Escola de
Enxeñaría de
Telecomunicación
Acta da Xunta de Escola ordinaria do 12 de febreiro de 2020
1 de 5
CONVOCATORIA
DÍA: mércores, 12 de febreiro de 2020
HORA: 12:30 en primeira convocatoria, 13:00 en segunda
LUGAR: Sala de Xuntas da Escola de Enxeñería de Telecomunicación
ORDE DO DÍA:
1. Aprobación, se procede, de actas anteriores.
2. Informe da Dirección.
3. Presentación do informe da memoria económica e liquidación do
orzamento do ano 2019.
4. Presentación do orzamento para o ano 2020 e aprobación, se
procede:
a. Da proposta de gasto da partida 221.02 (subministracións de
docencia)
b. Da subvención ó XX Foro Tecnolóxico de Emprego
5. Aprobación, se procede, da Planificación Docente Anual (PDA)
do Grao para o curso 2020/21: Número de prazas de entrada no
Grao, número de prazas por traslado de outros Graos e
distribución de grupos de docencia no Grao.
6. Aprobación, se procede, dos criterios de reparto das horas
asignadas á Dirección da Escola por recoñecemento de apoio ás
actividades de docencia.
7. Aprobación, se procede, de proposta de Coordinación de Máster.
8. Asuntos de Delegación de Alumnos.
9. Asuntos de trámite.
10. Rogos e preguntas.
Asistentes: Aguado Agelet, Fernando
Alba Castro, José Luis
Anido Rifón, Luis Eulogio
Araujo Novoa, Diego
Arias Acuña, Alberto Marcos
Burguillo Rial, Juan Carlos
Caeiro Rodríguez, Manuel
Calvo Ruibal, Natividad
Cardenal López, Antonio José
Carro Parafita, Pedro Manuel
Chiussi, Stefano Maria Giulio
Comesaña Alfaro, Pedro
Costa Montenegro, Enrique
Costas Pérez, Lucía
Couto Cancela, Daniel
Cuiñas Gómez, Íñigo
de Lorenzo Rodríguez, María Edita
Díaz Redondo, Rebeca Pilar
Docio Fernández, Laura
Domínguez Gómez, Miguel Ángel
Fandiño Otero, Antía
Fernández Barciela, Mónica
Fernández Bernárdez, José Ramón
Fernández Doval, Ángel Manuel
Fernández Iglesias, Manuel José
Fernández Manín, Generosa
Fernández Vilas, Ana
García Duque, Jorge
García Mateo, Mª del Carmen
García Sánchez, Manuel
García-Tuñón Blanca, Inés
Gil Castiñeira, Felipe
Gil Solla, Alberto
Gómez Araujo, Marta
González Castaño, Francisco Javier
González González, Alfredo
González González, Jaime
González Rodríguez, Ramón
Herrería Alonso, Sergio
Isasi de Vicente, Fernando
Llamas Nistal, Martín
López Ardao, José Carlos
López Bravo, Cristina
López García, Cándido
Lugilde López, Adrián
Marcos Acevedo, Jorge
Márquez Flórez, Óscar William
Martín Herrero, Julio
Martín Méndez, Alberto Lucio
Martín Rodríguez, Fernando
Martínez Portela, Roi
Martínez Souto, Sofía
Mikic Fonte, Fernando
Mojón Ojea, Artemio
Mosquera Nartallo, Carlos
Moure Rodríguez, María José
Pazos Arias, José Juan
Pena Giménez, Antonio
Pérez González, Fernando
Prieto Gómez, Cristina Magdalena
Quintáns Graña, Camilo
Rodríguez Banga, Eduardo
Rodríguez Calvo, Eduardo
Rodríguez Couto, Óscar
Rodríguez Hernández, Pedro Salvador
Rodríguez Maijide, Jorge
Rodríguez Pardo, María Loreto
Rodríguez Pérez, Miguel
Rodríguez Rubio, Raúl Fernando
Santalla del Río, María Verónica
Santos Gago, Juan Manuel
Suárez González, Andrés
Torío Gómez, Pablo
Torres Guijarro, María Soledad
Valdés Peña, María Dolores
Vázquez Alejos, Ana
Vera Isasa, María
Desculpan a súa ausencia: Blanco Fernández, Yolanda
Fernández Veiga, Manuel
González Vázquez, Beatriz
López Nores, Martín
Pérez López, Serafín Alfonso
Rubiños López, Óscar
Sousa Vieira, Estela
2 de 5
Ás 13:00 horas do día 12 de febreiro de 2020 comeza en segunda convocatoria a sesión ordinaria da Xunta de
Escola da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, baixo a presidencia de D. Íñigo Cuiñas Gómez e
actuando como secretario D. Miguel Ángel Domínguez Gómez.
1. Aprobación, se procede, de actas anteriores
Apróbase, por asentimento, a acta correspondente á Xunta de Escola ordinaria celebrada o 11 de decembro
de 2019.
2. Informe da Dirección
O Director informa dos seguintes asuntos:
Mención de excelencia para o Máster en Matemática Industrial.
O Máster en Matemática Industrial está entre os seleccionados para optar á mención de excelencia da
Xunta de Galicia.
Cuberta da torre A.
Esta semana deberían empezar as obras de cambio da cuberta da torre A.
Parabéns para o profesor Herminio José Raña Garcia.
Recibiuse no sistema de Queixas, Suxestións e Parabéns unha felicitación pola labor docente do
profesor Herminio José Raña García.
Información de PCEO (Programación Conxunta de Ensinanzas Oficiais de Grao) con ADE
(Administración e Dirección de Empresas).
Hai a posibilidade de facer un dobre grao dentro da PCEO con ADE. O Director da Escola
informouse sobre como funcionan este tipo de dobres graos noutras universidades españolas. Hai
experiencias na Universidade Politécnica de Valencia e Valladolid, ademais de en outras universidades
privadas. Os comentarios dos equipos directivos dos centros onde se imparten estes dobres graos son
positivos. Este é un tema que hai que traballar de cara ó próximo ano para ver se sería interesante e
viable.
3. Presentación do informe da memoria económica e liquidación do orzamento do ano 2019
Preséntase a memoria económica e liquidación do orzamento da Escola do ano 2019 que se recolle no Anexo
I desta acta.
4. Presentación do orzamento para o ano 2020 e aprobación, se procede:
a. Da proposta de gasto da partida 221.02 (subministración de docencia)
b. Da subvención ó XX Foro Tecnolóxico de Emprego
Para o exercicio económico do ano 2020, a Escola ten un presuposto de 138.231 € e a Delegación de
Alumnos de 3.000 €. O orzamento da Escola para o ano 2020 recóllese no Anexo II desta acta. Neste
orzamento non está incluído o diñeiro da partida 626 (laboratorios docentes).
