ACTUALIDADE

Os servizos ofertados e os • seus prezos deberán estar expostos nun lugar visible e de modo lexible.

Este intento de regular a actividade dos furanchos foi derrogada no 2010. Coa modifi cación da Lei de Tu-rismo de Galiza na que só se contempla a existencia de tres categorías: restaurantes, bares e cafetarías, de modo que os furanchos que quei-ran seguir coa súa actividade teñen que acollerse a unha destas modalidades.

A palabra furancho aparece recollida no dicionario por pri-meira vez por Eladio Rodríguez, lexicógrafo e escritor en lingua galega e castelá, defi nido como “tenda de viño de pouca importancia”.

Os furanchos atópanse en toda Galiza: en Lugo (Casa do Labrego), en Ourense (Restaurante Bande; considerado así pola súa decoración), en Pontevedra, provincia na que son máis abundantes (Furancho Caye, furancho Meira, fu-rancho Suso, furancho Ameixoada, furancho Vilela, furan-cho Sierre Poniente ) e na Coruña (Mesón Florida, mesón O sexto Pino, mesón O Feal). Cerca de Santiago de Com-postela temos un moi coñecido “Fogar do Santiso” (Teo), este furancho caracterízase pola súa peculiaridade: teas de araña, mesas e bancos de táboas, muíños, lareira...

Como xa nomeamos ao principio tamén hai furanchos culturais. Neles gárdase a música popular e tradicional, á parte doutras clases de arte que poidamos atopar.

Un claro exemplo que pode-mos encontrar na xeografía galega é o caso dun furancho de arte que se atopa aberto na parroquia compostelá de “A Peregrina”. Estes artistas galegos creadores do furan-cho decidiron montalo xa que é unha boa maneira de

autoxestión sen espazos intermediarios, nin comerciais nin institucionais.

É coñecido como FAC (Furancho de Arte Contemporánea), un dos precursores de esta idea dinos que, igual que os furanchos dan saída á produción do viño, con esta idea pretenden dar saída a uns contidos artísticos que se es-tán producindo en Galicia e que corren o risco de quedarse sen exhibir pola falta de lugares para presentalos.

Coa creación destes lugares de exposición das súas obras pretenden dar un toque de atención ás institucións cultu-rais galegas, que non ofrecen aos artistas oportunidades para exhibir ou desenvolver o seu traballo e esta é unha das razóns polas que se puxo en marcha esta iniciativa para poñer ao descuberto como está funcionando o mun-do da arte en Galiza.

Parabéns para estes emprendedores que intentan dar a coñecer, dun xeito orixinal, toda a riqueza cultural e artís-tica que hai na nosa terra con grande enxeño.

Pedro Carreira Vidal, Pablo Pedrouzo Mata e Brais Peiteado Montero. 1º BACH A

A CRISE EN ESPAÑA

As causas da crise económica en España veñen dadas por dous factores. Uns dos factores son

internacionais, outros son internos da economía española. A crise fi nanceira internacional ten a súa orixe en Estados Unidos e prodúcese por catro causas:

- A excesiva desregulación dos mercados de capital.

- O aumento da oferta monetaria por parte do Banco Central.

- A opacidade dos produtos fi nanceiros.

- Executivos irresponsables e axencias de cualifi cación inefi ciente.

Produciuse unha crise inmobiliaria e polo tanto provocou que a xente non puidera pagar as hipotecas. E como se concederan hipotecas a persoas que non eran solventes, levou ao inicio dun proceso polo cal os bancos tiñan hipotecas que sabían que non cobrarían. Estas hipotecas vendéranse con produtos fi nanceiros que sabían que non ían cobrar.

E, por que concedían hipotecas a persoas que non eran solventes? Fixérono por dúas razóns. A primeira é que

pensaban que o prezo dos pisos subiría, e se un día chegaba o momento no que a xente non pagaba, eles quedarían cos pisos e recuperarían a hipoteca. Pero isto non sempre é así, os pisos chegou un momento no que comezaron a baixar. Nese intre as entidades bancarias tiñan pisos na súa carteira cuxo valor era menor có das hipotecas concedidas.

CAUSAS PROPIAS DE ESPAÑA

Ademais da crise fi nanceira internacional, España ten uns problemas intrínsecos ao seu modelo de crecemento. Aumentaron moito os prezos do petróleo e das materias primas nos anos 2007 e 2008. Iso causou algúns primeiros problemas aínda que se solventaron no 2009.

Dependeuse demasiado da construción. A construción en España representaba o dez por cento da ocupación e o dez por cento do PIB. Noutros países do noso entorno só representa o seis por cento. Era un modelo no que a construción tiraba da economía. Tódalas persoas pensaban que a construción seguiría sempre ben. Os prezos subían, a xente compraba un piso, despois vendíao

Page 12: Xeada 2012

12

ACTUALIDADE

Gráfi ca mensual,evolución do desemprego en España

Gráfi ca anual, evolución do desemprego en España

e gañaban máis diñeiro. Pensábase que os prezos nunca deixarían de subir.

O prezo da vivenda subiu e subiu ata que chegou un momento no que a xente non podía pagar tanto. E cando unha parte importante da poboación tivo difi cultades para pagar, a demanda de pisos comezou a caer, coma os prezos. Cando se para este modelo, aumenta moito o paro no sector da construción.

España construía unhas 800.000 vivendas cada ano, cando a demanda real é, probablemente é, de 300.000 ou 400.000. Agora mesmo, hai aproximadamente un millón de pisos baleiros por vender e os prezos aínda están a baixar máis.

O outro factor intimamente español é que a produtividade aumentou nos últimos anos. Isto causa que España sexa menos competitiva a escala internacional. Á hora de exportar, custaba traballo, porque os prezos non eran competitivos.

BAIXA PRODUTIVIDADE

Por que hai baixa produtividade? O problema é que as novas tecnoloxías en España están pouco desenvolvidas. A formación dos traballadores é baixa. Hai pouca inversión de capital por traballador. Todo isto leva a esta baixa produtividade.

Gráfi ca de desemprego por idade en España

Gráfi ca de desempregopor comunidade en España

Se se quere crecer máis, débese formar mellor aos traballadores e dispoñer de máis tecnoloxías.

Goberne quen goberne, España é máis expansiva economicamente ca o resto do mundo nos bos momentos e, pola contra, cando hai unha crise, tamén é máis intensa. Isto non ten que ver coa cor do goberno que estea no poder senón coa estrutura da economía española. España crecía ó 4 por cento cando Europa o facía ó 2 por cento nos mellores anos de expansión económica.

A conclusión que se saca de todo isto é que aínda quedan uns duros anos de caída ata tocar fondo, cando iso ocorra comezarase unha lenta recuperación do país.

Paula Martín de Argenta Hernández.4 ºESO D

Page 13: Xeada 2012

13

ACTUALIDADE

HIKIKOMORI

En Xapón estase creando unha nova especie humana por a competitividade e presión social. Sofren unha

fobia que trata de pánico á comunicación e lévaos a pe-charse no seu cuarto. Trátase de xente que non fala nin sae fóra para ir comer e se refuxian en cómics, libros de lectura, videoxogos...

Unha persoa afectada por isto vive entre as súas catro paredes, non lembran a última vez que falaron cunha per-soa e conviven cunha morea de lixo.

Defínese como HikiKomori a unha persoa que mantén un afastamento continuo e sen manter relación ningunha co exterior. Os expertos cren que son unha afección propia do Xapón contemporáneo xa que o padecen entre 1000 e 2000 persoas en Xapón, e mais de 1000000 en todo o arquipélago.

A xente pensa sobre estes enfermos que se trata de xen-te que non pode saír da súa casa,ni realizar actividades fóra do fogar.A persoa afectada conta que simplemente odiaba comunicarse coa xente.

A opinión xeneralizada é que necesita máis xente para tratalo

Explícase que para mellorar o primeiro é mellorar a comu-nicación: o que se fai é distribuílos en apartamentos com-partidos para que eles realicen os labores que a eles lles

interesan.Se chegan a mellorar entran no traballo laboral grazas ás ONG, xa que a idea é ir mentalizándoos para saír e a última fase é lograr que abran a porta.

A moitos nenos négaselles a súa infancia, quitáselles o seu tempo libre para que vaian a academias e activi-dades extraescolares,para recuperar ou para reforzar as probas que se lles realizan aos rapaces e rapazas can-do rematan cada ciclo o que se lle chama “inferno dos exames “.A ansiedade e a angustia que lles provoca aos estudantes levou a 57.000 mozos a deixar o colexio no ano 2010, e todos eles forman parte do chamado futoko “o que no vai á escola”e ás veces é o primeiro paso para convertérense en Hikikomori.

Outro enfermo cóntanos o seu caso, como se converteu en futoico con 13 anos porque non aguantaba o sistema de estudos e levábao a discutir moito cos seus pais ata que o deixaron. Máis tarde pasaba o tempo lendo libros e xornais e cando tiña 18 anos foi a unha academia para despois presentarse ó exame para entrar na universida-de onde acabou a carreira de profesor de historia.

Estes son dous casos de persoas que lograron recuperar-se, rematar coa súa fobia e gañar a súa loita.

María del Carmen Antúnez, Belén Balboa,Cristina García. 4º ESO C

E AGORA QUE?

Moitos dos que rematamos este ano o bacharelato levamos no instituto xa dende hai seis anos,

outros máis e outros menos, pero se algo temos en común é que todos temos bos recordos do noso paso polo instituto e, tamén non tan bos, aínda que por sorte estes son moitos menos.

Pero agora, despois de todo o tempo que pasamos aquí xorde a dúbida “e agora, que?”, “que queremos facer?” A oferta é ampla e cada un debería escoller o que máis lle guste sen deixarse presionar polos demais posto que o que escollamos agora é ao que, con sorte, nos dedicaremos no futuro.

Así pois é algo que hai que meditar moi ben, considerar tódalas posibilidades e pensar que se nos dá mellor, que nos gusta máis ou que nos resulta máis sinxelo, pero tampouco deixar de facer algo que nos guste porque nos pareza difícil, quen sabe, ao mellor dentro duns anos dominámolo á perfección, todo é cuestión de poñerse!

A verdade, é que despois dun curso cheíño de exames, o que menos apetece agora é poñerse a pensar o que queremos estudar (ou facer) os próximos anos, e despois de tanto traballar este curso comeza unha nova etapa – iso si, con todo un verán por diante!-, sen esquecernos do tempo e dos bos momentos que pasamos aquí.

Así pois, todos lembramos moitas das veces que nos fi xeron rir tanto compañeiros coma mestres, así como tódalas experiencias aquí vividas que levaremos sempre con nós.

Como se adoita dicir “todo o bo remata” e non hai que quedar ancorados no pasado senón mirar cara adiante, a un futuro incerto e cheo de esperanzas, de motivacións e de soños por cumprir. Así que xa sabedes, non vos preocupedes, a elección do que facer é vosa, iso si, antes de nada… A GOZAR DO VERÁN E A RECARGAR AS PILAS!

Sara San Luís Rodríguez.2º BACH A.

Page 14: Xeada 2012

14

ACTUALIDADE

BERLÍN

No momento mesmo en que saímos do aeroporto as cousas xa eran distintas, xente loura por todas

partes, moito frío e non entendiamos nada do que a xen-te dicía, estabamos en Berlín e ía ser incrible.

O primeiro que fi xemos foi, despois de moito pregun-tar, coller un tren que nos levou a Alexanderplatz, onde se atopaba o albergue no que durmiriamos. Chamábase Pangea People, e aínda que non parecía gran cousa, re-sultou ser enorme e moi acolledor. O tempo que pasaría no edifi cio descubriría o agradables, amigables e escan-dalosos que poden chegar a ser os mozos alemáns.

Primeiro día.

Comezamos o día indo á porta de Brandenburgo, o pri-meiro que apreciei foi a inmensidade do monumento, a súa imaxe ocupa toda a praza e pódese ver dende moi lonxe, coroada pola cuádriga da deusa da Vitoria.

Dende a porta, empezamos a visita guiada . O primeiro e máis impactante foi o monumento do Holocausto. Con-siste nunha serie de prismas rectangulares que recordan a tumbas, a superfi cie que ocupa o monument o é o dun-ha pequena praza, e dende a parte máis externa ao cen-tro das ‘tumbas’ a altura vai aumentando, dende o mes-mo nivel do chan ata 4’5 metros. Isto pode ter infi nitas interpretacións, pero a máis recoñecida é que as ‘tumbas’ representan os prexuízos, que foron aumentando a medi-da que Hitler e o nazismo avanzaban estes aumentaron, e que agora baixan e volven á normalidade. Continuamos a visita, chegamos ao lugar onde se atopaba o bunker de Hitler, pero que non hai nada que o indique para evitar pe-regrinacións ou similares. Rematamos a visita no Chec-kpoint Charlie, un punto do muro onde se recordan aos derradeiros soldados americano e soviético que estiveron no muro antes de tiralo.

Pola tarde fomos a illa dos museos, unicamente dicir que son incribles, dende a porta de Ishtar ata o altar de Pérga-mo. O que sentín foi que me abranguía unha emoción ao ver todo o que había, e aínda que estivemos toda a tarde, sei que nos quedaron moitas cousas por ver.

Segundo día.

O segundo día centrámonos no campo de concentración de Sachsenhausen. Se me preguntan como describiría todo o que vin, non sabería dicilo con palabras, xa que sentín moitas cousas, dende emoción por atoparnos nun lugar como ese ata respecto por todo o que sucedeu nel. Empezamos cunha explicación sobre o campo, e despois xa libres para velo todo.

Había cousas reformadas, coma un pavillón onde durmían e eran sometidos a diferentes torturas os concentrados. Ao entrar e ver onde se vían obrigados a durmir, case se podía palpar a angustia que debían de sentir, moitísimas literas nun espazo que quedaba pequeno, e a gran canti-dade de xente que debían meter. Por todo o campo ha-bía grandes rectángulos no chan que representaban os

diferentes pavillóns, cada un co seu número. Tamén ha-bía unha grande estatua da liberación do campo, levada a cabo polos soviéticos, e nela aparece un soldado cubrindo coa súa capa a dous presos.

Aínda que non completamente intactos, os fornos e as cámaras de gas onde se desfacían dos corpos estaban bastante conservados, xunto a estes, unha estatua e unha placa conmemorativa en honor aos asasinados.

Para rematar vimos un documental que se podía poñer en castelán, ou polo menos intentámolo, xa que estabamos todos tan cansos que quedamos durmidos. Polo que vin, contaba a historia dende que Hitler ascende ao poder ata non sei porque xa quedara durmido.

Terceiro día.

Neste derradeiro día en Berlín antes de que nos obriguen a marchar fomos ver pola mañá o museo de Holocausto e o Bundestag, que é o parlamento alemán, pola tarde.

No museo non nos fi xeron unha guía moi extensa, pero o que nos dixeron considereino moi importante e intere-sante; a maneira en que Hitler ascendera ao poder demo-cratica- mente, que é o importante, como conseguiu facer todo o que fi xo sen que ninguén se interpuxera ou o gran programa de publicidade, que fi xo pensar á xente tal e como quería Hitler.

O Bundestag, ese si que é un parlamento, despois da guerra tivo que ser reconstruído, e agora é un edifi cio por e para o pobo alemán. Explicáronnos que todo está orientado cara a xente; como a gran cúpula, símbolo do Bundestag, que serve para que a xente vexa aos seus re-presentantes e estes vexan aos que representan. Sentín unha grande emoción en canto nos achegabamos a el, un edifi cio novo pero con partes antigas, como representan-do que non esquecen o pasado, que avanzan recordando o ocorrido. Pouco máis que dicir, unicamente que dende a parte máis alta da cúpula, pódese ver todo Berlín, e que as vistas son extraordinarias, apreciando o tamaño de ci-dade.

Cuarto día.

Temos que marchar, collemos o avión que nos levará a Madrid e de alí a Santiago. Persoalmente quedo con ga-ñas de volver, quedáronnos moitas cousas por ver que sei que serán tan boas como as que vimos nestes tres días, que aproveitamos ao máximo, pero que souberon a pouco.

Saco coma conclusión que Alemaña é distinto a Espa-ña, pero non como pode ser un país doutro, senón que a concienciación que teñen alí é algo impresionante e a respectar, non só non esquecen o que pasou na Segunda Guerra Mundial, senón que fan todo o posible para que a xente o recorde. Nas súas escolas por exemplo fálanlles aos nenos e nenas do que aconteceu, edúcanos para que sexan conscientes e desta forma poñer todo da súa parte para que non se repita.

Jacobo Suárez Larrañaga.1º Bach A

Page 15: Xeada 2012

15

ACTUALIDADE

ESTE ANO DE SANTIAGO A BUDAPEST

Queridos lectores de XEADA, este ano os rapaces de 1º e 2º de Artes, fi xeron outro gran espectáculo no

que á parte de ter caras novas, tamén era moi diferente ao do ano pasado.

O día 23 de febreiro ás 21:00 da noite a porta do bar Ultra-marinos estaba chea, non había por onde moverse para poder coller un bo sitio, xa que o local évos un pouco pe-queneiro. Cando xa estaba todo o mundo dentro Laura, Fausto, Alfonso e Santiago comezaron a tocar unha can-ción para amenizar a espera.

A primeira en saír foi Helena Salgueiro, que con moito en-tusiasmo presentounos polo miúdo todo que ía aconte-cer aquela noite. Despois do seu breve, pero interesante monólogo, deu paso á primeira actuación da noite. Esta foi moi acertada para comezar a noite, xa que o trío com-posto por Iago, Ana e Juanma fi xo que a velada comezase cun nivel moi alto, estes tres alumnos de 1º teñen unhas fermosas voces coas que cantaron “O mundo”, e deixáron-nos a todos coa boca aberta. Nada máis rematar a canción apareceron uns cantos rapaces que se facían pasar por romaneses e ían rumbo a Santiago porque atoparan polo camiño un libro chamado “O códice calixtino” e íano de-volver ao seu lugar, non sen antes tocar e cantar a mítica canción “A Santiago vou”.

Despois desta actuación, apareceu de novo Helena no es-cenario, contándonos a historia dunhas sevillanas que se perderan de camiño ao Rocío e apareceran no Monte do Gozo en Santiago. Estas tres rapazas interpretadas por Nataly, Raquel e Anai, cantaron unha sevillana que lles quedou moi ben, xa que é moi difícil, para o meu gusto. Máis tarde apareceu Yasmín, presentando a Cristina, que coa axuda de dúas bailarinas, Andrea e Sheila, interpre-tou a canción “Rolling in the deep”, que deixou a todo a mundo alucinado, xa que esta rapaza ten unha voz im-presionante.

Pero a noite non acaba aí, aínda quedaban unha chea de actuacións; a seguinte en actuar sería Ana e Juanma, cun-ha bonita canción chamada “Por ti”, despois deste fermo-so dúo as cousas cambiaron totalmente xa que Pedro un

rapaz de 1º empezaría a facer malabares con pelotas e deixando a todo o mundo abraiado.

Regresarían as cancións das mans de Sara Abella, que cantou “Danny boy”, sendo a canción máis emotiva da noite. De seguido, unha rapaza de 1º deleitounos cun pre-cioso ballet e démonos de conta que aquilo era un verda-deiro musical.

Unha das últimas actuacións foi a de Carlos e Pilar, os cales imitando o acento inglés, cantaron unhas cantas cancións dos Beatles, como por exemplo “Help”e “Let it be” .

Xa cando a xente pensaba que as actuacións non podían ir a mellor, aparecen no escenario os romaneses, con dúas novas acompañantes, Sara Coto e Alba, as dúas de 2º, tocando coas súas pandeiretas “Vivir en Santiago”.

E xa cando a xente pesaba que rematara a noite, apare-ceron Manuel mais Moisés no escenario para facer algúns chistes e dicir que rematara a noite. Aproveitaron tamén para darlles as grazas aos profesores de música que fi xe-ran posibles o evento, Manuel Maseda e Pablo.

Foi unha noite marabillosa e para o ano que vén, de San-tiago a...?

Noelia Duro. 2º Bach A

f

AS FARANGULLASPANADERÍA

BOLLERÍA

Rúa Dublín, 2 - bajo15703 Santiago

teléfono (981) 58 48 63

Page 16: Xeada 2012

16

CULTURA E SOCIEDADE

ENTREVISTA A DA ANA CARRAGAL GARCÍA, COORDINADORA DE DEPORTES DE TVG

Decidimos entrevistar a Dª Ana Carragal García, coor-dinadora de deportes da TVG, para que nos infor-

mara do seu traballo e das súas responsabilidades dentro del, así como coñecer a súa opinión sobre algúns aspectos como a Lingua Galega nos medios de comunicación.

1. Qué estudos realizou e por que os elixiu? Cambiaría a súa elección de estudos se puidese volver atrás no tempo?

Estudei “Ciencias da Información-Rama Periodismo” na Universidade Complutense de Madrid. Son da promoción 83-88. A carreira constaba de cinco cursos. Elixín Xorna-lismo porque é unha profesión que tratei de preto, que a coñecín da man do meu avó materno, desde nena.

Non, non cambiaría a miña elección de estudos. En canto souben que tiña a Selectividade aprobada fun comprar un billete de tren a Madrid. Xa tiña a solicitude de reserva de praza feita e só me faltaba ser alumna ofi cial da Fa-cultade na que estudei. O mundo do xornalismo sempre me atraeu. Pero se non saía a primeira opción, tamén me presentei e aprobei os exames de acceso para Maxisterio en Pontevedra e para Empresariais en Vigo.

2. ¿Tivo vostede algún posto representativo durante o seu tempo de estudante? (por exemplo, delegado de curso).

Si. Fun delegada dalgunhas materias en varios cursos. Delegada de cuarto curso de carreira e voceira dalgúns seminarios, algúns deles organizados fóra da Facultade.

3. No seu cargo como Coordinadora de Deportes da TVG, cales son as súas responsabilidades dentro deste traba-llo?

Moitas, e como di o “título” do cargo, coordinar persoal, asignarlles traballos, horarios, vacacións. Coordinar conti-dos nos distintos espazos deportivos dentro dos informa-tivos na TVG e na segunda canle tvG2. Tamén contribuír a un proxecto de orzamentos e programación. Reunións co equipo directivo de TVG e CRTVG, realizar informes do funcionamento do departamento, comparecencias ante o Consello de Administración e, entre outras cousas, asistencia en Madrid ás reunións dos responsables de Deportes de FORTA (Federación de Organismos de Radio Televisión Autonómicos).

4. ¿Custoulle moito adaptarse ao seu traballo?

Non. Cando me ofreceron o posto de Coordinadora de De-portes de TVG xa levaba 22 anos e medio na redacción de Deportes de TVG na que realicei diferentes traballos e responsabilidades.

5. ¿Cales son os maiores desafíos aos que se debe enfron-tar na súa profesión?

Boa pregunta. Conseguir que o persoal de Deportes se sinta satisfeito traballando e que sexa un equipo, un bo colectivo. Tamén achegarnos á maior parte de disciplinas

deportivas posibles de Galicia e fóra de Galicia, de elite e non de elite. E sempre que os medios económicos, de persoal e técnicos nos deixen, ofrecerllas á audiencia ga-lega.

6. ¿Podería describir un día típico no seu traballo?

Ante todo son xornalista, e un xornalista non ten hora-rios. Vivo na Coruña, e chego a San Marcos en Santiago, onde está o centro de traballo da CRTVG, sobre as 8.30 da mañá. Xa traio sabida a actualidade do día e o que pasou na tarde-noite do día anterior. Atendo ás necesidades dos editores, de persoal e de contidos dos diferentes ho-rarios e nos diferentes informativos, Bos Días, Telexornal Mediodía, Telexornal Serán, Telexornais Fin de Semana e tvG2. Coa axuda da Secretaria do departamento atendo chamadas, peticións de clubs, consultas de contratos e todo o que vaia xurdindo. Leo os xornais, e as axencias de noticias, sobre todo os xornais dixitais porque se reno-van de xeito continuado e poden ofrecer novas de última hora, contesto mails e fago chamadas importantes para o servizo de Deportes. Logo de xantar sobre as 15.30, unha vez que vexo o Telexornal Mediodía, espero ao editor da quenda da tarde-noite por se hai algunha necesidade que atender. Preparo contidos para a fi n de semana ou recollo previsións de acontecementos que temos que cubrir para os editores. Voume ás cinco da tarde do centro de traballo e chego á casa sobre as 18.30, pero como responsable dun departamento, estou conectada para calquera necesida-de, consulta ou urxencia as 24 horas.

7. ¿Pensa vostede que un home se toparía coas mesmas difi cultades que vostede no desempeño do mesmo cargo?

Non lles chamaría “difi cultades”. Se coñeces o departa-mento, sexas home ou muller, temos as mesmas misións. O traballo é o mesmo cos seus obstáculos, os momentos bos e malos, as satisfaccións. Vai logo con cada un e o seu carácter o xeito de levalo e de aprender de éxitos e de erros.

8. Foi duro o camiño que tivo que tomar para poder chegar ao cargo que ocupa?

Si, moi duro. Despois de 22 anos e medio na TVG e, en concreto, de ter a sorte de pertencer á redacción de De-portes, cheguei aquí.

9. ¿Cómo ve o futuro do galego nos medios de comunica-ción, neste caso na televisión?

Temos a sorte e o privilexio de ter unha lingua propia, e é imprescindible para ofrecer un servizo público, que teña-mos uns medios galegos que a defendan, que a utilicen, que ensinen con ela, que a promovan, por prensa, radio, por televisión, Internet e mesmo telefonía móbil. Ade-mais, como refl icte a Lei da Xunta de Medios Públicos, un dos principios da actividade de comunicación audiovisual

Page 17: Xeada 2012

17

CULTURA E SOCIEDADE

da Corporación RTVG é “a promoción e difusión da cultu-ra e lingua galegas, así como a defensa da identidade de Galicia.“

10. ¿Qué aspectos considera vostede que son máis impor-tantes no seu traballo? ¿A que lle presta máis atención?

Como escribín anteriormente, que o persoal se sinta sa-tisfeito e orgulloso do seu traballo, e sobre todo, ofrecer

a información máis precisa e de aceptación da audiencia galega, facendo fi ncapé nos equipos e deportistas gale-gos sempre que se poida xa que somos referencia para os seus seguidores e nunha canle estatal non van ter a información tan detallada.

Clara Maneiro,Ana López e Lucía Núñez.4º ESO D

É evidente que hoxe en día existe certa discriminación cara a muller, e aínda que loitamos para que des-

apareza por completo, segue presente. Vese en planos como o doméstico, onde están a ocorrer delitos de vio-lencia de xénero, e tamén no mundo laboral, onde segue a haber diferenzas á hora de cobrar a paga mensual e no trato recibido por parte dos seus superiores en diferentes aspectos. Asemade, percíbese certo grao de discrimina-ción á hora de acceder a postos de traballo que requiren unha maior responsabilidade.

Afortunadamente, nótanse os avances dos que falamos anteriormente, xa que nós non percibimos esta exclusión cara a muller no instituto. E dicimos afortunadamente porque é un lugar onde debe haber un clima de respecto, para a correcta formación dos alumnos e alumnas.

Pero agora vaiamos co tema que nos ocupa: que é o sexis-mo lingüístico? Pois basicamente consiste en discriminar á hora de falar ou escribir a algunha persoa (tradicional-mente á muller) por ser dun determinado sexo.

Diferenciamos dous tipos: o sexismo léxico e o sexismo sintáctico. O primeiro consiste no esquecemento da mu-ller, usando palabras que dan preferencia ó xénero mascu-lino. Isto é frecuente cando ao referirnos a un traballo ou profesión o facemos habitualmente en masculino, como por exemplo médico, referíndonos a unha muller. Tamén o podemos atopar no ámbito dos refráns: hai moitos de-les que se burlan da muller, como é o caso de “A muller e a galiña, tórcelle o pescozo, verás como queda mansiña”.

En canto ao segundo tipo débese destacar que é máis signifi cativo debido a que se refi re á forma de construír a frase. Polo tanto, aínda que sen intención de facelo, amó-sase unha mentalidade máis machista. Dentro deste tipo de sexismo existen outros tres: estereotipos sexistas (por exemplo : o novo alumno era unha rapaza moi atractiva; de ser un home non se tería engadido a derradeira parte), androcentrismos (xente que só procura o seu pan, a súa femia, a súa festa en paz) e, por último, os chamados sal-tos semánticos (os franceses prefi ren os creps ás fi lloas. Tamén prefi ren as mulleres altas ás baixas.

A pregunta que todos se estarán a formular é: como se

pode evitar este fenómeno lingüístico? Pois ben, hai di-ferentes solucións. Unha delas consiste no uso de pala-bras que se refi ren a colectivos e inclúen ambos xéneros, é dicir, no canto de dicir Os veciños, usar O vecindario. Así, cunha soa palabra, e sen ter que usar Os veciños e as ve-ciñas, inclúense ámbolos dous xéneros. Outro matiz que se debe aplicar para diminuír a posible controversia é o feito de usar o nome feminino que designa a unha persoa concreta que ocupa un cargo.

Polo tanto, deberase usar inspectora en vez de inspector, entre outros. E no caso de que sexan titulacións excluín-tes farase uso de termos xenéricos: O persoal médico de Urxencias no canto de Os médicos e as enfermeiras de Urxencias.

Ademais, no caso de que un texto vaia dirixido a un grupo de persoas, poderanse usar as formas de ambos xéneros (Querido amigo, querida amiga...) e logo xa non será pre-ciso empregalas.

Tamén se intentará evitar a subordinación da muller en casos como: señora de... (apelido do marido) ou D. Xoán García e a súa esposa Dª María Rodríguez.

E para o remate, cabe destacar que non está permitido o uso da arroba (@) como propoñen certas institucións para incluír a ambos xéneros. Isto débese a que non é un signo lingüístico, co cal non se poderá ler.

En conclusión, o chamado sexismo lingüístico é algo que leva presente moito tempo na nosa sociedade, a lingua sempre vai ao compás da historia polo que era de esperar que a nosa lingua fose un pouco machista, o máis sor-prendente é que nos tempos nos que estamos non se propoñan solucións para facer un bo uso da linguaxe, na que non se oculte a importancia da muller, xa que temos que ter ás mulleres en conta en todos os aspectos da vida, e polo tanto, tamén na lingua. Con isto non se pretende culpar aos que empregan en abundancia o xenérico mas-culino sen mala intención, senón que se intenta chegar a unha igualdade total entre homes e mulleres, non só na lingua, tamén en todos os aspectos da vida.

Martín Barcala e Martín Pérez.4º ESO C

DISCRIMINACIÓN NA LINGUA E NA SOCIEDADE

Page 18: Xeada 2012

18

CULTURA E SOCIEDADE

ENTREVISTA A ABRAHAM CARREIRO

Despois de lermos o li-bro Xoeliqui, as aven-

turas dun ciberpirata, visi-tounos no noso centro o ilus-trador e esccritor Abraham Carreiro,(Vigo,1981). Cursou catro anos de estudos en Ar-tes Gráfi cas na escola Joso de Barcelona e un ano de espe-cialización en ilustración de libros na escola Massana.

Ademais da colección Contos que len outros nenos do mun-do, ten publicados: A fortuna de Bartolomeu; Xanardán e a becha;O corvo do chapapote;Os pequenos Barbanzóns...

Xoeliqui, as aventuras dun ciberpirata está publicado por Sotelo Blanco e conta as aventuras dun neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto e que é moi afeccionado aos videoxogos, mantendo unha relación de amizade virtual e véndose envolto nun confl ito que nin de lonxe podería soñar.

Ao rematar de falar do libro accedeu, moi amablemen-te a contestarnos a unha serie de preguntas sobre a súa obra:

Que personaxe che deu máis traballo crear?Pois... Xoeliki, porque o protagonista principal quería que saíra ben; hai outros que son máis secundarios e... se non os tes tan ao teu gusto é igual, pero Xoeliki si quería que me saíra como eu quería, de verdade, e entón foi o que máis me custou.

