Download - Abadiño carta

Transcript

OLA AMIGUIÑOS!!

Xa estamos de volta un curso máis. Non sabedes as

gañas que tiña de ver a nosa biblioteca cheíña de

nenos e nenas rulando e libros de acá para alá!!

O vindeiro día 24 de outubro celebramos o día das

Bibliotecas Escolares, e quería facer con vós

algunha cousiña para disfrutar un poquiño todos

xuntos ese día.

Faremos unha xornada de portas abertas, onde

cada aula poderá acudir coa súa titora ou titor. Unha

vez alí xa descubriredes as sorpresas que teño

preparadas.

Un saúdo e ata pronto.