Xosé Díaz Jácome...esde hai un cuarto de sé-culo, o Premio Ánxel Fole, convocado pola...

1
Xosé Díaz Jácome Armando Requeixo obtivo o Premio Ánxel Fole por un documentado estudo sobre a súa figura D esde hai un cuarto de sé- culo, o Premio Ánxel Fole, convocado pola Funda- ción Claudio San Martín e o xor- nal El Progreso, dá a coñecer aqueles traballos que afondan na vida e na obra de destacados es- critores lugueses. Na XXIV edi- ción, o premio foi para o profesor e crítico literario Armando Re- queixo, por un exhaustivo estudo sobre o poeta e xornalista mindo- niense Xosé Díaz Jácome. Sendo Requeixo un dos seus máis firmes e decidos valedores, a súa achega non é única, pois a obra de Díaz Jácome xa merecera a atención doutros prestixiosos eruditos, co- mo Miguel González Garcés, Mén- dez Ferrín, García-Sabell, Álvarez Torneiro, Álvarez Blázquez ou Ro- mán Raña. Mais ningún deles o fixo coa fondura e o calado coa que Ar- mando Requeixo acomete a súa empresa, desde o respecto e a con- fesada admiración. Para Re- queixo, Díaz Jácome é “unha das voces máis importantes da escola literaria mindoniense e un dos pe- riodistas máis destacados do xor- nalismo galego do pasado século”, suliñando, precisamente, a min- donicidade de Díaz Jácome, exer- cida tanto nas etapas de estadía na cidade natal, como na ausen- cia, cando por obrigas profesio- nais cubriu exitosos periplos en Pamplona, Oviedo ou Vigo. É a raíz da xubilación cando de xeito máis intenso e continuado volca a mirada na súa vila, colabo- rando na prensa local (a simpática revista Amencer, do Seminario de Stª Catarina, o anuario das festas de San Lucas, os cadernos do Mu- seo Mindoniense, ou a serie “Par- ladoiro”). Intervén, ademais, nas homenaxes a Ánxel Fole e Díaz Castro, integrantes dunha extensa nómina de intelectuais, escritores e artistas cos que mantivo lazos de afectuosa amizade: Álvaro Cun- queiro, Manuel María, Ramón Ca- banillas, Dionisio Gamallo Fie- rros… Esa corrente de afectos xerou, en xusta reciprocidade, unha co- rrespondencia, recibindo Xosé Díaz Jácome numerosos recoñe- cementos (lucense do ano en 1988, medalla Castelao da Xunta de Galicia en 1995). Con anterio- ridade, en 1967, a proposta dos señores Sebastián Martínez Risco, Leandro Carré Alvarellos e Fran- cisco Vales Villamarín, fora no- meado “membro correspondente da Real Academia Galega”. Do carácter exhaustivo da do- cumentación que manexa Arman- do Requeixo, é bo exemplo que indique, verbo dun determinado acto literario, non somente quen interviu como ponente ou orador, senón mesmo quen se atopaba entre o público! Iso non impide al- gúns erros menores, derivados de lapsus ou urxencias, sen maior transcendencia. Obra poética > Adscrito á deno- minada Xeración de 1936 e á “es- cola mindoniense”, Díaz Jácome ofrece as primicias do seu traballo poético na primavera de 1936. Eran as “Primeiras cantigas do amor”, no ronsel do neotrobadu- rismo preconizado naquela altura por Álvaro Cunqueiro. Esa liña tería en parte continui- dade, aínda que abríndose a outras estéticas, rexistros e postu- lados, nos libros seguintes, “Pom- bal”, publicado vintetantos anos despois, tras o dramático parénte- se da confrontación civil, e “Muí- ño Fidel”, unha selección da súa obra, tanto de poemas publicados en libros anteriores, como doutros textos non recollidos antes, que viran a luz en xornais e revistas. É o seu testamento literario. “Fiel en todo momento ás súas raíces, a vi- da de Díaz Jácome foi un exemplo de dedicación abnegada a unha lingua, unha cultura e un país”– di Armando Requeixo. [email protected] Membro da Xeración de 1936 e adscrito á escola mindoniense, Xosé Díaz Jácome destaca polo donaire e a graza das súas cantigas popularistas e neotrobadorescas. Asemade, é moi importante a súa achega como xornalista. Ilustración de Xabier Garo XULIO VALCÁRCEL PÁXINA LITERARIA libros As trovas de Midas DIANA VARELA PUÑAL Editorial Galebook A Coruña, 2011. 84 páginas. n Se publica en formato digital y en papel, el tercer libro de poemas de la escritora cormelana. Son textos dirigidos a niños de aproximadamente diez años, con ilustraciones de la propia autora y Verónica Sixto. Incluye un anexo con ejercicios. Nostalgia de Odiseo NURIA BARRIOS Edita Fundación José Manuel Lara. Sevilla, 2011. 171 páginas. n En cada poema se descubre la lucha interna de Penélope por salvar a Odiseo sin perderse a sí misma. Con episodios cercanos a la locura, los miedos, dudas y los deseos de la eterna espera se reflejan en el último libro de la escritora madrileña. Escrita contemporánea VARIOS AUTORES Edita Asociación de escritores en lingua galega. A Coruña, 2010. 316 páginas. n En el XXVII congreso de las literaturas vasca, catalana y gallega, se analizan los temas que más preocupan a escritores y editores contemporáneos. Dores Tembrás, Marcos Calveiro o Héctor Carré, fueron algunos de los intervinientes. Escrita contemporánea VARIOS AUTORES Edita Asociación de escritores en lingua galega. A Coruña, 2010. 107 páginas. n Sacamanteigas, leyendas urbanas y el rumor como arma arrojadiza, son varios de los artículos que recoge el número sobre las “IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral”, auspiciadas por la AELG que preside Cesáreo Sánchez. Asesinato en el Sentier CARA BLACK Editorial La Factoría de Ideas. Madrid, 2011. 320 páginas. n El histórico distrito parisino del Sentier, antaño plagado de modernas mansiones, atraviesa tiempos difíciles. Aimée Leduc se ve arrastrada allí cuando una mujer recién salida de prisión le cuenta que ha visto a su madre, que está desaparecida. El discurso del cómic LUIS GASCA Y ROMÁN GUBERN Editorial Cátedra. Madrid, 2011. 540 páginas. n Constituye un excepcional inventario enciclopédico de las convenciones usadas en la narrativa dibujada, ilustrado por cerca de mil seiscientas viñetas. Apasionante recorrido por el acervo de símbolos y recursos lingüísticos del cómic. 28 NORDESÍA 22 de enero de 2012 • Diario de Ferrol