Cando empezaches a escribir este libro, “Xoeliki. As aven-turas dun ciberpirata”, xa tiñas pensado o fi nal ou decidí-chelo a medida que o ías escribindo?A idea principal xurdiu máis ou menos en xaneiro de 2011 e despois comenteille a Maties a idea, e fomos traba-llando entre os dous, a idea xeral do libro; sabiamos cara onde queriamos ir pero non tiñamos tampouco decidido exactamente o fi nal, foi a medida que ía avanzando a historia; que non é un fi nal rematado porque, hai unha continuación, vai continuar nunha segunda parte onde se van revelar as cousas que quedaron no aire na primeira historia.

Identifícaste con algún personaxe?Seguramente con Centulo, si, Centulo, que é o que máis me gusta, é medio tolo, non? gústalle, vive moito inten-samente o traballo, gústame a súa personalidade.

Desde cando es ilustrador?Pois, ... ando niso desde que era neno de todo e..., traba-llando de debuxante e editando libros e despois, desde os vinte e tres anos máis ou menos, debo levar sete anos.

Por que decidiches que o libro tratara sobre a informática cando hai moitos outros te-mas onde escoller?

Porque é un tema que me gustaba, levaba tempo na cabeza coa idea de facer unha historia de piratas e, cos pro-blemas que había no Índico, que apreixaban barcos,eu tiña iso na cabeza, pero ta-mén me gustaba o tema da ciberpiratería e todos os pro-blemas que hai de descargas de música e tal... Gústame moito ese tema e ao fi nal ti-

rei por aí porque co dos piratas do Índico gustábame facer algo máis para adultos, algo máis social en principio, cla-ro, e este pois, foi tirar por aí, porque me atraía todo este mundo da Internet, todo o que se pode conseguir a través de Internet, todos os movementos que hai.

Que é o que máis traballo che dá á hora de poñerte a de-buxar ou a ilustrar o que máis che gusta?

O que máis? Non hai algo que sexa o que máis, ás veces fas un debuxo que é dunha forma fácil e despois dese de-buxo empezan a saír outros debuxos e a historia, incluso; outras veces tes os personaxes na cabeza e cando vas debuxalos non saen. O que tés na cabeza é o que sae no papel, depende un pouco...

Canto tempo pasou desde que empezaches a traballar neste libro ata que apareceu á venda nas librarías?

Pois desde a primeira idea, que foi en xaneiro, ata que saíu nas librarías, en setembro me parece..., así que, non sei, uns oito meses, pero de traballar así mais forte, se-rían uns tres meses de traballo.

Este libro vai así por unha afección anterior polas redes sociais?

Si, gustábame moito todo o tema de comunicarme coa webcam, chamábame a atención, máis que usar o face-book, que si que o uso, pero non tanto; sobre todo o tema de poder comunicarme con alguén que está no Brasil ou, eu que sei, en Alemaña; poder verme e falar con el e transportarme, iso foi algo que me gustaba.

Aparte de ilustrador, que outro ofi cio che gustaría desem-peñar?

Pois, se non fora debuxante, seguramente... gustábame moito a Educación Física, seguramente igual tiraría por aí, polo deporte ou a música tamén.

Hai algún ilustrador ao que quixeras parecerte?

Hai moitos que me gustan por aí, e que se me nota no de-buxo que aprendín deles, como pode ser un que me gusta

Page 19: Xeada 2012

19

CULTURA E SOCIEDADE

moito que se chama Crumd, que é dos Estados Unidos, e despois gústame un que é de aquí, e que se chama Max, que é catalán. Son os que máis me gustan, e despois, Tintín, Asterix e Obelix... tamén me gustaban moito de pequeno, son os que máis ...

Se te atopas con algunha situación na rúa que che chama a atención, debúxala?

Si, moitas veces levo unha libreta e un lapis e tomo apun-tamentos se vexo algo que me gusta, un coche ou unha per-soa que leva algo que me cha-ma a atención. Entón si que fago un apunte, tomo nota, e se non levo caderno, que ás ve-ces non levo, pois intento gar-dalo na cabeza e cando chego á casa debuxo, e se non, nun bar nunha servilleta, cun bolígrafo, fago o debuxo para non esque-cerme, ou unha anotación.

Cal foi a participación de Matíes Segura neste libro?

Pois foi..., todas as ideas que iamos falando entre os dous, el foi quen lles daba forma escribindo así os capítulos.

Escribes todos os días ou só cando tes algunha idea?

Case que todos os días teño algunha idea que anoto, pero escribo unha ou dúas frases. Non escribo todos os días un libro ou páxinas, igual escribo unha frase nun papel, que podo levar aí na chaqueta. Iso váleme para, ao mellor, de aquí a un mes que vexo esa frase ou esa idea e empezo a desenvolvela.

É difícil colaborar con outra persoa, como neste libro, ou poñédesvos de acordo?

É máis difícil que traballar un só, pero tamén é máis po-sitivo porque entre dous sempre tés máis cousas.. Pode haber algún momento complicado, porque igual ti tes unha idea de por onde queres que vaia a historia e o outro ten outra idea... Hai que chegar a entenderse, e chegar a un punto de entendemento para que nos guste aos dous; eses son os puntos mais complicados.

Inspirácheste en personaxes fi cticios ou con persoas do teu entorno?

Por exemplo, o carteiro que aparece nunha ilustración é un amigo meu que traballa de carteiro, debuxeino a el, é unha caricatura del, digamos; e con Xoeliki, en nenos que miraba pola rúa, que van co monopatín; e para Barba-branca, pois, no avó de Songoku ou tamén, fi sicamente, en Curros Enríquez, o escritor de Celanova..

Cando debuxabas de pequeno na escola, que é o que máis abundaba nos teus debuxos?

Pois non sei, cando era moi pequeno debuxaba, sobre todo, cousas que vía na tele ou noutros cómics que lía na casa. Máis que nada, era debuxar o que vía. E despois de maior, con catorce anos, facía historietas con temas do cárcere.

Que é mais difícil, ilustrar un cómic ou un libro?Un cómic moito máis. Pensar que, cada páxina do cómic leva como dez ilustracións en pequeniño, que se chaman viñetas, e iso multiplicado por trinta ou sesenta... pode levar un ano ou máis debuxalo.

Este é o primeiro libro que fi xeches con Matíes Segura?Si, traballamos outras veces xuntos, noutros proxectos aparte, pero non eran libros; era unha páxina de cómic ou

cousas para revistas virtuais, un artigo ou unha poesía ilus-trada..., pero libros así coma este non, é o primeiro, si.

No libro de Xoeliki, o neno tiña a cara cunha forma cadrada, ollos grandes, etc. Normalmen-te utilizas os mesmos trazos ou características para debuxar ou varías?

Non, gústame variar, porque ás veces... Cando rematei de facer este libro, estaba canso de facer o mesmo, e necesi-taba facer outro tipo de cousas, máis variables quizais.

Poderías dar unha mensaxe aos nenos para motivalos a debuxar?Si, non sei, principalmente, que fagan o que lles gusta. Se lles gusta debuxar, pois adiante, que igual que hai mé-dicos e hai arquitectos e hai, non sei..., camareiros, pois hai debuxantes; ou sexa, que non é unha cousa de en-tretemento nin de pasar o tempo os domingos, é unha profesión máis. Se lles gusta, que debuxen.

En que proxectos estás a traballar agora?En varios, pero estou cunha historia de varios personaxes que, a través da televisión, pasan ao mundo real e pasan moitas aventuras...

Antes de escribir, xa tiñas decidido que ías dedicarte a esta profesión ou tiñas outras en mente?Si, o que dixen antes, gustábame moito debuxar, de pe-queno. Tiña claro que quería debuxar toda a vida, pero ta-mén me gustaba moito a Educación Física. Entón, cando tiven que escoller, dubidei se facer Educación Física ou estudar debuxo, e, ao fi nal, decidinme polo debuxo.

Anxo Freire Balea, Paula Blanco Vázquez,David Fernández Junquera, Nerea Muíña Suárez

Rosalía Rodríguez Campaña. 1º ESO

Page 20: Xeada 2012

20

CULTURA E SOCIEDADE

Despois da lectura de A lenda de Cuaima e Mohan, os alumnos de 4º ESO A e B decidimos concertar a visita do seu novel autor. Este vigués de nacemento, deunos unha idea máis aproximada do seu perfi l biográfi co logo da súa visita ao centro. Polifacético ou multifacé-tico, como mellor prefi rades, Xan Eguía engaiolounos pola súa espontaneidade e frescura pero tamén polo que nos revelou… sobre os grandes mitos e sobre os perso-naxes dos cómics e do cine actuais… Que as grandes películas, os grandes cineastas e os heroes actuais teñen todos como fonte principal os mitos clásicos!!! É a ac-tualización dos vellos mitos e dos vellos personaxes. É dicir, que na actualidade no cine, no cómic, na televi-sión hai moi pouco de orixinalidade e moito de copia. Queredes saber algo máis do que nos dixo este autor? eredes que descubrilo lendo a entrevista que lle fi xemos; pero antes … van algunhas pinceladas da súa biogra-fía, achegadas por el mesmo no seu blog: “pintor, escritor, grafi tterio ocasional, toco o saxo cando se pode con algunha que outra banda. Traballo no Macuf (Museo de Arte Contemporánea), coordinando programas de arte para discapacidade e enfermidade mental. Ilustrei o poemario “Cambio de estrela”. Fixen maxisterio e agora estudo Filosofía na Uned. Coordino o programa de voluntariado en Etiopía”

XAN EGUÍA

Primeiramente fi xémoslle unhas preguntas relacionadas co seu libro, para deseguido interesarnos por outras face-tas que desenvolve na súa vida:

1. Como nace a necesidade de escribir, de encetar unha nova faceta artística, de entre todas as que xa leva a cabo?

Todo o que sexa arte ou creatividade ten interese para min, a música, a pintura, os grafi ttis ou neste caso a es-critura. Todo ten un momento e a min, agora, apetecíame experimentar coa escritura e de aí saíu A lenda de Cuaima e Mohan.

2. Cando un comeza a ler o libro se cadra espera o típico li-bro de aventuras na selva onde os protagonistas son dous nenos, pero de súpeto encontramos un libro artellado en clave onírica, mitolóxica… Por que esta escolla?

O soño que representa a maior parte da novela foi un soño que eu tiven, aínda que pareza difícil de crer. O soño foi real e sentín a necesidade de plasmalo. A miña moza tamén tivo o mesmo soño.

3. Ten pensado facer máis proxectos literarios para o fu-turo?

Si, dende logo… Estou pensando xa en facer a continua-ción deste, a ver que sae.

4. Os personaxes creados son todo froito da súa imaxina-ción ou son personaxes tomados da realidade?

Como dixen anteriormente o soño que aparece na novela tivémolo eu e a miña moza. Obviamente os protagonis-tas somos eu e a miña moza que representamos forzas totalmente opostas que se precisan mutuamente pero

que non poden convivir. Por iso hoxe somos moi bos ami-gos pero tivemos que seguir camiños separados como parella.

5. Que lle levou a iniciarse nos grafi ttis?

Pintabamos nas cavernas, o que máis me “molaba” era pintar polas paredes, entón decidín coller un spray e gus-toume.

6. Relacionado con isto pareceunos moi interesante o fo-mento dos grafi ttis nas escolas. Quedou satisfeito desta experiencia?

Si, porque é pintar con nenos, e con discapacitados e con enfermos mentais. Era cuestión de ensinarlles a “función pedagóxica”. Teñen que entender que hai sitios onde se pode pintar e sitios onde non. (....) Quería que aprendesen que se piden permiso, se conseguen un sitio para pintar, poden quedar ben, pero que hai que conseguir un sitio. Eu son partidario de pintar pola rúa, polas cidades de feito opino que estas quedarían moito máis bonitas.

7. Sabemos que coordina un programa de voluntariado en Etiopía. Que nos pode comentar sobre isto?

Está a situación complicada ... Sabedes que en África mo-rren de fame. Cando eu cheguei a Etiopía foi traballando con “Acaia”, unha entidade colaboradora. O que fi xen foi ir ás casas de adopción cunha entidade de Madrid. O meu labor era intentar, non só que eses nenos fosen adopta-dos, senón que tamén era importante traballar coas coi-dadoras das casas coas que estaban eses nenos, que eran case todo mulleres. Darlle “información”, formalas. Dar-

Entrevista a Xan Eguía

Page 21: Xeada 2012

21

CULTURA E SOCIEDADE

lles a opción de prepararse, de optar a un título de apren-der idiomas, en defi nitiva que puidesen mellorar no seu.

Logo, si, estivemos no orfanato nacional, e aí xa o esen-cial era intentar levar para alí material, comida, o que fose, como por exemplo colaborar máis cos orfanatos para que nos derivasen nenos, sobre todo, os que estive-sen mal. Agora o que queremos é empezar un programa de discapacidade, porque son os nenos que van ter máis problemas para ser adoptados e pola contra os máis ne-cesitados. Se están en boas condicións e cun bo diagnós-tico saen adiante; entón un neno que ten unha discapaci-dade non moi seria, pois que estea xordo, por exemplo,se cadra ese problema é de fácil solución ou non pero non é unha discapacidade absolutamente limitadora e pode vivir igual. A cuestión é que haxa adopcións especiais.

8. Relacionado con isto último sabemos que traballa en Macuf (Museo de Arte Contemporáneo da Coruña) con nenos discapacitados. Podería falarnos algo desta activi-dade?Se queredes invítovos ao Macuf. O outro día tivemos unha visita dun colexio con rapaces de 5º e 6º de prima-ria, aínda que se pode facer con calquera idade. Consistía en traballar cun grupo de nenos con parálise cerebral que estaban en cadeiras de rodas. Sabedes que a parálise ce-rebral, non implica necesariamente ter unha defi ciencia mental. (...) Eu quería que traballasen xuntos pero reali-zando un vídeo, para que a xente, ou outros nenos, coñe-ceran as súas circunstancias. Vale, é unha escusa artística para que fagan iso. Os rapaces aprendían a levar unha cadeira de rodas, a falar con eles, a entender que a paráli-

se cerebral non é unha enfermidade (é unha circunstancia que non vai cambiar na súa vida) pero así, polo menos, fan algo.

Traballamos con enfermos mentais tamén, posto que se trata dun sector que precisa dun axuste social: es-tán “mal vistos” na sociedade, parece que a xente esca-pa deles. Nós intentamos que fagan cousas, que teñan carácter terapéutico; cousas que sirvan para mellorar a autoestima, para sentirse creativos, para que sintan que fan algo diferente, que van a sitios novos, que coñecen xente nova (...)

9. Pode falarnos do proxecto Arte facto 2011?

Finalmente non se fi xo. Actualmente parece que a xen-te non fai as cousas gratis. Foi moito máis fácil facer un proxecto similar en Ourense que se chamaba “Lar”. Un sitio máis pequeno, onde a xente que traballaba nas asociacións reaccionou moi ben, e en cuestión dun día se mobilizaron como 400 persoas de moitas asociacións. Fixemos de todo na rúa: adopcións de cans, guiñol, re-partimos froita, teatro, música, sacamos material á rúa e fi xemos grafi tti ... Tamén houbo taichí, taichí con espa-das, concertos de hip-hop, etc.

Isto tivo lugar en Ourense, hai uns catro anos. O Arte Facto, no saíu, porque a xente non se apuntaba. (...) Pero como dixen anteriormente estamos nun momento que parece, que a xente, se non é por cartos, non se move.

10. Ademais de todas estas actividades sabemos que vos-tede é afeccionado ao saxo. De onde nace esta afección?

Gústame o jazz , gústame a música en xeral, e un día deixáronme probar un saxo. É un instrumento especial, porque vibra, vibra o corpo, vibra a cabeza e é unha cousa moi fascinante para min. Xa probara outros instrumen-tos antes, pero ese é o que máis me gusta.

11. Como distribúe o tempo para levar a cabo todo o que se propón?

Mal. Como podo. Parte do traballo do museo o fago den-de casa porque consiste en preparar actividades e visitas guiadas. Isto permíteme marcarme eu os horarios. Falo coas asociacións e póñenas segundo nos cadre ben a to-dos e así fago como boamente podo.

12. De todas as facetas que desenvolve, cal ou cales lle sa-tisfacen máis?

Quizais o máis importante sexa o traballo no museo. Can-do fago algo no museo, síntome feliz por trinta persoas á vez, penso que é o que máis me enche. Aínda que non quero renunciar a ningunha, penso que a miña función no museo é moi importante para min.

Alba Guerra Gontán, Sara Rodríguez Espiñeira,Antía López Castro. 4º B

Camila Mailén Bóveda Figueira, Mónica ÓrreaVizcaíno, Ione Morales Rodríguez. 4º A

Page 22: Xeada 2012

22

CULTURA E SOCIEDADE

INTRODUCIÓN

O confl ito social-político que tivo lugar na Francia da fi n do século XVIII, chamada Revolución Francesa,

tivo amplas repercusións no devir da historia universal e foi un dos grandes acontecementos que marcou a Histo-ria Moderna porque cos principios de “igualdade,liberdade e fraternidade” queda instaurado o estado moderno. A partir de aquí vanse recoñecendo os dereitos das per-soas: o sufraxio universal, dereito á educación e ao tra-ballo, á protección dos máis humildes, etc. E tamén os dereitos do estado como a separación de poderes: executivo,lexislativo e xudicial.

Nesta histórica conquista, tamén tiveron a súa participa-ción, aínda que dunha maneira invisible para a historia, as mulleres.

Ó falarmos desta famosa sublevación aludimos á gran variedade de persoeiros, datas, obras e levantamentos, pero sempre dende unha perspectiva certamente misóxi-na. Cómpre resaltar, por tanto, a importancia da actitude da muller no período revolucionario. O papel que exerceu no proceso revolucionario non é o sufi cientemente coñe-cido para a sociedade actual, cando este feito supón un punto de infl exión na mesma historia da muller. Por vez primeira defínense na sociedade, e até chegan a tomar partido, en moitas ocasións, aínda máis que os homes en certas marchas;- un claro exemplo é a expulsión dos reis de Versalles por parte “d´As Furias”.

Neste traballo, pois, imos afondar no plano feminino da revolución, estudando a biografía de varias mulleres que infl uíron manifestamente e a súa participación nos fei-tos revolucionarios, refl exionando sobre os importantes cambios do Antigo Réxime francés até o século XIX, cos seus inicios nas chamadas revoltas do pan.

Situación das mulleres:

Trataremos, en primeiro lugar, a situación das mulleres en vésperas da revolución.

As mulleres do Terceiro Estado nacían case todas sen for-tuna; a súa educación estaba totalmente esquecida ou mesmo era de moi baixa calidade. Consistía en envialas a unha escola cuxo mestre carecía dos coñecementos bási-cos e que só ensinaba materia relixiosa. Unha vez apren-dida esta, ensinábaselles a traballar como autómatas á idade dos quince anos, co que podían gañas tan só cinco soldos ó día.

Se a natureza lle negara a beleza casaban, sen dote nin-gún, con desgraciados artesáns cos que tiñan fi llos que difi cilmente podían criar.Se nacían fermosas, sen cultura, sen principios, sen idea e sen moral, achábanse na tesi-tura de converterse presas de sedutores, para fi nalmente

acabar vítimas da libertinaxe e a vender a súa concien-cia.

As mulleres que, pola contra, desexaban instruírse tiñan que converterse en beatas, ou resignarse ó ofi cio de ser-vir.

Moitas veces, polo feito de naceren mulleres, eran des-deñadas polo seus pais, que se negaban a casalas para concentrar a súa fortuna na persoa do seu fi llo, ao que destinaban a perpetuar o seu nome.

Contra esta situación levaron a cabo as mulleres unha longa e importante loita.

Quedan documentos como “o cadernos de queixas” nos que expoñen as súas reivindicacións e mostran o pensa-mento de moitas mulleres francesas.

Máis directa na demanda de dereitos políticos e da cida-danía feminina é a “Declaración de dereitos da muller e da cidadá” de 1791 redactada por Olympe de Gouges que reivindicaba a igualdade de sexos.

E aínda que a Constitución de 1791 supón un retroceso a estas transformacións, en 1792 o recoñecemento ás fran-cesas a seren admitidas en actos civís e as leis sobre o estado civil e divorcio en pé de igualdade entre esposos considera por primeira vez o matrimonio como un contra-to entre dúas persoas igualmente responsables.

Nesta época proliferaron tamén os “clubs femininos” or-ganizados por mulleres. Os salóns foron lugar de encon-tro onde se expoñían cuestións fi losófi cas ou se discu-tía sobre leis, dereitos e organización do poder. A maior parte estaban rexidos por mulleres e foron decisivos na cultura e na propagación da Revolución. Algúns acada-ron tal sona que traspasaron fronteiras e propagaron as ideas ilustradas. Un dos máis famosos foi o de Madame Geoff rin.

Pese a todo isto no ano 1793 a Constitución establecía o sufraxio universal como exclusivamente masculino e prohibíase á muller actuar no espazo público. A mesma Olympe Gouges foi guillotinada.

Por iso han de continuar unha laboriosa e ardua loita na que destacan , entre outras,

Estas mulleres relevantes para a historia:

Olympia de Gouges:

(Montauban, Francia, 7 de maio de 1748 - París, 3 de novembro de 1793) é o pseudónimo de Marie Gouze, escritora, dramaturga, panfl etista e política francesa, autora da De-claración dos Dereitos da Muller e

A PRESENZA DAS MULLERES NA REVOLUCIÓN FRANCESA

Page 23: Xeada 2012

23

CULTURA E SOCIEDADE

da Cidadá (1791). Reclamou a participación da muller no exército e o igual poder na política e na igrexa, ademais do dito anteriormente; a súas citas máis famosas son “A muller ten o dereito de subir ao cadalso, debe ter tamén o de subir á Tribuna”, “Home, es quen de ser xusto? Unha muller faiche esta pregunta”. Dirixiuse á raíña Maria An-tonieta para que protexera o seu sexo, que sería desgra-ciado.

Escribiu varias obras de teatro, (Zamore et Mirza, ou l’heureux naufrage), enfrontándose coa desaprobación dos actores da Comedia Francesa. Foi detida por defen-der, despois da caída destes, aos xirondinos, e guillotina-da o tres de novembro de 1793. O seu único fi llo renegou dela publicamente despois da súa execución. [doc.]

Théroigne de Méricourt:

Nada Anne Josèphe Terwagne, máis tarde adoptaría o nome de Lambertine. Foi unha política e feminista de orixe valón que tivo importante rol na Revolución francesa. Naceu no principado de Lieja o 13 de agosto do 1762 en Harcourt, nas Ardenas. Incor-pórase á Revolución Francesa e o 14 de xullo de 1789 preséntase na toma da Bastilla, enarborando unha espada, á fronte dun grupo de mulle-res. Crea o Club dos amigos da Lei, que se fusiona co Club dos Cordeliers. Hábil coa pistola e o sabre, a Belle Liégeois (a Bela Liejense), crea un salón, na rúa Boulay, no que co-ñece a Camille Desmoulins, Jerôme Pétion de Villaneuve, Jacques Pierre Brissot, Fabre d’Églantine, Charles-Gilbert Romme, entre outros, e o seu salón convértese nun “club revolucionario”. No 1790, endebedada, acúsana de partici-par nas revoltas de Versalles e regresa ao seu país natal, onde a deteñen por participar nun intento de asasinato da raíña María Antonieta, pero tras xestións dirixidas por ela mesma ante o emperador, é absolta e volta a París 1791. É proclamada a Primeira Amazona da Liberdade, pero co-meza a perder popularidade por non apoiar as matanzas dos xacobinos; en maio de 1793, no xardín das Tullerías, é vareada e despoxada das súas vestiduras por un grupo de airadas mulleres do partido xacobino por sospeita de cómplice dos xirondinos, e azóutana durante horas polas rúas semiespida. Isto precipita e Theróigne á demencia, reclúese na súa casa núa tirándose baldes de auga fría, e é ingresada nun manicomio. Isto sálvaa da guillotina, mais é condenada ao ostracismo. O seu irmán, despois

dun tempo, logra ingresala nun hospital de dementes, onde pasará o tempo até a fi n da súa vida. A súa fi gura inspirou “Les fl eurs du mal” do afamado Charles Baudeleire.[doc.]

Charlotte Corday:

Orixinalmente, Marie Anne Charlotte Corday d’Armont, se-

guidora do club dos xirondinos, famosa por ter asasina-do a Jean-Paul Marat, despois de enviarlle unha carta a este mesmo pedíndolle recibimento na súa casa, que foi rexeitado. Cando a deteñen atopan nas súas roupas unha carta destinada á nación francesa xustifi cando o seu asa-sinato contra un ditador xacobino. É guillotinada o 17 de xullo de 1793.[doc]

Claire Lacombe:

Nacida o 4 de marzo, 1765, en Pa-miers, é unha actriz e activista femi-nista francesa e revolucionaria. Non se sabe as condicións da súa morte, pero sabemos que é despois de 1798. O seu nome artístico foi Rose Lacom-be. En 1792 chega a París sendo xa unha actriz de renome e frecuenta o Club dos Cordeliers, e recibe unha coroa cívica pola parti-cipación do asalto das Tullerías co bando dos federados. O 12 de maio de 1793, os Republicanos Revolucionarios buscaron o dereito de portar armas para loitar en Ven-dée. Claire Lacombe desempeña un papel importante nos acontecementos do 31 de maio e 2 de xuño, participando en discusións e empurrando a insurxencia. Unha cita que a prexudica e que a obriga a ocultarse do goberno é “Os nosos dereitos son os do pobo, e se este nos oprime, nós opoñeremos resistencia”. Despois dalgún tempo agocha-da, pérdese o seu rastro. [doc.]

Teresa Cabarrús:

tamén chamada Madame Tallien (Carabanchel Alto, Madrid, 31 de xullo de 1773 - Chimay, Región Valona, 15 de xaneiro de 1835) foi unha dama española que casou con Jean-Lambert Tallien e foi co-ñecida como a Nosa Señora de Ter-midor, en francés, Notre-Dame de Thermidor. Acusada e detida varias veces por pertencer a movementos revolucionarios diversos e sempre auxiliada debido á sedución de moitos homes como Tallien, conde de Caraman...[doc]

Outras mulleres, menos relevantes pero igual de necesa-rias, son: Josefi na Beauharnais, Lucile Desmoulins, Mada-me de Staël, Madame de la Tour du Pin, Madame Roland, Marianne...

Participación das mulleres nos feitos revolucionarios:

Marcha a Versalles .Asasinato de MaratToma da Bastilla.Asalto ás TulleríasRevoltas do pan lideradas polas peixeiras.

Algúns grupos de mulleres pasaron á historia pola súa crueldade á hora de pedir a morte dos acusados no Tribu-nal Revolucionario de Fouquier-Tinville.

Page 24: Xeada 2012

24

CULTURA E SOCIEDADE

CONCLUSIÓNS

Grazas a este traballo descubrín unha enorme cantidade de información descoñecida sobre a Revolución Francesa, e en resumidas contas das mulleres, moito máis impor-tantes que o outro sexo, pois estiveron presentes nos Sa-lóns, na cultura, nos Cadernos de Queixas, nas rúas e nas barricadas, nas reunións políticas; e que crearon os seus clubs revolucionarios e redactaron uns dereitos como os do home. Que as mulleres foron persoas cultas e loitadoras nunha sociedade contraditoria que defendía moitos derei-tos para uns poucos, e que combateron a inxustiza come-tida polos homes, calquera que foran as súas ideoloxías-

máis ou menos reaccionarias-, sen temor ás represalias.

Fixeron, así pois, unha grande mostra de xenerosidade para co noso sexo, unha valentía da que poucos homes demostraron, de facto.

Ó facer este traballo pretendía esclarecer moitos datos confusos acerca das mulleres na época revolucionaria, e os éxitos que recibiron moitos persoeiros masculinos en usufruto de mulleres afoutas e, porén, aprendín máis do que esperaba.

Helena Salgueiro Golán.1º Bach

Estimado lector/a despois de realizar varias entrevis-tas, cando contaba con 15 anos, comprobei as miñas

sospeitas e ideais sobre os coñecementos da xuventude galega acerca do meu país de orixe, Brasil. Os coñece-mentos, eran case todos iguais ou semellantes tanto dos puntos positivos como negativos:

• Puntos positivos

-fútbol, un deporte que reinventamos e acollemos como se fóra noso.

-As praias, espazos de relaxación.

- O clima,variando duns lugares a outros.

- O Amazonas, unha paisaxe tropical para todo o tipo de plantas, árbores...

• Puntos negativos

-A pobreza,debida a mala xestión do goberno.

- A droga, que tanto esnaquizou.

- A criminalidade, provocada pola pobreza como me-dio de supervivencia.

- A desigualade, moi forte creada pola corrupción e o capitalismo.

Como un bo brasileiro que son, vexo máis puntos positi-vos do meu país, claro!, pero os malos conceptos entris-técenme, e por iso vouvos dar máis exemplos de por que o meu país é mellor: como a gastronomía, moi saboro-sa; a música,rítmica e alegre e unha boa cinematografía, pola súas marabillosas paisaxes, como non.

A gastronomía do 5º país máis grande do mundo (extensión e poboación) é descoñecida, creo eu, e sal-vando a feijoada non creo que se coñezan mais pratos típicos brasileiros. Ben, para

informarvos un pouco sobre ela, primeiro hai que saber que Brasil está dividido en varios estados cos seus distin-tos costumes, por exemplo en Bahía de onde son é moi

común a feijoada e o acarajé .

• Acarajé, máis ou menos é unha masa composta dun tipo especial de frijoles para este prato, des-pois ponse vatapá, e despois elíxese o acompañamento, tomate picado, pe-quenos camaróns e sempre, na miña opinión ten que es-tar acompañado de pementa.

• En Río de Xaneiro, cómese moito o Tu-tu, unha masa de “frijoles” cocido e pos-teriormente machucados.

• En Río Gran-de do sur é o churrasco gaucho que é preparado só a lume e sal groso.

• En zonas do Amazonas é común o pato con tucu-pi, un pato cocido regado con mollo tucupi, que é moi picante.

Os estilos musicais, tamén cambian moito dunha rexión a outra. En Bahía escóitase moito o Axe que é un estilo concibido para o baile por ser moi axitado. En Río de Xa-neiro escóitase alén da samba que todos coñecen a bossa nova que é unha musica moi lenta e relaxante. En São Paulo escóitase moito o Rock Roll.

En Brasil nomeamos os anos de estudo de maneira dis-tinta por exemplo, o primeiro da ESO, alí corresponde a quinta serie, cando se termina o 4 da ESO (igual que alí

BRASIL, UN PAÍS DECOÑECIDOAcarajé

Tu-tu

ChurrascoGaucho

Pato con tucupi

Page 25: Xeada 2012

25

CULTURA E SOCIEDADE

só que nomeado como oitava serie) se aquí continua es-tudando o bacharelato que son de dous anos, xa en Brasil estudase máis tres anos que se chama Ensino superior. A educación en Brasil pode ser pública ou privada e mes-mo militar. Para falarvos desta última, a militar, que son clases superiores, de pago e moi difícil de conseguir en-trar nunha, son clases normais nas que se estuda as pro-pias bases militares, e tense a opción de estudar ou na mariña, aeronáutica ou militar.

Brasil é diferente da maneira en que se divirte a xuven-tude galega, aquí é común o botellón, reunión masiva de mozos de entre 14 e 24 anos fundamentalmente, para consumir a bebida que adquiran previamente en comer-cios, escoitar música e falar. En Brasil preferimos ir ás

praias pola mañá ou pola tarde, bañarnos (porque o clima o permite) e quedamos para coñecer novos sitios, despois reunímonos de maneira informal ceando fóra ou facendo o chamado luau na praia pola noite pasámolo ben facen-do unha festa na que van chegando máis amigos e xente coñecida transformándose nunha grade xuntanza.

Por todo isto anímovos a que coñezades máis Brasil, pro-bando a súa comida, coñecendo a súa cultura e practican-do as súas tradicións, estou seguro de que vos resultará moi divertido xa sexa dende a casa, ou viaxando a Brasil.

João Victor Farias Barbosa. 4DDaria Gaheda Darga. 4A

Este ano, 2012, cúm-prese o centenario

do afundimento do “bu-que insomerxible”. O Ti-tanic partiu na súa viaxe inaugural o 10 de abril de 1912 (de Southampton a New York), pero chocou de costado cun iceberg ás 23:40 (hora do navío) na noite do domingo 14 de abril de 1912, malia os avisos da presenza de xeo procedentes doutros buques coa mesma ruta. Afundiuse 2 horas e 45 minutos máis tarde, ás 2:20 do luns, dando lugar á traxedia do século.