Apróbase, por asentimento, a seguinte proposta de gasto da partida 221.02:
Partida 221.02: 26.629 €
Proposta de reparto de 13.000 € entre os Departamentos de acordo a seguinte táboa (realízase só asignación ós
Departamentos con máis dun 1% de docencia e a asignación redondease á decena superior máis 10 €):
3 de 5
Departamento Grao (horas) MET (horas) MC (horas) Porcentaxe: Asignación (€)
TSC 3.710 651 5 35,13% 4.580
ET 3.199 413 356 31,93% 4.160
TE 1.981 395 - 19,12% 2.500
MA-II 966 - - 7,77% 1.020
OE 336 - - 2,70% 370
FA 336 - - 2,70% 370
CAV 49 - - 0,39% 0
Dereito Penal - - 21 0,17% 0
Automática - - 11 0,09% 0
Proposta de asignar 2.700 € á materia “Laboratorio de proxectos”, tendo cada grupo desta materia un gasto
máximo de 150 €.
Apróbase, por asentimento, destinar a cantidade de 500 € como subvención para a organización do XX Foro
Tecnolóxico de Emprego.
5. Aprobación, se procede, da Planificación Docente Anual (PDA) do Grao para o curso 2020/21:
Número de prazas de entrada no Grao, número de prazas por traslado de outros Graos e
distribución de grupos de docencia no Grao
Apróbase, por asentimento, fixar en 130 as prazas para a nova matrícula do Grao en castelán/galego e 20 para
o Grao en inglés.
Apróbase, por asentimento, fixar as prazas para traslados doutros Graos en 19 prazas para o Grao en
castelán/galego (4 para estudos estranxeiros e 15 para estudos nacionais) e 10 prazas para o Grao en inglés (5
para estudos estranxeiros e 5 para estudos nacionais).
Apróbase, por asentimento, a distribución dos grupos de docencia no Grao que se recolle no Anexo III desta
acta.
6. Aprobación, se procede, dos criterios de reparto das horas asignadas á Dirección da Escola por
recoñecemento de apoio ás actividades de docencia
Preséntase unha proposta global de asignación de horas das bolsas de recoñecementos de actividades de
xestión docente da Escola, do Máster en Enxeñería de Telecomunicación e do Máster en Ciberseguridade. As
horas asignadas ós Másteres completaranse coa bolsa de recoñecementos da Escola no caso de que as horas da
bolsa de recoñecementos do Máster non sexa suficiente.
Apróbase, por asentimento, a proposta de reparto presentada pola Dirección e que se recolle no anexo IV
desta acta.
4 de 5
7. Aprobación, se procede, de proposta de Coordinación do Máster
A profesora Mª José Moure Rodríguez cesa como Coordinadora do Máster en Enxeñaría de
Telecomunicación por motivos persoais. Proponse como novo coordinador deste Máster ó profesor Manuel
José Fernández Iglesias.
Apróbase, por asentimento, nomear ó profesor Manuel José Fernández Iglesias Coordinador do Máster en
Enxeñaría de Telecomunicación. Este nomeamento será efectivo con data 1 de setembro de 2020.
8. Asuntos de Delegación de Alumnos
O alumno Jaime González González comenta que estase a celebrar en Pontevedra a feira EDUGAL, onde se
promociona a oferta educativa en Galicia. A Delegación de Alumnos representa á Escola nesta feira. Dende a
Delegación de Alumnos detectáronse carencias a hora de poñer en práctica distintas accións referentes á
divulgación de información da Escola e á captación de estudantes que foron analizadas nas Comisións e na
Xunta de Escola. Por exemplo, creouse un canal de Youtube pero non se usa. Hai ideas interesantes pero que
por falta de tempo ou outros motivos deixáronse morrer. Por outra banda, as visitas de institutos á Escola son
unha iniciativa de divulgación moi interesante e funcionan mellor nas Escolas de Industriais e Minas que en
Telecomunicación. Proponse contactar coas direccións de estes centros e programar visitas coordinadas.
Tamén hai cousas positivas como as xornadas de portas abertas e os LPRO Days.
Outro tema relevante son as redes sociais. Na actualidade a Escola so ten Twitter con contidos da
Universidade, atlanTTic e Delegación de Alumnos, pero sen información propia da Escola. Proponse utilizar
máis intensamente as redes sociais para difundir as actividades que se realizan na Escola, temas de
investigación e facer visible ó exterior todo o traballo que se fai nesta Escola.
Proponse tamén crear un grupo de traballo para analizar cousas que se poden facer para mellorar a captación
de estudantes. Por exemplo, que exista un organigrama ou plan de organización para que cando haxa que ir a
un evento de difusión e captación se teñan dispoñibles os recursos necesarios.
9. Asuntos de trámite
Non hai.
10. Rogos e preguntas
O delegado de alumnos, Daniel Couto Cancela, comenta que na última Xunta de Escola solicitouse que se
consultara á Asesoría Xurídica o tema das votacións dos quinquenios docentes e pregunta se xa se sabe algo
deste tema. O Director contesta que aínda non hai resposta.
O delegado de alumnos, Daniel Couto Cancela, informa de que nos laboratorios BS02 e BS03 hai problemas
de illamento acústico, xa que se oe todo o que se fala noutros laboratorios. O Subdirector de Infraestruturas
contesta que este tema forma parte da solicitude de actuacións feita pola Escola á Vicerreitoría de Planificación
e Sostibilidade e que a Dirección da Escola tivo no mes de xaneiro unha reunión co Vicerreitor onde se falou
disto. Estase a espera que a Unidade Técnica faga un estudo e presuposten unha solución.
O delegado de alumnos, Daniel Couto Cancela, informa de que hai aulas e baños onde as condicións de
hixiene non son as óptimas. O Director contesta que no último concurso que sacou a Universidade de Vigo
para o servizo de limpeza o prego de condicións contemplaba menos persoal. Pide que cando se detecten
espazos onde a limpeza sexa deficiente, se informe directamente á dirección da Escola para proceder a facer a
oportuna reclamación o servizo de limpeza.
O profesor Luis Eulogio Anido Rifón comenta que no laboratorio BS02 hai tarimas altas nos postos de
traballo que non deixan ver claramente o encerado. Pide que o grupo da materia “Arquitectura de
Ordenadores” que imparte neste laboratorio se traslade a outra localización e que, se é posible, se compre un
encerado móbil para este laboratorio.
