1
ASUNTO: ALEGACIÓN CONTRA O P.I. CLOE nº 3007.1 PARA A
CONSTRUCIÓN DUNHA CANTEIRA NO MONTE COMUNAL DA
PARROQUIA DE VENTÍN (FORNELOS DE MONTES) PROMOVIDO POLA
EMPRESA MINOR GALICIA S.L.
NOME E APELIDOS:........................................................................................................
con DNI nº ...................................................., en representación de
.................................................................................e enderezo a efectos de notificación
en.......................................................................................................................................
enterado de que no Concello de Fornelos de Montes figura a exposición pública1 o
Estudo de Impacto Ambiental (en diante EIA) e o Proxecto para construír unha
canteira no Monte Comunal da parroquia de Ventín promovido pola empresa Minor
Granitos S.L., formula as seguintes ALEGACIÓNS:
1.- DESDE O PUNTO DE VISTA NATURAL E PAISAXÍSTICO. 1.1 A autorización da explotación afectaría á proposta de ampliación da Rede
Natura 2000 (VER ANEXO 1) presentada pola Xunta (Consellaría de Medio Ambiente)
en 2008 e coordenada polo IBADER, USC, particularmente á área de ampliación do
LIC Río Tea, ES1140006, alongado en 1.697,81 Ha. Este espazo –un humidal ou
braña- atópase na cabeceira da bacía fluvial que nos ocupa, precisamente nos
planaltos nos que estará localizada a explotación que agora se solicita, cuestión esta
que o EIA omite por completo. Con esta ampliación trátase de aumentar a
representatividade das áreas de matogueiras atlánticas ácidas nas serras litorais
(hábitats *4040 e 4030, o primeiro deles considerado prioritario segundo a Directiva
92/43CEE e presente na área de estudo, contrariamente ao indicado no EIA), así
como garantir a boa calidade hídrica e biodiversidade do alto Tea.
O Monte Maior é un espazo coroado polo outeiro que recibe o nome de Coto de Eira
ou Cotodeira, é un único espazo natural integrado na Serra do Suído que, desde o
punto de vista administrativo, é compartido polos concellos de Fornelos de Montes e
Mondariz.
1 Ver resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 12 de xaneiro de 2010 (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2010).
2
A canteira proxectada preténdese situar xusto dentro da braña –coñecida co nome de Prado de
Arriba- que ilustra esta fotografía, un espazo de enorme valor paisaxístico e natural
En relación á necesidade de protexer o Monte Maior e Cotodeira, o 23 de marzo de
2008 o Pleno da Corporación Municipal aprobou por unanimidade de todos os partidos
políticos (PP, BNG e PSOE) solicitar á Consellería de Medio Ambiente a inclusión
deste espazo natural na Rede Natura 2000 da Unión Europea. A este respecto é
preciso aclarar que, malia que a canteira en cuestión non se explotará dentro do termo
municipal de Mondariz, o espazo natural que o pleno da Corporación pretende dotar
de protección é, como apuntamos, un só.
Así mesmo o 19 de novembro de 2009 a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio,
dependente da Consellería de Política Territorial, Medio Ambiente e Infraestruturas,
emitiu un informe2 no que establece a necesidade de clasificar (punto II.2.d) o Monte
Maior e Cotodeira no PXOM de Mondariz en fase de tramitación como Solo Rústico de
Especial Protección de Espazos Naturais.
1.2. O ámbito atinxido polo proxecto localízase xusto na depresión N do Coto
de Eira (884 msnm), un espazo de extraordinario interese natural e paisaxístico que
debería ser preservado de calquera tipo de explotación mineira, xa que esta
2http://www.cmati.xunta.es/portal/webdav/site/cptopv/shared/es/pdfs/dxu/RESOLUCIONS%20PLANS%20URBANISMO/20091120/MONDARIZ-SX%20IPAI%20PXOM.pdf
3
prexudicaría os seus valores ambientais (flora, fauna, hábitats) e paisaxísticos de
forma irreparable. A este respecto compre recordar que o monte coñecido como Monte
Maior ou Cotodeira sufre xa o impacto de dúas explotacións mineiras a ceo aberto
situadas na súa ladeira W, concretamente en Traspielas e Freaza, polo que a posta en
explotación dunha nova canteira neste humidal situado á beira desta coroa montañosa
tería un impacto irreversible sobre este prezado espazo natural.