O sinistro saldouse coa morte de 1.517 persoas, e nesa épo-ca converteuse no peor desastre marítimo en tempos de paz.

O Titanic foi construído nos estaleiros de Harland and Wolff , en Belfast (Irlanda do Norte). Partiu cara New York con 2.227 persoas a bordo, e unha das causas do elevado número de vítimas foi que, a pesar de cumprir con todas a normativas marítimas da época, o barco só levaba botes salvavidas para 1.178 persoas, e aínda así só se salvaron 705. Un elevado número de homes morreu debido ao ríxi-do protocolo de salvamento que se seguiu no proceso de evacuación da nave, coñecido como “mulleres e nenos pri-meiro”, e debido ao pouco tempo dispoñible.

A pesar de ser un dos transatlánticos máis modernos e poderosos da época, houbo unha serie de circunstancias e causas que produciron o seu rápido afundimento. Este acontecemento foi, durante moitos anos, inexplicable e deu lugar a unha serie de hipóteses. Primeiro, recalcar que a súa construción non era a apropiada xa que os materiais da cuberta contiñan unha cantidade excesiva de xofre que facía que tivera moita fraxilidade, aínda que o aceiro era si-

milar ao empregado nos buques da época. Segun-do, a embarcación non chocou frontalmente co iceberg, senón que foron unha serie de pequenas gretas descontinuas que ían ao longo dos seis pri-meiros compartimentos, o que ocasionou que se enchera e que se afundi-ra rapidamente. Terceiro, poderían ser as mareas estrañas debido a aliña-ción da Terra coa Lúa, e

os espellismos debidos a cambios de densidade do aire. O inusual aire frío do mar fi xo que a luz se inclinara anormal-mente. William McMaster Murdoch, primeiro ofi cial no Ti-tanic, viu “como unha bruma no horizonte e que o iceberg saíu da néboa”. Cuarto, unha das causas máis notables foi a rapidez a que ía o buque, a 41Km/h.

Con todo isto, tamén hai que resaltar o gran erro humano, principalmente do Capitán Edward John Smith. O Titanic recibiu sete advertencias de forte presenza de xeo, incluí-da unha do Californian menos dunha hora antes da fatal colisión. Na mensaxe dicía: “Estamos detidos e rodeados de xeo”. O Titanic respondeu dicindo “Silencio. Estamos ocupados”.

Arredor do Titanic, sempre xurdiron historias acerca da traxedia desa noite. Algunhas foron símbolo de valentía e heroísmo como a da famosa orquestra. Esa noite xa rema-taran a súa xornada de traballo, mais cando comezou o caos na cuberta, os sete músicos, dirixidos por Wallace Hartley, aposentáronse na entrada dianteira de primeira clase para intentar calmar aos pasaxeiros coas súas melodías. E que interpretaron? Polo que contan as testemuñas, unha se-lección de música popular. Seguiron tocando ata que as augas os tragaron. Contan que a última canción que in-

O TITANIC. UN SOÑO AFOGADO

Page 26: Xeada 2012

26

CULTURA E SOCIEDADE

terpretaron foi ‘Nearer, My God, to Thee’.

Tamén se em-barcaron espa-ñois nesta fatí-dica viaxe. Dos dez españois que embarca-ron no buque,

coñécense sete que sobreviviron a esa tráxica noite. Cada un ten a súa propia historia, por exemplo, contamos coa historia dunha parella e a súa doncela.

Os recén casados Víctor Peñasco e María Josefa Pérez de Soto eran membros de dúas adiñeiradas familias e embar-caron ao Titanic para poñer a guinda á súa fastosa lúa de mel. Viaxaron en primeira clase acompañados da súa don-cela, Fermina Oliva, pero os tres pasaxeiros non correron a mesma sorte. Fermina e Pepita salváronse no bote 8, pero Víctor morreu no naufraxio. O seu corpo non foi en-contrado o que obrigou á familia a comprar un certifi cado de defunción falso para que María Josefa puidera ser con-siderada legalmente viúva. A despedida de Josefa e Víctor foi dramática e dela pasou á historia a frase que un namo-rado Víctor lle dixo á súa muller. Non lle dixo que pronto se verían, nin que estivese tranquila, nin que todo se ía arranxar. Desexoulle sorte, con todo o cariño do mundo: “Pepita, que sexas moi feliz”.

Todo isto, non só pode acontecer no pasado senón que se coñece un caso moi semellante acontecido este mesmo ano, o 13 de Xaneiro, do que si sabemos as causas: a im-prudencia temeraria.

Foi o Costa Concordia, que encallou e abriu no seu casco numerosas vías de auga de grandes dimensións, o que o levou a quedar fortemente escorado en augas superfi -ciais, fronte á illa italiana de Giglio, na costa da Toscana, no mar Mediterráneo, coas graves consecuencias de polo menos 28 mortos, 4 desaparecidos e 4200 evacuados. Isto ocorreu debido a imprudente e perigosa actuación do

seu capitán, Frances-co Schettino, similar á de John Smith, go-bernante do Titanic. Ambos os dous nave-gantes foron decisi-vos na sorte dos seus respectivos buques, actuando dun xeito o máis afastado posi-ble do manual do bo capitán. Tras os seus accidentes, tampouco foi exemplar a súa actuación. O italiano abandonou ás aga-chadas o Concordia, obviando os seus de-beres como capitán. John Smith permaneceu, pero man-tivo una actitude pasiva na evacuación, provocando que a maioría dos botes salvavidas fosen arriados medio balei-ros. Isto supuxo a morte de case 500 pasaxeiros, que se terían salvado se tivesen subido ás barcas. Tamén contan que o capitán do Titanic se ausentou da ponte de mando do buque e quizais tería ordenado a manobra correcta para evitar o choque deste.Despois de cen anos, o “buque insomerxible” serviu de inspiración para imaxinacións, fi ccións e lendas, que xun-to con doses de realidade foron levadas a gran pantalla. A película que nos deixou unha gran pegada foi a dirixida por James Cameron, na que combinou o amor coa verdade. Todos podemos recordar eses momentos nos que o pranto e as bágoas son inevitables.As razóns do afundimento do Titanic aínda non están cla-ras; era impensable que una viaxe que comezou coma un soño, rematara en traxedia e nun terrible pesadelo para milleiros de persoas.

Haidé Álvarez Coiradas, Sara Bouzón Mouzo,Laura Ferreiro Maceira. 1º BACH A

Page 27: Xeada 2012

27

CULTURA E SOCIEDADE

Son unha rapaza de 17 anos, e marcho de viaxe cos meus compañeiros de clase, a nada máis e nada me-

nos que a BUDAPEST! Como quero recordar esta viaxe para sempre, vou facer un pequeno diario destes 7 días, que estou segura serán incríbles.

MÉRCORES 29:

Querido Diario; Hoxe é o primeiro día desta viaxe, porén estou moi nerviosa; saímos do noso instituto ás 7:00 dá mañá e case non durmín nada esa noi-te co conto da emoción, igual que moitos dos meus compañeiros. No autobús todo foi alegría, sorrisos, cantos e algunha que outra peque-na soneca.

Paramos en Urueña, un peque-no pobo de Valladolid para ver os museos de Xoaquín Díaz; nos que puidemos observar instrumentos moi antigos propios da musica folclórica, sobre todo de Castela-León, moitas coplas e cantos de cego, publicacións históricas... No museo contemplamos ao noso vi-cedirector expresando toda a súa arte cando fi xo soar mediante unha manivela unha gran caixa de música. A nosa sor-presa naquela vila chegou cando entramos no museo das campás, e Aurora, unha simpática empregada do museo, nos mostrou o bonito que é ter paixón polo seu traballo. Cando chegou a hora de comer fomos para a praza, onde almorzamos acompañados dun canciño ó que lle chama-mos Paco, quen quería marchar connosco a Hungría.

Chegamos a Madrid a iso das 17:00, todo parecía en regra á hora de facturar as maletas ata que houbo un pequeno contratempo, faltaba un pasaporte sen o cal un menor de idade non podería viaxar, isto púxonos a pel de galiña, pois o medo de quedar en terra era moito, pero por sorte todo se amañou a tempo para collermos o avión rumbo Budapest.

Foron tres horas de voo. Ao chegarmos tiñamos unha guía esperándonos para acompañarnos ao hotel e para darnos algunha información sobre a cidade.

Cansados pola viaxe decidimos irnos pronto para a cama, xa que mañá sería outro día, pero nunha nova cidade.

XOVES 1:

Querido Diario;Ás 10:00 da mañá recolleunos a guía para percorrer a ci-dade en bus. Fomos ata Buda , onde vimos o bastión dos

pescadores mais unha fermosa igrexa situada moi preto de alí, foi o que chamou a nosa atención, pero non a pui-demos visitar xa que estaba en obras.

Estivemos nunha enorme praza chamada “Praza dos He-roes”, onde estaban os oito xefes das primeiras tribos húngaras...

Cruzamos o río por unha das súas tantísimas pontes e puidemos co-ñecer un pouco mais deste fermo-so país.

Pola tarde volvemos ao hotel, xa que pola noite fomos ver unha ópera titulada “Cosi fan tutte” de Mozart. Os sentimentos que alí abordamos foron moitos ao ver ese gran teatro, a orquestra no foso e toda unha magnífi ca posta en escena xunto cos cantantes.

VENRES 2:

Querido Diario;Hoxe foi un dos días máis impor-tantes para min e creo que para todos. Todo foi grazas a un galego, que agora reside en Hungría, quen nos mostrou o canto duns rapaces de 10 anos nunha das súas clases no colexio, un día calquera, porque

mentres que para eles era algo monótono e da súa rutina diaria, para nós foi algo que quedará nas nosas memorias para sempre.

Serxio explicounos como é o método Kódaly, co que eles traballan e estudan, e como a música e o canto están pre-sentes na vida dun raparigo nun colexio. Eran auténticos artistas, con moitísimas ganas de seguir aprendendo. Logo vimos o ensaio do coro da radio de Budapest, ta-mén algo xenial.

Pola tarde-noite desprazámonos ata un local onde a xen-te nova e non tan nova acudía para bailar típicas danzas húngaras, mentres uns músicos tocaban con instrumen-tos tradicionais. O mellor foi as nosas caras ao entrar nunha roda, concentrados en intentar aprender rápido os pasos, á vez que tiñamos na cara un gran sorriso de diversión.

SÁBADO 3:

Querido Diario;Pola mañá visitamos unha casa museo de Lizst, onde es-coitamos un concerto, no cal tocaron un trío de cordas: un violín, unha viola e un violonchelo.

Pola tarde descansamos un pouco e seguimos visitando a cidade para pola noite dar un paseo en barco polo Danu-

DIARIO DUNHA RAPAZA EN BUDAPEST

Page 28: Xeada 2012

28

CULTURA E SOCIEDADE

bio, sendo recibidos con champán. Pasamos por debaixo de catro pontes iluminadas e por diante do enorme Parla-mento, soando música de fondo de Strauss.

Acompañounos a guía que nos seguía a explicar algúns que outros monumentos, pero na viaxe de volta, profe-sores e alumnos apoderáronse do micrófono e sobre o Danubio soaron grandes cancións galegas.

DOMINGO 4:

Querido Diario;Hoxe desprazámonos en metro mais en bus para chegar á vila de San Andrés onde había un museo etnográfi co ao aire libre no cal se intentaba reconstruír os antigos pobos das distintas partes de Hungría. Algunhas casas eran copias e outras eran verdadeiras, pero trasladadas ao museo. Con todo isto tentaban simular momentos es-pecífi cos dende a matanza do porco ate unha voda...

Pola tarde, o grupo dividiuse, uns foron ata a illa de Mar-garita, a cal percorreron en bicicleta e outros tentaron ir

ao museo de Belas Artes, mais estes últi-mos tiveron que conformarse con perder-se no metro co vicedirector ata chegar á rúa chea de tendas.

LUNS 5:

Querido Diario;Hoxe foi un día relaxante, xa que todos xuntos fomos a unhas augas termais, un-

has das máis grandes do mundo, con distintas piscinas a diferentes temperaturas, saunas, solariums... Marcha-mos de alí coma novos.

Pola tarde voltamos ao centro da cidade para ir ao merca-do e ás tendas de agasallos para algún que outro recordo para os familiares e amigos, pero tamén para nós mes-mos e para non esquecer esta viaxe xamais.

MARTES 6:

Querido Diario; Hoxe regresamos a Santiago. Paramos para cear. Notába-se que a xente botaba de menos a comida galega.

Agora xa estou na miña cama, e traio moitos recordos desta gran viaxe, aprendín cousas que de calquera outra maneira non podería aprender e que xamais se me es-quecerán.

Cecilia Castro Aldrey. 2º Bach DNoelia Duro Rial. 2º Bach A

Este ano algúns dos alumnos de cuarto da ESO reali-zamos unha excursión ás Illas Baleares, en concreto,

a Mallorca. A excursión durou cinco días, empezou o mar-tes 17 de abril, e terminou o pasado 22 de abril.

Durante a nosa estadía, acomodámonos nun acolledor hotel da zona do Arenal, coñecida pola opulencia de residentes ou veraneantes “guiris”, xunto con nu-merosas persoas da terceira idade que estaban a gozar das súas vacacións do INSERSO.

Mallorca é unha illa con algo máis de 800 000 habitantes, que recibe máis de 20 millóns de visitantes tódolos anos.

Ten bastantes atractivos turísticos, entre eles cómpre salientar a Serra de Tramontana, onde se atopa o pico máis alto do arquipélago, con 1.445 metros de altitude; as incríbeis covas do Drach con numerosas fi ltracións de auga mariña nas portentosas rochas con abundancia de estalactitas e estalagmitas, mantendo a temperatura constante durante todo o ano. No interior da cova atópase o lago máis grande de Europa no que, para amenizar o percorrido, realízase un espectáculo que combina luces e obras moi coñecidas da música clásica.

Preto da capital collemos un tren centenario de madeira cara Soller, unha emblemática vila da illa, situada no val da Tramontana. Unha viaxe nun transbordador dende o

porto de Soller trasladounos cara a cala da Calo-bra, bordeando os acantilados da Tramonta-

na, onde desembocaba o torrente de Paréis (cómpre recordar que en Mallorca non hai

ríos, senón torrentes). Despois fomos pola estrada que sobe cara o cumio da serra, onde observamos a diferente vexetación da illa.

Unha das visitas obrigadas é á capital da comunidade autónoma: Palma de

Mallorca, onde se atopa a catedral de estilo gótico que ten o maior rosetón de

Europa, con 12 metros de diámetro. Nas pri-meiras horas da mañá, mellor entre as 8 e as 9 h,

a luz do sol proxecta os seus vidros de colores na fachada de poñente, xusto baixo o rosetón menor. Durante uns segundos os 1.236 cristais do rosetón maior depositan a súa luz e a cor sobre o muro oposto ofrecendo un espec-táculo único e efémero aos ollos e aos sentidos humanos. Fronte este inxente edifi cio atopamos a residencia ofi cial dos reis de España na illa. Tamén teñen unha segunda re-sidencia, pero esta é de carácter privada, na que veranea

MALLORCA

de abril.

onos al, s

e

re eles na onde se

porto de Sbra, b

na, (c

r

dM

estilEuropa

i h

Page 29: Xeada 2012

29

CULTURA E SOCIEDADE

a familia real agás a Infanta Cristina e Iñaki Urdangarín a partir de agora, polos motivos que todos coñecedes.

Fixemos unha visita á terceira poboación máis grande da illa, Inca, que destaca na elaboración de peles.

Pero, sen dúbida ningunha o leit motiv da maioría das visitas dos mozos de centro Europa acostuma ser a busca da diversión nocturna: Pacha, Titto´s, BCM, Millenium… todas macrodiscotecas de varios pisos cuxo aforo, nalgúns casos, acadan varios miles de persoas. Esa é a verdadeira esencia de Mallorca, a creación dun ambiente de fes-tividade que en moitos casos fainos deixar aparcada a grave crise que asolaga a penín-sula, todo isto na actividade nocturna.

Na listaxe de actividades económicas encóntrase a gran cantidade de diñeiro que gastan os turistas en tendas, bares, restaurantes e lugares de lecer. Ditos lugares están situados estratexicamente en primeira liña de praia, para atraeren aos estudantes e turistas. A maioría dos depen-dentes destes establecementos son de orixe estranxeira e neles pódese apreciar unha moi coñecida praxe: o regateo.

A illa de Mallorca é un destino turístico atractivo para os viaxeiros durante todo o ano. Aínda así, pódese facer

unha disociación entre dúas épocas: tempada alta, na cal a afl uencia é moito maior e tempada baixa, na que o perfi l do turista pode ser o dunha persoa de avanzada idade ou dun estudante.

Por último gustaríanos recomendar a viaxe a Mallorca polo seu atractivo tanto cultural como social e evidente-mente polo seu gran número de lugares de lecer.

Sergio Cea López, Emanuel Lamas García, Manuel Pardo García, Jorge Pérez Hermilla. 4º ESO

‘Forraje’ é un grupo de rock que xorde na Pobra do Caramiñal

en 1998. Restrinxido nun principio ao ámbito dos garitos e das fes-tas, acada hoxe unha grande im-portancia e éxito a nivel nacional. O grupo, coetáneo e colaborador de grandes bandas como ‘Marea’ ou ‘Despistaos’, ten publicado xa tres discos ben apreciados entre o público máis esixente do noso país.

Hoxe, por cortesía de Antonio Suárez, alias ‘Lulu’, voz e creador das letras deste grupo, coñecemos un pouco máis a súa historia dende os come-zos, así como a vida dun dos considerados “máis mello-res” rockeros da nosa terra.

Boas tardes Lulu! Antes de nada, moitas grazas por con-cedernos esta entrevista a pesar da axenda tan aperta-da que levas! Prometemos que serán preguntas fáciles e pouco comprometidas je,je,je. Como xorde a idea de for-

mar ‘Forraje’? Dende cando existe o grupo? Por que ese nome?

‘Forraje’ formouse en 1998 cando membros de varios grupos nos xuntamos para facer cancións, nun principio sen máis preten-sións que tocar polos garitos da zona. Chamabámonos “Arrebato”, pero fi nalmente por motivos le-gais tivemos que cambiar o nome e ‘Forraje’ gustounos. Foi idea de Kutxi de Marea.

Antes de saber que te dedicarías á música tiñas outros obxectivos ou aspiracións? Tiveches xa algún grupo antes? Algunha vez te dedicaches a cantar en galego?

Toco a guitarra dende os 12 ou 13 anos, mais o meu pri-meiro grupo formeino con 17. A verdade é que o deporte nunca foi o meu. A maioría dos meus amigos soñaban con ser futbolistas…eu sempre quixen dedicarme á mú-sica, quizais porque se me daba algo mellor que o fútbol.

HOXE EN ‘XEADA’ COÑECEMOS A…LULU (@LULUFORRAJE)

Page 30: Xeada 2012

30

CULTURA E SOCIEDADE

Por sorte chegamos “un pouco” máis arriba que a maioría dos que o intentaron co fútbol. Algunha vez fi xen algun-ha cousiña en galego, para o ‘A polo ghit’ da radio galega, pero nada serio.

Cando soubeches que querías dedicarte á música? Recibi-ches algún tipo de formación?

Iso vai sucedendo pouco a pouco, non chega un día que dis: “vou ser músico”. Con 13 anos ía a clases de guitarra e aprendín un pouco de solfa e un pouco de guitarra clá-sica, pero case nada, o resto funo aprendendo tocando con xente que sabía tocar mellor ca min. De todas formas, non son eu o virtuoso do grupo, a miña función como mú-sico é moi básica. Todos son bastantes mellores músicos ca min. O meu é facer cancións, o de arranxalas e ‘’poñe-las bonitas’’ é cousa dos demais.

Compós ti mesmo as letras do grupo? Se é así, en quen ou que te inspiras para facelo?

Si, antes algunhas escribíaas e cantaba Juancho, pero como xa saberedes abandonou o grupo o ano pasado e o próximo disco só serán letras miñas.

Ademais de cantar, tocas algún instrumento? Tes algunha outra paixón ‘inconfesable’?

Toco a guitarra se é que se pode dicir tocar…paixóns pou-cas máis. Estar coa miña parella, irme á praia e ler escol-tando o mar, os bares…

Vímoste no concerto de Marea e Desalojo en Santiago de Compostela cantando con eles, fi xeches algunha outra co-laboración con algún outro grupo?

En directo colaborei con varios. Ademais de Desalojo e Marea subín algunha vez ao escenario con Despistaos, Silencio absoluto, Malsujeto, Konfl ikto…encántame cola-borar. Tamén cantei nos discos de varios grupos: Desalojo, Konfl ikto, Doxa, Aztor Sekundario, unha banda arxentina que se chama Trapacero…ah! É nun DVD que sacou Marea con ‘’Las aceras están llenas de piojos’’.

Mantés boa relación cos outros grupos rockeros galegos ou a nivel nacional?

Lévome moi ben con case todos os grupos cos que com-partín escenario. Galegos a verdade os que máis coñezo son os do Barbanza, xa que con Forraje non adoitamos to-car moito por Galicia, pero ao longo destes anos coñece-

mos a un montón de grupos de toda España e con todos temos moi bo rollo. Ou case todos…

Quen é o teu maior ídolo?

A día de hoxe creo que non admiro tanto a ninguén como para consideralo un ídolo.

Cando e onde ensaiades?

Ensaiamos na Pobra. Ultimamente dous ou tres días por semana.

Para cando un novo disco? Sabes xa onde serán os próxi-mos concertos?

Tan pronto pase o verán, temos pensado entrar a gravar. Cando sairá non o temos tan claro...

O primeiro concerto que temos á vista é o 26 de maio en Manlleu (Barcelona) nun festival que se chama Motor Fest. En Galicia estaremos en xuño no Derrame Rock.

Sabemos que compaxinas a vida persoal coa profesional, é moi difícil? Viaxas moito?

Cando saes tocar chupas tantas horas de furgoneta que se che quitan as ganas de viaxar por pracer, aínda que procuro sempre irme uns días ao terminar o verán coa miña parella a algún lugar de praia. Aínda que só sexan catro ou cinco días para desconectar un pouco.

‘Forraje’ está alcanzando unha importante fama a nivel nacional, como se porta o público fóra de Galicia?

Pois comentábacho antes. Temos máis seguidores por exemplo en Madrid que en Coruña. En Madrid ou…Valen-cia, por exemplo, enchemos salas para 400-500 persoas e a xente canta todas as cancións de principio a fi n. Nun-ha sala de Galicia iso cústanos un pouco máis logralo.

Tocastes algunha vez fóra de España? Gustaríavos?

Nunca o fi xemos, pero gustaríanos ir a Sudamérica. Reci-bimos un montón de mensaxes e correos dende Arxenti-na, Chile, Colombia…pregúntannos cando iremos.

Xa para rematar, que consello lle darías a todo aquel que tivese como soño vivir da súa propia música?

O primeiro que hai que facer é crelo un mesmo. O demais xa chegará. Esta é unha carreira de fondo…

Así remata esta entrevista da que nós, xa dende hai tem-po, tiñamos moitas ganas e que por fi n, este ano, decidi-mos levar a cabo. Esperamos que vos gustase soamente a metade do que nos gustou a nós, e que aprenderades algo máis deste gran rockero da nosa terra.

A onde os levará o futuro, quen o sabe. Polo de agora, limitarémonos a esperalos cos brazos abertos no Derra-me Rock, e a desexarlles que todo lles vaia moi ben e que sigan medrando profesionalmente durante moitos anos máis. Dende aquí, dende o Antonio Fraguas, mandámos-lles a este ‘grupaso’ unha aperta moi forte.

Antía Gándara Cerqueiro 1ºBAC A,Alba García Pose 1º BAC A

Con Kutxi, cantante de Marea, no concerto do pasado 24 de marzo noMultiusosde Sar.

Page 31: Xeada 2012

31

CULTURA E SOCIEDADE

PEQUENA BIOGRAFÍA

Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 na parroquia de

Lérez, en Pontevedra. Alí realizou os seus estudos primarios e de segunda ensinanza.

Paz Andrade trasladouse a Santiago de Compostela, no ano 1917, para es-tudar Dereito, e licenciouse en 1921. Este mesmo ano comezou a exercer defensa en Pontevedra.

Durante os seus anos mozos, foi xor-nalista en varias revistas, e, incluso, chegou a crear o seu propio xornal, Galicia. Diario de Vigo, que pechou defi nitivamente en 1926 (catro anos

despois de abrir).

Foi desterrado dúas veces, unha en 1937, a Verín, e outra en 1938, a Ba-daxoz. Neste ano casou con María Pi-lar Rodríguez Prada, en Ourense, con quen tivo ao seu único fi llo, Alfonso, que naceu en 1940.

Paz Andrade coñeceu a Castelao, que foi o seu antigo mestre e un dos seus mellores amigos. Por iso, en 1950, cando morreu, Valentín sentiuse ins-pirado para escribir unha das súas mellores obras, Pranto Matricial, dedi-cado ao seu gran amigo. E cinco anos máis tarde escríbelle unha biografía, Castelao na luz e na sombra.

Paz Andrade, sentía un gran amor por Galicia, e por iso escribiu varios libros sobre a súa terra, que foron: Galicia

como tarea, La marginación de Galicia e Galicia lavra a súa imagen.

En Poesía, escribiu Pranto Matricial, Sementeira do Vento e Cen chaves de sombra

O noso escritor entrou na Real Aca-demia Galega en febreiro de 1978 e participou en numerosos congresos da FAO.

Tamén cabe de destacar que Paz An-drade desenvolveu unha gran afec-ción polo mundo mariño, e escribiu varios libros relacionados coa pesca, entre outros: Principios de la econo-mía pesquera e Sistema esconómico de la pesca en Galicia. Ademais, foi

vicepresidente de Pescanova.

Ao longo da súa vida recibiu moitos premios: O Pedrón de Ouro, a Cruz de

San Raimundo de Peñafort, a meda-lla de Pontevedra, a medalla Cidade de Pontevedra, a Medalla ao Mérito Social Marítimo, a medalla Castelao da Xunta de Galicia, a primeira Me-dalla de Ouro de Cidade de Vigo e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo.

Finalmente Valentín Paz Andrade morreu o 19 de maio de 1987, e foi so-terrado no panteón familiar do cemi-terio de Lérez, na súa Pontevedra na-tal, envolto na bandeira galega polo seu expreso desexo.

Valentín Paz Andrade tivo unha traxectoria vital de tal fondura que se converteu nun home clave na historia do século XX en Galicia.

Son moitas as facetas da súa rica personalidade que se caracterizou, por encima de todo, polo compromiso co país. A súa concepción de Galicia como tarefa, coa cultura como algo dinámico en permanente constru-ción, loitando dende a economía e a política para saír do atraso secular que arrastramos, ten que servirnos de exemplo nestes tempos tan difíci-les para Galicia.

Juan Pinto Lojo – 2º ESO D

HOMENAXE A VALENTÍN PAZ ANDRADE NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Valentín Paz Andrade foi un xurista e político galeguista, ademais de escritor e xornalista.

PRANTO MATRICIAL.O QUE TODO GALEGO CHORARÍA.

CHORA, TERRA, TEU PRANTOdas augas, e dos eidos, e dos ares, as vivas páreas cósmicas da raza, en mantelo de brétemas envoltas, que noso fi n ao noso orixe ligan.

Deita nas áurias leiras do hourizonte labradas de solpores e de abrentes,

en adoas de luz a debullarse, as sementes feridas da túa door.

Arpa de nobres cordas esquecidas, ceiba teu son no curazón retido,

e fai acordes en total latexo almas, paxaros, ríos e paisaxes.

Chora, Terra, teu pranto xeneroso. O que todo galego choraría,

en roda de multánime silenzo e ollares abatidos

sobor do longo corpo derrubado que fora vivo mastro en loita núa;Perto d-aqueles beizos, seca fonte

da verba nunca d-antes máis belida; do peito petrucial, refrorecido

de mapoulas pampeiras, que envexan a nacencia das chorimas; xunto das postas maos voltas ao xelo,

onde a eito agromaron do seu arte no cerne da galega patronía,

vizosas primaveiras.

Chora, Terra, teu pranto matricial. O que todo galego choraría,

se inda chorar pudera, até cobrir de bágoas o mare.

Caricaturade V. PazAndradefeita porCastelaono ano1924.

Page 32: Xeada 2012

32

CULTURA E SOCIEDADE

A maioría dos adolescentes, e as persoas en xeral, non son sempre como nos mostran, e isto non é

nada novo. Probablemente neste momento se pensará que só somos unhas parvas máis que escriben un artigo para subir nota ou simplemente que somos, en termos coloquiais, “unhas chaponas”.

Todos os que estamos no instituto temos, aproximada-mente, entre once e dezaoito anos, é dicir, todos estamos a pasar por esa etapa da nosa vida chamada adolescen-cia. É precisamente diso do que vos queremos falar. Xa sabemos que o tema a simple vista parece ser aburrido, pero se se segue lendo pódese descubrir que non ten por que ser así, e en todo caso, se non interesa hai máis páxi-nas nesta revista.

ADOLESCENTES, UN MUNDO DE LUCES E SOMBRAS

Imos comezar comentando algunhas cousas sobre os profesores. Sei que se agora vos preguntamos a cada

Santiago de Compos-tela é a cidade onde

nacín,onde me criei e onde vivo. Gardo con ela un estreito sentimento de amizade xa que a quero moito,tanto coma se fora a miña irmá. Pero cando vexo toda a súa beleza, harmonía e vida, penso na cantidade de cartos que se deberon de gastar e mais nos momentos nos que estamos. Cando somos pequenos non pensamos nos cartos, iso si, cando sexamos adultos xa nos tocará. Queremos de todo, queremos ser os mellores, aínda mellores cós nosos irmáns, cos que sempre temos algunha rivalidade, iso é o que lle ocorre a Santiago.

Queremos ser mellores que A Coruña e Vigo, pero eles son moito máis grandes ca nós, e si, se cadra somos máis guapos e grandes, sobre todo de corazón, xa que o portan os composteláns

A miña cidade tamén se asemella a un neno pequeno, no de querer de todo, porque se ó teu veciño lle compran un “aeroporto” ,ti tamén o has querer, aínda que o de San-tiago teña máis uso. Na nosa etapa de pícaros sempre nos din que debemos compartir, e se ti tes un e o de alá outro... non é mellor compartir un grande para os tres que empregar ambos? Os nenos sempre tiñamos xoguetes para os que apenas mirabamos e que tiñamos só para ser o máis falado no recreo da escola e así que todos dixeran: Mira que sorte ten!, Isto pasa por exemplo coa cidade da Cultura, que non neguemos que é moi bonita e especta-cular, pero se non se usa para que se quere?

O que menos me gusta da cidade é a zona vella, e diredes vós, por que?

Pois pódevos sorprender, pero é pola soidade. Soida-de nunha das partes máis visitadas de Santiago? Pois si, a verdade é que moita desa xente que se ve polas rúas da zona vella son turistas que pasan só un ou dous días na cidade por mor de facer o camiño.

Por iso non me gusta, porque ademais aqueles edifi cios que non son importantes, atópanse en peores condicións ao non seren visitados polos turistas. Excluíndo des-ta listaxe de críticas contra a miña cidade á Catedral e outros moitos monumentos que ó ser de visita obrigada si son rehabilitados. Eu dou unha solución: deixar de facer grandes edifi cios, que non deixan de ser “monumentos baleiros”, numerosos nos últimos tempos, xa estamos sufi cientemente mal na actualidade, e así comezar a empregar os que xa temos.

Pero non todo é malo nesta famosa cidade , porque so-mos patrimonio da humanidade, temos un gran legado cultural e unha gran herdanza de edifi cios dos nosos devanceiros. E, como non, cabe destacar de Santiago os composteláns! Ou é que coñeces a algún compostelán pouco hospitalario ou a algún compostelán triste, a pe-sar de vivir na zona máis chuviosa de Galicia? Será por iso, pola nosa alegría e felicidade, polo que nos chaman picheleiros?