5 de 5
A profesora Generosa Fernández Manín informa que no aparcadoiro superior hai varias prazas inutilizables
porque faltan as tapas de ferro da canalización de augas. Roga que se pida a Unidade Técnica a súa pronta
reparación. O profesor Camilo Quintáns Graña di que tamén se pida á Unidade Técnica que repoña tamén as
tapas de sumidoiros que faltan na estrada que baixa cara á Escola de Enxeñaría Industrial, á altura da
Biblioteca do edificio de Minas.
E sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión cando son as 13:50 horas do 12 de febreiro de 2020.
Vigo, 12 de febreiro de 2020
O Director O Secretario
Íñigo Cuiñas Gómez Miguel Ángel Domínguez Gómez
ANEXO I
Memoria económica e liquidación do
orzamento do ano 2019
1
MEMORIA ECONÓMICA E LIQUIDACIÓN DO PRESUPOSTO 2019
ESCOLA DE ENXEÑARÍA DE TELECOMUNICACIÓN
Introdución:
O importe do presuposto inicial asignado á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, correspondente ós
créditos descentralizados para o exercicio 2019, sumaba un total de 142.373 €. Se temos en conta que con
posterioridade se recibiron ingresos para a realización da Cátedra de Ciberseguridade por importe de
10.000 €, de 2.400 € pola Cátedra Deleoitte, de 529,20 € pola realización do curso de Especialista no
centro e incorporación de remanentes do ano 2018 por importe de 2.277,73 € e que para o pago de
software conxunto con outras escolas detraeuse do presuposto a cantidade de 4.750 €, o crédito definitivo
alcanzou un total de 152.829,93 €.
No que atinxe ós créditos para o ano 2019, ó igual que en anos anteriores os centros reciben
financiamento por dúas vías:
a) O financiamento básico do exercicio precedente coas mesmas partidas existentes dos capítulos II
e VI, manténdose importes similares ós anos anteriores e coa mesma vinculación por artigos que
permite que algún concepto excedentario financie ós debedores, manténdose a vinculación a nivel
de subconceptos no 226.01 “Atencións protocolarias” e no 226.02 “Publicidade e propaganda”.
b) O financiamento condicionado por resultados do Contrato Programa do Centro.
Compre destacar na memoria do ano 2019 que neste exercicio mantéñense os mesmos elementos da
clasificación económica de gastos dende o ano 2014 e que se corresponden co establecido na Resolución
de 19 de xaneiro de 2009, da Dirección Xeral de Presupostos, que é a que veñen utilizando tanto o Estado
como a Xunta de Galicia, para homoxeneizar definitivamente a clasificación do orzamento de gastos coas
demais administracións e para facilitar a correlación cos elementos de custo da contabilidade analítica.
O estado de gastos confeccionarase aplicando: a) unha clasificación funcional por programas que informa
do obxectivo a acadar (por exemplo, “111L Docencia”), b) unha clasificación orgánica que indica sobre o
centro ou unidade da Universidade que realiza o gasto (no noso caso “0007 Escola de Enxeñaría de
Telecomunicación” e “AL07 Delegación de alumnos”) e c) unha clasificación económica que informa da
natureza do mesmo e que xerou cambios nas partidas que soportan os gastos reflectíndose a natureza do
gasto e non o fin do mesmo.
A liquidación global do presuposto é a que se reflicte no cadro final (páx. 6) pasándose seguidamente a
analizar por separado os importes aproximados correspondentes ós conceptos principais do gasto.
2
CAPITULO II.- GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVIZOS
ARTIGO 20: Arrendamentos
Concepto 205: Arrendamento de fotocopiadoras e multicopistas
Por primeira vez dotouse esta partida cunha transferencia de crédito dende a partida de material de oficina
para facer fronte ó aluguer dunha fotocopiadora na conserxería xa que a existente quedou obsoleta e se está a
espera de que a Universidade contrate este servizo como unha concesión externa nun concurso público, e
polo tanto non se adquiren novas fotocopiadoras en propiedade polos centros.
En total imputouse a esta partida un gasto total de 653,4 € e decidiuse dotar a partida para o próximo ano.
ARTIGO 21: Reparación, mantemento e conservación.
Concepto 212, 213 e 215: Reparacións, mantemento e conservación de edificios, maquinaria,
instalacións e mobiliario
Como principais gastos imputados o concepto 212 “reparacións do edificio e outras construcións” cabe
mencionar os seguintes traballos: lixado e vernizado de escaleiras de acceso as torres (4.175 €), diversas
reparacións de albanelaría, pintura e aluminios no edificio incluíndo mantemento das cubertas (3.000 €) e
pequenos traballos de reparación e mantemento de fontanería ( 2.000 €).
Durante a execución do exercicio económico realizáronse transferencias de crédito dende esta partida a
outras deficitarias por un importe de 11.750 € resultando finalmente un saldo positivo nesta partida de
9.712,43 € que en virtude da vinculación a nivel de artigo financiou o resto de conceptos do artigo 21 (ver
cadro páx. 6).
No concepto 213 recóllense aqueles gastos correspondentes ó “mantemento da maquinaria e instalacións do
centro”. Os gastos principais en mantementos obrigatorios son: ascensores de xaneiro a decembro
(4.138,21 €), instalación calefacción e aire acondicionado (5.445 €) e mantemento da instalación eléctrica
de baixa tensión (1.552,43 €). Asemade acometéronse, por importe total de 5.735 €, melloras no sistema de
climatización e calefacción da escola (reparación e substitución tubaxes calefacción, reparación equipos
refrixeración, substitución condutos climatización, etc. ); pequenas reformas noutras instalacións (6.865 €),
mantemento e reparación no sistema antiincendios da Escola, medidas correctoras e reparacións eléctricas,
diversas reparacións e actuacións no SAI e pequenas reformas eléctricas).
Por outra banda executáronse os remanentes do ano 2018, que incrementan tanto o crédito definitivo da
partida como os gastos da mesma, e comprometéronse por importe de 5.888 € os créditos que non se
puideron tramitar por mor das datas de peche de exercicio e que xa están incluídos no parágrafo anterior.
Resulta finalmente un saldo negativo nesta partida que foi financiado en virtude da vinculación por artigos
dende o concepto 212 (ver cadro páx. 6).
No concepto 215 inclúense gastos de pequenas reparacións de impresoras e dos lectores biométricos por un
importe total de 500 €. Asemade costeouse o acondicionamento de asentos das aulas por un importe de
5.191,43 € e o acondicionamento do mobiliario do laboratorio BS02 por un importe de 3.500 €. Resulta un
saldo negativo na partida que foi financiado en virtude da vinculación por artigo dende o concepto 212 (ver
cadro páx. 6).
