A NOSA AMIGA
A Castaña
Nome da árbore: O Castiñeiro Nome científico: Castanea Sativa
Hábitat: Climas temperados e húmidos. É polo tanto moi adecuado para o clima de Galicia. Hainos por toda a nosa terra, pero donde máis abundan é nas provincias de Lugo e Ourense
Pouco se sabe da orixe do castiñeiro, pero o que parece claro
é que foron os romanos os que o trouxeron á Galicia
O castiñeiro é unha árbore fóra de serie, forte. A súa madeira,
dunha calidade excelente, emprégase en tonelería e
cestería e tamén para a fabricación de pisos e mobles.
Florece entre maio e xuño e o seu froito, a castaña é moi
apreciada no mundo
O castiñeiro case nunca se encontra só, senón formando
parte dun bosque chamado SOUTO.
A Castaña
É un froito seco cunha composición similar aos
cereais, xa que é moi rica en hidratos de carbono,
é polo tanto un alimento moi enerxético, pero á vez
pouco calórico porque ten pouca graxa (é o froito
seco que menos ten). Son tamén ricas en
vitaminas e minerais.
TIPOS DE CASTAÑAS
Hai moitos tipos de castañas. As máis coñecidas
son: Amarelante, Negral, Famosa, Garrida,
Presa, Luguesa, Longal, De Parede, Ventura e
Xudía
GASTRONOMÍA
As castañas podemos comelas asadas, cocidas e ata crúas
na súa época, é dicir, no outono; e as secas, todo o ano.
Cando se secan, pode facerse fariña coa que se elaboran
unhas tartas riquísimas.
Como comida principal ou como postre. En conserva ou
mermelada. Solas ou como guarnición……..
a castaña é xenial!!!
Algúns pratos
Polo con castañas Sopa
Tiramisú Puré
•
Tarta de chocolate Pudding
Marrón Glassé Mermelada
E por suposto… Asadas!!!
Hummm… Que ricas!!
O MAGOSTO
Orixe da palabra: Magnus Ustus (gran fogo) e tamén, Magum Ustum
(fogo máxico). Trátase dunha festa que tradicionalmente se facía ao
recoller o froito e servía como agradecemento pola colleita recibida.
Soe facerse entre o 1 e o 15 de novembro e ten carácter comunitario.
Consiste nunha gran fogueira donde se asan as castañas que logo
comerán todos os asistentes. Ao rematar hai o costume de saltar as
brasas e tinguir a cara coas cinzas sobrantes.
REFRÁNS, DITOS E ADIVIÑAS
A castaña no agosto quere arder, e no setembro beber.
A castaña que está no camiño é do veciño.
As castañas no Nadal, saben ben e pártense mal.
Temperá é a castaña que no setembro regaña.
Sempre un porco ruín ha atopar, a mellor castaña.
Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.
A castaña e o besugo, no febreiro non ten zugo.
Se chove na semana do San Mateo non prepares canizo
porque non hai ourizos
Auga de castañas: dise do café frouxo.
Quedar en auga de castañas: algo que non tivoimportancia.
Estalarlle a castaña na man: cando un cae na propia trampa.
Non estar para asar castañas: non ter ganas de festa.
Sacarlle as castañas do lume: librar a un dun problema.
Darlle unha castaña: zurrarlle na cara.
¡Toma castaña!:levar un chasco.
¡Pegarse un castañazo!Pegarse un golpe forte.
Coller unha castaña. Emborracharse.
Estoupou como unha castaña: unha explosión seca.
¡Manda castaña!Algo que non ten xustificación, que sorprende a un
Ten pelexo coma a xente,
e é moi boa para comer;
chega polo mes de Santos
e todo o ano a tés.
Alto me vexo
no meu capelexo,
por unha risada
quedeime sen nada
Alto está,
barbas ten,
ri e solta o que ten .
No aire se cría,
no aire se ten;
bota unha risada
e perde o que ten.
Top Related