Os santiagueses merecemos esta terra e esta terra me-rece unha xente coma nós na que o futuro se atopa nos máis pequenos da casa.

Raúl Míguez Blanco.4ºESO D

COMPOSTELA, A MIÑA CIDADE

Page 33: Xeada 2012

33

CULTURA E SOCIEDADE

un que profesor vos “cae mal” poderiádesme dicir máis dun, pero ese non é o tema, aínda que sabemos que vos gustaría. Os profesores son algo así como unha “especie” estraña, véndoo dende o punto de vista dos adolescen-tes, claro está, isto non é un insulto nin nada polo estilo, porque tampouco é plan de que as nosas palabras sexan malinterpretadas e veñan os profesores a lincharnos.

Como se adoita dicir nas xuntas da comunidade, o seguin-te punto a tratar é nin máis nin menos que os pais. Cada adolescente ten unha forma completamente distinta de relacionarse cos seus pais que pode ser debida ás diferen-tes personalidades. Mentres uns teñen unha relación moi estreita con eles, para outros estes nin sequera existen e si, somos adolescentes, pero hai que ter un pouco de em-patía con eles, xa que aínda que pode soar a tópico, todo o que fan os nosos pais é para o noso benefi cio.

Debido á tipoloxía de cada personalidade destacan dife-rentes agrupacións de alumnos. En todos os institutos podemos encontrar: ao típico punky, á pija de turno, ao chulo praia, ao estudoso, ao protestón, ao rebelde sen causa etc., aínda que nin eles mesmos o recoñezan, todos no fondo, ás veces moi no fondo, sábeno.

Todas as redes sociais, si esas redes que todos vós, e ob-viamente, nós coñecemos (estamos falando do tuenti, twitter, Facebook ou calquera outro tipo de blog), todas elas poden ser moi entretidas e á súa vez ter moitas difi -cultades, o que conleva os seus riscos. Xa sabemos que estades fartos de escoitar falar sempre do mesmo: ‘’As redes sociais son malas, poden ser moi divertidas, pero son arriscadas...’’ e bla bla bla. Todos e cada un de nós sabemos todas esas cousas das que sempre intentan ad-vertirnos os adultos, e inda que parezan un disco raiado, debido a que non paran de repetilo día e noite, o certo é que teñen toda a razón. As redes sociais tamén poden chegar a ser un perigo. A través delas a xente pode con-seguir as nosas fotos, os nosos gustos, o noso enderezo e ate o noso número de teléfono. Recentemente vimos nos informativos as diferentes noticias de desaparicións no mundo. ¿Sabedes que a maioría desas desaparicións son por mor das redes sociais?, se non o sabiades agora xa o sabedes. Si, máis da metade das desaparicións, os acosos, os abusos... son debidos ás redes sociais. Porque aínda que se teña precaución e se poñan os datos coma ‘’privados’’ unha vez que os subimos a internet xa non son só nosos.

As redes sociais, en xeral, tamén poden ser un obstáculo para os adolescentes debido a que estas forzan e axudan ao acoso escolar. Isto pode darse por calquera motivo, xa que parece que os adolescentes excluímos a alguén por calquera razón. Millóns de adolescentes no mundo son acosados ou marxinados pola súa ideoloxía, a súa capa-cidade intelectual, a súa vestimenta, a súa clase social, etc. Se algunha vez marxinaches a alguén, queremos facerche unha pregunta: ¿Desexarías que te marxinen? ¿Que te traten coma se non signifi caras nada ou coma se foras lixo? Non, ¿ non si? Non che gustaría nada. Pois

pensa por un momento na situación á inversa. ¿Como te sentirías?

Moitos adolescentes pensan no suicidio por considerarse excluídos de calquera grupo social, isto é coñecido como "bulling". Ímosvos poñer un exemplo dun caso sobreco-lledor ocorrido hai tan só dous anos en Estados Unidos. Un neno de once anos que comezaba o instituto, estaba ilusionado por non ter que volver a estar con outro rapaz por mor do cal pasou un inferno durante toda a escola pri-maria. O rapaz chegou á clase e viu que aquel neno que o acosaba na escola tamén o faría durante todo o instituto. O rapaz decidiu chamar a súa nai, que estaba no traballo, para que o recollera. A nai despois de deixar ó seu fi llo na casa, marchou de novo ó seu emprego e cando volveu á súa casa, o seu fi llo de tan só once anos suicidárase. Esperamos que despois de que vos contaramos un feito real vos concienciedes un pouco sobre o tema e a próxima vez que a algún de vós, lectores, vos pase pola cabeza desprezar a outro, da forma que sexa, vos paredes a pensar nese neno estadouni-dense e en moitos outros que pasaron polo mesmo.O acoso escolar non é o único obstáculo que se nos pre-senta xa que as nosas inquietudes van máis alá: os nosos pais non nos entenden, por outro lado o instituto, acti-vidades, pasantías, por non falar das relacións sociais e sentimentais...con todo isto “montámonos un cacao mental". A unha gran cantidade de adolescentes preocú-palles moito ter mozo/a, ao igual que os cambios que se producen durante esta etapa, na que incluímos tamén as relacións sexuais ou sentimentais. Desta forma tamén moitos adolescentes temos a estraña manía de seguir as modas. ¿Acaso ides dicir que na vosa clase non hai tres rapazas coa mesma camiseta, ou ó menos cinco Black-berry en cada unha? Non pensedes que vos metemos a todos no mesmo saco, pero puidemos chegar a demos-trar que catro de cada seis adolescentes seguen as mo-das coa mesma vehemencia que teñen outros mozos de coller un cigarro. Partindo do tema anterior, comen-taremos un do que se cre saber moito, pero do que en realidade non se sabe apenas: alcohol, tabaco e drogas.Si, é un tema moi monótono pero á súa vez importan-te xa que maioría dos adolescentes de hoxe proban es-tas substancias aos catorce anos; gran parte deles con-súmenas debido ás modas, problemas persoais ou in-fl uencias alleas. Algúns destes adolescentes vense na rúa con tan só dezaoito anos. Consumir calquera tipo de substancia nociva pode prexudicar xa sexa no pre-sente coma no futuro, sobre todo aos rapaces, xa que están nunha etapa de desenvolvemento e crecemento.En defi nitiva, a etapa da adolescencia é unha etapa de bruscos cambios e rebeldía en tódolos ámbitos, non é tan perfecta como os adultos din. Os adolescentes intentan encontrarse a si mesmos a través de innovadoras viven-cias e experimentando novas e importantes sensacións. É una época de aprendizaxe, de errores e caídas, pola que, ao fi n e ao cabo pasou todo o mundo.

Camila Bóveda, Mónica Órrea,Ione Morales. 4º ESO A

Page 34: Xeada 2012

34

CULTURA E SOCIEDADE

A MIÑA AVOA MARÍA LUISA

A miña avoa María Luísa naceu no ano 1932 nunha familia acomodada de Pontevedra, ela era a pe-

núltima de once irmáns. Na casa traballaban a ama de cría, unha criada e unha lavandeira. Cando a avoa tiña catro anos empezou a guerra e contoume que cando soa-ba a alarma antiaérea o seu pai levaba a toda a familia ó soto da casa e cando oían caer as bombas tremían de medo. Naqueles tempos os cristais das fi estras estaban sempre mollados para que non romperan coa vibración.

A avoa vivía enfronte dun orfanato que por certo naque-les tempos abundaban e cando saía o cura deste lugar repartíalle caramelos ós nenos e nenas que xogaban na rúa. A avoa xogaba con monecas de cartón ás que lle facía moitos traxes. Nunha fotografía que a avoa expón con orgullo vese a toda a familia e a ela, á idade de oito anos. Lucía un precioso vestido branco que lle chegaba por en-riba das xeonllos, o vestido estaba adornado con caraveis marróns facendo xogo cun bonito lazo que deixaba lucir uns tirabuzóns louros.

Cando medrou un pouco mudáronse de casa porque o seu pai dirixía unha tenda de renome na que se vendía todo tipo de teas que conseguira ao longo das súas viaxes.

Cando a súa irmá tivo o primeiro mozo á miña avoa enco-mendóuselle a misión de ser a súa “carabina”.

Algúns anos despois cando xa a avoa cumprira dezaoito anos e era unha señorita que destacaba porque era moi atractiva fi sicamente, mercáronlle as súas primeiras medias e os primeiros zapatos de taco que lle fi xeron moita ilusión. Os cartos gañáraos ela dando clases como profesora.

Un día camiñando pola rúa coa súa irmá de arriba para abaixo, coñeceu ó meu avó e quedou comple-tamente engaiolada del, o mesmo lle pasara ó meu avó. Cando o meu avó lle pediu para saír con ela díxolle que non , pero como el era moi persistente ela tivo que dicir que si. Pero ela tamén tivo que levar de carabina á súa irmá mais pequena. Un ano despois de casar no 1962 naceu a súa primei-ra fi lla que é a miña nai a que lle seguiron seis máis.

A miña avoa lembra que o día máis feliz da súa vida foi cando casou co me avó. En agosto do ano pasado fi xeron as vodas de ouro, cincuenta anos de casados.

Beatriz González Cobas. 1º ESO A

A MIÑA AVOA BEGOÑA

A miña avoa naceu en Trespuentes (Álava), pero agora vive en Vitoria-Gasteiz.

Ela contoume que ó principio coidaba de meu pai e dos meus tíos, e despois foi traballar a unha empresa moi coñecida chamada Esmaltacións San Ignacio onde facían tixolas, olas, etc.

Tamén me dixo que o meu pai e os meus tíos ían xogar a un campo de fútbol que había na vila.

O pasado verán visitamos a vila onde naceu e a casa onde vivía. Ela emocionouse e púxose moi contenta.

Sempre está contenta e conta chistes, por iso é moi diver-tido estar con ela, aínda que ás veces pásase un pouco.

Un día contoume que en Vitoria houbo unhas manifesta-cións contra Franco e a policía empezou a disparar contra os manifestantes. Entre eles estaba o meu avó que por sorte logrou escapar sen que lle pasase nada.

Sempre que vou visitala cóntame o moito que cambiou a cidade.

É moi afeccionada ó baloncesto e non se perde nin un só partido do Baskonia que é o equipo de baloncesto de Vitoria. Cando ve os partidos pola tele en vez de escoitar ós comentaristas quítalle a voz e pon a radio.

Ela sempre é a que máis regalos me fai polo Nadal e no País Vasco en vez de Papá Noel teñen un personaxe que

se chama Olentzero que se caracteriza por ir vestido co traxe típico, leva boina e unha

pipa.

Iñaki Clavero Carballo. 1º ESO A

A MIÑA AVOA AURORAA miña avoa Aurora é unha muller moi tra-

balladora desde que era pequena. Non podía ir á escola porque tiña que coidar dos seus

irmáns. Eran nove, e ela era a sexta por iso lle tocaba traballar.

Agora xa só viven catro irmáns.

A miña avoa non puido ir á escola e non apren-deu a ler nin a escribir, por iso agora non sabe ler.

Ela casou con catorce anos e tivo oito fi llos/as. a vida pasouna como vendedora ambulante co

meu avó, vendendo calzado de resto de tenda.

A miña avoa é viúva desde hai seis anos, vive en Salamanca desde sempre, soa nun piso moi gran-

de para ela, pero a ela gústalle.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA.DEDICADO ÁS AVOAS

ma

m l

.

1

om

d

mercáronlle as súas primeirasapatos de taco que lle fi xeron

gañáraos ela dando clases

rúa coa súa irmá de arribameu avó e quedou comple-

o mesmo lle pasara ó meulle pediu para saír con elamo el era moi persistente Pero ela tamén tivo queirmá mais pequena. Un962 naceu a súa primei-a que lle seguiron seis

o día máis feliz da súa me avó. En agostovodas

de

se cv

Aba

ir áirmántocab

Agora

A mdeuler.

Ela a vid

meu a

A miñaSalaman

de para ela

Page 35: Xeada 2012

35

CULTURA E SOCIEDADE

Ola, amigos lectores de XEADA:

Pasan os anos, vestimos diferente, cambiamos as zapatillas por zapa-

tos de tacón para saírmos de festa, bota-mos po de maquillaxe e máscara de pestanas, recollemos o pelo, poñemos a música a todo “gas” e tamén muda-mos lonxe da casa familiar...Aínda así seguimos sendo os mesmos.... sentindo que non hai quen poida cambiar as pequenas cousas, esas pequenas cousas esenciais e fundamentais....

Porque esas cousas que permanecen, como a miña de-bilidade polo deporte, polo amor e por ser unha persoa capaz de dar as grazas a todos aqueles que me aportan cariño, coñecemento e bos consellos.

Hoxe, iso si, algo máis vella ca vós, quero compartir con vós unha visión persoal que dende os que iniciades ata os que palpitades ao borde da taquicar-dia polos nervios dunha selectividade pode axudarvos nalgún momento.

Eu, cando estaba na situación de de-cidir o meu futuro próximo decidinme pola universidade, porque ser univer-sitario supón para min coñecer moitas verdades, aportarlle resposta a novas curiosidades que vou descubrindo, ter fame por avanzar, sentirme a prota-gonista da miña propia vida, tomar as rendas do cabalo que se pon cada día por diante.

Supón ter a posibilidade de tomar nota das experiencias das outras persoas que me rodean, nos distintos eidos, e ademais preguntarme unha e outra vez en tantos e tantos contextos nos que podo aprender.

Supón ademais o dereito e a obriga de participar na so-ciedade que me toca, canto máis coñeza, mellor, máis aportacións poderei dar aos demais e máis coñecemen-tos extraerei da diversidade dos demais.

Igual que ir á Universidade existen outras boas decisións, iso si, sempre que un teña presente que para cociñar re-tos, o ingrediente principal é o estudo, o coñecemento en calquera dimensión, porque a dureza dun croio non fai o croio nin feo nin fero, só ser un “croio” tan necesario coma unha fl or.

Como non, vindo de min, dareivos un exemplo, un nome, non se trata de Cristiano nin de Messi, neste caso Marta Bobo.

Cóntovos :

Marta Bobo foi unha ximnasta galega nada en Ourense o 18 de marzo de 1966. Debutou con tan só 15 anos nos cam-pionatos mundiais de Munich en 1981 pero o seu maior logro deportivo foi o noveno posto acadado nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles en 1984 converténdose na primeira olímpica española e galega que competía na súa discipli-na. Anteriormente fora campioa de España en concurso completo en 1981 e 1983.

Era discípula de Ivanka Tchakarova e Emilia Boneva, a que foi adestradora do conxunto español que gañou a medalla de ouro en 1996.

Unha vez retirada da ximnasia profesional traballou en Ca-nadá como monitora, para máis tarde regresar a Galicia e exercer coma profe-sora de expresión corporal e didáctica da danza do INEF da Coruña. Tamén é xuíza internacional nas competicións de ximnasia rítmica.

Tivo que esforzarse ata límites in-cribles. Acadou grandes logros, pero tamén moitas decepcións, algunhas inxustas e alleas a ela.

Sempre soubo levantarse porque con-taba con algo máis. O desexo de estu-dar.

Hoxe, como vos dixen antes é profeso-ra de expresión corporal e didáctica da danza do INEF, e tamén é xuíza inter-

nacional nas competicións de ximnasia rítmica.

Por iso, na miña opinión, hai que combinar soño + sacrifi -cio + estudio para ser = á persoa que un quere ser. E vós, que opinión tedes?.

Pensaredes que polos tempos que vivimos, xa tanto ten. Eu diríavos que máis aló do tema económico estudar axuda a construírse a un mesmo e logo ter vantaxe para tomar boas decisións, que é o que necesitamos “ asumir o reto do noso propio futuro”.

Andrea Carid Cao.Ex alumna e estudante de INEF en A Coruña

CONTIGO TODO, SEN TI NADA

Cando era nova tivo que operarse dun cancro de mama, pero agora atópase moi ben.

Ten dezasete netos e netas e oito bisnetos/as. O neto preferido é ó meu irmán maior, Marcos porque é o maior

dos netos. Á neta que máis quere é a fi lla da miña tía Olga porque se criou con ela.

R.A. Ferreruela. 1º ESO A

Page 36: Xeada 2012

36

CULTURA E SOCIEDADE

Os seres vivos segundo a súa forma de alimentarse

son; carnívoros herbívoros ou omnívoros, o ser humano por esta regra dise que é omnívoro, isto di; son aqueles organismos que se alimentan tanto de ani-mais como de plantas, dentro dos seres humanos hai persoas que por motivos de ideoloxía ou outros motivos, deciden non probar a carne ou sucedáneos desta.

O vexetarianismo é un réxime alimentario que se basea no consumo de vexetais, legumes, froitas e cereais. As persoas que o practican son coñecidas como vexetaria-nas. Dentro desta práctica existen varios tipos: os lacto vexetarianos que son aqueles que non consomen nin carne nin ovos, pero si lácteos; os ovo lácteo vexetaria-nos son os que non consomen nin carne nin peixe, pero si consomen produtos lácteos e derivados; os ovo vexeta-rianos, son os que non consomen nin carne, nin peixe nin produtos lácteos pero si ovos; aqueles que engaden mel aos seus alimentos son os chamados api vexetarianos; os veganos son os que se nutren soamente de alimentos de orixe vexetal polo que non consomen nin ovos nin lácteos nin mel e evitan o uso de produtos de orixe animal na súa vida como a la, o coiro, a seda, etc. Isto é porque pensan que estes produtos implican a explotación dos animais; aqueles que soamente consomen produtos crus ou lixei-ramente mornos, pero nunca cocidos son os chamados crudívoros; e por último os vexetalianos, é a corrente máis estrita do vexetarianismo. Estes propoñen alimentarse soamente de vexetais polo que a lista de alimentos que non poden comer é moi longa, coma por exemplo as car-nes, os embutidos, as aves, a graxa animal, os peixes, as conservas, os conxelados, os cereais, as bebidas indus-triais con azucre , o mel os queixos, os ovos, etc.

Algúns vexetarianos admiten a inxestión de peixe e outros fan excepcións con alimentos moi concretos coma o xamón pero nunca da carne. Estas dietas anteriormen-te ditas non son consideradas vexetarianas pola maioría xa que incumpren o básico no que se asenta o vexeta-rianismo porque permiten o consumo reducido de carne animal.

Os motivos polos cales os vexetarianos xustifi can a súa dieta varían moito. Algúns deciden non inxerir carne por cuestións de saúde. Outros porque se preocupan polo medio ambiente. Tamén están os que non consomen pro-dutos de orixe animal por razóns éticas, así coma aqueles que o fan pola súa crenza relixiosa.

Finalmente, un exemplo de dieta vexetariana sería o se-guinte:

• Almorzo: Unha boa cantidade de froita do tempo e madura.

• Comida: Una ensalada moi va-riada con xerminados e semen-tes, Verduras (ao vapor, saltea-das, etc.). Arroz con lentellas o con garavanzos e algas

• Merenda: Pódese tomar una froita ou froitos secos (pasas, orellóns,noces, etc.) ou ben un vaso de leite vexetal.

• Cea: No inverno aconséllase comezar cunha sopa e no verán cunha ensalada.

Logo podemos tomar unhas verduras cunha proteína vexetal (Tofu, seitán ou gluten, tempeh, soia texturi-zada, etc.)

Bar-restaurante vexetariano en Santiago

Antonio Schöninberguer é un dos propietarios do único restaurante vexetariano na cidade compostelá

O pasado ano abriu en Santiago de Compostela un bar-restaurante vexetariano na Praza de Cervantes en pleno casco histórico. “O Elefante” é o único restaurante que ofrece unha carta exquisitamente vexetariana e variada na cidade compostelá. Antonio Schöninberguer é un dos propietarios do restaurante. Este mozo de apelido suízo ten cursado estudos de artes plásticas. Traballa no res-taurante coma xefe de cociña xunto con outros seis em-pregados que ofrecen un espléndido trato aos clientes.

Antonio coméntanos que o que o impulsou a querer mon-tar o vexetariano foi unha motivación persoal, posto que Antonio é vexetariano e gustaríalle dar máis recoñece-mento a este tipo de alimentación e estilo de vida e ofre-cer ao público unha alternativa. Afi rma que o vexetaria-nismo pode encaixar á perfección na sociedade de hoxe.

O nome do restaurante, O Elefante, é un punto de en-contro entre os irmáns Schöninberguer. Antonio sente devoción pola cultura hindú na que o elefante, animal polo cal a súa irmá sente admiración, é símbolo de forza, sabedoría e intelixencia.

Antonio cóntanos que o restaurante non pode realizar actividades polo tipo de establecemento pero si que fai apoloxía do vexetarianismo colaborando en actividades a favor de dito movemento alleas ao establecemento.

O restaurante conta cunha carta moi variada e con prezos accesibles para todos os petos. Existe unha mestura de co-mida e alimentos doutras culturas distintas á galega como a comida árabe e asiática. Pratos que non poden faltar na carta son por exemplo o cuscús con verduras, tallaríns con todo tipo de salsas, hamburguesas caseiras e unha gran variedade de risottos. Os pratos máis destacados e de-

O VEXETARIANISMO COMO DIETA E VIDA

Page 37: Xeada 2012

37

CULTURA E SOCIEDADE

mandados polos clientes son as hamburguesas de froitos secos, receita expresamente creada por Antonio, e por su-posto, os tallaríns con curry de receita secreta e familiar cun signifi cado especial. Destaca no apartado de sobremesa o especial Tiramisú en terra de chocolate, menta, sorpresa lichy e unha chispa especial un doce moi exótico pola súa presentación e deleitoso para o noso padal.

“O Elefante” ofrécenos un exquisito menú do día moi va-riado no que podemos escoller entre varias opcións que se propoñen tendo a oportunidade de comer ao gusto de cada un.

O bar-restaurante O Elefante é o lugar perfecto se buscas escapar do típico e queres unha alternativa sa e distinta que só o podes atopar neste restaurante en Santiago.

O vexetarianismo é un estilo de comida que axuda a con-servar a saúde, libre de colesterol e triglicéridos, pero débense consumir vitaminas extras, atópanse na cebola, allo e limón, eles non a teñen moi en conta na súa dieta diaria, as proteínas son indispensables, os garavanzos, lentellas, feixóns, manises, en cantidades, diminuíndo fariñas, isto para substituír as carnes vermellas, o peixe non debe faltar na dieta diaria, pódese ser vexetariano, pero cunha dieta equilibrada para non poñer o noso orga-nismo en risco.

Isabel Mº Vázquez Martínez,Camila Mª Reyes Castillejos,

María del Mar Asorey Sánchez,Oriana Indira Uva Segade. 1º Bach A

HISTORIA DUNHA VIAXEAgora que o noso avión xa aterrou en Lavacolla cunha puntualidade desconcertante (21:35), camiño pola ter-minal empurrando a maleta e dirixindo olladas e sorrisos ás miñas novas amigas: xestos que describen todos os nosos sentimentos.

O último re-cordo da viaxe é a chegada, ver ao lonxe, amoreados na porta, a máis de trinta nais e pais que, cun sorriso ben amplo e alongando os seus pesco-zos, ven ate-rrar aos seus fi llos. Lembro como todo se encheu de le-dicia, apertas e bicos sen apenas deca-tarme. Logo cada un de nós tomou o seu camiño, sen estar seguros de se algúns nos volveriamos ver, pero coa certeza de que ese tempo xuntos fora irrepetible… e que nos deixa como substituto un sentimento de tristeza que sobe pola gor-xa.

Deberei remontarme ao despegue, cando só eramos nove os que viaxabamos xuntos, pero aínda así pletóricos de euforia, con ganas de saudar á rexa Alemaña. Despega-mos ás oito da mañá, chegando a Madrid arredor das nove.

Alí collemos o metro para desprazarmos ata o centro da cidade e facer tempo visitando o Museo do Prado. Ás sete e vinte saía o noso voo, polo que chegamos a Berlín sobre as dez da noite. Chegamos en metro a Alexanderplatz co alento contido. Os profes do instituto de Cacheiras vi-ñéronnos dar a benvida entre sorrisos e axudáronnos a chegar ao hotel, Pangea People. Que dicir del! Penso que ningún de nós esperaba un lugar mellor onde durmir. Moi

céntrico, limpo, moderno, cun bar moi agra-dable, cheo de xente nova… Que máis pe-dir? Esa noi-te, tras cear o noso packed lunch corres-p o n d e n t e , aproveitamos os do Fraguas para coñecer ás alumnas do IES de Cachei-ras.

Ao saír ó día seguinte á rúa decatámonos

do frío e do vento que ía, pero non nos importaba; esta-bamos dispostos a coñecer esa cidade fose como fose. As profes leváronnos a pasear ata o centro de Berlín, e de camiño puidemos ver a colosal antena de televisión de Alexanderplatz (a terceira máis alta do mundo), a Uni-versidade Humboldt (por onde pasou o mesmo Einstein!), a catedral… Chegamos por fi n á impresionante porta de Brandemburgo na Pariser Platz. Contemplámola engaio-lados, divisando detrás dela o bulevar Unter den Linden

DE COMO NOS CONVERTEMOS EN AMPELMANNS POR BERLÍN

Page 38: Xeada 2012

38

CULTURA E SOCIEDADE

(“baixo os tileiros”), coroado pola columna da Vitoria. Os fl ashes das nosas cámaras titilaron sen descanso ata que chegou a nosa guía, unha simpática e falangueira rapaza que, tras facernos unha introdución moi clara e interesan-te da historia de Alemaña, levounos a percorrer un pouco a cidade. Ensinounos o arrepiante memorial ás vítimas xudías europeas do Holocausto (deseñado por Peter Ein-senman, o arquitecto da nosa Cidade da Cultura), consis-tente nunha área de bloques de formigón semellantes a tumbas que van medrando segundo te vas achegando ao centro, ata que alcanzas un punto no que teñen cin-co metros de altura e decátaste de que estás perdido e só, nese auténtico labirinto. Tamén nos acompañou ata o lugar onde estaba o búnker no que se suicidaron Hitler e a súa muller, Eva Braun; ata os vestixios do Muro de Berlín que seguen en pé, ata o Checkpoint Charly: un paso fronteirizo do Muro entre o distritos soviético e ameri-cano… Despois disto xantamos e percorremos un pouco máis a cidade, movéndonos de Starbucks en Starbucks para manter as mans e a gorxa ben quentiñas. Logo, tras despedirnos da guía cun forte aplauso, fi xemos unha fu-gaz visita á Illa dos Museos, entrando no Museo Exipcio e no Museo de Pérgamo. Neste primeiro quedamos cos ollos coma pratos ao contemplar o fermoso busto de Ne-fertiti; e no segundo, tras ver a porta de Ishtar, a porta do mercado de Mileto e o altar de Pérgamo, fi camos sen alento ante a súa maxestosidade. Esa noite, a pesar de estarmos todos rendidos, xogamos ao billar ata que o bar pechou.

O día seguinte comezaba forte: iamos ver o campo de concentración de Sachsenhausen, situado a media hora de Berlín, polo que tivemos que tomar diferentes trens e autobuses para chegar. Non sabiamos se aquilo nos ía im-pactar moito, pero era estarrecedor; abofé que varios ca-lafríos percorreron os nosos espiñazos. Alí tamén nos de-ron unha breve explicación sobre a evolución do campo de concentración e, unha vez rematada, deixáronnos tempo libre para percorrelo e refl exionar por nós mesmos; entrar nos barracóns –nos cales aínda se conservan os baños e as liteiras-, na lavandería, na cociña, nos restos do crema-torio, na enfermería –onde realizaban experimentos cos prisioneiros-… Finalmente entramos nunha sala para ver unha película de trinta minutos sobre a Alemaña “nazi”. Nos cinco primeiros minutos xa estabamos todos dur-mindo, polo que chegamos a ver a “peli” ata dúas veces seguidas! Grazas a esta sestiña quedamos con vitalidade para ver, pola tarde, a incrible Postdamer Platz.

Ao día seguinte caían caldeiros de auga sobre Berlín, pero fomos de novo a pasear pola cidade. O primeiro que vi-mos foi a East Side Gallery, unha parte do Muro rehabi-litada a base de incribles obras de arte de diferentes ar-tistas, lugar onde sacamos moitas fotos, especialmente coa pintura máis coñecida: o bico dos dous líderes comu-nistas; o Museo da Topografía do Terror, onde un guía moi simpático en inglés contounos os mecanismos cos que o partido nazi sementaba o terror entre a sociedade co fi n de que se dobregase ante eles, e falounos tamén da subxectividade que rodea ás fotografías que se conser-

van desa época. Pola tarde xantamos na Pariser Platz, e mentres algunhas botaban unha sesta no chan e outros aprendían novos pasos de baile, comezou a nevar. Unha mágoa, que durou só cinco minutos! Ese día tamén visi-tamos pola tarde o Reichstag (Bundestag) -parlamento que elixiu chanceler a Angela Merkel- onde, tras pasar por un cacheo intensivo, gozamos moito coa visita guia-da e, fi nalizada esta, dispuxémonos a ascender cunha audioguía pola súa espectacular cúpula chea de espellos e a marabillarnos cunhas vistas inmellorables de Berlín: unha impresionante experiencia! Saímos do parlamento atravesando o Tiergarten, un antigo bosque de caza dos aristócratas berlineses, agora convertido no pulmón da cidade, para chegar a un centro comercial onde nos deixa-ron unha hora de tempo libre. Ceamos nun restaurante italiano ás dez e atravesamos a Postdamer Platz, desta vez sorprendentemente iluminada con cores. Chegamos ao hotel co estómago encollido; era a nosa última noite xuntos. Estivemos a pasalo ben e a rir ás gargalladas ata unha hora que é mellor non mencionar.

Á mañá seguinte collemos o avión e chegamos a Barajas. Xantamos alí e tomamos o avión para, desta vez si, re-gresar a Santiago.

Que sería dunha viaxe sen anécdotas? Un aburrimento. Pois nós temos ben delas, tantas que poderiamos en-cher dez follas, mais dedicareime a salientar o momen-to en que dúas rapazas perderon o metro no que iamos todos dentro, a noite en que un rapaz polaco lle roubou o colchón a unha rapaza do grupo no hotel, a tarde na que nos evacuaron no Museo da Topografía do Terror sen coñecer o motivo… ou cando uns rapaces do Ptolomeo se perderon no aeroporto de Barajas e estivemos a piques de perder o avión. Afortunadamente, só quedaron niso: en anécdotas que nos transportan entre gargalladas ás lembranzas da viaxe.

Todos os do club Ptolomeo fi xemos moi boas amigas que gardaremos no corazón e no Tuenti, xunto aos recordos desta gran viaxe. A mellor viaxe que moitos de nós fi xe-mos, diso estou segura.

Aínda que volvo sabendo dicir en alemán menos de dez expresións, só gardo palabras para dicir: Ich will zurückke-hren (“quero volver”).

Sara Rodríguez Espiñeira (4º B)

Page 39: Xeada 2012

39

CULTURA E SOCIEDADE

A Fundación Rosalía de Castro constituíse no ano 1947 para comprar a casa onde Rosalía

viviu os seus últimos anos. É unha organización de interese galego que ten como fi nalidade fomentar e difundir o culto á memoria de Rosalía, de Manuel Murguía e dos seus fi llos; conservar o patrimonio “rosaliano” dispoñéndoo do mellor xeito para que poida ser contemplado e estudado e celebrar actos de conmemoración das datas importantes intrínse-cas á historia de Rosalía, como poden ser o 24 de febreiro, día do seu nacemento e o 15 de xullo, día da súa morte.

A Fundación é a actual propietaria da Casa da Ma-tanza, restaurada en 1971, que se converteu en casa-museo no ano 1972 e onde se propón un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía de Castro.

Pero, aínda que hai votos a favor de seguir funcionando como até agora, a maioría, hai outros que falan da ne-cesidade de recortar en gastos, en concreto en materia de persoal. O plenario aprobou un presuposto de 121.700 euros, dos que 101.000 son aportados por varios organis-mos públicos. O resto proceden das visitas e vendas de libros da Casa Museo de A Matanza.