3
ARTIGO 22: Material, subministracións e outros
Concepto 220: Material de oficina
Basicamente os gastos principais corresponden a: material de oficina centro, papel, material de imprenta
incluíndo a encadernación de actas, mantemento das fotocopiadoras da secretaría e da conserxería do ano 2019
por un importe total aproximado de 8.900 €. Segundo a previsión de gastos transferíronse un total de 9.000 € á
partida 625 (mobiliario e equipamento), resultando finalmente un saldo negativo na execución da partida que en
virtude da vinculación por artigos sufragouse con outras partidas do artigo 22 (ver cadro páx. 6).
Subconcepto 221.01: Subministracións administrativas
Os gastos principais asumidos nesta partida son os correspondentes a material de mantemento do centro -
material eléctrico, cerraxería, ferramentas, lámpadas, fluorescentes, novas lámpadas LED, pilas etc- (5.000 €).
Tamén imputáronse a esta partida os gastos en pequenos subministracións informáticas para o mantementos das
aulas da Escola (discos, latiguillos, tarxetas de memoria, cableado, etc.) por un importe aproximado de 5.000 €.
Por último compre subliñar un saldo negativo na execución da partida que en virtude da vinculación por artigos
sufragouse con outras partidas do artigo 22 (ver cadro páx. 6).
Subconcepto 221.02: Subministracións docentes
Incluíronse nesta partida os gastos de fotocopias, material funxible e en xeral tódolos de docencia relativos ás
áreas, segundo o reparto que neste concepto fíxose entre elas dende a Escola (13.400 €).
Atendendo as necesidades de adquisición de equipamento para o centro e unha vez cubertas as necesidades de
material funxible para a docencia realizouse unha transferencia de crédito de 9.000 € á partida 625 “mobiliario e
equipamento” do Centro.
Concepto 222: Comunicacións
Imputáronse nesta partida os gastos de comunicacións postais e de consumo de teléfonos móbiles autorizados
con cargo a Escola (900 €), resultando un saldo positivo de 2.164 € que sufragou, en virtude da vinculación de
créditos por artigo, as partidas deficitarias do artigo 22 (ver cadro páx. 6).
Por outra banda comprometéronse por importe de 204 € créditos que non se puideron tramitar por mor das
datas de peche de exercicio.
4
Concepto 223: Transportes
Imputáronse nesta partida, por un importe total de 919 €, todos os gastos xerados polo transportes
necesarios para a realización das practicas de campo debidamente autorizadas, resultando un saldo
positivo de 1.580 €, que sufragou, en virtude da vinculación de créditos por artigo, as partidas
deficitarias do artigo 22 (ver cadro páx. 6).
Subconcepto 226.06: Conferencias
Imputáronse nesta partida, en execución das normas do presuposto, os gastos xerados polas actuacións
autorizadas pola Dirección de cursos e conferencias impartidos na Escola por un importe aproximado
2.800 €. Asemade compre sinalar que se executou nesta partida parte da dotación da cátedra de
Ciberseguridade e da cátedra Deloitte.
É de sinalar que esta partida non ten dotación inicial. Con posterioridade recibiuse unha aportación pola
celebración do curso de especialista 5 G (529 €), unha xeración de crédito correspondente a cátedra
Deloitte (2.400 €) e outra xeración de crédito da cátedra R de Ciberseguridade (10.000 €) e que foron
posteriormente executados nas diferentes partidas do presuposto segundo a norma contable e que serán
referenciadas en cada unha particularmente.
Subconcepto 226.99: Outros gastos
Nesta partida imputáronse os gastos xerados pola colaboración da Escola no foro Tecnolóxico (400€),
gastos de prácticas de campo (1.000 €) que non puideron pagarse pola partida de Transportes por mor das
normas contables e tamén imputáronse nesta partida diversos gastos correspondentes as actividades do
curso 5G, da cátedra Deloitte e da cátedra de Ciberseguridade, que reciben os seus propios fondos pero
que se executan nas diferentes partidas da Escola: adquisición e explotación de licencias Bullet (5.000 €),
vídeo xornadas ciberseguridade (2.400 €), montaxe de equipos de vídeo gravación (2.300 €), etc.
Subconcepto 227.99: traballos realizados por outras empresas
Imputáronse nesta partida os custos das alfombras antihumidade (1.500 €) e do servizo de destrución de
documentación (1.100 €), resultando un saldo negativo na partida que se sufragou en virtude da vinculación de
créditos do artigo 22 (ver cadro páx. 6).
Subconcepto 226.01: Atencións protocolarias (Vinculante a nivel de subconcepto)
Imputáronse por un importe total de 2.876 € tódolos gastos de protocolo debidamente autorizados pola
Dirección do Centro, resultando un pequeno saldo positivo de 242,58 €.
Subconcepto 226.02: Publicidade e propaganda (Vinculante a nivel de subconcepto)
A partida foi dotada con 3.000 € que finalmente non foron executados e polo tanto foron transferidos a partida
625 de mobiliario e equipamento que resultou deficitaria na súa dotación.
5
ARTIGO 23: Indemnizacións por razóns de servicio
Concepto 230: Indemnizacións por razón de servicio
Imputáronse neste concepto as dietas e gastos de locomoción debidamente autorizados pola Dirección do
Centro e, en aplicación das normas contables, executáronse os gastos correspondentes a Cátedra de
Ciberseguridade cun importe total de 4.000 €.
O artigo 23 resultou deficitario na súa execución polo que foi necesario realizar unha transferencia de crédito de
634 € dende a partida 220 (material de oficina).
CAPITULO VI.- INVESTIMENTOS
ARTIGO 62: Investimento asociado o funcionamento dos servizos
Concepto 625: Mobiliario e equipamento
Neste concepto inclúense os gastos realizados con destino ós investimentos que van entrar por primeira vez en
funcionamento tanto en novas instalacións como en concepto de reposición destacando como principais gastos:
reposición de mobiliario en despachos, aulas etc. (5.000 €) e material de equipamento de aulas e laboratorios
(ordenadores, encerados, …) (6.000 €). Asemade é de destacar que, non sendo suficiente a dotación da partida
de laboratorios anual (626) que xera a Universidade especificamente para este cometido, o centro decidiu
dedicar o resto da dotación nesta partida á adquisición de equipamento para laboratorios docentes (multímetros,
xeradores, osciloscopios, etc.).
E de subliñar que esta partida resultou deficitaria polo que foi financiada con transferencias de crédito dende
diversas partidas que resultaron excedentarias na súa execución por un importe total de 19.000 €.
