10 de agosto de 201419º Tempo ordinario (A)
Mateu 14, 22 - 33
Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIASContribúe a espertar a confianza en Xesús. Pásao.
José Antonio Pagola
Música: Bruch. Adagio.Presentación:B.Areskurrinaga HCEuskaraz:D.Amundarain
Non é difícil ver na barca dos
discípulos de Xesús, sacudida pondas ondas e
desbordada polo forte vento en contra,
a figura da Igrexa actual, ameazada desde fóra por
toda clase de forzas adversas e tentada
desde dentro polo medo e a pouca fe..
Como ler este relato evanxélico desde a crise na
que a Igrexa parece hoxenaufragar?
Segundo o evanxelista, “Xesús achégase á barca camiñando
sobre a auga”. Os discípulos non son capaces de
recoñecelo no medio da tormenta e a escuridade da noite.
Parécelles unha “pantasma”. o medo tenos aterrorizados.
O único real é aquela forte tempestade.
Este é o noso primeiro problema.Este é o noso primeiro problema. Estamos vivindo a crise da Igrexa Estamos vivindo a crise da Igrexa
contaxiándonos uns a outros desalento, contaxiándonos uns a outros desalento, medo e falta de fe.medo e falta de fe.
Non somos capaces de ver que Xesús se Non somos capaces de ver que Xesús se nos está achegando precisamente desde nos está achegando precisamente desde
esta forte crise.esta forte crise. Sentímonos máis sós e indefensos que Sentímonos máis sós e indefensos que
nunca.nunca.
Xesús dilles tres frases: “Ánimo. Son eu. Non temades”. Solo Xesús lles pode falar así.
Pero os seus oídos só oen o estrondo das ondas e a forza do vento.
Este é tamén o noso erro. Se non escoitamos a invitación de Xesús a
poñer nel a nosa confianza incondicional,
a quen acudiremos?
Pedro sinte un impulso interior e, sostidoPedro sinte un impulso interior e, sostido pola chamada de Xesús, salta da barca e pola chamada de Xesús, salta da barca e
““diríxese cara a Xesús andando sobre as augas”diríxese cara a Xesús andando sobre as augas”..
Así temos que aprender hoxe a camiñar cara a
Xesús no medio da crise: apoiándonos,
non no poder, o prestixio e as
seguridades do pasado, senón no
desexo de encontrarnos con
Xesús no medio da escuridade e as
incertezas destes tempos.
Non é fácil. Tamén nós podemos vacilar e afundirnos
coma Pedro. Pero o mesmo ca el, Pero o mesmo ca el,
podemos podemos experimentar que experimentar que
Xesús estende a súa man e nos salva mentres nos di:
“Homes de pouca fe, por que dubidades?
Por que dubidamos tanto? Por que dubidamos tanto? Por que non estamos Por que non estamos
aprendendo apenas nada novo aprendendo apenas nada novo da crise? da crise?
Por que seguimos buscando Por que seguimos buscando falsas seguridades para falsas seguridades para
“sobrevivir” dentro das nosas “sobrevivir” dentro das nosas comunidades, sen aprender a comunidades, sen aprender a
camiñar coa fe renovada cara a camiñar coa fe renovada cara a Xesús no interior mesmo da Xesús no interior mesmo da sociedade secularizada dos sociedade secularizada dos
nosos días?nosos días?
Esta crise non é o final da fe cristiá. É a purificación que necesitamos para liberarnos de
intereses mundanos, triunfalismos enganosos e deformacións que nos foron afastando de Xesús ao longo
dos séculos..
El está actuando nesta crise.El está actuando nesta crise. E estanos conducindo cara a unha Igrexa E estanos conducindo cara a unha Igrexa
máis evanxélica. máis evanxélica. Reavivemos a nosa confianza en Xesús. Reavivemos a nosa confianza en Xesús.
Non teñamos medo. Non teñamos medo.
NO MEDIO DA CRISE
Non é difícil ver na barca dos discípulos de Xesús, sacudida polas ondas e desbordada polo forte vento en contra, a figura da Igrexa actual, ameazada desde fóra por toda clase de forzas adversas e tentada desde dentro polo medo e a pouca fe. Como ler este relato evanxélico desde a crise na que a Igrexa parece hoxe naufragar?
Segundo o evanxelista, “Xesús achégase á barca camiñando sobre a auga”. Os discípulons non son capaces de recoñecelo no medio da tormenta e a escuridade da noite. Parécelles unha “pantasma”. O medo tenos aterrorizados. O único real é aquela forte tempestade.
Este é o noso primeiro problema. Estamos vivindo a crise da Igrexa contaxiándonos uns a outros desalento, medo e falta de fe. Non somos capaces de ver que Xesús se nos está achegando precisamente desde esta forte crise. Sentímonos máis sós e indefensos que nunca.
Xesús dilles tres frases: “Ánimo. Son eu. No temades”. Só Xesús lles podes falar así. Pero os seus oídos só oen o estrondo das ondas e a forza do vento. Este é tamén o noso erro. Se non escoitamos a invitación de Xesús a poñer nel a nosa confianza incondicional, a quen acudiremos?
Pedro sinte un impulso interior e, sostido pola chamada de Xesús, salta da barca e “diríxese cara a Xesús andando sobre as augas”. Así temos que aprender hoxe a camiñar cara a Xesús no medio da crise: apoiándonos, non no poder, o prestixio e as seguridades do pasado, senón no desexo de encontrarnos con Xesús no medio da escuridade e as incertezas destes tempos.
Non é fácil. Tamén nós podemos vacilar e afundirnos como Pedro. Pero o mesmo ca el, podemos experimentar que Xesús estende a súa man e nos salva mentres nos di: “Homes de pouca fe, por que dubidades?”.
Por que dubidamos tanto? Por que non estamos aprendendo apenas nada novo da crise? Por que seguimos buscando falsas seguridades para “sobrevivir” dentro das nosas comunidades, sen aprender a camiñar con fe renovada cara a Xesús no interior mesmo da sociedade secularizada dos nosos días?
Esta crise non é o final da fe cristiá. É a purificación que necesitamos para liberarnos de intereses mundanos, triunfalismos enganosos e deformacións que nos foron afastando de Xesús ao longo dos séculos. El está actuando nesta crise. El estanos conducindo cara a unha Igrexa máis evanxélica. Reavivemos a nosa confianza en Xesús. Non teñamos medo.
José Antonio Pagola