Do total do presuposto, un 40% é destinado a pagar dous salarios a tempo completo e un parcial, algo que varios patróns non apoian e até un propuxo unha redución, non aceptada. Outro dato que nos chama a atención é o pre-suposto, pobre, destinado á actividade cultural e didác-tica da Casa Museo de Rosalía de Castro: 3.000 euros para sufragar dúas publicacións e case 6.000 para actos conmemorativos. O resto do presuposto vaise en gastos de explotación, mantemento e obras. As institucións pú-blicas non apoiaron estas contas que, para algúns deles, deixan entrever que de seguir así, podería estar en perigo a continuidade da Fundación.

O informe elaborado foi entregado á Consellería de Cul-tura e Turismo, que ten intención de utilizalo como guía para a toma de decisións sobre fundacións no futuro. O presidente do Consello, Ramón Villares, sinalou que nes-te campo houbera demasiada liberdade e que facían falta máis medidas de control, ademais da incorporación deci-dida de fondos privados. O mapa das fundacións culturais en Galicia ten cifras que o informe considera excesivas incluso para tempos “sen crise”. Hai 145 fundacións de interese galego e de carácter cultural, é o xénero no que hai máis.

Porén, a Fundación Rosalía de Castro estase a ver en peri-go debido á grave crise tralas últimas dimisións de mem-bros destacados como o escritor Alfredo Conde ou a súa presidenta Helena Villar.

Helena Villar Janeiro nace o 28 de setembro do 1940. É

unha escritora galega e licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega, e dende 2005 foi a presidenta da Fundación Rosalía de Castro, a que deixou o posto o pasado día doce de abril.

A renuncia coma presidenta vén dada por algunhas de-claracións que fi xeron algúns dos membros da Funda-ción, dado que para o cargo de presidenta necesítase unha certa confi anza, que agora mesmo non ten, posto que require un labor que non se pode facer a base de co-municados de prensa, denuncias, e similares. Pero non marchou coa cabeza baixa, posto que fi xo unha dura critica a aqueles que, anteriormente cuestionaran o seu labor coma presidenta desta Fundación, sinalou que es-tes incumpriran o seu traballo de patróns con lealdade á Fundación, posto que a Fundación non a pode levar unha persoa soa, e necesita o apoio do resto do persoal. Ó fi nal do plenario extraordinario dixo que tratara de servir a Ro-salía o mellor que soubo e que puido.

No informe da súa renuncia, Helena Villar, deixou a Fun-dación “ben organizada” presentando os principais logros da entidade durante a súa etapa: o seu proxecto peda-góxico na casa museo de A Matanza, aprobou os novos estatutos da Fundación, a conmemoración das datas máis importantes de Rosalía, a tradución da obra de Ro-salía ó portugués, un informe sobre a xestión económica, cunha débeda duns 100.000 euros. Na actualidade a Fun-dación dispón de 13.000 euros e ten pendente o cobrar as subvencións do 2011 (uns 10.000 euros).

A Fundación Rosalía de Castro ten coma función a de manter vivas as memorias da nosa poetisa máis repre-sentativa na defensa do galego, Rosalía; porén coma ga-legos que somos, deberiamos intentar protexer o noso patrimonio cultural, pois isto represéntanos en tódolos lugares do mundo e é algo do que deberiamos estar or-gullosos.

Antía Gil Baldomir, Noelia Dopazo Iglesias,Pablo González Antón, Carme Becerra Pereiro.

1º Bach A

CAMIÑO CARA A SEGUNDA MORTE DE ROSALÍA DE CASTRO, A CULTURAL

Page 40: Xeada 2012

40

CULTURA E SOCIEDADE

ENTREVISTA A SILVESTRE GÓMEZ XURXO

O 14 de febreiro de 2012 Silvestre Gómez Xurxo, escritor do libro que xa todos os

alumnos de 2º coñeciamos: “Déixao medrar”, veunos dar unha charla sobre o seu libro e responder as nosas cuestións.

Silvestre Gómez Xurxo naceu en Beba, Mazaricos e, á parte de ser escritor, tamén é mestre, licenciado en Xeografía e Historia e Psicopedagoxía. O seu primeiro libro foi: “Conversas do pai Seixas” e tamén participou na elaboración de diversos materiais didácticos. Escribiu outros libros como: “Ith”, “Ti non xogas” e “Todo vai ir ben”.

Hoxe en día, Twitter é o medio de comunicación máis ins-tantáneo que podemos atopar. É empregado por persoas de todas as idades, aínda que principalmente por xente de 20 a 40 anos, pero tamén moitos adolescentes están xa mergullados nesta rede porque poden expresarse e formar parte da opinión social que Twitte refl icte.

O Twitter fai ademais unha función de barómetro que mide a presión social e que algúns políticos, empresa-rios ou editores utilizan para orientarse en tempo real de como son recibidas as súas propostas, reformas ou deci-sións entre a sociedade.

Aínda que non se deben extrapolar as opinións nesta rede a toda a sociedade, si que simbolizan unha porcen-taxe signifi cativa, formada ademais por xente crítica e con preocupacións de cambiar e mellorar o mundo que os rodea, porque falar de twitter é falar dun achegamento á globalización e, o máis importante, dun gran paso para a democratización da información que tan manipulada nos chega dende outro tipo de medios.

Por este motivo, twitter comeza a ser unha ameaza para os políticos, intermediarios e institucións que ata agora tiñan o control da información e o poder, o que conver-tía á sociedade nunha multitude ignorante que pouco a pouco está cambiando grazas á transparencia deste tipo de redes.

Twitte foi elixido como a rede social da revolución para un cambio político-social e utilízase tamén para burlarse das clases sociais con poder e por esta razón xa algúns po-líticos propoñen medidas de censura como por exemplo a prohibición de todas as concentracións ou manifesta-cións organizadas a través de twitte declarando que es-tes actos poderían resultar violentos ou agresivos. Entón, que sería de casos como o de Túnez e Libia? Neles estas redes xogaron un papel imprescindible.

Así que pouco a pouco, comeza a espertar unha socieda-de que busca e reivindica o benestar social que preten-den arrebatarnos con políticas de recortes, represión e censura, polo que Twitter é unha das poucas "armas" que actualmente podemos empregar para plasmar os ideais da nosa sociedade.

Esta rede favorece a relación entre distintos axentes so-ciais xa que é una ventá aberta ás diversas opinións da sociedade e non se debería pechar posto que estariamos recortando parte da cultura que con cada tweet estamos a construír.

Sandra Viz Lasheras, Laura Padrón Varela. 1ºBach A

TRENDING TOPIC

1.- Que quere transmitir coa historia “Déixao medrar”?Quero transmitir que hai que escoitar ás persoas e non decidir sobre o seu futuro, esa é a mensaxe, é dicir, a un rapaz, aínda que sexa pequeno, pódeselle aconsellar, orientar… pero non decidir por el.

2.- A historia que narra no libro “Déxiao medrar” ten que ver coa súa infancia ou foi totalmente inventada?Non ten que ver coa miña infancia, pero tampouco é totalmente inventada xa que trata de refl exionar sobre un tipo de problemas presentes na nosa vida cotiá.

3.- Canto tempo lle levou escribir “Déixao medrar”?Escribino polas tardes ao longo de seis meses o que é a parte fi nal, pero calquera libro ten un proceso máis longo, empezas coa idea de que vas a escribir un libro para tratar tal tema; despois durante meses vaslle dando voltas, tomando anotacións, pensando que personaxes podes ter; entón vas creando unha serie de ideas sobre o libro, que algunhas só as gardas na cabeza, outras tomas notas no papel e logo, cando xa tes a cousa ben artellada, sentas a escribir e, normalmente o proceso fi nal de escribir é rápido porque xa tes todo previamente ben madurado; non é como cando vos din que escribades pola mañá algo sobre tal tema e que tedes que resolvelo en media hora, non, un libro non se fai así, senón que é un proceso máis lento e , vai madurecendo ata que chega un momento en que a froita cae polo seu propio peso.

4.- Gustaríalle que a historia de “Déixao medrar” a levaran algún día ao cinema?A verdade é que non me desgustaría, aínda que nunca me plantexei tal cousa. Para empezar non sei se é un tipo de novela que se podería adaptar a tal fi n, pero a calquera lle gusta que o que fai se dea a coñecer.

Page 41: Xeada 2012

41

LITERATURA

5.- Cal é o ambiente ideal para escribir un libro?

O ambiente ideal é ter tempo e non ter preocupacións, xa que neste estado non se dá escrito porque non é capaz de concentrarse.

6.- Por que corrente literaria se sente infl uenciado?

Eu non me sinto infl uenciado por ningunha tendencia literaria, senón por un determinado tipo de libro que trata unha temática denominada novela psicolóxica; iso é o que a min me atrae como escritor e como lector.

7.- Como podería describir a literatura?

Pois como unha arte de xuntar palabras para que digan algo con sentido.

8.- Que sente que lle aportou ao mundo literario galego?

Pouca cousa, eu creo que no mundo literario galego hai unhas poucas persoas que a súa obra supón unha aportación fundamental como por exemplo Manolo Rivas ou Suso de Toro; nestes casos se a súa obra non existise desaparecería unha parte fundamental da literatura galega. Logo, hai outra moita xente, coma min, que se a nosa obra desaparecese non pasaría nada, a literatura non sufriría porque a nosa obra non ten unha transcendencia maior, pero como estes somos moitos, entre todos xuntos tamén acabamos facendo unha contribución valiosa para a literatura galega.

9.- Sobre que tema lle gustaría escribir no futuro?

Sempre me vou mover na novela psicolóxica porque é o que me interesa. Proximamente se me animo de verdade escribirei unha novela negra, pero metido sempre dende unha problemática psicolóxica, sería un libro para adultos.

10.- Escribe no seu tempo libre ou soamente cando traballa?

Eu durante moitos anos dediqueime ao ensino e, loxicamente, o traballo de escritor era unha cousa á parte, é dicir, dedicábame a escribir en vez de pasear ou escribía en vez de durmir máis horas.

11.- Como descubriu o seu gusto pola literatura?

Descubrino cando era un rapaz novo, eu escribía un montón de cartas, fundamentalmente nas vacacións de verán aos amigos porque daquela non había as redes sociais que hai agora, nin sequera había teléfono en tódolos sitios, polo tanto a única forma de manterse en contacto cos amigos era a carta. Sempre tiven preocupación, non son de escribir moitas, senón de que as cartas estiveran ben escritas, digamos que aí naceu o meu interese, o meu gusto por tratar de escribir ben.

12.- Cal é a obra que máis satisfacción lle deu?

Mais satisfaccións e tamén mais desgustos. O escribir ten un elemento emocional de implicación dos sentimentos dun mesmo importante. Hai casos nos que a historia que un conta acaba apoderándose dos sentimentos do escritor. Eu teño un libro escrito para alumnos de ESO que se titula “Todo vai ir ben”, trata duns temas difíciles: a integridade e a morte; ese libro custoume moito rematalo porque trataba dunha mamá que estaba enferma, o previsto no libro era que morrese e,

ao fi nal, non fun capaz de matala; tiven que deixala viva, entón pareceume un pouco estraño que sufrira escribindo iso; a literatura ten uns momentos en que o pasas ben pero tamén momentos en que sofres porque as historias lévante por camiños que ao mellor non pensabas.

13.- Que sente cando escribe?Síntome a gusto, porque eu escribo só cando quero e porque quero, cando empezo a escribir unha historia que logo non me agrada déixoa e punto.

14.- Cal é o seu escritor predilecto?Non teño un escritor favorito único, hai uns cantos que me gustan un montón, están: Haruki Murakami, Javier María, Álvaro Cunqueiro, Manuel Rivas, Suso de Toro, Cid Cabrido…

15.- Que prefi re ler sobre papel ou nos libros dixitais?Eu son un defensor radical do libro dixital. Hai dous anos e pico merqueino e, cando teño o mesmo texto en papel e en formato electrónico eu leo o dixital, resúltame moito mais cómodo. Falo de ler novela non unha obra ilustrada. Para os que non o coñecen o libro dixital non ten nada que ver co ordenador, a pantalla do ordenador é retroiluminada, quere dicir que ten luz dentro e iso acaba cansando; a pantalla do libro dixital precisa luz ambiental igual que co papel, entón non cansa a vista. É moi cómodo porque pódese meter nunha tarxeta centos de obras e a batería dura para ler unha novela de catrocentas páxinas. Recoñézoo, todas son comodidades co libro dixital.

Sabela Teixeira Taboada, Lorena Bugallo Veiga,Dalia Escudero Jove, Iria Salvado Rubio. 2º ESO A

Page 42: Xeada 2012

42

LITERATURA

¿Don Quixote, o famoso personaxe de Cervantes, en Galicia? Si, sabemos o que alguén está a pensar: non

hai ningún episodio desta obra que teña como escenario Galicia. E Cervantes ¿estivo el en Galicia? Parece ser que non, pero é que xa no seu tempo se falou da posible liñaxe galega do noso autor, tendo en conta que os seus dous apelidos están moi vencellados coa toponimia e antropo-nimia galega, sobre todo á da zona oriental de Ourense e Lugo, lindantes con León. De feito hai unha nota do pro-pio Cervantes que di textualmente “Nos montes de León tivo orixe a miña liñaxe”. Pero todo isto non son máis que teorías sen confi rmar. O único certo é que a segunda par-te está dedicada a un galego, a don Pedro Fernández de Castro (1576-1622), sétimo Conde de Lemos e mecenas de Cervantes e doutros escritores da época; a el tamén lle vai dedicar outras das súas obras, entre elas Os traballos de Persiles e Sigismunda.

Entón, preguntarédesvos, quen é ese outro don Quixote que estivo en Galiza. Perdoade a anterior disertación so-bre a posible orixe galega de Cervantes, pero queriamos fachendear dos nosos coñecementos, aínda que quen máis sabe do tema é Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, autor do ensaio Cervantes e Don Quixote en Galicia, do que tomamos as notas precedentes.

O don Quixote do que queremos falar é un cura –incluso máis que cura, monseñor-, vive en El Toboso, e si, estivo en Galicia con Sancho e Rocinante. En fi n, ou algo pareci-do, porque Sancho resulta ser un alcalde comunista cha-mado Enrique Zancas (que era o alcume de Sancho Pan-za) e Rocinante un vello coche marca SEAT 850, dos que case xa non queda ningún nas nosas estradas.

¿É todo isto unha broma? Pois non. Estamos a falar da novela Monseñor Quixote, publicada en 1982, e escrita polo famoso escritor inglés Graham Greene (1904-1991). Foi este un autor que tivo moita sona no seu tempo, e incluso foi proposto en máis dunha ocasión para o Nóbel de Literatura. Foi periodista, guionista de cine, ademais de novelista. Entre as súas obras máis coñecidas hai que destacar O poder e a gloria, O terceiro home, O noso home na Habana, O americano impasible, O factor humano… En 1926 converteuse ao catolicismo. Isto é importante por-que no fondo das súas obras case sempre se plantexa un problema moral ou teolóxico que determina, moitas veces traxicamente, ás súas personaxes; así sucede, por exem-plo, co cura protagonista de O poder e a gloria. Agora ben, Greene non foi un católico moi ortodoxo, simpatizaba co comunismo, estivo apartado moitos anos da práctica relixiosa, e parece ser que nos últimos anos da súa vida retomouna, debido en gran parte á estreita amizade que trabou cun sacerdote de Ourense que vivía en Inglaterra, Leopoldo Durán, doutor en Teoloxía e tamén en Literatu-ra inglesa; en concreto, coñecía a fondo a obra de Greene pois escribirá a súa tese de doutoramento sobre o sacer-docio na súa obra.

A amizade entre eles co-mezou porque Graham Greene interesouse polo que Durán escribira so-bre el e as súas novelas. Dende ese momento foi o seu amigo e confi den-te. Dende que se coñece-ron, alá por 1972, acorda-ron dedicar un mes das súas vacacións a viaxar xuntos por España. In-terésanos precisar que nestes percorridos incluíase Galicia, e que Greene e o seu amigo estiveron aloxados moitas veces no Mosteiro de Oseira, en Ourense, onde compartiron inquietudes con varios dos seus monxes, en especial co bibliotecario do mosteiro. Dende Oseira facían frecuentes excursións por terras do Carballiño e do Ribeiro, guiado por Leopoldo que era natural dun dos seus pobos, Avión.

Pois ben, Monseñor Quixote inspírase nunha destas viaxes que ambos amigos fi xeron por España, e cabe supoñer que a fi gura do monseñor fai referencia a Durán, mentres que o alcalde comunista sería o alter ego do propio Gra-ham Greene. A historia comeza cando o humilde párroco da aldea do Toboso, na Mancha, e o seu ex alcalde, co-munista e ateo, emprenden a súa viaxe nun momento de desencanto, o primeiro por perder as eleccións e o párroco (que acaba de ser distinguido polo Papa co título honorífi -co de Monseñor) por ser apartado da súa parroquia polas súas diferenzas co arcebispo (quen, por certo, desexaría queimar os libros que le o sacerdote). Os dous viaxan sen rumbo fi xo, refl exionando e discutindo sobre cuestións relixiosas, políticas e sociais, moitas delas temas canden-tes na España da transición democrática que é a época en que se ambienta a historia. O cura e o ex alcalde, ca-racteres opostos, discuten mentres percorren o país ou ben sentados ás beiras das súas estradas cando se paran para facer o seu xantar, acompañado sempre dun bo viño manchego, pero por enriba de todo son amigos.

Como na obra de Cervantes realizan dúas saídas ou es-capadas do Toboso. Como na obra de Cervantes, tamén a novela de Greene ten dúas partes, a primeira de dez capí-tulos e a segunda de catro. Na segunda saída –e viaxando como dixemos no seu peculiar Rocinante que é un Seat 850- chegan a Galicia, e na nosa terra ambiéntanse os dous últimos capítulos da segunda parte.

No primeiro (“De cómo Monseñor Quixote tivo a súa última aventura cos mexicanos”) entran en Galicia pola provincia de Ourense e van parar á comarca do Ribeiro para comprar unhas botellas de viño, porque remataran o manchego que trouxeran con eles no coche. A verdade é que Greene é moi despectivo cos galegos; así pon en boca do alcalde estas palabras: “Esos aldeanos ignorantes y su acento execra-

DON QUIXOTE E OBI-WAN KENOBI EN GALICIA

Page 43: Xeada 2012

43

LITERATURA

ble” ou “¡Qué estrechez mental la de estos gallegos”. ¿Pero quen son os mexicanos do título do capítulo? Deberiades saber que no Concello de Avión case toda a xente emigrou a mediados do século pasado a México, e cando regresa-ban a Galicia polas festas facían ostentación do ricos que eran. Pois ben, monseñor Quixote e Sancho –así chama o crego ao seu amigo comunista- chegan a unha aldea que Greene chama Learig, chea de emigrantes mexicanos. O vello don Diego, o señor que lles vende o viño, non pode ver aos mexicanos nin tampouco aos curas da comarca que só pensan nos cartos daqueles. E aquí Greene descrí-benos unha procesión na que portan en andas a Virxe os mexicanos que ofreceron máis dólares nunha poxa, pero ademais cravan no manto da imaxe billetes e máis bille-tes. Tal aldea non existe co nome de Learig, se ben o autor posiblemen-te quixo dicir ou referirse a Beariz; pero o que des-cribe sobre a procesión é verídico, pois así sucede nas festas da Virxe de Mouriscaos, en Avión. Cando o noso m o d e r n o don Quixote ve aquilo considérao unha blasfemia, e arremete contra o crego do pobo que o permite e contra os portadores da Virxe. O resultado: a Virxe acaba no chan, monseñor Quixote cunha ferida na cabeza, e el e o seu amigo San-cho –o ex alcalde- fuxindo no seat 850 perseguidos pola Garda Civil.

E así, na súa fuga, chegan ata o mosteiro de Oseira. Disto trata o último capítulo: “De cómo monseñor Quixote se reuniu co seu antepasado”. Así descríbese no seu primei-ro parágrafo na edición en castelán: “El gran edifi cio gris del monasterio de Osera se alza casi señero en una depre-sión de los montes gallegos. Una tiendecita y un bar en la misma entrada de los terrenos de la Trapa componen todo el pueblo de Osera. El exterior labrado, que data del siglo XVI, encubre el interior del siglo XII; una escalinata impresionante, de quizá veinte metros de ancho […] con-duce a largos corredores fl anqueados de dormitorios para huéspedes sobre el patio central y los claustros”. Aquí vai rematar a novela, e tamén a vida deste moderno don Quixote. ¿Cómo? Un dos gardas civís que os perseguen disparan ás rodas do Seat 850 e este acaba estrelado con-tra os muros da igrexa. Lévano a un dormitorio malferido, pero esa noite morrerá despois de erguerse da cama so-

námbulo, desprazarse á igrexa, e morrer alí acompañado de seu amigo alcalde, un padre do mosteiro (Leopoldo) e un hóspede estranxeiro, amigo deste último, o profesor inglés Pilbeam. Evidentemente, estas dúas personaxes refl icten unha vez máis ao propio autor e ao seu amigo real, Leopoldo Durán, que, como dixemos, tamén veñen a estar representados nos dous protagonistas do relato.

Pero agora o lector preguntarase a que ven que Obi-Wan Kenobi tamén estivo na nosa terra, como se anticipa no tí-tulo. Pois si, é certo. Pero isto loxicamente ten truco, como o de don Quixote. Aí vai a explicación. A famosa personaxe protagonista dunha das películas da famosa saga A gue-rra das Galaxias estaba interpretado por un dos mellores

actores do cine inglés, polo que a raíña de Inglaterra lle concedeu o título de Sir; estamos a falar de Sir Alec Guin-ness (1914-2000). Entre as películas que lle deron fama hai que citar O quinteto da morte (1955), A ponte sobre o río Kwai (1957) –pola que obtivo un Oscar-, Lawrence de Arabia (1962), Doctor Zhivago (1965), Cromwell (1970)… Loxicamente foi o famoso actor –e non Obi-Wan- o que estivo en Galicia no mes de maio de 1985 para rodar pre-cisamente un telefi lme sobre a novela Monseñor Quixote para unha canle de televisión inglesa dirixida por Rodney Bennet. Se Alec Guinness –quen por certo tamén se con-verterá na súa madurez ó catolicismo, como o propio Gra-ham Greene- facía o papel de Monseñor Quixote, mentres que o de o ex alcalde comunista Sancho interpretábao o xa desaparecido actor australiano Leo McKern. Os dous actores, xunto co resto do equipo de rodaxe aloxáronse no mellor hotel de O Carballiño daquela época, dende onde se desprazaban ao mosteiro de Oseira e outros arredores onde se rodou a serie.

Yhadira García Fernández, Marla García Marcano,Alba Pena Martínez, Ángela Ríos Fernández,Víctor Taboada Vence, Andrea Villegas Pérez

(Alumnas/os de 2º BAC C e D)

Page 44: Xeada 2012

44

LITERATURA

“CONFIESO QUE HE VIVIDO”, DE PABLO NERUDA

Fisgando entre os libros que hai na miña casa, to-peime un bastante cheo de po, coas tapas verdes

e as follas amarelentas. Na portada poñía, con letras douradas, “Confi eso que he vivido”, e debaixo unha si-natura pouco intelixible que acertei, con difi cultade, a descifrar. Era un libro de Pablo Neruda. Nunca lera nada del. O único que sabía era que fora un importan-te poeta chileno. A poesía nunca foi un dos meus for-tes, pero aquilo era (ou parecía) narrativa. Tratábase da súa autobiografía. Deci-dinme a comezalo, e aquela noite fun para a cama an-sioso de ver o que Neruda me tiña que contar.

Antes de comezar, o autor puntualiza que os seus re-cordos son intermitentes e desdebuxados (loxicamen-te, pois escribe o libro nos últimos anos da súa vida), e que non garante a total ve-racidade dos mesmos. Se-gue unha preciosa metáfora dicindo que a súa vida está feita de outras vidas: as vi-das do poeta.

O libro comeza cunha emo-tiva evocación dos bosques chilenos. Case tan pronto como comecei dinme conta de que iso de narrativa tiña pouco. Pero case sentía a densidade e humidade de selva tropical, a altura da vexetación, a súa riqueza. Neruda fai maxia coas palabras e transporta ao lec-tor ao escenario da súa infancia, describíndoo minu-ciosamente e facéndoo do propio lector, o cal está alí mesmo vendo ao poeta, de neno. Un rapaz, por certo, introvertido, moi seu, con poucos amigos. Orfo de nai, que morrera de tuberculose cando el tiña un mes, e fi llo dun obreiro ferroviario. O tren signifi ca moito para el dende a súa infancia, pois viaxaba nel moi a miúdo, e coñecía distintos lugares, descritos exquisitamente e con moito amor.

Dende esta primeira parte do libro xa aparece o pro-fundo amor de Neruda pola súa patria, Chile, este fei-to vai ter moita presenza en toda a obra, cando estea viaxando por todo o mundo sempre lembrará e terá ao seu país no corazón.

Logo dalgúns episodios de carácter anecdótico, sal-

picados coas mencionadas evocacións dos lugares da súa infancia, o mozo Neruda terá que ir á cidade, San-tiago de Chile, a estudar. Este período da súa vida ten moita importancia, pois coñecerá escritores e poetas do seu tempo dentro dos círculos culturais e artísticos da cidade, e participará en concursos literarios, reali-zando as súas primeiras publicacións.

Todo isto ocorría a principios dos anos 20 do século pasado. Nesta época come-za tamén o seu contacto coa política e co movemento comunista chileno. En 1924 publica “Veinte poemas de amor y una canción deses-perada”, un dos seus libros mais emblemáticos.

O espazo que ocupan os seus anos universitarios no libro é relativamente curto. Cando o poeta remata a ca-rreira de pedagoxía faise di-plomático. Esta é unha das partes mais interesantes do libro, pois debido ao seu tra-ballo, viaxa por todo o mun-do, coñecendo moitos luga-res e persoas interesantes; cada un deles ten un peque-no espazo nas súas memo-rias. Fascinantes van ser as súas viaxes por Asia, as in-teresantísimas anécdotas, as descricións de lugares e

xentes. Neruda sabe apreciar o bo, o marabilloso,o fascinante de cada sitio sen desprezar nada en favor do seu propio país, que leva sempre no corazón.

O poeta vai lembrando tamén á xente que pasou pola súa vida (persoas boas,mesquiñas, intelixentes...) non gardando nunca ningún rancor. Simplemente re-corda.

Unha pequena pasaxe que me chocou e que refl icte moi ben como escribe e describe Neruda, e que ten certo interese como curiosidade histórica:

“El cónsul alemán Hertz adoraba la plástica moderna, los caballos azules de Franz Marc, las alargadas fi gu-ras de Wilhelm Lehmbruck. Era una persona sensitiva y romántica, un judío con siglos de herencia cultural. Le pregunté una vez:

-Y ese Hitler cuyo nombre aparece de cuando en cuan-

Page 45: Xeada 2012

45

LITERATURA

do en los diarios, esa cabecilla antisemita y anticomu-nista, no cree usted que pueda llegar al poder?

-Imposible- me dijo

-Cómo imposible, cuando todo lo más absurdo se ve en la historia?

-Es que usted no conoce Alemania- sentenció- .Allí si que es totalmente imposible que un agitador loco como ése pueda gobernar siquiera en una aldea.

Pobre amigo mío, pobre cónsul Hertz! Aquel agitador loco por poco no gobernó al mundo. Y el ingenuo Hertz debe haber terminado en una anónima y monstruosa cámara de gas, con toda su cultura y su noble roman-ticismo”

España ocupa un amplo espazo nas memorias de Neruda. O poeta sempre sentiu unha conexión es-pecial con este país no que foi cónsul en Madrid e Barcelona. Teño que dicir tamén que hai unha pasaxe adicada a Galicia, mencionando a cidade de Santiago de Compostela.

Na capital española fi xo moi bos amigos e coñeceu a importantísimos poetas españois da xeración do 27 ( Rafael Alberti, Miguel Hernández, Vicente Aleixan-dre.) e incluso a Valle Inclán, dedicándolles a cada un cadanseu episodio no seu libro.

Pero a quen lle dedica mais espazo é a García Lorca, de quen foi íntimo amigo e con quen pasou moitas peripecias. Hai dous episodios especialmente emoti-vos e tristes nas memorias de Pablo Neruda: ao fi nal do libro, do que falarei mais adiante, e o asasinato de García Lorca. Despois de describilo como unha das mellores persoas que coñeceu, relata como recibiu a noticia da súa morte e dedica un extenso e emotivo pasaxe a eloxiar o seu amigo falecido, onde refl exiona tamén sobre a brutalidade da Guerra Civil..

A Guerra Civil colleu a Pablo Neruda en España, non fai falta dicir de que bando estivo dende o principio. Cando a guerra se estaba perdendo, desprazouse a París, xunto con moitos outros escritores, poetas e artistas que apoiaron á República dende esta cidade. Alí, o poeta, como diplomático que era, foi de gran axuda para os exiliados españois dándolles despraza-mento e refuxio en Chile, salvando moitas vidas

Desde a súa chegada a España e a súa implicación na Guerra Civil, Pablo Neruda xa se acabara de defi -nir completamente como comunista. Despois viaxa a México, China, URSS e Cuba. En Rusia viu a Stalin unha soa vez, nun dos seus discursos, e no seu libro descríbeo como un ditador que mancha o nome do comunismo. Refl exiona aquí sobre o sinsentido dos totalitarismos e a idea de liberdade relacionada cos

seus ideais. En Cuba, chegou a oír o primeiro discurso de Fidel Castro, a quen admiraba naqueles tempos, e con quen estaba moi entusiasmado porque o soño comunista por fi n se ía cumprir. Non obstante, xa no tempo no que escribe o libro, fai unha refl exión sobre o ditador e os seus métodos, e describe como o soño se foi disipando a medida que pasaron os anos. Ta-mén se entrevistou co Che Guevara, a quen admira profundamente, mais critica o seu uso da violencia.

Neruda escribiu as súas memorias nos anos fi nais da súa vida, o fi nal do libro escribiuno unha semana antes da súa morte. A última parte adícalla ao presi-dente Salvador Allende. Gran amigo do poeta, Allen-de era a grande esperanza de levar o comunismo á democracia, de transformar a sociedade legal e pro-gresivamente para alcanzar un mundo xusto. Neruda meteuse de cheo na campaña de Allende, viaxou ata os lugares mais remotos de Chile a pedir o voto por el, recitando os seus poemas. Finalmente o Partido Comunista gañou as eleccións. Neruda describe a euforia que sentiron e fai un balance das políticas do presidente.

Neses tempos recibe o premio Nobel de Literatura e viaxa a Estocolmo a recollelo. Cando volve, describe como a dereita e a ultradereita se mobilizaron a par-tir da Nacionalización do Cobre, e como aumentaba a tensión política. Finalmente, como todos coñecemos, Pinochet deu un Golpe de Estado, e Allende morreu, aínda, hoxe en día, non se sabe moi ben como.

Para acabar as súas memorias e a súa vida, Neruda fai unha emotiva despedida do seu amigo, lamentán-dose de que, unha vez mais, o soño non chegara a realizarse, e de que un totalitarismo volvera a ocupar o poder. Non volveu a saír da súa casa nin da illa na que vivía. As últimas liñas escribiunas unha semana antes da súa morte.

Despois dunhas semanas lendo este fascinante libro, cheguei ao triste fi nal, e ao acabalo non puiden evitar pensar que estivera lendo unha marabillosa crónica de acontecementos históricos que marcaron o século pasado de primeira man dun dos personaxes mais in-teresantes do propio século.

Falar de Neruda é falar dun dos maiores poetas do século XX. É falar de poesía comprometida. De cohe-rencia. Dunha beleza lírica incomparable. Dunha vida apaixoante que constitúe unha das maiores testemu-ñas da historia do século pasado. É falar, en defi nitiva, dun marabilloso libro, o cal aproveito para recomendar para calquera que queira pasar uns momentos mara-billosos lendo un texto xenial dun poeta xenial.

Tomás Caamaño Louro,1º Bach. B

Page 46: Xeada 2012

46

LITERATURA

POEMA A O IESANTÓN FRAGUAS

Arrincarei dos cotobelos o raizame que me anoa a ti

e me abafa na caluga o fío das ganas de medrar,

mentres tanto tenta quererme

canto menos sobrevivo a ti;

cuspe na miña leira mentres me sementen os anos

para que os meus froitos sexan acedas mordedelas de madurez e

dúbida,

lémbrate do noso pedregoso idilio cando esgote a suor

e farte de buscar camiños con pegadas.