1.3. A explotación desta canteira provocaría unha serie de impactos directos
sobre a poboación máis próxima (Ventín de Arriba, Ventín de Abaixo, Bustelos,
Traspielas, Piñeiro e A Cachela) nomeadamente ruídos (explosións, voladuras e
circulación de camións, palas cargadoras e retroescavadoras) que, sumados aos que
xa xeran as canteiras de Traspielas e Freaza, provocarían un notable aumento da
contaminación acústica sobre toda a veciñanza, especialmente sobre a máis
avellentada (segundo o IGE a poboación actual de Fornelos de Montes de máis de 65
anos supera o 27% do padrón).
1.4. A canteira tamén tería unha afección considerable sobre a cabeceira dos
mananciais de dous dos principais afluentes do río Tea polo N (incluído na Rede
Natura 2000 da UE), os ríos Furafolla e Alén, que tamén teñen a consideración de
LIC. A este respecto é necesario recordar que o proxecto ao que nos referimos prevé
Prado de Arriba, humidal protexido
sobre o que se pretende abrir a
canteira proxectada
Coto de Eira (884 msnm)
4
a apertura de 3 zonas de explotación3 todas elas situadas nunha cubeta natural ou
braña, isto é, nunha zona húmida que constitúe unha zona de recarga fundamental
para os mananciais subterráneos. A este respecto é capital coñecer que dentro da
cuadrícula mineira na que se prevé poñer en explotación esta canteira nacen (ver
Plano nº 7 do EIA) o Regato de Matacán (que desauga en sentido NW-SE pola
ladeira de Mondariz en dirección ao río Tea) e tamén o Río de Ventín (que desauga
en sentido SE-NW pola ladeira de Fornelos de Montes en dirección ao río Oitavén-
Verdugo4), cuestión esta que non é obxecto de consideración ou valoración algunha
no EIA, salvo o recoñecemento da súa existencia.
Neste sentido cómpre lembrar que o ano 1971 tivo lugar a sinatura da Convención
Internacional sobre Humidais en Ramsar (Irán). Este documento pretende pór de
manifesto a importancia das zonas húmidas do Planeta para facer fronte aos efectos
da mudanza climática. En Galicia a lexislación ambiental que protexe estes humidais
son a Directiva Hábitats 92/43/CEE, a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da
Biodiversidade e o Decreto 127/2008 dos Humidais Protexidos de Galicia (DOG nº
122 do 25 de xuño de 2008). Precisamente o punto 2.6 do Inventario anexo a este
Decreto protexe os Ecosistemas hidrófilos, concretamente os Humidais de Montaña
(2.6.1.1). O art. 8 deste texto legal prohibe:
b.- As actividades que directa ou indirectamente poidan producir o desecamento ou a alteración hidrolóxica do humidal.
e) As modificacións da cubeta e das características morfolóxicas do humidal, o recheo do humidal con calquera tipo de material, así como a alteración topográfica da súa zona periférica de protección. f) As explotacións mineiras e extractivas, agás aquelas con dereitos outorgados con anterioridade ao 8 de xuño de 2004.
1.5. Ademais, desde o punto de vista estritamente paisaxístico, o EIA ignora
que o alto de Cotodeira é o único punto da Serra do Suído, e consecuentemente dos
concellos de Mondariz e Fornelos de Montes, desde o que é posible ver o mar,
concretamente a ría de Vigo.
3 - Oco nº 1: ocupará 1,74 Ha, e del prevén extraer 124.900 m3 de granito ao longo de 9 anos. - Oco nº 2: ocupará 1,5 Ha, e del prevén extraer 77.080 m3 de granito ao longo de 5 anos. - Oco nº 3: ocupará 2,74 Ha, e del prevén extraer 246.750 m3 de granito ao longo de 17 anos. A maiores o proxecto prevé crear unha entulleira asociada ao Oco nº 1 que se encherá en 5 anos, mais a empresa non adianta onde irán parar os entullos que se produzan entón.