6
LIQUIDACIÓN DO PRESUPOSTO E.E.TELECOMUNICACION 2019
CRÉD. DEFINIT. GASTADO COMPROMETIDO DISPOÑIBLE
CAP. II.- GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVIZOS
Vinculantes a nivel de artigo Art.20 Arrendamentos 205 Fotocopiadoras e multicopistas 657 653,4 0 3,6
Art. 21.- Reparación, mantemento e conservación
212 Edificios e outras construcións 16.995,00 7.282,57 0,00 9.712,43
213 Maquinaria, instalacións e utensilios 30.800,00 27.956,38 5.465,06 -2.621,44
215 Mobiliario e equipamento 2.700,00 9.305,62 423,50 -7.029,12
Total vinculante artigo 21: 50.495,00 44.544,57 5.888,56 61,87
Art. 22.- Material, subministracións e outros 220 Material de oficina 6.663,00 8.944,99 0,00 -2.281,99
221.01 Subministracións administrativos 2.000,00 10.523,69 0,00 -8.523,69
221.02 Subministracións docentes 17.629,00 15.505,41 0,00 2.123,59
222 Comunicacións 2.700,00 926,58 17,22 1.756,20
223 Transportes 2.500,00 919,50 0,00 1.580,50
226.06 Gastos conferencias 13.445,14 2.847,01 0,00 10.598,13
226.99 Outros gastos 8.494,00 12.278,44 0,00 -3.784,44
227.09 Traballos realizados por outros 1.371,00 2.636,40 0,00 -1.265,40
Total vinculante artigo 22: 54.802,14 54.582,02 17,22 202,90
Art. 23.- Indemnizacións por razón de servizo 230 Axudas de custo e locomoción 4.463,00 4.267,54 0,00 195,46
233 Outras indemnizacións 0,00 195,00 0,00 -195,00
Total vinculante artigo 23: 4.463,00 4.462,54 0,00 0,46
Vinculantes a nivel de subconcepto
226.01 Atencións protocolarias 3.119,00 2.876,42 0,00 242,58
226.02 Publicidade e propaganda 0,00 0,00 0,00 0,00
TOTAL CAPÍTULO II: 112.879,14 106.465,55 5.905,78 507,81
CAP. VI.- INVESTIMENTOS
Art. 62:- Inversións asociadas ao funcionamento dos servizos 625 Mobiliario e equipamento 39.950,79 39.859,80 0,00 90,99
TOTAL CAPÍTULO VI: 39.950,79 39.859,80 0,00 90,99
TOTAL CAPÍTULOS II IV E VI: 152.829,93 146.325,35 5.905,78 598,80
7
DELEGACION ALUMNOS DA ESCOLA DE ENXEÑARIA DE
TELECOMUNICACIÓN
Dende o exercicio económico 2013 modifícanse os elementos da clasificación económica de gastos que
aínda non se correspondían co establecido na Resolución de 19 de xaneiro de 2009 da Dirección Xeral de
Presupostos para facilitar a correlación cos elementos de custo da contabilidade analítica e como
resultado da aplicación deses criterios nacen contablemente como centros de gasto diferenciados as
Delegacións de Alumnos.
No exercicio 2019 o crédito inicial para a Delegación de alumnos da Escola de Enx.de Telecomunicación
é de 3.000 € reflectíndose a liquidación global do presuposto no cadro final (páx. 8) pasándose
seguidamente a analizar por separado os importes aproximados correspondentes ós conceptos principais
do gasto:
CAPITULO II.- GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVIZOS
ARTIGO 22: Material, subministracións e outros
Concepto 220: Material de oficina
Imputouse a esta partida os gastos de material de oficina (1.637 €) necesarios para a realización das
actividades propias da delegación.
Subconcepto 226.99: Outros gastos
Os gastos imputados nesta partida foron esencialmente os de participación e asistencia dos membros da
delegación o Congreso de estudios de telecomunicación por un importe total de 1.164 €.
LIQUIDACIÓN DO PRESUPOSTO delegación 2018
CRÉD. DEFINIT. GASTADO COMPROMETIDO DISPOÑIBLE
CAP. II.- GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVIZOS
Art. 22.- Material, subministracións e outros
220 Material de oficina 500,00 1.637,51 0,00 -1.137,51
226.06 Gastos conferencias 0,00 0,00 0,00 0,00
226.99 Outros gastos 2.500,00 1.164,45 0,00 1.335,55
TOTAL CAPITULO II 3.000,00 2.801,96 0,00 198,04
CAP. VI.- INVESTIMENTOS 625 Mobiliario e equipamento 0,00 0,00 0,00 0,00
TOTAL CAPITULO VI 0,00 0,00 0,00 0,00
TOTAL CAPITULOS II E VI 3.000,00 2.801,96 0,00 198,04
ANEXO II
Orzamento da Escola para o ano 2020
1
PRESUPOSTOS EXERCICIO 2020
ESCOLA DE ENXEÑARÍA DE TELECOMUNICACION
DISTRIBUCIÓN CRÉDITOS DEFINITIVOS
1.- INTRODUCCIÓN
De acordo ó orzamento do ano 2020 da Universidade de Vigo, os créditos dos capítulos II e VI
distribúense de conformidade cos criterios de descentralización que se establecían no anexo I
“Criterios de distribución e normas complementarias de execución dos créditos descentralizados
para o ano 2020” do presuposto da Universidade de Vigo.
2.- CRÉDITOS CONSIDERADOS
Os créditos asignados terán como finalidade financiar os gastos de docencia así como tamén os
gastos necesarios para o funcionamento ordinario do centro e, como ven sendo habitual nos
exercicios anteriores, no ano 2020 os centros van recibir financiamento atendendo os seguintes
criterios:
a) Establécese un financiamento básico do presuposto do 2019 nos Capítulos II e VI que
foi dotado segundo as necesidades do Centro e dos resultados acadados no Contratos
Programa da Universidade, baseado en indicadores que teñen en conta a docencia,
investigación, transferencia, adaptación a outras demandas sociais, proxección
internacional e xestión.
b) Incluída nos créditos do Centro establécese unha dotación diferenciada para a
delegación de estudantes por mor dos requisitos da contabilidade analítica,
individualizándose a nivel de clasificación orgánica no orzamento.
Ó igual que nos exercicios presupostarios anteriores, na dotación dos créditos débese ter en conta
que os gastos de teléfono xestionaranse de maneira centralizada. Asemade os gastos destinados á
Biblioteca serán asumidos directamente pola Biblioteca Central.
2
Compre destacar no presuposto do ano 2020 a vinculación dos créditos por artigos, excepto
os que se relacionan a continuación que vinculan no nivel de desagregación que se indica:
226.01 Atencións protocolarias
226.02 Publicidade e propaganda
O estado de gastos confeccionarase aplicando: a) unha clasificación funcional por programas
que informa do obxectivo a acadar (por exemplo, “111L Docencia”), b) unha clasificación
orgánica que indica sobre o centro ou unidade da Universidade que realiza o gasto (no noso
caso “0007 Escola de Enx. De Telecomunicación” e “AL07 Delegación de alumnos
Telecomunicación”) e c) unha clasificación económica que informa da natureza do mesmo.