E cando volva en si e albisque preto

un abrollo de sentido nas túas fi estras

terasme agardando só para que vaia

e encherás de faragullas a verea que esclarezas paseniño en min.

Mentres tanto irei tecéndoche desde fóra

unha curtina de fume que me oculte

para que non me vexas respirar sequera

ata os seguintes vinte minutos de liberdade.

Deixarei que o día fi ne e parirei o pusilánime aprendiz,

darache compaña e valor e versará nun teu túnel

ao abeiro do inverno que me asina as mans e conxela a rabia.

Que sei eu quen son nin que(n) eu quero.

Agora estás fermosa e tesme aquí calado

porque non sei con cales cores a noite te peitea

e cal labrego que ama a terra que traballa

hoxe só son soidoso dó leado.

Que despois de todo ao fi n e ao cabo

serás como outro amor dos que chegan cedo

deses que esculpen físgoas na inocencia das peles novas

e fi carán na alma como unha lección indeleble.

A ver mañá se entre raiola e preguiza

vén secuestrarme a airexa do carpe diem

e os meus pulmóns respiren fervenzas en celo

e así me adestres, púxil e indomable

derrubando nubes e estratosferas.

Guinho Reyne (Hugo Rey Nieto, ex alumno do IES, actual estudante de Filosofía na USC)

CARTA DUNHA SOÑADORA

PARA ALGUÉNQUE SE ATOPA AO

OUTRO LADO

Sempre che botei a culpa, e aínda agora o sigo facendo. Cúlpote

por deixar orfo o meu corazón e a miña alma desangrada. Dende que me abandonaches nada é o mesmo; non podo deixar de pensar en ti,os teus recordos só provocan lamentos, suspiros.

Cada vez que te lembro vexo a mesma imaxe, de cando aínda non te foras, véxote tan preto, tan grande, tan forte e entón cabréome. Enfádame pensar que eu non teño o poder de decidir quen permanecerá vivo e quen non, que esa decisión só a poder tomar quen quera que se atope sobre as nosas cabezas.

E eu pregúntome, ¿Por qué te fuches tan lonxe, tan alto? ¿A que viña toda esa présa por subir? ¿Tan alta estaba a túa meta?

Sei que non responderás, nin sequera o facías cando estabas ao meu lado. Sem-pre fuches dos que calan e bican… mais gustaríame que me respondeses, que me contases como che vai por alí arri-ba, supoño que xa superarías o medo ás alturas.

Espero reunirme contigo algún día alá, no otro lado.

E mentres eu quedo aquí, recordando os momentos vividos e sentíndote moi preto aínda que xa non o esteas.

Andrea Villaverde Rozas. 4º·ESO C.

Page 47: Xeada 2012

47

LITERATURA

Un título bastante suxes-tivo para un libro, unha portada curiosa, unha sinopse pouco explícita. Non sabía o que me es-peraba antes de comezar a lelo; supoño que iso forma parte da maxia da literatura. Sen máis demora, iniciei a lectu-ra, navegando páxina a páxina polo mundo pa-ralelo da fi cción. Fun co-ñecendo as técnicas que, moi acertadamente, Fran

Alonso emprega para introducirnos nunha novela que xira en torno á vida actual. As novas tecnoloxías e a forma en que estas infl úen nos distintos xeitos de relación entre as persoas, é unha das temáticas esenciais do libro. Un libro que nos leva dunha historia a outra, nun vaivén de perso-naxes e de sentimentos que estes encerran. Cada un dos relatos está separado por un hoax, eses correos electró-nicos falsos que chegan ás nosas bandexas de entrada, refl ectídonse nesta técnica, de novo, a presenza ineludi-ble dos novos tempos fronte a un pasado próximo que semella xa moi lonxano. Nin eu, vítima das redes sociais, sabía o que era un hoax ata o momento en que rematei a novela. Con isto decateime de que non ‘controlo’ tan-to como pensaba, e que, inclusive para xente nova coma min, este pode ser un libro cun sutil carácter didáctico.

A obra desenvólvese arredor das distintas percepcións que creamos sobre os nosos veciños. Como chegamos a crer coñecelos tan só polas aparencias e polos ruídos que se fi ltran a través das paredes, e como estes infl úen, ao mesmo tempo, na nosa propia vida cotiá.

Fran Alonso afi rma que a novela é completamente fi cti-cia. Pois ben, ao longo das súas 198 páxinas, eu fun ca-paz de recoñecer e compartir sensacións e sentimentos en todos e cada un dos relatos que a compoñen. Relatos próximos aos lectores, nos que os protagonistas e as súas vidas están ligadas ao Facebook, ao Tuenti, ao Twitter…

Non é unha obra dotada de fantasías, aventuras, nin sequera de paixón ou ciencia fi cción. É máis ben o mero espello das comunidades contemporáneas, vencelladas á soidade, á melancolía, ao propio ruído que nos rodea e nos atorde.

Non vos estou a recomendar un libro, nin pretendo obri-garvos a mercalo ou a pedilo na biblioteca máis próxima, non son ‘ninguén’ para facelo. Mais…de verdade ídesvos resistir?

Alba García Pose, 1º BAC A

‘NINGUÉN’ O AVÓ ISMAILDe Esther Prieto

No 2005 o número de re-fuxiados palestinos era duns 4.5 millóns en todo o mundo, pero esta cifra aumenta cada ano máis e máis, sen que nos nos decatemos nin nos pre-ocupemos polo asunto.

Para ser sincera, ao prin-cipio as miñas gañas de ler este libro eran ínfi -mas, a temática non é que me adoite chamar a atención, e tiña en men-te ler outra clase de no-velas, das que non che fan pensar, por dicilo dalgún xeito, pero menos mal que se me cruzaron no camiño Ismail e as súas historias de guerras e mortes. Así non soa moi apetecible, pode ser, pero en canto comezas a ler a histo-ria atrápate, vólveste un refuxiado máis, involúcraste na familia de Ismail e do seu neto predilecto, Nader, ámbolos dous cunha visión diferente da triste realidade que lles tocou vivir debido a unha cegueira provocada pola gue-rra.

Por desgraza esta realidade está á orde do día, os conti-nuos ataques entre xudeus e palestinos podémolos ver na televisión ou lelos nos xornais cada mañá, pero case non lle prestamos atención, ou polo menos non a que se merecen. Grazas a este libro, este relato de melancolía polos territorios e polos seres queridos que xa non están, podemos aprender importantes valores, que a moitos de nós, estou segura, nos fai falla ter en conta. Soamente coa superación dos palestinos que, xeración a xeración, buscan novas oportunidades, tes a sensación de que un mundo mellor é posible.

Este libro narra a loita e o esforzo dun pobo por recuperar a súa identidade, sen importar moito onde, importando a xente que te rodea, cóntanos o triste que pode chegar a ser o pasado e o prometedor que pode ser o futuro se o intentamos, porque, como todos ben sabemos, a espe-ranza é o último que se perde, polo tanto, eu non perdo a esperanza de que todos vós vos animedes a compartir esta aventura cunha familia palestina coma outra cal-quera, pero especial, pois todas o son.

Antía Gándara Cerqueiro, 1º Bach. A

Page 48: Xeada 2012

48

LITERATURA

CREACIÓNS LITERARIAS

24 HORASUn día normal de traballo pola mañá, nunha comisaría de San Francisco, o inspector Henry e o seu compañeiro Ro-ger estaban a completar uns informes que tiñan penden-tes da semana pasada; cando de súpeto soou o teléfono e o inspector Henry acudiu a chamada:

(Riiiiiiiing)

-Inspector Henry á fala.

-Escóiteme ben, non o vou a repetir! Está en xogo a vida do xuíz Charles, teñen 24 horas para salvalo, a primeira pista atoparana no seu despacho (voz distorsionada)

-Agarde! (Pi-Pi-Pi )

A misteriosa persoa colgou o teléfono deixando o ins-pector Henry coa palabra na boca.Tras a chamada Henry informou ao seu compañeiro Roger sobre o sucedido e decidiron ir cara aos xulgados.

Ó chegaren, facendo uso do seu poder, os inspectores en-traron no despacho e levaron unha desagradable sorpre-sa. Atopáronse cunha pintada de sangue na parede,que dicía: "Busquen nun lugar que leva moito tempo abando-nado". Mentres uns buscaban probas que puidera deixar o sospeitoso; Roger e Henry decidiron ir falar cos seus achegados para descubrir quen lle podía facer dano.

Tras falar coa súa muller e os seus compañeiros souberon que na última semana Charles estivera moi nervioso xa

Autor: Juan Kruz Igerabide

Editorial: Oxford. A árbore da lec-tura

Tradutor: Roxelio Xabier García Romero

Nº de páxinas: 161

Ilustracións: Non ten ningunha, só ten unha foto na portada.

Resumo: Ester é unha rapaza cega, vive nun piso cos seus pais, pero uns días seu pai falta, súa nai dille que vai traballar a Francia; Ester comeza a decatarse de que están a ocorrer preto dela cousas estrañas. Un día súa nai déixaa na escola e non a volve recoller, e un rapaz ensínalle un recorte de pe-riódico no que di que culpan ó seu pai do roubo dun banco.

Pauliño, o rapaz que lle ensinou o cacho de periódico; Lucía e Nélida, as súas amigas; Toribio, o seu veciño; e Pipo, o seu can; axudan a Ester na busca de pistas que declaren que o seu pai é inocente. Descobren que a súa profesora de matemáticas, o seu home, o seu amante (o marido da pro-fesora de lingua, Rosa) e a irmá deste están involucrados no roubo. Buscan na casa da profesora e conseguen unha gravación. Despois, tamén descobren un alixo nas rochas. Un dia Ester vai con Pipo á casa da profesora e descobre que teñen secuestrada á súa profesora de lingua.

Pola noite van todos espiar ás rochas para ver o que oco-rre, ven como un barco e unha camioneta enredan á policía mentres unha pequena lancha marcha co alixo.

A mañá seguinte, Pipo conduce á policía ata o lugar onde se atopa o alixo. Alí capturan ós rusos. O luns, no instituto, a policía levou esposada á profesora de matemáticas.

Análise psicolóxica dos personaxes:

Ester: é unha moza cega, quere moito ós seus pais, sempre trata de buscar o xeito das cousas ata dalas amañado. A pesar de ser invidente é moi intelixente e traballadora.

Toribio: un ancián zapateiro que vive no 5ºB do edifi cio de Ester. Aparenta ser boa persoa e sempre lle axuda ós rapa-ces no que pode.

Nati: é a irmá da nai de Ester, e faise cargo da súa sobriña cando a súa irmá se ten que refuxiar da policía.

Pauliño: é un rapaz pequerrecho e atrevido que vai na clase de Ester, axúdalle en todo o que pode,e vai investigar por aí coas rapazas; é o primeiro que lle di a Ester que non crea nada ata o fi nal.

Rosa: é a profesora de lingua galega do instituto, deixoulle o móbil a Ester, logo Ester foi rescatala do secuestro, e ela axudou á rapaza en todo momento.

Nai: quere protexer á súa fi lla do escándalo que está a ocorrer,pero tense que agochar,e deixar a súa fi lla nas mans da súa irmá.

Falar do libro: Opinión persoal: O libro está moi ben estru-turado, ten unha gran historia que defi ne o ben que un in-vidente se pode manexar, aínda que a simple vista semelle moi complexo.

Persoalmente o libro gustoume, tanto que o lin nun só día, aínda que o fi nal, á parte dun pouco previsible tamén foi un pouco incerto.

Daniel Maceiras Vidal.2ºESO C

ATA QUE O SAIBAS TODO

Page 49: Xeada 2012

49

LITERATURA

que tiña a sensación de que era observado.

Mentres andaban a buscar lugares que levan bastante tempo abandonados, recibiron as probas do ADN ato-pado no despacho que dicían que o sangue procedía dun animal,tamén lle dixeron que atoparan terra na escena da pintada.Despois desta información puideron descar-tar lugares anteriormente atopados como: Una fábrica de aceites, un peirao, un supermercado ... E só lle quedaron unha obra e un parque.

Quedáballes pouco tempo polo que decidiron dividirse; Henry e Roger foron á obra xa que recordaron o famoso escándalo da detención desta. Unha vez alí viron algo sos-peitoso no segundo andar polo que optaron por subir. Xa nos últimos pasos das escaleiras escoitaron o "tic tac" dun aparello. Ó chegar arri-ba viron a Charles atado de pés e mans nunha cadeira e cunha bom-ba por todo o peito e tamén atopa-ron bombas máis potentes (capaz de derrubar o edifi cio) por toda a sala, achegáronse ó xuíz e observa-ron que quedaban 10 segundos para que todo voara polos aires. Así que decidiron fuxir debido a que era imposible salvalo. Mentres baixaban ás carreiras os explosivos de-tonaron e só saíu vivo Henry debido a que lle caeu o teito enriba ao seu compañeiro e impediu a súa fuxida. Henry moi afectado pola morte de Roger tomou como algo per-soal atopar o asasino.

Despois do enterro de Roger, Henry volveu á comisaría para seguir investigando e ó chegar, na súa mesa atopou unha nota que poñía: "A morte do teu amigo foi pola vosa incompetencia, soamente vós sodes os culpables". Aquí Henry descubriu que o asasino estaba resentido coa po-licía, mandou a nota para analizar e seguiu traballando. Chegáronlle os resultados que informaban de que o asa-sino era una persoa intelixente e que sufrira un trauma infantil.

Tres días despois da nota que recibiu o inspector Henry, o asasino volveu a chamar dicindo:

-Henry, tés 24 horas para salvar a vida do avogado J. Stanley, esta vez espero máis de vós. A pista esta na súa casa.

-Esta vez non te vas saír coa túa; pillareite e lamentarás o dano causado.

(Pipipipi )

O inspector Henry levantouse e saíu ás présas cara a casa de J. Staley.

Unha vez alí encontrou no seu despacho unha pintada na parede, con sangue de porco que poñía: "A persoa que

buscan está no lugar onde traballo". Rexistrando a súa casa, atoparon varios informes de casos no que coincidira co xuíz Charles e leváronos á comisaria.

Henry na súa mesa analizou os informes previamen-te encontrados, onde descubriu dous casos nos que só sobreviviron os fi llos e que agora, eses fi llos están nun centro de menores. Henry desprazouse cara o centro para falar co director sobre Jack e Joe. O director díxolle que Joe

aínda seguía no centro (polo que non podía ser o asasino) e que Jack saíra do centro hai dúas semanas porque cumprira os 18 anos.

Entón, Henry interesouse por Jack e pediulle ao director que lle fala-ra sobre el. O director díxolle que Jack non superara a morte de seus pais (Viu como os mataban) e que estaba obsesionado en que alguén pagase polas mortes; tamén lle garda rancor á xustiza por soltar o asasino de seus pais, polo que que-re vinganza. Tras esta información Henry sabía que Jack era o asasi-no, so lle faltaba encontrar o lugar

onde se atopaba J. Stanley. Ao chegar a comisaria buscou as propiedades que lle deixaran os pais ao seu fi llo cando estes morreron. Trala busca deron coa súa casa e mais co antigo matadoiro familiar. Henry refl exionou e deuse de conta de que o sangue utilizado nas mensaxes nos asasi-natos podía provir do matadoiro, debido a que era sangue dun animal.

Despois de pedir reforzos, dirixiuse ó lugar sospeitado. Ao chegar, deuse de conta de que quedaban escasos mi-nutos de vida para o avogado, nese intre escoitou o son dunha máquina que proviña do interior. Entrou e viu como J. Stanley estaba colgado dun gancho que pouco a pouco se achegaba a unha máquina trituradora; mentres os de-mais policías paraban a maquina e desataban ó avogado, Henry decatouse de que Jack saíra pola porta traseira coa intención de fuxir; o inspector botou a correr tras el, ao aproximarse , tirouse enriba del e unha vez no chan pe-lexaron entre eles, rematando con Jack detido.

Unha vez na comisaria Jack confesou matar ó xuíz Char-les, por deixar en liberdade ó asasino de seus pais; o poli-cía Roger, foi un dano colateral; e o intento de asasinato de J. Stanley, debido a súa incapacidade de culpar ó asa-sino. Jack non amosou ningún signo de arrepentimento polo feito.

Tras o xuízo, a condena foi de pena de morte e Henry con-seguiu superar a morte do seu amigo Roger e continuar coa súa vida de inspector.

FIN

Ángela Otero, Alejandro Vázquez. 4º ESO C

Page 50: Xeada 2012

50

LITERATURA

“GRANDE NACIÓN”

Era o día do seu decimo sétimo aniversario, mais iso non a facía feliz, xa que sentía que non había nada

que festexar. Estaba deitada, desfrutando dos últimos minutos antes de que a espertasen a berros daquilo ó que chamaba cama, se podía denominar así a un colchón cotroso, unha manta raída e un par de sabas porcas; oía a respiración pausada do seu irmán pequeno de cinco anos ao seu carón, o pobre nin tan sequera coñecera a seus pais.

Chegou a hora de erguerse. Sen almorzar formaron fi las no patio coma cada día antes e despois de durmir, asignáronlles as tarefas do día e unha vez máis, rezaron o nome do Líder Supremo e pola Gloria do País.

Aquela mañá a Sun Hee tocoulle varrer os cuartos dos adultos dirixentes do orfanato e ó seu irmán Chin-Mae, coma a tódolos nenos da súa idade, puxéronlles vídeos sobre “a bondade e sabedoría do líder” –que novos comezan a lavarlles o cerebro– pensaba Sun Hee cada vez que o seu irmán lle falaba do líder, crendo todas esas mentiras. Mais a ela non a enganaban, porque sabía que o seu pai morreu tentando fuxir a un lugar mellor, en busca de liberdade. A súa nai morrera ó nacer o pequeno, pouco antes, e dende entón as súas vidas limitáronse a estar nese internado cerca da fronteira co país veciño… e todo o que iso signifi caba.

O peor eran as continuas malleiras que os organizadores do orfanato lles daban ós maiores para evitar as rebelións. ¿Por que o resto do mundo non fai nada? ¿Acaso ós outros países no lles importaban as situacións tan penosas que estaban a vivir?

Ás veces Sun Hee imaxinaba que ela e o seu irmán se fugaban do internado. Coñecía un pouco ó rapaz que lles levaba os alimentos que non podían plantar na pequena horta do orfanato. Se cadra el podería sacalos na súa camioneta e despois irían ata a fronteira a pé, só eran uns cantos quilómetros, e mesmo se o conseguían aínda terían que cruzar ó outro lado… pero ¿Como?

Xa planeara todo aquilo miles de veces sen saber como acabar o seu plan, tampouco sabía con toda seguridade se o rapaz da furgoneta lles axudaría. Cría que ela lle gustaba, máis dunha vez o sorprendera mirándoa e un par de veces ata lle dedicou un sorriso, pero iso non quería dicir que fose a arriscarse tanto. Por outra banda

se llo pedía e os delataba… saír do país sen autorización considerábase alta traizón, pode que lle perdoasen a vida a Chin-Mae porque só era un neno, pero ela xa case era unha adulta e se a consideraban disidente... una falta coma esa podería supor a cadea. Ou a morte.

Sentía que o tempo se lle botaba enriba. Dentro dun ano sería maior de idade e tería que deixar o orfanato, o que non estaría tan mal de non ser por Chin-Mae. As fábricas das grandes cidades sempre precisaban obreiros e era case seguro que o estado ía enviala a traballar na capital, a centos de quilómetros de alí. Separaríana de Chin-Mae e probabelmente non voltaría a velo. Non podía consentilo. Toda a súa familia morrera, o seu irmán era o

único que tiña e se o perdía a el tamén… entón non lle quedaría motivo ningún para seguir.

Un par de semanas despois do seu aniversario apareceu o rapaz da camioneta e Sun Hee non puido crer na súa boa sorte cando lle ordenaron que axudase a descargar a mercadoría. Era a súa oportunidade, tería un anaco practicamente a soas co rapaz e estaba farta dos malos tratos, a fame, o frío, as malleiras, O Maldito Líder Supremo, os organizadores, a Gloria do País e de todo o relacionado coa súa vida. Tiñan que saír de alí e cumprir o soño polo que morrera o seu pai, tiña que protexerse a si mesma e ó seu irmán pequeno canto antes. O corazón latíalle a

mil por hora cando se achegou á parte da furgoneta na que se apiñaban os sacos de arroz. Empezou a traballar mentres tentaba adiviñar cal sería o mellor momento. O patio estaba case deserto e parecía que ninguén se fi xaba neles pero non podía estar segura. Un par de veces estivo a piques de dicirllo todo ó rapaz pero fi nalmente non atopou valor dabondo para facelo. Era certo que podía ser a solución, pero tamén podía ser a fi n; e non o coñecía tanto como para facelo cómplice do seu plan. De feito parecíalle que no seu pequeno mundo no había ninguén de quen se puidese fi ar, excepto Ha-Neul, o máis parecido a unha amiga que tiña dende que chegara ó orfanato.

Pasaron varias semanas antes de que a vella camioneta do reparto aparecera de novo pola estrada, pero esta vez non ía nela o rapaz de sempre. O condutor era un home maior, moito máis vello e malencarado que o mozo do sorriso tímido, e a moza non se atreveu a preguntar que lle pasara ó anterior rapaz da furgoneta. Soubo que perdera unha oportunidade e que se quería levar a cabo

CREACIÓNS LITERARIAS

Page 51: Xeada 2012

51

LITERATURA

os seus plans non podía depender doutras persoas e ía ter que saír de alí polos seus propios medios.

Deixou de soñar e empezou a trazar o seu plan de fuga dun xeito moito máis serio e planifi cado. Estudou os edifi cios e os vixiantes, o seu xeito de comportarse e os turnos que facían.

Aínda que para durmir os pechaban no dormitorio común, pensou que sería mellor escapar de noite que de día. Había menos xente e na escuridade sería máis difícil que os visen. Sabía que a porta ía estar atrancada, pero había un vixiante que sempre dicía porcalladas ás mozas máis feitas e mesmo as apalpaba ó cruzarse con elas nun corredor. Se cadra, se lle facía crer que era unha rapaza agarimosa, igual o convencía para que abrise a porta, e así podería sacar a Chin-Mae de alí.

O peor de fuxir pola noite era o frío. Chin-Mae nunca fora un neno moi forte e a Sun Hee dáballe medo que enfermase. Como era imposible conseguir roupa de abrigo pensou en pedir a Ha-Neul que roubase para el dous ou tres uniformes do seu tamaño e poñerllos un por riba doutro. Á súa amiga case sempre lle tocaba traballar na lavandería e seguro que podía axudala. Coñecíanse dende que chegaran ó orfanato, o mesmo día, cando as dúas tiñan trece años. Lembrábase de que foi un día nubrado, húmido e moi bochornoso, os viaxiantes ensináranlles a poñerse en formación para o reconto, asignáronlles un número de identifi cación, repartíronlles os colchóns húmidos e con manchas de orín… e as dúas comprenderon que a vida que coñeceran antes xa rematara para sempre.

Aproveitou a hora do xantar para falar con Ha-Neul, á súa amiga custoulle afogar un berro cando lle contou que ía fuxir, pero ó saber que o facía por Chin-Mae prometeu axudarlles. Despois foi buscar ó vixiante. Seducilo foi aínda máis sinxelo do que esperaba, tivo que soportar que a bicara e a apalpara un pouco, pero aínda non pasaran cinco minutos e xa o convencera para que abrise a porta pola noite.

Cando todos se quedaron durmidos e escoitou as chaves na pechadura acordou a Chin-Mae, erguéronse xuntos sen facer ruído e cruzaron o cuarto, Sun Hee levábao collido da man ó carón dela e avanzaban paseniño, con coidado de non espertar ós demais. Cando estaban case chegando á porta fíxolle un aceno para que agardase caladiño, saíu ó corredor e deixou que o vixiante a levara ó armario no que se gardaban as vasoiras. Estaba tan emocionado intentando quitarlle a roupa que non se deu conta do que pretendía ata que ela ergueu de repente a

perna e empregou o xeonllo para darlle un golpe con tanta forza como foi capaz. Rouboulle as chaves e deixouno alí agarrándose as súas partes mentres se retorcía de dor en silencio, pregando que ninguén se enterase de que non era máis ca un estúpido que se deixara enganar por unha rapaza bonita.

Sun Hee volveu por Chin-Mae e empezaron a correr cara ó patio. Só tiñan que cruzalo, abrir a cancela e xa estarían fóra… ¡Faltaba tan pouco!

En canto saíu ó fresco da noite a alma caeulle ós pés. Catro –o se cadra cinco– vixiantes agardaban por ela na cancela. Alguén a delatara e rompeulle o corazón saber que só puidera ser Ha-Neul, aínda que ela pensaba que eran amigas. Seguramente o fi xo por un anaco de queixo, facía tanto que non comían queixo.

Pegouse ben á parede, estaba escuro e aínda non a viran. O peor era que o seu irmán empezaba a axitarse, facía preguntas e falaba tan alto que o podían oír. Sun Hee agachouse para poñerse ó seu nivel e pediulle que falase baixiño porque estaban xogando ás agachadas, pero Chin-Mae estaba a mirala con ollos desconfi ados. Entón deuse conta… o seu irmán sempre vivira alí, non coñecía outra cousa... para el o orfanato era o seu mundo e todo o que pasaba alí era normal.

E o peor de todo era que de verdade cría na bondade do Gran Líder y e na Gloria da Patria.

–Es unha mentireira, o que queres é saír de aquí e matar ó Gran Líder ¡Traidora!

Non entendía de onde puido o pequeno sacar esa demencial idea, pero tivo moi claro que sería imposible facelo entrar en razón. Soubo o que estaba a piques de pasar un instante antes de que Chin-Mae abrise a boca e empezase a berrar.

– ¡Está aquí! ¡A traidora!

Case sen saber o que facía volveu dentro do edifi cio. Non podía quedar alí quieta esperando a que a cazaran coma un rato, deixou atrás a dous, pero no corredor chocou de frente co vixiante ó que enganara para que abrise a porta. Aínda lle doía o golpe, estaba furioso e armado cunha porra. Tirouna ó chan dunha labazada e empezou a darlle unha malleira, zoupándolle con todas as súas forzas. O mesmo lle daba pegarlle na cara, que nos brazos, o lombo ou a cabeza. nun momento dado Sun Hee abriu os ollos. A derradeira visión que tivo antes de morrer polos golpes foi a do seu irmán. Choraba tirado no corredor, mentres outro vixiante o golpeaba.

Xoel Campal, David Rey, Juan Carlos González,Adrián López. 4ºESO C

Page 52: Xeada 2012

52

LITERATURA

CREACIÓNS LITERARIASEu só quero estar contigo.

Haberá alguén que incordie está consciencia fatalísima.Devoramos en segredo as carencias dos últimos

até non conseguir nada. Porque non conseguimos nada. Non consigo nada.

Teño a cara destrozada e convirto esta cama na miña cómplice. Enumero todos os labios

que me colgaron na palabra. Eu só quero estar contigo.E teño unha obsesión crispada sobre a miña fronte

que me impide dicirche, pregonalo estupidamente en toda a cidade

que imploro que me necesites, como antes o facías.

Aguantar é dolor, é verso, ciscarnos espidos.É o desastre que temos entre os brazos.

Eu só quero estar contigo. Fareino todo para estar contigo

até que ninguén me recoñeza.

Tento loitar contra o que ven con todo o meu corpoberro polo chan

e me agocho na mínima extensión.Observo a que fun e me responde

como puideches chegar a isto.

Que me esperarán vestixios do teu labio superioré tan só unha escusa.

De nena soñaba con paisaxes bielorrusos,árida terra que aínda me agarra por detrás

como bailando detrás dos meus ollos.

Enfronte está o meu corpo, sen vida. Planeo correr até el,

e atrás hai algo que me persegue, que meatrae. Tenso os meus músculos dispoñéndome para a

intervención triunfal. Planeo a miña fuga; chegar até onde xazo eu, como

unha princesa sen veas. Entón tento moverme, fago forza, choro e axito os

brazos, e non me movo.

Logo esperto, a casa aínda

ten as luces acesas. Estou tremendo, miro ao redorti non estás.

Helena Salgueiro Golán. 1º BACH

A Paz tema de Poesía

Concurso de poemasDía da Paz 2012

Primeiro premio3º, 4º ESO e Bacharelato

David Villar Prado (3º ESO C PDC)

Eu deitado xunto ao ríosinto a paz e a harmonía,os problemas fi can lonxe.Eu ollo moita Beleza,a Calma, a Ledicia, son feliz. Fóra lixos, fóra fumes,fóra berros, fóra armas,fóra fame, fóra dor...

Segundo premio - 1º, 2º ESO

Rita López Róo (2º ESO D)

A paz non é deixar de loitar, senón loitar desde o pensamento, é unha enerxía que temos que por en movemento se cada un pon un grao de area podemos volver a formar unha soa terra! Miles de vidas por unha parvada, xente maltratada que se ve obrigada a non dicir nada. Gustaríame poder entrar nun país sen que me pechen a porta nos fuciños, na gran bodega onde nos etiquetan coma os viños. Eu quero vivir, quero viaxar, ser, o que queira ser, o que me pida o corazón e non un papel.

ff

Page 53: Xeada 2012

53

LITERATURA

“Love is in the air”O avión despega sen incidentes. El axítase medorento mentres observa a súa partida; esa arriscada viaxe atemorízao como ningunha. Arredor do voo xiran nubes cargadas de inquedanzas: medo de que non aterre en Carolina ou sexa derrubado polo inimigo, esperanza de que non haxa turbulencias… Os pasaxeiros han de chegar a ese destino e non a outro.

O avión nunca chegou a Carolina; eses pasaxeiros tan importantes perdéronse polo camiño. A rapaza non sabería xamais o que dicían. Só o profesor, ao interceptalo chegou a coñecer o signifi cado dese fráxil voo de papel.

Sara Rodríguez Espiñeira.4º ESO B

VI CONCURSO DE MICRORRELATOSAUTOESTIMA

Guapa, que es guapa! Mira que sorriso, que vas por aí conquistando corazóns, pillabana! E eses olliños? Como brillan! Teñen a cor da auga do mar da costa galega, e, se lles dá o sol, tornan máis cristalinos, máis caribeños. Pero sempre igual de fermosos,

de penetrantes. Que envexa me dás, María!

E o teu cabelo…tan suave e tan longo coma o dos anuncios! Sen dúbida, máis guapa ca calquera das da tele!

Anda, vaite xa que vas chegar tarde. Lémbrate de falar sen medo, con confi anza, demostra quen es e o que vales. Estou segura de que esta vez, o traballo é teu!

Veña, dáme un biquiño e marcha xa.

‘muak’

María marchou, deixando o espello do salón cunha lixeira mancha de carmín.

Alba García Pose, 1º BACH A.

1ºPREMIO

2ºPREMIO

Segunda Lei de Mendel (…) La 2ª ley de Mendel, también llamada Ley de la segregación o disfunción (?) de los alelos ...

Non. Non tomei ningún psicotrópico antes de vir. E aínda así pérdome nesta clase de bioloxía coa facilidade coa que se esquecen os paraugas cando non chove. Non é o caso de hoxe, pero mellor será non mirar pola ventá ou a miña nota resentirase tamén por comportamento. Mellor seguir escribindo, e asentir por inercia cando o profesor me mire. Como fan ese “cans” que algunha xente coloca no coche. Agora, o profesor fala de chícharos. Tremenda crueldade, case é hora de comer. Faltan 10 minutos. E a tinta deste boli estáseme acabando. Vale, xa está. De todas formas, que perda de tinta. E de tempo. Podería ter escrito unha novela nas horas nas que observei despectivamente estas paredes rosa salmón. Nada que mereza a pena ser lido. O fondo a cadros deste caderno é un cárcere de mediocridade. Estaría ben atender algún día, sorprender a aqueles que non cren en min cun sobre. Que as bocas dos meus profesores se abrisen coa redondez dos seus ceros.