4 LIC proposto en fase de tramitación admnistrativa.
5
2.- DESDE O PUNTO DE VISTA SOCIO-ECONÓMICO. 2.1. O proxecto establece o perigo potencial que esta canteira supón para os
mananciais da empresa Augas de Mondariz (pax. 41 do EIA):
“Otro acuífero que aparece y quizá sea el más importante de la zona, se localiza en los aluviones, fundamentalmente del río Tea, que recoge las aguas de escorrentía de una gran área. Además dicho acuífero detrítico debe estar favorecido por otro acuífero infrayacente, ligado a fracturas de gran envergadura en dirección N-S. La acusada fracturación y alteración del substrato, junto a la acumulación de materiales aluviales y las excelentes condiciones de recarga, unido a la elevada pluviometría y la frecuencia de las precipitaciones (que permiten la recuperación rápida de los niveles piezométricos) hacen de este aluvial el lugar más idóneo para la captación de augas subterráneas. Los acuíferos ligados a las fracturas N-S mencionados anteriormente son importantes desde un punto de vista químico de las aguas, ya que a ellos pertenecen las surgencias de aguas minero-medicinales existentes en la zona, algunas explotadas en Mondariz (Gándara, Troncoso y Fuente del Val)”.
En 2008, a cifra de negocio de Aguas de Mondariz superou os 20 millóns de euros
entre o mercado nacional, internacional e as vendas a empresas vencelladas.
Actualmente, é a empresa líder do sector no noroeste de España e móvese nas
primeiras posicións do ránking nacional. Cada ano, Aguas de Mondariz envasa máis de 98 millóns de litros de auga mineral natural, que comercializa por todo o mundo en forma de 140 millóns de botellas. Aguas de Mondariz conta cun persoal
medio de 112 empregados con carácter permanente. Debido á estacionalidade do
sector, o número de postos de traballo directos oscila segundo a época do ano,
chegando a alcanzar, nos meses de verán, ata 160 empregados. Máis do 85% dos
traballadores da compañía proceden dos concellos de Mondariz e Mondariz-Balneario,
na liña ao compromiso que a empresa mantén dende as súas orixes co entorno que a
rodea e as persoas que forman parte do mesmo. De xeito adicional, a actividade da
compañía permite xerar máis de 200 postos de traballo indirectos.
2.2. A execución deste proxecto tamén poría en perigo os mananciais veciñais
para uso doméstico das parroquias de Gargamala e Sabaxáns (Mondariz), así como
Traspielas e Ventín (Fornelos de Montes), que teñen na paraxe coñecida como Prado
de Arriba -microtopónimo real no que se prevé instalar a canteira promovida por
MINOR GALICIA S.L.- a súa cubeta de recarga natural, tal e como recoñece o EIA. A
este respecto é necesario recordar que todas as captacións dos devanditos acuíferos
sitúanse na ladeira do Monte Maior ou Cotodeira, tanto na súa vertente N coma S.
2.3. A maiores o proxecto ao que nos referimos prevé situar as súas tres (3)
zonas de explotación nunha cubeta natural que conforma unha braña, isto é, nun
6
húmidal de solos fértiles moi profundos, especialmente aptos para o pasto de gando
ceibe propiedade dos veciños das parroquias de Gargamala, Sabaxáns (Mondariz) e
Ventín e Traspielas (Fornelos de Montes), polo que a posta en marcha da canteira
suporía a erradicación das ducias de explotacións gandeiras de carácter extensivo
(vacas e cabalos) en todo o Monte Maior. Neste sentido é procedente subliñar que en
Monte Maior e Cotodeira pastan dous rabaños de vacas de raza Cachena integrados no programa de recuperación de razas autóctonas galegas en perigo de
extinción dirixido dende a Consellaría do medio Rural5 a través do Centro de Recursos
Zooxenéticos de Fontefiz (Coles), que no ano 2006 estableceu un acordo de
colaboración con gandeiros da zona para introducir esta raza no monte.
No caso das reses equinas existentes na zona, un número considerable delas están
inscritas dentro do Libro Xenealóxico de Cabalo de Pura Raza Galega, neste caso o
centro director do programa é tamén a Consellería do Medio Rural6 a través do Centro
de Razas Equinas Autóctonas de Galicia en Sergude (Boqueixón).
