xincanas nas ludotecas
-
Upload
emilia-pardo -
Category
Documents
-
view
223 -
download
1
description
Transcript of xincanas nas ludotecas
A Concellaría de NL quere achegar á xente moza a figura de Valentín Paz Andrade, escritor homenaxeado neste ano no Día das Letras Galegas, a través dunha actividade lúdica:
Pescando palabras, cociñando poemasDía 4 de maio, venres na
Ludoteca de Coia, de 17:30 h a 19:30 h(Pavillón deportes Coia, avda. Castelao, s/n, 986 24 27 37)Biblioteca Neira Vilas, de 18:00 a 20:00 h (
(Emilio Martínez Garrido, 21, 986 26 77 59)
Dirixido a: nenos e nenas de 6 a 12 anos
Para esta actividade non hai inscrición, é suficiente con achegarse aos centros referidos, nas horas indicadas.
Desenvolvemento:Pescando palabras... é un xogo no que as e os participantes terán que ir "pescando" letras e palabras de poemas e textos de Valentín Paz Andrade.Deste xeito, irán coñecendo a vida e obra do homenaxeado neste 2012.
1.- Xogo de presentación: rede de pescarSomerxéndonos no mundo marítimo sobre o que traballou Valentín Paz Andrade, farase o xogo de presentación da rede de pescar. A seguir, a través da dinámica do mexillón fórmanse grupos para o xogo de pistas.
2.- Xogo de pistas: pescando palabras no marCada grupo identificado cunha cor, terá dous textos incompletos de Valentín Paz Andrade, un en verso e outro en prosa. Terase que completar o texto, respondendo a preguntas sobre a vida e obra do autor.
3.- Sopa de letras, choiva de topónimosA través dos textos e da vida do autor, coñeceranse os nomes de moitos lugares, que logo han de se situar no mapa de Galicia.
4.- Recital e lectura de textosPara promover as relacións persoais e a efectividade da comunicación leranse os textos. Compararanse os obtidos tras o xogo cos reais de Valentín Paz Andrade.
Marta Souto GonzálezTécnica do SNLmc/Vigo, 26 de abril de 2012Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78Correo: [email protected] / http://snl.vigo.org