Download - ACIOAISMO E GAEGUISMO E EO · 2018. 3. 5. · pñlt , tén, d bznr brr d UG SOE, CC OO CE,.. fltrí á fln pñl n l rrón brí, dñrn n ntr n brr l, pr r l nár, d lld d Crñ. r,

Transcript
Page 1: ACIOAISMO E GAEGUISMO E EO · 2018. 3. 5. · pñlt , tén, d bznr brr d UG SOE, CC OO CE,.. fltrí á fln pñl n l rrón brí, dñrn n ntr n brr l, pr r l nár, d lld d Crñ. r,

NACIONALISMO E GALEGUISMO EN FERROLUnha das surpresas máis chamativas saídas dasúltimas eleicións municipais, foi o feito de que aespañolísima cidade de Ferrol, onde din que fa-lan o castelán "mejor que en Valladolid", che-gara a ter un alcalde nacionalista-galeguista.Non sobra a precisión do término que seguíu aoguión, poís até hai una anos esta cidade chamá-base El Ferrol del Caudillo; e é ben coñecidoque Francisco Franco, o individuo que se faciaalcumar de tal xeito e que ten nunha praza des-ta urbe e estatua ecuestre máis grande da penín-sula, e por tanto a máis grande do mundo... foiprecisamente o caudillo dos nacionalistas espa-ñois. Para alguns, o bon do Xaime Bello e oBNG ferrolán virían ser algo así coma un mete-orito ou corpo extraño caído nunha cidade pa-trimónio da Marina española, dunha burguesíaespañolista e, se acaso tamén, dos bazaneirosobreiros da UGT e o PSOE, CC OO e o PCE,..que -faltaría máis- falan o español con igual co-rrección que a burguesía, e descoñecerian -nocentro como nos bairrios- o galego, por ser algoinecesário, que di o alcalde da Coruña. Pero,son as cousas realmente así? Somos tan bichosraros os que falamos galego nesta cidade? É real-mente o galego unha moda de agora, ausenteoutrora da vida da capital de ultramar?

É algo ben coñecido que a história de Ferrolte-rra é rica en persoeiros ilustres; algúns deles co-ñecidos non só na cidade e na bisbarra, senónen toda Galiza, e alén das nasas fronteiras. Des-de Concepción Arenal a Gonzalo Torrente Ba-llester, pasando por outros persoeiros tan coñe-cidos como Pablo Iglesias e José Canalejas, e oseñor que ten unha estatua subido a un cabalo(Cf. Ferroláns de Guillermo Llorca). Pero é po-sibel que non sexa tan coñecido o feito de quena longa lista de ferroláns ilustres haxa unhachea de nomes que, nos máis diversos campos,manifestaron un compromiso coa Galiza, a suslíngua e a sua cultura, de carácter máis ou me-nos claramente galeguisra.

No ciclo sociopolítico están: Xosé Fontenla Leal(1864.1919), que foi un dos impulsores da cria-ción da Real Academia Galega e do Hino gale-go, alén do mar; Rodrigo Sanz (1872-1939), xefeda Liga Galega, un dos fundadores de Solidarie-dade Galega e promotor das Ir mandadesdaFala;Manuel Sánchez Hermida e Euxénio Charlón,tamén das Irmandades da Fala, promotores doCoro Toxos e Froles , e autores de populares obrasteatrais en galego, nas que -como comenta Car-valho Calero na sua Historia da Literatura GalegaContemporánea- "non perden ocasión de frostre-gar a desgaleguización dos galegos'; Manuel Co-mellas (1853-1925), pedagogo renovador, xor-nalista e autor dramático en galego; XaimeQuintanilla (1839-1936), o alcalde mártir queescribíu obras en galego; Eliseo Ruiz de Cortázar,"Cuco" (1931-1978), un cura comprometido cosobreiros e o movimento viciñal, como outros cu-ras da bisbarra comprometidos co galeguismo ecos traballadores (Cf. o meu libro Galegos e cris-tiáns), sen esquecer ao que foi bispo da dióceseentre 1970-1985, Miguel Anxo Araúxo, que pu-blicou nos anos 70 unha memorábel pastoral pa-ra a galeguización da litúrxia e a catequese (A fecristiá ante a cuestión da lingua galega).

Entre os artistas, ademais dos esgrévios pintoresgalegos Álvarez de Sotomayor e Pérez Villamil,compre salientar a: lmeldo orral (1899-1976),pintor que Manuel António chamou "poeta danosa terra"; Emiliano Balás (1859-1934), pintore poeta, membro das Irmandades da Fala e co-rrespondente da Real Academia Galega; e oinesquecíbel Camilo Díaz Baliño (1889-1936),pintor, cartelista e cenógrafo, deseñador da ban-deira das Irmandades da Fala, mártir galeguistae pai de Isaac Díaz Pardo.

En fin, tamén entre os escritores en galego houboferroláns egrexios. Alguns menos coñecidos, co-ma o poeta Alberto Camino Sigüet (1820-1861), que Carvalho Calero calificou de "claroprecursor de Rosalía" que "ocupa un lugar moidestacado entre os precursores do renacimentoliterário galego"; Xosé López de la Vega (1825-1888) médico e poeta bohemio, outro dos pre-

cursores da literatura galega; Benito Vicetto(1824.1878), historiador de ampla produción eoutro dos precursores de Rexurdimento; AurélioRibalta (1864-1940), coñecido militante gale-guista e escritor en prosa e en verso; FranciscoCabo Pastor (1872-1973), outro médico e poeta,que foi unha figura importante de SolidariedadeGalega e tesoureiro das Irmandades da Fala deFerrol; Xoaquin Arévalo (1882-1939), poeta edramaturgo en galego, xornalista e fundador devarias publicacións da cidade; Dictínio del Cas-tillo (1906-1987), poeta louvado por Otero Pe-drayo; e o laureado poeta popular Xosé M. PérezParallé (1909-1987) autor de libros de poemasen galego e de numerosas letras de cantigas, ade-mais do máis coñecido Esconxuro da Queimada.

En fin, nutras abondo coñecidos, como ErnestoGuerra da Cal (1911.1977) escritor e traballa-dor incansábel na difusión da literatura galego-portuguesa; e Ricardo Carvalho Calero (1910-1990), o máis egrexio escritor comprometido cogalego que deu esta cidade, membro do Semina-rio de Estudos Galegos, do Partido Galeguista, daReal Academia Galega... e prolífico ensaista, ade-

mais dun grande poeta, novelista e dramaturgo...

E por iso que tampouco non é un "meteoritoextraño" caído en Ferrol, o feito decelebrarneste mes de Outono na cidade un dos actos de"Galegos de por vida". Organizado polo BiénioIrmandiño, nel crentes e non crentes, profesio-nais, escritores e clérigos, rubrican ante notárioque, xa que viven en galego, escriben en galego,rezan en galego, etc. queren tamén "morrer engalego", ser enterrados "en galego ou en silén-cio". Desgrazadamente tan só nun par de parró-quias da cidade se celebra a misa en galego ha-bitualmente. A pesar de ter sido Ferrolterra oberce dun forte movimento de curas que traba-

llaron ardegamente pola galeguización da Igrexanos anos 70 e 80: o equipo Boa Nova. Tamén aesta cidade pertence un dos núcleos que funda-ron as únicas revistas integramente en galego daIgrexa de Galiza: Encrucillada e Irimia, que per-viven despois de máis de vinte anos a primeira,e case outros tantos a segunda.

Quen di que en Ferrol non falan máis que oespañol?