A maior abundamento incluímos no ANEXO 2 o censo gandeiro oficial (vacas e
cabalos, tanto os de razas alóctonas como os autóctonos) neste ámbito a data de
marzo de 2010, aos efectos de probar o negativo impacto económico que esta
explotación tería sobre a economía dunha boa parte das familias das catro parroquias
citadas.
Sobre estas liñas cachenas e becerros pastando no Prado de Arriba, o humidal no que se
pretende abrir a canteira
2.4. Nos últimos lustros a Consellería de Medio Rural ten realizado, ben de forma
directa, ben indirectamente a través das Comunidades de Montes, unha serie de
investimentos en favor da economía silvo-pastoril que ten lugar en Monte Maior e
5 Este programa está auxiliado con fondos europeos. 6 Este programa está auxiliado con fondos europeos.
7
Cotodeira: peches, repoboacións, desbroces, cerramentos, instalación de pasos
canadianos ou tornavacas, mangas de saneamento gandeiro, etc... A posta en
explotación desta canteira convirtiría en inútiles boa parte destes investimentos
realizados con fondos públicos que, neste momento, se atopan en bo estado de
conservación e en perfectas condicións de uso. De analizarmos estes datos por
parroquias os resultados son:
- Os investimentos públicos totais no Monte Comunal de Gargamala, parroquia
lindante polo S co lugar no que pretendese situarse a canteira que nos ocupa,
no período 2001-2009 ascende a 148.032 €. - Os investimentos públicos totais no Monte Comunal de Ventín, parroquia na
que se pretende poñer en explotación a canteira que nos ocupa, no período
2001-2009 ascende a 104.311 €. - Os investimentos públicos totais no Monte Comunal de Traspielas, parroquia
que linda polo W co lugar no que se pretende poñer en explotación a canteira
que nos ocupa, no período 2001-2009 ascende a 154.171 €. - Os investimentos públicos totais no Monte Comunal de Sabaxáns, parroquia
lindante polo SE co lugar no que pretendese situarse a canteira que nos ocupa,
no período 1998-2010 ascende a 584.071 €.
Na imaxe un dos pasos canadianos que dá acceso á braña coñecida como Prado de Arriba, onde se pretende poñer en explotación a canteira. O paso, que é un dos accesos a unha zona
de pasto perfectamente valada grazas ao apoio económico da Xunta de Galicia , localízase nas coordenadas 547177, 4683260
8
3.- DESDE O PUNTO DE VISTA CULTURAL. 3.1. O ámbito no que se pretende poñer en explotación esta canteira pertence
ao campo de acoso dos Foxos da Chan da Anduriña, un conxunto de dous (2) foxos
que supoñen un exemplo único en Galicia7 de dispositivo tradicional para a captura do
lobo e outros animais salvaxes polo método de acoso. Deste complexo etnográfico, de
altísimo valor patrimonial e cultural, tense constancia escrita, cando menos, desde o
ano 16648, o que dá idea da súa antigüidade e valor patrimonial. A conservación,
restauración e posta en valor deste tipo de bens é obxectivo prioritario do Decreto
297/2008 do 30 de decembro polo que se aproba o Plan de Xestión do Lobo en Galicia
(DOG Nº 13, do 20 de xaneiro de 2009) que promove a Consellería de Medio
Ambiente, obxectivo este incompatible coa construción da canteira pola profunda
alteración morfolóxica do contorno deste extraordinario ben cultural. Tanto Decreto
297/2008 do 30 de decembro como a Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia
esixen a protección non só das estruturas cinexéticas propiamente ditas, senón do
seu campo de acoso, isto é, do seu contorno9 ou zona de influencia, por ser esta
indisociable do ben cultural obxecto de protección. A este respecto, aínda que a
cuadrícula mineira se atope a 923 m exactamente do conxunto de foxos ao que nos
referimos, non é posible comprender as batidas comunais de lobos sen a súa
persecución previa ao longo de varios quilómetros a cargo de ducias de persoas, de aí
que a cuadrícula mineira aludida se localice dentro do campo de acoso do foxo.
