Nome Vulgar:
En galego: Abeleira, avelaira, avelán, abelaneira,
abraira, abeladoira, abelán, abelao, abeleiro,
avelairo, aveleiro.
En castelan: Avellano
En ingles: Hazel
En frances: Noisetier
Tronco:
A copa da árbore e densa e irregular por regra
xeral.
O tronco é
robusto. A
cortiza é lisa e
de cor marrón
tirando a gris.
A copa é
variable.
As Follas:
Sin lugar a dúbidas esta árbore identifícase polas súas follas xa que xon moi características: alternas, rugosas e ásperas, dobremente aserradas, cunha punta moi peculiar e unha base en corazón.Ten peliños no envés, ou sexa, na parte de atrás.
No dibuxo vense as súas características.
A folla remata en lanza ou cunha puntiña, moi característica, ademais xusto a base son acorazonadas.
As follas son doblemente aserradas
Flores:
Florece xa o chegar a primaveira. Bota o fruto (a abelá) no
outono.
A floración faina entre
xaneiro e abril.
Presenta uns ramilletes
amarelos, que son as flores
masculinas. As femininas son
máis pequenas e dan como
fruto a abelá.
Froito:
As famosas abelás que tanto se utilizan en repostería e como froitos secos. As primeriras en Ourense cómense polo San Lázaro era toda unha tradición. A abelá sae no outono.
O froito é unha abelá. Nesta
fotografía de Ame Anderberg
figura na árbore e a fotografía
de arriba, é a abelá, xa madura e
recollida.
Madura a finais do verán ou
principio do outono.
Habitat:
Atópase fácilmente en lugares sombríos e frescos, hai moitos a carón dos ríos galegos, non en primeira liña (inda que tamén se ven as veces).
Vese moitísimo na provincia de Ourense, na zona oriental (sobre todo polo Barco, Chandrexa de Queixa, etc.) e tamén en Lugo pola zona do Courel.
Vive entre os cuarenta e os sesenta anos.
Proporcions para a humanidade:
A abeleira ou abelaneira tense usado para todo e
nunca falta nunha casa de campo: como comestible
e de utilidade na repostería ata polas súas
propiedades medicinais, pasando pola súa
plantación para fixar terrapléns.
Da abelá sácase de todo, dende aceite que se usa
como alimento ata pinturas, xabróns, perfumes,
etc.
A madeira da abeleira é dura e utilízase para
moitas cousas. Curiosamente utilízase para facer
carboncillos para dibuxo, entre outras cousas.
Actitudes que debemos ter cando
nos achegamos a un bosque:
Non podemos andar sen coidado, temos que ter
coidado para non pisar ningunha planta nin arbusto.
Non podemos tirar lixo nin tampouco facer unha
fogueira no bosque, porque pode haber un incendio
forestal e morrerian moitos arbores.
Non podemos desviarnos dos camiños dos montes
para asi non perdernos.
De Jorge Luis, Clase de 5º B del
colegio C.E.I.P Balaidos.
Top Related