Transcript of Xosé Díaz Jácome...esde hai un cuarto de sé-culo, o Premio Ánxel Fole, convocado pola...

Page 1: Xosé Díaz Jácome...esde hai un cuarto de sé-culo, o Premio Ánxel Fole, convocado pola Funda-ción Claudio San Martín e o xor-nal El Progreso, dá a coñecer aqueles traballos

Xosé Díaz JácomeArmando Requeixo obtivo o Premio Ánxel Fole por un documentado estudo sobre a súa figura

Desde hai un cuarto de sé-culo, o Premio Ánxel Fole, convocado pola Funda-

ción Claudio San Martín e o xor-nal El Progreso, dá a coñecer aqueles traballos que afondan na vida e na obra de destacados es-critores lugueses. Na XXIV edi-ción, o premio foi para o profesor e crítico literario Armando Re-queixo, por un exhaustivo estudo sobre o poeta e xornalista mindo-niense Xosé Díaz Jácome. Sendo Requeixo un dos seus máis firmes e decidos valedores, a súa achega non é única, pois a obra de Díaz Jácome xa merecera a atención doutros prestixiosos eruditos, co-mo Miguel González Garcés, Mén-dez Ferrín, García-Sabell, Álvarez Torneiro, Álvarez Blázquez ou Ro-mán Raña.

Mais ningún deles o fixo coa fondura e o calado coa que Ar-mando Requeixo acomete a súa empresa, desde o respecto e a con-fesada admiración. Para Re-queixo, Díaz Jácome é “unha das voces máis importantes da escola

literaria mindoniense e un dos pe-riodistas máis destacados do xor-nalismo galego do pasado século”, suliñando, precisamente, a min-donicidade de Díaz Jácome, exer-cida tanto nas etapas de estadía na cidade natal, como na ausen-cia, cando por obrigas profesio-nais cubriu exitosos periplos en Pamplona, Oviedo ou Vigo.