Compre destacar que este ano 2020, e para unha correcta execución da norma contable,
dotáronse por primeira vez as partidas 205 de 209 de arrendamento de fotocopiadoras e
licenzas de software respectivamente.
Polo tanto no exercicio 2020 o orzamento inicial asignado á Escola de Enxeñaría de
Telecomunicación ascende a un total de 141.230,91 €, dotándose a actividade da delegación
de alumnos cun importe de 3.000 € (Cadro I e Cadro II).
Por outra banda é de destacar que figurarán dentro dos créditos do centro e por mor das
normas contables as xeracións de crédito correspondentes as diferentes cátedras realizadas
na Escola e que serán engadidas ó presuposto ordinario nas partidas correspondentes aínda
que se executarán seguindo criterios propios.
3
CADRO I
DOTACIÓN INICIAL CRÉDITOS DESCENTRALIZADOS
ESCOLA DE ENXEÑARÍA DE TELECOMUNICACIÓN
Concepto Denominación do gasto Importes 2019 Importes 2020
205 Arrendamento de fotocopiadoras 0 € 3.000 €
209 Arrendamento de licenzas 0 € 5.000 €
212 Reparación, mant. edificio 28.700 € 28.700 €
213 Reparación, mant. instalacións 30.800 € 27.800 €
215 Rep., mant. mobiliario equip. 2.700 € 2.700 €
220 Material de oficina 7.954 € 5.954 €
221.01 Subministracións admtva. 2.000 € 2.000 €
221.02 Subministracións docentes 26.629 € 26.629 €
222 Comunicacións 2.700 € 2.700 €
223 Transportes 2.500 € 2.500 €
226.01 Atencións protocolarias 3.119 € 3.119 €
226.02 Publicidade e propaganda 3.000 € 3.000 €
226.99 Gastos diversos 8.494 € 6.494 €
227.99 Traballos outras empresas 1.371 € 1.371 €
233 Indemnización razón servizo 3.829 € 3.829 €
TOTAL CAPITULO II 123.796 € 124.796 €
625 Mobiliario e equipamento 18.577 € 13.435 €
TOTAL CAPITULO VI 15.577 € 13.435 €
TOTAL CAPÍTULO II E VI 142.373 € 138.231 €
No exercicio 2020 o orzamento inicial para o programa “AL07 da Delegación de alumnos” é
o seguinte:
CADRO II
Concepto Denominación do gasto Importes 2017
220 Material de oficina 500,00 €
226.99 Gastos diversos 2.500,00€
TOTAL CAPITULO II 3.000,00 €
Os créditos asignados á Delegación de alumnos terán como primeiro obxectivo atender os
gastos derivados das súas actividades propias e dos seus representantes nos órganos de
goberno da Universidade. Para que estas dotacións poidan financiar gastos de carácter
inventariable é necesario que por parte do Director ou Administrador do centro se solicite a
correspondente modificación de crédito, sen que en ningún caso esta poida dar lugar a un
incremento do gasto.
ANEXO III
Planificación Docente Anual do Grao para
o curso 2020/21
Escola deEnxeñaría deTelecomunicación
Código Contido Dep. Cuad. Cred. N.Nv N.Rep N.To N.Ef HA HB HC GA GB GC H.Matric H.I.
G301101 Matemáticas: Cálculo I D00t17 1SG 6 128 67 195 147 42 14 0 3 8 0 10237,5 238
G301102 Matemáticas: Álxebra lineal D00t17 1SG 6 128 40 168 147 42 14 0 3 8 0 8820 238
G301103 Física: Fundamentos de mecánica e termodinámica D00t08 1SG 6 129 39 168 148 28 28 0 3 8 0 8820 308
G301104 Empresa: Fundamentos de empresa D00x09 1SG 6 121 12 133 133 28 28 0 3 7 0 6982,5 280
G301105 Programación I D00t13 1SG 6 130 51 181 149 28 28 0 3 8 0 9502,5 308
G301106 Matemáticas: Cálculo II D00t17 2SG 6 130 46 176 149 28 28 0 3 8 0 9240 308
G301107 Matemáticas: Probabilidade e estatística D00t14 2SG 6 127 54 181 146 28 28 0 3 8 0 9502,5 308
G301108 Física: Análise de circuítos lineais D00t14 2SG 6 133 41 174 152 28 28 0 3 8 0 9135 308
G301109 Informática: Arquitectura de ordenadores D00t13 2SG 6 129 67 196 148 28 28 0 3 8 0 10290 308
G301110 Programación II D00t13 2SG 6 125 45 170 143 28 28 0 3 8 0 8925 308
G301201 Física: Fundamentos de electrónica D00t11 1SG 6 69 77 146 79 28 28 0 2 8 0 7665 280
G301202 Física: Campos e ondas D00t14 1SG 6 70 20 90 80 28 28 0 2 5 0 4725 196
G301203 Electrónica dixital D00t11 1SG 6 63 31 94 72 28 28 0 2 6 0 4935 224
G301204 Comunicación de datos D00t13 1SG 6 83 159 242 95 28 28 0 2 6 0 12705 224
G301205 Procesado dixital de sinais D00t14 1SG 6 76 55 131 87 28 28 0 2 7 0 6877,5 252
G301206 Tecnoloxía electrónica D00t11 2SG 6 67 113 180 77 28 28 0 2 8 0 9450 280
G301207 Transmisión electromagnética D00t14 2SG 6 70 54 124 80 28 28 0 2 7 0 6510 252
G301208 Técnicas de transmisión e recepción de sinais D00t14 2SG 6 74 106 180 85 28 28 0 2 8 0 9450 280
G301209 Fundamentos de son e imaxe D00t14 2SG 6 76 43 119 87 28 28 0 2 6 0 6247,5 224
G301210 Redes de ordenadores D00t13 2SG 6 80 112 192 92 28 28 0 2 8 0 10080 280
G301301 Servizos de internet D00t13 1SG 6 64 70 134 73 28 28 0 2 7 0 7035 252
G301302 Circuítos electrónicos programables D00t11 1SG 6 75 27 102 86 28 28 0 2 6 0 5355 224
G301303 Sistemas operativos D00t13 1SG 6 25 14 39 28 21 14 7 1 2 6 2047,5 91
2º Curso
3º Curso
1ª Curso
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
Materias da titulaciónCurso: 2020/2021
G301304 Arquitectura e tecnoloxía de redes D00t13 1SG 6 23 11 34 26 21 14 7 1 2 6 1785 91
G301305 Seguridade D00t13 1SG 6 24 4 28 27 21 14 7 1 2 5 1470 84