Que as queixas de meus pais se silenciasen. Que a profesora da pasantía sentise que o seu traballo serve para algo. Que esa rapaza tan guapa de 4ºC

me considerase listo. Pero cada un debe facer o que se lle dá ben, e o meu non é isto. Son realista, pero iso non se premia nos boletíns. Quedan 5 minutos. Máis do tempo que necesitei para saber que non me gusta isto. Moito menos do que precisarei para atopar algo que me guste. Un futuro de negra crise desasosega, pero tampouco me quita o sono. Futuro é unha palabra que nunca chega.O partido desta tarde é máis real.

RING! O timbre berra coma un bebé demoníaco tras un doloroso parto.

Manuel Duro Santos. 1º Bach B

3ºPREMIO

Page 54: Xeada 2012

54

DEPORTE

O Club Amigos de Baloncesto Obradoiro naceu en San-tiago de Compostela en outubro de 1970, cando 29

socios fundadores decidiron darlle un impulso ao balon-cesto masculino santiagués. O Obradoiro C.A.B comezou en 3ª división. Despois de ascender a segunda división, o Obradoiro disputa a temporada 1976-1977 na 1ª División B. Neste mesmo ano inaugurouse o Pavillón Fontes de Sar (a actual caldeira de Sar, para os “seareiros” do Club.) En 1982 o equipo acada a máxima categoría do balonces-to español (na que durará só unha tempada, gañando 2 partidos) tras derrotar ao CB Mataró. Formaban parte do equipo: Mario Iglesias, Juan Lomas, Balagué, Arturo Corts, Javi Vallejo, Montero, José Cobelo, Manolo Vidal, Alberto Abalde, Gil, Popocho Modrego, Julio Bernárdez e Pepe Casal, que foron recibidos por miles de afeccionados no aeroporto de Lavacolla.

Despois de varias tempadas na 1ªdivisión (segunda ca-tegoría a nivel estatal) o Obradoiro C.A.B afrontou en 1989-1990 o play-off de ascenso (que marcaría a historia do club) á nova liga profesional, a ACB. Na fi nal o equipo santiagués perdeu fronte ao Júver Murcia. No primeiro partido xoga polos mur-cianos Esteban Pérez, con nacionalidade arxentina, o que daquela supuña aliña-ción indebida. Esta situa-ción foi denunciada polo Obradoiro ante a Xustiza Deportiva e máis tarde ante os Tribunais Ordinarios. En 1994 anunciouse a resolu-ción do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid que declarou como gañador dos play-off ao equipo san-tiagués e obrigou á ACB a readmitilo nesta liga. Pero, ata o verán de 2003 a ACB non esixe ó club o canon de entrada (cerca de 3 millóns de euros) e o Obradoiro

HISTORIA DUN CLUBaceptaría os 600.000 euros que lle co-rresponderían na tempada 90-91.

Seguen os preitos, e por fi n, o 15 de xuño de 2009 o Obradoiro CAB forma-liza a súa inscrición na ACB.

Comezou a tempada 2009-2010 xogando na casa contra o Barcelona, cunha derrota como resultado, pero o Obra-doiro era xa un fenómeno social en Galicia. O equipo com-pletou unha magnífi ca primeira volta e estivo a piques de clasifi carse para disputar a Copa do Rei. Xogadores como Kostas Vasileiadis e “Tuky” Bulfoni convertéronse en ído-los da afección. Non podemos esquecer a vitoria fronte o Real Madrid no Multiusos Fontes do Sar. Unha pésima segunda metade do campionato condenou ó Xacobeo Blu:sens ó descenso á Liga LEB Ouro.

Remata a tempada 2010-2011 no segundo posto detrás do CB Murcia e clasifícase para disputar os play-off s de ascenso á Liga ACB co santiagués Moncho Fernández no banco, conseguindo pasar as tres eliminatorias e volven-do a ascender o 3 de xuño de 2011 na pista do Autocid Ford Burgos. Ademais nesta campaña o “Obra” conse-guiu a Copa Príncipe no Sar.

Nesta tempada 2011-2012 despois de que os socios tivé-semos que mercar accións do club para encher un pouco as arcas para mercar xogadores con nome (Lasme, Ere, Palacio...) a primeira volta do campionato non foi moi boa. Nesta segunda estanse a facer grandes partidos contra os mellores da clasifi cación por iso esperamos que o equipo permaneza un ano máis na máxima categoría, por primeira vez na súa historia.

Imaxinamos como vibraría Sar cantando o “miudiño”.

Iago Ramos Fontelo e Víctor Martínez Vales. 2ºESO D

Page 55: Xeada 2012

55

DEPORTE

A día de hoxe, o fútbol feminino é considerado coma unha categoría inferior ao fútbol masculino,

xa que algunhas persoas aínda pensan que as mulleres son inferiores aos homes e que os deportes non son para elas, pero non é así, todos somos iguais.

Neste artigo ímosvos falar do fútbol feminino xa que moitas mulleres xogadoras non están tan valoradas coma os homes e en realidade poden ser iguais ou mellores ca eles.

Un claro exemplo é Verónica Boquete, unha xogadora compostelá, coñecida mundialmente, que na actualidade está dentro das cinco mellores xogadoras do mundo. A súa carreira deportiva comezou en dous equipos santiagueses como son o Belvís (fútbol) e o Funeraria Apóstol (fútbol sala) e máis tarde unha das súas compañeiras de equipo levouna a xogar a categoría nacional co Aguiño, alí foi onde comezou a recibir propostas para ir a equipos mellores. A día de hoxe, xa xogou en numerosos equipos como son: Prainsa, Zaragoza e Espanyol, en España; Buff alo Flash, Chicago Red Star e Philadelphia Independence en Estados Unidos e Energy Voronezh en Rusia, e nesta tempada comeza a súa aventura en Suecia co Tyresö.

No país no que vivimos non se lle dá importancia ao fútbol feminino como debería dárselle, claro exemplo foi o partido da Selección Española Feminina Absoluta disputado hai uns meses en San Lázaro; moita xente nin soubo de que viñan xogar, non obstante, se fose a

O DownHill, en galego “descenso” é un deporte de ris-co que chegou a Galiza hai uns anos, e é por iso que

aínda non é moi coñecido.

O DownHill é unha modalidade na cal se compite nun camiño totalmente en baixada, con saltos e obstáculos naturais como artifi ciais. As bicicletas levan suspensións dianteira e traseira con amortiguadores de gran percorri-do e aceite hidráulico, ademais de freos de disco, pneu-máticos de maior anchura e protectores de pratos ou guía cadea. Ademais disto, destacan por ser máis pesadas que as correntes debido aos maiores esforzos aos que se ve sometido o conxunto da bici. Os ciclistas levan ademais casco integral e proteccións especiais en caso de caídas que van desde traxes completos a só cobadeiras ou xeon-

O FÚTBOL FEMININO NA ACTUALIDADE

DOWNHILL, UN DEPORTE DESCOÑECIDO

Selección Masculina a nova estaría en boca de todos. Tamén cómpre destacar o promedio goleador de Vero Boquete, nunha tempada marcou 39 goles en 26 partidos,

superando en efectividade a ídolos masculinos mundiais como Leo Messi e Cristiano Ronaldo, ambos marcando 30 goles en 29 partidos. Entón... non se lle recoñece esa profesionalidade polo simple feito de ser muller?

Xogadoras e espectadoras observamos que vivimos nunha sociedade na que “supostamente” xa se perdeu ese machismo que se daba antigamente, pero en casos coma este, pódese ver claramente que NON é así.

Hai moitas persoas que pensan que os deportes están creados soamente para un determinado sexo e en realidade todo o mundo pode practicar o deporte que queira, a pesar das súas difi cultades; por exemplo,

nun deporte en que fai falla forza sería máis lóxico que o realizara un home debido ás súas condicións físicas, sen embargo as mulleres tamén o poden practicar, é tan simple como dividilo en categorías tanto femininas coma masculinas e por idades.

En países coma Estados Unidos o fútbol feminino está máis recoñecido que o masculino; nós non queremos que isto sexa así, simplemente que se saiba aprezar os dous por igual e por iso decidimos escribir este artigo, ao fi n e ao cabo é unha forma de protestar ante esta desigualdade.

Susana Sánchez Seoane, Ángela Nogueira Castro.4º ESO D

lleiras. Os pilotos parten a intervalos de tempo cronome-trados, gaña o que fai o menor tempo. Ós ciclistas que practican este deporte denomínaselles “riders”.

Na nosa cidade, Santiago de Compostela, este deporte lévase a cabo no Monte Pedroso (a 4 kilómetros do centro da cidade) dende o ano 2005 máis ou menos. Este monte conta con tres circuítos habilitados para a práctica des-te deporte; un deles é bastante antigo e está en desuso, outro é un circuíto persoal feito por un rider local, que vai dende dito monte, polo lado oposto a Compostela, ata a mesma porta da súa casa, en Figueiras, para levar a cabo os seus adestramentos; o derradeiro circuíto e o máis transitado tanto a nivel local coma de toda Galiza, é un circuíto feito polo Team Santiago DH e é tamén este o

¿COÑÉCELA?¿non verdade?

Pois é unha moza GALEGA que leva máis goles que Messi e Cr7! Desmotiva e moito que non se fale do fútbol

feminino, o que demostra o machismo que hai no noso país

Page 56: Xeada 2012

56

DEPORTE

que se encarga do seu mantemento. Este trazado come-za case no cumio do monte, a carón do caseto de vixilan-cia dos bombeiros e transcorre durante 3 km de baixada polo monte ata a Selva Negra; neste trazado atopámo-nos con curvas peraltadas, saltos, cortados, pasarelas de madeira, doazón feita polo concello de Santiago (vexase a fotografía), e as súas respectivas zonas técnicas (diver-sas trialeiras, unha lousa...). No mes de xuño pola data do 11 e 12 ten lugar unha carreira no circuíto, (o primeiro dia será de adestramentos e o segundo de carreira), que consta de dúas mangas cronometradas, das que se es-colle o mellor tempo de cada participante e o que teña menor tempo é proclamado gañador. Esta proba forma parte do “Open galego de DH” entre outras moitas como DH Ó Xalo , DH Manzaneda, DH As neves, etc.

En Santiago contamos con dous importantes equipos que son: “RM bikes” e o “Team Santiago DH”.

Variantes do descenso:

O descenso en si conta con dúas importantes variantes que dependen en xeral do lugar polo que se descenda e do estilo da baixada: “Downtown” ou “Freeride”.Downtown:

O downtown ou descenso urbano, son esas carreiras de descenso polos centros urbanos; onde escaleiras, beira-rrúas e demais obstáculos non naturais son os ingredien-tes de emocionantes baixadas a través de rúas empina-das, saíndo desde castelos, esquivando coches... Tal vez o máis famoso sexa o que Rede Bull monta en Lisboa, pero moitos máis se coñecen por todo o mundo. Na nosa co-munidade contamos cun DH de importancia a nivel inter-nacional en Vigo, o “DH Urbano O Marisquiño” no que un ten que recibir unha invitación para poder inscribise; ta-

mén hai outros de menor relevancia como pode ser o que transcorre pola cidade de Ourense. Ademais destes hai unha variedade que mestura o DH co DH urbano e denomínase DH semiurbano, que é un descenso que transcorre a metade polo monte e a outra por cidade, como é o “DH se-miurbano de Cangas”.

Freeride:

Esta modalidade ao contrario que no descenso non se busca a baixa-da rápida , simplemente consiste en efectuar baixadas por lugares de difícil circulación e con grandes sal-tos; caracterízase por bicicletas con menos énfases no peso e maior no percorrido das suspensións, sen che-gar a ser tan robustas, pesadas ou con percorridos como as bicicletas de Descenso. Estas bicicletas permiten o pedaleo en ascenso, pero non están construídas para percorridos longos.

Un deporte para uns poucos:

A bicicleta é ese traste que todo o mundo usou algunha vez, polo que se ten predilección cando se é meniño, e ese deporte tan duro e extenuante que fai perder a cons-ciencia, capaz de pórche o corazón a 220 pulsacións. Un deporte duro, no que hai que ser paciente e ter sangue frío, ademais de ter cabeza, non só son pernas, onde a cabeza fai falta non só para aguantar o casco senón para facer ver unha escapada que leve ao triunfo, a que fai ver os baixóns e puntos débiles do contrario mentres se baixa por unha costa de barro a 60 por hora. Un deporte que é un estilo de vida, unha forma de vida, o deporte de máis orgullo persoal, onde só o propio esforzo do teu corpo che fai ser capaz de percorrer km e km, onde cada día que montas volves á casa cunha anécdota nova. Un deporte onde hai que botarlle “moitos....”, onde hai que ser doutra pasta. Para ser rider non vale calquera, porque fai falta superación persoal, para cada vez que se cae, volver er-guerse, e continuar. O que non está dentro non sabe o que é, como se vive,como se sofre.

Iniciarse no descenso non resulta doado, xa que os custos do material son moi elevados, xa falemos da bicicleta ou das proteccións, pero este gasto, para quen lle gusta o descenso e goza con el, sempre acaba conseguindo cou-sas pouco a pouco. Hoxe en día, é mais accesible xa que contamos con páxinas web especializadas na venda de cousas seminovas. A parte do material, sempre convén ter a xente que estea no “mundiño” para comezar ben, e coñecer as técnicas do deporte, e os riscos que conleva.

Duarte Salvado Rubio. 4º ESO D

Javier Prado de la Torre. 4º ESO D

Martín Rodríguez Espiñeira. 2º ESO B

(Imaxe dun rider galego do equipo “RM bikes” no Monte Pedro-so lindeiro a Compostela.)

Page 57: Xeada 2012

57

DEPORTE

Dados os comentarios sobre as actitudes sedenta-rias que a miúdo lemos sobre @s adolescentes,a

min e mais a un compañeiro de curso pareceunos

interesante realizar un estudo sobre a práctica deporti-va do alumnado do noso instituto. O traballo resultába-nos interesante pero moi amplo. Así foi como decidimos reducir o noso estudo ao primeiro ciclo da ESO. Fomos pasando unhas enquisas (que elaboramos previamente) polas clases de 1º e 2º da ESO, de onde sacamos a con-clusión dos hábitos de facer deporte, preferencias,tempo dedicado,etc.… Despois de analizar as enquisas pasadas ao alumnado (206 persoas) obtivemos seguintes datos:

No gráfi co anterior pódese ver a porcentaxe de canto deporte practica o alumnado: Nas enquisas deuse a ver que a maioría da xente desenvolve moito deporte, pois o 68,45 % do alumnado (141 persoas) practican moito, des-pois séguelle os que o practican nin moito nin pouco , o 23,30% (48 persoas) e por último o 7,28% non realizan ningún.

O alumnado practica deporte en xeral pero, cando o prac-tican?

A grande maioría fan deporte todos (ou case todos) os días xa que o 76,21% (157 persoas) opinan así.De seguido veñen as que só o realizan na materia de Educación Físi-ca, o 22,33% (46 persoas) e ao fi nal as que non o practi-can nunca , só o 1,46 % (3 persoas).

Falando da compañía con quen o practican, atopamos que case todos prefi ren facelo c@s amig@s, o 85,92% (177 persoas) en cambio a unha minoría gústalles desen-volvelo en solitario,14,08%(29 persoas).

O DEPORTE NO 1º CICLO DA ESO

No apartado de “o teu deporte favorito” xa hai moitos grupos:

FÚTBOL: 40,29% (83 persoas)BALONCESTO: 15,53% (32 persoas)NATACIÓN: 9,71% (20 persoas)PATINAXE: 5,83% (12 persoas)TENIS: 4,85% (10 persoas)WATERPOLO: 1,46% (3 persoas)HÍPICA: 2,91% (6 persoas)VOLLEYBALL: 1,94% (4 persoas)BADMINTON: 2,43% (5 persoas)HOCKEY: 1,94% (4 persoas)BRILÉ: 0,97% (2 persoas)SKII: 1,46% (3 persoas)KARATE: 0,97% (2 persoas)SURF: 0,97% (2 persoas) BOXEO: 0,97%(2 persoas)CICLISMO: 0,97% (2 persoas)BALONMAN: 0,97% (2 persoas)BAILE/BALLET: 1,46% (3 persoas)Ping pong, ximnasia rítmica, piragüísmo, moto GP e andar: 0,49% (1 persoa cada un deles)

Na seguinte cuestión preguntábase polo seguimento do “deporte preferido“ a través de medios de comunicación o 72,33%(149 persoas) ségueno e o 27,67% (57 persoas)

Page 58: Xeada 2012

58

DEPORTE

non o seguen. As preguntas 5 e 6 (da enquisa) están rela-cionadas . Algunhas persoas contestaron “non” a pregun-ta 5 pero despois marcaron algún medio polo cal facían un seguimento .Nestes casos o “non” foi contado coma un si.

Por último clasifi camos en varios grupos os medios de comunicación polos cales o alumnado se informa sobre o seu deporte (Nesta pregunta hai menos xente xa que só se contaron as enquisas nas que @s alumn@os puxeron si na cuestión 5)

Só medios audiovisuais:Só por televisión: 59,73% (89 persoas)

Televisión e radio: 2,01% (3 persoas)

Só medios escritos: Só revistas: 1,34% (2 persoas)Revistas e xornal: 1,34% (2 persoas)

Máis medios audiovisuais que escritos:Televisión, radio e revistas: 1,34% (2 persoas) Televisión, radio e xornal: 10,07% (15 persoas)

A partes iguais:Televisión e revistas: 7,38% (11 persoas) Televisión e xornal: 6,71% (10 persoas)

Máis medios escritos ca audiovisuais:Televisión, revistas e xornal: 3,36% (5 persoas)

Por todos os medios: 6,71% (10 persoas)

Manuel A. Andrade Lado e Gabriel Brantuas Arijón. 2º ESO A

Adoitamos admirar a aquelas fi guras protagonis-tas das portadas das revistas e dos xornais, es-

quecendo, ás veces, que mesmo no noso propio instituto estamos rodeados de persoas que son, ademais de es-tudantes coma ti e coma min, grandes vítimas dunha paixón que desenvolven con amor, con maxia.

Nós quixemos facer unha pequena viaxe polo currículo dalgunhas destas persoas. Persoas que compaxinan cos estudos unha importante ‘vida profesional’ digna de ad-miración.

Daniel Iglesias Gago, 16 anos

Este estudante de primei-ro de Bacharelato apren-deu a xogar ao fútbol an-tes que a camiñar, case. Comezou con cinco aniños no equipo local de Santia-go, e dende entón e ata agora non deixou de ades-trar duro, formando parte actualmente do equipo de División de Honra Xuvenil

do Deportivo da Coruña e da Selección Española de Fút-bol Sub-17 . Nestes últimos anos viaxou por toda Europa xogando coa selección española, unhas veces gañando e outras perdendo, pero sempre con gañas de superarse e esforzarse ao máximo. Ademais, non ten problema en

OS NOSOS PEQUENOS (GRANDES) TALENTOScompaxinar estas viaxes cos estudos, xa que é un rapaz que, a pesar de perder semanas enteiras de clase, saca moi boas notas, como se adoita dicir.

Non sabe se quere dedicarse ao fútbol no futuro ou non, pero polo de agora, esta é, sen dúbida, a súa grande paixón e iso nótase en cada partido.

Ana García Maceiras, 17 anos

Os amigos desta rapaza adoitaban cantar rap polas tar-des, foi entón cando Ana, Anusca para os amigos, descu-briu que tiña un don para o beat box.

Comezou por copiar os rit-mos que os seus amigos facían, pero acabou por perfeccionalos chegando a un estilo propio que é moi recoñecible, e que seguramente escoitaches máis dunha vez polos corredoiros. Ela, pola súa parte, segue a mellorar cada día e nótase que goza con iso.

Ademais disto leva tamén varios anos tocando a guitarra, como podemos ver na fotografía que acompaña a esta reportaxe, o que tampouco se lle dá nada mal.

De feito, adoita tocar e cantar a miúdo, e é que a nosa

Page 59: Xeada 2012

59

LECER

Anusca, ten unha voz realmente fermosa!

Está claro que esta moza ten “arte”.

Sandra Viz Lasheras, 16 anos

Sandra comezou aos cinco aniños a tocar o violín, cando o instru-mento era case máis grande ca ela, e dende entón leva 11 anos de traballo constante. Estuda no conservatorio de Santiago, quinto curso de profesional, e tal é a seu talento que se pasa as tardes de luns a venres alí, pero compaxínao á perfección cos estudos. Ás cla-ses no conservatorio e no instituto súmanselle os múlti-ples concertos que pode dar nun mes, que non son poucos. Pero é que a Sandra dáselle tan ben o violín, que foi elixida para formar parte da “Orquesta Joven Sinfónica de Galicia” (OJSG), unha orquestra moi exclusiva na que soamente están os mellores de toda Galicia. Polo de agora, xa ten o grao superior rematado, pero, coma outra adolescente normal, aínda non sabe moi ben que facer co seu futuro.

Helena Salgueiro Golán, 16 anos

Helena, unha moza bohemia e despista-da, pasábao moi ben xa cando era pequena asistindo ás clases de teatro que o seu pai impartía. Foi aí cando soubo que ese era un mundo que lle gusta-

ba, e así comezou a actuar e formarse como actriz. Hoxe forma parte do grupo de teatro do instituto “Tantome-tén” e tamén da compañía teatral do colexio Vilas Albo-rada. O seu talento foi recoñecido o pasado ano, cando obtivo o premio a mellor actriz no Teatro intercentros.

Ademais do teatro, Helena goza coa escritura e, sen dú-bida, fai gozar a aqueles que a len. Leva menos tempo neste campo, pero xa os seus éxitos son numerosos. Con-ta con dous premios Minerva, no Anxel Casal, no Cam-bre, no Vedra, na asociación cultural O Facho e mesmo no noso propio instituto.

Consciente de que o mundo do Teatro é moi complicado, e aínda que lle encanta, cre que o seu futuro estará máis orientado cara á escritura, pois como ela, bromeando, adoita dicir: “cunde inventar historias sen saír da casa”.

Andrea González García, 17 anos

Andrea comezou a bailar aos sete ou oito anos, nunha escola de funky e de hip-hop que hai nun ximnasio da Estrada, cunha excelente profesora chamada Sofía Mon-tero, coa que segue hoxe en día. Ao cabo de dous anos esta nena estivo a punto de deixalo, pero foi entón cando se decatou de que bailar para ela era moito máis ca unha afección, era unha forma de vida, polo que decidiu dedi-carse profesionalmente a ela.

E así seguiu Andrea a súa viaxe polo mundo do baile, practicando cada vez máis horas á semana, e apuntán-dose tamén a clases de break dance, outra modalidade de danza. Este verán examinouse pola FEDA para sacar o título de monitora de baile e poder exercelo, e o pasado febreiro foi ao February Fitness León, un festival ao cal soamente van os mellores bailaríns e bailarinas do mun-do, pero alí estaba Andrea, con Tony Stone, Viet Dang, Sergi... dando unhas clases intensivas con eles, coma unha profesional máis.

Hoxe, adestraa unhas 10 horas semanais e está segura que seguirán aumentando co paso dos anos, porque can-do algo che gusta tanto e se che dá tan ben como a An-drea o baile, non podes deixalo.

Pedro Estévez, 16 anos

Cando tiña catro anos, Pedro come-zou a interesarse polo mundo do cir-co, polo que deci-diu ir a clases, per-feccionando cos anos a súa técnica e chegando a ser hoxe en día un perfecto malabarista, sa-bendo facer malabares con bólas, mazos, paus chineses... e ademais tamén practica co monociclo, monociclo xirafa, cos aros, coa bóla de contact e ultimamente comezou ta-mén a facer perigosas e impresionantes acrobacias. Todo o que aprendeu foi grazas ao Circo Novo, Vista 4, onde deu os seus primeiros pasos e onde segue actualmente.

Ademais, ten outras afeccións que non se lle dan nada mal, comezando polo surf, onde leva moitos anos , che-gando este a ser profesor, e tamén fl irtea moi a miúdo co monopatín e co skate, e que Pedro vale moito!

Afonso Trafi cante, 16 anos

Hai nove anos Afonso come-zou a tocar per-cusión, primei-ro dunha for-ma ‘light’ e, co paso do tempo, máis en serio. Actualmente está cursando 5º grao medio no conservatorio de Santiago, o que lle quita moito tem-po de estudo pero que, sen dúbida, paga a pena.

Page 60: Xeada 2012

60

CIENCIA

Foi un auténtico pracer, un privilexio que nos vi-sitase este científi co no pasado mes de marzo

para explicarnos moitas cousas curiosas sobre “O libro da Vida” o Xenoma Humano.

Aínda que non tódolos alumnos interesados asis-tiron á charla que tivo lugar no salón de actos por falta de espazo, tivemos a sorte de que se gravou e puidemos gozar dela na clase de bioloxía nos se-guintes días.

Angel Carracedo naceu en Santa Comba e estudou en Santiago o bacharelato e a carreira de Medicina, é un investigador incansable, cunha traxectoria mag-nífi ca.Cando sae leva con orgullo o nome de Galicia por todo o mundo.

Así é doutor Honoris Causa por varias universidades, recibiu numerosos premios de investigación entre os que destacan o Premio Rey Xaime I, Medalla Ga-lien, Premio Galicia de Investigación, Medalla Caste-lao, Premio Novoa Santos, Medalla de Galicia, Cruz e Mérito Policial entre outros.

Sabemos que Angel é probablemente o científi co galego de maior proxección internacional e soubo crear un grupo que se converteu en líder mundial en Xenética Forense e en Xenómica Comparada e de Poboacións.

Foi requirido, xunto ós seus colaboradores en casos famosos como a investigación do crime de Alcaser, o 11-M, na iden-tifi cación das vítimas do tsunami do sudeste de Asia entre a investigación dos restos de Cristovo Co-lón, Anastasia etc.

Traballa na Farmacoxenética, coa esperanza de aca-dar fármacos á carta que responden ás necesidades particulares de cada paciente en función do seu per-fi l xenético.

No campo da oncoloxía ábrense novas vías para a identifi cación dos xenes do cancro de colon, mama e tiroides e no dos trastornos xenéticos para a de-tección das bases moleculares da esquizofrenia ou da depresión.

No ámbito da memoria traballa na busca de muta-cións relacionadas co alzheimer ou na ataxia.

Aínda que sabe que os xenes son os capítulos do li-bro da vida que é o xenoma humano, el pensa que un ser humano é máis que os seus xenes. Ten im-portancia o ambiente a sociedade etc, espera que

CHARLA DE ANGEL CARRACEDOOS AVANCES EN XENÉTICA FORENSE E CLÍNICA

Ademais, tres anos atrás decidiu especializarse no campo da batería, un instrumente que realmente lle apaixona. Tal é o seu talento que, hai cousa de dous anos, formou, xunto con tres grandes amigos, o grupo ‘Vicky Polard’. Un grupo que pouco a pouco foi conseguindo os seus éxitos e do que, a día de hoxe, podemos gozar en numerosas salas ou boulevards da nosa cidade.

E tamén escribe e debe facelo moi ben, porque vén de gañar o premio Caixanova de poesía. Parabéns!

O seu soño? Sen dúbida seguir formándose no que real-mente lle gusta, e chegar a converterse nun verdadei-ro profesional. Aínda que, en realidade, Afonso xa é un “grande”.

O certo é que aquí aparece só unha pequena parte de to-dos aqueles alumnos que teñen, por poñerlle un nome, un don, e é que no fondo, todos temos un pequeno ta-lento oculto.

Alba García Pose e Antía Gándara Cerqueiro. 1º BAC A

Page 61: Xeada 2012

61

CIENCIA

As enfermidades raras son aquelas que teñen unha baixa inci-dencia na poboación.Para ser considerada como rara cada en-

fermidade específi ca só pode afectar a un número limitado de persoas.Concretamente,cando afecta a menos de 5 de cada 10000 habitantes.Estímase que en España existen máis de 3 millóns de persoas con enfer-midades raras ou pouco comúns.

As enfermidades raras pódense dividir en catro grupos:

Enfermidades conxénitas:

Son aquelas que se manifestan dende o nacemento, producidas durante o desenvolvemento embrionario, durante o parto ou son hereditarias.

Unha é o Síndrome de Rett que é unha enfermidade conxénita que afecta na maior parte dos casos ao sexo feminino e ademais,maniféstase no segun-do ano de vida e en tódolos casos antes dos 4 anos. Os seus síntomas son a diminución da velocidade do crecemento do cranio con respecto ao resto do corpo entre os primeiros 5 e 48 meses de vida,deterioro de capacidades ma-nuais e movementos nas mans como axitalas,mordelas ou retorcelas,perda de interese no entorno social,aparición de apraxia(incapacidade de realizar funcións motoras), comportamentos autistas, camiñar coa punta dos pés,

ENFERMIDADES RARAS

a Xenética resolva moitos problemas de saúde, de xustiza, pero o que lle gustaría sería ter éxito coas enfermidades psiquiátricas e as chamadas raras porque son as menos estudadas como a depresión, a esquizofrenia a psicose etc.

Cada vez é maior o nº de países que recorren ós ser-vizos deste investigador galego.

Dá charlas a escolares de tódolos cursos por iso sabe que o máis difícil é falar para os máis pequenos por-que os nenos pensan que a ciencia é maxia.

Cando era pequeno chamáballe moito a atención que de un chícharo saíra unha planta, por iso tamén lle chamou a atención Mendel. El non só buscou a Xenética senón os libros e os profesores que trans-miten ilusión polas cousas.

Esa ilusión é a mesma que transmite ó seu grupo de traballo pois sabe que o ambiente que se crea arredor é funda-mental, é a clave do éxito, por iso nunca deixa de recoñecer o traballo dos seus colaboradores.

No seu grupo hai investigadores crea-tivos, outros meticulosos, outros siste-máticos é dicir debe ser interdisciplinar.Hai máis de cen persoas traballando en equipo, non só médicos, tamén biólo-gos, físicos, químicos, matemáticos, informáticos etc.

Angel contounos que colabora coa Po-licía española, o FBI, Scotland Yard e

outros organismos. As maiores alegrías son as que comparte co seu grupo.

Sobre o momento actual pensa que non se deben reducir os fondos para a investigación científi ca. “Emigrarán os mozos que se formaron nas univer-sidades españolas” “A investigación é garantía de futuro e os líderes políticos deben estar á altura das circunstancias” “Galicia non pode ser allea a isto”.

El dinos que en España hai que realizar un cambio do modelo educativo porque aquí edúcase en habili-dades que non nos fan ser competitivos como a me-moria e a organización.Edúcase para aprobar a Se-lectividade ou MIR, non para xerar coñecemento.

Carla Puente Negreira, Paula Pazos Esperante,Juan Carlos González de la Fuente. 4º ESO C

ORTOREXIA

Page 62: Xeada 2012

62

CIENCIA

rinchar os den-tes, crecemento retardado, difi -cultade para res-pirar e tamén por exemplo rixidez muscular. O seu tratamento é a base de fármacos e terapia. Outro síndrome é o de Klippel-Feil, que é producida pola fusión conxéni-ta das vértebras

cervicais número 2 e 7. Os signos máis comúns do tras-torno son un pescozo curto, baixa na parte posterior da cabeza,e a mobilidade restrinxida da columna vertebral superior. O seu tratamento pode incluír cirurxía para ali-viar a inestabilidade cervical ou cranio cervical e constri-ción da medula espiñal para corrixir a escoliose.

Outra enfermidade é o Síndrome do miaño do gato, en-fermidade conxénita infrecuente debido a unha altera-ción cromosómica, máis concretamente do cromosoma 5, caracterizado por un choro que se asemella ó do gato e que se vai modifi cando co tempo.

Retraso no desenvolvemento intrauterino e baixo peso ao nacemento e crecemento lento.

• Choro de ton alto (similar ao miaño de gato). Esta ca-racterística pérdese a medida que o neno crece.

• Estrutura facial peculiar, redondeada, con frecuencia con meixelas prominentes (“cara de lúa”).