É a raíz da xubilación cando de xeito máis intenso e continuado volca a mirada na súa vila, colabo-rando na prensa local (a simpática revista Amencer, do Seminario de Stª Catarina, o anuario das festas de San Lucas, os cadernos do Mu-seo Mindoniense, ou a serie “Par-ladoiro”). Intervén, ademais, nas homenaxes a Ánxel Fole e Díaz Castro, integrantes dunha extensa nómina de intelectuais, escritores e artistas cos que mantivo lazos de afectuosa amizade: Álvaro Cun-queiro, Manuel María, Ramón Ca-banillas, Dionisio Gamallo Fie-rros…

Esa corrente de afectos xerou, en xusta reciprocidade, unha co-rrespondencia, recibindo Xosé Díaz Jácome numerosos recoñe-cementos (lucense do ano en 1988, medalla Castelao da Xunta de Galicia en 1995). Con anterio-ridade, en 1967, a proposta dos

señores Sebastián Martínez Risco, Leandro Carré Alvarellos e Fran-cisco Vales Villamarín, fora no-meado “membro correspondente da Real Academia Galega”.

Do carácter exhaustivo da do-cumentación que manexa Arman-do Requeixo, é bo exemplo que indique, verbo dun determinado acto literario, non somente quen

interviu como ponente ou orador, senón mesmo quen se atopaba entre o público! Iso non impide al-gúns erros menores, derivados de lapsus ou urxencias, sen maior transcendencia.

Obra poética > Adscrito á deno-minada Xeración de 1936 e á “es-cola mindoniense”, Díaz Jácome ofrece as primicias do seu traballo poético na primavera de 1936. Eran as “Primeiras cantigas do amor”, no ronsel do neotrobadu-rismo preconizado naquela altura por Álvaro Cunqueiro.

Esa liña tería en parte continui-dade, aínda que abríndose a outras estéticas, rexistros e postu-lados, nos libros seguintes, “Pom-bal”, publicado vintetantos anos despois, tras o dramático parénte-se da confrontación civil, e “Muí-ño Fidel”, unha selección da súa obra, tanto de poemas publicados en libros anteriores, como doutros textos non recollidos antes, que viran a luz en xornais e revistas. É o seu testamento literario. “Fiel en todo momento ás súas raíces, a vi-da de Díaz Jácome foi un exemplo de dedicación abnegada a unha lingua, unha cultura e un país”– di Armando Requeixo.

[email protected]

Membro da Xeración de 1936 e adscrito á escola mindoniense, Xosé Díaz Jácome destaca polo donaire e a graza das súas cantigas popularistas e neotrobadorescas.

Asemade, é moi importante a súa achega como xornalista.

Ilustración de Xabier Garo

Xulio Valcárcel

páXIna lIterarIa

libros

As trovas de MidasDiana Varela Puñal

Editorial GalebookA Coruña, 2011. 84 páginas.

n Se publica en formato digital y en papel, el tercer libro de poemas de la escritora cormelana. Son textos dirigidos a niños de aproximadamente diez años, con ilustraciones de la propia autora y Verónica Sixto. Incluye un anexo con ejercicios.

Nostalgia de Odiseonuria Barrios

Edita Fundación José Manuel Lara. Sevilla, 2011. 171 páginas.

n En cada poema se descubre la lucha interna de Penélope por salvar a Odiseo sin perderse a sí misma. Con episodios cercanos a la locura, los miedos, dudas y los deseos de la eterna espera se reflejan en el último libro de la escritora madrileña.

Escrita contemporáneaVarios autores

Edita Asociación de escritores en lingua galega. A Coruña, 2010. 316 páginas.

n En el XXVII congreso de las literaturas vasca, catalana y gallega, se analizan los temas que más preocupan a escritores y editores contemporáneos. Dores Tembrás, Marcos Calveiro o Héctor Carré, fueron algunos de los intervinientes.

Escrita contemporáneaVarios autores

Edita Asociación de escritores en lingua galega. A Coruña, 2010. 107 páginas.

n Sacamanteigas, leyendas urbanas y el rumor como arma arrojadiza, son varios de los artículos que recoge el número sobre las “IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral”, auspiciadas por la AELG que preside Cesáreo Sánchez.

Asesinato en el Sentiercara Black

Editorial La Factoría de Ideas.Madrid, 2011. 320 páginas.

n El histórico distrito parisino del Sentier, antaño plagado de modernas mansiones, atraviesa tiempos difíciles. Aimée Leduc se ve arrastrada allí cuando una mujer recién salida de prisión le cuenta que ha visto a su madre, que está desaparecida.

El discurso del cómicluis Gasca y román GuBern

Editorial Cátedra.Madrid, 2011. 540 páginas.

n Constituye un excepcional inventario enciclopédico de las convenciones usadas en la narrativa dibujada, ilustrado por cerca de mil seiscientas viñetas. Apasionante recorrido por el acervo de símbolos y recursos lingüísticos del cómic.

28 NORDESÍA 22 de enero de 2012 • Diario de Ferrol