3.2. Pódese dicir, sen dúbida, que os traballos de extracción nesta zona
danarán o seu patrimonio etnográfico, arqueolóxico e cultural, empobrecendo e
alterando morfoloxicamente, de xeito negativo, o contorno paisaxístico no que se
asenta, polo que a administración debe informar desfavorablemente este proxecto de
explotación, como xa fixo en 2008 nun caso semellante –tamén noutro foxo do lobo-
na parroquia de Gargamala10. O lugar no que se pretende poñer en explotación o P.I.
7 No conxunto da península Ibérica e no continente europeo este conxunto non ten, que coñezamos, ningún paralelo, agás o portugués Fojo de Gondomar (Flower; 1971) e o burgalés Lobera de Santiago127 (Grande del Brío; 1984). 8 Nesta data os veciños das parroquias de Sabaxáns e Gargamala, ambas freguesías do concello de Mondariz, mantiveron un preito contra o Conde de Salvaterra. No texto no que se describen os límites de ambas parroquias consta literalmente o seguinte texto: “(...) Monte de la/ Forcadelas: El de Saramagos: El del Prado de Oveja: El del/ Puerto Amurgo: El del Rosario de abajo y de arriba: Chan/ de Anduriña a donde están dos fosos compuestos de piedra/ de cantería donde se corre la montería de Lobos y otros vena/dos (...)”. 9 A este respecto véxase o sinalado polo art. 14, 18 e 19 da Lei do Patrimonio Histórico Español. En relación co concepto «zona de respeto» (como espacio máis exterior do contorno de protección dun ben cultural), véxase a Sentencia do 29 de maio de 1989, da Sección 1ª, da Sala do Contencioso–Administrativo do Tribunal Supremo (RJ 1989\4000). 10 Referímonos ao foxo localizado na Chan do Foxo ou Foxo da Rega. O propósito de abrir unha canteira no seu campo de acoso (Proxecto Gateira 2941) foi desestimado pola Xunta de Galicia.
9
CLOE 3007.1 fai as veces de contraforte natural (polo W) da Serra do Suído, paisaxe
cultural sementada de numerosas estruturas de carácter etnográfico relacionadas coa
actividade gandeira e pastoril que desde época medieval se vén practicando na serra
(chouzos e parideiras, cabañas de pastores, sesteiros…) que non figuran no
Estudo de Impacto sobre o Patrimonio Cultural que contén o EIA do proxecto e que,
sen dúbida, constitúe un dos elementos que lle confiren maior singularidade a esta
serra.
3.3. A maiores este espazo, na medida en que supón o límite natural das
parroquias de Sabaxáns e Gargamala (Mondariz) e Ventín e Traspielas (Fornelos de
Montes) conta cun bo número de cruces baixas e gravados de termo, que teñen a consideración legal de Ben de Interese Cultural (BIC) por aplicación do Decreto
571/1963 (sobre protección de escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos de
xustiza, cruces de termo e pezas similares de interese histórico artístico (BOE nº 77,
do 30 de marzo) -caso do petróglifo de Seixiños Brancos ou dos gravados da Fonte
Santa- que non figuran no Estudo de Impacto sobre o Patrimonio Cultural que contén o
EIA do proxecto.
Instantánea dun dos petróglifos de termo que ignora o EIA do proxecto, que ten a
consideración legal de BIC
10
3.4. Ademais no EIA non se cita o paso do GR-58 ou Sendeiro das Greas11 pola
canteira en proxecto; tampouco que, de executarse a explotación proxectada, o
sendeiro desaparecería por completo, xa que a canteira prevé abrise xusto sobre a
súa traza. Ademais, segundo o proxecto “P.I. CLOE 3007.1”, o sendeiro será utilizado
polos camións da empresa para acceder á canteira desde a estrada local que une o
núcleo de Ventín coa PO-255, o que provocaría unha desfeita deste sendeiro natural
de uso peonil.
Sobre estas liñas sinaléctica do Sendeiro das Greas (GR-58) ao seu paso por Cotodeira
11 http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=32111&crec=33749&cidi=G. Este sendeiro denomínase así en razón das greas de cabalos e vacas que en lugares como este (Monte Maior e Cotodeira) pastan ás ceibas.
