Daniel García Alonso-Villaverde 1º ESO
A NAI PERDIDA
Ela desapareceu hai dous anos. Pero el quería vinganza.
Todo ocorreu unha fría mañá de maio, concretamente o
día 23, o noso protagonista ía ter a súa primeira
graduación, cando de repente na sala apareceron tres
homes cunha máscara e todos de negro. Os homes
fixáronse na súa nai e raptárona. Ninguén soubo a onde a
levaron. Pero unha cousa estaba clara, tiña que recuperala
ou senón non se perdoaría a si mesmo. Aquí é cando
comeza a nosa historia.
“Ola” saudaba el “ando na procura da miña nai,
¿podédesme axudar?” preguntáballe aos habitantes da
vila ao que eles respondían que non, sen compaixón
ningunha.
Ata que un día, os que el nunca pensou que lle axudarían,
pasara o que pasara viñeron a el. Eran Tomás, o neno
pobre, e Manolo, o fracasado da vila. Os tres xuntos
chamáronse ``os tres mosqueteiros´´.
Os mozos foron reunindo moita xente máis polo que
cambiaron o nome polo de “na busca da nai perdida”.
Xa todos reunidos no club fixeron un refuxio nunha
“Galicova” na Coruña, empezaron a buscar sospeitosos de
por aló e deron cunha pista, unha máscara igual aos dos
terroristas. Nela poñía: Avda os Anxos, nº 13, A Coruña.
Propiedade de Toni “o gordo”.
Así que dispuxéronse a buscar por toda A Coruña a
avenida dos Anxos número 13. Por fin despois de moito
buscar deron co lugar nas aforas da Coruña.
Cando estiveron na casa miraron nas caixas do correo
pero non poñía nada en ningunha. Puxéronse en
contacto coa xente do rueiro preguntando se coñecían
alguén que se chamase Toni por aló, pero os veciños non
coñecían ninguén con ese nome.
Cando pensaban que xa o tiñan todo perdido atoparon
outra pista aínda máis importante, os lentes que levaba
a nai de Martiño (así se chamaba a nai do protagonista
desta historia), eran inconfundibles. Aínda tiñan a marca
de cando a Martiño lle caeran por un descoido. Iso dicía
que a súa nai tiña que estar cerca de aló. Seguiron
buscando e tamén encontraron a tarxeta de teléfono
deste tal Toni.
Chamaron pero ninguén contestou ata que á vixésima
vez que o chamaron contestaron.
O máis espelido do grupo e coa voz máis grave dixo:
-Ola, son o teu tío- inventou o noso amigo Rudolf- non
me acordo de onde vivías, pódesmo dicir, por favor?
Quero visitarte polo teu aniversario!!!
-Ola, tío!!! Que rara tes a voz, seguro que es o meu tío?
Ademais non é o meu aniversario…- sospeitou el.
-Pois claro que son o teu tío, o que pasa é que estou sen
voz e só quería darche unha sorpresa con calquera cousa
- respondía Rudolf
-Ahhh. Non me atopas porque mudeime ata Ares en
busca dunha familia que é famosa polos seus cartos, xa
sabes que levo unha vida un pouco terrorista -sorría para
si mesmo- Ao que imos, vivo na Rúa María nº 16.
- Moitas grazas sobriño para alá vou, espérame alí.
- Por suposto, tío - contestou Toni.
Agora si que sabían onde vivían os malvados raptores de
nais. Colleron un bus e foron ata Ares.
Alí viron a casa onde debía vivir o sospeitoso, primeiro
vixiaron desde fóra para ver se vían algún movemento
raro. Despois chamaron ao timbre e desta vez outro
señor chamou á porta:
-O carteiro! - dixo o noso aliado - Pódeme abrir a porta
tamén polo outro lado porque esta porta é moi estreita e
non pasa o carriño enteiro.
-Vale, pero por que queres entrar na casa? Con tal de
deixares as cartas no seu sitio…- sospeitou Toni
- Dixéronme que era un pedido moi importante e que
tiña que darcho en man.- contestaba o noso amigo
-Vale, xa está aberta, pasa.
Cando estaban na outra porta todos os “detectives”
entraron pola porta principal. Dentro da casa había
moito luxo, xoias, colares, etc.
Na sala principal había unha porta cunha pechadura moi
rara e antiga… buscaron por toda a casa sen que ninguén
os vira, mentres o “carteiro” o distraía. Por fin na
biblioteca da casa abriron un libro e caeron as chaves.
Foron ata a porta das chaves rápido porque o noso amigo
xa non ía resistir moito máis… Abriron a porta e alí
encontraron algo que parecía un cofre do tesouro, e
dentro había aínda máis riquezas que na casa en si.
Tamén había unha trapela que levaba ata unha especie de
cárcere. Dentro dunha cela estaba a “nai perdida” case
desnutrida e deshidratada con outras 5 mulleres, parece
ser que as utilizaban para facer todas as tarefas do lugar
sen recibir nada a cambio. A nai de Martiño nin sequera
recoñecía ao seu fillo, pero cando lle falou de recordos
entre el e máis ela recobrou o coñecemento rapidamente.
Salvaron a todas as mulleres e saíron de alí, pero… na
outra parte da casa Toni xa empezaba a sospeitar e xa
estaba ameazando de morte ao carteiro, por iso cando
Martiño lle fixo o sinal de que podía irse, marchou
deseguido porque xa non podía aturar máis.
Fóra da casa xa todos os do club salvados berraron o seu
grito de guerra:
“1, 2, 3 LOITAR, LOITAR e LOITAR”
pero…onde estaban os demais sospeitosos?
Pois resulta que estaban espallados por toda a comarca
de Ferrolterra, pero non pasaba nada, o primeiro era
chamar a policía para que leve a Toni ao cárcere.
Todo saíu ben, era un vello coñecido pola policía e
metérono nunha vella escola en Ares que agora
funcionaba de calabozo para os prisioneiros. Os outros
dous sospeitosos xa foran detidos anteriormente pola
policía.
Estas persoas foron coñecidas en todo o mundo pola súa
solidariedade e agora eran coñecidos mundialmente, e
ata empezaron a traballar xunto á policía nun grupo
chamado A. N. P. (A Nai Perdida) en casos de
desaparicións.
Respecto a Martiño repetiron outra vez a graduación e
esta vez todo saíu ben, pero o máis importante era que
coñecera novos amigos.
FIN
Top Related