G301306 Programación concorrente e distribuída D00t13 2SG 6 24 2 26 26 21 14 7 1 2 5 1365 84
G301307 Teoría de redes e conmutación D00t13 2SG 6 28 13 41 32 21 14 7 1 2 5 2152,5 84
G301308 Redes multimedia D00t13 2SG 6 26 9 35 29 21 14 7 1 2 5 1837,5 84
G301309 Sistemas de información D00t13 2SG 6 22 0 22 22 21 14 7 1 2 5 1155 84
G301310 Arquitecturas e servizos telemáticos D00t13 2SG 6 24 6 30 27 21 14 7 1 2 5 1575 84
G301311 Electrónica analóxica D00t11 2SG 6 15 1 16 16 21 14 7 1 1 3 840 56
G301312 Sistemas electrónicos de procesado de sinal D00t11 1SG 6 18 0 18 18 21 14 7 1 1 3 945 56
G301313 Enxeñaría de equipos electrónicos D00t11 1SG 6 15 0 15 15 21 14 7 1 1 3 787,5 56
G301314 Sistemas de adquisición de datos D00t11 1SG 6 16 4 20 18 21 14 7 1 1 3 1050 56
G301315 Electrónica de potencia D00t11 2SG 6 16 4 20 18 21 14 7 1 1 3 1050 56
G301316 Instrumentación electrónica e sensores D00t11 2SG 6 14 8 22 16 21 14 7 1 1 3 1155 56
G301317 Deseño microelectrónico D00t11 2SG 6 14 1 15 15 21 14 7 1 1 3 787,5 56
G301318 Sistemas electrónicos para comunicacións dixitais D00t11 2SG 6 15 2 17 17 21 14 7 1 1 3 892,5 56
G301319 Circuítos de radiofrecuencia D00t14 1SG 6 12 0 12 12 21 14 7 1 1 3 630 56
G301320 Sistemas de comunicacións por radio D00t14 1SG 6 18 1 19 19 21 14 7 1 1 3 997,5 56
G301321 Tratamento de sinais multimedia D00t14 1SG 6 15 1 16 16 21 14 7 1 1 3 840 56
G301322 Circuítos de microondas D00t14 2SG 6 11 4 15 12 21 14 7 1 1 3 787,5 56
G301323 Xestión do espectro radioeléctrico D00t14 2SG 6 15 1 16 16 21 14 7 1 1 3 840 56
G301324 Principios de comunicacións dixitais D00t14 2SG 6 13 15 28 14 21 14 7 1 2 5 1470 84
G301325 Infraestruturas ópticas de telecomunicación D00t14 2SG 6 11 2 13 12 21 14 7 1 1 3 682,5 56
G301326 Redes e sistemas sen fíos D00t14 2SG 6 10 1 11 11 21 14 7 1 1 3 577,5 56
G301327 Fundamentos de enxeñaría acústica D00t14 1SG 6 18 2 20 20 21 14 7 1 1 4 1050 63
G301328 Procesado de son D00t14 1SG 6 18 3 21 20 21 14 7 1 1 4 1102,5 63
G301329 Vídeo e televisión D00t14 1SG 6 25 0 25 25 21 14 7 2 2 2 1312,5 84
G301330 Acústica arquitectónica D00t14 2SG 6 13 1 14 14 21 14 7 1 1 3 735 56
G301331 Sistemas de audio interactivo D00t14 2SG 6 20 0 20 20 21 14 7 1 1 4 1050 63
G301332 Sistemas de imaxe D00t14 2SG 6 6 0 6 6 21 14 7 1 1 1 315 42
G301333 Fundamentos de procesado de imaxe D00t14 2SG 6 19 1 20 20 21 14 7 1 1 1 1050 42
G301334 Deseño de instalacións audiovisuais D00t14 2SG 6 16 1 17 17 21 14 7 1 1 3 892,5 56
D00t13 2SG 81 81 28 28 0 2 2 0 4252,5 112
D00t14 2SG 0 0 28 28 0 0 2 0 0 56
D00t11 2SG 76 76 0 0 14 0 0 5 3990 70
1
4º Curso
G300801 Xestión e dirección tecnolóxica 6 79 2
G300802 Laboratorio de proxectos 6 75
D00t13 2SG 0 0 14 0 14 1,5 0 5 0 91
D00t14 2SG 0 0 14 0 14 1,5 0 5 0 91
D00t17 2SG 0 0 0 0 14 0 0 0 0 0
G300911 Teledetección D00t14 1SG 6 6 0 6 6 21 14 7 1 1 2 315 49
G300912 Sistemas de navegación e comunicacións por satélite D00t14 1SG 6 8 0 8 8 21 14 7 1 1 2 420 49
G300913 Procesado dixital en tempo real D00t14 1SG 6 7 0 7 7 21 14 7 1 1 2 367,5 49
G300914 Comunicacións dixitais D00t14 1SG 6 3 0 3 3 21 14 7 1 1 1 157,5 42
G300915 Fundamentos de bioenxeñaría D00t14 1SG 6 9 0 9 9 21 14 7 1 1 2 472,5 49
G300921 Deseño de aplicacións con microcontroladores D00t11 1SG 6 3 0 3 3 21 14 7 1 1 1 157,5 42
G300922 Dispositivos optoelectrónicos D00t11 1SG 6 9 0 9 9 21 14 7 1 1 2 472,5 49
G300923 Deseño e síntese de sistemas dixitais D00t11 1SG 6 3 0 3 3 21 14 7 1 1 1 157,5 42
G300924 Sensores electrónicos avanzados D00t11 1SG 6 6 1 7 6 21 14 7 1 1 2 367,5 49
G300925 Comunicacións industriais D00t11 1SG 6 9 0 9 9 21 14 7 1 1 2 472,5 49
G300931 Procesado e análise de imaxe D00t14 1SG 6 9 1 10 10 21 14 7 1 1 1 525 42
G300932 Tecnoloxía multimedia e computer graphics D00t14 1SG 6 4 0 4 4 21 14 7 1 1 1 210 42
D00t14 1SG 0 6 6 21 0 7 1 0 2 315 35
D00t17 1SG 0 0 0 14 0 0 1 0 0 14
G300934 Técnicas de medida de ruído e lexislación D00t14 1SG 6 6 0 6 6 21 14 7 1 1 2 315 49
G300935 Produción audiovisual D00x14 1SG 6 11 1 12 12 21 14 7 1 1 2 630 49
G300941 Servizos multimedia D00t13 1SG 6 22 0 22 22 21 14 7 1 1 3 1155 56
G300942 Redes sen fíos e móbiles D00t13 1SG 6 13 0 13 13 21 14 7 1 1 2 682,5 49
G300943 Programación de sistemas intelixentes D00t13 1SG 6 28 0 28 28 21 14 7 1 2 4 1470 77
G300944 Deseño de sistemas integrados D00t13 1SG 6 16 0 16 16 21 14 7 1 1 4 840 63
G300945 Novos servizos telemáticos D00t13 1SG 6 10 1 11 11 21 14 7 1 1 2 577,5 49
G300981 Prácticas externas: Prácticas en empresa I 1SG 6 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0
G300982 Prácticas externas: Prácticas en empresa II 1SG 6 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0
G300991 Traballo de Fin de Grao 2SG 12 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0
480 1820 1372 420 169 236040 9373
1
G300933 Acústica avanzada 6 6
G300802 Laboratorio de proxectos 6 75
Código Contido Dep. Cuad. Cred. N.Nv N.Rep N.To N.Ef HA HB HC GA GB GC H.Matric H.I.