• Microcefalia (cabeza pequena).• Ollos separados (hipertelorismo) e dispostos cara

abaixo (fi suras palpebrais).• Orellas de implantación baixa.• Pescozo curto e ordinario.• Escoliose.• Cardiopatía conxénita.• Fraxilidade ósea.• Osifi cación anormal/ausente.• Miopia e atrofi a óptica.• Mans pequenas.• Pés planos.• Retraso mental, podendo ser severo.• Desenvolvemento lento ou incompleto das habilidades

motoras.• Mandíbula pequena (micrognatia)• A raíz do nariz está afundida.• Dedos das mans e pés parcialmente unidos por mem-

branas. (Sindactilia parcial).• Un só pregamento na palma da man (pregamento si-

miesco) e os dermatoglifos están alterados.• Polgar aducido cara o interior.• Desenrolo anormal da glote e larinxe, isto ten como

consecuencia que o choro dos bebés se pareza ao choro dun gato, de aí vén o seu nome.

• Pregamentos do epicanto (un pregamento extra de pel sobre o ángulo interior do ollo).

• Oídos externos con pregamentos anormais ou incom-pletos.

Enfermidades crónicas

Son aquelas enfermidades de longa duración,cuxo fi nal ou curación non pode entreverse ou non ocorrerá nunca como por exemplo a cistite intersticial,unha enfermidade crónica que afecta principalmente á vexiga.

Os síntomas máis coñecidos son necesidade urxente e continua de ouriñar e dor aguda en calquera lugar com-prendido entre o embigo e a parte interna das coxas, por diante e por detrás.

Estes síntomas teñen varios niveis, que oscilan entre leve e severo e poden ser intermitentes ou constantes.

Nos niveis máis graves desta enfermidade as repercu-sións son devastadoras tanto na persoa que a padece coma no seu círculo social por todos os sacrifi cios que su-pón sufrir esta enfermidade.

Antigamente críase que era difícil de tratar, pero actual-mente sábese que esta estraña patoloxía afecta a máis homes e mulleres do que se cría.

As causas principais da cistite intersticial son:

• Un defecto nalgunha capa de pel da vexiga que permite que certas substancias irritantes da urina penetren na parede da vexiga, mesturando as substancias válidas coas de refugallo.

• Unhas células infl amatorias específi cas que liberan his-taminas ou outros axentes ou outros axentes químicos que promoven os síntomas da cistite na vexiga.

• Hai algo na urina que dana a vexiga.• Os nervios que transportan as sensacións á vexiga es-

tán modifi cados, o que fai que eventos que normal-mente non son dolorosos causen dor .

• O sistema inmunolóxico do corpo ataca á vexiga, de maneira similar ó que ocorre noutras enfermidades au-toinmunes.

• Quimioterapia, radioterapia e outros para tratar algún tipo de cáncer.

Esta enfermidade ten un único tratamento que funcio-ne para todos os doentes, e ningún tratamento é o "me-llor".

O máis adecuado sería que cada doente recibira unha me-dicación acorde cos seus síntomas.

Un dos tratamentos é o pentosano polisulfato.

Trastornos alimenticios:

Son aquelas enfermidades que afectan a alimentación dunha persoa. Algúns exemplos son: a ortorexia (preocu-pación excesivo e sen motivo de comer alimentos sans,p uros e naturais), vigorexia (obsesión por acadar o corpo perfecto), xeumatofobia (temor a gustos ou sabores des-coñecidos), drunkorexia (trastorno alimenticio que afecta

VIGOREXIA

Page 63: Xeada 2012

63

CIENCIA

principalmente a mulleres adolescentes que consiste en obsesionarse por adelgazar e o abuso do alcol), mano-rexia (anorexia nerviosa masculina), diabulimia (enfermi-dade que afecta ás xóvenes diabéticas que querer perder o maior peso posible) e a pregorexia (mulleres embaraza-das que queren reducir calorías e facer máis exercicio para reducir o peso propio da xestación).

Enfermidades novidosas:

A parte de todas as enfermidades anteriores están aque-las que foron descubertas recentemente. Da que imos falar en concreto é da do síndrome do cabeceo:

Nunha pequena cidade de África oriental descubriuse unha nova enfermidade chamada a enfermidade ou sín-drome do cabeceo, que é coma unha especia de epilepsia que lles impide crecer e lles crea secuelas permanentes ás persoas que padecen esta enfermidade.

Os seus principais síntomas son mareos, convulsións e perdas de consciencia e orientación ata tal punto que os

pais víronse na obriga de atar aos seus fi llos a unha ár-bore cunha corda polo pé para que no momento en que sucedera o ataque non puideran desorientarse e marchar adentrándose no bosque ou na selva.

As imaxes eran impactantes e desoladoras o que fi xo que a preocupación fose maior e se investigara máis. Warren Cooper intentou conseguir axuda de varias organizacións e chegaron varios equipos da OMS (Organización Mun-dial da Saúde). Había os especialistas sufi cientes como para poder investigar a enfermidade. Hoxe en día aínda non ten solución e por agora afecta só a nenos entre 5 e 15 anos en tres zonas de África (Sudán do Sur,norte de Uganda e sur de Tanzania) de modo que cómpre seguir coas investigacións de esta enfermidade e de todas as demais para atopar a curación defi nitiva para estas e moitas outras.

Carla Puente, Tania Neira e Laura Villar.4º ESO C.

INTRODUCIÓN

A desertización é o proceso mediante o cal as terras se van degradando en áreas áridas, semiáridas e subhúmi-das secas, de modo que o chan perde produtividade e vai perdendo grosor na súa cuberta vexetativa.

Pode ser:

- unha desertización natural.- en épocas de seca estes lugares deshidrátanse, perden vexetación e boa parte do seu chan é arrastrado polo vento e outros axentes erosi-vos. Non obstante, este fenómeno natural vese agrava-do por actividades humanas que debilitan o chan e o fan máis propenso á erosión.

- estar causada pola actividade humana.- entre as ac-cións humanas que debilitan o chan e aceleran a deser-tización están:a) Sobrepastoreo.- É o intento de manter demasiadas cabezas de gando nun territorio, co resultado de que a vexetación é arrancada e pisada polos herbívoros e non se pode repoñer. O chan nu é moito máis doadamente erosionado. É a principal causa humana de desertización no mundo.b) Mal uso do chan e da auga.- O rego con auga con sales en lugares secos e cálidos remata salinizando o chan e isto impide o crecemento da vexetación. Algunhas técni-cas de cultivo tamén facilitan a erosión do chan.c) Talla de árbores e minaría a ceo aberto.- Cando se quita a cuberta vexetal e non se repón, a perda de chan é moito máis doada.d) Compactación do chan.- O uso de maquinaria pesada ou a acción da auga en chans nus de vexetación producen un chan endurecido e compacto que difi culta o crecemen-to das plantas e favorece a desertización.

O gran responsable, aínda que non o único, da estendida erosión nos chans españois é o clima. A España seca reci-be poucas precipitacións ao ano, pero cando cae a chuvia faino, frecuentemente, de forma torrencial, habitual-mente en outono, cunha forza capaz de erosionar doa-damente os terreos. A falta de auga provoca, tamén, que a vexetación sexa escasa e que achegue pouca materia orgánica ao chan e lle proporcione unha débil protección.

Xunto á escaseza de vexetación, outras características destas zonas é ser frecuentemente montañosas, con abas de fortes pendentes, formadas por rochas relativa-mente brandas.

A intervención humana agravou o problema. As tallas excesivas, os incendios, o pastoreo abusivo, as prácticas agrícolas inadecuadas e a construción descoidada de pis-tas, estradas e outras obras públicas aumentan a facili-dade de erosión do chan. Ispen o terreo e orixinan focos nos que se inicia o arrastre de materiais.

España é o país europeo máis afectado por este proceso. En provincias como Almería e Murcia apenas hai árbores e é que, máis de dúas terceiras partes do territorio espa-ñol pertencen ás categorías de áreas áridas, semiáridas e subhúmidas, polo que son susceptibles de desenvolver o fenómeno da desertización.

O deserto do Sahara avanza a pasos axigantados cara ao norte, afectando de cheo ás illas de Fuerteventura e Lan-zarote, e ameazando zonas do sur peninsular ata o punto de que en España apenas se salvan o País Vasco, a costa cantábrica e Galicia, aínda que os incendios forestais dema-siado frecuentes nestas zonas tamén favorecen a erosión.O único modo de loitar contra a desertización e a seca, pasa pola aplicación de medidas adecuadas en ma-

A DESERTIZACIÓN EN GALICIA

Page 64: Xeada 2012

64

CIENCIA

teria enerxética, forestal, agrícola e hidrolóxica. Non esquezamos que a auga é un ben escaso e necesa-rio, debemos ter conciencia do seu consumo xa que este se multiplicou por seis dende os anos 50, ata converter a España no quinto consumidor mundial.En canto á fauna, tanto os invertebrados coma as aves e as especies mariñas xa viron afectada a súa superviven-cia, os seus ciclos reprodutivos e as súas migracións.

Hai que ter en conta tamén un factor importante, que é a chuvia ácida, que exerce impactos negativos nos eco-sistemas. En calquera lugar no que caia, acidifícanse os chans e a auga, destruíndo e danando plantas e animais. A auga acidifi cada implica a diminución ou desaparición de peixes e outras especies aloxadas na devandita auga, incluíndo caracois, ras e cangrexos. A chuvia ácida tamén afecta ás árbores, normalmente debilitando ou danando a súa follaxe, provocada maiormente polas centrais tér-micas máis contaminantes como as instaladas en Galicia, Pais Vasco, Valencia, Murcia, Cataluña, Castela e León e Aragón.

EFECTOS EN GALICIA DA DESERTIZACIÓN

Unha parte importante da superfi cie do territorio galego empeza a estar ameazada actualmente por procesos de desertización, especialmente polo impacto dos incendios forestais, a perda de fertilidade de chans de regadío e a erosión. Ademais as previsións do cambio climático agra-varían os devanditos problemas de forma xeneralizada. Un dos compoñentes esenciais da fertilidade natural dos chans é o seu contido en carbono orgánico. Os modelos do ciclo do carbono e os estudos climáticos suxiren unha di-minución xeneralizada do carbono orgánico do chan como consecuencia do aumento da temperatura e da seca, de-bido ao cambio climático, o cal afectaría de forma negati-va ás propiedades físicas, químicas e biolóxicas dos chans e aumentaría o risco de erosión e desertización. As zonas onde cabe esperar maiores perdas de carbono orgánico se-rían as máis húmidas (Norte de España), incluíndo Galicia.Especialmente importante en Galicia é o fenómeno dos incendios forestais. A presenza abundante de area e es-caseza de arxila nos chans de Galicia orixina que, tras un incendio e posteriores chuvias torrenciais, afl oren as ca-pas de area áridas dando comezo a unha primeira fase de desertización.

En Galicia, cando se produce a erosión nun bos-que posterior a un incendio, hai un arrastre de materia orgánica e arxila, que deixa ao descuberto unha capa de area que é inerte. Ese arrastre de partículas de materia orgánica xera unha perda de materia fundamental para eses chans pobres en nutrientes, producíndose “unha arenización” que representa un inicio de desertización.

Os chans de Galicia, moi distintos aos de zonas mediterráneas e da meseta, teñen unha produti-vidade que non se corresponden coa calidade, xa que son chans pobres en nutrientes. Esta comu-nidade autónoma ten unha das taxas de pluviosi-dade máis altas da península con chuvias moi ben

repartidas que melloran as propiedades dos seus chans. Pero o chan dun bosque tras un incendio, queda predis-posto a unha destrución case segura e afl oramento da rocha se se encontra nunha aba con forte pendente.

De feito, recentemente no incendio “das fragas do Eume”, se se producisen precipitacións fortes, o desastre am-biental podería agravarse polos sedimentos arrastrados que deixarían o chan desprotexido e contaminarían a canle e a desembocadura do río Eume. Advírteno os co-lectivos ecoloxistas e expertos. Non obstante, suxiren so-lucións a curto prazo para evitar os procesos erosivos tras o incendio e urxen medidas para paliar as consecuencias do lume; propoñen a instalación de muros de contención ou balizas fl uviais para evitar que as cinzas cheguen á ría e afecten tamén ao banco marisqueiro e se produza no monte unha perda de fertilidade do chan.

Non obstante, xa se formulan medidas como a semen-teira de trigo e a prohibición de tallas, xa que unha árbore afectada polo lume frearía igualmente a deforestación máis agresiva e impediría a acción directa e continua do sol sobre o terreo. En consecuencia, non é alarmista ase-gurar que poden pasar centos de anos para que, en condi-cións propicias, se rexenere ese ecosistema.

O lume como método de desertización é a maior praga que asola a natureza, principalmente debido á incultura e a imprudencia. A árbore en si é un produto elaborado durante varias xeracións. O arboredo que se destrúe no incendio dun monte supón grandes perdas económicas, pero son danos menores en comparación con outros que se producen: modifi cacións da paisaxe, alteración do cur-so dos ríos, perda da capacidade dos encoros, perda da vida vexetal ata 25 centímetros baixo o chan. E como con-secuencia, as chuvias vindeiras arrastrarán toneladas de terra e iniciarase un proceso de desertización que avan-zará de forma moi rápida deixando zonas improdutivas detrás de si.

Os gobernos desgraciadamente prefi ren investir máis na extinción que na prevención. Habería que alentar máis campañas de educación, alerta, vixilancia e conciencia-ción en televisión e radio, e novas tecnoloxías de predi-ción de zonas con riscos de incendios.

Sara Blanco Fariñas. 1º Bach A

Page 65: Xeada 2012

65

LECER

MENSAXES XEADA

GRAZAS, AVELINO

Mallón, baixa o pintón! xD.

Ione!! Que vou dicir? Es a ledicia personifi ca-da, espero que non cambies e que me acep-tes coma un “lobatillo” ja, ja. Bicos. Juan.

Para Pedro de 1º bach. Encántanme o teu pelo e as túas bólas e cando as lanzas ao aire, tío como me molas! -outra admirado-ra- artes.

Antía: Vouche dicir que espero que sempre sexamos amigas. Es unha boa rapaza e unha boa amiga. Podiamos quedar algún día para ir pasear, pero ten que ser un día de descan-so, un domingo por exemplo. Leticia.

Un saúdo para os de Valga por o autobús de Refoxo, en especial para Tito. Cuñado.

Para una nena fermosísima de 2º A. Quero comentarche que en pouco tempo conver-tícheste nunha das miñas mellores amigas. Qúerote moito. Laura 2º C. Bikos.

Para una gran persoa e una gran amiga; ela é única, Tania Lens. De Noelia.

Coñézote dende hai moito tempo e admíro-te profundamente pero creo que chegou o momento de aumentar un nivel na nosa relación, Hugo Freire. Quérote. (Xa sabes quen son).

Ás nosa nenas Flecha, Marsó, Bares, Folloyó, adorámosvos!!! Nafta e Chupi.

´Moisés es a repanocha, querémoste moito!! Non me esquenzas! A morena pequena.

Artixtas, vouvos botar moito de menos (me-nos a Angela que grazas a Deus marchas). Deséxovos o mellor fóra do instituto Non vos esquezades de min. Adórovos. Nathaly.

Para a nosa super chuli hiper mega xenial profesora, Chus Yebra dos alumnos de 2º A. Profe, afi na un pouco a túa voz (non te en-fades) Querémoste, es a mellor!! Un bico.

Ángel Mallón, deixa de lanzarme bólas de papel durante as clases. Ja, ja.ja- Jenni

Para os meus nenos de 2º bachD: Ángel, Manu, Tito, Moiséx, Dani e Carlos. Nunca vos esquecerei! Carol.

De Lucía para os que sempre me fan sacar un sorriso, L2.I.U Love- Quérovos!

Para Mateo ( 1º Bach), encántanme os teus ollazos e a túa rasta : E aínda que ás veces non te enteres de nada, es una monada. –Unha admiradora- artes.

Señoras da limpeza : deixen de borrarme os meus impulsos artísticos por favor! Para a próxima levo a mesa para a casa. xD -Nafta-

Jorge Martínez es o mellor titor que pui-demos ter, admirámoste moito, grazas por estes dous anos. Os teus queridísimos alumnos de artes.

Por ese quilo de amorodos que nos zampa-mos na Coruña. Quérote. Cere.

Ola profe de cidadanía: que saibas que te portas mal con nós, porque nos pos moitos negativos. A pesar de todo, que saibas que

te queremos moito. Moitos bicos, José Luis. De Maria e Sara, 2º D.

Ó noso titor Jorge Martínez, grazas pola túa compaixón con nós, es un gran profesor!! Os teus alumnos de 2º de Bach D.

Para Mari Carme Calvo. Esa profe como mola! Merécese un ala eeeh! xD Pétalo.

Só hai una cousa pola que alegro de que remate o curso ..Angela, por fi n pérdote de vista!!. A túa compañeira de clase, Carol García.

For Ana Ares: Exams more easy, please!Thankyou! Kisses.

Sergio, Andrea, moitas grazas por estar sempre aí e oxalá esteamos xuntos para sempre. Paula.

Para Belén de 2º D un abrazo da túa amiga Xiana.

Nafta,Chupi, Marsu, Flecha, Folloyó: ámo-vos. Bares.

Sara, Sariña, Sara como nos fas chorar! Ado-rámoste, Sara Abella. De L.

Para o que me chama "gatiña enfadada" xD.Yonny toolo. De Sheila.

Para o noso langostino preferido. Que-rémoste moito. Tatiana e Aldara.

Ovellas descarriadas, sodes as mellores. Xa imos facer tres anos xuntiñas Nath, Caro, Jenni. De Bares.

Maseda moitos profesores deberían apren-der de ti, a túa comprensión e persistencia

levarannos a un futuro mellor. Grazas! 2ºBach D.

Ao mellor profesor que tivemos na nosa vida!, Manolo Maseda, grazas por todos os momentos bos que nos fi xeches pasar! Os teus artistas de 2º bach D que te botarán moito de menos. Querémoste.

Ao mellor artistazo que coñezo, Martín Ga-lante, acórdate de min cando sexas un pin-tor ou debuxante famoso. Nathaly.

Jorge, tesnos a todas as rapazas desta clase toliñas. As túas alumnas de 2D.

Que negrura Iago, que negrura. xD

Paula, moitas grazas por estar sempre comi-go e apoiarme nos bos e malos momentos. Quérote un millón. Lady Tsunade

Á nosa profe preferida, Marisa Calderón, querémoste moito, es xenial!! Alí onde rematemos lembrarémonos de ti. A nosa maior confi dente. Os teus alumnos e ex alumnos de artes.

Para Pitufo carne: as clases de francés son máis divertidas contigo. De pitufo laranxa.

Ao George Clooney galego ( Rubén López), grazas por facer que comecemos as mañás coas mellores vistas posibles. Firmado GLJS S.A., as túas alumnas de 2º Bach. A e una de B.

Para Nahuel de 1º de ESO D dunha rapaza de 2º ESO D que o quere moito.

A profesión de actor non debe de ser doada, pero si moi estimulante, se cadra porque “cada traballo é

un desafío, un encontro. O desafío de facer un personaxe novo”. Esta refl exión débese a Avelino González, o coñecido actor galego, a propósito do seu papel de Miñato na premiada serie Padre Casares.

Dende que polo año 1980 se iniciara, moi novo aínda, na aventura de interpretar co grupo vigués Farándula, Avelino González deu vida a moi distintos personaxes: ocasionalmente en prestixiosas series de ámbito nacional (Cuéntame, Hospital Central...) e como actor de reparto na famosa Padre Casares. Pero os seus desafíos no se limitan as súas actuacións para o cine e a televisión, senón que traduce e adapta obras teatrais ó galego, ademais de interpretar a personaxes dramaturgos tan prestixiosos como Carlo Goldoni, Bertolt Brecht ou Vidal Bolaño. Como actor, tradutor e director foi nomeado varias, e mesmo galardoado, cos premios teatrais María Casares.

O luns 21 de maio celebrouse no Teatro Principal de Santiago a entrega de premios do XVII Certame de Teatro Intercentos. As dúas obras presentada polo noso Instituto acadaron o primeiro –o musical “Cantiga da rúa”- e segundo premio –“Presas”, do grupo Tantometén-.

Tamén unha alumna nosa, Antía López Castro, obtivo o galardón de mellor actriz. Trala representación da obra gañadora, Avelino González prestouse amablemente a ser mestre de cerimonias ó facer entrega dos citados premios. Retomando as verbas citadas ó comezo, superar o desafío de dar vida a un personaxe ten que ser moi estimulante. E tamén debeu de ser para uns novos actores e actrices recibir de mans de Avelino González uns premios que veñen a certifi car o traballo ben feito. Por isto, alumnos e alumnas, profesores e profesoras do IES Antonio Fraguas agradecémosche a túa xenerosa e desinteresada participación na gala fi nal deste Certame. E moi especialmente agradécecho Lupe García, quen como Coordinadora do EDLG é a cerna que sostén con moitas horas de traballo esta revista e a nosa participación con éxito, ano tras ano, neste Certame de Teatro. Grazas, Avelino.( A.R.P)

Page 66: Xeada 2012

66

LECER

Albiña, quérote! Segue así sempre e non cambies ruliña! De Carol. Por certo, vémo-nos no porto de Muros.

Os artistas de 2º Bach D sodes do mellor, lembrarémosvos SEMPRE!! Con moito amor as dúas locarras de atrás.

A Lash, virtuoso da guitarra, o noso sincero respecto, sabemos que algún día chegarás a ser un dos grandes. As petardas da clase do lado.

Polos zumes de Andrea Mareque. “Gafi s”

Un saúdo ao mellor profesor de Galego de todos os tempos, Jorge Javier Martínez Ji-ménez. Os teus artistas de 2º Bach que te admiran.

Para Beatriz Calvo : es a mellor profesora de Lingua Castelá! Pero os exames máis cur-tos, porfa..!Querémoste. Un bico dos teus alumnos de 2º A

Angel Mallón, gústasme mogollón. A túa mociña que te quere moito

Para Mari Carmen Calvo: es a mellor profe-sora, graciosa, divertida. Grazas por levar-nos a Marineda City. Un rapaz de 2º ESO D.

Artixtas de 1º, sodes o futuro! A seguir así, rapaces. As vosas futuras compañeiras xD

Aquí Chupi! Flecha, Marsu, Folloyó, Bares e Nafta, quérovos. D.

Jennifer Torres, na época de exames sácas-nos a todos das nosas casillas! Pero aínda sendo repugnante como es ás veces . Qué-rote miña nena.

A excursión a Budapest nunca a esquece-rei!! Grazas a todos.

Carol, Jenni, Cami, Sara, Ceci, Moisex, Tito Manu, Ángel, adórovos, grazas por estes dous anos de risas ó voso lado.

Desde que te coñecemos non podemos pa-rar de pensar en ti, César Mera. Amámoste.

Tito quizais non saibas quen son pero levo moito tempo namorada de ti. Espero que algún día poidamos ter algo. XP-

Ángel, Jenni, Santi, Pedro, Manu, Muros, Sara, Cami, Carol .por moitas noites que saiamos, sempre nos quedará unha copa pendente.

Mais que queres que che diga,/ se cada mirada perdida,/ fugaz pero non fuxida/ arránxalo cun sorriso? P:D

Mallón, afeita o mostacho que estarías máis sexy.

Alokadas!!! Quérovos, grazas por eses momentos tan bos. Por sempre. Alguén de 2ºD

Gilii!! xD sodes uns liantes! -artes-

Por un mazo de Tous para a futura xuíza de 2º Bach. C. Polucho

Para todos os que lles dá Lupe. Mazo Lu-peee!!! -P-

Depravados de atrás, deixade de falar de obscenidades durante a clase. A vosa com-pañeira.

Carolina, Jennifer, este verán promete. Que veña ese carné xa!!

Para as miñas tres ovelliñas cachondísimas, Carol, Jennie Nath. Quérovos. O voso fi el amante moreno da clase.

Andrea Rey: o tempo que me fas rir na clase fai que as semanas pasen voando. Quérote, tola!

De M.R.N. a V.D.M. e R.Y.C. Para os máis re-poludos de 2ºC ( con cariño)

Ana Tojo, es a máis expresiva!!

Supremas de Móstoles de 2º Bach a ver se déixades de tocar a moral.

Anxo: o teu amor dáme dor de cabeza. Es unha boa peza!! A túa admiradora secreta.

Para a nena da feira. Gústame o teu chale-que. Anónimo.

Recordos para o trípode de Fermín. Polu-cho.

Que negrura! O que Iago? O ceo está escuro, ja, ja.

Manuel Boqueixón, eu papábate vivo!!

Beatriz González Cobas : es o meu ídolo.Guapa coma ti soa, única, inigualable. Qué-rote moito.

Sara Abella, másame vivo, cariño!!. Firma-do: " O teu corazón"

Para Tatiana Boquete Parga. Dos Petisuis.

Caracol, queremos verte máis no chan. Ja, ja, ja.

Lupe, confundes o touciño coa velocidade. Polucho.

Un saúdo para os cubatas máis reactivos de Cota. "Estroncio"

Es a mellor nena da clase, o meu corazón palpita cada vez que te miro Para Sofía Mayo do teu amante secreto.

Por esas noites no ultramarinos. 2º Artes.

Para o rapaz guapo dos ollos azuis: Para ti che fago esta carta para dicirche que te quero, para demostrar a dor que sento ao pensar en ti. Non sei como dicircho por iso che fago este poema:

Rompeume o corazón/ ao saber a verdade/ que non querías/ nin mirarme

Espero que un/ día me queiras/ a min como eu/ che queixen a ti.

Aínda sinto a dor no corazón/ as bágoas caendo pola/ miña cara/ aínda te sinto a ti/ como unha alma descalza.

Carlos Porto, es a persoa máis personaxe de todos os artistas.

Para Loli Pedrares: Profe, dormiiiimooos!!

Esa Nathaly que para o ano vémonos no mesmo sitio que agora! Si! No instituto de novo.

Para Nath, Jenni, Ángel e Manu. Grazas por virme ver ao hospital, aínda que fóra do ho-rario de visitas, Ja, ja, ja, Quérovos!

Grazas delegada de 2º D e Rittaa, momen-tos inolvidables na clase. Grazas.

Noraboa aos artistas de 1º e 2º polo musi-cal. O esforzo remata dando os seus froitos

Lareo coa boca pechada estás menos feo.

Para una rapaza de pelo rizado de 2º ESO. Quérote, amiga miña. N.

Jnoww, Vinny,Snooky e The situation… Dee-na vaivos botar de menos.

Nathaly Rodríguez, estou esperando polo teu carné e por esa volta en coche escoi-tando "Beat dat beat up!".Es una ricura de nena, una compañeira de mesa tola, e a mellor amiga que puiden ter. Quérote, Jenni t a ti tamén.

Ana, es a mellor compañeira de mesa que se pode ter. Encantáronme as nosas charlas dun minuto diariamente. Quérote!!.

Muros 2ºBach D, espero que veñas dar una volta por un campo de rosas que teño re-servado para ti. De Fd, o teu caravel.

Maseda, como vai o cultivo de tomates? Ja, ja, ja, un bo tema para cambiar outro tema. Que grande es!

Dedicado a todos os amores imposibles, una romántica.

Carolina, o teu corazón ilumíname e aínda que Jenni non rima non me dará arrepío. Anónimas.

Para Andrés Ameijeiras: profe, déixanos usar os ordenadores en titoría!

Para as miñas dúas M.A. a miña afi llada e a dos pintauñas azul e granate. Porque estar con vós sempre é divertido.

Maseda lévanos contigo a onde vaias.!! Querémoste.

Un saúdo para as muletas de Iria. Polucho

Pour Pili Bravo: français est trop trop diffi ci-le. Ce n´est pas possible, mon Dieu!!.

Un aplauso para os de 2º de artes por estar en perigo de extinción. Antimonio.

Jhon Steven Mogollón, botámoste de me-nos, ja, ja,ja. Santi, Mallón, Jenni, Nath.

Había un barco no fondo do mar,había un barco, había un barco, había un barco no fondo do mar . Dedicámoslla a Lash que sabemos que lle gusta. xDD

Carol, Jenni, adórovos.

Natalia, Lucía, María, Sara, Bea e Uxía. Para o mundo sodes persoas pero para min so-des o mundo. Quérovos!! Non cambiedes. Iria.

A Snooki, Deena, PaulyD, Mike, Jhoww e Sam. Os taxis están aquí!!! De vinny. Qué-rovos, tíos.

Un abrazo para Chus Juanatey, que a saúde a siga acompañando. Dun ex-pupilo seu en 3ºC.

Ola! Son Raúl Mosquera e queríalle dicir a María Fernández que a amo desde o pri-meiro momento en que a vin.

Había un sapo, sapo, sapo que nadaba no río, río, río que vestía de verde, verde, verde e morría de frío, frío, frío .Dedicámoslla a Pedro. Ja, ja, ja.

Para as miñas tres ovelliñas, a Jenni, a Nathy, a Carol!! I love moitísimo a todas. Quérevos o Morenaso.

Para Ame with love ( dúas cousas)-1.- por moitos enxeñeiros que coñeza, eu sempre te hei preferir a ti antes que a ninguén. 2.-To me you are perfect.

Care, es a máis preguiceira que coñecín na miña vida!

Alí gústame máis ca os chisquitos polas mañás.

Chegado este día teño que che dicir, moci-ña, que fuches unha mala infl uencia .pero tamén o mellor do Instituto. Menéndez es unha xefa.

Pequeno recompilatorio de frases célebres do curso 2011-2012.

Rubén: profe, isto é así ." E será ou non ."( aire misterioso)

Rafa: "este é un autor potente, potente se-guídesme? A ver, árbol, anímate! Imaxinade que a miña avoa é esta silla"

Elena: " bueno, eu, nos meus tempos ..e a xente cando había un terremoto quería quedar na súa casa .home se queres mo-rrer!! E entonces, bueno, pois imos ver!!"

Vilaboa: " nas mitocondrias .xa nos mitole-ches!...ai, neniña !!"

J. Rey: " eran pobres como as ratas .que estupidez! As ratas non teñen economía . Odio aos alumnos!!

J. Cota: " entendédelo? ( cara de sufrimen-to), Lóxico que non o saibades .claro, non facedes nada ( doído). Os electróns son coma as persoas cando nos subimos ao autobús, se poden sentan sós . Temos a barriga dun tipo e fas presión "

Romarís: "entendestes? Entendestes? A min se Nicole Kidman me di . -bailas? Eu….bailo!! ( entusiasmado)

Charo: profe, podo ir ao servizo? “Ao servizo militar?” En galego non temos oposto de up…profe, “baixo…ah claro…!

Por Dolores, de Hª da arte,que se emociona cos vídeos e que nunca nos manda calar! 2º Bach C

Gañete, querémoste, que dures moto máis! Elena Nito del Bosque

Para Lucía Seráns: uns espaguetis carbona-ra? Eh,eh un Kebak?

Rafa Varela, botarémoste de menos. Dúas alumnas de 2º Bach C

Fórmula da felicidade: Man-Da+Ri x Nas=∞. Hugo G. B

Que viva o galego! Diana Baltar, querémos-te. Os teus alumnos de 3º

Hugo García e Marcos Iglesias friends fo-rever!!

Para Tania Lens do rapaz de pelo laso, qué-rote moito.

Pablo Souto, non perdas o bo humor, pero non vaciles tanto que alguén o vai tomar a peito.

Nahuel, gústanos que veñas facer exames á clase de Hª da Arte.

Para Hugo Freire de 3º A, guapo, querémos-te.

Para Xavi Prieto: Por dous anos de bos (e non tan bos momentos). Grazas por facer-nos descubrir a novela que cambiou a nosa vida. Sara e Tania

Magister Dobarro, non esquezas ás túas "puellae" de 2º Bach C Botarémoste de menos a ti e aos teus Cupido e Psique.

Para Poulain, a nosa pianista favorita.N.A

Eu tamén creo que Dobarro e Ricardo, o de mantemento son a mesma persoa.

A Isabel Pereira, esa mestra que case nos fi xo querer as matemáticas. Repetimos, case. PD. Seguimos sen ter verrugas no nariz. Ana e Andrea. 2º Bach

Para Noe Garea e Iris Marcote( a miña me-llor amiga) unha persoa moi especial! Da nena da gabardina vermella.

Quen tivera, soñadora,/eses teus beizos/ branquiazuis.Quen tivera, morriñosa,/o teu verde vividor./Lugar onde os versos,/pecadores extraviados,/Baixan das nubes/Coma anxos/Desterrados...(A rapariga dos olliños pequechos e a alma grande

Page 67: Xeada 2012
Page 68: Xeada 2012