11
Sobre estas liñas, en amarelo, localización do proxecto CLOE 3007.112 ; en vermello itinerario
do Sendeiro das Greas (GR-58) da Mancomunidade Intermunicipal de Vigo.
3.5. Por último no EIA non se cita a anual Romaría de Cotodeira, unha ascensión a
pé que ten lugar o día 1º de maio desde tempo inmemorial partindo das distintas
parroquias da contorna. Tralo inverno e as chuvias de abril, a climatoloxía do novo
mes permite empezar cos traballos agrarios, que cómpre realizar con premura para a
sementeira (de aí as expresións estar amaiado ou andar co maio ao lombo cando un
está canso e baldado). Xa que logo as celebracións populares do 1º de maio -entre
elas esta de Cotodeira que referimos- explícanse por ser esta data un punto de
inflexión no tempus agrario tradicional no que teñen lugar boa parte das romarías do
noso país. No outeiro de Cotodeira, malia non existir capela nin construción relixiosa
algunha, si existiu unha cruz baixa sen figuración que veu sancionar unha tradición
romeira que quizais teña orixes pagás. A ascensión a Cotodeira do 1º de maio ten
lugar a través da pista forestal que, segundo o proxecto da canteira que nos ocupa,
tamén será utilizado polos camións da empresa para acceder á canteira desde a
estrada que une o núcleo de Ventín coa PO-255, o que provocará un deterioro
considerable desta vía de comunicación tradicional.
12 Coordenadas dos vértices da cuadrícula: 546702, 4684558 / 547160, 4684561 / 547169, 4683327 / 546711, 4683324.
Prado de Arriba, humidal protexido
sobre o que se pretende abrir a
canteira proxectada
Coto de Eira (884 msnm)
12
Por todo isto SOLICITO:
1.- Que non se autorice a construción desta canteira a fin preservar as calidades
ambientais, paisaxísticas e culturais do espazo definido polo proxecto, por supoñer un
impacto ambiental CRÍTICO e IRREVERSIBLE sobre a paisaxe e o patrimonio natural
e cultural deste ámbito, sendo totalmente contraditorio cos valores que persigue
conservar a Lei 8/95 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 16/1985 do Patrimonio
Histórico Español, Lei 9/2001 de Conservación da Natureza e Lei 7/2008 de
Protección da Paisaxe de Galicia.
En........................................, a..........de marzo de 2010
Asdo:
DIRECCIÓN XERAL DE MINAS CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA XUNTA DE GALICIA
13
ANEXO 1: Cartografía na que se superpón a localización do proxecto (círculo e recadro vermellos) e a Proposta de Ampliación da Rede Natura 2000 que tramita a Consellería de Medio Ambiente denominado SERRA DO SUÍDO.
14
ANEXO 2: Censo gandeiro actualizado elaborado pola Consellería e Medio Rural localizado no Monte Maior e Cotodeira.
Parroquia Total
explotacións bovinas
Explotacións bovinas activas
Explotacións bovinas activas no monte
Total reses bovinas
Reses bovinas no monte
Ventín 19 16 5 74 41 Traspielas 26 21 1 76 61 Gargamala 24 19 9 215 192 Sabaxáns 24 17 8 109 88 TOTAIS 93 73 23 474 382
Parroquia Total explotacións equinasNº de cabalos de Pura
Raza Galega
Ventín 3 ‐ Traspielas 2 ‐ Gargamala 4 15 Sabaxáns 2 ‐ TOTAIS 11 15
15
ANEXO 3: Conxunto de Foxos do lobo da Chan da Anduriña, o único exemplar de foxo duplo de Galicia. A canteira prevé abrirse dentro do seu campo de acoso.
BIBLIOGRAFÍA CITADA:
- Flower, E.: Lobos em Portugal (1933–1957). Publicação da Direcção Geral dos Serviços; Florestais e Aquícolas, Lisboa. 1971
- Grande del Brío, R.: El lobo ibérico. Biología y mitología. Serie Ciencias de la naturaleza. Ed. Hermann Blumme. Madrid. 1984
Top Related