G306101 Matemáticas: Álxebra lineal D00t17 1SG 6 20 0 25 20 42 14 0 1 1 0 1312,5 56
G306102 Matemáticas: Cálculo I D00t17 1SG 6 20 0 25 20 42 14 0 1 1 0 1312,5 56
G306103 Física: Fundamentos de mecánica e termodinámica D00t08 1SG 6 20 0 25 20 28 28 0 1 1 0 1312,5 56
G306104 Empresa: Fundamentos de empresa D00x09 1SG 6 20 0 25 20 28 28 0 1 1 0 1312,5 56
G306105 Programación I D00t13 1SG 6 20 0 25 20 28 28 0 1 1 0 1312,5 56
G306106 Matemáticas: Cálculo II D00t17 2SG 6 20 0 25 20 28 28 0 1 1 0 1312,5 56
G306107 Matemáticas: Probabilidade e estatística D00t14 2SG 6 20 0 25 20 28 28 0 1 1 0 1312,5 56
G306108 Física: Análise de circuítos lineais D00t14 2SG 6 20 0 25 20 28 28 0 1 1 0 1312,5 56
G306109 Informática: Arquitectura de ordenadores D00t13 2SG 6 20 0 25 20 28 28 0 1 1 0 1312,5 56
G306110 Programación II D00t13 2SG 6 20 0 25 20 28 28 0 1 1 0 1312,5 56
G306201 Física: Fundamentos de electrónica D00t11 1SG 6 15 0 15 15 28 28 0 1 1 0 787,5 56
G306202 Física: Campos e ondas D00t14 1SG 6 15 0 15 15 28 28 0 1 1 0 787,5 56
G306203 Electrónica dixital D00t11 1SG 6 15 0 15 15 28 28 0 1 1 0 787,5 56
G306204 Comunicación de datos D00t13 1SG 6 15 0 15 15 28 28 0 1 1 0 787,5 56
G306205 Procesado dixital de sinais D00t14 1SG 6 15 0 15 15 28 28 0 1 1 0 787,5 56
G306206 Tecnoloxía electrónica D00t11 2SG 6 15 0 15 15 28 28 0 1 1 0 787,5 56
G306207 Transmisión electromagnética D00t14 2SG 6 15 0 15 15 28 28 0 1 1 0 787,5 56
G306208 Técnicas de transmisión e recepción de sinais D00t14 2SG 6 15 0 15 15 28 28 0 1 1 0 787,5 56
G306209 Fundamentos de son e imaxe D00t14 2SG 6 15 0 15 15 28 28 0 1 1 0 787,5 56
G306210 Redes de ordenadores D00t13 2SG 6 15 0 15 15 28 28 0 1 1 0 787,5 56
G306501 Servizos de internet D00t13 1SG 6 5 0 5 5 28 28 0 1 1 0 262,5 56
G306502 Circuítos electrónicos programables D00t11 1SG 6 5 0 5 5 28 28 0 1 1 0 262,5 56
132 644 588 0 0 21525 1232
3º Curso
Bachelor in Telecommunications Engineering
CoursesAcademic Year: 2020/2021
1º Curso
2º Curso
Código Nome Horas %
D00t08 - Física aplicada 364 3,43%
D00t11 - Tecnoloxía electrónica 1981 18,68%
D00t13 - Enxeñaría telemática 3199 30,17%
D00t14 - Teoría do sinal e comunicacións 3710 34,98%
D00t17 - Matemática aplicada II 966 9,11%
D00x09 - Organización de empresas e márketing 336 3,17%
D00x14 - Comunicación audiovisual e publicidade 49 0,46%
10605
Resumo de horas por departamento
ANEXO IV
Criterios de reparto das horas asignadas á
Dirección da Escola por recoñecemento de
apoio ás actividades de docencia
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Asignación das horas correspondentes, para o curso 2020/21, ás:
Bolsa de recoñecementos de actividades de xestión docente dos centros, do Máster Enx. Teleco e do Máster Ciberseguridade.
Horas na bolsa do centro: 310 horas (o curso anterior: 354)
Horas na bolsa do MET: 55 horas (59)
Horas na bolsa do MCS: 41 horas (40)
Proposta de criterios de reparto:
1. Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación a. Coordinación de Grao: 40 horas b. Coordinación dos módulos do Grao:
i. Formación Básica e Telecomunicación: 14 horas ii. Proxectos e TFG: 12 horas
iii. Mencións e Ultreia: 10 horas c. TFG:
i. Membro de tribunal: 2 horas (para cada un dos membros dos tribunais ordinarios do curso 2018/19 que actuaran en tódalas convocatorias)
2. Máster en Enxeñaría de Telecomunicación a. Coordinación de Máster: 30 horas b. Coordinación de módulo de Máster:
i. Comúns: 13 horas ii. Especialidades: 8 horas
c. TFM i. Coordinación de TFM: 5 horas
ii. Membro de tribunal: 2 horas (para cada un dos membros dos tribunais do curso 2018/19)
3. Máster en Ciberseguridade a. Coordinación de Máster: 30 horas b. Coordinación de módulo de Máster: 8 horas c. Coordinador de TFM: 4 horas
4. Xeral a. Coordinador de Prácticas en Empresa (GETT e MET): 33 horas b. Coordinador do PAT: 20 horas c. Coordinador de Mobilidade (GETT e MET): 8 horas d. Coordinador de Calidade (GETT e MET): 9 horas e. Enlace Igualdade: 5 horas f. Curso Cero: 3 horas (tres persoas)
Top Related